Pita, Emilio

1907 - 1981

Foi un poeta e musicólogo galego.
Con doce anos de idade emigrou a Buenos Aires. Regresou a Galiza cando se proclamou a II República tomando contacto co Partido Galeguista e co nacionalismo galego. Viviu en Galiza durante os anos 1933 e 1934. Logo marchou de novo e non volveu a visitar a terra natal.
Pita, que comezara a traballar nunha casa comercial de Bos Aires, foi un autodidacta que chegou a posuír unha grande formación literaria e musical.
Na década de trinta comezou a colaborar con publicacións nacionalistas da propia Galiza, escribindo artigos para a revista Nós de Santiago e Yunque de Lugo.
En 1942 publicou Jacobusland, o seu primeiro poemario, con ilustracións de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Trátase dun libro onde sobreasae por riba de todo a traxedia da guerra civil, e no que o poeta pon de manifesto a inxustiza da barbarie e do exilio. Igualmente, apreciamos a nostalxia da Galiza tal e como era antes do conflito bélico. Para algúns autores, Jacobusland constitúe o máis claro antecedente á poesía social.
Outros libros de versos son Cantigas de nenos (1944), Os relembros. As cantigas (1959), O ronsel verdegal (1964) e Serán (1974). En 1963 presentou o poemario "Polos camiños do pobo" ao premio Rosalía de Castro do Centro Galego de Bos Aires, libro que sería editado postumamente en 1999. Con motivo da aparición do seu libro "Os relembros". "As cantigas", en 1959, fíxoselle unha homenaxe nos salóns do Centro Pontevedrés Bonaerense; alí estaban presentes diversas delegacións de centros galegos e interviron para falaren da figura e obra poética de Emilio Pita, Eduardo Blanco Amor e Ramón Suárez Picallo.
Compuxo numerosos poemas, algúns dos cales aparecen recollidos no "Cancioneiro da loita galega", editado en México en 1943 polo Partido Galeguista. Xunto con Lorenzo Varela e Luís Seoane, é un dos primeiros escritores do social-realismo poético galego.
Alén de poeta e xornalista, o escritor herculino foi tamén musicólogo, o cal influirá de cheo na súa creación en verso, a cal garda unha manifesta relación coa música. De feito, a música e as cántigas valéronlle en máis dun poema para evocar a infancia e o paraíso perdido. O seu amor pola música galega levouno a fundar o cuarteto Ultreya coa finalidade de difundir a música tradicional galega. Con anterioridade participara na dirección artística do coro Lembranzas de Ultreya, fundado en 1932.
Membro correspondente da Real Academia Galega, escribiu a parte dedicada á música e danza da "Historia de Galiza" dirixida por Ramón Otero Pedrayo, e foi autor dun traballo sobre música popular galega.
En 1981, Pita rematou os seus días en América do Sur. Non era verdadeiramente un exiliado, posto que se trata dun emigrante. Aínda así, o seu contacto cos exiliados era moi estreito, e colaborou desde o exterior coa causa do galeguismo.
Galipedia

Ver na liña do tempo
Imagen de Pita, Emilio

Detalles


Lugar de nacemento A Coruña - España
Lugar de falecemento Bos Aires - Arxentina
Actividade Música , Poesía , Nacionalismo
Filiación Real Academia Galega , Coral Os Rumorosos , Federación de Mocedades Galeguistas , Sociedade Nazonalista Pondal
Ocupación Xornalistas , Poetas , Escritores

Presenza na revista


http://gnoss/72A148C4-6A3D-401A-9AD5-272803F56082

http://gnoss/BD391039-9160-4293-B39A-6112FC7D431E

http://gnoss/2B2C73EB-F796-4F4A-B93D-3CE3BD2D050C

Autor da revista Nós

Persoa relacionada

Organismo relacionado

Pita, Emilio

Artigos

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano XIII Número 93 - 15 setembro 1931
Romance

Romance

por Pita, Emilio

Ano XIII Número 93 (1931); p 153

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano XIV Número 104 - 15 agosto 1932
Romance dos sete mariñeiros

Romance dos sete mariñeiros

por Pita, Emilio

Ano XIV Número 104 (1932); p 137

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano XVI Número 121 - 15 xaneiro 1934
Maiakosvsky : o derradeiro romántico

Maiakosvsky : o derradeiro romántico

por Pita, Emilio

Ano XVI Número 121 (1934); p 9-10