Cargando...
Romero Cerdeiriña, Ángel
1901 - 1987Foi un notario, escritor e político galego.
Formado en Ourense con Marcelo Macías e Antón Losada Diéguez, estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela onde foi presidente da tuna compostelá e compañeiro de Fermín Bouza-Brey.
Foi socio fundador do Seminario de Estudos Galegos. Colaborou en "Nós", "Lar" e "Lareira", e publicou en 1926 a novela curta "O karma de Farruco Filgueira". Posteriormente aprobou oposicións e estableceuse como notario.
Foi candidato nas Eleccións Xerais de 1931 e Eleccións Xerais de 1931 por Acción Republicana, partido de Manuel Azaña.
Dirixiu o Lar Gallego de Valencia e a súa publicación: Lareira (1950-1953). Foi correspondente da Real Academia Galega.
En 1977 acordouse a súa xubilación forzosa como notario de Madrid por ter cumprida a idade regulamentaria.
Galipedia
Detalles
| Lugar de nacemento | Riós, Ourense - España |
| Actividade | Política , Literatura |
| Filiación | Real Academia Galega , Seminario de Estudos Galegos |
| Ocupación | Escritores , Notarios , Políticos |
Presenza na revista
http://gnoss/372FDA6E-02F6-4847-98C1-F75F87DEAAB0
Artigos
Notas pra un estudo da Urdiñeira
por López Cuevillas, Florentino, Romero Cerdeiriña, Ángel
Ano VIII Número 31 (1926); p 36-40