Taibo García, Victoriano

1885 - 1966

Foi un escritor español en lingua galega, discípulo literario de Ramón Cabanillas, galeguista, de esquerdas, membro fundador das Irmandades da Fala e integrante da Real Academia Galega.
Foi mestre de escola, polo que residiu en diferentes puntos de Galicia.
Foi membro do Seminario de Estudos Galegos desde 1926 e socio correspondente do Instituto Histórico do Minho desde 1930. Participou activamente na campaña a prol do Estatuto de Galicia de 1936.
Logo do Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi sancionado co exilio en Villalar de los Comuneros, Valladolid, como consecuencia do seu galeguismo. Despois de catro anos (1938-1942) retornou a Morgadáns. A proposta de Eladio Rodríguez González, Ramón Otero Pedrayo, Francisco Vales Villamarín, Ángel del Castillo e Florentino López Cuevillas, ingresou na Real Academia Galega en febreiro de 1946, lendo, o 15 de outubro de 1948, o discurso panexírico "Rosalía de Castro, precursora da fala", respondido por Otero Pedrayo.
A poesía de Taibo segue as direccións dos primeiros libros de Cabanillas: costumismo, lirismo intimista, saudosismo e poesía de loita.
Déuselle o seu nome ao Premio de poesía Victoriano Taibo. En 2018 o concello de Gondomar nomeouno fillo adoptivo.
Galipedia

Ver na liña do tempo
Imagen de Taibo García, Victoriano

Detalles


Lugar de nacemento Santiago de Compostela - España
Lugar de falecemento Vigo - España
Actividade Ensino , Poesía
Filiación Instituto Historico do Minho , Seminario de Estudos Galegos , Real Academia Galega , Galicia , Irmandades da Fala
Ocupación Escritores , Profesores

Presenza na revista


http://gnoss/C1FA1A66-646B-4365-97FA-45EA518667CE

http://gnoss/8CDA3306-3323-4741-9E6E-9A11DE0E7341

http://gnoss/AF1E8FB6-5CB2-431C-80E3-E0D9660EFF4E

http://gnoss/55F154C0-9E47-415D-AA1B-D8459060FE7D

http://gnoss/BC7D40B6-8C6F-4360-BDBA-FB002C1B95A5

http://gnoss/3580807C-8A23-42FA-8671-9191E1BAAF21

Autor da revista Nós

Persoa relacionada

Organismo relacionado

Taibo García, Victoriano

Artigos

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano II Número 5 - 24 xuño 1921
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano II Número 8 - 5 decembro 1921
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano III Número 10 - 20 abril 1922
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano IV Número 15 - 1 xaneiro 1923
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano X Número 54 - 15 xuño 1928
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano X Número 56 - 15 agosto 1928