https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c7/c751/c751854b-e498-4eb5-baed-767f151e7677/115721212.xml
cabalo, sota, puntos de más a menos; e por iso o jogo é mais qu'o espiritismo, onde s'evocan somentes mortos.
Todo está concentrado nas cartas, que soilas deciden da sorte, porqu'elas somentes saben o que fan, e d'onde vienen, e pra onde van, cheas do poder que lles dá a tradición e sufragio unánime e costante de todos os xogadores.
E as velas esborran pouco a pouco, chorando a vida que pasa e se lles vai, en bágoas ardentes que coallan en estalautas funerás.
E hai un silencio ou un mamuxar de velatorio, dos qu'están no velatorio do tempo.
De cando en cando, un baraxa, e ao embrullal-as cartas, vai cruzando a sorte e tecendo os fados en erdume e trama, con fios de vida, con fios de tempo, enfiados nas agullas das espadas, enrolados na roldana dos ouros, entrambilicados no barroquismo dos ases, emarañados no sarillo dos catros, e as maus d'esclerosadas veas que misturan os símbolos, e a mau impacente e cansa que s'adianta pra cortar, iñoran de todo o misterio qu'están faguendo andar d'un a outro. E mais así e todo, o que baraxa, como está sendo sacerdote namentras baraxa, oficina sempre, sen se decatar, litúrgicamente, e o que corta fai sempre tamén do mesmo xeito, coma quen fire á vítima do sacrificio.
A diferenza que hai entre botal-as cartas e xogar ás cartas, é a qu'eisiste ant'a adiviñazón e a mágica. E o que xoga realiza sempre sen sabelo, un acto mágico. E os mirós están tamén tan presentes no espírito do xogo e tan presos na cadea da sorte que non lles colle a íles, qu'o meigallo apégall'o cú aos asentos, e non os deixa marchar por mais que miren a mostra os qu'a teñen, porqu'o xogo non ten hora, no xogo as horas perden esencia e diferenza, pérdense, derrétense no contino do tempo, que o tempo do xogo non é o tempo físico que se conta, e de que cada un pode pillar un anaco pra facer d'il un pandeiro, o pandeiro sonoro e oco da obriga e do traballo, senón que é o tempo absoluto, e ao mesmo tempo é o tempo vivo que marcha sen sentir, que camiña com'as arañas pol-a parede. Somentes cando un dos xogadores, n'un esforzo penso e difizle de todo o seu ser, nunha arrincada soberán e final creba o encanto e o hipnotismo dos símbolos, é cando os outros fican tamén ceibes e vanse erguendo, c'un abalar da concencia de quen espertan despois d'un soño.
Ja volven ser homes. Cada un volve ser o que é... Os xogadores, cando s'erguen de xogar, en realidade é que volven do outro mundo.
VICENTE RISCO
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157212&posicion=1
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c7/c751/c751854b-e498-4eb5-baed-767f151e7677/115721222.xml
Borrador OCR local de apoyo. Úsalo solo como pista débil cuando la imagen sea ambigua; si contradice claramente la imagen, prioriza la imagen:
tralista, gardou hastra hoxe unha forte vida rexional.
«LE VOYAGE DE SHAKESPEARE», por LEÓN DAUDET.
Un libro da mocedade. Agora volto a imprimir pra lediza de cantos amen a prosa densa, vividoira, latexante de maxinazón, de carne e sangue da vida, da emozón de cada viaxe, de cada alborada, de cada nova faciana. Século XVI. O chocar das dogmáticas. Ariel misturado no tumulto guerreiro e teolóxico, o mar do norte, o Flandes revolto contra a España, estampas de guerra superiores a Callot, ensoños do xenio, o castelo d'Eiseneur, algo tan dinámico, rico, e gozoso que debía andar nas maus dos rapaces. Tan diferente de Proust qu'o autor de «A la Recherche du temps perdu» estaba namorado d'iste libro de Daudet.
MONSIEUR TESTE, de P. VALÉRY
Outra nova edizón. Mais d'iste persoaxe hai que falar d'outro xeito como tipo d'unha maneira de pensamento e de sensibilidade poñendoo en conversa con Chatterton, René, Obermann, Mad. Bovary, Fabrizio del Dongo, Zaratustra, etc, todas as criaturas do século XIX e as que xa andan pol-o seu pé do XX, que son ben poucas.
R. O. P.
LIBROS
APORTACIONES A LA HISTORIA DE GALICIA, por D. MARCELO MACÍAS. IV vol. de la Biblioteca de Estudios Gallegos.
A certeira direuzón de Alvaro de las Casas, querido e admirado colaborador das publicazóns de NÓS manífestase de novo ca publicazón dos cinco preciosos estudos do gran D. Marcelo que forman o IV volume da Biblioteca de Estudios Gallegos. Como gran erudito sempre amou D. Marcelo o traballo monográfico, preciso, acabado, que non deixa marxe a ningunha dúbida ou vacilazón en canto o consinte a sabia interpretación das fontes históricas. D. Marcelo consagrando a Galiza a frol do seu esforzo e paixón fariase dino da eterna gabanza dos galegos aínda que non nos ofrecera o exemplo incomparábel da sua vida que decorre fai tantos anos entre nós como un maxisterio custante de dinidade espiritual, de suxes-
NÓS
tión animadora, de outra idealidade. Os máis dos libros de D. Marcelo non son doados d'atopar; hastra a mesma «Literatura Preceptiva» que conqueriu ca sua eleganza e precisióntantas xenerazós d'estudantes, vai sendo un libro raro. E ¿que dicir dos Sermós e Discursos? Eles diron a D. Marcelo o título de Cicerón cristiano; aínda resoa a unánime gabanza dos auditorios, e hoxe estamos privados de lér sin presa aquila soberana elocuencia que non tivo sucesores. O mal remediase en grande parte ca publicazón d'iste libro que apesares d'estar composto por escritos de desemellante carauter e data diversa, loce cunha completa unidade pois abarca visiós da historia da Galiza dend'a época romana hastra o século X. Do tempo imperial da cultura latina vestindo a sinxeleza da cultura indixena orixinaria hastra o grande florecemento dos dias de S. Rosendo época a un tempo galega e universal. Os tres primeiros estudos son tres xoyas de erudizón e técnica histórica: «Civitas Limicorum», «Galicia y los Reinos de los Suevos» e «Historia de los Suevos». No «Civitas Limicorum» apoiándose no estudo epigráfico das lápidas de Nocelo da Pena, sitúa a cibdade dos Límicos hastra entón de localidade dubidosa, fai a historia do territorio e as suas relazós ca xeneral de Galiza en aquila época, e non esquece todal-as notizas que pode proporcionar a Filoloxía clásica, encól dos Limicos.
O título «Galicia y el Reino de los Suevos» contén as notas biográficas do Bispo Idacio, cua patria e cadeira bispal quedan prenamente escrarecidas, 1-a edizón do Cronicón, fartamente anotada, unha das millores contribuzós de D. Marcelo a historia galega. Baixo o rubro «Historia de los Suevos» segue a crítica e a edizón da Historia dos Suevos por San Isidoro de Sevilla. Os tres estudos ricamente anotados complétanse con dous apéndices: «La Gallaecia provincia independiente de la Tarraconense» tirada d'outra obra maxistral do autor «Epigrafía romana de la ciudad de Astorga» e un estudo encol das Monedas Suevas do «Indicador manual de la Numismática española» de Campaner y Fuertes».
Dous Panegíricos de suprema beleza e maestade oratoria rematan o libro, adicados a dous dos creadores mais grandes da Galiza medieval nai da Galiza moderna: S. Martiño de Tours e San Rosendo. Aínda na fría letra de imprenta o estilo das cláusulas, a arte do párrafo ond'as verbas brilan e locen coma xemas e os hourizontes misticos e históricos franquéanse con solenidade dina de Bossuet, figura resoar coma baixo as bóvedas dos tempos, non pouco da voz e do
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c7/c751/c751854b-e498-4eb5-baed-767f151e7677/115721226.xml
bilidás ocultas pra nos levar, guiados d'un estrano brujo, non se sabe ben a fin de contas se anxélico ou endiañado, a unha sorte de Paradiso astral, no que os homes, apesar de teren satisfeitos todol-os deseos, esprimentan a saudade d'iste mundo e achan n-elo razón pra se revoltaren. Pol-o cual, a novela, por soñada que sexa, non deixa de ser no fondo certa.
A crítica toda acolleu moi ben ambas novelas. E nós hemos loul tamén eiquí de camiño a actividade cultural da Casa Rivadeneira, cujas publicazós leemos sempre con intrés e gosto.
AN OALED, 3.º trimestre, 1929.
SOMMAIRE: Autonomisme ou Régionalisme, par Taldir.—L'industrie de la Pêche par Yves-Marie Fournis.—Histoire de la Boulangerie (suite), par Amroise Morel.—Le littoral pleubiannais, par Yves Berthou.—Impressions d'un Soldat breton au Maroc (suite).—Les Vedettes de Chez nous, par La gadec.—Souvenir de Quimperlé, par Jean des Cognets.—Lettre d'un marin à sa mère, par F. Monot.—Bues eur C'Houer (ken dalc'h) gant Godest.—Sant Guellas a Ruis (dives), gant Ab. Hernin.—Versus per Agros, par Champgeur.—Merc hed Skier, gant Solu.—Klemmen en derien, gant Efflam Koet Shau.—Eurrenjon Kana, gant Ar Braz.—Digoridigez ar Gorsend, gant Ar Braz.—Les manifestations bretonnes de l'été.—Echos et Nouvelles.—Ar Wask vrezek.—Les Éditions Armorica.—Bibliographie, par F. J.—Le Carnet de nos Abonnés.—Tribune libre.—Publicité Illustrations, etcétera.
REVISTAS
REVISTA DE CATALUNYA, Maig-Juny, 1929.
SUMARI: A. Rovira i Virgili, La genealogia de Guifrél, comte de Barcelona, i la seva muller Guinedilda.—Henry de Varigny, El problema de la població.—J. Aiguader i Miró, La fatiga obrera.—Pepe Sanahuja, Arnau Mir de Tost.—A. R. i V, Les idees de P.-J. Proudhon.—Elies Serra i Ràfols, La Catalunya lleidatana.—Nòtules.—Cròniques Catalanes: La Historia i l'Erudició, per Ferran Soldevila.—Les Lletres, per Domènec Guansé.—El Teatre, per Prudenci Bertrana.—L'Art, per Joan Sacs.—Periódics i Revistes.
Imprenta NÓS, Real, 36-1.º A CRUÑA
Pelerinaxes I por Ramón Otero Pedrayo Ilustrazóns de Risco Está á venda. 5 pesetas.
F. ROMAN e SACO DROGUERIA e FARMACIA Pereira, 19 — OURENSE — Teléfono 28
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c7/c751/c751854b-e498-4eb5-baed-767f151e7677/115721211.xml
JOGADORES DE CARTAS
So catro, arredor da mesa, e tres mirós, o qual, por casualidade —esa razón que non cisiste— fai o número sete, polo que se contan os lumiares do ceo. Mais son catro so mentes os que fan o cadrado mágico do jogo. Os outros tres ollan o jogo dend'a outa torre invisíbele do silencio.
O muricego da noite ven voando paseniño dend'Oriente, tapando as estrelas co-as as de seda, pra pousar na praza mollada de chuvia qu'espella o ronsel dourado do sol-por n-unha longa barra d'ouro deitada nas lonxas puídas. É un ouro moi pálido e doente, convalescente da febre do trebón, que aínda choran os tellados verdegantes en pingotas musicais que deitan notas limpas nas charquelas. Mais o salón, co-as fenestras abertas pol-as que ven o cheiro da y-auga, áchase já tan acugulado de sómas, que case já non collen mais dentro d'il, e non as axota tampouco a brisa que sopra o poente pol-o burato das nubes por ond'hai pouco ainda guichaba o sol.
Por iso tiveron que traguer velas, e hai unha n-un canto da mesa, chantada na boca de cañón d'una botella de graciosa, que aínda hai pouco se cadra, o mozo, que é un rapaciño con uniforme de groom, fixo estoupado, artilheiro abelencioso, e disparou n-unha outa copa de vermut a sua carga de vapores que ferven en gurgullas no seo da y-auga perfumada. E a flama d'esta vela pon nas faces dos xogadores o crascuro de Rembrandt e no fondo o pardo de taller.
Son catro, arredor da mesa e tres mirós. Un d'iles vai vestido de loito. Os outros van vestidos da coor do tempo. E as maús retor tas de torgo de uz sosteñen os leques aber- tos onde s'espallan os símbolos d'Hermes Trimegisto, frolecidas de coores heráldicas, e deitan no inocente verde de lameiro do tapete as notas diplomáticas—inofensivas e pacifistas—dos ases e dos treses afoutos e pomposos, aos que hai que asistir asegún lei estricta, e dos trunfos inaparentes, mais dominantes e cheos d'imperio, valorizados pol-a insaculazón da sorte, que se poñen c'un pequeno golpe de remate da puxa de cada baza.
O jogo é unha subasta, é unha confrenza diplomática, e é unha xuntanza espiritista. Púxase a ganancia co-ise papel-moeda representativo de valor abstracto que son os naipes, e por iso o jogo é mais qu'unha subasta. Emprégase o ceremonial e o protocolo, sen precurar ningunha utilidade social—nen individual, na esencia—e por'iso o jogo é mais qu'unha confrenza diplomática, e os catro señores qu'están eiquí sentados, na fondura sen fondo d'esta sala escurenta, namentral-a chuvia pule coma gemas as pedras da praza, están metafisicamente mais enriba que Briand e que Stresseman, por qu'istes d'eiquí son mero símbolo, e a sua personalidade d'a cotío desaparecer, namentras que Briand e Stresseman non son mais que persoaxes históricas, e antro jogo e a diplomacia hai a mesma relación que hai entre a álgebra superior e a contabilidade mercantil. Evócase o Poder dos símbolos, nen xiquera dos símbolos cosmogónicos de Thot, qu'os xogadores non coñecen por mais qu'estean eiqui deseñados nos naipes por dibuxantes que non-os coñecen tampouco, senón os símbolos abstrautos do valor puro, do poder sen nome: trunfo, As, tres, rei,
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c7/c751/c751854b-e498-4eb5-baed-767f151e7677/115721220.xml
OS HOMES, OS FEITOS, AS VERBAS
NOVAS DE GALIZA
Creouse en Montevideo a Asociación Protectora da Cultura galega, que se propón recadar axuda de cartos pra o Seminario de Estudos Galegos, a Real Academia Galega e cantas obras de cultura seria e enxebre eiqui s'emprendan, e tamén espallar na América e no mundo a coñecencia da nosa cultura. Xa emprincipiou a sua autuazón, xa enviou as pirmeiras remesas de diñeiro, e xa encomenzou a pubricazón do seu boletín, Arazúa.
D'iste xeito, por esta mostra e por outras moitas, non temos mais remedio que recoñecer que hoxe en día, o punto onde a aizión galega se manifesta mais forte e ben orientada é aló nas ribeiras do Plata, na Galiza d'alén mar, apesaren d'alí tropezaren os bós galegos co a incomprensión de outros, faltosos de criterio propio.
Outra manifestazón do que decimos é a funzón da Unión Estradense de Bós Aires, a beneficio do Seminario d'Estudos Galegos, cuio luxoso Programa, ilustrado con fotografías e con orixinás de varios distintos escritores, coma Manoel San Lois, Xandomar, M. García Barros, Suárez Picallo, Sebastián Guerrero, R. Alfonso Castro Dono, G. Fernández Couto, Xosé M. Cabada Vázquez, Blanco Amor, Rodríguez Elías, Fuquino, etc., temos recibido.
NÓS manda seu paraben á patriótica sociedade, e desexa que o seu eixempro sexa imitado por total-as outras, si é que queren ser galegas.
Por encargo do Centro Galego de Bós Aires, o banqueiro cruñés Sr. Pastor, en compaña do Presidente da Real Academia Galega e do Tesoureiro e Segredario da mesma corporazón, andiveron recollendo por Galiza adiante terra pra un panteón que aquil Centro pensa erguer en Bós Aires e no qual quere que haxa un pouco de terra nosa. A terra recolléuse no cemiterio d'Adina, en Padrón, cantado por Rosalia e na horta pequena da casa onde ela viveu, das murallas de Lugo, do mosteiro de Celanova e da Ponte de San Payo. Esta terra, pechada en primorosas arquetas de bronce repuxado, estilo oxival foi mandada a Bós Aires.
Esta sinxela cerimonia mereceu de Antón Villar Ponte unha atinada gabanza en El Pueblo Gallego, onde daba a idea de erguer o arbre simbólico de Galiza, baixo do qual todol-os galegos se poidan acoller, o forte carballo da nosa Raza.
A Comisión encarregada pol-a Xunta de Goberno da Academia Galega de xuzgar os traballos do Certame galego-americano de Montevideo, rematou o seu cometido, e o seu fallo razoado pubricouse no Boletín daquela corporazón. Falaremos do asunto cando se coñezan os traballos premiados e os nomes dos seus autores.
Como feito curioso temos que sinalar o de que ficara deserto o premio concedido a millor coleizón de versos en galego, que foi precisamente ao que máis concursantes houbo. O Xurado, ao facelo constar, estránase de que se presentaran traballos tan ruís cando a poesía galega acada verdadeiro esplendor.
Tamén se fala d'una Semán galega en Barcelona pra o qual o Marqués de Fonda, Direitor xeral da Esposizón, invitou ao Presidente da Diputazón da Cruña. A Academia Galega ten feito xa o plan de conferencias e sesións de música galega pra esa semán.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c7/c751/c751854b-e498-4eb5-baed-767f151e7677/115721224.xml
que soñe namentras escribe. Porque por riba de todo, o que il é, é lírico. baixo a garantia da S. das N. Namentras o asunto se non resolva, os problemas de nacionalidade han ser un instrumento político, pretesto e causa de guerras. O deber dos catalás, coma homes liberás e modernos é axudar a que se resolva, porque Ademais somentes a ampliazón do dereito de minorías pode dar estado xurídico internacional ao problema catalán, e atraguerlle opinión, pois a liberdade fai aos homes solidarios, coma tamén son solidarias as tiranías. Interiormente, a soluzón do problema catalán somentes se pode atopar en loita directa contra das forzas de razón catalanas e contra dos poderes retrógrados españoles, e débese aconsellar o prantexamento do problema catalán adentro do mundo político peninsular c'un ideal xeneroso pra toda a Península; intresándose por todol-os problemas peninsuares de liberdade e concenza.
CUENTOS HUMORÍSTICOS, por Enrique Labarta, Barcelona, 1929.
Un novo volume das obras compretas d'Enrique Labarta, qu'están pubricando os seus peisanos de Bayo, en homaxe o ilustre humorista. Ben coñecida de todos a personalidade de Labarta, da que ainda hai pouco, co gallo da pubricazón do volume precedente d'esta edizón das suas obras compretas, temos ofercido aos nosos leitores algúns aspectos pouco ouservados pola crítica, coma a súa forte tendencia ao espiritismo, a teosofía, etc. en suma, a súa gran curiosidade, probablemente inquedanza polo máis alá. Cuasementes, iste libro de contos humorísticos comenza c'un caso de reencarnazón, no que un zapateiro de portal vai desempeñar o rol d-Adam n-un lonxano planeta recén criado, todo moi ben posto adentro da teoría de Laplace e dos soños flammariónicos, co-esas vertixinosas distanzas estelares que ninguén mideu, e que tanta e tan xustificada rabia lle dan a Bernard Shaw; e alí, coma no eternal retorno de Nietzsche, a mesma historia do Adam da terra e da sua Eva repitese de novo. A mesma tendencia flammarionesca atopamos aínda no Amor interplanetario. Lembremos ainda o intencionado conto Entender la Química, cuio D. Saturnino tanto s'imita ao Pacheco d'Eca de Queiroz.
LA COPA DE CUASIA, por Antonio Rey Soto, Guatemala, 1928.
FERCENOS Rey Soto un novo libro, froito da sua actividade espiritual dos derradeiros anos, aló en Guatemala, onde o bri
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c7/c751/c751854b-e498-4eb5-baed-767f151e7677/115721219.xml
NÓS
Xogos dos nenos
Os xogos dos nenos son o pión e o truco. Os grandes non teñen ningún típico senón o dominó e as cartas.
Moitas veces divírtense uns cos outros discurrindo pegotas. Unha de elas é da forma seguinte: poñen dúas sillas separadas unha da outra, deixando no medio o sitio pra outra silla e cúbrenas cunha manta com'un sofá, e debaixo do oco da silla poñen unha tina chea d'auga e por adiante poñen unha mesa e convidan a unha persoa a xogar as cartas e ven e fana sentar n-aquel sitio e ao sentarse cai abaixo e énchese d'auga.
Hai outra da maneira seguinte: fan unhas chulas de carne e outras de estropaxo e tamén convidan a unha persoa e póñense a comer todos e aquela persoa danlle as de estropaxo e eles comen as boas.
Outra mui curiosa que son as pitas de Madrí e outras moitas.
Superstizón
Cando hai roubos a maneira de saber onde vai o roubado é ir onde unha muller que bote as cartas, a qual sabe pouco mais ou menos quen foi pol-as cartas.
Dín d'algún que ten pauto co demo, mais non saben como fai.
Tamén falan do mal de ollo, que curan con rescritos.
Do trasno, din que ao tío Bufo aparecille total-as noites e íballe enredar nas fabas e nono deixaba durmir. Un día deixoulle unha cunca de semente miuda e á noite veu o trasno e ao andar enredando, tirouna, e o home dixolle:
— Anda, c... agora f... apaña chil!
E despois non lle volveu aparecer mais.
Religión
Os santos a que hai mais devozón son o San Antonio, abogado das mozas pra darlle mozos, sendo as oracións que lle fan particulares de cada un e o que as sabe cala; San Blás abogado da gorxa, que n-iste pobo ten santuario e ven moita xente; San Roque, abogado da peste e males estranos; San Xosé, a quen se lle fan os sete domingos, a Virxen dos Dolores, a quen invocan as mulleres cando están de parto; a Santa Lucia, abogosa da vista.
As romaxes onde vai mais a xente son a de Vilar de Flores, perto d'Allariz e a da Peneda en Portugal. Van persoas descalzas, empanadas de branco e levan velas de ofrenda, etc.
As ánimas
Ofércenlle misas, e elas aparécense ás veces pra que s'acorden d'elas e lle fagan o que precisan pra sairen do Pulgatorio. No Día de Difuntos, hai a procesión das ánimas, e o abade vai recollendo as esmolas pr'os responsos.
Meiciña popular
As plantas que sirven pra remedios son a fariña de liñaza, a cicuta, a ciruda, as ortigas, os chopos brancos. Pra compor membros rotos empregan os emplastos de resina dos pinos.
Os astros
Conécense o luceiro, as tres Marías, o carro ou Sete-estrelo, etc. Cando hai cris, non se poden recoller as verduras e cousas d'afora, por que énchense de bechos.
Moreiras, 20 Xaneiro 1929.
GONZALO NIETO CORTIÑAS
Alumno do Maxisterio
Non deixe d'adequerir
SEGUNDO LIBRO DE COUSAS
por CASTELAO
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c7/c751/c751854b-e498-4eb5-baed-767f151e7677/115721221.xml
NÓS
Os orgaizadores da Esposizón de Barcelona ainda queren que Galiza concurra á Esposizón do teatro por mais que pouco seña o que n-esto temos que espór.
PORTUGAL E GALIZA
A nosa ben coñecida revista A Aguía, do Porto, órgano da *Renascenta portuguesa*, propónse abrir nas suas páxinas unha Seizón galega, que ha ser colaborada polos nosos millores escritores. O Sr. Sant'Anna Dionisio, que hoxe corre co asunto, fixo xa pra elo o convite oportuno, e d'acordo co noso Director, propónse tamén ativar-a colaborazón e a información literaria portuguesa en NÓS.
Antre NÓS e A Aguía hai xa unha antiga fraternidade. Entrámas revistas teñen sido deica agora as que mais fixeron pola-a mútua intelixenza antre Galiza e Portugal, sobre todo dende hai mais tempo, e con mais continuidade. Nos derradeiros anos compre axuntar o *Portucale*, ao que debemos tamén moita gratidude.
Agora váise abrir unha era nova de mais entrañada colaborazón literaria, que ha beneficiar moito á cultura dos dous países.
LETRAS D'AFORA
SPLEEN E IDEAL
Inéditos de Baudelaire publicados por Jules Mouquet baixo o título *Vers retrouvés* (Juvenilia, Sonnets Manoel). Ademais do drama non rematado *Manóel* (todol os líricos do XIX maquiaron o penedo do drama; iste nome *Manóel* figura cobrizo, recendente á canela das Illas (pequenas Indias francesas, xeitosas, precisas hasta crásicas: Guadalupe, Maurício, Reunión, Nova Caledonia) e a palpitazón lumiosa dos mares do coral, aquil calor que era pra Baudelaire un consolo acaron da estufa parisiense da *Tanfarló*) hai moitos versos do acostumado e superior alento: *Le dôme s'arrondit comme une large tombe; J'aime son mauvais goût, sa jupe bigarrée,—Son grand châle boiteux—*. Brindo a Risco, a Cuevillas, a Sanjurjo (lembrádesvos: 1908, *Fleurs du Mal* presuntuosos outonos con todo o pelo? Ista mala traduzón do soneto *A Ivonne Pen Moor*:
Lembras agora, nena, tua salvaxe beleza
Cando corrías os bosques cos fortes pés es
Saudosa e cantareira, esquencendo a pro-
[beza]
E dando ó ceibe vento os brazos frolecidos?
Teus rizosos cabelos e tua morena coor
Facían mais desexados teus sinxelos feitizos
Tal a pura Artemisa iñorante do amor
Corría pol-as xesteiras sobr'os montes som-
[brizos.]
Xa se murchou pra sempre tua beleza sen-
[lleira.]
Non mollará teus pés a onda na riveira,
Xa se perdeu o rastro do teu lixeiro andar.
París fixote rica!... Nos vastos hourizontes
Os ceibes cazadores non sabrán atopar
A irmá que nas suas maus bebía auga das
[fontes]
MORVAN, por Constantin-Weyer.
Autor un gran viaxeiro (cruzando as infindas sociedades xiadas do Canadá, terra quizais a de millor futuro na América, pensou seu libro: *L'épopée canadienne: Manitoba*), un sonado novelista (*Un Homme se penche sur son passé* 1928) sinte a lediza do nativo Morván, terra de penedos, terra céltiga de castiñeiros e citanías. Non en turista, en pelengrino que se decata da realidade rexional, ceibe e inmorrente, e na *Meditazón sobr'o monte Beuvray* (*Bibracte*, convocadora das asambreias guerreiras dos Galos) demostra de que xeito o esprito francés ven de mais lonxe que Roma e o latino, chegando a dicir que fala un patois latino *sin acento, como extranxeiro*. Sin teimar un programa Constantin-Weyer ten fé na aizón das mulleres: *o día en qu'as nosas donas francesas volvan a vestir com'as suas aboas, nosa terra ganaría en beleza*.
OS ORIXES LABREGOS DA CHINA
Cada día o lonxano Oriente entra con mais urxencia na paisaxe da Europa ¿Porque ainda lonxano? Sempre traballou a China no esprito occidental: abonda lembrar que foi pra Voltaire e pros enciclopedistas un término necesario de comparazón. O libro de Marcel Granet: *La civilisation chinoise. La vie publique et la vie privée* foi escrito sobretodo traballando nas tradizós, leendas, cantos de festa e de cerimonia que permitiron ó autor facer vitales evocazós psicolóxicas descubrindo antigos estados de concencia colectiva que non deixa aduviñar a masa so-peitosa da enorme historiografía china. Primeiro unha sociedade labrega traballando as terrazas e sucalcos nos montes e o arroz nos cháns ribeiros e mollados. Logo unha feudalidade qu'inda baixo as aparenzas d'un formalismo d'orixen imperial e cen-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c7/c751/c751854b-e498-4eb5-baed-767f151e7677/115721218.xml
178
son iguás que os das festas, soilo que son rotos e vellos, e os das festas son novos e de moda.
Dos vestidos antigos diz a xente que levaban dengues e muradanas e unhas sayas de moito vuelo e moi longas e cinguidas na cintura.
As casas
Son todas de pedra. Na plana baixa teñen corte e bodega. Os pisos son de madeira e compóñense de trabes, e os tellados tamén son de madeira e están cobertos de tellas. A armazón dos tellados dispónse asegún os tellados sexan de dúas vertentes, de tres ou catro, en fin que teñan que ter un vértice do que parten as augas e dende ise vértice os paus que baixan pra unha esquina da casa chámanse tixeiras ou lima e os pontós son os que se poñen pra craval-as latas ou táboas que levan as tellas enriba.
Bodas
Primeiro van onda o abade pra botal-as proclamas e despois ao botar as segundas, teñen o costume de que o noivo vaia buscar a noiva e lla presente aos pais e ise mesmo día xa convidan pr'a boda a familia e todos os amigos. Despois de que rematan as municións, veñen todol-os convidados a casa da noiva e dende ali van a eirexa; despois veñen da eirexa e celebran a boda na casa. A mañá pra almorzar toman dulces e copas e as doce fan a comida millor que se fora día de festa e á tarde pagan a música aos mozos do pobo e se nona pagan, vanlle co enterro.
Bautizos
Non hai mais que os padriños da boda son os do primeiro fillo.
Festas do ano. Ano Novo.
Na mesma noite que empeza o ano, ás doce, fan un sorteo dos mozos e mozas do pobo a ver a quen lle toca, e antigamente o dia primeiro de ano, tiñan unha festa os mozos e a moza que lle tocara tiña o mozo obrigazón de ila buscar a casa e andar co-ela na festa.
Entroido
No primeiro domingo, ou sexa Corredoiro, a xente adica a tarde a andaren xogando con olas botándoas ao aire e volvendoas coller e botándollas unhas persoas ás outras. No segundo, ou sexa Fareleiro, pintanse uns aos outros na cara e maus. No terceiro ou sexa d'Entroido, os mozos vístense de máscara, axustan a música e van a praza facer rir a xente, os mozos con roupas interiores de muller, e outros vístense como hermanos e van ao campo buscar formigas e bótanllas á xente. E o martes tamén saen o mesmo.
Semana Santa
Empeza no domingo de Ramos, an que a xente leva ramos de loureiro e oliveira. O Jueves Santo hai unha procesión moi boa na que vai Cristo cos xudíos, o ánxele con cales da amargura e dous monaguillos do lado, atrás do Cristo, e trás do ánxele, doce nazarenos c'un vestido deica ós pés e con coroa d'espiñas na cabeza e unha corda ao pescozo, levando os atributos da Paixón de Noso Señor. Detrás van as tres Marías e a Verónica e por atrás a Madanela e San Xohan e un pouco mais atrás vai a Virxe. Os outros días non hai nada deica á Páscoa, que sai o crego bendecir as casas e póñelle meia dúcia d'ovos, etc.
Corpus
Non hai mais que a misa pagada pola Irmandade do Santísemo.
Festa do Patrón
Propiamente nona hai senón é a de San Antonio qu'a deixan pra ise día.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c7/c751/c751854b-e498-4eb5-baed-767f151e7677/115721213.xml
NÓS
CATÁLOGO DOS CASTROS GALEGOS
PUBRICADO POL-A SEIZÓN DE PREHISTORIA
DO «SEMINARIO D'ESTUDOS GALEGOS» DE SANT-YAGO
Número VII
CASTRO DE MOLDES
Debia emprazarse iste castro do que non queda mais vestixio que o nome, nos termos da parroquia de Moldes, concello de Bobo-
rás, e no cabo ou remate de un lombo montesio que ven caír por riba mesmo do pazo,
N
S
N
S
Rio do CASTRO
W
E
S
W
E
Escala 50 100 METROS
CASTRO MEIRÓN
que no lugar de Moldes, posé o sabio cate- drático pontevedrés, Antón Lousada Die- guez.
No lugar onde debian erguerse outrora as defensas castrexas edificóuse unha cirexa románica, de notábel arquitectura, e que hoxe está case derrubada. Ista edificazón e a do adro anexo deberon ser a causa do total esborrallamento de muros e terraprens,
W
E
Escala 50 100 METROS
PLANTA DE OUTEIRO DO CASTRO
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c7/c751/c751854b-e498-4eb5-baed-767f151e7677/11572128.xml
168 NÓS
O pescantín dos grandes lagos e o pastor das dunas,
O docker de Melbourne e o mineiro de Lens,
O chiscar das siñales, a mistura dos raíles,
O roncar das torres nas cidades de aceiro,
O tremar das rodas sobr'as agullas,
Achéganme a vós baixo un ceo mais xusto.
Alomearon meus ollos os faros todos do mundo.
Ai jningunha volta que non sexa un desterro,
Litorás deixados, quen fora semellante
A ise deus viaxeiro tan lembrado nas illas!
Mais ben sei qu'ista noite, no Cabo, en Bos-Aires,
En New-York, en Marsella, no Havre, en Singapour,
Un mariñeiro estrano cal todol-os mariños
Vai aixiña por rúas esmaltadas de bares,
Pra botar outra copa diantes da batelada,
No estrondo das canciós, das ondas, e do baile,
E sobretodo- é triste o curazón e mol a carne
Pra bicar unha moza didiante dos navíos!
II
Abrironseme os ollos e xa vai sendo noite.
Durmín. Envellecín d'un viaxe e d'un ensono
Que fermosa serías, noitiña de San Xohan,
Si dinantes non te houberámos lixado.
Fúxeme todo: primaveira, canales e as vilas,
Istes peiraos azúes cheos de sombra calada
Onde as mulleres fan rindo tolamente,
A saúde da legría e o choutar destemido,
O brilo da aventura, e tí, i-alma, tamén.
Mais práceme d'abondo que se pechara a porta
E me deixaran soilo sentado diante un muro,
Pois inda dispoño d'un cadro cheo de estrelas
Pol-o que chega o aire e sairá miña voz.
****
Adeus, sexa, miña bela mocidá,
Adeus o amor e a surpresa.
Estou ó abrigo do desexo
E soilo sei da miña edade
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c7/c751/c751854b-e498-4eb5-baed-767f151e7677/115721214.xml
cuias pedras é moi possível que foran aproveitadas pra os cimentos do tempo.
Número VIII
O CASTRO MEIMÓN
EMPRAZAMENTO.— No remate de un contraforte do macizo montesío da Roda, e por riba mesmo do lugar de Vilachá, freguesía de Feás e concello de Boborás. O monte onde o castro se situa chámanlle no país «A Goia».
DEFENSAS.— Un terraprén de 5 a 10 metros de alto e bastante pino e un parapeto que mede de 2 a 4 metros de altura e que falla pol-o norte, noroeste e oeste.
MENSURAS.— De forma oval mede iste castro
Do norte ó sul. . . . . . . . . . . 67 metros
Do leste ó oeste. . . . . . . . . . 80
OBSERVAZÓNS.— O parapeto ainda hai pouco que foi derrubado nas partes onde falla. Os vellos de Vilachá lémbranse perfectamente de que daba por enteiro a volta ó recinto cercado.
Atopáronse, dentro de iste recinto unha especie de forno feito de pedra e n'un eido que hai por baixo de il unhas quenlles construídas con tellóns grosos que ian bater ó mesmo castro.
FOLKLORE.— «O tesouro do castro Meimón está tan pouco atuado que lle tocan as rodas do carro cando pasan por riba de il.»
«O coller iste tesouro é perigoso porque está no meio de dúas antas (lumieiras) de alquitrán que toupan en lume en canto se lles toca.»
«Ó redor do castro había dez garitas (mámoas con cámara) que era onde os mouros se metían pra facel-as guardas e por baixo do terraprén eisiste unha fonte que lle chaman a Fonte dos Mouros.»
«Tense visto moitas veces na Goia a unha moura que saía cantando ista cantiga:
No castro de Parada (Cameixa)
teño a miña filla Clara.
No castro de Magros
teño ó meu fillo Carlos.
E no castro de Meimón
teño ó meu curazón.»
(Informounos un veciño de Vilachá.)
BIBLIOGRAFÍA.— Inédito.
(Catalogado por Xoquín Lousada, X. Figueiral, Xosé Ramón Oxea e Florentino L. Cuevillas.)
(Continuará).
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c7/c751/c751854b-e498-4eb5-baed-767f151e7677/115721216.xml
Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza
RESPOSTAS A UN QUESTIONARIO
FREGUESÍA DE SAN PEDRO DE MOREIRAS (TOÉN)
A parroquia
Moreiras está ao SW da cibdade d'Ourense, a 7 quilómetros d'ela, pertencendo ao concello de Toén. Ten o término parroquial unha extensión de uns oito quilómetros cadrados, e mil habitantes, pouco mais menos. Seus lindeiros son: pol-o N, o San Benito de Coba de Lobo e Lameiras; pol-o S o Castro de Trelle; pol-o E o río da Granxa, uns terreos de labradío que chaman Santa Eulalia, o monte Medoña, as Tregarizas e o pobo das Airas, tamén da parroquia; e pol-o W témol-o monte da Conchada, a Piteira, a Portela Vella e Viduciros.
A terra
Coma montes mais importantes, debemos citar o Castro, o Costoira, o Feal e a Conchada.
O monte Castro ten unha forma particular, porque semella un cono; antes de chegar uns vinte metros ao cima, ten unha volta de terra arredor, com'unha rosquilla cando se mete n-un cono e dez metros mais arriba ten outra volta na mesma forma e despois o cima que remata case en punta. Antigamente tiña no cima un castelo co-a bandeira de Hespaña, que tiña o castelo un metro de outo, e esto hai 8 ou 10 anos que desapareceu. D'iste monte dí a xente qu'estiveron alí os mouros e esas rosquillas dín que foi onde tiñan os mouros as armas pra defenderen o pobo e do nemigo.
No monte Feal tamén din qu'estiveron alí os mouros.
O mesmo din qu'estiveron os mouros no monte da Costoira.
Os ríos principás son o Regatiño e o Bouzo do Muiño. O Regatiño que nasce na falda do monte Castro e vai desembocar a Puga, no río Miño, vai correndo por moi fondo e ten uns 8 quilómetros de longo. O Bouzo nasce no monte Medoña e ven pol-as Tregarizas, pol-as Airas e pol a Escorrega hasta se xuntar co-a Barbaña, que pasa por Ourense, e ten de longo 6 quilómetros.
Son notábeles os penedos de Costoira e Vigón, que iste derradeiro é do concello de Barbadás.
Das penas da Costoira dín qu'estiveron alí os mouros, e n-esas penas está o pé do mouro e o da moura grabados nas mesmas penas, e abaixo están as sepulturas d'iles. Por debaixo d'estas penas hai unha sorte de mina, e n-esa mina hai duas pedras colgadas que d'inverno están escorregando auga continuamente, e chámalle a xente os touciños dos mouros.
A pena Vigón é unha pena moi grande e está afincada n-outras dúas mais pequenas, e por atrás d'iste había outros dous mais pequenos e alí era onde curaban a xente o enganido botando ao neno d'un lado pra outro mais agora estas penas xa non eisisten porque as romperon os obreiros da canteiría pra facer casas, quitando o Vigón.
Non hai mais que dúas aldeias: as Airas e Moreiras. As Airas está ao NE de Moreiras con 150 habitantes. D'esta aldeia diz a xente que surtíu a gran capitana Pepa a Loba, que era a capitana d'unha pandilla de ladrós e da que fixo Rei Soto unha novela.
Hai dúas casas isoladas: Pereiriña e a de Don Camilo. A da Pereiriña está no meio d'una finca que ten un quilómetro cadrado, e n-esa casa que é moi grande e no páteo tiña unha capela, que agora está destinada a corte, está habitada pol-os caseiros do dono da casa que é de Monforte.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c7/c751/c751854b-e498-4eb5-baed-767f151e7677/115721227.xml
A hixiene nos nenos
é a garantía da sua saúde física e moral o día de mañá.
No diario aseo dos nenos empregue o
“Jabón Sales de la Toja”,
único que ás súas altas calidades
meiciñás xunta toda a finura e pre-
fume d'un xabón de tocador. Contribuie ó perfecto desenvolvemento das criaturas e evita o perigo da escrófula e o raquitísmo.
JABÓN
LA TOJA
ÚNICO EN EL MUNDO
O Xabrón da Toxa
é o mellor.
Honra á Galicia no
mundo enteiro
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c7/c751/c751854b-e498-4eb5-baed-767f151e7677/11572127.xml
NÓS
Larga abenza de mimosas
Tremaba con febre verde.
O alvés locía, c'un espasmo,
A frol que lle da a morte
Un reló daba mil horas
Sobre empedreados locentes.
Mais temos a eda d'un día
Que daba sua coor ó viño.
Ibámos pra Rodas e Chipre,
Ollando o mais arqueado
Da vendedora de churros
Que surría de ser bunita
Mais nós seguíamos indefrentes
O xogo decorrente das sazós.
Nós quentábamos no peito
Un ledo lar qu'inda loce.
A pingas, nosos beizos gostaban
A larpeirada d'unha mañán,
Mais forte qu'iste aer salgado
Que sopraba tras de nós.
E estabámos tan preto dos deuses
Que un silenzo viña a nós.
Pra mollar nosa felicidade
C'unha lembranza sin door.
Que novo era o mundo e que lonxe estaba a morte!
A terraza domiñaba a quietude d'un océano,
Que figuraba no poente ir caindo nos abismos
Onde as estrelas, pra sempre caladiñas van xirando.
Teño seguido ríos verdes que camiñan entre simios,
Baixo as arcadas seguidas dos arboredos das beiras,
Teño percorrido selvas que semellan cháns dos mares,
Illas cheas de paxaros que soilo cantan de noite.
Durmín en pazos cruzados por pantasmas de raíñas,
Que gardan soldados nus de costas nas colunatas,
Diante a yalba en que morría o triste fogo dos nómadas
Que voltaban a cantar ó pórse, outrora, ó camiño.
Febrento de ter moito tempo percorrido o universo,
Abraiado de refrexos, axordado de refrás,
Voltei, de mal xenio, a unha cidade avarenta,
Na que o home sempre canso camiña c'a testa baixa.
Meus amigos, non coidedes que eu vos deixo,
Pois podo xunguir pol-o feitizo do canto,
167
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c7/c751/c751854b-e498-4eb5-baed-767f151e7677/11572124.xml
164 NÓS
Cada minuto é unha ¡alba pra quen non ten medo á noite.
Ó igoal qu'un enxame tolo xírame arredor o tempo;
E a coor dos empedreados locente despois da chuvia
Refai pra min un porvir de ningún xeito agardado.
Xa é hora. Vinde comigo, silbatos, trompas, sirenas!
Adeus, pousadas e terras! Pois non estarei de volta
Namentras ecóe no fondo da miña mocidá longa
Ista campá que batela ó ritmo igual da marea.
* * *
Andiven canales dereitos, entre arboredos tan outos
Qu'as suas follas deixan ver a faciana das pousadas.
Os fillos dos mariñeiros ollan esbarar as beiras
E desenrolarse os campos percorridos polo sol.
A gloria dos invasores e os diamantes de Golconda
Non igoalan a este brilo do xurdir d'una mañán
No salvaxe recender d'amor, de saiba e de escuma
Que a cada paso revive o orballo centileante.
Non é o espazo desmasiado pr'os alentares do peito,
E iste ensono dos meus ollos leva mais alén do día.
Eu son ceibe n'algún sitio n'un mundo outravolta mozo
Onde os xestos e as parolas esmorecen en sorrisas.
Alto! Comeráse eiquí entre a ponte e mais a esclusa.
A nai dos nosos compadres coidará de nos fartar:
Guiso de lebre ó coñac, viño mais fresco que o vento
E un queixo que fai pidir outro pouquiño de pan.
Vinde comigo ó salón, amigos qu'eu recoñezo.
Nosa presenza non ten estraneza pra istes muros,
Pois ben sei que o noso sitio está fai tempo gardado
Asegún orde e segredo d'una ditosa aventura.
Terán as cousas pra nós un cheiro de eternidade,
Que se gardará mais tarde na lembranza mais pequena.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c7/c751/c751854b-e498-4eb5-baed-767f151e7677/11572122.xml
BOLETÍN MENSUAL da CULTURA GALEGA
Direitor Literario Vicente Risco Direitor Artístico Alfonso R. Castelao
Adeministrador ANXEL CASAL
DIREICIÓN E REDAUCIÓN: Sto. Domingo, 47—OURENSE ADEMINISTRACIÓN: Real, 36 1.°—A CRUÑA
ABONAMENTO NOTA
Doce números, na Península 6'00 pesetas. Fora da Península 8'00 » Númaro solto 0'70 »
Este boletín non publicará mais orixinas qu'os que foran directamente solicitados pol-a Dirección. Tampouco se fai solidario das ideas n-eles emitidos, a non ser dos que por non iren rubrados, enténdense que son da Redaución.
Os pagos son adiantados e os gastos de xiro de conta dos suscritores
SUMARIO
Pamir, por GEORGES CHENNEVIERE †, trad. de R. O. P. Jogadores de cartas, por VICENTE Risco Catálogo dos Castros Galegos pol-o SEMINARIO D'Estudos GALEGOS. Encol da voz Magorrento, por F. Bouza Brey. Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza. Os homes, os feitos, as verbas, pol-a Redaución.
Reloxería ZENITH Picenle Risco
MAQUINAS PARLANTES, DISCOS AGULLAS e ACCESORIOS Abogado
M. CALVIÑO - Ourense Santo Domingo, 47-2° Ourense
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c7/c751/c751854b-e498-4eb5-baed-767f151e7677/11572125.xml
NÓS
Que nos teñamos levado da criada e mais das froles
E qu'a legría doce nas augas mainás do vrán.
Fermosa circulazón! Vontades, novas, desexos,
Alén do tempo que pasa e do espazo que nos fuxe;
Soar de angueiras e de días, longos silenzos de sono,
Eu acordo en min os ecos de toda a vosa xuntanza.
A cremencia do destino, e á bondade da sorte,
O raiolar d'un instante, precario de ser divino,
Eu ergo meu vaso d'ouro, que desforma a follateira
E fai unha luz vibrante ó través da alma do viño.
O vento fai soar a lingoa
Nas velas d'unha barca,
Nas meixelas d'unha dona,
Nas cartas d'un xogador,
As sombrillas das medusas
Frotan no tépedo océano,
Do que ruben as chalanas
Cheas de ventres escomosos
Que centilean ó sol.
Todol-os tres car'a mar
C'auge de todol-os ríos
E o correr das dúas ribeiras
Devánase un hourizonte
Feito de novas soedades
A pillara voa rente
A soa lixeira das ondas.
Riba da campia agromada
Voos griseiros de labercas.
E inda o sol vai rubindo.
Oio miña voz futura
Cantando o fermoso hoxe.
E lembranza todo ouxeto.
E comprido todo viaxe.
Mais iníciase outra edade.
Un silenzo de calor
E de pombas estasiadas
Envolve doce priguiza
O tempo que xa non fala
Sinón c'a voz do que durme.
Muller de craros ollos que baixas pol-as rúas,
Vas pisando c'un rumor de cunchas.
—Panda o corpo, fermosa, e sorrime ó pasar!
A fresca auga moura onde locen callaus
Dame sede, e medo de beber.
—Colle o trebo, filla, e non te volvas!—
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c7/c751/c751854b-e498-4eb5-baed-767f151e7677/115721225.xml
NÓS
lante lírico, no meio dos seus traballos de profesor da Universidade, acha horas de recollimento pra meditar nos problemas eternos e verter en requintada prosa os seus pensamentos.
La copa de cuasia é un libro cecais mais de meditación que de filosofía, e decimos isto, non porque n-il o problema supremo da Door estea tratado sen rigor metódico, senón pol-o fondo acento persoal que tenen todas as suas llanas. O autor refrenou así e todo o seu pulo lírico o mais que puido pra se ater aos datos precisos do problema e ao rigor lóxico no seu tratamento.
A vida é door, mais non esencialmente. Xurde coma a auga pura do seu limpo manantial — Deus — mais tórnase amarga ao cair na nosa copa de cuasia. Door, físico ou moral, é esencialmente perda, así coma a creación é aumento; d'iste xeito, a door opónse á creación, coma negazón sua é en certo modo destrución da obra divina. A orixe da door é o pecado: o home sufre por que pecou e principalmente por que pecou Adán. Mais as bestas non pecaron é emporiso áchanse tamén suxetas a door. Rei Soto resolve esta dificultade supondo que as bestas sinten pero non sufren a door. Crar'é que d'esto non podemos estar inteiramente seguros. Fúndase Rei Soto en que a door sómente é coscente no home, mais esto resulta un pouco dificultoso sabelo de certo. Fala despois da misión redentora da door e ten no final páxinas inspiradas en col da nosa civilización mecánica, que no seu concepto — coma no noso — é esencialmente satánica.
O estilo do libro, d'un lirismo contido e sempre cautivante e rico de exemplos e símbolos plásticos que fan mais viva o espo sición ideolóxica.
LA LEYENDA DE LOS FRANCO-TIRADORES DE DINANT, por Dom Norbert Nieuwland e Maurice Tschoppen, Gembloux (Bélgica), 1929.
OFERCIDA pol-o Sr. Alcalde da vila de Dinant (Bélgica), Mr. L. Sasserath, che gou a nós esta resposta á Memoria do Profesor Meurer, da Universidade de Wurzburgo, que a vila de Dinant pubrica en defensa do seu bon nome, atacado pol-a dita Memoria do profesor alemán, presentada a unha comisión do Reichstag, e na que s'acusa os cidadáns de Dinant de ter feito a guerra de franco-tiradores. Aportan os autores numerosos testemoios documentás e declaracións de moitas persoas pra desfacer a aludida leenda, que supoñen foi feita circular pra desfigurar os feitos, tendo sido ben cruel e precisando algunha xustificación, a conduta dos exércitos do Kaiser en Dinant. Atal ven sel-a tése do librinho qu'agradecemos á nobre vila do Dinant que xentilmente nol-o envía.
POEMAS JAPONESES, versión castellanade Antonio Gutiérrez Alfaro, Buenos Aires, 1929.
CARECEN estos poemas de brio, de sarcasmo, de esa energía feroz que es la característica de nuestro Occidente, por «muy conceptos bárbaros», di atinadamente o tradutor. Atal é o sino das culturas: a nosa emprincipiou co-as armas e remanata co-as máquinas, e d'iste xeito, áchase de cote dominada pol-o signo de ferro, metal do planeta Marte. Por algo se ten chamado ao Arya raptor orbis. Caxeque todos os poemas eiquí vertidos son do Kokinshi, ou seña, que son anteriores ao ano 906 da Era Cristiá. Obedecen todos a unha refinada retórica, cuyas formas, sendo tan diferentes das nosas, desaparecen de todo na tradución; mais é qu'isa retórica preceitúa tamén as imaxes e toda a construción poética, de maneira que por ista banda podémonos dar idea d'esta poesía refinada e exquisita na que o senso da natureza é tan fondo. O tradutor soupo con ar ben estas impresións, e demostra que coñece moi ben a literatura japonesa.
UNA MORENA Y UNA RUBIA, por Francisco Camba; EL BARCO EMBRUJADO, por Alberto Insua.
ESTAS dúas novelas, das de mais éxito n-istes derradeiros tempos, que nos ofrece a editorial Rivadeneira, son de dous escritores galegos de todo extravertidos de Galiza. Por mais que a nosa renacenza precise o esforzo de todos os galegos, non emporiso imos ver mal que os nosos compatriotas acaden postos de honra nas literaturas alleas.
Por exemplo, Camba entrou tan de cheo no ambiente de Madrí, que fai estas cousas tan ben ou millor que o poidan facer o mais castizo dos escritores da Corte, que n-ela foran criados. A aventura que se refire en Una morena y una rubia ten verdadeiro sabor e é no fondo unha historia tristeira, coma case to s historias d'amores, e coma cecais o require o sentimentalismo madrileño. Ademais chea d'intrés e inmellorablemente escrita.
Outra cousa é El barco embrujado, onde Alberto Insua éntrase pol os eidos das posi
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c7/c751/c751854b-e498-4eb5-baed-767f151e7677/115721228.xml
PARDO
ÓPTICO CENTÍFICO
Preguntoiro, 32
SANTIAGO
San. Andrés 50
A CRUÑA
CASA EXCLUSIVAMENTE DEDICADA A ÓPTICA CENTÍFICA
FOTOGRABADO
Si quer que sus fotograbados sean o más perfecto posible, conviene enviarlos nos Talleres de fotograbado ESPASA-CALPE S. A.
Rios Rosas, 24 - Apartado, 547 MADRID
Droguería e Farmacia
LUIS FÁBREGA
Progreso, esquina a Luta-Espada
OURENSE
MERQUE VOSTEDE
Plumeiros RAFIUM
De mais duran que os de pruma e limpam melhor. Véndese en todos os establecimentos do ramo
Andrés Perille - OURENSE
BODEGAS GALLEGAS, PEARSE E OURENSE
Viños finos de mesa: Tinto TRES RÍOS. Blanco BRILLANTE
LOS GALLEGOS blanco e tinto
Macía e Valeiras, Apartado 18 - Ourense
Sanatorio Quirúrgico de San Lorenzo
SANTIAGO DE GALICIA
DE LOS PROFESORES
D. Fernando Alsina y D. Antonio M. de la Riva
CIRUJANO
GINECOLOGO
Establecimiento dotado de todos los elementos que exixen la terapéutica e a hixiene modernas, situado nas aforas da poboación, mol cerca do paseo da Ferradura
Teléfono número 195
Pra detalles, calquera dos Directores ou o Médico interno
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c7/c751/c751854b-e498-4eb5-baed-767f151e7677/115721223.xml
NÓS
acento marcelianos. Mais pr'o leutor son sobretodo ademirabres leuzós d'historia certamente calculadas pra fazer rayoar sobr'a lonxania dos tempos o prestixio das figuras e das Istituzós. A fidalguía da Terra galega xurde poderosa cando no sermón de S. Martiño fai D. Marcelo a comparanza entr'a conversión dos Suevos ca dos Wisigodos. Outros moitos pasaxes poideran sinalarse nas dúas orazós. Pra rematar: tod'o libro é unha canteira de notizas traballadas con probidade de sabio. Todo il ilumina un bloque da historia galega. A nosa cultura tén qu'agradecer fundamentalmente esta reimpresión de traballos de D. Marcelo apenas coñecidas pol-as novas xeneracións. Sirvelle de pórtico un belo, fino e suxestivo prólogo d'un dos bós amigos da Galiza: Rafael Marquina.
ENSAIO SOBRE A CRISE MENTAL DO SÉCULO XVIII, por Hernani Cidade, Coimbra, Imprensa da Universidade, 1929.
O noso querido colaborador, de quen hai pouco comentabamos eiquí outro libro, as recentes Conferencias, en que estudaba a Camões, Garret e Gomes de Amorim, ofrécenos agora este estudo de historia literaria e de historia das ideias no XVIII portugués, estudo verdadeiramente valioso e ben escrito.
Principia co a crise do seicentismo, pondo de manifesto o estado dos espíritos en Portugal no século XVII, co predomínio da Escolástica en filosofia e do gongorismo en literatura, e a crise provocada pola publicación do Verdadeiro Método de Estudar, do P. Luís Antonio Verney, que ven desempenhar en Portugal o mesmo rol que na Hispania o nosso P. Feijóo, e na Galiza ata certo punto, o P. Sarmiento, moito mais influinte antre nós que o outro. Fala da polémica que ergueu a obra de Verney dos seus moitos impunadores e defensores, ata que por fin, o espírito moderno, baconiano e cartesiano, o culto da física e da razón, veñen triunfar na reforma dos Estudos feita pol-o Marqués de Pombal, que é oujeto do primeiro capítulo da segunda parte, ou sexa O triunfo do espírito moderno, no que estuda tamén a reforma dos estudos do clero polo Provincial dos Franciscanos D. Frei Manuel do Cenáculo Vilas-Boas.
Por fin, na terceira parte, As novas tendencias da literatura, estuda como n-esta se foi metendo o gosto da real e da natureza, que propiamente falando non é da natureza atal coma ela é, senon atal como a vía física newtoniana, que é coma nol-a
presenta o P. Teodoro de Almeida e o P. José Agostinho de Macedo; e a influencia que exerceron n-eles as Seasons de Thomson, ond'a natureza é tamén asegún a física. Despois ocúpase tamén do suxetivismo lírico, nas suas primeiras manifestacións do dazaioito, en José Anastacio da Cunha, o mais intresante d'eles, e en Pedro Antonio Correia Garcia, seguindo logo con Bocage, Filinto Elisio e D. Leonor de Almeida.
Remata estudando as traduzós: o Telémaco de Fenelón, o Gil Blas de Le Sage, o Paul et Virginie de Saint-Pierre, os Idilios de Gessner, o Oberón de Wieland, o Essay on man de Pope, o Botanical Garden de Erasmo Darwin, etc.
O autor vainos dando a sinificación histórica de cada un dos feitos, sen xeneralizacións apuradas nen pantesías. É unha excelente contribución ao estudo da historia das ideas en Portugal, que honra ao ilustre Profesor do Porto.
A MORTE DE LORD STAÜLER, por Álvaro de las Casas, A Coruña, NÓS, 1929.
Publicouse iste novo volume da colección Teatro galego, de NÓS, que leva xa publicados uns, cantos. É unha boa obra a da Editorial NÓS. Non é que todas as obras publicadas teñan un valor de novidade, com'as do teatro irlandés, nin que todas elas sexan dende logo doadas pra seren representadas. N-iste mesmo volume, cecais Álvaro de las Casas propúxose mais que nada facer teatro pra ler. Tampouco a Lagarada d'Otero Pedrayo foi feita ao que semella pensando en que fose levada ao taboado. Mais asi e todo, compre afacer a xente a produciren pra o teatro. Anque seña sempre por afeizoados, inda se representan bastantes obras galegas, e realmente hai demanda d'elas, por mais que as condicións da cousa non sexan das que poida dar ilusión a ningún autor.
A morte de Lord Staüler é unha peza de teatro de leenda, poéticamente escrita, onde hai elementos novos e elementos vellos, influenzas cruzadas de Maeterlinck e de Bernard Shaw, ambiente e linguaxe líricos, un fondo d'irrealidade encaixado n-unha época histórica definida: as loitas de Don Pedro o Cruel con Don Enrique de Trastamara, vaguedade e intención simbólica, calidades todas que estranan n-un home tan dinámico com'Álvaro Casas, qu'en pouco tempo leva publicado tantos libros tratando de tan distintas cousas, e que semella que non ha ter tempo pra soñar. Anque, ben dito, abonda
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c7/c751/c751854b-e498-4eb5-baed-767f151e7677/115721210.xml
Si te chamamos pol-o teu nome,
Rematarás por ouvirme,
E por fin responderásme,
Europa, Europa-os-grandes-ollos?
Teño piedá de ti. Eu prégoche,
Agora qu'inda é tempo,
Pra fazer o xeito agardado,
Pra dicir a verba precisa.
GEORGES CHENNEVIERE
† 20 Agosto 1927
Non finxas iñorar, ista noite,
Que o mundo agardaba de tí,
En siñal de misericordia,
O esquecemento do pasado.
Ten conta qu'os dados botados
Sobr'o tapiz e o mostrador,
Marcan a baixada da tua sorte
E o oriente do astro negro.
Trad. de R. O. P.
27 Fevereiro 1928
(A seguir no número que ven.)
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c7/c751/c751854b-e498-4eb5-baed-767f151e7677/11572123.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
Ano XI ★ Ourense 15 de Outono do 1929 ★ Núm. 70
P A M I R
Endexamais o paxaro da mañán
Voou tan outo, cantou tan ceibe.
Endexamais as augas da mar
Refrexaron tantas azas brancas.
A luz que eu recibo
Xurde de vencer un mouro abismo,
Onde o silenzo se recrobre
D'un disforme grosor de inverno.
Raiolas molladas de ouro e verde,
Claríns calados, esprendor do orde,
Recollimento, dempois da noite,
Do novo día que virá aixina.
Oio estrondar pontes de ferro.
Sangra ás granxas o cantar do galo.
Mariñeiros beben nos bares
Sobr'ó oleaxe lonxano da outa mar.
A paz decorre entr'as ponlas
Baixo a follateira espallada.
C'un berro de vidreiro
Entra o sol no meu coarto.
Tod'a tristeza d'onte,
Borraa ti, mañán enganosa,
¿Qué beizos, ó meu ouvido,
Marmuraron: felicidade?
Eis que camiño pra iste viaxe sin término
No que a i-alma leda dirixe un corpo quieto.
O camiño ofrecido ten a graza sinxela
Das donas que cruzan un sono de neno.
N'hai barcos nin expresos que non cinga.
Cavilo toda surpresa e recollo a eistensión,
Acariñando c'as dúas máns a cintura da terra,
Afelpado ó fío das augas, de lán ó tocar os bosques.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c7/c751/c751854b-e498-4eb5-baed-767f151e7677/115721215.xml
ENCOL DA VOZ MAGORRENTO
Foi no «Arquivo filológico i-etnográfico» de ista revista onde dei à publicidade unha cántiga de mal-dizer dos veciños de Santa Eugia de Ribeira, na Ría de Arousa, contra dos da Pobla do Caramiñal—que chaman por antonomasia A Vila—e contra, tamén, dos de Palmeira, seus inmediatos:
Magorrentos de Palmeira;
pelados son os d-A Vila;
¡para cantar e beilar
vivan os de Santa Eugia!
De ela hai unha variante debida à musa dos d-A Vila en que devolven o calificativo de pelados:
Magorrentos de Palmeira
pelados de Santa Eugia,
para cantar e beilar
vivan os da nossa ría.
N-as duas cántigas subsiste a alcume de magorrentos con relación ós de natureza palmeirana, vocábulo estranho de primeiras, mais que non obedez a unha inventiva popular momentánea pra adxetivar despectivamente c-unha voz sin senso anque desagradábel pol-as suas condizóns eufónicas, sinón que, pol-a contra, ten o seu significado, presentando, dende logo, pol-a sua terminazón o carácter adxetival en ento proprio do idioma galego—cheirento, borrallento, miserento, farturento... —que presupón ó sustantivo magorro que espricaremos.
Tanto á voz magorro como o seu derivado magorrento non foron recollidas nos nosos diccionarios.
Por magorro é conocida nos pobos arriba
Magorrento, dempois do dito, compreendérase trátase de un adxectivo despreciativo significando si nos atemos ó sufixo que o forma—aquel que ten tripas de polbo.
En canto ó sustantivo magorro coidámolo pol-a sua forma e origen un diminutivo toda vez que entendemos deriva de maga, termo que se aprica na bisbarra mencionada á tripa de peixe en xeral e que por estensión, debese apricar a todo o que é mol ou viscoso, como Valladares recolle no seu Diccionario, primeira acepçón, aplicado a calquer guiso ou comida non concreto que por condizóns especiais se volveu cos dites caracteres. Coidamos asimesmo que tal voz maga debe ter idéntico orige que a castelán mafra inda que ambos vocábulos separasen o seu significado un tanto sin coincidir hoje esactamente.
Espiricado isto, observárase a forza e dureza empregada pol-o pobo na voz magorrento, pois ven constituir un despectivo de un diminutivo de cousa tan mísera e desvalorizada como as tripas de un cefalópodo.
Non estamos de momento no análisis do demais que as cántigas transcritas conteñen pois faráse cando o folklore arousán recollido saía á luz. N-este intre quixemos tan só dar unha nova voz a recoller pol-os futuros diccionarios galegos.
F. BOUZA BREY
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c7/c751/c751854b-e498-4eb5-baed-767f151e7677/11572126.xml
Sobr'a vella ponte, do que fuxen lameiros,
Sinto voltar os bicos para min.
—Lavas os lenzos, aboa, e non m'ollas mais!—
A vila é probe e o sopro ben curto
Qu'entra e sai pol-as duas nocas.
A sombra da que coido medrar, medra d'un decair.
* * *
Mais é fermoso o viaxe, cando n'il se non cavila,
O vento traime vosa hora e o chamar das ferrerías,
Os postes dos camiños, os quilómetros da estrada
Vosos nomes me repiten, ledos pobos desexados,
Que se arrulan nos meus ollos com'os paxaros nos niños!
Vézelise, loce no chao no medio de vinte cotos,
Que todos podo saluar dend'o banco onde me folgo;
Kermaria, a feituquina, a beira de verde praza,
Na que outro tempo beilei ó tocar da cornamusa;
Pléhédel que sorprendin a volta d'un nú camiño
Nas xunqueiras que travesan os angelus e as raiolas;
Aubazine, a doncela, muros de esgrevio granito
Do que s'entenden ecoar as fervenzas nas quebradas,
E cantigar baixo as polas un lindo pastor mociño
Que figura ser pastor de toda abenza de Francia;
Kermaria, Pléhédel, Aubazine, Vézelise!
E a Estaque, na que cada onda fai voltar un deus tranqguio
Que se senta, sin falar, na mesa dos bebedores;
Rolleboise, Sénestis, Lillebonne, Celleneuve,
E A Poisniére vinte treitos ó amparo de cen nogueiras,
Donnemarie, Aubepierre, Audrezel e Dolancourt,
Ouh, aldeas raiolantes c'as vosas galas do vrán,
Caen vosos nomes na festa chamados pol-a lembranza
Como cain maduros froitos dos albores que se abalan.
Meus ollares peiraos d'un día
Que non cede apenas á noite;
Eu xunto o mañán con onte
No lucir do día de hoxe.
Nos imos choutando rúas
Baixo un regueiro d'azul,
Que abondaría a esquecer
As baixas, tristes, abóbedas.
A todos vós me dirixo
Moi apreciados compadres.
Volto a sair. Acompañademe
Cantando que ren vai vello.
Do cume da eirexa d'Hyéres
—Ti lembraste, vello amigo?—
O reló soaba as onces
Sobr'a antiga praza da Herba.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c7/c751/c751854b-e498-4eb5-baed-767f151e7677/11572129.xml
NÓS
—
Mais temo pouco ó porvir
Pra reteñer no meu peito
A forza do sopro que me vinga
—
Pensamento, ouh fonte de febre
Non temas endexamais que me destete
Do teu ouro e da tua vendima.
—
E ti, carceleiro, bebe á miña sede.
Eu fuxo unha vezada mais
Sin que se movan as portas.
*
Salouca o vento, dezembra a chuvia,
Ceiba teu can, labrego.
Todal-as veiramars da Bretaña
Poñen as poutas á tromenta.
—
N'unha pousada sin letreiro,
Por frente do océano griseiro,
A vella dos grandes ollos
Entrou pedindo un acougo.
—
Seus cabelos brancos mal cobren
Un ollar que quer fuxir.
Leva un mantelo de loito.
Seus pés van nús nas sandalias.
—
Aboa de faciana desfeita,
Xa teus fillos non te coñecen.
E teus netiños xogando
Fan un estrondo que te enrabecha.
—
Abóa, fai algún tempo,
Dice que a mar é mala.
Olla, vai fiando sua cólera
Nos dentes brancos das rocas.
Abéa, de grandes ollos doentes,
Cheos de door e vergonza,
Estamos soilos n'ista sala:
Porque non me respondes?
O largo do Danubio e do Ródano,
Nos teus chaos de Rumanía,
De Brandemburgo e da Turena,
De Beauce, de Frandes, e de Brie.
Teus paisanos traballaron,
Como ó fixeron seus antergos,
Asegún e onde da sazón
E a bondade do ano.
Nas tuas minas de Silesia,
E d'Ingraterra e da Lorena,
Nas tuas estacións e fábricas.
Nos teus portos e forxas,
Teus obreiros fixeron o ceu
Sin pedir sinón a legría
De vivir na paz, e de gostar
A recolleita da laboura
Dí, pois, nal lamentabre,
Madriña dos trigos e das viñas,
Abóa, cuia voz cantiga
Un aire que temos esquencido,
Porque o pán que nos dás
É tan salgado á nosa fame,
Porque o viño que nos sirves
É tan esgrevio ó noso labio?
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c7/c751/c751854b-e498-4eb5-baed-767f151e7677/115721217.xml
NÓS
A casa de Don Camilo está case abandonada e téñena uns veciños d’ali perto, que son os das Airas, e n-ela antigamente vivía ise Don Camilo, que agora morreu e agora teñen a casa e as fincas os seus descendentes, mais todo abandonado.
A xente
A xente case toda ten unha talla regular, mais os homes son mais altos que as mulleres e antre eles hai uns cantos que exceden dos demais.
Toda a xente é robusta porque toda traballa no campo, quitando unhas cantas persoas enfermizas.
Na xente do pobo predomina a coor da pel rubia e morena, quitando algunhas persoas brancas. Nos ollos predomina a coor verde e castaña e o pelo o castaño e negro, sendo menos de negro que de castaño.
Nomes, apelidos e alcumes
Os nomes mais empregados son os de Xosé, Antonio e Manuel e os apelidos, Canal e González, e nas Airas, os de Cruz.
Hai poucos alcumes ou motes, e dos que hai son os seguintes: Zorro, iste ven d’ises animais do monte que chaman zorros e chámanllo porque apenas dorme e ademais rouba aos veciños, etc. Tenorias, este chámanllo a aquela xente que se ten por señorita e que nono é. Saquete, iste ven derivado d’un apelido que se chama Saco. Cerne-lla, iste mote chámanllo á mesma persoa, nace d’ela e chámanllo porque ten moi mal xenio e fai moitas treicións. Carrizos, iste ven d’unha familia que ten moitos fillos e son todos pequenos, e un día rifando c’un veciño, chamáronlle Carrizos.
Ditos, etc., referentes á xente do país
Cántase a copla seguinte.
Pra torres as de Moreiras
Pra feiras as de Toén,
E pra mozas, as mociñas
Do concello sobradés.
Tradizós históricas
Dos antigos habitantes do país non se sabe nin quen foron nin cando viñeron. Dos mouros din qu’estiveron no monte do Castro e nas penas da Costoira. Nada se conta dos franceses nin dos calristas.
De ladróns conta a xente de moitos.
O Cachabello era un ladrón moi célebre na sua arte. Iba ao monte do Castro de Tre lle e por ali pasaba a xente dos pobos do lado d’ala e il facía uns monifates grandes coma homes, moitos, e púñase no cima do monte e il púñase no camiño e ao pasar alguén, pedialle o diñeiro e se non llo daban, pois mandaba baixar aos bonecos, e se llo daban pois entón decialle que non viñesen, e esta era a arte d’il pra roubar.
Outra historia é a do Gandola, que era de Sobrado do Bispo; mais iste roubaba d’outro xeito: púñase il e mais compañeiros n-un monte pechado d’arbres que de día se non vía nada, que chaman a Touza de Saco d’Alongos, pobo colindante d’iste, e todol-os que pasaban por alí quitábanlle o diñeiro e se nono querían dar, matában e alí o enterraban.
Costumes. As comidas
O costume d’iste pobo é de comer as doce, agora que algúns comen a unha ou as dúas, porque van traballar e non veñen has tarde. O que máis se come son legumanzas e pescado; carne tamén se come algunha. Hai a menestra, composta de fabas e patacas, patacas con bacallau, pescado, caldo, verdura, cocido, que se compón de patacas, verdura, garabanzos, carne de vaca e de porco, carne asada, polo relleno, polo asado, coello guisado, ovos cocidos, etc. Especiás dos días de festa son a sopa de fideos ou pan, o cocido, carne asada, polo relleno, asado, empanada, etc. e de postre queixo ou dulces e despois café e despois copas de licor café ou tostado.
O vestido
Os vestidos que se levan hoxe de diario