Cargando...
Otero, Aníbal
1911 - 1974Foi un lingüista e escritor español en lingua galega e castelá.
Estudou Filosofía e Letras en Madrid. Participou na elaboración do "Atlas Lingüístico de la Península Ibérica" que promovía Ramón Menéndez Pidal e dirixía o fonetista Tomás Navarro Tomás, coa recollida de material en Galicia e o norte de Portugal, onde o sorprendeu a sublevación militar de 1936. Entregado polas autoridades salazaristas aos franquistas o 5 de agosto de 1936, o achado das súas notas con transcricións en alfabeto fonético foi considerado proba de espionaxe a favor da República. A pesar de que intercederon no seu favor personalidades como Ramón Menéndez Pidal, Rafael Lapesa e o cóengo compostelán Jesús Carro, foi condenado á morte. Conmutada a pena, permaneceu en prisión ata 1941.
Autor de "Contribución al léxico gallego y asturiano" (1958) e Vocabulario de San Jorge de Piquín (1977). En 1994 publicouse póstumamente a súa novela Esmoriz.
Wikipedia
Detalles
| Lugar de nacemento | Barcia, Ribeira de Piquín, Lugo - España |
| Lugar de falecemento | Barcia, Ribeira de Piquín, Lugo - España |
| Actividade | Lingüística |
| Ocupación | Escritores , Lingüistas |
Presenza na revista
http://gnoss/20470402-07F3-4246-8EA0-F795F5D71A9C