https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9f/9fcc/9fcc3df9-e1a5-47bd-a653-28225ef913db/115718118.xml
OS HOMES, OS FEITOS AS VERBAS
DO SEMINARIO D'ESTUDOS GALEGOS
Emprincipiou o terceiro ano da sua fecundísima laboura o importante centro de cultura galega que honra a Compostela. Damos aqui breve nota das sesións que se tiveron e dos traballos realizados no primeiro mes.
Inauguración do curso.
Foi o sábado 9 d'Outuno, n-unha aula da Faculdade de Letras. Doente o ilustre presidente do Seminario, Sr. D. Salvador Cabeza de León, presideo o Dr. Cotarelo.
O Segredario Sr. Tobío leeu a Memoria do curso de 1925-1926; e o Censor, Sr. Filgueira Valverde leeu unha relación dos socios ingresados e traballos lidos nas sesións.
Despois o mestre Cotarelo deu unha conferencia na que deu conta do achádego d'un incunábule compostelán, unha folia de reliquias, imprentada en 1495, en Santiago, por de la Passera, un dos imprensores do misal de Monlerrey. O qual veu a probar que Santiago tivo imprenta xa nos primeiros tempos, e non agardou a 1601, coma pensaron moitos. O traballo do Dr. Cotarelo, sinxelo e conciso, foi d'unha erudición prodixosa.
Na mesma sesión foron propostos pra socios os Sres. Carré Aldao, Rodríguez González, Saenz Mon, Novás e Margot Sponer.
Traballos feitos na primeira semana.
A sección de Catalogación Iconográfica dos Moimentos, cubriu mais de 500 papeletas de moimentos e catalogou 150 eirexas románicas.
Dos socios que residen fora de Compostela, recibironse moitas comunicacións, papeletas bibliográficas e fotografías de moimentos.
Tamén son moitos os ouxetos que van reco[?]llidos pro Museo Etnográfico.
Curso de Fonética
Moi logo emprincipiará un curso de leccións en col de Fonética galega en comparanza coa dos demais idiomas peninsulares, a cargo de don Lois Tobío Fernández.
Sesión do Sábado 23
N-ela leeu o seu traballo de entrada o ilustre arquitecto diocesano e Director da Sección de Catalogación Iconográfica dos Moimentos, don Constantino Candeira. O tema foi: *Como murio el barroco en Santiago*, e é un traballo verdadeiramente digno de nota.
O Sr. Martínez López leeu unha comunicación en col de *Unha poesía inédita e autógrafa de Pondal*.
Pubricacións e outros traballos.
O derradeiro pubricado é a *Síntese Xeográfica de Galicia*, de D. Ramón Otero Pedrayo que o Seminario pubricou coa axuda do señor Portela Valladares. Foi pubricada en *Lar* e a demanda d'exemplares é ben grande. N-outro lado ocupámonos d'ela.
Logo se porá á venda *Hostia* de D. Armando Cotarelo, pubricación tamén do Seminario.
O Director da Sección de Ciencias do Seminario, Profesor D. Luis Iglesias, está rematando o seu traballo anual, que ha falar de *Los insectos de Galicia*.
Desexamos ó Seminario unha brilante campaña centífica no curso que começa.
M. MARGOT SPONER
Marchou pra Portugal, despois de rematar o seu viaje d'estudo pola nosa Terra, a distinta romanista alemá Margot Sponer.
Graduada na Universidade de Berlín, e adicada ó estudo da filosofía romana, a señorita Sponer adica ó idioma galego unha atención preferente. Ten cáxeque rematado un traballo de mucho volume en col do galego antigo, traballo que nos amosirou, e pro qual ten aproveitado todos os documentos publicados da nosa Idade Media. Despois d'ise traballo imprentado, conta adicar outro ó galego moderno, pra o qual xa recadou ben datos, e pra rematalo fará outro viaje.
As suas impresións de Galiza, así como moitos contos e ditos que recolleu nas suas andanzas pol-as aldeas, han ser pul r cados en *NOS*, que d'iste xeito honrarese coa sua colaboración.
Leve feliz viaje a Srla. Sponer, e saiba que a acompaña a nosa devoción garimosa.
DIVERSIDADES.
Pouco temos que dicir do Congreso Pedagóxico da Coruña. Si nos debates qu'ali houbo, e nas concrusiós qu'ali s'aprobaron, non s'atoparon en realidade ningunha novidade centífica nin solución ningun! a práctica pr'os problemas do ensino da nosa Terra, e si algunhas ponencias que ó privativo de Galiza se referían, non chegaron a leerse, en troques, o Congreso deu ocasión pra que algunha xente moza, disposta e seriamente preparada do Maxisterio.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9f/9fcc/9fcc3df9-e1a5-47bd-a653-28225ef913db/115718122.xml
Apartado 67
Fernández, Torres e C.ª
FERROS -- ACEIROS -- FERRETEIRÍA
MAQUINARIA AGRÍCOLA
Linares Rivas, 12 A CRUÑA
LUIS FÁBREGA
DROGUERIA E FARMACIA
Progreso esquina a Luis Espada
OURENSE
MERQUE VOSTEDE
Plumeiros RAFIUM
De mais dura qu'os de pruma e limpa millor
Véndense en todol-os estabrecimentos do ramo
Andrés Perille - OURENSE
Reloxería ZENITH
Máquinas parlantes, Discos, Agullas
e Accesorios
M. Calviño
OURENSE
A mais económica de Galicia
MERQUE VOSTEDE
SÍNTESE XEOGRÁFICA DE GALICIA
por Ramón Otero Pedrayo
SANATORIO QUIRURJICO
DIREITORES
Manuel Peña Rey José Mosquera Blanco
Ginecología e Partos Cirugía geral
Especialista na gorxa, nariz e ouvidos
BODEGAS GALLEGAS PEARES E OURENSE
Vinos finos de mesa: Tinto TRES RIOS Blanco BRILLANTE. LOS GALLEGOS blanco e tinto
Macía e Valeiras, Apartado 18--Ourense
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9f/9fcc/9fcc3df9-e1a5-47bd-a653-28225ef913db/11571815.xml
NOS
motos miles de francos en protexer os emigrados polacos. Manifestándolle algúns d'eles o sentimento que tiñan de lle ser tan gravosos, dixolles il:
— Xa que na insurrección de 1830 non puideron loitar pola patria, e oxe podo menos, por acharme doente e sin forzas. deixade siquera que pague iste rescate, e que axude a quen tan nobremente cumpre co seu deber.
A Federico Chopin, uneuno unha intima amistad coa condesa Potocka, compatriota súa, e nacionalista exiliada coma il. Moitas seráns xuntábanse pra lembrar a terra lonxana e falar na lingua nativa. Chopin fuxía de todol-os xuntorios e reunións onde tan agasallado e desexado era, pra se gorentar na doce emoción d'aqueles viaxes sentimentais, que en compaña da condesa facía a Polonia. Él sentado ó piano, preludiaba aires polacos, e improvisaba encol de temas nacionais; cantaba, dimpois ela, coa sua admirable voz de soprano vellas cancións e cantos populares. Parolaban da pafria asoballada e das cadeas que tanto arelaban esnaquizar. E ó derradeiro, lian con santo recollimento os delicados e doces poemas de Mickiewicz ou de Witwicki.
Unha serán de outo.1o - por aquél tempo xa estaba Chopin atacado da dozaza que o ma[?] - en que se achaba na casa de Jorge Sand, nunha d'aquelas reunións en que se xuntaban as primeiras figuras do arte e da literatura, sentíndose desacougado e nervioso, ergueuse silenciosamente e saíu da sá. Ninguén fixo caso da sua saida. Dirixiuse ó cabán próisimo en que acougaba o piano Pleyel, e púxose a preludiar os compases armoniosos do «andante espianelo» da «Gran Polonesa». Os artistas e literatos que na sá, discutían de arte e de literatura, escoitaron as notas do Pleyel amortecidas pola lonxanía; de pronto ouservaron que aquelas ian aumentando de intensidade, multiplicando a sua potencia acústica; semellaban cen planos soando a un tempo. De súpeto ouviron un berro gutural e o Pleyel ficou silencioso. Chopin apareceu na sá. Traguía os ollos desencalxados, o cabelo revolto, a faciana mollada de suor frío. Tremaba de terror e de medo. Preto d'unha hora estivo sin poder falar. Dimpois espricou a terrible visión que tivera. En canto escomenzou a tocar a Polonesa, sentiu que unha forza misteriosa lle enchia a i-alma de enerxía e entusiasmo e que a lembranza da lonxana Polonia se recruzcia na súa maxín. Unha névoa escura impideulle ollar o que tiña diante. Mais de súpeto fixose clara e Chopin puido enxergar unha longa cabalgada de cabaleiros polacos ricamente armados a estilo do século anterior. Ao pasar, todos o ollaban fixamente. E il ben liña n'aquila ollada que lle botaban na cara a sua cobardía. Quería parar de tocar mais non podía: unha forza misteriosa obrigábao a seguir tocando cada vez con mais forza. A través dos claros que os cabaleiros deixaban entre si, abesullou as nevadas llanuras vistulianas. No instante de soar os derradeiros compases da «Gran Polonesa», a visión esfumouse no ar.
Unha vegada, achándose Chopin nunha reunión en casa da condesa Potocka, dou a coñecer unha composición que a todos impresionou profundamente. Era a sua famosa Marcha Fúnebre. Cando rematou, ergueuse e dixo:
— Ista é a Marcha fúnebre da Polonia escravizada; pero algún día outro artista de xenio que leve sangue polaca nas suas venas, escribirá a Marcha triunfal da Polonia independente.
O 18 de Outubro de 1849 enterrouse Federico Chopin no cimiterio do Pére-Lachaise. O seu corpo cubriuse - como era o seu degaro - coa terra de Polonia, que dende que chegara a Paris, gardaba il como un tesouro.
MAGARIÑOS NEGREIRA
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9f/9fcc/9fcc3df9-e1a5-47bd-a653-28225ef913db/115718110.xml
Borrador OCR local de apoyo. Úsalo solo como pista débil cuando la imagen sea ambigua; si contradice claramente la imagen, prioriza la imagen:
NOS
8
19 En invierno o gando sobre todo ha de estar bien alimentado (variante do núm. 3).
20 O sol no invierno sal tarde e ponse cedo (véxase o núm. 17 de Xaneiro).
Outros moitos mais refráns hai que poideran ter cabida n-este grupo; pero os deixamos para os seus respectivos meses.
GRUPO TERCEIRO
A SEMÁN
1 Cando o Domingo chove dempois da misa, a semana enteira vaise de risa (sémella ao núm. 4).
2 A muller o Domingo e o millo c'o rocío.
3 Non hay Sábado sen sol, nin romeiro sin frol, nin dona, ou dama, ou Marica sin amor.
4 Se Sábado chove e Domingo ante misa, pol-a semana adiante verás que vesa (concor- da c'o núm. 1).
5 Sábado a noite, Marica toma a roca ou a roupa.
6 En Martes nin te cases nin te embarques.
7 Traballadoriña dos días de festa, relóceche o c. por entre das xestas.
GRUPO CARTO
FESTAS MOVIBRES
1 Martes do Antroido ¿cándo has de vir? Casquiñas de ovos que habés de roxir.
2 O Antroido co as suas artes botou á San Matías fora do Marles (véxase Febreiro).
3 Cada Antroido, seu choqueiro.
4 A Pascua onde quixeres, e o Antroido onde as mulleres.
5 Por San Pedro da Cuadrela (cuadra gesi- ma) sal a cobra da sua pedra.
6 Domingo de Ramos o que non estrena fal- tanile as maos.
7 Domingo de Ramos lava os teus panos que na semana de Pasión, lavarás ou non.
8 Se a procesión de Delores sal, tamén sa- len as demais.
9 Alfas ou baixas no Abril sen as Pascuas.
9 Por Pascua de Resureición tres cousas non teñen razón: sardiñas saladas, castañas asadas e predicación.
10 Na semana d'Ascensión, tres días carne e tres días non.
11 Chuvia na semana d'Ascensión, cria nos trigos mouron; pro é un regalo, San Pedro co seu xerro; San Cristobo co seu cobo; Santa Mariña co a sua regazadiña; Santiago co seu canado; San Lourenzo co seu caldeiriño penzo; Nosa Señora co a sua ola; e San Miguel co seu lonel (véxanse os números 17 e 18).
12 Durante a vintena de Advento, veñen á tempo, chuvia, neve e vento.
13 Cada cousa no seu tempo e os nabos pol-o Advento.
14 Pascuas molladas, moitas sobradas.
15 Enxoltas, nin poucas nin moitas.
16 Dempois da Pelengrina (primeiro domingo á partir do 8 de Septembro) o inverno ven axina ou vense encima.
17 A chuvia na semana d'Ascensión leva o centeo e deixa o relón (véxase o núm. 11).
18 Chuvia na semana d'Ascensión, nin boa faba nin bon melón (véxase o núm. 11).
19 O traballo da Pascua arde como a ascua.
ADVERTENCIAS:
Nos refráns dos meses hay algúns que cor- responden á dous ou mais de eles: uns van repetidos en cada mes e outros somentes figu- ran no primeiro a que fan referencia.
Así mesmo facemos nolar a relación de uns con outros sinalandolles o número que teñen no mesmo mes ou o que levan n-outro, no que tamén se inseriran.
GRUPO QUINTO
OS MESES DO ANO
Xaneiro:
1 N'hay lua cal do Xaneiro, nin amor como o primeiro, ou Luar de Xaneiro, cariño o primeiro.
2 Xaneiro, xiadeiro.
3 Obreiro en Xaneiro, pan le comerá e obra non fará (contrario ao núm. 25).
4 Por San Antón, xa a galiña pon: pol-a Candelaria a mala e a boa.
5 Pito de Xaneiro val co a sua nal ao po- leiro.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9f/9fcc/9fcc3df9-e1a5-47bd-a653-28225ef913db/115718114.xml
QUOD NIHIL SCITUR
(Proseguimento)
Si ainda queres engader mais, os monstruos qu'aparecen cada día, tantos e tan diferentes, sobre todo no nome, os sexos misturados ant'algunhas especies e en individuos d'especies diferentes; especies mixtas, com'o macho, do asno e a égoa ou do cabalo e a burra; o licisco do lobo e a cadela; do touro e a égoa, o cabrito montés; os quales son vulgares antre nós; do coito do can e a raposa, do tigre, da hiena e do lobo cos que din que se xuntan debe resultar unha terceira especie, coma do camello co-a égoa, do galo co-a perdiz, e si é certo o que din do abutre co-a águia do que s'enxendra o oxifrago.
A mesma mislura ousérvase nos arbres e outras prantas, coma no caularapo, nas malopérsica e amigdalopérsica e moitas outras, nas que por medio d'un enxerto, oulense unha natureza intermedia ant'o enxerto e aquela en que o inxiren; si por fin engadel-os troques nas especies, coma no trigo ven ás veces a cizaña, e d'esta tamén o trigo, e a avea do centeo; s'engadel-o troque de sexo n'algunhas persoas, d'una virxe en varón, coma dixeron aquiles (Hipócrates e outros) faral-o asunto moi difícil, e non saberalo quid nin o quommodo nin o a que, nin o quare. Ainda menos o saberei eu.
E n'aquiles seres que non teñen alma, é maior o cambio, maior a diversidade na xeración e na corrupción. Ademais apártannos da ocasión de saber, os variados e encontrados efectos da mesma causa; e pol-a contra, as varias, moitas e contrarias causas d'un mesmo efecto.
Un soilo cixempro (pra non ser prolixo de mais xa que no libro *In rerum examine* hanse discutir estas cousas con mais vagar) sexo pra ti a calor, o qual o mesmo enxendra que corrompe, quenta que enfria, branqueia que ennegrece, afía que en grosa, arreda que xunta, derrete que coalla, seca que molla, enrarez que condensa, dilata que contrai, alonga que encolle, endoza que amarga, fai pesado que levian, dondo que duro, alrai que repele, move que detén, aleda que entristez. Pol-o derradeiro, que cousa hai que non faga a calor? Iste é a divindade subluar, a mau dereita da natureza, o axente dos axentes, o motor dos motores, o principio dos principios, a causa das causas, o instrumento dos instrumentos, a y-alma do mundo. Non sin razón, nos comezos da filosofía, creeron moltos dos antigos qu'o lume era o primeiro principio das cousas. Con razón chamou Trimegisto Deus ó lume. Con moita razón, Aristóteles púdolle chamar a calor do ceo, anque non creese qu'a calor do ceo fose Deus; e por iso n-iste punto é injustamente censurado por Cicerón. Pois que cousa millor qu'o lume nos dará idea do poder e da virtude de Deus bó é omnipotente e unha imaxe da sua inefabre divindade? O mesmo insinuouse pol-o lume, amostrándose a primeira vez n'una ardente silva; e guiando c'una coluna de fogo p:l-o deserto ó seu pobo predileuto; e descendendo en léngoas de fogo sob'a xuntanza dos seus elexidos.
Ves cantas cousas; e asi e todo, non é mais que un simple incidente, cuia razón com'a das demais cousas é nos desconhecida. Como fai il soilo tantas cousas. É difícil d'entender e ainda mais difícil d'espresar, e dificilismo ou case imposible as dúas cousas. Distinguen iles o que é per se d'aquelo que é ex accidente; ouxetan a variedade do asunto, calquera cousa das que é mais difícil qu'a primeira. Quén coñece exactamente esta variedade? Ninguén. Din somentes algunhas cousas probabres: mais nada saben de certo. D'esto, despois. Agora abonda saber que nada se pode coñecer inteiramente.
Pol-a mesma razón: un efecto producido por causas contrarias, trai pra nós gran ambigüidade. A friaxe provén xa do movemento, coma na axitación do corazón, das arterias e da auga quente; xa da quietude, coma si o home descansa despois d'estar quente polo movemento. A calor o mesmo, do movemento da carreira; da quietude si descansa o corazón, ou si non move a auga fervendo. A negrura da calor nos Etiopes; do frio no membro morto, ou por mucho tempo suspendido sobre todo si pola comprensión impide o transito do sangue pol-as arterias. A podre, de todas as calidades, agás a sequedade.
(Continuaráse)
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9f/9fcc/9fcc3df9-e1a5-47bd-a653-28225ef913db/11571817.xml
NOS inéditos achados na dirección que aproximadamente devia levar a pretendida via. Um foi atopado por nós en Tamagos, aldeia situada entre Verín e a fronteira portuguesa. Ven a ter um metro de longo por 35 centímetros de diâmetro (lástema que a perda d’uns apontes nos impida dar as medidas exatas das duas pedras) e forma parte da fachada d’unha humilde casa situada no centro da dita vila de Tamagos.
de s’alar a ela dende tempo inmemorial os ronzales das bestas que van ó muíño pol-o que é d’imposível ou dificilísima leitura. Está disposta de forma que as letras quedan invertidas, como facilmente se pode ver na fotografia.
Ademais d’esta epigrafia, escrusiva das vias romanas, acháronse en diferentes épocas, perto da trasversal que estudamos, outras lápides romanas, que, embora por si sós não pressuponham a existência d’uma via, podem assim e todo contribuir a identificá-la. Temos à vista unha interessante monografia do nosso amigo, o mestre Florentino L. Cuevillas en col da distribuição da epigrafia romana não miliária na província d’Ourense, e d’ela dedúcese que, contando seis, todas as inscrições romanas da província estão nalguma via ou trasversal.
A nossa trasversal conta hoje a mais dos miliários citados, com três lápidas romanas: a d’Alvarellos, núm. 2.512 de Hubner, e 13 de Vázquez Nuñez; a de Abedes, número 2.522 do primeiro, e 14 de Vázquez Nuñez e unha era inédita, descoberta por nós em Casarelo do Val, e que reproduzimos na fotografia II. Achase esta pedra n’um pátio da casa do Sr. Sabaris do dito povo; ten d’altura total 91 centímetros por 46 d’anchor e 33 de grosso.
Parécenos bastante todo o dito pra deixar determinada esta via em linhas xerais. Não pudemos estudá-la em todo o seu longor, com’era o nosso desejo qu’agardamos cumprir algum dia; mais em tanto queremos deixar sentadas as nossas observações que podem servir de base pra ulteriores e mais concenciudos traballos.
Por desgracia esta posto de tal xeito que deixa coberta case toda a leenda da que pouco mais se pode ver qu’as letras ANT.
O outro miliario está no “Muiño da Veiga”, entre Verín e Vilela, a uns dez quilómetros do anterior. D’esta pedra tivemos conhecimento pelo ilustrado párroco de Verín, Don Santiago Rodriguez. É meirande que o de Tamagos e d’il pode dar ideia a fotografia I, na que se pode apreciar o desgaste natural da pedra a causa
MANUEL FERNANDEZ COSTAS e
MANUEL FUENTES CANAL
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9f/9fcc/9fcc3df9-e1a5-47bd-a653-28225ef913db/11571816.xml
UNHA NOVA VIA ROMANA
A eisistenza d'unha trasversal que pasando pol-os vals do Tamega e da Arnoya xúntase as vias 1/ e 18 do Itinerario d'Antonino, foi xa suposta antre óulros, pol-os Sres. Fernández Guerra e Sanjurjo. O primeiro citado pol-o P. Manuel Alves (1) fundándose na iscripción da ponte de Chaves, pensa qu'os dez pobos que n-ela figuran concorriran no tempo de Vespasiano pr'a construcción d'un caminho ant'os Lucenses e os Vettones, por Iria, Caldas de Reis, Cusanca, Carballiño, Ourense, Verín e Chaves, e dende ali ó Douro.
O Sr. Sanjurjo (2) di o seguinte: «Aun debía unirse con la vía (refirese á Vía Nova) más adelante de Salientibus otro camino que de Laza, por los Castros de Laza y de Escuadro, había de ser uno de los más cómodos y quizá el único para los Aquiflavienses que hubieran de utilizar la vía para Asturica Augusta. Sea o no cierta la inscripción del puente Bibey, los Aquiflavienses tenían fácil acceso a la vía subiendo la cuenca del Tamega y continuando por la del Amoya, si existía este camino y en caso contrario, no podían utilizarla hasta después de dicho puente, sin cruzar las sierras de Queixa o de San Mamed.
O Sr. Sanjurjo, partindo do erro d'identificar a Salientibus con Baños de Molgas, levaba a
(1) Estudios arqueológicos do Mayor Castilino Bepa, Archeol. port. vol. XX, 1915.
(2) Los caminos antiguos y el itinerario 13 de Antonino en la provincia de Orense, BoL. de la C. P. de Monum. Orense, 10° as II e III
Hoxe parece fora de dúbida, de conformidade co-a opinión de Blázquez, que Salientibus coincidía pouco mais menos co actual Amuide.
Como se vé o Sr. Sanjurjo apoiaba a sua suposta trasversal en deducións lóxicas sin mais fundamento real que a eisistencia da ponte de Chaves, cuio orixen romano non se pode por en dúbida.
Nós que temos andado o val do Tamega dende Chaves deica Castro de Laza, alrevemo-nos a afirmal-a eisistencia da devandita vía romana.
No caminho que de Verín leva a Tintores, como o que de Retorta vai pra Laza e Castro de Laza, aprécianse siñaes de caminho romano. ponte Pedriño sobro Tamega, en Malamá (Laza) está asentada en cimentos d'unha antiga ponte cuio orixen non podemos fixar, mais coidamolo romano.
Pro o que identifica sen lugar a dúbidas o caminho que nos ocupa, son dous milierios
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9f/9fcc/9fcc3df9-e1a5-47bd-a653-28225ef913db/115718117.xml
NOS
d'animal, resto do primitivo disfraz co que precuraban imitar o totem, asegún pode verse principalmente nos estudos feitos en col dos aborixes d'Australia, por Spencer e Guillen, e encol dos da América do Norte por Boas. Son os chamados ritos miméticos, ou imitativos, cos que se trata de producir un fenómeno imitándoo, pol-a maxia que Durkhein chama simpática, e Frazer homeopática. O mais corrente é identificarse co totem ou animal sagrado, vestindose de xeito qu'un s'imite a il e facendo com'il fai. Esto atópase na orixe de total-as relixións pagás, e relaciónase ademais co-a feiticeiría e co teatro, que s'orixinou tamén d'esto. Salomon Reinach en Cultes, mythes et religion, e Ridgeway en The origin of tragedie atoparon esto nos cultos gregos.
Efectivamente, nos Misterios tan sonados, dos gregos, especialmente nos d'Eleusis, representábase pol-os iniciados, chamados mystes e epóptes, a historia dos deuses. Igual acontecía no Exipto, asegún Lámblico e Plutarco. Pois ben, os povos primitivos ou salvaxes teñen tamén asociacións segredas diferentes das tolémicas, e ainda opostas — como os misterios opúñanse de certo xeito á relixión oficial — e os iniciados n-esas sociedades fan ritos e cerimonias miméticas, nas qu'ademais crián antre illes un vencello artificial d'irmandade (Véxase: Lang, Myth, ritual and religion, Londres, 1902), o qual conservase ainda nas asociacións ma- sónicas, coma proba de que nos mais diferentes estados de cultura alópase de cote certos pen- samentos fundamentás — que ó cabo veñen a ser as Elementargedanke de Baslián — e de que ten razón a moderna socioloxía en estu- dial-os feitos sociás nos agrupamentos hu- máns que nos semellan mais perto do estado primitivo.
Pois ben: ó vollaren d'Eleusis iniciados nos misterios, o pobo ogardábaos en determinado sitio do camiño, e ceibaba contra d'iles os mais tremendos aldraxes, sin qu'iles poideran responder. Igual que pasacos cigarrós co irrio, cos charrúas.
Non quer esto dicir, crar'está, qu'istes leñan orixe grega, senón qu'os cultos pagás d'outros pobos e as supervivencias d'ísies nos modernos pobos civilizados, teñen unha orixe común no estado pre-cultural da especie, do que s'orixinan as diferentes culturas. Pol-o tanto, temos que fillar os nosos cigarrós, charrúas, irrios, choqueiros, etc., e ós guirrios, zamarrones e aguilanderos asturiáns, ou nos ritos tolémicos, ou nos das sociedades segredas primi- livas.
V. R.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9f/9fcc/9fcc3df9-e1a5-47bd-a653-28225ef913db/115718111.xml
NÓS
A EDADE DO FERRO NA GALIZA
(Proseguimento)
AS SÍTULAS E AS DOAS DE VIDRO
Villaamil e Castro atopou en terres de Mondoñedo uns anacos d'unha situla de bronze, anacos por fortuna d'abondo numerosos pra que equil arqueólogo chegara a determinal-a con espirás (fig. 126), (1) send'o seu conjunto case idéntico á d'un exemprar bretón desatuado no túmolo de Redher en Plougenmelen (Morbihan).
Outra clás de situla que tamén debeu ser usada na nosa terra, é a que se ve no repulido da diadema de Ribadeo, de forma ovoide con grandes angas, boca estreita e unha especie de pé, semellante a un tipo itálico da necrópolis de Arnoaldi, que s'atopou tamén en Cowrins (Irlanda).
Compre afastar dende logo a opinión admitida hastra hai poucos anos, que consideraba as doas de vidro com'ouletos de frabicación oriental y-espallados no Ocidente pol-os mercaderes de Tyro e Carihago. Sábese hoxe qu'os Fenicios non manufacturaron o vidro haste ben tarde e qu'a sua Introdución na Europa é moi anterior ó comezo das suas expedicións mercantis.
A industria vidreira ten, segundo se cre actualmente, a sua orixe no Egipto, e dend'ali foise estendendo polo Mediterráneo pra rubir despois car'o N, polos vieiros do estano e do ámbar. Produto d'importación na Edade do Bronze, o vidro principiou a traballarse no centro e no W do noso continente, ó parecer nos meiados da Edade do Ferro, y-alcanzan-do a sua máisima actividade no periodo de la Tene, en cujos facimentos alcóntranse d'abondo doas y-enfeiles de moitas clases.
Pol-o que toca a Galiza, principal centro estannífero no alborexar da Edade do Bronze, é case seguro que dende cedo o comezo d'isle metal houbera introducido n-ela os lubiños anelados qu'apareceron tamen no Argar e na Gran Bretaña.
Os tipos de doas que foron achadas na civi-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9f/9fcc/9fcc3df9-e1a5-47bd-a653-28225ef913db/115718121.xml
NÓS
Garret, de Mendes Corrêa sobre antropoloxía e bioquímica e sobre unha gravura rupestre, de A. do Paço sobre indumentaria popular, de Luís Cardim sobre educación nos Estados Unidos. Deseños de Victorino Ribeiro e Antonio Carneiro.
BIBLOS, Coimbra, Xunho, Xullo. 1926.
SUMARIO: Dr. Mendes dos Remedios. Finta para o pagamento do Perdão. - A. J. de Costa Pimpão. A Crónica de Guiné de Gomes Eanes de Zurara. - Dr. Mário Brandão. Contribuições para a história da Universidade de Coimbra. Uma oração académica do Renascimento. - Ernesto Donato. Os reservados da Biblioteca da Universidade de Coimbra. - Dr. Mário Brandão. Uma carta acerca da viagem do Cardeal Alexandrino a Portugal. - Livros de Portugal. - Varia.
A NOSA TERRA, A Coruña, 1.º Outono.
A interesante revista das Irmandades da Fala publica o seguinte sumario: Ao decorrer os días: O que todo galego ten que saber, resumen de etnografía galega. A canción galega, por J. V. Viqueira; A casa onde morreu Rosalía: Estancamento e evolución, por Magariños Negreira; En poucas verbas; Nai Galicia! poesía de Carmen Prieto; No camiño de Santiago, por Xavier Pardo; A presidencia da Academia Galega; Lecturas.
1.º Novembro 1926.
SUMARIO: No Congreso pedagóxico rexional, atinadas consideracións en col d'iste asun-
ORIENTACIONES, Madrid, Julio, 20, 1926, número 1.
REVISTA que dirixe en Madrid o noso compa-
triano Francisco J. Fariña, e onde colaboran: Juan Guixé (Política), F. Rivera Pastor (Dereito), C. Pereyra (América), Manuel Abril (Blátrica), A. Marichalar (Literatura), J. O'Donnell e C. González y Torres (Teatro), Oscar Esplá e Gustavo Durán (Música), A. Fabra Rivas (Custios Sociais), F. J. Fariña (Economía e Finanzas), Luís L. Ballesteros (Revistas) e Edgar Neville (Sports). O seu 1.º número enfoca a actualidade d'un xeito xeral moi atinadamente, respondendo ó programa qu'espón. Trai un estudo da obra pictórica de Solana, actualidades literarias e teatrais, en col d'una sonata de Strawinsky, sobr'a organización internacional do traballo, etc.
Imprenta LAR. Real, 36 - A CRUÑA
Dr. MOSTEIRO
MÉDICO ODONTOLOGO
Medicina e Cirugía da boca -- Electricidade -- Rayos X
A Clínica Dental mais completa de Galicia
SÁNCHEZ BREGUA, 5-1.º
A CRUÑA
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9f/9fcc/9fcc3df9-e1a5-47bd-a653-28225ef913db/11571812.xml
NÓS BOLETIN MENSUAL da CULTURA GALEGA
DIREITOR LITERARIO
Vicente Risco
DIREITOR ARTÍSTICO
Alfonso R. Castelao
DIREICIÓN E REDAUCIÓN
Sto. Domingo, 47 - OURENSE
ADEMINISTRACIÓN:
Real, 36 1.°-A CRUÑA
ABONAMENTO
Doce númaros, na Penínsua 6 pesetas
Fora da Penínsua 15
Númaro solto na Penínsua 1
Na Arxentina 60 centavos
En Cuba 30
OS PAGOS SON ADIANTADOS E OS GASTOS DE XIRO LE CONTA DOS SUSCRITORES
Este boletín nonpubrica mais orixinás qu'os que foran direitamente solicitados pol-a Direición. Tampouco se fal solidario das ideas n-eles emitidos, a non ser dos que por non iren rubrados, enténdense que son da Redaución.
SUMARIO
Invocacao, por Anrique Paço d'Arcos.
O Nazonalismo de Chopín, por Magariños Negreira.
Unha nova vía romana, por Manuel Feruández Costas e Manuel Fuentes Canal.
Coleición de refrans de almanaque, por Uxío Carré Aldao.
A Edade do Ferro na Galiza, por Florentino L. Cuevillas.
Quod nihil scitur, tradución por Xan Aznar Ponte.
Archivo filolóxico e etnográfico de Galiza
Os homes, os feitos as verbas, pol-a Redaución.
LEA VOSTEDE A NOSA TERRA IDEARIUM DAS IRMANDADES
Administración Real, 36 — A Cruña
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9f/9fcc/9fcc3df9-e1a5-47bd-a653-28225ef913db/115718113.xml
NÓS
dos na cividade de San Ciprián das Lás, podemos sinalar já os-seguintes tipos:
A) Ola grande, de paredes grosas, boca ancha e colar curto e pouco revirado. Atopáronse restos d'estas vasilhas en San Ciprián das Lás e no Castromao, perto de Celanova (figura 126 bis).
(B) Jerro cilíndrico, ó geito de bock e provisto d'unha anga acanalada (San Ciprián das Lás, (fig. 127).
C) Pote pequeno, de paredes finas, moi ensanchado no centro e con colar estreito e mol revirado (fig. 128).
D) Pote do mesmo tipo qu'o anterior e provisto d'unha anga (Santa Tecla e San Ciprián das Lás, (fig. 129).
E) Prato circular de bordes ergueltos e de paredes grosas (San Ciprián das Lás, (fig. 130).
F) Jerro sen angas yestrelado na parte central (Castro de Laudos, (fig. 131).
G) Jerro coa anga partindo da boca (figura 131 bis).
Todas estas vasilhas están feitas a mau, e son de barro ordinario con moitos graos de cuarzo incruidos na sua masa; anquás veces y-en testos de vasos pequenos, nótase un maor col-dado na sua escolla e preparación, pero todas elas presentan en general os caracteres propios d'una boa cocedura, o que fai sospeltar en contra do dato suministrado por Strabón, qu'os galegos da Edade do Ferro coñecían o uso do forno cerámico.
As decoracións practicábanse por riscado ou por estampado, conseguindose iste por melo d'una rodiña que levaba entallado no borde o dibuxo ou por moldes negativos que se manexaban ó xeito d'un sello.
Os motivos decorativos son pouco mais ou menos os mesmos qu'alcontramos já nas pedras esculpidas e nos adornos das lolas. Círcos sinxelos ou concéntricos, semicírcos, eses, triángulos, losangos, espiñas de peixes, grupos de liñas, pétalos, pérolas ou riscadelas ungulares qu'a veces arrodean o borde das vasijas.
Estas decoracións dispóñense case sempre en zonas horizontais separadas por liñas riscadas ou salientes, sendo particularmente notable pol-a sua identidade co-as cerámicas vilanovianas, a decoración en faixas de eses e círcos cuia aparición siñala Lette no N de Portugal e que tamén s'atoparon en San Ciprián das Lás. De todas elas dará millor idea qu'a descrición mais miuda os dibuxos da fig. 132.
Coma se vé, non hai na nosa industria cerámica nin primores de fabricación incompatívesles co descoñecemento da roda, nin grande originalidade nos decorados, nin xiquera esmero na escolla e preparación dos barros. Son as nosas olarias protohistóricas rudas e sinxelas, y-o seu principal mérito é sen dúbida o de seren inteira e prenamente galegas.
En efecto, no melo dos vasos á roda do E. S e C da Península, decorados con pinturas, que si ben se limitan ás veces a zonas cooreadas d'amarelo e bermello, reproducen outras figuras de bestas pantástecas y-hasira s'arriscan a representaren vivas esceas de caza e de combates, as cerámicas da nosa terra, feitas á mau y-adornadas con motivos xeométricos riscados ou estampados veñen co-a sua presenza a siñalar unha separación antr'a nosa cultura dos Castros y-as civilizacións do resto da Península, y amostraren com'en Galiza ceibe d'infruxos estranhos, perduraron nas cerámicas coma nos demais oujetos, os vellos estilos hallstáticos e subsistiron deica a aparición das ánforas e dos barros saguntinos.
E co-esto, dou por rematado o meu traballo, que coma dixen ó principiar, non é mais qu'un intento de sistematización da protohistoria galega, época singularmente interesante já que n-ela a nosa terra aparece por vez primeira ós ollos dos investigadores, autónoma e diferenciada das outras rexións peninsulares.
Moito hai que facer e que descubrir aínda con respecto a iste período da vida de Galiza. Qu'iste meu labor d'oxe poida facer mais doadas as labores futuras e qu'os obreiros de mañá os alumee a mesma estrela que m'alumea a mín, é o meu único desexo. Qu'os que veñan despois traballen coma nós traballamos pol-a santa Galiza, nai amorosa y-esquecida.
Ourense, a oito d'Abril do ano de mil novecentos vintecatro.
FLORENTINO L. CUEVILLAS
Non deixe de mercar
COUSAS por CASTELAO
Prezo CATRO pesetas
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9f/9fcc/9fcc3df9-e1a5-47bd-a653-28225ef913db/115718119.xml
NÓS
da Inspección e do Profesorado da Normal, se vise, se conéxese e se relacionase.
N-Ourense celebrouse o centenario da publicación do primeiro volume do Teatro Crítico do P. Feixóo, cun certame literario organizado pola Asociación da Prensa. O auto tido no teatro, no que fixo de mantenedor D. Anxel Ossorio Gallardo, foi solene e brilante, anque anacrónico. Comprentamente fora do espírito do noso tempo, que xa non gusta d'estas cousas.
Non hai forma de volver ós tempos do outro centenario, coma lampouco se pode volver ós tempos de Doña Emilia Pardo Bazán.
O PROBLEMA DA ETNOLOGIA
HEBREUS NA PROTO-HISTORIA DA IBERIA
Tódas as persoas un tanto versadas na proto-historia da Península Hispánica recoñecen o misterio, até aquí, impenetrável, de certas inscricións ibéricas.
E, de ha muito, etnólogos de valor tiveron chegado a unha conclusión dolorosa, que era a seguinte: Non vale a pena tentar a descifración dessas inscricións; son caracteres, de ha muito perdidos, dunha lingua de ha muito morta, dun povo, de ha muito extinto...
E, perante o recoñecemento desa incapacidade, enfrontábase a esfinge e pasaba-se alem.
Ora, un sabio investigador portugués, despois de moitos anos de silenciosos e tenaces esforzos, obrigou a esfinge a falar e conseguiu unha resposta e descoberta formidábel.
E a descoberta é a seguinte:
As inscricións epigráficas, en cuestión, son documentos hebreus, gravados, en caracteres fonéticos, dos usados anteriormente a Edras.
O Sr. Major C. L. Santos Ferreira, o crédito investigador, a quen nos referimos e que realizou a maior descoberta epigráfica dos últimos tempos, na súa obra: A Escrita Hierática dos Hebreus, revelada p.c. a interpretación das Inscripcións Ibéricas, e cuxo traballo fecundo motiva esta comunicación, foi mais longe aínda: Descubriu as letras hebraicas, correspondentes aos caracteres ibéricos e constituíu assim a tradución en hebreu moderno e en linguaxe vulgar dessas inscricións, que se encontran en Bensafrim, Ossónoba, Castellon de la Plana, Ourique, etc., etc.
Tódas as persoas cultas comprenderán o extraordinario valor desa descoberta, na triplice forma, ibérica, hebrea e latina.
É claro que a historia da primitividade da Ibéria, a partir dos estudos deste erudito inves-
ligador, tem de tomar unha nova orientación, assim como o problema dos íberos, assume proporcións máis vastas e, sobretudo, máis claras.
Efectivamente, ¿quem eran os íberos?
Após a Scisma das Dez Tribus, manteñéronse fieis as de Judá e Benjamín. Dispersáronse as outras. Virían para a Ibéria e constituirían o núcleo de unha emigración poderosa? Non nos compete e sería longo reproducir e comentar as interesantes e impresionantes conclusións do investigador portugués e as conclusións filológicas, a que chegou, tão perfeitas e claras, como a historia de hebreus primitivos da Península, das súas lidas internas e contra Cartago, do seu contacto co Arianismo, da cuestión mosarabe, etc., etc., questões, que o señor Major Santos Ferreira, utilizando as súas investigacións e descobertas, aborda con lóxica e criterio.
No entanto, prestémos-lhe homenaxe, mesmo para que outros investigadores, e é o seu desexo a desenvolvan e adeanten, quanto posible...
João ANTUNES
LIBROS
SÍNTESE XEOGRÁFICA DE GALIZA, por Ramón Otero PEDRAYO, Cruña, 1926.
Este libriño, que é o IV volume da Biblioteca do Seminario d'Estudos Galegos, é o traballo d'entrada do autor n-aquel Centro da alta cultura galega.
É o primeiro traballo científico de Xeografía de Galiza que se fai con criterio moderno, ben superior a todo o que se ten feito n-iste orde na nosa Terra. E eso qu'ainda non é un traballo feito, senón un esforzo, unha esquise, e mais así e todo, leva xa todas as ideas fundamentais pra un concepto esauto, preciso e verdadeiro de Galiza no orde Xeográfico.
Estamos elqui lonxe da Suíza española, dos fiords das rías, e demais tópicos menlíreiros com'andan por ahí adiante. Estamos diante d'un traballo científico feito por quen é artista. O traballo leva as seguintes seccións: a) Xeoloxía, b) Releve, c) Litoral, d) Clima e vexetación, e) Xeografía humana, f) Xeografía económica, g) Paisaxe. Como se vé, o orde ven ser o mesmo qu'o da parte xeral da Guía de Galiza, do mesmo autor; mais eiquí están mais desenvolvidas, mais feitas, mais adiantadas, e ademais teñen a vantaxe de levar cinco ma-
pas ou croquis do autor, onde s'espricen as principais alineacións montañosas, o litoral, as rías baixas, o sistema fluvial do Miño Sil, e os outros ríos.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9f/9fcc/9fcc3df9-e1a5-47bd-a653-28225ef913db/115718124.xml
F. ROMAN E SACO
DROGUERIA
e FARMACIA
Pereira, 19
Telefono 28
OURENSE
ADEQUIRA
SINZESE:XEOGRÁFICA
DE:GALICIA:POR:P.
OTERO:PEDRAYO
TRES pesetas
SI LLE INTRESA
O MARISCAL
Lenda tráxica-histórica por
Ramón Cabanillas e Antón Villar Ponte
Pidas á A'eministración de LAR Real, 36 1.º - A Cruña a 3'50 pesetas
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9f/9fcc/9fcc3df9-e1a5-47bd-a653-28225ef913db/11571813.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
Ano III ★ Ourense 15 Novembre 1926 ★ Núm. 35
INVOCACAO
(Da “SAUDADE MINHA”, livro inédito)
Ó meus irmãos na Dôr, tristes pinheiros
Onde ecôa de longe a voz do mar
Numa toada lugubre e saudosa,
E onde o vento adormece murmurando
Não sei que estranhas maguas, que remotas
Saudades de outro mundo; ó pinheiraes
Erguidos numa ânsia para o céu,
Gesticulando à branca luz da lua!
Son vosso irmão na Dôr: eu também sofro
E como vós também, ós Desvairados,
Alongos os braços para Deus e rezo...
Ó sol morrendo além, ensanguentando
A natureza inteira nesse beijo
Dorido da partida; ó fogo estranho,
Eternamente morto e ressurgindo
Da mesma cinza escura eternamente;
Em chamas, como tu, eu me consumo
E ás vezes, sobre mim, a noite desce
E a dor é mais profunda ás horas mortas...
Extáticos rochedos sobre a areia
Olhando o azul do céu e o mar azul,
Vosso longo cisma quanto me doe!
Eu também sofro assim, ó pensativos
Rochedos meditando à flor da praia!
Em mim o mar se quebra num calhau,
Em mim a terra, empedernindo, morre,
E, olhando o mar e a terra, eis-me só,
Abismado nas sombras do Crepúsculo...
Sois meus irmãos na Dôr e quanto existe
Eu irmão também nesta saudade
Da vida que vivi além de mim.
Voz das fontes chorando, e do arvoredo,
Ó lágrimas da pedra, ó dor das aves
Cantando à luz da lua e ao sol que nasce;
Ó Dôr de quanto existe, ó Dôr eterna
Irmã da minha Dôr que vem de Deus!
ANRIQUE PAÇO d'ARCOS
Lisboa
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157181&posicion=1
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9f/9fcc/9fcc3df9-e1a5-47bd-a653-28225ef913db/11571814.xml
O Nazonalismo de Federico Chopin
Sin dúbida que a figura mais interesante e suxestiva da historia musical é a de Federico Chopin. Ao seu valor artístico, que o axiganta e fai sobresair por riba de todos os grandes músicos, engádese o prestixio persoal e o fondo valor psicolóxico dos seus sentimentos.
Esculcando a sua vida, atópase n'ela unha faceta, cáxeque esquencida no tráfico da sua novelesca existencia, que fai xurdir cara il unha franca simpatía. Chopin foi nazonalista toda a sua vida. No seu peito latexaron decote xuntamente co amor á Arte, as ansias da liberdade pra sua inesquencible Polonia, traidora e cruelmente asoballada. Dende neno sentiu istas arelas, mais non puido chegar, como degaraba, a defender os seus ideais coas armas. Sua nai, Xustina Krzyzanowska, tivo varias razóns pra facelo arredar de Varsovia. Emilia, a irmá mais nova morrera d'unha afelzón pulmonar, e il —tan semellante a ela nos rasgos faciales e nos sentimentos artísticos— facia temer, pola sua pouca saúde, o mesmo desenlace; ben sabia tamén, que en canto escomenzase a lola, o seu fillo morrería sin gloria nin proveito pra sua patria. Por iso quixo que trocase de aires e de vida. Ademais os homes das suas irmás liñan cargos públicos e as súas manifestacións nazonalistas comprometerían seguramente o seu porvir. E animado pol-o seu mestre Elsner, e cáxeque obrigado por sua nai, alonxouse de Varsovia, e fixo un recorrido artístico por Alemaña e Austria, chegando a París no ano de 1831.
Ali tivo a ledicia de se atopar con Tito Woyciechowsky, íntimo amigo seu, que chegara facia pouco fuxindo de Polonia, onde dirixira un fracasado movemento nazonalista. Axina se puxo en contacto con todos os seus compatriotas, con quen gustaba de parolar na lingua nativa e de lembrar as terras que tan fon-da saudade lle causaban.
O nobre e sinceiro amor a Polonia, plasmouno Chopin nas "Polonesas", composicións musicais desenvolvidas de temas populares, que cullivou primeiro o príncipe Oginski, seguindolle dimpois Lipinski e Maysender e logo Weber. Pero ninguén coma Chopin, soupo levar ó pentagrama o entusiasmo e grandeza valente d'un pobo que soubo de señoríos e de conquistas. A sua primeira "Gran Polonesa" —di Carmela Eulate no seu estudo encol d'es-te músico— produxo no mundo musical unha impresión indescriptibel, algo asi como si se ollara a estatua viva de Polonia, erguéndose soberbia no meio do París democratizado e afirmando coas notas dos seus temas nazonales que podía estar sometida, pero 'que non ficaba domada.
Achándose en Londres, —onde conquerira un dos trunfos mais grandes da súa carreira artística— reponéndose d'unha frebe que o livera entre a vida e a morte, recibeu a agradabel visita do seu amigo e patriota Tito Woyciechowsky, emigrado en Inglaterra. A presenza d'iste valente e nobre polaco que con tanto fervor loitaba pola independencia da sua patria, e as longas parolas que os dous sostiveron, espertaron en Chopin, as añoranzas da sua asoballada Polonia, e sentiu os remordimentos da sua inactividade. Leubrandose de que por amor á Arte, e por atender os consellos de sua nai, esquencera os berros dooridos da patria en peligro, chamouse cobarde e arelou a fortaleza e a ardencia d'aquel seu amigo a quen tanto ademiraba, pra poñela ó servizo do ideal. Non podendo facer outra cousa, entregoulle a Tito a forte suma de diñeiro que lle valera o seu concerto na sá Broadway.
Mais tarde en París, axudou sempre e gastou
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9f/9fcc/9fcc3df9-e1a5-47bd-a653-28225ef913db/115718123.xml
Augas bicarbonatado-sódicas de
MONDARIZ
FONTES DE GÁNDARA e TRONCOSO
Propiedade dos FILLOS DE PEINADOR
MONDARIZ—BALNEARIO está situado a 35 kilómetros de Vigo e a 20 das estacións de Porriño e Salvatierra de Miño
O Hotel do Estabrecimento está aberto do 1.º de Mayo a 31 de Octubre
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9f/9fcc/9fcc3df9-e1a5-47bd-a653-28225ef913db/115718112.xml
ceron as arrecadas portuguesas do castro de San Ciprián de Laudos, y-engadindo a istes elementos o que podemos ouservar estudand'os testos recolli-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9f/9fcc/9fcc3df9-e1a5-47bd-a653-28225ef913db/115718116.xml
dade, anque con referencia ás terras de Caldelas e Lemos, ouvimos falar dos murrieiros, que viñan de lonxe, vestidos do mesmo xeito, que pedían esmola e sacaban as múrrias das pernas. Mais tarde, en Cristosende (concello de Parada do Sil) e na Teixeira, en Terra de Caldelas volvéronos falar dun murrieiro que saía no entroido cunha sorte de pantalla piramidal na testa, e cinto con chocas.
Non poden ter outro orixe os choqueiros, de que fala Picadillo, en Pote aldeano: viste generalmente de señora, y le sirve de antifaz, bien una filloa o bien la piel de un conejo o libre. Su característica es una borrachera de caña; y entra en el baile repartiendo palos a diestro y siniestro... Al choqueiro le está prohibido el uso de la palabra... puede dar gritos salvajes, saltar por encima de la concurrencia... Choqueiro chaman ós irrios da Teixeira (Caldelas) que levan chocas. Efeitivamente, o nome venlle das chocas, campaíñas ou cencerros. A verba é da mais clara derivanza céltiga, de clocca, que deu en francés cloche.
Os Charás d'Allariz son hoxe máscaras fachosas que levan un pau prescorrental-os rapaces, chamándolles: -«Charrúa, m... crúa! Antigamente iban vestidos de colores, cun cinto de chocas, un zurriago de pelica e unha sorte de monteira, e iban pol-as aldeas pra que lle deran algo. Non sabemos s'a monteira era de pelica, ou a pelica pasou do corpo á punta do pau. Tocantes ó nome, temos ouvido asegurar que lles viñera d'un qu'había en Xinzo, que se vestía todol-os anos, e chamábanlle Charrúa d'alcume, o cal non pode ser certo.
O Irrio que vai diante da procesión da Virxe dos Remedios no Castro de Caldelas, leva unha carantoña de pau, un frac e pantalón, xeralmente a cadros de coores, reberetados de marelo ou bermello, e na mau un zurriago de pelica, selca antigamente de vexiga de porco, e corre ós rapaces que lle berran: -Irrio, irrio peliqueiro! Non quita que o apelativo de peliqueiro lle vena de ter levado n-outro tempo a pelica ó lombo. Xa falamos mais enriba dos irrios ou choqueiros da Teixeira, sen dúbida relacionados co-íste. Os dous concellos lin'm, e dend'o Castro, vese a Teixeira.
Don Manuel Fernández Castro entéranos de que o Abade de Castrelo do Val, Don Manuel Fuentes, n-un traballo publicado en 1912 no Heraldo de Verín, en col das antiguidades d'aquela vila, di:
«Sea o no cierta la inscripción del Puente Bibey, los aquiflavienses tenían fácil acceso a la vía (refírese ó Itinerario 18 d'Antonino) siguiendo la cuenca del Támega y siguiendo por la de Arnoya, si existió este camino, y, en caso contrario, no podía utilizarla hasta después de dicho puente, sin cruzar las sierras de Quelja y S. Mamed. En este caso estaría más apoyada la opinión que hemos oído de que nuestros populares y antiguos cigarrones, fueron importados de las costumbres gentilicas de la Zigarrosa; por más que, aunque sea cierto que sólo existían en la dirección de la transversal que indicamos, y aunque es verdad que, a excepción de Verín, Laza y hasta los Milagros, donde los hemos visto, no se conocen tales cigarrones más que en la parte de Asturias que confina con Galicia, con el nombre de Girios, tan parecido al de Gigurros que eran los de la Zigarrosa, no alcanzamos la razón porque dicha costumbre no haya quedado en lugares más próximos al Forum Gigurronium.
Non hai dúbida qu'os dous nomes Girios, ou millor Guirrios - do que cicals ven o Irrio de Caldelas - e cigarrós, semellan derivación dobre de Gigurros ou Guigurros.
Ora, Fausto Vigil, estudando os Sidros, Guirrios, etc., astures, (Boletín del Centro de Estudios Asturianos, núm. 3) deriva a verba Guirrio, co-a sua equivalente leonesa e palentina birria, do vasco oguarria - nadal, pois os Guirrios, Gitros, etc., d'Asturias, saen pol-o Nadal. En Lena, hai os -a narrones, imitantes ós nossos cigarrós. O nome de zamarrones pódelles vir da vestimenta de pel ou felpudos, ou pode ser o mesmo de cigarrós allerado por contaminación fonética e influencia semántica da verba zamarra. Vigil cita os zaharrones de que fala a ley IV, tit. VI, Part. Vil: «que cantan e facen juegos por precio».
A relación de todos ístes costumes co-as danzas tolémicas prehistóricas foi xa indicada por Uria y Rin (Sobre el origen de los Sidros. Zamarrones, etc. Boletín cit. n.º 5) e é cousa qu'axiña se ve no felto de levaren unha pelica.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9f/9fcc/9fcc3df9-e1a5-47bd-a653-28225ef913db/11571819.xml
NOS
mais que ten o senso contrario na provincia de Badajoz, onde:
Año de nieves, nunca lo vieres e nas provincias andaluzas, nas que:
Año de nieves, año de bienes... en tu casa si los tienes.
Vexase, pois, a comenza de facer ese estudo comparativo; mais non o creemos axetado no caso presente e o deixaremos para mais adiante s'esta nosa colección tivera a fertuna de obter algunha recompensa.
Estivemos cavilando que forma poderiamos lle dar ao noso traballo e despois de moilo pensalo, pareceunos a millor a de xuntal-os refrans en diferentes grupos, que garden certa analogía. Dividímolos en
I Referentes ao ano.
II Pronóstico das estacións.
III A Semán.
IV Festas movíbres.
V Meses do ano.
VI Predicións do tempo.
Alá van, pois, no precuro da benevolencia d'un xurado digno e competente, nas mans de quen encomenda o seu traballo.
O autor, millor dito, recopilador.
REFRANS DO PRONÓSTICO
GRUPO PRIMEIRO
REFERENTES AO ANO
1 Ano de ameixas, ano de queixas.
2 * * amoras, ano de choras.
3 * * nevadas, ano de fornadas.
4 * * noces, ano de voces.
5 * * * * ano de mortes.
6 * * peras, nunca ecá veñas.
7 * * landras, ano de grasas.
8 * * saltón, ano de perd gón.
9 * * ovellas, ano de abellas.
10 * * xiadas ano de parvas.
11 * * moita herba, ano de moita m...
12 * * Seco tras de mollado, garda a lan e vende ao fiado.
13 Ano novo, vida nova.
14 A anada non se pilla á carreira.
15 Anadiña pouca, anadiña moita vai che- gando unha co a outra.
16 Cando Deus quere dal-a anada, n'a tolle chuvia nin xiada.
17 Cando o ano entrare en domingo, vende o boiciño e merca milliño.
18 A Galicia a fame ven nadando, ou
19 A Galicia ven a fame nadando.
20 Cal o ano tal o xerro.
21 En ano de viño, compra ou garda viño.
22 En ano que moilo chove, o labrador traballa mais que come.
23 Alá val serodio con temperán, mais non na palla nin no gran.
24 Ano de laceiras, en cada esquina unha panadeira.
25 Nos meses sin r, marisco non comas, nin marisco merques.
25 Colleita mallada é meia anada.
GRUPO SEGUNDO
PRONÓSTICO DAS ESTACIÓS
1 Dende Santos a Nadal e invernatural, ou
2 Santos e Nadal, inverno carnal.
3 No inverno sobre todo o gando ha de estar ben comido.
4 No inverno non hay mal can, nin mala pólvora no vrán.
5 O inverno come e non cris.
6 Enxamio probe nace no inverno e no Mayo morre, ou
7 Enxamio probe no invernonace e no Mayo morre (é o núm. 14 de Mayo).
8 No inverno sempre precura que de augoa non haxa fartura.
9 Dende que ven o cuco, fora pulpo.
10 Dende as cereixas aos nabos, ben esta- mos: dende os nabos ás cereixas todas son queixas.
11 Augoa en Outono mala á seu dono.
12 A horta en Outono, mante á seu dono.
13 Tral-o veranilho de San Mariño che- ga Nadal c'o seu invernilho.
14 Froles en Outono, fame en ano novo.
15 A verdura no Outono, coma a seu dono.
16 Día de San Martiño, probo o teu viño (duplicado no núm. 4 do mes de S. Martiño).
17 Dempois de San Martiño deixa a augoa e bebe o viño (duplicado núm. 9 do mes de San Martiño).
18 Cando ven o cuco, ven o piña no suco.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9f/9fcc/9fcc3df9-e1a5-47bd-a653-28225ef913db/11571818.xml
FESTA DA LINGOA GALEGA
COLEICIÓN DE REFRANS DE ALMANAQUE
LEMA: *A enada non se pilla á carreiros*
INTROITO
Refrán debe de se considerar como a primelra e a mais sinxela manifestación do arte popular, pois o elemento paremiolóxico foi o de untón entre da lengua e da poesía do vulgo e da dos eruditos. Contra do que pol-o xeneral ou común das xentes se colda é labor merecente e dina de sere louvada a de recoller as máisimas tradicionás do campo que leñen por obxeto as prácticas da agricultura e da metereoloxía nas suas mutuas relacions, formando así eso que se chama:
Refrans do pronóstico
O Refrán é de todol-os tempos e lugares: pero en España non se lle apricou tal nome senon dempois de varios séculos de eisistencia.
O distinguido escritor Sr. Colarelo y Mori nos di, n-un dos muitos dos seus excelentes traballos, falando d'esta materia «que dende comenzos do século XIII hasta os mediados do XV, nossos refrans levaron o nome de fabla, fablilla e outros diminutivos do mesmo verbe: patraña, partilla, verbo, viesso, palabra, retraire y exempro ou proverbio, o mais común de todos, sin que nin unha sola vez se haxa atopado co a voz refrán, que ao fin e á postre chegou a prevalecer.
Na nosa meiga terra galega son moitas e moi cursidosas, ao par que interesantes, as coleccións formadas d'esta ponla do folk-lore. Entre das, mais ou menos estensas, referentes aos refrans en xeneral cilaremos as de R. C. (Ricardo Caruncho); Leiras Pulpeiro, Manuel Murguia, Pérez Ballesteros, Saco Arce, Marcial Valladares, Carré Aldao, A. de la Iglesia e outros.
Canto as coleccións agrícolas e meteorolóxicas cumpre sinalemos as de Alvarez Jiménez, Pedro Merille (Salvador Golpe) e Carré Aldao.
Vaia pois, agora esta nova escolleita a lles facer compaña ás que deixamos ditas. Poderiamos facela mais longa e á mais concordala con refrás d'outras comarcas e países, xa para facer resallal-a analogía do noso refraneiro cos allcos, xa para remarcal-as diferencias de concepto, habidos a desigualdade de condicións climatolóxicas e topográficas, como por exempro no noso refrán:
Ano de nevadas, ano de fornadas.
que ten os seus similares en:
Any de neu, any de Deu, en Cataluña.
Año de nieves, año de bienes, en Castilla.
Anno de nevao, anno de pao, en Portugal.
Année ée neige, anne de bon grain, en Francia; e
Annata nevaria, annata frumentaria, en Italia.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9f/9fcc/9fcc3df9-e1a5-47bd-a653-28225ef913db/115718115.xml
Archivo filolóxico e etnográfico de Galiza
Adición á festa do 3 de Mayo, ou da Cruz, an Laza (Varin)
A nota que nos deu o Sr. Fuentes Canal e que pubricamos no número anterior, temos qu'engader o seguinte:
*A Eva leva no brazo unha gueipiña chea de mazás, e vai flando, provista de roca e fuso. O Adán leva unha eixada ó lombo. Simbolizan asegún o noso comunicante – Don Manuel Fernández Costa o traballo a que foron condenados ó seren botados do Paraíso.*
Debemos considerar iste costume com'un resto das repersentacións sagras da Edade Mela, ou Autos Sacramentás, nos que se representaban esceas bíbricas, evanxélicas ou simbólicas. Tocantes ó simbolismo, no caso presente, debemos faguer notar o felto d'apareceren Adán e Eva na festa da Santa Cruz, siñal e istrumento da nosa redención da culpa qu'aquiles dous cometeran, pra nos lembrar a un tempo o pecado e o perdón, de xeito que a cerimonia ven simbolizar, en esencia, e dend'o modo de ver cristián, toda a vida espiritual do home. O mesmo veñen repersentar moitos dos cruceiros da nosa Terra, que teñen na parte baixa da coluna as figuras d'Adán, Eva e a Serpente qu'os atentou, de sorte que a Cruz, abalxo, é o arbre do Paraíso, e enriba, o arbre da salvación. Concorda co-a doutriña – sostida antr'outros, se me non lembro mal, por Catalina Emmerich – de ter sido feita a verdadeira Cruz, co-a mesma madeira do arbre do Paraíso, qu'estaba habia moito na Piscina Probatía, a cuías augas comunicara a virtude.
Mais esto non esprica os curiosos detalles, cecais o mais importante, da cerimonia de Laza. Pra elo teriamos que recuar moito no tempo, e irmos ós tempos pagãos, e d'istes os mais primitivos. É ben sabido a parte principalma que nos cultos antigos tiñan, e teñen hoxe nos cultos salvaxes, as representacións, danzas e mascaradas representativas, da vida dos deuses e dos totems. O Cristianismo ó
Os cigarróns
De Laza ven tamén o costume dos cigarróns, que s'estenden a Verín, e derradeira mente, tamén a Ginzo.
Son homes que saen polo entroido, c'un vestido imitante ó dos toreros, c'unha carantoña de pau, e un chapeu que semella unha interpretación do tricornio defisdo século XVIII. Ó lombo levan unha pelica d'ovella, na man un pau c'unha vixiga de porco inflada, e no cinto axóuxeres e campaiñas.
O cigarrón ten dereito a baler coa vixiga a todol-os que pasan e ninguén lle pode bater a il. fegaoquefaga. Entroques, axente anda atrás d'íl aldraxándoo. As vegadas, xúntanse dous cigarróns, collen a calquera pol-as pernas, e lévano á taberna, e o interesado lenlles que pagar viño. Percorren moitas aldeías, e chegan nas suas escursiós deica os Milagros.
Fora da terra d'onde saen, levan diferentes nomes, ou houbo outros persoaxes imitantes n-outro tempo, porque en Maceda temos ouvido referir que polo entroido viñan os felos de Limia, vestidos com'os toreros, con pelica d'ovella, chocas das vacas no cinto e carauta e caperucho de pau, todo d'una peza. Pedían carlos, e untaban os zapatos da xente co bergallón do porco.
O nome de fenos ou felos ouvimolo tamén na parte d'Allariz, sen referencia precisa.
Tamén sen podermos determin
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9f/9fcc/9fcc3df9-e1a5-47bd-a653-28225ef913db/115718120.xml
D'iste libro e da sua utilidade, só compre dicir unha cousa: xa hai por onde estudar en pouco tempo relativamente — porque si as 80 páxinas que len léense en dúas ou tres horas, estudaias coma se deben estudar, que o millor é ollando o Fontán, servindo de guía os mapíñas da obra — xa hai por onde estudal-a Xeografía de Galiza. E xa hai por onde estudala conforme ós derradeiros adiantos da cencia Xeográfica.
O MARISCAL, traxedia histórica en verso por RAMÓN CABANILLAS e ANTÓN VILLAR PONTE, dibuxos de Cebreiro, Ed. LAR, 1926.
Non imos nós agora pór nos cornos da lúa un libro que, embora moilo tempo esperado, embora a sua coñecencia fora deica hoxe un privilexio dos íntimos do gran poeta de Cambados ou do agudo ensayista da Cruña, non por iso deixa de ser coñecido e ler resoante sona cando aínda estaba inédito. Asina, canto se pode dicir en loubanza d'O Mariscal, está xa dito pol-os millores, embora todo o referente a este libro pertenza aínda á tradición oral.
O certo é que O Mariscal ten na segunda renacencia galega, unha sinificación única en canto espresión das máis fondas arelas da vida, do pensamento e da literatura da nosa Terra, no instante en qu'o concebiron seus autores. O Mariscal, en canto peza literaria, resume e pecha unha época da nosa literatura; en canto espresión ideolóxica, siñala o vieiro por onde van os verdadeiros, ata o punto de qu'o podemos dar coma pedra de toque pr'a probanza das almas, e escollemos somente aquelas que gusten do Mariscal no seu segundo aspeuto.
O Mariscal ten pol-o tanto unha importancia histórica qu'iguala o seu mérito. Craréstase que hoxe, a xente ha ver mais a emoción dramática e as belezas líricas da obra, e que o seu valor histórico ha aparecer despois, cando pasados os anos se chegue a faguer clásica, e abrimola co respecto con qu'abrimos os Queixumes dos Pinos. Cand'iso chegue, quen sabe si a historia non lerá xa chegado a acadar a leenda, e si a saga de Parda de Cela non estará feita histórica con documentos? Anqu'elo, com os autores saben ben, pouco importa. O mito crea; a historia non. E cando o mito s'envolve en resonancias d'ouro e ferro, coma nos bravos versos do Cabanillas, non hai sinón dar!le a razón ós autores, cando poñen a leenda por riba da historia, podendo dicir nós co-iles e co ilustre folklorista catalán Rosendo Serra: «Embora a historia severa opoña as suas dúbidas, por riba d'ela latexa a y-alma da raza».
No Mariscal trunfa a y-alma da Raza, e asi prica o galeguismo fondonisemo d'unha obra que pol-a caste especial a que pertence — drama poético histórico — non pode por menos de lembrar outras do teatro castelán, as de Marquina especialmente, co-as que sostén a comparanza, e das que se difrencia no máis íntimo e ainda en pormenores de conceición e execución, mais fina sendo tan forte. No Mariscal trunfa na trama a y-alma da Raza, por mais qu'a cabeza do Mariscal rode no patíbulo; e trunfa na obra que pra feguela axuntou os dous inxenios mais diversos e máis galegos que temos hoxe.
Pol-o derradeiro, o teatro noso ten co Mariscal unha obra cume, xénero novo eiquí, que non sabemos cando lograremos ver na escena.
V. R.
AS NOVELAS “LAR”
A leva Lar vinteséis números. Dende O Kafivera 30 H P coa que se revelou Xulián Magariños un humorista interesante, un pouco da escola de Fernández Flórez, se cadra, sairon: O consentimento, de Luis G. Vicencio; Desengano, do poeta Pla Zubiri; O home que deu vida a un morto, estranha e atrainle pantomima de Leandro Carré; A Coutada, de Vicente Risco, boa novela anque teorizada de máis; Xelo, o salvaxe, de Fernández Armesto; O Karma de Farruco Pilgueira, coa que se revela Anxel Romero Cerdeiriña, picado tamén pol-o berme do ocultismo, e A filla da Patroa, de Xan Xesús González.
Agora surtiu unha de Gonzalo López Abente: Fuxidos, que si ben non é mais que unha siuxela historia d'amores — o amor que prende no corazón indefenso d'una rapeza nova, d'esas viudas de vivos qu'os seus homes delxan a pouco de casados pra marcharen pra América — desenvólvese nun fondo de mar bravo descrito con tan gráfica e perfeita sinxeleza, que lembra o das Aran Islands de Synge. É un aceno mais d'iste poeta do mar que é o López Abente. En todal-as páxinas síntese o balbor e o aroma salgado e friento do mar de Muxía, que ó cabo remata por levar ós dous amantes, n-unha maruxía tráxica.
S. N.
REVISTAS
A GUÍA. Porto, números 37 a 48.
Ven iste volume inzado de doutriña filosófica, á que contribuíen: José Sanl'Ama Dionosio (O Bergsonismo e o Nietzschanismo), F. Necolon de Macedo (Filosofía e historia da filosofía), Leonardo Colimbra (Liberdade e autoridade), Eugenio Aresta (O espírito contemporáneo). Versos de Luis Cardim, J. de Almeira, Augusto Casimiro, Mario Beirão, Antonio de Sousa. Traballos de Vila-Moura en col de Mario Beirão, Hernani Cidade en col de