Pondal, Eduardo

1835 - 1917

Natural da comarca de Bergantiños, Eduardo Pondal nace no ano 1835, no seo dunha familia fidalga. É un dos grandes poetas do noso Rexurdimento, xunto con Rosalía de Castro e Curros Enríquez. Recibiu unha boa formación humanística e con poucos anos, pasa a vivir a Santiago de Compostela, onde estudará a carreira de Medicina. Asemade, involúcrase na vida política e cultural da capital galega e, xa en 1858, dáse a coñecer grazas á lectura que fai do seu primeiro poema en castelán, Brindis, no Banquete de Conxo. Influído por Murguía e outros autores da época, Pondal fundaba as orixes de Galicia no celtismo, de aí que nos círculos culturais aos que asistía fose coñecido coma O Bardo. Este tema abordouno de cheo en 1886 coa súa grande obra Queixumes dos pinos, escrita integramente en galego e reelaborada sobre a versión bilingüe Rumores de los pinos, publicada nove anos antes. A obra deste poeta bergantiñán é bastante breve, debido ao seu carácter perfeccionista e á súa obsesión por revisalo todo. Proba disto é que deixou varias obras sen publicar e algunhas delas sen rematar. Morreu aos 82 anos na cidade da Coruña e os seus restos foron soterrados no cemiterio de San Amaro. No ano 1965 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Ver na liña do tempo
Imagen de Pondal, Eduardo

Detalles


Lugar de nacemento Ponteceso (A Coruña) - España
Lugar de falecemento A Coruña - España
Actividade Literatura galega , Política
Ocupación Escritores , Médicos

Presenza na revista


http://gnoss/85954684-AC2F-46C4-9FDA-EF95E8CAD5ED

Autor da revista Nós

Persoa relacionada

Organismo relacionado

Pondal, Eduardo

Artigos

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano XVII Número 134 - 15 febreiro 1935
Poemas de Pondal : a lira de Tirteo.

Poemas de Pondal : a lira de Tirteo.

por Pondal, Eduardo

Ano XVII Número 134 (1935); p 22-24