Rodríguez De Vicente, José

1895 - 1958

Fillo de Román Rodríguez, administrador do Pazo do Conde de Gondomar, en Baiona. Estudou en Vigo e Madrid. En 1916 marchou a Uruguai, onde traballou de xornalista no semanario Tierra Gallega, ao mesmo tempo creou o personaxe de Joselín, un galego de aldea, bo e de poucas letras, pero con moita sabedoría.

Regresou a Galicia e fundou as Irmandades da Fala de Baiona. Foi presidente do Casino Recreativo de Baiona en distintas ocasións, e adoitaba participar nas actividades culturais como as actuacións no teatro baionés ou a composición de letras para as comparsas do Entroido. Foi nomeado alcalde accidental de Baiona a principios da ditadura de Primo de Rivera, e foi tenente alcalde en distintos gobernos. Volveu ser alcalde entre 1927 e 1929. Durante o seu mandato puxo en marcha distintas reformas sanitarias, reparación de fontes e da Casa Consistorial. En outubro recibiu as súas maxestades Afonso XIII e a súa esposa Vitoria Uxía de Battenberg. Miguel Primo de Rivera concedeulle a distinción de Cabaleiro da Orde do Mérito Civil na súa visita de agosto de 1928, insignias que lle foron impostas en agosto do ano seguinte, tras a subscrición popular que se fixo en Baiona para a súa figura. Dimitiu do seu cargo en outubro de 1929, e foi substituído polo seu tenente alcalde Vicente Vázquez González.
Posteriormente traballou en Salamanca nunha oficina de turismo e en Madrid como xornalista no diario La Nación. Logo dalgunha incursión no mundo do teatro (en 1932 estreou Terra Nai no Teatro García Barbón), trasladouse a Buenos Aires, onde foi director da revista España do Hospital Español dende 1936. Organizou unha compañía de teatro e elaborou guións para filmes e documentais en colaboración con Suevia Films. Dirixiu a emisión radiofónica La Hora Gallega, de Radio Patria.
Creou en Buenos Aires o centro Ayuntamiento de Bayona, posteriormente transformado en Círculo Social Val Miñor. En 1955 foi premiado coa Cruz de Isabel A Católica.
Galipedia

Ver na liña do tempo
Imagen de Rodríguez De Vicente, José

Detalles


Lugar de nacemento Vigo - España
Lugar de falecemento Bos Aires - Arxentina
Actividade Teatro , Política , Xornalismo
Filiación Irmandades da Fala
Ocupación Actores , Políticos , Xornalistas

Presenza na revista


http://gnoss/55F154C0-9E47-415D-AA1B-D8459060FE7D

Autor da revista Nós

Persoa relacionada

Organismo relacionado

Rodríguez de Vicente, José

Artigos

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano IV Número 15 - 1 xaneiro 1923