Cargando...
Castro Gil, Manuel
1891 - 1963Foi un gravador e pintor galego.
Fillo do arquiveiro do concello de Lugo, iniciou os estudos de debuxo como alumno de Manuel Fole. En 1907 trasladouse a Madrid para estudar na Escola de Belas Artes de San Fernando, grazas a unha bolsa lle concedeu a Deputación de Lugo. Na Escola de San Fernando foi discípulo de Ferrant, Vera, Muñoz Degrain e Moreno Carbonero. Recibiu leccións de gravado de Carlos Verger e Esteve Botey. Colaborou en publicacións periódicas da época como Blanco y Negro e La Esfera. Asistiu aos parladoiros literarios de Ramón María del Valle Inclán e Ramón Gómez de la Serna. Participou na Exposición Rexional de Galicia de 1917 con varias paisaxes ao óleo. Ingresou no cadro de persoal da Fabrica de Moeda. A Junta para Ampliación de Estudios concedeulle unha bolsa para viaxar a París, onde realizou unha exposición. Obtivo a medalla na Exposición Nacional de Bellas Artes de 1930. Expuxo en Nova York, México, A Habana, Buenos Aires. Foi director artístico da revista Galicia en Madrid. En 1934 foi nomeado profesor da Escola Nacional de Artes Gráficas.
Galipedia
Detalles
| Lugar de nacimiento | Lugo - España |
| Lugar de fallecimiento | Madrid - España |
| Actividad | Pintura , Gravado , Augaforte |
| Filiación | Real Academia Galega , Real Academia de Bellas Artes de San Fernando , Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario , Escuela Nacional de Artes Gráficas |
| Ocupación | Gravadores , Pintores |
Presencia en la revista
http://gnoss/55F154C0-9E47-415D-AA1B-D8459060FE7D