https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ba/bae8/bae8991e-122a-4d2e-85d7-b0a3adaafa56/115710427.xml
Borrador OCR local de apoyo. Úsalo solo como pista débil cuando la imagen sea ambigua; si contradice claramente la imagen, prioriza la imagen:
Do
AMbiscanse dende o outo do castro, o val de Vilamarín, os Chaos de Amoeiro e as fragas onde ten nacenza o río Barbantiño.
DEFENSAS—O castro non ocupa soio o cume do outeiro, como ocorre case de cote, se non que a totalidade de il foi utilizada pra fins defensivos, debido indudalmente A sua cativa outura. A circunstanza de esistir no remate do monticelo unha esgrevia penedía, impedíu que os costrutores aplainasen o cume en toda a sua estensón, cinguindose a formar na veira do oeste, ceibe de penedos, unha 6 modo de terraza de 32 metros de longo.
As abas foron terraplenadas moi pinas, caíndo n-un pendor grande dende unha outura de 18 a 25 metros en col de dous fosos de 5 metros de ancho, fornecidos das suas correspondentes escarpas, que se poden observar aínda na banda do leste e sobor de todo na do sul. No resto da volta istes fosos deberon desaparecer ben 6 desmantelarse as fortificazóns castrexas, ben esborrallados pol-os traballos agrícolas.
MENSURAS—De xeito ovalado mede iste castro:
Do norte 6 sul. 80 metros. Do leste 6 oeste.... 62 id.
OBSERVAZONS—No se ollan ningúns vestixios de construzóns de pedra. Na aba do leste, atópase unha cova artificial, escavada no gneis do monte, que ten 4 metros de longo, por Ide ancho e mais de 1'50 de outo e que se encontra coberta en parte por unha grande laxa. Conécese ista cova no país co nome de Cova da Moura ou Cociña da Moura.
FOLKLORE—Un veciño de Orbán cuio nome non recollimos danos a referenza seguinte:
«Unha veciña de Framéán tiña, con perdon, seis porcos e todol-os días lle desparecían sen que a muller soupera por onde lle andaban.
Mais pasou que un día que iba cara a Todalvia, viunos no castro c-unha moura que Nes estaba a dar millo miúdo. A muller bricouse alá a-un istante en precura dos seus animaes e a moura dixolle que se lle daba un de iles, habíalle de manter oito. Mais a muller, que iba que botaba lume, contes-
NÓS
toulle que non, e a moura deixoulle que marchara en paz cos seus porcos.
Pasado isto, a veciña de Frameán mandou unha filla, que lle chamaban Teresa, pra o monte cos da vista baixa, mais como non voltaran A casa A hora que adoitaban voltar, a muller saiu a buscar a filla e os animaes e iba berrando:
—Teresiña..... Ai, Teresifia!
E como de unha vez berrara dentro do castro, ouviu unha voz que saia debaixo da terra e que decía:
—Unha asada e outra cocida.
BIBLIOGRAFÍA— Inédito.
(Catalogado por Vicente Risco, Arturo Noguerol, Arturo Suárez e Florentino L. Cuevillas.)
Número IV CASTRO DE MUGARIZA EMPRAZAMENTO—Na provincia de Ou-
rense, Concello da Peroxa, Freguesía de Armental. Ocupa o cume de un outeiro des-
Enalo, dos metros,
viado 250 metros da veira direita da estrada de Ourense a Lugo e que está case a carón do castro de Framean.
DEFENSAS — Ainda semeltándose iste
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ba/bae8/bae8991e-122a-4d2e-85d7-b0a3adaafa56/115710422.xml
NÓS
la denomiñanza á impresión producida en toda a cristiandade pol-os terremotos que nos séculos III e IV esborrallaron a dita cidade siria, orgullosa rival de Roma, sede de moitos concilios e ilustre cuna do nome cristiano.
Fora das lembranzas carolinxias, hai na tradición da lagoa de Carragal, tal e como nos foi referida, unha misturanza de outros dous elementos que non deixan de ser interesantes. É o primeiro o relativo a patada do cabalo de Roldán e o segundo fai referencia ó aumento da dura da luz do día, que iste héroe pede e consegue dos poderes celestes.
A patada en custión, cuia sinal non-os foi amostrada, non debía ser outra cousa que unha sinxela esmonadura de unha peneda, de forma mais ou menos circular e debida seguramente a un axente natural.
De iste xeito serían tamén as sinaes de outras patadas do cabalo de Roldán e do cabalo de Sant-Iago cuías tradicións di ter recollido Murguía en territorio da Galiza, anque non precisa o lugar da colleita, e da mesma crás eran tamén as que nós ollamos no Salto do Cabalo (Serra de Penas Libres, Vilardevós, Verín) e na citania das Laxes das Chás (Oimbra, Verín) debida a primeira a un espanto da besta que montaba un soldado cando foi ali acometido por unha grande serpe ou dragón e a segunda ó propio cabalo de Sant-Iago (1), así como as do castro de Couso, freguesía de Santa María de Couso, perto de Pontevedra, onde se ollaban, dixéronnos, as ferraduras da besta do Santo Patrón.
Relatos semellantes atópanse a fartura en Portugal, referentes a penedos onde, según o decir da xente vense as pegadas da Virxe, de certos santos ou de homes ou animais lexendarios e asimesmo na Francia, onde non fallan as pedras que teñen gravurados os pés da Virxe María ou de San Martiño (2). Coidamos con Dechelette que o conxunto de istas crenzas debe aporse a unha orixe litolátrica desfigurada pol-a sobreposizón de elementos cristiáns.
En canto á prolongazón do día por unha hora despois do sol posto, temos que precurar a sua fonte primitiva no miragre de Josué, anque non sepamos se tal elemento incorporouse direitamente dende o Antigo Testamento ó noso folklore ou se o fixo por intermeio de algunha canción ou romance por nós desconecido.
FLORENTINO L. CUEVILLAS e FERMÍN BOUZA BREY.
(Continuará.)
(1) F. L. Cuevillas, «Papeletas arqueolóxicas e folklóricas da bisbarra de Verín» revista NÓS, n. 36, 1926.
(2) Dechelette, «Manuel d'Archologie Prehistorique», volume I, páx. 378.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ba/bae8/bae8991e-122a-4d2e-85d7-b0a3adaafa56/115710430.xml
SANATORIO QUIRURGICO
DIREITORES
Manuel Peña Rey
José Mosquera Blanco
Ginecologia e Partos
Cirugía geral
Especialista na gorxa, nariz e ouvidos
Situado frente á Alameda do Cruceiro, ten toda-las condiciós precisas. —Prautícase toda crás d'operaciós.—Dotado de todol-os adiantos que pide a autual Cirugia.—Modernas instalaciós de RAYOS X pra diagnóstico e RADIOTERAPIA superficial e fonda con voltaxe de 250.000 voltios. —Aparello de Diatermia pra tratamento de Auexites, procesos inflamatórios, reumatismo, etcétera. Lámpara de cuarzo pra sol d'altitute e ultra-violeta pra tratamento d'escrofulosis, raquitismo, alopecias, eczemas, etcétera. Admítense embarazadas, e cóntase con material esterelizado pra fora da cibdade en casos d'urxencia. —Poden colaboraren todol-os compañeiros, previo consentemento dos direitores.
BODEGAS GALLEGAS, PEARES E OURENSE
Vinos finos de mesa: Tinto TRES RIOS. Blanco BRILLANTE
LOS GALLEGOS blanco e tinto
Macia e Valeiras, Apartado 18 - Ourense
Droguería e Farmacia
LUIS FÁBREGA
Progreso, esquina a Luís Espada
OURENSE
MERQUE VOSTEDE
Plumeiros RAFIUM
De mais dura qu'os de pruma e limpan millor. Véndese en todol-os estabrecimentos do ramo
Andrés Perille-OURENSE
F. ROMAN E SACO
DROGUERIA
e FARMACIA
Pereira, 19
Teléfono 28
OURENSE
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ba/bae8/bae8991e-122a-4d2e-85d7-b0a3adaafa56/115710410.xml
e as costas d'Albeiros e Fontemayor. O seu centro é o campo de cabaceiros que serve de praza e lugar da Bergueira. O rego formado nas nabeiras e lameiros da veiga d'Albeiros na sua porción S vai precurando un leito fixo, estreitado por muros, coberto de parras, mais con pozarcas e lentura de leito fluvial, inda nos vraus mais enxoitos. Os pontillós, pasales, aceras e traballos defensivos indican a importancia da corrente nas invernías, mantida cas que baixan das costas, sobretudo da de Fontemaior e Outeiro.
Mais por baixo das casas de Pexes e das bodegas do Quintairo, cambea a topografía. O val afúndese e diversificase supetamente estreitado á dreita pol-os cotos de Portela e Faracho. A quebrada nas Lamas figura xa un fondo val que se xunta co do regueiro da Bergueira en terra Punxín. É o término da Fareixa, sin pobos, alternando entras costas, carballeiras, lameiros e viñas, en baixada esporente ó Barbantiño. O regueiro da Bergueira n-outro tempo facía moer un muíño (do Ruzo) por baixo do Quintairo, tres
ou catro meses do ano. O que baixa das Lamas de Cimadevila non ten canle fixo. A grande vexetación e traballo figuran eiquí modificando a laboura das augas apesares da incriñación dos terreos. Istas quebradas da Bergueira e Fareixa forman a mor porción das terras das campanas abaixo.
e) As costas.
Soilo consideraremos as do S e do SW, pois xa temos falado das súpetas baixadas dos cotos car'o Formigueiro e Barbantiño. Pol-o S, a costa do val do Miño disponse n-unha fonda quebrada á que seguen na dircición do río derramamentos pouco artellados. A quebrada chámase en conxunto, do Medelo, e divídese entr'as parroquias de Trasalba e Palmés. Os chaos d'ista que lle dan fisonomía carauterísteca rematan no coto pue leva o propio nome de Medelo e na porción mais outa o de Serán, e baixan ó fondo da quebrada por incrinadas costas penedosas. O valciño ten a cabeceira entr'as dúas parroquias e espállase mais na de Santa Cruz d'Arrabaldo, onde leva o nome de Val. O regato chámase primeiro a Rigueiriña ou Regueiro de Vilaverde. Pol-a parte de Trasalba está domiñado por esgrevios e pequenos outeirales dend'os que arrodeian o lugar de Monteasnal hastra os que baixan dend'as terras de Fechos. Monteasnal mira pra Palmés e Fechos pra Santa Cruz. A regata do Medelo recolle outras
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ba/bae8/bae8991e-122a-4d2e-85d7-b0a3adaafa56/11571049.xml
NÓS
musgos e liques e do maquís de texo e xesta. Mais en toda a rexión, a modificación mór aparesce imposta pol-o traballo labrego. Hai terras saniñas, areosas, ou pedregullentas, distinguíndose as de agro, herdade, touticeira e monte.
d) O val da Bergueira e o seu contacto coa rexión dos chaos (fig. 4).
Pra mór craridade d'esposición, trocaremos un pouco o orde fixado, pois a zona de derrame da rexión dos chaos ou agros co val da Bergueira forma unha das mais intresantes da parroquia e convén precisala denantes de tratar das costas. Os chaos pol-o Poente baixan en escosta maina ó N, mais forte ó S, car'o val da Bergueira, seguindo o progresivo escavamento do dito val na dirección indicada. Dende Albeiros, inda
(fig. 3)
ó pé do Rodeiro, e logo pol-os termos do Outeiro e Cimadevila, o releve descende en terras ben desemellantes das dos chaos. Imposto na aba dos cotos do Rodeiro, por termos de Outeiro, Fontemayor e Cimadevila, o releve descende en terras labregas, de nabeíra e lameiro, ben desemellante das dos agros. A erosión das augas correntes ningunha costante mais forte nas invernías e treboadas, tende a criar un pequeno sistema de quebradas consecuentes e subsecuentes como é lei nas terras moles i-encostadas. Mais pol-o pouco vagantío da rexión e sobretodo por apricarse n-ela dende lonxanos tempos, un forte traballo labrego, o mais intenso da parroquia, apenas se marcan feblemente os lombos dibuxados pol-os camiños adoitados das augas. Seguen istas liñas de lameiros, de nabeiras, e mais xeneralmente as dos camiños. Con todo, pódense indicar dúas principás: unha ó pé do Outeiro e Fontemayor e outra ó SW do lugar de Cimadevila (as Lamas). O camiño central da parroquia, que enfía o campo da feira, o silar da eirexa e do adro e algúns campos cu prazas de lugares, dianteiras de casas ou cruces de camiños, segue en xeral hastra Cimadevila, a zona da que agora tratamos. Inda s'amostra ás vegadas algunha touticeira ou laxes (Córrega) mais en xeral, é boa terra de sangue que garda a lentura, amiga do millo, da horta e do lameiro, farta d'augas de puzo ou de mantanial corrente, e o qu'importa notar, contida e discipriñada pol-o traballo dos homes qu'en grande parte impiden o acarreio do torrón car'o val. Por isto é feito xeral qu'os eidos teñen mais fondura no fondo que na cima. Os muros, os canos pra dispor as direiciós das arroiadas e aproveitalas, por elas e pol-os estercos que levan, deteñen ou varían o natural traballo d'erosión. Ó pé d'Outeiro e de Fontemaior (término do foral antigo das castañas, nos lameiros de Fontes, na horta da Reutoral e dos pazos de Cimadevila, nas nabeiras das Lamas e Xesteira) atópanse dos millores torrós agrícolas, ben espostos ó sol e onde apenas canta o arado. Pol-a parte do Outeiro e Fontemiaor convírtese simpremente n-unha das costas do val oposta á penedosa do coto de Portela, mais por baixo de Cimadevila, un cinto de soutos e algúns agromamentos d'outeirales (lugar de Penouzoás) forman o verdadeiro tránsito ás terras fondas.
Xa temos dito qu'elas se dispoñen naturalmente en dous segmentos: os vals da Bergueira propiamente e da Fareixa, percorridos pol-a mesma liña d'erosión criadora de formas mais ben desemellantes pol-o seu caraute. A Bergueira figura unha conca antr'os derrames do coto de Portela e Campos
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ba/bae8/bae8991e-122a-4d2e-85d7-b0a3adaafa56/115710411.xml
NÓS
afluentes por onde baixan as augas invernizas, sendo a principal pol-a parte de Trasalba, a das Lamas, difrente da que corre ó fondo da Fareixa. Por frente ó val do Miño (términos de Fechos e das Conchadas) o labio dereito amóstrase com’unha costa dividida en dous lombos pol-a pequena regata, encostada, chamada costa dos Mortos, qu'apenas s'afonda na entrana da peneda. N-estas costas medran os esquistos do NÓS, formando as pizarras a cuase totalidade do monte das Conchadas.
No ángulo formado pol-os vals do Miño e Barbantiño, iste monte das Conchadas e os seus derrames car’o W acougan os bos terreos de Soutomanco, lugar que preside a ribeira, pra logo baixar en costas pouco artelladas ó Barbantiño e ós fondales da Fareixa e da quebrada das Lamas, que xa temos esposto. (1)
RAMÓN OTERO PEDRAYO.
(Continuará.)
(1) No número que ven daremos os mapas correspondentes a iste traballo.
Prehistoria e folklore da Barbanza
Pra R. Martínez López, Manuel F. Sendón, Xosé Outciro Espasandin i-Enrique F. Sendón, ca nosa gratitude.
O PAÍS
Seguindo a direizón mais frecuente nos plegamentos galegos, esténdese a península da Barbanza do norleste pra o sudoeste, entre as rías de Noia e de Arousa, afectando unha forma alongada que remata n-unha meia lúa determinada pol-os cabos Falcoeiro e de Corrubedo. Ten de longo uns 34 quilómetros, non chegando ós 20 o seu ancho máisimo entre os esteiros da Ulla e do Tambre. (Véxase mapa)
Alcontrase formada esta península por terreos graníticos, agás dúas pequenas faixas de estratos cristiáns de 2 a 4 quilómetros de ancho, que situadas do norte ó sul van, unha de elas de Noia a Rianxo e a outra dende o Son deica 2 quilómetros ó norte da Puebla, ollándose tamén nas partes baixas e veciñas ó mar, pequenos depósitos aluviaes e nos entrantes da recortada costa fermosas praias, entre as que é merecente de espezal menzón a de Corrubedo, posta na parte concava da meia lúa terminal e prestixiada pol-a presenza de dunas de outura considerable.
O accidente orográfico máis importante da Barbanza, constitúeo a serra do mesmo nome, inxente macizo de pedra de grá, con outuras que atinguen cotas de algunha considerazón (O Troite, 815 pés; Os Forcados, 744 pés; A Curota, 535 pés) e que comenza despois dos montes de Confurco e remata na Curota e nos Forcados, quedando entre ela e o mar unha orla de terras baixas, que se ensancha no suroeste entre as abas pinas e penedosas de aquiles dous cumes e o mar de Corrubedo, abríndose alí unha chá, ben patente sobor de todo na banda da freguesía de Oleiros, onde se erguen monticelos de cota flebe (Montes de San Alberto, Cidá, Taume, etcétera.)
A serra barbanceira de abas moi pinas e fragosas en total-as vertentes remata n-un penichán dondamente ondulado, ispido por completo de arboredo e coberto de ericas e cistaceas (Carpazas, nichas, foupas) e de farturentos prados naturais de gramineas e legumiñosas, onde pacen en estado case salvaxe greas de vacas, de cabalos, de cabras e de ovellas.
Fórmanse istes prados de preferenza nos sitios fondos e húmidos, onde teñen nacimento as correntes de auga que dan orixe a algúns ríos como o Barbanza e o Coroño que verten na ría de Arousa e o Sieira que
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157104&posicion=1
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ba/bae8/bae8991e-122a-4d2e-85d7-b0a3adaafa56/115710421.xml
XII, XIII e XIV, debeu ser tan grande que moitas das cidades que se coidan asolagadas nas lagoas galegas levan os nomes de Valverde ou Lucerna, sendo tamén dino de ser notado o caso de que nos fís do século XV aínda se facía en Portugal contemporánea de Carlomagno a invasión da Galiza pol-os árabes, asegún se olla n-unha intresante historia debida a Eustaquio de la Fosse, (1) natural de Tournay, que feito prisoeiro polos portugueses cando andaba a comerzar nas costas do oeste africano e traguido a desembarcar a Cascaes, conta como os mariñeiros referíronlle que no meio do mar había unha illa encantada e feita invisibel por un bispo de Portugal, que fuxiu pra ela con moitos que o seguiran cando os sarracenos domearan Granada, Aragón, Portugal e Galiza, nos tempos do emperador Carlomagno.
Boa proba asimesmo do espallamento e penetrazón do noso pobo pol-os motivos do cicro carolinxio son certas tradicionais como a localizada en Mones (Petín, Valdeorras), en que tres mozas perseguidas por San Roldán, choutan de un pulo por riba do río Sil, e o héroe non podendo alcanzalas convírteas en tres pedras brancas botándolles un feitizo, e tamén na abastanza de romances e historias que circularon e aínda circulaban hai poucos anos, pol-a Galiza e pol-o norte de Portugal, e das que viu Sarmento un eisemprar que levaba o curioso tidó «Memoria e lembranga de hum papel que vieu de Barbaria e que trouxo un portugués que veieu captivo» onde asegún verbas do propio Sarmento liase «que o rei Pepino deixou muitas fazendas enterradas no nosso paiz, cando por ca andou com a sua mulher Lidiana Mugem Venida.» (2)
E pol-o tanto iste caso de intromisión do cicro carolinxio no noso folklore un caso ben craro de infruenza da literatura (miragres, canzóns de gesta, seudo Turpin) criada a favor dos pelerinaxes a Compostela e amostra o espallamento e quentura popular que por aquiles séculos tiña nas dúas
(1) Cesareo Fernández Duro, «Viaje por España, Portugal y costa de Africa en el siglo XV», B. de la R. A. de la Historia, vol. XXXII, 1898, páx. 17.
(2) Martins Sarmento, «Materiaes para a arqueologia do Concelho de Guimaraes» R. de Guimaraes, ano de 18%, páx. 18.
NOS
Galizas todo o referente a sepultura do Apostol, sendo dino de notarse que no século XIII un xograr castelán facia dicir a Carlomagno: «Adobé los caminos del apóstol Santiague.» (1)
Ora, sería de verdadeira importanza pra o etnógrafo e pra o prehistoriador o comprobarse moitas das lendas galegas en que aparecen Carlomagno, Roldán ou doce Pares, non son desfiguranzas de outras esistentes anteriormente e sobor de todo pór en craro se as localizazóns de Lucernas e Valverdes en certos lugares do noso chán, obedecen soio a esistenza de lagoas, ou se como quer Murguía, temos que ollar n-elas o ronsel de antigas habitazóns palafíticas. É iste un punto que a ren conduciría discutir, ata que un traballo metódico de esprorazón poña en craro si en Reirís, Carragal, Antela, Doniños, etc., esistiron ou non cidades lacustres e cinguirémonos pol-o tanto a citar a tidó informativo un caso do que fala Martins Sarmento, localizado no campo da Ataca (Guimaraes, Minho) en que unha fantástica batalla entre «os Maus e os Pares de Francia», ponse no canto de un auténtico combate alí librado nos primeiros tempos da independenza de Portugal. (2)
E non remataremos iste comentario sen dicir que non total-as cidades asolagadas da Galiza o foron por Carlomagno. Unha hai na freguesía do Lago (Maside, Carballiño) que foi mergullada nas augas por certas fallas de caridade que os seus habitantes tiveron ca Virxe María, a coal decretou o seu afundimento co ista fórmula pintoresca:
Lago, te asolago o de enriba para embago. (3)
Tampouco todas istas cidades chámanse Valverde ou Lucerna e aínda por veces istes nomes andan xuntos con outros. A vila asolagada na lagoa Antela leva o nome de Antioquía, e a historia do seu mergullamento está relazoada co martirio de Santa Eufemia e Santa Mariña, debendo seguramente aque-
(1) No fragmento de Roncesvalles topado no Arquivo provincial de Pamplona. Véx. o estudo de Menedes Pidal na R. de Filología Española, vol. IV, cuaderno II, Abril-Xunio 1927.
(2) Martins Sarmento, op. e loc., cit.
(3) Ista notiza como a de Mones (Valdeorras) da coal ven unha variante na «Galicia» de Murguía, debemos a amabilidade do ilustre folklorista Vicente Risco.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ba/bae8/bae8991e-122a-4d2e-85d7-b0a3adaafa56/115710429.xml
no Museu Arqueolóxico d'Ourense, e procede d'unha eirexa da diócese, sen que nos houberan acrarado de qual. Agás a fermosa testa, que ten a sua coor natural, coma tamén a mau que sostén o libro, o demais, libro e roupaxe están n-un dourado antigo xa perdido en moitos sitios.
A segunda é a Virxen da O, e está na eirexa parroquial de Sant'lago d'Allariz, no altar lateral da Epístola. Caraiterizana a aititude, a espresión do rostro, eo feito de ter no peito o Esprito Santo e o sol debuxado no ventre. O policromado d'esta imaxe, é moderno; pois foi repintada, asegún as nosas noticias, no século pasado, e está feito de boa mau. A devoción popular a esta imaxe é moi grande; as mulleres en trance de parir adoitan mandarlle unha vela de cera pra qu'estea acesa namentras saen do paso.
Xan de Juni, o autor presunto d'estas imaxes, pasou moito tempo por ser italiano (coma tal o dá Dieulafoy, L’art en Espagne et Portugal) ou pol-o menos coma discipulo dos mestres italianos. Hoxe dano coma flamengo (xa Cean Bermúdez no Diccionario de los arquitectos, lle chamaba holandés) nado arredor do 1507, e tendo deprendido a arte da escultura en Francia, sin que haxa datos pra supór qu'estudou cos italianos. Semella que colleu sona dend'as suas pirmeiras obras. Don Pedro Alvarez da Costa, bispo do Porto, chamouno a aquela vila pra que lle fixera o Pazo Episcopal. Logo, nomeado bispo d'Osma, levou co-il a Xan de Juni, que fixo alí o retábulo mór e o trascoro da catredal. Traballou despois o artista, coma'arquiteuto e escultor, en León, en Valladolí, onde fixo o Enterro de Cristo da Capela de Mondoñedo, no convento de San Francisco o retábulo de Santa María la Antigua e outras obras, e en Medina de Rioseco, onde fixo o retábulo da Capela dos Benavente e un San Xeromo de barro cocido na eirexa de San Francisco. Tamén se supón qu'estivo e traballou en Santlago, e da sua estada en Galiza poidera ser proba a eisistencia eiquí d'estas imaxes. Xúntanse n-il o naturalismo flamengo e a infruenza italiana. Morreu en Valladolí en 1577.
Os homes, os feitos, as verbas
A FESTA DO LIBRO EN CATALUÑA
A Festa do libro en Barcelona constituiu un novo timbre d'orgulo para a relevante cultura de Cataluña. Según temos lido nos xornaes da cibdade condal, na data d'aquela festa vendéronse alí unhos trinta mil pesos de libros. D'eles, a maoría, escritos na lingua catalana. Os mercadores facían cola As portas de moitas libreirías e c'os seus paquetes na man lembraban 6s país que portan xoguetes para os nenos a noite de Reis. Taes referencias collemos da «Publicitat» e da «Veu de Catalunya». Pro a librería que mais negocio fixo—cousa que se comprende doadamente despois do devandito—foi a que leva o nome de «Catalonia». N'esta, somentes, Santiago Rusiñol tivo que firmar unhos cincccentos libros seus.
Non aconteceu o mesmo en ningures, dentro da Hespaña. E na nosa Galiza, xa non digamos. Aquí os mercadores foron poucos, como de cote, e de libros galegos, menos. Ben é certo que hai libreiros na nosa terra que inda se negan a venderen obras galegas. E libreiros houbo asimade, n'algunha vila d'aquí, que se negaron de xeito terminante a rebaixar o tanto por cento que o Goberno ten pregado atodos que o fagan na data da Festa do libro.
De Cataluña, hoxe como sempre, ven o bó exempro para o resto da Hespaña. Barcelona sigue sendo a metrópoli peninsuar mais dina de exercer hexemonía. Digan o que queiran os «gaceteiros» propagadores da absurda idea de que Madrid sexa o meridiano intelectual de Hispanoamérica.
Obras son amores, e mentres tódal-as inquedanzas políticas, literarias e sociaes xurdan en Barcelona con xeito europeo, primeiro que na parásita vila cortesán, nosoutros temos que mirar mais hacia Cataluña que hacia Castela. D'outro xeito demostrariamos non ser moi asisados. A. V. P.
FOTOGRABADO
Si ten intrés en que os seus fotograbados sexan os mais perfeitos posibres, convenlle envialos aos Talleres de fotograbado ESPASA-CALPE S. A. Ríos Rosas, 24-Apartado, 547 MADRID
Imprenta NÓS. Real, 36-1.º. A CRUÑA
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ba/bae8/bae8991e-122a-4d2e-85d7-b0a3adaafa56/115710418.xml
NÓS
desbotado de moblario que nós non chega mos a acadar.
A CITANIA E A MÁMOA DO MONTE «A CIDÁ»
E O FOLKLORE DA LAGOA DE CARRAGAL
(Véxanse no mapa os números 1 e 2)
EMPRAZAMENTO. — Erguese o monte «A Cidá» a un kilómetro ó noroeste de Santa Uxía de Ribeira, por riba mesmo da praia de Corrubedo, moi perto da lagoa de Carragal i en termos da freguesía de Carreira. Anque a sua cota non é moi considerabel, é tan ollosa a sua situazón, que dende il albiscase toda a veiramar oeste da Galiza, dexergándose po-lo sul o monte de Santa Tegra que está por riba do esteiro do Miño, as entradas das rías de Vigo e de Marín, co cabo Silleiro e as illas Cíes e Ons e grande parte da ría de Arousa; e pol-o norte a ría de Muros e o lombo azuado do cabo Fisterra.
A CITANIA.—Remata o monte «A Cibdá» n-un curuto de abas pinas e penedosas (fig 1) por total-as vertentes, agás na do noroeste que é mais lene, indo a bater a unha e as outras n-un escalón inferior de pouco ancho e que cai longo en pendente donda nas veigas que arrodean o monte.
O recinto fortificado do castro (véxase a pranta e alzados da figura 2) colle soio o curuto terminal que foi aplainado de intento en toda a sua estensón agás nas bandas sul, suleste e leste, onde unha rexa morea de pedra de grá que alí existe, debeu ser aproveitada a modo de forte acropole natural.
As obras defensivas consisten n-un sinxelo valado, oxe coberto de terra que arrodea o curuto e que sobresai n-algúns lugares mais de dous metros, estando n-outros case por completo esborrallado. Ista sumaria fortificazón dupricase na banda do noroeste, a mais flebe de seu, por un ô xeito de antecastro de 70 metros de longo por 10 de ancho maisimo, que se alcontra protexido por un valadiño do mesmo grandor e aspeito que o denantes descrito.
En toda a área central do castro, que mede 105 metros no diámetro maor, do norte o sul, e 70 no pequeno do leste ó oeste, alcóntrase abastanza de cachote, procedente en parte das canteiras que alí foron e son es-
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157104&posicion=4
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ba/bae8/bae8991e-122a-4d2e-85d7-b0a3adaafa56/115710426.xml
NÓS
cerces non afroren á superficie, que houbo alí casas de abondo, que se repartían ó parecer por igoal nos dous recintos que deixamos descritos.
O xeito cadrado da parte norte de iste castro, fíxonos matinar no seu aproveitamento serodio pol-as lexións romanas. Foi por elo pol-o que estremamos no posibel, as nosas observazóns sen que nos fora dado notar ningunha diferenza no sistema costrutivo dos dous muros, nin recoller ningún anaco de tégulas, que andan tan vastas nos xacimentos posteriores á conquista romana ou romanizados con certa intensidade.
FOLKORE:—Manuel Rodríguez, de 56 anos, veciño do lugar de Pazos, na freguesía de Vilamarín, cóntanos o seguinte:
«Estaba unha moura asoellando ouro no castro cando certou a pasar por alí un home de Baínte, que se quedou a ollar pra tanta riqueza e dixo:
—Ay ¡Se me dera un pouco!
Ó que a moura respondeu: —Quérelo ós puñados, ou quérelo ós ferrados. E o home de Baínte escramou moi pronto: —Quéroo ós ferrados. —Pois logo vai aixiña buscal-a medida.
Correu o home cara a casa mais cando voltou ca medida o ouro e a moura xa desapareceran.
E o de Baínte laiábase: Se houbera dito ós puñados, por ser que arestoras algún ouro fora meu».
Ó pé do castro hai unha fonte que ten sona de acochar un tesouro.
N-unha peneda do castro existe unha pia dos mouros que case de cote ten auga.
BIBLIOGRAFÍA.—Aparez citado iste castro por Vázquez Núñez (Loc., cit., no Castro da Martiñá), por Díaz Sanjurjo, *Los caminos antiguos y el Itinerario n. 18 de Antonino en la provincia de Orense*, B. de la C. de Monumentos de Orense, vol., II n. 37, páxina 222, Marzo - Abril do 1904 e por Anxel del Castillo, *Los Castros Gallegos*. A Cruña
1993, pax., 7, que recolleu os datos de Vázquez Núñez.
Debemos facer constar que istes datos non son por completo esaitos, pois iste chorado arqueólogo ourensán falou do notabel «Castro de Baínte, formado por tres parapetos y en cuya cumbre se conservan numerosos vestigios de antiguas construcciones». O erro de Vázquez Núñez, debeu nacer de tomar por sinxel parapeto a escarpa do foso.
(Catalogado por Vicente Risco, Leuter G. Salgado, Arturo Suárez e Florentino L. Cuevillas.)
Número III
CASTRO DE FRAMEÁN OU DE TOLDAVÍA
EMPRAZAMENTO—Na provincia de Ourense, Concello do Vilamarín, Freguesía de Santa Mariña de Orbán.
Costruído n-un pequeno outeiro, desviado 200 metros do lugar de Frameán e 300 da veira ezquerda da estrada que vai de Ourense a Lugo e a carón mesmo do mesón de Toldavía.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ba/bae8/bae8991e-122a-4d2e-85d7-b0a3adaafa56/115710428.xml
NÓS
castro os mais da bisbarra, presenta nas suas defensas, e tendo en conta que o monte onde se alcontra asentado non é moi pino unha maor flebeza.
Atópase cinguido de un parapeto, o parecer de terra, de 2 metros de outo, que se alonga n-un cativo terraplén. Pol-a banda do norte óllanse ainda os restos de un foso de 4 metros de ancho.
MENSURAS—De xeito ovalado mede iste castro:
No eixe maor do leste ó oeste . . 103 metros.
No eixe pequeno do norte ó sul. 70 id.
FOLKLORE—No se acadou ningún.
BIBLIOGRAFÍA—Inédito.
(Catalogado por Vicente Risco, Arturo Noguerol, Arturo Suárez e Florentino L. Cuevillas.)
A RIQUEZA ARTÍSTECA DE GALIZA
DUAS ESCULTURAS DE XAN DE JUNI
A ANUNCIACIÓN, DO MUSEU ARQUEOLÓXICO D'OURENSE
A VIRXE DA O, DA EIREXA DE SANT'YAGO D'ALLARIZ
Reproducimos eiquí dúas soberbias esculturas en madeira, obras do seculo XVI, que foron atribuídas por Don Manuel Gómez Moreno—que no seu recente viaxe por Galiza eisaminounas detidamente—ó sonado escultor e arquiteuto Xan de Juni.
A pirmeira d'estas esculturas, que representa a Santa Virxen na Anunciación, está
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ba/bae8/bae8991e-122a-4d2e-85d7-b0a3adaafa56/115710412.xml
desauga na de Noia, ríos que a pesar da cativeza do camiño que percorren, son de caudal abondoso aínda en tempo de vrán.
A poboazón mesta e apreixada na orla da veiramar e nas abas dos montes, enflebece cada día no curazón da serra. O engado dos vales e da costa, chama pol-os fillos dos montaneses, i-en Noceda, na Braña i-en Balteiro óllanse moitas casas abandoadas, habendo casares como o da Braña que ten oito ou dez habitazóns e un soio veciño.
Vese pol-o dito que a península da Barbanza é sen dúbida un dos lugares da terra galega que ofrece un maor intrés pra un xeógrafo ou pra un etnógrafo, que n-ela poderían fitar afastados entre sí poucos quilómetros, tres aspeitos do vivir do noso pobo: o vivir mariñeiro, o de meia ribeira e o de montana na prenitude das súas características. E habería tamén lugar pra o filólogo que quixera esculcar na fala cantareira e nasalizada das xentes da serra, que acentúan estranamente certas verbas ata dicir mamóa e parámo, e tamén pra o antropólogo que alí alcontraría posibelmente tipos raciaes da meirande enxebreza e pra o zoólogo que habería de atopar nos pequenos puchos barbanceiros, de pelica vermella e mucosas mouras, unha raza distinta das outras bovinas que inzan o noso chán. Mais soio os destemidos fatos de cazadores visitan as fragas da serra en escursións outonizas, das que a cencia non tira ningún proveito.
ALGUNHAS NOTAS BIBLIOGRÁFICAS
A península que nos ocupa non é soio intresante nos aspeitos indicados. Tamén o é, e de xeito principal, no que se refire a arqueoloxía prehistórica e o folklore que a ela vai xunguido. Somente con repasar o seu onomástico achamos abastanza de nomes que como Castro, Cidá, Moimenta, Oleiros e As Arcas, sinalan de seu a presenza de xacimentos prerromanos, cuia situación e características ollamos en parte precisadas en certas publicacións, que con maor ou menor deteñimento, teñense ocupado do pasado remoto da Galiza.
Foi o ollar fondo i-esculcante do P. Martín Sarmiento o primeiro que se fixou nas antiquidades barbanceiras. No «Manuscrito» da «Academia de la Historia» «códice 11, 9-4, vol., IX, folios, 337r e 339r» pubricado pol-o P. Fidel Fita no «Apéndice» do artigo «Nuevas lápidas romanas de Noya, Canda, Cerezo y Jumilla», tidoado «La mambla celto-romana y epigáfica de Bretal» (Boletín de la Real Academia de la Historia, volúmen LIX, 1911, páx., 412) fala o sabido benedictino de un epígrafe alcontrado perto do lugar de Bretal, e cita as seguintes mámoas que il coida sepulturas romanas:
Moitas nos termos do dito lugar de Bretal.
Outras no camiño de Carreira a Corrubedo, en Oleiros, nas abas dos montes Cidá e San Alberto i-entre Bealo e Cespón.
No monte Segón ollou tres e seis perto da Ponte Brea, i-en Rianxo falaronlle de unhas mámoas que tiñan unhas pedras disformes chantadas fondamente no chán.
Istas novas aparecen tamén n-outros traballos de Sarmiento como no papel «Sobre la voz Oleiros» (Semanario Erudito de Valladares, vol., XX, páx., 71, Madri 1781) e no «Onomástico etimológico de la Lengua Gallega» (Folletón de «La Integridad de Tuy», 1923).
Ninguén volve falar despois da arqueoloxía barbanceira ata que Verea y Aguiar (Historia de Galicia, Investigación V, páxina., 1), O Ferrol, 1838) ocúpase de un túmulo con «piedras victoriales» esistente perto da vila de Noia e no primeiro escalón da serra da Barbanza. Trátase indudabelmente da «Cova da Moura» fermosa anta situada na freguesía de Argalo, da coal dí Verea mais adiante (Investigación XX, páx., 193) que leva o nome de un rei de Lacedemonia.
Alusión ás antas barbanceiras temos que vela tamén n-un párrafo de Vicetto (Historia de Galicia, vol., I, páxs., 76 e 78, A Cruña, 1865) no que menzoa moitas mámoas que esisten en terras veciñas á ría de Arousa, e unha nova intresante en col da «Cova da Moura» alcontrámola en Barros Sibelo (Antigüidades de Galicia, páx., 78, A Cruña, 1875) ó decirnos que a tampa, oxe desparecida de aquela anta, media tres metros cadrados.
Manuel Murguía, no tomo «Galicia» da coleizón «España. Sus Monumentos y Artes,
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ba/bae8/bae8991e-122a-4d2e-85d7-b0a3adaafa56/11571046.xml
4
xa e terra aberta ó Barbantiño; a primeira toda a rexión outa da parroquia. A posición da eirexa esprica as denomiñacións, pois está na liña de remate da porción chaira e no inicio da costa pr'o val da Bergueira.
A parroquia figura unha eclipse que ten por eixe mór de Nascente a Poente ou sexa do marco con Palmés ó de Punxín, 8 quilómetros e de eixe pouco menor, 6 ks. de Norte a Sul, do lindeiro de Parada ó de Arrabaldo. Datos que ben pouco sinifican pol-a fartura do releve ergueito en cotos de 300 metros e afundido en quebradas cuaseque ó nivel do Barbantiño. Agora é preciso notar un feito. Calquera estaría tentado a clasificar coma de ribeira as ditas porcións baixas; e tería razón xeográficamente mais o noso estudo de xeografía humana debe respeitar a vella organización da parroquia fundada no vivir secular c'unha inmorredoira realidade familiar, espiritual e económica que s'impón a todo estudo.
b) Rexión dos cotos.
Forma un abombado erguemento en todo o Norte da parroquia dispóndose mais precisamente n-un arco de NE ó NW, dividido en dous grupos penedosos de diferente larganza: o Rodeiro ó NNE, outo, grande, dominador en seu conxunto e os mais baixos de Portela, Formigueiro e Faracho, ó N e NW de menos caracterización, pois n-eles métense pequenos chaos e terras labregas. Todo ó N e pé da rexión dos cotos, corre n-un suco que se vai alongando do E ó W, o valciño do Río dos Frades, ou Formigueiro, afluente do Barbantiño. Entre os grupos de cotos (Rodeiro e Faracho) franquéase de N. a S un paso doado, de terras labregas, formado pol-a xuntanza maina das cabeceiras de dúas quebradas opostas e de diferente larganza: a do N leva as suas augas no tempo das chuvias por lameiros e nabeiras ó Río dos Frades; a do S tamén das mesmas condicións iniciais, forma en dirección predominante SW o val da Bergueira.
O Rodeiro é un outo releve granítico fortemente traballado pol-a erosión en disformes e variados cotos ou outeirales. Pol-o
NÓS
N baixa en costa repentina sobr'a terra dos Chaos, amostrando fortes salientes penedosos, costelas do monte, rematados por botareles de pedras cabaleiras. Unha rama do río do Formigueiro está indicada ó pé do Rodeiro por un pequeno suco lameirento e soilo na sua porción NW corre ó seu pé o pequeno río cuia quebrada principal subsecuente com'adoita ser lei, fórmase na terra dos chaos, xuntándose c'a rama dita ó pé do Rodeiro. En troques pol-o Nacente e Sul o monte, vaise esvaecendo en touzas curtadas por cotarelos, e logo en chaos descobertos, terras d'herdade onde canta o arado. Mais xa son da segunda rexión da parroquia. Por frente dos cotos de Portela e Formigueiro, tamén baixa encostada á xuntanza das cabeceiras d'augas do río dos Frades e Bergueira, que dend'agora chamaremos veiga d'Albeiros.
O Rodeiro componse d'un zócalo de grá con derrame xeral ó S agromado en catorce ou dazaseis cotos, (fig. 1) catro d'iles ben grandes, descompostos en figuras variadas que se poden reducir a dúas categorías: cotos inda inteiros, onde a erosión seguindo as diaclasas foi criando liñas de rompemento horizontais e verticais, resultando sistemas d'outeiros en pisos; e cotos xa craramente ruiniformes nos que predomiñan as feituras arredondadas. Ollando ista paisaxe pénsase nos grandes bancos de grá esculpidos pol-a erosión das augas cada vezada mais forte pol-o afundimento do val do Miño. No chán dominan as laxes e inda nos cotos ergueitos atacados en todol-os sensos pol-a erosión atmosférica, atópanse mais as formas de táboa, mesa e dolmen qu'os outeiros ovoides. Entr'os cotos espállanse pequenas chairas cc n certa facies de quebrada inicial, cobertas de liques, musgos maquís, nas porcións baixas, feitas de boa terra moura e fría, nas outas, areosa. O Rodeiro é teatro da forte erosión destruidora en dúas formas principais: a chuvia levada pol-o vento forma sistemas d'ocos e coviñas nas que demoran as augas do ceo pucharquinias e que xuntándose furan as laxes, ademais da aición maina e xeral qu'arredondeja e amolece as arestas. Outra, a das augas correntes d'arroiada que descobre o pé dos outeiros e a laxe da base,
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ba/bae8/bae8991e-122a-4d2e-85d7-b0a3adaafa56/115710423.xml
Catálogo dos Castros Galegos
PUBRICADO POL-A SEIZÓN DE PREHISTORIA
DO «SEMINARIO D’ESTUDOS GALEGOS» DE SANT-YAGO
VERBAS PRELIMIARES
Poden concretarse os fitos da catalogazón que oxe emprende iste Seminario nos puntos seguintes:
a) Determiñanza da localizazón xeográfica dos castros que presentan obras defensivas.
b) Determiñanza da localizazón de certos lugares, que levando aquil nome, non ofrecen vestixios de fortificazón e conservan soio lembranzas folklóricas. (Contos, lendas, celebrazón de foliós ou romaxes, etc.)
c) Recollida de tolos os datos relativos á forma, mensuras, xeitos defensivos, situazón, obxetos asoellados e referenzas bibliográficas de cada unha das estazóns estudadas.
d) Acadamento de notizas respecto ás mamoas, acochos, achádegos soltos e restos de intrés arqueolóxico de toda crás, que existan ou teñan aparecido nas veciñanzas dos castros.
e) Recollida do folklore localizado en cada recinto castrexo.
Dividiremos o noso Catálogo en seizzóns que se corresponderán no posibel con bisbarras naturaes e, dentro de elas, as notizas relativas a cada estazón irán repartidas baixo os epígrafes seguintes: DEFENSAS, MENSURAS, OBSERVAZONS, FOLKLORE e BIBLIOGRAFÍA.
A documentazón gráfica costará de un croquis con pranta e corte ou cortes pra cada castro catalogado, sempre que istes teñan obras defensivas, e dos dibuxos e fotografías que sexan indispensabels pra o escrarecemento do texto.
Cada seizzón irá precedida de unha pequena nota xeográfica da bisbarra, que dende logo debe considerarse como esprorada por completo, e seguida de algunhas considerazóns xeraes de orde arqueolóxico e folklórico e de un mapa, onde a mais de sinalarse o emprazamento dos recintos castrexos, sinalarase o dos outros xacimentos preromanos ou romanos da sua veciñanza.
Encetamos a nosa laboura ca pubricazón de tres bisbarras do sul da Galiza: Val de Vilamarín, Terra de Carballiño e Terra de Celanova, que tencionamos axuntar en tres fascículos tirados aparte.
Non se nos oculta a manitude da tarefa que oxe emprendemos, mais o entusiasmo e as forzas mozas que latexan dentro do noso seminario dannos a seguranza de que ha ser levada a cabo n-un tempo relativamente curto.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ba/bae8/bae8991e-122a-4d2e-85d7-b0a3adaafa56/11571048.xml
humán. O coto de Portela todo superficialmente penedoso, con formas mais arredondadas qu'as do Rodeiro, oponse á masa cuaseque cilindroidea do coto de Marrán qu'acouga pol-o intremedio d'outros cotos dispostos en baixada ó lugar epónimo do río Formigueiro. No cerne da rexión emerxen pequenos cotarelos ou simpres outeirás da supreficie das terras areosas ou de granitos metamórficos. Na rexión xa doadamente ribeirán veciña a Punxín, o bravo dinamismo das augas acentúase e tamén modifícase pol-o poderoso e contino revestimento de piñeirás e maquis e terras de viña en costa. Soilo o derradeiro e mais baixo coto, o da Vilerma, xurde arredondado, nú, pardo, comesto d'ovellas, c'a sua figura de testo pra cobrir a vica no forno, no médeo das regueiras húmidas e traballadas do Barbantiño. Xa veremos com'a vida humán tende a fuxir d'istas terras. Os nomes dos cotos son nomes de pobos: Formigueiro, Portela, Faracho, Monteagudo, Campos, Vilerma.
c) Rexión dos chaos.
Derrames do Rodeiro téndense en roda dend'a sua baixada pol-o Sul hastra a zona siñalada pol-os lugares de Monteasnal e Fechos, car'o val do Miño e Cimadevila, Outeiro e términos d'Albeiros, pois iste pobo ten o seu solar na mesma aba do Rodeiro. Pol-a parte dos lugares de Cimadevila e Outeiro que miran ó pé o val da Bergueira, non é doado o remate.
En conxunto dominan os granitos con pouca coberta de tona vexetal. Soilo no remate morden un pouco as follas pizarrentas das costas ó val do Miño. A laxe subxacente amóstrase en pequenos lombelos arre-
dondados en cúpula, elipsoide ou roda, no centro das terras de centeo, loce nos camiños e en certos campos onde cruzan moitos sendeiros (penedos de Pereiras, dispostos en familia, cotarelos de Monteasnal, ollando a quebrada da Regueiriña). Hai algús penedos ceibes, isolados en ovoide riba da base laxenta: o mais grande e característico, o chamado Penedo-Redondo (fig. 3) termo dos Agoeiros. No cerne dos chaos, mais inda preto do Rodeiro, érguese o coto do Vedral, ben nomeado por ser lugar vistoso e cruzamento de camiños, de pedra esgrevia pouco esculturada. N-algús lugares a terra vexetal vóltase lama morta onde encora a friaxe das augas na esponxa da vexetación dos
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ba/bae8/bae8991e-122a-4d2e-85d7-b0a3adaafa56/115710431.xml
Augas bicarbonatado-sódicas de
MONDARIZ
FONTES DE GÁNDARA e TRONCOSO
Propiedade dos FILLOS de PEINADOR
MONDARIZ—BALNEARIO está situado a 35 kilómetros de Vigo e a 20 das estacións de Porriño e Salvatierra de Miño O Hotel do Estabrecimento está aberto do 1.º de Mayo a 31 de Outubro
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ba/bae8/bae8991e-122a-4d2e-85d7-b0a3adaafa56/115710413.xml
NÓS
Barcelona, 1888» fala na páxina 35 (nota) e na 43 de algunhas tradicionais relativas a lagoa de Carragal, na páxina 96 (nota) fai consideracións ás notizas do P. Sarmiento e na 627, reproduz fotográficamente a xa citada anta de Argalo.
Unha descripzón de iste megalito, recollémola no artigo de Núñez Sarmiento «El Crucero de Berrimes» pubricado na «Galicia Diplomática» (ano IV, n., 17, Santiago 28 de Abril de 1889, páx., 133) e por unha nota da direizón que o acompaña, aprendemos que asegún datos que foron remitidos por don Fernando Món Vázquez, cabo-comandante do posto da Guardia Civil, a tampa do dólmen de Argalo medía 3’70 metros de longo por 3'40 de ancho e 15 centímetros de groso, e que os esteios tiñan 202 metros de outura fora do chan, 1'40 atuado e 20 centímetros de groso.
No 1893 pubricou López Ferreiro o volume I da sua «Historia de la Iglesia de Santiago» recollendo n-unha nota da páxina 272 a notiza do achádego no Chán da Barbanza, plainura que dí arrodeada de castros e con moitas mámoas, de un tesouro de adóas áureas enfiadas.
Voltou Murguía na II edizón da «Historia de Galicia» (vol., I, páx., 614, a Cruña, 1901) a falar da anta de Argalo que descrebe como «formada por nueve losas, dos pequeñas que forman la entrada y siete mayores de 230 metros» e na páxina 616 ocúpase do dólmen de Oleiros, no que observa a desigual outura dos esteios.
Villaamil y Castro no seu traballo «Productos de la metalurgia gallega en tiempos remotos» pubricado no «Boletín de la Comisión de Monumentos de Ourense» (vol., III, 1907, n., 54) precisa os datos de López Ferreiro en col das adóas áureas do Chán da Barbanza, decindo que foron atopadas denantes do ano de 1893, na freguesía de Cures, Concello de Boiro, e reproduz en dibuxo dúas de elas propiedade co Sr. Blanco Cicerón de Sant-lago, engadindo que o seu grandor e como o das abela’ras, e que se semellan a certas xoias galo-romanas do Museu do Louvre.
As primeiras referenzas algo detalladas
11
en col dos megalitos da propia serra da Barbanza aparecen no libro de Xán Cabré, «El Arte rupestre en España» (Memoria n. 1 de la Comisión de Investigaciones Paleontológicas y Prehistóricas, páx., 92, Madri, 1915) na seguinte forma: «Mámoas del Monte Barbanza, Noceda (La Coruña). De diez a doce de estos monumentos hay en dicho monte. Varias de las losas que componen los túmulos están grabadas en su interior, y las figuras representadas consisten en líneas onduladas, cruces y otras muy bien determinadas como humanas». Istes datos foronlle comunicados a Cabré, asegún il mesmo decrara, pol-o arqueólogo D. Eladio Oviedo e Arce, que moitas veces percorreu a Serra, mais compre que digamos que o númaro de mámoas alí esistentes, pasa moito da ducia que íl lle asina, e así mesmo decrarar que non poidemos facer a comprobanza, pese os nosos esforzos e inquéritos, da esistenza de insculturas mais que n-unha soia pedra de anta, sendo posibel que moitas teñan desparecido recentemente como ocurriu, c-un esteio con sinos alfabetiformes, ollado ainda non hai moito pol-o epigrafista P. Celestino García Romero e pol-o seu sobriño o culto cura ecónomo de Cespón, e que foi esnaquizado pol-o salvaxe que despois de arrincalo do seu asento secular e utilizalo na parede de unha corte, crebouno en cachos pra aforrarse, asegún nos dixo o veciño de Noceda, Xosé Rey Brión, as molestias que lle causaban as repetidas visitas dos curiosos que iban esaminar a pedra.
As mes nas novas fornecidas por Oviedo e Arce, d:beron ser aproveitadas por Cabré no Art y» «Los grabados rupestres de la Torre d2 Hércules (La Coruña) (Revista de Archivos, Bibliotecas y Museos, III época, ano IX, Maio-Xunio 1915) onde menzóa as devanditas insculturas.
A des>ripzón da «Cova da Moura» de Argalo, tal e como a fixo Murguía, alcóntrase en compaña de un fotograbado da anta en custión, no libro de Manuel de Saralégui y Medina, «Los Monumentos Megalíticos en España» (Madrid, 1918, páxs., 88 a 90).
Algunhas atinadas observazóns en col do «Coto da Amoreira» foron feitas pol-o P. Celestino García Romero no artigo «Un templo
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ba/bae8/bae8991e-122a-4d2e-85d7-b0a3adaafa56/11571042.xml
BOLETÍN MENSUAL da CULTURA GALEGA
Direitor Literario
Vicente Risco
Direitor Artístico
Alfonso R. Castelao
Adeministrador
ANXEL CASAL
DIREICIÓN E REDAUCIÓN:
Sto. Domingo, 47—OURENSE
ADEMINISTRACIÓN:
Real, 36 1.—A CRUÑA
ABONAMENTO
Doce númaros, na Peninsua 6'00 pesetas.
Fora da Penínsua 8'00 »
Númaro solto 0'70 »
Os pagos son adiantados e os gastos de'xiro de conta dos suscritores
NOTA
Este boletín non pubricará mais orixinás qu'os que foran direitamente solicitados pol-a Direición. Tampouco se fai solidario das ideas n-eles emi- tidos, a non ser dos que por non iren rubrados, enténdense que son da Redaución.
SUMARIO
Poema, POR OUTEIRO ESPASANDÍN.
Probremas de xeografía galega, POR RAMÓN OTERO PEDRAYO.
Prehistoria e Folklore da Barbanza, por FLORENTINO L. CUEVILLAS E F. Bouza BREY.
Catálogo das Castros Galegos, da Seizón de Prehistoria do S. E. G.
A Riqueza Artística da Galiza, DUAS imaxes de Xan de Juni.
Os homes, os feitos, as verbas, POL-A REDAUCION.
Reloxería ZENITH
MÁQUINAS PARLANTES. DISCOS
AGULLAS e ACCESORIOS
M. CALVIÑO - Ourense
Dicente Risco
Abogado
Santo Domingo, 47-2.º
Ourense
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ba/bae8/bae8991e-122a-4d2e-85d7-b0a3adaafa56/115710420.xml
NÓS
No caso de «A Cidá» os conquistadores latinos non son menzoados quizais por unha falla nas lembranzas do noso informador, mais nin por elo os mouros atinguen o seu lugar histórico se non que aparecen como os poboadores mais antigos da citanía e dende logo anteriores á domiñanza dos godas.
O FOLKLORE DA LAGOA DE CARRAGAL.—Fala agora Antonio González Bermúdez, casado, de 55 anos e veciño de Santa Uxía de Ribeira.
«Na Lagoa de Carragal, que se olla ó pé do monte, está asolagada a cidade de Malverde (Valverde) onde había mouros que foron desbotados por Calromano e os doce Pares de Francia e mais Oliveros, e n-unha peneda do monte hai unha patada do cabalo de Roldán, dada cando iste pideu, despois do sol posto, unha hora de día pra derrubar os enemigos. I-é dende entón, que, despois do sol posto, hai unha hora de luz.»
«Por frente do Río do Mar presentouse, e de isto pasaron xa moitos anos, un barco que perguntou pol-a cidade de Malverde, e como lle dixeran que tiña desparecido había tempo, ergueu velas e marchou.»
«Por aquil río ían os barcos antigamente ata a Ponte de Sanchanás e ainda hai pouco vianse alí as argolas con que os amarraban.»
Parte de ista lenda foi coñecida xa por Sarmiento e por Murguía (1) a quens referiron a consella da cidade asolagada e contaron que nos días craros ollábanse no fondo da lagoa as trabes das casas e argolas de bronce.
Non andivo Murguía descamiñado o precurar a orixe de ista tradición no seudo Turpín e nos miragres e canzóns de gesta que se cantaban na porta da catedral de Sant-Iago pol-o tempo dos pelerinaxes. Estaban en grande parte aquelas canzóns e miragres infiltrados de motivos pertencentes o ciclo carolinxio, e o mesmo historiador di ter recollido romances de iles derivados. Mais a razón que lle asistía óllase mais patente na versión que nós acadamos, íntimamente relazoada sen ningunha dúbida, co aquil pasaxe do seudo Turpín en que despois de referir o longo fitar de Carlomagno pra
(1) «Galicia», lugar citado nas notas bibliográficas.
a Galaxia, a aparición tres veces repetida do Apóstol Sant-Iago, que prega ó Emperador pra que ceibe a sua sepultura do poder dos árabes, a expedición do exército franco a Hespaña e a conquista e sometimento de infindas terras e poboazóns, dise por derradeiro o seguinte:
«Todos foron sojugados do moy nobre Calrros, et metudos so o seu señorío salou Lucerna (Lucernam urbes munitissimam que est in ualle uridino testo latino) que agora chaman Borroas que he Valverde que era entón moy ben murado e moy forte. Et despois volueu a ela e teua a cerqua de catro meses. E jazendo sobre ela por que a non pudo tomar, rrogou a Santiago que lle gaanase graza de Deus porque a podese a ver; e feita oración caeron todo los mouros da vila e des entón fezose y lugar que non pode ninguen morar e no meogo de ela hum lago moy alto e moy negro en que andan peixes moy grandes e moy negros.» (1)
E mais adiante engadese:
«Maldisso (Carlomagno) estas tres cidades porque lle foron maas de tomar; conven a saber; Lucerna, Ventosa e Capara. Et despois nunca en elas ninguen prouvou.»
A verdadeira localización de ista Lucerna e de iste Valverde ten sido moi discutida. O P. Fita colocounos na serra de Gredos; Alfred Norfelt (2) no río Tinto na Andalucía; Dozy, perto de Valencia (3) e Murguía e Joseph Badier (4) no lago de Carruzedo, no Bierzo.
Ista derradeira opinión é a que nos parez mais atinada, atendendo non só, a circunstancia de que agás algunhas expedicións a Córdoba e a Coimbra, todol-os lugares menzoados na lenda das campañas de Carlomagno na Hespaña alcóntranse situados no camiño francés da pelerinaxes, senon tamén a que asegún sosten o agudo crítico M. G. París parte da crónica seudo turpiniana foi escrita por un monxe de Sant-Iago ou por un crego francés en Compostela. (5)
Mais o inzamento e popularidade que atinguiu tal lenda na nosa terra pol-os séculos
(1) Euxenio López Ayllón, «Os Miragres de Santiago», Madri, 1918, paxs. 87 e 88.
(2) «Glossaire des enfances de Visieu».
(3) «Histoire poétique de Charlemagne».
(4) «Les légendes épiques», París, 1921.
(5) «Romania» vol. XI.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ba/bae8/bae8991e-122a-4d2e-85d7-b0a3adaafa56/115710416.xml
C. CORRUBEDO
P. ESTRELLA
P. LOURIDO
P. CANDO
RIA DE NOIA
C. FALCÓN
C. CARREIRA
RIA DE AROUSA
N
C. VICARIO
C. CORRUBEDO
P. ESTRELLA
P. LOURIDO
P. CANDO
RIA DE NOIA
C. FALCÓN
C. CARREIRA
RIA DE AROUSA
N
C. VICARIO
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ba/bae8/bae8991e-122a-4d2e-85d7-b0a3adaafa56/115710424.xml
19
SEIZÓN PRIMEIRA
VAL DE VILAMARÍN
O val de Vilamarín, que se pode chamar tamén val outo do Barbantiño, por ter iste río a sua nacenza nos montes da sua banda norte, alcóntrase situado a 11 quilómetros ó norte da cidade de Ourense. É unha terra crásica de meia montana, con prados vizosos, searas estesas, boas millareiras, sombrizos soutos de castiñeiros e mestos piñeiracs. O norte e oeste atópase domiñado pol-a rexa mole da serra da Martiñá e pol-as cumiadas mais baixas que fan a divisoira das cuncas do Barbantiño e do Bubal. Pol-o sul e pol-o leste ringleiras de outeiros hn traballados pol-a erosión marcan a divisoira co Miño.
e de Santa Eufemia e pol-o oeste o Suido e o Testeiro.
DEFENSAS—É iste un castro de feitura sinxela. O cume onde se asenta, foi aplainado todo o que o permitiu a sua natureza penedosa, e ten de arredor restos de unha muralla de cachotes, que se erguía directamente dende o chan natural, sen ter debaixo terrapién nin foso dediante.
MENSURAS — De xeito case circular, mede:
O releve do val é abondoso en monticelos de cota flebe, escollidos moitas vegadas pra o emprazamento dos castros, notándose que istes monticelos erguen mais os seus lombos conforme se achegan ás abas da Martiñá.
A formazón xeolóxica é normalmente a de estratos cristaiños en case que todo o val, agás nos montes outos do norte e do oeste onde esisten fortes afroramentos de pedra de grá.
Número I
CASTRO DA MARTIÑÁ
EMPRAZAMENTO—Na provincia de Ourense, Concello de Cea, Freguesía de Vales de Oseira, a uns 600 metros enriba e cara o norte do lugar da Martiñá e a 4 quilómetros do Mosteiro de Oseira.
Atópase construído no cume mais outo (1.000 metros) e penedoso da serra de aquil nome e albiscanse dende il as terras de meia Galiza. Fican ó seu pé os vales do Arenteiro e do Barbantiño e as veigas de Amoeiro, Vilamarín, Carballiño e Cea, e mais lonxe xá, dexérganse os vales do Miño, da Arnoia, da Avia e do Bubal, pechando o horizonte pol-o norte o Pico Sagro e a serra do Faro, pol-o leste os montes do Barco e do Bolo, pol-o sul as outuras raianas do Laboreiro.
No eixe maior do leste ó oeste 122 metros.
No eixe pequeno do norte ó sul. 116 metros.
OBSERVAZONS—Todal-as pedras soltas que se alcontran dentro do castro parecen ter pertencido ás murallas de defensa, non observándose ningún siñal de alicerces, nin véndose na superficie do terreo tégulas nin cerámicas de ningunha crás.
A principal característica de iste castro é a cativeza das suas defensas artificiaes, debida cicáis á probeza en recursos ou en
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157104&posicion=15
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ba/bae8/bae8991e-122a-4d2e-85d7-b0a3adaafa56/115710425.xml
Borrador OCR local de apoyo. Úsalo solo como pista débil cuando la imagen sea ambigua; si contradice claramente la imagen, prioriza la imagen:
xente da poboazón que o ergueu, ou a que o rexo da posizón natural dispensounos de meirandes esforzos na obra de fortificazón.
FOLKLORE—Un home do lugar da Martiñá, que por certo gabounos moito a forteza do castro, decindonos que non tiña parello na bisbarra, contounos que toda a obra fora de man dos mouros que viviran n-il e n-ista terra 200 anos. Díxonos tamén que o castro tiña sona de ter tesouros de abondo.
BIBLIOGRAFÍA—Aparece citado iste castro por Vázquez Núñez «Las Mámoas» Boletín de la Comisión de Monumentos de Orense, vol. I, pax. 351.
(Catalogado por Vicente Risco, Arturo Suárez, Leuter G. Salgado e Florentino L. Cuevillas.)
Número II
CASTRO DE BAÍNTE
EMPRAZAMENTO.—Na provincia de Ourense, Concello de Vilamarín, Freguesía de Santa María de Vilamarín e a 300 metros cara o Noroeste e por enriba do lugar de Baínte. Está no cume de un monte de xeito arre-
dondado e cheo de toxos e carpazas, que fai como un contraforte da serra da Martíñá, de cuias abas meridionaes fica desviado uns 600 metros, meténdose somente no meio o val estreito e pouco fondo onde se asenta o lugar de Vilar de Montes.
DEFENSAS.—Cinguía o castro unha muralla, oxe esborrallada, feita de cachotes pequenos que se ollan derrubados a un e outro lado do alicerce, que se ergue en col de un terraplén de 9 metros de outura meia, a cuio pé corría un foso do que quedan ainda grandes vestixios.
Pol-a parte central de iste recinto, i-en direizón aproisimada do leste ó oeste, vai outra muralla, feita asimesmo de cachote, que o atravesa facendo unha curva, en toda a sua estensón.
A muralla esterior apoiase ás veces nas irtas penedias do monte que lle serven ó xeito de fortes torres.
MENSURAS.—Mede:
Do norte ó sul . . . . . 163 metros.
Do leste ó oeste . . . . 120 metros.
OBSERVAZONS.—O primeiro que compre notar é a forma pouco frecuente de iste castro. O sinxelo eisame da pranta, amostra que a fortificazón ten dúas partes cicais de construción sucesiva. Unha case circolar que ocupa por completo o cume do monte, e a outra coadrada e coas esquinas apoiadas en duas penedías, que se estende cara o norte, baixando un pouco pola aba de aquela beira.
Pódese espricar ista forma esceizonal do castro de Baínte pol-o desexo dos seus moradores de aproveitar, unha vez construído o primeiro recinto fortificado, as dúas penedías de que denantes falamos, que pola sua outura e proisimidade podían render bons servizos a unha tropa sitiadora, namentras que avencelladas entre si por un lenzo e axuntadas con outros dous á fortificazón que supomos primitiva, convertíanse en verdadeiras torres, situadas estratéxicamente en dous ángulos do recinto.
A eisistencia n-iste castro de habitazóns de pedra, é ó noso sentir indubidabel. A grande cantidade de cachotes que se atopan esparexidos polo seu chan e a forma caraiterística de alguns de iles, amostran, embora os ali-
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157104&posicion=5
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ba/bae8/bae8991e-122a-4d2e-85d7-b0a3adaafa56/115710419.xml
14
protadas i-en parte tamén de antigas edificazóns das que queda lembranza no nome de «As Cortiñas» con que no pais conócese o recinto murado.
En secuenza do esposto, pódese crasificar a estazón que nos ocupa entre as citanias de un soio recinto, tipo castrexo moi corrente en toda a Galiza, debendose facer notar que non embargantes a sua situazón costeira, «A Cidá» semellase esaitamente As construzóns similares de terra adentro e non ten en troques imitanza con certos castros de tipo mariñán existentes na ría de Arousa (Castro Grande do Neixón) (1) e na bisbarra do Ortegal (2) erguidos en puntas ou pequenos cabos de maneira que o mar os arrodea por tres bandas como un excelente foso, tipo de fortificación prehistórica que é tamén moi corrente na Bretaña francesa.
Non poidemos acadar ningunha notiza que faga referencia o achádego de obxectos nin na área murada nin nas súas veciñanzas, mais pol-o seu feitio identificase tan doadamente esta citania con outras da Galiza e do norte de Portugal xa esporadadas, que nos arriscamos a afirmar que n-ela alcontraríase o día en que fora escavada o mesmo material arqueolóxico de fondo posthallstáttico con mistura mais ou menos intensa de elementos romanos, que tan vivamente caracteriza o grupo septentrional da cultura dos castros.
UNHA MÁMOA DOLMÉNICA. — N-un pequeno outeiro situado na banda do surleste do primeiro escalón a que denantes nos referimos, óllase ben nido o perfil arredondado de unha mámoa. É esta sen dúbida unha das citadas pol-o P. Sarmiento como existentes «en la falda del monte Cidá», i-é posibel que nos tempos en que a fitou o sabido benedictino, non estivera tan derramada como na actualidade. Mede 17 metros de diámetro por 2 de outura, e despois de escavada fondamente deica chegar ó chán natural non alcontramos n-ela mais cousa de intrés que un esteio da anta, que apareceu deitado no meio da morea tumular e que ten 2'64 metros de longo, por 1'47 de ancho e 15 centímetros de groso, i-está formado por unha
(1) Vése a nosa monografía «Prehistoria galega. O Neixón», B. de la R. A. Gallega, números 181 a 183, 1924.
(2) Notiza do Ilustre arqueólogo cruñés, Anxel del Castillo.
NÓS
laxa de pedra de grá que non presenta ningún sinal de labra.
FOLKLORE DO MONTE A CIDÁ. — Fala un veciño de Carreira chamado Lampón, a quen alcoutramos apañando batume no curuto do monte.
«Aiquí houbo casas; unha aboa do meu veciño aínda se lembraba de ver algunha en pé. Dende aiquí vixiábase antigamente a mar cando os mouros vivían no monte. Despois os mouros foron botados pra África e atrás de iles viñeron os godos e despois nós».
Non é a primeira vez que nas nosas colleitas folklóricas nos temos atopado con relatos de ista crás, que semellan lembranzas enliadas das nozóns da historia de Hispania deprendidas na escola. No castro da Martiñá (Cea, Carballiño) un veciño do lugar do mesmo nome dixonos que os mouros demoraran alí douscentos anos. Do outeiro de Rubiós (Verea, Bande) contounos Antón Peaguda, antigo sarxento, home lido e moi sabido nos segredos do Libro de San Cipriano, que os mouros que n-il habitaran foran desbotados pol-os romanos despois de unha longa e sanguiñenta loita. Do castro de Vimieiros (Cartelle, Celanova) tamén foron expulsados os mouros pol-os romanos, asegún nos aseguro un veciño de Pereira de Montes (Merca Celanova), cuio nome non poidemos recoller. O pé do castro de San Facundo (Cea, Carballiño) sostiveron grande batalla o propio San Facundo e o seu compañeiro San Primitivo ca mourindade que vivía no castro e derradeiramente e por testimoio de Santiago Bernárdez Otero, do lugar de Coucieiro, enteirámonos de que os mouros do castro de Souteliño (Irixo, Carballiño) viviran n-il denantes da chegada de romanos e cartaxinexes.
Convén notar que a posición cronolóxica dos mouros desprázase sistematicamente en case todos istes relatos pra unha época anterior á chegada dos romanos. Pouco importa que se diga que foron botados pra África, cousa pol-o demais compretamente inesaita tratándose dos árabes e bereberes invasores da Galiza, a verdadeira natureza aborixen dos nosos mouros sobreponse ós elementos emprestados e o seu prerromanismo queda de cote nido e patente.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ba/bae8/bae8991e-122a-4d2e-85d7-b0a3adaafa56/11571047.xml
NÓS
levando os productos da destrución ás chairas e quebradas pretas ou lonxanas. Un cinto de piñeirales, crecedeiro, detén en parte ista aición e o tempo segue o traballo erosivo esnaquizando as laxes pol-o dinamismo vital das raíces e en parte o encobre criando terra vexetal mais firme. Os camiños de carro (un principal) e a laboura dos canteiros débense contar antr’os axentes erosivos.
Voltaremos a falar do Rodeiro n-algús outros capítulos d'iste traballo: da peisaxe xeográfica, da sua función esencial hastra na psicoloxía coleitiva da parroquia pol-o que ten de difrencial con outras veciñas privadas de tal rexión pedregullenta e núa, nai das augas das fontes e das arroiadas que aran o chán labrego. Poucos cotos do Rodeiro teñen nome. Un dos que s'erguen xa na baixada ó nivel mais baixo e fondamente labrego dos Chaos, leva o de Castro e n-il ten recoñecido Florentivo L. Cuevillas o prestixio arqueolóxico que sempre é confirmado pol-o nomeamento do pobo.
(fig. 1). Alguns cotos do Rodeiro
A segunda rexión dos cotos figura un arco c'a convexidade dirixida ó N e ó NW, asegún vai describindo a sua curva dende as penedías de Portela e de Marrán hastra o coto do Faracho e a riola dos xa craramente ribeiraos que seguen o correr do val baixo do Barbantiño hastra Villerma en terras de Punxín. Pol-o Norte afúndese a quebrada do río Formigueiro c'unha fartura na costa de penedos e escadeiras de cotos que non ten o Rodeiro (fig.2). O coto do Faracho arredondado en conxunto, sen deixarse encetar pol-a erosión, preside a xuntanza do Formigueiro co Barbantiño na fonda conca do lugar e Ponte Viñao (Punxín). O resto da encosta súpeta e non tan artellada segue riba do Barbantiño con esposición prenamente ó W. Xa temos siñalado as características diferenciás en comparanza co Rodeiro. Toda a rexión é graníteca e moi penetrada por chairas e terras labregas (herdades, touzas, montes, touticeiras) e hastra pequenas quebradas de lameiros e nabeiras nas afluencias ó Formigueiro e val da Bergueira. Cariste, o arco amostra a concavidade con maina costa que se fai súpeta, esporente e compricada na porción mais baixa da Fareixa. Os dous cotos de Portela e Marrán rematan a rexión fronte á faciana W do Rodeiro, domiñando a veiga d'Albeiros, mais franqueados antr'iles por chairas pouco esporentes invadidas pol-o traballo
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ba/bae8/bae8991e-122a-4d2e-85d7-b0a3adaafa56/115710414.xml
12
primitivo en el coto de Amoreira», publicado no «Boletín de la Real Academia Gallega» (año XVII, n., 145, 1922) no que se describen ciertas edificaciones de destino impreciso de este cume de la parroquia de Cures, recogiéndose los epígrafes romanos hallados en la banda occidental de la Sierra y contamos cómo el autor tuvo la fortuna de ver las mámoas aún enteras la primera vez que visitó la Barbanza, señalando después como dato del expolio de las más de ellas, el año de la aparición casual de las adargas de oro ya mencionadas.
Una pequeña alusión a las esculturas barbanceiras, tomada sin duda del libro de Cabré «El arte rupestre en España» achámola en el trabajo de C. de Mergelina «La necrópolis tartesia de Antequera» que vio la luz en las «Actas y Memorias de la Sociedad española de Antropología» (año I, Cuaderno, I, páx., 37, Marzo de 1922).
Los datos facilitados por Murguía, con respecto a la anta de Argalo, aparecen nuevamente aprovechados por Obermaier (Impresiones de un viaje prehistórico por Galicia», Boletín de la Comisión de Monumentos de Ourense, vol., VII, ns., 148 y 149, Enero-Abril de 1923, páx., II) y por Pérez Bustamante y Parga Pondal («Los dólmenes de Dombate y de la Gándara; separata del Boletín de la Biblioteca Menéndez y Pelayo, Santander, 1924, páx., 32).
Derradeiramente un de nós publicó en los «Arquivos do Seminario de Estudos Galegos» (n. I, vol.. I) unos apuntes titulado «Anta e penedo grabado de Oleiros» que se ocupan de la anta de Axeitos (Oleiros) dando a su planta, y de las esculturas existentes en una peña cercana, que también recogió Ramón Sobrino Buhigas, y forma parte de la maravillosa colección, regalada al Seminario de Estudos Galegos en Abril de este año. Sirva este trabajo de revisión y complemento de aquella nota, producto de una ligera visita.
Los datos recogidos en la bibliografía citada y los que nos proporcionaron algunos ilustrados y entusiastas amigos, entre los que compramos en lugar preferente a Ramón Martínez López, a Manuel F. Sendón y a Xosé Outeiro Espasandín, fueron los nuestros
NÓS
guías para la investigación de la arqueología prehistórica y del folklore barbanceiro.
Dirigió especialmente esta investigación, que por lo que respecta a las repoblaciones dolménicas de las vecindades de Santa Uxía de Ribeira, mantenemos el propósito de completar en una próxima campaña, el estudio de las mámoas y de las cámaras que algunas contienen aún. Conviene advertir que ninguna de aquellas está intacta y que su examen ofrece por entero el triste proceso de su destrucción, desde el túmulo esparcido y ya sin trazas de anta, hasta los megalitos que conservan todas sus piedras aunque derribadas y maquilladas en gran parte, siendo de notar que las cámaras más enteras, llámanse en su interior por completo vacías de tierra. Fueron estas circunstancias las que nos impidieron llevar a cabo la excavación de todas las sepulturas, dejando desde luego de mano, aquéllas que no ofrecían, a nuestro juicio, ninguna probabilidad de conservación de mobiliario y abriendo en troques aquéllas que lo precisaban para determinanza de su naturaleza y para la nítida visión de la forma de los megalitos.
N-istes trabajos no nos acompañó la fortuna y en ninguna asomamos el menor resto de ajuar. Recolectamos sí, noticias de machados y de cerámicas que habían aparecido en tal o cual mámoa y que fueron regalados a particulares, y vimos en la Torre de Goians (Lampón) tres machados de piedra procedentes de la Barbanza y que posiblemente formarían parte del mobiliario de alguna de las mámoas y aún llegamos a adquirir la sospecha de si los machados también de piedra, que están en una vitrina de la «Sociedad Económica de Santiago» rotulados como objetos recogidos en castros y mámoas de la provincia de La Coruña, por D. Eladio Oviedo y Arce, no tendrán por lo menos en parte, la misma procedencia.
Como denantes dijimos no hay en toda la Barbanza un solo túmulo que no presente señales de repetidos y hondos remecimientos, más de todos modos esto no debe tirar atrás a otros investigadores, que con más vagar y con más medios de los que nosotros tuvimos, precuren en un examen detenido de la totalidad, de la tierra de las mámoas algún resto olvidado o
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ba/bae8/bae8991e-122a-4d2e-85d7-b0a3adaafa56/11571043.xml
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ba/bae8/bae8991e-122a-4d2e-85d7-b0a3adaafa56/115710417.xml