https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/b5/b501/b501f041-8b3e-4ac3-863c-86e0620cfca9/11571209.xml
NÓS
—E que nós escollemos a millor parte, dijo un curiña novo.
—Boscade o raiñado de Deus, berrou outro, e o demáis seravos doado por engadidura.
—A nós sálvanos a Fé, chamou outro.
Dimpois aquila divira un desconcerto de voses roncas.
VERBAS DO TOLO
O abade Mourifio coidou chegado o momento de impor orde, e sen saber por qué, virándose cara un saminarista fraco e de moita palor, díxolle:
—Fálanos tí encol da Fé.
O rapaz enrugando o fronte combado parolou de iste jeito n-aquil concillo rural.
—San Goar envidaba a jantar co il os probes de Deus. Os seus cofrades acusárono ó Pai santo de corruptor das bóas costumes da vida ermitá. Entón as sandalias de Goar tiveron de bicar os croyos das calzadas de Roma. A primeira mañá da sua chegada A Urbe foi ofrecerlle ó Señore o Santo Sagrefizo da Misa. Pro, ¡ay!, non sabía onde pór os seus hábitos, cando lle brincou unha ideia: «¿Non fixera Deus tudo, ousutamente tudo, pra o servizo do Home? Logo aquila rayoliña de sol que se adentraba pola vidreira tiña de servir ó servo de Deus». E pendurou o hábito na rayola, e o hábito ficou alí moito ben pendurado. ¿Qué man invisibre o sostiña? Non podía sere outra que a mesma forza anímeca que sahía do singelo Goar e se apricaba á rayola.
—¿Non estás desvotando o orde sobrenatural?, demandou un prégador de moita sona.
Nas religiós positivas o sobrenatural é unha baixada: O ponte sobrenatural des cende de Deus deica o Home. Pola contra, segundo os místecos contemporás, como o indio Krishnamurti, ou o danés Kizkegaar, é unha rubida: O orde ascende dende o Home até Deus. ¡Asín o Home diviñizase polo seu proprio pulo cara enribal.
—Se o Home se liga con Deus por un auto de amore ceibe, n-1sas religiós nen eisistirá pecado, nen...
—A verba pecado, atallou o rapaz nervo-
so, por vergofienta temos de queimala. ¿Vos non lembra as diciós latinas pecus, pecunia? O home primitivo coidaba provir de un devanceiro animal. Ó ire nacontra do totem ou pecus chamouse pecado.
—Se non hay pecado, ¿onde vas meter o demo, condenado?, estouparon rindo os cregos.
—O demo é unha supervivenza do tránsito do Politeísmo ó Manoteísmo.
—Logo, ¿a qué ven ó caso a Redenzón?
—A Redenzón púdose faguere A. M. D. G. Pro se Deus enche o mundo coa sua presenza e se a sua Voúntade Oñipotente atrai ó corazón humán cara Il, ¿qué máis nos falla pra qué polo noso propio pé poidamos choutar ó espazo que nos arreda de Deus? ¡Ay! A Eireja somente quer uniformidá, masa caótica, non sentimento cósmico. Por iso os mesmos santos enviados polo Señore pra encamiñala foran probados, engaiolados e algús até queimados por ela.
—Ises non son erros da Eireja, senón dos homes, rosmaron os cregos alcuñando ó rapaz.
O saminarista, comesto da frebe, prosigueu:
—Agora a Eireja chégalle o agosto: Os seus froitos penduran maduros no Albre da Vida, atendendo á mán do benzoado RecoMedor: Recorridas ja no noso vóo ó rededor do Outísimo as seis costelaciós. Jesucristiá, Pauliña, Aigue Hiponense, Tomísteca Seráfica, e Ifiiga, aijiña chegaremos á lumiosa pléyade do Esprito, profetizado polo Floris, pechándose a elipsis de iste Místeco Númaro Sete. Entón Señore, serán chegados os tempos nos que o home nas áas ligeirisimas do amore ruba a Tí e pule, pule na Tua lus arreo mais e mais carapucheiriña até que, debullándose en miúda choiva de estreliñas moito fremosas, a homidá seja zugada de un turro polo Teu diviñizante abafol...
A PENTENZA DO ABADE MOURIÑO
O abade Mouriño hachábase moito atristurado. Dende que na cuchipanda co gallo do enterro do Vidueira alcuñara ó saminarista parvo, o sono non vifiera arromalo no
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/b5/b501/b501f041-8b3e-4ac3-863c-86e0620cfca9/11571202.xml
BOLETÍN MENSUAL da CULTURA GALEGA
Direitor Literario Vicente Risco
Direitor Artístico Alfonso R. Castelao
Adeministrador
ANXEL CASAL
DIREICIÓN E REDAUCIÓN: ADEMINISTRACIÓN:
Sto. Domingo, 47—OURENSE Hortas, 20 — SANTIAGO
ABONAMENTO NOTA
Doce números, na Península 6'00 pesetas.
Fora da Península 8'00
Número solto 0'70
Os pagos son adiantados e os gastos de xiro de conta dos suscritores
Este boletín non publicará máis orixinais qu'os que foran directamente solicitados pol-a Dirección. Tampouco se fai solidario das ideas n-eles emitidos, a non ser dos que por non iren rubrados, enténdense que son da Redaución.
SUMARIO
O Escordeonista, por F. Bouza Brey.
Jorge Borrow no Val da Mahía, por MAGARIÑOS NEGREIRA.
O Abade Mouriño, por MANOEL GARCIA PAZ.
Da Alemaña, por VICENTE RISCO (proseguimento)
Arquivo Filolóxico i-etnográfico de Galiza.
Os homes, os feitos, as verbas, PÓL-A REDAUCION
IMPRENTA “NÓS”
Facturas - Estados - Libros - Revistas e toda cras de traballos tipográficos
Trasmitanos os seus encargos
Hortas, 20 SANTIAGO
Dicente Risco
Abogado
Santo Domingo, 47-2° OURENSE
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157120&posicion=1
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/b5/b501/b501f041-8b3e-4ac3-863c-86e0620cfca9/11571207.xml
NÓS
fervía nas veas por berregarlle o crego, aijiña como sahira da eireja:
—iAy, señore abadel ¿Vosté non sabe que o Rafael lle non quixo vir á misa apesar de chamalo cedo?
—Pois dille da miña parte que se arrange pra ouvir a de Don Antón.
Pouquiño dimpois atordoaban uns berros arripiantes. A condergada da Andreia escorrentaba o vento aldrajándome pra que todo o pobo se botara enriba de mín.
—iSanta Mariña bendital, chamaba unha estoa limpándose o pingo coa mán. ¡Eu, aínda que son unha probe vella, cando vín a ise señoritiño ja lle dixen ás miñas fillas que non podía sere b6! Sinón, ¿qué tiña de vir buscare a unha aldeia cativa? ¡Malos días o esfolenl...
Aijiña o noso pazo estaba arrodeado pola gente do lugar. Eu repousaba no eido contemplando com'a toura depinicaba na herba. O sol, ja outo, alumeaba con forza. As núbiles brétemas, ¡probes noivas tolas!, fugían medoñentas de esnaquizárense á bicada apeijoada do fecundante astro. De aló, dos lonjanos montoutos, un meigallo estranho deitaba nos corazóns inquedante saudade.
A MORTE DO VIDUEIRA
Na percuranza de fertuna o Vidueira migrara ó Nóvo Mundo. Coñecía as Reprúbicas do Prata e mais o Brasil. Longe da terriña, o coitado morríase de cote. ¡Mesmo parecía que Deus se esquencía de ill Dimpois, foise afaguendo. ¡Cantos traballiños aturaba pra juntar catro cartos e voltar aijiña ó seu lar, ó carón da sua muller e dos seus filliños! Pro, eso sí; se non levaba cadelas de abondo pra o ensino dos rapaces, logo endejamais tornaría á sua terra. E cando todo camiñaba tan bén, o pobe do home púxose malado e os menciñeiros aconselláronlle mudar de ares. Entón o Vidueira embarcou pra España.
A doenza do americán acababa co-il. A espiñela crováraselle de lanzaliza que era. O bafo mancáballe ó andar un pouquiño. Non podía subir unha congostra. Cuspía mais que un pote furado. E alá, dentriño do peito, asubiáballe a cotío un run-run de vento mareiro.
Nos seus solitarios paseiños detíase á carreiriña do can, alentando con traballo. E ollando cara a lonjanía, remegía a cabeza, coma se fora parrafeando. ¡Quén lle dira, cavilaba o triste, aínda que soilo fora por unha vegada, poder tripar cos seus pés o pó de aquiles rueiriños tan queridos, nos que jogara cando neno! Por iste pasadeiro gosto, ¿qué non sería capaz de faguer?... Logo unhas pingotas grosas remuiñaban nos seus ollos, tumbándolle coa brilantez de pérolas polas meixelas: ¡il, o Vidueira, ja non tiña folgos pra rén!...
O Vidueira adoecía ademais de outro mal: unha genreira fera ós cregos. A il que lle non vifiesen con monsergas. O home civizado ten de vivire cara ó Progreso, como vivía il e os países americás. Alí a xente traballaba; pro como non gobernaba a teocracia, todo o mundo ganaba, salfería e disfroitaba da vida. Nas juntanzas dos socialistas tamén escoitara de abondo o mesmo argumento: A España estaba probe polos curas. ¿Non vía il como na América se non atopaba unha sótana; pro ollábanse carreteiras, granjas, trés, escolas e fonógrafos, moitos fonógrafos? ¿Úla unha cousa como o demo de aquila maquiniña que apesar de sere de ferro cantaba tan bén, que daba genio ouvila? É certo, cavilou o Vidueira. ¡Os cregos son a causa do atraso da España! Por isto ó falare con aquiles malpocados aldeás pechaba asín as suas conversas.
—¿Entendédelo ben? Namentras lle non chamusquedes o lombo ós cregos, viviredes no atraso e na iñoranza. Nas Américas, amigazo, en ningures sintín os corvos, nen ninguén me veu co conto ise do infermo. ¡O infermo, hom, sí que cho ten eiquí o labrego esfameado que non gaña pra mercar broa aceda! E regañando os dentes de ouro, cos cotovelos ameazaba a namigos invisibres.
Pro istas parolas duráronlle pouco. Arreo o malado atallaba mais e mais os seus paseiños. Faguía uns días que se non erguía do leito. Os seus polo día coidaban a facenda. Pola noite, derrengados, deitábanse. O Vidueira hachábase sóo, sen outra compaña qua do fillo pitís.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/b5/b501/b501f041-8b3e-4ac3-863c-86e0620cfca9/115712010.xml
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/b5/b501/b501f041-8b3e-4ac3-863c-86e0620cfca9/11571208.xml
86
—Ne... no, díjolle un día o pai con vós moito xorda, ó...lla na por...ta quen me ven cha... mar.
—Papai, lle non hay ninguén.
Calou. Os ollos fanselle apagando, como o sol á derradeira do mare.
—Ne...no, voltou demandare, ó...lla quen me ven cha...mar.
E ainda ben non fora aberta a porta, valeira, cando Vidueira regafiou os dentes e alongou un brazo ameazador.
—Un ja...ru...to ha...bán, salayou derradeiramente, voltándose cara a fiestra.
E ja non falou mais.
Cando chegou a nai, o pitís contoulle tudo. Aquila noite a infelís muller afogábase no leito. Antre sonos vía sentado ós pés da cama do seu home un señore de traje mouro, ollada frienta, naris de aigue e barba de castrón. Ver endejamais o vira; pro tiñao ben coñecido. A Jesusa queríase presifiare; mais unha forza moito grande lle amarraba as más e lle esmagaba ó corazón.
—¡Arrenegado seja o demo!, chamou o acordare meia sonenta. Unha soma pareceulle fugir pola fiestra. E sen poderse conter, aínda que era noite pechada, foi buscare ó abade Mouriño.
Os pouquiños, os fachos do Viádego chegaban á pousa do Vidueira.
Miúdos dimpois, o american espernejaba.
Cando os acompañantes deixaron a casa mortueira aveciñábase ó instante do solsahir. A lúa baixaba por tras os petoutos. A sua lus argentina, misturada co verdor dos agros, compoñía un coor de tons esvaidos que espertaban no corazón non sei qué malenconía. Enriba das fragas vianse as fouces famentas do lobo e ouvíanse ouvidos tristeiros.
O ENTERRO
Ó enterro do Vidueira viñeron todos os cregos da comarca.
Levaron o cadaleito en procesión co cadavre de corpo presente. A sua faciana adeviñábase nunha enjoita masa amarela.
Á derradeira os cregos, destemprados, berraban:
—¡Qui Lazarum resucitasti a monumento fétidum!...
NÓS
Atordóaban tanto que se o morto non rexurdía de aquila, era que estaba ben morto.
E os herdeiros, e os amigos, e os que espeitaban algo, enchíanlles de cadelas as faltriqueiras, pregándolles mais responsos.
Os cregos pingáballes tudo o corpo; pro hachábanse satisfeitos coa obriga de misericordia e coa marcha do nagozo. Un cura vello, de ollos redondos, abría o bico dende unha orella á outra. E namentras que con unha man agarimaba á cabeleira ós cachos roja e ós cachos moura, coa outra levaba o compás... dos cartos juntados.
Logo jantaron co abade Mouriño.
A CUCHIPANDA
Un jantar na casa de un crego é algo fantásteco. N-unha fonte, coma unha artesa, tiraron meio porco. Os pouquiños o coitado do porco ficou moito ben enterradiño n-aquiles vandullos venerabres. A mesma sorte agardou a dous carneiros. E ista foi tamén a sorte de catro dúcias de galiñas, coma de seis panelas de peixe.
Polas arteiras viñalles vindo a caldeiradas tan arreo pescozo enriba un flugido quente e roseiro, que estoupaban os probes cregos, ensangándoselles todiña a faciana.
O viño, rapaz novo e mal criado, correntaba nos pelejos vivos do Señore, chamando á berros polo cango e o bagazo, seus hirmaos. Do seu bico sahía un alento fumeiro, carregado de ácidos etéreos. Os cregos esboirábanse aturdidos. Mareados. Desfeitos... Es... ca... chá... ban...se: A espiñela derrámase polo ombrigo. E o peito, cas costas crebadas, derrúmbase con estrondo enriba da mesa. Os brazos abálanse ó vento, coma ponlas fendidas no albre. A cabeza, yugoada pola gorja, dormita sanguenta a carón das táboas. Na sua longa agonía mugen con ronquidos tan doídos que, abrandadas as pedras, treman as paredes...
O abade Mouriño está rojo e esmagado coma un tomate. A domésteca trabao cos ollos acesos e remege os beizos, como se falara coa sua mesmisima ánema.
—Os aldeás, rachou D. Loureán, o abade de Artemes, tefien mulleres é gozana; pro a nós envejannos que comemos millor.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/b5/b501/b501f041-8b3e-4ac3-863c-86e0620cfca9/11571203.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
Ano XIII ★ Ourense 15 de Maio do 1931 ★ Núm. 89
O ESCORDEONISTA
O escordeonista de Romay bule a roldar ó seu amor. Non leva panos de Cambray nin fitas de Rocamador.
O mar de millos en sazón tremola en ondas ó pasar antre abaloiros do luar a follalata do escordeón;
o sapo chifra... ¡probe de il! se lle esnafrou na imensidá a sua frauta pastoril mollada de señardá!;
frores de peito do xestal como elas soñan co escoler abrindo olliños de cristal para voltalos a choer!;
i-en tanto ó lonxe ven e vai a lene espranza de un farol, o escordeonista de Romay desperta os azos do seu fol.
e a estrela nena que escoitou como ela berra pol-a nai...! O escordeonista de Romay toda a campía delotrou!
Nos fusos virxes dos pendóns brincan as notas a tecer fos de longas vibrazóns ensarillados de axouxers;
Música en monllos que alí saía! Freixa de notas en balbor! Antergos panos de Cambray e fitas de Rocamador!!!
conta abrouxado o reiseñor seu matinar ó milleiral, pro o escordeonista boureador fusila as queixas no pinal;
BOUZA-BREY
1931
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/b5/b501/b501f041-8b3e-4ac3-863c-86e0620cfca9/115712019.xml
A fixiene nos nenos
é a garantía da sua saúde física e moral o día de mañá.
No diario aseo dos nenos empree o
“Jabón Sales de la Toja”,
único que ás suas altas calidades meiciñás xunta toda a finura e pre-
fume d'un xabón de tocador. Contribuie ó perfecto dese-
nrolo das criaturas e evita o perigo da escrófula e o raquitísmo.
JABÓN
LA TOJA
ÚNICO EN EL MUNDO
O Xabrón da Toxa
é o mellor.
Honra á Galicia no mundo enteiro
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/b5/b501/b501f041-8b3e-4ac3-863c-86e0620cfca9/115712018.xml
Apareceu o volume I da "Biblioteca Murguía"
DE ESTO Y DE LO OTRO
por Roberto Blanco Torres.
Pedidos a NÓS - Hortas, 20 - SANTIAGO
FOTOGRABADO
Si quer qu-os seus fotograbados sexan o mais perfeito posibres, convenlle envialos aos
Talleres de fotograbado ESPASA-CALPE S. A.
Ríos Rosas, 24-Apartado, 547 MADRID
Droguería e Farmacia MERQUE VOSTEDE
LUIS FÁBREGA Plumeiros RAFIUM
Progreso, esquina a Luis Espada De mais dura qu'os de pruma e limpan millor. Véndese en todol-os estabrecimentos do ramo
OURENSE Andrés Perille - OURENSE
O movimento demóstrase andando ...
O galeguismo léndo as pubricazóns NÓS
Sanatorio Quirúrgico de San Lorenzo
SANTIAGO DE GALICIA
DE LOS PROFESORES
D. Fernando Alsina y D. Antonio M. de la Riva
CIRUJANO GINECÓLOGO
Establecimento dotado de todol-os elementos que exixen a terapéutica e a hixiene modernas, situado nas aforas da poboazón, moí cerca do paseo da Ferradura
Teléfono número 195
Pra detalles, calquera dos Direitores ou o Médico interno
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/b5/b501/b501f041-8b3e-4ac3-863c-86e0620cfca9/115712016.xml
94
NÓS
Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza
RESPOSTAS A UN CUESTIONARIO
RESUME XENERAL DE FOLK-LORE DE SANDIÁS
POR URBANO SANTANA
O propoñerme faguer un resume xeneral de costumes (Folklore) do pobo en que m'alcontro ei d'advertir qu'e un traballo d'investigación que dada sua dificultade e relativa importancia, debera estar encomendado a persoa máis capacitada cientifecamente pra sair ben do fregado; pero, se non ha de ser unha cousa dina d'aprauso e menos de pubricación, cando menos téñas'en conta a boa intención con que o fago anque solo sexa por contribuir e cooperar, nos poucos alcances que sexa posible, a unha laboura necesaria e útil por moitos conceptos.
Por outra parte, téñas'en conta que, o faguelo no lenguaxe do país, éste é tal e como se fala eiquí, pois tamén así reflexará o mesmo tempo un elemento do folk-lore.
Non se me culpe ademáis por'as faltas d'escritura, pois dad'a pouca práutica d'escribir o galego, xa que non se pode salir da casa sin ir armados do castelán pra zampalo en calquera esquina, hayas d'haber boas.
A TERRA, A XENTE, A HISTORIA, LITERATURA POPULAR, ETC...
O pobo está sitiado (na carretera de Villacastín a Vigo) a unha légoa tirada despois de Xinzo, indo pr'Ourense; está a caída, como se for'amurallado por'o NW. d'unha montaña ou mellor dito, un sistema complicado de montes interrompidos por fondadas, pero o chan do pobo é case llano como señalando a prouximidád'Antela.
Según se vai por'a carretera pra Xinzo antes d'andar un Km. a man dereita hay un pequeno pobo da parróquea asentado n'un monte pequeno (monte de Coalloso) chamado Coalloso. Seguindo enderredor do pobo a caída do monte do Coalloso xa no sitio llano vai a carretera a Celanova, partindo da outra desd'a veira mesma do pobo, n'esta carretera está o pobo de Couso que anque forma parróquea aparte é diste Ayuntamiento, está formado de barriadas con nomes distintos (a Manuela, o Tellado, o Pereiro, a Lamardeira, etc...); a un lado soparado do pobo hay un casarío (o Telleiro), é pazo, de D. Eduardo de Cea Naharro (q. e. p. d.) ten o lado unha capilla e non está o pé mesmo da carretera.
O comunal que hay a un lado e outro da carretera esta, «de Couso» chámanlle «as Santas», y'a continuación seguindo a direución indicada ver «o Pegal», «o Rigueirodalén», «Valadoblanco», ésto subindo xa o «monte de Picos, no fondo d'iste, baixando por'o naciente hay unha fonte, «fonte do Mouro» (de que xa falarei); a continuación métese unha depresión pequena, e ven o «Monte d'as Areas» e o do «San Benito», onde está a capilla d'iste Santo (San Benito d'Ouceira), por debaixo esténdese unha fondada «os Vales», «os Muiños»; por esta fondada corre a auga con forza e alí hay varios muiños en ruina e dous qu'inda moen cando lle cheg'auga; despois levántase o «monte d'Ouceira», ond'está situado un pobo composto de dúas ou tres casas e leva o mesmo nome do monte; a continuación métes'o «monte da Raña» e «o do Castro», e así imos xa chegando outra vez a carretera pero por'o N. do pobo.
(A seguir no número próximo).
Obra nova de A. COTARELO VALLEDOR
BEIRAMAR
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/b5/b501/b501f041-8b3e-4ac3-863c-86e0620cfca9/11571204.xml
JORGE BORROW NO VAL DA MAHÍA
Unha mañán de vrau do ano 1837. No camiño de Padrón, car-a Escravitude. Un viaxeiro a cabalo d'unha besta moura, segue os pasos miudos e lixeiros d'un alquilador. Ás veces, o animal rompe a trotar, pero o cabaleiro tíralle pol-as rendas e faino ir amodo. As suas olladas empápanse na verdosa frondosidade da paisaxe matinal. Máis alá da Escravitude, vira á esquerda, por unha corredoira pedruguenta e desigual, chea de silvas que saen dos valos e se prenden nas críns da besta.
É outo, fraco, de faciana oval e cor oliváceo; ten o narís encorvado, os ollos pardos, moi eispresivos, e a boca ben dibuxada; a cabeleira abrancazada, c-un encanecimento xuvenil.
N-aquél intre, vai maxinando que Deus Noso Señor, dende que se revelou o home, serviuse sempre, pra cumprir as mais grandes obras, de medios cativos e insuficientes en aparencia. Viña a conto tal refreisión, porque sendo a misión do viaxeiro difundir a Biblia, dos cinco mil exemplares da edición que tirara en Madrid, xa repartira catro mil novecentos noventa e nove, e pr'as xentes de Fisterra á onde se dirixía n-aquél seu viaxe, non levaba n-o peto mais que un soio exemprar.
A paisaxe e a parola do alquilador, fixéronlle levadeira a camiñata. N-a falda d'un monte, atoparon unha aldea tan pintoresca, que o cabaleiro interesouse por ela.
Chámanlle—díxolle o guía—Os Anxeles, porque a sua eirexa fixérona os anxeles fai xa moito tempo; debaixo d-ela puxeron unha barra de ouro traguida do ceo, que servira de viga na mesma casa de Deus. Vai por baixo da terra dende aquí, hastr-a Catedral de Santiago.
O cabaleiro seguía atentamente a conversa, sin deixar de ollar a longura do val. O alquilador falou tamén d-uns baños, —os do Tremo—que alí había, moi concurridos, por certo, dos santiagueses.
Unha cadea de montes, corría cara o norte, en direición de Compostela. N-unha das cumes, erguíanse as torres almeadas do castelo de Altamira. As aldeas esfumadas na brétema, parecían agachadas nas frondas de albres froitales. Os pinales, abalando mainamente, arumaban o ar de cheiro resinento. Parou o viaxeiro pra esculcar mellor a paisaxe, e arrebolou a mirada de un á outro confín do val. Un bó anaco estivo quedo, aspirando fortemente aquél arumado frescor mañanceiro. De súpeto, saíu coma d-un sono, picoulle á besta, e ald se foi camiño adiante.
Aquél viaxeiro, era Jorge Borrow, un inglés quixotesco que andaba por terras de España difundindo a Biblia. Nacera en East Dereham o 5 de Santiago de 1803. Como o pai era militar, recorreu xa de neno cáxeque toda Inglaterra. Comenzou a estudar humanidades en Dereham, continuou en Edimburgo, dimpois en Norwich, e n-o ano 1815 n-a «Academia Protestante» de Clonmel (Irlanda), onde estaba destiñado o reximento de seu pai. Con eistraordinaria facilidade deprendía lingoas á cuio estudio entregouse con entusiasmo. En 1818 atopou un amigo, Ambrosio Smith, xitano a quen dimpois representou nos seus escritos c-o nome de Jasper Petulengro, e foise co-él ó seu campamento, recorrendo n-a compaña d-aquela xente, feiras e mercados, pra coñecer as suas costumes e deprender o seu falar.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/b5/b501/b501f041-8b3e-4ac3-863c-86e0620cfca9/11571205.xml
NÓS
Mais tarde, Borrow fíxose abogado e colocouse de pasante en casa d-uns curiais de Norwich, mais a sua afición ás leises era escasa. Gorentáballe mais a leitura de libros de viaxes e aventuras, e traducir ó inglés obras escritas en linguas que él coñecía. En 1824, chegaba á Londres c-un bo feixe de traducións. Pasou calamidades abondo n-aquela gran cidade, onde maxinaba trunfar axiña. Nos seus primeiros tempos foi ateo, pero mais tarde, dimpois de complexo proceso psicolóxico, fíxose protestante fanático e aceitou as proposicións da «Sociedade Bíblica Británica i-Estranxeira» de utilizar o coñecemento de idiomas pr-a difusión da Biblia. En efecto, fixo moitos viaxes co-aquél obxetivo. Pero o mais trascendental e interesante, foi o de Hespaña, que deixou inmortalizado na sua obra «The Bible in Spain».
Con ser grande a fantasía de Jorge Borrow, non por eso se deixou dominar por ela hastra falsear a realidade. As páxinas do seu Diario, foinas escribindo á cotío, e do Diario e de cartas dirixidas á Sociedade Bíblica, tomou os materiais pra sua obra. Sabe retratar a vida de entón coas pinceladas máis certeiras, aventaxando en criticismo a cantos literatos e viaxeiros escribiron en col da España de fai un século. Labregos, arrieiros, pousadeiros, xitanos, curas de aldea, alguaciles, mandingantes, pastores, pasan ante nós, e ó velos xesticular i-escoitar como falan, maxinamos atoparnos con vellos coñecidos, escribe M. Azaña.
Tratando de Galicia, non pode fuxir dos prexuicios e descríbea como un país misterioso e descoñecido, perdido na lonxanía entre brétemas, e asolagado de supersticións e meiguerías. Mais non-os estrañamos. De entón acá pasou d-un século e moitos escritores, non xa estranxeiros senón hispañoles, siguen maxinando o mesmo.
MAGARIÑOS NEGREIRA.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/b5/b501/b501f041-8b3e-4ac3-863c-86e0620cfca9/115712020.xml
AGUAS DE MONDARIZ
FUENTES DE GANDARAY TRONCOSO
Propiedad de los Sres Hijos de Peinador
Véndese en todal-as Boticas, Droguerías, Hotels, p‘augas S, E © -Nurans e fe vagós-camas de todol-os trés.
Estas augas, de sona universal son o remedio enxebre e eficacísimo cand‘un quer combater o Artritismo, a Diabetis, Desnutrizón, Obesidades diversas, doenzas do Aparello dixestivo, Anemia e Neurastenia
Riquisma auga de mesa
gaseada naturalmente
Mondaríz-Balneario, áchase á 35 Km. de Vigo
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/b5/b501/b501f041-8b3e-4ac3-863c-86e0620cfca9/115712011.xml
NÓS reiramente. Ó crego sentoulle tan mal ista falla de respeito, que lle brincaron gafas carragentas de acabar con tuda aquila caste.
—Lle non faga caso a gente baixa, díxolle un sangristán. O liberaísmo pasoulle de moda. Olle, senón, o panorama da políteca internazonal ou os libros novos: En todo o mundo frorece a ortodoxia en obras ademirables.
E por primeira vegada na sua vida o jornaleiro do Señore entrou n-unha librería a mercar libros.
¡Cóma se refocilaba coa literatura de estilete picudo e sensibilidá encoiradal! As entranas remegianselle, como se lle aturrasen polos untos. ¿Pois, non? Enalbrando o seu estilete picudo aquiles varudos Sigfridos, arelantes de loita, achéganse ó móstruo do Liberaísmo, sen amedoñárense co estrondo das suas razós eslumiadoras. De un brinco fúranlle o vandullo, escórrenlle o sangue e logo esfólano. Ó escabezalo sorteu tanta auguiña abafante e griseira dos seus miolos, que o Sol afogouse. Os cabalos da Furia levaron a enterrar o seu cadavre amordajado cas trebas no campo da Noite. Á derradeira choraba a Luz e salayaban as Ideias. Ás suas exequias acudiron os cativos asovallados polo móstruo. Ceibes de tudo esforzo e de tudo traballo, xa podían berregar tumbándose: ¡Viva o retrocesol...
Don Loureán pregáballes tan a eido ós seus cofrades encol das novas masvelas apologéticas, que a humildosa e queda vida dos cregos da aldeia rebulen ó longo de algús días ca lumiosa corrente eléutrica da leutura, pro, esmendrellados polo esforzo, aijifia lle votaron ó tarabelo a pousa do seu isolamento espritoal.
O PALIQUE
Don Loureán pujou cos seus cofrades: O seu xantar deveu ser dino de calquer Gargantúa.
—¡Ay, Don Alepiño!, falou o anfitrión virándose cara ó abogado. Rén se ten escrito tan bó, como a «Historia de Cristo», de Papini. ¿Ollou vosté con que pulo bate ós herexes? A min góstanme os homes que ós burros tratan de burros, e ós cás, a pedradas.
—Pois, ¿qué vos direi do noso sabido bispo Don Mendo Candeal?, engadeu o abade de San Ciprián. Léde ista páxea do «Boletín» que de cote levo ó carón do meu peito: «A ise gran parvo de Romanones somente ocurrírselle pode o pensamento de chamar «matrimonio civil» a un aporcallado concubinato.
Logo interveu un crego chosco:
—Vostedes coñecerán un libro dino do votafumeiro; «Ortodoxia», por Chesterton. Iste sabio, apesares de falare ingrés, non ten pelos na lingua: «Os heterodoxos hay que metelos en Conjo».
O CASOIRO DE CAMACHO
De alí a uns días un mozo falangueiro na compaña de unha belida rapaza petaba no portón de Tosteos. O abade Mourifio pechou ó breviario e baixou saúdalos.
—Hola, Camachol, dijolle ó mozo. ¿Qué miragre vos os dous por eiquí?
—Nengún, señore abade. Todo o mundo sabe que eu vivo con ista muller a que juntan dous fillos. É o caso que pola Páscoa o señore abade de Neveiro no nos quixo benzoar a casa. Entón levamos unha vergoña moito grande na vila.
—¿E porqué vos non casades, rapaces?
—Ja llo pedimos ó noso abade, contestou a moza, e dixonos que pra casarnos tiñamos de aboarlle seis pesos de licenza e non sei cantos cartos máis por outras trégolas. Nós respondémoslle que vosté nos casaría por menos, aínda que il dixera que nón.
O abade ficaba caviloso.
—¿E certo, señore abade, que vosté non quere casarnos?, demandáronlle os dous a unha.
—Mirai, rapaciños, contestou o cura con emozón fonda. Mañán eu teño de casarvos de balde. ¿Entendédelo ben? ¡De baldel E enriba ainda vos darei unha enchenta. Somente vos prego unha cousa. Que cando voltedes pola mañanciña, traigades con vosco a todas as vosas amisades e a todos os cas e gatos que atopedes polo camiño...
A reutoral fervía en preparativos. Mesmamente somellaba que outro novo diloivo ameazaba á homidá: Tantos eran os ani-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/b5/b501/b501f041-8b3e-4ac3-863c-86e0620cfca9/115712013.xml
NÓS
91
D A A L E M A Ñ A
POR VICENTE Risco
III. BERLÍN
(Proseguimento)
A certa hora da mañá, virá Fran Tornegg, ou unha asistenta faguel-a limpeza en poucos minutos. Á noite, voltará Fran Tornegg erguel-o asento do sofá, sacar do fondo os estreitos edredós, as sábenas e a almofada de pruma, e encaixar unha cabeceira e uns pés de ferro barnizados de negro, e de camiño, baixará a lámpara de riba da vitrina, e deixaraia enchufada. S'eu estou, dará as noites... E o resto do tempo, baterá somentes o reló, namentras eu durmo, ou me visto, ou almorzo, ou escribo sentado n-unha butaca, na mesiña pequena posta diante d'unha das fenestras.
Pódes'un reconcentrar coma queira, pode un esquecer todo, pode un non ver a rúa nen sintir os poucos autos que pasan por ela, pódes'un isolar do mundo n-unha soedade guateada e embutida en paredes e mobles calados. Está ben.
A esta cámara chégase dend'o pequeno vestíbulo, onde dan tres portas d'outras estanzas, por un pasillo estreitiño e escuro que logo fai sete e vai rematar na cociña, logo de pasar por diante d'outras portas misteriosas, e pol-a do baño. Na cociña, que funciona con gas, traballa Fran Tornegg, recortando moreas d'anuncios dos xornais que prepara non sei pra qué, e ajuntando francos do correio. Ben é certo que Fran Tornegg case nunca está na casa. Case todol-os seráns vai ao Zoo, onde asegún ela, hai eine Kapelle wunderbar. Pra ir, pon un vestido estampado trasparente, de grandes froles en fondo negro, e unha gran pamela negra c'unha gran frol de trapo. Na mesma casa vive unha tía d'ela e dúas sobrinas, unha d'elas, unha morenaza, coma din os hispañois. Se cadra, véñena procurar, ou berran pol-as fenestras do páteo.
—Magdal Magda!
As veces, Magda já marchou.
Fran Tornegg ten unha outa idea da sua raza. Falando do antisemitismo, dixome unha vez que todos somos homes, e que todol-os homes deben ser iguás, calquera que seña a sua fé; máis ao mesmo tempo espricoume que o odio aos xudeus era por enveja, porque os xudeus teñen máis talento qu'os outros.
Semella pouco istruída, e dende logo, da Hespaña non ten nen a máis pequena idea. En troques, debe ser creente, e ademirou moito e meteulle respecto o ver que eu tiña un Crucifixo pendurado riba da mesa de traballo e un rosario e un Kempis na mesa de noite. Outro día, referíndome que me non lembro en que bisbarra se perderan as colleitas, dixome qu'os homes eran moi ruís, e que Deus tiñaos que castigar por forza.
Non embargante, traballa nos sábados coma se tal cousa e os domingos vai ver unha irmá tola que ten n-un manicomio. Marcha moi cedo, e deixa os cafés na cociña, abrigada a cafetera c'un caperucho acolchado.
Fran Tornegg ten alugadas todal-as habitacións, de maneira qu'ela debe dormir atrás d'unha das portas misteriosas do pasillo, n-un cuchitril calquera. Como hai moito que vive na casa, e paga un alquiler d'enantes
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/b5/b501/b501f041-8b3e-4ac3-863c-86e0620cfca9/115712017.xml
NÓS
95
OS HOMES, OS FEITOS, AS VERBAS
LIBROS DE ARQUEOLOXÍA PORTUGUESA
VIANA, Abel.—Estacoes paleolíticas do Alto-Minho. Porto, 1930. Separata do vol. III de «Portucale».
Este estudo que encerra en cincuenta e unha páxinas interesantes novas de arqueoloxía miñota, preséntase con magnífico porte e valiosas ilustracións. O autor, ilustre arqueólogo, esplica o seu autodidacticismo na ciencia arqueolóxica na que tanta fortuna o acompañou. En efecto este volume ten importancia extraordinaria pra a prehistoria galega que forma ca provincia do Minho unha rexión no cuadro destes estudos.
Dende o ano 1924 en que os P. P. da Cruz e Luisier poñen ó descoberto a estación de Camposancos, na nosa terra, descrita pol-o Dr. Fontes—e salvo a cuarcita que iste investigador topou antes en Portucelo (Viana)—teñen logar as descobertas de instrumentos de tipo paleolítico en este país do Noroeste Peninsular: P. Saraiva de Miranda, Serpa Pinto, Afonso do Paço... aumentan as aportacións. Agora grazas ós estudos de tan distintos prehistoriadores a rexión miñota ocupará un lugar preeminente no estudo das industrias líticas antigas que quedaban apenas reducidas ós achádegos dos arredores de Lisboa.
Proceden os instrumentos descriptos por Abel Viana de Lanhelas, Vilar de Mouros, Gondarém, Seixas, San Miguel de Fontoura, Peso, Argela, Moledo, Cerveira Areosa e Vilarelho, que forneceron exemprares típicos do chelense acheulense e musteriense.
Canta sexa a louvanza que de tan fermosa monografía fagamos, será pouca pol-a probidade científica con que están descritas as pezas e pol-as ilustracións que ó estudo acompaña. Felicitamos sinceramente ó autor.
Pol-a nosa conta laiarémonos de que en estes lugares, ó parecer tan ricos en xacimentos paleolíticos non se fagan escavacións metódicas, porque sin estratigrafia non pode determinarse craramente a época do instrumental por moita que sexa a perspicacia tipolóxica do investigador, pois é preciso non perder de vista que, si ben na cen-
cia prehistórica xa se ven craros os perfiles xerais, estes serán revisados á luz de futuros achádegos e surxirán as variedades locais e as subdivisións por cada época dentro da xeografía. A isa laboura soilo se pode axudar simultaneando o estudo dos estratos xeolóxicos co do material lítico asoellado. Iste é o mais intresante ponto do pretendido paleolítico galego-miñoto.
Por elo as dúbidas que suscitou o xacimento de Camposancos a que alude Abel Viana seguen en pé. Pra nós existe un feito incontrovertível: o de que en Camposancos apareceron instrumentos de factura paleolítica en compaña de instrumentos de factura francamente asturiense. Logo, en secuencia, non pode elevarse ó paleolítico a estación, senón que é necesario baixala á industria epipaleolítica mentada, espricándose a mistura de tipos por supervivencia dos de feición paleolítica.—F. B. B.
JALHAY, Eugenio.—O tesouro de Álamo (Moura, Alemiejo).—Sep. da rev. «Broteria» Vol. XII, Lisboa, 1931.
Baixo o modesto subtítulo de «Contribuição preliminar para o seu estudo» danos o por tantos conceptos ilustre investigador portugués unha nova chea de interés: o achádego no lugar do enunciado de un tesouro composto de cinco pezas distintas, tres de elas colares e dúas brazaletes, de ouro todo o conxunto.
Con erudición característica no autor pon cada peza en comparanza con xoias portuguesas—Penela e Portel—bretonas e suecas e o seu decorado suxirelle intresantes paralelos. A figura antropomorfa de corpo triangular que aparez grabada no fecho de un collar laminiforme é de todo punto curiosa. Seu estudo é os dos demais caracteres de cada unha das pezas de tan rico escondrixo lévano a datar as xoias—«n-un período prerromano não mais arcaico que o de Hallstatt», iuda que algunhas de elas puideran baixarse a período mais recente, como o da romanización.
Láminas e dibuxos ilustran a preciosa monografía. F. B. B.
Imprenta NÓS, Hortas 20. Santiago
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/b5/b501/b501f041-8b3e-4ac3-863c-86e0620cfca9/115712012.xml
90
maes que se recollían n-aquila arca de Noé.
A Andreia ainda votara máis morros. Os pais do curiña pecháronse aparvados no seu coarto.
—O noso Manolo, deprencipiou a muller, estache tolo.
E polos regueiros da faciana escorrialle auga salgada, coma de tormenta mareira.
—¿Que lle temos de faguer, miña santa? Il é o dono e ninguén lle pode dicir rén.
E virando as costas, o probe do vello tirou o pano do borso. Os seus ollos tamén estaban inchados polos embates do temporal.
Ó outro día pola mañá, dirigíase cara Torteos unha rebulideira moitude. Os nenos cas suas gorjeiras branquiñas brincaban na devangarda. Logo viñan os noivos cos cuñados e amigos. A retagarda seguían modiño todos os vellos de Neveiro.
Polo esperto ourizonte despreguizábase o sol jurdio e rideiro dos días de festa. Un bafo ligeiriño erguíase da terra e espallábase polo ceo, formando nubiñas de lá moito fina. Enbaixo o Miño acarrejaba pelouros. Como ja vai vello detense a tomar folgos diante dos penedos, séntase enriba de iles, peina a sua longa barba branquiña, e brincando, marmuja coa sua voz cantareira de arrieiro:
¡Ista sí que che vai boa!
¡Ista sí que boa vail..
Fora, á porta do tempro, dous albres alcipreses agionllados e cos brazos ergueitos
bicaban o ár e pregábanlle ó Señore cas suas ondejantes língoas de vibrátil folla:
—Paiciño, doite de nós! Non temos outra mantenza que a parva do orballo; e antre horas, algún torifio de vento, ou algunha regoja de brétema pasadeira. ¡Vótanos unha manchea de auguiña zelmosa, fresqueira e san!
E dentro do tempro, a carón do altare soaba a vos doce do abade Mouriño:
—O Señore, hirmanciños, podrá ir faguendo pouco a pouco todas as cousiñas, do mesmo jeito que as fijo no deprencipio. Mais Il, na sua Bondá, loubando, dégou iste poder creador no home refeito perfeucioado polo matrimonio. Se, pois, polo amore vos asomellades a Deus, ¡querervos con amore moito fondo! ¡Querervos coma a noite quer a lúa! ¡Querervos, coma o eido quer a augal! ¡Querervos coma a volaya quer a frorl...
Logo, decomenzou o banquete. Na sáa vibraban en armoñoso acorde o cristaifio son orquestral do tilín das copas e o metálico timbre das argentiñas voces rideiras. Primeiro, sagrefizáronse as vitelas, idolatradas no Egipto. Siguiron os carneiros, amafiados con mariñas. Dimpóis dos polos, imolouse o místeco Peije, representado no salmón do Miño.
O abade, Mouriño sorría, sorría. Os seus grandes ollos moles rayolaban unha lúz que faguía brilar de contento aquilas carifias singelas, unidas todas n-unha mesma aperta sentimental: ¡Endejamáis unha estrela desenfeijara rayolas tan soavesl...
O sol baixaba, confiado a deitarse no seu tálamo. ¡E cando estaba chegando, a lúa, o pendello da sua muller: ja fugira da casal
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/b5/b501/b501f041-8b3e-4ac3-863c-86e0620cfca9/115712014.xml
da guerra, sácalle renda a casa. Ningún judeu se perde. Logo algo que teña, se ten, o que lle dean os anuncios que recorta ás mañás na cociña, pode que tamén os francos do correio, pra ela soila, débese gobernar.
Na cámara pegada do comedor ond'eu durmo, entrando no piso a primeira porta a mau direita, vin unha muller moi fermosa, qu'os sábados á noite recibe un amante. Unha mañá entrou no meu comedor avisar que me chamaban ao teléfono. Viña do baño, en albornoz, co cabelo rizoso botado atrás e atado c'unha fita, e c'un pito que viña fumando na mán dereita. O tipo era judeu, moi fino e elegante. Non'a volvin ver. Despois mudouse.
Frente por frente, entrando no piso a man esquerda, vivía Herr Rosenthal, a quen me presentaron unha noite diante da casa. Era un rapaz judeu, outo, forte e guapo, moi moreno. Cecais era o que viña petar na porta e marchaba rosmando cando m'eu demoraba no baño. Tampouco o volví ver máis qu'outro día que lle fun dar un recado que trouxeran pra il.
Outro hóspede debía haber na cámara qu'eu fun ocupar o primeiro do mes de San Johan. Non vin endejamáis, coma tampouco ao que veu ocupar a da rapaza fermosa.
A miña nova cámara era grande e tiña dúas portas: unha daba ao vestíbulo e a outra ao pasillo. A fenestra, de meio corpo, daba ao páteo interior, e tiña un radiador debaixo, e dúas vidreiras, aínda sen persiana.
O páteo aquil tiña dous arbres e uns macizos d'herba. Había n-il unha garita na que de cando en cando entraba un home qu'abría a porta con chave, estaba dentro un pedazo, e volvía a sair. Entraban méndigos de pedir pol-as portas; entraba todal-as mañás un home c'un aristón que tocaba tocatas de moda; entraba tamén outro que ceibaba un longo pregón musical do qu'eu somentes comprendía a verba papier; entraban señoritas e homes. D'unha fenestra outa viñan as notas d'un piano.
Outras veces viña alguén e berraba ollando pr'as fenestras d'enriba: —Allo! e d'enriba surtían responderlle. O ceo cadraba aló enriba, moi longe, e pra ver pasal-os aeroplans, había que botal-o corpo fora.
A cámara tiña unha grande alfombra escura. Unha mesa grande de comedor no meio, estilo dito inglés, c'un tapete verde negruzco moi vello qu'a tapaba toda e caía pol-os lados e no meio un pano branco. Sobre d'ela, unha lámpada de pantalla de seda sostida con cordés, pendurada do teito estucado.
As paredes empapeladas d'escuro, chegando preto da escocia d'estuco, e as portas pintadas de branco brilante. Había, coma digo, dúas portas. A do vestíbulo facía chaflán no ángulo de dúas paredes. Na da dereita, o leito de ferro coa cabeceira ergueita, gran cadrante, edredón delgadiño de tea bermella, alfombrín, e mesa de noite sen orinal, onde Fran Tornegg puña o meu calzado. A mesa de noite con táboa de mármore coberta c'un tapetiño branco con encaixe, tiña enriba unha pequena lámpada d'enchufe con pantalla de seda bermella.
Na parede onde daba a cabeceira da cama e a mesa de noite, había tamén un moble, sorte d'entredós onde puña a roupa branca. Seguía a porta que daba ao pasillo.
Na outra parede, por frente ao do leito, había de dereita a esquerda, un lavabo antigo, pechado, con caixós e mesa de mármore e un estantiño tamén de mármore e espello. Enriba había unha gran barreña e un jerro de porcelán branca con deseño azul estilo modernista. A toalla pendurada á dereita d'un torno de metal por meio d'una presilla de fita cosida. Despois a mesa de traballo, moi vella, con caixós e alacenas debaixo, e taboleiro coberto de úl deslocida.
Eu fun quen puxo alí a mesa e puxen enriba uns estantes pra os libros, pra d'iste geito ter unha mesa coma teñen os cregos da aldeia na nosa terra. Nos estantes puxen os poucos libros que trouxen, e logo os jornais e libros que fun mercando; mais tamén puña alí, ás veces, cousas de comer e de vestir, ou de limpar a roupa. A pequena lámpada d'enchufe da mesa de noite, podíase traguer á de traballo, ond'había outro enchufe. E ben cumpría, pois a estanza era escura, e ás seis do serán já había qu'alcen-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/b5/b501/b501f041-8b3e-4ac3-863c-86e0620cfca9/11571206.xml
Borrador OCR local de apoyo. Úsalo solo como pista débil cuando la imagen sea ambigua; si contradice claramente la imagen, prioriza la imagen:
0
ABADE
NOV
NA REUTORAL DE TORTEOS
Na orela do Miño prendeu o concello de Neveiro. Alén-rio érguese como unha pomba a vila portuguesa de Montão. A liña crovada de unha carreteira trascorre o val, cheo de piñeiraes mansos. As suas poulas frechadas voan cara ó ceo n-un vóo infindo, a cotio abaladas polo maino vento ribeirán.
Antre a farturenta compaña do río e da calzada nova atópase unha aldeíña de casas brancas: Torteos, a un kilómetro de Neveiro. Por unha congostra báixase á reutoral. Un cruceiro e unha forja amostran ó camiño. A batida do ferro ja soa talmente como un sino rideiro.
A reutoral, obra do século XVII, é unha mistura do renacemento e da antiga arquitectura dos petrucios galegos. Da sua frábeca primitiva somente fican ergueitas as outas torres e o portón. O resto da casa son remendos rebulideiros.
Cando petei n aquila porta acolléume o sorriso do abade Mouriño. Niste intre o men amigo tería trinta anos vividos na gracia do Señore. A cabeleira, toda branquiña, ca-
híalle na faciana como unha croa de santi-
dá. As meixelas, moito grosas, dábanlle ar de angiño. Os seus grandes ollos moles ollaban nas almas con moita mansedume.
Os pais do curiña aledáronse moito coa miña chegada. Pola contra, a señora ama víame de reollo. E cando se decatou de que o crego me gardaba a meirande estimanza, cizanou en namisarme co il. Aijiña com-
MOURIÑO ELA
POR MANOEL GARCÍA Paz.
prendín o que pasaba alí: O abade Mouriño adicáballe ós seus un cariño puramente cristián. Pra il todos éramos igoaes diante de Deus: Por iso trabucaba ós propios e ós alleos n-un mesmo amore. Os vellos non lían tan fondo na moral e coidaban que aquila besta da serventa lles roubaba o agarimo do fillo con tantiños traballos estudado. Ista foi a causa de tan boa acollida: Ollaban en mín un novo elemento na batida contra a meiga.
Andreia, a ama do cura, aínda que pequeneira, non era unha muller calquera: Contados homes nas catro bandas podíanse gabar de uns bigotiños tan ben feitos como os de ela. O seu corpo, unha bomba. Enriba da bomba, unha bola mais pequena. Un pano cheo de voltas penduráballe encol dos hombreiros, tapándolle as meixelas. Dous ollos pelejeiros ajijando dende unha silveira de crís bravas. Abaixo, unha naris de moucho. Un anaquiño mais abaixo, uns morros de boy. Eis o telderete da faciana de Andreia.
Un domingo pola mañá a criada me non espertou pra que non chegase á misa. A ladra ben sabía que o que non asistía ó Santo Sagrefizo o sefiore abade ja o daba por chamuscadiño nas caldeiras do Voteiro. As derradeiras baleladas acordei, vestínme de un brinco e chanteime á beira da pila da auga bendita. Ela estaba ó pé do altare, reloucando de contento pola miña demora. Ó través da silveira de crís bravas escandilábanlle os ollos cheos de trunfo. ¡De aquila si que eu estaba perdido! O sangue ja lle
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/b5/b501/b501f041-8b3e-4ac3-863c-86e0620cfca9/115712015.xml
NÓS 93
del-a luz, pois ficaba todo n-un lusco-fusco tristeiro e gris que pesaba riba do curazón. Viña logo o esquinal, ca fenestra en chaflán, de duas vidreiras, sen persiana, con cortinas de correr e store de baixar. Debaixo d'esta fenestra había un radiador e diante puxeron o meu baúl. Eu sentábame moitas veces a ler n-aquil baúl, debaixo da fenestra, com'un emigrante, no serán tristeiro. As veces solprendiame o Fernández Armesto, que petaba caladiñamente nos vidros.
Na outra parede había primeiro un armario d'espello onde gardaba a roupa. O eterno e vulgar almario d'espello que dá a volta ao mundo, heraldo da banalidade moderna. Almario de cuarto d'hotel, de casa artesán ou burguesa que repite pra pouco, luxo ainda na aldeia, cursilería por todos lados. Despóis unha chaise-longue coberta c'un pano antigo d'oito puntas, já moi vello, e c'un almohadón enriba. Era ond'eu deitava a saudade, n-aquil asentadoiro tan cómodo e mol como ridículo e evocador de cousas feias. Mais soñando ou facendo ensame de concencia, esquécese todo, ata ond'un está.
E voltamos estar na porta por ond'entramos.
Había ademáis tres cadriños pendurados da parede. Un, nos pés da cama, era unha paisage torpemente feita, atal qu'o torpemente feita qu'estaba era o único intrés que tiña. Outro, riba da mesa de noite, era unha sorte d'augarela ou cromo repersentando unha escea d'amores: duas testas, unha de muller e outra d'home beixándose; os dous boniteiros e repunantes, co-ise tipo de beleza vulgar e estúpida dos artistas de cine. Já me non lembro do outro cadro. Somentes sei qu'aturei por tres meses esta pinacoteca, en forza de non ollar pra iles.
As horas qu'eu alí pasei, debullando o Maunhardt, os volumes de F. F. Communi- cations, o Leabhar Gabhala, un libro estúpido de Horacio Mann, etc., n-un silenzo absoluto, no que ata semella que s'oien pasar pantasmas pol-o pasillo, nos seráns de chuva e de trono, escuros e calados, non son pra ditos.
O pasillo alfombrado e coma guateado d'esta casa é escuro coma boca de lobo. Por il hai qu'andar atoupiñando, e no esquinal do sete, no cóbado que fai, n-a quil recanto, o máis escuro, o máis sumido na tréboa, onde s'acochan todol-os ratos, todal-as chinches, todal-as cascudas e todal-as pantasmas, lurpias e maus espritos da casa, alí está escondido o teléfone, que de cando en cando, apelida por un co seu timbre a un tempo firente e apagadiño, co seu misterioso asubío de serpe. Eu collinlle terror ao teléfone, porque co-il si que me meto n-un mundo estrano onde non podo agardar comprender nen ser comprendido por ninguén. Nen sei o que me din, nen podo dicir cousa a dereitas. E logo aquil curruncho, aquil fondal do mundo habitado ond'o ten Fran Tornegg, é espantoso. Benia a que gracias a il non pode haber na casa cascudas, chinches nen ratos, porque todos teñen qu'ir dar alí.
Fica a Toilette, impace onde vai unha calo de bafo de besta, alumeado por unha fenestra outa que abre e pecha por meio d'un pau de ferro, posta aló no cabo d'una barrela, ond'hai trastos vellos. Hai unha barreñiña con grifo, water e un bon baño con auga quente e fría e aparello de duchas. Alí dentro, hai que ter a luz eléitrica acesa.
Horas fecundas e horas grises da miña vida ficam pechadas pra sempre na casa escura de Fran Tornegg, Waitzstrasse 3, Berlin, Charlottenburg. Qué é o qu'alí agardan esas horas?
(Continuaráse)
Xa apareceu
O DERRADEIRO AMORE
Novela, por Aurelio Ribalta