Vidal Martínez, Juan

1904 - 1994

Foi un poeta galego nado en 1903 en Pontevedra, pertencente á xeración da 25 galega, xunto a Luís Amado Carballo e José María Álvarez Blázquez. Publicou en galego "Mágoas", e en castelán "Alcor" e "Los senderos inútiles". Fundou as revistas Hebe, Alborada e Cristal, a primeira de corte nacionalista, as dúas últimas exclusivamente literarias. Cofundador do Partido Galeguista de Pontevedra (logo integrado no Partido Galeguista) xunto con Castelao, do que chegou a ser presidente. Represaliados el mesmo e os seus compañeiros de xeración tras a Guerra Civil, executados algúns, exiliados outros, practicamente deixou a poesía para dedicarse ao seu traballo como mestre, no que non deixou de tentar manter o ensino en lingua vernácula. É de importancia mencionar que foi irmán da poeta e escritora galega Aurora Vidal Martínez, moi coñecida pola súa obra de teatro ``Camino a Belén´´. Tamén foi pai de María Dolores Aurora Vidal Caramés. Morreu en Pontevedra no ano 1994. Wikipedia

Ver na liña do tempo
Imagen de Vidal Martínez, Juan

Detalles


Lugar de nacemento Pontevedra - España
Lugar de falecemento Pontevedra - España
Actividade Poesía
Filiación Partido Galeguista (1931-1950)
Ocupación Poetas

Presenza na revista


http://gnoss/45D0620F-CAAA-4C30-836B-0A71089811C8

Autor da revista Nós

Persoa relacionada

Organismo relacionado

Vidal Martínez, Juan

Artigos

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Nós - Ano XIII Num. 91 (25/07/1931)