https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157161&posicion=1
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/92/925b/925b7f59-a6a4-4a93-9c1a-9cff24646907/11571615.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA, ÓRGAO DA SOCIEDADE “NÓS,”
Ano III Ourense j de Nadal 1922 Nám. 14
ENCOL DA ALDEIA
A fai bastantes anosfixenunha visita a Toledo. As osamentas d'esta cidade, hermética e inquebrantable podrecían, coma fai tantos séculos baixo o duro sol e entre a poeira dos secos agros casteláns. Por ali danzaba um fato d'artistas, d' ateneístas, de loiros septentrionaes d'ises que visitan os monumentos coma quen corta o cupón ou fai o seu diario traballo oficinesco.
Pouco tempo despois d'aquela visión toledana, visitei Sevilla e Compostela; eu cando chego a unha cidade descoñecida, o primeiro que fago é buscar unha torre alta e rubir a ela pra coller d' unha ollada ambiciosa a maneira como o pobo está posto no campo, si está torto ou direito, se s' espalla ou si s' encolle. Cando non hai torre, enton rubo n- un tellado. A comparanza das tres visións: Toledo, Sevilla, Santiago enseñan mais sobr' a historia, a arte, o carácter dos pobos hespañoes que longas lenturas e cen eruditos cursos. Tiven deseguida o sentimento da cristalización cúbica—assí cristaliza o sal—da construcción de Sevilla e dempois leín qu' ise era o esquema da arquitectura árabe: branca, encalada, posta n- unha velga d' oliveiras, Sevilla rise do sol. O paisaxe andaluz sen sol é tan triste e vácuo qu' il soilo xustifica o delor da copla popular n- aquela terra. Toledo, traballado n- un penedo duro com' o ferro, pareceume unha obra d' artificio, de loita co- a natureza, d' erudición. Artificio son as páxinas dos escritores do século d' ouro, as decadentes arquitecturas oxivaes, as obras dos ourives, a teoloxía dos carmelitas.
Santiago nasce naturalmente no cerco montanoso no qu' adormece: vese o granito arrincado das canteiras colocado en severas ordeacións con tanta craridá coma vemos erguerse pouco a pouco unha casiña de perpiaño, preto da canteira á veira da carretera. Santiago rise do sol, da lúa e da auga. Non- a teme: o contrario, ela continúa a obra dos arquitectos e dos escultores, decorando-a co- as preciosas coloracións dos musgos e líquens, dos orcelos e das parietarias. Eiquí podemos maxinar un comezo d' estética do paisaxe e do arte e vida galegos, a terra e a vida naturalmente fundidos.
Sobr' esto do paisaxe de Galiza dicense moitas cousas, ou falsas ou tan vagas e pouco xustas que convén poñelo no seu verdadeiro carácter. Dícese por un lado: paisaxe saudoso, doce, mimoso, verdecente, moi propicio pró doce ensono, algo oriental e priguizoso. Está ben, mais non é toda a verdade. Hai nas terras atlánticas e cantábricas moitas paisaxes verdes que non teñen nada de aire co chan galego. Outros falan d' un país montanoso e rudo; moitos d' estes afeitos a consideraren as llanuras coma o chan escrusivamente agrícola, as montañas coma fondo das tonadas pastoris, ou coveiro dos lobos. Tamen hai certa verdade n- este modo de ver; mais incompleta. A montaña galega non ten nunca a nemiga severidade das montañas cántabras ou carpáticas. Pra min o carácter primordial da
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157161&posicion=7
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/92/925b/925b7f59-a6a4-4a93-9c1a-9cff24646907/115716128.xml
UNHA “HISTÓRIA DA COLO-
NIZACÁO PORTUGUESA DO BRASIL..
A historia enséñanos qu'os pobos que realizaran grandes cousas, foron aquiles que contiveron os seus esforzos dentro dos límites en que é posibel desenvolveren e fixaren a sua particularidade nazonal» —di H. S. Chamberlain no seu libro: La Genése du XIX ™ siéele. Un pobo d’ iste xeito é o pobo portugués, que do seu amor ó chao natal, do seu fondo sentimento nazonalista, sacou forza d' abondo pr'os meirandes emprendimentos, emprendimentos qu' abrangueron a face do mundo ititeiro.
Un grandioso emprendimento centífico e artísteco de pirmeiro orde, debido a ise mesmo sentimento, é esta História da Colonizagdo portuguesa do Brasil, da que temos recebido os primeiros fascículos, e que nos asombrara pol-o imenso esforzo que repersenta tanto nas artes gráficas, canto na disposición sabia e belísima e mais na fonda erudición e cencia hestórica que n-ela puxeron.
Tan soberbia obra é unha ofrenda que á Patria Portuguesa fai a Colonia portuguesa do Brasil, con motivo da comemoración da Independencia da Nação Brasileira. A ideia foi suxerida pola Câmara Portuguesa de Comércio e Indústria do Pará e apresentada no Rio de Janeiro á Grande Comissão Portuguesa Pro Patria, que a colleu con entusiasmo, e, constituída unha Sociedade Editora especial, confiouse a direição a un ilustre home de letras: o Sr. Carlos Malhei-
ro Dias. Convidon iste a colaborar co-il ós homes mais eminentes do Portugal e do Brasil nas letras e nas artes, e d’ iste xeito, anóncianos pro pirmeiro volume as colaboracións de Julio Dantas, Ispertor das Bibliotecas e Arquivos; Luciano Pereira da Silva, Profesor da Universidade de Coimbra; Duarte Leite, da do Porto; Jaime Cortesio, Direitor da Biblioteca Nacional de Lisboa; H. Lopes de Mendonga, da Escola de Belas Arte Carolina Michaelis de Vasconcelos, da Universidade de Coimbra; Antonio Bajáo, Direltor do Arquivo da Torre do Tombo, e Francisco María Esteves Pe a, da Academia das Sciencias. A direicion cartográfica conflouse ó Conselleiro Ernesto de Vasconcelos, da Sociedade de Geografía de Lisboa; a direición artisteca a Roque Gameiro, que é o ilustrador da obra, e a composición e impresión á Litografía Nacional do Porto.
A parte gráfica é xa ela soila intresantísema, e daríanos moito que falar; notaremos: A fermosa alegoría do descobremento que ven no frente; a orla do mensaxe á Nazón Brasileira, por Guerra Janqueiro que lle sig as testas, florons, iniciás e pirmeiras ilustraciós do cap. 1, que son de Roque Gameiro. Logo trai reproduciós das táboas do famoso retábulo de Nuno Gongalves, que tanta sensación causaran nos artistas coscentes da Galiza cando o libro de José de Figueiredo nol-as dou a coñecer, faguéndonos ver n-aquil portugués catrocentista o gran pintor da nosa Raza. O tésto trai unha espricación das taboas por Afonso Lopes Vieira. Reproduciós de cadros de Jorge Afonso, Cristováo de Figuei do, e vistas dos Jerónimos, do convento de Cristo en Tomar e outros moimentos da Era Manuelina. Reproduciós de gravuras antigas repersentando naos, aparatos d' astronomía e navegación, portadas de libros, iconografía da época, e tamén de documentos com' o Tratado de Tordesillas, a
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/92/925b/925b7f59-a6a4-4a93-9c1a-9cff24646907/11571616.xml
Galiza está na forma do seu modelado, o cal depende da roca fundamental: o granito. Por longos anos os poetas e os escritores non miraban prá pedra, pró coiro, a carne, o oso do planeta. Cando inda non certaban co-a alma d'un bosque ou d'una veiga, menos poderían sentir-a fonda e eterna poesía da terra núa. Tamen hai unha estética da Geoloxía. N-este sentido, o noso é un belísimo macizo granítico traballado pol-o traballo secular das augas. En calquer costa, na ladeira d'un val, coma no perfil das lonxas liñas que fechan os ourizontes, síntese esta forma soave, de ampla curva maternal, coma de seio ou cadeira. A topografía particular dos vellos países graníticos atópase craramente representada na Galiza. De tan vello, o noso anaco d'esferoide desfaise esmorecéndose na ledicia dos longos meses de chuvia, recibindo o alegre tumbo das olas d'un mar épico. Pondal foi o primeiro que s'estremeceu ó sentir vibral-a terra galega baixo os seus pasos, Cabanillas e Noriega son tamen n-este sentido poetas cósmicos. Os nosos montes non teñen seu curuto en corno, en cachila, en dente nin en pirámide. Vede os seus nomes: meda, coto, rodeiro, pena; teñen a forma dos grandes anteiros ou penedos (ovoideos, cupulares) chamados inocentemente na Guía Baedeker bloques erráticos como si non foran nados no mesmo sitio onde envellecen nobremente. A montana chega ó mar e ábrese a todos; non é dura e ingrata, a vide trepa pol-as suas ladeiras e ruben co-ela os pobos coma rapaces qu'agatafaran pra apañal as cereixas. As montanas chegan ó mesmo mar afondando as suas faldras no Atlántico, e baixan hastra a propia corrente das augas.
O feldespato, o cuarzo e a mica son os elementos do granito. Esto deprendimolo todos no Instituto, mais hai que saber a sinificación de cada un d'iles: a dureza do cuarzo, luz boreal, luz de mañá cristalizada, aparesce mitigada pola do zura e soavidade homilde do feldespato. A mica é un elemento fillo do luar: nas noites as micas brillan com'as xemas dos gnomos. Nos terreos vese craramente a descomposición dos fautores rocosos: alí brillan pouquiño as micas hastra que que desfeitas pol-o arado, misturadas cos abonos, rematan por desaparecer na homildá da terra vexetal. Por riba d'estes selxos e laxeiras, os ríos traballan ledamente coma traballan os serranchis no monte, espellando o seu fondo pol-a pureza batida das augas. Sobra táboa granítica esnaquizada e traballada, as augas seguen faguendo eternamente un traballo d'escultura. Mirainas coma se destrenzan e espallan pol-as ladeiras dos montes de San Esteban. Alí hai o aplech de monstros mais temeroso do mundo: tódalas formas maxinabres da vida animal nas suas infinitas complexidades teñen alí a sua representación, mais eu prefiro a pedra homilde e solene dos montes batidos pol-o vento, onde viven os piñeiraes medoñentos. Vede que ben concertan a obra sinxela dos homes cos penedos. Tendes por eixemplo as igrexas románicas, os lendarios mosteiros ou o santuario de San Pedro de Rocas. Os canteiros e os maxineiros románicos, anónimos, ademirabres poetas, traballaban instintivamente sen darse conta, seguindo a maneira da terra. Esa é a colaboración mais grande e respetábel que se pode producir n-un pobo.
N-este sentido temos en Galiza unha arte fundamentalmente representativa dende os moimentos máxicos ou relixosos da alborada céltiga e da mocedá do románico hastra os luxosos crepúsculos do noso barroco. Dixemos a separanza fonda antr'o paisaxe galego e outros tipos de terras verdecentes, mariñás e nórdicas tamen. Fixémonos un istante na fachada cantábrica da Península, dende o fondo do golfo de Vizcaya hastra a ribeira lucense. A montana é en xeral adusta, forte, nobre, arquitecturalmente disposta. As rocas secundarias, tendidas en capas sobrepostas, com'as escraviñas d'un capote trasmontano, érguense en serras de feitura mural, crébanse en picos fragmentados que rompen en aguillóns feridores as nevoeiras rubidas do mar. A liña da costa é un longo cantil combatido ritmicamente pol-o empuxe aritético das oleadas. Os vals son entr'iles aillados, diferentes, alí amontóase a poboación conservando hastra os nosos días un particularismo local que non hai en Galiza. Eiquí as parroquias son individualidades naturais e humanas, mais francamente abertas unhas pr'as outras. D'un con ó outro do noso país as bateladas das parroquias respondense sen solución de continuidade apenas, faguendo cando morre a tarde, o seu coro de lembranza, o cramore saudoso de toda a nosa Terra. A costa cantábrica non se desfai en ledas illas, nin se franquea nas soaves ondulacións das praias. Na costa nósa parece qu'asistimos a un xogo cósmico antre terra e mar; eiquí a sirena atlántica gusta de faguel-o seu leito, é un mar mitolóxico, unha especie de Grecia atlántica onde danzan os coros d'unhas oceánidas moi desemellantes das da Grecia clásica, como é desemellante o mar Egeo limitado e pequeno, da fartura d auga, ceo e nubes do Atlántico.
Os galegos somos mais fillos da terra e do mar que do ceo; será qu'en parte o ceo é un produto da terra e do mar. As nubens levántanse do
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/92/925b/925b7f59-a6a4-4a93-9c1a-9cff24646907/11571613.xml
Casa "PERILLE,.
FERRETERIA :: LOUZA :: CRISTAL
MOEBLES ECONOMECOS E DE LUXO
FRABICACION DE COLCHOS PATENTADOS
Vostede pode montal-a sua casa con solo visitar ¡sto ostabrocemonto, obtendo o maximum d' economía.
Paz Nóvoa, 9 - OURENSE
GRAN "HOTEL MIÑO,"
OURENSE
O ÚNECO DA CAPITAL CON CALEFAUCION CENTRAL
AMPLIAS. HABITACIOS :: COARTOS DE BAÑO
PENSION COMPRETA DENDE 12 A 60 PESETAS
Propietario: GASPAR PEREZ ROBLES
Teléfono 21
Merquen: PLUMEIROS DE RAFIA "PERILLE,"
OS DE MAIS DURA, OS QUE MILLOR LIMPAM, OS MAIS ECONÓMICOS
BOAS, UTILIDAS OS REVENDEDORES
FABRICANTE ANDRÉS PERILLE
REPRESENTANTE N- A ARXENTINA
JOSÉ MARTÍN
OURENSE (España)
BUENOS AIRES
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/92/925b/925b7f59-a6a4-4a93-9c1a-9cff24646907/115716113.xml
VERBAS POEMATICAS
A ESTRELA Y-O ATURUXO
Pra Jean Cición
S
onor da trevosa saudade das cantigas, resiñadas o xurdio aturuxo é un lumioso lostrego d'outiva rebeldia.
Nace o alalá manseliño. Abafado de tristura, ateigado de morriña, dorido d' amor, o cantar percorre os vieiros froridos da tenrura, rube a homildosa congostra da emo ción, chega as soedás sercas da Lembranza, y-ó atinguir o Cume-alma—recendente edeliceiss da nosa lama, isolada antr'os nevoeiros de sentimento—morre de fadiga coas máns direitas cara ó ceo n-unha derradeira impregazón de piedade.
Mais o aturuxo non. Desque áchase celbe dos peitos variles delca o finare, o aturuxo é un ergueito berro de loita.
Namentral-o alalá tende ás lonxanías o aturuxo leva implícita unha eternal aspirazón ó outo.
A cantiga ten acougo na y-alma. O berro lanzal ten-o no curazón.
Aquela amostra o que a raza ten de femindade. Iste dí o que de cote haberá en nós d'esgrevia puxanza.
No altar do amor á Terra Nai, iste é o viño da ofrenda y-aquela a sagra fogaza eucarística. Viño de tolice no que afandimos a nosa mansedume pra xurdir, ispidos d' esceuticismo, no día da redenzón. Pan do noso sofrir. Cativo consolo da nosa fame de xusticia.
Cando o derradeiro saláío de cantiga atereci-
da de dó val bicar os labres cantareiros, xa o aturuxo esperta pr'o asolagare coa sua enxurrada xigante.
Anque somelle paradoxa, endebén o seu rire rexoubeiro, o noso berro alcóntrase ferido de saudade, d'unha saudade ainda meirande e mais fonda qu'a que carrega o alalá.
Saudade d' Alénmundo.
O aturuxo namoraron-o as estrelas. Namoroun-o bíblico luceiro da lexendaria vixilia de Nadal y-emeigáron-o as loiras estreliñas a cuía precura ascendeu a noite rebuldeíra do Siñor San Xoán. Iso é o que o move a buscare nas trevas da noite pecha unha escada pra rubire, pra rubire ond' ás muxicas cósmicas. Iso é o segredo do noso berro.
¿E non haberá quen ceibe un aturuxo que chegue hastra elas? Mais sí, un día non moi lonxano. N-ise día o Escolleito baixará dos cumiales queiroguentos da nosa Terra. Terá o falar mansíño coma verba de noiva, coma bercease garimosa de mai. Virá pra traguel-a boa nova. A suas doutrinas cecáis veñan auxidas do esprito qu'aloameaba os conceutos do Amiel: «Cúmplenos sermos fortes ou desparecer».
O novo evanxello fará xermolar nos curazós a semente da rebeldía. Y-o pobo asoballado, enantes de escomenzar-a loita co traizoeiro nimigo, rubirá ó seu Tabor—n'unha homérica xuntanza—pra sosprender nos ronseles estrele centes do ceo, nuncios faboraibes. Onictzxcheano «superhome», o Escolleito, na avangarda dos conxurados da liberdade, ha-os guiare ó mais outo cume da pátria. Cos ollos desvairados d' amor, coa fronte nos astros y-o curazón aceso da sagra febre romántica, relembrará o Lancelot, Percebal, ou Gauvain, aquiles barudos cabaleiros que partiran, en edás lonxanas, cara ó Northumberland, a conquerire o Santo Graal.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157161&posicion=21
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/92/925b/925b7f59-a6a4-4a93-9c1a-9cff24646907/11571614.xml
NOS
MANUEL SEOANE ♦ AXENCIA DE FERROCARRILES
Ponte Mayor - OURENSE
MADEIRAS LABRADAS DE TODAS CLASES :: MÉRCANSE APEAS PRA MINAS
SERANTES E COMPAÑÍA
FARINAS E COLONIAS
Ponte Mayor y-Ourense
XULIO GARCÍA PÉREZ
MÉDECO CIRUXANO
Goberna toda clás de ósos partidos e desgobernados e fai operaceos quirúrxicas
Vota o RAYO X
TELÉFANO 324
SANATORIO QUIRURXICO D'OURENSE
DIRIXIDO POR
DON MANUEL POL PIÑEIRO
CO A COPERANZA DOS DOUTORES
D. Francisco José Rionegro :: D. Manuel Bouzo Fernández
Iste estabrecemento está situado na carretera da Loma, e conta con un completo gabinete de RAYOS X.
LÓPEZ E RUIZ
Depósito de madeiras de todas clases pra construción e carpintaría en xeneral.
Telegramas e Telefonemas
LOPEZ RUIZ
AVENIDA DE BUENOS AIRES, 31
(Ó lado do Asilo de Ancianos Desamparados)
TELÉFONO 198
OURENSE
Postes e travesas pra camiños de ferro :: Serroría mecánica e fabricación de toda clase de caixeries.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/92/925b/925b7f59-a6a4-4a93-9c1a-9cff24646907/11571619.xml
NOS
fondo sentido do país, son aínda vivas; as vexetacións parasitarias continúan e esaltan a obra do artista; a mín, as ruínas das casas labregas: unha pedra de lareira, un cortello esmorondo, a pedra furada d'un lagar, parécenme tan respetables com'as ruínas d'un mosteiro. Son estas ruínas com' os corpos dos labregos, os que mantidos de berzas e bica, mistúranse decontado co-a terra do camposanto; d'estas ruínas recobra posesión a natureza, un piñeiro, un érvedo, chega pra esnaquizar as n-outrora amadas parés petruciaes.
No campo traballan todos: homes, mulleres e nenos. En conxunto, os habitantes da parroquia divídense en dous grupos xeográficos distintos, pol-a situación, pol-a maneira de levar o traballo do campo, e bastra pol-a maneira de ser: os das campanas arriba, e das campanas abaixo. Com'a eirexa está posta pouco mais ou menos no lindeiro das terras de pan co-as de viño, o paisano agrupa así os seus veciños, tomando a lingua expresiva da eirexa, a campana, no seu sentido místico de poder espiritual sobr' os malos espíritos pol-a virtude do bronce. Os das campanas arriba teñen ós outros por menos abertos no trato, por rosmadores, dissimulados e raposos. Non sei si n-esto habera unha infantil interpretación do simil do horizonte amprio da altura co horizonte limitado do val fondo. No traballo distínguense: os d'abaixo están afeitos a levaren pesos, cargas d'estrame e de leña por camiños onde non poden andar os carros. Teñen millo de rega, o seu orgullo mor, e son case ribeiraus com' os veciños do río.
Imos faguer unha lixeira evocación do estado d'istes homes, começando polo-o sentimento que teñen da organización e vida política, por aquelo de qu'o home é un animal político. Coma esta parroquia non é cabeza d'auntamento, a sua existencia política está completamente subordinada. Pódese dicir que non hai sentido administrativo nin menos político; domina o individualismo mais completo. «O que fai ben ó común non serve a ningún», oise en total-as bocas. Cando o pedáneo—que por regra xeral nadie sabe quen é—manda rozar-as silvas qu'estorban o camiño, fano de mala gana; ninguén quer aguantal-as augas no seu terreo, e o maor pracer que poiden experimentar, é coller por unha muradella feita con toda pacencia, un anaco de camiño ou de monte comunal, ou cando un arbre do veciño vai solapadamente quedando comprendido dentro do muro do eido. O paisano ten o sentimento da terra no sentido da sua eterni. dá; il morre, virán outros, sempre adscrito á gleba com' os servos, considérase com'un aicí-
dente na vida infinita do eido. O eido! É todo pra il; si hai tromenta, pensa n-il antes que nos fillos. O mariñeiro, afeito a arar na estensión do mar, ás continxencias do perigo, do golpe de mar ou de vento, ten un maor desprecio da riqueza. O labrego non. Nin vello cangado e desfeito querse desprender dos eidos pra qu' os traballen os fillos, os xenros, os herdeiros. É de ver cando di un labrego: «é meu». Como esalta a a sua cerdeira, a resistencia da lumieira da sua porta, a larganza do seu curral, e o axe dos seus ácios de caíño, ou a barbadela da sua becerra.
Os procedementos agrícolas son os de sempre: non se ten a menor noción de toda a técnica xa acostumada n-outras terras. Hai que ter en conta que se fala d'una parroquia ben apartada, mais non das da rexión montanosa da provincia, xa que dend' ela oise o abafar da caldeira do tren—nuncio d' auga pronta—e a trepidación dos autos. A industria é somentes caseira coma non poide menos e aínda s' atopa n-unha triste decadencia, que fai a vida de familia escrava das combinacións dos comerciantes da cibdade. Xa case non se tecen lenzos nin se fía estopa, nin apenas se coce bica. Xa moitos mercan un agrio pan de mal trigo pol-as dificultas e o prezo a que sai o bon pan de centeo. As vacas case que todas mal mantidas, e moitos días a conta allea, dan o leite pra facer manteiga pra vender na feira ou no mercado. A tiranía da tenda vai sendo cada vez maor: os mozos mercan uns xéneros qu'o millor cambean de coor c' unha boa molladura d' auga ou de suor. Toda a desfeita das cibdades ven cobril-os corpos e alaxar as casas da aldela d' onde van faltando as fermosas cousas ben tecidas e ben traballadas, aquiles enseres e roupa que nunca se gustaban n-as que s'iba depositando a maneira de ser, a alma da familia. Unha vida de prestado en todo aquilo que non toca direitamente co-a loita da terra. Unha industria familiar e local ben desenrolada, non é o coroamento que debía ser da esistencia nobremente traballadora do pobo dos agros. Agrivase a situazón co-a dificultade e imposibilidade das comunicacións; os camiños vellos, aquelas calzadas tan ben empedradas, feitas pol-os conventos e os concellos de honrados petrucios, vanse esmoroando pouco a pouco, mais aínda alabeadas e rotas, son os únecos anacos de camiño regular. Aquelas vellas pedras que gardan com'un venerabre palimpsesto os rastros de tantas pisadas d' unha ronda infinita de xeneracións d' homes mansamente loitadores, as rodeiras de tantos carros! Dos mais camiños, os que non se fan no bo chao pol-a pisada constante d' homes e animás—como na estepa d' Africa—
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/92/925b/925b7f59-a6a4-4a93-9c1a-9cff24646907/115716120.xml
8 Un dos pionniers do arte novo, certamente mai pouco novo, Sean Cocteau, tenta reinvindicar tamén o asunto. En seu gracioso libro «O galo e o arlequín» refire que cada arte debe perteñecer as nove musas; e o que il chama proba por nove. (Jules Romain decíanos malévolamente que Cocteau no é un Cocteau, sinon un cocktail). Eu diría que, polo contrario, un arte non é tal mentras se entregue, non xa as nove musas, tan siquera a dúas. Eu diría que, como un casto amante, cada arte non debe ser poseído sinon pola sua propia musa.
Xosé Bergamín escribe donosamente: «Onte decíamos ¡cuidado coa pintura! Huxe decimos ¡cuidado coa música! Mañá, cecáis digamos ¡cuidado coa arquitectura!» Eu direille sempre a cada arte ¡cuidado cos veciños; iles son teus inimigos!
Xa é tempo de pensar en serio que si o século en que nos achamos ha ser algo, terá que ser un algo que camiñe en dirección oposta en todo o que lle precedeu. Por tanto, lonxe de camiñar ó arte único, camiñará mais ben ó arte diverso. O gran trunfo sería faguer de certos oficios incruso arte; mais que refundir os xéneros, aumentalos, en vez de confundir as musas, escindilas. Esto quixo faguer o Renacemento, esto terá de faguer o porvir.
En son dende logo oposto a todo sincretismo, máxime no arte, proinda que o non fose serio polo de agora. Denantes de que un home e unha muller se casen, pra fundir seu espírito e sua sangre n’un fillo, precisan ser a muller, muller, e o home, home. Denantes de que a pintura se fundira coa música, ou a poesía coa danza teria de ser a pintura, pintura, a música, música, etcétera, e huxe inda o non son.
Cada xeito de arte, perdido en arredores, precurando xunturas, anduvo afastado de seu ouxeto autente. Penso que a reacción non tardará en chegar, penso que cada arte arderá en xenreira contra as demás. Algo xa se nuncia. Algús pintores traballan na pintura pictórica, na pintura plástica, antianeudótica e antiliteraria e antimusical; algús músicos fan música pra os ouvidos, música sin conceitos, sin plástica e sin argumento. Confiemos en que o bó senso, tarde ou cedo, se imporá.
E curioso notar como a danza non se ten estrevido a andar soya e tivo sempre precisión de apoyaturas, primeiro na música, logo na música e na literatura, dimpois na música, na literatura e na pintura. Conforme os días pasaron foi aumentando as nodrizas en vez de, ó vitalizarse, desentenderse d’elas. Non embargante un feito se nos presenta como un sintoma de alentos.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/92/925b/925b7f59-a6a4-4a93-9c1a-9cff24646907/115716114.xml
NOS
O pobo chegará ó cume, arrodeando ó Escolleito. A noite, lazarada de constelacións, apouvi-gará os peitos d'arripios agoirentos de loito, unha estreliña virxe e roiba. O pobo ficará agardando o seu descer. Desfeito en choiva miúdiña com' orballo d'ante-mañán o astro unxirá a familia irredenta coa graza da fé e da esperanza. Sant Yago, acolá enriba, ensinarános o seu carreiro empoeirado de pitagóricos vagalumes.
Y-a Raza voltará ó ollar pró niño do sol, disposta a escomenzar-a cruzada.
D' alí pra diante o aturuxo, xa ceibe do seu encantamento, non será mais de qu' unha toleirona gargallada de trunfo...
O aturuxo irase alonxando, a por da outura estrelecida.
O milagre farás' estoncias. O alarido, dardexante cal unha lanza esguía, ferirá de morte
FRANCISCO LUIS BERNÁRDEZ.
QUOD NIHIL SCITUR
TRADUCIÓN DE XAN AZNAR PONTE
(Continuación)
Volvo ós siloxismos, cuia sotilísima cencia arruína todal-as cousas. Dixen xa enantes qu' os nomes, unhos son comunísimos, coma ente, verdade; outros menos comúns, coma sustancia, calidade; outros particulares, coma Platón, Mitrídates. Hai moitos intermedios, os que non siñifican nin tantas cousas com'aquiles, nin tan poucas coma istes, taes son, corpo, vivente, animal.
D'eiquí resulta fácil, ó que pregunta si o home é sustancia, demostralo c' unha soa verba. Sustancia siñifica todal-as cousas qu' eisisten por si mesmas, com' o home, a pedra, o pau: logo é sustancia. Mais lles buscando arrodeos, pra qu' a sua cencia non caia no desprecio por demasiado fácil, fána difícil e traballosa involucrando as verbas, gabándose de demostraren e probaren cientificamente qu' o home é sustancia, coiste siloxismo en Barbara, especie de castelo inespugnabre: todo animal é sustancia; todo home é animal; logo todo home é sustancia. Dixeron verdade, mais iñorantemente e mais escuramente qu' o podería faguer quen o soupese. É igual que si dixeras: sustancia siñifica así os viventes com' os non viventes: vivente siñifica o home e a cerdeira; e polo tanto, dend' o primeiro ó derradeiro a sustancia siñifica o home.
Mais por tantos grados intermedios o espirito perturbase e duda mais de cada un dos interme-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/92/925b/925b7f59-a6a4-4a93-9c1a-9cff24646907/115716138.xml
F. Román e Saco
DROGUERÍA
E FARMACIA
Pereira, 19
Teléfono, 28
OURENSE
Sobrinos de José Pastor
BANQUEIROS
A CORUÑA - VIGO - LUGO - OURENSE
REALIZAN TODA CRAS D'OPERACIOS DE BANCA E CAMBIO
ARNOYA FINO
siñifica o másimum da “delicadeza, entr'os viños do Riveiro: sabe bén, entona o corpo, da a cara y-está presentado con esmero.
Bodegas da Viuda e fillos de Xoan Fuentes
OURENSE
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/92/925b/925b7f59-a6a4-4a93-9c1a-9cff24646907/115716136.xml
XASTRERIA
FREIRE HUICI & C.
S. en C.
Real, 7 e 9, 1.º -- A CRUÑA
MANUEL PEÑA REY
ESPECIALISTA EN PARTOS E DOENZAS PROPEAS DA MULLER
Deixou de pertenecer dend'o mes de Xunio ó Sanatorio Quirúrxico d'Ourense e continúa na sua clínica na calle de Luis Espada 23-2.º onde recibe a consulta e fai esproracións c'os RAYOS X
APARATOS Y DISCOS RELOXERÍA
Gramophone Miguel Calviño
OURENSE
BANCO DE VIGO
FUNDADO EN 1900
CASA CENTRAL VIGO.—Sucursales e agencias en OURENSE, PONTEVEDRA, SANTIAGO, VILLAGARCÍA, MONFORTE, MONTO, BARCO DE VALDEORRAS, CARBALLIÑO, CELANOVA, CHANTADA, LA ESTRADA, MORIÑA, RIBADAVIA, VERÍN
Tén Axentes e Corresponsaes no Reino y Estranxeiro, especialmente nas Américas
Realiza toda eras d'operacións de Banca e Bolsa en xeneral. Ademite contas correntes e depósitos pol-os que abona os intereses seguintes:
CONTAS CORRENTES á vista............................... 2 ½ %
DEPOSITOS a 1 mes prazo.................................. 2 ½ %
a 3 »............................................................ 3 %
a 6 »............................................................ 3 ½ %
a 12 »........................................................... 4 %
En CAIXA DE AFORROS deica 10.000 ptas................ 3 ½ %
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/92/925b/925b7f59-a6a4-4a93-9c1a-9cff24646907/115716123.xml
Borrador OCR local de apoyo. Úsalo solo como pista débil cuando la imagen sea ambigua; si contradice claramente la imagen, prioriza la imagen:
os
Si souperas, teríache por engañoso e mint! rán, porque te presentas sabendo moito. Isto somentes precurel en decote por riba de todocom'agora fago, ver si podia dicir qu'alguén sabe perfeitamente algunha cousa; mais endexamais o atopei, a non ser n-aquíl sabio e xusto varón Sócrates (inda que tamén os chamados Pirrónicos, Académicos e Escépticos, xuntamente con Favorino afirmaran o mesmo) o cal unha soia cousa sabía, que non sabía nada. Por isto somentes xúzgoo doutisimo, anque non 8atisfaga inteiramente 6 meu esprito, porqu' il iñoraría isto, com' as demais cousas. Mais pr’ asegurar millor que non sabia nada, dixo que só iso sabía; e por iso que nada sabía non quixo deixarnos nada escrito.
Moitas veces ven ó meu esprito idea de faguel-o mesmo. Pols, que direi que non sexa sos peltoso de falsedade? Pra min todal-as cousas humanas son sospeitosas, incruso estas mesmas que vou eseribindo. Con todo, non calarei, senon que direl libremente isto, que non sei nada; pra que ti non traballes en vao buscando a verdade, agardando qu' algún día podías poseela.
Si consigo com’ os demais descubrir algunha das moitas cousas que na natureza esisten, suposto isto, dame creto si queres, eu non me hel coidar d' elo, pols ó fin todal-as cousas son vanidade, coma dixo aquil sapientísimo Salomón, o mais douto dos que á nós entregou a memoria dos séculos, coma craramente o demostran as suas obras, antr'as que ten o pirmeiro lugar aquil libriño d' ouro chumado o Eclesiastés ou Concionator.
Mais volvamos 4 cencia. O que determiñou a Aristóteles a disertar tantas e tan estraordinarias cousas tocantes á contestara das verbas e a inventar os universaes, e si acaso nós podemos saber algo sin todo iso, amostrareino mais adiante cando trate do modo de saber. Namentras, asegún a defiñición d' Aristóteles, non hai cenela ningunha. Adevírteo: a cencia asegún il, obtense por demostración, mais, que é a demostración? Un sono d’ Aristóteles non desemellante da Repúbrica de Platón ou da do orador Cicerón, ou da do poeta Horacio.
Nada, ¢ en ningunha parte eisiste, Describinna certamente e'un discurso prolixo d' abondo; mais nunca via ningunha, nin ningún dos que viñeron atrás d'il; si non é asi dda ti, mandam' unha. Nona tés, xa o sel: mals tampouco Aristóteles formou endexamais siloxismo ningún, a non ser cando os insiñou a construír, e enton non os formou con termos craros, sí non con elementos A, B, C, e ainda así difícilmente. Porque s' houbera usado termos craros, nunca
11
houbera rematado o seu traballo. Realmente, pra qué sirven os siloxismos? Por qué traballou tanto en insiñalos? Por qué dispois d' il traballan tanto os outros? Pra escribir nin nós nin fi mesmo usamos d'iles. Nunca co-iles enxendrouse cencia ningunha, antes ben pol’ a sua causa moitas se perderon é perturbaron. Argúindo on disputando, satiafeltos co-as simples consecuencias, ainda os usamos menos, pois, d'outro xelto a discusión non teria fin, e reducindo o siloxismo asegún o modo, asegún a figura, convertindoos, e con outras infinitas bagatelas de cote s' habia de disputar; e ainda hoxe algús parvos fan isto, € negan todoo que non estea incruído n-algún modo on figura; tanta é a sua estupideza, e a sutilidade e utilidade da sua cencia siloxistica que esquecidos por compreto das cousas, vólvense car' as sombras,
É cousa de admirar qu'o agudo inxenio d' Averroes e atrás d'il outros moitos, teñan tentado con inútil e enorme traballo reduciren a siloxismos as cousas qu’ Aristóteles dixo moi prolixamente; e haxan querido demostrare que taes siloxismos son infalibres, certislmos e demostrativos, cando nada d' elo é así coma logo veremos.
Pol-a contra non é d' ademirar que San Agustin, figura grandiosa da Eirexa Cristiana, por si só, sin preceptor ningún deprendera todal-as cencías, quitando a siloxística, A razén%, qu' as outras cencias fúndanse en realidás, mais a siloxística é unha invención sutil que non serve pra nada si non qu'antes ben é moi dañosa, aparta ós homes da contempración das cousas, e detenos en si mesma, o que se verá millor no eurso todo das nosas obras.
Isto difire moito do qu' iles din, querse dicir qu'o siloxismo é o verdadeiro modo de saber e principio sin o que non elsiste a cencla. Certamente din verdade, mais sin sabelo. En efecto: a sua cencía consiste n' iso, non saben outra cousa que formaren siloxismos da nada, ou sexa dos elementos A, B, C; si tiveran algo de que cos truilos, ficarían mudos, os que non entenden a mals sinxela proposición.
Mais volvamos 6 noso asunto. Pois qué, o que enseña a construír anba casa, e il mesmo non a construíu endexamáis, non sabe, nin os seus discfpulos? Por qué hei creer eu que se debe construír asina? Si non bai demostración, non hai cencia. É falso qu'a demostración produza o hábito centífico, pois d'un ifiorante, capaz non embargante de saber, nace a cencia, amostrando somentes a demostración a cousa que se ha coñecer, pois isto mesmo quer dicir a verba demostración.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/92/925b/925b7f59-a6a4-4a93-9c1a-9cff24646907/115716130.xml
[?]
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/92/925b/925b7f59-a6a4-4a93-9c1a-9cff24646907/115716110.xml
6
vale mais non falar. Todol-os invernos se convirten en leitos de torrentes ou en balsas d-auga dormida.
Non imos intentar unha psicoloxía, unha estética do habitante n-estas condiciós, pero si voume permitir sinalar uns cantos feitos, coma contribución ó estudo necesario da aldela.
Unha das cousas mais intresantes a estudar en todo agregado social é o desenvolvimento individual repeito á masa coleutiva. Será da antlguidade da raza, ou da variedade do chao, ou da dispersión das vivendas, mais o feito é qu'a raza galega ten un grandísimo desenrolo da persoalidade individaal en todal-as suas formas. Enganaríase fondamente un ouservador superficial que non vira n-un fato de labregos xuntos na feira ou na romaxe, se non un agregado dos mesmos destinos e iguales carauteres. Esta calidade por un lado imposibilita as boas obras coleutivas, porque aínda independentemente do fondo xeneral de tradición e do bordado mais que superficial de cultura, teñen un conceuto seu do mundo e dos homes. Nós, os da vila, ou pol-o menos señoritos d' aldeia, nunca chegaremos a penetrármonos ben da intema facies do paisano. Mais, cousas coma iste desenvolvemento da persoalidade individual, son facilmente demostrabres: contrasta coa pasividade das masas obreiras do proletariado cibdadán. Será iste un efecto da cultura mal dixerida dos segundos frente a vida naturalmente libre dos labregos? Cecals. O paisano fala sempre, discute sempre, ten un sistema de lóxica discursiva moi particular e somellante ó de moltos grandes oradores: o procedimento dos circos concéntricos. Ora, que moitos ilustres conferenciantes e parlamentarios perden a testa nas voltas, eo noso labrego non; todo lle serve pra demostrar ouxetivamente a su tesis inicial. A iniciativa individual é grandemente apreciada n-as aldeias, e os homes que esceden n-iste orde, exercen unha especie de sacerdocio, ou profesorado, coscente ou incoscente nos seus conveciños. O ego gosta da especulación, moitas veces pol-o oilo afán d' especular, e razoa hastra as cousas instintivas ou mecánicas. Ora, qu-iste sacerdocio do Individuo superior, exercido pol-os vellos, está hoxe gravemente comprometido pol-os Chis e poros homes de cultura mecánica cibdadán. Hai paisanos que falándose dos patrós vellos, famosos pol-a sua sabiduría pragmática, chámanlle filósofos, certando notabremente co-a apricacién non pedantesca da verba. Do fondo distas ensenanzas dos vellos, xurde e sigue a cotío producindose folk-lore, o estado do que é
NOS
a millor canteira pra o coñecemento da i-alma galega.
Consecuencia d' iste deselvolvemento é un certo afán de groria. O labrego busca lucirse no adro da eirexa, no circo dos amigos. Hay que ver coma se gaban de cargar ben apromado un carro de toxo, ou de nunca perdel-o seu viño; e das mulleres non digamos nada. Hainas verdadeiras pitonisas en materia d' amores, de roupas, de matanza do porco, de devoción, outras prautican co-a sua verba afiada com’ a fouce na pedra, un dominio de terror n-as vecifias, e fan pecharse as bocas de mais sabidencia. Pero cando mais goza o paisano, é cando pode volver tolo a un abogado. N-este sentido, hai na politeca abondo de persoalidás representativas de cepa paisana.
Ó lado e mol preto da razón grave e doutoral, xurde a sua caricatura; o que se da tono, o que se escoita canda fala, e embebece a mela dúcia de pasmós. Iste tipo sole ser branco da sátira, e chámanlle profeta, prosas, de primera; eto.
Tocante á leenda e á cencia, están moi difrentemente repersentadas na aldeia. Nas dúas manifestaciós fundamentás do esprito, asistimos a unha sustitución lenta da pirmeira pol-a segunda. Xa é un tópico dicir que secaron as fontes mitolóxicas da i-alma popular, mais os contos, as leendas (históricas, máxicas ou simpremente heroicas) aínda teñen o sea púbrico, non sempre disposto pra confesal-as aficiós, en verdade. Eu coñezo un sacristán que foi cabo no reximento de León, estivo na América, traficou co sarrio, e hastra sabe de motores de gasolina e ten lido algús volumes da Bibrioteca Sempere, que é home de sentido irónico, e de formación peendo- mecanicista, que todal-as mañás de San Xoan rube á espadaña espido por compreto, pra tocal-as campanas por qu' Isto fai boas colleitas. Inda n-un fato d' homes chegados d' America, leídos e escépticos, o voo d'unha yolvoreta negra failles correr un xerro d'auga fría pol-o lombo. Ó falar do sentimento relixoso, voltaremos sobr” este tema. Tocante á cencia e cultura libresca, é de notar o imenso prestixo da letra impresa! (Calquer cousa, unha insensateza ou maldá postas en letra d’ imprenta, fai na aldeia unha impresión fonda; e teño ouservado que o labrego lé con mais gosto as noticlas atrasada agora que como só lé nos istantes de vagar, e son poucos, a infruencia dos periódicos está en razón inversa da aitividade agricola. Por iso os movementos populares non se producen nos vraus co-a unanimidá esperada pol-os seus autores, porque esa é a época do traballo mais rudo. O libro é unha cousa familiar: coma o paisano
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/92/925b/925b7f59-a6a4-4a93-9c1a-9cff24646907/115716111.xml
NOS
só trata con cregos, médicos, abogados e boticarios descoñece as outras profesións liberais. Inda ten un gran prestixo a ciencia eclesiástica: os tomos teolóxicos ou canónicos qu'inda poseen os sobriños dos cregos, disfrutan d'unha veneración particular. Teño visto na aldea libros de cabaleirías, Os tres mosqueteros, os Idilios de Gessner, colelciós de sermós. E eiquí vou notar a falla en que estamos d'unha formidable actividade na feitura e propaganda na novela. Así coma estou convencido de que o labrego non sinte a poesía lírica, esta forma de épica que é a novela, teria unha masa imensa de leitores, apaixonados e fundamentalmente interesados na narración. Moitas veces sorpréndese un na aldea ó atoparse con supervivencias e brotes de formas ou de cousas que xa consideramos mortas: un vello salmeroniano que sabe de seguido un discurso de D. Nicolás; outro que ten polo colmo da sabiduría as frases pronunciadas por algún Presidente da Diputación, en certo auto solene. A cultura dos americanos é meramente experimental, o que viron comparado sempre co d'eiquí. Casque todol-os que chegan falando mal das indulxencias, creen qu'en Cuba o sol está mais perto da terra, e que si abren de todo as esclusas do canal do Panamá, asolágase deseguida todo o archipiélago das Antillas.
N-esto do sentimento da natureza, é sabido qu'o galego ten un sentido da vida animada do planeta, un sentido mitolóxico e vital oposto á concepción semita do home central d'Espanya. Isto é un dos principais elementos do folk-lore: pero tamen hai o tipo que mostra fronte a todalas formas da vida un desprezo fondo; lémbrome d'un tal Xerónimo, gran bebedor, qu'estivo na China e na Patagonia, e dicía moi serenamente qu'os chinos eran parecidos ós de Barbantes, e que os patagons eran us homes despreciabres que non distinguían de viños.
En arte, son naturalmente barrocos e impresionistas: prefiren a cor á liña, a escultura e arquitectura pintoresca, as combinacións patéticas ou grotescas das artes plásticas, que chegan ó berro do door ou d'alegría. Un meu amigo dicía que s'estaba desenrolando unha arquitectura ché, do mais abominábel: é certo. O tipo da casa labrega e da casa fidalga nas súas infinitas modalidades axustadas á maneira particular de cada terra, está moi necesitada de defensa: pouco a pouco vai entrando no campo—a Galiza vital e o porvir da raza—un xénero de construción cibdadán incómodo, cursi, e feo. Os vellos pazos arruínanse, e menos mal cando quedan en poder do abandono, xa qu'as edras, os érvedos e os niños de mouchos son a fermosa decadenza d'unha bela arquitectura, mentras os balconcillos de cemento, o portland, os materiais innobres, sinifican coma deixou demostrado Ruskin, a morte total, o apagamento das sete lámparas da arquitectura.
A vida da familia non é soila na aldea; queda a vida de relación desenrolada nas operacións agrícolas—as mallas, as escascas, as vendimas, e no adro da eirexa. A vida de sociedade do novo labrego está moi necesitada de que por parte dos elementos galeguistas, se faga unha campaña pr'a sua milloración. Soilo acodindo ante'iles pederían os nosos intelectuais nacionalistas faguer unha boa sementeira, porque ne-la fórmase a opinión pública da aldea. Tímida, cobarde, imprecisa, esta opinión tén que ser mañá a forza e o miolo da Galiza futura.
Moitos mais aspectos da vida aldeán poidera desenvolver, mais non poido pasar en silenzo o aspecto da relixión. Isto é moi delicado e moi difícil de coller as suas características. O paisano en xeral, tén un concepto fundamentalmente politeísta da natureza e da vida; a sua devoción vai sempre encamiñada ás fis inmediatos; rara vez chega a unha concepción da esenza da doutrina católica. Os cregos padrican todol-os domingos e a eirexa-cemiterio é o punto central da parroquia; mais nos sermós, o que mais lles interesa é a parte histórica e simbólica da Escritura e das vidas dos Santos. Se sometéramos a un labrego intelixente a un verdadeiro exame dos mandamentos, xa que ise é o cadro no que cristaiza a súa educación moral, chegaríamos a moi sorprendentes resultados. O rescate do pecado polo sacrificio, equivalente á pena, a bondadosa consideración car o demo, con toda a sua lexión d'ausiliares, un certo escepticismo sobr'a existencia do Purgatorio, unha intensa influencia da Providencia nos feitos agrícolas e sociais, figuran antros caracteres que poderían estudarse n'unha consideración atenta.
E remato. Compre que todos s'afagan a pensar que só no cultivo da xente do campo está a formación d'unha Galiza com'a que desexamos todol-os verdadeiros fillos d'ela. A vida escasa, recollida, imperfeita das aldeias, está necesitada d'un amoroso coldado, d'unha longa milloración chea pra nós de sacrifizos e desespranzas, mais que é un deber pra nós.
RAMÓN OTERO PEDRAYO.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/92/925b/925b7f59-a6a4-4a93-9c1a-9cff24646907/115716117.xml
ANEUDOTA
Fai us anos, n-un teatro de París, unha danza rina eslava, cumprindo asina a profecía de Mallarmé, trenzaba un baile que facía descargar nas facianas espeutadoras longos xestos de estentio e estupor.
A xente atónita vía que a bailarina esquecera os soídos complementarios, que beilaba sin música, pra decilo de unha vez. Pero e posibre que a xente non vise que a bellarina que bellaba sin música levaba na mau un pano acongoxado de adeuses, que ciscaba no corpo extinto de seu compatriota Demetrio Daghilieff, fundador da compaña de ballets rusos.
O QUE DIXO DA DANZA GOETHE
Non podería negarse que huxe eisiste, ó menos en certos seutores, unha forte xenreira contra o Renacemento, a quen se culpa de ter afastado a evolución natural da Edade Media. Coido en, e fúndome pra elo en razós que cecais espoña alxiña, que hai moito d' inxusto n-esa xenreira.
Si me noxase o Renacemento, ademais, non sería pol-os motivos que ós demais lle marguran, senon por outros, pro, lonxe de margurarme, pol-o contrario lédame. De ter que decidirme e incrinarme a un dos dous estremos, mais ben m'arreconchegaría en Nietzsche que nos da Aición Francesa.
Ante todo o Renacemento foi unha ademira- bre afirmación da vida. Na Edade Media coidábase que a vida era unha loita entre materia e espírito. No Renacemento óllase a materia como unha potencia ou posibilidá espiritual. O espírito vólcase sobre cauces inéditos e faise o camiñar por imprevistos vieiros. Afástanse n-il as distintas potencias que se recortan en novas direiciós. Unha d'estas novas direiciós foi a estética. No sen «Kants Bergriidung der Aesthetik». Hermann Cohen esprica porque esta cencia somentes se pudo erguer na época renacentista. A estética, di, precisaba pro seu nacimento que se separase o saber do creer.
Ó principio depende a sna sorte da sorte da
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157161&posicion=16
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/92/925b/925b7f59-a6a4-4a93-9c1a-9cff24646907/115716127.xml
NOS
son a primeira dimensión; os animás a segunda, e o home, a humanidade, a terceira dimensión. Porque o home, según Korzybski, non é unha planta nin un animal. O rasgo que caracteriza ás plantas, a todo o reino vexetal, é a sua capacidade pra acumulare a enerxía solar. A planta, o Árbore, recollen a enerxía solar e acamúlanna en follas, que os animás poden comere. O animal non acumula enerxía direitamente. Ten que buscar nos vexetaes as vitaminas que percisa. Sintesi: os vexetaes perteñecen a crás de vida que acumula enerxía solar.
¿Ora qué é, pois, o animal? O animal móvese d'un punto a outro. O animal ten concencia do espazo. Ocupal-o espazo é tareia sinxela, agás cando dous ou mais animás tratan d'ocuparen o mesmo espazo. N'este caso hai un conflito. Sintesi: o animal perteñece á crás da vida que acumula espazo.
¿E o home? O home difrénciase do animal en que acumula tempo. Acumula esencias de séculos en tradicións, de xeito que as xeneracións veñideiras poidan usar o pasado. Un home pode faguer os planos d'una casa e seu fillo pode construíla. Pode inventare unha máquina que o seu neto pode perfeccionare. O fillo non emprincipia a vida onde principiou seu pai; emprincipia onde concluíu seu pai.
Os animás non acumulan tempo. A formiga e mail-a abella, por intelixentes que elas sexan, non acumulan tempo. Cada xeneración emprincipia onde principiou a anterior.
Hai, pois, tres crases de vida, o mesmo que hai tres dimensións. Todos saben que se non poden misturare as dimensións. Non pode engadirse un pé liñal a un pé cúbico. Non pode sustraerse un litro d'un quilómetro. A área é unha cousa e o volume é outra. A crás de vida que acumula espazo e a que acumula tempo, son tamén dúas cousas diferentes, e emporiso, en tédal-as nosas teorías sociais e políticas, na nosa filosofía, no noso empeño por regulare a conduta humana, non se recoñecen estas dúas crases de vida.
Eisí como é ausurdo tratar de faguer que un peixe ande, porque se lle saca do seu elemento e dos seus instintos de nadare, é tamén ausurdo —di Korzybski—someter ó home á categoría de vida que acumula espazo. O peixe fora da auga, aleteia; o home, tratando d'acumulare espazo—que non é a súa misión—tamén ha de se mover tontamente, coma o peixe, e poriso as guerras e os disturbos de todo xénero.
A nosa estrutura social áchase basada n'un falso conceuto fundamental. Coidamos que o home é un animal, pro como non actúa coma un animal, engadimos que é algo máis. Dicimos que é un animal máis unha moxena de divinidade. E construímos cárceres pr' ó animal e eirexas pr' á sua moxena divina.
Entende Korzybski que temos de refacere toda a persente filosofía humana, recoñecendo que o home non é un animal, que non debe acumulare espazo—o espazo chámase tamén territorio,—senon tempo. D'iste xeito o progreso humano faceriase en progresión xeométrica. Mentres confundámol-as dimensións da vida, mentres a humanidade actúe coma se fose un animal, tratando d' acumulare espazo, ou señan cousas, persoas ou terreos, e non actúe coma un home, tratando d' acumulare tempo, non poderá habere progreso científico.
Korzybski acompaña todo isto de fórmulas matemáticas, disque tan craras, pr' ós matemáticos, como notables. As xeneralizacións filosóficas da sua teoría básaas n'aquelas fórmulas.
A teoría é orixinal; é tamén outro novo rachón felto no xa descretado darwinismo e no imperialismo. Pro ¿podemos hoxe nos conformare co' as tres dimensións crásicas pr' as cousas? ¿É doado estraermos unha nova conceucién pacifista do libro The Manhood of Humanity? Eu faigo istas perguntas e aquelas afirmacións sinxelas, non sin pensare que, si Korzysbki coñecese o saudosismo, propio da noso raza, enxergado en doutrina filosófica por Teixeira de Pascoaes, Leonardo Coimbra, Vicente Risco e Euxenio Montes, cecais o utilizara na sua eséxesis en col da terceira dimensión da vida—ho home acumuladore de tempo.
E abonda xa pra que os leutores se decaten do fundamental d'una nova obra, refrexo d' unha inquedanza, xermolada nas trincheiras da gran guerra, que deven nazonalista sin pretendelo e que Antón Lousada Diéguez podería criticare na sua Teoría trascendental da velocidade.
A. VILLAR PONTE.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/92/925b/925b7f59-a6a4-4a93-9c1a-9cff24646907/115716132.xml
18
NOS
N-outro plano por riba d' iste, aparecen xa os mesmos Reis adourando ó neno Dios.
Na clave da vouta de medio cano que cobre iste tramo do ábside, aparece o rubio Febo, con cara de dios botando raios de luz, estrelas e unha cabeza de muller, que ben poidera sel-o retrato da fundadora da eirexa, ou donante das pinturas.
As pinturas do lado direito do ábside, áchanse en moito mais ruin estado, polo que faise difizle comprender ó primeiro ollar, o que siñifican. Repersentan ó meu xuicio, a Adoración dos Pastores.
Sobr' isto aparece no centro unha figura, ves-
XOQUIN ARIAS SANXURXO.
ARCHIVO FILOLÓXICO E ETNOGRÁFICO DE GALIZA
(CONCRUSIÓN DO VOCABULARIO DOS CESTEIROS DE MONDARIZ)
Rotlada — — — Festa
Rabistel — — — Rabo
Rabuda — — — Pescada (merluza)
Redonda — — — Mazá
Rema — — — Auga
Renear — — — Chover
Reñeiras — — — Sardiñas
Retorta — — — Chave
Roypeca — — — Roupa
Rowzaxe — — — Rir
Ruan — — — Manta
Rufo — — — Fogo, lume
Husticas — — — Castañas
Renear — — — Chover
Sabuiar — — — Saber
Santiñar — — — Rezar
Santuñiva — — — Silla
Segar — — — Comer ou morder
Sinado — — — Cabaleiro
Solteante — — — Solteiro
Sotela — — — Rameira
Solteante — — — Putañeiro
Sotelo — — — Aceite
Sotreñar — — — Gardar
Sondia da Cigua — — — Zacre
Soyene — — — Ti
Tanguello — — — Fiadeiro
Tapuñír — — — Esconder
Tasca — — — Taberna
Tarela — — — Peseta
Tarugos — — — Cornos
Tranquita — — — O tren
Tetra — — — Monte
Trena — — — Carcele
Trincante — — — Dentes
Toula — — — Probe
Trugit — — — Viño
Usca — — — Sol
Vacanegra — — — O tren
Vacha — — — Orgao sexual f.
Valdroa — — — Ventre
Vativo — — — Vaso
Verdea — — — Maza
Verdessa — — — Herba
Verdeosa — — — Verdura
Verdeosa de Xaracello — — — Verdura
Vigas — — — Sardiñas
Xabmaloiros — — — Pelo
Xahanco — — — Vello
Xacomiña — — — Ladrón
Xamarna — — — Compañeiro
Xambras — — — Pernas
Xambias — — — Pernas
Xais — — —
Xamonco — — — Borracho
Xaspiar — — — Pagar
Xarabello — — — Caldo
Xaramonea — — —
Xatos — — — Bois
Xebas — — — Abellas
Xebo — — — Pai, vello, pallón
Xeguia — — — Navalla, canivete.
Xido — — — Bo
Xiniga-o — — — Filla, fillo
Xiria — — — Bonita, fermosa
Xirigonza — — — Vergonza
Xiote — — — Peido
Xornar — — — Darmir
Xotos — — — Bois
Zato — — — Pano
Zanguer — — — Bañar
Zuburro — — — Millo
Zurriguillas — — — Médeco
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/92/925b/925b7f59-a6a4-4a93-9c1a-9cff24646907/115716135.xml
AVISO OS LEUTORES
PRECIO DA SUSCRICEÓN
O prezo da subscripción do NÓS, incluído o franqueo, é de 6 pesetas os doce números na península e de 15 pesetas no estranxeiro, ou o equivalente en calquera outra moeda.
O importe da subscripción remítrase ó señor administrador por xiro postal, cheque, letra de cambio ou numerario.
As páxinas d'anuncios do NÓS sómentes se ceden ós industriais e comerciantes cujos métodos comerciais creemos dignos e honrados; e por isto as nosas ofertas d'anuncio son todas sin compromiso. Si algún lector atopa falsedades ou métodos impropios do comercio, n'algún das casas anunciadas nas nosas páxinas, estimarómoslle muito nos chame a atención, porque non toleramos que s'anuncie ninguna casa que non sexa seria.
TARIFA D'ANUNCIOS
Insercións soltas de anuncios: Unha páxina, 60 pesetas; media, 40; tercio, 25; cuarto, 15; octavo, 8 e medio octavo, 5.
Estas insercións no texto e na última praza da cuberta teñen un aumento no prezo do 100%.
Cando se tratem de seis a doce insercións farase unha rebaxa do 10%; e cando se tratem de doce insercións en adiante a rebaxa subirá ó 15%.
Publicidade: Avisos ocasionais, 2 pesetas liña. Información gráfica, 400 pesetas páxina e 250 pesetas media páxina. As fotografías e clichés serán de conta dos clientes.
Anuncios breves: Na Guía da Banca, Bolsa, Industria e Comercio, comprendida a subscripción por doce números 43 ptas. na península e 60 fora.
Na Guía Profesional, comprendida a subscripción á revista por doce números, 36 pesetas na península e 48 fora.
CONDICIOS DO ANUNCIO
1º O pago do anuncio efetuarase por inserción.
2º Os dibuxos e clichés serán de conta do anunciante, e cuyo cargo estará a redacción do anuncio.
3º O texto obrará no noso poder denantes do día 20 de cada mes.
4º O trato do anuncio renovarase tácitamente si non se denuncia denantes do vencemento.
5º O anunciante, no caso de crevar no negocio anunciado, poderá rescindir o trato; pero terá que abonar o importe das bonificación ou rebaxa que se lle fixeren.
6º A xerencia poderá rechazar todo texto que considere perjudicial pr'a revista.
ABONAMENTO DE SUSCRICEÓN
Sr. ADMINISTRADOR DO NÓS
Mui señor meu: Complázome en remitille ______ importe da miña subscripción a doce números do boletín.
A miña dirección postal é:
(Provincia de ______)
De V. atto. s. s. q. e. s. m.,
ABONAMENTO D' ANUNCIO
D. ______
contrata co xerente da Sociedade NÓS, domiciliada en Ourense, un anuncio de inserción ______ do tamaño de plana que se publicará do boletín da cultura galega NÓS con arreglo á tarifa e condicións publicadas.
de ______ de 192 ______
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/92/925b/925b7f59-a6a4-4a93-9c1a-9cff24646907/115716122.xml
Por erro d' axuste, o parágrafo titulado ANEUDOTA púxose primeiro que O QUE DIXO DA DANZA GOETHE, debendo ir a seguida de OS LIMITES DA DANZA.
Tamén se trastocou a numeración das páxinas.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/92/925b/925b7f59-a6a4-4a93-9c1a-9cff24646907/115716125.xml
ARCO DA VELLA, por Fernández Mazas
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/92/925b/925b7f59-a6a4-4a93-9c1a-9cff24646907/11571612.xml
B O L E T Í N M E N S U A L D A C U L T U R A G A - L E G A , Ó R G A O D A S O C I E D A D E " N Ó S , "
DIREITOR:
Vicente Risco
REDAUTOR XEFE:
Xavier Prado (Lameiro)
SEGREDARIO DA REDAUCIÓN:
Xulio Gallego
REDAUTORES:
Ramón Cabanillas, Alfonso R. Castelao, Antón Lousada Diégues, Florentino L. Cuevillas, Leuter González Salgado, Ramón Otero Pedrayo
COLABORADORES:
Teixeira de Pascoaes, Johan V. Viqueira, Philéas Lebesgue, Antón Villar Ponte, Wenceslao Fernández Flórez, Xaime Quintanilla, Antón Noriega Varela, Gonzalo L. Abente, Manoel Banet Fontenla, Lois Peña Novo, Eladio Rodríguez González, Marqués de Figueroa, Antón Palacios, Leonardo Coimbra, Amador Villar, Álvaro Cebreiro, Alexandre de Córdova, Xulio A. Cuevillas, Victoriano Taibo, Xulio Prieto, Farruco Lamas, Euxenio Montes, Fernández Mazas, Souza Aguiar, Cunha Barros, Xan Aznar Ponte, F. Bouza Brey, Lois Huici, Ramón Villar Ponte, Handicap, Roberto Blanco Torres, Primitivo R. Sanjurjo, Xosé Viso (Goal), Francisca Herrera Garrido, Hernani Cidade, Camilo Díaz, Manoel M. Risco, Francisco Luis Bernárdez, etc.
XERENTE:
Arturo Noguerol
SUB-XERENTE:
Alfonso V. Monxardín
DIREICIÓN E REDAUCIÓN:
Praza do Ferro, 6
ADEMINISTRACIÓN:
Padre Feixóo, 12
ABONAMENTO
Doce números, na Península .......... 6 ptas.
Na Arxentina ............................ 6 pesos
En Cuba ................................. 3 dólares
Números atrasados 3 ptas. Número sólo, 1 pta.
Iste boletín non publica mais orixinas que es que foran directamente solicitados pola Dirección. Tampouco se fai solidario das ideas n-elas emitidas, non sendo des que por mon iren rubradas, enténdese que son da Redacción.
SUMARIO
Encol da aldeia, por Ramón Otero Pedrayo.
De mim, por Teixeira de Pascoaes.
Orballo, por Blanco-Amor.
A Estrela y o Aturuxo, por Francisco Lois Bernárdez (continuación), tradución de Xan Aznar Ponte.
Unha nova teoría encol do home, por Antón Villar Ponte.
Unha Historia da Colonización Portuguesa do Brasil, por Vicente Risco.
Sección Arqueolóxica: Nota encol da Eirexa de Santa María de Marrueiro, por Xoquin Arias Sanjurxo.
Archivo Filoláxico e etnográfico de Galiza, por E. Peinado Lines.
Os homes, os feitos, as verbas, pola Redacción.
Fóra de texto: Estética da Muiñeira (separabre), por E. Montes.
Arco da vella, por Fernández Mazas.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/92/925b/925b7f59-a6a4-4a93-9c1a-9cff24646907/115716115.xml
ESTÉTICA DA MUÍÑEIRA
POR
EUXENIO MONTES
(CONTINUACIÓN)
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/92/925b/925b7f59-a6a4-4a93-9c1a-9cff24646907/115716137.xml
AUGAS MINERO-MEDICINÁS, BICARBONATO-SÓDICAS
MONDARIZ
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/92/925b/925b7f59-a6a4-4a93-9c1a-9cff24646907/115716134.xml
2 clásicas, embora o contido sexa moderno—non ultra, senón mais ben humoresque. Porque o fondo é sentimental.
Cecais a posición humoristeca sexa a millor pr’ enxergar-a modernidade. Cecais a modernidade, o único que ten de serio é o que ten d’ humoristeco. E entón, o Bernárdez foi o que den no fito.
Tamén, se cadra, o autor de Orto quer esconder o seu sentimentalismo atrás d’ estas cousas, e isto é o que non consegue de todo, porque n-i o sentimental, o lírico, traiciónase, anque vaia collido do ganchete co Barradas.
A «FUNDACIÓ BERNAT METGE».
Recibímolo prospeito da gran Coleición catalana de clásicos gregos e latinos que, baixo o patrocinio do Sr. Cambó, e a dirección do noso admirado amigo Joan Estelrich, seica principiou xa a publicar a «Fundació Bernat Metge», empresa constituída pra difundir no pobo catalán a literatura grega e latina. A empresa colleu por divisa o nome do introdutor do humanismo nas letras catalanas. Nomes ilustres com’ os de Rubió i Lluch, Bosch Gimpera, Pedro Corominas, Xosé Carner, Nicolau d’ Olwer, Lois Segalá, Xosé M.* de Sagarra, Alomar, etc., anúncianse entr’ os colaboradores.
O prospeito dí que se publicarán axiña obras de Lucrecio, Menandro, Cicerón, Horacio, Xenofonte, Hesiodo, Platón, Terencio, Marcial, Cornelio Nepote, Fedro, Séneca, Xuvenal, Aristóteles, Tácito, Catulo e Propercio, filósofos presocráticos e líricos gregos. As edicións de cada obra han ser tres: unha co texto antigo e a tradución catalana a carón, con introdución falando do autor, o seu tempo, as súas obras; historia resumida do texto; exposición de cada obra; notas; index xeneral, de nomes, glosarios, incipit de poemas e versos, etc. Outra levará somentes o texto antigo, e outra somentes a tradución catalana.
Trátase d’ un emprendimento serio e dino de toda loubanza pra popularizala outra cultura. O prospeito fai a invocación da tradición catalá e mais á necesidade presente «literaria e social» d’ unha renacencia clásica, que di se sinte en tódolos países de cultura superior. Por iso, iste emprendimento ten moito de pedagóxico. Porque nós pensemos d’ outro xeito tocantes á necesidade da renacencia clásica—cremos millor que compre ceibármonos da tiranía espiritual grecorromana—a fidelidade dos cataláns á súa tradición mediterránea—aínda isto habíamolo de discutir—é pra nós dina de gabanza.
Nós non temos en lingua galega mais qu’ as traducións d’ Anacreonte que fixo D. Florencio Vahamonde. Mais o noso caso é outro. A nós intrésanos a literatura grega e romana do mesmo xeito qu’ a literatura índia, árabe ou tinesa.
LOS GRANDES OCULISTAS DE EUROPA
Con este título, publicou o doutor Sal Lence un folleto interesante merecedor das nosas gabanzas de profanos. Un novo folleto, poderíamos dicir, xa que o ilustre autor do notábel libro «A Refracción ocular», enantes d’ agora ofrecen outros moi loubados á consideración dos colegas, froito das experiencias de catorce anos de traballo na sua clínica oftalmolóxica da Coruña.
A autoridade do distinto doutor Sal Lence, lingües de nascimento, na rama científica da medicina que cultiva, ficou ben probada cando a saída do seu libro «A Refracción ocular», xa que entón os millores oftalmólogos d’ Europa nas revistas profesionais adicáronlle xuizos agasalleiros.
Agora o folleto «Los grandes oculistas de Europa»—impresións d’ un viaxe que fixo derradeiramente pol-as principais urbes europeias pra estudar os progresos da súa especialidade médica—quer sere un homeaxe ós seus meirandes colegas de Vello Continente. E iso é; pro é tamén un ensiño mais pra cantos teñen a misión de se acer centiticamente á cura das doenzas dos ollos.
A ciencia médica galega conta con eminencias recoñecidas, e entre esas eminencias merece un lugar outo, drento da oftalmoloxía, o noso ilustre amigo doutor Sal Lence, que coma home de fondo e craro talento, é tamén un galeguista entusiasta e un axudador patriota ao erguemento da nosa cultura enxebre.
REVISTAS
LA DOUCE FRANCE (dous números)
Do número d’ agosto-setembro, sacamos:— Question pour M. Leon Daudet, que publicou Le Stupide XIX Siecle, do que o II capítulo: L’ Aberration Romantíque, gaba a Balzac, a Veuillot, a Leon Bloy, a Barbey d’ Aurevilly á Stendhal, a Baudelaire, Verlaine e Moreas, Sainte-Beuve e Fustel de Coulanges; desprecia a Taine, Renan, George Sand e Flaubert, e asáñase contra Chateaubriand, Hugo, Michelet, Zola. Polo derradeiro, pensa que a poesía só produxo n-esa época obras verdadeiras na lingua d’ oc: Mistral, Aubanel, Roumanille... A question é pol-a preterición d’ Alfred de Vigny.—Un estudo d’ Enmanuel de Thubert encol do bardo breton Jean Pierre Calloc’ h, do qu’ hemos dar algo en NOS.
L’ Art de France, reseña de esa asociación, fundada en 1916 por Em. de Thubert e Adolphe Cadot, angue xa dende 1913 a había e tiña por órgano o boletin L’ Art de France hoxe La Douce France. O seu fito: xuntar és artistas cos industriais pro desenvolvemento da arte decorativa francesa. Hoxe preside Edouard Henrlot. O ano pasado, orgaizou a primeira exposición de pintura (Museo Crillon). Agora abria unha sección musical, está orgaizando grupos rexionais, e quer reformal-o cinema. Ainda creou un teatro pra nenos.
Do número d’ outono: un anaco do Poeme de la Victoire d’ E. de Thubert:—Les grands thèmes baudelaiviens, por Gabriel Brunet.—E outras cousas.—Dé Louis Laloy no Preface feito prás Appogiatures resolues et non resolues de Georges Migot, sacamos a suxestión seguinte: «On a, de nos jours, divinisé l’ instinct. Il est partout necessaire, méme dans les sciences exactes, où il rend le nom d’ intuition». — D’ un traballo d’ E. de Thubert encol do pintor Jules Jean Denisse: «On ne se lève pas en vain dans la nuit pour aller chercher l’aube sur les collines: il nous vient de la rosée, du brouillard, du feu soudain du ciel un enthousiasme qui nous rend la jeunesse». Retemos isto pr’os poetas e pr’os artistas.
OURENSE: IMPRENTA E PAP. DE “LA REGIÓN”
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/92/925b/925b7f59-a6a4-4a93-9c1a-9cff24646907/115716124.xml
exércitos de Czar. Ten sona de notábel matemático. Seus ascendentes foron tamén matemáticos e filósofos.
Agora que xa sabedes do home, faigamos un estratto das ideas capitais da sua obra que se nomea The Manhood of Humanity.
Korzybski quérenos probar que o home non é un animal, senón a terceira dimensión da vida. Como as cousas teñen tres dimensións, a vida ten as taes dimensións tamén. As plantas
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/92/925b/925b7f59-a6a4-4a93-9c1a-9cff24646907/115716119.xml
DOS LIMITES DA DANZA
Adiantámonos a gabar a sutil comprensión de Goethe que soupo, en tempos en que, a verdá sea dita, ningún o sabía, recoñocer a danza como un arte. Compre agora que vexamos si en efeuto Goethe tiña a danza por un arte autóclono. Compre agora que, co debito acatamento e respeito, dilucidemos o conceuto do autor do Fausto. Porque, serea, deteñidamente ollado, coidar que o baile é a poesía do corpo, non é coidar no fondo que o baile é, somentes hastra certo punto, arte? Canto mais se vé n-unha cousa de outra tanto menos se vé da cousa mesma: defenir un xénero por unha modalidá de outro é suxetalo a unha dependencia que lle nega a persoalidade.
nin nada. A danza, perdoade a perogrullada, é somentes danza.
Ben sei que Goethe o decir que a danza era poesía do corpo, non cobizaba expresar que as leis, as normas de ela estuveran subordinadas as leis poéticas; en rigore Goethe soyo quería faguer unba metáfora. Non importa, sl me deteño a refutar ese xuicio non é tanto por i! mesmo canto porque n-il se espellan un dos meirandes trabucamentos modernos, e porque un trabucamento en Goethe suscita mais noxo que en outro calquera.
Parece, enefeuto, que a época contemporánea se nega a comprender a viabilidá de un arte por si mesmo. Cada sorte de arte crése mais xurdia cando pode amostrar refrexos de outras que non cando se ensina como algo específico. Tó do o século pasado, viviu coa arela do arte único, do arte, mais que sintético, sincrético.
Do mesmo xeito que Goethe define a danza como unha modalidá da poesía, eu podo definir a pintura como unha modalidá musical, a escultura como unha modalidá arquitentónica, a arquitectura, como Coleridge quería, como unha modalidá da música, como unha música de pedra. Endebén, nin a pintura é música, nin a escultura pintura, nin a arquitectura pedra musical. Tampouco a danza e poesía, nin música.
Lémbrese, a iste respeuto, a Vagner, ó impresionismo, ós simbolistas, ós teatros de Arte... A arela persiste, persiste inda, e o ballet ruso, en derradeiro análisis, non é mais que un xigante e agónico esforzo en col d’iste tema.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/92/925b/925b7f59-a6a4-4a93-9c1a-9cff24646907/115716112.xml
DE MIN ORBALLO
A os grandes poetas da Galiza
Cabanillas e Varela.
Sou um triste castelo ao pé d' um mar brumoso,
eternamente a ouvir historias de naufragios
A voz do vento negra de presagios...
Sou velha cruz em ermo penhascoso
Onde as aves da noite vao cantar
Embriagadas de sombra e de luar...
Sou livido pinheiro
Phantastico, a rezar na encosta d' um outeiro,
Quando os vales soturnos escurecem
E as nuvens, como sonhos esquecidos,
No ceu empalidecem...
E em religiosos labios doloridos
As boas tardes choram...
E perolas de luz tremendo afloram
N' aquele etéreo manto de veludo,
Manto da Virxem Máe de Deus cobrindo tudo...
Vivo da negra morte alegremente
Que ante mim se alevanta imensa de ternura,
Como de encontro ás bandas do Oriente
Ergue o Marão a tragica estatura...
Vivo da negra morte que me empece
Na lua que detraz dos montes aparece;
No soturno perfil, á noite, dos penedos,
Na brisa a semear murmurios e segredos...
Na aurora desmalada,
Esse cadaver branco de afogada,
Boiando á flor de nuvens cheias de agua,
Com um lirio nas maos desfeito em cinza e magua..
Em tudo o que me cerca de tristeza
E em meus olhos acende espiritual beleza:
Phantasma de anjo a voar, branca, visão celeste,
Prateando, ao de leve, a rama do cipreste...
Uma sombra caida aos pés da cruz...
A morte já distante da agonia,
Extatica, vestida em macerada luz,
Toda sonho, luar, melancolia.
TRIXEIRA DE PASCOAES.
EXÉGESIS
B Vicente Risco
Unha pinga d' orballo
é muxica estelar pura e vibrante
d' orixen celestial. Beleza inxente
nun grauciño brillante
inquedo, gideiral, tremelucente...
Unha pinga d' orballo
antes de vir nas ás do relente
a fulxir na enxoyada galanura
d' un touzal de topacios trasparente,
foi bágoa, aló na altura
do vello Aldebarán, canso e doente.
Unha pinga d' orballo
é unha bágoa da noite, que escintila
na arista d' unha estrela:
Nasce d' ela,
n' ela un instante brila,
e paseniñamente se destila
cruzando a noite pra calmar a arela
d' unha sedenta frol, da Terra estrela.
Unha pinga d' orballo
modosiña e petada baixo as herbas,
faceteda d' estranas claridades.
[quen pouse a vela, alcontrará verdades
que no ha topar nas mais profundas verbas...
Neunha pinga d' orballo
polda que chegue a Gracia deica nos:
Vision astral, luz, vibrazón, salayo.]
¡Cada pinga d' orballo é o mesmo Dios!)
BLANCO AMOR.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/92/925b/925b7f59-a6a4-4a93-9c1a-9cff24646907/115716118.xml
10
filosofía e diríxese escrusivamente sobre as consecuencias do pobrema do coñecemento. Pergúntase que é a beleza e como é posibre. Dimpois vaise vendo como son posibres as distintas espresións da beleza, devanecirando, en algún modo, a táutica que maís tarde había de inmortalizar á Kant. Convencidos os estetas de que a pergunta ¿como é posibre a beleza? non podía atopar resposta imediata, esnaquízana en cachos mais cativos e concretos. ¿Como é posibre a poesía? Como é posibre a música? Arrédase o probrema xeneral en beneficio dos particulares. Pra rematar de decilo: convencidos de que se non podía definir de un xeito o arbor, quiséreno definir definindo unha por unha as gayas.
Non embargante, houbo unha gaya do arbor que foi esquecída e esta galla non é unha das menos frondosas e froridas. Inda no século xviii, a comenzos do século xix, Dubos pubrica unhas refreisiós críticas sobre as artes particulares; fala da pintura, da música e da poesía, non menta o baile. E o mesmo Kant, dimpois, cando verte sobre a Estética o rescoldo fumegante do seu xenio, e di con verbas que inda hoxe estontian que o arte é un xogo, spiel, e sinte a cobiza de tentar unha crasificación de tódal-as artes, esquece tamén a danza. «Hai, dí, atendendo ós medios espresivos, artes da verba, artes da forma, e artes do xogo d'espresións». Non incruie na terceira fórmula o baile, enguruña en troques na segunda a xardinaria, oficio que, somentes enchendo de sensos benévolos as verbas, se pode chamar arte da forma.
Hai que chegar hastra Goethe pra topar o baile unxido dos aceites do arte. D'il dixo, n-unha frase que hastra eu vin nas reclames de Tórtola Valencia, entre a literatura perla Kepta de Hoyos, que era a poesía do corpo.
Compre agora que eu revele un segredo. Vou contar porque Goethe recoñeceu a danza como un arte, namentras os outros estetas non a superon recoñecer. O que vades lér nin il o retiriu, nin eu o vin nos papés do conselleiro Sorel, nin nas conversas de Xan Paulo Eckerman. Endeben en seino. Goethe dixo que a danza era a poesía do corpo, porque tiña ollado os bailes aldeás, mentras que os outros estetas sóio ollaran os vilegos.
Nin Winckelmann e Baumgarten na Alemaña, nin Edmundo Burke na Ingraterra, nin Dabos na Francia, ollaran outras danzas que as danzas das vilas. E estas non eran propiamente arte. Os bailes das crases baixas eran prebeyo remedo das da corte. As danzas da corte inda pousadas nos vellos espellos volados, mais que un fin eran un protesto. Eu sinto n-esto non coincidir co-aquiles que repiten as verbas do mestre Marcel, que en férvedos panos gardou Wanda Landowska. Sábese todo o que hai n-un minué, porque certamente o que hai n-el é ben pouco, e ise pouco nada ten d'artístico. Friaxe non é o mesmo que clasicismo, e no minué somentes hai friaxe.
O Renacemento era un produto vilego, produto d'obreiros e non d'aldeás. O arte do Renacemento era arte obrerista, pro non arte popular senon arte de homes do pobo eruditos. Non quero arrincar consecuencias d'esto, abóndame somentes c-unha observación: os obreiros saberán faguer todo o que se queira, todo menos beilar.
Goethe saía a miudo do sen pazo de Weimar a percorrer o campo, e cando tornaba á casa traguía os seus ollos tinguidos de maravillosas percepcións.
«Non deixa de ter razón noso amigo Schütze, que fai tódal-as semás un viaxe o agro. Imos seguir o seu eixempro». (Conversas, tomo 2.º)
Non soio pol-as terras pretas, senon ainda pol-as lonxanas. Fai un viaxe á Italia. Na sua Alemaña e na Italia sorprende en varias ocasións es dos paisanos que o mollan de custas emocións artísticas e lle penduran dos ollos divinas visións.
Eu sei que tiña caron d'ila lembranza da visión d'un romaxe cando dixo que a danza é a poesía do corpo.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/92/925b/925b7f59-a6a4-4a93-9c1a-9cff24646907/115716131.xml
NOS
Salvador de Ferreira, de Pantón, e mais a do Mosteiro benedictino de San Salvador de Chantada, ó estilo románico compostelán, tan craramente distinto do románico astarlin, do que se conservan tantas reminiscencias nas eirexas románicas do Mosteiro de San Miguel de Eire e de San Fiz de Cangas, tamen no val de Lemos (Pantón); do latino bizantino das eirexas do Vierzo, do que se conserva unha fenestra aximezada con arcos de ferradura na capeliña de San Miguel, que s'atopa na rubida ó Mosteiro de San Es*ebo de Ribas de Sil; outra na fachada da devandita eirexa de Fire e outra n-unha casa en Alais, etc., do estilo bizantino da catredal de Zamora, da qu'o infruxo fíxose sentir na provincia ourensana; e do románico catalán que deixou sifial nos derradeiros tramos da nave mor da catredal de Lugo e mais na cabeceira e nave do cruceiro da catredal d' Ourense,
E é que pol-o val de Lemos e Ourense, pasaba a fronteira, hastra A que s' estenden o infruxo artistico de Compostela; por iso, n-iste val, atópanse misturados, moimentos ispirados en correntes tan distintas. y que s'esprica, porqu' aquil bó d' Alfonso II o Casto, en pagas dos grandes servizos que lle prestamol-os galegos, és que deveu o trono, dispuxo de gran parte das nosas cirexas (a mitade das do val de Lemos) en favor da eirexa d' Oviedo, que se sirveu d' elas pr anmental-as suas rentas, que non pra rexllas; igual qu' os carboeiros asturians e os frabicantes de Bilbao e de Barcelona, a medio dos seus valedores palramentarios, dispoñen do noso traballo e peculio, en beneficio dos sens intreses rexionaes.
E son esas eirexas Jemesas de Marrube, Ferreira, San Fiz, e as de Diamandi, Pombeiro, Pesqueiras, Ribas-altas, etc. de estilo compostelán, pese 6 Mestre Ralmundo, de Monforte, que contratou a reedificación da catredal de Lugo, polo ano 1120; mestre tradicionalista da vella cepa, continuador do románico francés importado no século X pol-os benedictinos e difundido pol-os bernardos mais tarde, que non chegou á asimildrese os grandes adiantos e Innovaciós que repersenta a construción da eirexa compostelán no século XII; somentes asi s' esprican as naves de vouta de cano, tan baixas e antiartistiticas, das naves lateraes do coro, e os curiosos e intresantísimos tanteos que fixo nos catro ou cinco pirmeiros tramos d'esas naves baixas, e das altas da galería, pra pasar sen o conseguir, da vouta de medio cano á d' aristas; o que realizaron, anos mais tarde os artistas cataláns ou valenciáns que fixeran os tramos derradeíros da nave mór, e que, Ó pór remate á construción da
eirexa lucense principiaron a construción da catredal ourensana (cabecelra e nave do cruceiro).
O probrema das voutas d' arista, resolveuse nas naves lateracs de cirexa compostelán cincoenta anos antes de que o mestre Raimundo de Monforte s' esforzara en invental-o modo de resolvelo, en vao, porque pra elo requírese qu' a planta sexa un reutángulo perfeito.
E é isto tanto mais Jamentabre, canto que na catredal de Santiago áchanse iniciados todol-os probremas da construción (voutas por aristas e en oxivas, vouta en carto de círeulo—naves cutas—pra contrarrestare o empuxe das voutas de cano da nave mór, ete.) que permitiron por un proceso perfeitamente lóxico e natural, pasar ó malamente chamado estilo gótico, que nin é cousa de godos (raza refrautaria a todo o que sexa arte) senon de galos e celtas, nin é un novo estilo distinto do románico, sinon somentes a continuación, ou millor dito, frolecimento ou derradeira evolución d' iste último, unha vez chegado ó seu preno desenvolvimento.
E volvendo á eirexa de Marrube, ten o ábside tres fenestras estreitas coma sacteíras, e 08 capités das columniñas que sosteñen os arquiños que as adornan son todos de follas estilizadas, 6 xeito dos de Compostela, na sua derradeira evolución, o que acusa a transición 6 século XIII ou o comenzo d'iste. Os canicelos que sosteñen o voladizo son todos iguaes, formados por unha sinxela escocia, lembrando os da capela da Corticela, da catredal de Santiago, e os das eirexas de Sar e San Lourenzo da mesma vila; sen teren a riqueza de motivos e a variedade que tanto fan campar outras elrexas románicas do val de Lemos e Galiza toda. Igualmente son de follas os capités do interior do ábside e portada, sen que haxa un sóio historiado,
A portada áchase formada por dous arcos concéntricos, adornadol-os touros con piñas, e lembra a portada da referida eirexa de Sar, en Santiago, e mais a do Hespital do Incio no municipio do mesmo nome.
O mais intresante da eirexa de Marrube, son as pinturas muraes, ó fresco, do devandito ábside, tan raras nas cirexas galegas.
No pirmeiro tramo do ábside, 4 mau esquerda do espentadore, áchase repersentada a Adoración dos Reis (é a parte millor conservada). No fondo, tres Reis, un d'á cabalo e dous a’ 4 pé, con altas coroas de cinco radios. Viste o pirmeiro unha túnica marela, cinxida na cintura, o segundo roxiza, e o terceiro un saio que lle chegu ós xionllos. Predominan n-esta pintura as coores carmiñosas e marelas, o pardo e o gris escuro.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/92/925b/925b7f59-a6a4-4a93-9c1a-9cff24646907/115716133.xml
19
NOS
OS HOMES, OS FEITOS, AS VERBAS
DEPORTES
OS PARTIDOS INTERREXIONAES
De todol-os acordos tomados na derradeira Asambreia de Clubs de Foot-ball, foi sin dúbida o mais trascendental o da celebración de partidos ante os equipos das distintas rexiós Hespañolas—acetemos por unha vegada a terminoloxía políteca dos futbolistas—xogando un campionato do xeito do que cada ano se xoga antr os equipos vencedores das rexións.
Foi o citado acordo moi ledamente acollido pol-a afición, xa que asina, ademais de ter ocasión pra se destacaren os valores futbolísticos de cada rexión, pode chegarse a saber a cencin certa coma en xusticia, se debe integral-o equipo hespañol, hastra agora seleicionado a capricho pol-a iñorancia e o caciquismo que niste orde impera, coma nos outros da vida do Estado.
A data indicada pra xogal-as selciciós catalana e galega, precisouse pró pirmeiro de Xaneiro de 1923, preparándose o encontro de dous onces xurdios, que atraguerán de certo á Pelra dos Mares, miles de persoas coma no 14 de Maio pasado con ocasión da final Irún-Barcelona.
Non queremos, adoutando xestos d' arúspice, espallar cábalas nin profecías en col d’ iste asunto. Pro non é aventurado supor que si com
ramos, os téinicos seleicionadores saben, ascendendo por riba de noxentos partidismos, cumprir co seu deber, Galiza ha mostrar coma non somentes xurde no orde inteleítual un manifico renacemento.—GOAL.
ASOREY N-OURENSE
O noso gran escultor chegou a Ourense onde ven deixar unha das suas grandes obras: o sepulcro pra Sra. D.ª Dolores Santamarina.
Os redaitores do NOS mandaron un mensaxe á Comisión constituída na Habana pro moimento a Curros Enríquez, pedindo qu'a execución d' ise moimento lle sexa encarr 6 Asorey. N-Ourense, na Cruña, Ferrol, Lugo, Santiago, Pontevedra, Vigo e Madrid recolléronse as firmas de tódal-as persoas prestixosas de Galiza.
NOS publicará no seu número que ven unha fotografía da obra d' Asorey enriba mencionada, e mais un estudo en col do insine escultor galego.
ESPOSICION IMELDO CORRAL
O gran paisaxista ferrolán abriu o día 26 de Santos nos salóns do Liceo, unha Esposición de cadros qu'atraguen poderosamente a atención do púbrico. No número que ven daremos conta detallada d'ela. Imeldo Corral cada día asenta mais a sua sona e cada día son mais apreciadas e ademiradal-as suas obras.
LIBROS
A PAIXAO DO MAESTRO, POR PINA DE MORAIS.
«A vida grande é a íntima, a profunda, a obscura, que é dentro de nós como o relicario nas catedrais, como uma semente numa terra imensa e árida». É
«Nem na terra que se pisa todos os días, a gente repara a pobre terra, quanto mais na vida. Conhecemos duma e de outra apenas os mostradores, como as criangas os relógios».
Estas dúas parrafadas f escollitas antr' as 90 páxinas da noveliña—que figura as confidencias d'un vello mestre d' esgrima, italiano, que ten na sua vida a traxedia d'un amor e un duelo—abondan ben pr'indicar que é unha novela d' alción interior, na que a traxedia, alén do amor e do duelo, está na y-alma do maestro.
E o maestro, de fala pintoresca e cosmopolita por veces, vai espallando o seu estado d'alma n-unha riqueza torturada d' imaxens brilantes, fondas, inagardadas, ningunha banal, d' esas imaxens que son símbolos, que caraiterizan o estilo e o pensar do gran escritor que é Pina de Morais.
A Geralda, que lle sigue no volume, é mais un pequeno cadro rústico d'istes qu' agora se fan en Portugal, e que teñen un intrés, asegún nós, tanto pra hoxe coma pr o futuro. Xa temos razoado outra vez isto.
Sigue o Dialogo entre o Dotro e o Maráo, conversa filosófica antr' o rio que pasa e á serra que fica, conversa que s' ergue por veces d'un xeito verdadeiramente xurdio, cando di o Maráo: «a onda é água que quere ser asa é o tea mar que quere ser cóo, cangas-te de ser tam grande e viver tam balxo...» E logo: «delxaras-me no triunfo da minha solidáo, ainda náo contei todas as estrelas e ainda náo sei de cór todos os misterios».
O triste é unha hestoria da vida militar, bela e sentimental.
Polo derradeiro, A alma da fonte, é un conto fermosísimo, cheo d' emoción, de tenrura e de misterio, que verdadeiramente nos encanton.
VELHAS SENTENCAS, POR ALBERTO VIEIRA BRAGA.
São do povo tasas sentengas que en por mim quis estudar, evempondo delas cantigas pr a melhor poder rezar.
E logo vefien cen cuartetas, cada unha glosando un refrán antigo.
Hal dous xeitos difrentes de retorno ó popular na arte; o xeito descritivo (arte costumbrista) Lamas Carvaxal, Lamelro—e o xeito que consiste en faguel-as cousas com'o pobo o faría —Rosalia (nos Cantares), Leiras Pulpeiro, e, un pouco, cáxeque tódol-os poetas galegos, ainda os d'agora. Iste libriño corresponde ó segundo xeito. E estas cousas homildosas e sinxelas teñen pra nós unha importancia social verdadeiramente grande. Por iso, libros com'o do señor Vieira Braga son decote merecentes da nosa gabanza.
BAZAR, por FRANCISCO LUIS BERNARDEZ
Unha plaquette elegante ó xeito moderno, tirada en papel de fagaer paquetes e ilustrada por Barradas—sen dúbida todo elo alusivo ó título e ó contido do libriño, que fala de xoguetes —é o que nos oferce agora o autor de Orto.
Coma a modernidade ainda non levou ó Bernárdez—rapaz equilibrado d' abondo—a rifar co sentido común, conserva da poesía vella o que debe conservar, e por iso ainda fai décimas.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/92/925b/925b7f59-a6a4-4a93-9c1a-9cff24646907/115716129.xml
NÓS
carta de Estevão Fróis ó Rei de Portugal, etc. É grande também a riqueza cartográfica da obra, que traz o planisfério de Toscanelli, os mapas de Cantino e de Canerio, de Pedro Rainal, Benicassa, Pareto e outros muitos importantíssimos pra história dos descobrimentos, muitos d'iles reproduzidos a todo cor.
E ainda teríamos que falar da parte puramente tipográfica, em duas tintas, muito cuidada e perfeita.
A Introdução da obra é um erudito estudo profusa e solidamente documentado, encaminhado a provar que a chegada de Pedro Álvares Cabral ao Brasil, não foi devida à casualidade, senão intencional e deliberada, e ainda que esta ba nas instruções recebidas pelo ilustre navegante de parte do Rei de Portugal, obedecendo ao mesmo plano oficial e científico que guiou todas as descobertas portuguesas.
O autor passa em revista e vai desbotando, as diferentes especulações que se têm dado do casual e imprevisto do descobrimento: a da tração dos ventos, a da tração das correntes marinhas, a d'un erro no rumo, as que vai mostrando como são teoricamente impossíveis. Examina também a hipótese d'Oliveira Martins, que supôs que foi a curiosidade do mesmo Cabral que o levou a se desviar da derrota. O autor conclui que o desvio da derrota prova a intencionalidade do descobrimento, e o se desviar car' o W, prova a conhecimento anterior das terras austrais. São indícios d'ista conhecimento, as verbas da carta dos Reis Católicos a Colón em setembro de 1498; o próprio tratado de Tordesilhas, em 1494; as notícias de Duarte Pacheco Pereira, no Esmeraldo de situ orbis, que se referem a um suposto viaje seu em 1498, viagem que o autor reputa certo, com boas razões pra ele. Tudo isso prova que os portugueses sabiam que a W da sua derrota pras Índias, havia terras. Ora, estas terras sabiam iles que não eram as da Ásia, como pensava Colón, que foi o modo d'iles desbotar o projeto do genovês, senão uma terra diferente. Colón morreu pensando ter chegado à Ásia, porqu'il inspirou-se nas teorias de Toscanelli e outros sábios italianos, teorias já conhecidas em Portugal desde que o Infante D. Pedro, o que andivo as Sete Partidas do Mundo, trouxera em 1428 o livro de Marco Polo, do que vem o conceito cosmográfico toscanelliano. Os portugueses tinham feito já expedições no mar alto, às Açores, Canárias, etc. Nos mapas-mundos de Becario (1455), Andrea Bianco (1436), Pareto (1455), Fra Mauro (1457), Benincasa (1476) aparece a Antília e outras ilhas ó W dos Açores. Ora, Diogo Gomes de Sintra diz que o Infante D. Henrique "desejava-
do conhecer as regiões afastadas do oceano ocidental, se acaso havia ilhas ou terra firme além da descrição de Ptolomeu, enviou caravelas para procurar terras». O fito dos portugueses, o mesmo que o de Colón, foi de cote a Índia lendária, o país das especiarias, do ouro e das cousas maravilhosas. Mas a conhecimento que os portugueses tinham das terras ocidentais não foi sabido das gentes d' outros povos por causa da política de mistério aplicada pelos portugueses às suas navegações, pelo que então se temia a concorrência, e o desejo de sustentar o monopólio, como antes faziam as repúblicas italianas. De resto que anqu' agora apareça provado, não somente a conhecimento que tinham das terras ocidentais, senão o ter sido eles os primeiros que conceberam a América com' um continente, já que o mapa que no ano 1502 mandou fazer em Lisboa o embaixador Alberto Cantino pra lhe mandar ó Duque de Ferrara, é o primeiro onde aparece desenhado o novo continente, fazendo continuidade as terras da Groenlândia, Labrador e dos Bacalhaus, co-as terras austrais dos papagaios, onde aportara Cabral, a tal política de mistério foi a causante de que o novo continente leve o nome do florentino Américo Vespúcio— que viajou nos anos 1501 e 1503, em naos portuguesas, baixo as ordens d'um português a que il chama sem nomeá-lo, o nosso capitão mor, provavelmente Gonçalo Coelho—a proposta d'um escuro cosmógrafo alemão, Hacomylo (Martin Waldseemüller) que publicou uma Cosmographiae introductio em 1507.
No capítulo I, Julio Dantas faz uma xurdia evocação da brilhante e gloriosa Era Manuelina. Descreve a opulenta e suntuosa Lisboa quinhentista, dona da Índia, e do mar, sintetizada na da Rua Nova dos Mercadores e do Pazo opulento do Rei Afortunado, à riqueza imensa da vila, a sua babel de gente do mundo inteiro, o esplendor da corte, as embaixadas dos reis e dos papas que vinham a Lisboa e as embaixadas que como a de Tristan da Cunha que assombrou à Roma de León X, iam às cortes estrangeiras. Fainos ver o esplendor das artes na magnificência dos Jerónimos, e dos edifícios d' arte manuelino, com seus encaixes de pedra, na escola de pintura da época, que segue o vieiro aberto por Nuno Gonçalves: os Velascus, Gaspar Vaz e Vasco Fernandes da escola de Visen-Coimbra e os Jorge Afonso, Gregorio Lopes, Pero Vaz, da escola de Lisboa, e o grande Cristóvão Figueiredo; e os iluminadores como Antonio de Holanda, e os ourives... Fala da nobreza de Portugal das setenta e duas famílias cujos brasões mandou D. Manuel pintar na sala dos veados do seu palácio da Rivei-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/92/925b/925b7f59-a6a4-4a93-9c1a-9cff24646907/11571618.xml
4
Xoana e de Don Guindo, de laranxeiras, toronxiles, a froita de moda na Edade Media, nogueiras, cerdeiras e toda caste de froita de óso e de pepita. Elquí hay que traguer moita pranta do Canadá, dos Estados Unidos: wellingtonias, araucarias, as arbres coníferas dos iroqueses; e tamen do Xapón, arbres paradisiacos de folla, lucentes e globales froitos d'ouro. Mais por Dios non prantedes nin acacias de bola nin palmeras. A acacia, árbol municipal, ético, de presupostos ten en si unha cursilería que entristece. Os seus redondeles de sombra non poden agarimar un idilio fecundo. A palmera fai o efecto d'un pantalón de franela branca n'unha tarde de invernia desfeita. E si está n'un tleto pintado de verde, ten un noxento carácter tabernario.
Xa falamos algo da terra; agora hay que falar dos homes. Os homes xúntanse en aldeias, en vilas, en cibdades, e a diferenza entr' a aldea e a vila é un traballo sumamente difícil. A vila ten un aspecto urbano que non ten a aldea; tamén n-esta hai certa ordeación, mais en canto aparecen as aceras ou as famosas acacias de bola, xa temos a vila. A vila é unha habitación de señoritos e comerciantes. Asi com-as cibdades teñen na Galiza pouca variedade, a gama das vilas: antigas, montañesas, de augas, de comercio, de señorío, as naturalmente formadas, as feitas pol-os caciques, as que viven do refrexo da cibdade, as que se formaron por conxugación de outras, com' os microrganismos, as que frorecen coma froita de ruiñas sobr'o solar d'unha cibdade morta, as que teñen mercado cuberto, as que teñen tren que para alí, as que soilo ven pasal-o expreso e disfrutan nada mais do misto e do mercancías a horas sempre absurdas que non permiten o paseo pol-o andén, as que postas na veira mar parecen non enteirarse do tráfico mariño, as que teñen forzas vivas con muelles novos, etc.; a variedade é infinita e faría falla un longo estudo fundado n'unha aproveitada experiencia. N-istes derradeiros anos vai nascendo unha forma que poidéramos chamar itineraria, por que as casas novas prolónganse ó correr da carreira, sen mais centro qu'a taberna ou a tenda. D'unha maneira provisional deixaremos estabrecido qu' as verdadeiras vilas teñen algo dominador diferente da torre parroquial: o concello, qu' ás veces cen unha torre ou beffroi que dá á agrupación unha importancia inmensa.
Vou faguer eiquí somentes o estudo grosso modo d' unha aldea da miña terra, non digo da miña provincia por qu' isto das provincias aínda que s'atope moi arraigado, debe desaparecer por que non ten fondamento ningún. Non vou falar de Galiza enteira si non d'unha molécula.
NOS
d'ela. No meu depacho da aldea teño o vello e glorioso mapa de Galiza por Fontán, catedrático de Matemáticas Súbrimes na Universidade de Compostela alá pol-os anos de corenta e tantos. Imos escoller un anaco moi pequeno d'ise mapa sinalado por un punto co nome do lugar da Eirexa, e divagar un pouco sobr'a maneira de ser da terra e dos homes d'alí, sen pretensión científica ningunha, sin intento de sistematización.
Xa está demostrado por todol-os modernos escritores galegos—Rodrigo Sanz, Vilar Ponte, Risco, etc.—que a unidade vital galega é a parroquia. Esta de que falo está n'un país de transición entre montaña e ribeira. É o que chamamos unha boca-ribeira, con amplos horizontes cinguidos pol-o cerco lonxano d'altas montañas, con costas que baixan car'a ribeira do Miño. Mistúranse terras de pan con terras de viño, toxales e piñeiras no alto, con carballeiras e salgueiros nos regatos; n-estes baixos a viña rube lentamente conquerindo os terreos abrigados do Norte e da xiada, inda no alto. O chan en xeral é malo e delgado, o arado canta ó topar co-a roca suyacente na maioría das terras, que son herdades de centeo e de millo; as nabeiras poucas e cada paso mais disputadas polos herdeiros n-as partixas. O gran inimigo é a seca; non hai augas correntes tod'o ano. Si non chove, pérdense cas-que todas as colleitas de millo, patacas, centeo, algún liño e pouca herba seca. A rega do millo faise grazas ás pozas, sacando en xeral a auga por medio dos bímbastros, o que dá un dos traballos mais penosos baixo a raxeira canicular, ou na mañá moi cedo. N-esas horas, o xemer do artiluxio da poza parece un berro de door do labrego ant'a perda inevitábel da colleita. Outra gran preocupación é a mantenza do gando; as herbas son poucas, non hay apenas montes comunás e os qu'hay son secos e pedreños. A angustia dos días secos do verán auméntase co enorme traballo de moer a fariña: hay que buscar muíños en ríos lonxes, cando non moen as aceas dos regatos próximos. Entón, rapaces e homes fan longos viaxes por costas ásperas co fardel ó lombo. A poboación está axuntada en sete ou nove lugares de corenta, de quince, algún soilo de dous veciños. Tamén hay lugares arruinados, postos en quebradas ond'as cepas secaron, as fillas casadas buscaron lugares mais alegres e abertos, onde fan trouladas e fiadeiras, preto da eirexa e das romaxes, da tenda, á veira dos camiños pasaxeiros. As ruínas en xeral teñen a melancolía da relatividade das cousas humanas. As ruínas d'edificios artísticos, se eles foron edificados c'un
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157161&posicion=26