Pinto, R. De Serpa

Despois de concluír, con excelentes clasificacións, o Curso dos Liceos, licenciouse en Matemáticas (1927) na Facultade de Ciencias, e en Enxeñaría Civil, na Facultade de Enxeñaría da Universidade do Porto.
En 1925, aínda estudante, fixo o seu primeiro descubrimento científico ao identificar as industrias líticas de tipo asturiense na rexión de Vila Praia de Âncora. Este descubrimento foi publicado tres anos máis tarde co título "O Asturiense em Portugal."
Rui de Serpa Pinto foi profesor de ensino secundario e de ensino superior.
Rui de Serpa Pinto interesouse por diversas áreas do saber: pola pre e proto-historia, pola arqueoloxía medieval, pola numismática, paleontologia, xeologia, epigrafia e bibliografia. Visitou museos, arquivos, bibliotecas e áreas arqueolóxicas en todo o país, mais tamén museos e estacións arqueolóxicas en España, Francia, Italia e Inglaterra.
Tratou con personalidades da cultura e presentou comunicacións en encontros científicos. Colaborou nas sesións da Sociedade Portuguesa de Antropoloxía e Etnologia e foi socio de diversas institucións científicas, nacionais e internacionais, nomeadamente da Asociación dos Arqueólogos Portugueses, da Sociedade Portuguesa de Meteoroloxía e Xeofísica, do Seminario de Estudos Galegos...
" Le Jeune", como era coñecido entre os estudosos da arqueoloxía, morreu no Porto a 23 de marzo de 1933 con só 25 anos de idade, vítima de septicémia tifoide. Non obstante a súa curta existencia, deixou unha obra importante para todos os que se interesan polo estudo da arqueoloxía do noroeste.
Universidade do Porto

Imagen de Pinto, R. De Serpa

Detalles


Lugar de nacemento Porto - Portugal
Lugar de falecemento Porto - Portugal
Actividade Arqueoloxía , Paleontoloxía , Xeoloxía , Numismática , Epigrafía , Bibliografía
Filiación Associação dos Arqueólogos Portuguêses , Seminario de Estudos Galegos , Sociedade Portuguesa de Antropologia e Etnologia
Ocupación Arqueólogos , Profesores

Presenza na revista


http://gnoss/67C37B7B-9B36-47E8-87B0-6070C99E4958

Autor da revista Nós

Persoa relacionada

Organismo relacionado

Pinto, R. de Serpa

Artigos

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano XI Número 62 - 15 febreiro 1929
Petroglifos de Sabroso e a arte rupestre em Portugal

Petroglifos de Sabroso e a arte rupestre em Portugal

por Pinto, R. de Serpa

Ano XI Número 62 (1929); p 19-26