Noriega Varela, Antonio

1869 - 1947

Foi un mestre, xornalista e poeta galego de ideoloxía tradicional-católica.
Estudou no seminario de Mondoñedo, onde trabou amizade con Manuel Leiras Pulpeiro. No seminario vai destacar, máis ca pola súa dedicación aos estudos, pola súa facilidade como versificador en composicións satíricas e humorísticas.
En 1901 ocupou o posto de mestre de escola en Foz, onde coñeceu a Antón Villar Ponte e entrou en contacto co movemento agrario que abandeiraba Basilio Álvarez. Neste intre foi cando Noriega comezou a escribir poemas cívicos alentando á loita agraria e formou parte do periódico local ¡Guau... Guau!, no cal estaban Villar Ponte e Camilo Cela, pai de Camilo José Cela.
Tres anos despois logrou o seu traslado á escola de Trasalba, preto da cidade de Ourense, onde fixo amizade con Ramón Otero Pedrayo e os demais integrantes do Grupo Nós. Grazas ás lecturas na extensa biblioteca do pazo de Trasalba, propiedade de Otero Pedrayo, Noriega Varela coñeceu en profundidade a literatura portuguesa, que deixaría unha gran pegada na súa obra. Viaxou en varias ocasións a Portugal entrando en contacto con poetas como Raul Brandão e João Verde. E sobre todo trata con Teixeira de Pascoaes, visitándoo no seu pazo de Amarante. En 1921 foi nomeado correspondente do Instituto Histórico do Minho e tamén correspondente da Academia das Ciências de Lisboa.
Aos 57 anos volve á montaña, a Santa Madalena da Graña de Vilarente (Abadín) onde reside seis anos e entra en contacto con Aquilino Iglesia Alvariño. En 1931 trasládase como mestre a Santa María de Chavín (cerca de Viveiro). En outubro de 1939 chégalle a xubilación cando tamén impartía aulas de latín nun colexio privado.
Co tempo, Noriega foise afastando das directrices culturais e políticas do movemento agrario, chegando a apoiar ao réxime franquista.
Galipedia

Ver na liña do tempo
Imagen de Noriega Varela, Antonio

Detalles


Lugar de nacemento Mondoñedo - España
Lugar de falecemento Viveiro, Lugo - España
Actividade Ensino , Poesía , Xornalismo
Filiación Academia das Ciências de Lisboa , Real Academia Galega , Instituto Historico do Minho , Seminario de Estudos Galegos
Ocupación Profesores , Xornalistas , Poetas

Presenza na revista


http://gnoss/23C2EE89-50BE-42EC-82A5-5023998C79FF

http://gnoss/6E143057-0B03-4D90-A17C-CCDDED6541B3

Autor da revista Nós

Persoa relacionada

Organismo relacionado

Noriega Varela, Antonio

Artigos

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano I Número 1 - 30 outubro 1920
Archivo filolóxico e etnográfico de Galizia. C. IV, Adeviñanzas / recillidas pol-o ilustre poeta Antón Noriega Varela, na parte de Mondoñedo, sua terra

Archivo filolóxico e etnográfico de Galizia. C. IV, Adeviñanzas / recillidas pol-o ilustre poeta Antón Noriega Varela, na parte de Mondoñedo, sua terra

por Noriega Varela, Antonio

Ano I Número 1 (1920); p 16-17

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Nós - Ano XII Num. 84 (15/12/1930)