https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/50/5050/50505453-a167-4d63-a9c4-e45aef8ee960/115717320.xml
18
do benemérito Boletín, reparifuse o cuaderno 25 – aínda o 25! – do Dicionario galego-castelán, que comprende da verba camiño á verba capela.
A NOSA TERRA
A de Febreiro trai un poema de Cabanillas: Sanxenxo; Lóstregos do Couceiro Freixomil; Ao decorrel-os días; unha prosa de F. Abelaira, e nolas e parolas en col do Teatro galego, Homenaxe a Rusinyol, Un Dicionario galego, aObra póstuma de Pondal, Os galegos na América, etc., todas d'actualidade, e que todos deben coñecer.
CELTIGA. 25 Dbre. 1925.
Trai orixinas de Cabanillas, M. García Barros, Antonio Nobre, Críticas e outros, e ilustracións de F. Iglesias, Castelao e Borobio; a interesante selección de combate El momento de Galicia e Aguas fuertes quincenales. Comenzo de Cántigas populares, con alalás de Celanova a Ginzo. Efemérides gallegas. Idearium galeguista onde fala da Federación de Sociedades galegas agrarias e culturais, e pon a Teoría do Nacionalismo galego, e un pouco de Saudade do Quintanilla, en informacións de Teatro Sport en Galiza, sociedades galegas, etc. Dia por día vai ganando en intrés a revista Céltiga.
ALFAR, Diciembre 1925
Enero 1926
Número como todol-os d'esta publicación que ven ser o órgano do avangardismo en Galicia, principalmente nas suas formas estranxeiras, d'eiqui e d'afora, luxosamente presentado. Trai orixinas de Antonio Machado. Bonilla San Martín, Manuel Casás, C. Amor Naveiro, Nicasio Pajares, J. de la Luz-León, María Luisa Iriarte, López Picó, María Euge-
NOS
nía H. Iribarren, M., Arconada, Gil Bel, Anatole France, César Vallejo, Adriano del Valle, e outros, e ilustracións e reproduccións de Oror, Benel, J. Obiols, J. de Creeff, M. Kisling, Van Dongen, Fabory, C. Bracho, Cebreiro e Barradas. Bo boletín. O poeta Julio J. Casal non perde o seu esforzo. Adiante.
A AGUIA, Porto.
O derradeiro número recibido, ven datado do mes de San Xoán pasado. Trai excertos da versión portuguesa do Kether-Malkhuth de Ben Gabirol; por Barros Basto; Saudades da Terra, excerto de un traballo por Gaspar Frutuoso, ms. do século XVI; A Ilha do Corvo e a sua estatua por Antonio Ferreira da Serpa; Relendo os clásicos (sobre unha égloga de Melo) por Hernani Cidade; versos d'Angelo Ribeiro; notas d'arte de Vitorino Ribeiro: Bibliografía.
BOLETIN DE LA SOCIEDAD CASTELLONENSE
DE CULTURA, t. VI, cuaderno III
Sumario: Don Pedro de Lema y Perez y la Iglesia y Diócesis de Segorbe por José María Perez Narlín. – Un plan general de ordenación y urbanización de Castellón, por Vicente Traver. – Nombres árabes de la Provincia de Castellón o usados en ella por Pascual Meneu. – Folk-lore.
EL FRANCOLÍ
Remarcabre o n.º de 1.º de ano, con curiosas efeméridas históricas da Espluga, que foran loubadas no mellor da imprensa catalana.
Imprenta LAR Real, 36 1.º - A CRUÑA
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157173&posicion=1
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/50/5050/50505453-a167-4d63-a9c4-e45aef8ee960/115717314.xml
QUOD* NIHIL SCITUR
(Proseguimento)
De todal-as demais verbas inquiren o mesmo, mais curiosa que verdadeira e utilmente; e asina fanas todas derivadas ou compostas, nenhuma simples ou primitiva; quen non vé qu'isto é vanidade e ignorância? Si a verba *lapis* foi, coma dis, imposta pol-a natureza da cousa, acaso é da natureza da pedra o mancar no pé? Coido que non. Mais sexa. De que xel-to a verba *laedo* representa a natureza do dano que sinifica? De que maneira a verba *pes* sinifica a natureza do pé? Imos dar o infinito.
verdade de desexar qu'a sua filosofia ou a que temos nós fose escrita no seu idioma.
Si dixeras enton qu'aquela se non podía de-prender nin espricar n-outra língua que na sua, eu non había negar eso; mais dis que se non pode espricar mais qu'en grego ou en la-tin, língoas que non son impostas pol-a na-tureza das cousas. As verbas corrompense con-tinuamente; existem livros franceses e hespá-noles nos qu'atoparás moitas verbas cuja siñi-ficação é por inteiro descoñecida. E ant'os latinos, non hai moitas verbas desusadas, e se non inventan a colio outras de novo? O mesmo pasa no lengoaxe que nas outras cousas, que co uso continuo cambean, e acontece sel-o cámbeo tanto, qu'inteiramente dexenera e false diverso; d'eiqui provén que teña desaparecido o antigo idioma latino, trasformado agora no italiano vulgar; co grego socede o mesmo. Si algús libros conservan sobreviventes as duas léngoas, difiren, non embargante tanto do seu antigo esprendor, que si Demóstenes e Cicerón nos ouviran falar na sua língua, pode que ri-ran de nós. Mais non é esto somente, senon que iste idioma colle emprestadas moitas verbas d'outro, e aquil á sua vez d'outro, e asina xusgo que nonos queda nenhuma língua lexí-tema e pura. Por conseguinte, as verbas non teñen ningún poder pra decraraleas esencias das cousas, se non é aquil que lles veu do ar-bitrio das qu'as impoñen: a mesma força ten a verba *canis* pra sinificar can que pan, si é que gusta.
A verba *humus*, non se di asi por mor da humedade; pois pol-a contra, a terra é o mais seco dos elementos, asegún dis. Mais supon do que sexa mol húmeda, e que d'ahí se diga *humus*, donde ven humedade? Se siñalas algunha cousa da que esta se diga, o mesmo perguntarel por ela. De novo imos o infinito. Si te detés n'algunha verba, xa non habará como saber que ela mostra a natureza da cousa que sinifica. Pois asegún esto, todal-as ver-bas intermeias enantes d'aquela, parecian re-persental=a natureza da cousa, porque deriva-ban d'outras que sinificaban algunha cousa, deica chegar á derradeira: a qual de nenhuma outra deriva, asegún ti; de novo perguntariache segunda volta sobre d'ela. Agora ben, cantas son as verbas simples? Cáxeque todas.
Ademais, si a verba *panis* foi imposta pol-a natureza da cousa, porque en grego dicese: XOTOS, en Británico *Bara* y-en vasco *Ou-guia*, verbas cuja diversidade no son, nas le-tras e no acento é tanta que semellan non ter relación ningunha? Si dís que somentes unha léngoa foi imposta asegún a natureza das cousas, porque nono foron as outras igoal? Ou cal é a que, o foi? Si dis que foi a primeira, a d'Adam; é certo, pois podia facelo, porque co-neceu a natureza das cousas, asegún testemu-ña o autor do Pentateuco; e d'aquela seria en
Hai verbas impostas non pol-a natureza das cousas, senon por algún efeito ou acidente. Pois, quen coñeceu as esencias das cousas pra asegún eles imporllez nomes? Ou que co-munidade teñen as verbas coas cousas? Aquelas son as que nós chamamos proplas, coma si chamas ó home visibre ou feble, sobr'os ca-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/50/5050/50505453-a167-4d63-a9c4-e45aef8ee960/11571732.xml
NÓS BOLETIN MENSUAL da CULTURA GALEGA
DIREITOR LITERARIO Vicente Risco DIREITOR ARTÍSTICO Alfonso R. Castelao
DIREICIÓN E REDAUCIÓN Sto. Domingo, 47 - OURENSE ADEMINISTRACIÓN: Real, 36 1.º - A CRUÑA
ABONAMENTO
Doce números, na Península 6 pesetas Fora da Península 15
Número suelto na Península 1
Na Arxentina 60 centavos En Cuba 30
Pagos adiantados
Este boletín non pubrica mais orixinás qu'os que foran directamente solicitados pol-a Dirección. Tampouco se fai solidario das ideas n-eles emitidos, a non ser dos que por non iren rubrados, enténdense que son da Redaución.
SUMARIO
O poema da Saudade, por Augusto María Casas. Un Arcebispo de Santiago descoñecido, por Armando Cotarelo. A moderna literatura irlandesa, por Vicente Risco. A Lenda d'Armenteira, (proseguimento) por Xosé Filgueira Valverde. Quod nihil scitur, (continuación), tradución de Xan Aznar Ponte. Archivo filolóxico e etnográfico de Galiza Os homes, os feitos as verbas, pol-a Redaución.
LEA VOSTEDE A NOSA TERRA IDEARIUM DAS IRMANDADES
Administración Real, 36 - A Cruña
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/50/5050/50505453-a167-4d63-a9c4-e45aef8ee960/115717324.xml
NON DEIXE DE MERCAR
COVNAS
POIZ
CASTEXO
2.º volume da Biblioteca
do Seminario de estudos
Galegos
EDICION LAR
PREZO catro PSETAS
F. ROMÁN E SACO
DROGUERÍA
E FARMACIA
Pereira, 19
OURENSE
Teléfono - 28
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/50/5050/50505453-a167-4d63-a9c4-e45aef8ee960/11571735.xml
¡o Archivo municipal de Santiago (1) alópase unha cédula do Rey Católico, datada en Arcos a 23 de Outono de 1507, e dirixida o Concello e Xustizas de Compostela, decindo de este xeito:
«El Rey-Concelos, Justicias Regidores, Caballeros, Jurados, escuderos, oficiaes e homes vuenos de la cibdad de Santiago e de las billas e logares de su Arzobpado. Sabed que nro muy Santo Padré a suplicación nra. ha p°ueydo desa iglia. e Arzobpado, de Santiago al muy R.° yn Xpo. padre don A.° de Fonseca por resygnacion del muy R.° cardenal de San Marcelo, a quen Su Santidad poco antes avía p°ueydo del por resignación del muy R.° yn xpo. padre Patriarca de Alexandria Arzobispo que fue desa dha iglia y Arzobpado; e sobre ello son venidas las bulas de Su Santidad e con ellas el dho. Arzobispo. envia a tomar la posesión de la dha. iglia. e Arzobpado: por ende vos mando que luego que esta micedula vierdes le deys e hagays dar la posesión de todo lo que pertenesce a la dha. Arzobpalia e le recibays e agays e tengays por Señor dello e plado. vro. como Su Santidad por las dhas sus bulas lo quiere y manda, e non fagades ende al. Fecha en el lugar de Arcos a veinti[?]tres días de Otubre de IVDVII años - Yo el Rey Por mandado de Su Alteza - Miguel Pe del[?]macen.»
Hasta agora tiñamos creído que a D. Alonso de Fonseca e Acevedo, o Patriarca, sucedera directamente seu fillo segundo D. Alonso de Fonseca e Ulloa, terceiro dos Fonsecas (e a quen podemos chamar verdadeiramente o Grande), e dese modo se conta nos episcop[?]
(1) Libro de consistorios (1502-1514), ps. 158.
loxos de Santiago (1). Mais xa vemos que non pasou así: no medio dos dous Fonsecas, pai e fillo, houbo un Arcebispo, descoñecido a non sere por esta cédula.
¿E quen foi este Cardeal de San Marcelo? Non menos que D. Pedro Luis de Borja, sobriño do Papa Alexandre VI, cabaleiro de San Xoan, prior de Santa Eufemia. Protonotario Apostólico, Cardeal diácono de Santa María in Via Lata e presbítero de San Marcelo, Arcebispo de Monreal e Valencia, archipresbítero de Santa María a Maor e penitenciario maor, creado Cardeal no ano de 1500 e morlo en Nápoles no 5 de Outono de 1511 (2)
A espricación do caso é ben sinxela. Din-os que cargado de anos e alifafes o vello Fonseca quixo descansar do peso da mira apostólica e renunciouna na cabeza do seu fillo, rescibindo él o título de Patriarca de Alexandria e retirándose a Salamanca, sua patria, onde finou a 12 de Marzo de 1512. Que este feito afiuzado pol-o Rey Católico e consentido pol-o Pa[?]a Xullo II, foi de mucho escándalo, tanto que según atestigua Alvar Gómez d- Castro (3), autorizándos co seu nome ilustre, o Cardeal Cisneros, que andaba rifado cos Fonsecas, encarouse un día con D Fernando V pra botarlle este virote:
«Señor, hánme dicho que V. A. hace mayorazgo del arzobispado de Santiago y quisiera saber si excluye de él a las hembras» —que sería, penso eu, o solo quite que o célebre franciscan dixo na sua vida.
Tamén consta pol-os historiodores de aquel
(1) Como LÓPEZ FERREIRO, Hist. de la iglesia de Santiago, VIII, 10, etc.
(2) GRMA, Theatro universal de España, III, 65.
(3) De rebus gestis Francisci Semenii, edición da Hispania illustrata, I, 1148.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/50/5050/50505453-a167-4d63-a9c4-e45aef8ee960/11571738.xml
6
aquil lempo en qu'a literatura galega (Xavier Valcarce, Prudencio Canitrot, Rey Soto, Basilio Alvarez, etc, etc) facíase en castelán y-en Madri.
É qu'o gaélico tiña perdido moita forza entre 1846 e 1900. Os mesmos xefes nacionalistas, coma O'Connell, e Parnell, aconsellaban o emprego do inglés. A derradeiros do século pasado, de 4 millóns e meio d'irlandeses, sómentes 600.000 falaban a léngoa nacional, e aínda ó mesmo tempo que a oficial, e non había mais qu'uns 20.000 peisanos e mariñeiros das illas do W. que non souperan o inglés. Coma nós, avergoñábanse da sua fala; a xente pasmábase de qu'o bispo Mac Hale (un dos primeiros que se decatou da importancia da léngoa nacional) e o ilustre Douglas Hyde, fundador da Liga Gaélica, falasen o erse. Ningunha persoa que se tivera por ben eriada o falaba.
Ainda mais: o erse é unha léngoa dificile. Non é doado deprender e falar ben unha léngoa de 80.000 verbas, c'unha sintaxe variada e compricada, c'unha prosodia mais compricada aínda.
Mais asi e todo, as cousas variáron dend'a fundación da Liga Gaélica, anque os escritores mais coñecidos escriben ainda en inglés.
III
A Connvadh na Gaedhilge (Liga Gaélica) fundouse en 1895 por Douglas Hyde e Eoin Mac Neill. Os afillados levaban unha sortella d'ouro coma sinal, e obrigabanse a non falaren entre eles mais qu'o irlandés. Fixeron unha propaganda intensa en cidades, vilas e aldeas, e fundaron moitos agrupamentos; deron cursos de léngoa erse e fixeron festas pra conservar as usanzas tradicionais, e representacións d'obras de teatro; publicaron boletís con texto nas dúas lengoas.
A brega foi condenada, mais ó fin abrironse caminho, e igual os peisanos qu'os Inteleituás e logo a xente de boa sociedade, foron entrando pol-o vello erse. Non é que todol-o empreguen a colio, mais todos precuran deprendelo, e o falado fixose sinal de boa crianza.
De que Mac Neill se viu de Menistro d'Enseño público d'Irlanda, púxoo com'obrigato-
rio nas escolas, e os documentos oficiais escri-
bense hoxe nas dúas léngoas.
Douglas Hyde, un perfecto celta ata no seu fiseco, bondoso, ledo e rideiro, esprica irlandés na National University de Dublin, onde traballan tamén Mr. Macallister e outros sabios qu'antr'outros emprendementos, preparan a edición cumprida de todol-os textos da vella literatura irlandesa da Edade Mela, onde s'alopan an'iquismas lendas, comas ulsterianas de Cuchulainn, as d'Ossian, as de Milesius, Lughaid. Amerghin e os fillos de Breogán, e outras das que leñen dado algunha noticia Murguía, Saralegui e Tettamaney.
IV
Poucos coñecían as vellas lendas épicas irlandesas antes de 1876 en qu'as deu a coñecer Standish O'Grady na sua Historia bárdica da Irlanda.
Standish O'Grady, home d'una imaxinación quente e poderosa, d'un fervente entusiasmo pola sua terra, escribeu a sua historia heróica da antiga Irlanda d'un xeito imitante a coma Benito Vicetto fixo a de Galiza: con moita inventiva e con esprito de polémica, anque con millor estilo, cun estilo ergueito e nobre, com'o de Murguía. Ten coma historiador, os mesmos defeitos que Vicetto, mais ten tamén as adiviñacións as anticipacións pasmosas con que Vicetto s'adiantou ás volias, ó seu tempo e ó pensamento do seu tempo.
Fose coma fose, desatou un tesouro, abriu de novo a fonte eterna da Tradición, defendeu fermemente as glorias pasadas da sua terra, e afirmou a sua fe no fado futuro da sua Raza. Coma fixeran os nosos historiadores, Standish O'Grady foi o gran propulsor do movemento nacionalista. Foi o gran Precursor d'Irlanda.
Igal que Galiza, Eirín está inzada de xente rara. Standish O'Grady é un dos mais raros. Quer andar de cole a contrafio: «Si morro no Rubián d'abaixo, que m'enterren no Rubián d'arriba, e si morro no Rublán d'arriba, que m'enterren no Rubián d'abaixo». Namentras estivo il soilo foi nacionalista; de que viu qu'o arredismo iba adiante, fixose unionista; cando o unionismo fixo algún progreso, pasouse ó comunismo...
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/50/5050/50505453-a167-4d63-a9c4-e45aef8ee960/11571739.xml
NÓS
V
Todos siñalan coma xefe da renacencia literaria irlandesa a William Butler Yeats, premio Nobel en 1923 e o mais grande dos poetas contemporáneos en léngoa inglesa.
Os que teñen lido o número 3 de NÓS (primeira xeira), onde viña unha nota da sua vida e da sua obra, cun poema seu posto en gallego, xa saben que ven ó mundo en Sandymount, perto de Dublín, no ano 1865, e saben tamén os títulos d'algunhas das súas obras. Aquelo foi no ano 1920. No noso número 8, a que o principio faguemos referencia, demos tamén a versión galega d'una peza teatral sua: *Cathleen ni Houlihan*, fella por Anión Vilar Ponte. Temos, pol-o tanto, en Galiza certa coñecencia de Yeats.
Veleiquí a estampa fiseca do gran poeta, atal e como a pon Simone Téry:
*Face enigmática, fortemente modelada; naris aquilina, na liña da fronte, curiosamente ancha na base; beizos carnudos, un pouco tristeiros; queixo acusado, cun plegue fondo por baixo do bico; cabelo negro agrisado, basto, botado pra trás, deixando vel-a fronte harmoñosa. Mais os ollos máis que ren son pasmosos, cheos d'un poder esirano; por baixo das sobrecellas negras, finamente deseñadas en acentos circunfrexos coma con tinta china, parellas a dúas anduriñas coas ás esparexidas, dispostas a voar — os ollos sombrizos son a un tempo os máis reveladores e os mais misteriosos. Están tan carregados d'ensoño, que parecen adoloridos: o ollar non é lumioso, mais así coma s'estivera embebido d'una luz difusa; crería un ver unha flama por antra brétema. Istes ollos semellan abertos pra dentro e non pra fora, sorberen os espectáculos do mundo, en lugar de pousar n-illes; déixannos ver coma por fenestras o sombrizo rayonamento interior. O ollar parece vir de moi lonxe, do outro-mundo, revelador de misterios sobrenaturais: os magos no Oriente deben ter ollos imitantes. Tamén di que hai n-il unha preocupación d'elegancia no vestido, rara na Irlanda.*
O seu caraule está com'é natural, en relación co seu fiseco: vontade feimosa; boa crianza sinxela e serla; premioso pra compór; por veces recóllese no seu ensoño de tal xeito, que xa non sabe ond'está, e a sua alma non s'entera do que fai seu corpo; por riba de todo, un tremendo traballador.
Yeats ten feito moito pol-a renacencia literaria irlandesa, mais a súa obra melrande e a que mais lle costou, foi a creación do Teatro Nacional Irlandés. Despois de moitos traballos, en 1899, axudado por Edward Martyn, foi buscar a George Moore a Londres, e deron nacencia ó Teatro Literario Irlandés, no que traballaron co-illes Lady Gregory, A. E. e John Eglinton. En 1902, arredouse Yeats d'illes e cos irmáns Fay, fundou o Teatro Nacional Irlandés, pró que trouxo de París a Synge, an 1903, e que deu nacencia a unha escola das mellores do mundo, senón a millor. No Teatro Nacional Irlandés puxeron assuas obras escritores do mérito de Yeats, Synge, Lord Dunsany, Lemox Robinson, etc.
No seu pensamento, Yeats é principalmente un místico. Mordeu no cibo das Cencías Ocultas — cousa ben estesa na Irlanda — e, xa o teño dito outras veces: o que prende n-ise cibo, xa nono solta mais na vida... Yeats bebeu d'ise licor defendido e cheo d'engado que, cando un o chisca, non sabe un se bebe a vida ou a morte, se bebe a Luz, se bebe o Inferno. Il sinte infuso no seu ser un esprito qu'il chama León o Africano, e parla cando quer cos invisibles.
D'estas ideas deriva tamén a súa estética, alumeada com'a de James Joyce, pol-a cencia sutil das correspondencias. Traballando con George Moore no drama *Dermid e Grania*, dixolle que pra ter unha peza ben feita, lina que o primeiro acto ser horizontal, o segundo vertical e o terceiro circular, pra realizar se cadra aquela figura de xeometría metafísica que fora a fundanza da arquitectura oxival, e que lembra a Svástika dos Aryos e a Roda Solar dos Hiperbóreos.
Véxase s'esto non avencella o pensar de Yeats co da vella Irlanda prehistórica, non se obedecendo á vezo fatal que leva ó home moderno a buscar no mais recuado alén do tempo que foi, o imaculado anterior a toda cultura, o plasma primieval do pensamento.
Yeats desbota toda alusión mitolóxica ó grecorromano, e volve á tradición do Cellismo. Ten n-esta unha erudición tan forte, que nas primeiras obras tiña que pór notas e chama-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/50/5050/50505453-a167-4d63-a9c4-e45aef8ee960/11571733.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
Ano VIII ★ Ourense 15 Febreiro 1926 ★ Núm. 26
O POEMA DA SAUDADE
pra D. RAMÓN OTERO PEDRAYO
Saudade é un sentimento d'irmandade
a mágoa dos que loitan lonxe dos lares seus...
Mais eu, qu'estou na terra, teño tamén saudade...
¡Isa saudade de voltar a Deus!
Ficar no ollar amigo d'unha estrela
ca i-alma amergurada, frolescida...
Choutar nos eidos d'unha fonda arela,
ledo milagre de soñar na Vida.
Ise misterio fondo das horas iñoradas,
as voces sempre mudas no pranto do fogares...
Veleiquí o qu'é Saudade... As bágoas derramadas
sobor a cunca infinda dos mais lonxincuos mares.
Saudade é a man amiga e garimosa
do noso Pai, o vello Breogán:
Trocar no bico a Estrela n'unha rosa
pra ter a estrela nosa,
en anacos de rosa, en cada man.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/50/5050/50505453-a167-4d63-a9c4-e45aef8ee960/115717312.xml
10
lembran, mais un vello de cen anos, tollelto xa, recorda da sua mocedade tal desaparición. O libro de mortos garda o seu nome. Pasara un século (1).
Austria. - En Olmutz, capital de Moravia, segundo algunha derivación que no seu día olláremos.
5.2 Sen especificación de senso.
A) Lendas cristians de orixen islámico forxadas a carón d'un texto alcoránico e que teñen como base unha relación talmúdica:
a) Narración de Mohamed Benishae (s. VIII).
b) Narración de Abenfathuya (s. VII).
c) Narración atribuída a Abenabás, tío de Mahoma.
De todas elas falamos xa d'abondo na nosa primeira conferencia (2).
B) Lendas de orixe cristián basadas na lenda siriaca dos Sete Dormentes de Efeso, con desenrolo en ambas civilizacións, forxada no Oriente no século VI e que pasou ó Occidente por unha tradución latina de San Gregorio de Tours. É un ciclo de tal importancia que pode ser o xenitor de todo o conxunto no medioevo cristián, anque hoxe estea mais en boga a hipótese de que a xeneralidade das tradiciós islámicas foi a que dou lugar no século XIII ás lendas de dormentes (3).
Asín resume os caracteres das catro redaccións, conservadas por Tsaalabi e traducidas por Guidi, d'iste xeito:
Sete cristians nobres de Efeso, baixo a persecución de Daciano, refuxánse nunha cova e despois de comer das froitas d'un horto cercano e de beberen da auga da súa fonte, fican dormidos por trescentos anos. Namentras o seu pobo i-a súa familia danos coma perdidos e logo de procuralos en van escriben os nomes c'a historia e mais a data do feito nunha chapa.
Pasan tres séculos, e Deus volve a vida ós dormentes, que coidan ter dormido solo un día. Un d'eles deixa a cova de Efeso pra mercar comida e saber do estado da persecución.
(1) LONGFELLOW - The golden Legend. Vd. tamén ASIN PALACIOS, op. cit.
(2) ASIN PALACIOS - Id. páx. 278 e seguintes.
(3) GUIDE - Testi orientali inediti sopra i Sette Dormenti di Efeso, Ad. «Atti della R. Acced. del Lincei» 1894, páxinas 34-45. SAN GREGORIO DE TOURS - De gloria mártirum, cap. 96. NOLDELKE - en GOTTINH - Gelehrte Anzeigen, 1886, núm. 11.
NÓS
Conforme anda, vai medrando a sua sorpresa. Os vellos sonlle descoñecidos. Sobor da porta da vila, unha bandeira verde len unha inscripción: «Non hai mais que un Deus e Xesús é o seu Espírito». Na vila olla xente que non coñece. Quer mercar pan, mais a moeda vella que dá, co cuño de Daciano, fálno sospeitoso ó panadeiro qu'o leva ás autoridades coma reo de ter atopado un tesouro. Con moitas dificultades, chega á sua casa onde un nelo seu, vello xa i-enfermo, recoñéceo. D'iste xeito xustifica diante dos xueces a súa persoalidade i-a súa historia é creida por eles. Tópase logo a antiga chapa que ven confirmar mais a verdade dos seus ditos. O pobo i-as autoridades van ollar a cova onde os sete dormentes rexurdidos morren axiña e son soterrados, erguéndose riba da sua campa unha grande eirexa.
C) Lendas de viaxes.
Derivanse das lendas céltigas de Arnoldo de Noruega, Gorno de Dinamarca, Maldulno, os fillos de Conall Deag Ua-Corra, de Snedhgus e Mac Rigala que teñen ouxelivo relixioso e da odisea monástica de San Brandam (1).
O seu tipo é híbrido entre a expedición mariña en procura do paraíso i-a lenda de dormentes. Podemos recollere algunhas versións:
a) A dos monxes armoricanos narrada por Godofredo de Viterbo, e que conta ó voltar de ollaren a ínsua do Paraíso, topan todo trocado e pasados trescentos anos.
b) A de San Amaro, popular na Galiza e difundida entre nós por edicións casteláns, especialmente pol-a de Burgos de 1552, citada por Valera (2). A súa versión galega foi recollida por Carré Aldao.
c) A dos tres monxes do mosteiro de Cihón, italiana, do século XIV, semellante á dos armoricanos (3).
d) A do príncipe, italiana tamén, e do século XII. Conta que un príncipe, os tres días das súas bodas, é levado ó Paraíso e pasa n-él trescentos anos que lle somellan tres horas. A súa familia ente tanto, fai do castelo un
(1) DE GOEJE - La Légende de San Brandan, Ad. «Acta Sancta Villæ, Es. intera, des Orient» Sect. 1. páxs. 45-76 - Leyde, Brill, 1891.
(2) VALERA - Disertaciones y juicios críticos. Discurso sobor des Cantigas na sesión de R. A. E. presidida pol-o Emperador do Brasil.
(3) Ibid e ASIN PALACIOS op. cit.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/50/5050/50505453-a167-4d63-a9c4-e45aef8ee960/115717322.xml
Dr. MOSTEIRO
Médico Odontólogo
Medicina e Cirugía da boca -- Electricidade -- Rayos X
A Clínica Dental mais completa de Galicia
Cantón Pequeno, 1 (Casa Pastor) - A CRUÑA
LUIS FÁBREGA
DROGUERIA E FARMACIA
Progreso esquina a Luis Espada
OURENSE
MERQUE VOSTEDE
Plumeiros RAFIUM
De mais dura qu'os de pruma e limpa millor
Véndese en todol-os estabrecimentos do ramo
Andrés Perille - OURENSE
Reloxería ZENITH
Máquinas parlantes, Discos, Agullas e Accesorios
M. Calviño
OURENSE
SOMBRERERIA
LEMUS
A mais económica de Galicia
Sanatorio Quirúrgico
Direitores:
Manuel Peña Rey
Ginecologia e Partos
José Mosquera Blanco
Cirugia geral
Especialista na gorxa, nariz e ouvidos
BODEGAS GALLEGAS PEARES E OURENSE
Vinos finos de mesa: Tinto TRES RIOS Blanco BRILLANTE. LOS GALLEGOS blanco e tinto
Macia e Valeiras, Apartado 18--Ourense
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/50/5050/50505453-a167-4d63-a9c4-e45aef8ee960/11571737.xml
Da renacencia céltiga
A moderna literatura irlandesa
Nas dúas vive pra sempre a vella y-Alma céltiga, *turbulente, mélancolique, allégre, révuse, mystique passionnée*, coma dí Simone Téry, no seu libro *L'lle des Bardes*.
Pol-o Nadal do ano 1921, adicou NÓS o seu número 8 á lembranza de Terence Mac Swiney, Major de Cork, o héroe-mártir, noso irmau de Raza, que pasmou ó mundo, e no seu nome á Santa Terra d'Eirín, que d'aquela loitaba pol-a independencia.
*Irlanda e Galiza - deciamos d'aquela - son terras do Estrem'Oucidente d'Europa, habitadas pol-a mesma raza e suxeitas a un fado imitante, d'un xelto tal, que somella coma si Deus quixera axuntar a unha co-a outra por unha chea de misteirosas relacións de todol-os ordes, relacións que, olladas unha por unha, parece que non teñen nada de particular, e que son com'as qu'eisisten entre outros moitos países do mundo, mais cand'un as considera e arrepara n-elas en xunto, en realidade son cousa que sorprende e asombra, e move a un a malinar pra contra si, e pensar qu'elo debe pender n-algunha cousa moi fonda e moi segreda. Quén sabe pra qué fado vindoiro quixo Deus preparalas, multiplicando d'este xeito antrelas os vencellos e mais as semellanzas?*.
Veleiquí pol-o que compre ollar pra irmá Irlanda, que hoxe está dando ó mundo, coma siñal das suas promesas, unha literatura que cecais sexa ant'as modernas, a mais orixinal, a mais nova, a mais arriscada.
Outra semellanza ant'a Irlanda e Galiza, é qu'aló com'eiquí, os mais dos escritores escriben na léngoa oficial, na léngoa dos dominadores. A contribución d'Irlanda ás letras inglesas é tan importante com'a de Galiza ás letras hespañolas. Abonda que citemol-os nomes de Swift, Congreve, Steele, Berkeley, Sterne, Goldsmith, Burke e Sheridan, do antigo, e de Oscar Wilde, George Moore e Bernard Shaw, no moderno.
Cada día - e mais hoxe, cos estudos de F. L. Cuevillas, que veñen afirmar de maneira irrefulábel as teorias de Verea y-Aguiar, Murguía e Saralegui e as videncias de Brañas e Pondal - podemos enxergar millor de que lonxe veñen as nosas afinidades cos habitantes da antiga Hibernia, e n-estas notilhas de literatura irlandesa, hemos atopar ainda novas semellanzas e novos vencellos ant'as dúas ramas da caste de Breogán: ant'a Tribu Gaélica.
Hoxe en día, podémonos gabar de que, en proporción, hai moitos mais escritores galegos qu'escriban en galego, qu'irlandeses qu'escriban na léngoa gaélica. Ainda Synge emprega un verdadeiro pafois, imitante ó do noso Valle-Inclán, n'algún dos seus escritos. Irlanda atópase n-iste respecto n-un estado imitante ó de Galiza antro 1900 e o 1916.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/50/5050/50505453-a167-4d63-a9c4-e45aef8ee960/115717311.xml
NÓS
Demo, pra qu'os probes non vendan a sua; mais Deus non aproba o pauto, e a Virxe María leva á condesa pró ceo.
O estilo de Yeats é escuro pola sua vaguedade, pola sua rara pantesia d'iniciado, pola alusiós que fai a asuntos qu'a mais da xente non sabe. Os versos leñen un engado máxico, de ritmo, d'alteracións, de música interna — de cote a cencia segreda das correspondencias, á que somentes a intuición abrangue. Un intuitivo poldera traducir-a sua vaguedade en cores, en música, en imaxes. Non quen non o sea.
Temos citado d'il a outra vez, O Solpór Cél-
figo (1895 e 1902) e Os Cisnes salvaxes en Coole (The Wilel swans ar Coole, 1918). A mais d'eso e das pezas de teatro de que damol-os argumentos, ten outra chamada Deirdre, Plays for dancers (1) a imitanza dos xaponeses; Per amica silentia Luna (poesías) The cutting of an agathe (2) estudos críticos y-estéticos, etc.
Hai edicións en grande das casas Tauchnitz e Mac Millán.
(1) Pezas pra danzaría.
(2) Pacetes d'unha ágata.
Continuaráse
A LENDA D'ARMENTEIRA
(Proseguimento)
Francia. — Según Balsa de la Vega (1) e Carré Aldao (2), Froissart nas suas Crónicas refirea como sucedida non sabemos en que terras de Francia, no século XI. Quizalves poida identificarse coa localización anterior.
Bélxica — Localizase según Calatayud (loc. cit) e outros no mosteiro de Afligen, no Ducado de Brabante, antre Bruselas e Alesto. Yepes anque fala moito da sua sona e dos seus ilustres fillos, seguindo a Meyero, Mireo, Renato Copino e Tritemio, non recolle a historia. Coido é atribuída a un dos fundadores axuntados baixo Gederico, primeiro abade, polo ano 1083, chamados Gedulfo, Teobaldo, Emolino, Argero, Hulgoldo e Gerardo.
Suecia. — Moitos literatos, atribuíndo esta lenda á provincia temática do N. europeo, localízana no mosteiro da Encarnación, na rexión norte da Suecia.
País de Gales. — Carré Aldao e Balsa de la Vega asignana ó País de Gales, coma do século V.
Irlanda. — Pódese ollar o belido conto de Kennedy, Música do ceo, nas Fire Side Stories of Ireland. Iste conto foi traducido por M. Loys Brueyre (1) nos seus Contes populaires de la Grande Bretagne. Brueyre cita moitas tradiciós somellantes recollidas por Thiele, Ralston, Grimm, etc.
Alemania. — Localizase na Serra de Odenwald no W, antre o Necker i-o Mein, no Gran Ducado do Hesse. Ten as mesmas características que na Galiza. O lugar da localización, un dos mais fortes paisaxes da Europa, cos seus grandes bosques l-o seu Bergstrasse, e tamén unha das mais lendarias comarcas da terra alemá.
Cóntase do monxe Félix, cisterciense, que duvidando de que poidese ser eterna a felicidade do ceo, escolta un día, no xardín, o cantar d'un paxariño albeiro. O Tanxido da campaíña chamando a mailaes, espértao, e quer entrar no mosteiro, mais o porteiro nono recoñece e lle non permite a entrada, bolándoo coma tolo e bébedo. Os monxes tampouco o
(1) BALSA DE LA VEGA - La leyenda de Armenteira Ilustración Española y Americana 30 de Marzo de 1909.
(2) CARRÉ ALDAO - El monje y el pajarillo - Almanaque E. I. G. 1924.
(1) M. LOYS BRUEYRE - Contes populaires de la Grande Bretagne, París, 1875, páxs. 35 e seguintes.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/50/5050/50505453-a167-4d63-a9c4-e45aef8ee960/115717323.xml
Augas bicarbonatado-sódicas de
MONDARIZ
FONTES DE GÁNDARA e TRONOSO
Propiedade dos FILLOS DE PEINADOR
MONDARIZ—BALNEARIO está situado a 35 quilómetros de Vigo e a 20 das estacións de Porriño e Salvatierra de Miño
O Hotel do Estabrecimento está aberto do 1.º de Mayo a 31 de Octubre
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/50/5050/50505453-a167-4d63-a9c4-e45aef8ee960/115717317.xml
NÓS
con el perro moro encuentra
- ¿A donde vas cristianilla en mi mula corredera?
- Regalouma a sua señora e vóume pra miña terra
Con la furia el perro moro de la mano me cogiera haciéndome renegar la madre que me parlera haciéndome decir misa a la sombra de una hoguera (?) y ofreciéndome de cáliz una pata de su yegua. Y me hizo consagrar la sangre de una culebra y me hizo comer por hostia una hojita de yedra...
(Canter do ripo da liña) Val de Orras.
**Romance da Forzada**
En los altos de Aragón hay una capitanía con doscientos mil soldados la flor de todo Castilla iba por la calle abajo una madre con dos hijas Le preguntara un alférez ¿cuál de las dos es mas linda? ¿la del bordado mandil o la de roja basquiña? Esta noche robo una. Aunque me cueste la vida a eso de la media noche fueron a robar la niña Tiraban puertas al suelo - No venimos por ladrones que venimos por su hija - Mi hija no se encuentra aquí a dormir fue a la villa. Registraron sete salas na mais ruin estaba a nina - Adiós hija de mi alma adios hija de mi vida
por tu conducta mas que te cueste la vida - Procure usted por la suya la mia ya va perdida No mais alto d'unha serra foron a burlar a nina mais ela con toda a forza berraba que non queria.
**Cantar da seitura**
Dironlle tres puñaladas que da menor xa caía, montan dispois a cabalo e a sua nal lla volvían. Recolle a filla a sua nai e morta xa lla traían. ¡Justicia Señor do Ceio que na terra non había. Xusticia pra eses ladrós que me mataron a filla!!
**Vuelta de la Guerra**
Estando en mis vidrieras hilando y torciendo seda vi venir un caballero por lo alto de la sierra; me atreviera a preguntarle si venía de la guerra, si había visto a mi marido - siete hay que está en ella - Su marido, gran señora su marido muerto queda la boca llena de sangre los ojos llenos de tierra. - Señor, si eso fuera cierto cerrara mi vidriera y las tres hijas que tengo en convento las pusiera la primer letra que borden la de su buen padre fuera... - No se asuste V., señora que este su marido era! - ¡Gracias a Dios y á la Virgen que mi marido volviera!
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/50/5050/50505453-a167-4d63-a9c4-e45aef8ee960/11571736.xml
tempo (1) como o Rey Católico se layaba mais adiante de este caso, dicindo que de dúas coulle tiña que remoel-a concencia: unha consenlir semellante resinación de pai a fillo en dinldá tan principal e outra facer obispo de Osma a D. Alonso Enríquez, bastardo do Almirante de Castela tido n-unha escrava, perlado tan peitoco que de él decía Fr. Antón de la Peña, predigador do rey, que non tifa mals espiritualidade que un xarro.
Sela como seia o que si sabemos ben de cerlo, é que por aquel entonces o linaxe de Fonseca era muy polente, pois sobre do que o ensalzaran Don Alonso, arzobispo de Sevilia e oulros varós aseñalados, n-aqueles anos subían o cume do poderío D. Xan Rodríguez de Fonseca, primeiro Presidente de Indias, famosísimo Antón de Fonseca. Contador maor de Castela. A mais d'esto, o vello Patriarca, fora sempre gran servidor do Rey Católico e de aquela estaban muy amigados. Tanto que cando o destronado soberán camiñou a Nápoles botado pol-o tarambana do seu xenro, levou consigo o mozo D. Alonso de Fonseca (2). Este dendes Nápoles marchou a Roma e gobernouse tan axciladamente que salndo Arcediago de Cornado vollou Arcebispo de Compostela. Oquesucedeuna gran Cidade non o sei, nin será facile averigualo agora (3); mais, como di o doutor Galíndez de Carvajal (que como coronista real do tempo estaria ben enterado) «no falló en Roma lo que se reque~ ría para acabar tal negociacións.
Sucedel-o (fillo o pai nun mesmo beneficio sei que está muy penado nos cánones sagrados. Ora fose por esto, ora por alual-as murmuraciós e quebral-o escándalo, como pra todo hay remedio agás para morte. os ben sa-
pith, SALINDEZ DE, CARVAJAL, Anales Breves de los (2) GALINDEZ DE CARVAJAL. dales. ate GOMES
DE CASTRO, De rerbus gestía, pág. 9,
(3) Nada se atopa referente á este caso no Archivo de Embaxede de España, megan © Indice analítico, publicado por D. LUCIANO SERRA)
O y Fr, JOSE M. PON recentemente
(Roma, 1915-1917).
NOS bidos da curla pontificia fallaron o arbitro de nomear un arcebispo de aparencia con que, en aparencia tamén, folleron-o mal, chantandoo no medio. Por outra parte, creo de min que es. cusaban esta presura: poucos anos mais tarde O mesmo caso repetiase en Zaragoza, onde a D. Alonso de Aragón. bastardo do Rey Calólico e arcebispo de aquela cibdade, sucedía seu fillo Don Xan de Aragón (1520) e en 1539 era Arcebispo da mesma sede D. Fernando de Aragón, fillo do Arcebispo Don Alonso, (1) Algo mais adiante un arcebispo de Lisboa era pal de un Arcebispo de Braga (2) A seu tempo seu costume.
Réstanos agora inqulrir o espacio que o Car» deal de San Marcelo poido sere Arcebispo de Compostela. A bula de Xullo Il ademitindo a renuncia de Don Alonso de Fonseca, o pal, e de 28 de Agosto de 1507; según copia que teño: en 23 de Outono do mesmo ano xa “estaba nomeado Arcebispo de Santiago o fillo, logo entre estas duas dalas se eslendeu o arcebispado do Cardea! dz San Marcelo. Por esto cc fiecemos tamén a fecha segura en que prencipla a prelacia de Fo a Il, que con tanta diferenza se lée nos historeadores. (3)
Por mais que a milra de Santiago producise por destonclas 20.000 ducados o ano, (4) non veu acá o Cardeal Borja: era muito mellor ¡xa hora! - sere todas aquelas cousas fan rimbanles en Roma, capital espréndida do mundo renacente
Estamos, pols, na presenza de un Arcebispo compostelán de un mes, que anque elexido pra unha remendada, debe figurar nas listas dos novos episcopoloxos,
ARMANDO COTARELO
0) PUENTE (V, DE LA). Historia eclesiástica de España,
(21 ROMAN, Hist. ds la iglesia de Santiago, pág. ES.
(3) Asi cagañese LOPEZ FERREIRO, Hi. de Santiago VIH, 10, supoñendoo en 1506 e como él outros que o fixan en IMO, esc
(4) MARINEO SICULO, Cosas memorables de España, fol, XXI
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/50/5050/50505453-a167-4d63-a9c4-e45aef8ee960/11571734.xml
II
A ermida ten tristura
—isa ermida pequena dos camiños—
e chora —dá door— na noite morta, escura
porque nos peitos cansos dos homes xa n'haí niños
Tamén a lua chea ten saudade.
Cando teñades mágoas, erguel-a i-alma... le ollade!
Ollai pra lua chea, probe tola
que brinca nos vieiros das estrelas...
Anda a pedir esmola
no Pazo das Arelas.
III
Nas noites do vran — noite de San Lourenzo —
a Saudade incornou nos beizos do silencio.
Estrelas e camiños,
regatos e moíños...
calados... ¡que soñan cos luceiros.
namorados galás, bós compañeiros!
IV
Hai saudade nos homes e nas froles.
nas arbres, nos paxaros e nas pedras...
Que sintan que non sintan fanse soles...
¡loiros castelos no trebón das edras!
AUGUSTO MARÍA CASAS
Xaneiro do 1926
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/50/5050/50505453-a167-4d63-a9c4-e45aef8ee960/115717315.xml
NÓS
les están os primitivos, ou sexa risus e fetus, que ningunha forza teñen, senon a que recibiron do noso arbitrio, como alipes que din de Mercurio, ou armiger, e outras verbas compostas.
Hai outras verbas que pola semellanza do son imitan as voces d'aquelo que sinifican, por eso lles chaman onomatopéyicas: com'o cacarexar das pitas, o chiar dos corvos, o ruxir do león, o balar das ovellas, o ladrar dos cás, o relinchar dos cabalos, o muxir dos bois, o gruñir dos porcos, o roucar dos que dormen, o susurro das augas, o asubio, o tintinelo, o son das trompetas ou o verso equil:
Baubantem est timidi pertimuisse canem,
E ist'outro.
Et tuba terribili sonitu taratantara dixit
E ist'outro:
Cuadrupedantem putem sonitu qualit ungula [campum
E n-esto tampouco ha demostración ningunha do qu'as verbas sinifican, senon unha semellanza nos sons.
Tampouco se debe buscar-la derivanza en todal-as verbas, pois entón iriamos pasar ó infinito; mais arredeime xa do asunto mais do
que tiña pensado. Volvo ó punto de partida. Canta variedade non hai na mesma especie humana? Nunha parte, os homes son todos pequenos, os chamados enanos; n-outra son todos moi grandes, os xigantes; non andan uns inteiramente en coiros? Outros son moi peludos, teñen o corpo todo cheo de pelos; hai outros enteiramente privados do lenzoaxe e viven nos bosques, escóndense nas covas ou tamén viven nas arbres ó xeito dos paxaros; asina acontece roubar homes coma nós, e devoralos con pracer; hai outros que non preocupados de Deus e da relixión, teñen todo en común, aínda os fillos e as mulleres; son nómadas, non teñen asento fixo. Pol-a contra, outros aperlados por Deus e a relixión, verlen por elles valentemente seu sangue. Cada un quer ter unha patria, casa, muller e familia; e téndoa, deféndena d'a morte. Outros, cando morren, enlérranos ou quéimanos cos amigos, as mulleres e as cousas; outros non coidando d'estas cousas, fican insepultos; un vivo sofre e intenta ser esnaquizado e posto en cuartos; outro xulga que compre fuxir da morte a todo trance.
Continuarase.
ARCHIVO FILOLOXICO E ETNOGRAFICO DE GALIZA
Recollido en
Valdeorras pol-o pintor Xaime Prada
O gato do convento
Eu xuncín os meus boixiños marcheime co-eles a arada e no medio do camiño acordóuseme a aguillada tornel. e volvín por ela, topei a porta pechada:
- ¡Abreme a porta muller, que veño por a aguillada.
- ¡Non che abro meu marido que che estou mol ocupada. Fun e abrina como poden busqueina onde acostumaba:
¿Qué é aquelo, muller qu'está debaixo da cama?
- É o gato do convento que ven pr'onde o nosa gala.
- Dame a escopeta muller.
Fixen como que apuntaba
- Non fagas iso marido que luxas a miña cara, que se comes o bon pan da sua casa mo mandaba e se bebes o bon viño él era o que cho pagaba.
- ¡Quén te me dera muller na terra branda enterrada con cen carriños d'estrume
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/50/5050/50505453-a167-4d63-a9c4-e45aef8ee960/115717310.xml
das, pra qu'a xente o comprendera. Estudou a fondo todas as sagas irlandesas, toda a literatura bárdica; deprendeu con devoto degaro de ciencia verdadeira os contos dos peisanos a carón do lume, as cántigas dos ballad-singers nas feiras: «a arte popular -- di -- é a mais antiga aristocracia do pensamento.» Certo que n'il influíron os simbolistas franceses: Verlaine, Villiers de l'Isle Adam, Mallarmé, mais é por como a sua estética acal co-a y-alma celta, que Yeats vive na tradición da sua terra, e d'eiquí esta definición, que semella eco dos nosos poetas da Saudade:
«A Espranza e a Memoria teñen unha filla e o seu nome é Arte.»
Así houberan falado Teixeira de Pascoaes Cabanillas, Leonardo Coimbra ou Viqueira. É a mesma y-Alma Celta, a falar no Estrem-Ou-cidente, a harpa d'Ossián e a campaiña de San Patrik...
Pol-o tanto, Yeats foi naturalmente mais alá dos simbolistas e o seu leatro montou por riba do de Maeterlinck. Cobizao tan nidio e tan limpo, que non quer praildecoración, ou alura sómentes as mais sinxelas y-estilizadas, e ainda lles quer pôr caraule ós cómicos, coma nos No xaponeses, pra suprimil-a espresión da face, qu'esprica as cousas de mais.
Lírico, os temas de Yeats son o heroismo, o amor, a tradición, o ensono, a cobiza dos ultramundos. Canta o heroismo de Cuchulainn antes da historia, e o heroismo de Pearse e Connolly en 1916:
«Mais donde imos nós sacal-a y-auga (1). Dixo Pearse a Connolly.
'S'as pozas todas están estiladas?
Out É ben certo
Que somentes o nosso sangue roxo
Pode volvel-a vida á Roseira»
E non tivo o amor mais fino chantre que il cando escribeu:
«Ou, curazón! ou curazón! s'ela somentes [volvera a face,
saberías a loucura de ser confortado».
Ou aquelo:
«Eu tendin meus soños baixo os vosos pasos;
Andai agustiño, que tripades meus soños.»
Tamén cultiva as que nós chamaríamos cántigas de mal dizer. Vel'eiqui unha que chama: Os sabidos:
«Testas calvas esquecidas dos seus pecados.
Vellas, sabias, respeitabres testas calvas.
Editan e anotan os versos
Quos mozos retorcéndose no leito,
compuxeron na desesperación do amor
Pra gabal-a orella inorante da beleza.
Han toser na tinta deic'a fin do mundo;
Han gastar as alfombras cos zapatos,
Ganando respeito; non han ter amiga oculta;
se pecaron, ninguén o sabe.
Señor, qu'houberan dito
So seu Catulo por ali pasara?
Das pezas de teatro, coñecemos Cathleen ni Houlihan.
The land of heart's desire (1) pasa nunha chouza irlandesa. Dous recen casados: Shawn e Maire Bruin cos pais de Shawn E a véspera do 1.º de Maio, e esa noite, as fadas d'Irlanda levan ás casadas novas ó seu reino encantado. Petan á porta: unha vella vestida de verde que ven pedir leite; volven petar: un vellíño vestido de verde que pide lume e todol-o sirven e acariñan; ela cisca flores no chao, e Maire enmelgada decide marchar á terra das fadas. Morre, e a fada desaparece.
The Shadowy Waters (2) son dous amigos, mariñeiros, Albric e Forgael. Iste ten unha harpa máxica e quer navegar pol-o mar escuro que ninguén sulcou, presquencel-o mundo. Van e cruzan c'un barco onde van un rei e unha raiña. Abórdano, matan ó rei e rouban a raiña que esquece ó rei pol-o engado da harpa de Forgael. Os compañeiros, qu'aloparon un tesouro no barco roubado, deixan soilos a Forgael e á raiña. Mail-o seu amor fallles esquecel-o mundo.
O Lumbral Real é o poeta Seanchan que, aldraxado pol-o Rei, séntase na soleira da porta do Pazo, faguendo a folga da fame, ata qu'o Rei recoñecendo qu'o poeta é mais forte, e que dil ven o poder todo, saca a coroa e dalla ó poeta, e o poeta vólvea pór na testa do Rei.
The countess Cathleen (3) é unha dona qu'en tempo de fame, vendell'a y-alma ó
(1) terra desexada do corazón.
(2) As augas de sombra.
(3) A Condesa Catarina.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/50/5050/50505453-a167-4d63-a9c4-e45aef8ee960/115717318.xml
OS HOMES, OS FEITOS, AS VERBAS
PORFÍAS DIVERSAS
O galeguismo, por adentro, atópase en «grand melée». Rifan nos campos —que moitos maxinan sen lindeiros— do entendemento, a gran porfía pol-o conquerimento do porvir. Os mais ainda andan de ponla en ponla, com os gayos, dos quo mérito principal, asegún certa vella descripción de Galiza, é remedaren a voz humana.
Imos ver.
A PALA.
N-iste seitor da loita é onde hai mais perigo pra se meter, pois hai señores que chaman galego antigo ó da Estoria TROYÁ e naturalmente, están pol-o galego antigo, e a sua carraxe leva cobiza d'agresión.
Na outra trincheira, os que queren estreital-a aperta de Portugal e Galiza poñendo nli e li, non teñen paciencia prragardar qu'a chuia derreta as estautas de sal.
Mais práutica —sen tirarlle intrés a aquela porfía— é a idea de volver imprentar o Valladares, pol-o menos, namentras Don Eladio Rodríguez nonos dá o seu.
O TEATRO.
Os satisfeitos apóñeno a dificultás de realización. Os insatisfeitos a ruindá de produción. E a mala fada pende, sen volta, no pésimo eixempro do teatro castelán.
O primeiro é esquecer o que son os rompi- mentos oforo a teral dereita, a lateral esquerda, o mulls, o medio mulls, o primeiro término e o fondo.
O segundo, esquecer o público.
O terceiro, escribir.
O AVANGARDISMO.
Se non tivéramos avangardistas, habría qu'ir pensando en remexel-as follas do xergón. Mais por fin temos rapaces pra quenés o estar na avangarda é unha obriga que te- ñen que cumprir manque lles pese, en lugar de ser un fado Interior descuberto calquera día de sol ou de chuvia. De calquera xeito, o que non faga perder-a persoalidade racial debe ser aprobado:
«La personnalité —di un dos d'iles, Jean Epstein— passe l'intelligence. Elle est âme visible, heredité apparente, charme dominant, grâce innée, un peu moins et tellement plus que la perfection... Seule la personnalité hap- pe et dresse ce sort, étant sans doute le sort lui-même». (Eu Les feuilles libres, París, Octobre-Novembre, 1922).
Porque non é igual leval-o pendón que le- var vela, crar está —veleiquí o ichó— e mol- tos repiten o qu'ouviron sen se decataren de qu'outro xa o sabia... E os anuncios lumiosos brillan mais qu'as estrelas, porqu'están mais preto, erlando unha lus'ón empírea qu'abon- da namentras s un pode conformar co-ela.
Mail-os que tiran contrros avangardistas, fan mal, porque ó fin anque haxa outros moitos —cand'o home pon o pé no chao (di o CATHAPAPATHA-BRAHMAN) pisa sempre cen visiross— é un camiño. O que compre é an- dalo aíxiña.
O COMUNISMO.
Taménhalcomunistas. Eunonse¡comounha sociedade calquera d'hoxe podería pasar sen Comunistas. Eu non sei si compren prá feita harmonía da sociedade moderna, ou pró seu completo esborrallamento. Sea o que sea —e conste que non quero comprometer a nin- guén n-iste meu pensar— levan felto tanto ben no mundo que, anque fivéramol-a sua doutriña por absurda, debéramos padricala eiquí tamén, senón houbera quen nos aforre esta angueira.
É certo queo que ten de mais discutibre o comunismo, é o que ten de marxismo no comunismo, por fortuna. e tamén qu'eu atopo ais positiva a ditadura do proletariado —e anque tlvera cartos pensaria igual— que non o soño comunismo de despois, que m'aborrece un pouco.
Mais a verdá é que hoxe en día, a xente con quen millor podemos falar os galeguistas puros, é cos comunistas.
V. R.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/50/5050/50505453-a167-4d63-a9c4-e45aef8ee960/115717313.xml
NÓS
mosteiro, dando-o por morto. Cando torna, é grande a sua sorpresa ó ollar riba das torres, non o pendón da súa familia, c'a águia, senón a bandeira c'a crus. O príncipe morre cando come o pan dos homes.
e) A lenda bretona do pastoriño que foi levar a carta ó ceo. Recolleuna Luzel nas suas *Legendes chretienes de la Basse Bretagne* e temos nós falado xa das suas variantes (1). Di eisí:
*Un pastorino de 13 anos, que gardaba unha grea de carneiros, era moi bó, e Deus quixo-o recompensar.*
De feito, un día, El Señor mandoulle un dos seus anxos baixo a feltura d'un vello de barba longa e albeira. O vello foi topar ó neno baixo da soma d'un carballo, achegouse e dixolle:
- Meu neno, dixéronme que érades caridoso: eu quixera levar esta carta ao bon Deus, mais xa vou vello e abafaría; queres ii ire?
- Mais si, meu pai, irei e mol ledo, mais compre que alguén garde os meus carneiros.
- Pois ben, pequeno, ti vaite, que eu fico eiqui no teu canto, agardando a tua volta. Toma a carta.
O neno colleu a carta, escadou un outo cume e chegou a un vieiro cuberto de silveiras; elas faguer, faguíanlle mal, mais o pastorino andaba sempre. O fin topou unha boa porta dourada que daba entrada a un meigo pazo. Petou e un vello venerabre veulle abrir.
- É eiquí onde é o Paraíso, Señor? - preguntou él.
- Si, meu neno, é ben eiquí, mais non todo o mundo pode entrar.
- Mais traio unha carta pro Señor.
- Vexámola.
- É mester que eu mesmo lla dea da miña mau.
- Pois entra i-agarda.
Pouco tempo despois retornou c'un ser maravilloso d'unha beleza santa i-escintilante. O neno, branco da emoción, deulle a carta. O bon Deus, porque él era, abriuna, e fixo coma quen lee, e logo dixo:
- Está ben, meu neno, ti fixéchete molto mal pra chegar deica eiquí, non si?
- Ou si, magoelme molto!
Ven ver logo a miña casa. O bon Deus fixolle ollar boas salas, belos xardins cheos das mais belidas froles recentes e paxaros de cántigas harmoniosas e anxos brancos que cantaban tamén co son de arpas d'ouro, fixolle ollar tamén os vellos santos e santas da sua terra da Baixa-Bretaña, coroados de grola e profetas paseando por belos parterres de froles baixo árboles carrega- dos de froitos.
Tódo era ali ledo i-escintillante de lus e o nenos e non podía atelgar de contemplalo, si ben o bon Deus dixolle:
- Vamos, meu neno, volve agora deica o que te mandou c'unha carta pra min, pois le- mo que perda a pacencia en agardarte, xa que van cen anos que salches d'alá embaixo.
- Cen anos? Pode ser? Paresme ainda que non hai unha hora!
- Hai cen anos, meu meniño - e dándolle unha carta dixolle: - Toma unha carta que darás ó vello que te mandou, e sen lardar, vol- las pra ollarme, e d'aquela ha ser pra sempre xamais.
O neno colleu a carta e tornou ó seu pesar. Baixou á montana e por fin chegou onde se atopaba o vello.
- Ollai vos qu'iso, xa tornas, non si? - dixo ó vello.
- Si gracias a Deus - respondeu o neno.
- Ti estiveches moito tempo.
- Vos atopádelo longo meu pai? - Eu non.
- Si, meu neno, mais de cen anos, mais pouco me importa. Ti tés ollado a Deus?
- Si, verdadelramentes, meu pai, eu ollei ó bon Deus que me fixo ainda visitar o seu paraíso, onde ollei moitas belidas cousas.
Aquí romatarei por hoxe estes apuntinos feitos solo c'a tención d'ilustrar o día de mañán unha edición das Cántigas d'El Rei Sabio lo- calizadas na Galiza.
XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE.
Cerveza MAHOU A Millor de España
ALONSO e ALBERTE
OURENSE
(1) LUZEL - Op. cit. páx. 222.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/50/5050/50505453-a167-4d63-a9c4-e45aef8ee960/115717321.xml
Sanatorio Quirúrgico de Ourense
Direitor: Don MANUEL POL PIÑEIRO Cirugía
co-a colaboración dos Doutores
D. FRANCISCO JOSÉ RIONEGRO DÍEZ e D. MANUEL BOUZO FERNÁNDEZ
CIRUGÍA PARTOS E DOENZAS DA MULLER
Situado na carretera da Loña, practícase n-i toda crás d'operación de Cirugía xeral, especialidade, xinecoloxía, etc., etc.
A pensión é de 10 pesetas diarias, incluída n-ela a mantenza, material de curas e visita médica diaria. As operacións e tratamentos especiais serán oídos de Iralo anteiro.
Hal Gabinete de RAYO X, aparato de DIATERMIA (pra Iralaes anexos, etc.) e o material eléctrico preciso pra diagnósticos.
NOTA: Hal de cote material esterelizado pra operación d'urxencia peos enfermos que non se poidan trager ó Sanatorio.
e mais pra partos, adentro e fora da cidade.
Pra informes, pódese escribir a calquera dos médicos do establecemento.
OURENSE * Carretera da Loña Teléfono 179
Lea L A R Ademinis-
vostede a novela Suscripción a 6 números imprenta mensual 1'60 pesetas Real 36-1.
A CRUÑA
Fabricación especial de toda sorte de Cristaes ópticos
(MARCA REGISTRADA)
Execucion esmerada das recetas dos señores Médicos Oculistas
Praza Mayor, 18 - OURENSE
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/50/5050/50505453-a167-4d63-a9c4-e45aef8ee960/115717316.xml
por derriba da tua cara!
- ¡Quén te me dera Marido no medeo da nosa sala cos peciños amarelos i-a cariña amoralada i-o crego cantando á porta. Eu tocando o meu pandeiro - canto eu o repinicara - e dirían os viciños: ¡Qué contenía a Mari-Juana.
**Romance da "Gallarda"**
Estándose la Gallarda en su ventana florida vio venir un caballero caminando calle arriba. - «Sube, sube, caballero sube, sube, por tu vida» - Subiu logo o caballero folgándose da conquista e na metai da escaleira alzou os ollos pra riba. Víu unha chea de cabezas. A todas as coñecía. - Que é aquelo, Gallarda que é aquelo, Gallardilla - Son cabezas de lechunes criados en mi montina. - Mientes, mientes mi Gallarda; mientes, mientes Gallardilla, que son cabezas de hombre por Cristo, lo juraría. Una era la de su hermano que con el alma quería y otra la de su padre cuya muerte vengaría.
Logo lle puxera a mesa caballero, non comía, logo lle puxera a xarra caballero non bebía - Bebe, bebe, caballero: bebe, bebe, por tu vida. Como ei de beber siñora co sono non podría Logo, lle fixera a cama caballero, ben lle mira qu'entre sábena e xergón puñal de prata escondía
¿Qué buscas ahí mi Gallarda que buscas ahí Gallardilla? Busco mi rosario de oro que rezo todos los días. Empezaron vuelta y vuelta, luchando a mucha porfía y de un golpe el caballero el corazón le partía - ¡Abrid las puertas portero! abrirlas con alegría. - Estas puertas, no se abren mientras no sea de día - ¡Abrirlas pronto, porteros, abridlas por nuestra vida - Estas puertas no se abren si no viene Gallardilla - Gallarda queda en un sueño del que no despertaría - Bien lo hayas caballero bendita tu valentía Cuantos hijos de familia aquí dejaron su vida
Cantar da ripa do liño Val de Orres.
**Romance de Canlira**
Me cautivaron los moros entre la paz y la guerra, me llevaron a vender largas tierras a una feria No había moro ni mora que por mí una blanca diera; pero llegó un perro moro que tarde vino a la feria que por mí pagó cien dollars y una mula corredera Quiso Dios y mi fortuna que encontré con ama buena dábame do seu pan branco do que o moro pon a mesa dábame do viño tinto (?) do mellor da sua bodega deitábame no seu colo catábame na cabeza sempre me estaba dicindo ¡Cristiana vete a tu tierra! ¡E como me ei de Ir señora si non teño unha moneda - Yo te daré las cien dollars y la mula corredera
Iba mediado el camino
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/50/5050/50505453-a167-4d63-a9c4-e45aef8ee960/115717319.xml
NÓS
ALGÚS FEITOS
Castro Gil en París.—Espuxo no Salón da Sociedade Artística e literaria de América latina, xa o primeiro día vendeu por valor de 60.000 francos, e seguiu vendendo ata quedar sen ningunha. Aínda o editor Richepais contratou pr’illusirar edición de luxo. Sonado triunfo que celebramos, e que pomos diante dos ollos dos nosos artistas, que tanta querencia lle teñen ás terceiras medallas, pralles amostral-o camiño..
Lanzarote en Galiza. — Traio o Boletín da Academia Galega do mes de Xaneiro, que o Sr. Serrano Saez atopou nas gardas d’un libro da Biblioteca d’Osuna, que se conserva na Nacional de Madrid, fragmentos d’un Lanzarote escrito en galego a fins do século XIII e comezos do XIV. O cal ven confirmar-as nosas ideas a persistente influencia dos libros de Cabaleiros — parte importante da literatura céltica — na nosa terra, e que d’eiqui foi que se trasmitiron a Hespaña. Nova afirmación do noso cellismo.
Galiza nas escolas. — Á Federación de Sociedades Galegas d’Instrución de Bós Aires, no seu IV Congreso tido o 27 de Nadal derradeiro, acordou recomendar ós escolantes que rixen as escolas sostidas por aquelas sociedades, que dean leccións de Léngoa, Literatura e Historia de Galiza, esta vez o eixemplo veunos das colonias galegas d’Américas, eixemplo digno de total-as gabanzas, que honra ós nosos emigrados que se preocupan xa da renacencia da sua Terra.
NOS mandalles unha aperta, e a seguranza dos nosos mais fondos sentimentos d’irmandade, e mándallos coa ledicia e a esperanza no axuntamento do noso esforzo común pra afirmación da y-Alma Nova de Galiza.
LIBROS
NOVELAS “LAR”
Anxélica, a noveliña póstuma de Don Florencio Vaamonde, n.º 16 de Lar, é mais ben unha esquise, que non foi rematada de todo. O tema é o mesmo que o d’O Pastor de Doña Silvia, do Ribalta; mais eiqui semella por cerlas siñas, que foi un caso certo o que o autor nos conta. E por certo que casos coma iste debéronse dar ben d’iles na nobreza galega, afeita a vivir en familia cos seus servidores, e, dend’o punto de vista euxénico, non merecen senon gabanza esas bodas que veñen trager selvanova ós vellos arbres xenealóxicos. Loubouse moilo esta noveliña pol-o escollido e perfecto do galego en que está escrita. Don Florencio, personalidade ben curiosa por mais d’un conceilo e home de moita sabiduría, era ta-
mén un dos mellores coñecedores da nosa fala. O irman do ilustre autor d’Anxélica, o douto bibliotecario da Academia Galega Don César Vaamonde, avaliou o volume cunhas noliñas moi eruditas.
Manecho o da Rua, de Xosé Lesta Meis, é a historia ben malfadada por certo, d’un emigrante, un mozo da aldea a quen leva pra Habana a cobiza do lonxe, co mo difunto Viqueira chamara a Saúde, e que volta coa saudade d’un amor e os asomos d’unha vida que deixou aló, e remata por tomar veneno. A presentación da nal do Manecho e a pintura da vida infernal e anguriosa dos traballadores dos inxenlos, son páxinas naturalistas ás que non estamos moi afeles, mais que ás 18 páxinas desaparecen xa, deixándonos outra vez no terreo onde nos movemos adolto. Ten acertos e verdade esta noveliña.
COMPARACOES TRADICIONAIS PORTUGUESAS, por Claudio Basto. Esposende, 1924.
Estuda n’iste libro o ilustre literato, etnógrafo folklorista, 20 comparanzas referentes a vello; 6 ditados alestando a estimanza da carne de carneiro; 7 comparanzas referentes a chorar; 5 a surdo e 36 a magro, con mais, 7 espresións indicativas da magreza. Todas estudadas co lino y-erudición qu’adolta por nos seus valiosos estudos. No número que ven estudaremos no noso Archivo filológico e etnográfico de Galiza, o que trail referente á nosa terra.
BOLETIN DE LA REAL ACADEMIA GALLEGA
No número de Xaneiro. La inscripción de La iglesia de Cuntis, por Celestino García Romero. — Los benedectinos en la Universidad de Santiago, por Fr. Vicente Beltrán de Heredia. — Iglesias antiguas de Galicia: Santa María de Pontellas, San Julián de la Puebla, San Payo. San Esteban de Sayar y Santiago de Sisamo, por Angel del Castillo. — Archivo de Secretaría de la Soberana Orden de Malta: Relación de Documentos, por el Conde de Vallellano. — Carolina Michaelis, por Fernando Martínez Morás. — Sección oficial: Homenajes en honor de D. Florencio Vaamonde. — Noticias: sobra inauguración do monumento a D. Vicente Carnota, en Ordes, e sobra descoberia d’un Lanzarote escrito en galego.
No de Febreiro, reseña do homenaxe que Galiza rindeu a dúas figuras ilustres, das nosas letras: Martínez Salazar e Marcelo Macías astorganos que, gabándose de seren galegos asturicenses, tanto fixeron pola nosa terra; e Inscripciones inéditas de la Catedral de Santiago, por A. del Castillo.
Co-iste número no que remata o tomo XV