López Abente, Gonzalo

1878 - 1963

Foi un escritor en lingua galega que cultivou o xornalismo, a narrativa, o teatro e a poesía, baseando na Costa da Morte boa parte da súa obra. Dirixiu a Irmandade da Fala de Muxía. En 1971 foi homenaxeado no Día das Letras Galegas.
Foi fillo de Francisco López García, capitán da mariña mercante e armador, e Xulia Abente Lago. Estaba emparentado por liña materna con Eduardo Pondal, pois Gonzalo era neto de Leandro Abente, médico de Muxía e irmán da nai de Pondal. Estudou o bacharelato en Santiago de Compostela rematando en 1893 e despois a carreira de Dereito, licenciándose en 1899. Viaxou por Francia, Bélxica e Países Baixos, pero pasou a maior parte da vida en Muxía dedicado aos negocios bancarios. Colaborou na prensa local e comarcal e chegou a dirixir El Eco de Mugía. En 1909 casou con Balbina Abente Myszkovski filla do seu tío Victorino Abente Lago que finou ao dar a luz en 1910, con vinte e seis anos de idade.
Como autor poético, sitúase nos seus libros anteriores á guerra civil (Escuma na ribeira, Alento de raza e D'Outono) na escola do "Poeta da Raza", Ramón Cabanillas. Como narrador, gañou en 1919 a única edición do Premio de Literatura d' A Nosa Terra coa novela O deputado de Beiramar. O 20 de febreiro de 1921, estreou a súa única peza teatral, María Rosa, correndo a representación a cargo do Cadro de Declamación das Irmandades da Fala da Coruña. Trátase dunha novela naturalista, valiosa non tanto por supor unha renovación estética senón pola súa temática feminista.

López Abente foi integrante das Irmandades da Fala e do Seminario de Estudos Galegos e presidente da Asociación de Escritores de Galicia. Colaborou en revistas e periódicos: El Noroeste, A Nosa Terra, Nós, Rexurdimento, Ronsel e Lar.
Co triunfo do bando franquista foi depurado do seu posto de traballo como xuíz municipal suplente.
O 27 de xullo de 1941 ingresou na Real Academia Galega, a proposta de Manuel Casás Fernández, Alejandro Barreiro Noya e Ángel del Castillo, co discurso: "A terra e a poesía de Eduardo Pondal". Galipedia

Ver na liña do tempo
Imagen de López Abente, Gonzalo

Detalles


Lugar de nacemento Muxía, A Coruña - España
Lugar de falecemento Muxía, A Coruña - España
Actividade Literatura galega
Filiación Seminario de Estudos Galegos , Irmandades da Fala , Real Academia Galega
Ocupación Escritores

Presenza na revista


http://gnoss/E5AA8C62-4993-4576-B361-F5D788F11BB0

http://gnoss/B938BAF7-AEA8-411A-B29B-8D587AB8186F

http://gnoss/9158E194-7BF1-4FE9-B41B-1A5C54991B65

http://gnoss/45D0620F-CAAA-4C30-836B-0A71089811C8

http://gnoss/DA6C4239-4F3F-4383-8E9F-0E2865D8C22A

http://gnoss/E6A7B420-D915-462C-AA50-B4F72DF64AF9

http://gnoss/7DE12610-DBB6-4DCF-A4A8-8A75CFE0C56A

Autor da revista Nós

Persoa relacionada

Organismo relacionado

López Abente, Gonzalo

Artigos

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano II Número 4 - 31 xaneiro 1921
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano III Número 9 - 31 xaneiro 1922
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano VIII Número 29 - 15 maio 1926
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano IX Número 42 - 15 xuño 1927
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano XI Número 68 - 15 agosto 1929
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Nós - Ano XIII Num. 91 (25/07/1931)
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano XVII Número 139-144 - Xulio/Nadal 1935