Peinador, Enrique

Foi un empresario e filántropo galego.
Fillo de Sabino Enrique Peinador Vela, sucedeu ao seu pai como xerente do balneario de Mondariz en 1907. Foi Socio protector do Seminario de Estudos Galegos, académico correspondente da Real Academia Galega e artífice da constitución do concello de Mondariz-Balneario en 1924. Membro do Partido Galeguista, en abril de 1936 foi elixido compromisario na candidatura da Fronte Popular por Pontevedra para a elección do presidente da República.
Xunto co seu irmán, Ramón Peinador Lines, converteu Mondariz nun importante centro da cultura galega onde se celebraban faladoiros literarios coa participación dos intelectuais, como a sesión de ingreso na Real Academia Galega de Ramón Cabanillas en 1920. Subvencionou exploracións arqueolóxicas, promocionou diversas publicacións no balneario e creou un museo con pezas arqueolóxicas e etnográficas. En 1936 expropiáronlle os terreos onde se construíu, en 1954, o aeroporto de Vigo.
Publicou diferentes artigos en "Mondariz" e "La Temporada en Mondariz", colaborou na "Guía turística Mondariz-Vigo-Santiago" (1912) e escribiu "Vocabulario dos cesteiros de Mondariz", na revista Nós (1922).
En 2004 foi nomeado fillo adoptivo de Mondariz-Balneario.
Galipedia

Imagen de Peinador, Enrique

Detalles


Lugar de nacemento Pontevedra - España
Lugar de falecemento Vigo - España
Filiación Balneario de Mondariz , Partido Galeguista (1931-1950) , Seminario de Estudos Galegos , Real Academia Galega
Ocupación Empresarios

Presenza na revista


http://gnoss/E0920156-A63B-4A5D-8A0E-8E65F2F01115

http://gnoss/913A1A32-1A7D-4F93-B414-708B7E809B74

http://gnoss/925B7F59-A6A4-4A93-9C1A-9CFF24646907

Autor da revista Nós

Persoa relacionada

Organismo relacionado

Peinador, Enrique

Artigos

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano III Número 11 - 26 xuño 1922
Archivo filolóxico e etnográfico de Galizia. Vocabulario dos cesteiros de Mondariz

Archivo filolóxico e etnográfico de Galizia. Vocabulario dos cesteiros de Mondariz

por Peinador, Enrique

Ano III Número 11 (1922); p 12

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano III Número 13 - 1 novembro 1922
Archivo filolóxico e etnográfico de Galiza : vocabulario dos cesteiros de Mondariz

Archivo filolóxico e etnográfico de Galiza : vocabulario dos cesteiros de Mondariz

por Peinador, Enrique

Ano III Número 13 (1922); p 15-16

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano III Número 14 - 1 decembro 1922
Archivo filolóxico e etnográfico de Galizia. Concrusión do vocabulario dos cesteiros de Mondariz / [recollido por E. Peinador Lines]

Archivo filolóxico e etnográfico de Galizia. Concrusión do vocabulario dos cesteiros de Mondariz / [recollido por E. Peinador Lines]

por Peinador, Enrique

Ano III Número 14 (1922); p 18