https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a8/a84d/a84d9773-0034-4049-9891-6db07daadd9d/11571937.xml
Craro está que a anta de Argalo por falla de longura no seu corredor e tamén pola sua feitura que non é completamente circular, non pode paralelizarse esaitamente con ningún de aquiles monumentos, mais é indubidábel que se aproisima a íles moito e que as suas diferenzas cos outros dólmens galegos, de pranta nidiamente poligonal e de grandor mais cativo son ben patentes.
Por outra parte é sabido que a cultura dolménica galega, despois de un primeiro momento en que aparece identificada ca da fase a) do eneolítico inicial portugués (cerámicas lisas, machados de pedra, facas de pederneira e puntas de frecha de base convexa de Vilamarín, Cea, Melide, monte do Viso e Monte Albán) perde o seu contacto cas terras de alén Douro pra non voltar a recobralo deica un eneolítico pleo ou case findeiro en que escoan no noso chan elementos pro-
pios da cultura do sul de aquil río (cerámica riscada do monte do Viso, ídolo cilindro da Caeira, machado votivo de mármol, de Lalín, punta de frecha de base cóncava da Lagoa Antela e cicais os anacos de vaso campaniforme do Museu Arqueolóxico de Ourense), podéndose arriscar en secuencia do dito, a hipótese de se a forma tendente a circular da anta de Argalo non será un feito concordante cos apuntados e se non responderá tamén a un infruxo da civilización eneolítica do centro e sul de Portugal que nas súas fases pleo e findeira tivo o seu mais vizoso florecer e o seu maisimo inzamento.
É iste un problema que deixaría resolto o coñecemento do moblário da Cova da Moura, mais por disgrazia o estado de remeximento en que se alcontra o interior da cámara, fai que abriguemos moi poucas espranzas respecto os resultados de unha esprorazón nas camadas fondas que ainda cobren parte dos esteios.
É tamén digna de nota a incrinazón cara o
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a8/a84d/a84d9773-0034-4049-9891-6db07daadd9d/11571938.xml
24
norleste que presenta o corredor de ista anta, e que non pode aporse a un maquiamento posterior das pedras, dúas das cunes áchanse rigorosamente in situ. Iste mesmo fenómeno por certo ben esceizonal tivemos ocasión de observalo n-un dos dólmens das
MTAÁA
(Fig. 20) 1 e 2.—ORCA DOS JUNCAIS, PINTADAS (LEITE DE VASCONCELOS); 1.—DÓLMEN DE SOTO, INSCULTURADA (OBERMAIER) 4.—SORIA INSCULTURADA (CABRÉ).
Maus de Salas (Muiños) pubricados recentemente por un de nós n-unha revista ourensán. (22)
AS MÁMOAS DA FREGUESÍA DE CAMBOÑO
(Véxase mapa núm. 9)
Están emprazadas istas mámoas no monte Iroite, o mais outo da Barbanza e pertence á freguesía de Camboño situada na banda que cai pra ría de Noia.
As mámoas son tres e a mais importante de elas e a relativamente millor conservada mede 27 metros de diámetro e conservarestos esborrallados de un grande dólmen coñecido no país co nome de Casamea.
Consisten istes restos en dez pedras (figura 17) cuio grandor oscila entre 3 metros que mede a sinalada ca letra a) á 1 metro. Na posición en que se alcontran todal-as laxas non é doado o intentar nin aproisimadamente unha reconstrución da verdadeira forma do megalito. É posibel que a pedra b) que ten 2 metros de ancho por tres de longo servira de tampa e que a marcada ca letra a) fora a que fixera a cabeceira, e parez asimesmo posibel, pol-o numero de laxas que o dólmen tivera un corredor, xa que as cáma-
NÓS
ras das antas galegas teñen normalmente cinco ou sete esteios.
A uns 70 metros cara o sul da Casamea están as outras dúas mámoas, afastadas 8 metros unha da outra. A situada ó oeste mede 16 metros de diámetros e a do leste 10. As dúas alcóntranse espoliadas ata o punto de nonollarse n-elas ningun vestixio do dólmen.
FOLKLORE DA CASAMEA.—No mesmo monte que as mámoas existen algunhas penedas con esmonaduras que ofrecen figuras caprichosas, que por vegadas, queren imitarse unha miga a alguns sinos numeraes. Ó parecer e asegún os relatos coincidentes de Xesús Calo Piñeiro, do lugar da Eirexa, freguesía de Cures, de 23 anos de idade e de Xosé Brión, veciño de Noceda e de 64 anos, taes esmonaduras son crara indicazón de tesouros acobillados.
«Os mouros cando fuxiron deixaron os tesouros gardados con sinaes pra topalos cando volvan algún día. Isto conta pol-o menos un libro que ten un ferreiro de perto de Noia, libro que non amostra a ninguen. Dise nil que na Casamea hay un gato de ouro e na pedra marcada c-un número 4 hai un lobo tamén de ouro, cuia figura se ve por fora».
Iste relato de Xesús Calo foi confirmado en todalas suas partes por Xosé Brión, agás no número da peneda que il dixo ser un 3, e ainda nos amostrou a tal peneda que presenta en efecto dúas esmonaduras semicirculares xunguidas, que n-algunha cousa semellanse a aquil número.
E ista dos tesouros da Casamea unha variazón da tan estesa consella dos haberes
(Fig. 21) 1.—GRANJA DE TOÑIÑUELO (MELIDA); 2.—CUEVA DE MENGA (MERGELINA); 3.—TABLE DES MARCHANDS (LE ROUZIC); 4 e 5.—NEW-GRANGE (COFFEY)
atuados. Compre así e todo sinalar n-ela a forma que revisten istes tesouros barbanceiros, un gato e un lobo, e a circunstanza de estar atuados precisamente baixo de penedos esmonados, ós que a tradición popular
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a8/a84d/a84d9773-0034-4049-9891-6db07daadd9d/11571935.xml
NÓS
cara o noroeste. Ten 14 metros de diámetro.
Mámoa núm. 2.—A 50 metros da anterior cara o oeste e de 14 de diámetro.
Mámoa núm. 3.—A 100 metros da anterior cara o noroeste e de 16 de diámetro.
Mámoa núm. 4.—A 90 metros cara o norte do cruceiro e de 8 de diámetro.
Todas elas estão moi remexidas e rebaixadas, apresentando no meio um burato ancho e fundo e nas veiras zanxas que foron abertas sen ningunha dúbida, pra tirar doadamente pra fora os esteios das antas, podéndose deducir con inteira certidume de iste dato, que a necrópole en custión era dolménica.
Escavamos as tres primeiras mámoas, sen que en ningunha delas aparecera ren dino de ser menzondo.
OUTROS NÚCREOS DOLMÉNICOS NA BISBARRA DE SANTA UXÍA
(Véxase mapa números 5, 6 e 7)
Debemos o conhecimento de istes núcleos dolménicos ó nosso amigo Manuel F. Sendón, que nos remitiu en col de íles notizas interessantes, que publicaremos despois de rematados os traballos esporádicos que matamos facer n-ista primavera.
Pol-o de agora, adiantaremos somente que os núcleos en custión alóntranse situados nas abas do monte de San Alberto, nos termos da freguesía de Oleiros e nas proximidades do pazo da Soledade e do caminho de Carreira á Corrubedo, é dizer, nos mesmos lugares en que a sua existencia foi sinalada pol-o P. Sarmiento.
Moitas das câmaras dolménicas están por completo derramadas, mais algumas conservanse ó parecer num relativo bo estado, que deixa um marxe de espranza, respeito o froito que se poida tirar da sua escavação.
A ANTA DE ARGALO
(Véxase mapa número 8)
Asegún queda consinado nas notas biblio-
gráficas é iste monumento, entre todol-os da Barbanza, o que conta c-un maor número de referenzas, sendo as mais esaitas e precisas as fornecidas á revista «Galicia Diplomática» pol-o seu suscriptor D. Fernando Mon Vázquez.
Alcóntrase emprazada a anta, conhecida co nome de Cova da Moura, na freguesía de Santa María de Argalo, Concello de Noia, n-un monte chamado do Paramo, distinto do outro Paramo que coroa a serra, e a 1 quilómetro da marxe esquerda da estrada de Ponte Goians á Noia e á mesma distancia aproisimadamente de ista vila.
Ata hai pouco tempo conservou o dólmen a sua coberta, cuias mensuras consináronse na nota da «Galicia Diplomática» denantes citada, e ainda poidemos nós precisar a data da sua desapareción, cara o ano de 18%, pol-as novas que nos foron fornecidas pol-o ilustre poeta arousán Lisardo Barreiro e por D. Manuel Alcalde rico propietario, veciño do lugar de Merelle, na freguesía de Tállara.
Ten agora o dólmen (figura 15) nove pe-
(Fic. 15.)
dras, das que sete fan a cámara e dúas forman a banda da esquerda do corredor, notándose a carón de elas a fecha que deixou ó ser maquiada unha das laxas da banda da direita e dexergándose tamén nidiamente fortes vestixios da mámoa.
A pranta da cámara (figura 16) é case circular e o seu diámetro máisimo atingue os 4 metros, medindo o ancho dos esteios de 170 metros a 80 centímetros, e sendo a sua outura visibel perto de dous metros e meio n-alguns lugares.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a8/a84d/a84d9773-0034-4049-9891-6db07daadd9d/115719314.xml
son na realidade restos das obras menzonadas.
No corte da zanxa recollimos entre restos cincentos de fogares, alguns anacos de cerámica castrexa, decorado un de iles con circos concéntricos estampados.
FOLKLORE.—Hai coma de cote a trabe de ouro e a de alquitrán que van aiquí dende castro de Santa Adega o da Madanela e hai a cántiga consinada xa ó falar do castro Morgadán.
Castro Morgadán
Ten vintecinco á sua man.
Soilo o da Madanela
Lle da pol-a barbadela.
O castro da Madanela é moi antiquismo e o tiveron os mouros moito tempo ata que os botaron os cristianos e os mouros están dentro. Unha vez perdeuse unha rapaza que se chamaba Manuela e a nai pasou perto do castro berrando: «Manuela, Manuela» e dentro do castro un mouro contestaba: «Unha cociñada e outra fritida Manuela está na miña barriga».
BIBLIOGRAFÍA.—Inédito.
(Catalogado por Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco e Florentino L. Cuevillas).
Número XI
MONTE DO PIÑEIRO
EMPRAZAMENTO.—Na provincia de Ourense, concello de Cea, perto do lindeiro co de Vilamarin, freguesía de Viña. Posto n-un montiño de cativo altor na veira esquerda da estrada que vai de Ourense a Sant-Yago. Domea parte da bisbarra de meia montana das alcaldías de Cea e Vilamarin.
DEFENSAS.—Non é doado dexergar con esaititude a disposición das defensas de iste castro moi magoado pol-os valados de construción moderna e pol-o inzar dos torgos dos piñeiros que case cobren a sua superficie. Ten no curuto un achairado pequeno con irtos penedos na estremidade norte e por baixo un aterro que en moitos sitios confundese coa aba do monte que mede pol-o norte 21 metros, 40 pol-o leste e sul e 51 polo oeste. Despois de iste aterro ollase pol-a parte do norte un ó xeito de segundo recinto cingido por un parapeto de 6 metros de outo que se alonga cara fora n-un novo aterro de 20 metros.
MENSURAS.—O pequeno curuto achairado mede:
Do norte ó sul . . . . . 22 m.
Do leste ó oeste . . . . 14 m.
Iste curuto e de forma ovalada e presenta un estreitamento na veira do suleste.
O segundo recinto que se olla por riba da estrada mede 15 metros.
OBSERVAZÓNS.—Non pudemos facer ningunha de intrés.
FOLKLORE.—Un homiño xa vellote a quen preguntamos dixonos somentes que había alí unha grande mina de ouro.
BIBLIOGRAFÍA.—Inédito.
(Catalogado por Leuter G. Salgado, A. Amoeiro, Vicente Risco e Florentino L. Cuevillas).
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a8/a84d/a84d9773-0034-4049-9891-6db07daadd9d/115719321.xml
NÓS
OS HOMES, OS FEITOS, AS VERBAS
Pechado xa o noso número anterior, chegounos a nova da punxente disgracia que tan crudelmente viu ferir ó noso Castelao. Castelao perdera ó seu fillo Antonio. Non saberíamos espresar o noso sentimento de fondonísima pena, de fraternal tristura diante da tremenda mágoa do benquerido irmán do compañeiro a quen NÓS deb’o nome e a i-alma, e que conosco levou traballos e desenganos e acariñou espranzas e ilusións.
Poucos homes haberá que coma Castelao seipan xuntar ó xenio a bondade e que seipan ser pais coa fonda tenrura coma il o era. Ben merecente é de qu’os corazóns xenerosos s’acheguen ó seu, pra sentiren coil a sua coita e levaren o consolo do seu cariño ó mais grande artista que ten hoxe a nosa Terra.
EN BÓS AIRES.
ÍNDA non chamamol-a atención dos nosos leitores car’a Semán Galega de Bós Aires. Cand’iste número salla, xa habera novas d’ista xurdia demostrazón de sentimento galeguista. Pol-o d’agora chegounos somentes ó número de El Despertar Gallego do 16 de Nadal, día en que principiaba a Semán, que non avanza mais qu’o Programa xa ben coñecido en Galiza. Trai tamén o estraordinario adicado á conmemoración do Mariscal Pardo de Cela. Loitando coas mesmas resistenzas e coas mesmas envexas dos espritos cativos e a mesma indifrenza dos outros, con que loitamos eiquí, un fato de bós galegos, d’un nivel intelectual ben superior, traballan arreo, c’unha orientazón firme e crara, e c’unha sensibilidade e un tino perfeitos, pra ergueren por fin a concencia racial. A Semán Galega ha ser un dos seus trunfos.
A ESPANSIÓN DA CULTURA CATALANA
D’UNHA palabra que tivo o xornalista Navarro Costabella con Xoan Estelrich, neso ilustre amigo, queremos facer unha síntese moi dina de ser coñecida dos leutores. Xoan Estelrich foi á París para sental-as bases d’unha biblioteca de estudos e literatura catalanas. D’acordo co’a casa editorial francesa «Les Belles Letres», unha das mais importantes da ville lumiere, axiña escomenzarán a imprentárense traducidas á lingua de Moliere, manuais de gramática, de historia, de crítica e as millores obras dos escritores de Cataluña. Tan axiña, que ha ser elo n’este mesmo ano.
Unha das primeiras cousas á traducire, unha gramática en francés para deprender o catalán feita por Pompeio Fabra e un resúme da literatura de Cataluña obra de Nicolau d’Olwer. Logo unha antoloxía dos poetas maiores do rexurdimento da mesma terra e un manual d’estudos de carácter bibliográfico. Este será o millor meio de difusión do catalanismo cultural nas universidades francesas, entr’os profesores romanistas e entr’o gran público de todol-os países que lé na lingua gala.
Como por outra parte ténse iniciado na Franza un movemento europeista para unha aición de conxunto no aspeito da cultura internacional, do que son cabezoleiros homes de moita sona, a Xoan Estelrich se lle encarregou un libro sobre M. N. que, con outros mais, publicaráse en diferentes idiomas.
Xoan Estelrich tamén dou unha conferencia encol de orgaización cultural na «Casa da Democracia» de Valencia. Persentouno Justo Gimeno e falou logo Fiz Azzati. Dito acto cóidase que sexa froitifero para o progreso do valencianismo que hoxe xa conta con feixes de mozos que lle renden culto alceso.
Na mesma cibdade do Turia, Almelo Vives anuncia a publicación de diversas obras catalanas traducidas ó castelán. E en Palma de Mallorca surtirá axiña unha notabre revista de letras e ciencia nomeada «Nostra Terra». Colaborarán n’ela mallorquins ilustres e cataláns de sona.
Estes e outros froitos veñen colleitándose gracias á Esposición do Libro Catalán que se fixo fai pouco en Madrí. Por semellante camiño o do recobro da propia lingua, Cataluña internacionaliza a sua cultura. O que proba o tantas vagadas dito: que somentes un pobo logra ser universal canto mais cultiva a sua orix nidade específica. E a orixinalidade específica deita, como en ningures, no eido do idioma natural de cada terra. Non hai que lle dar voltas. Sempre foi asín, e asín ha ser sempre.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a8/a84d/a84d9773-0034-4049-9891-6db07daadd9d/115719326.xml
Use o novo cristal PUNTAL, fabricación de Zeis, e escrusiva da
CASA DE LOS LENTES
Plaza Mayor, 18. OURENSE.
FOTOGRABADO
Si ten intrés en que os seus fotograbados sexan os mais perfeitos posibres, convén-ile envialos aos
Talleres de fotograbado ESPASA-CALPE S. A.
Ríos Rosas, 24-Apartado, 547
MADRID
Este nome xa é por si unha garantía, pois son os talleres mais modernos e orgaiza-dos para realizar na sua maisima perfei-ción toda crás de fotograbados en cinc, cobre; tricomias, cuatromias, etc...
O seu servicio e extra-rápido.
As suas obras son perfeitisimas.
Suscribase a
"A NOSA TERRA"
Idearium das Irmandades da Fala e á
NOS
Boletin mensual da Cultura Galega
J. CALVIÑO DOMINGUEZ
Abogado-Procurador
CANTÓN PEQUENO, 1-(OFICINAS)
Teléfono, 581. A Cruña.
Trasmita os seus encárregos
-tipográficos a-
NOS
e ficará complacido.
-Baratura,
-perfección
-prontitude.-
Real, 36-1.º A Cruña.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a8/a84d/a84d9773-0034-4049-9891-6db07daadd9d/115719310.xml
26
bran nos cabos pra sinalar os pes. Os brazos; executados c-un riscado mais ancho e menos fundo que o do resto da figura, abren se en cruz e aparecen rematados pol-as mans, das que a direita está aberta e a izquierda pechada, ollándose n-ela cinco furadelas que parecen querer imitar as saicnzas dos cotobelos.
A figura superior, probabel representazón solar, consta de unha ó xeito de peana que
1
2
a
b
c
d
e
(Fic. 23) 1.—Galicia-a) e b)-Outeiro dos Campiños (Sobrino); c) Caeira (Sobrino); d) Xinzo da Costa (Barros Sibela); e) Mogor y Salcedo (García de la Riega).
2.—Península Escandinava-a) Noruega; b) e c)-Suecia (Montelius-Reinach).
sosten por meio de un vástago, un circo con catro radios, de cuios cabos saen nas bandas laterales e na de enriba, raios diverxentes. Fixándose na aitude da figura antropomorfa e na sua posizón con respecto ó disco radiado e radiante, poderíamos interpretar o conxunto de ista inscultura como unha escea de culto heliástico e relazoala cas conocidas
NÓS
teorías relativas ó papel xogado pol-o sol, símbolo do poder vivificante e xerminativo, nas vellas crenzas necrolátricas, mais coidamos perigoso fundar hipotesis en terreo tan pouco seguro e asin limitáremonos a procurar ás insculturas da Casota do Paramo, alguns paralelos que non poderán tampouco ser esaitos, pois non sen motivo as calificamos de orixinaes.
Atópanse de abondo nas antas, asegún mais atrás deixamos reseñado, as representazóns estilizadas da figura humán en forma de cruz, mais as pinturas ou insculturas que como a nosa conservan lembranzas naturalistas son por contra moi pouco frecuentes, podéndose citar apenas as dúas da Orca dos Juncais (Beira) e outra do dólmen de Soto (Huelva), que ofrecen un grado de esquematización algo semellante á da Casota de Paramo, anque por outra parte non presentan entre si craras imitanzas. (fig. 20, núms. 1, 2 e 3).
Fora do dólmenico, alcontramos na provincia de Soria, cuia arte rupestre ten ca galega analoxías observadas xa por Cabré (23) algunhas figuras que como a que reproducimos no núm. 4 da figura 19, ofrecen ca da Casota do Paramo, notabels analoxías principalmente na posizón do corpo dos brazos e das mans e no xeito xeral da execuzón da gravura.
As representazóns solares ollanse a fartura en toda a arte prehistórica, ben en forma de disco sinxelo ou radiante, de roda, de svastica etc., e ainda cinguindonos á arte dolménica alcontraremonos con absatanza de figuras de ista crás.
Hainas na Península no dólmen de pranta circofar e con falsa cúpula da Granja de Toñiñuelo (Badajoz) e na galeiría coberta, chamada «Cueva de Menga» e hainas na Bretaña francesa na tamén galeiría coberta da «Table des Marchands» (Locmariaquer) e na Irlanda, no dólmen de falsa cúpula de New Grange, perto de Dublin (fig. 21).
Do mesmo tipo que os da Granja de Toñiñuelo, ou sinxelizados en estrelas, son os soles que aparecen insculturadas na Cañada de la Solana e na Cañada de Retortillo (Soria) e pintados en Canforros (Serra Mo-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a8/a84d/a84d9773-0034-4049-9891-6db07daadd9d/115719324.xml
En ningún fogar galego deben faltar as Pubricacións NÓS
ESTÁN á VENDA
De Ramón Villar Ponte
Historia Sintética de Galicia pesetas 5'00
De Xaime Prada
Grabados en Linoleum 2'50
De F. Porto Rey
A tola de Sobrán 0'80
De Xosé Lesta Meis
Estebo 3'50
De Ramón Cabanillas
A Rosa de Cen Follas 2'50
De Anton Villar Ponte
Triptico Teatral 3'00
VAN APARECER
O Bufón d'el-Rei - drama por Vicente Risco; Os Camiños da vida e Pelerinaxes - por R. Otero Pedrayo; Conto de Guerra - por Camilo Díaz; O Galo - Obra póstuma de Amado Carballo; Escolma de Contos - por Rafael Dieste; Traduzón d'un drama de Yeats - por P. R. Castro e Antón Villar Ponte; A Escadeira de Xacob - novela por E. Blanco Amor; Brétema, Armenteiro e Esilados - por R. Suárez Picallo; O Mariscal - por R. Cabanillas e A. Villar Ponte; De catro a catro - poemas por Manuel Antonio.
PEDIDOS A "NÓS" REAL, 36-1.º - A CRUÑA
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a8/a84d/a84d9773-0034-4049-9891-6db07daadd9d/11571939.xml
NÓS galega concede sempre importanza e valor mítico.
AS MÁMOAS DA FREGUESÍA DE CURES
(Véxase mapa núm. 10)
Constituen istas mámoas o nucreo mais importante da Barbanza, non soio pol-o seu número se non tamén pol-o relativo bóo estado de conservazón de algúns dos seus megalitos.
Comenzan os grupos de sepulturas entre Moimenta e Cures, perto do casal da Graña, e continuan despois pra o oeste e pra o sul ocupando de cote outeiros ou pequenas valgadas no penichan que coroa a serra.
Rubindo dende Moimenta óllanse logo as primeiras mámoas que aparecen agrupadas en fatos mais ou menos numerosos que a xente desina con nomes peculiaes.
(Fig. 22) 1.—Pedra de Samarugo (Murguiá); 2, 3 e 4.—Outeiro dos Campiños, Cequeril (Sobrino).
MÁMOA DO OUTEIRINO DO PAN.
É a primeira que se alvisca á pouco de deixar o caminho de Moimenta. Ten 24 metros de diámetro e presenta no centro un burato fondo. Escavámola así e todo ata chegar o chan natural sen atopar n-ela mais que unha pedra do dólmen que medía 1 metro de ancho-por outro de longo.
GRUPO DO PARAMO. — Situado a 300 metros cara o sul de Outeiriño do Pan e formado por tres mámoas.
Mámoa núm. 1.—Conecida co nome de Casota do Paramo e a única intresante do grupo e unha das mais intresantes da Barbanza.
No meio de un túmulo moi esborrallado érguese a anta (fig. 18) que conserva todal-as suas pedras, anque mais ou menos maquíadas dos seus primitivos asentos.
Asegún o papel que desempeñaban istas pedras na arquiteitura do megalito compre distinguilas do xeito seguinte:
A) Lousa da coberta de forma trapezoidal que mede na sua maor longura 4'10 metros e que se alcontra derrubada ata apoiar un dos seus cabos na terra, descansando o resto da sua masa nos esteios, tal e como vai cispresado na pranta.
a) Esteio da cabeceira de 1'80 metros de ancho.
b, c) Esteios da direita.
h, g, f) Esteios da ezquerda.
d, e) Esteios da porta, dos cuaes o derradeiro que é o da ezquerda está derrubado, apoiando o seu cabo inferior dentro da cámara.
i, j, k) Pedras mais estreitas e menos ontas que os esteios e que deberon ser chantadas pra cobrir os valdeiros que istes deixaban entre si.
A situazón respeitiva dos seus elementos costrutivos, permite calificar a Casota do Paramo, como un dólmen de forma sinxela, de pranta poligonal, con porta ourentada sensibelmente cara o suleste e con esteios imbrincados asegún o amostra á posizón das pedras f, i, g e das a, b, k podéndose aproisimar o seu feitío ó da anta de Axeitos anque facendo observar que a Casota do Paramo, ten oito chantas, caso pouco frecuente nos megalitos galegos.
O diámetro maisimo de iste dólmen dende a cabeceira á porta é de 4 metros e a outura das chantas de 3 sendo moito mais baixas (80 centímetros a 1'60 metros, fora da terra) as laxas destinadas a tapar os espazos que aquelas deixaban entre si.
No esteio caido da porta e no lugar marcado per un asterisco, óllase unha intresante e orixinal inscultura, que aparez gravurada fondamente c-un risco ancho e polido. Fórmana duas representazóns difrentes unha encol da outra. (fig. 19) A inferior é unha figura antropomorfa, de estilo esquemático anque non por compreto estilizada, cuia cara e cabeza están representadas por un semi-ovalo, que pecha enriba en liña reita, e no coal alcontranse incrusos dous riscos e tres coviñas que imitan os ollos a boca e o naris. O corpo e as pernas figuranse con duas liñas reitas e diverxentes que se do-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a8/a84d/a84d9773-0034-4049-9891-6db07daadd9d/11571936.xml
Ningunha das laxas está imbrincada por outra, se non axuntadas i-entilladas nos espazos valdeiros por cachotes pequenos. A porta, ourentada pra o leste mede 1'70 metros e de ela arrincaba un corredor, incrinado cara o norleste que debía ter 2'30 metros.
(Fig. 16).—ANTA DE ARGALO
de longo i-estar formado por catro laxas espetadas de canto e coberto por unha ou dúas lousas, chegando o conxunto de ista construción ata a metade da outura dos esteios da cámara, que como de cote óllanse deitados unha miga pra o interior.
Varias circunstancias notabels ofrece a Cova da Moura. É a primeira o seu grandor que anque non deixa de ter precedentes n-outros dólmens galegos (Dombate) non deixa por elo de ser esceizonal. Mede a cámara no seu diámetro maisimo, como mais atrás apuntamos, moi perto de 4 metros, e o conxunto do monumento dende a pedra da cabeceira deica o cabo dos restos do corredor 3'30 metros, abondando pór en comparación istas mensuras cas de algunhas antas da nosa terra pra que a diferenza xurda nidia ante os ollos.
O dólmen de Dombate, mede xusto no seu maor diámetro, 4 metros.
A cámara da mámoa núm. 1 do monte das Motas, en Lobeira, ten de diámetro 2'90 metros.
O dólmen con corredor da serra do Labo-
NÓS reiro, non chega dende a cabeceira ó cabo de aquil os 3 metros.
O conxunto do megalito, tamén con corredor das Pontes de García Rodríguez, pasa moi pouco dos 2 metros.
E o dólmen alongado de Sáa de Parga mede no diámetro meirande 2'70 metros.
Alcontrámonos pois en presenza de unha das maores antas galegas, e que sería soio por elo dina de atenzón se non aparecera sinalada pol-as notabels particularidades da falla do imbrincado e da forma case circular da pranta.
Dase a primeira de istas circunstancias na cámara da devandita mámoa núm. 1 do monte das Motas, cuios esteios alcóntranse asimesmo entillados con cachote miudo, mais en ningún dólmen galego, temos ollado unha forma menos poligonal e mais perto do circular que a que ostenta a Cova da Moura.
Compre decir agora, que asegún a crasificación cronolóxica do profesor Bosch Gimpera, as antas de pranta circular e con corredor longo, son características das fases a) e b) do pleo eneolítico da cultura dolménica portuguesa, pertencendo entre outros a
(Fig. 17).—MÁMOA DE CASAMEA
iste tipo os monumentos, por veces cobertos de falsa cúpula da Anta Grande de Aviz, Marcella, Seixo, Monte Velho e a maor parte dos da rexión de Pavia, e representando a sua estensión cara o leste alcontramos os dólmens do mesmo feitio da terra de Salaman-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a8/a84d/a84d9773-0034-4049-9891-6db07daadd9d/115719318.xml
[?]
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a8/a84d/a84d9773-0034-4049-9891-6db07daadd9d/115719325.xml
SANATORIO QUIRURGICO
DIREITORES
Manuel Peña Rey José Mosquera Blanco
Ginecología e Partos Cirugía geral
Especialista na gorxa, nariz e ouvidos
Situado frente á Alameda do Cruceiro, ten toda-las condiciós precisas.—Prauticase toda crás d'operaciós.—Dotado de todol-os adiantos que pide a autual Cirugia.—Modernas instalacións de RAYOS X pra diagnóstico e RADIOTERAPIA superficial e fonda con voltaxe de 250.000 voltios.—Aparello de Diatermia pra tratamento de Auexites, procesos inflamatórios, reumatismo, etcétera. Lámpara de cuarzo pra sol d'altitude e ultra-violeta pra tratamento d'escrofulosis, raquitismo, alopecias, eczemas, etcétera. Admitense embarazadas, e cóntase con material esterelizado pra fora da cibdade en casos d'urxencia.—Poden colaboraren todol-os compañeiros, previo consentemento dos direitores.
BODEGAS GALLEGAS, PEARES E OURENSE
Vinos finos de mesa: Tinto TRES RIOS. Blanco BRILLANTE
LOS GALLEGOS blanco e tinto
Macía e Valeiras, Apartado 18- Ourense
Droguería e Farmacia LUIS FÁBREGA
Progreso, esquina a Luís Espada
OURENSE
MERQUE VOSTEDE
Plumeiros RAFIUM
De mais dura qu'os de pruma e limpan millor. Véndese en todol-os establecimientos do ramo
Andrés Perille-OURENSE
F.ROMAN e SACO
DROGUERIA
e FARMACIA
Pereira, 19 Teléfono 28
OURENE
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a8/a84d/a84d9773-0034-4049-9891-6db07daadd9d/11571934.xml
O problema da Lingua
¿Por qué é preciso cultivar-a lingua galega? Porque toda lingua cultivada representa unha cultura orixinal. E os pobos que teñen unha lingua de seu son pobos orixinais, até o extremo de que si a esquecen ou desprezan sempres por sentiresse inferiores, na comparación con outros, ó longo dos tempos. O esquecemento da lingua natural é supremo testimonio de despersonalización d’unha raza e d’unha terra—eral a pós de si o desafeiço dos homes do país que recibiron en herdo cos usos e costumes perpetuados pola tradición, que resultan o único froito de libre espontaneidade racial fecundador de toda cultura propia, autóctona, que espellexa na etnografía. Poscendo unha lingua propia non se pode soñar n’unha orixinal cultura, leixándose d’ela. Exemplo: Alemania, antre outros mais.
Unha Galiza arredada do idioma de seu, poderá ter algún día unha civilización mais próspera, pro sempre mimética; unha cultura galega de que a raza se sinta íntima e fundamentalmente orgulosa, nunca. Sin o espírito loci, todo virá pol-a «sustaposición»; nada pola «intususcepción». Como barro da nosa terra moldeado por un escultor estranxeiro. Unha civilización propia nace d’unha cultura propia. E unha cultura propia n’unha lingua alheia—tendo unha lingua natural viva na maioría do país e con gloriosa historia—é imposible saber que todo pobo, ou non significa nada ou é un órgano de cultura cío que a política ten n’eles, como derradeiro e mais auto fin, o desprezo cultural. Logo so non poderá falar seriamente de cultura na Galiza sin terminar da política da lingua.
Pro aceltindonos ben o terreo da realidade: Galiza conta con dous millóns e medio de habitantes. D’eles somentes uns douscentos mil viventes en vilas e cidades, que na maioría falan galego. Dos do campo e a mariña xa nos hai que o dicir: fálano todos. E inda antre os que agora espresanse mo castelán—agás os forasteiros—mais aló de seus abós non tiveron a ninguén que non usara decote a lingua nativa. O que fal que moa haxa un só conterráneo que non esteña, apreixado pol-a sintits galega, pesa-a sua castelanización, quéranoo ou deixe de querelo.
E que teria de ser mais doado nún fidel senso pedagógico, atendendo ás nosas características rusticistas asoballadoras, para faguermos axiña unha cultura propia: irmos polo camiño da total galeguización ou polo-o da total castelanización? A resposta a esta pergunta non pode ser mais sinxela. Ninguén lóxicamente, pode pensar no desbotamento, do primeiro camiño.
Pois corolario de semellante problema é o absurdo de que un maxistrado ou xuez non galego entenda en pleitos de aldeáns nosos, que os notarios que exercen no noso agro non coñezan o noso idioma; que os escolantes que fan o ensino dos meniños do noso rús poidan ser alleos ó país; que os cregos, inda sendo galegos, preguen e recen en castelán, nas parroquias campesiñas, e que o portugués se non cultive entre nós. A incompatibilidade espiritual e material de todo isto coa alma da nosa terra berra a eito.
E a lingua galega, porén, deu é anda a dar poetas e escritores; sirveu para cantar á Virxe por beizos de reis sabios; sirveu para as mais requintadas galanterías do amor nas xustas dos pazos, coma lingua internacional; para as soltezas mais velaiñas do humorismo culto (ouh Alras Núñez) e para expresión da derradeira vontade de nobres e plebeus. Pois si asin foi, e asin é que ainda haxa viva en dous millóns de almas e triunfante na cultura de alén Miño e de alén do Atlántico e d’outros lugares do mundo, xómo de non sermos solcidas, cegos e parvos, poderiamos deixala morrer?
Este senso esotérico latexa nas Irmandades da Fala. Este senso trascendental abrangue para os bos e xenerosos. Non sabemos d’outra aristocracia nin d’outra aristarquia galega mutual que non sexa a dos que teñen o idioma materno por brasón.
A. VILLAR PONTE.
PREHISTORIA E FOLKLORE DA BARBANZA
(Proseguimento)
AS MÁMOAS DO CRUCEIRO DE MOLDES
(Véxase mapa núm. 4)
Están situadas n-un penichán coberto de piñeiros, que se abre por baixo mesmo das abas sudocidentais da serra da Barbanza, e moi perto de un cruceiro, obra antiga da arte popular, que se ergue no empalme da estrada de Palmeira a Moldes ca que dende a Puebla do Caramiñal vai bater a Oleiros.
As mámoas que ollamos foron catro e a sua situación e características son as seguintes:
Mámoa núm. 1.—A 40 metros do cruceiro
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a8/a84d/a84d9773-0034-4049-9891-6db07daadd9d/115719312.xml
NOVOS CANTARES
por ANTONIO COUCEIRO FREIXOMIL.
Casou Antón c'unha vella,
i-eu conteille un conto a Antón:
—Era unha vella i-un cesto...
i-o conto aquí rematou.
Casei c'unha delgadiña
coma a palla do centeo,
i-o mismiño que unha palla
un día levouma o vento.
Miña casiña tarrea:
valer non valerás nada,
mais cada pedriña tua
é un anaquiño da i-alma.
Mozo que eu queira ha de ter
n'esta mociña un espello,
e para reverse n'il,
nin tuxalo, nin rompelo.
Non te fundes no que fuches;
fúndate no que es agora,
que si fuches e non es,
total, coma si non foras.
Así a un fillo aconsellaba
un tendeiro moi langrán:
—Trata con xente de ben,
que é a mais doada de engañar.
A avaricia está nos ricos
e nos probel-a fachenda:
todos faguemol-o mal,
cada un á sua maneira.
Eu teño un parente rico.
¡Dou ó demo a parentela!
¡Tanto eu son parente de il
canto é miña a sua facenda!
Vaya ben ou mal o preito,
ten o escribano de mau;
faga ou non cara unha moza,
non sobra que a faga a nai.
Casáronse vello e nova,
i-esto non foi o mais malo,
porque casaron dous vellos...
porque dous vellos casaron.
¡Sempre louvando a probeza
nos seus sermós Don Martiño!
E louva que louvarás,
¡a il válelle os seus cartiños!
C'un pouco que ti me levas
i-outro pouco que eu me axudo
podemos xuntol-os dous
ir hastra o cabo do mundo.
Ven a sel-o ayuntamento
coma unha vaca de moitos:
ninguén a quere manter,
mais muxila queren todos.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a8/a84d/a84d9773-0034-4049-9891-6db07daadd9d/11571932.xml
NÓS BOLETÍN MENSUAL da CULTURA GALEGA
Direitor Literario Vicente Risco Direitor Artístico Alfonso R. Castelao
Adeministrador ANXEL CASAL
DIREICIÓN E REDAUCIÓN: ADEMINISTRACIÓN:
Sto. Domingo, 47—OURENSE Real, 36 1*—A CRUÑA
ABONAMENTO NOTA
Doce números, na Península 8'00 pesetas.
Fora da Península 8'00
Número solto 0'70
Este boletín non publicará mais orixinais qu'os que foran directamente solicitados pol-a Dirección. Tampouco se fai solidario das ideas n-eles emitidas, a non ser dos que por non iren rubrados, enténdense que son da Redaución.
Os pagos son adiantados e os gastos de xiro de conta dos suscritores
SUMARIO
Poema, por Otero Espasandin.
O problema da lingua, por A. Villar Ponte.
Prehistoria e Folklore da Barbanza, por Florentino L. Curvillas e F. Bouza Brey.
Novos cantares, por A. Couceiro Freixomil.
Catálogo dos Castros Galegos, da Seizón de Prehistoria do S. E. G.
Os homes, os feitos, as verbas, pola a Redaución.
Reloxería ZENITH MÁQUINAS PARLANTES, DISCOS AGULLAS e ACCESORIOS
M. CALVIÑO - Ourense
Vicente Risco Abogado
Santo Domingo, 47-2º Ourense
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a8/a84d/a84d9773-0034-4049-9891-6db07daadd9d/115719316.xml
pequenos monticelos penedentos; posibels outeiros, testigos de unha antiquísima erosión. No primeiro caso alcóntranse os castros da Madanela, Santa Adega, Fontelas e Mugariza, postos na ringla de cumiadas que que mira xa pr'a rexión de cotos do do Miño; o de Morgade que se ergue na divisoira do Barbantiño e do Bubal e o da Martiña, na de aquil río co Arenteiro. Eisempro de castro emprazado n-un estribo montesío é o de Bainte, asentado n-un contraforte da Martiñá, i-entre os do terceiro tipo están os de Marcelle, Frameán, Río e Piñeiro.
A cota do lugar de emprazamento condizou de maneira indubidabel a forma da cos truzón; observandose de cote que nos castros estabrecidos en montes outos e de abas pinas, soio se protexeu unha área mais ou menos estesa ó redor do cume, namentras que n-aquiles outros que se puxeron n-un outeiro de cota flebe, abrangueuse todo il con fosos e valos. No primeiro caso están, Martiñá, Bainte, Morgade, Mugariza e Santa Adega e no segundo, Río, Frameán, Fontelas, Marcelle, Madanela e Piñeiro.
Na posizón relativa de istes recintos non se dexerga por ningures a traza de un sistema coordenado de defensa da bisbarra. As fortificazóns erguense por vegadas en lugares verdadeiramente estratéxicos pra tal finalidade coma acontez con Morgade, Santa Adega e Martiñá, encurutados en montes que domean as entradas do val, mais outras veces agreanse tres n-unhas superficie de menos de un kilómetro cadrado (Frameán, Mugariza e Marcelle) ou espallándose amostran nidiamente que cada grupo castrexo procedía con ceibe autonomía no coidado da sua propia defensa e que si algún vencello os axuntaba non era rexo de abondo pra combinar os seus esforzos pra un fin común.
FEITURA E GRANDOR.—Caraiterizase o releve galego pol-a acusada dondura dos seus montes, ben traballados pol-a erosión dende o tempo dos erguementos variscos. Semellante dondura soio se creba, preto dos grandes ríos, cuios vales anováronse nos fins do terciario ó acontecer os afundimentos das Rías Baixas, provocando a formazón dos paisaxes de cotos irtos que bordean principalmente as ribeiras do Miño e do Sil. Mais a terra que nos ocupa non queda abranguida en ningunha de istas zonas e presenta de cote os lombos arredondados dos vellos penicháns. A iste arredondamento dos montes, corresponde a feitura dos castros que son sempre mais ou menos irregularmente ovalados. Se as murallas e os fos, esténdense por vegadas, en liñas reitas ou case reitas (algúns anacos das cercas de Morgade, Marcelle e Río) é por que o xeito do emprazamento asin o eisixe, mais en ningures se olla unha xuntanza angular de dous lenzos de cerca ou de dous fosos. A liña de fortificazón adaptase sinxelamente ó perfil do monte, aproveita se pode as penedias que atroran o chan e precura tirar de il o maor proveito co menor esforzo. Unha xuntanza angular entre dous muros de cachote pequeno, habería de facerse con pedras grandes algo escadradas e trabadas entre sí con solideza, cousas todas que estaban fora dos meios dos costrutores dos nosos castros, que se limitaron a engader obstáculos artificiaes á un lugar forte de seu, mais sin tratar de edificar algo distinto ó sitio do emprazamento. Fundamentalmente difrente de un castelo que pode esistir fora do cume onde se pousou pra domear, o castro é inseparabel do monte, porque é o monte mesmo que n-unha época de loitas vestiu as armas do guerreiro. A estensón das áreas fortificadas é pol-o xeral de 80 X 55 a 100 X 75 metros debéndose sinalar tan só o grandor eistraordinario do Morgadán, que ten 365 metros no seu cixe maor, e tamén o considerabel do de Bainte (163 X 120 metros) e a cativeza do de Piñeiro cuio recinto central mede 22 X 14 metros.
Non é doado botar cálculos en col da poboazón que cada un de istes recintos poderia acochar tras dos seus muros, pois n-aquiles en que non esisten restos de habitazóns permanentes, é de crer que as xentes non fixeron outra cousa que acampar en caso de perigo, e coma observa atinadamente Castillo (1) acampar non é o mesmo que vivir. Chama de todos xeitos a atenzón a difrenza que
(1) Loc. cit., páx., 12.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a8/a84d/a84d9773-0034-4049-9891-6db07daadd9d/115719319.xml
NÓS
Santa Adega as entradas soio dan paso no primeiro a un foso e no segundo o antecastro, quedando o recinto interior compretamente arrodeado pol-o terraprén e pol-o valo que se ollan oxe inteirizos.
E unha vez asentados istes feitos e tendo en conta que os castros eran lugares de acocho pra homes e gados, compre preguntarse como a indispensabel comunicazón co exterior achábase estabrecida. Hai que desbotar en primeiro termo como desprovidas de valor real, as consellas relativas á camiños soterráneos que van parar a tal regato ou á tal cova e deixar limitadas a dúas todal-as hipótesis. Unha a de esistenza de portas tan estreitas que quedaron por compreto cobertas ó esborcallarse á meias os muros onde se abrían, e a outra o tendido de pontes de madeira, dispostos en rampa e sostidos por pés dereitos, que serían retirados ou destruidos en caso de ataque. Dos dous supostos o primeiro parécenos o mais probabel, xa que a apertura de un portelo, doado de atrancar con pedras ou con trabes, en ren podía perxudicar a seguridade da fortificazón e aforraba o traballo de erguer unha ponte de madeira que dada a outura de álgunhas murallas había ter necesariamente grande estensón e desenrolo.
O ABASTECIMENTO DE AUGAS.—A pesar de sere ista bisbarra de Vilamarin moi abondosa en pequenas correntes de auga, de todol-os castros catalogados, soio un, o da Madanela, alcóntrase emprazado perto de un pequeno regato, mais non tan perto que non poidera ser eficazmente estorbada a sua utilizazón por unha tropa sitiadora.
Mais n-unha terra de forte pluviosidade e de camadas permeabels pouco fondas como e a terra galega, doadamente atópase auga abrindo puzos ou praiticando un cativo escavón de mina. Coidamos pol-o tanto que dentro do recinto de cada castro debían existir un ou varios manantiás de iste xeito, que agora están cegados ou estiñados. En axuda de tal suposto veñen as fontes que temos alcontrado en estazóns análogas de outras bisbarras, o puzo que descobrimos na citanía de San Cibráu das Lás (1) e o aparecido na citanía miñota de Briteiros.
Como xa indicamos a pozanca que se olla aínda nas Fontelas e case seguro que serviria a un tempo mesmo de manantial e de alxibe.
AS HABITAZÓNS. — Dos once castros enumerados, os mais grandeiros, os de Baínte e Morgade, entran pleamente na categoria de citanías, por estar inzados de alicerces de casarellas e de cachotes pertencentes á elas. Nos demais recintos non ollamos ningún sinal de edificios de pedra e ainda na zanxa aberta na Madanela, dexergamos craramente á unha fondura de oitenta centímetros as camadas cinzentas dos fogares que quizais se alcenderian outrora dentro de sinxelas cabanas de colmo.
Temos pol-o tanto ben representados na terra de Vilamarin os dous tipos de habitat protohistórico galego, o de castro propiamente dito pequeno e faltoso de casarellas de pedra, e o da citania verdadeira cibdade murada, de cote meirande que o castro e de cote tamén inzada de alicerces.
Se istes dous xeitos tipolóxicos sinalan no val outo do Barbantiño, momentos simultáneos ou sucesivos de un desenvolvemento cultural non-o sabemos e non sabemos tampouco se a citanía formouse pol-o desenrolo de unha coleitividade mais numerosa e rica que as outras ou se naceu por fundirse no seu seo varios grupos castrexos. As causas etraietoira de iste urbanismo embrionario son pra nos un misteiro mais, entre os moitos misteiros dos orixens protohistóricos da Galiza.
OS ORXETOS ASOELLADOS. — Redúcense ás poucas cerámicas recollidas na Madanela e os muiños de man e as prisóns de gado alcontradas no Morgadán, pertencente todo elo á nosa cultura posthallstattica. É dino de nota o feito negativo de nón terse ollado por ningures tégulas nin imbrices, moi abondosas sempre, ainda na superfice, dos castros romanizados con algunha intensidade.
(1) F. L. Cuevillas. A citania do monte A. Cidade en San Cibráu dos Las, Boletin de la R. A. Gallega, números 18 o 194, 1927.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a8/a84d/a84d9773-0034-4049-9891-6db07daadd9d/115719313.xml
NÓS
CATÁLOGO DOS CASTROS GALEGOS
PUBRICADO POL-A SEIZÓN DE PREHISTORIA
DO «SEMINARIO D'ESTUDOS GALEGOS» DE SANT-YAGO
(Proseguimento)
Número X
CASTRO DA MADANELA
EMPRAZAMENTO. — Na provincia de Ourense, concello e freguesía de Coles! Achase construído n'un outeiro, que se ergue no meio de unha chá vizosa e ben precurada, que logo imos referirnos, deberon derramar en parte as suas defensas, que se non dexergan n-alguns sitios coa crareza que fora de desexar.
Ollase así e todo que é un castro de un soilo recinto, provisto de un terraprén ou aterro que pol-o oeste mede soilo 8 metros de altor e que pol-o leste chega á ter 40 metros. Presenta iste aterro nas veiras que se carean ó norte e oeste e na metade da sua outura, un escalón estreito que fai ó modo de un glacis, e ó seu pé corre un foso de 13 a 15 metros de ancho c-unha escarpa que ten de 3 a 10 metros de outo.
Iste foso atópase partido n-un anaco car'o noroeste onde sen dúvida foi derramado ó prantarse un piñeiral e facerse uns valados que ali se erguen, e falla en absoluto na parte do Sul onde crémos que endexamais debeu de ter existido, por considerar cicais os seus costrutores protexido de abondo o castro por un regato que o arrodea por aquela veira.
Non se ollan en ningures siñás de parapetos, nin tampouco de habitazóns.
MENSURAS. — De xeito case circular mede o recinto:
Do norte ó sul . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a8/a84d/a84d9773-0034-4049-9891-6db07daadd9d/115719311.xml
NÓS
rena) en dúas composizóns de Fuencaliente, n-unha da Mestanza e n-outras dúas localizadas no Tajo de las Figuras (Cádiz) i-en Vélez-Blanca (Almería).
Análogas representazóns ollanse en cerámicas pertencentes case que de cote á especie campaniforme alcontradas na Cueva de la Mujer (Granada), nos Millares (Almería), en Perales de Tajuña e nas Carolinas (Madri).
Na Galiza as figuras de ista crás non son abondosas, e ata de agora non se tiñan sinalado outros eisemprares que os dous da Pedra de Samarugo (Villalba) que ofrecen a particularidade de presentar na parte inferior, unha raia vertical longal, como lle acontez á da Casota do Paramo, mais alón transe en troques na nosa arte rupestre re gular cantidade de círcos radiados que se paralelizan doadamente có aquela inscultura (fig. 22).
E a iste propósito é comenente lembrar que pra Dechelette, os discos as rodas, i-entre elas os circos con catro radios, iguaes ó do dólmen barbanceiro non son outra cousa que figuras heliásticas, cuio uso inizase na Europa co comenzo da vida agrícola pra atinguir o maisimo desenvolvemento na Idade do Bronce.
Manifestanse taes figuras dos xeitos mais diversos, aparecendo en carros votivos, en discos soltos, en cabezas de alfinetes, en situlas, en fusaiolas e tamén na arte rupestre, ben senlleiras, ben asociadas con outros elementos, que como o cisne, o cabalo ou a barca teñen relazón cos mitos solares. Son pra nós particularmente intresantes certas insculturas de iste xénero descobertas na Península Scandinava, nas que se olla, en compaña de representazóns de barcos, o disco do sol, imitado con circos concéntricos ou con circos radiados moi análogos non soio ó da Casota do Paramo, se non tamén a outras insculturas galegas (fig. 23).
Sería curioso ester istes paralelismos á determiñadas gravuras do dólmen de Soto e ainda á algunha pictografia do lenzo da di reita da Batanera e pór en relazón todo elo ca indubidabel preocupazón heliolátrica que revela a normal abertura da porta dos dolmens cara o leste, mais o cisame detido de tal problema non entra nos lindeiros de ista monografía, e asin deixaremos sinxelamente apuntado o que antecede pra continuar co estudo das nosas antas barbanceiras.
FLORENTINO L. CUEVILLAS E FERMÍN BOUZA BREY
(ConNnuas ase.)
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a8/a84d/a84d9773-0034-4049-9891-6db07daadd9d/115719323.xml
NÓS
xiquera despois do triste prólogo da mais recente edición dos Cantares...
O Dr. Claudio Basto enrequenta os estudos encol de Camilo Castelo Branco co-iste traballo leisicográfico ond'escrarece unha chea de puntos intresantismos da obra camiliana. Estuda primeiro as orixes da lingoaxe de Camilo; a fala corrente, as leituras centífecas, a invención de neoloxismos, o estudo dos clásicos portugueses e o da fala popular, especialmente a do Norte. Fala despois da lingoaxe popular en Camilo, que a interpretou moi ben, chegando a reproduzir-a prosodia popular e moitas veces espiciando seus escritos, e dá o significado de moitas verbas. Sigue logo co asunto dos extranxeirismos que Camilo empregou, e veu sinalar tres clases: uns empregados en sátira, precisamente pra combatelos; outros que non son taes extranxeirismos; e outro culo emprego está perfeitamente xustificado. Asimesmo estuda outras, espresións que foron criticadas en Camilo, os seus lapsos e desigualdade ortográfica (por mais qu'il defendera a ortografía etimolóxica, contra a fonética de Castelo) e a variedade da sua lingoaxe. E trai por fin unha lista de verbas empregadas por Camilo e non contidas no Novo Diccionario da lingua portuguesa de Cândido de Figueiredo.
DON DIEGO DE MUROS, por Fray Guillermo Vázquez Núñez de la Orden de la Merced, Madrid, 1927.
O erudito mercedario Fr. Vázquez Núñez fai n-iste estudo unha reconstrución histórica da figura do sonado Bispo de Tuy e río val do Conde de Camiña, recollendo unha grande cantidade de notizas, recadadas en toda a bibliografía referente ó tempo aquil, tan intresantena historiade Galiza coma pouco escrarecido, agás por López Ferreiro, e en numerosas coleicións de documentos, e manuscritos inéditos. O autor escrarece o asunto referente ó estado relixoso de Don Diego de Muros, que fora contradito pol-o P. Flórez, no volume XXII da España Sagrada, e pra elo ant'r'outras cousas, trai por apéndice unha carta ata d'agora non publicada, do P. Arques ó P. Risco, e admite a existencia de tres persoaxes co mesmo nome de Diego de Muros: un o estudado no libro, que foi Provincial da Mercede en Castela, padricador de Enrique IV e Bispo de Tuy e Ciudad Rodrigo; outro seu sobriño, Dayán de Santlago, bispo de Mondoñedo e d'Oviedo, e outro fillo d'un rexidor de Santlago, coengo d'aquela eirexa e bispo de Canarias, o qual axudou ó seu homónimo o Dayán a fundar-o Estudo vello de Gramática xérmolo da Universidade de Compostela.
Escuso encarecer a enorme utilidade do estudo d'iste libro, onde achamos unha chea d'escrarecimentos en col de moitas verbas d'uso corrente en Galiza.
Na portada trai un curioso retrato de Camilo feito á máquina d'escribir en catro horas e sen previo esbozo no papel, por Ildefonso Rosa, mestre na Escola Industrial e Comercial Nun'Alvares de Viana do Castelo e que é unha verdadeira obra artística.
V. R.
Imparcial com'historiador asisado e escrupuloso, o Fr. G. Vázquez Núñez apenas insinúa ó final un xuizo tocantes ó persoaxe historiado. Dend'o punto de vista de Galiza, Don Diego de Muros veu ser un de tantos galegos ilustres ós que ben pouco debe a sua terra.
Imp. NÓS, Real, 36-1. A CRUÑA
PARDO ÓPTICO CENTÍFICO
Preguntoiro, 32 SANTIAGO San Andrés, 50 A CRUÑA
CASA EISCRUSIVAMENTE ADICADA A ÓPTICA MÉDICA
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a8/a84d/a84d9773-0034-4049-9891-6db07daadd9d/115719322.xml
GABRIELA CUNNINGHAME E SANTA TEREIXA
A «Revista de Occidente» acaba de publicar traducido ó castelán o libro de Gabriela Cunninghame «Santa Teresa—su vida y su época». É un libro moi interesante. Mais nosoutros non agardamos á agora para sabermos de que xeito tan notabel aquela ilustre escritora estranxeira fala da freira de Ávila.
Xa fai anos, Antón Vilar Ponte n'unha conferencia que dou no Recreo Artístico de Santiago, díxonos algo en col do asunto, comentando a primeira páxina de «Her Life and Times», de Gabriela Cunninghame, que se l'ofercera traducida ó galego por un amigo de seu, e na que o misticismo de Santa Tereixa atópase agudamente definido.
E n'un número de NÓS o mesmo escritor galeguista fixo alusións a aquel traballo da gran escritora estranxeira. C'o que se proba, unha vezada mais, que eiquí non andamos moi retrasados de noticias referintes ás cousas da cultura europea e mundial.
ÓS AUTORES GALEGOS
A gran revista filolóxica alemá *Germanisch-romanische Monatschrift*, que leva dazaseis anos de publicación, vai criar unha nova seazón adicada ás literaturas hispano-americanas, na que concederase á literatura e filoloxía galega un lugar como das outras literaturas romances. Non imos nós encarecel-a importancia qu'iste feito ten pro espallamento do noso cada día mais intenso labor, pol-a grande autoridade qu'aquela publicación se ten conquerido no mundo culto.
A *G. R. Monatschrift* propónse dar conta no mais amplio senso de todal-as obras galegas d'intrés literario e lingüístico, coma das castelás e catalás, e por separado, das obras e revistas que se lle manden.
Os escritores galegos deben corresponder a iste chamamento, enviando os seus libros á calquera d'istes dous señores:
Karl Winter, Verlag-Luthers 5 - Heidelberg, ou
Prof. W. Meyer-Lübke-Koburgersh 4 - Bonn.
LIBROS
*ORACIÓS CAMPESIÑAS*, por Eladio Rodríguez González, A Coruña, 1927.
O ilustre Presidente da Academia Galega trainos hoxe un bó feixe de poemas, un libro forte, forte pol-o volume (un in 4.º de 247 páxinas ben aproveitadas, sen craros nen follas inúteis, de coidada presentación, c'unha soberbia portada do Castelao parte da edición, e outra parte unha moi fermosa d'Abelenda) e forte pol-o contido: poemas moitos d'iles de longo folgo lírico sostido varias páxinas con viril emoción; poemas do mais san i-enxebre lirismo, no que trasparece o fondo sentimento da terra e da paisaxe, que chega moitas veces á exaltazón panteísta, e o que poidéramos chamar *ruralismo trascendental*, característico en parte da lírica e do pensamento galego de hoxe. Iste *ruralismo trascendental* áchase moi por riba, xa non do ruralismo sinxelamente espresivo do conxénito—atal coma s'atopa por eixemplo n'algunhas cousas de Benito Losada—mais tamén do imitativo—en que caeran todol-os escritores do século pasado. O ruralismo trascendental é o do que veu de volta das mais lonxanas cibdades.
O libro responde ben ó tidoo d'*Oracións Campesiñas*, co-ise ruralismo que deixamos dito, co franciscanismo, co panteísmo, e coa tenrura—por certo un pouco perdida nos galegos de hoxe, non sei si pra ben ou pra mal—d'istes poemas, qu'amostran, ademais d'un poeta, unh'alma cabal e limpa, rexa e pol-o tanto capás aínda de deixar qu'as bágoas lle caían dos ollos.
Don Eladio vive coa saudade do seu Riveiro d'Avia, das suas quentes paisaxes de bacelos e piñeirás, das suas fartas e ledas vendimas, das suas festas e pandeiradas onde trunfa a sempre moza paganía; e coa compasión pol-as almiñas santas da aldea, dos ceguiños, das velliñas, dos nenos; sentimentos qu'o fixeron tan grande lírico; e coa devoción da natureza, qu'o fixo tan grande paisaxista.
Tan entendido coma é na nosa fala, é o modo que tan de man de mestre seipa aproveitar todol-os infindos recursos líricos do galego pra faguer coma fai do verbo emoción pura, e pra empregalo en tan rica variedade de metros e de rimas, ista laboura na que chega ó preciosismo, xogando coa música da fala, atopando as verbas mais doces e mais tenras e que mais fondo chegan na i-alma.
NÓS publicou hai tempo algunhas primicias d'iste fermoso libro con que s'enrequentou a lírica galega, e que deixa na i-alma unha malencónica i-ergueita paz. V. R.
A LINGUAGEM DE CAMILO, por Cláudio Basto, Porto, Maranus, 1927.
Percorrendo a enorme bibliografía camiliana, e ollando despois pra nós, dá pena e vergonza considerar qu'aínda non temos un só libro escrito, nin encol de Rosalía, nin
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a8/a84d/a84d9773-0034-4049-9891-6db07daadd9d/115719320.xml
A VECIÑANZA CON OUTROS XACIMENTOS ARQUEOLÓXICOS. — Concordando co feito denantes menzoado non sabemos que no val de Vilamarín teña aparecido ningunha lápida nin resto romano de outra crás. En troques Arturo Vazquez Núñez ó dar conta (1) das esprorazóns levadas á cabo nos anos de 1889 e 1900 pol-a inxenieiro Díaz Sanxurxo, ocúpase da fartura de mámoas existentes en toda ista bisbarra e na terra veciña de Carballiño e dí: «Comprende el territorio estudiado un vasto polígono de unos 90 kilómetros cuadrados, enclavado en los Ayuntamientos de Cea y Villamarín, y circunscrito por los castros de San Facundo, Covas, Martiñá, Baínte (Porto Amieiro), Morgade y Santa Agueda.» E mais adiante engade: «Dentro del perímetro ya descrito ha visto el Sr. Sanjurjo unas sesenta mámoas situadas diez en Orbán, siete en Ardesende, tres en San Facundo, ocho cerca de Carballiño, veintitrés entre Porto Amieiro y Ardesende, dos en Covas y siete en Vilar. El grupo principal está esparcido por la meseta donde tiene su origen el río Barbantiño».
Como se ve istes grupos de mámoas, quedan case que todos íles dentro da bisbarra obxeto do noso estudo, cumprindo exceptuar somente os situados en Ardesende, Covas, San Facundo e Carballiño. A sua situazón, que aparez sinalada no mapa que acompaña istes comentarios, alcóntrase entre os castros de Martiñá e de Baínte por unha banda i-entre os de Morgade, Marcelle, Framean e Mugariza pol-a outra, e decir na parte mais montesia e menos remexida pol-os cultivos de todo val.
Desgrazadamente as resultanzas das esprorazóns do Sr. Sanxurxo foron pubricadas con detalle soio n-unha minima parte e a case totalidade dos moblarios por il recollidos en Vilamarín, Cea, Carballiño e tamén en Pingos (Lugo) ingresou no Museu da C. de M. de Ourense sen que o seu descubridor tivera tino de sinalar con precisón o xacimento de cada obxeto, por cuia causa figuran na sua maoria nas vitrinas de aquil Museu baixo o rótulo «Objetos procedentes de mámoas, de Vilamarín, Pingos ou Cea».
N-outra ocasión tratamos por meio de inquéritos persoais de por en craro iste asunto mais soio conseguimos averiguar que case todal-as sepulturas rexistradas tiñan restos de cámara dolménica (1) e ainda despois de unha afincada rebusca na seizón de «Noticias» do Boletín de la C. de M. de Orense, (2) chegamos á poder atribuir ás mámoas do val de Vilamarín o seguinte material: tres machados-cinceles de xeito fusiforme, feitos en pedra esquistosa moura e moi ben polidos; dous machados de pedra polida, algunhas facas de pederneira e duas ou tres puntas de saxeta de base convexa e coidadosamente retocadas e alguns anacos de cerámica lisa, sendo asimesmo case seguro que pertenza ás ditos xacimentos unha pulseira de arqueiro de esquisto cincento e con catro buratos pra amarrala no puño.
O conxunto de iste material crasificase doadamente no neolítico galego, contemporáneo dos albores do eneolítico do centro e sul de Portugal e dos poboados e necropoles xa con cobre da provincia de Almería.
Ista veciñanza dos castros e dos túmulos dolménicos dase moitas vegadas na Galiza e fala á prol de un rexo axuntamento das coleitividás indixe cos mesmos lugares de habitazón, prolongada durante decenas de séculos, e amostra que a invasión céltiga non maquiou dos seus asentos os pobos mais antigos que poboaban a bisbarra.
Craro está que entre o neolítico das mámoas e o posthallstattico dos castros queda valeiro de achádegos o período do Bronce, mais a forma de acobillos en que se atopan os obxetos que n-il se e fican e o comerzo que con tales uticis metálicos fixeron dende antigo as xentes que os alcontraban, fai probabel que a sua esistencia teña pasado fora do alcance da teima rexistradora dos velos eruditos e dos modernos arqueólogos.
(Cóntinuaráse)
1) F. L. Cuevillas, Nota escol do mobiliario de algunhas mámoas galegas depositado no Museu de Ourense. B. de la R. A. Gallega, número 176, 1925.
2) Vexanze, vol., II, número 46, 1905; vol., III, número 5, páx., 54, 1906.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a8/a84d/a84d9773-0034-4049-9891-6db07daadd9d/115719327.xml
A hixiene nos nenos
é a garantía da sua saúde física e moral o día de mañá.
No diario aseo dos nenos empregue o “Jabón Sales de la Toja”, único que ás súas altas calidades meiciñás xunta toda a finura e prefume d'un xabón de tocador. Contribuie ó perfecto desenvolvemento das criaturas e evita o perigo da escrófula e o raquitismo.
JABÓN LA TOJA
ÚNICO EN EL MUNDO
O Xabón da Toxa
ademais de ser o mellor é un producto galego que nos honra no mundo enteiro
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a8/a84d/a84d9773-0034-4049-9891-6db07daadd9d/11571933.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
Ano X * Ourense 15 Febreiro 1928 * Núm. 50
POEMAS
(PR'O LIBRO ALFABETO)
Carreteira da serra:
creboute a penedía,
n'un espasmo de forza,
contr'a fe das estrelas.
Carreteira da serra,
abrazada ó cadavre livido d'aurora,
nai dos fillos de pedra:
cingues os torsos e bicas os cráneos
dos que miran a Deus car'a cara,
e camiñas sin reparar,
nas baterías da tormenta.
Na mañán cedo e na media tarde
o teu salto crávase no lombo da montana
e a tua boca morde a boca queimada
do praneta
carreteira da serra:
ó son da tua melodía
bailan as miñas pernas.
OUTEIRO ESPASANDÍN
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157193&posicion=1
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a8/a84d/a84d9773-0034-4049-9891-6db07daadd9d/115719315.xml
NOS CONSIDERAZONS ARQUEOLOXICAS
CANTIDADE DE CASTROS.—En términos xeraes pódese afirmar que os castros galegos, andan mais abondosos nas terras de beiramar e de meia montana, que nas de serra e de ribeira. A bisbarra que agora estudamos, típica de meia montana, non desminte tal afirmación, e asín atopamos once castros nas terras de trece freguesias, distribuídos do xeito seguinte, un en cada unha das parroquias de Viña, Río, Vales de Oseira, Vilamarin, Coles, Readegos e Morgade e dous nas de Orbán e Armental, aparecendo desprovidas de acrópole somente as de Tamallancos, León, Sobreira e Boimorto. (Véxase mapa).
Se como é lóxico consideramos que cada castro servía de centro a unha colectividade política autónoma de certa importancia, teremos que concruir que estas espallábanse de un xeito ben imitante ó das actuais agrupacións parroquiais e que a poboación desta bisbarra non debía ser nos tempos anteriores á conquista romana moi inferior, numéricamente, á poboación do día de oxe.
EMPRAZAMENTOS.—Non hai en toda a terra obxecto de esta catalogazón, ningún castro que estea emprazado na chá nin nas abas de un monte, coma algúns de que fala Castillo na súa soada monografía (2). Todos están par contra postos en outeiros, que coma din os nosos paisanos, teñen as catro augas, é dicir que presentan vertentes acusadas á todol-os ventos e que non se alcontran domeados de perto por outro cume.
Seguindo esta regra, érguense os recintos castrexos, ou nas divisorias de augas, ou nas estribacións de un macizo montesfo ou ben en
(1) III, III, 5 e 7.
(2) Los castros gallegos. A Coruña 1918, páx. 6.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a8/a84d/a84d9773-0034-4049-9891-6db07daadd9d/115719317.xml
NÓS existe entre a manitude do Morgadán e de calquera dos outros castros que se lle aveciñan, e compre perguntarse admitindo a sua contemporaneidade, se as colectividades de Río, Marcelle ou Frameán, poderían sustir o pé da podente fortaleza de Morgade sen estar com respeito á ela n-unha situación de alianza ou de clientela.
Nos epígrafes latinos da nossa terra aparece o castro, castello, como parte de unha agrupación mais estesa, a civitate (Castello Berrensi; nos Limicos (1); Calubriga, nos Gigurros) (2). Non se pode precisar deica onde chegaban as ligaduras que mantinham os castellos dentro das civitates e ainda denantes observamos que tales ligaduras non debian coutar moito a autonomia de cada colectividade constitutiva, mais a presenza de verdadeiras vilas fortes que xurden no meio de pequenos castros, fai matinar se non serian aquellas as cabezas das civitates e as presidentas das confederacións aludidas.
DEFENSAS.—Os tres elementos que se manexaron de cote pra defensa dos castros de Vilamariñ, foron os terraprens, os valos ou parapetos e os fosos, mais estes elementos multiplicáronse ou sinxelizáronse, asegún a importancia e o número dos recintos.
A falla de traballos esporádicos non consinte que dexerguemos con esaititude n-unha cuestión intresante; na de saber se todas as áreas fortificadas alcontrabánse cinguidas por obras de pedreiros, ou se algunhas estaban sóo protexidas por terraprens ispidos e por parapetos de terra, debendo advertirse pro caso, que resulta moi arriscado o dictaminar n-iste asunto, sen mais datos que os que fornece unha proinspección dos xacimentos, pois mais de unha vez temos alcontrado ó escavar, terraprens sostidos por fortes muros, en lugares que non acusaban esteriormente a sua existencia.
De todos xeitos, temos dende logo catro castros, os da Martiñá, Baínte, Morgade e Río que ainda no seu actual estado de ruína descobren con crareza o segredo da sua estrutura.
O de feitio mais sinxelo é o da Martiñá, arrodeado de unha pequena muradela de pedra que non debía erguerse moito mais de un metro en col do terreo.
Mais compreto aparécenos o de Baínte, cuio valo interior é do mesmo xeito que o denantes descrito, mais que ten en troques o esterior precedido de terraprén e foso.
No castro de Río, no que o monticelo foi inteiramente aproveitado, o recinto debgu estar apreixado n-un cinto de pedra que por adentro, ofrecía o curioso aspeito de socalcos de que xa fixemos menzón.
Mais onde alcontramos o caso de maor desenvolvemento da arquitectura castrexa e no Morgadán. Ollase n-il o cume terminal ben aplainado e ó seu redor un groso muro que atingue, ainda agora, unha outura de vintedous metros. Ollanse n-il vestixios de tres fosos que precedian á anterior defensa e por derradeiro tropezase ca muralla do re-
cinto esterior, provida do seu correspondente foso, aberto por vegadas na gra viva do monte. (fig. 1).
O mesmo as esgrevias murallas de iste castro que as flebes dos outros tres, están feitas con cachote pequeno posto en seco, que é o aparello escrusivamente empregado n-ista crás de construzóns protohistóricas.
Nos outros castros catalogados, os elementos defensivos son os mesmos e distribuense en cada caso na forma que atrás dixemos, mais resulta imposible determinar con seguranza se os valos son de pedra ou soio de terra e se os terraprens están amparados por un muro de sostén, ou feitos c-un sinxelo corte vertical sen ningún amparo nin sostefiimento. Coidamos que ista derradeira feitura había ser a menos frecuente, anque de
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a8/a84d/a84d9773-0034-4049-9891-6db07daadd9d/115719328.xml
AGUAS DE
MONDARIZ
FUENTES DE GANDARAYTRONCOSO
Propiedad de los Sres. Hijos de Peinador
Véndese en todal-as
Boticas, Droguerías, Hotels,
Depósitos d’augas minerás,
Restaurans e vagós-camas de todol-os trés.
As mais indicadas en casos
de artitrismo, desnutrizón, diabetes,
obesidades diversas, doenzas do aparello dixestivo, anemia
e neurastenia
Riquisma auga de mesa
gaseada naturalmente.
MONDARIZ - BALNEARIO
... a ...
35 kilómetros de Vigo