https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157117&posicion=1
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/6e/6e14/6e143057-0b03-4d90-a17c-ccdded6541b3/11571176.xml
e &ndanse pol-os pazos e limiares dos reises; iste fai un exterminio nas cibdades, sen respeital-os dioses do fogar, pra beber en copa d’ouro e durmir antre púrpuras sidonias; aquil tesouros acobilla e durme deitado n’iles; outro coma un parbo quédase ouvindo o popular tribuno; quen arela os aprausos dos patrizos e dos plebeios que no treatro estoupan; quen se gaba lixado pol-o sangue dos irmaus; ou cambéa co desterro a casa e lar docísimo buscando baixo outro sol outra ca’quera pátrea. Mail-os labregos a pór do arado espile a terra e d’iste xeito s’emprincipian as labouras do ano, das que salen a mantencia da pátrea e a dos netiños, a dos fatos dos bois e a dos xuvencos, merescentes de todo. N’hai folganzas; pois l’agardan as froitas do ano esgrevio, ou as crias dos gados, ou os feixes da palla cereal, ou s’aculan os regos a cotío, ou xa co peso os hórreos s’abanean. En chegando o inverno hai que esmagal-as aceituñas sicionas no lagar; voltan os porcos finchados das belotas; nos soutelos danse os marogos; todo o chan se cobre de froitos varios outonals, e os acios maduros se recocen nas penedas
ô sol espostos. Antre tanto os fillos queridos se lle colgan e porfían a quen bical-o mais; garda a palloza os seus castos amores e a honradeza; as vacas teñen reventando os tetos de tanto leite, e os cabirtos lucios loitan no ledo prado e s’acometen trabándose das cornas. Il celebra todal-as festas, estirando ás anchas nas herbas xunto ó altar, onde arde o fogo, e alí cos compañeiros henche a cunca, e a ti prega, Leneo, mentres liba. Logo porpón un premio antre os pastores a quen millor afite no olmo a frecha, ou xa pr’a agreste loita fai que s’ispan os corpachós robustos. Os sabinos antergos n’outro tempo prauticaron tal xeito de vivir; Rómulo e Remo fixérono igoalmente; e d’iste modo creceu a Etruria forte; eisí de Roma fixeron a mais bela das cibdades que encerrou sete acrópolis n’un muro. Ainda denantes de reinar Dicteio, e de que a xente impía se mantése co-a carne dos xuvencos deco’ados, xa viviu ista vida eiqui na terra o dourado Saturno. Non s’ouviran d’aquela resoar clarís guerreiros, nin crepitar nas forxal-as espadas...
Madri, Nadal 1930
SEGYRDO - LIBIZO - DE COVAS POR - CASTELAO
De venda en todal-as boas libreirías i-en NOS - Linares Rivas, 50 - A CRUÑA
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/6e/6e14/6e143057-0b03-4d90-a17c-ccdded6541b3/115711720.xml
BROTERIA, Outubro, 1930.
SUMÁRIO: A atualidade de Belarmino, Serafin Leite.—O cinquentenário da escola laica em França, Domingos Maurício.—Nas estradas aéreas, M. P. de Portocorrero.—O Puy de Dôme (França), J. S. Tavares.—Pelo Brasil, Soares d'Azevedo.—Revista de Revistas.—Subsídios para o Vocabulário Português, J. Serafin Gomes.—Notas bibliográficas.—Obras recebidas na Redação.—Efemérides.
Novembro, 1930.
SUMÁRIO: A Crise da Família, Luis G. da Fonseca.—Sob o signo do nacionalismo, Serafin Leite.—Nódas da nossa legislação, C. Z. Pinto Coelho.—A noção formal do número, Julião Pécantet.—«Das origens da poesia lírica em Portugal na Idade Média» por M. R. Lapa, Riba Leça.—Deveres negativos do clero, E. Jombart.—Pelo Brasil, Soares d'Azevedo.—Subsídios para o Vocabulário Português, J. Serafin Gomes.—Revista de Revistas.—Notas bibliográficas.—Obras recebidas na Redação.—Efemérides.
O INSTITUTO, 4.ª Série, vol. 9.º núm.2.
SUMÁRIO: Tres cartas de Herculano, por Amadeu Ferraz de Carvalho.—Os estudos germânicos em Portugal, por L. Saavedra Machado.—A religião grega, por Agostinho da Silva.—Comentários de Antonio do Couto Castelo Branco sobre as campanhas de 1706 e 1707 em Espanha, por Gastão de Melo de Matos.—Subsídios para a história da música em Portugal, por Sousa Viterbo.—Compromisso do Hospital das Ca'das dado pela Rainha D. Leonor sua fundadora em 1512, por Fernando Correia.—Ensaio sobre os latinismos dos «Lusiadas», por C. E. Corrêa da Silva.—Gomes Freire de Andrade, por João Jardim de Vi'hena.
AN OALED, Carhaix, 3.º trimestre 1930.
SOMMAIRE: Gorsedd Sant-Nikolás-ar-Pelem.—Eur Skolaé breizad, gant Taldir.—Pipi’n Heri ha Kato Ravet, gant Berthou.—Louzeier 'Pougasnou, gant Zoe ar Bourdonnek.—Une amourette de Heros, par le
NÓS
Dr. Dubois.—L'Abbé Joachim Guillôme, par l'Abbé Le Goff.—Le Porc dans la Légende dorée des Celtes, par Le Berre (Ab Alor).—Vo'ney chez les bretons, par Jacques Pohier.—Les curiosités de l'Armoirial, par Louis Le Guennec.—Impressions d'un soldat breton au Maroc.—Les Vedettes de chez nous, par Lagadec.—Importation du Biniou écossais.—Ar Pevar Mad Emon.—Les ailes qui se brisent, poésie, par Abgrall.—Échos et Nouvelles d'actualité celtique.—Bibliographie.—Carnet.
4.º trimestre 1930.
SOMMAIRE: Le Gorsedd du Pelem.—Gwestlou ar Gorsedd.—Ar Skritellou lavaret, gant: Ab alor, Gwenfrewi, Ab Sulio, Bleiz Gouez, Mac Alister Moffat-Pender, Pintik Pagan, Telen Aour, etc. Lizerou, gant Ar C'Ham ha Bachellery.—Ijin ha Nerz, gant Hervé Ar Menn.—Daou Soner Lanndevant, gant Taldir.—Le Porc dans la Légende dorée des Celtes, par Le Barre.—Le Renouveau Gascon, par Michel Camelat.—Les Fêtes nationales de l'Ete à Kerwasdoné, Guiscriff, Quimper, Bohars, Mellac, Quimperlé, Crozon; Guingamps, Saint Brieuc, Cleder.—Bibliographie.—Carnet.
L'ALLIANCE LITTÉRAIRE, Paris, Octobre 1930 núm. 1. Directeur, Alexandre Mercereau.—Éditeur, E. Figuière.
SOMMAIRE: Alexandre Mercereau: Faut-il rétablir la Censura?—M. Batilliat, Gustave Kahn.—Gustave Kahn, Temps Gris.—Dr. Louis Estève, L'École du Bonheur.—Eugène Figuière, Un Mot sur l'Ambition.—Marie-Leopold Lacour, Carlos Larronde.—L. Barbedette, Raymond Offner.—M. Maurice Prevost, M. Moro-Giafferi.—Alexandre Mercereau, François Kupka.—Rey Andreu.—La Société des Grateurs et Conférenciers.—Variétés.—À travers les Lettres et les Arts.—Vanderluigt et le Monde Nouveau. Les Périodiques. Livres reçus.
REVISTA DE CATALUNYA Setembre, 1930.
SUMARI: Represa, Ferran Soldevila.—Narcís Oller, Carles Capdevila.—Qué valen les minories nacionals, Joan Estelrich.—La
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/6e/6e14/6e143057-0b03-4d90-a17c-ccdded6541b3/11571179.xml
NÓS
outeña a autonomía que pretende, prevalecendo o sabido principio: «os pobos teñen o dereito de dispór de sí mesmos» a coñecencia de vinte ou vintecinco idiomas diversos, non vai abondar tan xiquera pra poder seguil-a civilización d'Europa.
N-efeuto, a gran renacencia dos dialectos cé'tigos, oprimidos por tanto tempo por ingleses e francesas principalmente, é unha proba evidente d'elo; falándose hoxe o gaélico na mitade oucidental d'Irlanda, na illa de Man e nas Altas Terras e illas d'Escocia, o galés no País de Gales e o bretón na península francesa d'Armórica, todas elas supervivanzas céltigas. Na Edade Meia, tivera Irlanda unha rica literatura, que deu pé pra qu'o actual movemento irlandés pretenda restaural-o emprego do gaélico, que s'atopa de novo en marcha. O Estado libre d'Irlanda, recentemente creado, fixo d'él unha lingua oficial qu'a escola cultiva a carón do inglés. O patriotismo local, no País de Gales mantén do mesmo geito a usanza do galés, que dend'a Edade Meia ven tendo unha literatura nctabre. Fi o bretón é aínda a lingua usual dos habitantes da estremidade oucidental da Bretaña francesa.
No campo rcmánico, principalmente en Francia, ond'a evolución fora mais apresa, dend'o tempo de Carlomagno, o pobo já non fala latín. Esta tendenza, na Edade Meia, faise mais crara e espállase pal-os demais países romínicos, encomenzando a escribiren nas lingoas locais, que se convirtiron d'aquela en lingoas literarias: francés, provenzal, italiano, españal, etc. Istes idiomas qu'estaban calcados sobr'os fundamentos das lingoas indígenas, levaban no fondo carauterístecas notabres non latinas, cuias difrenzas déixanse enxergar aínda nos primeiros textos escritos que temos dos tempos do Imperio.
As lingoas germénicas siguen relativamente tendenzas paralelas coas románicas; perden a sua unidade d'idioma común n-un período anteríor á Era cristiana, e resultan
237
os tres grupos dia’ectales seguintes: o gótico, o grupo oucidental, e o grupo nórdico. Os dous derradeiros viven n-unha serie de nacións modernas c'unha gran literatura e idiomas propios, tanto comúns coma locais. A literatura, por eixempro, un «dialecto» ten unha plaza importante no alemán de hoxe. Os suizos alemás, mesmo persoas cultas, qu'escriben o alemán común, son fieles ao seu idioma local na vida privada. O yiddisch, dialecto alemán escrito con carauteres hebraicos, consérvano os judeus nas regiós do Este d'Europa, com'un herdamento tradicional. Aínda sendo o alemán unha lingua de rico contido cultural, non pode alargal-o seu dominio n-Europa pol-a resistenza contundente que ll'opoñen as nacións balto-eslavas que colleron agora concencia de sí mesmas.
O grupo báltico, cuios primeiros textos datan do século XVI, comprende o prusiano, o lituano e o leto, que son actualmente as lingoas oficiais de Lituania e Letonia, utilizándose dend'a escola elemental hastra a Universidade. Istes pobos tiñan conservado un estado social arcaico com'o seu idioma, qu'é un dos mais antigos entr'os indoeuropeos (givas «vivo», por eixempro, está mais preto da forma común indoeuropea guivo-s «vivo», qu'o sanscrito jivas, ou qu'o latín vivus, con ser coñecido literariamente 4000 anos antes). A civilización greco-romana non chegara a éles; iñoraban o cristiani mo. Mais hoxe poseen unha importante literatura popular propia, tanto lituana como letona, e cecais sexan na actualidade, modelos de nacionalismo. Pois aínda en 1914 achábanse estas repúbricas incorporadas ao imperio dos Zares. Os letóns, gentes enérgicas e actívas, non precisaron tela dominación políteca do seu país, pra elimiñaren pobos veciños com'o finnés.
Das lingoas eslavas, non falaremos mais que do checo, omitindo as demais: polaco, etc, cuia evolución lingüística e vicisitudes polítecas como consecuencia, é de todos coñecida, e que todos permanecen fieles á sua políteca
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/6e/6e14/6e143057-0b03-4d90-a17c-ccdded6541b3/115711723.xml
A hixiene nos nenos
é a garantía da sua saúde física e moral o día de mañá.
No diario aseo dos nenos empregue o
“Jabón Sales de la Toja”,
único que ás súas altas calidades meiciñás xunta toda a finura e pre-
fume d'un xabón de tocador.
Contribuie ó perfecto desenrolo das criaturas e evita o perigo da escrófula e o raquitísmo.
JABÓN
LA TOJA
ÚNICO EN EL MUNDO
O Xabrón da Toxa
é o mellor.
Honra á Galicia no
mundo enteiro
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/6e/6e14/6e143057-0b03-4d90-a17c-ccdded6541b3/115711722.xml
Apareceu o volume I da "Biblioteca Murguía"
DE ESTO Y DE LO OTRO
por Roberto Blanco Torres.
Pedidos a NÓS - Linares Rivas, 50 - A CRUÑA
FOTOGRABADO
Si quer qu-os seus fotograbados sexan o mais perfeito posibres, convenlle envialos aos Talleres de fotograbado ESPASA-CALPE S. A.
Ríos Rosas, 24-Apartado, 547 MADRID
Droguería e Farmacia
LUIS FÁBREGA
Progreso, esquina a Luís Espada
OURENSE
MERQUE VOSTEDE
Plumeiros RAFIUM
De mais dura qu'os de pruma e limpan millor. Véndese en todol-os establecementos do ramo
Andrés Perille; OURENSE
BODEGAS GALLEGAS, PEARES E OURENSE
Viños finos de mesa: Tinto TRES RIOS. Blanco BRILLANTE
LOS GALLEGOS blanco e tinto
Macía e Valeiras, Apartado 18-Ourense
Sanatorio Quirúrgico de San Lorenzo
SANTIAGO DE GALICIA
DE LOS PROFESORES
D. Fernando Alsina y D. Antonio M. de la Riva
CIRUJANO GINECÓLOGO
Establecimento dotado de todol-os elementos que exixen a terapéutica e a hixiene modernas, situado nas aforas da poboazón, moi cerca do paseo da Ferradura
Teléfono número 195
Pra detalles, calquera dos Direitores ou o Médico interno
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/6e/6e14/6e143057-0b03-4d90-a17c-ccdded6541b3/115711716.xml
244
35 —Costureiriña bonita ¿onde deixache o dedal? —No poleiro das galiñas na raya de Portugal.
Asomellante e infruída pol-os núms. 12, 31 e 39.
O pobo recréase en asociar as parolas costureiras e galiñas; xa se entende por qué. Ver tamén a seguinte.
¿onde tes o teu dedal? Arzúa
36 —Costureiriña bonita dime onde tes a tua cama —No poleiro das galiñas nunha presiña de palla.
Sempre sátira e sátira que morde. Ver os núms. 30 e 35. ¿onde tes a tua cama? A Cruña
dime ¿onde tes a cama? Foz
37 Costureiriña bonita, pitisqueira no comer, víite a casa de teus pais que eu non te acerto a manter.
Outro detale ben ouservado: os mexiriques das costureiras melindrosas na hora do xanta. Ver o núm. 19.
delicada no comer váite pra cas de teu amo. A Cruña delicada no comer Ourens
38 Costureiriña bonita, tecelana regalada, entrache-o sol pol-a porta, o luar pol-a ventana.
Alude a semellanza entre tecelanas e costureiras, mais aínda que por razón de oficio,
NÓS
pol-o caráuter e vida das mulleres que os siguen. pásache o sol pol-a porta Ourens
39 Costureiriña bonita volve pol-o devantal que cho levan de bandeira na raya de Portugal.
Semella pol-a alusión, 6 núm. 35. que che queda de bandeira A Cruña
40 Costureiriña doada, bonitiña costureira, como xa te queren tantos non haberá quen te queira.
Inédita? Lindo cantar con xogo de parolas, cousa non mui común na musa campesiña. Costureiriña bonita Arzúa
41 —Costureirifia roxiña, dime que nome che dan —Chámanme Adega, Adeguiña, pr-o que me queiran mandar.
Inédita? Cantar dino referinte a moineiría das costureiras finiquitas. —Chámame Adeguiña Ordes
42 Dios llo pague a miña nai que me puxo a costureira; ven a chuvia e non me molla, ven O sol e non me queima,
Céntiga famosa; cántiga crásica. Por ela adoitan escomenzar as costureiras suas tandas de cantares, pois, según Lamas Carvajal,
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/6e/6e14/6e143057-0b03-4d90-a17c-ccdded6541b3/11571175.xml
NÓS
Augusto, fiel ás grandes leises da arte descriutiva endexamais esquece a figura humán no fondo da paisaxe...»
Eisí é o poema, en catro libros dividido, qu'eu acabo de tradocir. N'il puxen mais coidado que nas Eg'ogas, pois non de balde me valeu a experenza d'aquil traballiño, e agardo sen inquedanzas que o aprobarán os intelixentes. Non se me oculta que, ainda sendo iste un traballo escuro e sen grorea; ten meirande importanza pr'a nosa literatura que calquer outro libriño orixinal.
A seguida copio un anaco d'il, onde o poeta fai as gabanzas da vida campesia, ôs finais do libro segundo. Prego se cotexe co texto latino que eiquí non poñemos por ser doado atopalo en ca'quer antoloxía.
ELOXIO DA VIDA CAMPESIA
¡Ouh felices de mais se conocesen o seu ben os labregos! Pra iles lonxe das xenreiras das armas, cisca a terra xustísima no chan mantencia facil. Pazos ali non hai que pol-as portas soberbas boten en oleada inxente dendes de cedo as áulicas catervas. Ali non hai portadas regarnidas de cónchigas fermosas que adimiren, nin vestiduras rechamantes d'ouros, nin bronces de Corinto, nin coloran con asirio veneno a lá branquisma, nin vician os aceites con prefumes; en troques, paz segura e vida ceibe d'enganos, rica en toda crás de cousas; en troques, folgo por aquiles eidos e grutas e lagéas d'auga viva; en troques, vals tan frescos coma o Tempe e muxidos dos bois, e doces sonos botados baixo unha arbre, nunca fallan. Ali soutos e cobas onde as feras se pillan; e a sofrida xuventude afeita a sobriedade; e sacrifizos ôs deuses; e a vellez santificada. Nos campos as pisadas derradeiras deu a Xustiza ó se fuxir do mundo.
Primeiro e ante todo me reciban por vate do seu culto as doces Musas, de cuio infindo amor estou ferido; elas m'amostren do outo ceo os vieiros e as estrelas; do sol os varios cripses e da lua as mudanzas; porque causa veñen os terremotos, e qué forza fai desbordarse o már, escachifados os diques, e voltarse logo o leito; porque soilo d'inverno o sol se sume no mar con tanta presa, ou que demora as do vrau noites largas. Mais siescaso non me podo expricar istes misterios da Natureza porque o sangue frío que corre pol-o corpo meu m'o impide, goréntenme as campías e as fontelas regadoras dos vals; ame eu os soutos e os ríos sen que a grorea me desvele. ¡Quen me dera no campo, xunto o Esperquio, e ó pé do monte do Taixeto onde andan pregando á Baco as virxes da Laconia! ¡Quen me levara ós vals do Hemo fresquis[mos e m'amparara embaixo de sombrosa follateira! Feliz aquil que poido as causas conocer da Natureza i-escachizou cos pes todol-os medos e o Fado inexorabre e o estronicio do avarento Aqueronte. Afertunado tamén aquil que coneceu somentes os dioses campesíos; Pan, o vello Silvano e o sangal coro das Ninfas! Nin os feixes do pobo, nin a rexia púrpura o fai dobrar, nin a discordia que irmaus descontra irmaus esfaragulla; nin o Dacio que baixa do Istro fero nin as cousas románs, nin o desprome dos imperios: nin sofre co-as laceirías do probe, nin cubiza ó poderoso Il os froitos acada que ll'ofercen de seu as polas e os frodentes agros; e nin xiquera soupo que existisen unhas leises de ferro, un Foro tolo e as listas do reparto dos trabucos. Outrol-os mares iñorados sulcan a pór de rémos e o puñal non deixan,
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/6e/6e14/6e143057-0b03-4d90-a17c-ccdded6541b3/115711714.xml
242
Outra copra demasiado picante parecida a anterior.
Tamén dormen fora os xastres. Ver o núm. 5.
que andan muitas noites fora non sei quen durme con elas.
Foz
23 Costureira non-a quero, tecelana xa ma dan, quero unha labradoriña que me faga pol-o pan.
Cántiga famosa. Despique das mozas labregas contra o señorío das suas temidas rivales.
teñen as pernas torcidas de estar a carón do chan.
A Cruña
a filla de un labrador sabe traballar o pan.
Betanzos
quéroche unha labradora
Arzúa
tecelana non ma dan, a filla de un labrador téñoa na palma de man.
Ourens
24 Costureira, pan no cribo; tecelana, no tear; zapateiro, pote cheo; Xastre, tixola no lar.
Cántiga famosa, mui repetida. Xastre, co-a sartén no lar.
A Cruña
tecedeira, no tear; pr-o ferreiro, pote cheo; pr-o xastre, tixola o lar.
Ortigueira
tecelana, pan no tear; carpinteiro, mesa posta; canteiro, ponte no lar.
Ulla
NÓS
zapateiro, o pote cheo; xastre, tixola o lar.
Ourens
25 Costureira señorita que dís que te queima o sol, a cortiza está barata farémosche un quitasol.
Sátira fina asemella o núm. 9. Costureira finiquita
Ulla
26 Costureiriña aseñoritada leva as agullas no peito chantadas; ivíache o diaño, roxiña do pelo! ¿para qué queres ese agulleteiro?
Inédita?
Notable pol-o metro de muiñeira. Costureiriña costureirada
Arzúa
27 Costureiriña bonita a aquel pazo foi coser e no medio da escaleira xa lle deron que facer.
Outra cántiga mui famosa pol-a sua gran entención.
que o palacio vas coser no medio do corredor logo che dan que facer.
A Cruña
se o palacio vas coser conta que a medio camiño háche sobrar que coser.
Betanzos
a palacio vas coser e na primeira escaleira xa che deron que facer.
Pravio
a palacio vai coser e na primeira escaleira
Ourens
Costureiriña bonita, bonitiña costureira,
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/6e/6e14/6e143057-0b03-4d90-a17c-ccdded6541b3/11571177.xml
Cala a fonte costureira, merla fonte asubiadora...!
Ten tesouras para a Noite
e agullinas para a Aurora...!
Cala a fonte costureira!
No serán ó Ceu-narciso
fura o balandrán de estrelas
na alborada o flo da auga
vai cosendo as buratelas.
Cata a fonte costureira!
Zurceume ben meus amores
a se espellar no seu cano:
puxo noos de todo tempo
en liñas de todo o ano.
Cata a fonte costureira!
BOUZA-BREY
ILUSTRAZÓN EN MADEIRA DE PINTOS FONSECA.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/6e/6e14/6e143057-0b03-4d90-a17c-ccdded6541b3/11571174.xml
VIRXILIO EN GALEGO
POR A. GÓMEZ LEDO
De dous xeitos se poden tradocil-os crásicos: perifrasticamente, atendendo mais a expresal-o sentido que a conserval-as belezas da forma; e literalmente, non deixando cousa por cativa que sexa no orixinal. O primeiro é moi doado, e pra xente vulgar o mais asequible e gustoso. Pro iso non pode hencher todol-os degoros d'un humanista. Unha verdadeira traduzón pra iste, ten de ser coma un vaciado do fondo e da forma, sen requilorios e andromenas, denantes tendendo a síntese mais que o análisis, suposto que as lingoas primitivas teñen un carauter eminentemente sintético.
Xa se comprende que se s'ha de tradocir en verso (i-eu coido que os poetas eisí se deben tradocir) non e posibre facel-o en calquera cras de versos, nos que habría que sacrificar-o millor nas aras do mais cativo; o rexo da expresión e do senso, en graza das comenenzas da rima asoballadora. Non hai pois outro romedio que botar mau do verso ceibe ou branco.
Valéndose d'il é coma un pode axeitar a sua lingoa ó orixinal, acadando aquela meirande perfeuzón que sexa posibre, respeitaye ó arquetipo que ten un diante.
Tal fixen eu (e prego se me disimule que por ista vez fale de min) tradocindo as Eglogas de Virxilio. Quizais ainda quedan a grande distancia do ideal proposto e non acadado.
Infindamentes mais dificoltosas de tradocir son as Xeórxigas, ás que xa puxen romate e, coa graza de Deus, salirán mencs indinas do orixinal, a meirande fermosura do estilo poético que endexamais se viu no mundo, asegún dí Menendez e Pelayo.
Confeso que, a pesare da miña devozón pol-o Virxilio, non era eu capaz d'adiviñal-as infindas belezas que s'alcontran sementadas pol-o diviño poema. Creio que non se pode chegar a mais en canto a equilibrio e sereidade, en canto a sentir a nai natureza e facela sentir nos demáis, en canto o esprito humán e precristián que no Virxilio, coma en ningún outro poeta antergo, latexa rexamentes.
Parece cousa de miragre que nos cheguen tanto a ialma as vibraciós d'una natureza insensibre sen voz e cuasi morta. Pro iso débese á taumaturxica do inmenso poeta que, coa variña máxica do seu xenio, arrinca a todal-as cousas inanimadas unha fala chea d'armuñías e sentimentalidade que conmoven fundamentes ós nosos curazós. «Caídas e decotas d'arbres—di o mesmo Menendez e Pelayo—hai nas Xeórxigas, que fan sentir e meditar mais que a morte d'algún guerreiro xoven n'unha épica loita; e celos e pasiós de moitos seres humans; e o mesmo intres se toma un pol-as abellas virxilians, que por unha república traballadora e ben concertada. Fora de que o poeta favorito do
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/6e/6e14/6e143057-0b03-4d90-a17c-ccdded6541b3/115711712.xml
que en todo tiempo teñen sido, conforme ás origes francas do seu grupo étnico, os sostés da Catolicidade, calquera que fose o ardimento do seu particularismo por frente á Realeza francesa. D'eiquí o desinio piedoso e poético a un tempo de volver coller a alforja e o bordón simbólicos e volver pisal-os camiños dos pelingrins d'outrora, volver atopal-os vestigios da Francia de hespital en hespital e da santuario en santuario, pol-o Camiño de Roma, e pol-o de Sant Iago de Compostela, agardando poder chegar deica Jerusalem. Ja non atopa pelegrins; mais, como Dante, ben sabe que os hai de tres sortes: os palmieri ou portadores de palmas que van a Ultramar, os Romeiros que van a Roma e os pelegrins que van a Galiza. As tres rutas qu'iles s'aprican a seguiren son com'os tres grandes rios da Cristiandade. Un Péladan dirá qu'os palmiere son Johannitas, os Romeiros Fideles d'Amor, e os pelegrins de Galiza Albigense. Indica il por iso mesmo cales herexías houberan podido rachar irremediab'emente a grande unidade católica e qu'ardente cruzada houbo que seguir pra mantelo, estando cada santuario encarregado non embargante d'acoller certas categorías d'almas. Atal foi especialmente o de Sant'Iago. No prólogo do belo libro onde M. de Poncheville nos refire pintorescamente todo o qu'as suas pasadas chegaron a erguer d'historia e de leenda ao longo do camiño sagro, todo o qu'os seus ollos lle deprenderon enco] da face das cousas e das gentes, convén ler e meditar Le Tombeau de Saint Jacques, que ten o esprendor verbal d'un verdadeiro poema en prosa, e que é a chave da obra toda.
A Galiza leva nas suas armas un cálice radiante, un Graal arrodeado d'un setenario d'estrelas. Símbolo con seguranza. En Galiza, no fondo do golfo que leva ao Campo da Estrela (Campus Stellae, Compostela), había un punto d'escala onde dend'os tempos minoanos pousaban os barcos qu'iban dende Creta á América pol-as Colunas d'Ercoles. Por isto, partidos de Jaffa, os sete homes que
NÓS
levaban no seu barco o cadaleito de cedro do Apóstolo Jacobe, seguindo a ruta prehistórica dos Fenicios, metéronse unha noite no esteiro ond'as augas da Ulla mistúranse co-as do Sar e viñeron dar co-a sua nao perto d'unha estatua de Neptuno, resto probábel dos mais antigos cultos atlánticos e posidónicos. Galegos de nacencia, os sete homes queren qu'a terra ancestral garde as reliquias do Santo que primeiro lles trouxo a Boa Nova. Jacobe era tan achegado parente de Jesús qu'algús chamábanlle seu irmau. De vivo fixera a viaxe á Hespaña e tomara espiritualmente posesión da misteca Hesperia que os seus sucesores evangelizaron. Por isto a Hesperia debía recibilo seu corpo com'unha semente. Os Discípulos desembarcan o sarcófago e póñeno nun carro que obteñen permiso de junguir dous touros sagrados. A Raiña Lupa convírtese a primeira. A Comunidade druídica compon co-a nova fé ningún de cujos principios esenciás contradí sen dúbida a sua propia doutriña. Sobre do santo Outeiro de cume cinguido d'un muro de pedra seca, coma no monte Santa Odila d'Alsacia, os primeiros cristiaos de Galiza júntanse arredor da tumba de Sant'Iago. Mail-as guerras d'invasión arrasan o país, a tumba desaparez baixo do mato, os cristiaos son esparexidos, o Islam rube car'ao Norte. Despois recua. D'aquela, o ermitaño Payo vense estabrecer non longe do lugar onde repousa o Santo esquecido. O ermitaño vé aparecer no ceo, por riba da sepultura unha estrela e sobrenaturás crareiras. O bispo Teodomiro fai rozar o mato e sachar na terra. Descóbrese o sepulcro. O Santo recobra o seu culto. Alfonso o Casto bota aixiña os cimentos da basílica: os canteiros das Galias veñen traballar a ela e a pelerinage da Francia orgaízase. Do Puy, onde reina a Virxe Negra, de Tours, de Vézelay, tres vieiros levan pra Roncesvales onde vaise elaboral-a Chanson de Roland, obra suma francesa da epopea cristiá. En Puente-la-Reina, alén dos Pirineus, juntanse os tres agrupa-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/6e/6e14/6e143057-0b03-4d90-a17c-ccdded6541b3/11571173.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
Ourense 15 de Nadal do 1930 • Núm. 84
Ano XII •
LA CARITÁ
Di fiori il cardo e d'ellera tu vesti le rovinate pietre del molino, e le ghirlande del vilucchio appresti all'alla croce lá sovra il cammíno. Fedele al molto di Gesú, facesti brillare un astro in cima ad ogni spino, il verde musco alla scogliera desti, e di gioia allegrasti ogni destino. O santa Caritá, fino alle brume dell'aspro verno tu concedi blandi raggi di sole e festa di colori; l'onda incoroni d'un airon di spume, dai piume al nido, e su la siepe spandi bianca una neve d'odorati fiori.
LA BRUMA
La bruma é una povera cieca che scalza pe'l bosco sen va, si buca alle volte, ma sangue agli aridi spini non dá. Ma lacrime tante. ¡Ché piange qual pianse la notte Gesú, qual piange al mattino l'Aurora con gli astri del cielo lassú. A un raggio di sole ogni lagrima tal fulgida perla divien, che il mare si belle non chiude dell'onde nel cerulo sen. Raccogli le lacrime, figlia, vó farne un diadema per te, che niuna regina mai cinse, che niun gioielliere vendé!
ANTONIO NORIEGA VARELA
Dou eiquí traducidos dous sonetos do volume «D'o Ermo» do insigne poeta galego A. Noriega Varela, que tanto amor amostra por Italia. Axiña darei á luz un estudo sobre a poesía galega contemporánea, tan chea de tenrura e de beleza.
GUIDO BATTELLI
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/6e/6e14/6e143057-0b03-4d90-a17c-ccdded6541b3/115711711.xml
NÓS
239
das clases altas, consiguen o erguemento da fala vernácula á categoría de lingua oficial. D'outro geito, é ben coñecido qué difícil é pra un neno recibir o ensino primario nunha lingua que non é a súa lingua materna, que difire en moito da qu'il emprega cos seus pais.
E asimesmo a experiencia nos ensina qu'un Estado pode funcionar sen ter unha lingua común, e sen qu'o ter mais de unha sexa un impedimento pra o seu desenrolo progresivo já qu'o pobo ten de cote un comenzo de cultura (única accesíbel pra él) no nacionalismo lingüístico; e d'iste comenzo de cultura, tira él tamén a conciencia do seu valer. Do cal temos en Suiza un eixemplo patente.
Berlín, Agosto 1930
(Continuaráse)
O CAMINO DE SANT'IAGO
POR PHILEAS LEBESGUE
Botando abaixo con auténticas probas de feito as teorías germánicas da xeración espontánea, M. Joseph Bédier amostrou vitoriosamente com'as nosas grandes lendas épicas poideron froecer ao longo dos vieiros da Cristiandade, coma d'un santuario ao outro podentes correntes espirituais estabreceronse ao achego das peregrinacións, e que vencellos mistecos xunguían na Idade Media as Galias militantes ao conjunto do mundo incrinado sobr'a Cruz. Gesta Dei per Francos! Peregríns e cabaleiros d'Oil deberon, matino eu, volveren abrir os camiños seculares, os do Druidismo e do Orfismo primitivos cegos, pr'aseguraren a unión das almas e botaren longe das terras sagras da Tradición occidental a ola islámica. Xordas herexías cristiás poideron soñar un instante en por d'acordo a Cruz co Crescente: a Táboa Redonda e o San Graal, os Albigeses, os Templarios, a Divina Comedia levan o testimonio d'una acción emprendida a prol d'outra supremacía que non a do Papa. Non por iso fica menos firme qu'a Cabaleiría picarda e flamenga, enrolada con entusiasmo nos grandes camiños da peregrinación, fixo prevalecer o espírito da Cru-
zada. A arquitectura francesa gótica marcou coas súas fortalezas, as súas abadías, as súas igrexas, as etapas d'esta conquista a un tempo espiritual e militar. Conquista d'unidade, e esta obra por secuencia de convulsións políticas imprevisíbeis, haina que reemprender por inteiro. A salvación da Francia pende d'isto unha vez máis. A natureza e a importancia das forzas enfrontadas non variaron moito. Mais iste non é arestora o meu asunto. Dígamos somentes que M. André Mabille de Poncheville, poeta, cristián, erudito, patriota e católico primeiro sinteu máis podentemente que outros ningún falar en sí o sangue dos abós setentrionais. E resultou pra il unha adiviñazón singular. Historiador, o Instinto da Raza guiou n-il ao creente; nos fastos do pasado soubo il craramente ler e o enigma do presente entregoulle os seus segredos. Qu'un queira ou non seguilo, o qu'il concibeu é a continuidade posíbel d'una acción e d'una tradición. A divisa: Ges Dei per Francos rempréndea il pol-a sua conta toda inteira. D'eiquí a Amitié de France et de Flandre da que foi fundador e que tende a arredar do Germanismo político a aquiles
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/6e/6e14/6e143057-0b03-4d90-a17c-ccdded6541b3/115711715.xml
NÓS
o día que te non vexo
hastra me cai a monteira.
Se todal-as frores que lles embrocan as costureiras son como esta, mal se comprenden suas condescendencias.
o día que non te vexo
Ordes
29 Costureiriña bonita,
dáme acá das tuas agullas,
eu che darei alfinetes
para prender as costuras.
Cántiga mui sabida que hastra se pode supoñer na boca de un xastre.
dáme das tuas agullas
que eu che darei alfileres
A Cruña
dáme das tuas agullas
Santiago
Costureira melindrosa
díme das tuas agullas
que eu che darei alfileres
Ourens
30 —Costureiriña bonita
dime donde fas o niño.
—Na carballeira da Illana
no mais alto carballiño.
Illana, lugar do auntamento de Curtís, famoso por unha feira que alí hai.
Paresce encobrir alegantemente esta copra a segunda entención de calar a vivenda, tópico nos primeiros parrafeos das mociñas aldeans cos mozos desconocidos. Cántanse outras, de que esta é lembranza, co mesmo final
dime donde tes o niño.
—Nun carballo da Illana
Abegondo
31 —Costureiriña bonita
¿donde perdiche o dedal?
—No turreiro da Penela
cando fun onte a beilar.
Santiago de Penela, auntamento de Cartelle, partido de Celanova.
Aseméllase os núms. 12 e 25. O dedal da costureira é, naturalmente, un tópico simbólico nestes contos.
donde alá me vou pasear
Ourens
32 Costureiriña bonita
eu non-a quixera ser,
que a mazán coloradiña
todos a queren comer.
Craro que esta copra non foi discurrida por ningunha costureira. O' que non se consola é porque non quere. Fai como o caso da raposa e as uvas: están verdes.
que as periñas de maduras
Ordes
33 Costureiriña bonita
fáime a camisa ben feita
c-un caravel encarnado
n-o puño da man dereita.
Cousa tan repinicada por forza debería pedir moitas vesitas do parroquiano a o obrador.
Costureiriña pequena
Parga
34 Costureiriña bonita
o teu amor acabouse;
era de papel sellado,
caeu no río e mollóuse.
Semella o núm. 65.
O detale do papel sellado é mui sinificativo. Así como as costureiras son, ou aparentan ser, medio señoritas, asi gustan de recadar noivos aseñoritados, esquirbentes de auntamento, percurradores, xusticias, etc.
Cantar mui sabido
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/6e/6e14/6e143057-0b03-4d90-a17c-ccdded6541b3/115711713.xml
NÓS mentos de pe'egrins. E isto por espazo de séculos.
M. de Poncheville revive detalle por de alle iste comovente pasado de fé e de esforzo. Puña por resucitala esenza do acordo cristiao antre Francia e Hespaña, crebado po'-as guerras do século XVI. O camiño de Sant'Iago está abandoado. Podería unha nova padricación emprendida a prol da grandeza da Francia e da Cristiandade, volvelo facer coller? Esta pregunta faina seguramente M. de Poncheville con certa anguria. Nós compartimos esta anguria e ademiramos ao tempo que o seu grande talento d'escritor, a fé generosa que o anima.
Mail-as soluciós de salvamento poden ser diferentes das qu'il imagina; porque pra des cobril-o segredo dos fados que nos agardan, cumpriría coñecer a fondo o misterio das almas. Non emporiso deixa de ficar en pé que a unidade do mundo occidental é asunto de camiños, é dicir, de correntes espirituais partindo de Francia ou levando a ela. Nisto, M. de Poncheville é mais que un historiador católico, é un vidente.
Finis Galliae é unha blasfemia.
(Publicado en L'Esprit français, de París, e trad. por V. R.)
CANCIOEIRO DA AGULLA
ENXERGADO CON DOAS DO POBO
POR ARMANDO COTARELO VALLEDOR
(Proseguimento)
20 Costureira melindrosa, lévame os bois a beber; irás, virás a fontiña, volver. 'emos a traguer.
Outro pique contra a fidalguía das costureiras. Relaciónase co núm. 16. Costureiriña bonita pola nai que te paríu Malpica
21 Costureira non-a quero, se ma dan, créllome dela; canto barredoiro hai anda falando con elas.
A Cruña anda deitando consigo canto pillo ten Galicia.
Abegondo canto vagamundo hai dorme na cama con ela.
Abegondo se ma dan ríome dela, canto pillo hai no lugar fala no adro con ela.
Parga
22 Costureira non-a quero se ma dan, créllome dela; pasan muitas noites fora non sei onde dormen n-elas.
Cántiga tan conocida como desfogada. Ten variantes brutales.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/6e/6e14/6e143057-0b03-4d90-a17c-ccdded6541b3/115711721.xml
NÓS
tragédia intelectual de Catalunya, Agustí Esclasans.—Les meves tres millors poesies, Josep Carner.—Nótules.—Cróniques (Política catalana, Política internacional, Economia, Les Arts plàstiques, El Teatre, La Música, El Cinema, La Cultura física, Lletra de Mallorca).—Els llibres.—Documents.—Períodics i Revistes.
SUDETENDEUTSCHE ZEITSCHRIFT FÜR VOLKSKUNDE, hrsgvon Dr. Gustav Iungbauer, Prag, 1930, 5. Heft.
INHALTSVERZEICHNIS: Emil Lehmann, Zum 50. Geburtstag.—Dr. Rudolf Kubittschek, Das Gedächtnis des Volkes.—Dr. Gustav Iungbauer, Sprachinselvolkskunde.—Franz Breiner, Kleine Beiträge zum südmährischen Hochzeitsbrauchum.—Alfred Karasek-Langer, Die Wunderlampe. Märchen aus Ober-Turtz in der Kremnitzer Eprachinsel.—Petr Bogatyrev, Die Bräuche und der Aberglaube bei dem Bau eines Hauses in Karpathenrussland.—Kleine Mitteilungen.—Atlas der deutschen Volkskunde.—Antworten.—Umfragen. Besprechungen.
ALAS. núm. 6, Montevideo.
CONTÉN interesantes notas e artículos de pedagogía.—Julio R. Barcos: El surgimiento de los valores posibles.—Glosas apropósito de Gabriela Mistral.—C. A. Garibaldi: Unamuno en España.—Poemas de Jules Supervielle: Saisir.—L'autre Amérique.—Poemas de Sabat Ercasty e C. A. Garibaldi: Nietzsche: La canción de la noche.—Sofía Freire: Impresiones sobre la «Tempestad».—Crítica.—Bibliografía.—Reflexiones.—Noticiario.
TAULA DE LLETRES VALENCIANES, Valencia.
SIEMPRE recibimos con amor esta xurdía publicación mediterránea e moderna, fonda eispreseon d'unha patrea. Sumario do número de Sant-Iago: La Redacción: Als scriptors valencians i a les publicacions valencianes.—E. F. A propósito d'un llibre i una enquesta.—Carles Salvador: Records de l'Escola d'Estiu.—Mateu i Llopis: Un encent de València.—E. Segarra: Idees sobre la nostra arquitectura contemporània.—El Reporter:
Una entrevista amb les hòmens de Nostra Novela.—Almela i Vives: D'orer sempre llorer.—Notes.—Bibliografia.
CELTIGA. Número do Día da Galiza, 1930.
AS millores firmas da Galiza—os d'eiquí e os d'alá, cinguidos na mesma arela—enchen a xurdía contribución con qu'a valente e fina Celtiga sauda á mañán simbólica do novo Día.
CARTEL, Montevideo.
SIGUE eisprorador e coscente o timón na mán esprimentada do poeta Sigüenza. Sinalase no número de Xulio un artigo de Euxenio Montes: La ideología de Scheler.
EUSKO, Ykaskuntza'ren (Sociedad de Estudios Vascos).
ADEMÁS do interesantísimo Boletín publica os cadernos do Eusko—Folklore, contos e lendas; o fermoso conto: O asno, o cán, o gato, o galo i-o carneiro.—O tordo de marzal e O lobiño e mailo macho, diálogo cantado cuia música recolleu o Sr. Sarasua.
SEARA NOVA, Revista de doutrina e crítica.
SIEMPRE cheas de vida—moderna, portuguesa, inqueda—as libracións d'ista revista, nosa amiga.
A NOSA TERRA. A Coruña.
Idearium das Irmandás da Fala que ningún galego debía ignorar pois nas suas follas latexa o mais ceibe esprito da nosa Galiza.
PRINCIPIO, cultura e política. Porto. núm. 4
SUMARIO: João Gaspar Simões: Da cultura e da erudição.—A. Ribeiro: Liberalismo.—José Regio: Do ensino do português.—Casáis Monteiro: A propósito da tempestade na Ásia.—Idem: A deformação dos espíritos.
Imp. NOS, Linares Rivas 50, A Coruña.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/6e/6e14/6e143057-0b03-4d90-a17c-ccdded6541b3/115711710.xml
238
de división a qual ocasionou a creación d'unha nova lingoa literaria, coma é o esloveno, difrente da serbo-croata. O checo, que nos ofrece un cadro compreto da influencia lingüística no nacionalismo, é falado hoxe por mais d'oito millóns d'habitantes, incluíndo o eslovaco. A literatura checa comenza cedo, no século XIII. Despois d'un período d'escurecimento, debido á opresión da burocracia dos Habsburgo, tivo no século XIX unha renacencia enérgica; e na actualidade o checo é un idioma provisto do todol-os meios precisos pra unha civilización compreta. Orgaizouse o enseño en checo, dend'a escola elemental hastra a Universidade. A carón da Universidade alemá qu'eisistía en Praga, foi posta unha Universidade checa, que se convirteu n-un centro d'estudos importantes, pruducindo unha élite inteleitual checa. Houbo un movemento nacionalista pra botar fora toda verba exótica, aínda alemá, qu'eisistía, formando o seu vocabulario asegún a natureza do idioma, empregando, por eixempro divaldo por teart, que non ten equivalencia na Europa.
Eisiste pois, un vencello antr'o idioma d'un pobo e a nación qu'o fala, com'indicaba certo autor. N-un país onde, como no antigo Imperio Austro-Húngaro, había varias nacións, era pol-os diversos idiomas en uso pol-o que s'opuñan estas. E cando querían facer unha estadística das nacións do referido Imperio, non había outras fontes, mais que perguntar a cada habitante qual era a sua fala d'adoito. E diste xeito contaban, en Austria, por alemáns, aos que declaraban ter por fala usual o alemán, por checos, os que declaraban ter por idioma habitual o checo e así sucesivamente. Resultando qu'a fala é o primeiro e o máis eficaz dos caracteres pol-os que se distingue unha nación. Ond'hai diferenças de
NÓS
língoas, as diferenças nacionais tenden a existir tamén; e onde falta un sentimento nacional, as diferenças d'idioma tenden a desaparecer tamén.
Aínda así, onde non existe a vontade de formar unha unidade particular, que é o fundamento d'una nación, a comunidade d'idioma abonda pra fixar unha comunidade de cultura e unha comunidade de sentimentos. E actualmente apenas hai nación que non faga por ter un idioma de seu, xa qu'éste dificilmente subsiste onde falta o sentimento nacional.
Non se vaia creer por esto qu'a unidade lingüística leva de cote consigo a unidade política: a idea de que nos tempos prehistóricos, os pobos que tiñan un idioma común indo-europeo, tíveran tamén un goberno común, carece de fundamento, pois a antiga unidade lingüística indo-europea pousaba n'una unidade de civilización, endejamais n'una unidade política. En Grecia, diferentemente, onde cada grupo formaba un Estado autóctono, a principios da época histórica ou sexa do século VI ao III antes de Cristo, había case tantos idiomas oficiais coma cibdades. E esta mesma tendencia dáse actualmente na Europa, onde rige o concepto de fixación das língoas nacionais. Habían ser os gregos, por tanto, os primeiros en marcar o que había ser o mundo moderno. E así vemos que toda nación que toma conciencia de sí mesma, pretende ter o seu idioma escrito, o seu idioma de cultura propio.
Os ditos: «o idioma é a nacionalidade», «na lingua vive un pobo coma nas murallas vive a cidadanía», teñen eiquí a súa aplicación. Resultando que actualmente, un dos máis eficazes elementos de loita da democracia contra das oligarquías reinantes, é a tendencia a constituír, dentro de cada grupo nacional, unha fala común que lle sirva d'idioma oficial; favorecendo d'iste xeito a democracia o desenrolo das lingoas nacionais. Foi por eixempro o esforzo das clases populares flamengas, o que, loitando contra a indefrencia
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/6e/6e14/6e143057-0b03-4d90-a17c-ccdded6541b3/115711717.xml
NÓS
e «a cántiga sacramental do gremio.» ven a auga e non me molla,
A Cruña
Viva muito miña nai
Foz
Fixo mui ben miña nai en poñerme a costureira;
Ourens
deprenderme a costureira
Ourens
Bendito sea meu pai que me meteu costureira, cando chove non me molla cando vai o sol non me queima.
Entrimo
43 Ela é costureira, e como é tan ladra non hai quen-a queira.
Mui curiosa pol-a forma de triada e por ser a única do Cancioeiro que motella de ladras as costureiras. O pobo coida que o son, sobre todo de vellas, de liñas, retallos, tesouras e outras purreladas pol-o estilo.
Elisa é costureira
Cambados
44 Estes xastriños de agora tallan a roupa a pintar; si meu home fora xastre iqué galana había de andar!
Velahí a mellor axuda que teñen os xastres nas suas rabasadas amorosas: a coqueteiría mulleril, universal e costante.
Todol-os xastres de agora fan a roupiña a pintar; si eu fora muller de un xastre iqué guapa che había de andar!
Abegondo
a roupa fan a pintar
mui guapa che había de andar.
Betanzos
45 Eu caséime con un xastre iogallá que non casara! todo o dote que me dou foi unha capa de sarna.
Inda perdura nalgunhas aldeas a sona de sarnosos contra os xastres. Ver os núms. 5, 47 e 56.
mellor fora non casara
Arzúa
46 Eu das costureiras teño de contar que veñen-a misa por non traballar.
Curiosa pol-o metro, a así como pol-a ouservación, quizaves esauta. que van para a misa
A Cruña
47 Fuches casar con un xastre, ianque non houbera homes!, que cando vai ó turreiro chámanlle «Remenda foles».
Enlázase c-os núms. 5, 45 e 56. que cando vas pola calle
Ourens
48 Indo por Oseiro arriba todos eran a mirar —Aqui non van costureiras nin pano para cortar.
San Tirso de Oseiro, aldea da Cruña. Alude as marmuracións que soerguen as costureiras.
49 Xastre, quéroche un recado, e mais non é de coser, a cinta de namorare ide qué cor terá de ser?
Semella a seguinte e mais o núm. 99. Por
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/6e/6e14/6e143057-0b03-4d90-a17c-ccdded6541b3/115711718.xml
246
elas se indica o conceuto que de salidos têm os xastres.
Xastre quéroche unha cousa
Pravío
¿de qué color ha de ser?
Ourens
50 Xastre, quéroche un recado,
e mais non-é de costura,
que che quero preguntare
se o mal de amores ten cura
Poida que pras raparigas namoradas, como esta que pergunta, non seyan os xastres da aldea os mellores conselleiros.
Xastre, dígoche unha cousa
que che veño perguntare
Pravío
51 Xastre, xastre, camisa rachada
o c... che cosiron con sete puntadas.
Xastre, xastre, fáime unha monteira
iqué o demo te arrastre por unha sil-
[veira!
Inédita?
Ista chuscada teño oido moitas veces de pequeno e tamén con variante de peor gusto e olfato no primeiro verso.
Xastre, xastre, camisa c...
Ribadeo
52 Xastre, xastre, fozón e larpeiro,
dácame as sobras do meu terzopelo;
farásme un mantelo e duas manteli-
[ñas,
iérgate o demo dos pelos pra arriba!
Inédita?
Interesante, como a anterior, polo metro de muiñeira.
lévete o demo dos pelos pra arriba
Ribadeo
NOS
53 Xastre, xastre,
o demo te arrastre;
que chova, que neve,
para alá te leve.
Inédita?
Cántiga de rapaces
que neve
o demo te leve
Ribadeo
54 —M°gras ou ovos, xastriño,
¿qué merenda quer mellor?
—Deme logo, miña dena,
tortelliña de xamón.
Inédita?
Versificación de un conto de xastres ben conhecido.
Xastre, ¿magriñas ou ovos?
Barreiros
55 Ma'la xesta barredoira
veña pol-as costureiras,
porque comen as amoras
e destragan as silveiras.
Cántiga mui conocida e mui cantada, inda que non-o mereza.
Mala morte mate a morte
se ven pol-as costureiras
comen as amoras todas
e os gomos das silveiras.
A Cruña
Mala morte matadoira
Betanzos
que comeron as amoras
e secaron as silveiras.
Arzúa
e fan secar as silveiras.
Parga
56 Mellor fora ser pereira
e dar peras e reperas,
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/6e/6e14/6e143057-0b03-4d90-a17c-ccdded6541b3/11571178.xml
A LINGÜÍSTICA E O NAZONALISMO
POR J. CANEDO
A lingüística indoeuropea é unha cencia nova relativamente, pouco mais leva qu'un século de vida; mais pol-a firmeza dos seus fundamentos e pol-as suas amplias consecuencias e resultanzas, ten dado luz, non somentes pr'a historia das linguas mesmas, senon pr'a historia da humanidade, pr'a historia cultural (en cuio período atópase hoxe) e pr'a coñecencia dos pobos. A idea da comparación das linguas alargou o campo d'esporación dos lingüistas en col dos primeiros graos lingüísticos hitóricamente investigábeles en tempos prehistóricos descoñecidos. Deitou unha raiola resplandecente na escuridade da nosa prehistoria, do mesmo xeito qu'alumeou sorprendentemente as orixes dos pobos aryo-europeos e os raices da súa nacionalidade. Co-ela franqueouse o camiño pra facer outras observacións comparativas, com'a relixión, o dereito, os costumes, a arte, etc, e así crebou pra sempre o isolamento en que s'achaban os pobos.
A aplicación do mentado principio comparativo nas diversas ramas da cultura tiña por fito inmediato tiral-as consecuencias subseguintes e recoller de camiño doadamente o froito. E non era o menor mérito da lingüística o ter levado a atención sobr'as linguas e os pobos n-un circo mais amplo, que deica entón tiña sido pouco coñecido e observado, e ter promovido por elo o seu estudo. O nacionalismo da moderna Europa, ou sexa o esforzo de total-as nacións, aínda das mais pequenas, por cultivar-o seu idioma e o seu folklore respectívo, por acadal-a sua autoridade política e sendo posíbel constituír un propio Estado, atopou naturalmente os seus fundamentos científicos na ciencia da linguaxe, que afondou o concepto do idioma e arriostrou a súa sinificación nacional.
Así n-aquil tempo rexurdíu o lituano da súa escuridade, o cal achou o primeiro nos nosos días o seu centro n-un Estado especial: a República Lituana. E no mesmo período aconteceu igual c'unha das máis antigas linguas eslavas, o antigo búlgaro que había chegar a ser despois tan consecuente politicamente.
Tamén as tan difíciles linguas celtas, foron propiamente por cousas nacionais un campo d'atividade pra os ingleses e franceses. O que tiña que ser, pois cada nación, por pequena que sexa, quer ter a súa lingua de civilización, e, acarón, por eixemplo, do ruso que s'impuxo pol-as greas qu'o falan e pol-a importancia e pol-a originalidade da sua literatura, total-as nacións eslavas danse a súa lingua de civilización particular. D'esta maneira, por fronte do checo, do serbio, do croata, do polaco, do búlgaro, todos con vellos timbres de nobreza, están o esloveno, o pequeno ruso (ou ruteno) qu'endejamais tíveron pasado.
O mundo tende a non ter mais qu'una civilización; mais os idiomas de civilización medran en número, e de que cada nación
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/6e/6e14/6e143057-0b03-4d90-a17c-ccdded6541b3/115711719.xml
NÓS
247
que non ser múller de un xastre que non ten senón guedellas.
Copra mui popular.
Ver os núms. 45 e 47.
e todo o ano dar peras
Abegondo
e dar peras no Outono
...............
morriña e cara de sono
Betanzos
Mais quixera ser pereira
Ourens
57 Na casa do rico, que fai mala vida, puntada de a furco e acabar axiña; na casa do probe, que dá do que ten, puntadiña curta e apertala ben.
Mui enteresante cantar en metro de muiñeira, graciosa entención e brilante desempeno.
puntada larga e acabar axiña
...............
puntada miúda e apertala ben.
Arzúa
58 Na miña vida che vín
o que vín hoxe na feira:
ivintecinco xastres xuntos
pra facer unha monteira!
Graciosa copra.
Enlázase cos núms. 74, 78, 82 e 101
Pasei a ponte do Burgo,
paséina nunha carreíra,
quedan vintecinco xastres
cosendo nunha monteira.
Elviña
Si tí víras o que eu vin
detrás de unha carballeira
Betanzos
Na miña vida vin
o que vin n-aquela feira
...............
facendo unha monteira.
Santiago
(Continuaráse)
OS HOMES, OS FEITOS, AS VERBAS
LIBROS
CARTONES DE BURGOS, por Xaime Prada; Comentarios de Eduardo de Ontañon, Ediciones Parábola, 1930.
O noso colaborador Xaime Prada fixo esta plaquette de seis deseños de Burgos, comentados pol-o escritor Eduardo de Ontañón «Cada ciudad—di iste—tiene al menos, dos aspectos. El uno general, fácil, turístico. El otro recatado, pequeño, oscurecido. Uno de monumento alto y piedra tallada. Otro de rincón sombrío y pintoresco. Uno de tarjeta postal. Otro de «cartón» de dibujante, de nota en cuaderno de cronista». Iste segundo é o que Xaime Prada, coa mais compreta identificación cos temas, de cuia espresión adonouse e atinou a dar n-estas planchas na sua verdade real e artísteca, con «escalofrio —grato— de vieja litografía». Pra esta demostración de Burgos esquecido, juntáronse dous bós intérpretes: o plástico e o verbal. Os deseños son moi novos e moi románticos. As verbas son moi limpas e moi pintorescas. Pra que se vexa que todo pode ser. E que todo está ben, por obra de quen sabe facelo. Hixempro, Ejluardo de Ontañón e Xaime Prada.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/6e/6e14/6e143057-0b03-4d90-a17c-ccdded6541b3/115711724.xml
AGUAS DE MONDÁRIZ
FUENTES DE GANDARAYTRONCOSO
Propiedad de los Sres Hijos de Peinador
Véndese en total-as Boticas, Droguerías, Hotels, Depósitos d'augas minerás, Restaurans e vagós-camas de todol-os trés.
Estas augas, de sona universal son o remedio enxebre e eficacísimo cand'un quer combater o Artritismo, a Diabetis, Desnutrizón, Obesidades diversas, doenzas do Aparello dixestivo, Anemia e Neurasteria.
Riquisma auga de mesa
gaseada naturalmente
Mondariz-Baneario, áchase á de 35 Km. Vigo
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/6e/6e14/6e143057-0b03-4d90-a17c-ccdded6541b3/11571172.xml
B OLETÍN MENSUAL da CULTURA GALEGA
Direitor Literario Vicente Risco
Direitor Artístico Alfonso R. Castelao
Adeministrador ANXEL CASAL
DIREICIÓN E REDAUCIÓN: Sto. Domingo, 47—OURENSE
ADEMINISTRACIÓN: —A CRUÑA
ABONAMENTO
Doce números, na Península 8'00 pesetas.
Fora da Península 8'00
Numaro solto 0'70
Os pagos son adiantados e os gastos de xiro de conta dos suscritores
NOTA
Este boletin non pubricará mais orixinás qu'os que foran direitamente solicitados pol-a Direición. Tampouco se fai solidario das ideas n-eles emitidos, a non ser dos que por non iren rubrados, enténdense que son da Redaución.
SUMARIO
Sonetos de Noriega Varela, tradocidos por Guido Battelli.
Virxilio en galego, por A. Gómez Ledo
A lingüística e o nacionalismo, por J. Canedo.
O camiño de Sant'Iago, por Ph. E. Lebesgue.
Cancioneiro da agulla, por Armando Cotarelo Valledor.
Os homes, os feitos as verbas, pola Redaución.
IMPRENTA “NÓS”
Facturas - Estados - Libros - Revistas e toda crás de traballos tipográficos
Trasmitanos os seus encárregos
Linares Rivas, 50 A Cruña Sanlo Domingo, 47-2º Durense
Dicente Risco
Albogado