https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d8/d8a8/d8a84c7a-f69b-471e-bf9f-4c1e0b4c2c84/115710212.xml
terior presentan as caras regularmente aplainadas. Non atopamos siñás de mámoa e a escavación non forneceu ningún moblario.
ANTA N. 4 — A 200 metros cara o sul da Casiña da Moura e na beira mesma do río Salas.
Non ten nome de seu e o lugar onde está emprazada chámanlle Portamil.
Achase moi derramada e soio conserva tres pedras do dolmen que meden 1'50 metros de outo por 1'30 metros, 35 e 40 centímetros de ancho respectivamente.
Ten ainda vestixios da mámoa. A escavación de iste dolmen tivemos que abandoala non ben se comenzou pois os poucos centímetros de fondura começou a xurdir a auga do Salas imposibilitando por completo a nosa laboura.
Poucos feitos compre destacar con respecto a ista estación dolménica. O seu emprazamento e cicais o mais notabre, pois as antas galegas atópanse case de cote no cume de outeiros ou nas abas, sendo iste o primeiro caso rexistrado en que aparecen na beira de un río.
As formas das cámaras son as sinxelas acostumadas entre nós e anque a Casiña da Moura houbera tido coma sospeitamos un corredor, non parece que atinguira unha lonxitude maor a dos megalitos das Pontes de García Rodríguez e da Serra do Laboreiro.
A case ausenza de moblarío non permite ningún comentario no orde do utillaxe e asin cinguiromonos a insistir novamente nas identidás das pastas das cerámicas asoelladas con outras descobertas xa na rexión do val do Limia.
FLORENTINO
L. CUEVILLAS
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d8/d8a8/d8a84c7a-f69b-471e-bf9f-4c1e0b4c2c84/11571024.xml
um a besta para ir a cabalo aas feiras, e un bon can de palheiro que oubease aa lua.
—Non ai un carto en todo o val!—decía Don Pepito—Nin para facer tocar a un cego!
I-é que non se tinha aprezo ao dineiro. Mais se preciaba a gente da fidalguía.
O senhor da aldea, seguía séndoo aínda que tivese a sua cás chea de probeza e total-as suas terras vendidas ou empenhadas. Seguiría séndoo, ao menos, mentras vivisen os velhos que coñeceran ao seu pai e ao seu abó.
Había en todo o val um-a educazón senhoril. O senhor de meirande aboengo de cada aldea, podía levar como nos tempos cabaleirescos, um-a partida de fidalgotes e labregos jenetes nos seus cabalos do monte. Sin coñecelo houbérase adiviñado deseguida cal era, polo respeto con que o trataban os velhos, pola admiración dos mozos aa sua persona. El, tratábaos con moita finura ou como si fose pai de todos eles.
Cando os domingos, no adro, atopábase con outro do seu igual, dábanse a mau ou um-a aperta.
Todos se trataban de parentes, aínda que a parentela fose lonxana.
—Um-a irmá do seu abó foi casar con un tío segundo da minha muller.
Chamábase pol-os seus nomes—Andrés, Román, Alonso, Froilán, Pepito, ou ben, con moita cerimonia:
—Qué dí Don Andrés?
Entre aqueles cabaleiros de linaxe non había categorías, como non fose a de a idade, o respecto os mais velhos,
Algúns facían um-a vida alhea aos máis, adicados a vigiar os seus criados, a mellorar as súas terras, a xogar aa brisca co señor párroco, a ponherse bébedos, ou a estar de leria cos labregos que facían o seu juntoiro na cocina do pazo. Outros como aquel Don Aquilino de Rivadeneira, non tiña trato con ninguén, e mais valía eisí, como si se creése o mais detodos, pensandosempre en facer mal.
Pero moitos d’eles, a non ser iste, como si lles fose pequeno o seu pazo é lles afogase o ambiente cotián da sua aldea, comose lles fose perciso ter trato con outros do seu igual, colhían o seu cabalo e con calquer galho ían a vila.
Si lles cadraba pasar por diante doutro pazo, petaban na portada, e berraban;
—Qué, vén vostede, Don Froilán? — ou — Imos a vila, Andrés?
Fose pol-a política ou porque sempre había calquera cousa que facer na vila — recolhel-as cartas que traguía a dilixencia dend'a cidade, traguel-o pan trigo e o bon chocolate ou beber un goto d'aquel viño de Quiroga que tiña o Buronés — ou ben pol-a tentazón, agradabel d'abondo, de dare un paseo ao trote acompasado do cabalo: entramentras se falaba cos velhos amigos, poucos desatendían aquela invitación.
Don Pepito de Guilfrei era o mesmo dianho — Cada ves que el ía a vila, dende a sua cás de Santa Comba, alá enriba no medeo do val, xa se sabía. Chamaba en total-as portadas dos pazos que lhe cadraban no camiño, e aínda si era perciso daba un arrodeo, e todos o acompañaban como si ficese um-a relada no río.
Ian todos xuntos ao alternado paso d'andadura dos seus cabalos, de catro en catro ou de dous en dous, segundo fose máis ou menos estreito o camiño.
Dende longe asemellaba um-a guerreira mesnada que fose bater os ladróns que tiñan chea de medo aquela terra. Detrás d'aquela cabalgada ía quedando um-a poeira cando estaba seca a terra, e as senhaes das ferraduras na lama, no inverno.
Anque se falou de ladróns non se coide cos fidalgos de Neira de Rei fosen xuntos aa vila por medo — quen dixo tal cousa? arrenégote — sinon por facer máis levadeiro o camiño, e, máis que nada, polo gusto de entrar todos xuntos n-ela ao trote dos seus cabalos, para que os adimirasen os aldeáns que a ela concurrían. Ao chegar a estrada real, si seis vinhan, os seis camiñaban aa par.
Como eran lucidos os seus cabalos, porque os tiñan na corte todo o ano, ben mantidos, e brilantes os seus arreos. daba xenio ver aos fidalgos de Neira de Rei.
A sua fama estendérase a moitas legoas aa redonda, a sua fama de domadores de potros, e de homes de pelo en peito. mais o peito cheo de virtudes cabaleirescas.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d8/d8a8/d8a84c7a-f69b-471e-bf9f-4c1e0b4c2c84/115710222.xml
NÓS PUBRICACIONS GALEGAS E IMPRENTA Real, 36-1. A CRUÑA
Neste mes poñeráse á venda ESTEBO NOVELA por XOSÉ LESTA MEIS 300 páxinas 3'50 pesetas Pedidos a NÓS - Real 36-1. - A CRUÑA
DICCIONARIO GALEGO de D. Eladio Rodríguez Aparecerá axiña en cuadernos mensuaes ao prezo de unha peseta. Suscríbase en “NÓS” Real, 36-1. A CRUÑA
FOTOGRABADO Si ten intrés en que os seus fotograbados sexan os mais perfeitos posibres, convenlle envialos aos Talleres de fotograbado ESPASA-CALPE S. A. Este nome xa é por sí unha garantía, pois son os talleres mais modernos e orgaizados para realizar na sua maisima perfeición toda crás de fotograbados en cinc, cobre; tricomias, cuatromias, etc... O seu servicio e extra-rápido. As suas obras son perfeitisimas. Ríos Rosas, 24-Apartado, 547 MADRID
VAN APARECER EDITADOS POR NÓS Os «Dibuxos en Linoleum» por XAIME PRADA con glosas dos mellores escritores galegos
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157102&posicion=1
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d8/d8a8/d8a84c7a-f69b-471e-bf9f-4c1e0b4c2c84/11571029.xml
NÓS
MÁMOA N. 6 — A 25 metros cara o suleste da anterior. Mede 25 metros de diámetro por 2 de outo. No seu interior apareceu un
esteio do dolmen feito de pedra esquistosa e que media 3 metros de outo por 85 centímetros de ancho e 45 de groso.
MÁMOA N. 7 — A 50 metros cara o leste da anterior. Tiña 16 metros de diámetro por 2 de outo. Non apareceu dentro de ela nin cámara nin moblario.
MÁMOA N. 8 — Situada a 30 metros cara o leste da anterior. Media 20 metros de diámetro por 4 de outo e non contiña ren de intrés.
MÁMOA N. 9 — A 40 metros caro o Norte da anterior. Media 14 metros de diámetro por 3'50 de outo. Non contiña nin cámara nin moblario.
O segundo grupo alcóntrase desviado do
primeiro 2 kilómetros cara o leste e moi próisimo xa a costa que baixa cara o Sil. Fórmano as seguintes mámoas, que non abrimos e que presentaban todas siñás de recentes remeximentos.
MÁMOA N. 10 — De 16 metros de diámetro por 2 de outo.
MÁMOA N. 11 — Desviada 50 metros cara o sul da anterior. Está aplainada case por completo.
MÁMOA N. 12 — A 20 metros cara o suleste da anterior. Ten 15 metros de diámetra por 2 de outo.
MÁMOA N. 13 — A 15 metros cara o sul da anterior. Mede 17 metros de diametro por 3 de outo.
Soio dous feitos compre destacar con respecto a ista necropole. É o primeiro a preferenza que n-ela se diu os cumes dos outeiros pra o emprazamento das mámoas e refirese o segundo a veciñanza en que istas se alcontran con respecto a un castro de dobre recinto coñecido no país co nome de «Castriño da Cerca» (1) que se ergue o Norte do lugar de Ruidos i entre as mámoas números 1 e 2. Ambos feitos téñense observado xa en outras estacións prehistóricas da Galiza e por elo coidamos comenente o aportar istes novos datos confirmatorios, os mais intresantes cicais dos que recollimos na nosa esproración.
1 Iste castro foi medido i-esaminado por D. Vicente Risco e a sua ficha detallada figura no Catálogo de Castros do Seminario de Estudos Galegos de Sant Yago.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d8/d8a8/d8a84c7a-f69b-471e-bf9f-4c1e0b4c2c84/11571026.xml
fidalgos pol-o excelente vinho de misa — porqué non decil-o? — que gardaba no celeiro da reitoral.
Pero os cabaleiros e os cregos de Neira de Rei non ian ende jamais sós aa vila. Sempre levaban tras d'eles um-a chea de labregos, como si fosen os seus escudeiros.
O pasar pol-as aldeas do val, sempre había algún aldeán que levándose a man ao sombreiro ou aa pucha, decía:
—Vosté o pase ben, Don Pepito e a companha. Van logo aa vila? Eu tamén tinha que ir alá... e nada melhor que ir na sua graciosa companhia...
Entraba na casa, e, como si ja tivese a égua aparelhada, agardando, montaba e saía dando un trotinho até qu'os colhía.
Outros, que ían andando engorde pol-a Ribeira de Souto, eran adiantados pol-o fato de cabaleiros, i-estoncias por non ser menos que os labregos que os acompanhaban, e por chegar aa vila con tan honrados senhores, apuraban co-a jostra de vimio, o paso canso do seu cabalejo.
Pero os que se debecían por ir cos cabaleiros, para que na vila os tivesen coma iguais a eles, eran os fidalgos probes, os labregos que se gobernaban de seu e s'adicaban o senhorio.
Eran istes os que se ponhían esporas para entrar na feira, os que locían grandes cadeas douradas no chaleque, ainda que non tivesen mostra.
Cando falaban diante dos cabaleiros, facían-o homildementes, como diante de pessoas de rango meirande, mais cando eles falaban cos aldeáns adoitaban o mesmo ton de vos de Don Alonso, de Don Pepito ou de Don Andrés.
Moita imaginazón e fantasía tinham aqueles homes de Neira de Rei!
O sono dourado d'un labrego era galopear n-un ligeiro e nervoso cabalo detrás dos fidalgos car'aa vila. Con que tristeza seguía arando, despois d'olhar como passava a ruidosa cabalgada pol-o vao do río, pol-o caminho de lajes, nas que daban lume as ferraduras dos cabalos!
Cando algún labrego conquistaría iste anceio, e, por si ainda fóse pouco, algún dos senhores que ían na primeira fila parolaba co il, como si dicindolhe um-as verbas o autorizase a acompanhal-os, reventaba de gozo, meténdolhe espora o seu probe cabalo con verdadeira tolemia. Había que regalarlhe un jamón, porque era un gran cabaleiro! Tan bó cos probes!
Si non thes falaba un de aqueles senhores, con que o ficese algún dos seus homes de fiducia, o Claudino de Lombardía o Marulande Carbalhedo ou Andín de Recomba abondaba.
Moito esforzo tinhan que facer os fracos cabalejos dos fidalgotes e dos labregos para seguir o trote dos senhores, pero eles querían melhor que reventaran as suas cabalgaduras enantes que se quedar atrás dos cabaleiros, jenetes en éguas, machos e cabalos, de anchas ancas lustrosas, que se limpaban con um-a gota de leite!
Pero todol-os días socedía o mesmo.
Aquel día tocoulhe a Fiz da Vidueira.
Vendo ca sua égua de cría chea d'hosos e mormo, se resentia pol-a longa cabalgada dende a sua cas, até a Ribeira, despois de dúbidar longo tempo se debería seguir ou apearse, despois de pensal-o ben, de rascarse enriba d'um-a orelha ao tempo que pensaba, decidíuse a lhe dar descanso aa besta.
Decía na dúbida para o seu intre:
—Han dicir que son un pobretón, que non son dino de caminhar junto d'iles, pero, e si me morre a égua? Ja non pode mais, ja vai sudada...
Era un renunciamento heroico, declarar a sua derrota, o decir berrando:
—Vaian andando! — e para disimular o seu vencimento — Eu vou detrás! Tenho que atar un amalhó!
Pero ningun cabaleiro o ouvía nin arreparaba n-él, embebidos como ían na conversa, ao trote dos seus cabalos.
Somentes algún labrego volvía os ollos atrás, c'um-a certa sonrisa, porque el ainda podia segui-los.
Fiz da Vidueira apeouse da égua, pasoulhe a man pol-a testa e o colar cheo de suor, e sacou do peto un anaco de pan de centeo e um-a navalha de mango de bujo. Foi talhando o pan, e dándolho pouco a pouco aa égua. Aquel pan que lhe daba, mais un neto de vinho, había de ser toda a mantenza do probe labrego, n-aquel día de feira.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d8/d8a8/d8a84c7a-f69b-471e-bf9f-4c1e0b4c2c84/115710214.xml
NÓS
12
dos ecoabase aínda, con leda teimosía, o belido tema que topara e seguindo no maxín a sua obra —Op. I—, deténdose en cada acerto, a maña do repaso que un fai do soño obriso e lonxano, douse a canta-lo, a canta-lo namentra-lo tren repinicaba a muiñeira das costas e debullaba o alalá dos chaos sobre o trémolo de paisaxe e o pedal azul do ceo. (O crego cativiño e descoñecido que se sentara a par de el en Catoira iao escoitando cos ollos pechados nas follas do breviario).
Nos outos da Catedral renxia o fol do órgano, barquín de forxa, e as mans do Organista de Santiago, mans afeitas a temprar o ferro roxente dos graves na i-auga xiada dos agudos afiaba os sons a circias marteladas. Embazabase o ar d'unha sotil poeira, erguíase un mesto fumeiro... De súpeto e a nidia cralidade da sua cantiga a que avisa o músico de Iria envolveita na bretema d'unha fuga. O paxariño que el quixera esligar cas suas mans de labrego, afeitas a coller niños caira no ichó de aquél creguiño descoñecido que cos ollos pechados nas follas non pasadas do breviario fora escoitando o seu cantar.
O organista de Iria xa non tencioou falarMe. Cos ollos embazados po-la poeira das bagoas, ca gorxa atuida po-lo fumeiro d'un salaio, estrizou os papés e tornou ós enterros, ás festas, ó viño e ás esmorgas.
Na terra de Padrón dixose que os médicos de Santiago l'arrincaran do peito un verme. Tornáralle o sentido.
III
A MOZA QUE FAI FLORES
Esta é a rapariga macia que fai flores e lee novelas. Flores azules con mazanciñas moradas, flores verdes entre follas vermellas, flores mouras entre follas rosas. Novelas con homes de capa en ruas estreitas, novelas con señores de chisteira en ricos estrados, novelas con mozos de blusa en casas probes. Esta é a rapariga loira que fai bordados con volvoretas i-estrelas, a que sabe fiar mazarocas de contos e argallar trécolas, a que escarabella nas lembranzas e gabea po-los sonos.
Onde ela está bule como un rodicio a devandoira das conversas e trema, a estrelecer, o maxín das mozas. Por eso dín que ten os miolos como un mundo de azougue onde andan con figuras estranas toda-las cousas.
Cando remate os libros do difunto abogado encetará os do crego, e cando remate os do crego escomenzará a sua novela. Namorárase dun estudante que pase en Castromil. Irá a vivir a Santiago...
(Un bó día os alumnos de disección farán unha preparación de miocardio falando do Celta e do Deportivo.)
XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE
ARQUIVO FILOLÓXICO E ETNOGRÁFICO DE GALIZA
Mediciña rústica
(1) TANGARAÑO
Eisiste en Lobeira un modo de cural-o tangaraño que, pol-a sua sinxeleza, parez mentira que ainda non o coñeza a mediciña moderna a pesar de todol-os seus adiantos. É coma sigue: Cóllese o entangarañado e átanselle as pernas c'unha verga. Búscase despois un carpinteiro que sexa fillo de carpinteiro e neto tamén de carpinteiro. Vaise con il e mais co entangarañado a unha encrucillada e ali o carpinteiro córtalle a verga dicindo:
Meu abuelo carpinteiro,
meu pai carpinteiro,
e eu carpinteiro,
córtoche a pexa n'iste talleiro.
E con isto «... o coitado do entangarañido queda xa desentangarañado». A non ser que morra, que tamén se dan casos. Teño noticia de que iste método empréga-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d8/d8a8/d8a84c7a-f69b-471e-bf9f-4c1e0b4c2c84/11571027.xml
5
Volveulle a facer agarimos no colar, mentras a égua o miraba cos seus olhos nobres e asosegados, colheuna do ramal, e, con ledicia, pújose en caminho, a pe.
Chegado que houbo a un bocadín do caminho cheo de lama, quedouse pensativo, o tempo que miraba para os zapatos, —um-as botinas que lhe ficera Manán:
—Está visto. Non se pode ir a vila. Ou padesce a égua ou se gastan os zapatos. Como puido saltou de pedra en pedra. Ja pouco faltaba para chegar. Ali ao longe
Volveuse a ponhel-a espora, rubíu aa égua, e mentras ia caminhando engorde, seguía pensando:
—Ai, quen puidera vivir de man branca!
Pero todol-os seus anceios andaban revoando ao redor d'aquela idea:
—S'o meu filho me mandara dinheiro para ir mercar un cabalo o trece d'Adai!
EVARISTO CORREA CALDERÓN
DUAS ESTACIONS DOLMENICAS
AS MAMOINAS DA SERRA DA MOA
A serra da Moá que descrebe un arco de circo o leste da antiga vila do Castro de Caldelas áchase constituída na sua banda oicidental por penedías de gneis e na oriental por formacións silúricas, estando coroa-
da por unha ampria chá que remata en duas abas moi pinas careadas pol-o leste pra o rio Sil e pol-o oeste pra o seu afluente o rio de Caldelas. A xente do país, seguindo o costume moi corrente na Galiza, de non cha-
mar serra mais que os cumes terminaes das agrupacións montesías, desina co nome da Moá a uns outeiros que se erguen a carón do val de Quiroga e aprica denominacións diversas as outras partes do macizo, sendo unha de elas a de «As Mamoíñas», que leva un anaco de chá compren-
didido entre a freguesia de Mazaira e a costa que baixa o Sil. Guiados por Iste nome e por referencias de persoas conocedoras de aquela terra, emprendimos no mes de San Xohan do 1926 unha esproración arqueolóxica, cuias resultanzas damos a pubricidade co único ouxeto de precisar o emprazamento de unha necropole prehistórica, xa que os poucos datos que da sua escavación poidemos tirar ningunha cousa de intrés engaden o
Croguris da necropole de «As Mamoíñas»
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d8/d8a8/d8a84c7a-f69b-471e-bf9f-4c1e0b4c2c84/115710211.xml
NÓS
A escavación de iste megalito non forneceu outra cousa que un pequeno testo de unha vasixa, feita con terra escolleita de coor gris e moi porosa, igoal a de outros anacos cerámicos que asoellamos n-unha anta do Monte das Motas de Lobeira. A cativeza do testo non permite arriscar ren en col da sua feitura.
No interior da cámara apareceron amoreadas no fondo unha grande cantidade de pedras que formaban unha especie de cairne no meio de il un anaco de unha vasixa, o parecer en forma de cunca, feita de terra amarelada e cas paredes ben polidas. A pasta de iste vaso e identica a de outros dous asoellados un n-unha mámoa da ermida do Viso (Monte das Motas) e a outra en Sabaríz (concello de Rairíz).
ANTA N. 2 — Alcóntrase emprazada a 600 metros cara o leste da anterior e leva o nome de Casiña da Moura. Agás a pedra da cabeceira que foi meio derrubada cara o interior do dolmen conserva por completo in situ a tampa e todol-os esteios, quedando tamén restos visíveis da mámoa que pol-a banda da direita bica os remates das chantas. (figs. 3 e 4).
Asoelláronse así mesmo dous anacos de ganga de fundición de ferro, circustanza que amostra que n-unha época que non podemos precisar o acocho da Casiña da Moura foi utilizados pra operacións metalúrxicas.
A pranta da cámara, cinguida por sete pedras é poligonal e ten 2'60 metros de ancho, atinguindo a tampa 3'50. O esteio da cabaceira mede 1'80 metros e as tres chantas da dereita 80 centímetros, 1'10 e 1 metros e as tres da esquerda 1, 1'30 e 1'75 metros, esistindo despois de ista derradeira duas laxas espetadas de canto, anchas de 65 e 75 por 1 metro de outo, cuio grandor e disposición paralela o eixe do megalito fannos sospeitar se serán vestixio de un corredor destruído en anteriores esporadións. O outo da anta é de tres metros e a entrada está ourentada pro sul.
As pedras da Casiña da Moura teñen as caras ben aplainadas e paralelas e ainda foron labradas n-alguns sitios pra facer doada a perfeita xuntanza das unhas cas outras.
É notabre iste dolmen non soio pol-o coidado da sua feitura se non tamén pol-as suas dimensións, que sen ser únicas son eiscepcionais nos megalitos galegos case de cote de grandor cativo, podéndose por a beira do dolmen de Sáa de Parga (Lugo) que mede 270 metros de diámetro maisimo e aprox-
ANTA N.º 3—A 100 metros cara o Norte da anterior. Chámanlle a Portela da Moada.
Fórmana cinco esteios de 90, 60, 50, 37 e 40 centímetros de ancho por 1 metro de outo que pechan unha cámara poligonal de 1'20 metros de lonxitude e ca entrada ourentada pra o suleste. (figs. 5 e 6).
As pedras de este pequeno monumento son moi irregulares esteriormente, anque pol-o in-
(1) Pérez Bastamante e Parga Ponlal, Los dolmenes de Dombate y de la Gandara, separata do Boletín de la Biblioteca Menendez y Pelayo, Santander, 1924.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d8/d8a8/d8a84c7a-f69b-471e-bf9f-4c1e0b4c2c84/115710215.xml
BODAS NO CEO
la unha vez unha zorra pol-o monte e viu voar unha aguia moi outa.
—Ay ó — berrando— ¿Onde vás?
—Vou ás bodas o ceo — respostoulle a aguia.
—É logo? hai aló bodas hoxe?
—Hai; e moi boas, por certo.
—Pois eu quería ir. ¿Cómo faremos?
—Eu te levarci.
Entón a aguia pousouse no chán, a zorra subíuselle ás costas e botaron a voar.
Ó ir xa moi outos a aguia fixo un recorte e chimpou a zorra en baixo.
E a zorra, ó ver que ía cair por riba de un penedo, púxose a berrar:
¡Fuxe laxa que te esfarelo; que si saio d'esta non torno ás bodas do ceo..!
O HOME E A COBRA
la en certa ocasión un home por un camiño e atopou unha cobra por baixo d'un penedo.
—Sácame d'eiquí — imploroulle a cobra.
Ó home deulle lástima da cobra e tiroulle o penedo de por riba. Mais a cobra estaba aterecida co frío e se non podía mover. Entón o home meteuna no seu seo e foise con ela pra sua casa.
Mais en canto a cobra queceu, entroulle fame e dixolle ó home:
—Ay ó; voute comer.
—Ay señora cobra — pregoulle él — Non faga eso, que eu non llo merezo.
—Nada, nada. Voute comer.
—Boeno; pois entón imos onda un Xuez e que él decida.
—Vamos alá.
Saíron e topáronse c'unha zorra. Espuxéronlle o caso e pidironlle que ela decidise.
—Eu pra decidir — díxolles a zorra — teño que ver como estaban as cousas. Que se volva pór a cobra por baixo do penedo.
A cobra púxose onde estivera denantes e o home volveulle pór o penedo por riba.
—Agora — dixo a zorra dirixindose ó home — vaite pra tua casa e deixa que a cobra morra ahí por desagradecida. (1)
Recollido en Lobeira por
XAQUÍN LOURENZO
(1) Iste é o eterno conto do home que criou a cobra no seo. Outra variante galega, recollida por R. Martínez López, en Negreira, pubricámola no noso número 24 (15 Nadal 1925). N-aquil, o home engaña ó raposo, facendo que lle paga a sua sentenza. Tamén das Bodas no ceo temos pubricado variantes.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d8/d8a8/d8a84c7a-f69b-471e-bf9f-4c1e0b4c2c84/115710220.xml
18
de mal naturalismo dos derradeiros do sigro pasado.
Outro día falaremos do centenario do Romantismo. E ¿Cándo teremos un Pondal, unha Rosalía, un Xelmírez, un Prisciliano que se vexa nas mans de todos os que mercan xiquer uns libriños na estaceón ou no café? Serían de moita ensiñanza; pol'o vivir en si, do biografiado, pol'as cousas que arredor se poden dicir i-espalhar, pol'a suxestión da persoalidade. Agardemos pol'o inverno que é o tempo do vivir baixo terra dos graus mais sofridos.
EL IODO EN LAS ALGAS DE GALICIA, por S. PARGA PONDAL.
Hai algún tempo quos estudos centífecos en Galiza, principian a entrar n-unha fase d'intensificación, que xa cumpría pra encher por esta banda o cadro da nosa renacencia. Hoxe principia tamén o movemento no seitor das cencias naturás, e n-iste movemento ten xa unha personalidade o Dr. Parga Pondal, qu'agora ofércenos a valiosa contribución d'iste intresantísemo estudo, dino de toda loubanza.
El iodo en las algas de Galicia é unha memoria presentada ó Seminario d'Estudos Galegos de Santiago, onde van dar hoxe os millores traballos que na nosa terra s'están producindo. Fundada no análisis de moitas variedades d'argazos, ven amostrar a gran riqueza d'elas en iodo, o qual, fora do intrés centífeco do asunto, pode ter tamén unha derivación industrial, coma se fai no Xapón, onde extraen do argazo moita cantidade d'aquil metaloide.
É un traballo que fai agardar novos e grandes froitos da actividade centífeca do Sr. Parga Pondal, que tan ben acredita a sua grande cultura e dominio dos métodos físico-químicos.
S. N.
DOS DIAS EN ORENSE, por ALVARO MARÍA DE LAS CASAS, Madrid, 1927.
N-esta conferencia lida pol-o seu autor na Real Sociedade Xeográfica, qu'a pubricou, hai unha cumprida descrición da cibda-
de d'Ourense, curta e de sustancia, pintorescamente feita, de man d'artista, e sin esquecer ningunha alusión histórica, anecdótica, erudita, crar'está que moitas veces indicadas namais, pol-a falla d'espazo. Di moito, e vese qu'o autor ten aínda moito mais que dicir, pois ten na memoria todo o vello Ourense con todol-os curiosos detalles da sua vida: os orixes das casas fidalgas, as vidas dos fillos ilustres, os papeis dos archivos, os costumes populares, as tradiciós, os relatos dos vellos, canto serve pra evocal-a vida d'unha cibdade qu'anque vestida de novo, cunha vulgaridade que o seu aspeuto ledo fai esquecer, ten atrás de sí un pasado dino de lembranza. Por sorte, aínda hai n-Ourense pedras vellas e aspeutos románticos dinos de meirande sona qu'a que teñen, e Alvaro María de las Casas sábeos pór en releve con arte de bó espositor. É un belido homaxe á sua vila natal.
DISCURSO pronunciado por el socio del «Centro Gallego» Fuco G. Gómez, en la Junta General del día 30 Enero 1927. Habana-Cuba
Coma suplemento á revista Galicia da Habana, pubricouse traducido ó castelán, iste intresante discurso feito en galego pol-o noso querido irman Fuco G. Gómez, un dos poucos que hoxe na Habana, no seo d'aquela asociación por tantos conceitos dina de loubanza, anque en outros o sexa por vegadas de reprensión, sostén coma sostivo de cote, a bandeira da enxebre Galiza. Iste discurso é precisamentes unha chamada á orde que Fuco G. Gómez fai ós elementos direitores d'aquil Centro, no senso da verdade, da seriedade e da galeguidade, un pouco esquecida por iles, e fai logo unhas propostas en col da nominación dos novos pabellós do Sanatorio modelo Galicia, que vai construír o Centro.
O labor patriótico de Fuco G. Gómez, que non ten descanso na defensa dos nobres ideás de Galiza, é merecente da meirande atención e agarimo. Benia ós que como il valentemente loitan pol-a y-alma pura da nosa Terra.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d8/d8a8/d8a84c7a-f69b-471e-bf9f-4c1e0b4c2c84/115710223.xml
SANATORIO QUIRURGICO
DIREITORES
Manuel Peña Rey
José Mosquera Blanco
Ginecologia e Partos
Cirugía geral
Especialista na gorxa, nariz e ouvidos
Situado frente á Alameda do Cruceiro, ten toda-las condiciós precisas. —Prauticase toda crás d'operaciós.—Dotado de todol-os adiantos que pide a autual Cirugía.—Modernas instalaciós de RAYOS X pra diagnóstico e RADIOTERAPIA superficial e fonda con voltaxe de 250.000 voltios.—Aparello de Diatermia pra tratamento de Auexites, procesos inflamatórios, reumatismo, etcétera. Lámpara de cuarzo pra sol d'altitude e ultra-violeta pra tratamento d'escrofulosis, raquitismo, alopecias, eczemas, etcétera. Admítense embarazadas, e cóntase con material esterelizado pra fora da cibdade en casos d'urxencia.—Poden colaboraren todol-os compañeiros, previo consentemento dos direitores.
BODEGAS GALLEGAS, PEARES E OURENSE
Vinos finos de mesa: Tinto TRES RIOS. Blanco BRILLANTE
LOS GALLEGOS blanco e tinto
Macía e Valeiras, Apartado 18- Ourense
Droguería e Farmacia
LUIS FÁBREGA
Progreso, esquina a Luís Espada
OURENSE
MERQUE VOSTEDE
Plumeiros RAFIUM
De mais dura qu'os de pruma e limpan millor. Véndese en todol-os estabrecimentos do ramo
Andrés Perille-OURENSE
F. ROMAN E SACO
DROGUERIA
e FARMACIA
Pereira, 19
Teléfono 28
OURENSE
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d8/d8a8/d8a84c7a-f69b-471e-bf9f-4c1e0b4c2c84/11571023.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
Ano IX ★ Ourense 15 Agosto 1927 ★ Núm. 44
OS FIDALGOS DE NEIRA DE REI
Dende moi antigo fora o val de Neira de Rei terra de fidalguía.
As terras do redor poderían ser mais ricas, as colheitas mais brandidas, meirande o número de cabezas de gando en cada cás, mais trabalhadores os labregos, mais en ninzum-a había en todos laquil ar de senhorio.
En cada aldeia acostumaba habere un ou dous cabaleiros, cando non socedia como en Recesende, onde catro casas, de seis que eran, podian amosar con orgulo os titulos de nobreza da Real Chancilheiría de Valhadolide. Pero cántos mais que anteponhian con orgulo o Don ao seu nome!
(Os froitos da terra cran abondosos, porque a terra, ainda sin un labouro cotián, a pesar da sonhadora preguiza dos seus homes, producía generosamentes de todo. Terra húmida e fonda que enchía de colheita as meirandes tulhas e os mais amprios veleiros!
Eran moitos os que vivían mal ou ían tirando, pero moi poucos os probes de solenidade.
Alguns senhores de casas fortes, fóranse a cibdade. Vinhan alguns anos pol-os meses do vrau, ou non volvían, i-o casal íase derrubando, si enantes non o mercaba o labrego que o levaba cn arrendo ou o adiminis-
Pero a maior parte dos antigos senhores ainda vivían nos seus pazos, de mau branca, das fanegas de renda, dos prados cobrados en San Martinho, do que sementaban e recolhían os criados... Como esto non chegaba—porque había que lhes dar carreira aos filhos, vivir ao senhor—pouco a pouco, as rendas ían vendéndose, hipotecando os prados... Por iso aquelas grandes casas, que, ao só nomealas, enchían a boca, foran vindo a menos.
Os labregos, que se chamaban de Don, por darse ao senhorío, abandonaban os trabalhos do campo, deijándoos en mans de caseiros e de criados, ían tamén empobrecéndose. Anque lhe mandaban carabela, o filho que estudaba para crego, custaba moito. A filha que ía adeprender para costureira na vila, tamén gastaba o seu.
—Todos sodes fidalgos! — berraba aquel condenado de Don Pepito de Guilfrei—Si non-o fórades mereciades selo, porque cn Neira de Rei naide e mercader nin naide monta en burro!
E así era, porque os que habían posto taberna no caminho real, vinheran de fora.
Os mesmos labregos, por non ser menos, querían melhor quitarse o pan da boca e ter
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d8/d8a8/d8a84c7a-f69b-471e-bf9f-4c1e0b4c2c84/115710221.xml
NÓS
GLOSAS HESTÓRECAS
Con este tídoo pubriquei fai algúns meses n-esta gran revista de cultura galega, un artigo encol da Ponte Pias da rexurdente vila de Negreira, e propoñéndome seguir pubricando outros traballos encol dos restos hestóricos que hai nos arredores da nomeada vila, como por exempro: O Pazo do Cotón, O Pazo da Chancela, as Torres d-Altamira, O Castelo de Xallas, A Ponte Maceira, e os monumentos célticos do monte Corzán; restos que lle dao o seu aquel d-importanza ao antigo pobo de Nicraria, por gardar récordos hestóricos que ollamos con orgulo, por deixar após de sí unha lembranza de tempos pasados; nada mais xusto que o primeiro en adicarlle unhas cantas liñas sexa: O Pazo de Cotón.
Fste antigo casario áchase na mesma vila de Negreira encravado no outo d-un campo onde se celebran as millores feiras-do val de Barcala.
Inda que sufreu algunhas reformas, ollando con detenimento pódese dicir que foi feito no sigro XV a xusgar pol-o estilo arquiteitónico, tanto do Pazo como das catro redondas torres que se erguen alteirosas n-outras tantas esquinas.
Pol-o lado do Ponente ten un amprio salón encima de tres arcos; por debaixo do cal pasa a rúa de San Amaro, e dimpois a capela do mesmo santo; tan ampria como ben coidada; tan ordeadísima, que todo canto hai n-ela convida a rezar. Pol-o nacente ten unha longa carballeira, mecha de vellouqueiros albres, cuias grosas ponlas estendidas por riba da vereda do Tambre e do rigueiro da Chancela son testigos da vida dende fai unha centuria.
Ao Norte ten unha horta de froita que paresce unha regalía del Siñor; ao Sul un prado bizoso que é unha regalía da Natureza.
Esta fortaleza foi dos Mariños de Lobeira, logo dos Condes d-Altamira, dimpois do Marqués d-Hervias, e na aitualidade e d-unha atinguida familia d-esta vila coñecida pol-os siñores de Fabeiro.
Enriba do arco maor que hai no meio da capela e o Pazo ten un escudo con tres franxas ondeadas; unha estrela e dous lobos; escudo pue ao parecer usaron os Mariños de Lobeira.
M. BERGUEIRO LÓPEZ
Imprenta NÓS. Real, 36-1.º, A CRUÑA
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d8/d8a8/d8a84c7a-f69b-471e-bf9f-4c1e0b4c2c84/115710210.xml
NÓS
AS ANTAS DAS MAUS DE SALAS
As Maus de Salas é unha freguesía do concello de Muiños, situada moi perto xa da raia portuguesa e na beira erquerda do Salas, afluente considerabre do Limia. Corre aquil río en grande parte do seu curso, por un val outo e moi estreito que soio por vegadas deixa o pé das abas montesías que forman a sua cunca algunhas pequenas chás.
N-unha de elas que se estende entre a marxe ezquerda do río e o devandito lugar das Maus, alcóntranse as catro antas de que imos falar agora (vex. croquis). O terreo é áchase deitado no meio da cámara, tendo a sua direita catro chantas de 70, 75, 30 e 45 centímetros respeitivamente e a sua ezquerda outras três de 60, 70 e 90 centímetros.
A cámara, que aparez ca entrada ourentada pra o Noroeste é de pranta poligonal e mede 1'60 metros de ancho por 1'50 de outo (figs. 1 e 2). As pedras son todas de grá e parecen ter sido arrincadas da canteira por un procedimento semellante o dos guillos, sendo indudabre que a cara mais prana que resultaba da operación aproveitábase sistemáticamente pra colocala na parte interior da anta.
granitico e abondoso en grandss penedos, circunstanza que debeu facilitar a laboura de construción das cámaras.
ANTAN.º 1 — Está situada 1 kilómetro das Maus cara o suleste i-é coñecida no país co nome de Pena Anduriña. Alcóntrase faltosa tan tampa e con siñás de ter sido remexida fondamente mais de unha vegada. Conservanse a pesar de elo os oito esteios da cámara anque todos eles mais ou menos maquiados do seu asento primitivo. O que formaba a cabeceira, mede 1 metro de ancho e
Non quedan case siñás da mámoa e os esteios aparecen chantados fondos no chan, circunstanza que temos ouservado xa n-outras necropoles da Limia outa e baixa coma son as do Monte das Motas e as de Rairiz. (1)
(1) Vex. os nosos artigos As Mámoas do concello de Lobetra, B. de la R. A. Gallega, ano XX ns., 170 e 171. (1925) e As Mámoas do concello de Rairiz, na mesma revista e ano, número 178.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d8/d8a8/d8a84c7a-f69b-471e-bf9f-4c1e0b4c2c84/115710217.xml
NÓS
sifs. «Iste parrafiño de Reinach esprica as repetidas visitas de espezalistas a Glozel e os remeximentos, olladas e cheiraduras da terra do Duraton. A defensa contra «os elementos perturbadores» foi heroica, mais finalmente, xacimento e material foron considerados coma autenticos, bons e dinos de confianza. Soio a testa esceptica de Mr Seymour de Ricci segue abaneandose dubidosa. Os demais; arqueólogos, xeólogos i-etnografos dixeron, si, e ata botaron algunhas vágoas en col das pracas con sinos alfabetiformes e das esculturas e insculturas do dolmen trasmontano de Alvão, descomulgadas sen piedade por Cartailhac e pol-o mesmo Reinach. Non sei se están ainda no mundo dos vivos os PP. Brenha e Rodríguez ou se andan xa a boligar pol-as rexións dos espíritos, mais en calquer lugar en que se atopen é seguro que botaran un sorriso ben clerical e ben portugués en honor e gloria da sabencia consagrada dos irmans latinos de alen Pireneo, que n-iste caso como no Sautuola, precisaron pra creer, posuir unha comprobanza francesa dos feitos asentados na Península.
A segunda cuestión é a da cronoloxía. Falouse do Madalenense e do Laténe con inteira naturalidade. Oxe a porfia parez resolta, a mais de outros datos pol-a presenza do vaso campaniforme, no coal non se fixaron moito os arqueólogos franceses, a pesar do que de il ten falado Bosch Gimpera en revistas parisienses. O vaso campaniforme é o pleo eneolítico peninsular, que ten ista data absoluta ben espetada por Hubert Schmidt, 3.300 a 2.500 d. d. Xesucristo.
O derradeiro problema é o mais embeleñado. Os obxetos de Glozel, pese a suas relacións ca civilización dolménica de Francia, ca do vaso campaniforme, cos ídolos servios e transilvanos e cas pracas de Alvão, representan unha cultura independente das outras culturas circundantes e sincrónicas. De onde ven. ¿Cómo se produxo? Qué deduzóns poden tirar de feitos tan irrecusabelmente presentados? Pol-o de agora hai o redor de istas perguntas un silencio respeitoso crebado as vegadas por algunha verba solta.
Resultanzas probabres
Un recrucidimento da porfia entre orientalistas e occidentalistas que apunta xa nas opinións contrapostas de Reinach e de Breuil.
Unha reitificazón no referente o grado de adianto da civilización e da mentalidade dos pobos eneolíticos da Europa occidental. Ainda non se confesa craramente a probalidade de que istes pobos posuiran un sistema de escritura, dise soio que se alcontraban na soleira da porta, e lémbrase a Estacio da Veiga, a Ricardo Severo e a Piette, e sobor de todo as descobertas descomulgadas da Alvão. Os PP. Brenha e Rodrigues son arestoras un remordimento.
En resume? En resume istas outras verbas de Reinach. «Je m'assure que cela ne tardera pas, et, ce complément d'une evolution sera presque une revolution dans notre science».
F. L. C.
BIBLIOGRAFÍA NUMISMÁTICA
PRINCE D'ESSLING — COLLECTION DE MONNAIES ET MEDAILLES CONSULAT ET EMPIRE
París, 1927. Un T.º de testo e outro con 68 láminas.
O mundo numismático ten os ollos postos na venta pública de ista sorprendente colección que acredita ás salas do Hôtel Drouot unha vezada mais e disponse a acudir ás puxas o 16 e 18 de San Xohan. O cuarto Príncipe de Essling, bizneto do mariscal Massena, con amor ós Napoleóns foi xuntando teimosamente «la plus belle collection métallique connue de nos deux Empires», como dí o prologuista do Catálogo— modelo de catálogos de ventas, sin eixempro na España—ó comentar iste success da ciencia e do arte numismáticos. Pode decirse que total-as nacións teñen interés na venta onde rexurden as glorias guerreiras do primeiro do Imperio cas suas figuras improvisadas e as olladas inquedas e medosas da Europa toda e o vértigo de prosperidade da
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d8/d8a8/d8a84c7a-f69b-471e-bf9f-4c1e0b4c2c84/115710219.xml
NÓS
lante tempo das arquiteituras filosófecas. Tamén os especialistas teñen sensibilidade e saben enxerg.r os circos renascentes dos hourizontes. Coma todol’os libros de chez Colin, iste primeiro da Xeografía xurde c’unha limpa feitura tipográfica que da confianza e deixase ler. E a diferenza d’outros libros franceses, sabe ben do método e do fino traballo que se fai en Gotha, o paraíso d’os xeógrafos, vila agarimada nos cotos e arboredos da paisaxe romántica da Alemaña do medeo e que se debería representar nos mapas non c’un redondeliño coma calquer vila sinón c’unha locente e sensitiva Rosa dos Ventos.
Demangeon esquirbe o primeiro volume adicado as Illas Británecas. Na primeira parte trata das relacións xeográficas c’a Europa occidental e atlántica. Contén todo o libro unha viva interpretación da roca, e da paisaxe. E dino de particular gabanza o capítulo da formación étnica e histórica do pobo inglés, e mais do irlandés. Logo a xeografía rexional, enxergada con amore e ponderación. Igoal espírito latexa nos capítulos de Economía aculados de feitos, de relacións, e de cousas novas inda pr’ó público lido e acostumado a unha rexa Albión aínda ben Victoriana. É suxestiva unha comparación por exemplo ant’a Irlanda de Demangeon e a de Reclús. Pra falar com’os nosos paisanos hai que dicir: había xente de moita alma no século dazanove.
SEMPRE AS CUMES NO HOURIZONTE...
Teimei fai moito, enfiar, non en sistema, mais pola simpatía garimosa, os libros e millor os anacos, páxinas e posições, encol da estética, das montañas. Bó tema pra un curso de verán. Cecais na Galiza mais doado pol’o inverno a carón da lareira e na solaina d’un pazo. Os primeiros románticos xermánicos, moito Rousseau, Chateaubriand, Jenancourt, Michelet... Dos novos Ramuz que ten o espírito alomeado pol’un lado e pol’outro en noite o igual dos vals, e camiña amodiñado coma quen vai esculcando as fendas dos neveiros. O mestre de todos, hastra dos irmáns De Saussure parés que
foi un erudito do sólpor do siglo XVIII, Ramond. Seu libro de viaxe ós Pireneus ficou esquecido pra grande parte do siglo XIX, con ter sido pra a interpretación da montaña o que foi Petrarca pr’os humanistas. Tamén dinantes d’il houbo un inglés, Coxe, autor d’unhas cartas sobre dos Alpes, tradocidas e adotadas por Ramond. Sempre hai un inglés nos orixes das cousas; despois deixan o campo, cortesmente, c’unha xentileza sportiva. Agora o libro de Ramond veuse imprentado pol’o nido crítico André Mongloud.
UNHA RAYOLA DE LUAR
Vai correndo solermiña e albescendo novas e-fondas paisaxes das y-almas. D’onde ven? Cecais de Noralis, desespero dos autores, de manuales d’historea literaria. Chega hastra Hofmannsthal, Maeterlinck e Rilke. Gosta d’andar pol-o norte. Lúa d’inverno de longa noite e non temerosa da chuvia nin do interior familiar nemigo das revoluciós da rúa. Anda na prosa, no verso, no drama, no ensayo, é mais filosofía que moitas craras construcións—desmasiadas craras pois deixan ollar a fenta da casa Usher. En Poe demorou com’o luar no lago cinguido de rochedas. Os escritos en prosa de Hofmannsthal fóran agora traducidas en francés. N’iles como n’outros do mesmo reino hai o estudo e a door da maneira da creación artística considerado de moi diferentes maneiras, mais sempre coma esencial: a agromar da y-alma na realidade material, o misterio da agromada no vivir interior.
VIDAS NON PARALELAS
N’iste ano teñen saido moitas biografías. Non s’esdeñan de esquirbilas xentes da millor sona artística, novos e trunfadores. Carco, Maurois, Benoit. Fai tres anos saiú o ademirable «Shelley» de Maurois, un libro que vai franqueando portas á nosa curiosidade cordial, na compaña sempre pronto ás nosas preguntas. Os grandes románticos son pol-o d’agora os mais favorecidos. En troques a vida de Balzac, que crioú tanto censo de xente viva, foi escrita n’un xeito
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d8/d8a8/d8a84c7a-f69b-471e-bf9f-4c1e0b4c2c84/11571022.xml
BOLETÍN MENSUAL da CULTURA GALEGA
Direitor Literario Vicente Risco Direitor Artístico Alfonso R. Castelao
Adeministrador
ANXEL CASAL
DIREICIÓN E REDAUCIÓN: ADEMINISTRACIÓN:
Sto. Domingo, 47 —OURENSE Real, 36 1."—A CRUÑA
ABONAMENTO NOTA
Doce números, na Península 8'00 pesetas.
Fora da Península 8'00
Número solto 0'70
Os pagos son adiantados e os gastos de xiro de conta dos suscritores
Este boletín non publicará mais orixinais que os que foran directamente solicitados pol-a Dirección. Tampouco se fai solidario das ideas n-eles emitidos, a non ser dos que por non iren rubrados, enténdense que son da Redacción.
SUMARIO
Os Fidalgos de Neira de Rei, por Evaristo Correa Calderón.
Duas estacións dolménicas, por Florentino L. Cuevillas.
Artistas aldeáns, por Xosé Filgueira Valverde.
Arquivo filolóxico e etnográfico de Galiza.
Os homes, os feitos, as verbas, pola a Redacción.
Reloxería ZENITH Vicente Risco
MÁQUINAS PARLANTES, DISCOS
AGULLAS e ACCESORIOS Abogado
M. CALVIÑO - Ourense
Santo Domingo, 47-2.º Ourense
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d8/d8a8/d8a84c7a-f69b-471e-bf9f-4c1e0b4c2c84/115710218.xml
Borrador OCR local de apoyo. Úsalo solo como pista débil cuando la imagen sea ambigua; si contradice claramente la imagen, prioriza la imagen:
Y Franza das primeiras grandes Esposizóns Universaes, da Opera, das Tullerías...
A Galiza numismática—estamos en frente do mais suxestivo dos coleizonismos que quixeramos abiscar espallado entre.nós— tópase intresada en varias das medallas, dúas das qué non podemos menos de reproducir a sua descripzón tal e como aparez nas páxinas do Catálogo. Védeas eiquí:
1229, —Campagne d' Espagne. Bataille de Corunna. Mort du general Moore. (Wyon). Son buste a g. R.) L'Espagne et l'Angleterre prés du general assis sur un lion et soutenu par la Victoire. (TN. 31, I—B: 836). Br. 39 núm. TB.
1545.—Campagne d’Espagne 1809-1814. BY THE MERCY OF GOB. Auge volant a g. R) Legende. Laiton 16 num. 28 p. T B. (1809, Aporto, Talavera, Vimieza, Corunna; 1810, Coimbra, Buzaco; 1811, Almeida, Saint Sebastien, Arroyo del Molino, Fuente de Onor, Ciudad Rodrico, Barrosa, Albuhera; 1812, Madrid, Salamanque, Badajós, Almaraz; 1813, Bidasoa, Pyrenées, Neive, Castalla, Vittoria, Pampelune; 1814, Orthes, Toulouse.)
Mais de tres mil pezas detalla o Catálogo, número que fala ben da importanza da coleizón que o Estado francés tal vez non deixe traspasar as fronteiras; pol-o menos a certos eixemprares únicos que irán a enrequentar os esprendores do Cabinet des Medailles.
CATALOGUE OF THE COLLECTION OF AMERICAN COINS. Spink & Son. London 1927.
Subasta na Argyll Gallery én Xunio do presente ano. Sobresaen os pesos mutilados da dominanza española.
ARETHUSE. Revue Trimestrielle dirigée par Jean Babelón et Pierre d'Espezel du Cabinet des Medailles. Fasci- culo 15. Abril 1927.
Prosigue a pubricazón do sabio esperto Mr. Florange, tal vez o mellor do mundo na sua espezalidade, dando á cenza numismática e á arqueoloxía traballos de outo interés. Ademáis da Cronique, traballos de Dieudonné, Delaporte, Mirone, Cordey e Buttin.
NÓS
De grande importanza as recentes emisións de medallas francesas conmemorativas e de homenaxes a Lyautey, Castelnau, Guyot e Doumergue, xeito de honorar ós homes que ergue na Franza unha escola contemporánea de medalleiros que poñen iste arte á outura dos grabadores renacentistas. Sería ben encamiñar os nosos homenaxes e crear en Compostela un núcleo de artistas que compartisen cos ourives as grorias da escola santiaguesa. Como bon precedente eisisiste en Galiza a medalla a don Marcelo Macías, da man escelsa de Asorey,
CATALOGE OF THE HUTH COLLECTION OF COINS AND ME- DALS. Sotheby and C.
Venta en S. Xohán. Comprende series dos principaes Estados europeos e americanos. Sorprenden as pezas que o mesmo Sr. Reginald Huth acuñou pra obsequiar a Isabel II en 1904, a Alfonso XIII e a M.* Cristina en platino e paladio, de grande peso e únicos eixemprares.
F. B. B.
LETRAS D‘AFORA
UNHA NOVA XEOGRAFIA UNIVERSAL
Xa está na rúa o primeiro volume da riola dos vintedous que compretarán a Xeografía Universal de Armand Colin, o editor que ten a sua casa crara, limpa e acolledora no cerne da beira ezquerda do Sena, no Boulevard. Saint Mich. O sopro criador, sereamente emozonado sin perder un chisco do nidio esprito centífeco do mestre Vidal de La Blache segue informando o ledo traballo da escola xeográfica francesa. Gallois, Martoune, Demangeon, Camena d’Almeida e outros redautores dos «Annales de Geographia» e traballadores n’ista grande obra, son de París e de fora de París. Tudos eles medraron na forxa da xeografía rexional francesa e logo fixeronse seu cupo no estudo de lonxanas terras e mares. Soilo d'iste xeito poden sentir a armoñosa unidade do vivir da curtiza terrea n'aquil senso de que foran devanceiros Humboldt e Ritter no raio-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d8/d8a8/d8a84c7a-f69b-471e-bf9f-4c1e0b4c2c84/115710213.xml
ARTISTAS ALDEANS
Tres contos, d'unha serie inédita, lidos na Festa da Prosa Galega do Seminario de Estudos Galegos.
I
FLORINDA A FOGUETEIRA
Lémbrome ben das casas que tiña o meu mundo de neno. En todas elas, menos na de Florinda a Fogueteira, cada cousa tiña o seu tanto onde estar. É decir que o armario estaba entre as dúas ventáns do sobrado, non saía de ali mais que cando había albañiles na casa e, ó movelo, deixaba na parede un clavo que o tempo e a lus non tiñan luxado. E o do armario pasaballe á mesa, que tiña que estar no medio e medio da cociña, e á artesa, que estaba á beira do forno, e ós baldes, que estaban a caron do vertedeiro. Eu topaba todo esto tan axeitado como que a nosa casa estivese na carreteira e a eirexa na Quintana do Castro. Por eso cando se mudou a miña cama pra o cabán de tío Xacinto fíxose na miña vida un troque tan extraordinario que soio ten comparanza co paso do Camarada o Deberes. Por eso tamén o ir á casa de Florinda a Fogueteira era un regalo pra os ollos; aquela casa que era sempre unha casa nova, que nunca tiña as cousas no seu sitio, abría no maxín un porteliño cara a infinda variedade de casas que habería lonxe do meu mundo de neno.
Florinda a Fogueteira era unha pantasia. Ela unhas veces tiña a cama no sobrado e o comedor na sala e outras a cama na sala e o comedor no sobrado. Ela de unhas veces tiña cama de ferro e de outras cama de piñeiro. Ela de unhas veces tiña cadros con santos e de outras pratos con frores. Ela de unhas veces tiña tazas e de outras veces cuncas. Recibíanos no xardín, na cociña, na escadeira; sentábamonos en bancos, en sillas, en sofás; saiamos po-la porta, po-lo patín, po-lo portelo. Dabame mazáns, flores, bombóns. Ou botábame da casa a berros. Eu cheguei a querer a Florinda con sinxelo namoramento de neno. Co seu traxe azul, co seu traxe roxo, co seu traxe branco... Hoxe penso: ¿Qué sería de Florinda a Fogueteira? Vería o cine, mercaría outra casa, embarcaria, casaríase, descasaríase, faríase do teatro... Cicáis esté aínda na aldea facendo e desfacendo os altares dos santos.
II
O ORGANISTA DE IRIA
O organista de Iria, un músico vello de enterros e festas, bo bebedor, forte, roxo, de moita sona en toda a terra de Padrón, viráraselle o sentido. Deivara o viño e as esmorgas, dera en se pechar po-las noites na eirexa a tanxer no orgao cousas estranhas; rubia ó campadal pra adeprender ós mocíos repiques novos, tiña longas conversas co gaiteiro de Isorna e saía cara os soutelos do río, no raiar da i-alba, cun feixe de papés baixo do brazo. Sentira o pruido de engayolar unha cántiga que teimosamente se ecoaba nos seus ouvidos e tendía a cotio o ichó pra esligala como se fose un loiro paxariño.
Dempois de moitos traballos arriscouse a amostrar canto levaba composto ó orgaista de Santiago. Saeu de Iria, po-las oitavas de Nadal, c'unha carta de presentación do Abade, con moitos papés na alxibeira e o verme d'un degoiro no peito. Nos seus ouvi-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d8/d8a8/d8a84c7a-f69b-471e-bf9f-4c1e0b4c2c84/115710216.xml
NOS
Os homes, os feitos, as verbas
GLOZEL
Antecedentes
Glozel, no «Mercure de France»; Glozel, no «Journal des Débats»; Glozel, na «Action Francaise»; Glozel, na «Anthropologie» e na «Revue Archeologique» i en dez xornaes mais de París, i-en vinte dos departamentos franceses i-en trinta revistas inglesas, alemás e suecas. Por todas partes. Glozel, Glozel e Glozel.
Glozel é un lugarciño da Auvernia. Perto de il, pasa un regato, a Vareille, en cuia marxe esquerda hai un eido, un sinxelo eido ca sua camada de terra moura por riba e a sua camada de arcilla marela por baixo, que se chama o Duraton. Coido que hai algúns meses, ningún, fóra do seu dono, un tal Emile Fradin, e dos seus veciños, sabería da existencia do Duraton, mais oxe o seu nome ca sua camada de terra moura por riba e a terra moura de por riba e a arcilla marela de por baixo, teñen sido fitadas, remexidas e cheiradas polo ollar arqueolóxico de Mr. Loth, pol-as mans etnográficas de Mr. Van Gennep e polo narís xeolóxico de Mr. Despéret; e a homildosa aldeía auvernesa viu xa pasar pol-as suas canellas silandeiras a traza militar de Mr. Esperandieu, a meia sotana do abate Breuil e o perfil talmudico de Mr. Reinach.
As academias de meirande sabenza, as sociedades científicas de maior engoladura e as direizóns das revistas asisadas, tenden cara Glozel un ollar arelante e desacougado coma si do eido do Duraton fora xurdir un volcán, e os nomes de Mr. Fradin e do Dr. Morlet, un médico de Vichy, collen unha sona e un espallamento universaes.
Mais que é o que pasa en Glozel? Qué raro fenómeno asoellaron, Fradin e Morlet da terra do Duraton? Pouca cousa pra os que non se intresan pol-as cencias prehistóricas i-etnográficas, un mundo pra os inizados e os afeizoados son moitos, porque etnografía e prehistoria son cencias de moda, velahí o estrondo, a arela e o desacougo.
Inventario
Compre que agora sigamos as páxinas do «Mercure de France», onde os obxetos do Duraton foron pubricados, e que tiremos de elas un apurado inventario.
Os principais obxetos poden crasificarse de iste xeito:
a) Moitos ladrillos que revestían unha fosa oval, que parez ter sido un enterramento eneolítico, aproveitado por vidreiros da época de Laténe.
b) Anacos de machados e outras pezas de pedra polida.
c) Pedras pequenas furadas, algunhas con fura bicónica e outras con fura calibrada.
d) Gran cantidade de seixos con figuras de animais insculturadas.
e) Pracas de ladrillo con impresións de mans e con coviñas feitas co dedo.
f) Arpons de oso de fabrica ruín.
g) Ídolos de arcilla, ictifalicos, femeninos e bisexuados.
h) Cerámica do tipo de urnia con face humán, cerámica riscada de tipo dolménico e un eisemprar de vaso campaniforme.
i) Muiños de mau de moa non xiratoria.
j) Noventa sinos alfabetiformes, espallados en fatos en pracas de ladrillo e nos seixos insculturados.
Custions a porfiar
A primeira, a da autenticidade dos achádegos. «Un corps de doctrine est un organisme qui se defend contre l'intrusion d'éléments perturbateurs. En archeologie, cette defense se manifeste tantôt pour l'hypothèse d'une supercherie, tantôt pour la tendance de rebaisser la date des objets nouveaux pour les rendre, si l'on peut dire, inoffen-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d8/d8a8/d8a84c7a-f69b-471e-bf9f-4c1e0b4c2c84/11571028.xml
conocimiento das antiguidades gale-
gas.
Trátase en efecto de unha necrópole seguramente dolménica que cicais acochou dentro das suas sepulturas cámaras e mobl: rios merecentes de vagoroso estudo, mais que se alcontra no día en tal estado de ruína que a desprove de case todo o seu valor científico. E como ningún proveito haberiamos de tirar con facer un novo plano os males causados
por ciprianistas e canteiros, imos entrar a espor seguidamente as cativas notas fornecidas polo nosso traballo espororatorio.
MAMOA N. 1 — Situa̧a̧a a 700 metros cara o leste do lugar de Casfarexa. (Vex. croquis). Ten 15 metros de diámetro por 1'50 de outo i está formada por terra e algunhas pedras pequenas.
Escavouse ata atopar o chan natural, sen que aparecera cámara nin moblario.
MÁMOA N. 2 — A 2 quilómetros da anterior cara o leste e a 800 metros cara o Norte do lugar de Ruídos. Está posta na aba de un pequeno outeiro.
Alcóntrase tan aplainada que no nos foi posible determinar o seu diámetro. Cavouse n-ela ata atopar a terra apreixada do chan natural, alcontrándose soio un dos esteios da cámara que se achaba deitado no meio da mámoa e que medía 1'80 metros de outo por 53 centímetros de ancho e 25 de grosso i estaba feito de esquisto mouro.
MÁMOA N. 3 — A 800 metros a leste do número 2 e a 400 cara o Noroeste do devandito lugar de Ruídos. Está no cume de un pequeno outeiro e alcóntrase tan aplainada coma a anterior e formada por terra e unha grande cantidade de pedras miudas. Non se asoellou nin cámara nin moblario.
MÁMOA N. 4 — A 200 metros da anterior cara o suleste. Mede 18 metros de diámetro e 2 de outo -está feita case escrusivamente de terra. Apareceu dentro de ela un esteio de dolmen de esquisto mouro e de 1'30 metros de longo por 60 centímetros de ancho e 14 de grosso.
Istas catro mámoas están senlleiras e como se viu afastadas de abondo unhas das outras.
As que agora imos enumerar apareceron por contra en dous grupos, un de cinco e outro de catro postos en col de outeirales de cativo altor.
A situación e características dos túmulos do primeirosonasseguintes.
MÁMOA N. 5 — Situada a 900 metros da número 4 cara o norleste. Tan rcbaxada que non se pudo determinar o seu diámetro. No seu interior non apareceu moblario nin restos da cámara.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d8/d8a8/d8a84c7a-f69b-471e-bf9f-4c1e0b4c2c84/115710224.xml
Augas bicarbonatado-sódicas de MONDARIZ
FONTES DE GÁNDARA e TRONCOSO
propiedade dos FILLOS de PEINADOR
MONDARIZ—BALNEARIO está situado a 35 kilómetros de Vigo e a 20 das estacións de Porriño e Salvatierra de Miño
Hotel do Estabrecimento está aberto do 1.º de Mayo a 31 de Outubro
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d8/d8a8/d8a84c7a-f69b-471e-bf9f-4c1e0b4c2c84/11571025.xml
Borrador OCR local de apoyo. Úsalo solo como pista débil cuando la imagen sea ambigua; si contradice claramente la imagen, prioriza la imagen:
he NOS
Os que acostumaban a acompanhar a Don Pepito de Guilfrei, eran Don Andrés de Gorbeo e Valcarce de Pín, ca sua cuida.la lanzalía, home moi fino e agradabel, que falaba engorde, amodinho. Tinha o ar melancónico da época. Levaba patilhaas mouras, barba romántica e sedosa. Vestía un traje preto. Tocaba o violín que daba genio e lía a Enciclopedia. Segui-o sempre seu grande can de palheiro.
Don Manoel Salgueiro Franco e Trebolhe do Río, elegante sempre, ca sua capa azul, a sua crabata de plastrón e as suas esporas de prata. Roibo, de ollos azúes, era outo i-ergueito. I-a a Crunha somentes por comer pescado e a ver boas mozas. Cabalgaba n-un macho de sete mil reás, e botaba bastantes alhos ao falar.
Algunha ves se lhes juntaba Froilán de Neira, ainda que poucas vezes, porque non sabía alejarse da sua mulher, aa que adouraba con delirio.
Don Alvaro do Vilar, o Velho, quería melhor quedarse no pazo e mais ainda dende que tinha netinhos, aos que estaba olhando todo o día embobado, facéndolhes festas para que sorriran. Véndoo pensábase n-un velho árbore frolido.
Tamén atopaban no pazo do Vilar ao outro abó, Don Marcial de Fontaron, o pai de Froilán, que só alá na sua torre de Sancti Spiritus sentía soidades do seu filho, do carinho de Antonieta e dos jogos dos netos. Poucas vezes o podían arrincar d'aquel ninho, pero algun-as vezes o levaban co eles porque non sabía oponherse.
Os filhos do Senhor de Cernadas cando baijaban da sua casoa aumentaban moito o fato de cabaleiros, ainda que despois da morte do mais novo na romage da Nose Senhora no Latadal, Froilán, o meirande, non saía do seu coarto, paseiando d'uma banda aa outra, como un lobo engaiolado, sin probar bocado.
—Cuáseque toleou cando deron morte ao seu irmán — falaban os labregos.
O pai, já moi envelhecido, tampouco saía da sua cas.
Somentes de cando en cando baijaban de Cernadas os catro ou cinco irmans enloitatados, juntos ainda, pero ja sin aquel ar de
3 lanzalía de enantes. Cabalgaban en pequenos cabalos peludos, soltos todo o ano na imensa serra de Ranhadoiro. Ian calados, como si ainda tivesen diante dos olhos a tragedia. Ja no eran os de enantes, non. Valente reconhecera un filho natural, que quedara orfo de nai. Enternecéraselhe o curazón, e o levara a Cernadas para pecoreiro da facenda.
O que levaba a voz cantante entre os cabaleiros, era Don Pepito de Guilfrei. Senhor de gran linage, ainda qu'os seus abós foran donos de mitade da comarca e cobradores de foros dende Mondonhedo a Quiroga, era o mais probe de todos. Casta de malos adiministradores dos seus bés, os velhos consumiran a sua fortúa en tercos preitos, por desconhecimento e abandono dos eidos lonjanos, por generosía cos labregos mendicantes... As torres — varias torres tiveran os Senhores de Santa Comba — fóranse derrubando. O derradeiro fidalgo da costa, viudo, só, vivía probementes n-un velho edifizo que enantes servía de tulha das rendas que antigamentes cobraba nas terras outas do val.
Don Pepito, cas suas barbas de castrón, ía desparramando o pouco que lhe quedaba da sua fortúa pol-as tabernas, dando a mans cheas canto se lhe pedía.
Ao pasar por diante d'algum-a das tabernas do val, ou das da vila, facía entrar a sua mula, encolhíase para non tropezar co dintel, e, ja dentro, tiraba do ramal e facíalhe ponher aa mula as poutas no mostrador.
—Un vaso de vinho para min i-outro para a mula!
Un tras do outro, d'um-a ves bebía os dous vasos, limpabase os beizos coa man, e decía, n-un ton razoabel e resinado:
—Hai que afogal-as penas!
Istes eran os fidalgos que acostumaban a cabalgar juntos aa vila, os derradeiros cabezaleiros das mais linajudas familias ecuestres de toda aquela terra.
Tamén algun-a ves se juntaban a eles Don Antonio, o crego de Santa Comba, jenete n-un rifon branco de grande alzada, decidor e campechán, e mail-o creguinho da Vidueira, ao que chamaban para todol-os enterros e funciós d'eireja n-as que houbese que cantar, e que levaba boa amizade cos