https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157116&posicion=1
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/bc/bcdd/bcddccc5-9704-446c-91e1-9c7f8f317d9d/11571162.xml
BOLETÍN MENSUAL da CULTURA GALEGA
Direitor Literario
Vicente Risco
Direitor Artístico
Alfonso R. Castelao
Adeministrador
ANXEL CASAL
DIREICIÓN E REDAUCIÓN:
Sto. Domingo, 47—OURENSE
ADEMINISTRACIÓN:
—A CRUÑA
ABONAMENTO
Doce números, na Península 8'00 pesetas.
Fora da Península 8'00
Número solto 0'70
Os pagos son adiantados e os gastos de xiro de conta dos suscritores
NOTA
Este boletín non publicará mais orixinas qu'os que foran directamente solicitados pol-a Dirección. Tampouco se fai solidario das ideas n-eles emitidos, a non ser dos que por non iren rubrados, enténdense que son da Redaución.
SUMARIO
As cancelas do mar (poesía), por MANUEL Bouzo.
Notas en col do asturiense na bisbarra d'A Guardia, por MANUEL FERNÁNDEZ Costas.
Libredón e a-sua historia, por J. CANEDO.
Da Alemaña, por VICENTE Risco.
Os homes, os feitos as verbas, POL-A REDAUCIÓN.
Reloxería ZENITH
MAQUINAS PARLANTES. DISCOS
AGULLAS e ACCESORIOS
M. CALVIÑO - Ourense
Vicente Risco
Abogado
Santo Domingo, 47-2º
Ourense
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/bc/bcdd/bcddccc5-9704-446c-91e1-9c7f8f317d9d/115711615.xml
NÓS
pena pol-a distancia qu'había, e de que no autobus tardaría mais. Enton voltei outra vez ao Jardim das Tulherias, Praza da Concordia e rue Royale e por fin collin o tram atras da eireja. Mais en lugar de seguir pol-o Boulevard Malesherbes, o tram colleu pol-a rue Villars. Baixei na place Pereyre, mais tiven despois que seguir unha gran rúa tranquila, que me levou já perto do Consulado.
No consulado hai, á dereita do andadeiro, unha sala d'espera con gente agaiando: obreiros, vellas, señoras mais ou menos equivocas; no andadeiro, unha mesa atrás da que se repantiga o porteiro con certa importancia, manifiestamente hespañol, e atrás d'íl, a porta de cristais d'una oficiña estilo moderno con valados de cristal e ventanuxos coma nos Bancos. Hoxe, o negocio impón a sua pauta en todo; a finanza domiña á política e a Banca ofrece o modelo que sumisamente arremedan as oficinas públicas. Tamén isto é marxismo.
O porteiro, que fala do Cónsul chamándolle co-esa encantadora familiaridade hespañola—que nonos decatamos de canto val—Don Fulano, di que García Miranda aínda non chegou, e logo colle un ficheiro onde s'apretuxan sobres de todas castas e coores, tarxetas postais e outros papelorios, e non atopa nada pra min.
Pra que falar do meu desalento ao atoparme sen ningún en París, sen novas da casa, sen saber s'o Martínez Santa O'alla estaria ou non en Bonn, se terei ou non onde meterme en Berlín, s'isto polo visto non ten intrés social? En todo caso, canto millor non estaria eu baixo d'un carballo na Pereira ou baixo d'un castiñeiro en Celeirón, que non no tram que me trouxo polo Boulevard Malesherbes car'a Madanela, todo envolto n-unha nube de mouros pensamentos!
Voltei pola rue Solferino ao Bulevard Saint Germain. Aquelo já me parez a miña casa. Ja me parez que levo anos en París; as horas renden coma non hai, e os días non se van nunca. Comín uns sandwichs e bebín cerveja n-un café, e funme meter no Hotel. Tiña que recoller o baúl na estación d'Orleans, e mercar uns poucos marcos. No Hotel encarregáronse do baúl; mail-os marcos, já estaban os Bancos pechados, porque pasaban das tres. Boteime no leito un pedazo; despois baixei e estiven sentado no hall. Aínda tiña tempo de ver Notre Dame.
Entón fun pola rue Jacob, e logo pola rue Bonaparte, e parei diante da libraría Povolovsky. Todol-os novos coñecen, polo menos d'ouvir falar, esta libraría. Poucas cousas haberá que teñan o intrés e a sugestión qu'as cristaleiras da libraría Povolovsky. Dous cadros d'un pintor de nome raro que con vergonza, nen coñezo nen lembro: uns cabalos que semellan calquera cousa. Toda caste de libros d'avanguarda, coas suas cobertas de cartel, coas suas letras que cada unha leva tanta tinta coma unha página inteira; libros d'arte judeu, chinos, japonés, egipcio, malayo, bantu, polinesio; literaturas novas ou exóticas. E por riba de todo, os libros slavos. Esa sugestión d'una portada ininteligibele n-ausoluto, mais exótica, menos adoitada e familiar qu'un libro chino ou tibetano. E aínda mais: as fermosas, as sabias letras rusas, de tan refiñada estética coma poden ser os alfabetos orientais. Eu non sei s'os bolchevikes non chegarán, no seu cego afán de novedade, a suprimil-o alfabeto cirilián, esa obra de mestre dos Apóstolos do mundo slavo, que é o mais perfeito dos alfabetos oucidentais. Capaces son d'iso, coa xenreira que lle teñen ao pasado, e seica já se tratou de consumar ise malfeito. S'o fan, causarán a Rusia o mais tremendo mal que lle podían causar. A libraría Povolovsky reconcilia a un coa arte nova. Era cousa de vir dend'Ourense somentes pra vela, e mais ainda, vir cunha camioneta, carregala de libros, e dar volta.
Ben. Seguin ao Quai Conti, pasei a Sena pola Pont Neuf e atopeime na Cite, Quai
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/bc/bcdd/bcddccc5-9704-446c-91e1-9c7f8f317d9d/115711620.xml
228
arquiteitura georgiá é propiamente nacional e qu'as suas origes deberon en parte estar nos antigos templos transcaucásicos; qu'os templos cristiaos primitivos d'Italia Francia e Alemaña, teñen os seus paralelos incomprensibles nas eirejas de Georgia, o que fai matinar qu'a arte georgiá, pol-o camino de Bizancio influíu na Europa.
Pois ben, non somentes puiden ouservar nas fotografias e deseños alí espostos, moitas semellanzas na ornamentación escultórica co-a dos estilos ditos visigóticos, asturián e mozárabe (entrelazos, grecos e palmetas) senon qu'atopei tres arcos de ferradura nas arcaturas da eireja do mosteiro de Nekressi, do século IV, dous d'eles unha miga apuntados, e o outro non, e outros dous na planta dos ousos d'outra eireja do mesmo mosteiro de Nekressi (sec. VI-VII) e da de Gawasi (sec. VI) que é de cruz grega.
Os iconos de prata dourada, os vestidos e ornamentos das pinturas murais, teñen un ar moi bizantino. Solprendentes son sen dúbida os panos bordados, obras case tcdis dos séculos XVI, XVII e XVIII, nos que o tema do enterro de Cristo repítese varias veces, tendo sempre nas catro esquinas as figuras do Tetramorfo. As letras sirven a un tempo de leenda espricativa e de motivo ornamen»tal, coma nos árabes. Son obras d'unha gran beleza.
Tamén as finas iluminuras de códices, algús moi pequenos, e d'unha escritura moi perfeita. As pinturas murais teñen ademais curiosos detalles d'indumentaria e de leenda.
Por non quereren ademitil-as conceiciós spenglerianas, os entendidos vólvense tarumba pra clasificaren e espricaren esta arte, tan nidiamente encaixada no circo cultural que Spengler chama mágico. E despoixas veñen con que se s'imita aos iconos bizantinos e ás miniaturas persas, formas todas fillas do mesmo esprito.
Wsprito é o que sole faltar a esta cencia profesional e malpocada. V. R.
ANGEL AMOR RUIBAL.
Nós asóciase de todo curazón ao doo de Galiza pol-a morte do sabio autor de Los Problemas modernos de la Filología comparada y Los problemas fundamentales de la Filosofía y del Dogma. Filólogo, filósofo e teó-
NÓS
logo, Amor Ruibal foi unha das figuras mais ricas e senlleiras da cencia galega; embora fose eiqui pouco conecida a sua obra ingente arrodeouno de cote a ademiración respeitesa de todol-os que d'il ouviron falar. Sabiase que lle non puñan medo os cumes mais ergueitos do pensamento humán. Todo n-il iba envolto no misteiro da sua modestia Se non deixou feita obra especifecamente galega, sabiase qu'a prepareba, e de todos geitos, Galiza estaba orgulosa d'il, e con razón. Agora já vai na Patria eterna e pode ollar de frente a solución de todolos arcanos. Que Deus lle dea o prémeo dos seus traballos e virtudes, e lle deixe un día contempra!-a sua Patria d'eiqui embaixo cintilar á luz do saber, do traballo e da liberdede.
CASTELAO NA BRETAÑA.
Seminario d'Estudos Galegos ten recibido numerosas pubricaciós armoricans, cheas de loubanzas pra o traballo do noso compañeiro: As cruces de pedra da Bretaña. Veleiquí o que di An Oaled:
«Hai dous países cristias no mundo onde a densidade de cruces de pedra é iguzlmente estraordinaria: a Bretaña e a Galiza. Ademais compre dicir qu'as cruces qu'abondan mais nos dous Fisterres son tan semell ints, que non sería asisado estudalos separ:damente. Por esta razón, un socio do Seminario d'Estudos Galegos, visitou a Bretaña, enantes de qu'iste Centro pubricara cousa ningunha en col dos calvarios da Galiza».
«Iste traballo, escrito en lingoa galega é o resultado de catro meses de pelerinage pol-as terras armoricáns e ha servir pra faguer coñecer no noso país un aspecto da arte popular bretona que aumentará ainda o parentesco dos dous países céltigos».
O GORSEDD DE 1930.
Tes na capital do antigo País de Pelem, os dias 23, 24 e 25 d'Agosto.
Houbo un concurso d'enseñas de comercio en bretón; outro de leitura e espricación en lingoa bretona, antre rapaces; sesión solene d'apertura, con discurso de Taldir, alboradas na gaita de Cornualles e Highlands, confrencia do Tenente Coronel Tves de Boisboissel, descendente dos antigos señores de Pelem, e cantos bretos; jornada popular, con discurso
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/bc/bcdd/bcddccc5-9704-446c-91e1-9c7f8f317d9d/11571164.xml
NOTAS EN COL DO ASTURIENSE NA BISBARRA D'A GUARDIA
CAMPAÑA DE 1929
O derradeiro ano foi pródigo d-abondo en descobertas da chamada industria asturiense.
A cotío descóbrense novas estazóns, i-o material achado é tan grande que ben seguro ningún outro nivel arqueolóxico forneceu tantas pezas en tan pouco tempo.
Car-ó Sul ensánchase o límite das estazóns coñecidas co-a de Carreço ó Sul de Ancora, descoberta pol-o Tenente Afonso do Paço, e mais a meiodía co-a de Viana-Areosa, de Abel Viana.
Ô Norte, nós verificamos que en toda a beiramar a partir de Area Grande (Guardia) deica Portucelo, onde pararon as miñas pesquisas, hai abondoso asturiense.
N-unha cativa visita, en Outubro derradeiro, á praia de Panxón, esteso areal á entrada da ría de Vigo, recollín unha poutadinha i-un curioso instrumento atípico, en coarcita branca, ben patinado, que somella un raspador. A falta de tempo non me per-
mitiu recorrer as viciñanzas onde espero, n-unha visita mais demorada, atopar o seixal ou taller d-onde sairon istes úteis.
No debandito ano, pubricanse, despois do meu modesto folleto «As industrias líticas d'A Guardia» varios luminosos traballos e notas bibliográficas sendo os mais importantes: «A estación asturiense de Areosa-Viana», de Abel Viana (1); «Estación paleolítica de Carreço», de Afonso do Paço (2) en que se anuncia un novo traballo a pubricar en col da estación asturiense da mesma localidade; e «Notulas asturienses», de R. de Serpa-Pinto (3).
Dito isto, paso a espricar as miñas descobertas no pasado vrau, nas estazóns guardesas, evitando nos obrigados comentarios facer afirmazóns, porque en Arqueoloxía cada día trai unha sorpresa.
Foto núm. 1
(1) Separata de Portucale, Vol. II
(2) Separata de «Broteria», Vol. IX. Fasc. III.
(3) Id. do Fasc. II-Vol. IV dos Trabalhos da Sociedade Portuguesa de Antropología e Etnología.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/bc/bcdd/bcddccc5-9704-446c-91e1-9c7f8f317d9d/115711611.xml
NÓS
dar múltiples compuestos latino-célticos; pero eso no es aplicable a palabras anteriores a la invasión romana, como es sin duda la de que se trata». Com'esto refírese a comunidad italo-céltiga, respecto a Liber, prescindiremos por agora d'elo pra espri-carmos os casos enantes indicados, já que estes, nos lugares en que s'amostran, son debidos a invasión céltiga tamén.
Agora, tocante ao gaélico llwybr «path, track», dime o Prof. Pokorny: «llwybr geht in einen urkelt, *lebor zurück, altir. *lebor «lang».
Berlín-Agosto, 1930.
D A L E M A Ñ A
POR VICENTE RISCO
I.—A VIAXE.
(Proseguimento)
De todos geitos compre marchar. Jantamos no cómodo e fresco comedor do Hotel, caldo, figado fritído, me non lembro que mais, compota, queixo e café, e despois de consumir estas especies do País Basco, alongamol-a sobremesa deica a hora do tren, gozando d'estarnos quedos e en paz.
O Luis Temes veu conmigo deica Bayona. Na gare d'Hendaya, vin a primeira muller pintada: dous lunares na meixela esquerda, sobre rosa. O meu cofre faime pagar 14 francos d'esceso de peso.
De camino, vemos St. Jean de Luz, Bidart (Ayer enterraron a Charles Mau'eon—en el pequeño cementerio de Bidart—Iban las mozas y los mozos de Arbonne—Y los marineros del mar), Biarritz. As casas bascas sín- guen en gran variedade deica Bayona, e a boina deica Burdeos. Ata Bayona, a liña está eleitrificada; o tren detense moi pouco, e dende Bayona colle moita velocidade. No meu departamento van dous señores: un moi polido, de fatelo gris, colo de pajarita, puños almidoados e antiparras, con seguranza engiñeiro, non podía ser outra cousa; outro tipo de francés basto.
A peisage cámbea dende Bayona: longos piñeirais, sobreiros, touza con carballos, moito toxo. Dempois unha gran chaira con piñeiros: as Landas. Unha herba aeriforme com'una polvoriña, que semella pelo de lobo. Vacas pintas, en branco e negro ou en branco e bermello. A xente ara con bois. Casas grises, moitas de madeira, baixas. Aldeias pequenas, algunhas con eireja con torre de chapitel agudo.
As casas dos garda-agullas teñen pretensiós aldeans: todas standard, por suposto. E teñen unha hortiña semellante á de Mr Boivin, chamado Boileau, o amigo e compañeiro d'oficiña do burgués Mr. Patisot.
Por fin, Burdeos. Biquí estou un pouco na miña terra: eiquí naceu un dos meus abós. Gran estación ond'o tren para perto d'unha hora. Baixei pór un telegrama e mercar uns sandwichs pr'a cea. Paseei pol-o andén: canseime, e volvín rubir ao tren. Entrou un señor ben fardado: pantalón, chaleque, chaqueta e gabán, todo do mesmo pano a cadriños miudos castano craro, fita bermella da Legión d'Honor, boina, luvas brancas, boa mala de coiro, anteollos, cara rasurada. Tirou gabán e chaqueta e ficou en jersey, tirou o cabo, os zapatos, puxo unhas zapatillas.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/bc/bcdd/bcddccc5-9704-446c-91e1-9c7f8f317d9d/11571163.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
Ano XII ★ Ourense 15 de Novembro do 1930 ★ Núm. 83
AS CANCELAS DO MAR
A Rafael Pazos
O ceo é un paxaro lorvo que come os mortos o mar d'esqueletes de mortos fondo. A lúa —medea— morde co seu pico de paxaro as almas dos mortos pra manter estrelas. —Na miña ialma hai sete esqueletes de mortos sete esqueletes de sete almas de sete mortos. Sete minas d'osos, —¡que puzo fondo!—
que choutan. A aurora lava os peitos das mozas —tristeza fonda!
Alá posto no mar o vapor comenza a camiñar é o vapor de Deus que puxan as almas dos homes pra fender o ourizonte Al... anse ver os osos dos afogados rodar coa noite t-o vapor sin pulo voltará, il solo, nubir ao mundo.
O mar na aurora é unha fola de mozas
MANOEL BOUZO
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/bc/bcdd/bcddccc5-9704-446c-91e1-9c7f8f317d9d/115711622.xml
PARDO
ÓPTICO CENTÍFICO
Preguntoiro, 32 SAN ANDRÉS 50
SANTIAGO A CRUÑA
CASA EISCRUSIVAMENTE ADICADA A ÓPTICA CENTÍFICA
FOTOGRABADO
Si quer qu-os seus fotograbados sexan o mais perfeito posibres, convenlle envialos aos
Talleres de fotograbado ESPASA-CALPE S. A.
Rios Rosas, 24-Apartado, 547 MADRID
Droguería e Farmacia MERQUE VOSTEDE
LUIS FÁBREGA Plumeiros RAFIUM
Progreso, esquina a Luís Espada De mais dura qu'os de pruma e limpan millor. Véndese en todol-os estabrecimentos do ramo
OURENSE Andrés Perille - OURENSE
BODEGAS GALLEGAS, PEARES E OURENSE
Viños finos de mesa: Tinto TRES RIOS. Blanco BRILLANTE
LOS GALLEGOS blanco e tinto
Macía e Valeiras, Apartado 18-Ourense
Sanatorio Quirúrgico de San Lorenzo
SANTIAGO DE GALICIA
DE LOS PROFESORES
D. Fernando Alsina y D. Antonio M. de la Riva
CIRUJANO GINECÓLOGO
Establecimiento dotado de todol-os elementos que exixen
a terapéutica e a hixiene modernas, situado nas aforas
da poboazón, moi cerca do paseo da Ferradura
Teléfono número 195
Pra detalles, calquera dos Direitores ou o Médico interno
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/bc/bcdd/bcddccc5-9704-446c-91e1-9c7f8f317d9d/115711616.xml
224
des Orfevres. Aínda me metín por alí ata que aboquei no Parvis de Notre Dame.
Cousa tamén coñecida, mais iste é outro cantar.
Puidenme encher por espazo d'unha hora de beleza ojival, que contén a y-alma da verdadeira Europa. O ojival é arquiteitura vivente, que semella medrar, mais que por obra d'homes, por unha forza interíor a un tempo vegetal e estraordinariamente espirtual. Vegetal e espirtual non son pra min, enténdase ben, termos contrapostos; a espirtualidade das formas vegetaís é pra min cousa que s'enxerga de seu e pal-o tanto indiscutíbele. Non abonda ademais—proba indireita—nen a físeco-químeca, nen a forza vital, nen a energía trófica, nen ningunha cousa desas, pr'esprical-a elegante delicadeza dun fento: a cencia non esprica a forma, a qual fica en troques espricada ademitindo a infusión espirtual do arquetipo no ser, cecais coma tendeza vital a realizar—cada ser individual—unha forma límite. A forma aparecería d'iste geito coma perfeizón da vida: a vida é potencia en evolución, e a forma é acto, coma se dixeramos, pois non é esta a expresión mais certeira, aínda no intre, o único doado. Imos un pouco mais adiante: a forma—esta forma—é pra ista fento qu'eiquí está, un fin, e cecais o único fin... Din que no home, a y-alma é a forma—sustancial—do corpo; mais esta forma é unha forma interior, invisibele; namentras que na planta a y-alma está se cadra na forma exterior e visibele. Nada d'isto se pode tomar no seu senso literal, mais a min seméllame craro d'abondo. E ademais coido que diste geito, ficarían espricadas tamén a arte e a estética en xeral, que viría ser algo com'a intuición da forma—e a fruición da forma.
Ora: eiquí, diante de Notre Dame de Paris, convén ouservar qu'eu son d'un pobo románico qu'endejamais comprendeu ben o ojival, de modo e de maneira, qu'o trabucamento é moito mais que posibele. Poise, a min estame parecendo arestora, qu'esto non
NÓS
foi feito, non pudo ser feito juntando pezas arredadas, pondo as pedras pouco e pouco, unha enriba da outra, traballosamente labradas unha por unha; o que m'está dando a min nos ollos arestora, é a ruskiniana lámpada da vida.
Se vou ver as esculturas, compre dicir que hai mais luz auroral d'abrente, mais ledo e podente genio, mais verdade, vida e grandeza nas do noso Pórtico da Gloria. Lembrando a rexa e sabia suntuosidade compostelán, o noso poema d'esprito petrificado, os portais de Notre Dame semellan cousa afeminada, doce e decadente. Non teño tempo nen pra inicial-o soletreo dos símbolos, dos que hai ademais unha versión esotérica que lé n-iles o texto inteiro das vedadas cencias.
Mais non é precisamente nas esculturas onde vexo alumar a límpada da vida; é aínda na parte meramente arquiteitónica das columnatas e das fenestras e dos contrafortes, n-esta geometría vivíficada e redimida da sua esquemática miseria de conceición de delineante; porqu'esta geometría áchase no paso e no esforzo subrime de se trocar en curva vital sen equación doada; áchase no primeiro pulo de rebelión contra Euclides, non en precura da hipergeometría, nen d'espazos nen dimensiós trascendentes, senon d'algo semellante a copar a escola... Emporiso, sabemos perfeitamente que todo eiquí responde non somentes a cálculo e a figura de compás e esquadra, senon tamén a un esquema simbólico compricado, mais fácile, craro e armónico, coma tamén con seguranza responde a natureza, somentes que no que toca á natureza, aínda non atopamos ise esquema... Eiquí tocamos no misteiro masónico da arte medieval, cecais fora do alcance dos masós modernos, aleixados do templo.
A todo esto, o sol vai baixando, e agora fire a Cité d'un maravilloso incendio de luz. Vólvense d'ouro ardente as fenestras todas do oucidente, e a gran rosa de Notre Dame, en momentánea realización alquímica. Aló nas pontes da Sena pasan os autos envoltos
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/bc/bcdd/bcddccc5-9704-446c-91e1-9c7f8f317d9d/11571167.xml
NÓS
O material que mais abonda n-ista estazón son as machadas de abano, que tamén se presentan con fartura nas estazóns asturienses miñotas e na citania romanizada do Trega.
preneolítica, e, por tanto, mais doado facer sobrevivir suas formas paralelamente ás industrias dos metales. Dí Dechelette (1): «En moitos puntos os instrumentos de pedra ficaron en uso despois da introduzón das ar-
Fics. 2, 3 E 4
Non podemos ademitir, sin violencia, mistura nin supervivencia de industrias, sobre todo prá citania, e mais si engadimos que o distinto arqueólogo señor Mergelina, director das escavazóns n-aquela citania achóu na dita estazón de Saa (Camposancos), en un acobillo, dúas machadas do mesmo tipo, con cerámica romana.
Isto, i-a presenza d-istes instrumentos nos mesmos niveis que o moviliario hallstatiano de Trega, son
Fic. 5
mas de cobre e de bronce. O metal non estaba á man de xentes de toda condizón i-os menos afortunados deberon pedir moitas veces ó antigo procedimento do silex, un utilaxe económico».
Na devandita citania tamén apareceron típicos picos asturienses que se conservan no Museu da Sociedade «Pro-Monte» de A Guardia.
É digno de ncta que nos mais importantes xacimentos asturienses ó ar libre aparez mistura de paleoli-
Fic. 7
as únicas afirmacións que poden facerse deica agora.
Non negamos que algúns útiles de Camposancos — os menos — presentan (como os de Funchidos, Sete Camiños i outras estazóns gardesas desviadas do mar) un bó patinado e forte sabor paleolítico, mais inda respecto a istes xulgamos prematuro manifestarnos.
Fics. 6 E 8
Craro está que si referimos istes instrumentos ó asturiense, toupamos co-a mesma dificultá, mais o asturiense é unha etapa
Fics. 9 E 10
co. Siñálase en Ciriego (Santander). En Ancora apareceron varios instrumentos (2). Na
(1) Dechelette, M. d'A. Tomo II páx. 124.
(2) Ruy de Serpa-Pinto.—O Asturiense en Portugal».
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/bc/bcdd/bcddccc5-9704-446c-91e1-9c7f8f317d9d/11571168.xml
216
estazón de Areosa-Viana foi siñalado pol-o seu descubridor Abel Viana (1).
E derradeiramente o Sr. Afonso do Paço, culto arqueólogo portugués, descubriu a es-
Fig. 11
tazón *asturiense* de Carreco, na que recolleu úteis paleolíticos bastantes a separar n-un folleto a estazón *pa'eolítica* anunciando un novo traballo sobre a *asturiense* (2).
Nas estazóns guardesas abundan as pezas reputadas paleolíticas pol-os devanditos señores. Xa o P. Jalhay apuntou a posibilidá de que fose *musteriense* unha peza da estazón dos Muíños (A Guardia), por él descoberta (3). No meu dito traballo sobre as estazóns guardesas (4) describín varios instrumentos de facies paleolítica, e taes son tamén os das figuras 14 e 15 do presente, de que xa fixen referencia.
Fig. 12
¿Non é moita coincidencia que o *asturiense* nas estazóns epigeas preséntese sempre con mistura de paleolítico?
(1) Abel Viana. — «A estacáo *Asturiense* de Areosa. Viana do Castelo». Separata de *Portucale*, Vol. II.
(2) A. do Paço. — «Estacío paleolítica de Carreco». Separata da revista *Brotería*, Setembro 1929.
(3) E. Jalhay — «La Estación *Asturiense* de La Guardia». Número 179 do B. C. M. de Ourense, páx. 183.
(4) M. F. C. — Op. citada.
NÓS
Soiamente pol-o método tipolóxico podemos separar o material paleolítico, o que non-os parez bastante pra sentar afirmazóns. O grado de patinado nada nos dí, porque os que semellan mais vellos e mais traballados son os que foron mais comestos pol-o mar.
En Camposancos, Funchidos i-outras estazóns gardesas desviadas do mar, a pátina dá ós ouxetos unha cór amarelada que non se vé nos da beiramar.
Lembremos á Dechelette (1) quen di: «Ista roca (a cuarcita) non sendo susceptible dunha talla tan regular como o silex, o utillaxe dos xacimentos do Suloeste (de Franza) presenta a miudo un aspeito primitivo».
Fig. 13
E Goury (2) dí falando da distribuzón do
Fig. 14
*asiliense* i-outras industrias *mesolíticas*: «Despois, de eiquí e de alá, xacimentos, aínda pouco coñecidos, cuia facies industrial
(1) Dechelette — «M. d'A». Tomo I, páx. 85.
(2) G. Goury. — «Origine et evolution de l'Homme», páxina 358.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/bc/bcdd/bcddccc5-9704-446c-91e1-9c7f8f317d9d/11571166.xml
214
A peza representada na figura 1 é un intressante eixemprar de furador, ben retocado e patinado, presentando gume en todo seu contorno. A punta que nós consideramos furador, ben poidera ser un pedúnculo.
A fig.ª 2 amostra un pequeno furador de 30 ™/m na meirande dimensión. O da fig.ª 3 ten a mesma técnica que os da foto n.º 1.
Outro curioso útil derivado d-unha lasca é o da fig.ª 4; ten gume casi todo arredor, con unha muesca intenzoal, ben afiada, que é, sin dúbida, a parte útil do instrumento.
A fig.ª 5 representa outra lasca c-unha punta central entre dúas escotaduras con fío. Coidamos ser istas as que xogan o principal rol n-iste instrumento.
A fig.ª 6 é unha lasquiña de 67 ™/m de longo, apuntada en ángulo diedro que lembra un buril auriguacense. A mesma técnica presenta a peza da figura 7, en meirande grandor, 105 milímetros.
Tamén é intressante a faca da fig.ª 8. Ten 85 ™/m e amostra un gume perfeito, que, ollado de fronte, segue unha liña sensiblemente reita.
Fig.as 9 e 10.—Son dúas pezas aplainadas de 75 e 74 ™/m respectivamente, presentando punta n unha estremidá e gume na outra.
Fig.ª 11.—É un pequeno pico, simétrico, de 65 ™/m de outo.
Foto núm. 3
Fig.as 12 e 13.—Dous picos procedentes da Arca Grande e de feitío non señalado deica agora.
Por último, as figuras 14 e 15 amostran dúas machadas amigdaloides, análogas a outras recollidas nas estazóns asturienses portuguesas e guardesas. Teñen a talla bifacial das améndoas acheulenses, e son consideradas do paleolítico inferior polo señor Afonso do Paço (1).
CONSIDERAZÓNS
O P. Jalhay parez ainda incrinado a considerar paleolítica a estazón de Camposancos do Dr. Fontes (2). Lamentamos non concordar co-a opinión do sabio jesuíta.
(2) Op. cit.ª pág. 7.
(3) Broteria—Núm. de Nadal de 1929. Notas bibliográficas.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/bc/bcdd/bcddccc5-9704-446c-91e1-9c7f8f317d9d/115711623.xml
A hixiene nos nenos
é a garantía da sua saúde física e moral o día de mañá.
No diario aseo dos nenos empregue o
“Jabón Sales de la Toja”,
único que ás suas altas calidades meiciñás xunta toda a finura e prefume d'un xabón de tocador.
Contribuie ó perfecto desenvolvemento das criaturas e evita o perigo da escrófula e o raquitismo.
JABÓN
LA TOJA
ÚNICO EN EL MUNDO
O Xabróm da Toxa
é o mellor.
Honra á Galicia no mundo enteiro
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/bc/bcdd/bcddccc5-9704-446c-91e1-9c7f8f317d9d/115711617.xml
NÓS
n-unha gran poeira d'ouro. O sol de frente cega, baixo dos arbres, e o serão ten un cheiro fresco e sotil. Diante d'iste lumioso final de día a gran orquestra, d'esta magia de coor que viste a París, o peso de dous días inteiros de tristura e canseira qu'encollía o corazón, desfaise na leda lumiosidade, e o corazón ceibe chouta e canta e bate as ás n-unha súpeta ledicia e n-un enlevamento miragreiro: tod'o meu corpo está traspasado de luz e iste solpór soberbamente fermoso piñtou o arco da vella nas negruras da miña y-alma.
Volvendo pol-o Quai des Orfévres, co sol de frente, voltaban a min tantos días idos que tiveron unha hora igual a esta n-esta mesma hora, hora fresca das tardes de vrau en qu'o sol dá d'esguello nos arbres e cheira a jardín, e os nosos pés pisan area de jardín, e acenan espranzas no volta da estrada. E n-un instante, de que saín do Parvis de Notre Dame deica chegar ao Pont Neuf, vivín de novo todol-os días aqueles logaritmecamente, coma nos soños.
Ceei no hotel: déronme ollomol e carne d'esa cortada. Despois, encarreguei que me chamaran ás seis e meia, e que me tiveran un taxi, paguei e fun ao café des deux Magots, onde tomei café. Estaba cheo: na terraza, estrangeiros; dentro, rapaces novos iguais aos de todas partes.
Hai já no mundo un tipo uniforme de rapaz novo, non desagradáb'e, pero insu'so, que na Hespaña, gracias á americanización da face masculina obra da Gillette, e á decadencia do almidón, se non difrenza moito do tipo dos señores vellos; mais eiquí o contraste é moi forte: a generación dos vellos franceses que pasan dos cincuenta anos semella ser outro pobo difrente do que forman os de trinta pra baixo. Tanto colo de pajarita, tanto clavillo na cravata de nó feito na frábica, tanta barba, tanto cabello con carreira, tanto chaquet, tanta roupa de corte antigo... Son com'os señores d'Ourense d'enantes da guerra de Cuba. Ademais, avéllanse moito mais.
Hainos de tipo moderno e elegante, pero un pouco recomposto, e ademais, case todos conservan os bigotes pol-o menos, e moitos as barbas. E da outra banda, os rapaces novos, que todos semella, eiquí e alá, que se visten en tendas de roupas feitas, todos de colo brando, todos rasurados, todos penteados pra trás. Tipo standard, roupa standard, mentalidade standard.
Por fin víñenme ao Hotel. Durmin pouco e mal. Ouvín dal-as seis; ás seis e meia víñeronme chamar. Prepareime e baixei pol-a escada de caracol. Xa estaba ali o taxi, carregaron, e á la gare du Nord... Ruas e ruas sen xente, luz de mañán nebracenta, fresco e sono.
CAR'ALEMAÑA.
Arranjado todo na estación longa, grande e porca, fun precurar aló no cabo o meu tram, e metínme n-un bó coche de segunda, con tornos pr'os abrigos, e letreiros en francés e alemán: Nicht hinauslehnen!—Ne pas se pencher au dehors! Rube un alemán de tipo ordinario. Despois, mais xente. E podo ouvir a primeira frase en alemán: Un dos que ruben busca unha praza, e o alemán responde:
—Es ist besetzt!
Arrancamos, e deixando París, por antre railes, ringlas de wagós e toda sorte de ferrollos, emprincipiamos a correr pol-os prados e leiras estesos pol-a chaira, pol-os bosques onde nos metiamos ás veces, por antre verdes pasteiros con vacas pintas, negras ou bermellas, por diante de casas mais rústicas e meirandes que no W, cada unha con dúas chamineas no cumio do tellado, unha de cada lado, por diante de xente que traballaba a terra con cabalos percherons... Eu iba meio adormentado. Lembro confusamente Saint Quentín, e a chegada d'un francés que viña vel-os pasaportes. Despois já non foi topenear, senon durmir afeito, ata qu'acordei na fronteira belga.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/bc/bcdd/bcddccc5-9704-446c-91e1-9c7f8f317d9d/115711613.xml
NÓS
hoxe, cecais mañá; ata mañá á unha, non pode saber s'eu teño cartas. A casa do García Miranda, nona sabe...
Despois d'esta ducha, din a volta. París encomenzaba a resultarme nemigo e revoltante a min, que tanto tempo vivía da sua sustanza.
Tina que maldicer d’iste movemento d’autos, que fan tan arriscado o cruzar unha rúa, que se pode dicir qu'en cada cruce joga un a vida. Hai moitos autos moitos, moitos, moitos, infinitos, e a gente da pé anda a fugir d'iles espavorida. A sensación é talmente de qu'os autos andan à caza do transeunte, de que se botan atergo enriba d'ill qu'o persiguen, qu'o acosan. Já o Temes me dixéra que empeza a preocupar seriamente iste trafego, que París já non pode conter tanta gente: é meirande o contido qu'o continente, e o número de disgracias, arripiante. Despois o cheiro da gasolina, que por eixempro nos quais da Sena, é por tempos afogador.
Voltei por fin ao Boulevard Saint Germain, e fun jantar a un restaurant que se chama Auberge belge. Comín ben: ovos, jamón, cerveza... Estaba canso, e case me puña medo botarme de novo a andar. Determínei de non surtir hoxe da Rive Gauche. Fun tomar café nos deux Magots. Case todol-os qu'ali había eran estrangeiros: falaban alemán, inglés, probabremente idiomas slavos. Volvín pasear: vin surtir da Sociedade de Geografía un tipo estupendo, outo, de longas guedellas grises pol-os hombreiros e barba deic'a cintura, na man un imenso chapeu. Non sei porqué, pensei se non sería Stanisles de Guatía, cuio nome vira no anuncio d'una conferencia. Vin de longe a torre Eiffel, guitare du ciel, dont 'a telegraphie sans fil attire les mots com'un rosier les abeilles, e as torres de Notre Dame. Vin librarías, mais era domingo e estaba todo pechado. Na esquina da rue Bonaparte, había tres cristaleiras con cadros modernos d'ises qu'ainda qu'un queira lle non quedan a un na cabeza. Percorrín a rue d'Abbaye, a rue
Jacob, todol-os cais d'esta banda da sena. Quai Malaquais, Quai Valtaire, etc, e alí andiven ollando libros nos postos. Cheguei a ter unha calambre n-un pé. En fin, na mais espantosa soedade, sen me poder sentar sen que me custara cartos, sen sabel-a hora qu'era—porque podíame ir sentar da outra banda, no Jardín das Tullerías, mais se me deixo estar aló, perdo o tíno do tempo, e ademais, pode chegar a medrar tanto iste espantoso movemento, que despois me non estreva a pasar—decidín ir pra o Hotel.
Cheguei, e francamente, aquil longo couloir do portal semelloume sospeitoso. Leváronme á habitación: escura, alfombrada de vello, c'un vello sofá e un leito e todal-as cousas d'un lujo deslocido, coma se foran mercadas de vello, usadas, sudadas, co pó incrustado a forza de pasar anos no sitio, algo dino das mais fedentas páginas de Zola e de Huysmanns, no meio das suas pretensiós. Dixén tranquiamente qu'eu alí non durmía, paguei, collin equipage, e fun en procura d'outro hotel. O serán rendía pra todo: aínda había sol pra unha hora ou dúas. Na rue de l'Université, din c'un Hotel de l'Intendence de bon tipo, e mozo de frac; hall elegante, relativamente e longo mostrador. Surtiume unha ha Mademoiselle alta elegante, de loito, moi fina, cunha fermosa face páleda, moi espiritual ao parecer. Rubeume no ascensor a unha mansarde, mais crara, limpa, con duas feestras, mobles case novos. Eiquí pod'un quedar. Escribín duas ou tres cartas, descansei un pedazo, baixei, deixei as cartas no comptoir, e fun tomar un bock no Boulevard Saint Germain. Eran as seis menos carto. Demorei alí deica as sete e meia, vendo pasar gente e autos e mais autos, e manífecos autobuses; fun logo cear ao Auberge belge, e despois á Sociedade de Geografía ouvir unha conferencia teosófica.
O salón cheo. O confrenciante, un señor de barba e lentes, un francés común, que dixo as mesmas cousas que din todol-os folletos de propaganda teosófica. Despois da confrencia
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/bc/bcdd/bcddccc5-9704-446c-91e1-9c7f8f317d9d/115711621.xml
NÓS
do Marqués de l'Estourbeillon, cantos bárdicos con acompañamento de harpa, unha representación teatral, concurso de danzas e traxes; retreta noiturnía; sesión do Gorsedd Kuz; por fin, o Gorsedd Digor, en Lam ar Roc'h, levando o com-boud o druida Abalor (Le Berre), a espada d'Artur, Telen Aour (La Guichardiére,) a vaina, C'honil Dero (Iam Garel), o corno da abundancia, Karevro (Even) e a media espada, o ovato Potr Goelo (Dr. Menguy), e recibindo a investidura de druida o capitán escocés Jam-MacAlister Moffatt- Pender (Mab Perinaik) e pondo a ceremonia baixo o patronato da y-alma do P. Gregoire de Rostrenen, autor bretón do século XVIII.
Din que foi das mais fermosas festas que ten celebrado a Sociedade dos Bardos e das de mais grande éisito. A imprensa bretona e a de París concedéronlle grande atención, e o Gorsedd Digor foi filmado pol-o novo aparello sonoro de Pathé-Consortium, co que a lingua bretona dará a volta ao mundo.
A farándula tradicional foi guiada pol-o alcalde, Le Bonniec e pol-o diputado Marqués de Kerouartz. A vila toda engalanada pr'a festa.
A y-alma céltiga trunfa.
LIBROS
CATALUNYA ENDINS, por Joan Estelrich, Barcelona, Llibreria Catalonia, 1930.
NDA non hai moito que tívemos ocasión de falar de La Qüestió de les Minories nacionals, d'Estelrich. Joan Estelrich ten estudado con predileición iste asunto e trátao con estraordinaria autoridade, faguendo d'il unha esposición crara e justa. Agora, n-iste libro novo, cinguese áo problema catalán, collido n-algús aspeutos qu'atopa reveladores d'unha crise da concencia civica catalana: crise do libro, crise do público, crise do carau'e, que diz se producíu en Cataluña dend'a Dictadura e dend'a escisión d'Acció catalana. E' un libro de polemista, valente, sereo, que fai a crítica da actuación do catalanismo nos tempos dictatoriais, sen perdoar nen á dereita nen á esquerda, e que sinala unha actitud no autor, de gran outura moral e forte e sentido patriotismo.
Libro tan metido en Cataluña e nas suas intimidades, que resulta de non doada leitura pra que non estea moi ao tanto dos moitismos acontecimentos de todo orde de que n-il se fala. Propiamente pra catalás: unha sorte d'ensame de concencia, e d'esproración psicolóxica, tan preciso sempre en todol-os pobos, e que tan preciso nos sería a nós.
«O catalán semella moi craro visto de longe ou n-unha primeira visita... Vistos de mais preto ou de longe, c'unha certa costancia, já encomenzan a desconcertar... Mail-os que vivimos dentro e ouservamos o noso pobo e meditamos a cotío nas condiciós dos catalás, chegamos a perder toda idea crara de conjunto, chegamos a non comprendel-a nosa psicoloxía colectiva». Verbas que semellan escritas pra Galiza... Mais non escapan tan doadamente os catalás á crarísima inteligencia d'Estelrich.
Din qu'iste é un libro escrito en contra do confusionismo político, e na Revista de Catalunya, engade Domenec Guansé que en contra das esquerdas. Cecais non seña asina. E si o é, será porque aló com'eiqui, é nas esquerdas onde mais domina o confusionismo político. En todo caso, sería en contra das esquerdas e non en contra do esquerdismo. Porque precisamente, Estelrich insiste moitas veces na necesidade de non desbotar a ningún partido, senon d'aproveital-o labor de todos na obra común do catalanismo.
Ainda unha mostra mais de lucidez política.
LOS PAZOS GALLEGOS, cuaderno VI Vigo. Editorial P. P. K. O. 1930.
CONTÉN iste cuaderno vistas e deseños heráldicos dos pazos de Vilacoba, Anceis de Drozo, Gimonde, Armuño, Amarante, Laxe de Monterroso, Outeiro, Hospital d'Incio, Casaldereito, La Billerma (A Villerma?), Castro, Piñor, Quintans, Rua Nova, Rubianes e Sotomayor, en compañía d'estensas notas históricas e xenealóxicas que lle sirven d'ilustración.
Imp. NÓS - Linares Rivas, 50 - A Cruña
Nova obra de Euxenio Montes
Versos a Tres Cás o Neto Volume XXXVII de NÓS 8 pts.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/bc/bcdd/bcddccc5-9704-446c-91e1-9c7f8f317d9d/115711610.xml
LIBREDÓN E A SUA HISTORIA
POR J. CANEDO
Un sabio menos coñecido entre nós do que debera ser, o Profesor Dr. A. Amor Ruibal, encarregoume hai pouco que vise a historia da palabra Libredón, da que quixera tratar brevemente.
O Sr. Amor Ruibal indicaba as múltiples oscilacións reinantes no latín medieval: *Libredón* de *Liberum donum*, *Liber-domnus* (por *dominus*), *Libero-domno*, etc. posibeles dentro da fase latina, e que tivo ocasión de impugnar oportunamente. Interpretaba *Libredón*, por *Llwybr-dunum* en significación de Castro o pueblo del Castro (a la letra, Castro de los caminos). El *dunum* es la palabra celta bien conocida y usual en varias denominaciones de lugar. *Llwybr* es, en welsch, camino frecuentado, o lugar asendereado*.
A miña opinión personal é qu'o nome *Libredón* foi traguido pol-os celtas a Galiza en tempos prerromanos. Pol-o seu sinificado e composición sintáctica, é céltigo, pois nunca se podía chegar a unha tal formación nos idiomas itálicos, anque *Liber* fose común a iles, identificado co deus Pan.
Si asentamos agora a forma original céltiga de Libredón, teremos *Liber-dunum* por *Libero-duno-n* co sinificado de «castro, fortificación, castillo de Liber». Está localizado actualmente en *Liverdun*, dep. Meurthe-et-Moselle, arrond. Toul. cantón Domèvre. *dunum* aparez en múltiples compostos to-
ponímicos de natureza céltiga, como *Augustidunum* <*Augusti Montem*> (gallica lingua *montem vocari dunum*), *Lugdunum* <*Mons Lugdunus*> (*Lucu-dunos*), etc., etc. Ptol. 2, 2, 9 *dunon*, en Irlanda, *Castrum Donum*, etcétera. Tácito, Ann. III, 43, siñala as sonadas escolas de *Augustodunum*, a antiga Bibractís, onde toda a mocedade galesa viña estudar (chamadas *escolae maenianae*).
O nome propio *Liber*, ocupándonos somentes dos tempos posteriores á comunidade italo-céltiga, podémolo ouservar nos casos seguintes: *Livré*, dep. Ille-et-Vilaine, arrond. Rennes, cantón Liffré; *Libry*, dep. Calvados, arrond. Bayeux, cantón Caumont. *Corp. Inscr. Lat.* XII, 593: *Libero patri* (Nimes) 3078: *Deo Libero patri*[?] *Severus Secundin*[?] *filius f.*, etc. *Liber pater* (Saint-Jean-de Garguier en Géménos). Na Italia, prov. de Milán, distr. Lodi, eisiste o lugar *Livraga* de *Liberi aca* de M. Liberius.
O latín *Liber*, «deus da vegetación, da procreación, da plantación» e o osco gen. *Lúvfréis* <*Liberi*>, tiveron puntos de comunidade originalmente co-as formas céltigas mencionadas. Cf. tamén Servius, in *Georg.* I, 7: «*Quamuis Sabini Cererem Panen appellent, Liberum Lebasium*».
«La divinidad pre-aria *Liber* —di o señor Amor Ruibal— como otras muchas griegas y latinas, vino ciertamente a través del Panteón romano, identificada con el dios Pan, a
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/bc/bcdd/bcddccc5-9704-446c-91e1-9c7f8f317d9d/11571165.xml
NÓS
Cómpreme insistir sobre a importancia das estazóns guardesas pol-a abondanza do material lítico.
Según o Sr. Abel Viana, no seu dito notable folleto «A Estação Asturiense de Areosa Viana» (1), ista oferce pra mais de 4.000 instrumentos. Mentras a cuantía poida ser así limitada, coidamos seu número moi por baixo do das estazóns guardesas. Non embargantes, en outro artigo do mesmo arqueólogo, sobre «Arqueologia do Alto-Minho» publicado no jornal «Notícias de Viana» (2) dá como recollidos deica aquela data, na estazón Areosa-Viana, 4.730 exemplares, i-en-
dixen n-un meu anterior traballo (1) que istas estazóns son talleres, onde o home asturiense fabricaba seu material, que logo abandonaba pol-a abondanza da materia prima i-o simples da talla.
Istas lascas foron en gran parte aproveitadas como úteis de fortuna, e moitas d-elas amostran señales de retoque. Mais, algunhas presentan talla intenzoal pra convertilas en furadores, facas i-outros.
As fotos 1 e 2 amostran diversos furadores (2). Algúns poden parecer dubidosos pol-o traballo do mar, mais na meirande parte a talla non oferce dúbida. Moitos mais
Foto NÚM. 2
gade que a estazón pode ainda fornecer o triplo ou o cuadruplo sin facer escavações.
Iste é mais razoável, e, n-iste estado as cousas, non é doado, nin será en moito tempo, saber cual é a mais rica estazón.
NOVOS INSTRUMENTOS
Sendo tan considerable a cuantía das pezas traballadas, é, naturalmente, moito meirande o número de lascas desprendidas. Xa
(1) Op. cit. pág. 7.
(2) Número 98-Fecha 26 Outubro 1929.
apareceron despois de tiradas as fotografías, inda que a búsqueda non foi persistente.
O primeiro exemplar da foto n.º 3 é unha interesante punta, esmeradamente retocada que non calla co traballo tosco das outras.
O Sr. Abel Viana, no seu devandito traballo, amostra algúns pequenos furadores da mesma técnica e feitío que os guardeses. Non embargantes, n-istas derradeiras vemos mais variedade de tipos, que, deica agora, non foron sinalados nas portuguesas.
(1) M. F. C. Op. cit.
(2) As dimensións poden calcularse, xa que o duplo decímetro non saiu na fotografía, pol-as do primeiro instrumento da foto n.º 1, i-o segundo da número 2, que os teñen anotados.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/bc/bcdd/bcddccc5-9704-446c-91e1-9c7f8f317d9d/11571169.xml
NÓS
parez facer revivir culturas paleolíticas antigas*.
¿Non sucederá algo semellante cós xacementos asturienses?
camada e con fauna característica. Entón si que podremos, por comparanza, separar o paleolítico —si é que o hay— nas estazóns asturienses.
Fig. 15
Pra nós é noxento ademitir tan repetidas misturas.
Non é que neguemos o paleolítico en Galiza e Norte de Portugal. Estamos convencidos da sua existencia i-esperamos vel-o xurdir d'un momento pra outro na sua propia
Mentras tanto, coidamos millor esperar.
MANUEL FERNÁNDEZ COSTAS
Vigo-Marzal de 1930
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/bc/bcdd/bcddccc5-9704-446c-91e1-9c7f8f317d9d/115711619.xml
NÓS
sage doce e un pouquiño amaneirada. E despois Liége, coma sempre, gótico e industrial. Na estación merquei uns sandwichs, pagando en francos franceses. Aínda nos leva tempo pasar Bélgica, e levaba unha fame adoe-
cida.
As casas que vexo teñen todol-os tellados moi pinos coas consabidas dúas chamineias, e fenestras de croisée pintadas de branco sobr'un fondo gris escuro. Hai algunha mansarde. No campo, lindos pazos, estilo chateau, con torres, hedras e jardís.
Alternan os traieutos agrícolas e os traieutos industriás. En moitas estaciós, o tren non para.
Agora ja non quedamos no departamento mais que tres alemás e mais eu. Os tres alemás son: o que rubeu en París e que ven de Lisboa; outro alto, bó mozo, típo señoril, moi ben fardado, persona fina, que leva un ollo tapado con seda negra; e outro de gafas con típo d'infeliz, qu'asegún reza a sua mala, é o Dr. R. T. Van antriles falando, e eu non entendo nen tan xiquera unha verba.
(Continuaráse)
OS HOMES, OS FEITOS, AS VERBAS
A ESPOSICION D'ARTE GEORGIAN EN BERLIN.
AS esposiciós púbricas feitas en Berlin n-esta tempada — Esposición do vello Berlin, Esposición en lembranza do poeta Walter von den Voga'weide, etc.—cecais ningunha tan intresante com'a d'arte georgin, aberta nos baixos do Museum fiir Vólkerkunde IT (antigo Kunstgewerbemuseum) pol-a Sociedade alemáa pra o estudo da Europa Oriental, e o Comisariado d'Educaczón popular da S. S. R. de Georgia. O seu principal intrés está en qu'ise pobo era eiqui— coma di o soado escritor Stefan Zweig— «vergoñentamente descoñecido».
A Esposición contén obras dend’o século IV ao XVIII, d'arquiteitura, pintura mural, prata repujada, bordado e miniatura. Trátase case escrusivamente d'arte religiosa. As
arquiteituras están presentadas en fotografías e deseños, e as pinturas murais en reproduciós a toda coor e do grandor dos originais. O Prof. Dr.Georg Tschubinaschwili escribeu unha intrcdución á Guia da Esposición na qual trai curiosa notizas en col da arte georgiá, e fai consideraciós tocantes á sua importancia pr’a historia da arte cristiá primitiva. Di que n-esta, unha das custiós mais controvertidas é a da formación da cúpula, e tocantes a isto, fala das casas labregas de Georgia, que teñen sobr'un espazo cadrado, coberta cupular, construída en madeira. Na Esposizón hai deseños d’unha d'estas casas, que por certo amostra nas trabes com'adorno, a rosácea exagonal idéntica á dos nosos mobles e jugos de bois e o mesmo as entalladuras en triángulos e zig-zag.
Pol-a sua parte, Essad-Bey, n-unha breve noticia en Die Literarische We't, di que a
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/bc/bcdd/bcddccc5-9704-446c-91e1-9c7f8f317d9d/115711624.xml
AGUAS DE MONDARIZ
FUENTES DE GÁNDARA Y TRONCOSO
Propiedad de los Sres Hijos de Peinador
Véndese en todas las Boticas, Droguerías, Hotels, Depósitos d'aguas minerás, Restaurans e vagós-camas de todos los tres.
Estas augas, de sona universal son o remedio enxebre e eficacísimo cand'un quer combater o Artritismo, a Diabetis, Desnutrizón, Obesidades diversas, doenzas do Aparello dixestivo, Anemia e Neurastenia
Riquísima auga de mesa
gaseada naturalmente
Mondariz-Baneario, áchase á de 35 Km. Vigo
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/bc/bcdd/bcddccc5-9704-446c-91e1-9c7f8f317d9d/115711612.xml
220
sacou unha petaca, e un jornal, alcendeu un pito e púxose a ler. Despois colleu unha manta e unha almofada e deitouse ao longo do asento. Eu fun escribindo na mesiña ata que cansei. Despois comin os sandwichs; despois tírei a chaqueta e os zapatos, corrín as cortinas, apaguei as luces, deiteime debaixo da miña manta, e..:
Acordei perto d'Orleans. Imos pol-a gran chaira á perte de vue. Despois d'Orleans, la-
Perfil basco leptoprosopo Perfil basco teutonolde
veime e púxeme en traje de día. Despois lembro somentes a linda peisage d'Etampes, e a primeira máquina agrícola.
PARIS
Ninguén m'agardaba no Quai-d'Orsay. Cecais debera ouservar, en ousequio dos pasmés, que rubín pol-a escada giradoira, que por certo ten tanta sona, qu'en Berlín, ond'hai varias, ouvín falar d'ela. Ben. Entón fun á oficiña d'información perguntar por un Hotel. Había alí un probe portugués a quen non entendía ninguén; naturalmente, ofrecinme dintérprete: o probe home precuraba un tren pra Hendaya, que non había deica a noite. Desolouse todo. Pergunteille se tiña diñeiro pra jantar, díxome que sí. Entón, despois de m'informar eu, agarrei carteira, maletín e manta, e fun onde me dixeran, alí perto, Hotel des Etrangers, rue de Beaune. Ja no portal, vín qu'era cousa ruín, mais por non andar cos chismes ás
NÓS
costas, pedin unha habitación pra esta noite, e alí deixei quedar todo.
Era domingo, e había qu'ir á misa. As ruas desertas. Unha campáa soaba perto, e guiado por ela fun pol-a rue Bonaparte, dar a Saint Germain des Prés. Eireja c'uns cantos séculos d'historia enriba. Moita xente, gran suizo, Conserge de frac, con cadea ao pescozo, cara moi imitante á d'un amigo meu de Pontevedra, misa moi ben cantada no coro e outra rezada no fondo do ouso románico, colecta no ofertorio.
Despois fun almorzar alí de fronte, na esquina do Boulevard Saint Germain, no Café des deux Magots. Logo, seguin todo o Boulevard deica o cabo; pasei por diante da Sociedade de Xeografía, ond'había anunciado pra aquil serán, cultos mormons, e unha conferencia da Loge unie des Theosophes. Os mormons levan un nome simbólico: Les Saints des Derniers Jours. Simbólico e cecais proféteco: quen sabe s'os crentes en Cristo non seremos de certo os Santos dos Derradeiros Días! Cheguei ao quai e á Ponte Solferino, paseino entrei no Jardín das Tullerías, avistei o obelisco de Luxor, e entón atopeime na Praza da Concordia.
Tan de tarxeta postal, tan de Portfolío de El Imparcial e tan d'ilustración de La Ilustración española y americana, que francamente, comprendo que Don Benito Fernández Alonso s'entretivera, con gran indignación d'Eduardo del Palacio, en decirlle chistes en galego a un vendedor de postais...
Din a volta. Na Ponte Solferino, perguntei onde caía o Boulevard Malesherbes. No Boulevard Malesherbes está o Consulado de España, e no Consulado de España, está García Miranda, ademais eu dera na casa as señas do Consulado de España pra que m'escribiran; arestora debía ter alí algunha carta. Dixéronme que na Madeleine, e aló volvín. Andiven todo o Boulevard Malesherbes, deica o 165. Pechado. Chamei, e saíu un porteiro que semella francés e é español: García Miranda iña en Madrid; cecais chegaría
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/bc/bcdd/bcddccc5-9704-446c-91e1-9c7f8f317d9d/115711614.xml
222
vin que dediante da tríbuna había dúas mesas onde vendían libros teosóficos sen importancia. N-unha d'elas había unha señora e dous homes. Un d'istes era un rapaz aínda novo, loiro e guapo, de tipo moi distinto e elegante e aspecto sorridente e simpático, mais campión de tenis que teósofo. A min fixome moitos cumpridos, todo pra me dar unha folla de propaganda da Loge unie des Theosophes. Na outra mesa había cinco señoras moi emprifolladas, unha d'elas outa e guapa, sorte de beatas da boa sociedade. Tamén alí unha señora vella e recomposta, bastante simpática me sonríu e falou moi cumprideira. Merquei por dous francos un Bhagavad Gita, tradución d'Emile Burnouf, que non foi mala feira de todo.
Tomei outro café nos deux Magots, e funme deitar tristemente, na miña pequena cama de metal, na miña mansarda.
Cando baixei pra o outro día, lús, pola escaleira de caracol ao hall do hotel, eran as déz. Quixen ir vel-o Museu Guimet, e efeitivamente, asegún as istrucións que me deron no hotel, fun pola rue Bac ao Quai-d'Orsay, e seguindo todol-os cais da Sena ata a Pon e de Jena, paseino—e já non quero dicir con cantos traballos e perigos tod'iste camiño— e atopeime nos fermosos xardíns do Trocadero, cheo de señoras e de nenos. Com'as señ ras visten todas ben, e os nenos son case todos fermosos e ben coidados, resu'ta que toda semella xente ben. De fronte tiña a to re Eiffel e a gran avenida; mais aquelo todo era cousa já vista, coñecida, repetida e sabida de carretilla, que já daba noxo. Pode qu'a decadencia indubidábel de París na consideración da xente, penda en que já o viron todos, o que non na realidade, nas guías e nos albums. D'iste xeito, já non hai quen ature istes moimentos que aínda hai vint'anos eran pasmo do mundo; París chegou a causar na xente a fatiga da repetición costante e reiterada e insistida; chegou á vulgaridade; esta parte, que sen dúbida é a mais moimental perdeu toda importancia, porque
NÓS
non pode solprender a ningúen. E así con todal-as outras cousas: París fartou ao mundo. Foi se cadra a millor cociña ideolóxica, artisteca e literaria, mais arestora os estímagos requiren outra mantenza mais ordinaria, e París já non entende de pratos fortes e sigue abusando das especias.
Semella que pur eiquí non hai tantos autos: en troques levan mais presa os que andan. A circulación en París non está ben organizada. A xente da pé anda toda c'un medo cerval: desencaixan os ollos mirando pra os coches qu'os veñen perseguindo asafiadamente, e corren coma coellos. O dito: é unha verdadeira caza. As veces aparez un señor moi teso, moi yo me lo soy, afeito ao tráfico da gran cidade, que dispreciando o perigo, bótase de valente, e pasa moi dino, adispacio, dono de sí e dono da situación, ollando sereo pra un lado e pra outro, ao seu paso, sorteando os autos con estraordinaria abelencia, con aguda vista e cálculo maravilloso; já pasou os dous tercios da rúa: de súpeto todo aquil severo continente e familiar naturalidade fugeu n-un espertigo de pánico, e o señor bota a correr espavorido e gana desatentado a acera, onde para, pálido de terror, pra recobralo respiro e normalizal-o bater do corazón anguniado. Salvou a vida por milagre. Canto caídaco ten qu'haber en París!
Gustoume a rue Tokio, e sobre todo as ruas curtas e solitarias, de pazos, que dan a ela; por elas non andan autos. De qu'atopei a praza de Jena, fun ao Museu Guimet, mais com'era lús, estaba pechado. Valat'o diaño! Tomei un café alí perto, me non lembro do sitio e din volta outra vez á Rive Gauche. N-unha parada d'autobuses, farto já de cruzar ruas por camiños marcados con cravos prateados, custandome mais traballo qu'aos Israelitas pasal-o Mar Roxo, determiñei de coller un pra ir á Madanela, onde vin n-un mapa que surtía un tram polo Boulevard Malesherbes; mais un señor qu'ali estaba agardando, convenceume de que non valía a
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/bc/bcdd/bcddccc5-9704-446c-91e1-9c7f8f317d9d/115711618.xml
226
Rubiron dúas vellas con tipo inteiramente de peisanas. Levaban seus correspondentes cachanitos, que coma moitos que se ven en París, caxeque pretendían ser de moda. Eran dous cestos culeiros do grandor d'unha testa de muller, co cú hemisférico e tinguidos de negro. Despois levaban abrigos deica os pés, mais no wagón sacéronos e ficaron c'uns jerseys de punto un pouco folgados. Logo zugaron laranjas, e a y-auga escoáballes pol-o papo e pol-os dedos. Co-elas iban dous señores de millor tipo qu'elas, señores vellos de vila, un pouco menos apaisanados. Falaban francés e semellaban boa gente. De súpeto anunciaron o paso pol-a alfándega belga. Todos apresa, baixamol-as malas, deitámolas nos asentos e abrímolas... Apareceu unha sorte de carabiñeiro outo, moreno, d'ollos craros e bigote rojo, d'uniforme gris e un outo chacó de gran bisera. Moi simpático e moi fino. Non fixo mais que ollar ou faguer qu'ollaba por encima:
—Rien à déclarer?
—Rien.
Saudou militarmente, e foise. No pasllo namentras, berraba un rapaz novo, gu'po e simpático, algo que non se ll'entendía. Seica era pol-os pasaportes. Levaba un uniforme case negro. Démosll'os pasaportes, miiou, devolveu e sigueu berrando por ali adiante. Todo cousa de segundos. O tren já vo'via a andar.
Agora unha peisage linda, algo de cromo, con montes, casas típicas, lameiras con vaquiñas pintas, rios, pontes de ferro, pontillós rústicos, penedías. Todo inteiramente industrializado, mais amostrando esa alianza da tradición co progreso já ouservada no Pais Basco, coa conservación de todo o que é típico e diferencial, sen absurdos mimetísmos, o qual indica a outa idea de sí mesmos que teñen istes pobos, idea na que pende a sua grandeza.
Logo Charleroi: frábicas e frúbricas e mais frábicas; chemineias e carbón; ferrollos de todas castes e feitíos; aparellos estranos; enormes moreas d'escorias con aparellos enriba; total-as fealdades do mundo, e ao longe agullas góticas e chapiteis; e d'iste geito tempo e tempo. Todo un longo camiño por varias estacións e de cote antre frábicas e ferrollos e de cote perfis ojivais no longe. Toda Bélgica debe ser d'iste geito. Vou remarcando a alianza da arte gótica cos ferrollos industriás, síntese das terras do Norte. Semellan as dúas formas superpostas da y-alma d'unha raza loira e un pouco fría.
Ollemos e consideremos ben o gótico e o industrial—que tamén ten unha face caracteristeca, e tamén é, en canto reportorio de formas, unha arte—son dous espíritos—o espírito é ao millor a surface da y-alma—ou son un só? El hai unha verdadeira contraposizón formal, de feitío, ant'arte gótica—nun senso xeral e en conjunto—e a máquina? Lembro certas gravuras e iluminuras medievais, góticas, qu'arestora non podo determiñar individualizadamente, representando en especial ruas de cibdades, nas que figuran unha chea d'aparellos e mccanismos, grúas mais ou menos rudimentares e por alí adiante, que con seguranza non desdín moito do qu'eu vin en Charleroi. Somentes co-as dúas images unha a caión da outra poderíase indicar-a miña idea. E' moi posíbel ademais, e isto os qu'estuden a historia da técnica poderano dicir, que mo'tas das nosas maquinarias d'agora sean as descendentes direitas, as formas derra'eiras d'evolución, de mecanismos já empregados na época gótica, sen que teñan esprimentado un cámbeo na sua esenza mecánica ou física. A min paréceme qu'isto tén unha importancia chave, na historia e na teoría da cultura. O que non quero é que sirva de justificación estética das máquinas o buscarlles un parentesco fidalgo co estilo ojival. Esaú e Jacob tamén naceron d'un parto.
Nas estacións belgas hai pouca xente, mais a que hai é leda, simpática e rideira, e non se ll'entende o que fala.
Ven logo un traieuto agrícola coa sua peí-