https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157183&posicion=1
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/79/7929/792929a3-fd65-4bfb-818f-558642ec4f03/115718321.xml
NÓS
Suárez Picallo, outro do Monte Medullo de José Abella, excerplos de libros galegos e outras cousas de mérito e intrés
OS ESTRORDINARIOS DE PRIMEIRO D'ANO
Como de cote, son os xornás de Vigo os que dan a pauta. Foron notabres os números de El Pueblo Gallego e Faro de Vigo, que xuntaren pra ise dia as millores firmas da nosa Terra. Iban esas firmas ó pé de traballos ben dinos de seren conservados e lembrados. Non hai dúbida qu'a imprensa galega ten hoxe un tono espiritual ben mais alto qu'a de Madrí; estamos xa n-esto emancipados. É pol-o tanto nosa imprensa hoxe en dia, un bó istrumento de cultura popular.
GIL VICENTE. Guimarães
Os volumes números 5 e 6 da 2.ª serie d'es-ta interesantisima revista mensal literaria e de cultura nacionalista de Portugal contén o seguinte sumario: O anatema da Flandres. Prelúdios da Traição de Lesa-Pátria, por João de Ourique; As caravelas, por Rui Galvão de Carvalho; A mata (conto) por Francisco de Queiroz; Velharias Vimaranenses; Documentos e Efemérides (1826. Guimarães ha 100 anos), por João Lopes de Faria; Janela do século XVI (gravura) desenho do Dr. Luís de Pina; Sohando ao pé do mar!.. por Parente de Figueiredo; As bruxas de Pencelo, por Alberto Vieira Braga; Vária. Das Ideias e dos Factos, Redação; Vitrine dos Livreiros - Dos livros e dos Autores, por Horácio de Castro Guimarães; Publicações recebidas.
Se en xeral todas as revistas de literatura e cultura teñen intrés para nós, as que nos envian do país irmán, Portugal, teñena en grado sumo porque en moitos casos son como complemento ou axuda da labor que nós mesmos vimos realizando. Por outra parte a compensación e coñecemento mútuo entre literatos e cultistas dos dous pobos ten unha grandísima importancia nestes tempos en que o Atlanticismo afincase fundamentalmente na conceencia de portugueses e galegos.
Imprenta LAR. Real, 36-1.º A Cruña
No Desterro, Da Terra Asoballada, Vento Mareiro, Na Noite Estrelecida e O Bendito San Amaro
poesías do poeta da raza RAMÓN CABANILLAS Pedidos a LAR - A CRUÑA
Dr. MOSTEIRO
MÉDICO ODONTOLOGO
Medicina e Cirugía da boca -- Electricidade -- Rayos X
A Clínica Dental mais compreta de Galicia
SÁNCHEZ BREGUA, 5-1.º A CRUÑA
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/79/7929/792929a3-fd65-4bfb-818f-558642ec4f03/115718311.xml
NÓS
9
QUOD NIHIL SCITUR
(Proseguimento)
Así preséntanos a nós a natureza as cousas qu'han ser coñecidas. Por esto dicía Aristóteles n-un pasaxe «acharse o noso entendemento con relación ás esencias das cousas com'os ollos do corvo con relación á luz do sol». O entendemento xuzga das cousas por similares. Poderá ser reuto iste xuízo? Poderíase isto tolerar se de total-as cousas que deseamos coñecer, recibiramos imaxes pol-os sentidos. Mais ó rivés, das cousas principais, non temos ningunha. Somentes as temos dos accidentes, que pr'a esencia da cousa, asegún din, non importa nada; da esencia é a verdadeira ciencia, e os accidentes son os mais desprezables dos seres. Por estas cousas sensibres convén conxeturar as demais.
Logo as cousas que son sensibres, grandes, desprezables (os accidentes e as cousas compostas) son coñecidas por nós de calquera xeito. En troques as que son espíritus, sulis, subrimes (os principios das compostas e as cousas celestes) de ningún xeito. E mais estas pol-a sua natureza, son as mais coñecibres, porque son mais perfeitas, mais entes, mais simples, as tres calidades que producen a coñecencia perfeita. Pra nós son menos, porque están mais arrededas dos sentidos. As qu'están mais perto d'istes son mellor coñecidas; non por outra razón que porque o noso coñecemento millor pende dos sentidos. Pol-a sua natureza non son nada coñecibres, porque son moi imperfeitas, case nada. O Ente, é o ouxeto, o suxeto e o principio de toda coñecencia, de todo acto e de todo movemento.
Olla canta ocasión d'ignorancia se nos presentou. Malo ver millor cando veñamos á explicación das cousas. Pois esto soilo foi dito en xeral; mais non demostra que nada se sabe. Nin eu tampouco me propuxen demostrar (usando a verba demostrar na lua similación), nin podería: porque non se sabe nada. Abonda ter presentado dificultades; si as podes vencer, xa sabes algo. Mais non has poder, a non ser qu'ocullamente ch'houberan mandado outro espírito novo. Poida qu'eso se poida facer, mais hasira d'agora non o vin. Tratamos do que é, non do que pode ser.
Mais as dificultades que hai nas cousas son mínimas se se comparan co-as que hai no que se coñece. Efectivamente, o qu'estiver dotado d'un entendemento perfecto e agudísimo e d'un sentido irreprensible, pode que poida vencer-as dificultades (concedereiicho gratuitamente; anque non poda, a non ser que haxa nacido con todas estas cousas perfeitas). Mais aresto semella o contrario.
En segundo lugar, na definición da ciencia había o coñecemento; en que se han considerar tres cousas: a cousa coñecida, da que xa se tratou; o que coñece do que trataremos máis adiante, e o coñecemento mesmo que é o auto do entendemento na cousa. D'esto imos tratar agora; mais o mais brevemente que poidamos. Pois ten seu lugar propio no tratado De Anima.
E por certo é dificilísima e está chea de perplexidades a contemplación da y-alma das súas faculdades e auciós; si é que hai algunha que non estea. Mais a escuridade sabe resto qu'agora investigamos, a coñecenza. Nada hai mais dino na y-alma nin mais escelente, qu'iste coñecemento único. Porque si o home o tiverá perfecto, sería semellante a Deus, ou millor, o mesmo Deus. Ninguén pode coñecer perfeitamente as cousas que non criou. Nin Deus as houbera pedido criar, nin criades, rexilas, se nonas houbera precoñecido.
Logo so lo Dios ten a sabencia, o coñecemento, a comprensión perfeita, o penetra todo. sabeo todo, coñeceo todo e entendeo; por que El mesmo é todo e está en todo; e total-as cousas están n-El e son por El.
Mais o hominicaco imperfecto e disgracionado, coma val coñecer as demais cousas, si non se pode coñecer a si mesmo, a que está n-el e coí? De que xeito vai coñecer as cousas mais auslrusas da natureza, ante'as que están as espí-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/79/7929/792929a3-fd65-4bfb-818f-558642ec4f03/115718323.xml
Augas bicarbonatado-sódicas de
MONDARIZ
FONTES DE GÁNDARA e TRONCOSO
Propiedade dos FILLOS DE PEINADOR
MONDARIZ—BALNEARIO está situado a 55 kilómetros de Vigo e a 20 das estacións de Porriño e Salvatierra de Miño
O Hotel do Estabrecimento está aberto do 1º de Mayo a 31 de Octubre
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/79/7929/792929a3-fd65-4bfb-818f-558642ec4f03/115718319.xml
NÓS
FLORES DE PORTUGAL, por Claudio Basto. Porto.
É unha recolleita de cen cánligas das mais lindas do pobo portugués, cantando, a Patria, o Trabalho, a Familia, a Relixión, a Filosofía, o Riso, a Tristeza, o Amor. Por suposto, estas derradeiras enchen a mitade do libro, e despois veñen as da Tristeza coma as mais numerosas. Xa o indica o insigne folklorista: «A Tristeza e o Amor são as principais Musas do nosso Povo».
A intención d'iste pequeno volume é antolóxica, e foi pol-o tanto o requintado criterio estético do autor de Flores do Frio, que presidiu a escolla. É un novo homaxe ó pobo poeta que é o d'alén e d'aquén Miño. Por fortuna, tamén eiquí se teñen feito antoloxias d'estas, que por certo deberan estar nas maus de lodos.
ESPUMA, versos, de Eduardo del Palacio. Avila, 1926.
Eduardo del Palacio, ligado a Galiza por vencellos familiares, profesor que foi no Instituto d'Ourense, é fillo e herdeiro tamén no espiritual, do gran poeta Manuel del Palacio. Non é dende logo, un poeta á moda d'hoxe; mais as modas pesan, e os poetas de verdadeiro sentimento, non son esquecidos. E non é que algunha vez non se deixe levar un pouco - non moi lonxe - pola corrente, case sempre por divertimento, coma no Scherzo funambulesco, publicado a primeira vezada n'Ourense, na revista La Centuria, ou o soneto To her neu sweet heart, escrito en francés, portugués, castelán, italiano, alemán, rumano e inglés, verdadeira mostra d'abelencia políglota d'un home que xunta no mesmo libro poemas en varias léngoas.
Mais tampouco lle dá moito por estes virtuosismos, qu'anque n eles seña mestre, non son a sua corda. Non; Eduardo del Palacio é un poeta suxeitivo e sentimental, puramente lírico, d'unha sinceiridade ben rara n'iste tempo, e o que é ainda mais dino de loubanza, cheo d'espontaneidade e de frescura moza.
A sua forma é sinxela com'auga crara, sen irrisacións d'asentes nin d'alcooles d'avangarda. A sua arte é imaxe do seu corazón aberto e san.
Hai xa tempo que se foi d'esta Terra onde deixou amigos que non esquecen, e agora chega o seu libro, inzado de lembranzas d'aquiles anos, puntuando instantes que pra todos tiveron o seu ledo engado...
REVISTAS
LA GACETA LITERARIA, Madrid, Xaneiro, 1926.
O emprendimento e os propósitos d'esta Gaceta son cousa dina de total-as nosas gabanzas, principalmente o recoñecemento - case tan difícil com'o da República dos Soviets por Norteamérica - en quasi-coincidencia de feito coa Real Academia Española, da igualdade pol-o menos literaria dos idiomas peninsulares. Recoñecemento non por debido menos d'agradecer do esforzo espiritual estra-castelán, qu'ademais, ven de bó lado. Todo esto e todo o demais, moi ben.
Non tan ben, a receta que pra desprovincianizarnos nos aconsella o Professor Ortega e Gasset. Non semella iso descender de provincia a suburbio? Eiquí había quen daba a receta oposta... E mais non deixamos coma il d'abrigal-a esperanza de qu'agora veña a nosa volta, cansos xa os outros.
D'outra beira, o noso amigo João de Castro Osorio ven proclamar, con acenos de vidente, o soño da cultura lusíada, antieuropea, arre-dada, imensa, embora pechada na sua lingua e na sua raza. Qual das duas voces é a nosa n-esta primeira folla da Gaceta literaria? Non queremos mais que perguntalo.
Hai unha voz galega: a de Correa Calderón, que pol-o d'agora non sona mais que lírica: A arela do neno doente.
En conxunto: os castelás dan unha nola de modernismo agudo, un pouco alqueirante: unha presa de cobizas, que xa é moilo; os catalás (Pi Suñer) de siso e posesión de si mesmos; os portugueses, ainda a saudade do que foi, feila esperanza; os galegos, lirismo.
E mais non deixa ler imitanza esta folla con certas publicacións catalás, especialmente na parte d'arte (que firma Antonio Espina) ainda nas reproducións.
S. N.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/79/7929/792929a3-fd65-4bfb-818f-558642ec4f03/115718317.xml
NÓS
cuaseque esquencida. Mais verdadeira Old England qu'a do goberno dos Hannover. Tamén pubrica dúas novelas de Deloney. (Thomás de Reading e Jack de Newbury) épica dos oficios com'os Mestres cantores de Nuremberg... elsaltación das corporacións, vastas cérballeiras humans soantes ós ventos do Medievo.
OUTRA VOLTA AMIEL
stivo desmasiado á moda. Na biblioteca do Ateneo (do segundo, o da rúa do Prado, e das barbas de Matias) eran, tanto o volume d'Aleda com'a versión da España Moderna (ouh, tempos prácidos pr'os Doutores novos en Direito, de Novicow, de Gumplowitz, dos rusos e lialías inda de vastas barbas!), dos libros mais usados, lixados, sudados, comentados, intreliñados, citados e fusilados. Mais parés que aquil Amiel era só un anaquiño de mostra. O diario ten dazaseis mil páxinas! Vánse pubricando novos anacos e val xurdindo outro Amiel, agora con complicacións amorosas. Ningún home levou mais adiante seu propio análisis. Estaría ben un libro (sen dúbida halno xá) sobra literatura xinebrina ou feita en Xinebra. Paisaxe elocuente, incirrados das prumas, Mont Blanc á vista, gosto da esmorga acrecido por fallar a Calvino. Tudo aquilo debe estar mollado de bágoas humanitarias i-os circos das montañas deben ir mostrando, no só-pór, as épocas espaciadas da Historia. De tudo o pregamento alpino do pensamento de Xinebra quédome c-a roca, nova ó sol entre o lazo, de certas páxinas de Rousseau e c-o estudo de Forel sobre do Lago: foi a iniciación da Limnoloxía moderna.
CAHIERS
MÉDRA a moda dos cahiers. Isto c-as edicións orixinales, as obras de luxo, caras coma xolas, ou peles de raposo azul, outras de medo luxo (como renard argenté, acrimatación das do zorro nórdico pr'os traxes de Magazin), as edicións da mais fermosa páxina, as de anivérsario, este, esmaltan os catálogos dos mercados de libros. De tudo falarémos prioulra vez si Diol-o quer e tamén da arte de lér os catálogos e do prestixio dos tidoos. Voltando
ós cahiers xa non teñen aquila ledicia de folla do pensamento individual com'os de Peguy, seu inventor. En xeral responden, densamente, a un sistema d'interrogacións. Cahiers Nouveaux (André Palmón, Maurois, Chenevière, Pérez de Ayala [La chute de la maison Simón]. Cahiers du Sud, Commerce (anuncia pra iste mes inéditos de Nieissche, Valery, i-on anónimo do sigro XIV: «Brûlement d'un hérétique). Cahiers contemporains. Serán istes tres volumes da serie que se propón amostrar feixes das millores opinións sobre dos problemas d'hoxe. i. O que sei de Dios. II. O home despois da morte. III. Mais alá do Amor. Hai molta palla e algunhas boas páxinas. Nótase a forteza do pensamento teolóxico católico, o terco surrir dos vellos materialistas fermosos tipos de señorcano, ancrados n-unhaxuventude lonxana, sentimentalismo literario que mal sobre o desespero interno, o bloque indo ocultista ben aveñido con cencias difíciles de especialistas. Lástema que recollan pouco mais do pensamento francés. Freud di no 3.º caderno que non s'alopa con forzas pr'o asunto e que o noso coñecemento non pode responder a pregunta do qu'hal mals alá do amor. Sobre calquera das respostas que fal.
OS DO MERCURE
Cales restan? Pubricanse libros de todos lles. Boa ocasión pra fazerse unha biblioteca á moda de 1910. Coldo que d'iles medran c-o tempo dous: Emile Verhaeren e Francis Jammes. A literatura de grande urbe ten un los-trigo e logo desaparece. Caladamente os poe-las da terra (cada un da sua) fican na paisaxe com'as montañas i-as fontes, sempre novos.
ESTÁ NO PRELO
DICCIONARIO GALEGO “LAR”
por LEANDRO CARRÉ ALVARELLOS
O mais completo dos pubricados hastr'o d'agora
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/79/7929/792929a3-fd65-4bfb-818f-558642ec4f03/11571832.xml
NÓS. BOLETIN MENSUAL da CULTURA GALEGA
DIREITOR LITERARIO Vicente Risco
DIREITOR ARTÍSTICO Alfonso R. Castelao
DIREICIÓN E REDAUCIÓN Sto. Domingo, 47 - OURENSE
ADEMINISTRACIÓN: Real, 36 1.º - A CRUÑA
ABONAMENTO
Doce números, na Península 6 pesetas
Fora da Península 15
Número solto na Península 1
Na Arxentina 60 centavos
En Cuba 30
OS PAGOS SON ADIANTADOS E OS GASTOS DE XIRO DE CONTA DOS SUSCRITORES
Este boletín non publica mais orixinás qu'os que foran directamente solicitados pola dirección. Tampouco se fai solidario das ideas n-eles emitidos, a non ser dos que por non iren rubrados, enténdense que son da Redaución.
SUMARIO
Poesía, por Alvaro María de las Casas.
Algunhas notas dos meus estudos sobre filosofía galega por Margot Sponer.
A paisaxe no Cancioneiro da Vaticana, por Xosé Filgueira Valverde.
Quod nihil scitur, tradución por Xan Aznar Ponte.
Archivo filolóxico e etnográfico de Galiza
Os homes, os feitos as verbas, pola Redaución.
LEA VOSTEDE A NOSA TERRA IDEARIUM DAS IRMANDADES
Administración Real, 36 - A Cruña
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/79/7929/792929a3-fd65-4bfb-818f-558642ec4f03/115718324.xml
PÚXOSE A VENDA
ROSTIAXIAPOR
ARMANDO
COTARELO
F. ROMAN E $ACO
DROGUERIA
e FARMACIA
Pereira, 19
OURENSE
Teléfono 28
ADQUIRA
SÍNTESE XEOGRÁFICA
DE GALICIA: POR P.
OTERO: PEDRAYO
TRES pesetas
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/79/7929/792929a3-fd65-4bfb-818f-558642ec4f03/11571833.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
Ano IX * Ourense 15 Xaneiro 1927 * Núm. 37
Ao marqués de Lozoya
No mais alto do monte un penedo,
un carballo n-o meio do val,
unha fror n-a fontiña, e no meio
do carreiro un vello,
qu-está a descansar.
N-o mais alto d'a espranza unha estrela
que brila brilando non s'ha d'apagar;
unha eterna surrisa pra qu-ela
ande pol-a terra
con nós a cantar.
Pero non, que pra min n'esta vida
n-hay espranza nen lus a lucir,
teño a morte xa n'esta ferida
que levo escondida
¡que é soio pra min!
ALVARO MARÍA DE LAS CASAS
Lamas de Outeiro.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/79/7929/792929a3-fd65-4bfb-818f-558642ec4f03/11571839.xml
NOS
Seu arco na mano a las aves tirar a las que cantavan non as quer matar. a las aves meu amigo (1).
As aves, símbolo do amor, aparecen nun Imponderabre poema de desdens feito por Nuno Fernandes Tornerol, o mais saudoso dos poetas do Cancioeiro. Reproduzoo integro:
Levad amigo que durmides as mañanas frías: total-as aves do mundo d'amor dicían leda m'and'eu. Levad amigo que durmidel-as frías mañanas: total-as aves do mundo d'amor cantavan leda m'and'eu. Total-as aves do mundo d'amor dicían: do meu amor e do voso i en mentarian leda m'and'eu. Total-as aves do mundo cantavan: do meu amor e do voso i en mentavan leda m'and'eu. Do meu amor e do voso en mentarian, vos lli tollestel-os ramos en que siian leda m'and'eu. Do meu amor e do voso i en mentavan, vos lli tollestel-os ramos en que pousavan leda m'and'eu. Vos lli tollestel-os ramos en que siian e llis secastelas fontes en que bevían leda m'and'eu. Vos lli tollestel-os ramos en que pousavan e llis secastel-as fontes hú se bañavan. leda ma'nd'eu! (2).
As vezes os refrans da nosa riquísima paremioloxía tópanse nas cántigas do Cançoleiro. Lembro un referente ás aves dito por Xohan Soares Coello.
Ca dice o verbo - ca non semeou millo, quen paxariño receou...
Outras vezes son as creenzas populares e os agoiros sobor das aves as que topamos nas cántigas: Xohan Airas, o humorista das superstibóns, fala moito dos corvos:
Unha dona, non digo eu cual, non agoirou ogano mal, pol-as oitavas de Natal fa por sua misa oir, e ouv'un corvo carnazal en non quis da casa saír... (3).
Don Pero Nuñez era en tornado e fase a Santiago albergar. e o agoiro sol el ben cater ca muitas vezes Fouv'afazañado; e indo da cas ó cel ouv'un corvo voraz e faceiro, de que Don Pero non foi ren pagedo. (1)
FONTES E CERVOS
Na paisaxe ren garda valor crótico que a i-auga. As fontes, os rios, os lagos, o mar. tópanse sempre nas cántigas d'amigo. O sou- telo somella sere escolleito, mais ainda que pol-o frescor da sua soma e pol-a sua vizosa e frondende verdura, pol-o proximidade, sonora e húmida, das augas. Non é do caso falar das moitas cuestions de folk-lore e de psicoloxía que suscita o tema pero si lembrar somentes, pols de todos é coñecida a persis- tenza d'iste valor nas creenzas e na literatura popular galega.
Adico este capitulo ás referenzas do Can- cloeiro ás fontes e ós corvos pol-a imposibili- dade de desglosar istes dous elementos d'ualha belida serie de cántigas de Pero Meogo en que aparecen esencialmente, e c'unha insistencia de xelo temático, constantemente aparellados. Cicais esta serie teña o seu orixe no: «Sicul cervus desiderel ad fontes aquarum, ila desi- derat anima mea ad te, Deus». de tan fondo ronsel na iconografía e na literatura do me- dievo; cicais poda sere interpretada de outra maneira. A forman nove cántigas (789 a 797) con unidade de asunto e que como as da serie de Codax e Zorro somellan mal ordeadas no Códice valicano. Esponto o seu argumento ordeándoas según o meu criterio:
790
A dona conta, en tres estrofes, como o seu amigo lle envio aviso de que non viña a vela e lle demanda vaia á fonte:
Por mul fermosa que sanhuda estou a meu amigo que me demandou que o fos'eu ver a la fort he hi, los cervos van beber... (1ª estrofe e engadida)
789
Fala a dona ca sua mai e dille que pol o
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/79/7929/792929a3-fd65-4bfb-818f-558642ec4f03/115718318.xml
16 OS ESTRANXEIROS EN FRANCIA
Dos vivos un outo poeta, da caste dos Novalis, con certo recendo de Edade Media inda que non-o leime, o vienés Rilke. Ten un ecoar dos violos románticos e debe saber filosofía, da grande. Dos mortos Conrad e Reymond. Sobre dos peisanos hai en Francia unha importante literatura d'hoxe. Poderíase clasificar pol-os antigos países. Conrad pode ser chamado o Laperouse das letras. Tiña os ollos virxes pra mirar os portos do hemisferio sud, os bouquets das illas de coral i-o afasiante pesadelo da Selva. Il polaco, de terra adentro cruzou e novelou en total-as syrtes lonxanas. En troques o vello Gide anda viaxando pol-o Congo e inda non viu un só hipopótamo. ¡Craro, com-os vai a ver si anda a caza de volvoretas e leva no bolso os Ser- mós de Bossuel! R. O.P.
AS NOVELAS “LAR”
O FILÓSOFO DE TAMARICA. por Xulián M. Magariños.
Humourista de bó xeito, moderniza un tema que mais pol-a vella tratara no seu tempo Enrique Labarta Posse. Cando arreparamos cantos filósofos de Tamarica — parentes sen dúbida dos tan soados sabios da Lamosa — hai fora de Tamarica, non poderemos por menos d'agradecer a Magariños o qu'houbera restituído, co tino e o xeito qu'il sabe facelo, iste tema ás nosas letras.
O xardín do castelo de Vidre, d'Alvaro María de las Casas, ten un certo lonxano valleinclanismo que lle vai moi ben. No piedosoque- larre dos árboles e dos homes, na noite clásica do San Silvestre, mistúrase — coma cando non hai aquelarre, pol-o demais — o misterio das almas co misterio da terra. E dito está qu'é unha pequena traxedia lírica, e pol-o tanto moi galega; obra de poeta merecente de mais longo comento.
S. N.
LEA VOSTEDE A LAR NOVELA GALEGA QUE SE EDITA MENSUALMENTE
HOSTIA, por Arnando Cotarelo.
O tema é mesmo de tentación pra poetas e filósofos. Priscilián é algo tan grande, encerra un misterio tan fondo, tan pouco craro, que non sel s'os galegos chegaremos endexamais a descobrilo. E quen sabe si moito do noso porvir non pende n'illi! Priscilián semella representar eiquí, no estremo ocidente, a cultura máxica, a gnose oriental; e mais quen sabe que lonxanos entroncamentos non terá co pasado céltigo!
O mestre Cotarelo, no meio da prosa requintada e sabia, escrita n-unha léngoa de rexo e arcaico enxebrismo, adubada e enxoiada de raras verbas das léngoas sabias e tecnicismos gnósticos, que rebrilan n-ela com'os cabuxós do nimbo d'un santo ou das tapas d'un evanxeliario bizantino, d'un drama case sen acción, ceiba eiquí e ali estrevementos que poideran ter trascendencia. O mestre Cotarelo, namorado do seu asunto fixose priscilianista mentres escribiu Hostia, e viveu algún tempo na herexía, coma discípulo do mártir de Tréveris... Que houbera dito o Cura de Fruime, de que co-esa devoción lle botaran abalxo unha das suas Vindicias? É o pior é que sabemos d'outros devotos qu'hoxe len eiquí Priscilián, tamén eruditos...
Ningún estilo mais axilado pra tratar do bispo e doutor — que se cadra, mais que herexe foi estravagante — qu'o estilo cheo de pompa oriental e de hieroglifismo sincrético — pseudomórfico, craresta — de pedra d'Abra- xas de Hostia.
E outra cousa: tiñamos en Galiza a novela histórica, de xeito romántico — Vicetto. López Ferreiro. Galo Salinas — derradeiramente, o drama histórico-simbólico — O Mariscal — mais nin a novela nin o drama propiamente arqueolóxico. Agora, D. Armando abriu o camiño.
V. R.
Non deixe de mercar
COUSAS por CASTELAO Prezo CATRO pesetas
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/79/7929/792929a3-fd65-4bfb-818f-558642ec4f03/115718313.xml
NÓS
Vin de San Andrés de Lonxe coa cesta na cabeza fun por mar e vin por terra, o Santo mo agradeza.
Indo para San Andrés escorrin, caín n-un toxo, ¡adios, toxo regalado, adios, regalado toxo!
Fun a San Andrés de Lonxe, fun aló, hel de volver: quedoume a miña monteira no altar por recoller.
Tres días hay que non como, tres días hay que non durmo para ir a San Andrés qu'está no cabo do mundo.
O divino San Andrés está no cabo do mundo: por lle ver a sua cara tres noites hai que non durmo.
Do Sr. Maciñeira
Indo para San Andrés, baixando o amilladoiro acordaronsem'as nenas; abofé, sei que me volvo.
Tanto estas cántigas, que conteñen pequenas variantes das publicadas polo Sr. Maciñeira no seu libro avantido, como as que van dispois, e que eu coldo que sexan inéditas, están recollidas por min directamente dos romeiros que fan a viaxe a San Andrés polo camino de Cariño a Teixido, pasando pola Herbeira, e do Santuario a Ortigueira indo por Landoy.
D'elas hainas por demais irreverentes e que lembran a outras moi coñecidas, sen que falten tampouco as piadosas qu'improran favor do santo ou o recordan con agarimo.
Pertenecen as primeiras as tres seguintes:
Meu señor San Andresiño feito de pau de sanguino Dios lle dea tanta forza com'ó porco no fuciño.
San Andrés de Teixido, pernas azules, curam estas verrugas non m'arrabúñes.
Variante
Indo para San Andrés prendeume a saya n-un toxo, ¡adios loxo rechinado, adios, rechinado loxo!
Fun ao santo San Andrés para o ano ei de volver; quedoume a miña montelra no altar por recoller.
Meu señor San Andresiño qu'estás no cabo do mundo: pra facerch'a romería tres noites hai que non durmo.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/79/7929/792929a3-fd65-4bfb-818f-558642ec4f03/11571834.xml
Algunhas notas dos meus estudos sobre
filoloxía galega
Como qu'é un deber, pol-o demais pra min ben grato, qu'eu a grandeza dend'elquií, e da forma mais cordial, todal-as atenciós, traducidas en facilidás e consellos pr'os meus traballos sobr'a lengoa galega qu'os señores don Vicente Risco, direitor da revista NÓS e don Antonio Couceiro Freixomil Inspector de primeiro enseño, tiveron comigo; con moilo gusto, e tendo n-elo grande honra, atenderel á súprica do direifor d'esta revista, Sr. Risco, d'eseribir algunhas notas sobr'o galego pra qu'aparezan n-estas llanas.
Hoxe limitarzime a algunhas notas soltas sobr'iste tema, por non ter rematado aínda o análise do tod'o material d'estudo que puiden recoller durante a miña estada en Galiza, e que tén coma fin primordial, esculcal-as diferen-cias rexionais do galego no tocante á fonéti-ca, morfoloxía e léxico.
É interesante tamén, a pesares d'encher ós bos galegos de tristura, ouservar no estado actual do idioma galego, a contaminación co castelao e cuio proceso podemos seguir alentamente.
No léxico dos pelsanos achamos en castelao moilas palabras que se refiren á eirexa, á meiciña, a espresiós novas técnicas, a xiros comús. Citarel entre varias notas collidas os seguintes exempros: a virjen, Santa Virgen (Francelos, Ourense) e Sarria (Lugo); namentras que con virxen designan ás rapazas solteiras, ________
comprenden baixo da forma casteláa virien somentes a Santa Maria. Din: ofender al Señor, servir al Señor, mais servir ó sei. Empregan sempre Dios e tamén o Padre, contrastando co-a palabra pai en moilas rexiós empregada pol-o pai de familias. Desapareceron no falar colián as formas antigas galegas dos nomes e son substituídas pol-as casteláas, así por enxempro Tereixa sustilúyena por Teresa e Taresa, Pijz por Félix, Giao e Jullao por Julián: mais consérvanse as formas antigas na toponimia: Sanfinz e Sanfiz (San Félix, en castelao), Santa Comba (Santa Columba), Santa Baya (Santa Eulalia), San Xiao (San Julián), San Bréixome (San Verisimo), ou en apellidos Oxea, de Euxea (Eugenia), etc.
A palabra febre tén xa en moilos sitios a forma casteláa fiebre ou con metátese: frieve e ademals calentura (Torre, preto d'Allariz, Ourense), e a antiga forma galega quentura apricase pra desinar a calor que dá olume. A antiga palabra galega doente, ainda viva no portugués, foi substituída no galego pol-a palabra enfermo conservándose doente pra desinar o can hidrófobo.
Falou xa o Sr. Risco n-un artigo no Pueblo Gallego de qu'a forma Tribuna é hoxe a mais usada e non Tribúa, porque os cultismos conser-van en xeral a forma do idioma d'onde proceden. Asimesmo fórmase hoxe o plural vagones, automóviles, ó xelto castelao, namentras que no portugués actual dominan ainda as mesmas leises fonéticas antigas galego-portuguesas e din vagoes, automóveis, etc.
(1) Os lugares entre corchetes indicas, entrostras, os sitios onde collín as formas citadas. M. S.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/79/7929/792929a3-fd65-4bfb-818f-558642ec4f03/115718312.xml
10 NÓS
tuds € anire elas a nosa y-alma, o que ausolu- ridade, senon que é calixmosa, escabrosa, as lamente non entende as cousas crarisemas e frusa, Innalcesibre, faniexada por mollos manifestas, que come, que bebe. que loca. que por ningún superada, nin superabre. Cecais il ve e que toca, ol? coma liña un inxenio agudisemo, estimouno
De certo as cousas qu'agora penso. qu'ei- facile E en verdade, lermosa e sabiamente es. qui escribo, nin eu as entendo, nin ticaudo as ecribeu da y-alma coma das demais cousas leas asentenderas. Xuzgaralas se cadrafermosa que tratou. Mais non ausolutamente, nin pol-o seu orde. nin todo. Dixo moilas cousas, as que mais nada sabemos. Inxustamente Escalíxer +, arrodeadas de verbas brilantes, engañon a anque doulisemo varón, chama ausurdo a Vi- nente e que inxeridas en abundancia parece que apagan a fame. Mais si as miros delido- y
4 natureza do entendemento está chea d'escuriz mente. Ó fin descubren o arlificio, e a cousa dade. Sia opinión de Vives é ausurda, eu que» — déixana lan dificile com'enantes, com'emosita» ro que me teñan por home ausurdisimo, por- remos no seu lugar
i que penso que non somentes está chea d'escu- (Continuarése)
Archivo filolóxico e etnográfico de Galiza
FOLKLORE DE SAN ANDRES DE TEIXIDO
Teno de confesar con toda sinxeleza e como un grande pecado que non-o perdono, que cando fun a San Andrés de Teixido pra facer a romaxe que todol-os cristianos estamos na obriga de facer mentras vivimos pra non-a ter que facer de mortos, alnda non tiña lido o intresantísimo libro que D. Federico Maciñeirapubricou esgotando por completo o tema do Santo de Teixido.
Descoñecendo a obra do señor Maciñeira dei en xuntar cantigas do San Andrés, do que xa non m'arrepinto, pois logo poiden comprobar que é tan escrupuloso historiador, cecais por non lle dar importancia, descoldou a parte do folk-lore que se limitou a tomar do que ó Sr. Pérez Ballesteros xa tiña recollido.
E como queira que entras cantigas qu'eu axuntei hai algunhas que non recolleroa nin- gún dos dous nom2ados escritores e ou ras son tan solo varianza das pabrizados pol-o señor Pérez Ballesteros, prenciplarel por Istas poñéndoas aparellados pra millor ouservar as diferencias.
Do Sr. Pérez Ballesteros Variantes
O San Andrés de Teixido O San Andres de Teixido está dereilo na porta está sentado na porla mirando para os romeiros rindose dos seus romeiros como lle balxan a costa que veñen balxando a costa (1)
O Santino San Andrés Meu Señor San Andresino este ano aló non vou outro ano alá non vol pol-a falta do diñeiro pol-a falta de diñeiro ¡canta xente se quedou! ¡moita xente se quedou!
A San Andrés de Teixido fun coa cesta na cabeza fun por mar e vin por terra, o Santiño mo agradeza Fun a San Andrés de Lonx> c'unha cesta na cabez
(1) Variantes: Como lle ruben a cosa
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/79/7929/792929a3-fd65-4bfb-818f-558642ec4f03/11571837.xml
NÓS
recendente soulelo de feilio somellante ó que escolleu Bolticelli pra a sua Primadeira:
Pel-o souto de crexente
unha pastor vi andar
moif alongada da xente... (1)
O souto está velra do rio:
Of ox'eu unha pastor cantar
du cavalgava per unha ribeira (2)
Cand'eu paso por algunhas ribeiras (3)
lonxe da vila:
- Al fermosiña, se ben alades,
lonxe da vila quen asperades?
- Vin atender meu amigo (4)
no camiño francés:
Cavalgava noutro día
por un camiño francés
e unha pastor saía
cantando con outras tres.... (5)
ou no monte:
Se vos non pesar ende
madre irei hú m'atende
meu amigo no monte... (6)
O soutelo tén boas árvores, bos prados,
flores e paxaros cantando namoramentos. Débese ir a él na entrada do tempo cralo ou no vran, de noite:
María Xenta, María Xenta da sala cintada
hú masastes esta noite, ou quen pos cebada?
Alva, abriadesme alá (7)
e ó luar:
A doncela de Bizcaia
ainda min a preito saía
de noite a ó luar (8)
anque é mais doada a luzada do día:
cando saía la raía
do sol nas ribas do Sar [Mar] (9)
Levad amigo que dormides as maña-
[nas frías... (10)
OS ALBRES
No meu traballo sobor dos maios na Galiza (2) teño d'abondo falado do baumkultus galego, tan importante pol-as nosas herdanzas célligas e priscilianistas. Os albres do Cancioneiro son o piño e as avelaneiras. outras alusions d'esla especie están dirixidas ós ramos porque o malerol (3) é alicerce de toda esta poesía referente á dona-virgo (4). Ora que o piño, as avelaneiras e os ramos aparecen sempre floridos porque é na primadeira cando fan bellada as doncelas.
O prestixio erótico da frol - só comparable ó das ondas do mar - sal das cántigas ríluaes e chega astra as razons D Afonso X na cántiga 207 da Vaticana, castelán ou feblemente bilingüe poido dicir aludindo ó coñecemento tido de unha dona:
En un tiempo cogí flores
del muy noble paraíso...
As bailadas de Maio feitas baixo os árboles frolidos aparecen nas mais fermosas cántigas da colleita. O crego Alras Nunes pon en boca de unha nai na C. 464:
Por Deus, ai, ña filla, faced'a bailada
ante o voso amigo so la flor granada.
e na 462 somellantes con variantes a 761 de Xohán Zorro din as mozas:
Bailemos nos xa todas, todas ai amigas
so aquestas avelaneiras floridas.
e quen for belida, como nos belidas,
se amigo amar.
so aqueste ramo d'estas avelanas
virá bailar.
(1) Pilgueira Valverde, "Os malos na Galiza". Tr. premiado na Festa da lingua galega de Compostela no eco 1924 e lido no Seminario de Estudos Galegos o 20 de Abril de 1925. Inédito.
(2) Cfr. C. Carolina Michaelis de Vasconcellos, "C. de A. Malle Max Viemexer, 1580. Vol. II, páx. 860, 870, 912 e 921.
(3) Alfred Jeanroy, "Les origines de la poésie lyrique en France au moyen-âge", París 1882. Manohar, "Weldand Pidkule", Berlín, 1898-93. "Baumkultus", Perla, 1878. Pabst, "Die Valksteste der malgrefe", Berlín, 186. Oasdon París. "Les origines de la poésie lyrique en France". (Extraído de "Les & Nov. e Dec. 1891 Marzo e Julho 1893.
(4) Don Denis, 172, "Alva é gabanza que se di de belidas. Tamén pode n-es-e c680 s6ra ó falar do celo".
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/79/7929/792929a3-fd65-4bfb-818f-558642ec4f03/115718320.xml
Borrador OCR local de apoyo. Úsalo solo como pista débil cuando la imagen sea ambigua; si contradice claramente la imagen, prioriza la imagen:
18 BOLETIN DE LA REAL ACADEMIA GALLEGA, Novembre, 1926.
Letras de luto: D. Juan Barcia Caballero; D. Galo Salinas, por Eladio Rodríguez González; Retrato de D. Manuel García Vázquez; Estudio bio-bibliográfico-crítico acerca de Rosalía Castro, por Eugenio Carré Aldao; Los altares primitivos del Apóstol Santiago, por Celestino García Romero; Aportazón ao estudo da prehistoria galega: Depósito inédito dos primeiros tempos do bronce, por Fermín Bouza Brey; Palacios y fortalezas de la Mitra de Santiago antes de la guerra hermandina, por José Couselo; Sección oficial.
A NOSA TERRA, primeiro d'ano 1927.
Ao decorrer os días. — Interesante nota Encol da paisaxe xeográfica por Ramón Otero Pedrayo. — Sigue No camiño de Sant Yago (etapa do Írixo a Silleda) por Xavier Pardo. — Notas do momento galeguista na América, e unha carta de París de Corona González. — Marxinales por F. Abelaira; A Brigançia, por X. Fernández Merino. — Lecturas. — A uns ollos, versos de José M. Cabada Vázquez.
CELTIGA, Bós Aires.
Nos números derradeiros —por certo me- drando en intrés, en fervor e en calidade literaria de día en día— traballos de Núñez Búa, Suárez Picallo, Paz Andrade, A. Alonso Ríos, F. L. Cuevillas, José H. Soto, Lesta Meis, A. Villar Ponte: poesías de Julio Sigüenza, Eladio Rodríguez González, Lisardo Barreiro, etc.; notas de Galiza, Galería de intelectuales arxentinos; Sección gráfica, deportes etcétera.
Céltiga é na República Arxentina a millor representación do pensamento galego d'elquí, e da élite da nosa colonia n'aquela terra, que fai un traballo de desinires e sacrifizo pra reinlegrar os galegos d'alén - mer na y-alma da sua terra.
NOS
LA CRUZ DEL S'IR, Montevideo.
É unha revista que lembra Alfar e que lesta- muña a presenza ala do noso amigo Julio J. Casal. com'Alfar lembre eiqui sen dúbida Montevideo e denuncia a presenza na Cruña de Julio J. Casal. Xa non hai Atlántico, poidera dicir quen tal vira — e mais ainda o hai, e non queremos facer profecías. Quéora non se fan mais que n-Alemanha.
Raros linolens, todos da mesma rareza, porqu'están estreitamente emperentados; en- salos: poemas; unha gran preocupación nacionalista: unha poesía del arrabal y del campo, del indio y del gringo tales como aparecen y se realizan en el Río de la Plata ou ben un gauchismo cósmico vinculado con el pensamiento platónico, con la calidad pitagórica y con el Oriente esotérico, uns e outros en posición antieuropea, aniquá mesma preocupación haxa nos antirradicionalistas, defensores da estética do noso século. Benla ós que teñen desexo de ser; malea ós que queren ser outros. A concencia americana pode que em- peze a alborexar, mais o millor pra íes sería indianizarse.
S.N.
EL DESPERTAR GALLEGO, Bós Aires.
É o órgano da Federación de Sociedades gallegas agrarias y culturales. Co número extraordinario de 17 de Nadal, cumpre o seu quinto ano de publicación. Ise día celebrouno a Federación cun homaxe púbrico en lembranza do Mariscal Pero Pardo de Cela, sobr'o que deu unha conferencia Suárez Picallo.
Das doce follas do extraordinario, dazaseis páxinas veñen adicadas a reseñal-a importante actividade social dos federados, a asuntos oficiais da federación, e a recoller novas de Galiza, sendo de notar un historial do Centro Galego de Bós Aires.
As restantes oito páxinas son d'homaxe ó Mariscal e de espallamento da literatura e dos estudos galegos, traí n-elas un anacos do drama de Cabanillas e Vilar Ponte, unha historia de Pardo de Cela e a súa significación histórica, un estudo das Irmandades do século XV de
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/79/7929/792929a3-fd65-4bfb-818f-558642ec4f03/11571838.xml
6
Don Denis fala das flores como leilo nas cántigas 102 e 137 respectivamente:
...e deitouse entre unhas flores e dise con coita forte:
mal ti venga per hu flores que non és senón mha morte, ai, amor!
...e caeu entr'unhas flores.
e amostra un tema de personalización das flores parello a un dos Codex referentes ó mar e a outro do Meogo ó falar dos cervos:
Ai flores! ai flores do verde piño
se sabedes novas do meu amigo?
ai, Deus, e hu é? (1)
Esta personalización responde ó senso guerreiro da flor do piño e do ramo de Maio pol-as xeiras da primadeira (2). O mesmo troveiro refírese a elas na cántiga (3).
Amigo, meu amado, valla Deus,
vedel-a frol do ramo
e guisade d'andar.
Do mesmo xelo que as avelaneiras:
Ai, estorniño do avelanedo...
...e pousarei so lo avedanal (4).
O piño representa tamén a dor da saudade e do amor. Pero González de Portocarrero di:
O anel do meu amigo [amado]
perdio so lo verde piño [ramo]
e choro eu bela.
Perdio so lo verde ramo [piño]
por en choro en dona d'algo [virgo] (9)
e Airas Nunes
Sol-o verde ramo frolido
bodas facen ao meu amigo
e choran ollos d'amor! (6)
OS PRADOS
O bó soulelo verdece entre o verdor dos prados e tén o chan enfeitado de herba:
Can'deu paso por algunhas ribeiras,
so boas arvores, per boas prado... (7)
(4) Don Denis, c. 173.
(5) Vd. Th. Braga, C. da Y. Trovadores e Cancioneiros portugueses, páxs. XXX e XXXI.
(6) Don Denis, c. 173.
(7) Airas Nunes, c. 454.
(8) Pero González de Portocarrero, c. 307. Entre corchetes as segundas variantes estróficas a substituir pol-as verbas en cursiva.
(9) Airas Nunes, c. 454.
(10) Airas Nunes, c. 25.
E as verdes ervas vi andal-as cervas meu amigo! e os verdes prados vi os cervos bravos meu amigo (1)
AS AVES
Un soutelo quer, pra sere de cheo vizoso, paxaros voando pol-os ramos e cantar amores. É a vella tradición do paxaro, siño de sabencia e de beleza. Os troveiros gostan das aves e das suas cántigas:
...se cantan hi paxaros namorados log'eu con amores hi vou cantando e logo ali d'amores vou trobando e fazo cantares e mil maneiras. Ei eu gran vizo e grand'alegría cando minhas aves cantan no estío (2).
As aves falan dos amores como o papagai de Don Denis (3), ou escoitan queixas como o estorniño de Airas Nunes:
Ai estorniño do avelanedo cantades vos e morreu e peno d'amores ei mal! (4)
e fan coidar no amor:
E as aves, que voavan quando saía lo alvor, todas d'amores cantavan pel-os ramos d'arredor; mais non sei tal que estevese que en el cuidar podese senón todo en amor. (5)
O home amargurado non quer escolial-os paxarinhos. Di Afonso X:
Non me poso pagar tanto do canto das aves nen do seu son, nen d'amor, nen d'ambizón, nen d'armas, ca ei espanto... (6)
O bon cazador non tira ás aves que cantan; Seu arco na mano, ás aves fexir a las que cantavan leixal-as guarir, a las aves, meu amigo.
(1) Pero Meogo, c. 734.
(2) Airas Nunes, c. 484.
(3) Don Denis, c. 133.
(4) Airas Nunes, c. 454.
(5) Xohan Airas, c. 364.
(6) Don Afonso X, c. 84.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/79/7929/792929a3-fd65-4bfb-818f-558642ec4f03/115718315.xml
NÓS
O cancloeiro de Pérez Ballesteros irae unha variante da anterior que di asi
O rei mandoum'unha carta dentro d'unha mazoroca; que, as mulleres, beban viño e. os homes, auga choca.
Cando en Cariño inda se pescaba a traíña, viñan traballar, durante a tempada da pesca homes de Pantin, Vilanova, Santalla e outros pobos da comarca ortegalesa, e ó final-a zafra voltaban aos seus fogares cheos da ledicia que dá o contar co sustento pr'o inverno. Entre as coplas que iban cantando pol-o camiño figuraba esta de despedida:
Adios San Bartolomé,
adios Puerto de Cariño,
adios Virgen de la Piedra
e San Andrés de Telxido.
E derradeiramente darel esta outra despedida que é unha verdadeira descrición da costa ortegalesa.
Adios Estaca de Bares,
Aguilhoes de Cariño;
un pouquiño mais adiante
o San Andrés de Telxido.
Coa que pecharei a exposición das cántigas referentes ao San Andrés de Telxido por min recollidas, pequena contribución ao xa extenso folk-lore d'iste santo e que non embargante eu coldo que aínda non estea completo, pois santo de tanta sona e que e trae ao seu pé todol-os anos un tan crecido número de romeiros é de pensar que sexa unha fonte viva e un molivo constante pra inspirar a musa popular.
BEN-CHO-SEY
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/79/7929/792929a3-fd65-4bfb-818f-558642ec4f03/115718314.xml
Adiós San Andrés, adiós.
Coa tua sardiña de prata
pescas ti máis dende terra
que eu coa miña larrafa.
Esta outra ven a ser unha variante da tan coñecida en Ourense e adicada ó San Amaro d'Oira.
San Andresiño bendito
feito de pau d'ameneiro
primo canal dos meus zocos
irmán do meu labaqueiro.
Aluden estas dúas ó apartamento en que s'atopa o santuario do milagreiro San Andrés que tan traballoso fai a romaxe non somente pola distancia, mais tamén pol-os ruís camiños.
Meu señor San Andresiño
onde te foron levar.
entre penas e peñascos
aló no fondo do mar.
Meu señor San Andresiño
outro ano aló non vou
canselmi'ó rubil-a costa
tiven que baixar Landoy.
Os mariñeiros teñen gran fé na protección que lles dispensa o seu antigo compañeiro e acoden a il nos seus momentos d'anguria como se ve n'estas dúas cántigas.
Meu señor San Andresiño
póñanol-o vento en popa
que somol-os de Cariño
traemol-a vela rota.
Esta cantase tamén en Mugardos coa variante seguinte:
Madre de Dios de Chanteiro,
déanol-o vento en popa
que somol-os mugardeses
levamol-a vela rota.
No ano de 1387 houbo unha terrible galerna que asolagou moitas traineras nas costas ortegalesas e d'aquela cantouse esta copla:
Meu señor San Andresiño
dianos moitas sardiñas
que somol-os de Cariño
que perdimol-as traíñas.
Pol-a intención que garda é notable esta cántiga na que aparece ó San Andrés convertido en taberneiro.
Meu señor San Andresiño
tén unha pipa no monte;
as mulleres beben viño
y-os homes auga da fonte.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/79/7929/792929a3-fd65-4bfb-818f-558642ec4f03/11571836.xml
A paisaxe no Cancioeiro da Vaticana
por XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE
ESTRAITO DO TRABALLO ANUAL PRESENTADO Ó SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS NO ANO 1925-1926
Pra Ramón Otero Pedrayo, xeógrafo de Galiza, afervoradamente.
LIMIAR
idea da paisaxe - di o noso Otero Pedrayo - como combinación dos variados fautores do releve, vexetación, clima, traballo humano, é unha das mais suxestivas da xeografía espresando, nun espazo limitado, a integración dos elementos que soparadamente non chegan a ter vitalidade espresiva (1). Esta idea da paisaxe, en toda a sua moderna amplitude, amostra un ronsel literario aínda nos tempos como o medioevo, que non utilizaron en arte a paisaxe mais que como fondo accidental (2). En literaturas como a dos Cancioneiros galaico-portugueses que eróticas de cheo, non loubarona beleza da paisaxe mais que na sua utilidade pr'o amor.
O meu traballo de oxe quer só recoller no Cancioneiro da Vaticana as referenzas á paisaxe, topadas principalmente nas cántigas rituais, derivadas da festa de Maio e feitas en louvor da dona virgo. A miña laboura de anotazón e clasificación ten un xelto esquemático. Cicais poida esclarecer en algo ós nosos artistas, leitores de Ruskin (1), e ós nosos psicólogos, afeiçoados a Freud. Eu só quero que na sua calivés puda servir a vulgarización dos temas poéticos dos cancioneiros (2) e dé azos a outros membros do Seminario pra se ocupar d'eles como fontes históricas, seguindo a roilla de Carolina Michalis de Vasconcellos con traballos semellantes ó de López Aydillo, que desfraga a mínima parte da estrada n'estes eidos.
O SOUTELO
Pra os troveires da Vaticana o lugar axeitado pra amar non é o xardín (3), senón un freixo e
(1) Ruskin, «Os Pintores Modernos», A paisaxe. Capítulos III e VI.
(2) Pra logralo non cito as pasaxes ca grafía do Códice tal que se topan na edición paleográfica Monaci (1873) nin cada rescrizón portuguesa Th. Brage (1879) senón co galego vulgar alí.
(3) Na poesía de Homero, seguindo a Ruskin, o mellor lugar pra os simposios e pra os amores é o atrio. A paisaxe ideal ten unha fonte, unha vizosa leira, un mar calmo e as
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/79/7929/792929a3-fd65-4bfb-818f-558642ec4f03/115718316.xml
OS HOMES, OS FEITOS AS VERBAS
O PRESIDENTE DA ACADEMIA GALEGA
Por unanimidade, e co aprauso de toda Galiza levouanosa Academia á cadeira presidencial ó ilustre poeta e leiscógrafo D. Eladio Rodríguez González, que era Segredario da douta Corporación. Don Eladio era ben merecente d'elo: a Academia foi xusta, e ademais atinou.
A obra do poeta ribeirao xa lle daba direito, e mais d'iso, hai o Dicionario que ten feito, verdadeira enciclopedia galega da que, polo-o Pueblo Gallego coñecemol-as primicias, facéndonos ver que contén en resumen e en sustanza cáscque todo o que hai escrito das cousas de Galiza.
Sabemos tamén que baixo a súa presidencia, e pola sua idea, a Academia vai emprincipar unha nova vida de actividade e de traballo, tanto mais, que Don Eladio atopará hariles colaboradores nos novos académicos qu'agora entran ou van entrar, coma Cotarelo, Castillo, Martínez Morás, Vilar Ponte, Otero Pedrayo, Domínguez Fontela, Castelao, Risco, Peinador, etc., e nalgúns que hai dentro coma Lugris, Carré, Cabanillas, Banet Fontenla...
C'un presidente que escribe e fala galego, que pertence por dereito propio á nosa renacencia, a Academia ha perder tamén o xeito indeciso, tímido e misturado que vinha tendo, e co-elo tamén, xa que no campo da renacencia, galeguista están sen disputa os millores valores da Terra, o nivel científico e literario erguerase ben moito.
NOS gábese de curazón de que o poeta de Orballeiras presida a Academia galega, e dalle o parabén a il e á corporación.
OUTRAS NOVAS
Tivo bastante eco en Galiza o feito de qu'a Real Academia Española chame ó seu seo os representantes dos idiomas rexionais. Comentouse e en moitas maneiras, tanto na im-
prensa coma na conversa. En xeral, o efecto que fixo foi bo. É unha proba de qu'a tradicional incomprensión vai cedendo, e isto é cousa boa.
Tamén foi comentado -especialmente por Xavier Montero- com'un paso a prol da cooficialidade. É polo-o menos unha cooficialidade literaria.
Co-iste gallo, o Pueblo Gallego abriu un inquérito en col de quen deben ser os académicos galegos. Hai respostas pra todos os gustos, craréstá. Mais debemos recordar como feito espresivo, anque se trate d'un dos nosos moitos volos de novos e vellos que tivo Ramón Otero Pedrayo.
Nos números derradeiros da Revista de Estudios Metapsíquicos, que se publica en Madrid, ven un traballo de J. Linares Rivas en col do libro de San Cipriano.
LIBROS
LETRAS FRANCESAS
ABEL CHEVALLEY: Tomás Deloney. Le roman des métiers en temps de Shakespeare.
Tomás Deloney foi un tecelán de Norwich, traballaba na seda, interesábese no goberno comunal e trasegaba a cerveza dos grandes xerros d'estanho ó seu ventre axitado pola gargallada burguesa. Ademais es-cribia novelas foras e sanguiñentas coma postes de carne, cheas das grosas facetas do público (marinheiros, arqueiros, burgueses, estudantes do teatro inglés, no tempo de Shakespeare. Un francés, Chevalley, amostra agora esta poderosa figura rebelde na qu'os ingleses tiñ
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/79/7929/792929a3-fd65-4bfb-818f-558642ec4f03/115718322.xml
Apartado 67
Fernández, Torres e C.ª
FERROS -- ACEIROS -- FERRETEIRÍA
MAQUINARIA AGRICOLA
Linares Rivas, 12 A CRUÑA
LUIS FÁBREGA
Droguería e Farmacia
Progreso esquina a Luis Espada
OURENSE
MERQUE VOSTEDE
Plumeiros RAFIUM
De mais dura qu'os de pruma e limpa millor
Véndense en todol-os estabrecimentos do ramo
Andrés Perille - OURENSE
Reloxería ZENITH
Máquinas parlantes, Discos, Agullas
e Accesorios
M. Calviño
OURENSE
A mais económica de Galicia
MERQUE VOSTEDE
SÍNTESE XEOGRÁFICA DE GALICIA
por Ramón Otero Pedrayo
SANATORIO QUIRURJICO
DIREITORES
Manuel Peña Rey José Mosquera Blanco
Ginecología e Parios Cirugía xeral
Especialista na gorxa, nariz e ouvidos
Situado frente á Alameda do Creceiro, ten lodal-as condición precisas.—Praticase toda crás d'operación.—Dotado de todol-os adiantos que pide a actual Cirugía.—Modernas instalacións de RAIOS X pra diagnóstico e RADIOTERAPIA superficial e fonda con voltaxe de 250.000 voltios.—Aparello de Diatermia pra tratamento de Aneurismas, procesos inflamatorios, reumatismo, etcétera.—Lámpara de cuarzo pra tratamento de escrofulosis, raquitismo, alopecias, eczemas, etcétera.—Admítese embarazadas, e cóntase con material esterilizado pra fora da cidade en casos d'urxencia.—Poden colaboraren todol-os compañeiros, previo consentemento dos directores.
BODEGAS GALLEGAS PEARES E OURENSE
Vinos finos de mesa: Tinto TRES RIOS, Blanco BRILLANTE, LOS GALLEGOS blanco e tinto
Macía e Valeiras, Apartado 18--Ourense
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/79/7929/792929a3-fd65-4bfb-818f-558642ec4f03/11571835.xml
NOS
Usan os galegos a miudo no falar as palavras castelás despois e bueno (mais o adxetivo é bon, bó, p. enx. (bon home). O saúdo é casi xeralmente na forma castelán buenos días e cando eu lles lia un conto galego en que estaba escrito bos días nos dea Deus, dixeron que o conto gustaballes moito, mais que contiña palabras portuguesas, asegurándome que en galego deciase buenos días nos dé Dios.
Depende o grado de contaminación tamén d'estaren perto de centros culturais, e asina, namentras nas montañas son ovos, ouvin p. enx. en Betanzos (Cruña) pronunciar ós peisanos juevos e huevos, a primeira, coma dixeron, palabra galega e huevos en castelán. E o mesmo usaron en Ribadavia (Ourense) jueso e hueso, non coñecendo xa no seu léxico a verdadeira forma galega. Cantas veces por empregar eu as verdadeiras formas galegas tomáronme por portuguesa!
Poderia citar ainda moitos casos de palabras que se conservan nas dúas formas, galega e casteláa, e outras na que domina hoxe a casteláa. As razóns son ben sinxelas: a xente oi falar o castelán ó crego, ó médico, ó escolante, ós tendeiros, etc., e parécelles que o galego é fala somentes de xente baixa e probe. Importante tamén pr'a dexeneración do idioma natural é a emigración: tantas veces preguntando eu porque lles parecía feo o galego, respondéronne é que no mundo non se comprende o galego; pra eles o mundo é Buenos Aires, Cuba, La Habana, etc., segundo o sitio pronde emigran e por considerarse algo raro alá o seu idioma, avergonzánse do propio e deseñan falar con perfeición o castelán.
En non quero arestora entrar no asunto de si se debe facer revivir o galego polo lendo por estar sobriste punto persoas mais competentes ca min na materia. Mais é certo que eu a pesar de ser estranxeira nesta terra tan fermosa sinte que a sua lengoa tan doce e melodiosa vai perdendo a sua enxebreza, dando entrada no seu léxico cada día a mais palabras e xiros casteláns. Fenómeno inverso podes observar no pobo de Cataluña, onde un ardente amor ó seu falies estudar cada día mais afincadamente a perfeición e enxebreza do seu idioma, alentándose iste ideal igual nas aldeias que na cidade. Como queira que en Cataluña iste nobre ideal puidose impor, tamén en Galiza cecais virá un tempo en que grazas ós xenerosos esforzos de persoas tan ilustres como o Sr. Risco purificaráse o doce e fermoso idioma galego.
MARGOT SPONER
Berlin
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/79/7929/792929a3-fd65-4bfb-818f-558642ec4f03/115718310.xml
8
medo que lle tén non quer ir á cita do amigo. Catro estrofas, a primeira:
O meu amig, a que preito tallei co voso medo mentirlle ei e se non for asañas a
795
A dona argalla como recurso o de ire ca nai á fonte. Tres estrofes:
Perguntarvos quer eu, madre, que me digades verdade: se ousará meu amigo ante vos falar comigo? (1.ª e engádega)
793
Erguese a moza e vai á fonte Pasa o seu amigo. Tén seis estrofes:
Levous' a belida vai lavar cabelos na fontana fría leda dos amores dos amores leda... (1.ª e engádega)
Pasa seu amigo que lli ben queria o cervo do monte a auga volvía; leda dos amores, dos amores leda! (4.ª e engádega)
792
Pergunta a belida ás cervas pol-o seu amigo. Personalización e demanda moi usada, como xa vimos, no Cancioeiro. Duas estrofes:
Ai cervas do monte, vinvos preguntar, foi o meu amig'e se alá tardar que farei, velidas? (1.ª)
794
Fala a dona co amigo. Cántiga de sabor po- pular, no senso galego da verbo sabor, e unha das mais fer.nosas da nosa poesía. Poño suas dito estrofes:
E as verdes ervas vi andal-as ce rvas; meu amigo!
NOS
E os verdes prados vi os cervos bravos; meu amigo! E con sabor d'elas lavei ñas garceras; meu amigo! E con sabor d'elos lavei meus cabelos: meu amigo! Desque los lavei d'ouro los liei; meu amigo! Desque las lavara d'ouro las llara; meu amigo! D'ouro los liei e vos asperel; meu amigo! D'ouro las llara e vos asperarara; meu amigo!
797
A nai pergunta á filla porqué tardou tanto na fonte. A filla disculpase con que os cervos vol- vian á auga pero a nai non a cree. Son seis estrofes d'iste xeito lixeiro:
- Digades, filla, miña filla velida, porqué tardastes na fontana fría? - Os amores ei! - Digades, filla, miña filla louzana, porqué tardastes na fría fontana? - Os amores ei? (1.ª e 2.ª).
Na revista NOS sairá unha nota miña sobor do -volver a l-auga-
796
Pero a nosa rompeu na fonte o brial... O na- morado torna a vela. A nai dá á filla consellos de nai aproveitada. Tópase n'esta cántiga de catro estrofes, o simbolismo do cervo, repre- sentando cramalamentes o amado e da fonte re- presentando a dona ou o amor. Di a nai:
Fostes, filla, en o bailar, e rompestes hi o brial; pois o namorado hi ven, esta fonte seguídea ben. pois o namorado hi ven. Fostes, filla, en o reir, e rompestes hi o vestir;