https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/85/8595/85954684-ac2f-46c4-9fda-ef95e8cad5ed/11572336.xml
Aquel pobo que imbécil e brando non honra aos maiores, ese pobo, en verdade, perece e corre a vil morte; mais aquele que en magníficos marbres profunda os seus nomes, ese pobo, ese pobo renace, resurge, non morre.
As proezas dos padres ilustres emulen os fillos e se foren a oprobio obrigados de injusto enemigo, nese marbre subrime acenando.
seus grandes, seus inclitos: «—Léde, digan, se ler tales nomes vos fóredes dignos».
Non do galo belígero as hostes, os raudos cabalos; non do gran Mississipi insidioso o torpe aligátor; non o ferro homicida, non fogo, non duro traballo, poderán quebrantar os robustos galegos ousados!
1896.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157233&posicion=1
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/85/8595/85954684-ac2f-46c4-9fda-ef95e8cad5ed/115723310.xml
NÓS
Todo o contido da estrofa LIV do C. III é tida por *ingeniosa*, e a XIV do VI, no verso que dí, referíndose a Lyeo na visita a Neptuno que as ninfas se maravillan
Entre no reino da agua o rei do vinho
parécelle *vulgar* e pouco nobre
A est. LXX do C. VII é *fermosa*, como é *fermosa* metáfora aquela de
Os cornos ajuntou da ebúrnea lúa.
(C. IX, XLVII)
Cando a nimpha do C. X fala da morte de
...aquela fatal necessidade
(LIV)
fai escramar a Pondal: ¡bravo!
Anota que Camoens repete os primeiros versos das estrofas LXI (C. I) e LXXVII (C. II) i-enfin, anota como erros de Camoens os das estrofas XXXIII e LX, do Canto II; IV do Canto V, a cuio márxe pón: *esto es falso. La América estaba ya descubierta*; a da est. LXXXVI do C. VI; da II do C. IX onde anota: *Errata. No es pequeña distancia.*
Ao final escrebe: *Os Lusiadas (A Camoes). Jamque opus exegi, quod nec lovis ira - Nec ignis, nec ferrum destruere poterent - Nec edax abollere vetustas* (10)
Para que poda ollarse mais doadamente o paralelismo entre o poema de Camoens, seguido pra modelo do de Pondal pomos ao par algunhas estrofas de un e outro, escollendo de «Os Eoas» tan só unha das variantes e variadas versións que de cada estrofa existen, asegún a constante inquietude do Bardo.
**CAMOENS**
As armas, e os Barões assinalados,
que da occidental praia Lusitana
por mares nunca de antes navegados
passaran ainda alem da Taprobana;
em perigos e guerras esforçados,
mais do que prometia a força humana;
e entre gente remota edificaram
novo reino que tanto sublimaram:
e tambem as memorias gloriosas
de aqueles Reis, que foram dilatando
a Fé, o imperio; e es terras viciosas
de Africa e de Asia andaram devastando:
e aqueles que por obras valerosas
se vao da lei da morte libertando;
**PONDAL**
Di, oh Musa, dos peitos esforzados
que por fé muito mais que ferro fortes,
navegaran os mares alongados
librándose da lei de escuras mortes:
como en ligeiros leños espalmados,
vagos compriran as celestes sortes;
como na longa via, ousadamente,
emularan do Sol o curso ingente.
Dos belicosos peitos tan temidos
por quen Agar ainda está confusa;
que de fulgente ferro gornecidos,
temeran tanto os campos de Ampelusa:
e o Luco dos cornos ben cumpridos
da sofrida derrota non se escusa;
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/85/8595/85954684-ac2f-46c4-9fda-ef95e8cad5ed/115723314.xml
32
bro 4.º da sua Xeografía, falando das Galias, dinos: «pros de toutois Petrokorionis Nitiobriges kai Kadourkoi kai Bitouriges oi Kouboi kaloumenoi».
«CORME».—«Cormes», antigamente «Cor- ma» en Franza, aldeia do departamento de Sarthe, arrondis. Mamers, cantón La Ferté Bernard.
«DOMBATE».—En antigo irlandés «duma», «dumjos»=«a cima», «o cume». En me- dio irlandés «duma» = «coto». En inglés «dam» = «dique».
«DUBRA».—En galo plural de «dubrom» = «auga». Da mesma raiz «Douvres», «Do- ver», en Inglaterra e Franza.
«DORMEA».—En antigo irlandés «dorus» = «porta». En cornuallés «daras». En alemán «Thür». En inglés «door». Da mesma raiz «Dordofa» en Franza, «Dorchester» en In- glaterra.
«DUMBRIA».—Vid. «Dombate» e «Bergantiños».
«NEMEÑO», «NEMIÑA».—Da raiz indo- xermánica «nem» = «curva», ou «nem» = «to- mar». En galo «nemeto», en irlandés «nemed» = «santuario». Da mesma raiz é «ne mos» en grego e «nemus» en latín = «prado».
«NIÑÓNS».—En Portugal «Nine», en Franza «Ninón»; no concello de Brión, (Cru- ñal), parroquia de Luaña, hai o lugar de Ni- ñans.
BUÑO.—En galo «buña» = Tronco de ar- bre e «bola». En italiano «bugna» = «cesta de palla; en corso «buñek» = «colmeias». En lombardo «buña», en sud francés «bu- ño» = «bola».
CORISTANCO.—Da raiz indoxermánica «kor» = «guerra», «exército». Así en grego «korianos» = «rey», «xeneral»; en gótico «har- jis», en lituano «karias» = «exército», en me- dio irlandés «cuire» = «moitedume», en galo «tri» = «petru» + «corii» = «tres, catro exércitos». «Corison» nome de varón en Nimega, «Cleve e Bonn, «Corissons», nome de varón en Xanten.
E «Tanco» nome de varón. En Nimes, en unha inscrición «Tito Tancio Titullo fratri T. Tancius».
NOMES LATINOS
«CAMELLE».—Xenitivo romanceado de «Camillus», que a sua vés relazóase co etrus- co «Camillus» = «Mercurio», ministro princi- pal dos deuses.
«MARZOA».—Antigamente «Martiola». Ven de «Martius», que a sua vés ven de «Mars», divinidade itálica que en osco ten o nome «Mamers».
«ZAS».—Debéu de ser denantes «Sas», como «zugar» foi «sugar» e «zoco» «soco». En castelán e en italiano «salas» «salle» respectivamente. Do latín dos textos merovinxios «sala» de orixe ao fin xermánico; no antigo outo alemán «Sal» = «casa». Así no partido de Arzúa hai «Zás do Rei», i en va- rias rexións de Galiza «S:.s» e «Saa», i o no en Castela «Salas de los Infants», etc.
NOMES XERMÁNICOS
«BALTAR».—Do gótico «Balts» = «ousa- do» e de «harjis» = «exército». Está en xenitivo.
«BERTOA».—Nome feminino formado sobre «Bertón», cicáis como coida Piel no fascículo 3 do tomo 2.º do «Boletín de Filo- xía. Lisboa 1933-34, e apoiado na Antro- ponimia de Leite de Vasconcellos, idéntico a «Beltrán». Da raiz «bairhts» = «craro», «ilustre». En címrico «berth» é «nítido», «fer- moso», polo cal fica a dúbeda, se ao fin a or- xe é céltica.
«BRANDOMIL».—De «branths» = «espa- dac» e «méreis» = «ilustre», «sonado». Está en xenitivo.
«BRANTOA».—Nome feminino. Poidera vir de «branths», mais debido ao seu sufixo feminino que indica unha relativa moderni dade, se é xermánico, sexa mais xusto osmar con Piel, no número do Boletín citado anteriormente, que corresponde có nome ir- landés «Brandan».
«FREXILDE».—De «fritus» = «pas» e de «gild» = «imposto».
«GOMARIS».—De «guma» = «varón» e «reiks» = «dominador».
«RECEMEL».—En Lugo e Pontevedra «Recimil». Según Sachs en «Die germa.ischen Ortsnamen in Spanien und Portugal», pax. 83,
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/85/8595/85954684-ac2f-46c4-9fda-ef95e8cad5ed/11572337.xml
CAMOENS E PONDAL
Por F. BOUZA-BREY
A investigación das influenzas na obra pondaliana detívose en Macpherson como si dos poemas gaélicos tomase outra cousa o poeta de Bergantiños que o ar prerromántico de señardá e apartamento, o amor á vida rústica e á salvaxe natureza, certa vaguedade mitolóxica céltica con algunha antroponimia sónora de guerreiro ou bardo, e a reverencia pol-os gloriosos feitos da esquecida historia da Patria en trance de morte.
Mais temos demostrado que Pondal estudou os poemas ossiánicos na traduzón francesa de Chistian de 1867 (1) no noso estudo encol da formación literaria do Poeta (2), pois esto aparez acreditado non somente pol-a presenza do exemprar único que de eles figuraba na Bibrioteca do Bardo (3), senón tamén pol-a laboura poética anterior, dos anos de xuventude, que coñecemos como tal vez ninguén actualmente por circunstancias especiais que diremos n-outra parte; laboura en que a mostra máis representativa e popular é «A Campana de Anllóns», aparecida por vez primeira no «Album de la Caridad», en 1861, na que nada fai sospeitar aquela lectura aínda.
Agora faise preciso saber que formación literaria tiña o mozo do banquete político de Conxo de 1856, o dos días gloriosos de estudante en Compostela, de 1847 a 1860, denantes de coñecer a Ossián.
«Virxilio e o Tasso eran seus deuses» dinos Murguía (4); e nós sabemos, seguindo os inquéritos na bibrioteca do Poeta que Milton, o Dante, Tucidides, Plutarco, Shakespeare, Heine, Monti e Leopardi eran, case con seguranza, estudados n-esa época pol-o bardo bergantiñán. O infruxo do Tasso xa foi notado pol-a Condesa de Pardo Bazán no seu comentario do libro «Queixumes dos pinos» (5) i-en verdade que foi o poeta máis garimosamente buscado por Pondal aínda na parte biográfica. Mais tarde foron Homero, Byron, Boileau, como único preceptista; os escritores portugueses con Teófilo Braga ao frente, Brizeux e moitos máis. Os estudos básicos de latín e grego que na sua nenez e xuventude fixera abríronile as portas dos clásicos doadamente.
¡E Camoens! Penso que o de Luis de Camoens é un dos máis acusados infruxos na obra pondaliana por intermedio de «Os Lusiadas».
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/85/8595/85954684-ac2f-46c4-9fda-ef95e8cad5ed/115723324.xml
MERQUE VOSTEDE Plumeiros RAFIUM
De máis dura qu'os de pluma e limpan millor.
Véndense en todos os establecementos do ramo.
ANDRÉS PERILLE --- OURENSE
Sanatorio Quirúrxico de San Lorenzo
Santiago de Galicia
Dos Profesores
D. Fernando Alsina e D. Antonio M. de la Riva
CIRUXANO XINECÓLOGO
FOTOGRABADO
Si quer qu-os seus fotograbados sexan o mais perfecto posibles, convénlle envialos aos
Talleres de fotograbado ESPASA-CALPE S. A.
Ríos Rosas, 24-Apartado, 547 MADRID
A sua biblioteca non será unha biblioteca galega, mentras non adequira as obras editadas por
NÓS PUBRICACIÓNS GALEGAS E IMPRENTA SANTIAGO
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/85/8595/85954684-ac2f-46c4-9fda-ef95e8cad5ed/115723313.xml
Etimoloxías dalgúns nomes xeográficos de QUEIXUMES DOS PINOS
Por PAULINO PEDRET CASADO.
Galiza ten nos diplomas medievais unha fonte histórica abondosísima que ainda non se explotou o debido nin cualitativa nin cuantitativamente. Moitos deles proceden de mosteiros, en que foi tan rico o noso país, até tal punto que así como nas historias dos pobos que foron estados sobráns seguise o orde dos seus xefes pra coordinar os feitos, en Galiza, cuia vida orixinal mais ten sido na actuación individual e social dos seus fillos que na sua siñificación política, deberíamos cultivar a historia das relazóns sociás dos seus grandes mosteiros pra acadar unha interpretazón outamente fecunda e comprensiva da vida pasada do noso país. Mais non estiveron igualmente repartidos os cenobios no noso chan. Así a comarca ao Noroeste de Santiago que compón hoxe os partidos xudiciás de Carballo, Corcubión e Ordes, contou sempre con moi poucos. Dos que chegaron a recibir a régoa de San Bieito, só é coñecido Moraime.
A seguir estudiamos brevemente algúns deles.
NOMES CÉLTICOS
«ALLÓNS».—En galo «allos»=
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/85/8595/85954684-ac2f-46c4-9fda-ef95e8cad5ed/115723320.xml
38
conferencia o direitor de NÓS, D. Vicente Risco.
**Imprensa**
Adicaron números á celebración do Centenario, con intresantes traballos, os xornais seguintes:
*La Voz de Galicia* e *El Ideal Gallego*, da Coruña; *El Eco de Santiago*, de Compostela; *El Pueblo Gallego*, de Vigo; *Heraldo de Galicia* e *La Región*, de Ourense.
**Papel de color**
O poeta Álvaro Cunqueiro repartiu por toda Galiza un número extraordinario da súa publicación *Papel de color*, adicado a Pondal.
**Portugal**
A revista *Seara Nova* promoveu un concerto de Cantares galegos, organizado pola Sra. D.ª Emma Romero Santos Fonseca de Cámara Reys, e celebrado no salón dos Bombeiros Voluntarios Lisbonenses, e adicou ao Centenario un número con colaboración galega, que reseñamos aparte.
É unha delicadísima atención que temos que agradecer fundamentalmente aos redactores de *Seara Nova*, e especialmente ao ilustre Profesor Rodrigues Lapa.
**POLAS REVISTAS ADIANTE**
A revista *Galicia en Madrid*, órgano de *Lar Gallego*, no seu número de xaneiro 1935, encomenza a publicación dun *Diccionario castellano-gallego*, debido a D. Vicente Llopiz Méndez, que contén: «todas las equivalencias de uso corriente en Galicia, Valle del Navia, El Bierzo y Sanabria, palabras del gallego antiguo tomadas de documentos históricos y formas castellanizadas que se emplean en el lenguaje popular».
Craréstase que a lingua de Sanabria (estudada polo Prof. Krüger, de Hamburgo) é un dialecto que máis ben que ao galego, pertence ao leonés occidental, e aínda o berciano en conjunto, non é craro se é propiamente leonés ou galego. Se o A. ten man de sinalar en cada caso a procedencia comprobada das verbas do seu *Diccionario*, iste pode ser un instrumento inapreciábel. N-ou tro caso, perdería a maor parte do seu valor. Coidamos, a julgar pola táboa d'abreviaturas, na que figuran algunhas pra formas asturianas, bercianas e castelanizadas (por certo que falla pra as sanabresas) o A. presentaranos a procedencia dos vocábulos aportados.
**NOS**
*Seara Nova*, de Lisboa, adica o número 425, de 7 de Febreiro, ao Centenario de Pondal.
Encabezando un conxunto d'escritos de Castelao, Vicente Risco, Álvaro das Casas, F. Bouza Brey, A. Villar Ponte e R. Otero Pedrayo, tratando diversos asuntos en col das preocupacións principais da renacencia galega o ilustre Prof. Rodrigues Lapa fai unha evocación de Pondal, da que, coma indicantes do seu senso, reproducimos os seguintes anacos:
* «Todos os problemas que afligen a Galiza actual —e tantos e tántos antigos son— pode dizerse que teñen un eco e até un alvitro de solución no recheio artístico dos *Queixumes dos Pinos*. Eses problemas poden reducirse a un só—o poeta adiviñou-o admirablemente: aliar á capacidade de sentir, a pretensión inabalábel de querer; cultivar a esencia primordial no que ela ten de viril, de magníficamente criador; contemplar o pasado máis co fito nas energías da vida; preferir a quietude apagada da materia a soberba intranquilidade do espírito».
* «Pondal sentiu e exprimiu con sobriedade amazísima a grande chaga da Galiza dos nosos días: a vergonha de ser ela mesma, a falta de confianza en si, o abandonar-se a todas as dominacións».
* «... Eduardo Pondal foi o primeiro escritor galego que sentiu esa necesidade instintiva (a aproximación a Portugal) e as correspondencias afectivas que ligan os dous povos irmáns».
* «... Mas o poeta de Bergantiños vai máis longe: deseja que a Galiza interveña aínda na conquista das liberdades portuguesas. Tal o intuíto da poesía *A voluntade homérica*, cuyo sentido político está aínda por esclarecer; xulgamos ver nela unha referencia aos ideais democráticos e libertadores da 1.ª República española».
* «... A poesía de Pondal é pois todo un programa de regeneración espiritual e unha cartilha de liberdade cívica. Ensina aos galegos portugueses unha cousa preciosa en que moito convén meditar: o perigo de certo lirismo deliquescente e fácil, isca habitual de todas as suxeicións, e urgente necesidade de o contrabater, sen o aniquilar, por disciplinas máis austeras».
**REFRANEIRO GALEGO**, ed. por A. das C. Santiago, NÓS.
Publica iste refraneiro *Ultreya*, cunha intención de vulgarización e propaganda da
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/85/8595/85954684-ac2f-46c4-9fda-ef95e8cad5ed/11572333.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
Ano XVII ★ Ourense 15 de Febreiro de 1935 ★ Núm. 134
Eduardo Pondal, o vello Bardo de Bergantiños, deixou sobre a literatura galega, volta a nacer no seu tempo, un prestígio de revelación milenaria.
Preferimolo porque a sua voz —todo poeta auténtico chega a ser unha voz impessoal como a dos profetas— ven d'un tempo que il mesmo, Eduardo Pondal Abente, nado en Ponteceso en 1835, estudante, médico, etc., etc., non podia lembrar, mais que lembraba o seu sangue, onde era vida e quentura a i-alma segreda de Galiza.
Preferimolo porque deixou falar a voz misteriosa que fala n-il, porque recibeu as Palabras de onte, cando as verbas vestiron os primeiros asombros da raza.
Porque sabia moito mais do que coidaba saber, e porque, non sabendo do presente, soupo do senso inmorrente do pasado e do que habia vir despois de pasarmos nós.
Pondal foi o que un poeta ten que ser cando non é poeta pra si mesmo.
Foi poeta pra Galiza, perténcenos a todos, e nós somos os seus.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/85/8595/85954684-ac2f-46c4-9fda-ef95e8cad5ed/115723312.xml
30 NOS
na lús non está naquelas antigas octavas reás, cansas e poeirentas, alonxadas dos actuales gostos, pacientemente recortadas en onde o xenio non podía voar ceibe baixo ceos de chumbo co lastre mitolóxico da preceptiva crasica.
NOTAS
(1) Osetan barde du III siecle. Poemes gaulques recueillis par James Mac-Pherson, "Traduction revue sur la dernière édition anglaise et précédée de recherches critiques sur Ossian et les caledoolens par P. Christian. Paris, L. Hechette et cie. 1867.
(2) F. Bousa-Brey: "A formación literaria de Elmaro Pondal e a necesidade de unha revisión dos seus "Queixumes" publicada en A Nasa Terra, nos. 203, 209, 210 e 211. A Coruña, 1925.
(3) A biblioteca de Pondal foi estudada por nós formando parte da que é da Sociedade Económica de Amigos do País de Compostela, a onde pasou dempois da morte do poeta en 1917.
(4) Murguía: "Los Precursores". A Coruña, 1886.
(5) Pardo Bazán: "De mi tierra". pax. 87.
(6) Compre facer adevertenza de que as abstraccións caracteristicas de Pondal do xelto de "ramorosos" pra designar aos pinos, non aparecen na obra do poeta hastra dempois de saír a luz os "Queixumes". Mais tarde ten de chamar á rosa a "esplendorosa", as anduriñas, as "vagamundas" e demaís.
(7) Algúhas estrofas soltas foron dadas á publicidade en algúns números do Bol. da Academia Galega e polo autor de estas notas no sen mentado traballo.
(8) Murguía, "Esarrdo Pondal e a súa obra", traballo póstumo publicado no Bol. da Acad. gall., núm. 248 e 249, 1933.
(9) Perteceron un curiosos papás á familia do poeta quen por mediación do ilustre Prof. membro do Seminario de Est. Galegos D. Isidro Parga Pondal os dous a iste centro.
(10) Os versos lulmos que Pundal pon no fin de Os Lusiadas pertécen a Ovidio e constituíen o remate das "Metamorfosis", de iste gelto:
Iamque opus exegi, quod nec Iovis ira nec ignis nec poterit ferrum, nec edax abouere uefustas, cum volet, illa dies, quae nil nisi corporis huins ins habet, incerti spatium mihi finiat arvi: parte tamem meliore mei super alta percunis astra ferar, non omnis moriar multaque pars mei uitabit indelibilem nostram. Quaque patet domitis Romana potentia terris, ore legar populi, perque omnia saecula fama, si quid habent uersi uatum praesagia uustum.
Cito pol-a edición de A. Riese; Leipzig, 1911. Tauchnitz. Outros poetas teñen conceptos semellantes como Horacio cando canta "monumentum aere perennius".
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/85/8595/85954684-ac2f-46c4-9fda-ef95e8cad5ed/11572338.xml
Hai, dende logo, en Pondal, unha profunda tendenza espritoal de índole épica. O seu libro «Queixumes» (ainda que soltos, con vida propia os poemas que o forman) está composto soldándoo o Poeta nun todo por medio dos poemas inicial e final; e os versos rudos e fortes que escoita na noite aluarada fungar cando vai
pol-o baixo cantando o bó bergantiñán
son a epopeya da nazón galega, sometida, a reverdecer os lourciros dos antigos herois, a soerguer a lingua nativa, a aproximar o seu corazón á nobre Lusitaria, a xuntar nunha común e gloriosa empresa os fatos de emigrados galegos das Américas...; todo está alí, en fin, e o Bardo sinte a unidade temática do canto dos «rumorosos» (6) dentro da variedade do acento de cada composición:
os vosos agudos, de un poema as ardentes estrofas
arpados arumes, parece que zumben,
dí ao derradeiro.
Ista tendenza á epopeia e ista unidade esprica en certo modo non só-
mentes a carencia de índices no libro sinón tamén de tíduos nos poemas.
Onde tivo mellor espresión a inclinación do ánimo pondaliano foi na franca concepción do poema «Os Eoas» no inédito ata o presente (7). A idea de escribilo é antiga, dos primeiros tempos do Pondal poeta, asegún conta Murgía (8) e asegún tamén se trasluz dos papés deixados pol-o Poeta.
Iste poema, contra do que se pensa, foi dado á imprenta pol-o mesmo autor e se conservan impresas máis de cincuerta estrofas, con unha pequena introdución espricando aos lectores o tíduo. Eoas, da voz grega eos, val tanto como fillos do Sol ou da Aurora como chamaban os indíxenas americanos aos descubridores; mais o poeta emprega a verba tamén como escrarecedores, levadores de lús. Tamén se conserva impresa a portada de adentro co nome do poema, que, ao igoal que as indicadas estrofas, temos á vista cando elaboramos istas notas (9). Supomos que a imprensa onde se imprentaron é a mesma onde se editou a B.brioteca galega dirixida pol-o ilustre Martinez Salazar, amigo de Pondal, e seu editor de «Queixumes», por coanto que a letra empregada nas estrofas é do mesmo tipo que a da Bibrioteca galega que aquel distinto investigador dirixíu, pro máis pequena, isto é, a da fé de erratas xustamente. O prólogo está en letriña máis miuda atal como a empregada en outras pubricacións do mesmo establecemento tipográfico.
Pondal no seu afán de refacer as emprentadas estrofas non deu toda a obra á imprenta e por iso ficou desconecida.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/85/8595/85954684-ac2f-46c4-9fda-ef95e8cad5ed/115723317.xml
NÓS
Gundar: a estatua armoñosa traballada en neboeira.
Laxe: a nau encorada no enxoito areal.
San Simón: badeladas na luzada chamando ao resío dos romeiros.
Langüelle: ollar de pastor bravo avergoñado, il tan rexo e destemido, do sorrir da mociña valeca.
Croa: Prehistoria.
Nemía: as musas latinas bébedas de sal atlántica.
Muxía: roseiras no duro valado de pedra.
Vilarmide: un verdecer pr'o roldar dos elfos.
Morpeguite: a frase endiañada d'aquila moza enfariñada que cosía o pan con frouma tenra.
Touriñán: Adamastor privado de mitoloxía.
Recesinde: ecoar d'un salouco prisoeiro no roquedo, pra sempre.
Frexilde: follosidade vranceira de soma tentadoira.
Bribes: apenas un falar mariñán.
Barcala: sol nos verdes: sorpresa da Primadeira.
Cairbar: outo berro do clán.
Ougal: froulear cun N. W. orgazos peiteados.
Brumar: desceu a neboa, quentar as mans no lume dos nómadas.
Nariga: fito e adeus.
Belouside: o rego pulindo doas de croios.
Arca de Augas: roldaron as Fadas tod'a noite. Aída trema o orballo do seu roldar.
Morás: no fogar do poente quéntanse azas mouras de nubens.
Arca de Piose: non é bo achegarse a ela. Soio ao Bardo lle non fan mal.
Brandomil: a sonata romántica.
Eiriz: penedias, atruxos, noite de luceiros pardas.
Rioboo: fartura do rexo comedor de porco.
Ousinde: danzalidade das mociñas rendeantes, pallas de trigal.
Dormeá: Filosofan os castañeiros, i-o cazador chouta nas mozas.
Maroñas: a fada casta, a virxen con valentía de viuda sen mais xente que a terra.
Basoutas: tecen as escumas os lenzos pr'arroupar aos nenos, pr'a empanar aos mortos.
Ures: o arco tendido do hourizonte vai ceibar a frecha d'Orión.
Nemenzo: poema étnico.
Támara: no recanto do val os fumes direitos como pinos.
Baltar: loira, branca, verdes allos.
Armear: soar dos longos carretos do outono.
Barrañán: abrente cun mar de pé.
Mórdomo: a sesta faguendo na herba sartegos de corpos.
Portomeiro: dozura da casa amiga, gasalleira.
Angeriz: a lanza germana chantada no torrón.
Osmo: sal na faciana e na man.
Monte Branco: anguria do vixía, ollos abertos, dooridos, pra sempre.
Allóns: decorrer, saudade da morte.
Barreira: nas espiñas ficou o manto esgazado.
Teila: longo canto étnico.
Muiás: bronco acento, feitizo, da mociña ao desabrochar.
Rentar: a cazadora, arco de luar, frechas de vento, cans de froulas, fitando o rebaño fuxitivo das estrelas.
MITTELEUROPA
(Proseguimento de Da Alemaña)
por Vicente Risco
II VIENA
Chegueime pois ao cai, e estiven vendo pasar un vapor de rodas que turraba por unha barcaza. Andiven de ponte a ponte, de Schweden Brücke a Aspern Brücke. Era esa hora fermosa do vran en qu'o sol cai d'esguello, un pouco fresca já. A millor hora pra vivir e sintirse vivir, com'en París, na Cité. Pasei co esta sensación e sen niugún pensa.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/85/8595/85954684-ac2f-46c4-9fda-ef95e8cad5ed/11572335.xml
NOS
Meniñas da Cruña
de amabre despexo,
de falas graciosas
e pasos lijeiros,
deixá de Castilla
os duros acentos:
falade, meniñas,
falade galego.
non sei o que peno:
falade, meniñas,
falade galego.
Mais cando falades
dos patrios momentos
envoltos no voso
angélico acento,
parece que escuito
un canto do ceo:
falade, meniñas,
falade galego.
Cando é que vos ouzo,
a patria esquencendo,
falar esas duras
palabras de ferro,
non sei o que sufro.
1898.
Denodados e fortes
foran nosos abóos;
e barudos e intrépidos
e de nobre tenzón:
luitaran e de escravos nos fixeran
libres e libres-nosos eidos bóos.
Cando os tempos comparo
e vexo o imbele e mol
costume e os modos brandos
da branda gérazón
nosa, con amargura
pra min decindo vou:
Certo os homes de agora non son homes
e ainda menos que mulleres son.
1908.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/85/8595/85954684-ac2f-46c4-9fda-ef95e8cad5ed/11572334.xml
POEMAS DE PONDAL
ALIRADETIRTEO
Quen tivera ditoso
Un tan sublime acento
Que do seu fondo sono
Despertara os galegos!
Oh!, quen cumprir pudera
Tan xeneroso intento
Desenterrando a lira,
A lira de Tirteo!
Certo non lle puxera
Doces e brandos nervos,
Mas dobres lle cinguira
Unhas cordas de ferro...
Oh!, cal soara baixo
Dos meus febrentes dedos
a lira sonorosa,
A lira de Tirteo?
Oh!, como despertaran
Os mais sublimes ecos,
Ecos de liberdade
Dos parias e dos servos!
Cal do seu fondo sono
Despertara os galegos
A lira estrepitosa,
A lira de Tirteo!
Indo polo camiño
da Coruña a Santiago
deixamos pola esquerda
Santa Cruz de Montaos.
Terra das longas gándaras,
dos eidos alongados:
¡oh canto a min me prace
a gándra atravesando,
ver na sua pranura
Santa Cruz de Montaos!
¡Terra das altas uces,
terra dos toxos altos,
terra das vagas brétemas,
terra do bó fidalgo,
do Señor de Mesía (1)
nos tempos xa pasados
que levara seu nome
armonioso e preclaro.
¡Oh, canto a min me prace
a gándra atravesando,
ver na sua pranura
Santa Cruz de Montaos!
1909.
(1) Diego López de Montaoz, Señor de Mexía.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/85/8595/85954684-ac2f-46c4-9fda-ef95e8cad5ed/115723322.xml
BROTÉRIA, Lisboa, Janeiro 1935.
**Sumário:** R. da Silva, *O Marqués de Pombal, irreligioso ou católico?*. Mariano Pinho, Corporativismo. Domingos Mauricio, *Portugal na literatura inglesa do século XV*. J. da Costa Lima, *Beleza litúrgica*. Luís Gonzaga de Azevedo, *Relações de Afonso III com o clero*. Condessa de Rilvas, *Assistência técnica*. Armando de Mattos, *As armas dos Pears na brasãoaria de Portugal*. Luiz Chaves, *Etnografia Portuguesa*. Domingos Mauricio, *Elementos de História de Portugal* de Alfredo Pimenta. *Revista de Revistas*. Bibliografia. Obras recebidas.
**O INSTITUTO**, Coimbra
Vol. 87 - 4.ª série - Vol. 16 - N.º 5
**Sumário:** *Toponimia Coimbrã*, J. Leite de Vasconcellos. *Oxford - História*, Miguel d'Almeida Pile. *Quaternions e imaginários*. Carlos Eugenio Alvarez Pereira. *A nacionalidade portuguesa e o nome de Cristobal Colón*. Carlos Roma Machado. *Amieiro - Do antigo priorado do Crato*. Tude Martins Sousa e Francisco Vieira Rasquilha. *Uma expedição catalana ao norte de California*, Alfredo Gummá y Marti.
**REVISTA DE CULTURA**, Rio de Janeiro, Novembro e Dezembro 1934.
**Sumário:** *Visita de quatro Cardeais*, Dom Duarte L. e Silva. *Microcosmo*, Carlos de Laet. *O bispo de Olinda perante a história*, Antonio Manuel dos Reis. *Conto do Natal*, Dr. Agostinho de Campos. *Sintaxe brasileira*, Dr. E. Vilhena de Moraes. *Questão ortográfica*, Dr. Sousa da Silveira. *Nótulas: Palabras*, Dr. Agostinho de Campos. *Bibliografia*.
**AN OALED**, Carhaix
1.º trimestre 1935.
**Sommaire:** *Va beaj Sant Woaseg ha Kemperlé*, gant Loeiz Ar Floc'h. *Hekleo ens foar Vilkuel Brest*, gant Iann Ar Gall. *Hag unkouant a pens graet?*, gant an Dr. Stephan. *El er Huder*, gant Efflam Koet Skau. *Enquête sur les petites Nations: les self-Gouvernements*. *Un Chouan: De Sol de Gri solles*, par Lionel Radiquet. *Kuden hon Adsao-ni: lettres de Celtes Etrangers*. *Histoire de la langue bretonne*, par Yves Levot-Becot. *Journal d'un marchand de vins du 17 e siècle*, par Jaffrennou. *Echos bretons*. *Le film «Chanson d'Amor» de Jean des Cognet*. *Une campagne contre la Bretagne*.
**L'ENSEIGNEMENT DU BRETON.** *Recours à Genève. Bibliographie, etc.*
**LA NOSTRA TERRA**
Mallorca, Desembre 1934
**Sumário:** *El tresor artistic*. *El misteri del castelle de Mont blau*, Elviw Sans. *Cobletes de la bona alegria*, Joan Liongueres. *L'estat actual del problema de las ones de marea interna*, Francesc de P. Navarro. *Els Llibres*. *Les Arts*. *Reculls de fora*. *Noticiari*.
**SUDETENDEUTSCHE ZEITSCHRIFT FÜR VOLKSKUNDE**, Prag, 1934, 5, 6 Hh.
**Sumário:** Dr. E. Schröpl, *Sudetendeutsche Blutgruppenforschung*. Leopold Schmidt, *Des Oberuferer Spielkreis*. Dr. Wil-Erich Peuckert, *Nachbarliches Gut in Sch...*. Rudolf Heuschka, *Süwestmährische Sagen*. Richard Seel, *Spottnamen am Dorfe*. Dr. Richard Zimprich, *Der Gedanke an den Tod im bäuerlichen Leben*. Ott F. Babler, *Seit wann die Menschen ihre Tudestunde nicht mehr voranswissen*. Dr. h. c. Karl R. Fischer. Adolf Koenig, *Das Titschker und das Kaulherrnspiel*. Richard Zeisel, *Von einem Toepfermeister, der keinen Paartopf machen konnte (Märchen)*. *Einlauf für das Archiv*. *Kleine Mitteilungen*.
**ULENSPIEGEL**
5 Noviembre y Diciembre, Amberes.
**Sumário:** Ronald de Carvalho, *Avant-Propos*. R. de C. *Brasil*. J. Denuce, *Brésil et Belgique*. O. A. Machado de Oliveira, *Les relations commerciales belgo-brésiliennes*. Luc Durtain *Twe Goofdstuken uit «Vers la Ville Kilometre 3»*. Luc Durtain *et le Brésil*. Oswaldo Tavares. *Le Chancelier de la Paix*. F. Castillo Nájera, *Un internacionalista—Un hombre*. Mauricio von Wellisch, *Panamericanisme*. Alfonso Reyes, *Aduana lingüística*. M. V. W. *Portrait de Jack Sampa co*. Machado de Assis, *Soneto do Natal*. Caio de Mello Franco, *Bons propósitos*. Soter Cosmo Beethoven, C. de M. F. *Carta de São João del Rey*. Bolívar y las Incas. Adhemar Gehain, *Les profondeurs du «Don Quichotte»*. Armando Solano. *El país Vasco español*. André M. Pols. *El centenario de Peter Benoit*. Raymonde Duchêne, *Gente, Ciudad del Trabajo*. *La Politique commerciale mexicaine*. Libros, etc.
Imprenta **NÓS**, Rúa do Vilar 15, Santiago.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/85/8595/85954684-ac2f-46c4-9fda-ef95e8cad5ed/115723323.xml
Dr. Amancio Caamaño
SANATORIO QUIRÚRGICO
Pontevedra
suscríbase a:
[?]
semanario gallego de izquierdas
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/85/8595/85954684-ac2f-46c4-9fda-ef95e8cad5ed/115723311.xml
NOS 29
cantando espalharei por toda a parte,
se a tanto me ajudar o engenho e arte.
e Orán e Argel do caso avergonzados,
ainda esconden os rostros requeimados.
E vós, Tagides minhas, pois criado
tendes en min un novo engenho ardente
se sempre en verso humilde celebrado
foi de min vosso río alegremente:
daime agora um son alto e sublimado,
un estilo grandilocuo e corrente;
porque de vossas aguas Phebo ordene
que non tenhan inveja ás de Hipocrene.
Oh, ti, da leda e da follosa frente
a quen a antiga edá dou culto bóo;
e nunca foras, non, a moza ardente
do verde e namorado río Aquelóo;
mais habitas e soas nobremente
no esforzado ánimo tan só;
e sublimas o peito géneroso
con un ruido grande e sonoroso:
Daime unha furia grande e sonorosa,
e non de agreste avena ou frauta ruda;
mas de tuba canora o belicosa,
que o peito accende e a cor ao gesto muda:
daime igoal canto aos feitos da famosa
gente vosa que a Marte tanto ajuda;
que se espalhe e se cante no universo,
se tao sublime prego cabe en verso.
deixa que a nobre fantasía voe
e dame unha potente voz de ferro;
de tal modo que o esprito onde resoe
queira sair do estreito e escuro encerro
e tan erguida e nobremente soe
que esquecer faga o mísero desterro;
e do duro traballo conocido
hache un ledo repouso e doce olvido.
As filhas do Mondego a morte escura
longo tempo chorando memoraram
e, por memoria eterna, en fonte pura
as lágrimas choradas transformaram;
o nome Ihe puzeram que ainda dura,
dos amores de Ignez, que ali passaram.
Vede que fresca fonte rega as frores
que lágrimas são a agua e o nome amores!
As náiades dos dous a gente ardida
longo espacio nadando acompañaran;
mais vendo que a sua voz n era atendida
á foz amada e nota se tornaram;
e con tristes suidades da partida,
longo tempo os ousados memoraran
con mil doces lembranzas e divinas
pol as cóncavas covas peregrinas.
Por fin podemos ainda señalar cómo certas características do acento
pondaliano n-«Os Eoas» se topan no poema portugués. A lei da morte, a escura morte, a rouca luba, e estirpe nobre e diña, a famosa gente, a
grande e forte, a nobre e antiga, as embarcações veloces, estreitas e com-
pridas, todo o que é sonoroso, é algo común ao léxico pondaliano e ao
léxico camoeniano de ambas concepcións epopéicas.
O peso terribel do poema lusitano sobre do de Pongal gravita a cada
estrofa de tal maneira que cabe perguntar sinceiramente: ¿Paga a pena im-
prentar «Os Eoas»? A resposta será afirmativa só no caso de que se desexe
conocer todo canto o poeta de Bergantiños compuxo na sua vida; mais enten-
déndose ben que a groria de Pondal non terá aumento algún con tal cousa.
A corda orixinal hai que buscala na outra laboura poética do Pondal rebel-
de que, aparte do volume de «Queixumes», anda espallada pol-os boletins
galegos e americanos do seu tempo. A corda orixinal que o envolve de eter-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/85/8595/85954684-ac2f-46c4-9fda-ef95e8cad5ed/11572339.xml
NOS 27
O poema pondaliano canta a descoberta da América chamada por él Colombia e segue a inspiración camoeniana en estrutura, léxico i-elemento maravilloso, difrenciándose, non embargante, na ausenza de intervenzón cristiana ao par do mundo mitológico greco-latino.
Desconecemos o número de octavas metro en que, seguindo a tradición das grandes epopeyas renacentes europeas a partir de Boccaccio na «Teseida» (1341), está escrito o poema, por non ter visto as que se conservan na Academia Galega que deben ser as máis, senón todas.
Poseemos na nosa bibioteca un preciadísimo volume que nos permite seguir pasada a pasada o estudo que Pondal fixo do poema portugués, por oferta cordial do noso amigo o Prof. Martínez López. Trátase da edición de «Os Lusiadas» de Lisboa de 1891, precedida da biografía do grande poeta por Inocencio Francisco da Silva anotada marginalmente pol-o noso bardo, demostrando un profundo coñecemento verso a verso do célebre poema.
As anotacións consisten pol-o xeral en observacións fonéticas, retóricas, gramaticais ou estéticas, subliñando as verbas ou frases que lle parecen de intrés poético. Eisí a estrofa primeira do Canto I tén anotado: palabras largas y numerosas, estilo peónico, cláusulas largas i-entre paréntesis Dionisio de Halycarnaso. A estrofa XIX do mesmo Canto tén por nota, xuntamente ca XX: estilo periódico-peónico con desinencias sexquipedales (numerosas). A estrofa CIII, ten á veira: topotésico; a IX do Canto II: Bella, ingeniosa, artificio elegante, sentencioso, simulacadente; e así centos de anotacións ao largo dos cantos, pois apenas hai estrofa sen anotar.
Mais intresantes e dignas de consignación son aquelas outras observacións feitas por Pondal que revelan os seus gostos estéticos en materia literaria e ainda a sua cultura e coñecimentos científicos, literarios, históricos ou mitolóxicos. Consisten en simples exclamacións, de abondo pra darnos idea das preferencias do Bardo, difíceis de entender por veces debido á letra do anotador confusa —convén lembrarnos de que Pondal escribía de pé sempre, sen apoio pra o campo da escritura— tanto como á materia escriptoria, pois están con lápis de plumbagina todas as observacións que o libro contén da man de Pondal.
Os versos camoenianos:
Que não de largo mar, con leda fronte, mas no lago entraremos de Acheronte (C. I, LI)
parécenlle un remate da octava sublime.
O verso
Lhe põe diante aquelle objecto raro (C. II, XXXVII)
é pra él vulgar.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/85/8595/85954684-ac2f-46c4-9fda-ef95e8cad5ed/115723319.xml
NOS
Descansei botando un pito Memphis, de caixa verde.
Por fin, fun cear co-as señoras. As señoras ja eran seis. Déronnos unha sorte de budin de peixe bastante bó, con verdura cortadiña e duas cortadas de tomate crú con vinagre e limón. Cousa esta derradeira qu'eu endeja mais quixera comer, anque moitas veces me pasara por dediante. Por fin probeina; a combiñación do vinagre e mais o limón, co seu prefume, fai aturar un pouco a dozura basta e a friage visgosa do tomate.
Non vos pareza mal qu'eu fale de cando en cando de comidas e bebidas. Esprito tan ergueito coma o de Huysmanns adicoulle nas suas novelas capidos inteiros. Hay que ter en conta qu'a cencia culinaria é unha cencia nobre, merecente da atención dos grandes señores; co a caza, coa danza e a música, co-a mesma poesía, forma parte da cultura cortesán de gran estilo. Eu opinei sempre que, embora escrita en castelán, unha das grandes obras da cultura galega, é *La Cocina Práctica de Picadillo*, cuio autor era, coma se sabe, un fidalgo e un intelectual, con gran abelencia literaria e gentil humorismo.
OS HOMES, OS FEITOS, AS VERBAS
O CENTENARIO DE PONDAL
En toda Galiza comemorouse o día 8 de febreiro a data da nacencia do grande Bardo Bergantinán. Non temos novas de todos os lugares, mais poremos sa os principais actos celebrados en honra do autor de *Queixumes dos pinos*.
**Ponte Ceso**
Na patria de Pondal, a chamamento da Comisión Orgaizadoza da homage, acudiron numerosas representacións da Universidade Compostelá, Seminario de Estudos Galegos, Concello de Ponte Ceso, Agrupamento Ul treya, Escolas nacionais, e outras entidades, a mais de moito público, pois en varias cidades e vilas, orgaizáronse verdadeiras peregrinages ao lugar da nacencia do poeta.
Ond'a casa petrucial d'iste, celebrouse un acto singelo e brilante, no que os nenos das escolas fixeron unha ofrenda de froles, cantou, acompañado co-a zanfona o Sr. Abade de Cesullas, e fixeron uso da palabra don Álvaro das Casas e mais o Vicereitor da Universidade Compostelá, D. Luis Iglesias.
À mañana, tivérase unha misa pol o eterno descanso d'Eduardo Pondal.
**Santiago**
Ao homage aderironse a Universidade que, ademais de concurrir ao acto de Ponte Ceso, acordou sufragar coa a Academia Galega a edición das obras inéditas de Pondal, e a reimpresión de *Queixumes dos pinos*, e mais o Seminario de Estudos Galegos, que consagrara á memoria do Bardo un volume dos seus *Arquivos*.
Na sociedade Recreo Compostelano, deu unha intresantisema conferencia en col de Pondal, D. Ramón Otero Pedrayo, que foi escoitado por numerosisemo público.
**A Cruña**
A Academia Galega celebrou no Circo d'Artesanos unha sesión solene que resultou moi brilante. Os académicos D. Angel del Castillo e D. Antón Villar Ponte, leeron versos de Pondal, e unha Srta. cantou unha fermosa muiñeira, acompañada por elementos da Coral Polifónica, e por fin, pronunciou un manífeco discurso o Sr. Otero Pedrayo.
Támén acordou a Academia editar aixiña as obras inéditas do gran poeta.
Elementos do Circo d'Artesanos e do Secretariado de Galiza fixeron unha ofrenda de froles na campa de Pondal, no cemiterio cruñés.
No *Ateneo Coruñés*, tamén se celebrou un importante acto no que pronunciou un belo discurso o mozo patriota Xenaro Ruano e dixo unhas verbas Antón Villar Ponte.
**Vigo**
Deu unha conferencia por radio en col do poeta, o escritor D. Julio Sigüenza.
**Sada**
Houbo tamén un acto conmemorativo, no que falou D. Ramón Suárez Picallo.
**Ourense**
Tivose unha sesión de radio na que recitou poemas de Pondal o Sr. Pérez Testa, executouse música galega, e pronunciou unha
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/85/8595/85954684-ac2f-46c4-9fda-ef95e8cad5ed/115723318.xml
36
mento a Aspern Brücke, por riba da canal, demoradamente, considerando a larganza do río: Danubio azul, o río das operetas e dos valses, deixando qu'a brisa me dera na face. Cheguei a Ferdinandstrasse chea de boas tendas. Do mesmo punto qu'esta, arrinca a Praterstrasse, que vai dar ao Prater, o famoso Prater de Viena, de sona universal, un dos paraísos municipais d'iste mundo. Non cheguei aló. Din volta pol-o Schweden Brücke.
TRAXE NACIONAL
Alí mesmo, na ponte, crucei c'un Señor vello, en compaña d'unha dona. Il levaba unha chaqueta curta con trabilla, azul claro, con colo de veludo e dúas fías de botóns de metal, as solapas abotoadas, calzón curto e bandas nas pernas, chapeu con penacho d'escobón. Pode que fora da Landsturm; pode que fora o vestido nacional.
Despois vin moitos mais. Caxeque a mitai da poboación de Viena semella que vai vestida d'ise geito.
A chaqueta é curta, d'un género a raias ou cadros de coores, con botóns de metal e colo de veludo escuro. O calzón é curto de gamuza, pechado pol os lados e deixando os giollos ao len, ou tamén de forma bridge, ou golf, ou longo corrente. O chaleque é moitas veces azul ou verde escuro, ou encarnado, con moitos botóns d'aceiro. O chapeu é de formas variadas: d'aba curta con copa cilíndrica, feito de veludo e adornado atrás co penacho en figura d'escobilla, ou con prumas d'outro geito, ou ordinario fendido con penacho, ou pequeno tirolés case cónico, con cordón en lugar de fita e penacho.
Contrasta ledamente coa indumentaria standart dos homes modernos, e semella que consola o velo. Non parez ter importancia iste detalle do vestido, e mais pode tela. Cecaís a resurreición ou adopción dun xeito de vestir diferente o propio sexo unha das cousas mais dificultosas de conseguir; cecaís esta unha das mais arriscadas afirmanzas da personalidade d'un pobo, por insignificante ou infantil que pareza, e cecaís pol-a sua insignificanza e aparente puerilidade. Por eso cecaís, o vestido indicanos, inda sole
pódenos amostrar cantas cousas ainda poden ser restauradas habendo vontade de o facer. E non me parez pequeno enseño.
A SOBERBIA PUNIDA
Anoiteceume percorrendo de novo todo aquil pequeno quartel antre Dominikaner e Rotenturm, e por fin, despois de contemplar outra vez o pazo barroco do Arzebispo, co llín frente ao Domo o autobús de volta. Por 20 groschen, deixoume ond'a Elisabeth Kirche.
D'ali fun á estación precural o equipage. Era noite, e as ruas aquelas estaban escuras e mal alumeadas, tristeiras e desertas. Había uns arcos voltaicos moi febles.
Recollín os meus bultos, e viñen coiles nas mans. Pesaban de raio. Anda, anda, an da, co-a angueira material de carretar dous bultos e a satisfacción moral de non precisar de ninguén e de s'abondar un a si mesmo, que gorenta a un individualista radical e robinsónico, coma se sinte un n unha d'estas vilas — Deus mo perdoe e non mo colla en soberbia — porque ven ser unha soberbia a inversa da outra: o non servir en lugar do non serviam. Soberbia contra do home, en lugar de ser contra Deus.
E Deus castiga sen pau e sen pedra. Cand'eu iba mais foncho co as miñas valijas pol a veira d'un xardín, unha vella apedreou por min dend'atrás: levaba d'arrastras unha camisa que fugira por unha parte mal pechada d'un saco de lona e ficara presa somente por un puño. Tiven que pousar pra recollela. Contra sobeabia, ridículo.
E seguin andando cara a pensión, pol as ruas escuras e silandeiras.
COMIDAS E BEBIDAS
Ao chegar, atopei con que me mudaran pra outra cámara, con grande fiestra cara un páteo de vecindade negro e escuro.
Unha mesa d'escribir diante da fiestra, sen dúbida pra mellor contemplar o páteo aquil. Á dereita, a inevitábel chaise longue, cómoda e leito. Frente á fiestra, lavabo. No meio, mesa con cadeira e sillón de braz s.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/85/8595/85954684-ac2f-46c4-9fda-ef95e8cad5ed/115723315.xml
NÓS
33
a raís foi interpretada de distintas maneiras: Meyer Lübke con Kögel pensan en «riquis» = tebra, Grienberger apela ao gótico «wrican» = «perseguir», Förstemann presume unha cooperazón da raís «Wrak» = «vengar» con «reiks» = «rey», Schönfeld ocupase ex tensamente da raís deste nome sen chegar a unha soluzón da cuestión aínda que inclí. nase ao parecer de Kögel. A segunda parte ven de «méréis».
«NANDE». — De «nantian» = «estreverse».
«RECECINDE». — Na primeira parte vé- xase «Recemel». Na segunda ven de «sints» = «camiño».
«REMESENDE». — Ven de «rimis» = «des canso» e de «sints».
«TROITOSENDE». — De «draúhts» = «sé- quito». En antigo outo alemán «truht». En antigo nórdico «drott». En anglo sajón «dryht». O «d» inicial, fixose «t» por asimilación ao segundo. «Sende» ven de «sints». (Os nomes desde «Frexilde» a «Troito- sende» están en xenitivo).
(BIBLIOGRAFIA)
Walde. — «Latein. etymol. Wörterbuch». 3.ª ed.
Pokorny. — «Wergleichendes indogermanisches Wörterbuch».
Holder. — «Altkeltischer Sprachschatz».
Meillet. — «Dictionaire etymologique latin», (en colaboración con Ernout).
Brugmann. — «Vergl. Gramatik der L.dogermanischen Sprachen».
Meyer-Lübke. — «Romanishes etymol. Wörterbuch». 3.ª ed.
Sachs. — «Die germ. Ortsnamen in Sp. und P».
Menéndez Pidal. — «Orígenes del español».
Piel. — «Os nomes germánicos na toponimia portuguesa».
Santiago 3 de febreiro de 1935.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/85/8595/85954684-ac2f-46c4-9fda-ef95e8cad5ed/11572332.xml
B O L E T Í N M E N S U A L d a C U L T U R A G A L E G A
Direitor Literario Vicente Risco
Direitor Artístico Alfonso R. Castelao
Adeministrador ANXEL CASAL
DIREICIÓN E REDAUCIÓN: ADEMINISTRACIÓN:
Sto. Domingo, 47—OURENSE SANTIAGO
ABONAMENTO NOTA
Doce númaros, na Peninsua 8'00 pesetas.
Fora da Peninsua 8'00
Númaro solto 0'70
Os pagos son adiantados e os gastos de xiro de conta dos suscritores
Este boletin non publicará mais orixinás qu'os que foran directamente solicitados pola Direición. Tampouco se fai solidario das ideas n-eles emitidos, a non ser dos que por non iren rubrados, enténdense que son da Redaución.
SUMARIO
PONDAL.
POEMAS DE PONDAL.
CAMOENS E PONDAL por F. BOUZA BREY
ETIMOLOXÍAS DALGÚNS NOMES XEOGRÁFICOS DE QUEIXUMES DOS PINOS por PAULINO PEDRET CASADO.
MARXINALIAS AOS “QUEIXUMES” por R. OTERO PEDRAYO.
MITTELEUROPA, por VICENTE RISCO.
OS HOMES, OS FEITOS, AS VERBAS.
IMPRENTA “NÓS”
Facturas - Estados - Libros - Revistas e toda crás de traballos tipográficos
Trasmitanos os seus encárregos
Rúa do Vilar, 15 SANTIAGO
Vicente Risco Abogado
Santo Domingo, 47-2º Ourense
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/85/8595/85954684-ac2f-46c4-9fda-ef95e8cad5ed/115723321.xml
NOS
nosa sabencia popular. Encomenza c'unhas verbas en prosa, endereitadas aos labregos, animándoos a sentirense orgulosos da sua caste e mester, e a praticar as virtudes da raza.
Os refrás veñen logo ordeados pol os me- ses do ano, sendo caxeque todos meteoroló- gicos, agrícolas ou mariñeiros. Ao final ve- ñen outros, tidoados consellos; de caraute moral e endemolóxico.
Están moi ben escolleitos, e todos iles son da mais pura engebreza.
BOLLETIN DE LA ACADEMIA GALLEGA, Cruña, 1.º Outubre 1934.
Sumario: Notas sobre la Geología Gallega: Terrenos Paleozóicos, P. H. Sampelayo. — Notas arqueológicas: Un torques y tres brazaletes, Angel del Castillo. — De Monetaria Gallega. Fundación de la fábrica de fubia y noticia de sus principales acuñaciones, precedido de un breve recuento de otras secas de Galicia. — César Vaamonde Lores. — Diario histórico del Regimiento Provincial de Monterrey contra los carlistas en Galicia (1833 1840), Fr. Francisco Quecedo. — El Convento de la Anunciación de Buyoña, Fr. Aureliano Pardo.
BIBLOS, Coimbra, Maio a Agosto, 1934
Sumário. — Dra. Eva Seifert, Novos aspectos da Filologia Românica. — L. Saavedra Michado, Os Ingleses em Portugal. — Doctor Francisco Morais, A expressão do Santo. — Antonio Nogueira Gonçalves, A lanterna cornuem da Sé velha de Coimbra. — Gago Coutinho, Continuação dos erros em que se apoiou o desdobramento da rota de V. da Gama em Os Lusíadas. — José Manuel Malheiro do Vale, A linguagem de Mouvaz. — João Ramos, Genealogia dos Reis de Portugal. — A. G. da Rocha Madahil, Documentos para o estudo da cidade de Coimbra na Idade de Media. — Varia. — Bibliografia. — P. José dos Santos, Métrica de Comões.
PORTVCALE, Porto, Setembro- Dezembro 1934
Sumario: Uma linda cantiga do século XIII, J. J. Nunes. — Paráfrase «Amor e Saudade», música, Hermínio do Nascimento. — «A Trindade» do Museu do Porto, Roberto de Carvalho e Pedro Vitorino. — O Livro V das «Ordenações», A. C. Pires de Lima. — Notula filológica: «estrangeiro» e não «estrangeiro»; «lugar» e não «logar» Francisco Torrinha. — D. Fernando e Leonor Fe, les entrado no Porto após o seu casamento em Leça do Balio, quadro, Carlos Bouva-
lot. — Um grande poeta do Brasil: Jorge de Lima, Adolfo Casais Monteiro. — Hipótese, Rui Santos. — Notas filológicas: a linguagem dos anuncios, João da Silva Correia. — Da minha terra: Perdões quaresmales, A. L. de Carvalho. — Subsídio para o estudo do traje em Portugal no 2.º quartel do séc. XIX. Rolando Van Zeller. — As propriedades em comum (Lindoso), A. C. Pires de Lima — Varia. — Bibliografia. — Navidades. — Res et verba.
LA NOSTRA TERRA. Mallorca, Gener, 1935.
Sumario: Punt i seguit — Roda, moll, roda, Ferrán Soldevila. — Elements de caracterització urbanística a l'Exemple de Palma, G. Alomar, arqe — Mare meva de Lluch, A. Rosselló. — Frontières et culture, Francis de Miomandre. — A la vila de Petra, Maria-Antonia Salvá. — Defensa de la poesía, Bartomeu Forteza, trad. — Els llibres. — Les arts. — Reculls de Fora. — Noticiari.
BOLETIN DE LA SOCIEDAD CASTELLONENSE DE CVLTVRA, 1935, Cuaderno I
Sumario: La Biblioteca, singularment la popular, en función divulgadora de la cultura, Rafael Ruga Miñana. — La Rambla de la Viuda, Vicente Gimeno Michavila. — Noves pinturas rupestres en el terme d'Ares, Joan Porcur — Ave, B. Artola Tomás. — Un nuevo libro de Sir Chandler Poso, Leandro de Saralegui. — Hungar, Bernat de Rafalafena. — Note lo piano, Antonio Gasparetti. — Francisco Farréga, F. Escoin Beleguer. — El darrer poema. Carles Salvador. — Fragmentos del epistolario de Pedrell, Vicente Ripollés. Refranes valencianos, Joan M. Borrás Jarque. — Noticias.
NOTICIAS CULTURALES DE EUROPA CENTRAL Y ORIENTAL, Noviembre Diciembre 1934
Dirige esta publicación R. Kaltofen, que tuvo a atención de nola mandar. Trai notizas eo movimiento literario, artístico e científico nas nações da Europa Central e Oriental, germánicas, eslavas, letonas, etc. A Redacción está en Berlín, e ten agencias en Zurich, Belgrado, Riga, Varsovia e Praga.
O número recibido trai artigos gerais en col de literatura checoslovaca, letona, austríaca o teatro en Berlín e Viena, cibdades e viaxes, escritores (O. Wirz, Th. Dacubler), pintores (H. Grundig, C. Kallwitz), reseña de libros, etc.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/85/8595/85954684-ac2f-46c4-9fda-ef95e8cad5ed/115723316.xml
NÓS
34
MARXINALIAS AOS “QUEIXUMES”
NOMINA, NUMINA
Por R. Orero PEDRAYO.
Pondal poeta de lonxarías heróico bardo senlleiro soupg apreixar nas palabras: hourizontes, horas senlleiras nos epítetos, e il, o menos literario dos poetas fixo das verbas froitos carregados de sementes prontas a estrelar en folión de sementes germinadoiras, craros cristás faiscando a lus, fios de ventos finchando ventureiras velas, mollos de raiolas escolmando nos largasíos, un Destino. Toupa, brila, ruxe, dorme a verba pondálica, mais é meirande cando entre dous versos ou duas verbas deixa afondar no branco da páxina un silencio pendurado encol do tempo como a estrela sobor do devalar de Camelle.
Eiqui soio lembremos o engádego podente da toponimia dos «Queixumes».
Nomes lonxaos, pastores ou labregos. Uns chantados como o primeiro cimento, como a primeira coba no chán areloso e saudoso de humanidade. Uns levían pousar de colleitas, cruzar de camiños, pousas abrangudo no máximo anel do hourizonte. Nomes de cons de rouco ululare profético, de titánico desespero esbaratando con farpas de roca a ofrenda das roseiras do solpor. Nomes de logariños aniñados no ondear griseiro dos lombos montesios. Nomes de onda, de sal nas agras, de antigo asambreas de ventos, de froumas e luas. Nomes que son apenas pr'o poeta a visión d'unha lareira dende o camiño e afondan o longo devalar das estirpes sobor do chán sagro como cantareiras escumas espranzadas.
I-os nomes fridos polo raio dos eleitos, i-os que gardan na pel labrega o son de ferro celta da raís, i-os amados pol'o conse-llo pechado n'iles como se ama aos petrucios, pol'o sorrir do seu acento mariñán como se ama a unha noiva.
I-os outros nados dos desposoiros da primeira concenza co caos, os que agardan, com'os montes apañar o derradeiro loch da conceza.
Entr'as formas da catársis pondálica non é a mais pequena a evocación dos nomes.
Ponteceso: saudade da morte do río, paixón nova a cada luar baixo a ponte de artellos cangados, por onde pisou, baril, a mocidade.
Sisargas: épica dos roteiros, pr'as gaivotas illa de Avallón inzada de pomas de ceus de froita do Norde degoiroso.
Niñáns: estoicismo barudo da probe terra xe servo dos brazos salgado do mar vello.
Recemel: luar barburando de neve os piñeiros verdes.
Bergantiños: vento mariñán acompasado ao ritmo dos sucos nutrizos, esenzas da terra labrega en qu'as nubens recollen vibrar de colleitas.
Ferreyro: a ermida, branca como un seixo apaña a oración das campías.
Ponte-Dona: xentileza de Misia Ponte, etiqueteira fidalguiña.
Treo, Xaviña, Valencia: falas d'homes coñecidos, honradeza dos fumes das doce', aos lonxes, no outono.
Verdes: a carballeira da farra e da cómprice suma.
Traba: lembranza d'un destino senlleiro.
Coristanco: un folgo, un grolo de viño e queixo, co cabalo á porta, pra seguir camiño.
Bertoa: cétigo renovo do cabrinfollo.
Brantao: són bardido de harpa feita de cornos do luar e cordaxe de raiolas de sol.
Carballido: aquil cantar «esireliña do luceiro» na follateira tenra do abril.
Marzoa: soedade boa como o pán esgrevio.
Xallas: rañar do vento na pel de lobo dos érmos.
Arantón: cabalgadas das somas.