https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157134&posicion=1
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ea/eaa5/eaa5549d-0801-4967-8be2-fb858fe97f2c/115713414.xml
As ruas estas todas d'esta parte son estreitas, con áceras pequenas e casas moi outas do século XIX, do tipo das cibdades do Norte, grandes, escuras, enmourecidas, con poeira nas repisas e grandes letreiros que collen o frente todo. Nos baixos hai almacés e oficinas de comercio. Non anda longe a antiga Bolsa, e pasan homes atafegados, c'un cartifol negro baixo do brazo. Hai rúas que levan nomes eclesiásticos e religiosos: rúa do Claustro, rúa do Bispo, rúa do Esprito Santo. Na Königstr. está o edifizo impoñente e ojivalizante do Rathaus. Preto d'alí, ao pasal-o río, hai un vello muiño que dá nome á unha rúa. Por atrás vai un camiño estrano e misterioso, qu'atravesa portas, páteos e pontes de ferro, un d'ises recantos vellos e cáxeque románticos que s'esconden ás veces nas grandes vilas.
Ao N. da illa, indo pol-a ponte e rúa de Monbijou —nome que com'os de Bellevue, Belle Alliance, etc., lembran o francesismo do tempo do Gran Federico— atopa un
outras rúas vellas semellantes, pero máis craras, co pazo e parque de Monbijou, o Circo, e unha chea de clínicas, sanatorios, hospitáis, que rematan pol-o Oeste na Charité, e pol-o Norte no Nordhafen.
E quédannos as rúas d'aló embaixo, dende Hallesches Tordeica Oranien Platz e por alí, d'un aspeuto todo difrente, e as do barrio de Neukölln, que ten imensas tendas e almacés com'os da Ponte Mayor d'Ourense e de certos barrios de Vigo, quero dicir, do mesmo estilo e do mesmo cheiro de suburbio.
Voltos á parte oucidental, compre que fale por forza d'algunhas rúas modernas e fermosas: Emserstr. ten o engado d'estar unha parte d'ela grande sen edificar, e marchar pol-o tanto dereitiña por antre hortas e jardís; deliciosa pra andala todol-os domingos á mañá, ao surtir da misa na Ludevigkirche, pra me ir juntar aos amigos en Gieselerstr, Pommerschestr. toda con casas de novo estilo, moi asisado e comprensíbele, co-as suas portiñas baixas e ruralizantes e os seus parterres de ferraya diante; rúa silandeira e saudosa, chea de fresca sombra Barstr. toda de fermosos hoteles estilo alemán, cada un co seu jardinciño.
Pra que falar máis d'isto? Hai tantas rúas e tantas das que lle fica á un unha lembranza, un detalle, unha ouservación feita, unha curiosidade calquera, unha solpresa, unha caraiterística, anque non seña máis que de monotonía ou d’aborrecimento!
GENTE QUE PASA POL-AS RÚAS
O Señor outo, cadrado, de anteollos de cristais sen aro presos por un belisco no narís, d’entrecello encollido, bigotiño de mosca, cabelo ao zero, en mangas de camisa, pantalós grises craros, bastón na mán.
O Señor igualiño qu'o devandito, somentes que con anteollos de cuncha (celuloide ou pasta).
O Señor igualiño qu'os dous anteriores, somentes que sen anteollos.
O Señor igualiño que calquera dos tres, somentes que leva a chaqueta no brazo.
O Señor igualiño que calquera dos catro, somentes que non leva bastón, ou que fuma, ou que non fuma, ou que fuma charuto, ou pito, ou en cachimba.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157134&posicion=6
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ea/eaa5/eaa5549d-0801-4967-8be2-fb858fe97f2c/11571349.xml
NÓS
ceario en que se van amosando— rubidas a un sabugueiro, encerradas nunha lágrima de orvallo— categorías de outro orden.
Mais que o Ermo, nos versos de Norièga eu atopo a saudade do Ermo. Máis que a montaña, a saudade da montaña.
Comenzarémos por percorrer a vida do poeta i-a sua formación emotiva para comprender a razón do leit-motif lírico da sua obra. Logo analizando os conceitos absolutos do Ermo, comparándo-os co ermo dos poemas de Norièga, para ver a función que desempeña nos seus versos i-a razón en que é cantado.
* * *
António Norièga Varela nacéu en Mondoñedo, ó redor do 73. Mondoñedo era –entón como agora– unha cidade de vivir ritual, litúrxico e moinor. A noción do tempo, clara, definida, precisa, impónse alí sóbor todas as cousas, non nun senso industrial de cidade americana, sinón nun senso milenarista medioévico. Cada hora que dá o reloxio da Catedral bota unha sombra sóbor toda a cidade. Todas as cousas parecen recollerse nun minuto de Teoloxía, nun silencio recollido de remórso; i-unha angustia infinita abre as azas enórmes sobre os teitos oscuros de pizarra. Entón a i-alma da vila –fina e sensitiva– fuxe pol-os atallos, cara as cumes de Labrada e de Lindín, por un lado, e pol-o outro, cara á Lorenzana i-ó Valedouro. Se despois das catro ou das cinco do serán chegamos a Mondoñedo, atoparémol-o sin alma, valeiro, sin sentido.
Norièga debéu nacer n-un d'estes intres. Os seus primeiros vinte anos na vila natal non puideron engaiolar o seu espírito na preguiza devota do seu vivir. Estudante no seminario, fíxo-se un bon latino, que bebéu, na mesma fonte, a i-auga nóvina de Virxilio. De Virxilio e quizaves de Horacio, herdóu a noncoidanza, o amor pol-as cousas sinxélas da aldea, o anseio da vida anónima, sin compricacións e sin xenreiras. A i-herba verde e mollada de rosada das ribeiras do Masma faría-lle esquecer c-oa sua dozura elísea –somno mollior– os textos de Zigliara e de Perrone, para regustar a voluptuosidade dos amores de Corydon na égloga II do Mantuano. Non era a sutileza de Xoan Duns e Tomás de Aquino a que prendía o seu espírito. Mais que o arco trilobado do xiloxismo, baixo o que fuxía a corrente xeométrica do pensamento escolástico, gostaba d'unha foliada en Cesuras, «a luz esmorecida d'un candil vello», e d'unha incursión pol-as festas aldeáns de Labrada e Romaríz, en busca do doce froito da mocedade, doado e sinxelo.
Como é natural, deixóu entón o Seminario, para pervagar pol-os camiños do seu outimismo.
Nesta data fíxo-se amigo de outro bon poeta de Mondoñedo, o médico Leiras Pulpeiro, espírito sinxélo, liberal fervoroso e romántico. E de capital importancia este dato. Non porque Leiras exercese influencia sobre a sensibilidhde do nóvo poeta, senón porque esta amistad nos dá a chave para descubrir o orixe do matiz da obra de Norièga Varèla.
Dous poetas en colaboración apenas si se conciben autóctonos, sóbor todo cando hai un fondo sentimental común, como neste caso. Comprendéndo-o así os dous poetas, dividiron, como dous señores feudais, as posesións a cantar. Leiras colléu pol-o Val, cara ás bocaribeiras mariñas e Norièga torcéu para a Montaña.
D'esta maneira a obra de Norièga caracterizóu-se, marcou o rumbo a seguir, non no seu fondo lírico, senón no escenario ambiental en que se había desenrolar, e que foi –como tantas veces pasa en todos os órdes– o que había de fixar –non destacar– a persoalidade de Norièga, inda que estivese tan lonxe, como diremos, de constituir a categoría substancial da sua lírica.
Os poucos anos de salir do Seminario, foi de mestre para Foz. Xa coñecía entón os camiños emotivos das cumes, e non se esqueceria máis da paisaxe que levaba na i-alma.
Frente ó mar bravo do Cantábrico que opón ramalazos salgados de raiba á moeda ciclópea da costa granítica que lle amosa os seus dentes arreganhados, foi-se afirmando a sua saudade montañesa. Manda ás laberzas montesías, perseguidas das gueivótas mariñas, que óllen as azules montañas. I-el
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ea/eaa5/eaa5549d-0801-4967-8be2-fb858fe97f2c/115713415.xml
NÓS
O Señor que non varía de calquera dos outros máis qu'en levar a chaqueta posta.
Poden ser d'iste geito a carta parte dos señores que pasan pol-as rúas de Berlín.
Fillo d'Israel
Dos que levan a chaqueta posta —estamos falando do vrau, e d'un vrau de moita calor— hainos que son vellos. N iste caso, pode ser qu'a sua roupa sefia escura, e ainda pode ser que leven o chapeu pendurado d'un ferriño prendido no chaleque, se é qu'o levan, e ainda poidera ser qu'o levaran posto.
As outras tres partes dos señores que pasan pol-a rúa, levan a mappe, o cartifol, debaixo do brazo ou collido pol-a anga. Metá d'iles leva na mappe a merenda; a outra metá, libros ou papeis ou istrumentos, asegún o seu oficio.
O Señor que pertencendo á calquera das castes anteriores, leva calzós curtos d'ises que chaman de golf e meias escocesas, e que se pode contar aproximadamente n-unha terceira parte ou máis dos que pasan.
De todol-os ditos, os que teñen menos de setenta anos, andan moi dereitos, moi espetados, pisan forte e abalan os brazos, que levan afastados do corpo, sacando os cóbados cara afora e cara adiante, e o peito car'arriba.
O Señor elegante, de cabelo longo, moi planchadiño e brilante, fatelo escuro ben cortado, e non de tenda de roupas feitas, nen de pano teso e mal cosido, com'os outros, ás veces con pantalón craro e luvas craras na man, ás veces con botís brancos, bastón, s'o leva, de boa cana, e se cadra con puño d'outra materia; moitas veces, con chapeu.
O Señor de tipo fino, raro nas rúas de Berlín, se é novo, ou moi loiro e sonrosado, anque finamente, com'una doncela, dend'o punto leve á coor de lume delicadamente posta, ou moreno, en cuio caso pode ser tamén páledo; se é vello, moi branco e moi arreuadiño, c'unhas máns fracas e nudosas e cabelos de prata.
O Señor exótico, chino, japonés, indo, turco, case sempre de gafas, case sempre d'escuro, case sempre sorrindo, case sempre camiñando de vagar.
O home vestido de kaki, con calzón curto e bandas ou polainas, de cote mozo, coa
Berlinesa
face queimada do sol e cabelo rizoso e alporizado. Ás veces leva camisa de franela con algibeiras. Ás veces vai en bicicleta. Ás veces, na bicicleta leva unha bandeiriña comunista. Ás veces leva as mangas refucidas.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ea/eaa5/eaa5549d-0801-4967-8be2-fb858fe97f2c/115713424.xml
MERQUE VOSTEDE Plumeiros RAFIUM
De máis dura qu'os de pluma e limpan millor.
Véndense en todol-os establecementos do ramo.
ANDRÉS PERILLE --- OURENSE
Sanatorio Quirúrgico de San Lorenzo
Santiago de Galicia
De los Profesores
D. Fernando Alsina y D. Antonio M. de la Riva
CIRUJANO GINECÓLOGO
FOTOGRABADO
Si quer qu-os seus fotograbados sexan o mais perfecto posibres, convenlle envialos aos
Talleres de fotograbado ESPASA-CALPE S. A.
Ríos Rosas, 24-Apartado, 547 MADRID
A sua biblioteca non será
unha biblioteca galega,
mentras non adequira as
obras editadas por
NÓS PUBRICACIÓNS GALEGAS E IMPRENTA
HORTAS, 20 SANTIAGO
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ea/eaa5/eaa5549d-0801-4967-8be2-fb858fe97f2c/115713413.xml
NÓS
Canta o musgo porque
«é humilde
da índole do meu estro.»
De modo que inda que cantara o ermo
mais esgrevio, non sería poeta do ermo, por-
que o non cantaba en razón de seu ser, senón
en razón de algo alleo, sin relación substancial ningunha.
Noriega, pois, é «poeta da Humanidade,
«Cantor franciscán» nun senso de plenitude
perfecto. Só nun senso transposto lle poderé-
mos chamar «Poeta da Montaña», Cantor
do Ermo.
Noriega Varela cantou as cumes labregas
de Mondoñedo; é o poeta das froles do toxo
e das xéstas, o lírico da urze e da abedoeira.
Mais debemos tér en conta que todo esto re-
sulta algo simbólico na teoria emotiva de
Noriega, cantado —quizáves sin clara concen-
cia do poeta— non en razón de sí, senón
en razón de algo incoercible, que constituie
o fondo lírico do poeta, i-é, como tantas ve-
ces repetimos, a humildade sinxela das cousas,
a inxenuidade dos seres imbéles e pobresiños.
Este senso de humildade, de inxenuidade leda,
de franciscanismo, eu creio que é o que
gostamos, por riba de todo, no lirismo deste
gran poeta que é Antonio Noriega Varela.
Teño dito.
Ferrol, San Martiño de 1932.
D A L E M A Ñ A
V. MIUDEZAS DE BERLIN
Por VICENTE RISCO
(Proseguimento)
Convén coller por Leipzigerstr, unha das
mais lindas, ond'hai tendas mais elegantes,
e por ond'anda millor gente, a jusgar pol a
feitura e pol-a vestimenta. Logo, torcer á es-
querda pol-a Friedrichstr., chea n-iste peda-
zo, de bancos, almacés e comercio mais de
batalla. E por ali, chegar á Unter den Lin-
den.
Outro cantar son as ruas do vello Berlín.
Coñezo ben dende Kupfergraben deica Ale-
xander Platz. Alexander Platz, novela de
Doblin, leenda de baixos fondos, de vicio e
de comunismo. Pra un lado está o Mercado
Central. Arredor, pol-as ruas aquelas, Nene
Friedrichstr. etc., deica Klosterstr.., cargan
e descargan á mañá centos de cameós auto-
móveis e de cabalos, antigos carros alemás,
feitos de fortes traves, e carros de todol-os
feitios e de todal-as sortes. Namentras agardan,
cada pareja de cabalos ten pendurada
dos pescozos unha caixa longa de madeira,
de cú estreito, chea de palla trizada, na que
teñen afundidos os fuciños e na qu'están
moendo tod'o tempo cos seus dentes enormes.
N-esta parte toda, o esterco de cabalo acu-
gúlase en proporciós pantástecas: moreas
imensas qu'os barrendeiros recollen con an-
gazo. Iste esterco non é com'o que nós co-
ñecemos, disposto en pelotas arredondadas; é
esmigallado e seco, craro, marelo, todo palla.
Estas bestas nono moldean no intestino, senón
qu'o botan desfeito, pastoso, poeirento.
Semella que de tanta palla trizada coma ri-
llan, bótana igual qu'a comen, d2 geito que
non sei coma poden estar tan gordos; coma
non seña que teñan un aparello digestivo
perfeizoado qu'a estila. O esterco forma mon-
tes, e co-a chuvia, pasta. O certo é qu'as ma-
ñás, aquelo é unha maré de esterco que, ao
barrelo, deixa regueiros no asfalto, arrentes
das aceras, aplastado, esmagado contr'o
chao pol-o tripar dos pés. Á tarde, já todo
volve estar limpio.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ea/eaa5/eaa5549d-0801-4967-8be2-fb858fe97f2c/115713416.xml
34
O home vestido de mahón azul, s'é novo, todo rasurado, s'é vello, con bigote longo. Leva na testa unha gorra de plato azul ou negra, con bisera de pano ou de úl, ou unha
Berlinesa
gorra de bisera ingresa, ou, ás veces unha boina bilbaina.
O home c'un vestido vello e gorra de calquera das castes devanditas, ou chapeu tan vello com'o vestido.
Os outros homes.
A rapaza en pelo, de cabelo curto, loiro, brazos ao len, vestido sen mangas, curto, de saya lisa, de saya plisada, de saya con volantes, pernas ao ar, calcetís baixiños refucidos, e na man a mappe, collida pol-a anga, ou unha mala pequerrecha, da coor do coiro escuro, ou craro, ou azul, ou bermello, ou doutra coor, que camiña apresa, abalando os brazos, con marcha militar.
A rapaza do mesmo feitío qu'o specimen anterior, somentes que con boina bilbaina escura, ou branca, ou azul, ou rosa, ou verde, ou bermella, ou laranja, ou marela, ou feita de calceta en calquera d'esas coores, e posta d'esguello e pra trás.
A rapaza, de calquera dos dous tipos, mais que leva anteollos de cuncha (celuloide ou pasta) ou montados ao ar, e coa mappe debaixo do brazo.
Das rapazas sen mappe nen maletin, que non son moitas, hainas do mesmo tipo qu'as citadas, e hainas que levan chapeu. O chapeu, ou é pequeno acampanado, ou é unha gran pamela de tecido sutil. Moitas d'elas levan unha pelerina caindo por atrás que
NÓS
fai parte do vestido e que non lles fai gracia ningunha. As que non levan pelerina, levan todas un laziño estreito da mesma tela do vestido, c'unhas caidas longas por atrás, prendido n-un hombreiro, ou no meio do espaldar. Hainas mais refiñadas que levan á un tempo pelerina e laciño. Esta caste d'adubios débenlle cair tan en gracia ás berlinesas, qu'aposto calquera cousa que non hai unha que non teña pol-o menos un vestido co-istes aditamentos.
Outra sorte de vestidos d'estesa usanza son ises vestidos de tecido trasparente, estampado con imensas froles en fondo negro, e con moitos pingos e picos no fondo da saya longa, e que levan c'unba gran pamela que vai avalando ao andar. É o vestido que se puña Fran Tornegg pra ir ao Zoo ouvir á Kappelle wenderbar.
A rapaza elegante, con vestido xastre e chapeu, qu'a noite leva unha pelica arredor dos hombreiros.
A rapaza elegante vestida d'outro geito.
Ora: que son estas rapazas que van pol-a rúa? Señoritas? Artesanas? Obreiras? Empre-
Berlinesa
gadas? Estudantas? Criadas de servir? Beatas? Mulleres da vida? Ricas? Probes?
O que é maravilloso son as vellas. Vellas tan vellas coma estas, nonas hai no mundo, Vellas tan fachosas, non hay quen as atope. Vellas tan feas non hai quen as conciba.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ea/eaa5/eaa5549d-0801-4967-8be2-fb858fe97f2c/115713410.xml
28
mèsmo as olla. E non tarda en embreñar-se n-elas aló en Calvos de Randín, en Orense, lògo en Trasalba, para vir despois, fai seis ou sete anos, tomar posesión do mesmo corazón da montaña, no norte de Lugo, nunha parroquia outa e clara, con un nome sinxelo e piadoso de letanía: Santa María Madanèla da Graña de Vilarente, —da que tamén se acaba de marchar, creio que non para encontrar o seu desposorio lírico co as cumes, aos vizosos vales de Chavín.
Todo isto foi, ô meu ver, o que encaroú a lírica de Norièga pol-os atallos beireados de xéstas e toxos das cumes de Mondoñedo, non pol-os carreiros isolados e lontanos da outa meseta de Lugo. O espírito do poeta, encerrado no mesquinho horizonte en que o acabamos de situar, tiña que escoller ese camiño para dar saída ás ansias de orixinalidade que non podía menos de sentir. Mais para a efectividade de esta tentativa, que vemos realizada na verdade montañesa dos seus poemas —perfeito enmarcaménto da sua lírica no esceario das cumes labrégas— temos que ter en conta outros dous factores substanciales: as preferencias do seu espírito pol-a sinxéleza i-a humildade das cousas— eixe esencial da sua poesía— i-a educación clásica que recibiu no Seminario e refinóu aquelas preferencias naturaes que, pol-o seu lado, a facían a ela algo vivo, non valeira zaramallada retórica.
De aquí é doado comprender que, pouco a pouco iría criando o poeta —que sabería de còr a òda «Beatus ille...»— un marcado gusto pol-as cousas sinxélas e rudas que o fino espírito levou a buscar nas nósas aldeas de costumes primitivas i antergas.
Non vamos a esculcar mais na vida do poeta. Quizaves nos fose perxudicial. O poeta é a sua òbra. E se a sua òbra non é o poeta, non será rèn.
Conocida é, por outra parre, a época en que él saliu pol-os rueiros da nosa poesía, para que teñamos necesidade de falar de Rosalía, de Alfredo Losada, de Valentín Lamas Carvajal. Non se precisa. A òbra de Norièga no que tén de máis nidio, hai que compensal-a en sí, fóra de toda relación—literaria sóbor todo—en canto a sua substanza emotiva.
Por iso, frente a ela, sin levar no espírito fondos de leituras eistrañas, é como debémos conquerir a base lírica da sua poesía, i-a función que n-ela desempeña o ermo.
O ermo pode pensar-se en dúas direicións: en profundidade i-en outura. De ahí que poidamos facernos dous conceptos do ermo: un cosmoxenio i-o outro metafísico.
O primeiro daría lugar a unha poesía de orixes como a de Hesiodo, a de Lucrecio, a de Pondal e Teixeira de Pascoaes. O ermo, entón, poboa-se de mitos, que lle dan un vivir oscuro, remoto i-olimpico. Unha ternura infinda amoléce o corazón, queimado de pasiós dos penedos erosivos, i-un remòrso de pecado orixinal arrastra os cantos rodados por todos os vieiros: Nas erosións seculares das montañas graníticas, aparece—daquela—a historia épica do xénesis, a noite primitiva. Todo un mundo de soños paira sóbor das augas do segundo día xenésico, e baila nos trémolos de órgao do vento.
O concepto metafísico, en tròques, dá lugar a poesía ascética do ensimismamento e do silèncio interior. O ermo, n-este caso, é a anxelización do home, no sènso dos gnósticos. O asceta, secando as fontes dos òlios e da carne, adequire a verdadeira gnosis. Redime a lús da sua i-alma pol os tres sellos—oris, manus e sinus—de que nos fala o «Ertenki Mani». Poemas ascéticos nidios, neste sènso, deberon ser os de Bardesanes e Harmonio, os dos Euchitas e Mesalianos de Panfilia e Licaónica. N-un grao menor, son tamén, ás veces, poetas do Ermo San Atanasio, o Nazianceno, Tertuliano e San Xeròmo.
Esta poesía xunta ó estoicismo de Zenon de Citium—cerebralista—a misticidade de Kapila e Patandjali—sentimentalistas.
É a flor máis nidia do gnosticismo, que, como sabemos, no que tén de máis caraiterístico, era unha mistura de parsismo e filonismo. Os mesmos neoplatónicos sentiron no século III o ulido d'esta flor, que, contra o que á miúdo se pensa, tén menos de cristián que de búdica ou brahamínica.
Agora ben. ¿Cal d'estes dous conceptos
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ea/eaa5/eaa5549d-0801-4967-8be2-fb858fe97f2c/11571343.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
Ano XV ★ Ourense 15 de Febreiro do 1933 ★ Núm. 110
F I E S T R A
A RAIMUNDO AGUIAR.
Alumna desprendida do ar a mais outura.
Meridiana en sorrisas de seis córes.
Tempo. Inicial. Paisaxe ao descoberto
De senos limpos i-ágoa casi aérea.
Torre en arista pura i-arco enteiro.
Soedade en portas de temporal en risa.
Ollo. Final. Semente voandeira.
De tempo a tempo carriola despexada.
Nivel de mar e fondo diamante.
Sol e soma. Canzón. Luas dormidas
prado e solaz de pastos en brancura.
ÁLVARO CUNQUEIRO.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ea/eaa5/eaa5549d-0801-4967-8be2-fb858fe97f2c/11571348.xml
NORIEGA VARELA, POETA DA MONTAÑA
CONFERENCIA PRONUNCIADA NO «CENTRO O. DE CULTURA» DO FERROL
Por AQUILINO IGLESIA ALVARIÑO
SEÑORES:
«Cantor do Ermo» e «Poeta da Montaña» son os nomes que se lle vèñen dando, e serven de presupposto pra o xuicio da sua obra. Eu, fillo da montaña máis esgrevia da Galiza, que levo na miña i-alma —escondida— a ascesis angustiosa d'estes alongados e severos horizontes de sérras nevadas, creio-me na obrigación de examinar o contido d'estas vérbas con qué a Noriega Varèla, sin que se teña profundizado gran cousa na sua obra, se vén calificando.
De aquí arranca a traieutória que iréi curvando en toda a conferencia. Polo tanto, non esperedes que me pare a sopesar a lirica de Noriega, a facer apoloxías, a comparar valores, a buscar escolas. É iso unha laboura que creo noxenta n-unha conferencia: tratrando-se sóbor todo d'un poeta que, como Noriega, paseia con xustiza e dinidade o seu nome polo mundo.
Eu só pretendo internar-me na obra de Noriega para buscar a sua fonte emotiva máis profunda, que, á forza de tópicos, fomos tapando, día tras día, tomando como base lírica da sua obra, o atavío ambiental en que se desenrola.
Para mín a lírica de Noriega tén máis de sentimental que de xeórxica, na sua direitriz íntima. O ermo dos seus versos —onde hai sempre un espiño, un sabugueiro, un piñeiro isolado; urces, toxos e xéstas en flor, tan amigas do poeta— para mín non tén razón de suxeto —obxecto cantado— sinón de es-
Falar dun poeta eleva sempre os espíritos, inda os máis faltos de sensibilidade. Un poeta é sempre un home senlleiro que por falta de comprensión — incultura, espírito estopénto da xente— acostumamos a prexuzgar un excéntrico. Mais as excentricidades dos poetas, chegan a prender as almas, e, no decorrer dos anos, convírtense en leises vivas dos pobos.
Por iso, ao ser invitado a dar esta conferencia, me pareceu acertado facer unha deambulación lírica pol-os carreiros das posesións emotivas dun dos mellores poetas da nósa terra: António Noriega Varèla, autor de «Montañesas» e «D'o Ermo».
Ao escoller como asunto das miñas vérbas a obra deste grande poeta galego —ó través da cual sentimos toda a complexidade do problema da Terra,— e vemos con claridade os roteiros sentimentais das aréolas da Raza anóamos esta conferencia ás que lle precederon polo-o que se refire ao seu siñificado i á sua entraña ideal, sin facer por iso de Noriega un poeta político, nin siquera un poeta nazzista, polo estilo de Pondal e Cabanillas.
Noriega Varèla é un poeta nidiaménte lírico, que cantou a sinxeleza do nóso vivir aldeán, i-a humildade das floriñas da urce e da braña montesía, de onde lle vén o seu nome de «poeta da montaña».
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ea/eaa5/eaa5549d-0801-4967-8be2-fb858fe97f2c/115713417.xml
NOS.
Os chapeus das vellas son de feitíos variadísemos e inconcebíveis. Hainos que semellan chisteiras, hainos que semellan os chacós dos schupos, hainos que semellan birretes doutorais, hainos que semellan cestos de froles, hai capotas, navios, tiaras persas, turbantes, tricornios, diademas, gorros de mandarín chino, ou do tempo de Carlos IX de Francia, monteiras, calañeses, todo o habido e por haber.
As manteletas das vellas son da máis prodigiosa e barroca fantasía, adornadas con plisados, con flecos, con encaixes, con volantes, con pasamaneirías, con apricações, con calados, con lazadas, con caídas ou con todo á un tempo.
Os vestidos das vellas son un curso completo d'historia do traxe, no século XIX.
As vellas ostentan moi foucas e poseídas do rol a suntuosidade dos seus farrapos históricos. Resequidas, encurtidas, alcanforadas, andan por ant'a gente coma se tal cousa, sen pasmárense de nada, sen faceren de nada espavento. Elas siguen co-a sua. O que pensarán d'esto todo pra contra sí, calquera o sabe; mais elas así á vista, semellan adaptadas.
Hai vellas que levan bastón, o qual dalles unha respeitosidade especial. Hainas que se sentan no café e fuman com'as mozas. Hainas que leen os xornais co intrés angurioso de s'agarraren á vida que se lles vai.
E cand'esa xeración acabe, quen vai levar ises chapeus e esas manteletas?
CADELOS
Dín que Berlín, ten 4.500.000 habitantes; outros din que son 5.000.000. Refírense ás persoas. Dos cás, é ben seguro que a estadística ha estar publicada n'algures; os alemás non poden vivir sen saberen estas cousas. A mín non me gusta sabelas, e polo tanto, non precurei o censo dos cás. Así, ao bulto, coido que hai aínda máis que persoas.
En case todal-as casas ond'entrei, vín cadelos. Ouvín falar de varios casos de mordedelas. Pasando por diante de moitas fincas e hoteis, vín escrito nas cancelas: «Vorsicht! Biessende Hunde!»: Atención! cás que morden!. Un serán, andábamos o Canedo, o Artís e máis eu paseando n'unha barca polo Lietzensee; dando voltas e máis voltas, n'unha d'elas, fumos tocar no fondo d'un lameiro d'una finca particular, ou cousa así. Súpetamente, xúrden non sei d'onde dous cás feroces que se botan berrando cara nós, tan asañados, qu'eu já os vín dentro da barca. Pegamos nos remos, e dando co-iles na terra, puxamol-a barca pra o meio do lago, e librámonos por un tris. Cos cás de Berlín non hai bromas.
Craro qu'están sujeitos á minuciosa regramentación. En case todol-os parques hai letreiros que din: «Hunde an der Leine zu führen»: levar os cás co-a cadea. Mais os alemáns, tan observadores dos preceitos emanados da autoridade, obedecerán n-outras cousas, qu'o qu'é n-esta, coma poidan fan que non saben. N-algures, o letreiriño era máis termiñante:
«Hunde sind an der Leine zu führen» (§ 80 Ziffer 7 der Polizeiverordnung vom
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ea/eaa5/eaa5549d-0801-4967-8be2-fb858fe97f2c/115713412.xml
30
deita a dormir o poeta a sua montanha labrega e campesia.
* * *
Este é o resume da obra viva de Norièga, que caracteriza i-enmarca a sua figura no que tén de mais fino.
Postos n-esta outura media de onde vemos, por un lado, o desenrolo da sensibilidade lírica do poeta, e, por outro, a realización da sua obra, será-nos doado fixar a posición da Montaña nos versos de Norièga, dados os conceptos eremíticos eispostos.
Dende aquí podemos ver que a obra de Norièga está enmarcada na cume labréga, viva, toda sênsos, non no ermo isolado e silencioso que aman os eremitas porque o seu pensamento repousa fóra do mundo, e queren mantel-o en quietude, lonxe das festiñas mimosas da Natureza.
Ningún dos conceptos que do ermo nos formamos é o que percorremos pol-os vieiros dos seus versos, perfumados de flores mareliñas dos toxales, onde as arañas tècen as suas redes para cazar estrelas de orballo onde baila o sol noviño de S. Xuán.
A montaña de Norièga —aparte que non é cantada en razón de sí, senón en razón d'un algo humilde sinxelo e ledo que él atopa nas cousas das cumes labregas de Mondoñedo, como puidera atopal-o nun mencer de sol escentilante nas inmensas pranuras de hérba verde da Hungría, o que, por riba de todo, fai que a sua obra careza desa entraña eremítica que se lle vén atribuíndo —está limitada en outura, en latitude i-en profundidade, o que non résta nada, con todo — xa non fai falla decil-o — o seu mérito de poeta, xa que o seu reino lírico en sí é ilimitado.
Na outa meseta lucense; sóliña, austera, eremítica, non se acán os versos de Norièga. Eu situaría a sua montaña entre Lindín, Cadavedo e Montouto. Por estas parroquias que anainan no seu cólo —brando de brétemas a cidade enfermiña de Mondoñedo, maxino eu o poeta. Sería no mes de San Xoán en Romariz. Por un carreiro escondido por mestas xesteiras en flor, pasaría para as féstas do Patrón, de parrafeio cun fato de carpazonas xarélas. Tampouco faltaría do San Pedro de Armengoso, nin do Santiago do
NÓS
Lindín. Pois xa dixémos que a alegría de Norièga é alegría de rapaz con traxe endomingado e zapatos nóvos, que anda a correr tras das varas dos foguetes.
Esta montaña que ollóu de mozo, foi proíectando na fontenla clara da sua poesía a sombra dos cruceiros dos camiños, dos toxales, das xésteiras en flor; das bidueiras brancas cubertas de neve, que lle lembran o avatar das hiades fuxitivas da mitoloxía clásica.
Mais esta concepción de Montaña, cheia de vida, rechoucheante de niños e seivas novas, onde a roseira de Ovidio e de Catulo abre as suas rósas, roxas i-apaixioadas, coa inxénua naturalidade que pedía o desterrado do Ponto Euxino, está moi lonxe do concepto de montaña fragosa, de vida profunda e interior, con erosións seculares na sua pele, como versos ciclópeos das edades remótas do caos orixinario. I-está moi lonxe do ermo isolado do eremita, que él lembra, con todo, algunhas veces —xa dixémos que o seu ermo era saudade de ermo — e que só atravesa un córvo milagreiro, con un pan no pico para o estilita anxelizado.
O ermo dos anacoretas, dentro e fora do Cristianismo, —suma simplicidade de formas, silencio, soledade, horizontes infinitos— é unha saudade de eternidade. A montaña de Norièga —sinxeleza de formas, sombras pequeniñas rubindo por carreiriños outos, costentos de perfeición— é unha saudade de ermo.
O ermo preséntase-nos como unha plenitude total, ou, mellor aínda, como unha totalidade plena. Os versos de Norièga, en tróques, non lógran nunca dar-nos iste senso de totalidade de montaña. Porque non pode ser, dado o segundo lugar que na escada das categorías líricas do poeta ocupa a Montaña, como agora veremos.
Pois do análisis espectral que dos seus poemas fixémos, aparece claramente que a categoría substancial —resorte lírico— da sua obra é a humildade sinxela e lêda, non a Montaña en sí. Él canta, como di nun poema,
«o que é pequerrechichiño
miña xoyal,
e non ten pai nin padriño
nin alma que d'el se doya.»
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ea/eaa5/eaa5549d-0801-4967-8be2-fb858fe97f2c/115713421.xml
NÓS
Carro e Sebastián González, desiñados pra tal efecto pol-o Seminario.
«1.º Esta xeira docente desenrolaráse do 1 ó 30 de Agosto de 1933 no Colexio «Labor» de Vigo. Comporáse de tres estadas: na primeira —do 1 ó 10— expricaráse Historia e Xeografía de Galicia; na segunda —do 10 ó 20— Lingua e Literatura galegas; na terceira —do 20 ó 30— Arqueoloxía e Arte asimesmo galegos.»
«2.º En cada estada ditaránse dúas leicións pol-a mañán: de 10 á 11 e de 12 a 1; e dúas na serán: de 4 a 5 e de 6 a 7. Con caraiter voluntario realizaráse unha excursión ó Castelo de Monterreal, excavación do Írega e Tui, excursión que se terá de repetir en cada unha das tres estadas.»
«3.º Pra esta xeira ademitense asistentes internos e libres. Os internos, que se domici-
liarán no propio Colexio «Labor», pagarán comprendida matrícula e mantenza, 60 pesetas por cada estada. Os externos, 10 por cada estada. O externo que se matricule nas tres estadas satisfará 25 pesetas pol-as 120 leicións.»
«4.º Os dereitos satisfaránse ó se inscribir na matrícula. Esta ten de se solicitar do Consello de «Ultreya» (Manuel Quiroga 24. Pontevedra), direitamenté ou por meio das delegacións de «Ultreya».»
«5.º O número de inscricións é limitado: 20 lugares pra internos e 100 pra externos. En todo caso terán dereito preferente na inscrición os «Ultreyas» e os socios do Seminario de Estudos Galegos.»
«6.º Ficou nomeado Segredario Xeral do curso, Xurxo Lorenzo, do Seminario de Estudos Galegos.»
PUBRICACIÓNS RECIBIDAS
DESCOBRIMENTO Lisboa, números do veráo e do outono de 1932, preséntanos catro traballos en homenage a Goethe. O Sr. Antonio Sergio (Guilhermo Neister, Cándido e Gonçalo Mendes Ramires) fai unha comparanza antr'os héroes de Goethe, de Voltaire e d'Eça de Queiroz, decidindose, coma tiña qu'acontecer, dada a ideoloxía do A., pol-o de Voltaire. Pra Antonio Sergio, o Wilhelm Meister non é un libro contra a poesía, coma dixera Novalis, nin xiquera contra todo o Romantismo integrándoo n-un ideal mais amplo, e pol-o tanto, clásico. Coma moitos outros, Antonio Sergio trabuca Sturm und Drang con Romantismo propiamente dito; e ainda o seu concepto do clásico é contraditorio: por unha banda, clasicismo é unha harmonía mais alta e mais ampla; pol a outra é ainda o grego. A mirage helénica persiste n-il. Nais no seu concepto, o clasicismo goethiano resulta estreito, por non ser revolucionario, por ter sido Goethe un «burgués conservador». E quer ainda ver unha relación antr'a prudencia conservadora de Goethe, e a sua antipatía á matemática de Newton. D'eiquí'a superioridade do Cándido de Voltaire encol do Guillerme Meister de Goethe e mais do Gonçalo Mendes Ramires d'Eça de Queiroz: o que Cándido remata no «idealismo social», e os outros dous non surten d'un individualismo egoista.
Despoixas d'iste artigo, no que vence o preconceito político, ven outro de Philéas Lebesgue: A metafísica do «Fausto» e a crise moral do nosso tempo. O gran escritor francés persegue n-il os rastros das verdades
últimas da Cencia Oculta nas dúas partes do Faust. Sabido é o apaixoamento con que Goethe s'adicou ao estudo das vedadas cencias, d'onde se cadra tirou moitas sugestiós pr'as suas teorías centifecas, que fican sendo, digan o que queiran, a parte mais valiosa da obra goethiana. Goethe coma oculista foi estudado especialmente por R. Steiner, que d'il tirou moitas ideas direitrices, por Max Seiling, etc. Ph. Lebesgue considera que foi desnorteado pol-o seu descoñecimento da tradición céltiga, pol-o soño germánico e mais pol-a filosofía de base orientalista do seu tempo. A política, seu dúbida, iñora moitas cousas; o ocultismo pódese trabucar d'un xeito fatal —por iso iso é a mais perigosa das cencias— mais así e todo, sabe que non hai outra redención pra o home qu'a Redención pol-o Amor, co qual, Deus, a quen a política tantas veces vira as costas, áchase de cote á vista. Vese ben que Ph. Lebesgue que sabe estas cousas, embora nonas diga craro. Asegún il, o trabucamento de Goethe levou Fausto ao «pensamento dos inventores e sociólogos do século XIX. Esse sonho — dí— fomentou o mecanismo infernal que ameaça fazer desta terra unha prisión de forados»... «Fausto é ben o Homem moderno, que se iludiu sóbre o seu verdadeiro poder e que, sem ter em conta os ensinamentos da Tradición, quis viver pola Acción a experiencia máis perigosa que foi jámais tentada sobre a terra. Embriagado polos primeiros éxitos, julgou-se predestinado, sempre pela virtude da Acción, a ser um deus. E vacila á beira do Abismo». Ph. Lebesgue é quen di o certo.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ea/eaa5/eaa5549d-0801-4967-8be2-fb858fe97f2c/11571344.xml
VIDAS NOITE
MONROY
Por ALVARO DE LAS CASAS
BRINCA a rapazallada na derradeira pándega do antroido; agasállase a mocedade á tecer seus namoros co rechouchio dos primeiros xilgaros. Serán equinoicial con cheiro de campias aínda húmidas de orballos e xa ferventes de quenturas; serán festeira na que os vellos, envoltos en catro farrapos, escorrentan a friaxe dos hosos aos arrempuxóns.
Nos balcóns do Círculo de Recreación, aínda no número vintecinco da Corredoira, botan longas parrafadas os vellotes, inquedos de emocións serodias, namentras as donas se enfestan pra o baile remexendo nos arcóns labrados a búsqueda dos derradeiros traxes de corte e ceremonia. Noia rebule, helénica e petrucial, no solpor esvaído que fai tremelucir as ondas entr-os piñeiraes verdecentes da Barquiña.
Pairan os morcegos en volta da torre granítica de San Martiño, e baten Anxelus os sinos labregos do Obre. No mosteiro de San Francisco o frade velliño recén chegado de Herbón, ensaia no órgano o Miserere que lle mandou de Florencia o Pdre. Reinomi di Vanto pra as tebras da Paixón, e por tras das portas ben pechadas da capela das Trinitarias as freiras pregan a Deus, en salmos e salaios, por que nas outuras sexan ouvidas as recomendacións apostólicas de Pío IX.
Unha hora... dúas... As mociñas punteian na sala do Círculo pavanas e polkas, gaivotas e rigodóns, no beixa-man fidalgo dos rapaces, os máis deles vidos oito días denan-
tes das aulas compostelás de Varela Montes, Andrey, Teixeiro e Sánchez Freire. Todas son coñecidas, unhas pol-a sua fermosura e as outras por aquela liña inconfundible que só dan os antergos pazos da ría, orgulosos de brasóns e solainas. Eiqui está Amadora Medina axeitada de damiña francesa, tal cual aquelas que se viran nos meigos deseños de Wateau, e Adeliña Riva enloitada com-unha condesiña de Felipe IV, e a sua irmá Xuliña, branca e saudosa como a Ofelia de Hamlet, e tantas máis, a maor parte delas á locir brilantes traxes da Terra, feitos pol-as tecedeiras do Ulla, i-entr-elas velahí unha forasteira de Porto do Son, forte e guerreira, embonetada d-astrakan i-envolta en capa branca coma a valente polaca Postowjtoff, pol-a independencia da sua patria encadeada no castelo de Jetomir. Que noite, amigos! Eberilda Medina embelica á xente á cantar o rondó da Somnámbula posto na moda pol-a Patti, a rival temíbre de Jenny Luid según os boletís, i-Elvira de Andrés Moreno, manseniño, dí aqueles versos de Ventura Ruíz Aguilera, lidos no «Museo Universal» de vintesete de setembro de 1863.
En la fuente de agua dulce que hay al pié de la montaña, cayó una lágrima mia...... la fuente se ha vuelto amarga.
e ainda oxe as tradicións fal: n da sua voz inimitabre, doce e dramática, com-a d-aque-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ea/eaa5/eaa5549d-0801-4967-8be2-fb858fe97f2c/115713418.xml
36
15-1-29. Magistrat Berlin Bezirksamt Zehlendorf». (Os cás han ser levados pol-a cadea. Párrafo 80 núm. 7 da Ordeanza de policía de 15 de Xaneiro do 29. O Magistrado de Berlín da oficiña do barrio de Zehlendorf).
Nin por esas. Os berlineses, cando nonos ven, ceiban os cás e fanse os distraídos.
Contáronme á mín que unha vez fixéron un inquérito nos estudantes estrangeiros á ver qu'era o que pensaban d'Alemaña. Un estudante indio respondéu: É un país en que se lle quer moito aos animais e pouco ás persoas». Isto esprica o qu'acontez cos cadelos. Mímamos, acaléntanos, aloumínanos, trátanos a corpo de rei.
Hai en Berlín unha hora característica, que é a hora d'antre lusco e fusco. É a hora de sacaren os cás á mexar. Todal-as rúas, principalmente aquelas máis despexadas, ond'hai xardíns ou parque, onde pasan menos autos, que son máis tranquilas, énchense de cás acompañados pol-os seus donos, ou pol-os fillos dos seus donos, ou pol-as criadas dos seus donos. Uns van ceibes, outros lévanos an der Leine; mais outros moitos, sobre todo cando son pequerrechos, lévanos no colo. Non se verá un home c'un neno no colo, mais c'un 'cadelinho si que se vé. Ao millor pasa un señor moi serio e respeitoso, ás veces vai falando c'un amigo, e leva o seu canciño no colo moi collido. Se cadra leva dediante nenos pequenos que van pol-o seu pé; a quen leva nos brazos é ao cán.
Os que resultan máis paveros co cadeliño no colo, son os señores que teñen cara de mal genio, ou de malas pulgas, ou de poucos amigos, e que son abondosos en Berlín. É qu'os homes máis tremendos teñen ao millor por adentro un corazón de manteiga.
E se cadra, aló dend'a J. J. Rousseau Insel do Tiergarten, venlles unha beinzón invisíbel.
CARROS
Pol-as rúas de Berlín anda moito carro puxado por cabalos enormes de patas gordas, case sempre pedreses, cabalos de tiro pesado da Mitteleuropa, qu'outrora se cadra levaron no lombo aos paladís cobertos de ferro.
O carro clásico componse d'una armación de grosas trabes e pontós que descansa nos grosos e pesados jogos das rodas, e no que, con ladrairos de quitar e poñer feitos d'espesas taboas, arman un caixón de cú apretado, querse dicir, estreito abaixo e abrindo cara enriba, no feitío d'una artesa d'amasar, anque máis eisagerado, feitío característico non somentes dos carros, senón dos caixóns dos cestos e d'outras moitas cousas. As veces, os pontós dos lados que fan d'estadullos onde apoian os ladrairos, van asegurados c'uns esteos que van do cabo superior ao cubo da roda.
Os cameós teñen o feitío dos carros medievais de catro rodas: levan por enriba un armadillo pra botar un toldo, que é singelamente unha peza grande de tecido, ou levan un pé por adiante e outro por trás, ajuntados por unha barra horizontal riba da que botan a tea facendo com'una tenda de campaña.
Hai outros enormes e todos pechados que semellan unha casa andando.
Hai carros de man, especialmente nas estacións, que son unhas angarelas longas de pau e ferro, montadas n-un par de rodas.
Hai logo toda caste d'automóveis, autobuses d'un e dous andares, carros eléctricos,
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ea/eaa5/eaa5549d-0801-4967-8be2-fb858fe97f2c/11571347.xml
NÓS
Varela e Abraldes, sobr-o que hase pór unha lousa co-estas liñas.
«Aquí yace el señor Marqués»
e máis nada.
Xa alumiando o sol por riba dos outeiros de Cruido, o abade pónse á escreber no seu libro de defuntos a partida, consiñando que o enterro se fixo «no con tal ostentación de marqués, sino con la humildad del pobre, de cuya clase se componía el mayor número de acompañamiento». Papa un chocolatiño, e comenza á rebulir pr-os oficios aos qu-han vir corenta cregos da bisbarra.
O marqués era fillo de D. Vicente Carlos de Varela e Caamaño e de Dona María das Dores Abraldes e Castelo. Morreu aos cincoenta e tres anos.
V
Pol-a rúa dos Loureiros enriba, en procura do mosteiro do Carmo, vai a marquesa de Monroy soiña, en súprica das vestes monxi-les. Chove á máis non chover e a cidade semella envoltarse en néboas, nun neboeiro atránteco doce e melancónico. Pasan co-as suas banastas e gueipos as mulleriñas de
Sar despois de mercar o peixe aos sardiñeiros de Esteiro e de Portosín. É ainda cediño, e os sinos das vellas abadías chaman á misa dend-as torres de San Paio, Santa Crara, Belvis... Cabalgan nas suas bestas, xa de volta, as regateiras das aldeias veciñas, e pol-os arredores da Universidá troulean os estudantes á palicar co-as criadiñas que veñen do Campo da Leña.
Entrábrese o portelo do Carme, e rosma a porteira, famenta, desfarrapada e homildosa com-o povero de Asís:
—Quén é?
—Penso que xa estarán na miña espera.
—Logo vosamercé é a seora Marquesa...?
—Non, miña irmá; son María do Carme Mariño, sin máis alcuñas.
E a linda marquesiña noiesa, fica pechada pra sempre entr-as húmidas muradelas do mosteiro máis probe de Sant-Iago.
***
Esta é a exemprar histórea que me dixeron e que eu repítovos oxe co-a fonda emozón de quen vos conta unha antiga lenda de cabaleiros e de santos d-eses qu-andan nos pergameos do mundo todo e nas irexas de todo o mundo.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ea/eaa5/eaa5549d-0801-4967-8be2-fb858fe97f2c/115713419.xml
NÓS
e carriños que’son un caixón montado n-un tríciclo.
TENDAS
Hai rúas sen tendas (Emserstrasse, Pommerschensteasse); mais n-outras, en cada casa unha tenda, ou tres ou cátro, ou máis. Letreiros en pedra, mármore, madeira, cristal, louza, azulejos, metais, predomiñando os en branco ou dourado ou coor en fondo negro, en latino, en gótico, en cursivo alemán, en cursivo latino, en latino moderno de tipo alemán, en rabínico, etc.
Indo da miña casa pra casa do Tobío e o Canedo, (Kurfürstendamm, Brandenburgischerstrasse, Hohenzollerndamm, Gieselerstrasse) atopo, por eixempro:
Saisons Ausverkauf; Zahnartz; Keramisches Laboratorium; Rechtsanwalt; Bardinet Konditorei; Colonial Waren, Feine Fleischwaren, Bols, Liköre, Delikatessen; Sarotti Schokolade; Buchhandlung-Leihbibliothek; Drogerie-Parfümerie; Dresdner Bank; Palm Zigarren; Cryso Perlen; Pension; Tea room (Tee Raum); Generalvertretung Kinematographic Schatzow; Farbenindustrie Aktiengesellschaft: Adan, Das Spanische Oliven Oel; Detektiv Siebert; Pelzmoden; Umzüge Intern Speditions-Bureau; Die Sturm; Restaurant zum Tucher, Tucher Bier, Nürnberg; Bavaria Bräu Stübl; Boeckl-Handschuhe; Wuczik Schokoladen; Hanarilla Zigarren; Blumen Paatsch; Uhren, Goldwaren; Hohensonne Damen Friseur, Wagenführer; Karlsbader Fein Bäckerei; Conditorei Café; Der Herren Salon (Rasieren); Cigarren; Schultheiss Patzenhofer; Schumacherei; Installationsgesellschaft; Weiss und Wollwaren; Schnell Abschmier Dienst; Leder und Pelz; Wild, Fische, Geflügel; Gross Wäscherei, Fein Plätterei; Meierei; Installations Büro; Milch, Sahne; Obst und Südfruchte Handlung; Eier, Butter, Käse - Gebrüder Groh; Wäscherei; Kleider, Kostüme, Mäntel; Spezielle Seifen; Schokoladen, Pralinen, Kakao; Färbeu, Reinigen, Reparaturen; Wiener Boheme Verlag; Räucherwaren; Verbandstoffe, Seifen, Drogerei; Eis, Konditorei; Schumacherei Reparatur Werkstatt Wäsche nach Gewicht; Gas Wasser und Elektrische Anlagen; Eisenwaren Hans und Küchengeräte; Balletschule; Tesma Cigaretten; Bier Quelle; Blumen; Elegante Damen und Herrenmoden nach Mass; Garantiert reine Natur-Butter; Installations für Gas, Wasser, Heizung Anlage; Dr. Heim, Arzt für innere und Kinderkrankheiten; Kaffee Import Gross Rösterei; etc.
(Continuaráse)
OS HOMES, OS FEITOS, AS VERBAS
VIDA UNIVERSITARIA
CURSINO DE LITERATURA GALEGA pol-o profesor Filgueira Valverde.
Organizado pol-o «Instituto de Estudios Regionales» que ten vida dentro da Universidade, celebróuse no mes pasado, n-unha aula da Facultade de Letras, un cursiño de quince leicións encol de Literatura da nosa terra á cargo do profesor Filgueira Valverde. Baixo os amplos títulos de: «Lírica Medieval», «Prosa medieval galega», «A decadencia» e «O Rexurdimento», estudou o distinto autor de «Os nenos», con grande acopio de erudición i-en forma maxistral e amena, dende o lirismo galego primitivo, pasando pol-os cancioeiros e as distintas vicisitudes das letras galegas, deica á literatura dos nosos días. Analizou e fixo críticas novas e orixinais respecto das principais figuras literarias galegas, siñalando a súa influencia no rexurdimento actual.
As conferencias, que se viron amenizadas por unha grande cantidade de público de todas as crases sociais, anxiosas e preocupadas pol-as cousas nosas, foron un novo éxito no presente decorrer pol-os propios vieiros do primeiro Centro de Cultura da nosa terra.
CONFERENCIAS de Sergio de Sousa
O ilustre ensaísta luso atópase dende o mes de Xaneiro na nosa Universidade, invitado pol-a Facultade de Letras, pra dar un ciclo de disertacións encol da Literatura do seu país. O profesor Sousa, unha das per-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ea/eaa5/eaa5549d-0801-4967-8be2-fb858fe97f2c/11571345.xml
NÓS
la Carolina Santoni qu-estremecera aos púbricos da Europa co-a Francesca de Rimini, e conmovera á hespañola fidalguía cortesá á María Giovanna.
Noite de 14 de febreiro de mil oitocentos sesenta e seis. Louca ledicia que estoira no ar, com-un fogo veñecián, e prende nos peitos valdeiros de mágoas, e fai trenguelear as olladas n-un bruxo cizagueo pagán.
Entra na sala un fato de rapaces vestidos de Anamitas á semellanza dos embaixadores chineses que faguía pouco comprimentaran á raiña Sabel, da man do primeiro ministro marqués de Miraflores. Olla que veñen doirados coma meiodías! As nais serán satisfeitas de ollalos esí e as noivas fan roda pra velos millor. Entran calados, silenzosos, tristeiros. Un adiántase, incerto de fala e d-andar, e tatexa:
— Na sala de xogo, morreu n-este intre o marqués de Monroy.
E arrepiadas, as mulleres tremen coma vorvoretas á se queimar na lus d-unha lámpada.
II
Noite de Antroido de 1866. Despois da cea o seor marqués chega ao Círculo á xogar meio cento de onzas, sin importar da danza nin da festa. O seor marqués ven todal-as noites do ano á locir os ouros que lle mandan os renteiros das suas imensas dehesas extremeñas. Cando lle dá mal o naipe, perde de risoño e aristocrático, com un bó xentilhome da corte sensibre e románteca de Manon Lescaut. Cando lle alumía a sorte, estoupa á rir com-un satisfeito vinculeiro montanés de lameiros e searas á ermo, e, chiscándolle o ollo ao veciño, dí:
— Os meus vellos están de boas.
Cando gañaba gardaba os cartos e, denantes de se deitar, ía ele mesmo á dar o tesouro pol-as portas dos coitados oindo com-as mullerciñas dos mariñeiros, famentas pol-a ruin colleita das dornas, salaiaban ao velo:
— Deus o traia con ben!
E ao seor marqués parecíalle qu-aquelas bendiciós resoaban na ría adiante, levadas nos foques dos bergantís, qu-en tal hora loitaban na marusía enfiando a volta de Montelouro.
23
Esta noite o seor marqués está de boas; xoga con moita sorte. D. Pedro de A. Curiel non acouga á comentar:
— Oxe os probes de Noia teñen gañados trinta mil reás.
E o marqués, que cando perdía perdía do seu e cando gañaba dáballo aos probes, esmigalla aos compañeiros de partida dando sempre na carta certa. Un xogador, xa valdeiro, érguese e vai á dar unha voltiña na sala; outro suprica que lle empresten catrocentos reás. Séntanse outros recontando os seus aforros, na sospeita de que han ficar eiquí: o marqués esta noite gaña sempre. Leva esborrallado á unha dúcea de banqueiros e vai debullar ao que resta. Mais de súpeto o seor marqués cala, esváiselle a ollada, branquexa, aperta as mans, e fica morto so br-os ouros que han sere mañan a esmola de todal-as xentes de mar. Chega correndo seu bó amigo o médeco D. Blas Agra; escóitalle no peito, pálpalle nas monecas, miralle nos ollos..... Morto!
(Oh tí, meu bó marqués, fidalgo e labrego, estrano de corpo e propio d'a alma! Ainda te estou á ollar, co teu lebreu e tua espingarda, pol-as touzas de San Lois. Véxote ainda tal cual estás no daguerreotipo do pazo, branco com-unha gaivota, na beiramar. Loado sexas tí, pai dos coitados, maorazgo da millor caste de lembranzas. Acouga na tua campa qu-eu teño de ire, romeiro pol-os catro hourizontes, á carpir miña dór pol-a tua morte, con catro mariñeiros á rente, catro vellos mariñeiros de Noia, deses que foron á escorrentar medos ao mar do Gran Sol, e á queimarse nas ondas de Maracaibo, e á desfaguer xelos costeiros na Terranova; teño de ire con catro mariñeiros noieses que en todal-as augas do mundo deixen o teu nome no seu ronsel.)
III
A marquesa, linda com-un caravel, está no seu pazo de Compostela, iñórante de todo. Na serán ten de faguer comprimentos ao Arcebispo, e a doncela pasa o tempo en botar auga de rousas nas rendas e máis en dispofier o polison: hai xuntanza de donas fidalgas, chamadas pol-o metropolitan D. Miguel
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ea/eaa5/eaa5549d-0801-4967-8be2-fb858fe97f2c/115713411.xml
NÓS
encarna a obra de Norièga? Eu creio que non encarna ningún con plenitude. Tén algo do segundo, tendo fóra de ambos o centro de gravedade lírico, profundo e máis sentido.
Para que mellor poidamos darnos conta, botémos unha ollada esquemática ó máis saínte da sua obra, para ver hasta que punto se realizan ou non realizan n-ela os conceptos que enuméramos.
***
Norièga rube a Montaña, como Meser Francisco de Asís rube ao monte Auvèrnia, para falar cos paxariños e coas hérbas, para beber a i-auga nòvina das fontes, que fixo nacer ó pé da sua ermida unha santiña milagreira, patrona de pastores e labrégos.
O Poeta vai á Montaña para valeirar o seu espírito florido encól da braña montesía, para fazer florecer os cardos resequidos, para colmar de óleo os faroliños dos cruceiros, para acender unha estrela en cada espiña. Porque él é a ternura, o franciscanismo que se comprace en mimar a dór dos simples, dos esquecidos, dos débiles. Coma o Poverello, dí que a Pòbreza —a pòbreza de to-dal-as cousas— é «irmansiña da sua sangue», acordando na miña memoria outro poemiña encantador de Jacoponi da Todi.
E isto non é panteísmo, como algún xa dixo. Norièga non ama as cousas por unha razón metafísica de identidade das mesmas i-o seu pensamento, coma un discípulo de Scheling ou Hegel, nin siquera porque as cría animadas dun espírito divino que as identifique, como Xenófanes. Él ama as cousas por aquela razón de concéncia que a todas as fai distintas e boas, humildes, lédas, sinxélas, e pòbresiñas.
A divisa da Galiza, según él, non é o fou ciño céltigo dos druídas, senón unha cruz sinxeliña. Porque a Galiza que él soña, é como él é: «dun natural piadoso, que inda pisar un vérme lle repuna.»
A brétema que envolve tantas veces a meiguice ruda das cousas nos seus versos, é unha céguiña, que sube pouco a pouco, pol-os carreiros beireados de urces e de toxos, que lle arrincan lágrimas de dór. A piedade do poeta léva-o, entón, a traguerlle nas mans unha raiòliña de sol, que faga das suas báguas unha lédicia de xoiería. I-é que o poeta leva no seu corazón a lédicia visionaria dos santos, e quér que todo esteña alègre e ledo por onde pasa. Por iso lle manda á abrula que alègre co a sua risa xocunda i-apasioada a soedade dos longos carreiros das sérras.
As suas ilusións saben dos carreiriños brañegos, entre espiñas orvalladas. Sabe das noites de luar, cando as estrelas se vèñen lavar ás pucharquiñas erosivas dos penedos, e das noites pechás de invérno, en que a xistra degresa as mans dos picariños que vòltan co gado do monte, pra os que pide á Virxe, —que, aló a deshora, está cantando na sua ermida para adormecer o seu Meniño,— a alegría do lume bailando na lareira, a alegría parva e sinxèla das fogueiras de San Xoan.
I é que él é un rapacinho máis. Discurre como un rapaz, e non lle pesa. Un vermiño de luz é pra él unha lédicia íntima máis grande que o achádego d'un diamante.
Mais a Montaña —ao ir-se borrando á tarde de todos istes feitizos pequeniños— sète fondas saudades. Isóla-se. Reconcéntra-se, adecuirindo a grandeza eremítica que praz aos anacoretas. I esto agrima-o como a un meniño. E faille pedir ao sol —cheio de angustia infantil— unha raiòliña, a derradeira, «pra que se rían os montes —e se alégren os penedos.
A sua i-alma de picariño sòfre cando pasan os vèntos, trotando como cabalos de Asia, nos seráns de Marzo, esmagando os ramallinhos novos i-as hérviñas cheias de báguas de rósada, en que nin siquera reparan.
A montaña, como substanza en sí, é algo duro, medoñento, que él non se atreve a pedir nídia, tal como no seu concepto a aprendemos. Tén que ter ó menos urzes, i-un piñeirinho ó menos, que él enfeitará de lua e de néve.
Lua e néve son a obsesión dos nenos. Ver cair devágriño as folèrpas —que son de pra ta— sentir no seu cuarto as pisadas silènzosas da lua, que anda ás apalpadas, tropezando na soma das cousas.
A lua de Norièga mánda-a salir Nosa Señora, para que non se peguen as estrelas cos vagalumes. E nos brazos da lua, por fin,
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ea/eaa5/eaa5549d-0801-4967-8be2-fb858fe97f2c/115713422.xml
Goethe e o drama espiritual da sua época é outro artigo no que o Prof. Hermani Cidade amóstrase novamente coma fino historiador das ideias. Iste comprende outramentres o que é o sturm und Drang, cume espiritual da ansia fáustica, quen Goethe espertóu ao contato con Herder, en Strasburgo; non romantismo ainda, mais preludio romântico —protoforma do romantismo— que H. Cidade caracteriza ideologicamente coma cobiza de compreender o mundo organicamente com'un Gran todo vivente, con certa revolta do germanismo vital contra da ordem árida e amorfa do romanismo. D'iste geito, na obra de Goethe, que vai marcando o seu desenvolvimento espiritual, vai descobrindo a evolução mental da Europa coetânea. Despois da viagem a Itália, vem o tempo de calma apolínea, de tranquilo equilíbrio, que corresponde ao triunfo na Europa da burguesia e do seu ideal, não erguido, senão realista, utilitário, idólatra dos feitos, etc., mais ao mesmo tempo encalmado, tranquilo, folgado, tolerante, doado, porque, cecais um verdadeiro ótimo, que alguém chamou a Edade d'Ouro do mundo moderno, e que, arrempuxado —decimos nós— pol-o imperialismo e pol-o socialismo, esborrallouse na Grande Guerra. Isto todo vê em Goethe, H. Cidade, paralelizando audazmente, como il mesmo dí, o [?]cessus outogénico co processus filogénico.
Por fim, João de Castro Osorio, interpreta ao seu geito a Disciplina goethiana. Goethe é ainda eiquí o Titã rebelde que ceibe de toda certeza exterior a si próprio —verdade religiosa, dogma, princípio dominante, crença segura— procura coscentemente em toda a sua obra, que é unha obra d'auto-educação, d'auto-formação, a conquista da sua própria certeza interior da posseção serea de si mesmo, verdadeira auto-criação. A grandeza do Romantismo, pra Castro Osorio, está em precurar-a realização do complexo humano, todol-os instintos, todal-as forças, todal-as ansias do conhecimento. O que Castro Osorio chama o Romantismo «imperialismo do ser humano» não é mais que o titanismo, o gérmolo do humanismo ou humanitismo —o homem divinizado— pezoña diabólica qu'o demo inseriu no Romantismo, qu'era em si unha reação salvadora, pra perdelo com'o perdeu. O qual veu reconhecer o próprio A. do artigo, no meio da sua prosa demasiado oratória. «Assim, o Fausto é realmente o poema simbólico de um momento da civilisação, quando, perdidas as certezas religiosas, o homem procura encontrar-se... vive o orgulho e a afirmação demoníaca... etcétera». A disciplina goethiana salva o esforço romântico; mais é unha disciplina pra chefes, não pra masas —conhecido é o pensamento político de João de Castro Osorio—:
NÓS
«o sentido do bem público, mas a recusa terminante em deixá-lo entregue à incerteza de pensamento e à inconsistencia de sentimentos da massa... convicção de que o elemento criador e impulsionador das sociedades está nos heróis e mesmo na força e no poder». Recaímos na política com senso contrário ao do Sr. Antonio Sergio.—V. R.
Boletín de la A. Gallega.
Galicia, Año I, núm. 3, revista mensual ilustrada. Director-gerente: José Boullón; Director literario: L. Conde de Rivera. Madrid, Septiembre de 1932. Unha revista dos galegos de Madrid, co seu intrés, cousas en col das vilas galegas, d'artistas e escritores galegos. Tomo xera', século XIX.
Boletín de la Sociedad Castellonense de Cultura, tomo XIV, 1933, Cuaderno I,
A Fouce, Bós Aires.
La Opinión, Suplemento mensual de arte y letras. Avellaneda (Rep. Argentina), Enero de 1933.
Seara Nova, Lisboa.
Broteria, Lisboa, Fevereiro, 1933.
Galicia, Buenos Aires.
Archives suisses des Traditions populaires. Prof. Dr. Ed. Hoffmann Krayer, Doctor Hans Bächtold-Stäubli e Dr. Jean Roux. Basileia.
La Nostra Terra, Mallorca, Novembre, de 1932.
O Instituto, Coimbra, Vol. 85, 4.ª Serie, vol. 4.º, núm. 1, 1933.
Euskadi, Bilbao.
Portucale, Porto, Novembro - Dezembro, de 1932.
Correo de Galicia, Buenos Aires.
Revista de Cultura, Río-de-Janeiro, Fevereiro, 1933.
Galicia en Madrid, órgano de Lar Gallego, Enero, 1933. Outra revista de galegos de Madrid, tipo mais moderno, achegándose ao tipo Magazine.
Revista de Espiritismo, Lisboa, Setembro-Outubro, 1932.
Imprenta NOS.— Hortas 20. Santiago.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ea/eaa5/eaa5549d-0801-4967-8be2-fb858fe97f2c/11571342.xml
BOLETÍN MENSUAL da CULTURA GALEGA
Direitor Literario Vicente Risco
Direitor Artístico Alfonso R. Castelao
Adeministrador
ANXEL CASAL
DIREICIÓN E REDAUCIÓN: ADEMINISTRACIÓN:
Sto. Domingo, 47— OURENSE Hortas, 20 — SANTIAGO
ABONAMENTO NOTA
Doce números, na Península 6'00 pesetas.
Fora da Península 8'00
Número solto 0'70
Este boletín non publicará mais orixinais qu'os que foran directamente solicitados pol-a Dirección. Tampouco se fai solidario das ideas n-eles emitidos, a non ser dos que por non iren rubrados, enténdense que son da Redaución.
Os pagos son adiantados e os gastos de xiro de conta dos suscritores
SUMARIO
FIESTRA, por ALVARO CUNQUEIRO.
MONROY, (Vidas noicesas), por ALVARO DE LAS CASAS.
NORIEGA VARELA, POETA DA MONTAÑA (Conferencia), por AQUILINO IGLESIA ALVARIÑO.
DA ALEMAÑA, por VICENTE RISCO (proseguimento).
OS HOMES, OS FEITOS, AS VERBAS, pol-a REDAICIÓN.
IMPRENTA “NÓS”
Facturas - Estados - Libros - Revistas
e toda crás de traballos tipográficos
Trasmitanos os seus encárregos
Hortas, 20 SANTIAGO
Vicente Risco
Abogado
Santo Domingo, 47-2.º OURENSE
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ea/eaa5/eaa5549d-0801-4967-8be2-fb858fe97f2c/115713423.xml
A hixiene nos nenos
é a garantía da sua saúde física e moral o día de mañá.
No diario aseo dos nenos empregue o
“Jabón Sales de la Toja”,
único que ás súas altas calidades meiciñás xunta toda a finura e prefume d'un xabón de tocador.
Contribuie ó perfecto desenrolo das criaturas e evita o perigo da escrófula e o raquitismo.
JABÓN
LA TOJA
ÚNICO EN EL MUNDO
O Xabrón da Toxa
é o mellor.
Honra á Galicia no mundo enteiro
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ea/eaa5/eaa5549d-0801-4967-8be2-fb858fe97f2c/115713420.xml
NÓS
38
soalidades máis destacadas da inteleitualidade portuguesa, realiza nas suas leiciós unha laboura marcadamente crítica, lendo anacos dos principás literatos do pobo irmán analizando despois as caraiterísticas esenciás e distintivas de cada un. Sobresairon deica agora os estudos que ten feito da persoalidade de Antero de Quental, Eça de Queiroz e Castello Branco.
Sergio de Sousa seguirá antre nós deica o remate do curso e agardamos do seu recoñecido valer orientacións novas e documentadas na amenidade das suas charlas, reveladoras da riqueza literaria e espiritual do portugués.
EXPOSICIÓN DE ARTE GALEGO
Téñase facer, por artistas novos, de acordo co decano da Facultade de Filosofía e Letras, unha exposición periódica de arte gale-
go, n-unha aula da devandita Facultade, habilitada pra tal feito. A inauguración coincidirá con unha charla científica encol do arte á cárrego d-un nomeado artista portugués, e n-ila exhibiránse cadros de arte novo e popular galego, de prestixiosos autores. Ó mesmo tempo editaráse unha revista, pol-o de agora anual, na que se reproducirán total-as obras de artistas modernos e de ambiente tamén popular.
Están encargados do ordeamento e dirección da exposición, o Decano da Facultade de Letras, Pérez Bustamante, e os coñecidos dibuxantes, Maside e Seoane. Nós non podemos por menos de gabar i-estimular o proseguimento que tal empresa merece ó introducir na nosa Universidade, unha nova manifestación da cultura galega, que somella ir entrando paseniñamente no lugar que por direito e históricamente lle pertece.
SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS
Dende hoxe escomezamos á publicar na nosa revista unha sección síntese da laboura que realiza o Seminario de Estudos Galegos, por considerar que a marcha luminosa i-ergueita da máis outa institución cultural galega, non debe ficar allea ó coñecemento dos nosos leitores, cando o intrés pol-as nosas cousas está adquiriendo nos intres que percorren, a máisima valoración.
As informacións mensuás levarán somentes co índice dos principais acordos e traballos, o selo da brevedade, que impida o recargo da noticia escueta e limpa das orientacións que o guían.
PUBRICACIONS
Téñense presentados, previo informe do Direitor da Seición correspondente, os seguintes traballos:
«Catálogo de Castros da Terra de Lobeira» por Florentino L. Cuevillas e Xurxo Lorenzo.
«Tres estazóns rupestres da Serra de Leboreiro» por Xurxo Lorenzo e Luciano Fariña.
NOVO SOCIO
Pol-os señores Cabeza de León, Pedret e Filgueira, propuxose pra o seu ingreso como socio do Seminario ó señor Sergio de Sousa, ensaísta portugués, que se atopa en Compostela invitado pol a Facultade de Letras pra expricar unha serie de leiciós en-
SEICION DE CENCIAS INDUSTRIÁS
Suscrita pol-os inxeneiros industriás, Fernández e Ogando, acórdase aceitar o espírito da instancia dirixida á esta institución cultural pol-os devanditos señores, a fin de crear unha nova sección, dentro d-aquil centro que encamiñando as suas actividades ó estudo, investigación, creación i-espallamento das industrias á base das posibilidás de Galicia en xeral, traballe pra aproveitar deica o estremo todol-os elementos vitás que ela conteña enchendo na mensura dos seus esforzos o tal oco. A Seición que se tidoará de Cencias Industriás e Arquiteitónicas rexiráse pol-os mesmos métodos que o resto das Seiciós, con un xefe, pra cuio cárrego se propuxo ó arquiteito señor Gómez Román e c-unha base de residencia que radicará en Vigo.
CURSO DE VRAN «ULTREYA»
A proposta do prof. Álvaro de las Casas, teimase á cristallización d-un proxecto pra organizar no Colexio «Labor» de Vigo en colaboración co-as organizacións «Ultreya», que dirixe o devandito profesor, uns cursos de vrán, con arreglo ás seguintes bases, e baixo a dirección dos mestres: Otero Pedrayo, Risco, Martínez López, Filgueira Valverde.