García Paz, Manuel

1895 - 1990

Foi un escritor e latinista e catedrático de instituto galego.
Aínda novo marchou a Vigo onde traballou de aprendiz primeiro en Faro de Vigo e despois na imprenta La Nueva Prensa de Enrique Heraclio Botana. Iniciou a carreira eclesiástica, que abandonou para estudar Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e en Madrid. Foi profesor de ensino medio en institutos galegos, casteláns e andaluces. Colaborou en Nova Galiza cun artigo sobre Jacinto Santiago.
Dominaba varias linguas (sánscrito, grego, latín, árabe, alemán, inglés, romanés, italiano, francés...).
Na revista Nós publicou en 1931 a novela "O abade Mouriño", cadro rural con intención humorística.

En 1935 publicou a súa obra máis destacada, "IV Melodía. Desfíe de ambente galego", novela prologada por Jacinto Santiago e destinada a formar parte dunha tetraloxía, permanecendo, porén, os tres volumes restantes inéditos.
IV melodía é un libro estruturado en tres apartados: "¡A roda, roda! (parvadas)", "A vianesada ou a creación xeórxica (acción épico-folklórica)" e "Casamento de aldeia (cine sonoro)".
Galipedia

Ver na liña do tempo
Imagen de García Paz, Manuel

Detalles


Lugar de nacemento Santiago de Compostela - España
Lugar de falecemento Pozoblanco, Córdoba - España
Actividade Lingua latina
Ocupación Profesores , Escritores

Presenza na revista


http://gnoss/B501F041-8B3E-4AC3-863C-86E0620CFCA9

Autor da revista Nós

Persoa relacionada

Organismo relacionado

García Paz, Manuel

Artigos

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Nós - Ano XIII Num. 89 (15/05/1931)