https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/da/da6c/da6c4239-4f3f-4383-8e9f-0e2865d8c22a/129823217.xml
BIBLIOTECA DE GALICIA
NOS
Por iso para o trunfo do ideial democrático tén antes que ser resolto o problema nacional, que poñía ao comezo, porque é o primeiro que tén que se resolver para o trunfo dos principios civilizadores.
A Democracia non coesiste en determinada forma de Goberno, nin sai trunfante das urnas eleitorais; a Democracia é un ambiente, un espírito, e consiste na confianza dos Gobernos nos instintos morais do pobo. Somentes un Goberno garantizado por un instinto moral colectivo poderá chamarse Goberno democrático; e ise endexamáis poderá existir sinon nas Nacionalidades naturais, nas que seguirá habendo problemas económicos, problemas colectivos, pero non habrá xa problemas de liberdade nin problemas de irredentismos. Por iso póidese dicir fundamentalmente que o século XVIII (Revolución francesa) foi o das libertades individuais; o século XIX (Paz de Westfalia, réxime constitucional) foi o das liberdades políticas, e o século XX será o das liberdades nacionais.
Xa Mazzini, o verdadeiro inspirador e creador da unidade italiana, a y-alma máis profética do século pasado, ó pedir liberdade para a súa Patria dicía que nada alcanzaría Europa con reformas políticas, sinon conquistaba as liberdades nacionais. «A idea social—tamén dicía—non poderá realizarse baixo forma algunha, namentras non se chegue á reorganización da Europa... loitan os pobos, loitan aínda pola súa terra e liberdade, por unha verba esquirta nunha bandeira, que proclama ao mundo qu' eles tamén viven, pensan, aman e traballan para todos, falan a mesma lingua, teñen o mesmo sangue, se axionllan diante das mesmas tumbas, glorifican a mesma tradición, e reclaman asociarse libremente, sin dominación estranxeira, para elaborar a sua idea, para axudar tamén coa sua pedra á gran pirámide da Historia... non se realizará a idea social sin que denantes os pobos sexan libres para interrogarse a sí mesmos, para espresar a súa vocación e mirar pol-os seus destinos»... («Europa, su condición y porvenir», 1848).
A Humanidade no seu progreso camiña á formación de grandes orgaismos; mais non pode camiñar á formación de grandes simplicismos. Por iso fracasou a «Liga das Nacións» que agora representa un ideal francés, pero non un ideal mundial; por iso fracasará tamén a Terceira Internacional, porque é outro simplicismo que non representa ás Democracias occidentais. N-ises grandes futuros organismos trunfará o principio das Nacionalidades, porque ven a ser o mesmo principio da variedade
na unidade, eterno principio civilizador; ven a ser o principio da distribución do traballo, eterno principio do progreso. E dicir, a Humanidade tende a se xuntar, mais non coa imposición d' unha modalidade-tipo, sinon pol-o concerto libre de todas elas. E dicir, que o principio nacional e o primeiro problema da Humanidade contemporánea e será sempre o eterno principio da civilización e da paz internacional.
* * *
Agora ben, en todo problema de nacionalidade, ademais d' unha cobiza de liberdade colectiva, hay que mirar—como dí moi ben Gabriel Alomar—o que ganará a civilización universal con ise movemento, porque non pode darse progreso sin relación cou todol-os elementos da cultura; eisí—di él—a China que inventou a pólvora, a imprenta, etc., quedou atrasada porque lle faltou isa relación coas demais culturas, e por iso non perfeicionou a sua. Por iso todo ideal nacionalista, mais que o sentir ancestral d' unha Tradición ou d' unha Historia, ten de ser un principio enxebremente renovado, transformador y-evolucionista; quen lle queira dar un senso de conservadurismo nas tradiciós e nos costumes será un tradicionalista, pero non un nacionalista. Ten que ser un principio eminentemente cultural, estar en relación constante c' o progreso da Humanidade; si eisí non fora perdería a sua virtualidade civilizadora e sería perxudicial, porque todo sistema é bo como reaición contra unha tiranía, mais poider ser malo como adulteración d' unha liberdade.
Por iso Galizia, si quer ter cabida no concerto dos pobos civilizados ten que aportar á cultura universal o seu esforzo por medio d' unha cultura nosa. Por medio d' unha cultura propia, porque nada vale que teñamos en Galizia homes cultos sinon temos unha cultura galega. Ises homes cultos cando non teñen unha cultura nacional considéranse desleigados do seu pobo, superiores ó seu pobo, e convirtense en elementos disociadores; namentras que os homes de cultura nacional considéranse como produtos do ambiente, ainda máis: a concencia d' ises homes cultos ven a ser a forma reflexiva da concencia popular, concentración do espírito da raza, acumuladores da vontade colectiva. Os primeiros non aportarán ningún valor nin á Terra nin ó progreso humano, somentes os segundos serán os creadores.
Nada valen homes cultos en Galizia sin unha cultura galega, porque isos son forzas individuais que poiden trunfar e imporse nos tempos
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/da/da6c/da6c4239-4f3f-4383-8e9f-0e2865d8c22a/12982325.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA ÓRGAO, DA SOCIEDADE GALEGA DE PUBRICACIÓS "NÓS,,
Ano II Ourense 31 Xaneiro 1921 Núm. 4
NO FACHO
Ollo aos meus pés a terra apoubigada i-envolvida na túnica lixeira dos velos transparentes da neboeira que trota pol-o ár arrandeada.
Perto do chan, o sol de retirada manda ao mundo a rayola derradeira, i-aparesce tremando a luz primeira d' unha estrela na bóveda azulada.
Reina a paz i-o silencio n-esta outura a onde non chega o trafegar da xente, agarimase a i-alma na dozura que revóa arredor no morno ambiente, e, c'o peito invadido de ventura, sinto o sopro de Deus na miña fronte.
O CARBALLO
Él está só na gándara; está só o carballo baril, serio e altivo, ergueito n-aquel chan triste i-esquivo cal se quixer ao céu sobir n-un vóo.
Despido do follax, garda o seu dóo no seréo abandón inespresivo dos héroes derrotados. Está vivo porque é nobre, valente, forte e bóo.
Éu tamen sóo, vivindo no abandono, sin follas xa no derradeiro gallo que arrincándome foi o duro outono, suprico a Deus poidel-o meu traballo sofrir calado, nun finxido sono, co' a dina maxestá d' este carballo.
GONZALO LÓPEZ ABENTE
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/da/da6c/da6c4239-4f3f-4383-8e9f-0e2865d8c22a/129823228.xml
“A NOSA TERRA,”
BOLETIN DECENAL
Idearium das IRMANDADES DA FALA en Galicia e nas colonias galegas d’América e Portugal
PRECIOS DE SUSCRIPCIÓN
Na Cruña ó mes. . . . . . 40 céntemos
Coste d’un número . . . . . 15 ”
Fora, trimestre. . . . . . 1’50 pesetas
América, id. . . . . . 2’00 ”
REDAUCIÓN Y-ADEMINISTRACIÓN: PLAZA DE MARÍA PITA, 17, BAIXO. — A CRUÑA
“Teoria d’o Nacionalismo Galego,”
POR VICENTE RISCO
Léaa que lle dará luces pr’ enxergal-os problemas da nosa Terra
Precio: CINCO REAS
F. Román e Saco
DROGUERÍA
E FARMACIA
Pereira, 19
Teléfono, 28
OURENSE
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/da/da6c/da6c4239-4f3f-4383-8e9f-0e2865d8c22a/129823224.xml
diante do home, e pol-o tanto millor mau pr'ó retrato... Non pensamos qu'ó Sr. Madariaga ande atinado de todo.—Xenius fala das Divagaciones de un transeunte de Alejandro de la Sota. —Varias notas d'Arte, Literatura etc.
O de Xaneiro principia c'unha críteca de Arthur Symons sobre da Arte Antiga na Esposición hespañola de Londres, moi aguda, mais que non añide nada nóvo ós xuizos de Maurice Barrés, Jean Lorrain y-outros da sua época. E o criterio simbolista, ainda.—Despois d'esto chama a atención o artigo de Mr. Raymond Ronze De l'Ame des Basques.
MERCURE DE FRANCE
15 - II - 1921.
O nóso amigo e colaborador Ph. Lebesgue, na seición Léttres portugaises:
«Só, porque vive en comunión co'as cousas, Teixeira de Pascoaes chegou a incorporar máis estreitamente que ningún á sua ispiración a atmósfera mesma da sua terra. Y-é isto o que lle dá figura de profeta hastra alén das fronteiras de Portugal, en Cataluña, por eixempro, e sobre todo na Galiza veciña e irmá. Coma non iñan atender os mistecos Galegos a frases coma estas?:
«A Palavra de beleza é liberadora, ela é a terra mesma do Outro Mundo. As palabras dansan en graciosas teorías de creancas; elas adquiren así un senso independente e superior. A sua danza ven a interiorizarse, a trascendentalizarse en movimientos voluptuosos pro Amor, en movementos espirituaes pra Deus, cando o Amor se purifica.»
«O sangue e a terra son os genitores da Nacionalidade; mais o poeta é o seu padrinho. Ele a bautisa e lhe da uma alma.»
Coma Teixeira de Pascoaes, o poeta de Do Ermo, un dos millores cantores da Galiza nova, M. Antón Noriega Varela, traballa en prena natureza e si ás veces, n-il, o pulo pode parecer curto, é que por istinto non quere ningunha vana amplificación, é que non quere decir máis qu'o esencial, o que lle é diutado directamente pol-a vibración das cousas vivas qu'o arrodean, pol-o pulo do corazón ou pol-a saudade secular que vive nas montañas do país. Unha chisca de humor entenrecido brila por istantes á volta d'una estrofa, com' unha súpeta rayola de sol na herba mollada. Tal é o carautere tradicional da poesía da Galiza, tal com'ela se manifesta dend' o século XV nascantigas d'Alfonso Alvarez de Villasandino, ou de Macías o Namorado, gracioso, elexiaco, apaixoado, sempre disposto
a amostrar antr' as bágoas unha sonrisa. M. Antón Noriega Varela está cheo de recursos conmovedores:
«Le soleil et la mer peuvent bien chérir la montagne: le soleil lui ouronne le front et la mer lui baise les pieds.»
Mais adiante:
«—Tu t'es si bien cachét soleil, que je ne t'aperçois qu'avec peine; un rayon encore, je t'en supplie, roi de lumière, le dernier, pour que les montagnes sourient, pour que se rejouissent les cimes.»
Citemos ainda esta deliciosa impresión de natureza:
«Cette fontaine, ce christ et ce sombre bois de pins sont en veille près du moustier, qui tombe en ruines. La fontaine prie tout bas; la lumière joue autour du Christ et le bourdonnement des pins rappelle les plaintes de la mer.»
E imposibel que lle non chame a un a atención o carautere esencialmente lusitano d'esta poesía que non deixa de ter por iso, o seu inimitabel gusto da terra.»
E no Memento:
«De Galiza chéganos unha deliciosa novela toda chea de sentimentalidade misteca qu'é un xeito particular da provincia: Néveda por Francisca Herrera Garrido. Analizarémola.»
LA PLYVMA,
Madrid, Enero, 1921.
Escritores nóvos que queren faguer cousas nóvas, porque ouviron falar de hai por fóra quen as fai. Un Unamuno que xa non é o Unamuno de El sentimiento trágico de la vida. Pérez de Ayala posto xa no cumio da maestranza ond' os inxenios se fosilizan—repetición máis miuda do caso Unamuno. Un devecemento xeneral das letras castelans—pr' atopar algo n-elas hai qu'ir en precura de Gómez de La Serna, de Rodríguez Solana, d' outros semi-isolados. Mario Pucini, falando de Letras italianas comenta a conversión ó catolicismo do grande Giovanni Papini, o autor agudo de Il Crepuscolo dei Filosofi, o simbolista iluminado do Traxico cotidiano y-o Piloto cego, o gran esprito ceibe, que levou a Italia o pragmatismo, que formou nas fías futuristas, o inxenio máis fresco e máis forte da Italia inteira, conversión que ha ser tan fecunda pr' ás letras cristiás com' a do inglés Chesterton ou a do danés Joegersen.
Ourense: Imprenta e Papelería de LA REGION
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/da/da6c/da6c4239-4f3f-4383-8e9f-0e2865d8c22a/129823216.xml
NACIONALISMO E DEMOCRACIA
(ENSAYOS POLÍTICOS)
RESSON OS grandes problemas da Humanidade culta: o nacional, o democrático, e o social. O problema social, que busca a solución ós conflitos do Mundo do Trabalho. O democrático, pol-o que buscan os pobos formas de Goberno axeitadas á sua cultura. E o nacional, que é o direito de cada pobo a rexir libremente o seus destinos. O redor d'istos problemas xira toda a Civilización da Humanidade.
O traballo humano creou un Mundo Industrial, universalizou a Economía. Patronos e obreiros xuntáronse en agrupacións internacionais. Aspiración suprema é internacionalizar tamén as fontes da produción; no derradeiro Congreso Internacional do Trabalho, celebrado en Washington o ano pasado, os representantes italianos propuñeron, con razón sobrada, so. meter a un réxime internacional a distribución das materias primas, pois mentras haxa Estados que monopolicen, por eixemplo, o ferro ou o carbón ou o petróleo, haberá nacións dominadoras e nacións escravas, porque a independencia nacional require independencia económica. Por outra parte, os obreiros danse conta de que xa non poden realizar os seus ideais, sinon dende o Poder, asaltándoo revolucionariamente como na Rusia, como pretenden en Alemania ou na Italia, ou evolutivamente como na Inglaterra e na Francia.
Pero isa Sociedade mundial do Trabalho precisa o seu equivalente político: un Mundo-Estado, que xa non pode formarse pol-a xuntanza de colectividades de individuos, sinon pol-a cooperación dos Estados. D'eiquí a idea wilsoniana da «Liga das Nacións». E xa estamos no
segundo problema anunciado: é dicir, que para a solución do problema social percísase denantes a solución do problema político, que é o problema da Democracia.
En efecto: pra chegar á Unidade Internacional percísase que os Estados representados teñan Gobernos democráticos. ¿Para que é isa Unidade sinon para resolvel-os conflitos internacionais? Os conflitos internacionais, até d'agora, resolvíanse casi sempre pol-a Forza; a vida internacional fundábase na teoría da incompatibilidade dos Estados; por iso a concepción internacional do Estado era un Estado-Poder; por iso na solución dos conflitos internacionais practicábase a doutrina espresada n-aquela frase de Gilbert Murray: «as minorías derrotadas teñen que acostumarse a deixal-o camiño expedito.» Pois namentras subsista iste concepto do Estado teñen que fracasar—como fracasou a persente—todal-as «Ligas de Nacións», porque si as minorías por seren minorías teñen que deixar o camiño expedito, a «Liga de Nacións» para elas somente implicaría un retroceso. Esia «Liga de Nacións» sentencia un pleito a favor d'unha pequena Potencia, ¿quén executaría ise fallo?, non os grandes Estados, non poderían, porque d'aquela desaparecería o seu Poder, é dicir, que para eisistir unha «Liga de Nacións» percísase qu'o Estado-Poder seña substituído pol-o Estado-Razón, que represente no Tribunal Internacional un principio de Xusticia e de Libertade; e iste Estado-Razón somentes pode atoparse nos Estados-naturaes, é dicir, nas Nacionalidades, porque, coma di moi ben un sociólogo inglés (Arthur Geenwood, en «Guerra e Democracia»), namentras haxa en Europa pobos rexidos por Gobernos estranhos, impedidos no uso da sua lingua, na propaganda da sua literatura e das suas ideas, nas súas relacións sociás, na sua vida corporativa, no que nosoutros, na Gran Bretaña, entendemos por liberdade civil ou Democracia, haberá pobos que se bulren da idea da Paz, e desexarán a guerra, non coma instrumento de bárbaras edades, sinon coma medio de conquerir a independencia nacional e a espresión da sua persoalidade.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/da/da6c/da6c4239-4f3f-4383-8e9f-0e2865d8c22a/129823220.xml
O POETA ARMENIO HRAND NAZARIANTZ
I
«Au grand frère de foi et au profond songeur Vicente Risco, ce floraison de martyres, avec admiration et vive sympathie» ...... D'un Poeta no desterro chégam'iste saúdo fraterno, qu'ench'o meu curazón d' espranza e gratitute...
É Hrand Nazariantz, o gran poeta armenio desterrado en Italia, lonxe da sua terra asoballada, da sua raza asesinada, quen co'istas verbas me fai soñar nun mañán lumioso, no dia tremendo, sanguifiento e grorioso da xustiza, en qu'as Patrias sen bandeiras, as Patrias de nome subversivo, as Patrias qu' é delito invocar, s' ergan ceibes, donas de sí mesmas, pra s' entenderen pra sempre n-unha suprema fraternidade... As verbas xenerosas, sinxelas, consolantes, de Hrand Nazariantz, verbas de fé, d' espranza y-amore, traien á miña y-alma aberta d' ansiedade, a seguranza de qu' ó nóso sono de libertá responde de lonxe, o sono crucificado d' unha raza heróica que sofreu, que loitou e qu' esperou. É o saúdo fraterno qu' as razas tráxicas fan á nósa líricamente triste... Triste cecais de non ter azos pra ser mártire, pra ser asesinada, heróica.... Sexa o que sexa, Galizia xa non está perdida no esquecemento das patrias sen nome: as qu' escribiron os seus con sangue, saúdan a sua ánsia creadora. Saúdan a intuición futura e groriosa do Atlantismo...
Gran Poeta, iste dos Sonos Crucificados, das ansias martirizadas de rebeldía e de Arte... Hrand Nazariantz é, como dí un dos seus critecos armenios, un poeta lumioso, un poeta do que os ensonos esceden tanto ós ensonos doces da sua raza mesma, qu' aparece antr' os poetas armenios com'un innovador audaz, que s'impón
pol-a fondura, pol-a grandeza suntuosa da sua lira soberbia, chea da ebriedade da vida universal e mais do alén descoñecido. Un tremendo pulo lírico ergue e conmove a sabencia mallarmeana dos seus versos, d' unha estraña potencia musical.
Hrand Nazariantz leva a y-alma chea do grande sono da Arte Asoluta qu' encheu as almas de Wagner e de Mallarmé. É un mallarmeano a mirar pol-a fiestra do vidro:
«...... lavé d'éternelles rosées. Que dore le matin chaste de l'Infini....»
N-as suas cartas a Enrico Cardile, tradutor dos seus versos ó italiano, fai Nazariantz a sua lírica profesión de fé:
«..... sexamos irmaus nas nósas tentativas da Arte Asoluta, e pr' alcanzar a nósas finalidade artísteca temos precisión de tod' o heroismo do curazón e da mente. Se a Vida Universal non é máis qu' a anuncia d' unha infinidade d' ilusiós, o poeta non tén máis qu' iste camiño pra penetral-a esencia do Universo. Combatirmos finalmente a nugalla tradicional das inertes vontades co heroismo artisteco destinado pr' impoñel-o gran Símbolo, ainda ós espritos refrautarios a todo senso de Beleza. Debemos erguer un nóvo Templo; temos concencia das dificultades que nos agardan. Mais a liña do edificio prefilase xa nas nósas almas, e nós ouvimol-o son dos órgaos tocados das invisibles maus do Mistéreo....»
«Nós somos irmaus pol-o ideal d' unha arte libre que dá a canto toca un caraute d' eternidade. O artista superior, o condutor d' almas, aquil a quen son familiares o mistereo do ritmo y-o miragre do lirismo, o artista superior é coscente e vidente. Veleiquí Mallarmé, o musicista do silenzo, a vós sibilina qu' enseña a evocación das cousas sen nomealas, que dota d' inefabel e de misterioso os poemas das lontanas resonancias; veleiquí Laforgue na grupa da sua quimeira; e Rimbaud virtuoso que suscita o verso libre, alquimista do Verbo, visionario apocalíptico; Villiers de l' Isle-Adam, maxista, bruxo, coluna do mundo esotérico; y-autros ainda,
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/da/da6c/da6c4239-4f3f-4383-8e9f-0e2865d8c22a/12982324.xml
NÓS
GRAN “HOTEL MIÑO,”
OURENSE
O ÚNECO DA CAPITAL CON CALEFAUCIÓN CENTRAL
AMPLIAS HABITACIÓS :: COARTOS DE BAÑO
PENSIÓN COMPRETA DENDE 12 A 60 PESETAS
Propietario: ANDRÉS PERILLE :: Teléfono 21
Merquen: PLUMEIROS DE RAFIA “PERILLE,”
OS DE MAIS DURA, OS QUE MILLOR LIMPAM, OS MAIS ECONÓMICOS
BOAS UTILIDAS OS REVENDEDORES
FABRICANTE
ANDRÉS PERILLE
OURENSE (España)
REPRESENTANTE N-A ARXENTINA
JOSÉ MARTÍN
Calle Venezuela, 926
BUENOS AIRES
Casa “PERILLE,”
FERRETERIA :: LOUZA :: CRISTAL
MOEBLES ECONOMECOS E DE LUXO
FRABICACION DE COLCHOS PATENTADOS
Vostede pode montal-a sua casa con solo visitar iste estabrecemento, obtendo o maximum d’ economía.
Paz Nóvoa, 9 - OURENSE
BIBLIOTECA DE GALICIA
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/da/da6c/da6c4239-4f3f-4383-8e9f-0e2865d8c22a/129823221.xml
NOS
todos criadores de símbolos, poetas de diversas tendenzas teñen coma punto de contacto un irremovibel idealismo, a busca da sensación rara, da verba nóva, da imaxe descoñecida, o desdén do costume, das convencións poéticas, tentan, n-unha verba, de conquerir-a Arte Asoluta.»
A ardente devoción de Hrand Nazariantz por Mallarmé, e máis pol-os vellos mestres franceses do simbolismo, todos iles soñadores máis ou menos d’unha arte-síntese—da que o derradeiro gran intento e gran doutrina, chea d’arelas relixiosas foi o wagnerismo, indudabelmente (1) —póno moi perto dos que temos principiado a nósá vida d’artistas e pensadores, baixo a influencia espiritual d’aquela gran época europea. Hai, pol-o tanto, antr’il e nós, esa fraternidade de discipulado artísteco.
Esta arela intensa da Arte Asoluta—O Ideal mallarmeano, que parte da concepción do mundo com’unha aparencia que debe ser creada de nóvo pol-a virtude máxica da Arte—é esposta por Hrand Nazariantz n-estas verbas:
«Refacel-a Natureza e máis a Vida a través do propio ensono y-a propia imaxe, e según a imaxe interior da propia y-alma, veleiquí o desexo, o tormento do qu’ está chamado a espresal-a Beleza. A poesía é pra il un mundo construído da sua man, ond’a tiranía dos acontecementos y-a obsesión das moitedumes nono podan alcanzar. Tl leva en sí o seu propio mundo. Y-é aquil mundo a materia do seu canto, a consecución da vida qu’il nos oferce coma toda vida mesma, y-especialmente, a nobre renuncia simbolizada na radiosa beleza mallarmeana.»
II
Hrand Nazariantz naceu en 1889, en Iskudar (Constantinopla), d’unha ilustre familia armenia. Estudou en Constantinopla e logo en París e Londres. En 1909, con Karekin Gozikian (Issalem) fundou a revista Nor Hossank (Nóvas tendenzas), e logo dirixiu a revista Baguine. En 1910 tivo que deixar Constantinopla e foise á Italia, onde se xuntou ó movemento renovador da literatura italiana con Enrico Cardile, Gian Pietro Lucini y-outros. Era o movemento que s’iniciara nas revistas Leonardo e La Voce, e logo Le Parvenze e Ars Nova. Il loitou sempre pol-a causa da Armenia asoballada. Cando se refuxou na Italia, propúñase voltar ó Oriente cando os berros de reivindicación resoaran dend’o Cáucaso ós lagos d’Urmia e Van, e do Caspio á Asia Menor. Mais tivo que ficar na Italia.
As suas poesías—Os soños crucificados—comprenden: A soedade estrelada, As cancións do meu corazón, Gloria Victis e Cancións a Leila. Tén ademais estudos críticos sobre d’autores armenios, Marinetti y-o Futurismo, o Tasso y-os seus tradutores, as literaturas belga, rusa e italiana, y-un libro titulado: Armenia: o seu martirio y-a sua reivindicación.
III
O poeta Enrico Cardile, amigo íntemo do gran armenio e participante do seu glorioso ensono d’arte, oferce unha tradución italiana dos poemas de Hrand Nazariantz I sogni crocefisi, na que a sublime esaltación lírica do irmau d’ideal, atopa unha espresión propia e fiel. E n-esta tradución na que chegaron a nós istes poemas: Floraison de martyres e miragres de creación lírica. En A Nosa Terra déronse xa algunhas traducións dos poemas de Nazariantz na nosa lingua. Damos nós hoxe unha pra que os nósos leutores podan coñecer ó gran poeta da lonxana Armenia, esa terra recén saida da escravitude máis cruel, e qu’esa que se fai chamar Sociedade das Nacións tén reparo en ademitir no seu seo...
VICENTE RISCO
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/da/da6c/da6c4239-4f3f-4383-8e9f-0e2865d8c22a/12982323.xml
MANUEL SEOANE
AXENCIA DE FERROCARRILES
Madeiras labradas de todas clases -::- Mércanse APEAS pra minas
Ponte Mayor - OURENSE
SAMANIEGO ♦ FOTÓGRAFO DE MODA
Luis Espada, núm. 13 - OURENSE
SERANTES E COMPAÑÍA
FARINAS E COLONIAS
Ponte Mayor y-Ourense
Gran Café “ROYALTY,” ♦ BÓ SERVIZO :: CAFÉ E LICORES DAS MILLORES CLASES
Depósito da escelente Sidra “REINA DE ASTURIAS,”
PRECIOS BAIXOS POR PARTIDAS DENDE CINCO CAIXAS ADIANTE
NEUMATICOS “MICHELÍN,” SEMPRE ACABADOS DE FABRICARE
GASOLINA • LUBRIFICANTES
Depósito oficial: ALFONSO ABEIJON - Ponte Mayor (Ourense)
PRA SE FACER RICO UN HOME DE NEGOCIOS
SERÍALLE TAN CONVENENTE
ANUNCIARSE N-O Boletín “NÓS”,
COMA TER BOA SORTE
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/da/da6c/da6c4239-4f3f-4383-8e9f-0e2865d8c22a/12982328.xml
BIBLIOTECA DE GALICIA
NÓS
pintores e pintores de valimento com’ os Zubiaurre, Maeztu, etc., pintores que levaban un rubro ñóvo ás Esposicións de Belas Artes de Madrí. E entón a teoría absurda, filla d' unha preguiza mental abrasante, que viña facendo da pintura un patrimonio das terras de sol, dou creba, póndose a tremar i-ameazando con se derrumbare. Sin embargo, inda non s'esvaíra totalmente. Foi preciso, para que a verdade conquerira o seu compreto valor, que Galizia entrase na loita, como xa de xeito tímido entrara Asturias. E cando os labregos dos lenzos de Soutomaior s'impuñeron no mercado; e cando os [pelengrinos de Corredoira, atoparon pousa no [Museu do Louvre, os paisaxes de Llorens, foron dignos de loubanza, e o meigo savoir faire do malogrado Taibo, conquiriu un trunfo póstumo en París, e o humorismo de Castelao cinguiu loureiros inmortaes, e inda as copias de natureza galega de Alfredo Souto mereceron o agarimo dos Reis, d' aquela, sofreu o golpe de gracia a estrana teoría que fai deitar o xenio pitórico das terras soleadas. D’ aquela foi cando Sorolla o levantino, dominador dos coores da serie zántica, frente do chan galego miragroso de Vilagarcía, tivo que dicir melancóneco que Galizia é «tema pintoresco», cecais coma ningun da Hespaña, mas de dificilísima interpretación para quenes non teñan a sua retina afeita ós innumerabeis matices que o nóso sol peneirado pol-a brétema da ás nósas campias ridentes i-ás nósas augas d’ensono. D'aquela foi cando os Zubiaurre, norteños, mestres nos segredos da serie ciánica, coidaron, achándose en Cambados, berce de Cabanillas i-Asorey, que a natureza galega tentaba a levalo ó lenzo, 1-6 lenzo debía de se levare, mas por artistas idóneos, isto é, enxebres.
Rebaixamento dos nósos valores
E chegamos a onde desexábamos chegar. Á insinuación do por qué Galizia non dou hastra agora pintores. Todo se relaciona no que fai ós problemas da nósa Terra. Galizia non dou pintores, por mor da escravitude moral e material a que nos tén levado o centralismo. Porque efecto do centralismo caíramos no rebaixantento máis fondo da nósa persoalidade en todol-os ordes.
Y-eu pergúntovos: ¿Hoxe que é Galizia, con ser hoxe xa algú máis que médea ducia d' anos atrás? Védeo bén. Os galegos que máis galegos parescen—académicos, eruditos, arqueólogos—adicanse ó estudo das cousas vellas da nósa Terra, com'as d'un país finado, morto, cuia persoalidade sulagouse no castelanismo estéril.
Si fan un dicionario danlle xeito de panteón da nósa língoa. Si fan un boletín convirtenno en eco morto de cousas pretéritas. Somente miran pra atrás, c'unha friaxe tan tolledora, que calquera diciría que se trocaron, com'a muller de Loth, en estátuas de sal. Fáltalles o atopáranse a sí mesmos. Fáltalles o sentimento qu’ é consustancialización da i-alma propia c'o meio natural. Infruenciados por cinco séculos de colonización castelán, xa non teñen máis que o viviren na Galizia. Perderon o sangue do espirito qu’é a língoa natural, perderon a autonomía dos sentimentos que sé a língoa propia mantén acesa, e fican trocados en «turistas» na sua terra, que van percorrendo, guiados por unha cultura fría que lembra ós antipáticos «cicerones», tod” o que foi. Avergóñanse da sua i-alma e da sua natureza, pois a tanto equival avergoñárense da língoa propia (a língoa literaria da aristocracia ibera medioeval que debera ser orgulo da aristocracia aboenga que hoxe se conserva), da lingoa propia qu’é o froito máis esgrevio de toda raza, o sino máis outo de creación, a proba máis forte y-honorosa da persoalidá orixinal de todo pobo. Síntense inferiores espresándose en galego; e xa non espresándose en galego; senón aiña falando en castelao con acento da Terra. E disimulan este acento, sello que nos puxo a natureza, como cousa infame, e poñénse fachendosos e ledos, cand’un castelán lles di: «Usted no parece gallego; si todos sus paisanos fuesen lo mismo». Pensedes como vos pete, sexades amigos ou inemigos, ¿coidades que cando se chega a este xeito de rebaixamento, non merez un pobo ser escravo? Eu non sei d'un caso d’ onanismo espritoal mais degradadore: d'un pecado contra natura máis vil.
Porque o nóso idioma e tan de nós coma nós mesmos, e sin embargo tíñano por «inferior» ind’ os poetas que o empregaban. ¿Que escritores con iste criterio por diante iñan cultivalo?
Afirmaba o gran Porteiro n-unha notabre conferencia sua, que si chegaran os tempos de desenrolármol-a nósa cultura integral, percisábase pirmeiro de nada facer unha disposición agarimosa, un xeito de simpatía pra elo, porque a influencia das culturas alleas puxo a Galizia n-atitude ridícola e contraditoria frente 6s seus propios valores, obrigando a facel-as críticas do nóso con moldes e valores estranos.
Porque de fora quenes non sentían nin coñecian o nóso, afirmábanno, coidábamos moitas caraiteirísticas galegas máis cativas que as doutras rexións. E como arrenegáramos da fala, arrenegáramos da propia natureza. A nósa
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/da/da6c/da6c4239-4f3f-4383-8e9f-0e2865d8c22a/12982321.xml
NÓS.
NÚM. 4
31 Xaneiro do 1921
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/da/da6c/da6c4239-4f3f-4383-8e9f-0e2865d8c22a/12982326.xml
PENSAMENTOS PRA UNHA UNIVERSIDADE GALEGA
I
un claustro de sabios cheos de ciencia máis alleos á vida e polo tanto no fondo ineficaces. A universidade que desejamos debe hacharse aberta á vida inteira pr’a poder dirigil-a vida, debe sintir como bate en cada momento o corazón do noso povo e como direitora enchel-a sua alma de pulos generosos e altos. Non embargo terá que se ocupar dos técnicos especialistas, e a estes quedarán reservados moitos cursos e traballos. Mais canto non pode facer e debe facer pola cultura do jornalista, do poeta, do artista, do home de negocios, do agricultor ou do aficionado ás cousas do espírito! Este dobel aspeito háchase xa nas universidades francesas. Quen pasou unha vez pol-os claustros da Sorbonne cheos de vida, cheos dun público heteregeneo na que ás veces os estudantes son os menos, pr’a escoitar algún curso a todos os que alí curiosos de saber chegaren, sobre algún asunto fondo e grave, que tristura lle non dan os nósos claustros pobres e esmorecentes!
Mais o que non chegou a sermos craro é d’onde proven iste feito. Hai dúas razós. Primeiramente fainos falla que os nósos futuros médicos, abogados, profesores sejan os mellores posibes en canto á sua preparación técnica e científica, preparación que non se fai só en aulas mortas senon nas clínicas, laboratorios e traballos prácticos. Por outra parte precisamos un foco intenso, un fogar aceso sempre, da cultura galega, en canto esta cultura é espírito, un nó espiritual que informe e sosteña ao noso povo. Istas dúas razós son as que débennos guiar nos nósos planos d’ unha universidade futura. Ben me decato que por dagora trátase dun soño nobre mais todol-os ideás son na primeira soños e só con soños, con ideas, poderemos facer unha Galiza máis grande!
II
Compréndese ben que a nósa autual universidade d’ estreito hourizonte limitada a producir titulados, fría e esmorecente, nen transformada pode ser un ideal. Non-o será tampouco
III
As vellas facultades están morrendo; no seu canto virán os grupos de estudos que moitas veces formaranse pola libre e fecunda iniciativa do estudante. Onde, pois, pode hacharse a Psicología? Pr’a os filósofos na filosofía, pr’a os naturalistas na historia natural (como a psicología dos animás), pr’a os médicos na medicina (como psicopatología); isto é: en todas as facultades e en ningunha.
IV
Seguramente que é un absurdo que un rapaz galego non poda chegar a ser arquitecto na sua
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/da/da6c/da6c4239-4f3f-4383-8e9f-0e2865d8c22a/129823219.xml
NOS
proveñen d'iste quietismo xurídico, que non fai máis que ensanchar' o marxe das posibilidades revolucionarias.
Apricada a Galizia ista doutrina, unha síntesis podería facerse de canto vai esquirto: O Estado, coma todol-os fenómenos históricos sempre está suxeto a trasformacións e mudanzas. Por iso poderá afundirse o réxime actual, o actual Estado español; pero a realidade de Galizia non desaparecerá; e sempre será unha necessidade en todol-os tempos, con todal-as dependencias e baixo todol-os réximes o crearmos unha cultura propia; sin ela poderemos hasta ser un pobo rico, pero non un pobo civilizado; en todo caso isa riqueza, non alumeada pol-a antorcha d' un ideal, tería a grandeza da Torre de Babel, perdida na noite dos espacios.
L. PEÑA NOVO
A Cruña.
UN CANTO NA NOITE
Nevisca. E mais s'escoita
un canto n-a noite
n-a noite fonda:
canto d'amore ou d'odio?
El é pr' o nóso, el é pr' o corazón alleo?
Mais, ay, n-iste serán todo ser pode...
Escoitemos, sómentes.
Ouh, ben eu sei que toda cousa é vana!
Todo o teño perdido: o meu tesouro, o sangue!
Unha branca agunía a noite esala,
y-a vós que canta
mais qu' a noite branca
agora se detén rentes da porta...
Ouh, ben eu sei que toda cousa é vana!
É vano o meu pensar que se relorce
o bico mudo xa, e a y-alma muda...
Eu estou sóio, sóio
a sós com' estranxeiro
y-aquiste canto encona a miña pena
o meu Silenzo
o meu grande doore.
Nevisca. E mais s' escoita
un canto n-a noite.
HRAND NAZARIANTZ
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/da/da6c/da6c4239-4f3f-4383-8e9f-0e2865d8c22a/129823214.xml
10
ou vermella que vai piniocando c' os seus beizos carnudos e húmedos pol-a verdecente sábana dos prados, as herbas zumosas fillas da chuvia miudiña, que ateigan de recendo enxebre o branco licor vital que deitan os grandes ubres moles ó seren muxidos, mentres nos seus redondos ollos negros, xa loubados por Virxilio no latín grorioso, como en lupas de miragre, a paisaxe se refrexa, tal que no acougo sereo do morto espelliño d'un lago. Porque no docísimo mel, bálsamo d'ouro, doce d'ámbar, zugado pol-as facendosas e trafegadoras abellas no cáliz das froles e no texido das herbas que cobren os nósos eidos, áchanse as rayoliñas do sol da Terra que bican a paisaxe, feito sustan-
cia esquisita nos canuteiros de entea que logo ha ser cera para escurrental-os tronos, alumear os nósos mortos, cristianal-os nósos fillos e honrar a Nósa Señora... Eu inda que non comín herba como Ganivet, inda que tencionei comela moitas veces, bebin c'o leite i-o mel, en consumación pagana, en poética ofrenda algo da paisaxe pátria, na sua materialización mais poética. Nietzsche falara da ofrenda do mel. Eu fálobos da ofrenda do mel i-o leite. Enxerguede o símbolo. ¡Oh leda e incomparabel Sinfonía dos verdes do nóso chán!...
A. VILLAR PONTE
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/da/da6c/da6c4239-4f3f-4383-8e9f-0e2865d8c22a/129823218.xml
14
normales; pero nada farán por Galizia en momentos supremos en que percisa axuda de todos, porque nos grandes acontecimientos dos pobos non son as forzas individuaes sinon a y-alma coleitiva, o espritu ancestral da raza que nos guía. Por iso, dí moi ben G. Le Bon, que a Historia dos pobos civilizados non é máis que a narración dos seus esforzos pra adiquirir unha y-alma permanente que a través dos tempos os saque da barbarie.
Nada valen homes cultos en Galizia sin unha cultura galega, porque o home non é escravo da sua raza, nin da sua língua, nin da relixión, nin do curso dos ríos, nin da orientación das suas montanas; pero en troques é un factor encravado drento d'un ambente, drento d'una espritualidade, é dicir, drento d'una cultura; é un factor que adiquireu unha natureza común cos seus conterráneos, pol-a comunidade de pensamentos e de sentimentos; e si lle falta isa comunidade, sinon sinte isa y-alma coleitiva, resultancia d'una cultura propia, nada lle dirán nin os seus ríos nin as suas montanas, nin a sua lingua nin a sua Historia; será un estranxeiro en terra propia; será como aquel desterrado de Lamenais, que andaba errante sobor da terra, e un día vía rapazas guapas coma un sol de Maio que brindaban o seu amor casto e puro a rapaces fortes coma buxos, outro día vía coma os nenos e os abós se xuntaban peito contra peito para axudarse a sair dos trollos do camiño, e outro día vía o fumegar das chimeneas entre as brétemas arrayoladas d'una mañán d'Abril, ou ouvia na serán os cantos das labregas levando pr'á casa-mater as suas facendas; pero nin aquelas rapazas o miraban, nin aqueles cantos lle traguían ningún relembro, nin aquelas xentes entendían as suas penas; e cando na veira do camiño, canso de camiñar sin fin, desafogaba a sua tristura, nenos e vellos bulrábanse das suas bágoas. Eisi serán tamén aqueles homes que non esteñan solidarizados c'o pensamento e c'o sentimento da saa Terra; o seu esforzo agonizará na esterilidade tráxica do d'aquel desterrado, morto sin acougo en procuro d'una Patria.
Por iso Galizia sinon creara unha cultura propia cultivando os seus valores, a nósa eisistencia, coma pobo, sinificaría un atraso na civilización da humanidade. A cultura—dí Kohler, «Filosofía do Direito»—non é mais que o desenrolo das forzas que residen n-un pobo ou n-unha coleutividade hacia unha estrutura armónica que corresponda ó destino da coleutividade mesma»; ou, coma di outro autor, «a cultura é capacitará un pobo para que seña inteleintal-
mente aquelo que xa é por natureza». Por iso os pobos que non saben arrincar da propia y-alma unha cultura propia, teñen que desaparecer como elementos civilizadores e como entidades históricas pra se converter en colonias espirituás d'outros pobos que souperon crear a sua cultura, porque a grandeza da Historia consiste en que definitiva a vida da Humanidade non se produce con Naciós de vida patolóxica, sinon a pesar d'isas Naciós enfermas ou desconcertadas. Por iso as nacionalidades sin cultura propia sempre serán absorbidas pol-as Nacionalidades máis cultas.
Nada conquerirá unha Nación con reformas políticas sinon responden á unha cidadanía vixiante, basada n-unha cultura nacional. Serán comenencias d'una hora absorbidas pol-as comenencias d'outro istante. E voltarán os tempos vellos, con todol-os seus vicios, porque o real tende a se converter en normal. Eisi, eu non quixera para Galizia unha autonomía imposta pol-as comenencias d'arriba, si denantes non conquerise unha unidade ideolóxica; crearianse nóvos partidos políticos cos mesmos defectos dos partidos vellos. Os partidos políticos non son máis que órganos formativos de concencia política; e cando non hay cultura propia, isa concencia non eisiste, e os partidos, non podendo cumprir a sua finalidade, dexeneran en bandas asaltadoras do Poder. Por iso decía D. Segismundo Moret, ó estudial-o probrema catalán, que namentras en Cataluña os partidos monárquicos tiñan unha idealidade y-evolucionaban axeitados á concencia política d'aquele pobo, en Galizia os partidos pol-a incapacidade das xentes para elexir repersentación propia, perderon a idealidade, personalizáronse en caciques, dexenerando en tal forma que o pobo no nos distingue máis que coma dúas tandas en mútua intelixencia para o disfrute armónico das prerrogativas de goberno.
Unha autonomía política, imposta d'arriba, sin responder a necesidades d'una cultura e d'una victoria, non sería máis que unha delegación de funciós que xuntaría ós pobos por afinidades mecánicas, pero non por unha ideoloxía orgánica; e as leises non serían máis que unha forma de respeto para todal-as comenencias do Goberno Central, sin responder ó espritu do Direito da Nacionalidade autónoma, matando a finalidade máis outa do pobo, cuyo Direito debe ser un instrumento de trasformación, para convertil-o simplemente n-unha forza contentiva e retardataria; e todal-as grandes crisis
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/da/da6c/da6c4239-4f3f-4383-8e9f-0e2865d8c22a/129823222.xml
18
NOS
OS HOMES, OS FEITOS, AS VERBAS
PASCOAES.
«Las mejores poesías de los mejores poetas»
Editorial Cervantes, Barcelona.
Traductor: FERNANDO MARISTANY.
Ofércenos iste libro, traducidas ó castelán, unha escolma de poemas do nóso ademirado mestre e colaborador Teixeira de Pascoaes, o lumioso poeta que fixo metafíseca a saudade en forza de sentila fondamente no peito, e que ó deseñar en néboas de misterio e poesía, a y-alma doída y-heróica de Portugal, sacou n-ela a semblanza da y-alma de Galiza. A nobre intención do ilustre poeta Fernando Maristany de dar a coñecer do púbrico castelán ó gran poeta luso, é merecente de xusta gabanza. Ademais, il faino co'a devoción enternecida de quen sinte e comprende ó poeta traduzido, y-estuda con amore a sua obra ademirada. Por iso, o señor Maristany é un tradutor escrupuloso e fidelísemo, y-a sua obra ha ser d’ unha imensa utilidade nos paises de fala castelán. Nós, por fertuna, non precisamos pra coñecer y-amar ó mestre, de vertel-as suas obras a un idioma difrente do seu, qu' en resumidas contas é o nóso. O libro trai ademais unha breve noticia sobre Teixeira de Pascoaes, qu’ avaloran os párrafos qu’ inserta do estudo que sobre d’il fixo Maristany.
LA ESPAÑA NEGRA,
por RODRÍGUEZ SOLANA.
N-iste libro, un dos poucos que se poden ler dos que hoxe se pubrican na Hespaña, hai moitas cousas intresantes, y-un escelente enseño pra nós: dinos que nós non somos eles, e dinos as cousas d'eles das que máis non ten conta ceibarnos... Libro sinxelo, honrado, cabal com’ iles din, libro bó. Libro feito c’un óllar craro, feito c’os óllos, c’us óllos afeitos a ver nas cousas o esencial, que ven por miudo ou ven en esquema, asegún compre, e que n-iste libro nos poñen en preno sol a Hespaña moura, fanática e toureira que s’ espiolla ó sol e fede a bravío, a Hespaña ond’ o sol secou os celebros e mail-os curazós, tráxico entroido mozárabe de procesiós e de corridas e capeas, do que hastra son arredistas os espritos castelás cultivados, fósil vivente do século xvm embruxado y-enfundado na coroza y-o sambenito da inquisición... Iste
castelán qu' escribe honradamente, sen literatura, con alma de pintor da boa escola hespañola de onte, sen vestil-os esqueletes noxentos y-as lúgubres pantasmas d'ouro e de coores, coma fan os cantores de Castela, «patos del aguachirle castellana», com’ o catalán Marquina—é o que nos veu amostral-a eterna soparación, o irredutibel arredamento antr' o esprito de Castela y-o esprito nóso, sanamente cristián vor ser ainda pagán, d'un paganismo non grego—e tamén nos ven amostrare que hai casteláns c’os que podemos entendernos por seren iles castizamentes casteláns, e nós enxebrementes galegos.
BOLETÍN DE LA
REAL ACADEMIA GALLEGA,
año XI, número 137,
1.º Diciembre 1920.
Don Avelino R. Elías fai un estudo comparativo das copras galaicas co’ as copras lusitanas, poñendo intresantes eixempros nos que resulta que moitas d’elas son sinxelamentes variantes da mesma copra. Xa D. Antonio Saco y-Arce no cancioneiro popular galego qu’ está pubricando o Boletín de la Comisión de Monumentos d’ Ourense, tivera a curiosidade d’ anotar moitas variantes portuguesas das copras galegas.—Un estudo de César Vaamonde Lores sobr’un antigo escudo da Cruña.—Reseña dos autos de receución de Rey Soto e do nóso grorioso compañeiro Cabanillas na Academia, e do homenaxe a D. Manuel Murguía en Mondariz, etc.
PROA
«Fulla de poesía i guerra», chama a esta baruda e franca afirmación en creación e novedade do xenio catalán, o seu direitor, o poeta Salvat Papasseit. Folla qu’ está pedindo un asta pra chantala no chao com’ unha bandeira qu’ ondeiase ó vento de mañán, «senyera» d’un nóvo catalanismo d’arelas ilimitadas, catalanismo catalán, que volve a pedir con Bofill i Matas «Una Catalunya petita» millor qu’a «Espanya gran» dos corifeus da Lliga, com’ indica coa sua ademirabel sinxeleza Tomás Garcés nas colunas de Proa, onde, mestre de craridade, fainos vel-o federalismo vencido pol-o impulso natural do nazonalismo, que ha seguir a lei de libertá qu’imprica a autonomía y-espontanei-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/da/da6c/da6c4239-4f3f-4383-8e9f-0e2865d8c22a/129823226.xml
FRÁBICA MECÁNICA DE CALZADO
DE
ANXEL SENRA
RÚA XUAN FLÓREZ
Depósito: Cantón Grande, 15 - A CRUNA
Gran Café "LA UNIÓN"
O MILLOR SITUADO E DE MAIS CONFORT
BILLARES - VARIETÉS - SEXTETO
Nóvos propietarios: MANUEL VAZQUEZ :-: EULOGIO ALBERTE
PEREIRA, 13 TELÉFONO NÚM. 61
"GRAN HOTEL ROMA"
MONTADO CON TODO CONFORT E HIXENE MODERNOS :-: COCIÑA VARIADA E SANA
PENSIÓN COMPRETA DE 10 A 50 PESETAS
SITUADA NO MAIS CÉNTRICO DA CAPITAL
Progreso, 71 OURENSE Teléfono, 78
SANATORIO QUIRURXICO D'OURENSE
DIRIXIDO POR
D. Manuel Pol Piñeiro D. Manuel Peña Rey
Ciruxia xeneral y-especialidás Xinecoloxía e partos
Istalado en sitio sano e pintoresco (carretera da Loña).
Conta con elementos precisos pr' á boa asistencia dos operados.
Moi logo istalará RAYOS X.
PRA DETALLES DIRIXIRSE A UN DOS DIREITORES
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/da/da6c/da6c4239-4f3f-4383-8e9f-0e2865d8c22a/129823227.xml
TARIFA D'ANUNCIO
Ordinario Esclusivo
Unha plana .......... 60 ptas. 120 ptas.
1/2 plana .......... 30 » 60 »
1/4 plana .......... 15 » 30 »
1/8 plana .......... 7'50 »
Na cuberta esterior e follas intercaladas antr' as do testo:
Unha plana .......... 100 » 200 »
1/2 plana .......... 50 » 100 »
1/4 plana .......... 25 » 50 »
1/8 plana .......... 12'50 »
Os precios son por inserción. Nos abonos por mais de seis inserciós faise un desconto, no anuncio ordinario do 10 por 100 e nos escrusivos do 15 por 100.
L'UNIÓN ♦ Compañía francesa de seguros contra incendios
Subdireitor en Ourense Salvador Caneiro RUA DO INSTITUTO
NOVA AXENCIA DOS CAMIÑOS DE FERRO
Alvarado & Telmo
Despachan e tramitan toda clás de reclamaciós y-asuntos que se teñan cos camiños de ferro
PONTE MAYOR (Ourense)
NUEVO BAZAR ♦ Ramón Puga & Hnos
Muebles, Louza, Cristal, Prefumeria, Mercería, Útiles de viaxe, Eleutricidá e pra regalos
Tendas 9 e 11 OURENSE
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/da/da6c/da6c4239-4f3f-4383-8e9f-0e2865d8c22a/12982322.xml
NÓS BOLETÍN MENSUAL DA CULTURA GALEGA, ÓRGAO DA SOCIEDADE GALEGA DE PUBLICACIÓNS «NÓS»
DIREITOR:
Vicente Risco
XERENTE:
Arturo Noguerol
REDAUTOR-XEFE:
Xavier Prado (Lameiro)
SEGREDARIO DA REDAUCIÓN:
Xulio Gallego
REDAUTORES:
Ramón Cabanillas, Alfonso R. Castelao, Antón Losada Diéguez, Ramón Otero Pedrayo, Florentino L. Cuevillas, Leuter González Salgado
COLABORADORES:
Teixeira de Pascoaes, Johan Viqueira, Philéas Lebesgue, Leonardo Rodríguez, Antón Villar Ponte, Wenceslao Fernández Flórez, Xaime Quintanilla, Antón Noriega Varela, Gonzalo Abente, Manoel Banet Fontela, Lois Peña Novo, Eladio Rodríguez González, Ernesto Rivera, Marqués de Figueroa, Antón Palacios, Leonardo Coimbra, Amador Villar, Alvaro Cebreiro, Alexandre de Córdoba, J. Cervaens Rodrígues, Xulio A. Cuevillas, Victoriano Taibo, Xulio Prieto, Xosé Fernández Martínez, Farruco Lamas, etc., etc.
REDAUCIÓN Y-ADEMINISTRACIÓN
Padre Feixóo, 12
ABONAMENTO
Doce números, na Península ...... 6 ptas.
Fóra ................................. 15 ptas.
Número sóto, 60 cts. na Península, 1'50 ptas. fora
Iste boletín non publica mais orixinás que os que foran direitamentes solicitados pol-a Direución. —Tampouco se fai solidario das ideas n-elas emitidas, non sendo dos que por non iren firmados, enténdense que son da Redaución.
SUMARIO
No Facho — O Carballo (sonetos), GONZALO LÓPEZ ABENTE.
Pensamentos pra unha Universidade galega, JOHAN VIQUEIRA.
Da paisaxe e a pintura en Galizia, ANTÓN VILLAR PONTE.
Coidado cos bicos (poema), AMADOR VILLAR.
Nacionalismo e Democracia (ensayos políticos), LOIS PEÑA NÓVO.
Un canto na noite, HRAND NAZARIANTZ.
O poeta armenio Hrand Nazariantz, VICENTE RISCO.
Os homes, os feitos, as verbas, pol-a REDAUCIÓN.
Letras e artes galegas.
Libros.
Revistas.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/da/da6c/da6c4239-4f3f-4383-8e9f-0e2865d8c22a/129823223.xml
NÓS dade sociais... Siguen versos de López-Picó, T. Catasús, J. Cladesol e J. M. Junoy, un dibuxo de Manuel Humbert y-un bronce de M. Hugué, todo elo cheo d'un craror de sol mediterráneo e d'un pulo de vida libre e nóva qu'a un tempo serea y-alcende.
NOS saúda fraternalmentes a esta folla baruda e franca, «senyera» d' unha nóva Cataluña, máis afincada que nunca en sí mesma, máis lonxe de nós e máis irmá...
MONDARIZ,
suplemento a LA TEMPORADA,
20, Enero, 1921.
Recibimos este intresante boletín de divulgación galega e de divulgación medical, que é un pouco da obra tan dina de louba dos antusiastas patriotas galegos Sres. Peinador.
Fóra da parte medical, autorizada por sinaturas com’as dos Dres. Pittaluga, Kohly y Fernández e Cano Pinteño, iste númaro trai: Gallegas ilustres: La Marquesa de Bóveda de Limia. Virginia Felicia Auber.—El Monte Santa Tecla por E. Comber, con intresantes fotografías do Museu da Sociedá Pro Monte.— De lo que motivó la ocupación de Galicia por los ingleses en los años 1386 y 87 por M. Murguía.—Un conto de Prudencio Canitrot e fotografías de Mondariz, e da porta de San Xeróme de Santiago.
BOLETÍN DE LA COMISIÓN
DE MONUMENTOS,
núm. 134 y 35 Orense,
Septiembre-Octubre
e Noviembre-Diciembre, 1920.
O númaro 134 adica dous sentidos artigos á lembranza do membro ilustre da Comisión don Manuel Martínez Sueiro que tan fondo e variado labore deixou feito, moito d'il inédito aínda, e do meirande intrés pr'á nósa Terra. Tamén hai unha lembranza, un pouco serodia, pra outro galego ilustre: o estoriador ribeirao don Leopoldo Meruéndano, traballador xeitoso e incansabel.—Sigue a Literatura popular de Galicia de D. Juan A. Saco Arce, y-os documentos do Archivo Catedral d’ Ourense, d' os que inserta cinco do século xv.
O númaro 135 trai unha intresante investigación de D. Marcelo Macías sobre Donde pasó su infancia D. Alfonso el Sabio. Parés por un privilexo d' Alfonso XI, confirmando outros qu'a sua vez confirman un do Rei Sabio datado en Burgos, 25 Febreiro 1255, no que decrara que
D. García Fernández o criou en Villademiro y-en Celada, na provincia de Burgos. Mais, apoyándose n-outro documento de donación de D. Fernando III a Garci Fernández da vila de Manzaneda, na Limia, deduz o Sr. Macías que o Rei Sabio pasou algún tempo n-esta vila co seu ayo, y-eiqui se perfeucionou n-a língoa galega «que hoy desprecian cuatro ingratos semidoctos que la han mamado», según di o P. Sarmiento no seu opúsculo Nacimiento y crianza de San Fernando en Galicia—e qu'il xa coñecía, xa que lle era familiar ó seu pai. Supón o señor Macías qu'a estancia do Rei Sabio en Galizia foi despois do 18 d’ Agosto de 1232, cando tiña xa perto d' once anos.=Reproduz a donación de San Rosendo ó Convento de Celanoya.—Efemérides para la historia de la provincia y el Obispado de Orense por Benito F. Alonso.—Documentos del Archivo Catedral de Orense, con varios do século xv.
A AGVIA,
Porto, númaros 101 e 102,
Maio e Junho 1920.
A contribución dos escritores brasileiros, moi aumentada n-istes númaros derradeiros de A Aguia, ven a lembrarnos da esistencia autual e palpabel d' un imperio lingitísteco nóso (galaico portugués, ou pangaleguista) ben máis dilatado territorialmentes do que o imperio do castelán.
O volume que relatamos, trai:
Cartas de Castilho por Alberto Pimentel.—
Laudes do Jardim Real, poemas imitando os versos crásicos, por Carlos Magalhães de Azevedo, da Academia Brasileira.—Diálogos de Curiosos por Mario de Alencar, da Academia Brasileira.—Literatura rusa por Miguel Rodrigues.—Músicos portugueses por D. Miguel de Sotto Mayor.—A conquista de Ceuta (ensaio de interpretacáo náo romántica do texto de Azurara) por Antonio Sergio.—Carta do Brasil.—Bibliografía.
HERMES,
revista del Pais Vasco,
Dicembre 1920 e Enero 1921.
O númaro de Nadal trai unhas notas de Salvador de Madariaga sobre do Arte Vasco en la Exposición de Londres, nas que fala de Zuloaga, Ramón e Valentín Zubiarre, Salaverría, Maeztu, Guezala, Arteta y-Arrúe. Deduz coma carauteres diferenciais da Arte vasca, os seguintes: tendencia ós tonos escuros—composición insegura ou defeitosa—gosto pol-o pintoresco—máis forza do que gracia—máisima sensibridade
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/da/da6c/da6c4239-4f3f-4383-8e9f-0e2865d8c22a/129823225.xml
AGUAS MINERO-MEDICINALES
BICARBONATADO-SÓDICAS
MONDARIZ
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/da/da6c/da6c4239-4f3f-4383-8e9f-0e2865d8c22a/129823212.xml
BIBLIOTECA DE GALICIA
S
sentárase por grupos sobre d'ela. ¡Sentémonos tamén nós sobre a nósa herbiña fresca e recendente, inda máis vizosa pol-o inverno do que pol-o vrán, e pensemos óllando para os cumes, coroados de pinos, ou ermos e irtos, como farulas de leprosos, que todol-os criadores de relixións fixeron os seus primeiros sermóns na montaña... E nós témolo cumio do Cebreiro que agarda pol-os nóvos cabaleiros do nóvo mito do Santo Grial.
Eu pídovos con Augusto Rodín, lembrando o seu libro «Todo é belo na Natureza», que «sexades sinceiros»; que pensedes que «no arte non hai nada feio, agás aquelo que non tén carácter é dicir, aquelo que non contén unha verdade». Entendendo, o mesmo que Rodín, que «carácter é a verdade de todo ouxeto na natureza, xa sexa feio ou fermoso».
O pobo artista
Hastra agora, como dixera Castelao, dend'a nósa longa decadencia, só os labregos, os aldeáns, fono artistas, dignos de tal nome na Galizia. Porque eles cultivaron e conservaron as cantigas, os bailes, as tradiciós, as saudades, o culto á terra, a riqueza da fala; só eles, co'as suas almas infruidas pol-a paisaxe consustancializaron o seu ser na eterna armonía do anaco de cosmos onde Dios lles dou a vida. Todol-os elementos da arte propia, ficaron perpetuados por eles somentes a través dos séculos. Sin eles, Galizia no pórtico do futuro, vería escrito o *lasciate ogni speranza* que Dante léu no limiar do Inferno.
Mais os outros galegos, os galegos das vilas (os galegos de partida bautismal únicamente), con tod'a sua cencia i-a sua arte, non fixeron cousa útil, cousa de trascendencia. Viviron «formando cola no teatro da vida». I-eu lémbrovos o terceiro canto da «Divina Comedia» que lles acai moi bén a eses galeguiños estériles. Dante n-él pergunta a Virxilio cuaes son as almas que, errantes a carón das portas do inferno, saloucan baixo o ceo sin estrellas. E Virxilio respóndelle: «Son as almas de quenes veñen da terra sin virtude e sin vicio, que non foron nin para Dios, nin contra Dios. O ceo recházaas para que seu esprendor se non vexa escurecido; o inferno repúdiaas para non atenuar seu horrore. O mundo non garda seu recordo; a misericordia i-a xustiza, desdéñannas. Non falemos d’elas: ólla e pasa.»
En troques, os nósos labregos, os nósos aldeáns, inda sendo moitos analfabetos, poderán infruídos pol-a forza da saudade que lles ateiga o corazón, ó pensaren no misterio da morte, coincidir con Maragall n-aquela sinceira e sinxela arela:
*Esta terra con tod’ o qu’ ela cría é unha patria, Señor, e non podría ser tamén unha patria Celestial?*
Porque adoran a Dios no que Dios fixo «para eles». Porque sinten a paisaxe «com'un estado d' alma», según a frase d’ Amiel, porque son un eterno motivo da moderna teoría da herencia psicolóxica que tan bén s'axeita co'a antiga idea de preesistencia; porque son homes «crisálidas do infinito», criadores d'invulnerabels vidas anteriores que proban que o mundo non vén sendo máis que un feixe de fenómenos solidarios que continamente andan a se renovaren, lembrando que na máis miuda célula áchase acugulada a vida da raza, a suma de sensacións percibidas durante mileiros d' anos... Cecais «a saudade do eterno retorno» de que falara o tolo Nietzsche.
Concepto e loubanza da terra
Espresamos fai pouco c' unha frase d’ Amiel que «a paisaxe é un estado d'alma». Pois don Francisco Giner de los Ríos dounos a coñecer unhas verbas da ferrolana ilustre Concepción Arenal, que coinciden co’ as d’ Amiel.
«Acontece c'a paisaxe—dixolle a Arenal a Giner—o que con certas pousadas aldeáns, nas que, cando o viaxeiro pergunta: «¿Qué hai de xantar?», lles contestan: “O que vostede traya». E iso terá de sel-a paisaxe: o que vostede ou cada un traya.»
A este respecto poido escrebir Azorín que os logares morren com' os homes, inda que parezan subsistire: que os logares son a nósa sensibilidade, e que un logar que ten atraguido e polarizado a sensibilidade humana, non di nada cando o tempo apagou seus motivos d' escitación espiritoal, ficando entón no íntimo do espirito, a sua imaxe. Mas esto refirese ó sentimental pasaxeiro, non ó influxo do médeo ambente sempre perene.
Ben dixo Ortega Gasset, que, drento da bioloxía moderna, dllase que cada individo nasce c'o seu médeo propio e que a vida do home é un diálogo entr’ o espírito i-o seu contorno. Só baixo a especie de rexión influe a terra sobr' o home. A configuración, a escultura do tarreo, poboada de suas prantas familiares, e sobre d'ela o ár húmedo ou seco, é u gran escultor da humanidade. Como a i-auga dalle á pedra pingota a pingota, sua laboranza, así o paisaxe modela sua raza d’omes, pingota a pingota, é dicire, costume a costume. Un pobo
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/da/da6c/da6c4239-4f3f-4383-8e9f-0e2865d8c22a/129823211.xml
Cuberta d' escumas
D' escumas que o mare
Con pelras gomita;
De froles que nascen
O pe das fontiñas.
De vales tan fondos,
Tan verdes, tan frescos,
Que as penas se calman
Non máis que con velos
Que os anxeles n-eles
Dormidos se quedan,
Xa en forma de pombas,
Xa en forma de brétemas.
Campaban os prados,
Deitaban as fontes
Antr' herbas e viñas,
Figueiras e robres
Tocaban as gaitas
Ó son das pandeiras;
Bailaban os mozos
C' as mozas sinxelas.
¡Qué cofias tan brancas!
¡Qué panos con frecos!
¡Qué dengues de grana!
¡Qué sintas, qué adrezos!
¡Qué ricos mandiles!
¡Qué verdes refaixos!
¡Qué feitos xustillos
De cór colorado!
Tan vivos colores
A vista trubaban.
De velos tan varios
O sol se folgaba
Cantar t'hei Galizia,
Na lingua galega,
Consolo dos males,
Alivio das penas
Cal ela ningunha
Tan doce, que cante
Soidades amargas,
Sospiros amantes...
N-estes versos está todo, todo o nóso pintoresco, todo o nóso sentimental, as nósas supersticións paganas misturadas c'o relixioso, fillas da influencia da paisaxe, as nósas soidades raciaes, canto agora ven sistematizando Teixeira de Pascoas. Son Galizia supervalorizada com' o lugar máis fermoso do mundo, son sínteses das belezas da campía, e do ledo coorido das nósas festas, que tanto tardaron en levar ó lenzo os pintores galegos, por estaren xordos para escoitar a voz da raza, efecto da mediatización centralista que sofrian. Son versos tan inspirados e tan permanentes, que sempre que se faiga un coadro, ben do xeito dos de Sotomaior, ben do xeito dos de Imeldo Corral, nunca se
poderá dicir outra cousa, senon que somellan ilustracións fieles dos «Cantares» de Rosalía. ¡E inda houbo un galego, un galego dos moitos perdidos na Corte, o doutor Carracido, que s' atreveu a afirmar que os millores traballos da autora de «Follas Nóvas» eran os feitos en castelán! ¡E inda non houbo ninguén hasta nósco—despois de tanto falarse de Rosalía—que acertare a se decatare do senso transcendente da sua xenreira por Castela que a levou, drento do medio poético, a ser a millor paisaxista do chan irto da meseta! ¡Da meseta que esnaquizou o nóso sentimento racial e tivo adormentada hastra agora a nósa espiritualidade!
Que o mar deixouna esquecida
E lonxe d' ela correron
As brandas augas que traen
De prantas cen semilleiros
Sin arbres que lle den sombra,
Sin sombra que lle de alento...
Chaura e sempre chaura...
Deserto e sempre deserto..
E vállanos o ritornello para arrenegar de tantos escritores galegos e de tantos artistas galegos que esqueceron e siguen esquecendo aínda infruidos pol-o pensamento fillo d' ese deserto sin sombra e sin arbres, tan arredado do mare, canto val a nósa terra meiga verde e fresca, e canto d'ela se pode colleitar para ofrendalo ó mundo. ¡Pintores e escritores que me lédes, todo o bó que faigades—e solo pode ser bó o que s' arrinca da propia i-alma, estatua esculpida pol-a paisaxe, para que sexa alma propia—todo o bó que faigades, dígovos, ha ser sempre tributario do verbo de Rosalía! Rosalía dounos as táboas da nóva lei, das que os homes do «novecentos» temos que ser evanxelistas. Rosalía, adiantándose ó seu tempo, como todol-os xenios, para facerse de todol-os tempos, agora escomenza a atopar discípulos. Morreu en cruz, traspasada por un cravo de door no corazón, que o miragre trocou en rosa de cen follas inmorrentes. Seu Calvario foi Castela. Un Calvario en terra chan, sin morte... Que quer dicir que nós témonos que atopar un día nos nósos montes. Rosalía hoxe é a chamada da Terra. Ela estima como Dante que solo a imaxe da herba verde baixo os pes do home pode ser consolo de longos desterros e estímulo fecundo para autuacións de transcendencia. Porque a herbiña tan homilde, tan deble—según lembraba Ruskin, que a cantou xenialmente—foi bendecida por Cristo e por Cristo honorada, cando enantes do seu maior miragre—a multiplicación dos pans—ordenara ó pobo que
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/da/da6c/da6c4239-4f3f-4383-8e9f-0e2865d8c22a/129823213.xml
NOS
é primeiro que todo un reportorio de costumes. E cada vez a Geogralía moderna vaille concedendo maior importancia á idea de «rexión natural». Frente a todal-as entidades abstractas, a rexión natural afirma sua calidade reial d'un xeito moi sinxelo: meténdose pol-os óllos. Somentes é rexión, somentes é unidade xeográfica, aquel anaco do praneta cuios caracteres típicos poden acharse presentes n-unha sola visión.
Mas o que dixo Ortega Gasset e que enantes dixeran Peladan e outros, ninguén o ten sistematizado com'o gran Teixeira de Pascoaes, como este ilustre poeta luso, autor do libro notabre que todos debérades lere, Arte de ser Portugués. Teixeira de Pascoaes, estudando de xeito belísimo a paisaxe da sua terra, chega a facer observar como os caracteres d' aquela coinciden c'os da i-alma patria.
A paisaxe—di o ademirabel saudosista lusitano—non é unha cousa inanimada; ten un alma que actua con amor ou dór sobre as nósas ideas ou sentimentos, trasmitindolles o quer que é da sua esencia, da sua vaga e remota cualidade que, n-eles, conquistan aición moral conscente. A nósa alma, comulgando a alma da paisaxe, adquirelle as cualidades e, en troque, oferécelle a propria vida. Por iso a paisaxe representa un gran papel na esistencia do home; ten sobre él como que un poder de herenza, igoal ó dos pantasmas avoengos. O estudo da paisaxe, como exercendo unha influencia moral no home, creio que está disgraciadamente, por facer—o que torna incompleto o coñecimento da alma humana, deixando, na sombra, a orixe e a natureza d'alguns sentimentos e instintos (o da beleza e o do crime, por exemplo, nas suas formas panteistas), de certas modificacións que sofren, de certas nuances que adquiren, etc.
E apunta o feito de que en Traz-os-Montes, paisaxe doorosa, hai máis crimes de morte, do que no Miño, paisaxe alegre e feliz. No Miño alegre - di él—a navalla que mata, convirteuse na ponla d' arbre que fai barullo. O instrumento criminal vexetalizouse e o pau, é por asi decir, o crime d' ofensa corporal paganizado...
A voz do sangue, no que berran vellas traxedias e murmuran vellos soños,—concruye Teixeira—responde á voz da terra, e este diálogo misterioso mostra os caracteres en que se define a nosa íntima fisonomía.
Asi eu digovos que pol-a influencia da paisaxe poderemos chegar, entre moitas cousas mais, a creare lazos d’ amore entre Portugal e Galizia, que han sere beneficiosos e fecundos para toda a Iberia. Ao sentire a nósa paisaxe chegaremos a sentir a «mentira estatal» que nos fai por circunstancias históricas lamentables debidas ó espírito irto da meseta castelá, deter os nósos pes na fronteira do Miño, d'este río tan nóso que nasce e morre na Galizia, cando alen e aquende das suas ribeiras a mesma natureza esprendida fala d'unha paisaxe igoal pol-a que os homes son moldeados d' idéntico xeito.
Dixo n-unha conferencia sua, na Cruña, Ortega Gasset, Mío Cid que vivía en Medinaceli, ia todal-as seras hasta un outeiro dend” o que atalayaba o val no que se ergue Atienza, c'o seu castelo enriba d'unha pena. E como este castelo áchabase mas maus dos mouros, sintia 6 velo unha fonda dóre, que cecais ll obrigaba a pensare: «Hai na miña paisaxe algo que me roubaron». E tencionaba conquistalo.
Eu tamén digovos que estiven unha tarde enteira, en Tuy, óllando as vellas fortalezas de Valenga do Miño, abraido ó decatarme que a nósco os galegos robóusenos igualmente un algo, senon moito da nósa paisaxe...
Sobráballe a razón 6 que escrebiu que a paisaxe é o nóso destino, e que, o mesmo Dios cando quixo facer alianza c'o home, oferceulle a Terra Prometida: unha paisaxe.
A nósa oferenda
Conta Navarro Ledesma, n-un traballo notabre seu, que, cando Ganivet, aquel home malogrado, aquel espirito esquisito, de retorno á sua terra andaluza, despois d’ alguns anos d' ausencia, óllou o verde da campía patria, non poido menos de s’ estambullare sobre d' él, choutando coma un neno, para romatar, comendo a herba n-un rauto d'amore panteista. Non soubo d’ outro xeito millor o ilustre Ganivet para espresal-a ledicia de voltar á posesión da sua paisaxe. A paisaxe fixo xermolar n-él a saudosa arela d'un retornello ós inesquecentes tempos da infancia. Inda que o verde andaluz é probe en comparanza ¢’ O nóso...
¡O nóso verde, o verde enmeigadore da nósa paisaxe, fontenla sempre gurgullante e cristaíña da eterna saudade que nos ateiga a i-alma no desterro! Para renderlle unha ofrenda sinxela e pura, para materializalo drento do nóso corpo, para sentilo fervoar amorosiño nos roxos rubros do sangue, eu teño feito moitas veces unha poética consumación pagana: a de beber na branca chouza dos labregos unha cunca de branco leite escumadore e piorno i-unha xerriña de louro me} docísimo. Porque no branco e sabroso leite poño a lembranza da vaquiña marela
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/da/da6c/da6c4239-4f3f-4383-8e9f-0e2865d8c22a/12982327.xml
BIBLIOTECA DE GALICIA
3
NOS
terra quedando asín a carreira d’architectura reservada non aos mellores senón aos que poidan tel-os medios económicos que fan falla pr’a seguiren longe da súa casa longos estudos. Ademais non surdirá d’esta maneira mais que dificilmente un traballo renovador sabor da nósa tradición arquitectónica. U mesmo pódese decer na enxeñería. Porque non levar tamén estes estudos á universidade, como xa se ten feito n-outras partes, enriquecéndoa asín material e espiritualmente?
V
Como orgo da cultura galega a nósa universidade debe ollar pr’a os países afíns esos que bordean o Atlántico e establecer relacións con eles. Portugal, América do Sur, Brasil e América do Norte, Francia, Irlanda, Inglaterra, son países que hoxe cuase non coñece o nóso pobo máis que polo nome ou superficialmente, só no seu aspecto externo, e con os que convivindo obteriamos moito proveito e levaríamos o nóso traballo ao tesouro universal da humanidade. Con Portugal desde o momento actual podíase facer moito. Condición indispensable pr’a o que agora me ocupa é que apréndase ademais do francés, o inglés nos nósos Institutos e que en todos eles se insiñe galego e portugués o que valería mais pr’a as amistades ibéricas que os retóricos saudos diplomáticos. Despois o intertroque de profesores, os viajes d’estudo serían tan fáciles como útiles.
VI
Compostela, vello niño bretemoso de poetas e cantores, pode aínda se nós sabemos facelo, ser o santuario da alma galega.
Johan VIQUEIRA
(1) Pr’a esto conviría primeiro unificarmoso nóso idioma o que se podía facer por un acordo de todol-os escritores e unha publicación de regras.
DA PAISAXE E A PINTURA EN GALIZIA
A condesa de Pardo Bazán na revista «NuestroTiempo», vai para dez anos que dixo: «Sempre que os estranxeiros me falan de pintura hespañola, fáigolles notar que si, por azares imprevistos, a metade da Hespaña s’escindise da outra metade, reuníndose a Portugal tod’a zona cantábrica e restándolle só á nazonalidade, incorporado a Castela, o que baña o último termo do mar Atlántico hacia o Estreito de Xibraltar e o que ólla ó Mediterráneo, Hespaña non perdería o solar de ningunha das súas glorias artísticas pitóricas.»
A condesa de Pardo Bazán falaba c’os ollos no pretérito, allea ás fondas sorpresas do porvire. Allea, ben allea a que ela mesma ós poucos anos tería de inaugurar unha notabre Exposición d’Arte Galega na Coruña. Cando escribiu aquel artigo na revista «Nuestro Tiempo» tiña aínda o prexuicio tan xeral e asurdo, espallado dende Madrid ó resto da Península, de que a pintura era un patrimonio das terras de sol. Esqueceran ou iñoraban os pseudo-críticos casteláns que a Inglaterra bretemosa fora o berce do realismo pitórico; esqueceran ou iñoraban
tamén que o ambiente que produxo a arte de Nuño Gonçalvez, podería producir unha gran escola de pintura, cando chegaren a se dare as condicións doadas para elo.
O Noroeste da Península, conforme a tal crenza, ficaba condenado a non ter endexamáis unha escola pitórica. Produciría, por casualidade, algún artista illado, como por esceución, mas a conservación das tradicións da pintura, achábase reservada para Levante, Andalucía e Castela. Os feitos parecían mostrarse d’acordo con esta teoría. En estudos doutrinais xeralizábase dogmáticamente sobre o particular. Trunfaban, n-efeito, os artistas valencians, catalans, casteláns e andaluces. Era caso raro o d’un Zuloaga, basco, ultrapasando as fronteiras ibéricas en ás d’unha fonda e fecunda xenialidade, inda que Zuloaga—dándolles a razón ós voceiros d’aquela crenza errónea, en troques de lla quitare—na pintura devenía centro-meridionalista, pol-os seus temas, lembrándonos ó poeta cubano Heredia, poeta sin patria, xa que escribira en francés.
Mas axiña en Baskonia começaram a surdir
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/da/da6c/da6c4239-4f3f-4383-8e9f-0e2865d8c22a/129823210.xml
Solo pesoñosas charcas
Detidas no ardente y-ermo,
Tés, Castela, que humedezan
Eses teus labios sedentos
Que o mar deixoute esquecida,
E lonxe de ti correron
As brandas augas que traen
De prantas cen semilleiros.
Nin arbres que che den sombra,
Nin sombra que preste alento...
Chaura e sempre chaura...
Deserto e sempre deserto...
Esto che tocou, coitada,
Por herencia no universo.
En verdá non hai, Castela,
Nada coma ti, tan feio.
¡Rosalía!... As nóvas xeneracións, poranse espiritualmente axoenlladas didiante da tua lembranza lumiosa, mentres o curazón lles latexe no peito... Xa que as xeneracións pasadas non souberon entenderte. ¡Rosalía! Es ti a pedra angular da nóva Galizia nascente. Es ti, o máis outo valor nóso. Es ti o xenio da Raza que tomou carne mortal na vella Compostela, na nósa santa cidade dos miragres, pra imortalizar o espirito feito lus eterna, trunfante da negra sombra, e trunfante do tempo e dos tempos, com'o reisiñol encantado da lenda do «Monxe i-o paxariño».
Moitos estudos e biografías e artigos, lévanse escrevido sobre Rosalía Castro, mas en ningures dóuselle o seu xeito de ver a paisaxe castelán e a i-alma castelán, esta interpretación trascendente que nós ollamos. Rosalía é un dos poetas líricos meirandes do século XIX en toda a Europa. Rosalía pol-o mesmo, tivo a videncia do vate providencial que cada raza produce en cada cento d'anos. Tivo, porén, a virtude do xenio de ser «contemporánea de cada día». E cando o sentimento da terra ia camiño d'esvaire totalmente dos corazóns galegos e cara a Castela dirixían os seus ollos cantos no nóso chan nasceran, postos de costas ás fontes da propia arte que deitaban esquecidos na formosa paisaxe que Dios nos dou, ela quixo sinalar o contraste entr' a Natureza enxebre i-a Natureza de Castela. I-aquel contraste non foi enxerguido pol-as xeneracións oitocentistas. I-as suas xenreiras por Castela interpretábanse como laios d'un corazón de muller ateigado co'a morriña do desterro pasaxeiro e levían. Pro era máis que unha morriña individual. Era máis que o sentimento vulgar d'una probe dona que salaia pol-a beleza dos seus eidos nativos ao verse alonxada temporalmente d'eles. Era a voz da raza presentindo a influencia da paisaxe nas almas, que logo a cencia con Taine, con Montesquieu, con Ritter, e outros, tería de sistematizar; era a voz da raza que foi, e inda sigue sendo vox clamantis in deserto, para a mocedade de sapos que deixando como a toupa os ollos pol-o rabo, continúa ainda a facer versos e prosas retóricas e hocas en castelán, versos e prosas cursis e gongorinos, onde o chan de Castela é un tema namorante i-as belezas paradisíacas do chan nativo algo sin valor e sin forza inspiradora para eles. Era a voz da raza que non souperon escoitar os escravos das modas literarias, eses escritores galegos valeiros d' espírito que somentes começaram a se decatarem de que a paisaxe i-as tradicións enxebres, merecían estimanza, cando Valle Inclán llo dixo n-un estilo bilingüe tributario estética e sentimentalmente, do italiano D’ Annunzio e dos escritores irmans da Lusitania. Tiñan a man o medio de beberen directamente do manantial valéndose do seu propio vaso a i-auga fresca e gurgulladora da poesía pura, e preferiron, imbéciles e escuros, recibila e catala por estranos condutos. Atopaban i-atopan ainda encantos n-un chan alleo, que nada pode lles dicire ós corazóns da terra verde do noroeste, n-un chan onde os espíritos se divorcian da natureza pra buscaren no ceo o que a terra lles nega—a fermosura—un chan que solo tén un valor para nósco, o valor do contraste, i-así resultan almas secas, almas d' esparto, almas que para coño«elas hai que inventalas, como dixo Niezstche, almas tan tristes cal os chopos solitarios da meseta erma onde os paxaros cantareiros nunca facerán niño e onde en troques berrarán as fúnebres cigüeñas que chuchan o sagro aceite das lampas votivas dos santuarios...
Azorín, quixo dar unha impresión da paisaxe da Hespaña n-un libro que todos coñecedes, através de trechos de obras d' escritores rexionaes. Mas Azorín non estivo feliz no seu intento pol-o que fai á Galizia. Basóuse pra describir a nósa Terra n-un anaquiño de prosa enxebre do prólego que Rosalía puxo a «Follas Nóvas». E non soubo interpretar o espirito dos «Cantares»—que teria de ser o acertado—como nós o fixemos agora inda que á lixeira.
Non soupo glosar, íl tan sotil e esquisito, aqués versos da nósa santa rula, que dín:
Lugar máis fermoso
No mundo n-achara
Que aquel de Galizia,
Galizia encantada
Galizia frorida,
Cal ela ningunha,
De froles cuberta,
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/da/da6c/da6c4239-4f3f-4383-8e9f-0e2865d8c22a/129823215.xml
NOS 11
COIDADO COS BICOS
Pidíulle un bico o noivo a Rosalía,
Mais ista non ll’ o deu;
Y-aquil amante, que d’ amor morria,
De gran pesar morreu.
Unha proba pedía o coitadiño
De que o quería ben;
Y-a coitada por il tiña cariño,
Y-era casta tamén.
Por eso cando soupo que matara
Ó seu primeiro amor,
Non é estrano qu’ ó seu pudor botara
A culpa do seu dór.
Mais como o tempo alivia os males moito,
Outro amante topou,
Y-éste ó pidirlle un bico, aixiña o loito
Do outro noivo lembrou.
¿Qué fago? — dixos’ éla — pois eu temo
Que vaya soceder
Co meu amor segundo... ¡toma! ¡demo!
& co’ il todo o meu sér.
Y-a probe deulle un bico, agasalleira,
& pensou aquil ruin:
Non sirves ti pra miña compañeira,
Qu' eres lixeira ó fin.
& cando aquil mal home abandonouna,
Tal anguetra colleu,
Que á xoiña un gran mal ó fin levouna,
Cando a folla caeu.
AMADOR VILLAR
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/da/da6c/da6c4239-4f3f-4383-8e9f-0e2865d8c22a/12982329.xml
NOS
luz i-o nóso verde—chegamos a pensar pol-o que nos dixeran alleos—non valían pra seren levados ó lenzo. O nóso orballo e a nósa chuva miuda, eran cousas da nósa terra que nos facian inferiores. Até as nósas mulleres e os nósos homes coidaban moitos que non resistían a comparanza c’ os d’ outros pobos. Só mandámos con fachenda ós boletís castelás aqueles retratos de mozos que parescían señoritos de «cabaret» e de mozas que c’o mantón de Manila puideran resultaren moi «chulas». As nósas diferenciacións caraiteristecas n-ise ambente poderían xurdire?
Pois a nósa música tamén era cousa ridícola. Os alalás, i-as cantigas populares, sirvían de bulra a moitos; inda hoxe pesi-a qu’ os patrióticos coros enxebres, que iniciou en boa hora Perfeuto Feixóo, a dinificaron, atopa na clás meia que quere pasar por aristocracia, un xeito de desdén. Xeito de desdén que se troca en ademiración pr’á música popular d’outros pobos. E ¿qué compositores poderíamos ter así? O valor dos nósos cantos ó lado dos flamengos que probe o viamos. A nósa fala que «ordinaria». Os nósos bailes, riveiranas, muiñeiras, porque nos avergoñaban, os esquecimos, mentres ningunha outra rexión d’ Hespaña esqueceu os seus, pois ben sabedes como os señores vascos e cataláns e aragoneses, verbigracia, cultivanos inda con nobre orgulo. O valor da nósa paisaxe e dos elementos naturaes que a integran era—como xa dixemos—unha disgracia pra nós. A chuva, o orballo, a brétema, tanto verde, tanto monte, tanto gris ¡que doore! En troques, ¡oh, aquel ceo de Castela e d’ Andalucía! ¡Aqueles chaos imensos!...
E d’iste xeito, fallos do poder d’ esaltación, forza suprema do artista, pra todo o consustancial c’ o nóso espírito ¿qué outra cousa senón a escravitude moral e o rebaixamento maor poderíamos colleitare? ¡Si hasta os nomes dos nósos xenios, dos nósos artistas, dos nósos homes de cencia foron pospostos pol-os alleos, para rotular as ruas das vilas galegas!
Eisí fono moitos escritores da terra os que chegaron a facer traballos porcos na nósa fala e cousas finas en castelao; eisí coúáseque todol-os escritores da terra danlle ó galego nome de dialeuto, inda que os millores filólogos do mundo téñano calificado de idioma, en xustiza. Eisí deixamos de cantal-os nósos símbolos: eisí esquecímol-o mare, qu’ en Portugal sigue sendo un valor poético e antre nós, dende Martín Códax coáseque non tivo cantores. Eisí infruidos pol-o mito azorinesco da meseta irta, namoráronse moitos escritores nósos—cursis, de-
gradados, almas mortas, treidores á natureza— do chao de Castela, dos seus cam:ños poirentos, e do cervantinismo que nos aldraxou e que matou o ideialismo na Hespaña como din os pensadores andaluces d’ogano. ¡Cómo se non fosen máis fermosas as corredoiras da Terra e os montes verdes, e os meigos vales e os castros lexendarios! Como se os fidalgos de Galizia que canta Valle Inclán, despois de recobrarse a si mesmo, gracias ás infruencias líricas que recolleu dos libros portugueses, non fosen tan interesantes com’os de Castela, e como si a primeira aristocracia ibérica non tivera seu reigame na nósa Terra!
¿Vedes xa como no berro ¡Terra a nósa! espallado pol-as Irmandades áchase todo idearium do galeguismo conscente? ¿Non vos tedes decatado agora, d’un xeito craro e cristaiño, do porqué non poidemos contar con bos pintores hastra hoxe? E do porqué, actualmente, comenzan a surdire? Só a enxebrización das almas nos levará ó trunfo de Galizia.
Rosalía precursora
Chegou a tanto o rebaixamento dos nósos valores, puxémonos tan de costas a nós mesmos, que o sentimento da Terra foi esquecido totalmente. E así n-unha festa d’ homenaxe a Rosalía Castro, feita n-un teatro da Cruña, o millor poeta castelán nado en Galizia, ou se queredes o galego que escribiu millores versos en castelan, ergueu a sua voz para cantar a Castela, chamándose motu proprio representante de tal rexión. Era un dos moitos infruidos pol-o «mito azorinesco» da meseta irta, dos que non souberon ver por sí mesmos os feiticeiros encantos da sua terra i-en troques, efecto d’ unha cegueira espiritoal filla d’ un literatismo estrano, postizo, atopaban fermoso o deserto castelán. Era un dos moitos que, ademais de cego para os propios valores, estaba xordo para ouvir os inmortaes versos de Rosalía. Aqués que nós levamos na i-alma e compre repetir sempre:
¡Trocar campiños frolidos— eisí decía a autora de «Follas Nóvas»—
por tristes campos sin rego!
¡Trocar tan craras fontiñas,
Rios tan murmuradeiros
Por seco polvo, que nunca
Mollan as bágoas do ceo!
Que Castela e casteláns,
Todos n-un montón a eito,
Non valen o que unha herbiña
D’ estes nósos campos frescos.