https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157223&posicion=1
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/81/81d2/81d28ce3-4f21-426c-9d13-cccbc23a5115/11572236.xml
4
men, esiguo, por examen, exiguo.» (23) E igual no português. Di Santa Rosa de Viterbo (24) «x por s ou sc, muitas vezes se acha em nossas escrituras, v. g. Xesús por Sestis xire por scire, Xancio por Sancio, xantificar por santificar, xantus por santus, xelerados por scelerados, xi por si, ou se (que era mui frequente no tempo d'El Rei D. Diniz) Ximeno por Simão, e outros».
Logo Codax e Codas son equivalentes.
Todos sabemos que o x con son interdental fricativo repuna á maoría de Galicia, (25) como A gran parte de España e das Américas. Acó decimos en muilos sitos: sapato, cabesa, sear, dosena, soco, poso, sumo, etc, sendo este «seseo» característico dos dialcitos do sul de Galicia. (26) Tanto que cuasi xa non vai tendo esceición en toda ela a pronuncia do x final como s (27) sobre todo en oxítonos e monosílabos; rapás, vellés, felis, atrós, capús, pes, des, nos, lus. (28)
O mesmo en portugués: «S por c, e pelo contrário, he mui frequente em os nossos mais antigos documentos.» (29)
Cavilo que sempre foi asina. Nas escrituras lemos suzo X suso (dec. de 1259); couzas X cousas; Diego Peres (dec. de 1282); Domingos Miguez (dec. de 1282); leoneses e leoneses (dec. de 1257); etc. (30) E no Cancioneiro áchanse mostras adunia de semellante dubidación:
Tamaris (1118,21), cisneiros (65,9) Vaasques (928,1), Vasques (1042,1), Viasques (1058,22), Vaasquis (43), Vasquim (45), Gonçalves (433), Aluares (562), Sanches (17,34; 366), contra Sanches (20; 524). Rodriguis (317; 436) e Rodrigues (1147), contra Rodriguis (1083), Nunes (454; 459; 1133), contra Nunes (252), dis X diz (38,14), pres x prez (19,8), agent x asent (770, 5), as x as (786,1), Sintra X Cintra (1088,50), diser x dizer (826,4). Hasta se atopa x consoando con s:
«que juraba que sempre fesese, todo por mi, quanto lle eu dissese. (377, 2-3)
«per como agora Pae Rangel diz, e guareceron de morte por en, que quando a lide foi en Belem aportaron eles en Tamaris. (1118, 18-21)
NÓS
Por ende, Codaz pode sere Codas. A maor abundamento non fallan casos de equiparanza do x co s, asín en Portugal (31) como en Galicia:
se vos hy, meu amigo, pesar fis non foi por al, senon porque me quix.
(Refrán da cant. CV. 285)
que lle perdoase non quix e fez mal porque o non fis.
(Refrán da cant. CV. 324)
Repárese nesta curiosa estrofa de unha canción de Xoan Servando (CV. 734, 11-13):
¡Que boa romaría con meu amigo Fis que ali dixe, a Deus grado, canto lle eu dicer quix) e dixenlle o gran torto que sempre de ele prix!
Creo de min que sin ningún destordegamento, pódese tirar do avandito esta ecuación:
Codax = Codas.
Codas.--Orabén, estamos na mesma. ¿Qué será Codas?
Pol-o pronto un prural.
O singular, coda, fillo de «cauda» latino, está nos dicionarios portugueses (Vieira, Figueiredo, Coello, etc.), mais non nos de Galicia, onde este nembro se chama «rabo», sin lembrarme do alcontrare con dito senso nos documentos antigos.
Pero na miña terra (Vegadeo) i en toda aquela bisbarra, a parola coda sinifica o mesmo que codia. Ten o pan coda e ten miola. Ansí oise decir decotio: «Eo non quero miola, senón coda»—«A coda aguza os dentes; a miola empapiza», etc.
Ningún dicionario galego trae o nome coda = codia, como tampouco miola = miolo; porque ningún os recolle todos, nin en-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/81/81d2/81d28ce3-4f21-426c-9d13-cccbc23a5115/11572239.xml
NOS
o Inventario por López Ferreiro (1) o seguinte: «Iten huun encensario grande, que anda enas preciosos entre o coro et o altar».
Un eistranxeiro chamado Xerónimo Múnzer na sua visita antre os anos 1494 e 1495 nos refire:
«Las capillas del trascoro son en número de doce, y de la altísima bóveda del crucero cuelga un enorme incensario, que oscila en el sentido de los brazos de aquel». (2)
É no 1499, derradeiro ano do século, que Villaamil e Castro (3) que dá á coñecer un intresante feito, atopado no tomo CXII de Varios da Biblioteca do Cabido da Catedral de Sevilla, chamada pol-o vulgo: Colombino: e no remate do «Memorial de Cossas antiguas copiado de vn Libro antiguo de muno que fué del Deán Don D. D. C...».
«El año de 1499 yéndose acasar la infanta D.* Catalina con el Príncipe de Gales, hijo y heredero del Rey de Inglaterra, y ella hija del Rey D. Fernando y de la Reyna Doña Isabel, la qual fué a embarcarse a la Coruña; era año de Jubileo y estubo en la ciudad de Santiago asta día de Bienaventurado Apóstol, y oyó Misa en la Iglesia mayor, la qual estaba tan llena de gente, que parecía imposible, sin gran trabajo, caber una persona más en el Cruzero de la Iglesia, andaba vn Incensario por encima de toda la gente, tan grande, como una gran caldera, colgado de unas cadenas de yerro, bien gruesas, y traiéndole desde lo alto con cierto artificio estaba lleno de viuas brasas, y en él echado incienso y otros olores, y assi andaba, que casi llegaba de la vna puerta del Crucero a la otra; y andando assi se le quebraron las cadenas en que andaba colgado, y si com> tiraran vna bombarda salió sin derramar una sola asqua por la puerta de la Iglesia, donde se hizo pedazos, y se vertió toda la lumbre que en él estaba sin hazer mal a ninguna persona».
Non é xa unha lenda a caída do Botafumeiro. Fíxose anacos e non fireu a ninguén. Ademáis presenciou o feito a infanta D.* Catarina, filla dos Reises Católicos.
Supoñemos que se faría outro novo, desaparecendo pol-o tanto o de que se fala no marxen do libro III do Codex Calistini. O que sabemos, como certo, é que no Inventario de 1529 aparece: «yten el yncensario grande que corre a las procesiones solemnes» (1). Iste sería, pois o novo e framante. E xa non achamos mais datos en todo o século XVI.
Sorpréndenos, non embargante, que nos comienzos do XVII os coengos composteláns, o motexan de «antigualla». O Botafumeiro non teria máis que un século de vida. Ben craro nol-o di o acordo do Cabido do 24 de Maio do 1602, ó tratarse de quitar as traves e facer un novo inxenio ao incensario:
«Lo 3° que se quitasen las traves e bigones grandes que atrabiesan el Zimborio en que está puesta la polea para el Incensario, porque quitan mucha luz al coro y afean el Zimborio, y porque no se quitase esta antigualla del Incensario, ordenaron que en lugar de las Traves se hiziese vn ingenio o artificio de quatro esquinas de sobre los capiteles de los quatro postes principales del crucero, se rematasen todos en vn obalo en medio dentro del cua) estuuiese inclusa la polea para el incensario, y que todo fuese dorado y muy labrado y porque costase menos se embiase a labrar a las Herrerias de Byzcaya, embiando modelo hecho de madera, y la medida de todo porque no se herrase, el qual modelo se hizo y armó en la Claustra para que todos los viesen» (2).
O inxenio do que se fala eiquí, ou sexa o aparato de ferro pra botar andar o incensario, é o mesmo que ainda hoxe eisiste na cúpula do cruceiro e que seu autor debeu ser Bautista de Celma, fabricándose a dita máquina inxeniosa nos fornos de Vizcaia.
E aquélas obras, como outras, foran propostas pol-o Arcebispo Dn. Xoán de Sanclemente, como se lé no mesmo Libro: «lo mucho que conuenia que las Rejas de la Capilla mayor, y las del coro se dorasen, y el Cim-
(1) Historia de la S. M. I. S. por López Ferreiro. —Santiago 1909, páx. 105. —Apéndices-Adiciones, tomo XI.
(2) Libro 21 de Actas Capitulares. —Años 1600 a 1603.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/81/81d2/81d28ce3-4f21-426c-9d13-cccbc23a5115/115722310.xml
fumeiro tiña a forma d'un grande caldeiro de prata é que era unha costume antiga.
Mais tampouco hai que esquencer o texto do Padre Oxea, (2):
«Del cimborio, y capitel del crucero de la Yglesia que está entre la capilla mayor y el coro, está pendiente de vna gruessa maroma vn incensario de plata, con vna gran caldera, en que echan quatro o seis libras de perfumes, el qual tiran en las procesiones y fiestas principales (que para tal tiempo se
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/81/81d2/81d28ce3-4f21-426c-9d13-cccbc23a5115/115722320.xml
18
METODO DE LECTURA, por Josefa Iglesias Vilarelle, Maestra de Mourente (Pontevedra).
Tense posto chatas a iste Metodo pra enseño da leitura galega que sempre ha ter o méreto—se non tivera outros—de ser o primeiro. Tense dito que non acai co-as tendencias modernas na materia. E isto que ll'apoñen como chata, ata poidera ser unha das suas principais ventages. A autora segue n-il, millorandoo, iso non pode ser regado, o método tradicional; pois seguindo o método tradicional, resulta moito máis doada a sua apricación práctica—qu'é a finalidade que se precura—por estaren a maor parte dos escolantes que levan algúns anos no exercicio da sua carreira, educados n-ise método e afeitos ao emprego do mesmo, polo qual non teñen precisión de faguer meirande esforzo ao apricalo, nen o método precisa d'espricadeira especial nen preparación preliminar. Ademais tampouco conta o qu'un escolante con iniciativa ou con aprendizage moderna o empregue pra outros procedimentos d'enseño. E' ben sabido canto o ingenio d'un escolante con abelen pode facer con calquera libro, maisime c'un método polo que todos nós temos deprendido a lér, ao que semella, con certo bon resultado. Pois todol os qu'acordamos, emprincipiamos pol-os christos e mais pol-o Catón, e coidamos qu'asi e todo, do Catón ao Método da Prof. Iglesias Vilarelle, vai ainda algunha distancia en favor do derradeiro. Escolante que fracasa nos métodos antigos, non coidamos que faga moito máis cos modernos. A Prof. Iglesias Vilarelle realizou un bon traballo, e que lle ten qu'agradecer moito a cultura galega.—V. R.
CUESTIONARIO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA por D. Alvaro das Casas, Sant-lago de Compostela, 1932.
É iste ainda, o primeiro programa escolar destiñado ao enseño oficial, que se publica na nosa lingua. Coma o Método de Lectura da Prof. Iglesias Vilarelle, ven prefillado pol-o Seminario d'Estudos Galegos. Niste questionario, embora estea moi ben feito, centífico e pedagogicamente, non haberia, pola indole do traballo outra cousa que salientar qu'a circunstancia de vir escrito en galego, se non tivera ademais un outro mérito importante, cal é o de ser un programa razoado, fundamentado. Efeitivamente, o Profesor das Casas púxolle un prólego ou esposición preliminar no que nos presenta, acomodadamente ás disposicións oficiais vigentes, o seu concepto do enseño da Geografía e da Historia nos Institutos ou Liceus de Segundo Ensino. As normas que preconiza son: ensino cívico, autonomia dos centros d'enseño, acomodación ao lugar xeográfico, o próximo o lugar en que se nace, coma exemprificación pra todo o outro, caraute educativo do enseño, erguel-a sensibilidade no estudo da natureza e da historia, pacifismo.—V. R.
O ELOGIO DO AMOR (versos) por Pais de Figueiredo, Porto, 1931.
Uma estreia di o A. nas verbas limiares. Dazanove sonetos, em metro vario, os mais endecassílabos, ben versificados, algúns ben feitos, outros excesivamente ingenuos, con verdaderas sentenças de Mr. de la Palisse, ás veces. Non se saca ben claramente cal é o concepto do amor que o A. ten. Ben é certo qu'asegura n-un dos sonetos que nono pode coñecer quen nono sinteu (unha das verdades aludidas, crar'está), mais que por outra banda, asegúranos qu'o sinteu é qu'o sinte. E, se ben o amor non é moi susceptíbel de definición científica, éo de definición poética. Pol o demais, escribe clara e llanamente, con pouco artifício, e isto a carón da versificación doada e fluente, já son dúas boas calidades.—V. R.
ABRIL (versos) por José Mª Alvarez, Pontevedra.
Na nosa Terra, já se sabe, todol-os días xurden poetas novos, tantos que non hai quen os poida seguir a todos, a cada un pol-o seu camiño; tantos, qu'ainda qu'un os poida contar, logo se perde a conta. E' unha estadística de cote aberta, variando e medrando dun día pra outro.
José Mª Alvarez seica é de Tui, qu'está antro mar e a terra, e antre Galiza e Portugal. Cecais coma fronteirizo, home da raia, escribeu iste libro en castelán. Gerardo Alvarez Limeses, poeta bilingue de longa folla de servizos, dalle n-un soneto cheo d'ingenio un espaldarazo litúrgico, parodístico. Despois encomenza il. Os dous poemiñas que veñen atrás do Pórtico foron os que mais nos gustaron; parecéronos felices —n-esto da poesía hai de cote moito de sorte— cecais porqu'houbéramos querido escribir d'ise xeito, e nonos sai... Despois, a poesía de José Mª Alvarez é menos chamativa. Por véces, choutan esas imaxes que chaman novas, e que logo estarán esgotadas. Por véces, arcalza, sen recuar de mais no tempo. De todal-as maneiras, o jogo é limpo.—V. R.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/81/81d2/81d28ce3-4f21-426c-9d13-cccbc23a5115/115722322.xml
NÓS
20
tholon e Chantre na illa de Gerba e costas E da Tunisia, e qu'algús relacionan cos braquicéfalos de Muge, «Prospectores» de Fleure ou «Armenoides marítimos» d'Elliot Smith. Os «Prospectutores» semellan relacionados coa distribución costeira dos megalitos e co comercio do cobre, estano e ouro. En suma, o A. supón que mais ben que do tipos indígenas, poderiase tratar de recén chegados, mercantes púnicos ou escravos nigroides, o qual ven arriostrado pol o achádexo, n-unha das sepulturas d'un amuleto-escarabello do faraón egipcio Psammético I.—V. R.
GRAVURAS RUPESTRES NO BRASIL por A. A. Mendes Corrêa, Porto, 1932,
NISTE traballo dásenos noticia de varias gravuras rupestres brasileiras de diferentes tipos (figuras humanas, animais, fitomórficas, tutiformes, alfabetiformes, geométricas, pés, mans, cruzes, liñas onduladas, pé de galiña, machados, símbolos solares, etc.) as menos imitantes ás d'Europa, as mais moi diferentes, cujas fotos lle foron comunicadas pol-o Sr. Gustavo Barroso, e d'unha suposta inscripción fenicia da Pedra da Gavea, no Brasil, qu'a según o arqueólogo brasileiro Silva Ramos d'esquerda a dereita LAABHTEJ BAR RIZDAB NAISINEOF RUZT, e lida ao modo fenicio, de dereita á esquerda, viría decir: Tyro (Tzur ou Tsur) fenicia, Badezir, primogénito de Jethbaal. O A. non se pronuncia acerca d'iste punto por non coñecer aínda o libro de Silva Ramos, e somentes dúas reproducións da pretendida inscripción, que dan pouco lugar a identificacións.—V. R.
L'ÉTUDE DU CRIMINEL EN PORTUGAL por A. A. Mendes Corrêa (Extracto dos Anais da Facultade de Cências do Porto), Porto, 1932.
NESTA conferencia, dada pol-o A. na Faculdade de Derecho de Paris, en 1931, vai estudando o concepto do delito e mais do delincuente no antigo dereito portugués; no concepto popular, revelado pol o folklore, qu' amostra qu'o pobo adiantouse ás veces ás nocións científicas modernas; a modificación do dereito penal pol-o movemento liberal do século XIX; os modernos estudos d'antropología criminal de Ferraz de Nacedo, discípulo de Lombroso, cujas investigacións arredárono das ideas do mestre; de Alfredo Luiz Lopes sobre estadística criminal e nenos delincuentes; de Julio de Matos, Pacheco, Martins Pereira, alienistas; de Teixeira Bastos, Joaquim Fontes, Xavier da Silva, etc. en col da sensibilidade e dos tatuajes dos criminosos; do Padre Antonio d'Oliveira sobre delincuencia infantil; de Ferreira da Fonseca e João B. Gonçalves, etc., etc.; a organización dos servizos médico-legais, das Tutorias pra nenos, e os Refugios, os Institutos, de Lisboa, Coimbra e Porto, e os de Criminología, etc. Despois entra a espricar o resultado dos seus propios traballos, comezados hai 20 anos e que deron os libros: Os criminosos portugueses, 1913, os Nenos delincuentes, 1915 e A nova Antropologia criminal, 1932. Amostrase igualmente arredado da escola lombrosiana e da escola correicionalista italiana. O polimorfismo dos tipos criminales, o recoñecemento da influencia do meio psicológico e social, faino non concordar coa primeira, e a diferenza que descobre entre o dereito e a moral, afastado da segunda. Atense principalmente aos estritos datos científicos, cunha gran curiosidade por todos os meios d'estudo, dend'a estadística, a endocrinología. En suma, o seu criterio é principalmente psicológico.—V. R.
REVISTAS
LOGOS, n.º 22, publica dúas cousas de moito interés: unha tradución das verbas do gran bispo catalán Torras i Bagés baixo do título: A piedade i a lingua materna, e mais un estudo de D. Xesús Carro encol de O Apóstol Sant Iago Patrón de pescadores, mariñeiros e navegantes. Niste. o noso douto amigo, co gallo d'unha notiza que lle foi fornecida pol-o Dr. W. L. Hildbourg, d' haber no século XV na Inglaterra; images do Apóstolo Sant Iago que levan, a mais da vieira o whellk shells ou winives, en galego buguina, supondo por elo que o Santo debeu ser tido coma Patrón de mariñeiros e navegantes, aduz catro milagres do Apóstolo dos contidos no Calixtino, que arriostran aquela presunción.—V. R.
Imprenta NOS.—Hortas 20. Santiago.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/81/81d2/81d28ce3-4f21-426c-9d13-cccbc23a5115/115722319.xml
NÓS
moda provenzal. Iste lirismo popular galego compróbase, enantes época trovadoresca, pol-as prohibiciós da Eireja, pol-as menciós que fan d'il trovadores provenzás, pol os carauteres arcaicos dos géneros paralelistecos, pol-os arcaismos de lingoage nas cantigas d'amigo; no tempo dos trovadores, nas alusiós que hai nos Canzoviros a un modo de trovar que non é o dos imitadores do modo provenzal e a cantigas de vilán e outras propias da gente rústica; e posteriormente ao tempo dos trovadores, pol-as supervivenzas que s'atopan en Gil Vicente, nos vilancicos, especialmente do século XVII, i en copras populares galegas e trasmontanas. Esta poesía popular, que non é propiamente obra coleitiva, nen feita por iñorantes, senón por gente anónima, angue de corta cultura literaria — clérigos (estudantes), monges e cabaleiros itlaos — maniféstase principalmente nas cántigas d'amigo, nas paralelistecas de le xaprén e de refrán, ¡é a que millor conservou as formas litúrgicas primitivas.
Indicados já os agentes criadores —que o A. estuda no cap. VII— achamos no VIII moi boas observacións en col do ambiente social en que o lirismo se criou, de cabaleiros probes, meio fidalgos, obrigados ao fossado, que tanto sinal deixou nas cantigas, e no IX e X, estudados o paralelismo e a versificación, e por fin, no XI, os temas iniciás, capidoos que, máis técnicos, non podemos resumir eiquí, coma procuramos facer cos máis propiamente históricos, embora o libro do Dr. Rodrigues Lapa, pol-o seu grandísmo valor e pol-a desusada importancia que ten pra nós, sexa ben dino d'unha detida recensión.— V. R.
OS VILANCICOS (Os vilancicos galegos nos séculos XVII e XVIII) por Rodrigues Lapa, Lisboa, 1930.
Estudo dos vilancicos d'unha coleizón da Biblioteca Nacional, dos séculos XVII e XVIII, cantados na Capela Real, Sé de Lisboa, Sé de Colimbra, e diversas igrejas e conventos. Tocantes a iles, ouserva o A. que a maioría é escrita en castelán, moda que viña já de longe, agravada pol-a dominación filipina. A causa foi o haber tído os vilancicos portugueses e galegos unha enorme aceitación na Hespaña, a cuia lingoa foron traduzidos, convertindose o castelán en lingoa oficial do vilancico, e volvendo moitos a ser introducidos en Portugal en forma castelán, e sendo compostos moitos máis pol-os músecos da Capela Real, utilizando as vezes vellos refráns populares. Moitos d'iles figuran cantados por galeguinhos, qu'ali aparecen en calidade de rusticos pastores—vilancico chamouse ás composições músico-teatraes nas que aparecian pastores danzando e cantando os antigos vilancetes populares — e despois a figura degenera en senso pejorativo—o conceito do galego da nosa leenda negra.— Hainos escritos en galego, ao menos teóricamente. Os autores son os mesmos qu'os dos outros, mais aproveitaron cecais motes galegos. É unha lingoa hibrida, misturada con castelanismos, c'un enorme abuso dos diminutivos en—iño, e con formas $ vezes puramente galegas: fai esbay-gar-se, crazeza, jor, mai, neno, etc.
O A. dá en apéndice 20 vilancicos galegos cujos autores son Carlos Patinho, Fr. Francisco de Santiago, Gabriel Dias, Fr. Jerónimo Gonçalves, ou autor descoñecido. — V. R.
LEMBRANZA DE GOETHE, por K. Otero Pedrayo (conferenza) Santiago, Nós, 1932.
Ensayo biográfico do mestre no que o A., verdadeiro romántico de boa lei, un pouco goethiano sen olímpica soberbia, precura atopar o acordo— ou descordo— (son as suas verbas) de Goethe co seu tempo, sempre, craresta (tamén agora son verbas suas) longe das metódicas generalizadoras dos libros “ad usum”. Biografía esquemática e sustanciosa con observacións ben certas: Herder amostrou a Goethe que os tempos do “Grand Siècle” de Luís XIV e tamén o de d'Alembert, Montesquieu, Voltaire—todo ven ser no fondo a mesma cousa—están gastados; que hai que precurar o vivir original dos pobos, a Idade Meia, a leenda popular. Non foi o esprito clásico do gran século francés, senón o esprito romántico, o que chamaba aos homes do Norte cara Italia; hai un romantismo sensual e oujetivo no Sul. Problema, non resolto, da Ifigenia en Tauris. Goethe naturalista, o A. atópao todo n-estas verbas d'André Suares: “As formas son todo aos seus ollos”. Con fonda penetración, salienta a nemiga de Goethe contra da abstracción, o seu amor ao concreto, e por iso coida que non pode ser metido antros evolucionistas. Efeitivamente, n-ise senso tamén de non evolucionismo, é Spengler un goethiano, que se refire costantemente á “Natureza viva” de Goethe, opóndoa á natureza morta dos naturalistas. Goethe leeu o Esquema d'un Sístema de Filosofía natural de Schelling. Tamén pensaba á última hora, qu'a pantesía é outra forza esencial do Esprito.
E Otero vai tratando os pasos fundamentais da vida de Goethe, as suas numerosas relacións cos grandes homes da formidábel Alemaña do seu tempo, e cos vidos de toda as partes da Europa, da Francia especialmente, qu'escomenzaba a se deixar alar pol-a forte corrente que levaba e erguía á sua antiga discipula germánica.— V. R.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/81/81d2/81d28ce3-4f21-426c-9d13-cccbc23a5115/11572237.xml
NÓS
tre todos acaroan a riqueza da lingua. Mais é certo que dendes Ribadeo (Galicia) hasta Tapia (Asturias) e dendel-o mar hasta Fonsagrada, ninguén por ali descoñece este vocábulo.
O que si recolleu (Aga Rodríguez) son os sustantivos *codia (port. codea), nado de un presunto *cuticula, baixo latino, codela (Valladares) e codelo (Cuveiro, Valladares, Carré) Pero codelo, a, son diminutos que tanto poden sair de codia como do primitivo coda, perdido na lingua correntia do centro, mais conservado na terra de abrente, según outras verbas non pouco interesantes. Sin que valla maxinar que por eisistir o diminutivo codeliño, a, non deba tomarse codelo, a, como tal, pois xustamente no galego, tan gustoso destas meluras, bulen os ultra-diminutos ou diminutivos de diminutivos (cade liña, señoritiño, pequerrichiña, etc.)
Teño, pois, coda como verba arcaica da lingua galega, quizaves derivada da mesma raíz que cota (¿visigodo *Kotta = cuberta, manto?) ou de algunha forma baixo latina de *cútis.*
Por tanto, namentras outra cousa non se amostre, entendo que «Codax = Codaz, debe lerse Codas. Asina *Martín Codas* sinificará *Martín Codias*, ou, como dí o castelán, Martín Cortezas.
Madril, Xaneiro, 1933.
(1) Madrid, año III, núm. 1. Febr. 1914, con dous fotogra- bados de pergamiño, páxs. 27-81.
(2) «Publicase en facsímil, agora por primeira vez, con al- gúnas notas recopiladas por Pedro Vindel. Madrid (Suc. Minuesa de los tíos) MCMXV, 4°, 48 páx. de papel de fo. «Tirada de moi poucos exemplares, para distribución privada, y sóu se por- ten a la venta díaz.» Con nove fotograbados
(3) Madrid, tomo II, caderno 3. Marzo, 1913.
(4) El genuino *Martín Codax* juglar gallego del siglo XIII según un apógrafo trescentista de su *Cancionero*. Texto lite- rario (interpretación y crítica) por Eladio Oviedo y Arce. Tex- to musical (interpretación y crítica) por Santiago Taffall Abad. Coruña, Roel, 110 páx. en 4° con fotograbados e música. Antes publicóuse en artigos no *Boletín de la Real Academia gal- lega*, números, 109, 110 e 311
(5) Fotograbado publicado por Vindel.
(6) Páx. 302 da ed. Monaci, na cima da cóntiza C. V. 884
(7) Páx. XXI, col. 2, da *Prefaxione* do Canc. Vat., ed. Monaci.
(8) *A propósito de Martín Codax*, páx. 271.
(9) *Las siete canciones de amor*, páx. 8.
(10) Ningún diccionario galego recolle este cultismo, pero si os portugueses.
(11) *em/codaz esta no acho pechada*, páx. 301 da ed. Monaci. Braga (páx. 165, col. 2, da sua edición) Interpreta: *Martín Codaz, esta non acho fechada*. É visible un erro na verba derradeira, porque anque codemos desviado o título e o mude- mos sobre do p. tampouco daría senso. A crextitacens de Braga semella acertada, e tamén a segue Michoclis. *Canción. da Ajuda*, II, 499, nota 1.
(12) *Canción. da Ajuda*, II, 499, nota 1.
(13) *88 Martín Codaz* (7) na *Lista alfabética dos Trovado- res do Cancioneiro da Vaticanas* que dou no sen xa raro libro *Cancioneirinho das trovas antigas*, Viena, 1870; páx. 40.
(14) *Martín Codax* (ou Codax), juglar de Vigor, acenta Doña Carolina; *A propósito de Martín Codax*, páx. 28.
(15) *A propósito de M. Codax*, páx. 272.
(16) Tal o rexistran os dicionarios.
(17) *A propósito de M. Codax*, páx. 272.
(18) *El genuino Martín Codax*, páx. 6, nota 4.
(19) *O son do x e igual ao francés*. Lugris, *Gramát. do idioma galego*, 2ª ed., 1931, páx. 1.
(20) E voces cultas e modernas, naturalmente, pois as antigas e populares tiveron seu desenrolo propio na formación da lingua, desfacendo o grupo x (taxum = teixo; axe = elxo; ma xilla = meixela; sex = seis; etc.)
(21) *Documentos gallegos de los siglos XIII al XVI*; La Coruña, MDCCCCXI. 4.9; páxs. 57 e 108.
(22) Non sóugo o exempro de Lixboa *984*, 1 y 4; 912. 4; 1044, 3; 1042, 2) porque ese nome preeuncia hoxe, e quizaves o prenunciaria sempre, o pobo portugués co son de ch francesa, escrito de coiso con x no Cancioneiro.
(23) Fernández Morales, *Ensayos poéticos en dialecto berciano*, León, 1861, páx. 10.
(24) *Elucidario*, Lisboa, M. DCC. XCVIH, 4.9, t. 1, páxina 412, col. 2.
(25) *El actual sonido de la x castellana nunca ha sido pro- plo del gallego*. García de Diego, *Gramát. hist. gallega*. Burgos, H. de Rodríguez, (1909), páx. 157.
(26) Vid. Saco y Arce, *Gramát. gallega*, Lugo. Soto Freire, 1865; páx. 233; García de Diego, *Gramát. hist. gall.*, 157.
(27) O a final soa a suave: *crux, lux, Guitirtis*, *pronúnciase crua, lux, Guitirtis*. Lugris, *Gramát.*, páx. 2.
(28) Todos estos exempros están escritos así no *Diccionario de Valladares*.
(29) Santa Rosa de Viterbo, *Elucidario*, t. 1, II, páx. 2%, col. 2.
(30) *Martínez Salazar, Document. gallegos*, páxs. 44, 38, 80.
(31) *Z por x, tómase algunhas veces se encontra*. Santa Rosa, *Elucidario*, II, 414, col. 1.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/81/81d2/81d28ce3-4f21-426c-9d13-cccbc23a5115/11572233.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
Ano XV ★ Ourense 15 de Xaneiro do 1933 ★ Núm. 109
DA TÚA SAUDADE
Por AUGUSTO MARÍA CASAS
Ao maino amañescer dos teus arrulos
madura e inda nova a bris do outono,
erguíanse as espigas dos meus pulos
para domesticar xardíns d'ensono.
O vento co seu pano, non de seda,
mais sí de verdes follas arumadas,
enxoitaba a canzón lixeira e leda,
pervagando no alén das tuas olladas.
Mór era o orballo da melanconía,
que na túa soma o corazón fería
pra sempre endexamáis millor ferido.
Eran os lilios, a frolir, da lúa,
os qu'arumaban a saudade túa
no morno val d'un alalá infinido.
1933.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/81/81d2/81d28ce3-4f21-426c-9d13-cccbc23a5115/115722316.xml
reando cabazos picotados no sol do outono particularmente querido pol-os membros de ista desconfiada padernidade filosófica. Son sabios, no senso pragmático, dos sete sabios. Son: o tio solteiro que di as verdades na familia e perdoa as loucuras dos sobrinhos; o monxe, desconfiado das penitencias sin froito; o conselleiro de empresa que dá sin pedantería a solución do problema; o profesor, que suspende ao memorión e aproba ao intelixente iñorante do texto. Sabéndose demarcado o escéitico, rexo na honradeza, é sempre unha forza moral, pode escribir páxinas certeiras e faguer concretas descobertas na ética, na natureza. Mais se non entende un pobo ou unha escola de esceiticos. Viven soilos como as figueiras ou os alciprestes sin formar bosque, como os místicos.
Huxley paréceme un escéitico relativo. Demasiado engaiolado no comfort, no sport e na gloriola literaria. Figura crér no imperio inglés. Mais fai un libro encantador, d'abondo franco, d'abondo cínico. A notare as esceas da India, os paisaxes malarios e un admirable xuicio da China e do Xapón no que o esceiticismo do autor crébuse sentindo a vida milenaria dos chineses e desprezando a imitanza dos nipóns.
III
A China. No «Wang-Lon» latexa na enorme dimensión do agro e da serra e no levian locir das porcelanas prezosas como poemas, nos poemas delicados coma as flores. Un carácter primitivo e místico enfía os tempos estratificados na yalma oriental; sabios outonos, intres luares de desertos. Un poder sintético digno do xeógrafo Ritter fai a xeografía dinámica do decorrer de un mundo no que a historia universal colle no xesto con que un requintado mandarín, fino como un nuncio, ofrece un bombón ao bandido das montañas. O autor, xudeu, psiquiatra, e berlinés, loce a técnica do destino, da oceanografía da concencia, do unanimismo, ao servizo da arte da novela na que os albres non estorban a vista do bosque.
IV
Non son xogos de erudito. Son descargos honrados de pulcra concencia de letrado. O amante do país de Allen, dos fondos es peitraes das Venezias fuxitivas, da melodía de París, inmorredoiro, do folgo de Alicante —sería intresante iste libro: «Alicante en Azorín, Miró e Valery Larbaud»—fai o periplo de unha cántiga sinxela que vai bordeando o litoral literario sin perder a graza da onda popular, pensa na beleza e sonoridade evocativa dos nomes xeográficos, no estilo —de escritores e profesores— da historia literaria, e nas erratas, isas formas do subcoscente do impresor atribuídas por priguiza mental aos escritores e á sua mala letra. Libriño fino, maduro, conversa boa pra un intre de gostosa folganza que fai perdoar o ambizoso do tidoo.
V
De nenos mirábamos con emoción unha lámina do libro aquil de Louis Figuier «La Science et ses hommes» que formaba co Quijote, unha tradución do conde de Cheste, é a historia do duro de un terrible numismata da A. da H. nas Bibliotecas das Sociedades no principiar do século. Ticho Brahe, ca sua xente n'un peirao, e ao lonxe a illa de Uranieborg, a vila dos astrónomos como as da Magna Grecia e da Troada o foron de diferentes castes de filósofos. Ticho Brahe co seu naris de plata fora o feudal da illa, i-en troques de forca locia o anteollo e acarón do brasón dos Brahe o mapa do ceu. Max Brod novela o conflito da vella astronomía tinxida de astroloxía de Ticho, co limpo cálculo racionalista do mozo Kepler. Ticho, astrónomo e gran señor errante, barroco, carregado de programas colosales. Kepler, xiada crueldá da nova ciencia, prudente, estranho, como un sistema de ecuacións. Na Bohemia imperial, sospéitanse as fogueiras da guerra dos 30 anos. Por riba das cousas absurdas, da xigantomaquia do vivir de Ticho, eisáltase a pureza do astrónomo, que atopa nas nebulosas o camiño de Deus.
VI
Por pouco comentado o libro derradeiro de Bergson. Eiquí soilo lle adicaremos unhas liñas admirativas da honradeza do lustre vello, que no remate da sua carreira, na lingua mais clara que ningún francés usou, sospeita a Deus tras o «élan» vital, e adica aos mistecos páxinas de incomparábel xustiza. Libro fondo, socegado, requintamento de un vivir filosófico que fina ca mesma dinidade espiritual dos primeiros ensaios.
R. O. P.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/81/81d2/81d28ce3-4f21-426c-9d13-cccbc23a5115/11572238.xml
- O botafumeiro da Catedral compostelán -
D ISTA maravilla, coñecida tamén pol-o Rei dos incensarios, tratou moi razoadamente o ilustre e sabido arqueólogo Don Xosé Villaamil e Castro n-uns artigos que despois recolleu no seu libro «Mobiliario Litúrgico de Galicia en la Edad Media», imprentado en Madrid no ano de 1907.
Ten, dende logo, por incerta a lenda de que fose o desagradabre cheiro que deixaban os pelengrins que pasaban toda a noite na Catedral.
Confesa que o Botafumeiro non foi unha cousa orixinal da nosa Catedral, senón que denantes do Papa Serxio I (século VII) e asegún dí o Liber pontificalis Anastasio o Bibliotecario (1) se mandou facer un incensario grande pra estar pendurado d'unha corda.
Engade ademais, fundándose no escritor Don Benito Fernández Alonso (2), que tamén a Catedral de Ourense tiña un Botafumeiro, cas suas cordas, maromas, correias e cordas. Botábase andar no cruceiro, colgado do cimborrio, nos días do Nadal, Resurreizón, Pentecostés, Ascensión, Corpus, San Xoán Bautista, San Pedro, Asunción, San Martiño e n-outras festas e solemnidades.
Mostra por algúns privilexios e escrituras a importancia do incenso nas basílicas e templos cristiáns, citando doazóns de reis, príncipes e outros grandes persoaxes.
Parece que Tui tivo tamén un Botafumeiro. E isto nos prova que foi unha costume litúrxico, que encomenzaría primeiro por estar fixos á maneira de «pebeteiros» e despois sería movido como os pequenos turíbulos e usado só nas grandes festas.
Pra eisistencia do famoso Botafumeiro, válse de citas de Zepedano (1) e do Padre Oxea (2), datos que non pasan dos começos do século XVII.
Moi atinadamente pondera o dato interesante, comunicado pol-o inmortal López Ferreira, recollido do marxe do Libro III do Codex Calixtini, capítulo IV, folio CIXII, e que dí: «nunc decoratur cum capite beati Jacobi Alphei mire magnitudinis in testis argenti deaurati cum multis et magnis lapidibus pretiosis in testis et maxime cum magno turibulo argenteo, a sumitate ecclesiae et funjbus suspensum per rotas currendo a portale septentrionali usque a portale meridiano pleno carbonjs incenssus cum ture feriendo in utraque parte sumitatis ecclesiae, estante antistite in pontificalis cum tota procesione ut supra».
Ista nota marxinal, que ven a ser do século XIV, nos fai unha verdadeira pintura das procesións d'entón na nosa Catedral, por certo moi semellantes ás de hoxe.
Non falla o prodixo da cabeza ademirabre do Sant-Iago Alfeu, dourada e con pedras de moita estima. Acólitos, cantores, capeláns, coengos, mitrados forman as filas da procesión. O Arcebispo preside aquil cortexo. O Botafumeiro corre de norte a sul do cruceiro, colgado dende a cúpula e por unhas poleas, vindo d'una porta (Azebecharía) á outra porta (Praterías), repreto de brasas ardentes e espallando o agradabre incenso por unha e outra parte outa da Eirexa.
A isa notiña do século XIV, posta no marxe do Codex Calixti, debemos a testimuña máis antiga da eisistencia do Botafumeiro.
Do século XV, ano do 1426, temos asegún
(1) Historia y descripción de la Basílica Compostelana. Lugo, páx. 100.
(2) Historia del Apóstol Santiago. Madrid, 1615, fol. 121.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/81/81d2/81d28ce3-4f21-426c-9d13-cccbc23a5115/115722324.xml
MERQUE VOSTE DE Plumeiros RAFIUM
De máis oura quos de pluma e limpan millor
Véndense en todos os establecementos do ramo
ANDRÉS PERILLÉ — OURENSE
Sanatorio Quirúrgico de San Lorenzo
Santiago de Galicia
De los Profesores
D. Fernando Alsina y D. Antonio M. de la Riva
CIRUJANO GINECÓLOGO
FOTOGRABADO
Si quer qu-os seus fotograbados sexan o mais perfecto posibles, convénlle envialos aos
Talleres de fotograbado ESPASA-OALPE S. A.
Ríos Rosas, 24-Apartado, 547 MADRID
A sua biblioteca non será
unha biblioteca galega,
mentras hon adecuira as
obras editadas por
NÓS
PUBRICACIÓNS GALEGAS E IMPRENTA
HORTAS, 20 SANTIAGO
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157223&posicion=2
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/81/81d2/81d28ce3-4f21-426c-9d13-cccbc23a5115/11572235.xml
NÓS
mella arellado, pois tanto en latín como en castelán como en galego, (10) codex=códice, sinifica cuaderno ou libro de varias follas. E supondo acerto nesta conxetura, que é moito supor ¿por qué non se dí tamén codu.x 6 rolo ou folla de outros poetas?
Codaz.— No pé da cántiga $82 do Cancioeiro Vaticán lése o rengrón seguinte, da mesma letra e como si fora o derradeiro verso:
«M. Codaz, esta non acho pochada» (11).
¿Qué quere decir esta liña?
Asisado figura o parecer de Doña Catalina tomándoa por nota marxinal do antigo ma“rito, desprazada pol-o copista do século xvii espetado eiquí ás toas. (12) Por esto, sin dúbida. Varnhagen pon como único nome do xograr, «Martín Codaz». (13) Mais a verba tampouco pertenesce nin ó galego nin ó portugués. Con todo, danos nova forma de este impeitizo, que vemos se pode escriber de dous xeitos: Codax ou Codaz. (14)
Fecunda a grafía Codaz suxeriu as espricacións seguintes:
1- «Em Espanha codo é sucessor de cúábitu e coda provém de cauda (port. arcáico cou). Em Portugal o popular cotovelo, parece ser fórmula metatélica de covotelo, deminutivo de cótevo, por cóveto, con quanto a t seja normal. Hoje subsiste cóvado por cóveto. Codaz podía ser por tanto um homem de cotovelos salientes, grossos, ou agudos. Emparelharia com Calvo, Corpancho Corpo delgado e outros cognomes descritivos» (Michaélis). (15)
Fora de non sere mais de unha sospeita sin fundanza, cotovelo dí en Galicia, non cóbado senón mais ben coteno, (16) inda que en portugués teña ás veces aquela valencia.
II.—Náo aplaudo a ideia de »'codax significar Codex Martini. Mais comencei a scismar-se do nome, lancado assim em nota explicativa por um amanuense, se poderá deduzir que Martím, de Vigo, foi um dos raros jograes que sabiam escrever; é que un coleccionador de poesías o empregava como escrevente; e se dessa actividade proviría a alcunha Codex, transformada jocosamente pelos companheiros em Codas para lhe dar sabor aumentativo». (MICHAELIS). (17)
A mesma escritora se critica a sí propia engadendo: «Conjeturas! insuficientes para desvendar o que sete séculos encubriram».
III.—«De coda
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/81/81d2/81d28ce3-4f21-426c-9d13-cccbc23a5115/11572234.xml
ENCOL DO NOME DE MARTÍN CODAX
por ARMANDO COTARELO VALLEDOR.
De miragrosa pódese notar a descoberta do libreiro Pedro Vindel nos comienzos de 1914.
Según é sabido, deseminando este señor un manuscrito, acabado de mercar, que contiña o tratado *De officis* de Cicerón, topou no forro das tapas un vello pergamiño co nome de Martin Codax en cabeceira. Da mesma letra, e repartidas en catro colunas, líanse sete cantares galegos co-a correspondente notación musical por baixo de seis de elos.
Pregado o ausilio de Said Armesto, decatouse do grande achádego. Non tiña perda. Era non menos que un testo auténtico, quizaves coetán, e integro das cántigas de aquel xograr do *Cancioneiro da Vaticana*, caso único na nosa historia literaria. Decontado, o mesmo descubridor déu notiza do lance na revista *Arte español* (1) so título: «Las siete canciones de la enamorada: poema musical por Martín Codax, juglar del siglo XIII» e rúbrica D. L. D'Orvenipe, anagrama adoitado por aquel libreiro. A fin do ano emprentou todo o testo no libro: *Las siete canciones de amor: poema musical del siglo XIII* (2), ilustrado con fotograbados, un deles en grandor do pergamiño.
Correu de aquela a sona de sere obra de Said Armesto o prólogo de este libro; mais non é certo, somentes lle corresponde a trascrición dos cantares. Seya de quen queira, esta laboura, si condida como edición, deixa abondo a desexar como crítica, pol-os erros e descoidos de que saiu marxada.
Presto atirou os ollos intelixentes. Doña Carolina Michaélis de Vasconcellos imprimeu na *Revista de Filología española* (3) unha reseña intitulada «A propósito de Mar-
tín Codax e das suas cantigas de amor», layándose das máculas do impreso e cobizando nova edición escorreita que depurase o testo e intrepetase a música. Oviedo Arce, chorado amigo, prubricou logo seu erudito opúsculo *El genuino «Martín Codax»* (4) onde as arelas de Doña Carolina poideron abranguer total acougo.
Non quero loubar a importancia do descubrimento. A lección orixinal e trecentista de un poeta galego é un verdadeiro tesouro de outísima valía filolóxica e poética. Contendo, a maiores, o canto ¡exemprar único de música popular galega de aquel ero! fuxe de toda gabanza. Quero decir algo encol do nome do troveiro, de quen miga sabemos, sinte do nome mesmo, o estrano *Martín Codax*, engadendo unha conxetura máis ás que se fixeron por mor do achádego.
Codax.—O pergamiño trecentista escrebe *Codax*, (5) o *Cancioneiro Vaticán* pon asimesmo *Codax* (6) e o catálogo de poetas colleito pol-o humanista A. Coloci, dí tamén *Codax* (7).
Mais ¿qué sinifica esta verba? ¿Foi nome ou foi alcume?—«Em—ax náo conheço nome algum», declara Michaelis (8) — Unha espricación se tentou, que eu saiba:
«Se nos ocurre que el Codax que varios autores dan como apellido pudiera ser la palabra *Códice*, equivalente a *obra de*... etc.—Es decir, que en lugar de *Martín Codax*, pudiera entenderse *Martín Códices*, o sea *Libro de Martín*.—Esto no deja de ser una sencilla y acaso inocente suposición» (VINDEL) (9).
Chamar códice a unha folla solta non se-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/81/81d2/81d28ce3-4f21-426c-9d13-cccbc23a5115/115722314.xml
12
vo e Arauxo con D. Pedro Xosé Valcarce Miranda, «dueño de la casa y pazo de San Benito» queréllanse de forza contra D. Bernardo Cuevas e outros por ter retirado istes unha tarima de altar e no documento dise «que en supoz.”* de que la Iglesia parroquial... se halla deteriorada y con ánimo de reedificarla de nuevo y la planta para ella
p.' el P.º Maestro de obras fr. Manuel de los Mártires, religioso dominico de la Ciudad de Santiago, y que con esta construcción quedará mas ancha y expaciosa y algo retirada donde hoy se alla...» Pode ollarse no fol. 73 v. del libro rotulado «Documentos pertenecientes a esta fábrica de Sta. Mariña de Ribeira». - BOUZA-BREY.
Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza
OS REISES DO TÍO CARRANCO
Escoiten señores
os de Cachamuiña
o gabán do Carranco
veulle d-Arxentina.
O gabán do Carranco
veulle d-Arxentina
con tanta basura
infestou Cachamuiña.
Unhos xa morreron
outros logo van
con tanta basura
que trouxo o gabán.
Dille o José
con moito salero
tire o gabán
que o leva o demo.
Sálelle a Emilia
mi padre querido
tire o gabán
e compre un vestido.
Dille a Rosa
mi padre por Dios
venda o gabán
que se rin de nós.
Dille a Juanita
con moita razón
tire o gabán
e compre un bastón.
Sálelle a Vispa
Antonio del alma
con ese gabán
tú llevas la palma.
O gabán non o vendo
eso nadie o pense
que me costou dous pesos
no rastro d'Ourense.
O tío Carranco
cando vai á misa
hasta o señor cura
se mexa de risa.
Hasta o señor cura
más o sacristán
se mexan ca risa
ó verlle o gabán.
Comprou unhas polainas
moi afebilladas
din os veciños
que son encontradas
As botas que trouxo
son de montar
antes de las doce
á Belén llegar.
(Recollidos por Xesús Penedo Gómez, en Lamela.)
Estas cántigas, improvisadas no lugar, pra cantalas co tono dos vilancicos de Reis,
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/81/81d2/81d28ce3-4f21-426c-9d13-cccbc23a5115/115722313.xml
NÓS
M I S C E L Á N E A
UN MINIATURISTA COMPOSTELAN DO S. XVIII
Nada fala Murguía no seu «El Arte en Santiago...» de D. Manuel Antonio Menéndez, fino artista que decorou pulcramente con ornatos miniados de vivas córes un dos mellores libros corales que hoxe usa a Catedral de Mondoñedo. Por si a nova presente servise de guieiro pra por ó descuberto unha das moitas figuras que no XVIII froreceron en Compostela, diremos que de tal libro de coro consta que foi feito por Menéndez no ano de 1780, en Santiago, e sendo fabriqueiro da Catedral mindoniense Don Francisco Xavier Lousada.
BOUZA-BREY.
A DATA DA CONSAGRACIÓN DA EIREXA DE LUGO
No Arquivo da mesma, n.º 3 do legaxo de «pezas antigas» figura un documento cuio pé di eisí:
«...facta donatione anno XXX IIIIº Regni Religiosi principis Adefonsis, presentibus Episcopis et Comitibus in media Ecclesie Dei, die consacrationis templi. Il uonas muias era D CCCC a. XXX VIII.»
«Item quoque Domnus ac genitore noster Hordonius princeps mente custa obtulit Sacro Sancto Altario uestro. Ego confirmo...»
Ou seña, dado o día 6 de maio do 899, 34.º do reinado de Alfonso III, que ven á ser o día da consagración da devandita Eirexa.
X. LORENZO.
DOUS NOVOS MACHADOS DE TALÓN
Os inventarios dos machados característicos da segunda época do bronce gallego, do tipo chamado galego-portugués, compre engadir os que ten no seu poder o labrego Dositeo Pérez Couso, veciño da parroquia de San Xurxo de Piquín (Lugo) quen os topou n-un prado da sua propiedade do lugar do Pousadoiro da dita freguesía. Son eles de bronce, de dous anelos que conservan. Nada podemos decir das mensuras e características por non-os ter ollado, debendo esta referencia ó noso culto amigo D. Avelino López Otero, tan coñecedor da terra luguesa en que vive, quen nos dixo foran topadas tales pezas prehistóricas hai cousa de cinco anos.
BOUZA-BREY.
UNHA OBRA DE FREI MANOEL DOS MARTIRES
A eirexa actual de Santa Mariña de Ribeira, parroquia do Concello da Estrada, emprazada na orela esquerda do Ulla, de traza neo-clásica, con pórtico de catro grandes columnas de orden corintio —se non nos falla a memoria—, coroada a faciana de frontón triangular en cuio ángulo érguese a torre e cuio frontis leva o escudo dos próceres presenteiros, é obra, pol-o que fai á pranta, se entende, do arquitecto sonado no século XVIII Fr. Manoel dos Mártires. Consta isto de un acta notarial conservada no arquivo parroquial, de data de 20 de Novembre de 1762, pol-a que o Rector D. Bernardo Cuer-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/81/81d2/81d28ce3-4f21-426c-9d13-cccbc23a5115/115722312.xml
primoroso de su hechuras corresponden las mas a la clase de Bellas Artes.
A verdade é que o Botafumeiro de prata desapareceu pra sempre. No seu lugar parece que se fixo outro de ferro, aínda que non se pode probar. O Libro 10 de Fábrica, na data do 1812, na partida do caldeireiro, nos di: «Mas 120 reales pagados al Caldereiro por la composición del Incensario grande (1). ¿Foi esta compostura pro Botafumeiro de ferro? Non sabemos. Sigue o misterio. N-outro Libro de Fábrica, ano do 1846, tamén na conta do caldeireiro atópase: «En Mayo por componer el incensario grande». E nos comprobantes de contas d'iste mesmo ano ainda dimos con un recibo do dito caldeireiro por haber reparado o incensario grande d'unha «abolladura».
A sorpresa chega ca publicazón d'un artigo de Neira de Mosquera no «Semanario Pintoresco Español», ano do 1852, páx. 339, dino de ser reproducido:
«El actual incensario fue construido en el año pasado por el laborioso artista Losada. Se compone de una cúpula de una vara y cuarto, sobre la cual descansa otra segunda cúpula de una cuarta y media, que completan los seis piés de altura. Su circunferencia es de tres cuartas menos dos pulgadas. En la faja circular, de la que salen las cadenas que se reúnen sobre la cúpula superior, se han esculpido ocho plintos, cuatro con conchas doradas a fuego y cuatro con las armas de Santiago. El incensario antiguo, como se reconoce por la presente copia, aunque de diversa hechura porque representaba un brasero con rejillas boleadas, a semejanza de los pebeteros moriscos, tenía las mismas dimensiones. El actual incensario es de latón plateado, así como el antiguo era de hierro. Se conserva la tradición de que antiguamente era de plata el botafumeiro, trayendo a cuento una remota fundación en la que se habla de fumes ó perfumes é foles na cabeza aludiendo al incensario y a las mitras de las dignidades que salen en las procesiones solemnes».
É probabre que Neira de Mosquera coñecese ao prateiro Xosé Losada e que recibise
os datos enriba mencionados sobre o novo Botafumeiro de metal. O curioso é que afirma que é unha copia do antigo e que lembraba aos pebeteiros dos árabes. É de estranhar, non obstante, que chame ao Botafumeiro de ferro antigo, cando na realidade non tiña tantos anos, si é verdade que foi feito despois do 1809.
Tampouco fun de sorte no achádego de cando se fixo iste novo Botafumeiro e de sel-o seu autor Xosé Losada. Por máis que mirei ben no Arquivo da Catedral, non poden atopar ren. Soio unha conta firmada no 15 do 1850 polo pintor Manuel García, nos comprobantes do 1850 ao 1852, acháse: «Por pintar una lacena para el incensario grande de color caoba y azul».
Tamén no «Libro de Fábrica do 1852 rexistramos: «En Junio por 7 1/2 libras de bronce para dos chapas del incensario grande».
E sendo iste Botafumeiro, por decilo así, d'onde, ou sexa de meiados do século XIX, non pode documentarse suficientemente.
Non comprendemol-a falla de tal documentación no Arquivo da nosa Catedral Compostelán.
O Botafumeiro, é verdade, dou inspirada literatura e sigue producindo moita máis. Non obstante ben pouco sabemos da súa historia. É grande, impoñente cando voa pol-os aires. No chan xa nos parece moito máis pequeno. Non é o mesmo. Chegamos a non darlle importancia e ata esquecelo no rincón colgado d'un brazo de ferro. Ali, na Biblioteca da Catedral, atópase cheo de vergoña e á curiosidade dos turistas. Cala como fera engaiolada. Algúns, que non comprenden, o miran con desprezo. Pra istes sigue sendo aínda unha «antigualla». De boa gana o suprimirían, o botarían á basura. Mais se impon a tradición, o bo senso, o pobo. Non é posibre que chegue a desaparecer nas festas da nosa Catedral un dos seus motivos máis interesantes, xa con raíces na alma galega e compostelán. O Botafumeiro é un pobo sempre unido coa Catedral. É tamén unha visión de lediza das moitas perdidas da Edade Media. Compostela soupo conservala. Agora ten que defendela. É unha costume que se remonta denantes do século XIV.
Xesús Carro García
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/81/81d2/81d28ce3-4f21-426c-9d13-cccbc23a5115/115722321.xml
NÓS
LA PAIX DE DEMAIN, por Dr. J. Rateau-Landeville, Macon, 1932,
En todal-as bandas do mundo hai utopistas de boa fé, non é somentes nos pobos slavos. O qu’acontez, é que nos pobos slavos non desdicen; mais o que é por estas bandas d'Oucidente, quérolles un conto. E asi e todo, hainos, e cand'os hai na asisada Francia, patria da orde mental, pódese creer. E por certo quiste tema da paz perpetua foi de cote ben acosado a que sobre dil fantasiasen os soñadores, coma que, se m’apuran, por pouco lle chega a solver o siso ao, propio Kant.
O Dr. J Rateau-Landeville dí no seu primeiro capidoo (La marche à l'abime, cousas que non deixan d'estar atinadas. Amóstranos coma os pobos oucidentais prepáranse pra se destruiren os ús aos outros, preparando incoscentemente unha nova hecatombe que sera proveito pra a revolución que dende Kusia espreita a ruiña do noso mundo pra se botar riba do que quede.
Deica iste punto, e ainda un pouco mais adiante, a cousa non vai mal pensada. Mais logo, o Doutor preséntanos un programa cumprido de preparación da paz que por certo non é estrano que nos solprendera d'abondo, posto que por il pudemos ver qu'a preparación da paz é moito mais difizle qu'a paz mesma, unha utopía de gran estilo que nos lembróu a de certo bruxo de Pontevedra, residente na illa de Cuba, do que temos lido hai moitos anos un curioso follcto. Un goberno universal, c'un Centro económico en Ginebra, único poder legislativo do mundo, qu'estará dividido en regios económicas con consellos de paz e conselhos de cultos compostos de sacerdotes das diversas confesións religiosas, lingua universal, esco.a única, supresión dos partidos políticos, das eleiciós, do sufragio universal, da imprenta que non seña oficial, do dereito á folga, dos títulos de nobreza, dos trusts, das casas de jogo, etc., etc. Todas estas medidas, nada menos, senon moitas mais nos propón o Dr. J. Rateau-Landeville, pra conseguirmol-a paz perpetua. Poda que haxa quen pense que é millor deixar vir a guerra e o bulchevismo.— V. R.
CONCEPTE DOCTRINAL DEL VALENCIANISME, por Joaquín Reig Rodríguez 'Discurs, amb resposta de Salvador Carreres i Zacarés, en Centre de Cultura Valenciana, 1932).
Despois d'unha alusión ao cámbeo da vida hespañola, favorábel ás reivindicacións das terras hispánicas, define a idea d'Impe-
rio, desfacendo a mala inteligencia dos conceitos d'unidade e uniformismo. Insiste no conceito totalizador do Valencianismo, que afecta a todal-as manifestacións da vida do país, en todas as quales persegue o rehabilitamento da sua personalidade: posesión da lingua propia, impulsión dos seus intereses económicos, defensa dos dereitos, órgano de goberno autónomo. Respeito do problema cultural, cita estas verbas d'Alfred Zimmer: «Si Oxford chegara a ser unha metrópoli intelectual coscente que propagara unha cultura imperial, aixiña degeneraria, perdería a sua característica vitalidade inglesa e as regiós a onde tornaran os seus estudantes habian degenerar tamén. A metrópoli anquilosa ríase dunha artificiosidade fría e pedante, talmente coma s'anquilosou Atenas, de maneira tamén artificiosa, baixo da dominación romana, cando os homes iban aló por milleiros pra obteren cultura namentras a Grecia inteira morría.» Pon os exemplos de Finlandia, Irlanda e Flandes, erguendo as suas linguas restritas contra linguas de moito máis espandimento. No aspecto económico, caracteriza a economía valenciana coma esencialmente de esportación, pendente do mercado europeo que —cousa que debemos ter moi en conta— os valencianos conqueriron por iniciativa particular, sen ajuda do Estado. No aspecto político pronúnciase contra das divisiós e banderias e proclama a necesidade de partidos propios, independentes dos outros. Pol o derradeiro, fala das estreitas relacións culturais con Cataluña, Mallorca e terras occitánicas.—V. R.
CONTRIBUIÇÃO PARA A ANTROPOLOGIA DA IDADE DO FERRO EM PORTUGAL, por A. A. Mendes Corrêa, Porto, 1931.
Estuda eiquí o ilustre Diretor do Instituto de Antropologia da Universidade do Porto catro cráneos e algus ósos máis procedentes da necrópole pre-romana de Alcacer do Sal, esporada pol o Prof. Vergilio Correia. Sendo unha necrópole d'incineración, ises restos proceden d'esqueletes imperfeitamente queimados, ou d'escravos sacrificados e inhumados na sepultura dos seus donos. O seu intrés está en seren os primeiros restos osteológicos da Edade do Ferro qu'apareceron en Portugal.
Amostran ises ósos un tipo braquioide, un pouco prognato, un pouco platicétalo, de estatura mediana ou inferior que o A. non podeu aproximar con ningún dos braquioides que se coñecen en Portugal, e que lle parez ter afinidades co celto-bretón ou ligúrico da raza alpina, ou cecais millor co braquicéfalo pequeno norte-africano, isolado por Ber.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/81/81d2/81d28ce3-4f21-426c-9d13-cccbc23a5115/115722315.xml
NÓS
o día adoitado pra iso, básanse, asegún o informante, n un feito real acontecido hai xa anos, mais que chamou tanto a atención da xente, que a cantinela, creada cando o sucedido era recente, repiteuse en anos sucesivos, deica o día de hoxe.
Se non pode dicir qu'esta sexa unha composición parodisteca mais é ditada polo mesmo espírito que dita ás parodias diversas de cántigas tradicionais. É unha cántiga de bulras, com'as que n-outros lados botan polo entroido, comentando os acontecementos locais do ano, que chamaron a atención polo seu chiste e que fixeron rir tanto á xente, qu'esta considerounos dinos de fixar a súa lembranza en forma poética. Sorte de crónica humorística local rimado. Igual acontece co-as cántigas dos Maios, n-Ourense e n-outros lados, somentes que nas cibdades, os acontecementos comentados solen ser de carácter público (política, vida municipal, etcétera) e non somentes da vida privada como é o caso nas aldeias. O lugar de Lamela, de onde procede esta cántiga áchase perto d'Ourense, pola estrada que vai a Trives.—V. R.
OS HOMES, OS FEITOS, AS VERBAS
LETRAS DE FORA
LIBROS CHEGADOS
I. ERNST-ROBERT CURTIUS: «Essai sur la France».
II. ALDOUS HUXLEY: «Voyage d'un exceptique autour du monde».
III. ALFRED DOBLIN: «Wang-Lonn».
IV. VALERY LARBAUD: «Léchnique».
V. MAX BROD: «TYCHO BRAHES weg su Gott».
VI. HENRI BERGSON: «Les deux sources de la Morale et de la Religion».
Curtius enxerga ben a Francia por ser un bon europeo. Cousa pouco doada pra un xermano por moito que teña cavilado nas quentes roinas de Delfos. Mais Curtius non sinte a Europa como a sentiría un goethiano: en estilo arquitectónico. Sintea en estilo musical. No arquitectónico entra a chousa do pastor e a roina ilustre. Categoirías, e un fondo escolleito pra xogar á traxedia. No musical cantan as almas dos pobos, e no seu tempo a máis homilde pode encher o mundo. No lírico — ao rivés do tráxico — non hai crases. Hai verdade de sentimento.
Curtius soergue os valores máis apreciados pol-os mesmos franceses. Participando ás veces do entusiasmo xeneroso de Michelet destaca a sua prudenza do bo europeo, redocindo os imperialismos franceses á un soilo: París. Ista idea latexa no tecido fino, denso e craro do libro, abrangue aos franceses — napoleónicos, victorhuguescos, panproustianos — na gabanza do aire fino e criador de Lutecia, que o autor alemán sabe respirar ao igual en Balzac, nas loitas da Liga, na praza dos catro Bispos, nos parques novos e na banlieue comunista que soña con Moscú e Shangay. Libro leal, de bo nacionalista, de bo europeo.
Desque César choutou o bravo fuxir do Rhin, cecáis dinantes, apenas foi posible que os Vosgos e a Silva negra, se consideraran con faciana de diálogo. Sempre polémica, guerra, nos millores istantes gurrar de bois do carro europeo. Cos incendios de Louvois castigando ó Palatinado, suceden os xardíns versallescos de Postdam. Conquista, non comprensión. Baudelaire cisaltando na Francia a enerxía do solpor no bosque wagneriano, rubro de deuses, foi o efecto dos imitadores xermánicos das traxedias racini 22 s. Inglaterra e Francia, apesares de moitos séculos de guerra, interferíronse con contianza porque as ondas endexamáis son fronteira. Pode a mar ser amor con afastamento, en ningún caso a cicatris queimante da fronteira ao largo de terras dubidosas.
O escéitico sempre está ben. Precisase en cada vila, academia, corporación ou familia. Calquer aldea da Galiza ten seu mestre de ceceiticismo, cantando cebolas ou amo-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/81/81d2/81d28ce3-4f21-426c-9d13-cccbc23a5115/115722318.xml
16
xe deixounos dúas Relacións, que fan d-il un bío náutico e xeógrafo, arrincoados outros tidoos máis brilantes que non levan á nin gures.
Derradeiramente fai o P. Turlong un catálogo das obras inéditas, perdidas, mapas e plans do P. Quiroga.
L. G. C.
UN LIBRO DE L. L. HAMMERICH,
Fai xa arredor d'un ano que chegou ás miñas mans un libro do prof. danés L. L. Hammerich, que leva o seguinte tidoo: *Visiones georgii, Visiones quas in purgatorio Sancti Patricii videt georgius miles de Ungaria A. D. MCCCLIII*. Köbenhavn [Kopenhaguen], 1931; 5°, 320 p.+3 fotocopias ao fin (Publicacións da Klg. sánske Videnskabernes Selskab, — Historisk-filologiske Medelelser XVIII, 2) e non temos falla de siñalar eiqui o seu rol na moi abondosa literatura xurdida encol o tan soado logar de pelerinaxe. Mais atópase n-ista obra un anaquiño pequeno qu-é d-intrés pr-ós galegos. Xurxo nobre húngaro, e xefe n-Apulia pol-o rei Lois d'Ungría, doido da sua vida pecadenta, partiu pra Roma, a pé e sen decir ren a nin guén. Ali foronlle perdoados seus pecados; mais quixo ainda facer o romaxe a Sant-lago de Galiza, por mor de penar n-istas partes deica que Deus lle dixese que fora perdoado no ceo. Chegado diante ó Apostol e feital-as suas devocións, preguntóulles ós cregos da eirexa catedral por un logar alonxado dos homes e foille siñalado un chamado San Guillermo á beira da eirexa de Santa María de Fisterra, *distantem a ciuitate sancti Jacobi per duas dietas*. Ali camiñou o santo peleriño, servindo n-aquela soedade uns cinco meses, a pan e auga. Mais espallouse; a nova antre aquelas boas xentes e todos correron a velo. Entón, temendo pol-a saúde da sua i-alma, púxose de novo en camiño par-a Irlanda, onde aconteceron as cousas que nos conta no seu libro. — Fora do siñalado, a hestoria de Xurxo non di ren da nosa terra.
L. C. G.
DAS ORIGENS DA POESÍA LÍRICA EM PORTUGAL NA IDADE MÉDIA. por M. Rodrigues Lapa, Lisboa, 1929.
Este libro é d'aplicación a Galiza tanto como a Portugal, e d'unha necesidade indispensable pra o estudo da nosa literatura da chamada Edade Meja. O eruditisimo A., que coñece moi ben a nosa literatura popular, e qu'a pón a contribución pra o seu estudo, non distingue, nos tempos a que se refire a sua investigación — séculos XI a XV principalmente — antre cultura portuguesa e cultura galega, senon qu'atirma coma nós unha cultura común galego-portuguesa qu'o afastamento político non alterou en moito tempo.
Nos capítulos I a IV, o A. vai pasando en riola as diferentes téses espricadeiras dos orixes da nosa poesía medieval. Comeza pol-a teoría arábiga, sostida por Barbieri, André, Conde, Schack, Burdach e Ribera, que quer derivar todo o lirismo europeo do dos árabes, especialmente o hespañol, asegún Ribera, do sejel andaluz, por il estudado no canzoeiro d'Ibn Cuzmune. Despois a de Alfred Jeanroy, que trai o lirismo románico d'un lirismo francés cuito e uristocrático; a de Gaston Paris qu'o tira d'unha lírica popular latina nascida das antigas festas pagás, teoría que relacion co-a antropológica de Teófilo Braga, que He dá unha orixe popular debida á influencia racial lígur, e que volve en Ed. Wechssler, e inda antre nós en Filgueira Valverde; ados meio latinistas: G. Neyer, Ed. Wechssler, Vossler, Scheludko, Brinkmann, Amador de los Ríos, Oviedo Arce, etc., que a deriva da literatura eclesiástica medieval, e do que se conservaba da antiga (Ovidio, principalmente); e a litúrgica que filia as formas poéticas dos trovadores nas dos cóntos litúrgicos (tropos, sequencias, prosas, antifonas, etc), na que tiveron influencia grande os estudos musicográficos de Beck, e que foi acollida pol-os meio-latinistas. A esta tése acóllese con razós por demais ben fundadas o A. No tocantes a nós, compre ter en conta o infruxo dos hinos mozárabes e das prosas que se conservan nos códices d'Alcobaca, das que en 1927 publicou catro Fr. Fortunato de S. Boaventura, en Coimbra unha d'elas do soado Adan de S. Vitor. Semella probado que eisisten, principalmente na Península, unha poesía popular litúrgica imitada da oficial da Eireja, e que se cantaba en latín, e ademais parodias e imitacións de senso profano e ate licencioso e obsceno.
A transición da poesía litúrgica para a profana, que o A. estuda no cap. V atópase precisamente n-esas parodias (*Cena Cipriani, Officium Lusorvm, Nissa de potatoribus*, etc.) debidas principalmente aos goliardos e clericá vagantes, e en composiciós semiprofanas (*os joca monachorum*, os chamados *psalmi compositi*, qu'os Concilios de Lugo e Braga prohibe que se canten na eireja, etc). As suas formas qu'eran as da liturgia verdadeira, foron imitadas nas poesías en romance, e en poesías bilingües qu'ajudan a marcar a transición.
No cap. VI, trata do lirismo pre-trovadoresco, ou sexa, do anterior á introducción da
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/81/81d2/81d28ce3-4f21-426c-9d13-cccbc23a5115/115722323.xml
A higiene dos nenos
é a garantía da sua saúde física e
moral o día de mañana.
No diario asco dos nenos empree o
“Jabón Sales de la Toja”,
único que ás suas altas calidades
meicinas xunta toda a finura e pre-
fume d'un xabón de tocador.
Contribuie ó perfecto des-
enrolo das criaturas e evita
o perigo da escrófula e
o raquitismo.
JABÓN
LA TOJA
ÚNICO EN EL MUNDO
O Xabrón da Toxa
é o mellor.
Honra á Galicia no
mundo enteiro
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/81/81d2/81d28ce3-4f21-426c-9d13-cccbc23a5115/115722311.xml
NÓS fumeiro caeu a promo sen ferir a ninguén nin aos catro homes que turraban das cor das.
Na foto, que é d'istos tempos, nos mostra cinco homes. Algunhas veces chegan a ser máis.
O Botafumeiro, na caída, foi dar debuixo d'un taboado que estaba armado prás comedias do Corpus. Quere isto decirnos que as comedias se celebraban no interior da Catedral e no valado antre as reixas.
A nota cala sobre o estado en que quedou
Foto Ksado —(Prohibida a reproducción)
o Botafumeiro. As «Actas Capitulares», os Inventarios, os Libros de contas non poideron darnos outras novas.
Pensamos que na mente de algún coengo o Botafumeiro seguiría sendo unha «antigua lla». Se gardaría moi pechadiño n-algún rincón. Saldría soio cando houbese procesión mitrad e despois de facer a sua carreira voando pol-as naves do cruceiro volvería como unha fera a ser pechado.
E atopamos no Libro 2° de Fábrica do 1673, folio 282, istas liñas: «Mas se le passan enquenta ciénto y sasenta y quatro rea les que ualen 5,576 maravedisis, que pagó por una guindaleta nueba para el Yncensario, que pesó 48 libras, e rracon de tres Rea les y quartillo y ocho de porte desde Pontevedra a Santiago».
Iste arranxo reforzaría un pouco a vida do Botafumeiro, tal ves ca lediza do pobo e tristura dos coengos.
Outra compostura, asegún pode verse n-un comprobante de contas do ano 1729, nos refire: «Por estañar y componer el encensario grande, 360 reules». É firma: Thomas Seoane.
Despois d'iste ano, a Catedral Compostelán é completamente un formigueiro de obras grandiosas, onde o barroco iba a sair trunfante na fachada do Obradoiro. Eran tempos de outras preocupacións. O Botafumeiro teria que figurar como un vellete de moito anos.
Sona entón o ano do 1809 na nosa terra. Ano da francesada, de guerras e de revoltas. Ano no que desaparecen tantas cousas e ano tamén que leva todal-as culpas. É polo mesmo o coengo Zepedano (1) nos expresa:
«El antiguo incensario que era de plata; pero habiéndolo llevado los franceses con otras muchísimas alhajas en 1809, se mandó hacer otro de hierro, y últimamente de metal blanco. Tiene de alto cerca de dos metros, y gira de Norte a Sur hasta poco antes de concluirse la procesión».
Non sei, en verdade, que documentos teria o coengo Zepedano pra afirmar que o Botafumeiro foi levado pol-os franceses. Nós non poidemos atopar a máis pequena nova. E no nos expresa como tal peza non ven na (2) «Razón individual de las alhajas de plata que se entregan al Gobierno de las necesidades públicas», nin tampouco n-un priego tituado: «Relación de las alhajas o oro, y plata, y otras preciosidades, que de orden del Gobierno intruso Francés se han sacado ela Santa Yglesia de Santiago, y que por lo
(1) Obra citada, páx 101.
(2) Arquivo da Catedral de Santiago, Estante número 5 caixón 1. «Inventario de Alhajas, ornamentos etc 1835-1854 y 1900».
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/81/81d2/81d28ce3-4f21-426c-9d13-cccbc23a5115/115722317.xml
NÓS
LIBROS
General RIBEIRO DE CARVALHO. *Chaves Antiga*. Lisboa, 1929. Ofic. da Soc. Nacional de Tipografia, Rúa do Século, 59. 315 páxinas.
O xeneral Ribeiro de Carvalho, prestixioso historiador que nas páxinas da imprensa diaria tiña xa dada mostras do seu talento, brindanos agora n-un groso volume os resultados da suas investigacións en col da vella *Aquí have*.
Trátase de un libro ameno e de doada lectura no que a densidade da documentación non se fai nunca pesada e no que a parte lendaria, etnográfica e folklórica, tan necesaria nas monografías de iste tipo, non foi esquecida.
Dende a época román até os tempos da proclamación da república portuguesa pasa revista o autor á todos os sucesos notábeles acaecidos na cidade fronteiriza e acerta á presentalos de un xeito vivo e ben encadrados no seu marco adecuado.
As partes máis desenvoltas e ben tratadas son as que fan referencia ó século XIX e que van tidoadas *A campaña de 1801, A defensa de Chaves en 1809, A revolución de 1820 e Chaves nas lutas civis*. Hai ali noticias intresantes que haberán de seren tidas en conta cando se trate de aqueles revoltos períodos da vida do país irmán.
O aspeito militar de todas istas loitas pareceunos, xa que nós somos alleos ás cencias de estratéxia, táctica e logística, que están mirados por un ollo esperto e coñecedor do oncio.
Bótase de menos na *Chaves Antiga* unha mención máis ou menos amiudada dos vestixios protohistóricos, principalmente dos castros que arrodean a ilustre cidade portuguesa e os que poderían ligarse os seus orixes. A descripción xeográfica do territorio gañaría asimesmo, de seguro, se o autor lle houbera concedido unha atención máis teimosa.
De calquer xeito istas fallas son ben pequenas se se poñen en comparanza ca labor de investigación levada a cabo e ca abelencia e tino literario con que aparece es posto.
Un boo libro en resume, ben merecente de ser lido e estimado.
F. L. C.
XOAN RODRIGUEZ DO PADRON
O P. Atanasio López ven de facer n-as páxinas prestixiosas do *Archivo Ibero-Americano* t. XXXV 1932, pp. 89-112, 205-224, 366-393) un ensaio detido e erudito da documentación hespañola contida no novo volume do *Bullarium Franciscanum*, publicado fai pouco polo P. Ulrico Hünemann, O. F. M. Abarca de 1431 a 1455 e n-el atópase representada Galiza por un bo feixe de documentos, os que o P. López non soio siñala senon que oponlles moitas adicións propias. A historia eirexástica de Galiza no século XV atópase dend'hoxe alumeada con novos respraridores. Teñen, sobre tudo, unha notabre importancia as novas noticias que áchanse n-il sobre *Juan Rodríguez del Padrón*, que veñen á botar por terra moitas afirmacións e conxeturas quen col d-él viñanse facendo deica agora. Eisi achamos que no ano 1441 vestiu o sagal franciscán no convento de Xerusalén, no coal xa profesara en 1444; vemos asimesmo que foi coengo en Sant-lago e Tui e tivo outros benficios n-istas diócesis e na de Lugo.
¿É unha lenda, logo, a sua entrada en Herbón? Conven agardar a publicación do volume seguinte do *Bullarium Franciscanum*, o cal poida ser que alumee iste punto.
Dende logo, os novos achádegos poideran sela base pra un revisamento da cronoloxía das suas obras e ainda pra unha nova e completa bio-bibliografía do gran galego.
L. G. C.
O P. GUILLERMO TURLONG
A dicado dende algún tempo á recolleita de datos encol da siñificación de Galiza na historia d'América, téñome moitas vegadas laiado da falla de monografías feitas con seriedade sobor das principais figuras que fixeron florecer ali o nome da nosa terra. O P. Guillermo Turlong y Cardif, S. J. ven d'apoñer o seu esforzo á ista laboura co estudo seguinte: *El Padre José Quiroga* (Publicaciones del Instituto de Investigaciones Históricas, núm. LIV). Buenos Aires, 1930; 4°, p. 96. O traballo do P. Turlong, que non pode ser sospeitoso de parcialidade, alumea moitos feitos da biografía quirogana, encol dos coaes viñanse facendo as máis disparatadas afirmacións. O P. Quiroga nasceu o 14 de marzo de 1707 no lugarexo de Fabal (Pontevedra), non en Villasante, bispado de Lugo, nin n-un pobo á beira da Coruña, coma tantas vegadas vimos nos autores. Entrou na Compaña de Xesús o 12 de marzo de 1736 e partiu pra Bos Aires en Xunio de 1745. No 5 de decembro d-iste ano foi n-a fragata *San Antón* pra predicar o Evanxeo ós Patagóns, Serrans e Pampas. D-iste via-