https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157218&posicion=1
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/f5/f597/f5977e82-c578-4621-ad53-8dc2300f5be2/115721814.xml
que teño un peso diario (pol-a xoroba); mais pra algo son Rapeta.
BREIXO
E... ¿o morto?
RAPETA
¿Quén? ¿Teu ché? Ben morto queda. (rindo) Estes coitelos de solla son barudos. (sacando do bulso e dándollo) Garda pra outra ves.
BREIXO
¿Estrevíchete a quitarllo?
RAPETA
Non que llo iba á deixar. ¡Mamola! Por él darían con nós decontado.
LUMIA
Moito vales, Rapeta; estás en todo. ¿E Espadarte?
RAPETA
Tamén pescou sua bicada. Agora queda carretando náufragos na buceta. Poida que lle den unha crus de salvamento.
BREIXO (xordamente)
¡Matei o morto!...
RAPETA (a LUMIA)
Este galán está trafugado. Vale máis que o leve fora, despellará co vento.
LUMIA
Ben dís. Ven comigo, Breixo.
(BREIXO segue á sua nai como anganido e ambos saen pol-o foro. RAPETA, con gran calma, cerra a porta, recolle as alhaxas da mesa, méteas no saco e esconde este entre os abarrotes. De pronto, ponse á escoitar e escóndese él tamén. Pol-a porta dereita, entra MADANELA, máis vestida que denantes, cunha palmatoria na man. Olla a escea, e véndoa soia, vaise a retirar.)
RAPETA (mostrándose)
Boas noites, Mada.
MADANELA (dando un berro)
¡Ay!!... (tranquil) ¡Asús! qué susto me de ches. Cuidei que ninguén había.
RAPETA
Cuasi, cuasi.
MADANELA
Falaban aquí.
RAPETA
Breixo comigo.
MADANELA
Logo xa viñestes do mar. Gracias a Virxe, que está a noite brava. ¿Cobrastes peixe?
RAPETA
Sempre saca algo a rapeta.
MADANELA
Dixo madre que ibades ó endeño.
RAPETA (correxindo)
Tamén, mais indo eu non falta rapeta.
MADANELA
O caso é que, loubado Dios, xa voltastes. (Pousa)
RAPETA
Mada, pois estamos á tergo, quería decirche.... Tempos hai que te atopo revirada.
MADANELA
Nin siquera.
RAPETA (tenro)
¿Onde van as tuas cores de rosa, Mada; os teus risos estalantes coma axouxeres; aquelas cantigas que rebulían nos piñeirales? Nin volves á frábica, nin ese limiar traspasas. ¿Por qué andas triste, Mada?
MADANELA (rindo)
¿Eu triste? Ti tresleache.
RAPETA
A xente repara...
MADANELA
Por vicio.
RAPETA
Moitos marmulan...
MADANELA
Por maldade.
RAPETA
I-eu ben vexo....
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/f5/f597/f5977e82-c578-4621-ad53-8dc2300f5be2/115721811.xml
NÓS
LUMIA
A ardentía bota arribazón.
MADANELA
Con todo,....
LUMIA
Volve á cama, meniña. Ves medio espida.
MADANELA
Un pulo non máis (ferosa) Tiven un soño mui boniteiro. (Séntase a carón da nai)
LUMIA (aloumiñando nela)
¿Pois logo?
MADANELA
Chegara él...
LUMIA
Diot-o traya.
MADANELA (afiuzada)
Virá, madre, virá nun dos primeiros barcos. Boeno (contentosa de relembrar-lo soño.) Chegara él e nos forámolo rescibir á bordo... (síntese oubear un can) ¡Xesús! ¿Qué foi eso?
LUMIA
Un can oubeando.
MADANELA
Asina oulaba o do meu soño
LUMIA
Pois ¿non soñaches con Xelo?
MADANELA
Sí; pero verá, tamén había un can. Un can mouro, mui rabisco, doente quizaves.
LUMIA
Sería o urco, o can do mar.
MADANELA
¿O urco é malo? Pois era él.
LUMIA
Din que o urco é un can mui grande que en noites pechas sae do mar, e vai por rúas e por congostras oubeando con outros cáns que acoden á lle dar escolta. Leva unha cadea arrastro. Por veces detense, e todol-os máis fanlle roda, calados.
MADANELA (esterrexendo)
¡Qué medo!...
LUMIA
Cousas de rapaces.
MADANELA
¿Quén sabe?... Tamén din que os oubeos dos cáns ventan morte; e ese de antes...
LUMIA
Vaia, conta do teu soño.
MADANELA
Fóramolo rescibir abordo. Breixo nos levaba na minueta, bandeira en papa. El estaba alá enriba, na amura, saudando co sombreiro. Vosté ben sabe como é danzal e fampista.
LUMIA
Eu non-o conozo, Nela.
MADANELA
Certo. Temiase de vostede e desviábase. Esterrecía entrar na casa; na outra, que de ésta non sabe que nos mudamos. Des aquí verémolo sobre cuberta. Cuase vivimos á nado. Boeno, ¡Qué alegría, madre! El saudaba... tirándome bicos. Pero eu non podía chegarlle...
LUMIA
¡Cousas dos soños!...
MADANELA
Surdiu un can e trabóume da faldra, turrando por min. (Oíse berrar roucamente a serea de un vapor grande, lonxe).
LUMIA
¿Un can na minueta?
MADANELA
Sí; un can ou un lobo, non sei. É o máis estranho... ¡Cousas de soños!... foi que aquel can tiña a faciana de Rapeta. Ese rapás non me chista cousa. Parez que leva un felo; un felo de velliño recésego. Logo, sempre rindo... Da auguria, Fegúrame que debe ser xiado como as cóbregas, e si se lle tocara nas fazulas... ¡Uy, qué noxol! (Volve á soar a serea en urlido longo)... ¡Xesús, cómo brama ese vapor!...
LUMIA
Haberá cerrume e pedirá plático.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/f5/f597/f5977e82-c578-4621-ad53-8dc2300f5be2/11572186.xml
Borrador OCR local de apoyo. Úsalo solo como pista débil cuando la imagen sea ambigua; si contradice claramente la imagen, prioriza la imagen:
176
E chegamos ó século XV. Niste tempo visita a cibdá de Compostela o bispo armenic Arzendjan, autor da «Relatién d'un vo yage fait en Europa et dans l'Océan atlantiques». Di do altar maor da Catredal: «A sua estátua está colocada sobre o altar maor; está sentada n-un trono c-unha coroa na cabeza».
Sospeitamos que a dita coroa sexa a que o Cabildo, na sesión do 13 de agosto do 1519, manda ó obreiro Alonso Calviño: «que hiziese la corona de la ymagen del Señor Santiago del altar mayor, por cuanto estaba ya bieja y quebrada, y lo que costase lo sentase con los gastos de la obra, y para ayuda della le mandaron que tomase las guarniciones de plata que están en dos tablas de libros blejos y la otra plata quebrada que está en su poder».
Debía tamén facer tempo que a imaxe do Apóstol Sant-lago tiña un colar; pois no 10 de setembro do 1522, asegún o Cabildo, se mandou «aderezar, adobar y hacer de nuevo el collar de señor Santiago que estaba quebrado».
Na reforma do retablo da Capela maor, 31 de maio do 1533, nomeouse unha comisión pra que «viesen donde se puede facer dos grepas para el altar maor e la horden que los Romeros han de tener para subir arriba a la ymagen de Santiago» (1).
Insistese novamente no 17 de marzal do 1533 sobre a mesma obra: «la escalera o paso que es menester para los pelengrinos que van a visitar la ymagen de Santiago».
É curioso o que nos di iste inventario do 1571: «yten avía una ymagen de señor, que es de piedra, y una corona de pluta dorada, con su collar de plata, questá quebrado: El qual se a de azer de nuevo, de la mesma forma, Con Sus venerase.
No marxen tamén se lt: «el collar se hallo quitado y quebrado en poder de alonso fernández, platero, año de 1571. Ase le mandar que luego le aderece.»
Chega, por fin, Ambrosio de Morales en romería á Sant-lago o ano 1572. Suas novas son máis importantes e mais concretas. Nos describe: «Una Imagen de piedra del Santo
Apóstol, que se descubre de la cintura arriba: es poco menos que al natural, dorada y pintada, echando con la una mana la bendición, y teniendo en la otra un libro. Está en cabello, sin Diadema, nj otra cosa en la Cabeza, sino teniendo culgada encima de ella (que quasi le toca) una gran Corona de plata; y el fin del Romage y su cumplimiento es llegar el Peregrino a usta Imagen, y besándola por el cuello, ponerse aquella corona en su cabeza, que para esto está pendiente de una cadena. Súbese á esta Imagen por una escalera que está al lado de la Epistola con su portecica, y deciéndese por la otra del lado del Evangelio».
Con istes datos se confirma que a eseultura era de pedra e policromada: que non tiña diadema na cabeza, senon unha coroa de prata, que servía pra qu'os pelengrinos a puxeran na súa cabeza. Tamén nos relata: «que besaban la imagen del Santo y la abrazaban por el cuello».
Isto concorda co anotado no 1581 pol-o alemán, de orixen polaco, Erich Lassota de Steblovo: «Sobre el altar está colocada una estátua de Santiago; encima cuelga una grande y dorada corona que acostumbran a poner los peregrinos» (1).
Ven o século XVII, e o Padre Oxea, ano de 1615, nos refire o seguinte: «No tiene re tablo en el testero, sino solo la del glorioso Apóstol Santiago que está sentada en vna silla dorada sobre el altar mayor arrimada a vn pretil, que le llega hasta casi los hombros, de modo que le quedan descubiertos parte dellos, el cuello y la cabeza, para dar lugar a la devoción de los peregrinos y gentes que vienen a visitarle, a que le toquen y traten. Y asilo hacen ellos con gran devoción y reverencia, subiendo allí por dos escaleras que ay a los lados detrás del mismo altar mayor» (2).
O pomposo e barrigudo baldaquino chu: rriguera, encanto dos nosos vellos, que tanto había de contribuir no barroco galego, non escomenzou ate o ano 1660. O coengo
Javier Liske, «Vinjes de extranjera por España en los siglos XV, XVI y XVII.—Colección de 1878 reproducidos del original y anotado por F. R.—Madrid, páx. 90.
Historia del Glorioso Apóstol Santiago, por el Padre Oxea, páx. 119 valo, Cap. XVIII.—Madrid, ano 1615.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/f5/f597/f5977e82-c578-4621-ad53-8dc2300f5be2/115721817.xml
NÓS
MADANELA
Un barco.... ¡Probiño!
RAPETA
No Con do Demo.
MADANELA
¿Afogou alguén? ¡Vaya pol-as Animas! ¿Era noso?
RAPETA
Era de fora: o «Bohemia».
MADANELA (alteirada)
¿O qué? ¿O «Bohemia»? ¿Dis o «Bohemia»?... ¡Virxe do Carme! ¿É Xelo?... Nel viña Xelo.
LUMIA
¡Xelo!
MADANELA
¿Qué vos espanta? ¿Por qué pavorides?... ¿Queizaves Xelo?......
LUMIA
Non, non. Salvaron moitos.
MADANELA (decidida)
Vou alá.
LUMIA (conténdoa)
Pero filla.....
MADANELA (safándose)
Sólteme, madre.
LUMIA (poñéndose diante da porta)
Non saes.
MADANELA
Quero sair. Arredre.
BREIXO (meazando)
¡Nela!
MADANELA (con brío)
¿Qué socede nesta casa? ¿Estades tolos?... Sayo sin dúbida.
LUMIA
Mira, Madanela....
MADANELA
¿Será verdade? Fai tempo que sospeito... Ese saco.... (mira impoñente o irmán, que engoumea a testa) Teño escoitado.... ¿Qué escondedes detrás? ¡Desviese, madre!
(Arredra á LUMIA e franquea a porta, véndose á XELO tendido na soleira.)
LUMIA (aparte)
¡Disgraciados!
MADANELA
¡Asús!... ¡Un home! (axiónilase pra ouservalo) ¡É Xelo!! (ledísima, érguelle a cabeza) ¡Ay!, ben sabía que non me abandobas... Que non deixarías perdida a tua Neliña... ¡Xeliño! ¡Xeliño!...
BREIXO (acañado)
¡Era Xelo!....
MADANELA (intranquil)
¡Ay Maríal sei que dorme.... (mirando a propia man) Pero ésto... é sangue... Sí; ¡sangue!... ¡Morto! (estolecida) ¡¡Meu Xelo morto!!.... (De pé, tráxica, baixo do dintel) Madre, irmán... e tí, serpe penzoñenta... corvos do mar, urcos da ribeira... ¡Malditos! ¡Malditos seyades!
(Cadro.—MADANELA no fondo; LUMIA, BREIXO e RAPETA abrayados.—Cae o teón).
ADEQUIRA
B E I R A M A R
(DRAMA) POR ARMANDO COTARELO VALLEDOR
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/f5/f597/f5977e82-c578-4621-ad53-8dc2300f5be2/115721823.xml
NÓS
O contramaestre é bravo, sabe remendar as velas co-a chavella do arado.
Os curas e os taberneiros teñen moito parecido, os curas bautizan nenos e os taberneiros o viño.
Indo pol-o mar embaixo o aire rifóume a vela: nosa Señora da Creba diume o pano para ela.
Vimos dunha romería e mañán vamos pra outra, e así pasamol-o tempo dunha romería en outra.
Héiche de contar un conto de vintecatro mentiras: pol-o mar andan as lebres e pol-o monte as sardiñas.
Gaiteiro de Redondela: ofrecicheme unha tunda e agora veño por ela.
As nenas de Vilariño, non é unha que son todas, levan tres pares de medias pra facer as pernas gordas.
Meu pai e miña nai choran por que non sei traballar, agora xa vou sabendo coller toxos pra picar
O home que ha de ser home ha de ter a man lixeira, ha de coller a rosiña sin abalar a roseira.
A muller do mariñeiro pódese chamar viúva, cando o home vai ao mar váille para a sepultura.
A aldeíña do Obre de lonxe parece vila, ten un caravel na entrada e unha rosa na saída.
Recollidas por ALVARO DE LAS CASAS
M I S C E L A N E A
UNHA CAMPAÍÑA DO S. XVI
Na capela de San Salvador de Cavenca, na parroquia de Cerdedo, Concello de iste nome, ollei recentemente unha campaiña de man, de bronce, fundida, ostentando águias e outras bichas de estilo renacente, con ista inscripción arredor: ME FECIT IOHAN. NES AFINEA 1554. De outras antiguidades de ista sinxela capela falaremos n-outra ocasión. Os veciños din que xa existia no século VII e que o nome primitivo era Caveancos, o que, craro é que ten precedentes típicos en toda a terra galega, ben abondosos.— Bouza-Brey.
OS DERRADEIROS DÍAS DO POETA AÑÓN
Ninguén, antre os amigos póstumos do Poeta, tirou proveito dos libros que se levan no Hospital da Princesa, de Madrid, pra saber das horas postreiras de aquil bohemio que quixo morrer na sua terra ou acougar n-ela os seus osos sin conseguilo. Somentes o esprito xeneroso de Anxelo Romero Cerdeiriña, namorado da figura apaixoante do romántico Añón, foi dar con isas miudas cousas, que engaden algunhas notas á sua vida, pouco coñecida aínda, que vou dar eiquí por oferta cordial de aquel amigo que ten contribuído a divulgar a obra do noso Poeta. Consta por aquéles libros que o Añón ingresou no Hospital dito «padecendo afecto hepático» ás cinco da serán do catorce de Abril de 1875, ocupando a cama núm. 20 da sala de San Lesmes e que ás catro da mañan do día 20 finou «de cancro de fígado». Vivía Añón, cando entrou n-aquel Estabrecimento pra nunca mais sair á vida, na Rúa «de los Amigos», núm. 10, coarto segundo. Tiña cé-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/f5/f597/f5977e82-c578-4621-ad53-8dc2300f5be2/115721822.xml
NÓS
192
Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza
PRA UN CANZONEIRO DE NOIA
Alá no medio do mar
vín saltar unha sardiña,
mariñeiriños de Noia
vinde alá c-unha traiña.
A criada do cura
de Corrubedo,
ao picar a verdura
picou un dedo.
Teño lanchas teño redes,
teño sardiñas no mar,
teño unha nena bunita
pra que quero traballar?
O mariñeiro ao domingo
bó zapato e boa media;
o lunes pol-a mañán
vai descalzo pol-a arela.
O Cristo de Finisterre
ten unha pistola d-ouro,
para matar aos do Son
por riba de Montelouro.
Veñan os barcos,
veñan as redes,
veñan os barcos
anque non veñan eles.
O que nunca tivo un porco
e agora ten un porquiño
sempre anda ao rabo dél
chamándolle kiño, kiño.
Non te cases con ferreiro
que é moi malo de lavar,
cásate con mariñeiro
que ven lavado do mar.
O carballo da Chainza
ten a folla revirada
que lla revirou o vento
nunha mañán de xiada.
Gracias a Dios que chegamos
eiquí a esta poboación,
que viñamos de arribada
sin velas e sin timón.
Si todo o mar fora leite,
e Montelouro boroa,
xa terían que comer
os tramalleiros de Boa.
Mariñeiriño do mar
ten asegurada a vida,
mira que vas embarcado
en unha taboa podrida.
Quen me dera estar na Creba
e na Creba haber un piño,
para ver o que se pasa
esta noite en Portosiño.
Cando non hai que facer
que farán os cataláns,
andarán pol-a ribeira
tirando pedras aos cans.
Os mocifios que hai agora
son un fato de ladróns,
que para fumar tabaco
empeñan os pantalóns.
Os de Noia son bós mozos,
os de Muros baloqueiros,
os de Fisterra son negros,
e os do Son son mariñeiros.
Oxe teño de ir a Barro
pol-a colleita do millo,
oxe teño de ir a Barro,
de Barro non me despido.
A muller de Roquetroque
está bailando na eira,
Roquetroque está mirando
como a muller se peneira.
Á ría de Vigo
non se pode ir:
andan as motoras
a entrar e a sair.
Sei tocar e sei bailar
sei tocar a pandereta,
o home que a mín me leve
leva música compreta.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/f5/f597/f5977e82-c578-4621-ad53-8dc2300f5be2/11572183.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
Ano XIII * Ourense 15 de Outono do 1931 * Núm. 94
CIUMES E NAMOROUZOS
Meu corazón namorouse de un rosal a frolecer; quer voar e non ten azas, quer rir e non ten lecer.
No rosal medra unha rosa loira e fermosa de ver; da sua corola albariña namorouse un caravel,
O caravel namorado ciumes de mín seica ten, a rosa rise burleira sin darlle creto a ninguén.
Unha mañán outoniza quedei extranado ó ver: a roseira desfollada; resequido o caravel i-o meu curazón ferido a treizón por non sei quen.
CABADA VÁZQUEZ.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/f5/f597/f5977e82-c578-4621-ad53-8dc2300f5be2/115721816.xml
186
LUMIA (remexendo)
Relós... pulseiras... cartos. Chega acá. (RAPETA aluma). Son pesos (fáinos soar con ledicia no mantelo). Ésto é o máis seguro: éstes non teñen señal.
RAPETA
Xebra, señora, xebra.
LUMIA (remexendo)
Pendentes... cadeas... máis cartos (leda). Moito gafaches en pouco tempo.
RAPETA
¿Non son Rapeta?
LUMIA
Aneles... medallas....
RAPETA
Tamén hai carteiras. Meta a man.
LUMIA
Aluma (sacando unha carteira). (Casi está ateigada! Pon aí, logo contaremos (mostra un xoveiro). I-ésto ¿qué é?
RAPETA
Non sei; non daba tempo. Uuha caixiña.
LUMIA
De prata.
RAPETA
Agarde; imos abrir... (Forcexea para abrir o xoyetro. Séntese rañar na porta de fora e logo xemer xordamente. Todos escostan.)
LUMIA
Será Espadarte.
RAPETA
Non. Semellan prañidos.
LUMIA
Pois será o «Lulo».
(BREIXO érguese como abufinado e abre. No oco mouro, apuado no batente, vé-se á XELO, macio, descalazado, pingando, caendo... BREIXO recúa espantado.)
NÓS
XELO (lanxindo)
¡Auxilio!... Por caridade... denme... auxilio....
BREIXO
RAPETA
¡O morto!... ¡Perdón! ¡Perdón!....
RAPETA
¡O habanero!
XELO
Estou ferido... Matáronme....
BREIXO (fora de si)
¡Fuxe!... ¡Fuxe, pantasma, fuxe!
XELO (reconocendoo)
Ti mesmo.... Ti.... ¡Asesino!...
(Da un paso pra entrar, mais RAPETA enquerquenándose, ponlle o mango do truel entre os pes e XELO enceréllase e cae fora.)
RAPETA (rindo)
¡Esnafróuse! Agora vai de veras.
MADANELA (drento)
Madre...
LUMIA (atordouda)
Pecha.
RAPETA
Non pode quedar así. Si recorda e fala...
LUMIA
¡Pechal
RAPETA (pechando o foro)
Guindarémolo o mar.
MADANELA (porta dereita)
¿Qué ruxir é éste?
LUMIA
Non é nada, fillina.
MADANELA
¿Cómo están todos ergueitos?
RAPETA
Perdeuse un barco.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/f5/f597/f5977e82-c578-4621-ad53-8dc2300f5be2/115721820.xml
190
consistían en que os gandos desen ritualmente unhas voltas o redor, no mesmo xeito que oxe se fai, según o seu testimo- nio en moitas eirexas e ermidas portuguesas durante certas festividás. Cousa análoga ocurría na outra pedra, a Talisca.
O Conde de la Vega del Sella (1), sinala tamén varios casos de cristianización en Asturias, con ouxeto das proisimidás e superposición de antas e capelas, e finalmente, Mortillet (2), ocupándose d-estas custións, proporcioa máis exempros e datos sobor do asunto.
Mais os castros son orixinariameute alleos ó principio relixioso das antas. No século pasado en que un romanticismo centífico levou á algúns autores á espricar fantásticamente estes moimentos da vida protohistórica, ouvo quen os considerou como «templos dos celtas» (3) chegando outros á creelos lugares feitos pra «plantar y adorar en ellos la encina sagrada del Dios Teut por la religión druídica». (4)
Menéndez Pidal, reseñando istas teorías sin dificultade refutadas, concluje que xa que os castros foron aldeias fortificadas (opidum) terían algúns santuarios como única manifestación de caraiter relixioso (5).
Á él, pol-o tanto, deben ser referidas as supersticións dos castros.
Aténdonos a ésto, espricase facilmente o por qué de dúas costumes que se ouservan n-outros tantos castros da provincia de Ourense e n-un da de Pontevedra.
No Auntamento da Merca, parroquia de Santa María de Olas, hai un coto, o Monte do Castro, que, como o seu nome indica, é un castro celta ou celto-román.
Celébrase en Olas a festa de San Pedro, mais o folión que a precede, en lu: gar de se verificar no pobo, faise no castro, votando n-él os foguetes e acendendo fa:
(1) «El dolmen de la capilla de Santa Cruz». Memoria número 22 da «Comisión de Investigaciones Paleontológicas y Prehistóricas». Páxs. 33 e ss. Madrid 1919.
(2) «Les Monuments Megalithiques Christianisés». Revue de l'École d'Anthropologie. T. VII.
(3) Verea y Aguilar.
(4) Martínez Pudin.
(5) «Historia de los Heterodoxos españoles». T. I. Páxinas 115 e ss. Madrid 1911.
NÓS
chos que se colocan n-uns buratos feitos nas penas que cobren o cumio do monte.
«Té de notar—di o catalogador do mesmo (1), que o camiño dende a capela de San Pedro ó castro é longo pino e ruin, e que sempre que se iniciou algunha oposición, o vello costume xurdiu de cote dos veciños de Olas, pobo axuntado á Vilariño, coido que no século XVI, e que está moi próusimo ó pico do castro, namentras que os veciños de ista derradeira aldea, defenderon sempre, e ata de agora, con ésito, o estilo tradicional do folión».
Outro caso pra nós máis intresante pol-a sua proisimidade á Monterrei, dase no partido xudicial de Verín e no monte chamado «As Laxes das Chas».
Non ten iste castro lembranza algunha de capela, mais no cumio do mesmo existen varios montós de pedras, que á xuicio de Florentino L. Cuevillas, á quen se debe o seu coñecemento, sinalan a esistencia d'un santuario.
A uns dous kms. do castro, hai unha ermida, ade Santa Ana, no cumio dun outeiro, e cando é preciso facer algunha rogativa pra pedir que chova ou que deixe de chover, orgaizase unha procesión, que ca imaxen do santo, toma o camiño de Oimbra, dende onde, pasados uns días, faise retornar ó seu santuario.
Según o citado arqueólogo, iste costume sinala, non somentes o emprazamento da primitiva ermida, senón tamén o lazo que a liga co geníns loci que protexería outrora os habitantes do monte das Chas. (2)
N-un castro que se atopa en Carballedo, auntamento de Cotovade, iase ata fai algún tempo, á votar os foguetes e acender lume, nas visperas da festa do Corpus, do mesmo xeito que se fai no Monte do Castro antedito. (3)
Caso contrario á él, ainda que nos conduce ó mesmo resultado, tivemos nós mesmo ocasión de comprobar.
(1) Florentino L. Cuevillas. «Catálogo dos Castros Galegos». No NÓS de Xullo de 1926. Núm. 35, páx. 131.
(2) Florentino L. Cuevillas. «Papeletas Arqueolóxicas e folklóricas da bisbarra de Verín». No NÓS de Nadal de 1926. Núm. 36, páx. 10.
(3) Acadou a noticia deste castro o Antón Fraguas, á quen nos lla debemos.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/f5/f597/f5977e82-c578-4621-ad53-8dc2300f5be2/115721819.xml
NOS
tarios ou, pol-o menos, poseedeiros da vila de Verín na tal época, e por contraveñir os cánones estabrecidos nos concilios de que logo nos ocuparemos.
Indudabre é tamén de que o Mosteiro interviria repetidas vegadas n-este asunto, precurando, por todol-os meios, non escasos, que na sua axuda tiña, interrumpir estas supersticións, mais temos que recoñecer que esta intervención non seria moi eficaz, por canto que aproveitando a estancia do rei en Allariz, recurriron ó seu poder, logrando de Alfonso IX a orde de destrución do castro e a prohibición de erguer obra n-él.
Temos que supoñer que ista orde sería posta en práitica e que o castro fose intentado destruir, cousa que non se levaría á bo fin, seguramente pol-os impedimentos postos pol-os veciños, deducido isto de que a orde de destrución repitese bastante despois, posto que de 19 anos máis tarde é a intervención do Papa Honorio III, no 1222, ameazando ca pena de excomunión á quen se estreva á erguer obra n-él, insistindo en que sea destruído o que houbera edificado.
Pol-o visto foi tamén inútil ó parecer ista intervención da Eirexa de Roma, e pasados 33 anos, l'Alfonso X ten que confirmar, por segunda vez, a orde de Alfonso IX, xuntamente con outra anterior confirmación do mesmo, feita por Fernando III no 1232.
Moi arraigados tiñan que estar istes sentimentos pagáns dos moradores de Monterrei, cando, á pesar de todas istas intervencións reais e papales, seguiron n-elas orixinando unha segunda intromisión da Eirexa, representada pol-a bula de Clemente IV, de 1266, na que, ademáis de confirmar todo o ordeado pol-os seus antecesores en tal asunto, manda esplicitamente «que ningun presbitero celebre en castro que este hedificado».
Eiquí culminarian os esforzos pra desarraigar-a herexía da vila, xa que oito anos despois, aparez o privilexio de Alfonso X, confirmado por Sancho IV e por Fernando IV, no que concede ó Mosteiro a mitá da Eirexa «agora nuevamente» feita no castro.
De ista forma desfariase, inda que soio aparentemente, a herexia do castro, e dende ista data xa non tornamos á atopar referencia ningunha á iste caso, que se iría esquecendo paulatinamente por uns e por outros, inda que sempre continuaría latexando nas novas práiticas que dende ali en adiante se celebrasen na eirexa nova Castro de Monterrei.
Non debeu de carecer de importancia o culto pagán que n-él se desenrolou ata os comenzos do século XIII, posto que ningún dos casos análogos que oxe coñecemos, motivou tan repetidamente a intervención eclesiástica.
Moi corrente foi na Galicia, e ata nós chegan os residuos, que as supersticións do pobo cristaizasen n-un culto fisiolátrico, que ainda que unhas vegadas referíanse á ouxetos naturás, ríos, montes e pedras; éo outras á cousas que ainda que feitas pol-a man do home non perdian certo caraiter natural.
Este é o caso dos moimentos megalíticos e dos castros.
Nos pirmeiros, ouxetos d-unha relixión prehistórica, cuios comenzos pérdense nos séculos, prolongóuse á través do tempo, evolucioando na maoría das vegadas paralelamente ó desenrolamento das influencias estranhas da masa étnica e moral do pobo, i-eisi mil lendas alleas á miudo por compreto á toda espricación relixiosa, aparescen á redor de antas e mámoas, sinalando un orixe ligado á tales moimentos.
Moitos foron os megalitos cristianizados en todo o noroeste peninsuar, xa reseñados, na sua grande maoria, en diversos traballos que non é do caso enumerar ciqui.
Virgilio Correia tivo a ocasión de siñalar varios casos n-unha ainda recente ocasión, intresdndonos agora os que se refiren ás pedras das Gamelas e Talísca, sitas ambas en Pavía, no Alemtejo. (1)
Na primeira espricóu unha serie de gravuras en forma de cruces que n-él esisten, como sinales da cristiaización no peñasco, por haber sido ouxeto de cultos pagáns que, según él, basándose n-unha lenda do país.
(1) «El Neolítico de Pavía». Memoria número 27 da «Comisión de Investigaciones Paleontológicas», Páxs. 97 e ss, Madrid 1925.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/f5/f597/f5977e82-c578-4621-ad53-8dc2300f5be2/115721825.xml
NÓS
195
se qedó como un pagaro espero en su mages-
tad qe. a de estar en buen lugar.
yo entregué las dos cartas a Justid y ba
en la coruña a llebarlas y le prebine espe-
rase por la respuesta del dela groba la suscrisión la aré, por esta no ai nobedad particu-
lar solo que an prendido al abogado Moas le
allaron vna carta escrita a bazán pidiéndole
vn canónicato qe. los canónigos eran unos
olgazanes qe. él gobernaría y qe. el siempre
abía estado por el gobierno franzés esta car-
ta se alló en vn secreto de la ynquizión (sic)
se desizo una dibisión qe. tenía unas tablas
por delante y de noche le cogieron como
rrato en la rratonera a liñeyra le an soltado
y egerce los mismos empleos pudo gastar
mucho qe. en la coruña yendo dinero todo
se compone su ermana por aora qeda buena
y su prima dá a vmd. memorias y farruca
sirbase vmd. de mi parte darlas a Mi sra.
D.ª Josefa y señoritas y remito esa carta qe.
bino de d.ª Bernardina BLM de vmd.
María Bernarda Díaz Martínez.
Escorrentadol-os franceses dende o 23 de
Maio, parez que a persecución contra dos
afrancesados arreciou, dirixindose princi-
palmente contra o cadeirádico Pedro Bazán
de Mendoza, famosa figura da época, ó que
se alude na epístola, quen morreu lonxe do
seu pais nativo. Despréndese da carta que
un dos amigos do Bazán era o abogado a
quen fixeron gastar boas onzas na Coruña.
—Bouza-Brey.
OS HOMES, OS FEITOS, AS VERBAS
Antón Lousada Diegues
Ex dous anos que a terra do cimeteiro
de Pontevedra, recolleu garimosa o corpo
do mestre benamado.
Lousada Diegues levou á cova as arelas
de toda unha vida consagrada na loita pol-as
nosas liberdades.
El que envieiróu co seu senso de xusticia,
os camiños da política galeguista, non poido
ollar o alborexar d-unha nova época máis
felis. Pero a sua verba, inesquencida pra os
seus discipres, terá de ser sempre simente
fecunda nas labouras do porvir.
VIDA UNIVERSITARIA
O Profesor Gamillscheg.
O dia 29 de Setembre dou comezo na Fa-
cultade de Filosofía e Letras un cursillo
de tres leicións ó cargo do Prof. Ernst Ga-
millscheg direitor do Romanisches Seminar
de Berlín encol do tema «Primeiros contai-
tos entre xermáns e romans.—Infruxos cultur-
dos dos románs sobre as tribus xermánicas.
—Estabrecimento dos visigodos e suevos na
peninsua ibérica».
En Xeito craro mais con fondonisma eru-
dición analizóu o conferenciante a través
dos datos da filoloxía a comunicación de
xermáns e hispano-romanos. Singularmente
intresante pra nós é a afirmación prenamen-
te confirmada centificamente de que o infruxo
gótico e suevo na toponimia da Peninsua
deuse con máisima forza na nosa terra, oucidente
d’Asturias e N. de Portugal, é dicir,
na antiga Galicia, en tanto que na dos de-
mais paises hispánicos apenas se notan
restos.
Atribui o Prof. Gamillscheg o feito, a
reocupación da Gallaccia pol-os visigodos
que fuxian da invasión musulmán, e pol-o
tanto a causas relativamente serodias.
As conferencias foron seguidas con máisimo
intrés pol-a grande concurrencia que
asisteu.
Curso de Filoloxía no Seminario.
En colaboración coa Universidade o Semi-
nario de Estudos Galegos acordéu traguer
a esplicar un curso de Filoloxía románica
ó Dr. Reisekron, asistente do Romanische
Seminar de Berlín, pra preparal-os socios
do Centro que s’adican á taes estudos.
O Seminario proponse acometer n-iste sen-
so labouras de suma importancia, antr’outras
a do atlas lingúístico de Galicia.
Prégase ós létores que teñan repe-
tidos algúns dos números 1, 8, 40, 49
e 76 do boletín NÓS o avise na Ade-
ministración do mesmo, onde se lle
mercarán
Imprenta NÓS. Hortas, 20. Santiago
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/f5/f597/f5977e82-c578-4621-ad53-8dc2300f5be2/11572189.xml
M O U R E N Z A
LANCE DRAMÁTICO NUN AUTO
Por Armando Cotarelo Valledor
FIGURAS
MADANELA
LUMIA
RAPETA
BREIXO
XELO
ESPADARTE
Pásase na beiramar. —Época de ugora. —Dereita e esquerda, as do público.
A escena é unha cafúa enfluxada e probe. No fondo, ventá pecha, e porta de entrar. —Á dereita, lacea que se poida abrir e outra porta. —Mesa de madeira no medio, ederriba un quinqué sinxelo, apagado, pendurado do teito. —Abarrotes barriles, caixas, remos, cordas, redes e máis cousas semellantes. —Cadeiras e tallos. —Todo roñoso e polvorento. O conxunto ha de ter van comode almacén de chambo.
É unha noite de tormenta na invernia. Oise o bruido do vento, o chiscar da sarabia e o balbordo do mar. Pousa longa. Petan á porta do fondo con dous golpes espaciosos e resoantes; logo con tres máis recios. Despois surde, pol-o burato do pecho, a vos coutelosa de
ESPADARTE (chamando dendes fora). ¡Lumia!... (Pousa) ¡Lumia!... ¡Lumia!... (Pousa)
LUMIA (que é unha vella horrible, sac alumándose cun candil pola esquerda, arrastrando as chanclas. Pousa o can-
dil na mesa; chégase á porta da dereita e chama quediño cos cotenos; logo vai á abrir en gran silenzo.)
LUMIA
Non berredes, degorrios, que vos sentirá Madanela.
(Entran ESPADARTE máis RAPETA. ESPADARTE (tipo de mariñeiro antergo: roupa de augas con sudeste) trae un paxe ó lombo, un farol aceso e un bicheiro na man. RAPETA, de bufanda, é un rapás xibado, porta un saco valdeiro e un can de lás coutado de un cordel.)
RAPETA (rindo. RAPETA ri sempre) ¡Mamola!... Chove que asolaga.
ESPADARTE (con soño que non deixa nunca) ¿Breixo?...
LUMIA
Agora sal. ¿E os outros?
ESPADARTE
Na buseta. (Todos falan sometro e espa zado).
LUMIA
¿Sabes certo que entra hoxe?
ESPADARTE
Seino,
RAPETA
Ven nos boletís. E a amañecida está de xorne. Haberá escamallo.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/f5/f597/f5977e82-c578-4621-ad53-8dc2300f5be2/115721821.xml
NÓS
No castro de San Adrao, que se atopa por riba do pobo de Cabaleiros, no concello de Lobeira, houbo, asegún din todol-os veciños do pobo, unha ermida, á cal está oxe adicado o Castro; mais, visitado o coto por nós, non soio non atopamos ningún resto de tal cousa, senon que chegamos á certeza, dada a forma sumamente cónica do castro de que non cabe nin a posibilidá da sua existencia.
Ista lembranza da ermida, que encerra en sí unha lembranza relixiosa, ha de se referir, sen dúvida, ó lugar de culto dun deus celta análogo ó do Monte das Chas.
Como vemos, nos casos primeiramente citados, que son todol-os que poidemos acadar, o antigo culto dos castros maniféstase oxe principalmente en procesións que, con un ou outro ouxeto, van á facer alto no medio do monte, coincidindo tamén ás vegadas ca prousimidá de moimentos megalíticos.
É, pois, moi posibel que unha cousa análoga ocorrese no castro de Monterrei, sobre todo si nos fixamos en que na grande maoria dos documentos que á él fan referencia, insistese d-unha maneira particular en que sea destruído e que non poida tornarse á edificar; tendo que se referir ésto á algunha construción que n-él houbese e de ningunha maneira ó castro en sí, tanto máis cando que tamén se ordea, referíndose á él indudabelmente, que ningún presbítero celebre en castro edificado.
Sin que poidamos acadar un resultado craro, coidamos que chega o dito pra nos poder formar unha idea de en qué consistiría o tal paganismo de Monterrei, vindo eiquí na nosa axuda o bispo do Alentejo, ca sua prohibición de que as procesións non fosen ós outeiros donde non se celebrase o culto católico, insinándonos que xa na idade media estaba en usanza tal forma ou residuo de santificación castrexa.
Mortillet, cita os concilios donde se tomaron medidas pra combatir istas práiticas relixiosas nos lugares nón cristiaizados, citas que recolle tamén o Conde de la Vega del Sella n-un seu traballo xa citado. (1)
Estes foron os de Arles (ano de 452), Tours (567), Nantes (668), Toledo (681 e 693) e Leptine (743).
En todos iles ordéase que os moimentos de pedra que serven de adoración nos campos, sexan destruídos, ameazando ós adoradores con diversas penas, e chegando á declarar culpabres de sacrilexio, ós bispos en culo territorio se celebren ¡stes ritos si non cuidan de destruilo. (2)
Chilperico ordecu tamén que se destruisen os moimentos de pedra que se atopan nos campos. Carlomagno mandou o mesmo á fins do século VIII e finalmente o rei Canuto el Grande, fainos saber que, á pesares de todas istas prohibicións, os pobos seguiron nas suas práiticas, e que en vista da imposibilidá de desterralas, a Eirexa optou pol-a sua cristianización.
No século XVI, o bispo do Alemtejo esquirbía: «...defendamos e mandamos que com as precisoes nam vam a outeiros nem penedos mas soumentes a igreja ou hermida donde se faz ho officio divino». (3)
Xa apareceu
O DERRADEIRO AMORE
Novela, por Aurelio Ribalta
AXIÑA APARECERÁN
OS DOCE PASOS ESTAZONAES
por MANOEL GARCÍA PAZ
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/f5/f597/f5977e82-c578-4621-ad53-8dc2300f5be2/115721812.xml
182
MADANELA (medrosa)
Parés que laia, madre.
LUMIA
Pol-a noite, ¡xa oral, todo asusta.
MADANELA (seguindo o conto)
Entón él saltou na minueta e, ¡pumbal, chimpou aquel can no mar. Logo colléu me nos brazos... ¡É máis gayoleiro!...
LUMIA
¿Tí cres que virá?
MADANELA
Como na misa. Escoite (Saca unha carta e lê) como esquirbe: «Saberás en como nada se me da de esos atorrantes»... Non é aiquí... «Pues Madanela»... aiquí é: «Pues Madanela, recibi lo que me dices de lo que te pasa y yo te digo que no te degores, que yo, como te tengo dicho, te quiero rechamente y no de canfinfla, como decimos acá y ya tengo alguna plata. Pues Madanela, saberás que ya quité el boleto del pasaje y saliré de esta en el primer correo que toque en esa, que será recien y no más.»
LUMIA (cobízosa)
¿Dis que ten prata?
MADANELA
¡Boenol!... Xa leva sete anos na outra banda. Ben ve. Seu pai andaba máis espido que un marolo e agora é patrián. Cando veu neste vran dar aquela rabexada, que foi cando nos conocemos, parescia un señor. Pero tencioaba axuntar máis para viviremos na vila.
LUMIA (receando)
Nela, ¿non será un embaidor, un infirtoso?
MADANELA
¿Infirtoso meu Xelo? Él virá... Se non viñese... ¡ay, madre! (bótase chorando no colo de LUMIA.)
LUMIA (cariñándoa)
Virá, filliña; non chores.
MADANELA
¡Ten que vire! Eu esquirbinlle todo... Se non ven... finaréime. (Baíxando a vos) Logo
NÓS
se conoscerá demasiado; e xa agora.... On-
te, no río, Maripepa reparóume de un modo... ¡Ay, madriña! (Abrasdndoa).
LUMIA
¡Cala, cala! O que non sei é cómo poido sere, Madanela.
MADANELA (vergoñenta)
Cando iba de espichadora, él andaba de paseante, sempre en axexo, azorofiando. A frábica está lonxe; para ir e vir tiñamos ide pasar o piñeiral... era Xullo. (Chora) Non sei... non sei cómo foil
(Esgarabellan na porta do fondo, como querendo entrar; LUMIA decátase, e forza a vos pra que non-a oian de fora.)
LUMIA
Vaya, sosega. Déitate; non te colla a friaxe (sentándolle as máns) ¡Cala! Xa estás entanguida. Ven (Erguéndoa e levándoa cariñenta) Imos ó carto, filliña. Durme tranquil. (Na porta dereita) Él virá, non temas.
MADANELA (entrando)
¿Certo que está á chegar, madre? (Desaparecen amas.)
(Ábrese pouco á pouco a porta do fondo deixando escorrer á BREIXO, pavorido. Ven impante, en penecho, mirando atrás con ollos relampados. Así que entra, vólvese e pecha, correndo o ferrollo. Logo abre a lacea, saca botella e copa, bebe un chisco e séntase. Pousa. En silenzo chega LUMIA por detrás, poñéndolle unha man no hombro.)
BREIXO (brinca espantado)
¿Quéen!!...
LUMIA
Tes pouco rexo. ¿Qué houbo?
BREIXO
¡Unha estrangueiral!...
LUMIA (ollando o redor)
E ¿qué traes?
BREIXO (sentándose de novo)
¡Nada
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/f5/f597/f5977e82-c578-4621-ad53-8dc2300f5be2/11572182.xml
NÓS BOLETÍN MENSUAL da CULTURA GALEGA
Direitor Literario
Vicente Risco
Direitor Artístico
Alfonso R. Castelao
Adeministrador
ANXEL CASAL
DIREICIÓN E REDAUCIÓN:
Sto. Domingo, 47—OURENSE
ADEMINISTRACIÓN:
Hortas, 20 — SANTIAGO
ABONAMENTO
Doce númaros, na Peninsua 8'00 pesetas.
Fora da Peninsua 8'00 >
Númaro solto 0'70 >
Os pagos son adiantados e os gastos de xiro de conta dos suscritores
NOTA
Este boletín non pubricara mais orixinas qu'os que foran direitamente solicitados pola Direición. Tampouco se fai solidario das ideas n-eles emitidos, a non ser dos que por non iren rubrados, enténdense que son da Redaución.
SUMARIO
Chumpe e namoramentos (poemal), por CABADA VÁZQUEZ
A maxe petra do Apóstol Sant-Iago, por XESÚS CA-
RRO GARCÍA.
Mouñeza (lance dramático), por ARMANDO COTARELO
VALLEDOR.
A Cristalización do Castro de Montenovo, por XURXO LOU-
RENZO FERNÁNDEZ.
Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galicia.
Miscelánea.—Una campaña do S. XVI, por BOUZA BREY.
—Os derradeiros días do poeta Antón, por BOUZA BREY.
—Baldraguinos de San Miguel de Area, por BOUZA BREY.
—Un episodio dos afrancesados composteláns, por BOUZA
BREY.
Os homes, os feitos, as terras.
IMPRENTA “NÓS”
Facturas - Estados - Libros - Revistas
e toda crás de traballos tipográficos
Trasmitanos os seus encárregos
Hortas, 20 SANTIAGO
Picente Risco
Abogado
Santo Domingo, 47-2° OURENSE
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/f5/f597/f5977e82-c578-4621-ad53-8dc2300f5be2/11572184.xml
A IMAXEN PÉTREA DO APÓSTOL SANT-IAGO
Foi sempre o principal ideal dos peregrinos e romeiros xacobeos, o visitar a cidade de Compostela, fazer veneración ó sartego do Apóstol Sant Iago.
Xa dende o descubrimento das Santas Reliquias, no Monte Libredón, no terceiro primeiro do século IX, non cesa o movemento constante dos devotos peregrinos.
A importancia do santuario compostelán pode apreciarse no Himno de Maitines Sancti Iacobi, comezos do século XI, a domno Fulberto Karnotensi:
«Ad templum cuius astanti-
dum
Cunctarum comi climatum
Occurrunt omnes populi
Armenii, Graeci, Apuli,
Angli, Galli, Daci, Frisi
Cancte gentes, linguae, tribus
Iluc pergrunt muneribus» (1)
Nos primitivos altares da igrexa de Sant Iago non debeu figurar ningunha escultura da imaxen do Apóstol, nin tampouco no tempo do maxestoso de prata, mandado facer no século XII pol-o Arcebispo Xelmírez.
Crémos, n-iste caso, que a primeira imaxen é a que se topa aínda debaixo do cimborrio barroco, máis completamente disfigurada e retocada. Por isto merece ben un detido esamen e estudo.
Comencemos, primeiramente, pol-a cartela que cubre a sua perna e que co índice da sua man direita sinala esta inscripción:
HIC E
ST COR
PVSDI
VI IACO
BIAPOS
TOLIE
TISPA
NIARV
PATRO
NI
É decir: «Hic est corpus Divi Iacobi Apostoli et Ispaniarum Patronis».
Tal letreiro quer mostrarnos que ali tópase o corpo do Santo e que a imaxe ten ise obxeto.
Non se sabe de certo cando se colocou a escultura pétrea do Santo no altar maor da Catedral. O sabido arqueólogo e coengo López Ferreiro (1) conxetura que debeu ser o 3 de Abril do 1211, día da Consagración do gran templo catedralicio.
(1) Historia de la S. A. M. Iglesia de Santiago de Compostela, por D. Antonio López Ferreiro, tomo I, páx. 419.—Santiago, ano 1898.
(1) Obra citada, tomo V, páx. 36.—Santiago, ano 1902.
IMAXEN PÉTREA DE SANT IAGO NA CAPELA MAOR DA CATEDRAL
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/f5/f597/f5977e82-c578-4621-ad53-8dc2300f5be2/115721813.xml
NÓS
LUMIA (estranada)
¿Entón?...
BREIXO (arredándoa)
Déixeme. Cale. Estou abrayado..... ¡Te-
no medo!
LUMIA
Ben noto. (observando nel) ¿Non vos
collerían?
BREIXO
¿Qué sei eu?... Non, non nos colleron'
¡Ogallá nos colleran!
LUMIA
¿Estás enmeigado? Conta que pasou.
BREIXO (esterrexendo)
Pasou de abondo.
LUMIA
Fala, diaño.
BREIXO (de mal aire)
Esnaquizóuse nos penedos... Layaba co-
ma un cristián...
LUMIA
Ben sentimol-a serea.
BREIXO
¡Layabal!.. Escomenzaron a sair... As
lanchas de abordo batían nas penas e ana-
gábanse... Saían máis. Algún bulindo ainda.
¡Qué espantosidade! (Quédase suspenso co-
mo ollando unha horrible visión.)
LUMIA
Sigue.
BREIXO
Deme xusgos. (Volve a beber) Eu esta-
ba estantío, abobado... ¡Qué espantosidade!...
Veu o «Lulo» arrastrando un así como ha-
banero... Relocíalle a cadea do relós... Dei-
xoulo cabo min, varado no xabre. Rapeta
encirróume... Entre a salguia das escumas
púxenme á rexistralo. Estaba morto...
LUMIA
Mellor.
BREIXO
De súpeto, o morto engarrou en min...
Botóume as mas. Apertaba no pescozo, es-
ganábame... e non podía zafarme de aquelas
mas: eran poutas... Saquei o coitelo que vos-
té me dou e chantéillo... ¡Matei o morto! (Co-
lle a cabeza entre as mas, marmuxando ou-
tra ves) ¡Matei o morto!...
LUMIA (alentandoo)
Bueno ¿e qué? Un entre tantos. O mar
cobre moito.
BREIXO
Fuxín. Fuxín sin ver terra; pavorido....
LUMIA
Hai que ter azo, Breixo.
(Chaman quediño á porta); LUMIA chéga-
se a ela.)
BREIXO (erguéndose espeluzado)
¡Non! ¡Non abra, madre, non abra!
LUMIA
¿Qué temes?
BREIXO
Calquer cousa. (RAPETA asubía pol-o
pecho).
LUMIA
Acouga. É Rapeta. (Abre á xeito.)
BREIXO
Tanto monta. Rapeta é unha fera; un
locumón do mar ¡Rapeta é o urco! (Volve
a sentarse apouvigado.)
(Entra RAPETA sin o can. Trae un gran
saco cheo ó lombo e a pucha mail-o
truel de BREIXO na man.
RAPETA (guindando o saco)
Garde eso, tía Lumiña. ¡Mamola! Ben
lle dixen que habría escamallo. (Rindo) Ehi
ten xebra e marlota á rever. (A BREIXO) Es
páparo. Algún día nos botarás á pique. Toma
a tua gilina; apañouna «Lulo». Velaiquí
o relós, a cadea e a carteira. (pousándoos
na mesa) Ter todo ésto na man e deixalo,
¡véigate a mona!
LUMIA
Aprende, Breixo. Éste ensinavos á
todos.
RAPETA
¡Bah! ¿Ibámolo perder? ¡Mamola! I-eso
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/f5/f597/f5977e82-c578-4621-ad53-8dc2300f5be2/11572185.xml
Probablemente en esta ocasión se colocó sobre el Altar Mayor la imágen del Apóstol, que aún hoy se venera». E nós somos tamén do parecer que tal conxetura poidera resultar certa.
Si ollamos ben nos trazos que ainda adiviñanse na faciana da dita imaxen de Sant-Iago o Maor, podriamos topar bastante semeIlanza co Apóstol tamén sedente do portalús do Pórtico da Gloria e, pol-o tanto, traballo da famosa escola do Mestre Mateo.
Escultura dos derradeiros tempos do románico e feita cun esprito do medioevo. Foi o consolo e a ledicia de moitas xeneracións.
Os levaba—di López Ferreiro—:«la salud de las almas era el principal propulsor de aquellas masas de verdaderos creyentes, que no hallaban sosiego mientras de lejos no vislumbrasen las torres de la Apostólica Basílica, cuyas puertas estaban siempre abiertas, de día y de noche, como lo están las del trono de Dios para todos los que de corazón imploran su infinita misericordia» (1).
Alcóntrase a primeira referencia da nomeada imaxe de grao e policromada na Crónica de D. Alfonso XI, páxina 179, cap. C., cando no 1332 armouse cabaleiro no altar de Sant-Iago; «Et la imágen de Santiago, que estaba encima del altar».
Jste monarca hespañol, pol-o Diploma despachado en Madrid, 22 de setembro do 1345: «dispuso que ante el mismo altar se pusiesen tres velas de dos libras
(1) Id. Id., VI, páx. 195.—Santiago, ano 1908.
O Apóstol do Portalús do Portico da Gloria
Mais consideramos documento de moita importancia a miniatura que reproducimos na foto 3 e que está tomada do Tumbo B. do arquivo da Catredal (2).
A imaxe tópase sentada n-unha cadeira sin respaldo e baixo unha capela con teito vertente á dúas augas, descansando tamén en columnas de capites froleados.
Paresce pende da punta do teito unha pequerrecha lámpara. Ó derredor do Santo e no fondo da parede vénse unhas estrellas. Está nimbado e ten na mán direita o báculo en forma de «tau» e na outra unha cartela branca cas letras roxas que dí: IACOBUS. E a un lado e outro, fora da capela, entre unhas columnas de capites froleados a figura dos seus discípulos THEODORUS e ATANASIUS. Ista escena miniada é do século XIV e probablemente do seus começos. Témola ademais como feita en Compostela e, pol-o tanto, a imaxe do Apóstol de non ser unha copia da do altar maor da Catredal, debeu estar n-él inspirada (3).
(2) Tumbo B., Arquivo da Catredal Compostelán, folio ver so da segunda folha.
(3) Hist. de la S. A. M. Iglesia de Santiago de Compostela por D. Antonio López Ferreiro, t. VIII, páx. 191, Santiago, 19.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/f5/f597/f5977e82-c578-4621-ad53-8dc2300f5be2/115721826.xml
MERQUE VOSTEDE Plumeiros RAFIUM
De máis dura qu'os de pluma e limpan millor.
Véndense en todol-os establecementos do ramo.
ANDRÉS PERILLE --- OURENSE
Sanatorio Quirúrgico de San Lorenzo
SANTIAGO DE GALICIA
DE LOS PROFESORES
D. Fernando Alsina y D. Antonio M. de la Riva
CIRUJANO GINECÓLOGO
Establecimento dotado de todol-os elementos que exixen
a terapéutica e a hixiene modernas, situado nas aforas
da poboazón, moi cerca do paseo da Ferradura
Teléfono número 195
Pra detalles, calquera dos Direitores ou o Médico interno
FOTOGRABADO
Si quer qu-os seus fotograbados sexan o mais perfecto posibles, convenlle envialos aos
Talleres de fotograbado ESPASA-CALPE S. A.
Ríos Rosas, 24-Apartado, 547 MADRID
A sua biblioteca non será
unha biblioteca galega,
mentras non adequira as
obras editadas por
NÓS PUBRICACIONS GALEGAS E IMPRENTA
HORTAS, 20 SANTIAGO
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/f5/f597/f5977e82-c578-4621-ad53-8dc2300f5be2/115721815.xml
Borrador OCR local de apoyo. Úsalo solo como pista débil cuando la imagen sea ambigua; si contradice claramente la imagen, prioriza la imagen:
_— ——
NOS
MADANELA (anoxada)
¿Qué é o que ti ves, caramuxo?
RAPETA
Mada, falemos craro. Nin sei cómo nin con quén, pero o lance foi e... xa me entendes. Din que embarcou y-está na América; pois eu digoche que ese non volta. Ben sabes, gusto comprido....
MADANELA
Pero ¿qué gusto nin qué sécolas, berberecho?
RAPETA
Eu sempre te quixen, Mada.
MADANELA (estranada)
Ora o demo dorme... ¿Tí? ¡Asús! ¿Tí me quixeches?
RAPETA
Sempre; pero decatábame e agardaba. Eu.....
MADANELA (congoxosa)
¡Asús! ¡Asús, mil veces! Sei que sigo soñando.....
RAPETA
Tí eres unha fror, un paxaro, unha estreliña; eu, son Rapeta. Xa comprendes. Rapeta, calaba. Mais agora.....
MADANELA (arritándose)
Agora ¿qué?
RAPETA
O tempo corre, o choyo adianta, as linguas rexouban, a conduta abanea; pois denantes que o caso chegue....
MADANELA
¿Qué lareta este cangarexo?
RAPETA
Mada, a cereixa picada dos melros, logo cae no chan. Eu non podía subir hasta ti; fuches ti quen hasta min baixaches..... Mada, a froita caída dáselle co pé; pero eu son Rapeta e fago o meu oficio: eu recollo a cereixa. Para min sempre serás Mada. Nada sei, nada pergunto... Mada, agora non
podes escolleitar (apurríndolle a man). Ves aiqui a man de un home.
MADANELA (estalando)
¡Un home! ¿Tí es un home? Tí es un escanzre, unha pintiga, unha cobra.....
RAPETA (rindo)
Mada, a cereixa cayida, no chan podrece.
MADANELA (marchando)
¿Casar contigo? Dios me defenda.
RAPETA
Mada, xa non podes escoller.
MADANELA (furente)
Antes meto a cabeza na corda de un pandullo e me chimpo co-él no mar (saíndo). ¡Asús! ¡Asús mil veces!
RAPETA
Seguirei agardando, Mada.
(Miraa marchar e ri en silencio.—Pol-o foro, volven LUMIA máis BREIXO sempre caviloso.)
LUMIA
Moita patulea se xunta na ribeira.
RAPETA
Non hai xeito de facer máis. Chegaron carabineiros... ¡Mamola! Poiden escu-
LUMIA (mirando o redor)
¿E o saco?
RAPETA (amostrándoo)
Aiqui está.
LUMIA
Daca (desatándoo). Couta a porta e aluma.
(Poñen o saco no medio; RAPETA aluma axionllado e a vella, sentada nas táboas, vai rexistrando o botín. BREIXO, aparte, cavilando.)
RAPETA
¿Non seria mellor agardarse?
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/f5/f597/f5977e82-c578-4621-ad53-8dc2300f5be2/11572187.xml
NÓS
compostelán, Vega e Verdugo, influenciado pol-o arte italian e hespañol da época, na Memoria que escribeu sobre as obras da Capela maor da Catredal, ó tratar da estauta do Santo, dí:
«Estaba ahogado y que tiene cubiertas las Rodillas donde tiene el epitafio. Para de ordinario abía de estar la estatua del santo que se abraza oy encima de la pared que cay sobre el altar que está detrás del Santo Apóstol».
O dito coengo Vega e Verdugo, partidario de que se fixese outra imaxe de Sant-Iago, xa en pedra, bronce ou prata, prosigue razoando na mencioada Mamoria: Y
con Razón; porque si se dijese que porque le allamos sentado enseñando y porque Repossa, le abiamos de dejar sentado como le allamos, no parece se diría del todo mal, pero cierto que la primera vez que le bí, fué menester para conocer que era Santiago verle en su yglesia y altar; porque si le encontrara en otra adbocación de otra yglesia creyera era otro Santo, y en el modo de estar parece más a San Pedro.
Y no se entiende que el santo que se yciere, a de ser silla y santo todo de vna piedra como este, que no tiene en su dibuxo ninguna perfección, antes está estropeado; sin tener ningún miembro y proporción natural; y así digo, que le benía bien estar de peregrino bestido, la vna mano lebantada sobre el botón del bordón; y la otra señalando abajo a la vrna passada el Hic jacet, teniendo dos o tres géneros de esclabinas que sobre la del metal se muden según la grandega de su fiesta. Y si porque predicaba, se dixese que abía de estar sentado, esto biene bien á qualquiera apóstol, pues todos predicaron y enseñaron, á San Juan, á San Pablo y á San Andrés y á otros Santos. El cordero, la espada y las aspas los acen particular. Y así le deben diferenciar de peregrino».
Ambrosio de Morales, o cronista de Felipe II, no seu citado Viaxe, nos había descrito a escultura de Sant-Iago Apóstol: «con una mano bendecia, teniendo en la otra un libro». Esta actitud, n-un Apóstol, parece un poco estrana. O probabre sería que fose concebida como o Sant-Iago do portalús do Pórtico da Gloria ou como a miniatura do Tumbo B. do arquivo da Catedral. Sería n-unha mán a cartela e na outra o bastón en forma de «tau». Si a descrición de Morales é veraz, debeu padecer xa unha reforma a imaxe de Sant-Iago denantes do século XVI.
Non se había reparado que e imaxe do Apóstol tivese algunha inscripción. Soilamente Vega e Verdugo, na sua Mamoria, testualmente di: «Tiene cubiertas las Rodillas donde tiene el epitafio».
López Ferreiro é de opinión que o epitafio da imaxe de Sant-Iago é de fins do XVI (1). N ista data Ambrosio de Morales había visitado a Catedral de Compostela. Non cita o refirido epitafio. De eisistir, Vega e Verdugo non nos diría: «Que le benía bien estar de peregrino bestido; la mano vna levantada sobre el botón del bordón; y la otra señalando a la vrna passada el HIC IACET».
O epitafio que ten agora, como xa temos dito, escomenza: «HIC EST CORPUS».
Crémos, pois, que poida datar do sécu-
(1) Obra citada, tomo V, páx. 60.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/f5/f597/f5977e82-c578-4621-ad53-8dc2300f5be2/115721810.xml
180
LUMIA
¿Grande?
ESPADARTE
Correo.
RAPETA
O «Bohemia» ¡Mamola!... Apare o almario, tía Lumia. (Pousa).
BREIXO (mariñán escorreito (traxe azul; boina) entra pol-a dereita poñéndose un chaquetón de abrigo).
Aiqui estou.
ESPADARTE
¿Listos?
BREIXO (collendo un truel)
Listos.
ESPADARTE (indo á sair)
Avante.
LUMIA
¿Levades a xovenca?
ESPADARTE
É sospeitoso.
LUMIA
Destroncias o carneiro.
ESPADARTE
Sospeitoso.
RAPETA
Vai «Lulo» (pol-o can).
LUMIA
De pouco che valirá, Rapeta.
RAPETA
¡Mamola! Anada coma un xurel e soergue un anagado.
LUMIA
Collede sachos: haberá cristiáns á pedir terra....
ESPADARTE
Sospeitosos.
RAPETA
Ben dito. Este tío Espadarte fala como os relós: pouco, pero campanudo. ¡Mamola!
NÓS
BREIXO
Vostede, madre, poderá deitarse.
LUMIA
Agardo por vós.
ESPADARTE (na porta)
Imos.
LUMIA (a BREIXO)
Toma este coitelo, por si acaso. É de solla.
RAPETA (desiminando o coitelo)
Estes trémpanos con veleno. ¡Mamola! (rindo) Din que unha picada mata un cabalo. (dándollo a BREIXO) Garda.
BREIXO (tomando o coitelo)
Hasta logo.
LUMIA (tapa coa man a lus do candil pra que non se vexa de fora)
Moita sorte. (Saen ESPADARTE e BREIXO.)
RAPETA (saindo)
Moita maña.
(LUMIA arrima a porta e séntase pensativa. Pousa.)—Pol-a dereita entra MADANELA, medio espida, como quen se ergue pra se volver deitar.—MADANELA é unha froriña nascida nun illó.—Así que se amostra, reloce a cara de LUMIA.)
LUMIA (roñándolle cariñenta)
Pero Nela ¿é ti?...
MADANELA
Espertóume o vento, madre, e desvelei.
¿Quén eran eses homes?
LUMIA
Espadarte e Rapeta; viñan por teu irmán.
MADANELA
¿Co este vendabalón? ¿Saen ó mar hoxe?
LUMIA
Pouco se desviarán das penas; van ó endeño.
MADANELA
Agardar á que esbardase.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/f5/f597/f5977e82-c578-4621-ad53-8dc2300f5be2/11572188.xml
NÓS
178
lo XVII e quizáis da mesma época da fábrica do revestimento churriguera da Capela maor. Co epitafio debeu tamén laborarse o relieve do follaxe das prendas do vestido do Apóstol, o mesmo que a transformación en pelengrino. Ista era a idea de Vega y Verdugo, en contra da forma en que estaba a escultura antiga: «Y si porque predicaba se dixese que abia de estar sentado, esto biene a qualquera Apóstol, pues todos predicaron y enseñaron, á San Juun, á San Pablo y á San Andrés y a outros Santos.
El cordero, la espada y las aspas los acen particulares. Y así le deben diferenciar el ábito de peregrinos.
A escultura tópase dentro de unha gran cadeira de prata, estilo barroco. O dadiveiro arcebispo Monroy, no ano 1693, encarregou pra o Santo Apóstol do Altar maor unha esclavina de prata do prateiro milanés, Xosé Clemente.
O Cabildo compostelá, 16 de xaneiro do 1705, había nomeado unha comisión pra darlle as grazas ó Prelado pol-a esclavina e bordón de prata e a calabaza de ouro con unha vieira, que había doado.
A esclavina que hoxe ten sobre os hombros con embremas e tributos guerreiros, con apricacións douradas, enrequecida de pedras preciosas, é a mesma que donou o arcebispo Monroy. De como alcontrábase a Capela maor da Catredal, no ano 1726, nol-o dirá o «Diario de peregrinación» de Guillermo Manier.
«Sobre el tabernáculo la estátua del Apóstol de tamaño natural; es de plata dorada y de la misma materia es la esclavina y la silla donde está sentado con el bordón en la mano y la cabeza desnuda; la esclavina en lugar de conchas está adornada y tiene armas de guerra, cañones, fusiles, espadas, espadones y una franja de oro en el extremo».
Tamén o Santo Apóstol, xullo do 1733, había recibido do coengo don Xán Varela unha cadea de ouro.
O Arcebispo Rajoy, un dos prelados que fixeron moito pol-o engrandecimento da cibdá de Compostela, por escritura ante Diego Pereira, fixo unha doación ó Apóstol de unha esclavina e un bordón de ouro, cuias prendas foron postas ó Santo na véspera da sua festividade do ano 1762.
Istas xoias deberon desaparecer con outras mais que o Cabildo tivo que entregar ás tropas francesas no ano 1809.
O arcebispo galego Fray Sebastián Malvar e Pinto había doado ó Apóstol unha gran cruz da Orden de Calros III con brillantes, que colgaba de unha cadea de ouro e sobre unha banda azul. Tamén había dado un peitoral de esmeraldas e diamantes. Foron postas sobre a imaxe do Santo, despois de haber celebrado de Pontifical o día 29 de xunio do 1790.
Todas istas xoias, asegún un inventario do 1808, foron roubadas unha mañan do mes de xaneiro do 1807.
Unha devota do Santo lle fixo un donativo d-un bordón de prata con adornos sobrepostos, asegún se lé n-unha acta do Cabildo do 5 de maio do ano 1818.
Iste bordón paresce ser o que ten ainda hoxe na mán a imaxen pétrea e policromada, revestida de prata.
Temos, pois, que veu transformándose a imaxen do noso Sant-lago que se venera na Capela maor, mais por iso non deixa de ser a primitiva, a que recolleu todalas pregarias dos pelengrinos e romeiros que como estrelas camiñaban pol-o camiño francés pra cumprir un dos máis grandes ideais.
Seipamos os galegos que na Catredal de Compostela se garda cáseque toda a tradición e historia de Galicia. E seu nome chegou e chega ainda por isa corrente que deixaron os pelengrinos e romeiros xacobeos.
Xesús Carro García
Compostela, 1931.
Está á venda VIEIROS, poesías por R. Garballo Calero.--Precio: 2 pesetas
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/f5/f597/f5977e82-c578-4621-ad53-8dc2300f5be2/115721818.xml
A CRISTIAIZACIÓN DO CASTRO DE MONTERREI
Por Xurxo LOURENZO FERNÁNDEZ
Por meio de seis documentos do fundo de Celanova que se custodia no Arquivo Histórico de Madrid, (Arm. 25, tab. 1.ª, legs. do 977 a 981, ambos inclusive) chegamos ó coñecemento de un típico caso de cristianización dos lugares nos que a xente se adicaba á supersticións e ritos pagáns e os que a Eirexa, ó non poder desarraigar da alma eminentemente tradicional dos povos estas prácticas, optou por cristianizar, legalizando, por decilo así, un culto denantes herético.
Estes documentos son os 1 e 2 de eclesiásticos, e os 6, 28, 29 e 30 de reais.
O primeiro, por orde de antigüidade, é de Alfonso X (R-6-977-25-1), feito en Allariz a 3 de maio do 1213, e no que se ordea que o «Castro de Verín» se non edifique, destruíndose o que houbera n-il edificado.
O segundo é unha bula plomada de Honorio III, (B-1-977-25-1) dada en Roma a 28 de agosto de 1222, confirmando o ordeado pol-o anterior privilexio, pra que o «Castro de Monterrei» se destrua e pra que ninguén se estreva, so pena de excomunión, á levantar obra n-il.
O terceiro, (R-28-978-25-1), e unha carta plomada de Alfonso X, feita en Valladolid a 28 de setembro de 1225, confirmando outro de Fernando III, dado en Ourense a 15 de maio do 1232, o cal á sua vez confirma o primitivo de Alfonso IX, pra que o Castro de Verín se non construa e non torne a ser edificado.
É o carto unha bula, de Clemente IV esta, (E-2-970-25-1) en Roma a 5 de outubro do 1266, e dirixida ó Arcediano de Bubal na eirexa de Mondoñedo, pra que obrigue con censuras, á que se non edifique o citado castro, e que «ningún presbítero celebre en castro que esté hedificado».
É o quinto unha confirmación de Sancho IV, (R-30-979-25-1) dada en Allariz a 25 de Xaneiro de 1274, confirmando un privilexio de Alfonso X, feito en Palencia a 16 de Abril de 1283, no que concede ó Mosteiro de Celanova «la mitad de la Iglesia que agora nuevamente mande facer en mí poebla de Monte de Rey».
E finalmente, o derradeiro é unha confirmación ó anterior privilexio, feita por Fernando IV en Maio do 1300, (R-29-979-25-1).
O orixinal de Alfonso X sobre da Eirexa de Monterrei, non nos foi posibel atopalo antre os outros documentos do Mosteiro, descoñecéndose seu paradeiro.
Ordeados esi estes documentos, déixasenos entrever toda a derradeira fase do desenrolamento do paganismo campesino do castro de Monterrei.
O Mosteiro de Celanova, teria noticias indudabelmente no trascurrir das centurias IX, X e XI, de que os labradeiros de Monterrei, se adicaban á prácticas e ritos heréticos no castro da vila, prácticas que revelarían unha consagración contraria á existencia do culto católico, e das que sairían responsabres os frades do Convento, por aparecer propie-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/f5/f597/f5977e82-c578-4621-ad53-8dc2300f5be2/115721828.xml
AGUAS DE
MONDARIZ
FUENTES DE GANDARAYTRONCOSO
Propiedad de las Sres. Hijas de Peinador
Véndese en todas las Boticas, Droguerías, Hotels,
* Depósitos d'augas minerás, Restaurans e vagós-camas de
todol-os tres.
Estas augas, de sona universal son o remedio enxebre e eficacísimo cand'un quer combater o Artritismo, a Diabetes, Desnutrizón, Obesidades diversas, doenzas do Aparello dixestivo, Anemia e Neurastenia
Riquisma auga de mesa
===== gaseada naturalmente =====
Mondaríz-Balneario, áchase á 35 Km. de Vigo
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/f5/f597/f5977e82-c578-4621-ad53-8dc2300f5be2/115721824.xml
194
dula do Distrito da Universidade, Barrio do Campo de Guardias, núm. 2302.
Ben pouco é o que alí consta do precursor que non recibeu ainda homeaxe ó seu patriotismo; mais ista nota serve pra demostrar que o seu nome non está esquencido no presente como tampouco Galicia o esquencerá endexamáis. — Bouza-Brey.
BALDAQUINOS DE SAN :: MIGUEL DE ARCA ::
O adro da eirexa de San Miguel de Arca, no Concello d A Estrada, foi feito, cas suas escaleiras semicirculares e seus pilotes de traballada pedra, no ano de 1855, asegún reza un epígrafe ali colocado. N-esta data debéronse embutir no muro da banda do Norte, a unha e outra veira de unha das portas, os painéis que coidamos pertencen a dous seudo-baldaquinos tan correntes na Galicia dos séculos XV e XVI, eruditamente estudados por Filgueira Valverde e Ramón e Fernández Oxea nos “Arquivos do Seminario de Estudos Galegos”.
Catro son as pezas que alí se alcontran, aparelladas maor con menor. Describirémolas por toparse inéditas.
Á man dereita da porta devandita:
1.º Painel adintelado, mais curto que o segundo que está á sua veira, con escea da Anunciación semellante á dos baldaquinos de Cóscaros, Serantes e Villalonga, aparecendo a Virxe diante do facistol, grande xerro con follaxe mesto e anxo con tilacterio. Cenefa na parte superior con froles de catro pétalos cruzados á maneira de puntas de diamante. Franquean a composición dúas columnas traballadas.
2.º Lumieira con arco inferior conupial, meirande que a peza antecedente, representando a Virxe co neno recibindo a Adouración dos Reis Magos. Cresteiría perlada.
Á man esquerda da portada tópanse:
1.º Lumieira de arco inferior conupial con escea das Angustias, do mesmo grandor que o da Adouración dos Magos, descrito. A Virxe sostén no colo ó Fillo morto, a Crus aparez ó fondo e outras figuras acompañan; a unha banda sitúase, de frente, Santa Lu-
NÓS
cía e á outra unha santa que non identificamos. Cresteiría perlada.
2.º Franqueada por dúas columnas renacentistas, decoradas con follas, e baixo da cenefa análoga á do número 1.º da banda oposta, aparece unha estrana composición na que se trata de representar quezáis a Adouración dos Pegureiros. O Neno Deus deitado p-unhas pallas e recibindo o bafo da mula e o boi, é adourado por unha figura coroada, de xoenllos e mans postas, que nada ofrece. Por detrás de ista chega un home vestido con curto faldrellín encol do que cai un a xeito de zurrón triangular, levando ó lombo suxeito ca man dereita un pau rematado en bola do que pendura grande caldeiro; ca man esquerda colle un adibal ou unha corra —pol-o tesa—que prende pol o fuciño a un cuadrúpedo de longas orellas, burro quezáis. A orixinalidade da composición é maor si se considera que o Neno a mula e o boi figuran representados con perspectiva aérea vertical. O grandor da peza é a mesma do número 1.º da outra banda.
Finalmente, do mesmo xeito que en outras partes acaesce, tamén, a unha banda e a outra dos painéis, existen dúas estátuas de San Miguel e San Xan, soltas, que semellan da mesma man si ben con precedentes iconográficos marcadamente oxivais. — Bouza-Brey.
UN EPISODIO DOS AFRANCESADOS COMPOSTELÁNS
Dirixida “A Dn. Franco, Xavier Losada de Vivero Regidor perpétuo de la Ciudad de St”; ecta, Orense, Bobras (sic), Laxas”, no arquivo particular da Sra. Dª. María Lousada de Eirín, n-A Estrada, eisiste a seguinte carta, escrita n un só pliego, con siñals de obleas e cuño roxo da posta no exterior:
“Santiago y otubre 7 de 1809.
Mui señor Mio e rrecivido su carta y zelebro las buenas notisias de su salud y demás familia la mía con bastante disgusto con la muerte de Mi ermana la ge. llebó su magd. el dia de la Virguen del Rosario y murió con todo conocimiento asta la vitima boqueada
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/f5/f597/f5977e82-c578-4621-ad53-8dc2300f5be2/115721827.xml
A hixiene nos Nenos é a garantía da sua saúde física e moral o día de mañá. No diario aseo dos nenos empregue o “Jabón Sales de la Toja”, único que ás súas altas calidades meiciñás xunta toda a finura e prefume d'un xabón de tocador. Contribuie ó perfecto desenrolo das criaturas e evita o perigo da escrófula e o raquitísmo.
JABÓN
LA TOJA
ÚNICO EN EL MUNDO
O Xabrón da Toxa é o mellor.
Honra á Galicia no mundo enteiro