https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157180&posicion=1
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c6/c650/c650b579-6340-4522-b123-d64732238e61/115718027.xml
Augas bicarbonatado-sódicas de
MONDARIZ
FONTES DE GÁNDARA e TRONCOSO
Propiedade dos FILLOS DE PEINADOR
MONDARIZ—BALNEARIO está situado a 35 kilómetros de Vigo e a 20 das estacións de Porriño e Salvatierra de Miño
O Hotel do Estabrecimento está aberto do 1.º de Mayo a 31 de Octubre
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c6/c650/c650b579-6340-4522-b123-d64732238e61/115718022.xml
correr a zapaleira para a porta pero tan abra-
yado estaba que non daba co burato da fechadu-
ra e sin saber o que decla berrou.
¡Acodide aquí difuntos!
Ao que o sacristán que se estaba rindo a
gargalladas repricou imitando a voz dos mor-
tos ¡Alá vamos todos xuntos!
Ao mancer ó ir o crego a decir misa atopou-
se co zapateiro morto ao pe da porta co-a
chave fortemente collida n'unha man.
Recollido no concello de Boiro por R. M. L.
NOTAS EN COL DA FESTA DE LAZA
3 MAYO
Todos anos noméase pra iste un Adán
e mais unha Eva. O Adán é costume sexa
un home vello e doado pra facer rire, a Eva ha
de sere a rapaza mais bonita do lugar, cada
ano distinta.
A Eva vai vestida toda de branco, cun traxe
mol carregado d'adornos, co cabelo longo e
solto, unha gimalia de froles e un cestiño de
mazas.
O Adán con túnica branca, solta, e adornada
con follas de figueira.
A festa é pol'a mañán. O Adán cos danzantes,
vai buscal'a Eva a unha cova na praza,
e todos xuntos van até a porta da igrexa don-
de agardan a saida da procesión, póndose ó fren-
te d'ela namentras ela dure, e dimpois o Adán
acompaña a Eva até a sua casa onde a del-
xa, dimpois de beilar na praza.
Cando o Adán vai en perecura da Eva, ó sair
ésta ponse a beilar diante dela faguendo pi-
rúelas pra ver de que a Eva se ría, ésta non
pode rir e sin rir ten que estar até que che-
gue de volta da procesión á sua casa.
Na praza os mozos prantan o árbore mais
alto que podan atopare, vanno buscar oito
días denantes na festa e Iráenno a lombo.
M FUENTES CANAL
OS HOMES, OS FEITOS AS VERBAS
LIBROS
GUÍA DE GALICIA, por
RAMÓN OTERO PEDRAYO.
Madrid, Calpe. 1926.
VELEIQUÍ que cumpría, hoxe que Galiza em-
principia a sua vida de centro de turismo. A xente pedía hai tempo unha GUÍA DE GA-
LICIA, coma pide un dicionario galego. A
GUÍA de Otero, ha servir de podente axuda a
cantos forasteiros ou da Terra, queiran coñe-
cer ben Galiza. É unha sorte de sintética encic-
lopedia onde s'atopa en resume canto toca á
nosa xeografía física e human, historia, lite-
ratura, arte, etc. É esto, sen ser mais qu'unha
Guía, se non propón outra cousa — manifesta
o autor no prólogo — que ser un libro que sirva
d'amigo e compaña do viaxeiro que chegue a
Galiza co espírito aberto ás suas belezas natur-
ais e artísticas, ás suas realidás presentes e pa-
sadas. E pol-o tanto, ou quer ser, un libro de
estriuta utilidade, e principalmente pa'os d'a-
fora, pra orientar ó forasteiro na coñecencia
direita do corpo e da y-alma de Galiza. Unha
Guía com'as Guías Baedecker. Xa esto ten
mérito en si. A renaceacia galega do século
pasado figuera algún intento d'esto, coma GUÍA DE GALICIA de Cesáreo Rivera, hoxe
de ben escasa utilidade: en troques a renacen-
cia autal apesares de ser hoxe mais sentida a
necesidade, nonos ofercera alada ningún empren-
dimento serio, fora da recent'sema de
D. Heliodoro Gallego, referente solto ó percor-
rido dos camiños de ferro, cando agora o mo-
vimento de viaxeiros faise principalmente
pol-as estradas, e algunha que outra Guía lo-
cal, coma a de Sant-lago de Román Lopez.
Mais ningunha Guía completa de Galiza.
Ora, a de Ramón Otero ten un espírito ben
mais ergueito e unha quentura ben diferente
qu'a das millores Guías qu'o Irafego inter-
nacional pon nas maus de turistas e pelegrinantes,
por ben feltas qu'estean. Non é un lépedo
catálogo de moimeéntos, hoteles, paisaxes e
evocacións históricas. Aindacebebida e execu-
tada no feilio e disposición consagrada presta
caste de publicacións - cousa obrigada pol-a
precisión de meter en menos de 500 páxinas o
que podia encher moitos volumes- vése n-il
aixiña, non somentes ó home de cencia que
sabe a un tempo ver e interpretal-as formas e
as cousas da paisaxe, os estilos e o espírito
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c6/c650/c650b579-6340-4522-b123-d64732238e61/11571803.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
Ano VIII ★ Ourense 15 Setembre 1926 ★ Núm. 33
NOITURNIO IX
RONSEL DA MORTE
...ápenas miudas verbas pra arumarte
baixo o chio de luz dos astros mortos.
—¡Toma un feixe de lirios sideraes
pra que acendas no camiño longo.—
Entr'o ceo i-a terra, no feitizo
da noite pura, pol-os vieiros craros
que deixe teu vagar estrelecido,
ei-te seguir por un ronsel de pranto.
Esparexidos karmas e recordos,
nun presente afundidos, sin denantes,
ni-a inmaterialidade dos ensonos
que nos lembren as rosas do teu sanguel
En pó de luar meu corpo trasmutado
seguirá teu ronsel pol-amplo azul,
i-o pousar sobr-os teus, meus labios xeados,
os sete ceos desfaranse en luz.
E. BLANCO AMOR
Sant-Yago - 26
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c6/c650/c650b579-6340-4522-b123-d64732238e61/115718016.xml
DIVULGAZÓN FOLKLORICA
A VIDA NA BRETAÑA
Pol-o auto intrés que oxe adecuiren os estudos folklóricos en xeral, e encol de todo, - pol-o que a Galiza se refere - a gran importancia que o espírito dos pobos celtas ten pra nós, fai que pubriquemos istas notas que son un resume de varias obras que sinalaremos ao fin.
O NASCEMENTO NA BRETAÑA
A nai - O bautizo - O xantar - Festas Carreiras - Loitas
Pra os bretóns, unha muller, cantas vegadas, é nai trócase en persoa cáxeque sagra. Escrava do seu home e do traballo endexamais dona algunha foi tan aloumiñada como a muller bretona no intre de ser nai.
A ledicia i-os praceres da mocedade, anque d'un xeito distinto, voltan pra ela.
A casa engayólase, énchese o portal de follaxe, aquel día ninguén traballa i-os mozos e mozas vislense os seus traxes de festa.
Hastra os animais participan na ledicia do día pois acostúmase a bolairlles dobre xantar.
Os viciños entran na casa a felicitar á nai e ó nado i-os padriños chegau todos compostos e moi ufanos pol-o seu rol.
Os amigos da nai acoden a vel-a levándoile froitas e manxares escolleitos e vestindo ó neno cos adovios millores pra que entre ben fermoso na eirexa.
Ponse a comitiva en marcha. Diante de todos vai o tamborileiro. Unha amiga ou viciña leva nos brazos ó neno cuberto cun veo branco con broslados. Siguen os padriños, os amigos, a xente e detrás de todos moitos probes.
Dempois do bautisteiro volta a música a tocar, lánzanse ó ar alguns foguetes, i-os padriños, no adral botan cartos á piñota ós rapaces i-os probes.
Xa na casa entrégaselle ó neno ó pai e este dempois de bicarlle na fronte, dallo á parida pra que faga o mesmo.
Repítense os versos, a música, as felicitações e escomenza o gran xantar.
Namentras iste dura - tres ou catro horas - a nai ten que tomar todol-o que lle den os presentes e ademais ten que respostar a todal-as demandas que se lle fagan.
¡Somentes a forteza da muller bretoa - tan somellante n-isto á galega - pode resistir istes atafeiganes aloumiños poucos momentos despois de parir!
Dous ou tres días despois d-isto, cando xa se pode erguer, asiste ás festas que se celebran pol-o nascemento d-un novo bretón. Istas festas son as "carreiras de cabalos" e as "loitas".
As carreiras - a mais anterga e corrente diversión dos bretóns - celebranse en bisbarras cheas de pedras e costas onde sexa doado resbalar e onde haxa regalos que molen ós xinetes inexpertos.
Os que corren poden ser dous ou mais.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c6/c650/c650b579-6340-4522-b123-d64732238e61/115718010.xml
que se non pode negar-a evidencia. Responde á espranza qu'anima as creencias de todol-os progresistas... O Conde Hermann Keyserling, home moderno, cré no progreso co-a sinxela, ca-a inxenua fé do Conselleiro Pinto Porto d'Eca de Queiroz, ou do Dr. Molécola de Oleiro Pedrayo. O precursor da cultura do porvir, leva dentro da y-alma o mais grave dos prexuizos do pasado recente.
En segundo termo, e sen que teñamos en conta a orixe psicolóxica da sua doutrina, imos ver que valor pod'ésa ter. Porque cam- bearón as cousas de tal xeito que a teoría da pruralidá das culturas, valedeira ata hoxe, non ha ser d'elqui adiante, senón qu'a cultura que naza ha ser xa pra sempre ecuménica, intelectualista e progresiva? Responde Keyserling: porqu'o centro de gravedá da vida humán deslocaouse pr'o intelelto. É certo: o Inteletto é hoxe, ou semella ser, o centro da vida - anque non quita que calquer outro filósofo nos veña probando o contrario; mais concedamos - ; il, que non é mais qu'un simple meio pr'a realización da vida - cousa probada den d'a bioloxía e dend'a filosofía -, soberbio dos seus trunfos sobre da natureza, revoltouse contra da cultura en total-as suas formas, o que é igual que revoltarse contra do esprito, e no fondal, contra da vida mesma. Coma qu'a creenza ilusoria no progreso e na unicidá da cultura, e a conceición suicida da vida humán com'unha loita contra da natureza, é un feito d'esta revolta do intelelto. Moi ben; mais pra qu'a secuencia que saca o pensador báltico fose cerla, cumpriría qu'eso non houbera acontecido enantes do noso tempo, qu'esta fora a primeira insurreición da Intelixencia, a pirmeira época intelectualista, en suma: qu'esta causa non tivera autuado deic'agora. Mais Spengler proba que en todol-os estados de civilización se ten producido este feito, e que non é causal, senón en tal caso, causado.
Cómo d'aquela non ganou a batalla? Responde Keyserling: porqu'endexamais autuou co-a forza qu'agora. Eiqui temos precisamente a falla d'esauta perspectiva histórica: habería que probalo, principalmente, no que toca á intensidade, que é o que importa. É esta a época de meirande intensidade do intelectualismo en toda a historia? Quén o pode afirmar?
Hai ainda o argumento da estensión, principalmente no senso xeográfico, único indiscu- libre, ó primeiro ollar. Pódemos, pois, sair ó paso con que a área da nosa civilización é meirande qu'a de ningunha outra. Mais esto tampouco é verdadeiro mais qu'alacerto punto. Porque, poderá ser meirande a área d'espallamento, mais nono é a de produción. Efeitivamente: a parte nuclear, en qu'esta civilización é consustancial co fondo humán e está en consilón c'unha cultura, comprende pouco mais menos a mesma área qu'a cultura antiga, pois s'a nosa abrangu'as terras do N. d'Europa, aquéla collia as do N. d'Africa, e ainda as do N. d'Eu- ropa, son na nosa, asegún Spengler, provín- cias. Tocantes ás áreas d'espallamento, canto queda ó S. do Mediterráneo e ó E da fronteira rusa, son terras en qu'a nosa civilización é simplemente pseudomórfose, e a América non é mais que colonia. Do mesmo xeito, a área de produción da nosa civilización, é visiblemente menor qu'a da cultura árabe.
Por outra parte, Keyserling dalle demasiada importancia intrínseca á revolta do intelelto, o qual hai que ter en conta qu'enaexamais se poderá mancipar de todo, pois non pode prescindir do vital. Á vida é suposto necesario, imprescindibre, de toda cultura e de toda a civilización. E o vital da y-alma non está no intelelto, senón precisamente no outro: na parte irracional, istintiva, qu'ainda na esfe- ra do entendimento, fale intulción da vida total.
En resume: aquelo en que Keyserling se mantén d'acordo co-as conceicións modernas pruralistas, da historia, val seguro, mais non fai outra cousa que repetill-o que outros dixeran; aquelo en que s'arreda d'iles pra amos- tral-a vella idea do progreso, non pode pro- bal-as suas afirmacións.
O que se saca en limpo da sua conceición histórica, é a incompatibilidade actual, nida, flagrante, evidente, antre cultura e técnica. Keyserling logra demostrar, non somentes qu'a técnica está matando total-a culturas - ou restos de culturas - tradicionais, senón que non ha ser posibre unha nova cultura no porvir, namentras a técnica non perde a sua dominanza no esprito dos homes. Vel'eiqui algo d'unha evidencia ausoluta, que ningún home que seipa ollar ó fondo das cousas, poderá negar. D'ei-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c6/c650/c650b579-6340-4522-b123-d64732238e61/11571807.xml
NÓS
vesen empedimentos no camiño, qu'as suas forzas cansen sen chegar ó cabo; e outra que si é libre prescolmar os fis, non-o é pr'escollel-os meios, senon que tense qu'ater ós que son axeitados pr'o qu'il quer, 'antr'os que se l'ofercen n'un istante dado... É que s'atopa no meio do mundo, e o mundo non é todo masa mol que colla pasivamente o fetío qu'o home lle queira dar. Ben lonxe, non é tampouco a inercia a única resistencia que l'opón, senon qu'hai n'il outras moitas forzas alivas qu'á sua volta aulúan sobr'o home.
Chamamos nós mundo, ou natureza, ó conxunto de todol-os seres e de todal-as forzas que coñecemos, e atrás dos que sospeltamos pol-o menos a posibilidade d'outros seres e outras forzas coñecíbeis ou incoñecíbeis. En suma: tod'aquelo que non é nós mesmos. O non-eu dos filósofos alemás do século pasado. Crar'está qu'esta oposición eu-non-eu, suxeto-ouxeto, é inevitábel, mais é artificial, e en canto tende a segregar ó home da natureza - oposición home-mundo - falsa. Presentaríase eiquí ademais o grave problema metafísico de si os corpos naturás e os seres vivos que nos apresenta a realidade dada, son sinlises de forzas, resultancias de forzas existentes en si mesmas, concebidas coma causas d'aqueles (mecanicismo, enerxetismo, etc), ou as forzas son producidas e teñen nacencia nos corpos e nos seres dados, ou sea, pr'o asunto d'agora, se alales seres e corpos son causas principais ou secundarias. Asunto que deixaremos, sendo d'abondo amostrar qu'entramal-as dúas suposiciós son posíbeis, e lembrar que a análise que fai a cencia da realidade imediata, pra reducila a elementos o mais simples e homoxéneos que se poida, chega por precisión a compoñentes derradeiros tan inespricábeles coma son os individuos dados na sua individualidade; pol-o que, pr'o asunto que nos ocupa, ven a ser igual qu'o pranteemos no imediato ou qu'o traslademos ás realidás derradeiras determinadas pol-a cencia.
O conto é qu'o mundo ou a natureza é un conxunto d'axentes, primarios ou secundarios, cada un dos quales obra sobr'un número determinado dos demais. Cada home é un d'ises axentes.
Ora, da acción combiñada d'ises axentes, uns encol dos outros, resulta unha grande va-
riedá de fenómenos, a repetición de moitos dos quales, alí onde chegan as nosas observacións, permite'estudalos nas suas causas determinantes, predecilos, clasificalos e ordealos en grandes categorías (fenómenos mecánicos, físicos, químicos, biolóxicos, psíquicos, sociás). Ve'léqui o que fan as cencias.
E pra mellor espricarmol-a repetición dos fenómenos, adoptamos supór que cada un dos axentes naturás, primarios ou secundarios, obra asegún a sua natureza, ou sea asegún determinadas propiedades que posúe, en todos lados igual, d'un xelto necesario. E n-iste caso, unha de dúas: ou pensamos qu'o home vai cegamente com'os mais, ond'o leva a sua natureza; ou pensamos qu'o home, somentes - ou se cadra tamén outros seres superiores ó home ou imitantes a il, mais descoñecidos da cencia - ten sobrios demais axentes o privilexio da autodeterminación. En ningún dos dous casos se nega a interacción dos axentes naturás, nin pol-o tanto resulta negada necesariamente a posibilidade da influencia dos outros axentes en col do home.
Alnda pode haber outra conceición: podemos pensar que cada un dos axentes naturás é orixinariamente libre por inteiro en si, anque condicionados todos despois pol-a sua interacción, cada un pol-os outros, ou pol-o agrupamento adentro do qua! desenvolve a sua acción - ou seu meio. Pódese mismamente pensar que todos iles son espíritus e ala coscientes, coma fai Lutoslawski no eleutherismo, que, concebindo o mundo com'un amoreamento d'almas - almas en diversos grados d'evolución: «unha célula é un agrupamento de mónadas-almas - animado por unha mónada superior, subordinada a outras, e dependendo todas da mónada central - polipsiquismo - o ex, que só depende das suas capacidás pra realizal-as suas vontades». (—) — suprime n-un senso novo a difrenza d'alma e corpo, chegando a concebil-a materia com'unha aparencia, unha riola d'imaxes: é a monadoloxía de Leibnitz trasferida a outro concepto realmente oposto, xa qu'as mónadas leibnitzias, identificanse cos átemos.
Tampouco esto fai variar sustancialmente o noso asunto. En calquera dos supostos, cada axente natural, primario ou secundario, determinado ou libre en si, material ou espiritual, obra sobr'un número indeterminado d'outros
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c6/c650/c650b579-6340-4522-b123-d64732238e61/115718011.xml
NÓS
quí que a oposición cultura-natura, que domína nos espíritos superficiais, debia ser trocada n-es'outra: cultura-técnica. Non quero dicir co-esio que se poida nin sequera que se deba priscindir da técnica, aquelo fora pra min cousa de desechar, senón simplemente que se non poña a estimanza que s'adoita pôr; que non a poñamos, como práticamente se fai, por riba dos outros valores, senón nin tan sequera por riba d'illes; que deprendamos a ver n-ela, o mais, un mal necesario, e a defender da sua noxenta brutalidade canto represente un valor de cultura.
Porque así como a oposición cultura-técnica fúndase na realidade dos feitos, a oposición cultura-natura, fúndase en espresións metafóricas que, repetidas moitas veces, chegaron a ser preconceitos, que logo querían verificar con interpretacións arbitrárias dos feitos d'observación e dos grandes feitos da historia. É unha cousa artificial e falsa, porque se non pode prescindir, nin ter por nemiga á natureza, da cal o home é parte, queira non queira, coma que moilo do seu mal veu de ter esquecido o que ten de besta, sen que se poida, coma xa vimos, faguer independente da natureza, adentro da cal, e sacando d'ela todo, ten que vivir a cultura, a cal é tal cultura, namentras se sinte, coscentemente ou non, en solidaridade co meio natural, e alxiña que d'il se quer faguer independente, dexenera en civilización e morre. Co-esa falsa oposición cultura-natura, tratam certos filosofastros de xustifical-a sobrestimanza da técnica.
Contra da oposición cultura-técnica, pódese opór qu'a técnica é precisamente filla da cultura. Eu direi que, rigurosamente, non é filla da cultura, coma a doenza nono é do corpo ond'aparez. A técnica responde a un estado morboso da nosa cultura occidental.
IV. Progreso e doenza
Dixemos qu'o Conde Keyserling é un creente no mito do progreso. A idea do progreso, qu'ainda comparte o vulgo semi-culto - o chauffeur de Keyserling - xa non ten creto no mundo verdadeiramente culto. Nino pode ter. Xa a desbotaban os historiadores serios do século pasado, Langlois, Seignobos, Lacombe... Nietzsche escribeu: "O progreso é unha idea moderna, ou sea unha idea falsa".
Chamamos progreso - di Seignobos - a todo cambio que val no senso das nosas preferencias. A idea do progreso é pol-o tanto un suxetivismo. Lonxe de ser un feito probado, o progreso é unha espranza que poucos s'estreven a perder. Unha espranza, e non un convencimento. Cada un agarda qu'o progreso dos tempos ha traguel-o triunfo do qu'il quer. D'eiquí que se non entendan endexamais os filósofos, cando queren pôr en craro a esencia do progreso... Pol-a contra, os doutrinarios mais opostos, ampáranse igoalmente do progreso e queren recadalo pra si. Non hai millor proba de que non hai unha dirección determinada qu'efetivamente sea o progreso.
O progreso é unha idea escrusivamente moderna. Certo que l'atopan precedentes, ata en San Agustín e Paulo Orosio, mais a idea d'aquiles era totalmente diversa do que os contemporáneos do Dr. Molécola chamaban progreso. A idea do progreso é contemporánea da nacencia da nosa civilización, ou sea do comenzo da decadencia d'Occidente, que Spengler pón pol-o ano 1800. Primeiro tivo un senso escrusivamente político: o progreso era o triunfo das ideas liberais; logo, foi trocando d'ouxeto: pol-a liberdade de pensamento, pasou ás descobertas científicas, e d'ali á técnica, onde por fin, atopou acougo. Noción apriorística qu'andivo pelegriñando, sen atopar arbre de qu'aforearse, ata que por fin, os progresistas deron c'unha cousa qu'efetivamente progresaba. Progresaba? Todo progresa: un señor progresa nos seus estudos, outro no manexo da garlopa; progresa un negocio, progresa unha plantación, progrésase no estudo d'un problema... Todo progresa. E todo chega un instante que deixa de progresar: o neno que medra e vaise facendo home, progresa; despois, faise vello e xa non progresa mais; decai e morre. Os pequenos progresos parciais, ningueén os nega; o que negamos é que haxa un progreso total, e que haxa un progreso, parcial ou total, indefinido. Crar está, qu'antre todol-os progresos parciais, o de mais bulto é o da técnica, e por iso s'apegou a il o mito do progreso. Mais ainda iste progreso parcial ha tel-a sua fin; tamén a técnica moderna ha ter a sua decadencia e morte.
Dixemos qu'o progreso é unha idea escrusivamente moderna, e Keyserling esprica o por-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c6/c650/c650b579-6340-4522-b123-d64732238e61/11571809.xml
NÓS
un novo tipo humano: o chauffeur, o home primitivo adubado pol-a técnica. O chauffeur, esencialmente inculto, materialista e antirelixoso, forma a masa; os directores son o politeco e o financiero. Co-esto, a vida perdeu inteiramente o senso. Veleiquí o que hai de simpático no noso tempo; as forzas cultas qu'ainda sosteñen o tradicional, non sinifican.
Non hai que perder-a espranza. O mundo presenta un aire de mocedede. Unha nova cultura pode vir no futuro. A técnica ten que esmorecer na atención dos homes, xa que se fixo evidente, e tod'o que poida abranguer, está xa previsto. O inteleito ten que chegar a descubrir que íl non é a totalidade da vida, e voltaráse caro lado fondo e irracional da y-alma. D'aquela poderá vir unha nova cultura, que d'esta vegada ha ser ecuménica; mais non será que vir.
Ora, se ven, moveráse no mundo seguinte: un mundo de fortes tendencias universalistas, e de rexo escrusivismo nacionalista e particularista —xa o etnógrafo francés A. Van Gennep probara d'un xeito centífico, no seu recente libro Les Nationalités, que canto mais se multiplican as relacións e s'afirma a interdependenza dos pobos, mais s'afincan e s'afondan as diferenzas nacionais—; un mundo de fonda división de clases, tendendo á organización en castes; un mundo de feltío aristocrático e hierarquizado; un mundo no qu'a eixaltación do individuo ha chegar moitas vegadas ó cesarismo; un mundo cheo de tensión e d'antagonismo.
Iste é o mundo que vai vir, e n-Iste mundo, ha ser posible un verdadeiro progreso.
ll será certo esto que di o filósofo de Darmstädt? Non sei. No noso tempo hai un verdadeiro abuso da profecia. Ó meu ver, hai na creenza do Conde lituano unha eisaxerada estimanza do qu'está perto de nós, do aulual; atópolle pouca prespectiva. É que non hai ainda distancia pr'aprecial-os feitos qu'están pasando. E a Keyserling parécenlle esmesuradamente grandes, e entroques, fánselle pequenos demais os feitos pasados. Spengler si que ten perspeuliva, domina o presente d'outro xeito e se non deixa engayolar da aparencia. Esa perspeuliva é o que é o senso da historia. Outra cousa que me fai desconfiar de Keyserling, é qu'esprica o porquédosfeitosque suceden d'un xeito cuto defeito xa sinalou Spengler, que é supondo n-iles unha causalidade com'n causalidade centífica; a sua síntese é ademais imitante e está infruída moilas vegadas, pol-a dos filósofos da historia do século pasado. Tamén os productos do inteleito, creados ou asimilados, pasan ó inconscente, e operan dend'ali.
Crarestá que é indudabre o felto da decadencia da nosa cultura e das anteriores. Todas elas camiñan á morte, mais tarde ou mais cedo (Spengler), anque poidan resucitar (Proebenius). Tamén é certo que o mais doado é qu'o mundo futuro, pol-o menos o qu'está mais perto, e o que nós veremos dende logo, ha ser pouco mais menos imitante á visión de Keyserling. A sospeita xeralizase, e faise cada día mais nidia e afincada.
Non é eiquí ond'está a dificuldade, senon en qu'a visión histórico-profética de Keyserling é ecléitica, e todo ecleiticismo é, poi-o menos, sospeitoso. O feilo é qu'il quer resolver n-unha síntese, a oposición radical antras dúas conceiciés da historia: a vella concelción unitaria, que Spengler chama prolemaica, que prevén das especulaciós apriorísticas dos filósofos post-kantianos, e na que se funda a leoria do progreso; e a nova conceición pruralista, ou copernicana de Spengler, que prevén da etnoloxía e da socioloxía moderna, afincadas nos datos cerlos da ourservación. En calidá d'amigabre compoñedor ou d'home bó en auto de conciliación, o filósofo de Darmstedt chega á transaición seguinte: a concelción de Spengler é valedeira pra toda a historia ata tal día coma hoxe; mais arasiora as cousas cambiaron totalmente, e d'oxe adiante ha ser xa posibre o progreso indefenido. D'iste xeito tan sinxelo, qu'é com'o conto do ovo do galego de Génova ou do xenovés de Pontevedra, todo Dios fica satisfeito. e Herr Spengler e Mr. Wells pódense dal-a man sen Incomenente. A Iste xeito de filosofía chamo eu filosofía de compromiso.
O seu vicio vése doadamente. En primeiro termo, logo s'apercibe qu'esta precisión de conciliar o que non é conciliabre, responde ó estado de esprito de quen quer, custe, o que custe, salval-a sua fé no progreso, comprometida por certas concrusiós fundamentás e fundamentadas do pensamento moderno, e des
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c6/c650/c650b579-6340-4522-b123-d64732238e61/115718021.xml
NÓS prononce leur nom, sans ôter son chapeau e sans ajouler: «sauf votre respect». Engade o sabio bretón qu'o faguer bulra dos xastres se non fal somentes na Bretaña, mais tamén no país de Gales, na Irlanda, na Escocia e n-Alemanya. Il aponllo ó desprezo das razas guerreiras pola vida pousona dos xastres, e a aparencia feminina do seu inester.
Non deixa de ser intresante pra nós irmos atopando no folk-lore istes paralelos co dos outros pobos da nosa raza, com'oulros os atopan na arqueoloxía, nas tradiciós, etc.
V. R.
A besta perdida
Un rapaz foi unha vez levar a besta ao monte; deixouna no mato logo de lle poñer a solta e agachou as cadeas a rente d'un pino macho que medraba entremedias das silvas d'unha gavia.
Despois de cortar un feixe d'herba no prado, abrille aos regos, e facer outros laboriños, voltou en procura da besta, mais xa non deu co'ela. Cacheou o mato; berrou a chamar pol-o animal, e cando, xa canso, coidábao perdido encomenzou á layarse:
- ¡Ai, probe de min, que perdín a besta! ¡Onde irá a miña «Cuca»!
Nesto sentíu o aletexo d'un grande paxaro. Era un corvo, que se pousou nun guello d'un pino.
O rapaz repetiu nun choro:
- ¡Onde irá a miña «Cuca»!
Daquela o corvo púxose á berrar:
- ¡Comina, comiiina!
Ergueu a vista o rapaz, abrayado. Mais logo livo un súpeto pensamento, e perguntou berrando canto puido:
- ¿E iba con albarda, ou sen ela?
- ¡Coeeela, coeecla! - dixo o paxaro.
- ¡Amolácheste, que non era a miña! Ceibou o rapaz nunha gargallada.
Recollido en San Xian de Sergude por L. C.
Proba de min a mais de outro
Unha vezada hachábanse ceando un matrimonio porfión que por calquer parvada terquinaban coma tolos.
Aquela noite na casa non había mais que tres hovos e como un deles quixo tomar dous e o outro lamén escomenzou a disputa, chegaron a alcumarse e a muller n-un intre de xenio mel contido pegoulle na cachola tal pauazo ó seu marido que o fixo caer sin senso po chan e quedou como morto.
Tan morto que no cadaleito levárono á irexa pra lle rezar os responsos.
Aconteceu que entre os cregos cantores había un coxo que era o director dos de unha das bandas.
E no meio do responso voltou en si o home e aínda coa mesma idea en col dos hovos berrou:
- ¡Hel de comer dous!
Empezaron todol-os cregos e a xente a fuxir como lebres abrayados pol-o medo mais o coxo como non podía correr ó tempo que trataba tamén de fuxir tba dicindo:
¡Probe de min e mais de outro!
Recollido en Boiro R. M. L.
O zapateiro dos veladios (1)
Sempre que morría alguén na aldea pedía lle o zapateiro ó sancristán que o deixara quedar na irexa a carón do cadáver, pois decía que non era ben que estivese tan soilo a noite enteira e faltándolle pouco pra botar-o na cova.
Tan boas e humanitarias razóns non convencían ó sancristán e unha noite quixo saber o que facía o zapateiro na irexa e pra iso meteuse por embaixo das táboas onde estaba o cadaleilo co cadáver vestido de frade e cheo de malvas de olor e veu como o zapateiro poñíase a carón d'unha das catro velas e comenzaba a traballar o mesmo que si estivese na sua casa non sin antes haber traído a mesa e todol-os estromentos do oficio. Destoncias o sancristán quixolle dar un susto e escomenzou a mover as táboas que tiña enriba.
O zapateiro todo cheo de medo inda tivo a valentía de dicir dirixindose ó cadáver:
- Estate quedo ou tiroche coa solla!
Mais o sancristán non lle fixo caso e voltou a mover as táboas e a soplar ás velas ó que o zapateiro xa casi morlo repricou que se estu- vese quedo que o non deixaba traballar.
Entón o sancristán tirou n'un intre coas velas e quedou a irexa as escuras escomenzando a
(1) Iste ven ser unha variante do que publicamos no número 2 co título de Arriba difuntos, anque o caso que vimos se conta é outro diferente.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c6/c650/c650b579-6340-4522-b123-d64732238e61/11571805.xml
NÓS
ma da historia repersentada por Wells, pol-os franceses da Revue de Synthese historique, e na Alemaña tamén, antre outros, pol-os da escola de Baden: Windelband e Rickert, responde a unha disposición espiritual intelectualista, racionalista, cada día menos dominante no mundo culto. Asina, n-istes pensadores e historiadores, trasparecen aínda, anqué moitas veces o queiran disimular, os preconceitos mecanicistas ou racionalistas correntes no século pasado, e as suas concepcións fúndanse na especulación racional ou centífico-positivista, e non no estudo directo e independente dos feitos.
A posición pluralista responde a unha disposición espiritual que ten xa superado o racionalismo e o positivismo, que se decalou de que o inteleito il sólo, non pode abranguer, nin toda a vida do espírito, nin todas as nosas relacións co mundo exterior, nin xiquera construir o sólo a verdadeira ciencia, e moilo menos servir de guía única da nosa vida. Esta disposición espiritual, que precisamente é a que representa Bergson en Francia, ten no mundo actual unha importancia decisiva, como qu'é a dona do porvir. Reacción natural contra os abusos e aínda os usos do intelectualismo do século pasado, emprincipia a dominar en toda Europa, mais principalmente, na Alemaña. Abonda percorrel-as páxinas da Filosofía actual d'August Messer, ou as de Paul Fechter, en Der Expressionismus, ou as do mesmo Keyserling, pra decatármonos do pensar das novas xeracións alemás. Hai, non só un repudio do intelectualismo, senón de toda a civilización mecánica que se ven incerner no tipo do chauffeur. Hai unha clara conciencia do morboso da nosa vida.
As figuras máis sinificativas da Alemaña moderna: Walter Rathenau, Johan Müller, Rudolph Steiner, o teósofo de quen xa m'ocupei en NÓS (1), Ludwig Klages, o grafólogo, de Zurich, o poeta Stephen George, o filósofo aktivista Kurt Hiller, representan esta dirección. Crar'está que hai entre todos fondas diferenzas, que uns collen pol-o vello da visión interior, e outros pol-o da acción, mais todos s'encamiñan, no especulativo, no mesmo senso.
(1) Números 15, 17 e 18
Pol-o que levamos dito, compréndese qu'as concepcións históricas dos modernos, veñan mais ou menos tinguidas d'irracionalismo, ou, en sentido metafísico, de vitalismo.
Non hai dúbida qu'a esta dirección pertence fundamentalmente o Conde Hermann Keyserling, embora non desbote o inteleito. É un filósofo da cultura, pol-o xeito e aceitando moitas, a mor parte das ideas de Spengler e Frobenius. Querería millor un etnólogo, coma Frobenius. O campo do filósofo é limitado e o do historiador tamén. O do etnólogo abrangue o dos dous, e mais tamén o do sociólogo e o do antropoxeógrafo e o do prehistoriador.
Keyserling é tamén un pensador ativista. Cecais no campo da psicoloxía e das relacións psicolóxicas, está a sua forza meirande. Eiquí, limonos ocupar somentes da sua concepción histórico-cultural, desenvolvendo en comentario o meu pensamento en col do asunto.
II. Da posibilidade e do círculo natural d'acción
"Os coetáneos, en canto participan da vida xeral, aparecen sempre coma fillos do mesmo espírito diante da posteridade." - di Keyserling, na Introdución do seu primeiro libro traducido ó castelán. Vel'elquí xa unha observación importante, pra todo o que ven despois.
Lémbrome de que nos meus Estudos en col do Romantismo, escribin eu o seguinte, que ven conforme co texto citado: "Crar'está que non é doado, nin moito menos, en ningún tempo, pra canto mais nos tempos de decadencia, atopar pura e sen lixo ningunha corrente espiritual. A y-alma dos homes... vive empapada no ambiente do tempo, e d'il colle pra ben ou pra mal, así o bo como o ruin, en constante misturanza... As correntes espirituais veñen decole influenciadas por outras diferentes, cecais opostas, das que saturan o ambiente do tempo en que se producen. A miúdo, teñen qu'aceutar supostos do ambiente". Compre ter esto en conta pr'evitarmos certas contradicións, e asegún Keyserling, as fallas d'orixinalidade.
Falando d'isto, espón tamén a idea, contida xa n-un vello axioma da Kabbalah qu'eu teño citado ben veces, da polaridá do mundo, da dependenza necesaria dos termos opostos. O
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c6/c650/c650b579-6340-4522-b123-d64732238e61/115718026.xml
Apartado 67
Fernández, Torres & C.ª
FERROS -- ACEIROS -- FERRETEIRÍA
MAQUINARIA AGRÍCOLA
Linares Rivas, 12 A CRUÑA
LUIS FÁBREGA
DROGUERIA E FARMACIA
Progreso esquina a Luis Espada
OURENSE
MERQUE VOSTEDE
Plumeiros RAFIUM
De mais dura qu'os de pruma e limpa millor
Véndense entodol-os estabrecimentos do ramo
Andrés Perille - OURENSE
Reloxeria ZENITH
Máquinas parlantes, Discos, Agullas
e Accesorios
M. Calviño
OURENSE
A mais económica de Galicia
MERQUE VOSTEDE
SÍNTESE XEOGRÁFICA DE GALICIA
por Ramón Otero Pedrayo
SANATORIO QUIRURJICO
DIREITORES
Manuel Peña Rey José Mosquera Blanco
Ginecología e Partos Cirugía geral
Especialista na gorxa, nariz e ouvidos
BODEGAS GALLEGAS PEARES E OURENSE
Vinos finos de mesa: Tinto TRES RIOS Blanco BRILLANTE. LOS GALLEGOS blanco e tinto
Macía e Valeiras, Apartado 18--Ourense
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c6/c650/c650b579-6340-4522-b123-d64732238e61/115718013.xml
NOS
Compre faguer un estudo co-esta maneira d'enxergar, pra isolar na nosa civilización, as formas puramente seniles, das formas palolóxicas.
Keyserling, insistindo na importancia da técnica e da revolta do intelecto ábrenos un viejo prístine estudo. Por exemplo, polo que se refire á revolta do intelecto, non hai dúbida, que s'unha parte da y-alma s'hipertrofía, hai doenza: o equilibrio da vida espiritual crebouse d'un xeito que non pode por menos de comprometer-a sua integridade funcional. Hai eiquí xa motivo d'abondo pra sospeitar-a doenza, s'a técnica mesma, sen irmos ás seus fundamentos psicolóxicos, nonos ofercera sin-tomas tan graves com'a superproducción económica, o automobilismo ou a radiomania, dos que cada un é de seu unha doenza social. E ainda a produción do tipo, pra Keyserling primitivo pra min dexenerado, do chauffeur. Un dos meirandes trabucamentos do filósofo de Darwstadt é sen dúbida o de pensar qu'o mundo moderno, nos meios e nos individuos ond'o progreso se manifesta, ten mocedade. Non hai tal: os vellos, querendo ou sin querer, imítanse ós nenos, ás veces. Keyserling está cegado polo optimismo, iludido polo vezo da misión a que se siente chamado. O qu'il pensa ser polo xuvenil son ó millor as caranloñas da eistrema senilidade. As meixelas tamén collen coor co-a febre. O chauffeur ou é un tipo patolóxico ou é un tipo de decadencia. Moitas veces, dáse nos que xa son felahs.
Non farei tampouco mais qu'indicar, antroutros efectos morbosos: o aumento asombroso do traballo social, o capitalismo, o periodismo, a colonización, o trasego de vicios e loucuras que leva a cabo a felicidade das comunicacións, etc., etc. Tampouco hei d'insistir no feito evidente da manifesta utilidade da mór parte dos adiantos da técnica criadora de necesidades artificiais e as mais das veces perniciosas. E ainda non son eu o primeiro en afirmar qu'o home moderno criou co progreso técnico, a mais ruin, a mais noxenta, a mais estesa, a mais universal e se cadra a mais duradolra das escravitudes, unha escravitude que colle a todos, grandes e pequenos, polo home moderno, criador do progreso, ven sel-o escravo e a vítima do progreso. Xusto castigo do que se pensou domador da natureza.
Mais pra emprender-lo estudo, compre desbotar primeiro o prexuizo optimista de qu'anida participa Keyserling, d'atopar unha síntese salvadora. Il non quer perder ren, por ilusión ou dor medo. Vidente e lumioso por veces, se verdadeiro moderno, vólvese'outras ausolulita dogmático, comos d'enantes. Aprecia cousas moi dignas d'estimanza, pois ten o espírito aberto e agudo; mais ó mesmo tempo, eu vexo n-il a mesma desconsideración do transitorio a mesma arela do definitivo e feito, qu'en to-dol-os teóricos. Esto pono lonxe do que debe ser un verdadeiro realista intuitivo, e relativista moderno, de visión copernicana.
Reteñamos d'il, polo menos, unha cousa, polo de pronto, unha afirmación: a vida ten un senso. Busquemol-o senso da vida. Autuemos según o senso da vida.
VICENTE RISCO
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c6/c650/c650b579-6340-4522-b123-d64732238e61/115718024.xml
Pedro Bosch Gimpera. LA PRE-HISTORIA DE LOS IBEROS Y LA ETNOLOGÍA VASCA. Publicación de Eusko Ikusuntza. Sociedad de Estudios Vascos. San Sebastián, 1926.
El pueblo vasco sigue preocupando a los investigadores. Después de las publicaciones de Schulten y del trabajo de Schnuchardt en el campo de la determinación vasca, han aparecido tres nuevas contribuciones al estudio de aquella lengua: una de Meyer-Lübke, otra de Uhlenbeck y otra del profesor de Leningrado N. Marr.
Bosch Gimpera, llevando en la mano su feixe de hechos arqueológicos y antropológicos, saluda el encuentro de los lingüistas, compaña a que se puede compaginar y afasta lo que es incompatible con conclusiones ya establecidas.
El pueblo pirenaico antecesor del vasco, ocupaba por lo menos desde el neolítico a zona montañosa que va de Cantabria a la veirada de la provincia de Girona. La personalidad de este pueblo, señalase en el neolítico, cultura de las covas; en el eneolítico, cultura pirenaica; en la Edad del Hierro, no iberismo de los Indigetas, Ceretas, Ausoceretas y Ausetanos y aún en el modo de comportarse en la Reconquista los condados pirenaicos.
El pueblo vasco no se mezcló jamás profundamente con los iberos, aunque recibió de ellos y por medio del borde septentrional de la cultura de Almería todos aquellos elementos que transformaron su vida de pastores introduciendo el mismo tiempo que los objetos, ideas y conceptos que precisaron para su expresión verbal y formas tomadas de la lengua del pueblo importador, cosa que viría explicar la iberización de abondo fuerte que sufrió el idioma euskaro.
Arreda desde luego Bosch, toda idea de una próxima unidad de origen entre los vascos y ciertos pueblos del Cáucaso, cosa que creía Marr, por resultar incompatible con los hechos.
Arqueológicos una emigración de caucásicos que alcanzó a nuestra península.
Es de tal modo sugestivo este estudio y tan numerosos los elementos aportados recientemente por Frobenius en el África septentrional, que tenemos a seguridad de que el maestro Bosch Gimpera no dejará de emprenderlo este año, sino es método a que de cota nos ten afetos.
P. Bosch Gimpera y L. Pericot. LES CIVILISATIONS DE LA PENINSULE IBÉRIQUE PENDANT LE NÉOLITHIQUE ET L'ENÉOLITHIQUE, extr. de l'Anthropologie, vol. XXXV, 1925.
Es una sistematización de estos interesantes periodos hecha a base de los fundamentales estudios publicados ya por los autores en otros libros y revistas, aunque aparecen ahora completados los datos por las derradeiras descubiertas arqueológicas y antropológicas.
Acháse dividido este trabajo en los capítulos siguientes: Introduction, Les ages antérieures au néolithique final et les peuples du Paléolithique supérieur. La Civilisation Occidentale de la Peninsule. La Civilisation Centrale. La Civilisation d'Almeria. La Civilisation Pyrénéenne. Le commencement de l'Age du Bronze. La Civilisation d'El Argar et son influence dans la Peninsule. L'Anthropologie de la Peninsule pendant le Néolithique et l'Énéolithique.
Creemos inútil engadir ni una sola verba para gabar la importancia e interés de este folleto, bien patentes en los títulos de los capítulos y en los nombres de los autores.
F. L. C.
Imprenta LAR. Real, 36 - A CRUÑA
Dr. MOSTEIRO
MÉDICO ODONTOLOGO
Medicina e Cirugía da boca -- Electricidade -- Rayos X
A Clínica Dental mais completa de Galicia
SÁNCHEZ BREGUA, 5 1.º
A CRUÑA
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c6/c650/c650b579-6340-4522-b123-d64732238e61/115718014.xml
Alfonso do Cotón, humorista
figura de Alfonso do Cotón, natural de Negreira, sobresai n-um sentido particular entre aquel praio escintilante de troveiros, que a tan outo nivel souperon erguer a cultura galega no século XII.
O Cancioneiro da Vaticana danos a coñocer as composizons de aqueles poetas que ainda oxe non foron aventaxados nin en forma nin en sentimento. Á veira de Martín Codax, o reiseñor de Vigo, tan fondo e sentido poeta como delicado estilista, e de Pero da Ponte, cantor épico que soupo acender en estrofas musicais as glórias do seu tempo, e de Pero Meogo, sentimental e doorido, en cujos versos se sinten os latezos de un vivo pesar, atopamos tamén as cantigas de Alfonso do Colón, que aparece asimesmo c-os nomes de Affons' Eanes, e Arfons Eanes de Colón.
N-élas, enxérgase facilmente o espírito racionalmente galego do seu autor. Traís das verbas, moitas veces candorosas, e ainda inexperientes, óllase a sonrisa picaresca e socarrona do troveiro que sabe decir e-eispresar cousas distintas das que sinte e-escribe. Outras veces, deixase levar da sua franca sinceridade e pinta con calro verbas, cadros de vivo realismo, que alguns xusgan trabucadamente.
O troveiro nicarariense, amóstrase a través das suas composizons, como un formidábel humorista. Un humorista que se adiantou centurias ao seu tempo. Por iso Alfonso de Cotón non ocupou, nin ocupa ainda oxe, o curro que na lista dos valores galegos por direito propio lle corresponde.
Sin comprendel-o nin atinguir haste onde chegaba a sua forte potencia creadora, nin o seu espírito sutilmente irónico, tachóuselle de atrevido, por alguns asuntos que trata.
Aos homes non hai que xusgalos por un soio feito, nin por manifestazons exteriores, que poden trabucar o verdadeiro senso das cousas. O que olla soio o corpo sin acadar a i-alma, non pode decir que coñece a unha persoa. Alfonso do Colón, foi criticado superficialmente por quen non soupo ir mais alá das verbas.
O seu espírito fundamentalmente humorístico, fuxiu dos saloucos sentimentais, e dos cantos heróicos, e foi sentir nas verdades de doble fondo a ironía e a compaixón que nas almas comprensivas inspiran. A sua pruma, áxil coma o seu pensamento, escarabellou nos temas onde achou humorismo. Non reparou na crasd-éles. Foi un artista que despreciou as conveniencias sociais. E'sta razón pra lle non dar o sen xusto merecemento?
O humorismo do troveiro barcalés, ten un carácter puramente nórdico; é serio, fondo e conceptualista; nada de gargalladas, nin de xogos de verbas; cando queere sabe tamén dirixir certamente o dardo da sátira, con forie pulo; o seu pensamento val mollo mais alá do que din os seus versos.
Ollese senón n-istas estrofas, recolleltas de distintas composizons.
E sabe seus livros sigo Iraguer, como maestre sabe-os calar.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c6/c650/c650b579-6340-4522-b123-d64732238e61/115718019.xml
NÓS
Lebucao (1) aparece juntamente coa famosa armilla compendio da arte decorativa do noso posthallstáltico, e na croa de Riotorto e no Castro de Masma, son atopados novos exemplares na compaña d’unha febilla aberta e d’unha fibula de timbal.
E estes nosos torques, a mais de pertencerem á cultura dos Castros, son escusivos dela. A sua área xeográfica redúcese ás nosas terras galegas y-ó N de Portugal, irradiando esporadicamente nas rexións limítrofes do val do Tajo, León y-Asturias, mais fallando en absoluto no posthallstáltico castelán.
Pr’esplicar esta chocante particularidade, Bosch Gimpera (2) arrisca a hipótese d’un influxo da Tene chegado a Galiza por vía marítima dend’a Inglaterra y-a Bretaña, pero aínda deixando a un lado o feito de quás relacións culturais d’aqueles países co noso parecen ter sido moi anteriores e que de persistir nos tempos do ferro acusaríase d’igual maneira que nos torques no resto do ulillage galego, teríamos sempre coma fixo notar Villaamil, qu’os nosos colares ríxidos parécense demasiado pouco na sua feitura e técnica ornamental ós franceses pra que poidamos dar por boa a espricación do sabio profesor catalán.
E unha vez rechazada a súa hipótese, o problema fica reducido a dous termos: ou a presumida existencia d’unha tradición anterior, continuada na civilización dos Castros, ou á supor qu’os Celtas trouxeron consigo o germe, digámolo así, dos torques, germe que non atopando condicións de desenvolvemento morreu en Castela, e aquí, grazas á fartura ourivesa dos nosos ríos, alinguou o desenvolvemento que hoxe admiramos, sendo moi digno de se ter en conta a este respecto, o feito de que fora da Península, en plena cultura da Tene, tres xéneros aparecen de preferencia e case escusivamente, na Aquitania, no val do Rhin e na Irlanda, rexións d’aquela ricas en ouro, coma tamén o era a Galiza.
Das dúas suposicións sinaladas, a segunda anque ten na súa contra a escasez de torques nos dous períodos hallstálticos, é por varias razós a que nos parece mais verosímil.
Primeiramente, en ningún tesouro, en ningún depósito de machados ou d’armas da nosa Idade de Bronze teñen aparecido xolas desta clase nin ouxeio ningún que se lles asemelle. Os mesmos colares de labor reforto que poideran relacionarse co-as pezas análogas do Bronze irlandés e bretón, atopáronse elqui na Croa de Riotorto e no Cruceiro da Cruña juntamente c’outros torques de feitura lisa y-arrematados pol-as características perillas qu’ostentan asimesmo os exemplares cuxa filiación do ferro quedou xa demostrada.
Pero non é isto soilo. Anque escaso d’eles, no Hallstát atopanse taes ornamentos. Son coma xa se dixo denantes sinxelos vástagos de sección circular, sen remate, ou rematados en ganchos, bulas ou engrosamentos provistos d’unha fura. Pois ben, tipos moi imitantes a estes atopáronse, sen na Galiza, pol-ou menos nas terras irme d’alen-Miño. Os exemplares de Serrarces, d’Almos e de Malhada (1) (fig. 103) aseméllanse respectivamente ós de Statzendorf, Saint Sulpice e Armberg-kopf (fig. 104) (2) nos remates con ensanchamentos furados, en ganchos con fio d’unión e na ausencia de remates, sendo carácter común a todos eles certa facies arcaica qu’os aproxima de gelto indubidábel. (3)
E unha vez comprovadas taes semellanzas, e probada tamen a orixe hallstática da nosa cultura castreja, podemos asegurar qu’os torques com’as espadas d’antenas, com’as fibulas de botón, son ouletos importados en Galiza pol-os Celtas e n-ela desenvolvidos con absoluta autonomía da civilización da Tene, débendose considerar ós citados exemplares portugueses com’as primeiras formas indíxenas dos colares ríxidos evolucionados mais tarde has-tra crealos tipos correntes na nosa ourivesaría protohistórica.
O agrupar estes tipos de torques galegos dentro dos marcos d’unha clasificación, é empresa pouco menos qu’imposíbel. Os elementos que poden servir pra caracterizalos, selección, forma dos remates, xeito da decoración, mistúrans de tal maneira nos distintos exemplares:
(1) Portugalia, t. II
(2) Los Celtas, pag. 41
(3) Dechelette, Op. cit., t. II
(4) Na sepultura d’Espligares, en Castellón, apareceu un colar de bronce idéntico ó dos torques portugueses d’Almendres (cf. os problemas arqueolóxicos da provincia de Castellón, B. de la Soc. Castellonense de Cultura, t. V, prg. 10) que a súa presenza e debida a influencia dos Berbrices e daño nos séculos VI e V dantes de J. C. co cal ben en certo xeito a arrizar o noso punto de vista.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c6/c650/c650b579-6340-4522-b123-d64732238e61/115718023.xml
NOS
dos moimentos e a sua sinificanza histórica, os feitos humanos e os sentimentos e concepcións fondas lendenzas qu'os moven, e ó artista, ó home de superior sensibilidade, que sinte coa y-alma inteira, aguda e esperta coma poucas, a terra cujos aspectos pinta e a raza cujas obras descrebe. E sinte unha e outra, e quere-lles, non co amor puramente romántico con qu'un ama a terra allea qu'un percorre, ou coa simpatía un pouco curiosa con qu'un ama ás outras xentes con qu'un convive, senón coma fillo que é d'esta Terra e continuador do sangue e da obra da raza que n-ela vive, por iso, Ramón Otero ha ser pro forasteiro qu'entre por Galiza adiante co seu libro na mau, non o monótono cicerone parolciro, que repilo que sabe da esterioridade das cousas, senon o señor qu'amostra ó hóspede a sua propia casa, gasalleiro e cordial.
Despois d'unha descripción da Terra galega, nos seus aspectos xeolóxico, fisiográfico, antropoxeográfico, económico e administrativo, d'unha absoluta novidade, cheo d'ideas e precisións aínda non ditas por ninguén, e no que é notable o capítulo adicado á paisaxe, trai en 36 páxinas, unha cumprida síntese histórica, que recolle moitas cousas de historia interna e social dos séculos derradeiros, e despois un sustancioso resume do referente á Arte e Literatura. Todo esto forma a Parte xeral, que ten 156 páxinas, sendo a mais pequena. A Parte descriptiva, feita en itinerarios, partindo da liña do camiño de ferro do Norte, e logo dend'as vilas principais, pol-a terra adiante sen esquecer sitio ningún que teña intrés histórico, monumental, comercial ou pintoresco. A paisaxe ten de cote o seu papel, tantas veces deixado de mau pol-os autores. Mapas, planos de poboación, fotografías de momentos, cidades e paisaxes, inzan o volume pr'escrareceren as alusións do testo.
É libro que hase faguer preciso, non somentes a todol-os viaxeiros que veñan a Galiza, senón a todol-os galegos amantes da sua Terra.
LETRAS PORTUGUESAS
AS OBRAS PÓSTUMAS DE EÇA DE QUEIROZ
Acabamos de ler «O Conde d'Abranhos», nolas biográficas por Z. Zagallo, a obra ultimamente publicada do ademirado Eça de Quiroz, o mais grande romance sía portugués, e o mais coñecido tamén dos galegos no idioma orixinal.
Esta novela amóstranos a espontaniedade, a limpidez con que escribía o primeiro novelista peninsular do século XIX, posto que tratándose sómente de un borrador escrito a lapis de primeira intención, un simple esbozo como advirte na introdución seu fill Xosé María, ten mesmo así un grande interés e beleza, len sober lodo vigorosos trazos d> xenial humorismo que resuman as humanísimas e reais páxinas de total-as suas obras.
No mesmo volume figura tamén un conto tráxico «A Catástrofe» que produz unha fonda impresión, unha emoción que, despois da pasada grande guerra, compréndese inda mellor en toda a sua intensidade estarrecedora.
Despois d'esta obra e de «A Capital», tamén xa publicada, anúncianse cinco volumes mais: «Alves e C.H», «A traxedia da rua das Flores», «Páginas esquecidas», «Notas de viagem» e «Correspondencia». Todas elas, embora non sexan obras perfeitas, acabadas, pois que fáltalles o cuidadoso e detido ensaio do seu autor para relocalas, correxilas, enmendalas, con toda aquela pulcritude con que o Inesquecido Eça de Queiroz aperfeiçoaba os seus traballos denantes de os dar ao prelo para seren lanzados ao público, son d'unha grandísima importancia para as letras lusitanas.
Alguén temeu que a publicación d'estas obras inéditas do namorado da perfeición, poideran embazar, mais ber: que lle dar un novo esprendor, o nome glorioso de Eça de Queiroz. Dende logo que elas non han de engadir mais loureiros á sona do autor d'aquel maravilloso «Crime do Padre Amaro», mais para os que ademiramos o romancista extraordinario, e os que sentimos tamén aficións literarias, esas obras descoñecidas que agora foron descubertas teñen un grande valer: o valer que todal-as obras de Eça de Queiroz empechan pola sinxeleza, pola grande naturalidade con que foron escritas por aquel grande creador que trozou páxinas de vida verdadeira, aleigadas de poesía e de humanismo; e teñen tamén o mérito de nos amostrar a forma inicial como o grande artista esbozaba as suas novelas para despois, nun traballo quizaves máis intenso, adoalas, modificalas, ata chegar á perfeición con que as amostraba por romate nas librerías.
O Conde d'Abranhos tiña sido escrita no ano 79 durante a estancia do romancista en Dinan, e levou logo oculta, esquecida, corenta e cinco anos, ata que por fin descubriuna no Río Xaneiro o fillo de Ramalho Orligão entre diversos papés do pai, que, como é sabido, era íntimo amigo de Eça de Queiroz, e colaborara co'ele n-aquele primeiro romance «O Misterio da Estrada de Cintra» que sen plano, sen método, sen documentos, sen se pôr d'acordo, escribiron e publicaron en folletín no «Diario de Noticias», un en Lisboa e o outro en Leiria enviando cada un as suas llanas directamente á imprensa.
Como admiradores de Eça de Queiroz vemos con ledicia a aparición d'estes novos volumes.
LEANDRO CARRÉ
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c6/c650/c650b579-6340-4522-b123-d64732238e61/11571808.xml
6
axentes, e atopa, crar' está, outras aiciés que se l'opoñen, ás que se ten que conformar na sua ación, co-as que ten que colaborar. ou loitar que ven sel-o mesmo. Esta interaición dos axentes naturás, libres ou non, mais condicionados pol-e sua interaición, orixina as repellciós de fenómenos, os costumes, os hábitos que nós chamamos leis da natureza, e que pra nós é coma si o fosen, pois dannos a sensación d'un xogo fatal e necesario.
A resultante total — si é qu'é unha resultante, porqu'ainda se pode pensar n-unha entidade total, unha vida unha ou Anima Mundi subxacente a todol-os fenómenos e causantes d'iles, co qual cambea a perspeutiva toda, agás a relación do delermiñismo co-a liberdade humán, que fica subsistente atal e com'a poñemos — a vida universal, sen tender ó equilibrio, pois nin com'entidade si o fose, nin coma resultante, pod'eu pensar que sea mecánica; sen tender tampouco ó mínimo esforzo, coido eu que busca unha sorte de tensión media, que precura de cote, en total e en cada caso, o camiño mais doado.
Móvese o home n-esa corrente de vida, solagado no océano das forzas, suxeito a milleiros d'aiciós e reeiciós. Pode dominar, sen dúbida unha pequena parte d'elas: no gran océano da vida, pode trazar un circo, cada día meirande se queredes, adentro do qual vai exercendo a sua infruencia, forzando ainda, sé cadra, un pouco eiqui e ali, algunha das leis da natureza; mais con todo iso, non fai mais qu'o que fan os outros seres vivos, e ata certo punto os que nono son: loitar prasegural-o seu posto na vida universal, no concerto total dos seres e das forzas, aproveitando ademais pra elo os meios qu'a natureza lle dá, xa que sin eles non poderia vivir.
Todo nos amosira ó home en intema dependenza da natureza, do mundo esterior, d'ond'il saca canto precisa. Somenles quen estea cegado pol-o racionalismo, pode negal-a infruencia da indución astral, que deu orixen a unha cencia, a astroloxía, que por mais qu'a dean por falsa nos seus detalles, elo non desfal o seu derradeiro fundamento; do meio xeográfi» co, que Raizel e os seus seguidores escoirenzaron a sistematizar, e que s'exerce non so» mentes no senso qu'os inqueridores da antropoxeografia estudaron, senón d'outro xeito
NOS
misterioso que cecals a cencia futura poderá esculcar; da herencia fisiolóxica e psíquica, que trasmite no sangue o corpo e alma das castes e das razas; da tradición, herencia espiritual qu'enreguenta e conforma o esprito; do ambiente social que nos trail todol-os incilamentos e problemas do tempo. Outros tantos lindeiros que coutan o noso campo d'alción; mais lamén outras tantas forzas que podemos apro» veitar pra creación do posibre.
Keyserling compréndeos todos en dous: infruxos cósmicos (meio ambiente; infruxo astro» lóxico, ó que da moita importancia; infruxos que determiñan as épocas xeolóxicas; clima; circos culturás; lindeiros de tempo; providencia divina), e herencia (trasmisión do sangue e tradición). Da sua forza no individuo, di que cando lle pergunta a un discípulo cales son as cousas nas que non pode trocal-o seu fado, acha que son o 90 por cen das que o fan matar. E da sua forza nos pobos, que s'ollamol-a constrición do infruxo cósmico e a herencia n-un país, lemos que recoNocel-o estreito que é na vida dos pobos, o marxe das transformacións posibres. E en suma, qu'a liberdade ten que recoNocel-o fado
Por iso dixen eu hai tempo qu'a idea de buscarmos nós o mais doado, asegún as nosas disposiciós mesolóxicas e hereditarias, é unha idea élica, porque vai d'acordo co-a verdade, que é cousa qu'está fora de nós, e qu'ollab'as cousas escrusivamente dend'o lado da nosa liberdade natural, paréceme un erro
III. Historia, cultura e técnica
Keyserling dá por boas as conceiciós históricas de Spengler e Froebenius. Cultura é unha forma de vida, espresión imediata do esprito. Non somentes a cultura oucidental, senón todal-as culturas tradicionás están en decadenza. Isto acontece porque o acento que dá senso á erdume da y-alma pasou do iniransferibre (a parte irracional, instiniintiva, sensitiva, do noso ser) ó transferibre, ou sea, ó inteleito racional; a concencia centrouse n-il e arredouse do tradicional. O froito caracterisleco do inteleito é a técnica: es máquinas, o qué, sendo evidente pra todos, valse adonando do mundo intelro, e matando a cultura tradicional en todos lados. O qual deu nacencia
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c6/c650/c650b579-6340-4522-b123-d64732238e61/11571804.xml
A Interpretación da Historia e o valor do noso tempo
(EN COL DAS IDEIAS DO CONDE KEYSERLING)
As posicións do problema da historia que poida e o que deba ser feito no noso tempo depende do qu'iste sinifique no noso dizer, e pol-o tanto, d'unha reuta interpretación da historia. O éisito de calquera emprendimento, especulativo ou prático, depende d'iste problema teórico. Porque, coma di o pensador do qu'imos comentar algunhas ideas, onde decide a liberdade, é sempre posible o erro. Todos temos concencia clara, pol-o menos, da gravedade das circunstancias e de que, calquera resolución qu'un colla, pode non ter apelación. D'elquí qu'eu pense qu'iste asunto, que me ten ocupado moltas veces (1), é asunto que nos importa tanto, coma sementes o Dioibo Universal e o Xuizo Final nos poden importar. Trátase do senso de toda a nosa vida.
Ramón Otero Pedrayo oferceu faguer n-eslas páxinas unha comparanza antiras ideas de Spengler e as ideas de Wells. Spengler e Wells representan cecais as mais estremamente opostas posicións locantes ó problema da historia.
A Decadencia d'Oucidente de Spengler espón a concepción moderna, pluralista, da historia, copernicana, lle chama il, representada tamén por Froebenlus e pol-os etnólogos modernos, asegún a que a historia desenvólvese en orgasmos culturais, independentes que teñen o seu ciclo pechado d'evolución.
A Historia Universal de Wells foi escrita, non pra probar - que raramente pod'un probar-o qu'un sostén por teimosía - senon pr'espallal-a concepción do século XIX, unitaria, da historia, ptolomaica. lle chama Spengler, asegún a qué, a historia desenvólvese n-un progreso sen fin, a través de moitas variedades accidentais.
O Conde Hermann Keyserling (1) ven representar, com'imos ver, unha concepción intermedia antreas dúas.
Amal-as dúas responden a diferentes orientacións do espírito. A posición unitaria do prob-
(1) O Conde Hermann Keyserling naceu na Estonia, o ano 1880. É de fidalga caste lituana. Emmanuel Kant foi preceptor d'un dos seus denantepasados. Dende mozo adicouse á filosofía; seguiu primeiro a Kant, e logo a Bergson. Os bolcheviquis botárono da sua terra. Vixou moito: estivo na India, na China e no Xapón. Veuse pra Alemaña, e acolleuse á ampara do derradeiro príncipe reinante, o Gran Duque de Hessen, e co-a súa axuda, fundou en Darmstadt a Escola de Sabencia, o que val xente com'o príncipe Carlos Antón de Rohan, autor dun libro alí isprado, Die Aufgabe unserer Generation (o lema de nosa xeración), o Conde Hardenberg, colaborador de Der Leuchter, e outros, dos que moitos son dilettantes. A Escola pública un anuario idosdo Der Leuchter (o candieiro), e n-ela teñen falado os grandes homes que pisan por Alemaña, como o gran poeta Rabindranath Tegore.
(1) Galicia y la civilización atlántica, 1909 (El Noroeste de Cruñaz, capítulo da Teleofoxia do Nacionalismo galego, na miña Teoría, Ourense, 1926; En el umbral del Apocalipsis (La Ilustración Española y Americana, 8 Marzo 1920); O esperta mento dos pobos céltigos e o porvir da Europa (A nosa Terra, 1 febreiro 1921); Gobineau e Murguía, Platón en Portugal e O asunto dos latinorios (en El Pueblo Gallego, 1923-24. En defensa de Taine e Lerías XI, XXIII, XXV, XXVI, XXVIII, XXX, XXXI, XXXI, XXXVI, XXXIX, LIX, LX, LXIV, LXV, LXVI, XCII en Galicia de Vigo, 1924-25: Aínda unha Historia Universal, A terra e a evolución humana, Estudos en col do Romantismo (en A nosa Terra, Xaneiro, Febreiro, e Xunio e seguintes de 1925).
Ten publicado moitos libros: as Gefige der Welt (A erdume do Mundo), 1906; Unsterblichkeit (imortalidade), 1907; Reisegebuch eines Philosophen (Diario de viaxe d'en filósofo), 1908, o mais coledico dos escritos, especialmente a edición inglesa; Philosophie als Kunst (A filosofía coma Arte), 1920; Schöpferische Erkenntnis (Coñecencia criadora), 1921; Politik, Wirtschaft, Weisheit (Política, Economía, Sabencia), 1922; Menschen als Sinnbilder (os homes coma símbolos), 1926; e Wiedergeburt (Resurrección) que acaba de ser publicado. El Mundo que nace (trad. de Ramón Tenreiro) ven de ser publicado en castelán pol-a Revista de Occidente.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c6/c650/c650b579-6340-4522-b123-d64732238e61/115718017.xml
NÓS
Os cabelos non levan ningún arreo i-os mozos si queren teñen que agarrarse ás crins.
O que primeiro chega leva de premio un ramo de loureiro que logo colga na porta da casa.
Os poetas fánlle versos e pol-a noile mozos e mozas vanllos cantar ó vencedor.
Ó día seguinte o ramo de loureiro pasa da porta a ser colgado á chimenea ó lado do ramo benzoado de S. Xohan e da escopela de caza.
Outras vegadas o vencedor regálalle á nai o ramo de loureiro pra que llo amostre ó seu fillo e se afeizoe a iste deporte.
As loitas noutrora terribels oxe están convertidas en exercicios de destreza.
Os dous mozos que convéñen en loitar dinllo ó alcalde e iste ó domingo anterior ó día da loita comunicao ós seus adeministrados. N-un campo ou n-unha ceira fórmase un circo con unha corda presa a uns paus espetados no chan.
No meio póñense os vellos loitadores que fan de xueces.
Cada loitador ven vestido cunha camisa branca e un calzón corto de cór e deixan en poder dos xueces dous anos que ha de selo-o premio da loita.
Denantes de eseomenzar a pelea prométense non empregar melguerias e loitar con lealtá.
O que trunfa recibe ó ano do seu nemico, e despois de erguel-o dúas vegadas valse con él e regálallo á nai que se festexa.
Un detalle que ten certo intrés é o rol que n-estes festas desempeñan os xastres. Como na Galicia – óllase nos contos – o xastre non é considerado na Bretaña como un home calquera, senón que lénselle como noxento pol-o seu caraiterístico oficio comopropio das mulleres pol-o seu caralter amullerado.
Somentes se reúnen co resto dos vicil n-istas festas e iso pra ter conta de que a xente non rompa as cordas e entre no circo da loita.
Pra esto dánselle unhas sartés fumadas coas que dando saltos ameazan ós que tenzoan rompel-a corda.
Na próxima nota ocupareime do casamento na Bretaña.
R. MARTINEZ LOPEZ
A EDADE DO FERRO NA GALIZA
(Proseguimento)
Da mesma época qu'o tesouro de Melide ou cecais un pouco posterior, son os dous brazaletes pechado un e con gravuras de puntos alternadas nas concavidades do gallonado, y aberto, con catro buratos nos estremos e decorado perto d'eles con liñas de puntos e dentes de lobo o outro, que foron atopados perto da Gudiña xuntamente c'unha que pode ser peza d'aprique circular, convexa e decorada con furas angulares postas ó geito de cruz (fig. 101).
Fundámonos pra datar iste achádego na sua semellanza co de Melide, que presenta asimesmo un brazalele gallonado e pechado y-oulro aberto e con catro furas nos estremos, na decoración con dentes de lobo, que si ben é cer-
(1) Dechelette, Op. cit., pag., 87.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c6/c650/c650b579-6340-4522-b123-d64732238e61/115718025.xml
XASTRERÍA
CRECENTE IRMANS
A MILLOR DE GALICIA
REAL, 28
A CRUÑA
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c6/c650/c650b579-6340-4522-b123-d64732238e61/115718018.xml
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c6/c650/c650b579-6340-4522-b123-d64732238e61/115718015.xml
NOS
e sab'os cadernos ben cantar.
qual cór non sabe por elles leer;
mais bem vos dirá quí quanto custou
todo per conta ca lle x'os comprou,
ora veede se a gram saber. (1)
Pero juro-vos que non sey
ben este Foro de Leon
ca pouc'a que aqui cheguey
mais direy-vos hud razon;
em mha terra per boa fé
a toda molher que prenh'e
logo lhi dizen con baron. (2)
Fernan Gil'am aqui ameacado
d'un seu rapaz e doestado mal;
e Fernan Gil teve-sse por desonrrado.
cá o rapaz e muy seu natural,
cá e filho d'un vylaao de seu padre
e de mais fol criado de ssa madre (5)
N-as «cantigas de amigo», composizons
de orixen popular, de fondo lirismo, que culliva-
ron cáxeque todol-os troveiros meioevales.
amóstranos Alfonso do Cotón outra das faces
das da sua i-alma racial galega: o sentimento.
Ninguen poidera adiviñar n-oulros escritos
saldos da sua pruma, a fina sensibilidade que
se abesella a través d-istes versos:
Se grado edes, amigo,
de mi, que gran ben queredes,
falad'agora comigo.
par Deus, e non mo neguedes:
Amigo, ¿por que andades
tan triste, ou por que chorades?
Pois eu non sey como entenda
porque andades coitado.
se Deus me de mal defenda,
queria saber de grado:
Amigo, ¿por que andades
tan triste ou por que chorades?
Todos andan trebellando
estes con quen vós soedes
Alfonso do Cotón é un dos troveiros mais
interesantes do Cancioeiro da Vaticana. Si os
escritos son os retratos da i-alma, a d-isle
poeta enxérgase aventureira e ardenciosa, c-a
esprito emigratorio da raza latente no seu
fondo.
A vida Iranquia e seréa da casa dos seus
antergos, sita na vella Nicraria, oxe Negreira,
non era dabondo pra conter os fortes pulos da
sua imaxinazon creadora. Deixou os seus
eidos e foise a enton brilante corte do Rel
Alfonso IX de Leon, ala pol-os derradeiros anos
do século XII.
O seu facil inxenio i-a sorprendente valeniia
do seu arte debérono de facer sobresair axiña.
ainda ali onde era xuntoiro dos mellores e
mals celebrados troveiros da Hespaña de aquel
tempo.
Alfonso do Cotón, tivo un íntimo amigo
xuglar e discípulo seu, que se chamou Pero da
Ponte. Xuntos colaboraron n-unha cantiga (2)
que ten a forma de tencon. Xuntos correron
aventuras e viaxaron por todal-as terras cris-
tianas da Peninsua. E xunlos estaban n-unha
taberna en Cibdá-Real cando de maneira tráse
xica deixou de vivir o troveiro nicrariense.
O Rei Sabio, n-uha cantiga contida no Canci-
oeiro da Vaticana (3) acusa gravemente a
Pero da Ponte de plaxiar ao seu mestre can-
do di:
Pero da Ponte, a, señor, gran pecado,
de seus cantares que el foy furtar
a Cotón.... etc.
Galicia pódese venagroriar de ter xa no sé-
culo Xll un gran humorista. Alfonso do Cotón,
Iñorado e cáseque descoñecido, e merescente
de mais fervor por parle dos seus compa-
triotas. Adiquémoslle a nosa fonda ademira-
zón.
MAGARIÑOS NEGREIRA
(1) Da cantiga número 1116 do Cancioeiro da Vaticana.
(2) Idem 1113 idem.
(3) Da cantiga número 1114 do Cancioeiro da Vaticana.
(1) Número 412 do Cancioeiro de Vaticana.
(2) Número 8% do Cancioeiro de Vaticana.
(3) Idem 68 idem.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c6/c650/c650b579-6340-4522-b123-d64732238e61/11571802.xml
NÓS
BOLETIN MENSUAL
da
CULTURA GALEGA
DIREITOR LITERARIO
Vicente Risco
DIREITOR ARTÍSTICO
Alfonso R. Castelao
DIREICIÓN E REDAUCIÓN
Sto. Domingo, 47 - OURENSE
ADEMINISTRACIÓN:
Real, 36 1.º - A CRUÑA
ABONAMENTO
Doce números, na Península 6 pesetas
Fora da Península 15
Número solto na Península 1
Na Arxentina 60 centavos
En Cuba 30
OS PAGOS SON ADIANTADOS E OS GASTOS DE XIRO DE CONTA DOS SUSCRITORES
Este boletín non publica mais orixinás qu'os que foran directamente solicitados pol-a Direición. Tampouco se fai solidario das ideas n-eles emitidos, a non ser dos que por non iren rubrados, enténdense que son da Redaución.
SUMARIO
Noiturnio IX, por E. Blanco Amor.
A interpretación da Historia e o valor do noso tempo, por Vicente Risco.
Alfonso do Cotón, humorista, por Magariños Negreira.
A vida na Bretaña, por R. Martínez López.
A Edade do Ferro na Galiza, por Florentino L. Cuevillas.
Archivo filolóxico e etnográfico de Galiza
Os homes, os feitos as verbas, pol-a Redaución.
LEA VOSTEDE A NOSA TERRA IDEARIUM DAS IRMANDADES
Administración Real, 36 - A Cruña
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c6/c650/c650b579-6340-4522-b123-d64732238e61/115718020.xml
NOS
18
res, que toda agrupación tipológica tería que resultar sempre escura e pouco esaita.
Por elo, e sin perjulzo de facer despois algunhas consideracións en col d'iste asunto, daremos en vez d'un cadro clasificador, unha lista dos achádegos por nós coñecidos.
D'esta lista escruimos dende logo a joia atopada perto d'Allariz a que Barros Sibelo chama torques, especie de crecente áureo formado por dúas meias canas que limitan unha superficie con calados feitos á lima por estimar que tal joia non é torques e creer que pertence a época posterior á Edade do Ferro y-o oujelo alcontrado en Cerdedo e mencionado por Sarralequi, de cula feitura e detalles non podemos formarnos idea clara nin pol-o dibuxo que ven nos Estudios sobre la Época Céltiga, nin pol-as escasas verbas que l'adica o seu autor, anque cecais sexa posíbel que esta joia aprousímese mais á comentada por Barros Sibelo qu'os verdadeiros torques.
Prescindindo d'istes dous elementos, e tirando do tantas veces citado artigo de Villaamil sobr'a metalurxia galega, podemos redatal-o seguinte inventario d'achádegos:
Número 1, alcontrado perto de Mondoñedo.
Número 2, de Marzán (Foz). D'ouro coma todol-os demais que van a continuación. Coberto nos dous tercios inferiores por un aramio enrolado en espiral, e decorado na parte central ispida d'il por liñas curvas de filigrana que se cruzan formando unha riola seguida de círculos. Remates en dobre escocia (fig. 106).
Número 3, da Recadieira (Mondoñedo). Seición circular e igual en todo ó anterior, sollo que sen ornamentación no centro.
Número 4, da Recadieira. Oco, liso, seición romboidal. Remates en dobre escocia.
Número 5, de Melide. Idéntico ó anterior.
Número 6, de lugar descoñecido da provincia de Lugo. Varios torques incompletos, dous de seición romboidal e con decorado a trazo e dentes, formado con puntos. Todos eles con remates en dobre escocia, presentando un d-eles, unha estrela de seis puntas grabada no disco exterior.
Número 7, de Melide. Tres elxemprares incompletos, lisos, seición romboidal con remates en landras.
Continuaráse
Archivo filolóxico e etnográfico de Galiza
(C O N T O S )
Mais consideracións en col dos contos dos xastras
No nosso número 29 fixemos, a seguidas dos oito contos de xastres que levamos publicado deic'agora, un comentario xeral tocantes á representación e concepto popular dos xastres, no folk-lore e na vida rural galega. Fa-
guiamos alí referencia ó dito corrente de que: Sete xastres fan un home. Recollimos despois outra variante, que é a seguinte:
Sete xastres fan un home.
Catorce fan un testigo.
E fan falla vintecinco
Para firmar un recibo.
Concordante no senso co-esta outra, qu'ou-
vimos cantar a un cego:
Para ladrós son os xastres,
Tramposos, os zapateiros,
Pra putañeiros os cegos,
E borrachos, os gailciros.
O concelto de que sete xastres fan un home, atopámolo idéntico en Bretaña, somentes qu'alí non son sete, senón nove os que compren. «En Basse-Bretagne - refire Hersal de la Villemarqué, no seu Barzaz-Breiz (argumento da cántiga Ar C'horred (os enanos) - on dit encore proverbialement, qu'il faut neuf tailleurs pour faire un homme, et personne jamais ne
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c6/c650/c650b579-6340-4522-b123-d64732238e61/115718012.xml
10
qué: porque coincide co medro do inteleito. A idea do progreso se non podia dar mais que no noso tempo; é unha maneira de ver cecais a maneira de ver do noso tempo. Tanto qu'unha idea mais moderna: a da evolución, idea escorretamente científica e fecunda, cando apareceu na conciencia occidental, naceu contaminada coa idea do progreso, e deu lugar a unha chea d'hipótesis ausurdas e d'interpretacións abusivas dos feitos naturais.
O mais curioso é que, sendo o progreso, por hipótese, unha cousa boa – a idea do progreso é a mais optimista que se pode dar; xa indicamos coma satisfaz a todos – viñera coincidir coa mais ruin das creacións humanas.
Digo qu'a técnica – aplicación da mecánica, do vapor, da electricidade, da química, etc., ás necesidades elementais da vida, cos seus sistemas de maquinarias e d'inxenhos diversas, quen definitiva é o que a xente entende por progreso – é a mais ruin das creacións humanas, en primeiro lugar, pola baixeza do seu rango na hierarquía natural dos valores, polo seu sol de puro medio non indispensábel – pois é evidente que se pode vivir perfeitamente sen ela – e pola case visiblemente inferior de necesidades a que atende. Segundamente, pola mesma consideración de ser medio non indispensábel, e terse así e todo erixido pouco menos qu'en fin, ou d'outro xeito, ter determinado a orientación da actividade occidental cara fins inferiores, e en realidade, si non sempre estranhos de todo á cultura, doadamente capaces d'oporse á súa realización. En efecto, o mesmo Keyserling recoñece qu'a idea moderna do progreso, na civilización técnica, “consúmese na idea de qu'o melloramento das circunstancias materiais, morais e espirituais da vida, esgotan o senso da vida”. O perigo qu'esto leva pr'a realización do senso da vida – sinificación, ó cabo, de toda a cultura – se non sabería encarecer. Afasta a actividade do seu vieiro natural, elévase a esgotar lonxe do seu fin. Terceiramente, pol-os seus efectos destrutores no orbe inteiro da vida individual e social, especialmente, pola súa acción específica na y-alma e no corpo do home, do cal hei falar mais adiante n-outro traballo. Eiquí resumirei dicindo qu'o progreso técnico é unha sobrevaloración do inferior, unha desviación da actividade, e mais unha acción destrutora.
D'eiqui que, coma recoñece Keyserling, nameral-as grandes civilizadas, nas que dá o tono o chauffeur, o bárbarotelnificado, son creentes no progreso, as minorías escolleitas, que levan varias xeracións d'adianto sobrios demais, que chegaron ó cume no desenvolvemento do inteleito, non somentes desbotan o mito do progreso, senón qu'estiman o progreso da técnica e a civilización das máquinas, como oposto á vida e polo tanto á cultura, que é unha manifestación da vida, e se volven do lado do irracional, desestimando o inteleito. E levan razón. De cote caracterizáronse os estados de civilización por unha baixa na vitalidade; mais isto endexamais se fixo notar coma no noso tempo. É qu'o progreso técnico, co seu orbe económico, acocha por baixo do seu aparente dinamismo, un principio antivital, fundamentalmente lóxico. Precisamente, Keyserling esprica o feito de qu'a civilización sea sentida no noso tempo como oposta á vida, por ese debilitamento da vitalidade.
E aponllo a dúas causas, ó meu ver atinada anau'incompretamente: que 1) o inteleito, reprimindo o irracional – que é o vital – arredouse das súas raíces vivas, e chegou a ser un poder perturbador, porque 2) esgotou as súas posibilidades positivas.
E asina voltamos ó tema indicado no final do capítulo anterior, qu'agora val ser probado. Dixen alí qu'a técnica responde a un estado morboso da nosa cultura occidental, e que non era mais filla da cultura qu'a doenza do corpo ond'aparez. Eiqui precisamente está unha das miñas reservas con respecto á teoría de Spengler. Coida Spengler qu'o noso é un estado de civilización, de decrepitude, de decadencia, estado normal, no sol-pór de todas as culturas, estado senil ó que leñen que chegar por forza. Mais eu non podo, anque queira, deixar de ver na nosa civilización algo d'anormal e monstruoso que non parez que se dera en ningunha das coñecidas. E non é somentes o elemento satánico, de que fala Keyserling, tan importante no noso tempo, senón mais ben o elemento mecánico, que ten tamén o seu conlido satánico, sen dúbida, mais qu'ainda que nono tivera, non deixaría de ser teratolóxico. Poidera acontecer qu'a visión de Spengler non fora fodo afeito esiuta, e qué, ond'il non vé mais que decrepitude, houbera moito tamén de doenza aguda.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c6/c650/c650b579-6340-4522-b123-d64732238e61/11571806.xml
2
mesmo princípio sérvelle pr'a unilateralidá do home, pois «cada luz bola as sombras correlativas». Idela esta derradeira, en estreita relación co-esta outra, por nós tantas vegadas repetida: ninguém pode criar algo vivo senão é com pensamentos que correspondam à sua personalidade». Porque se non pode auluar co alleo d'un xeito vital». No meio do alleo - os que copian - sempre din algo de seu, seja por ter comprendido mal, d'un xeito totalmente propio, o que lles trasmitiron, ou por ter mal»do o espírito vivo, desorganizando o único corpo axeitado a il, ou por ter arredado das suas esautas conelsións algún anaco isolado». Isto que o pensador báltico parece apricar eiqui os indivíduos, témolo nós dito da y-alma e da cultura dos pobos. E así debe ser tamén pra il, posto que pra il o indivíduo, despois de todo, tendo, coma é certo, a máisima importancia, non ven ser mais que o órgão da totalidade, sen qu'o que ten de singular teña valor ningún pr'os demais.
Ora, coma il quer autuar por meio dos indivíduos, e mais ainda por meio da y-alma dos indivíduos, estabelecendo primeiramente o «circo natural d'alción» (Naturlichen Wirkungkreis) de cada un, e determinando ademais a possibilidade total, o que pode ser, en orde á realização do senso mais fundo e permanente da realidade, que é fin qu'il concibe, atopámonos elquí xa co problema da liberdade humana.
Keyserling deixa fora, praticamente, iste problema, dicindo queinda quese probara unha predestinação cósmico-astrolóxica, isto non ten que ver pr'o qu'il quer, pois il xa conta con qu'iso poida ser certo, e a liberdade qu'il busca é por unha beira, precisamente a realización do fado, ou o seu aproveitamento, e por outra, aque pode ser tendo o fado por certo. Ben está, mais ainda temos que, nin a determinação da possibilidade, nin a do circo natural d'alción se poden fazer sen estudar o problema do determinismo.
É unha cousa curiosa a que pasa no noso tempo: por unha banda, non somentes está desbotado o determinismo psicolóxico dos positivistas, senón qu'ainda no mundo da matéria, a doutrina da continxencia das leis naturais, e certo relativismo filosófico — non o físico — tenden a suprimir a fatalidade mecanicista. Por outra banda, as amplas concepcións com'as de Spengler, Froebenius etc., son mais ben deter-
NOS
ministas. Spengler chega a supór unha influencia astral sobr'o desenrolo da historia. Keyserling afirma que sente fundamental a gravidade do fado cósmico... O que pasa é que chegamos a un novo determinismo.
Por dúas veces cheguei eu a iste problema; esta é a terceira. E d'esta vou resumir, e precisamente n-un senso ben imitante ó do mestre de Darmstadt.
Non hai dúbida pra min, en qu'o home é libre. Poderán os argumentos clásicos a prol do libre arbítrio, especialmente a que chaman proba intrínseca, non ser concluíntes: mais o que se funda no testemoio da conciencia, merez unha mais fonda consideración. Quén me vai convencer a min do contrario, cando me sinto livre? O qu'a isto opuxo Stuart Mill, non ten valor: adentro da escolástica respóndeselle d'abondo, coma fixo Mercier. Xa algús Kantianos afirmaran a liberdade, coma Renouvier e Secrétan, e antros modernos, W James, Bergson, Boutroux, Bostroem. Mais o que mais rexamente a estabelece é Lutoslavski. Afirma o filósofo polaco — un verdadeiro precursor, e quen sabe s'ispirador de Keyserling; eu atopo ant'iles moita semellanza — qu'o auto da vontade, nin é a deliberación, nin a decisión, nin a execución, senón un cámbeo que ven do suxeto que quer, e que concerne ó corpo, á vida psíquica ou ás outras almas: a mor parte do que facemos é sen verdadeiramente querer, obrando pasivamente; mais hai un auto de mancipación, d'auto-conciencia da liberdade - ó que Wronski chamou auto-criazón - e que trasforma a vida psíquica segundo os fins qu'o individuo se propón. É o espertamento da personalidade, que ten unha evidencia absoluta. D'iste xello, a liberdade é de seu evidente, embora se non demostrara.
Coido cousa crara qu'o home é dono de determinar a sua vontade, no querer, na iniciativa, na escolleita dos motivos. Mais, en primeiro lugar, o que poida ser libre, non indica qu'o sea en todol-os casos; pola contra, o home raramente é libre no seu querer: o querer libre é relativamente eisceucional. Segundamente, unha cousa é o libre querer, e outra o condicionado obrar. pod'o home libremente querer, mais poucas vegadas ha poder facer o que queira: unha que non é dono do éisito das suas obras, que non pode evitar que se l'alra-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c6/c650/c650b579-6340-4522-b123-d64732238e61/115718028.xml
F. ROMAN E SACO
DROGUERIA
e FARMACIA
Pereira, 19
Teléfono 28
OURENSE
A DEQUIRA
SÍNTESE XEOGRÁFICA
DE GALICIA: POR: P.
OTERO: PEDRAYO
TRES pesetas
SI LLE INTRESA
O MARISCAL
Lenda tráxica-histórica por
Ramón Cabanillas e Antón Villar Ponte
Pídalo á Administración de LAR Real, 36 1.º - A Cruña 3'50 pesetas