https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/49/495c/495cc302-a30b-47eb-9e9d-3fd5a8199156/115710313.xml
NÓS
a forma inicial da poboazón. Soilo en certo grado se poden vencer e na maoría dos casos por traballos (minas, comercio, portos) que non son os propios da poboazón labrega. En xeneral, os cháns crían poboazón concentrada i-as montanas poboazón espallada. Os penichaos ou fast-ebenes aseméllanse ós verdadeiros chaos. b) Os terreos enxoitos, de pouca auga, favorecen a concentración dos pobos (Karts iliricos, balkánicos, etc.,) mentral-os fartamente regados predispoñen ó espallamento. Os lameirentos e inundabres adoitan ter poboazón concentrada nos solares mais enxoitos e seguros. Dita tendenza é tamén favorecida pol-a necesidade de manter obras e traballos cooperativos. O bosque favorece a concentración mais sempre compre distinguir antr'o bosque na terra montesia (poboazón ó longo dos vals) i-o da terra chá (grosos burgos concentrados). c) As augas nos terreos granítecos de variado releve de pouca outura, predispoñen ó espallamento. As terras secas de augas de fondo que se tiran por puzos poden producir espallamento.
2.º—A infruenza das condiciós sociás ten que sere grande e variada, manifestándose o xenio enxebre de cada pobo na transformación de certas determiñantes naturás. O xenio orgaizador, fortemente pacente dos holandeses, fixo das suas terras neboentas molladas pol-o mar, pol-os rios e pol-o ceo, un frorido xardin de cultura.
a) Non é doado opinar sobr'as formas primeiras d'habitación. Parés qu'a tendenza a se xuntar as familias baixo o mando d'un xefe de clán, baixo a lembranza relixiosa, debe favorecer a criazón de pobos grandes. Mais tamén n-hai qu'esquecer que as formas do chan i-o orgaismo natural da terra debe impor fortemente o seu ritmo nas primeiras formas millor que nas xa esprimentadas.
b) Cicais haxa (é a tesis de A. Meitzen: Siedelung und Agrarwesen des Westgermanen und Ostgermanen, der Kelten, der Finnen und der Slaven) unha arela propia de cada raza. O autor dito sostén qu'a forma espallada é natural nos celtas i-a concentrada nos xermanos. O primeiro feito parés ser certo en xeral, mais tamen nos chaos ó W do Wesser, na Flandes, nos Alpes suizos e bávaros, no N da Scandinavia, predomiña a forma espallada. Débese ouservar que moitas d'istas son terras montesías e que a forma espallada dos grandes chaos do Centro europeo disponse en aldeias grandes non lonxanas pol-a densidade forte da poboazón.
c) Soilo de certa maneira, en pequeno grado. Tamén os grupos isolados se fortifican sen necesidade de se xuntar en pobos grandes. A Galiza medieval tiña unha poboazón espallada inda nos tempos esgrevios. Lémbrese a fartura de castros e citanias. Elas coma despois os mouros dos castelos e vilas acougaban ó pobo labrego nos grandes perigos.
d) A grande propiedade e grande esprotación detremiñan o concentramento. Os amos gostan de mirar xuntos ós que traballan a terra; moitos vici romanos veñen da xuntanza de colonos preto da villa.
e) Cicais soilo de un xeito secundario. Compre considerar denantes a estensión, as condiciós físecas, as tendenzas da raza, a forma dos cultivos e da propiedade. Na Península ibérica os espazos de mór densidade son de poboazón espallada. Tamén é fundamental a presenza de vilas ou non. A grande vila moderna semella en xeral criar a carón do propio desenrolo urbán de formas achegadas ó campo (hoteles, grupos obreiros), outra medra da poboazón campesía espallada. Co crecimento da poboazón medra nos nosos días o tipo espallado, de que son eixempro os cinturós novos labregos das nosas vilas.
3.º—É unha condición importante, mais suxeta a outras orixinarias sobre tudo ás condiciós naturás.
a) O estadio nómada (xermanos de Tácito, irlandeses do sigro XVI, galeses do Medievo) prodúz o desprazamento d'habitación asegún os cultivos migratorios, en formas espalladas. Cicais estea n-iste estadio o orixe de moitas aldeias galegas na Edade Media, de vivir semellante o que describe Giraldo Cambrense nos galeses do sigro XII (Casas de madeira dispersas no linde das rexións alboradas).
En xeral a agricultura estensiva é d'habitat concentrado, i-a intensiva de forma espallada.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157103&posicion=1
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/49/495c/495cc302-a30b-47eb-9e9d-3fd5a8199156/115710320.xml
xenealóxica das lingoas, as lingoas Aryas, as itálicas, o latín e as lingoas románecas, e a romanización da Península e influencias que n-ela sofriu o latín; a segunda, partes que se divide o desenrolo da lingua portuguesa, seus dialectos e subdialectos, características da literatura portuguesa e estado dos estudos filológicos en Portugal e do estudo das linguas românicas.
É un resumé de moita concisión, e o que ten de mais dino de nota é a claridade e a forma metódica con que está esposto, o cal honra moito, non somentes á fonda coñecenza qu'o noso querido colaborador ten da lingua e literatura portuguesas, senón tamén ás súas dotes pedagóxicas, de certo pouco comús.
ABRIL (poesías) por GABINO DÍAZ DE HERRERA
Un forte tomo de versos mais abondoso do que adoitan os poetas modernos. Os mais d'iles son aritmicos (sen ritmo verbal) ou de ritmo difizle e moitas veces desigual. Novo na imaxe, sinxelo e natural no fondo, o principio custa algo entrar n-il; despois afaise un e agrada moito iste poeta. Están ben, aínda pintorescos, os Poemas del Mar; moi ben as suxetividades, aínda sentimentais, d'outros poemas. Ainda, ou de novo, igual dá. Bó fora ceibal-a poesía da categoría d'espazo si non houbera despois que ceibala da categoría de tempo. Si non se quer qu'a poesía morra co seu. Mais todo o que escribe, faino pr'a eternidade. Por iso, a sustancia poética da Biblia, interpretada d'un xeito non moi alonxado do primitivo, resona aínda na inspiración de Díaz de Herrera, n-iste libro e n-outro qu'anuncia. Com'ainda Verlaine e D'Anunzio viven nos lemas, co-a autoridade de leituras preferidas. E cando se teñen preferenzas de bó aire, ben vai.
NOVOS EISEMPRAIS DA OURIVESARIA GALEGA: NOTA EN COL DO TESOURO DA GOLADA, por FLORENTINO L. CUEVILLAS (Separata do Butlletí de l'Associació Catalana d'Antropologia, Etnología i Prehistoria) Barcelona. 1926.
Estudo do tesouro da Golada, a 20 kil. de Lalín, atopado hai 6 ou 8 anos pol-os pés qu'abrían unha estrada provincial e depositado en Pontevedra. Consiste en dúas pulseiras d'ouro macizo e unha xarretiera ou colar de chapa d'ouro con rachadelas horizontais co-as tiras repuxadas. O noso compañeiro, que tanto leva estudado a nosa arqueoloxía prehistórica, pon estes ouxetos, si
NÓS
ben con certa reserva, nos primeiros tempos do Bronce, e supón que o tipo do colar ou xarretiera, do que teñen aparecido outros en Galiza (Monte dos Mouros—Melide) tivo nacencia en Galiza, pola influencia d'elementos orgánicos.
O Butlletí de l'Associació Catalana d'Antropología, Etnología i Prehistoria, no que se pubricou iste traballo, e do que Cuevillas é colaborador, fixo ademais d'il unha separata que regalou ó autor. Na mesma pubricación sairá Os fis do Eneolítico e a Idade do Bronce na Galiza, valioso estudo xa rematado do señor Cuevillas.
AS ILHAS DESCONHECIDAS por RAÚL BRANDÃO
«Raúl Brandão é o maior escritor de Portugal e, tal vez o maior escritor contemporâneo»; diz d'il o gran Teixeira de Pascoaes. Da sua orixinalidade poderosa faláranos hai tempo en NÓS (núm. 9, Xaneiro 1922) Hernani Cidade. A sua obra é xa abondosa: novelas: A Morte do Palhaço, A Farsa, Humus, Os Pobres; teatro: O Maior Castigo, Noite de Natal, O Doido e a Morte, O Gébo e a Sombra. N-elas apresenta unha visión sombría do mundo e da vida, amostrada n-unha prosa persoal, sen retórica e profundamente emotiva. Libros que n-iste tempo de volta ó retoricismo dan unha extraordinaria impresión de forza e de verdade: a vida tristeira ou leda, a s'afirmar por antre as esmorecidas entelequias pálidas dos escritores qu'adoitamos lêr.
Outra obra de Raúl Brandão, Os Pescadores, primeira d'una série: A vida humilde do Povo Português (que ha comprender tamén Os labradores, Os pastores, Os Operários, paralela á Historia humilde do Povo Português) abriu, a dizer dos seus comentadores, unha era nova na sua maneira, agora aberta á luz, así com'enantes era sombriza Os Pescadores contén paisaxes, tipos e vida de toda a costa portuguesa: De Caminho á Póvoa, Foz do Douro, Ria de Aveiro, Lisboa, Setúbal, Cezimbra e Caparica, Sagres, a pesca da sardinha, a pesca do atún, cadros d'emoción fonda, ond'atopamos todo o noso mar.
D'un xénero imitante e iste das Ilhas Desconhecidas, libro adicado ás ilhas Açores. Com'o outro, é un libro feito con notas de viaxe «quási sem retoques, dio autor. Láyase de non poder «pintar com palavras», mais dificilmente haverá quen millor teña pintado con verbas, coma Raúl Brandão n-iste libro, onde fai ver a coor c'unha forza expresiva verdadeiramente extraordinaria. Con verbas, xunta os prodecementostodosda pintura: esquematiza, deseña, divide os tons,
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/49/495c/495cc302-a30b-47eb-9e9d-3fd5a8199156/11571037.xml
NÓS
Os mouros encantados e os mouros da épica europeia
Xa mais enriba notamos unha grande semellanza antr'os nosos mouros encantados e os da épica europeia (Carolinxia e a que d'ela derivou): o pouco que se parecen ós mouros auténticos. E fixemos notar ainda a persistencia en Galiza dos Doce Pares de Francia, e a existencia de lendas en qu'iles loitan eiquí cos mouros. Joseph Bedier demostrou a influencia decisiva qu'as peregrinacións a Sant'Iago tiveron na formanza das lendas épicas francesas. Ambrosio de Morales pasmou-se de qu'o cabido compostelán tivera todol-os anos solenes funerais por Calromagno. Non hai dúbida ningunha de qu'as lendas francesas, parte das quales forxouse tamén eiquí (aparecimentos do Apóstolo, visión do Camiño d'Estrelas por Calromagno, Lucerna en Valverde, etc.), tiveron na Galiza unha influencia fonda e demorada. N-estas condicións compre admitir por forza que tiveron que contribuir á formanza das dos mouros encantados.
Mais aínda agora, os nosos mouros encantados tampouco son mais qu'en moi pouca parte, os mouros da épica francesa. Istes, coma no castelán, son os inimigos con que se pelexa, a quen se mata sen piedade: son os descreídos, os inimigos do Santo Apóstolo e do Imperador que é seu paadín e cabaleiro. Por iso, iles aparecen, loitando con Roldán e cos outros Pares, en lendas que non pertencen ó ciclo dos encantados, embora, com'enantes dixemos, poida haber contaminación antr'os dous ciclos.
Compre, asi e todo, sinalarmos un punto de contacto concreto, importante, e fundado en documentos:
Na Crónica do Arcebispo Turpin, hai un capítulo, o IV, tidoado no testo latino De ydolo mahumeh, qu'imos reproducir eiquí atal e coma s'atopa na tradución galega do século XIV:
«Do ydalo de Mafomele»
«Poys que Calrros maldiso estas tres cidades, quantos ydolos y achou e en España, todo los destroyo e birtou salvo o ydolo que he en terra de Alandusie que chaman Sala Cadix, et Cadix quer dizer en lingoajen abrayquo Deus; et dizen os mouros que este ydalo fez ali Mafomete a quen eles sirven, seendo vino en seu nome por encantamento; et meten en el hun-a ligion de demoes que o teen sotilmente e tan rezeo que nunca o ninhunn o pode birtar. Et quando chega alguun mouro y, para facer oración ou pedir mercee a Mafomete; et quando chega algunn cristiano, vayse enfermo. Et se algun-a ave pousa en el, morre logo; et aquel ydalo esta en na ribeira do mar en un penedo antigo, sobre la terra moy ben laurado de hun-a obra moy nobre aa mourisca; et en fondo he moito ancho e cadrado, et encima estreyto; et he tan alto quanto pode voar un coruo; et sobre el está en pee feita hun-a ymageen de metal en gisa d'home, et ten o rostro contra o medeo día, et en na mao destra ten hun-a moy grande chaue que lle caerá segundo dizen os mouros, quando nacer en Franca huun rei que metera toda España a creenga de Deus, et quando eles viren caer a chaue asconderse am so a terra quanto aver ouveren e fugiram.»
Eiqui temos, pois, no século XII, época da redacción latina da Crónica de Turpín, a idea dos tesouros acochados pol-os mouros baixo da terra, nos castros, nas mámoas, nas ruínas, nos penedos e nas fontes, os tesouros qu'outro apócrifo, o Libro de S. Cipriano, diz estar relacionados n-un pergamiño atopado nos alicerces do castelo mourisco de D. Gutierre de Altamira, no ano de 1065, época en que D. Fernando o Grande, rei de León, entregou os dominios da Galiza ó seu fillo García, pergamiño qu'asegún o dito apócrifo s'atopa en Barcelona.
N-unha edición moderna portuguesa do mencionado Ciprianillo trai a espricación seguinte:
«Todos os thesouros e encantamentos do antigo reino da Galliza acham-se depositados pelos Mouros e Romanos em esconderijos subterraneos. A maior parte d'elles, segundo declara o pergaminho, ficam a pequena distancia das nascentes de agua, que conservam a sua fluencia mesmo durante os calores mais rigurosos.»
«Esta prevenção de Mouros e Romanos, dá a entender que sendo expulsos d'aquelles
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/49/495c/495cc302-a30b-47eb-9e9d-3fd5a8199156/11571034.xml
DA MITOLOXÍA POPULAR GALEGA
OS MOUROS ENCANTADOS
Os mouros encantados e os mouros históricos
O primeiro qu'un ouserva nas leendas d'iste ciclo galego é o descoñecimento que revelan da vida, dos costumes, da relixión d'aquiles antigos invasores. Os caracteres dos nosos mouros encantados son coma vimos, tan desemeillantes dos que distinguen ós mouros históricos, qu'a sua identificación non é posibele. Non poderemos siñalar ant'r'os ús e os outros, mais qu'os seguintes puntos de contauto:
1.º O nome que levan.
2.º O non seren cristiãos.
3.º O seren os da nosa leenda por vegadas, non sempre, negros ou escuros da coor.
4.º O feito de qu'os mouros de Marrocos falen dos d'eiquí ós nosos peisanos.
Ainda d'istes catro caracteres, compre tirar fora o segundo, pois o feito meramente negativo de non ser cristiãos, non abonda pr'os afiliar á mourindá, máisime tendo en conta que si non houbo na Galiza unha poboazón musulmana d'asento, houbo en troques poboazós pagás, e ainda o paganismo debeu durar ben tempo despois da predicación evanxélica, sen contar o que d'il chegou ós nosos días.
E os outros tres non proban mais qu'a infruenza que no mito dos mouros encantados tiveron a lembranza dos mouros auténticos, con quen combateron os galegos da Edade Meia, ou cecais con meirande probabilidade, a da sua habitación n-outras terras da Península. Efectivamente: o terceiro caraute, o de seren negros ou escuros da coor — que non de cote se dá — crar'está que non é un caraute verdadeiro coma constante nos mouros históricos anque responde a idea qu'a
xente adoita ter d'iles; mais por sí soilo non abonda pr'os caracterizar coma taes mouros se non houbera os outros, e ainda poidera vir d'outra orixe. Fican en pé o nome e a relación cos mouros de hoxe. Estamos seguros, e mais adiante hase ver por qué, de qu'o nome de mouros debéuselles apricar no comenzo coma sinónimo d'infieis, coma sen dúbida pirmeiro se lles daría o de pagaos ou xentís, e de que foi o nome o que logo debeu infruir na identificación que mais tarde levou a discurril-o derradeiro caraute. Así, pois, o pirmeiro (nome de mouros) non debeu ser orixinariamente mais que o segundo (non seren cristiãos) espresado n-outra forma.
Na identificación dos encantados cos mouros debeu infruir, coma dixemos, a lembranza da habitación dos derradeiros n-outras terras da Península, a cal foi traguida eiquí, se cadra, xa antigamente, pode que por mozárabes refuxados, ou por galegos que vivían d'afora. Leendas de mouros encantados andan por toda a Península; hainas en todo Portugal; hainas referentes ós Castros da provincia de Zamora que recolleu o Sr. Gómez Moreno, e que teñen, com'as anteriores, algunha semellanza co-as nosas; eu mesmo tiven coñecencia directa d'outras da de Salamanca.
Non colle dúbida de que podeu haber esta emigración das leendas, e de qu'elo contribuiu á formanza do noso mito; mais tamén é seguro que é ben pouco o qu'esta aportación nos trouxo: os elementos que fornecen son ben escasos.
Asina, os mouros aparécennos nas leendas galegas mais desfigurados ainda que nas leendas e na épica europea da Edade Meia e do Renacemento. E si é certo qu'algún
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/49/495c/495cc302-a30b-47eb-9e9d-3fd5a8199156/11571035.xml
NÓS
d'iles chámase Zás, tamén o é qu'os outros poderíanse chamar Fierabrás ou Aygolando, Morgante ou Ruggiero, com'en Turpín, en Boyardo ou en Ariosto. É que son outros persoaxes compretamente difrentes, que tomaron adventiciamente o nome de mouros, a pesares do qual, siguen cómendo porco e faguendo outras cousas non moi propias dos seitarios do Islam.
Non hai, pois, pra qué botar mau da historia pr'a interpretación d'estas leendas. Non compre discutir contra Cotarelo sobre do lindeiro setentrional da conquista arábiga, coma fixo — anque non co-iste motivo — Amor Meilán, nin traguer a colación a Mahumd e o Castro de Santa Cristiña do Viso, nin as toponimias galegas referentes ós mouros. Sería aparato de mais pr'espricar somentes un nome apricado a unha caste de persoaxes que non teñen outra cousa de común cos qu'ise nome levan xuntamente. E tocantes ás toponimias, aínda mais: todal-as Fontes do Mouro ou da Moura, Covas, Portos, Penedos, Montes, etc. da Moura, do Mouro ou dos Mouros que se poden contar por centos, e ben, con seguranza que non tran o seu nome dos mouros verdadeiros, senón dos mouros encantados, moito mais presentes qu'os outros na mamoria popular, o qual é un feito d'ouservación que pode comprobar calquera, aparte de terse descoberto con toda sorte de verificacións e con valor universal, qu'a mamoria popular conserva sempre os feitos mítecos, namentras esquece os históricos.
Calcúlase qu'a lembranza d'un feito histórico, cando a escritura non-o fixou, non dura arriba de cento cincoenta ou douscentos anos. Certo qu'o feito da ocupación da Hespaña pol-os mouros é un feito xeral dos que mais se conservan, e qu'ademais está posto por escrito, podendo chegar a notiza ós peisanos por tres camiños: a) pol-a escola; b) pol-o sermón; c) pol-os boletís. O qual tamén hai que convir en qu'algunha infruencia ten, posto que mais d'unha vezada temos atopado o qu'un psicólogo chamaría lembranzas d'erudición entretecidas nas leendas dos mouros. Mais, pirmeiramente, istes son de cote elementos visibelmente adventicios, e que ren teñen que ver co-as leendas; son o
mais adoito, adubíos qu'o narrador circunstancial l'engade no instante. Segundamente, s'elo tivera infruenza na formanza das leendas, habería que rebaixal-a data d'elas moito, e tirarlles pol-o tanto todo fundamento de tradición histórica sobr'os mouros. Terceiramente, non terían feito mais que a identificación dos habitadores dos castros, mámoas, penedos e fontes, cos mouros, e non outra cousa.
O que fixeron, s'algo fixeron, esas fontes eruditas, foi contribuir a conservar a lembranza dos mouros e pol-o tanto a que se non esquecera a identificación, á que, pr'algús, pode dar algunha base histórica, anque falsa, dada a xeneralidade con que os manuás escolares e as fontes de meia cultura falan da dominación árabe.
Mais aínda lletemos qu'opor dous feitos: 1.º En moitos casos, a pesares da tradición escrita a identificación, ou non chegou a realizarse, e os habitantes míticos d'ises lugares siguen sendo o que poidera ser que foran na orixe: enanos, xigantes, nenos con barbas, señores, donas, doncelas, etc — ou esquecense, e os moimentos apóñenselle ós franceses ou ós calristas. 2.º Por qué razón as fontes eruditas fixeron que se conservara a lembranza dos mouros, e non a dos romanos? Poño os romanos, porque d'istes fálase nos manuás tanto como dos mouros, e mais seguramente nos sermós, xa que teñen relación coas orixes do Cristianismo, e hai mais ocasión de falar d'iles ó pintar o estado do mundo antigo cando viu Noso Señor, ou ó falar dos infindos mártires das suas persecucións.
E veleiquí que si non hai na nosa Terra ningún siñal do paso dos mouros, hai ben d'iles do paso dos romanos, coma qu'ainda anda a xente pol-os camiños e pontes qu'iles fixeron, e ainda as suas colunas miliarios sosteñen o esquinal d'algunha solaina, e as suas lápidas a mesa d'algún altar. Ren d'iso lles valeu, nin ainda axudados pol-a erudición, que lles ten tanta preferenza, pra perduraren na lembranza dos nosos peisanos.
E por fin, en todo caso, o buscarlles unha base histórica ós mouros encantados, nonos leva a ningures; por que deixa sen espricar o mais dino de ser esculcado: o que hai de
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/49/495c/495cc302-a30b-47eb-9e9d-3fd5a8199156/115710316.xml
NÓS
14 Adiviñanzas
— ¿Qué cousa é cousa que anda no bolso e non gasta cartos nin medias?
O reloxo
— ¿Qué cousa é cousa que cabe no puño e non cabe n-un carro?
O ovo
— ¿Qué cousa é cousa que bate na lousa?
O mar contra os cons
— ¿Qué cousa é cousa que pousa no monte e ven beber á fonte?
A ave chamada PINEIRA
— Estando un forno cheo de vacas bermellas veu un boi negro e botounas fora, ¿que é?
As ascuias e a pala
(Recollido en Goyáns, Lampón, na Ría de Arousa)
F. BOUZA BREY
Os homes, os feitos, as verbas
A NOSA ETNOGRAFÍA
Ben ou mal ourentados, en grea informe os mais, sistematizados os menos, o feito é que ao cabo de alguns anos, dende a nosa renacencia —non esquencendo ao P. Sarmento— téñense dado a coñecer moitos datos etnográficos, en número tal que xa estará ben ir pensando en facer o estudo centífico e serio con todo o seu intrés, derivativo da nosa etnografía.
A fase literaria de fins de século, que tomou como tema predileito, o tipicismo, adescripción de festas, romaxes, lendas, costumes, etc., por un lado, o furor e iras santos conque algúns médicos atacaron a iñorancia, supersticións, crenzas do noso pobo —lémbrese a Rodriguez López—n’outro senso formaron nos comenzos de esta época os primeiros arquivos etnográficos hoxe de inestimabre valor.
Xa con un criterio mais centífico, aportaron moitos materiais deste orde o Murguia e o autor de «El Idioma Gallego». Dende entón, nas cáseque infindas revistas publicadas, e en moitos xornaes houbo cando non unha seazón, adicada ao folk-lore, moitos artigos e traballos de esta índole.
Fixémonos somentes na coleizón de contos populares publicados por L. Carvaxal, en
«Galicia Moderna» e nas descripcións da «Galicia Humorística» imprentadas as dúas en Pontevedra; as lendas e costumes dadas a coñecer por distintos autores en «Galicia» de Martínez Salazar e de la Iglesia, da Cruña, no «Almanaque Ferrolano» de Fort-traballos sobor de música popular; na «Galicia Diplomática» de Barreiro, en Sant-lago; na «Ilustración Gallega y Asturiana» de Oviedo e en outras tantas, e xa nas máis novas como «Ultreya» de Cotarelo, en Sant-Iago; «B. da A. Gallega» da Cruña; «B. da C. de M. de Ourense», e nista mesma revista que dende os seus comenzos tivo sempre unha gran predileición por esta cras de investigazóns.
Fai tempo que vimos termando de dar a coñecer a nosa bibliografía etnográfica e hoxe podemos prometer a sua pronta publicazón, que amostrará a algúns lacazáns iconoclastas que os nosos antergos non deixaron todo por facer.
Agora o que fai falla e d’un xeito urxente é o CUESTIONARIO ETNOGRÁFICO GALEGO, problema iste menos doado de resolver do que parece. Polo de agora lévase feito a labor mais outa na Península por parte da Sociedade de Eusko-Folk-Lore, e esto é debido, ademais da intensidade do traballo, a contar con un admirable inqueridoiro etnográfico que facilite enormemente a laboria.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/49/495c/495cc302-a30b-47eb-9e9d-3fd5a8199156/115710323.xml
SANATORIO QUIRURGICO
DIREITORES
Manuel Peña Rey
Ginecología e Partos
José Mosquera Blanco
Cirugía geral
Especialista na gorxa, nariz e ouvidos
Situado frente á Alameda do Cruceiro, ten toda-las condiciós precisas.—Prauticase toda crás d'operaciós.—Dotado de todol-os adiantos que pide a autual Cirugía.—Modernas instalaciós de RAYOS X pra diagnóstico e RADIOTERAPIA superficial e fonda con voltaxe de 250.000 voltios.—Aparello de Diatermia pra tratamento de Auexites, procesos inflamatórios, reumatismo, etcétera. Lámpara de cuarzo pra sol d'altitude e ultra-violeta pra tratamento d'escrofulosis, raquitismo, alopecias, eczemas, etcétera. Admitense embarazadas, e cóntase con material esterelizado pra fora da cibdade en casos d'urxencia.—Poden colaboraren todol-os compañeiros, previo consentemento dos direitores.
BODEGAS GAL EGAS, PEARES E OURENSE
Vinos finos de mesa: Tinto TRES RIOS. Blanco BRILLANTE
LOS GALLEGOS blanco e tinto
Macía e Valeiras, Apartado 18 - Ourense
Droguería e Farmacia
LUIS FÁBREGA
Progreso, esquina a Luís Espada
OURENSE
MERQUE VOSTEDE
Plumeiros RAFIUM
De mais dura qu'os de pruma e limpan millor. Véndese en todol-os estabrecimentos do ramo
Andrés Perille-OURENSE
F.ROMAN E SACO
DROGUERIA
e FARMACIA
Pereira, 19
Teléfono 28
OURENSE
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/49/495c/495cc302-a30b-47eb-9e9d-3fd5a8199156/11571032.xml
BOLETÍN MENSUAL da CULTURA GALEGA
Direitor Literario Vicente Risco Direitor Artístico Alfonso R. Castelao
Adeministrador ANXEL CASAL
DIREICIÓN E REDAUCIÓN: ADEMINISTRACIÓN:
Sto. Domingo, 47—OURENSE Real, 361.°—A CRUÑA
ABONAMENTO NOTA
Doce números, na Península 8'00 pesetas.
Fóra da Península 8'00 »
Número solto 0'70 »
Este boletín non publicará mais orixinais qu'os que foran directamente solicitados pol-a Dirección. Tampouco se fai solidario das ideas n-eles emitidos, a non ser dos que por non iren rubrados, enténdense que son da Redaución.
Os pagos son adiantados e os gastos de xiro de conta dos suscritores
SUMARIO
Teño..., por FERMIN Bouza Brey.
Os Mouros Encantados, por Vicente Risco.
Problemas de Xeografía Galega, por Ramón OTERO PEDRAYO.
Arquivo filolóxico e etnográfico de Galiza.
Os homes, os feitos, as verbas, POL-A REDAUCIÓN.
Reloxería ZENITH Dicente Risco
MÁQUINAS PARLANTES, DISCOS AGULLAS e ACCESORIOS Abogado
M. CALVIÑO - Ourense
Santo Domingo, 47-2.º Ourense
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/49/495c/495cc302-a30b-47eb-9e9d-3fd5a8199156/115710315.xml
NÓS
Pra coñecermos a xeografía humán galega é preciso estudar todal-as parroquias c'un método seguro. Temos a fertuna de conserval-a célula social labrega íntegra nos seus decisivos carauteres. O grande prehistoriadori-arqueólogo Florentino L. Cuevillas, demostrouno d'un xeito indiscutibre na sua derradeira conferencia feita en Celanova e que aixiña ha ser coñecida. E non se pode afastar o investigador d'ista pauta trazada pol-a natureza e pol-a hestoria.
Alguén pensará que sería mais doado comezar por rexiós naturás. Coido que a falla de serios traballos cartográficos (de xeoloxía, agricultura, climatoloxía, habitación, etcétera), fai inaceitabele o proieuto en sí centífeco e ben guiado. En troques unha vegada estudadas as parroquias, é doado dispolas en rexiós naturás.
Mais a carón do estudo das formas do habitat labrego, intemamente cinguido co-il xurde o da forma e disposición da casa labrega. N-ela comprendemos o pazo, pois secularmente afincado no chán, zuga d'il a sua vitalidade, coma un poderoso castiñeiro petrucial. Os puntos que debe encher un programa pr'o estudo da nosa casa labrega serán os seguintes. N-hai qu'esquecer que se trata d'un ensaio.
1.º A casa-habitación.
Materiás de construción (pedra de grá, pizarra, croyo, barro, pallabarro, madeira, tella).—Pranta.—Alzado (Fastiales, fronteiras, laterás e traseiras),—Coberta (feitura, desván, tella, pizarra, colmo).—Orgaismo ver-
2.º As construcións adxetivas á casa labrega.
O curro ou páteo (fronteiro, circular, dianteiro, laderal, interior). — A i-auga (puzo, tanque, fonte, aproveitamento comunal).— As cortes (baixo da casa, arredor do curro, fora do curro, c'a sua pranta, alzado, materíal, barras, sistema de comunicazón e lús, e variaciós impostas pol-a natureza dos animás: galiñas, porcos, abenza, gando mór, cabaleirias).—Os almacés ou celeiros de produtos do agro (cabaceiros, palleiras, bodegas, leñeiras, sequeiros, c'a sua compreta arquiteitura e relazón co-a casa de vivenda). —Os locais de traballo industrial labrego ou imposto pol-as necesidás do vivir da aldeia (frágoa, carpinteiría, zapateiría, tenda, lagares, locais d'estila do augardente).
3.º Elementos artísticos.
Ornamentación da pedra, do cal, da madeira, en portas, solainas, fiestras, parés; pintura e seus motivos e coores, tarabelos e todol-os mais que s'aparten do simpre xeito costrutivo.
RAMÓN OTERO PEDRAYO.
(Seguirá).
ARQUIVO FILOLOXICO E ETNOGRAFICO DE GALIZA
Ditos referentes a xentes e pobos
Da Ría do Eo
Castropol, corral de vacas, As Figueiras de cabritos, A Veiga de folgazás, Ribadeu de señoritos. (Ribadeo. Os nomeados son pobos da Ría algúns dos qué pertencen administrativamente a Asturias.)
Da Ría da Arousa
Magorrentos de Palmeira, pelados son os da Vila (Caramiñal) para cantar e beilar as mozas de Santa Uxía (Ribeira)
F. BOUZA BREY
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/49/495c/495cc302-a30b-47eb-9e9d-3fd5a8199156/115710317.xml
NÓS
Engadido ao Cuestionario contan os estudos etnográficos vascos con folletiños de axuda e de enseño como o de Barandiarán (1) e folliñas contendo un só tema do Cuestionario, que espallan un ano ou dous por toda Vasconia, pra ter o mais compreto posibel o gran ficheiro etnográfico en ter mazón.
As derradeiras chegadas ás nosas máns preguntan detalladamente todo o interesante folklore referente a fundación de Igresias.
—Cánto se non poderia falar n’iste caso concreto na Galiza? Ainda Risco no seu artigo pasado «mitoloxía popular» tocou algo isla cuestión.
No ano 84 aquela Sociedade de «Folklore Gallego» que presidia a Pardo Bazán na Cruña, editara un cuestionario limitado somentes á parte de supersticións e crenzas. Está pubricado un folleto aparte e tamén na G. Diplomática.
Salillas, Puyol, Bernaldo de Quirós, García Herreros, Pedregal e Camarón da Seizón de Cencias Moraes e Políticas do Ateneo de Madrid pubricaron en 1901 un cuestionario demográfico moi intresante que reproducen Hoyos e Aranzadi (2) que dou por resultado 280 contestacións que ordenadas e crasificadas formaron no ficheiro 8.500 papeletas referentes ao nacimento, 20.000 ao casamento, e 15.000 á morte e enterro. Dos dous pódese aproveitar moito.
Na ourentazón que deba levar o Cuestionario será moi útil ollar como cousa fundamental o «Questionnaire d'Etnographie» de Louis Marín, Presidente da Sociedade de Etnografía de París, pubricado en 1925.
Está dividido nas seguintes partes:
1.ª Vida Material; divídese en tres sezóis; 1.ª Traballos, 2.ª Costumes de Traballo Material; 3.ª Distribución dos elementos materiais no espacio e no tempo.
2.ª Vida mental; divídese en catro sezóis: 1.ª Instrumentos de coñecimentos; 2.ª Coñecimentos especulativos; 3.ª Coñecimentos prácticos; 4.ª Conceicións filosóficas e relixiosas.
3.ª Vida Social; divídese en tres sezóis: 1.ª Feitos Sociaes; 2.ª Elementos Sociaes; 3.ª Sociedades.
Como mostra transcribimos detallado o índice da primeira parte:
PREMIERE PARTIE.—VIE MATERIELE
PREMIERE SECTION.—BESOINS
CHAPITRE PREMIER.—ALIMENTATION
ALIMENTS: boissons, fumées. — Objec-
(1) Breves instrucciones para el, investigador Folklorista. (21 págs, — Ext. do Anuario de Eusko Folklore 1921).
(2) «Etnografía - Sus Bases, sus métodos y aplicaciones en España» = Manuales Corona. Madrid - 1917.
tife: nourriture, épargue, excitants, friandises, esthétique.—Régime alimentaire: combinaison, sucéssion des alimens; étres et cas auxquels s'appliquent des régimes spéciaux.—MATIERES premières: minérales, végétales, animales. — METHODES: préparation lointaine, cuisson, confection des mets, conservation, consommation.— INSTRUMENTS; pour préparation consommation, conservation.—SIGNIFICATIONS sociales et religieuses.
CHAPITRE DEUXIÈME.—SOINS PERSONNELS
Coutumes qui NE MODIFIENT PAS le corps humain: repos, exercices, jeux, entretien, soins généraux et particuliers; QUI TRANSFORMENT LÉGÈREMENT la nature, règlent l’arrangement; celles QUI DÉFORMENT LE CORPS.—Objetifs.—Méthodes et procédés.—Instruments.—Significations.
CHAPITRE TROISIÈME.—VÊTEMENT
PIÈCES. — OBJECTIFS: protection, but moral et esthétique, significations sociales, — PORT. — RÉGIME; vêtements prédominants suivant les saisons, suivant les êtres, circonstances ou fonctions.—MATIÈRES.— Méthodes et façons, confection, entretien.— INSTRUMENTS—SIGNIFICATIONS ethniques, professionnelles, civiques, religieuses, économiques, occasionnelles.
CHAPITRE QUATRIÈME—HABITATION
ÉLÉMENTS ESSENTIELS, secondaires, de nécessité et d'industrie domestique; APPAREILS ACCESSOIRES; revêtements protecteurs; DÉCORATIONS et annexes.— OBJETIFS généraux, d’édifices, de pièces.— Régime.—Usages. — Matériaux. — Construction et entretien. — Méthodes et coutumes d'entretien.—Significations.
CHAPITRE CINQUIÈME.—MOBILIER ET OUTILLAGE
Pièces, meubles de repos, d'exercices, d'appropriation, de supports; contenants; récipients, vaisselle; éclairage, chauffage, mesure du temps, décoration. — Usage. — Régime.—Matières.—Méthodes et procédés de confection et d'entretien.—Significations.
DEUXIÈME SECTION. —COUTUMES DE TRAVAIL MATÉRIEL
CHAPITRE SIXIÈME.—COUTUMES
MATIÈRES utilisées: vegetaux spontanés cultivés; animaux sauvages, chasse, pêche; espèces d'élevage.—Objetifs—MÉTHODES AGRICOLES végétales; cueillette, culture; méthodes agricoles animales:chasse, pêche;
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/49/495c/495cc302-a30b-47eb-9e9d-3fd5a8199156/115710311.xml
NÓS
Débense chamar ansí todol-os estabrecimentos humáns fora das vilas? Débese reservar o nome pr'os estabrecimentos rurás qu'acougan unha esprotación agrícola? Ou hase d'espallar a todol-os estabrecimentos, hastra os qu'abrigan industrias?
2.º—Definir que é o que se chama agromeración ou concentración.
Hai moitas variedades ou modalidades de concentración, diferentes pol-as formas visibres e pol-a disposición das casas no interior do agrupamento?
3.º—Definir o que se chama dispersión.
Hai diferentes maneiras? O lugar (hamlet, weiler, hameau) é forma de concentración ou d'espallamento? Unha grande granxa isolada, que mantén moitos centos de obreiros ou de colonos, é unha forma espallada?
II Orixe dos tipos de poboación
1.º—Cal é a influencia das condicións naturás?
a) Influencia do releve? As terras chás e as montesías crían condicións doadas a certa clás de poboazón?
b) Influencia da natureza do chan? Terras enxoitas ou molladas? Terras de bosque ou descobertas?
c) Influencia da y-auga do chan? Influen na creación de detremiñados tipos, a fartura, a probeza, a falla d'auga?
2.º—Influencia das condicións sociás?
a) Pódese fixar que na orixe dos estabrecimentos humáns imponse un certo tipo?
b) Pódese falar d'arelas étnicas? Hai maneiras propias pra cada raza?
c) A seguridade, a defensa, impuxeron certas maneiras de fixamento?
d) Poden estar cinguidos os modos de poboazón c'os réximes agrarios? A grande propiedade e grande esprotación teñen por resultas poboazón amontoada ou espallada?
e) Influe a densidade de poboazón?
3.º—Influencia da economía agrícola.
a) A maneira de fixamento, depende do grado de progreso agrícola? Difrencia asegún as formas nómada ou sedentaria, intensiva ou extensa?
b) Os grados d'orgaización do traballo
agrícola (distribución periódica dos eidos, esprotación trianual, etc.) levan a unha certa forma?
c) Influe a orientación da produción? Graus? Herbas? Froitas? Hortas?
d) Nos diferentes tipos cal é a posición i-a distancia dos eidos respecto da casa do labrego?
III Repartición Xeográfica dos tipos
1.º—Iste repartimento foi sempre o mesmo en cada un dos países? Non amostra a historia eixempros d'inversión dos tipos?
2.º—N-hai na historia da colonización agrícola dos diferentes países períodos nos que mande un certo tipo?
3.º—Pódese detremiñar os tipos de poboación nos tempos prehistóricos?
4.º—Cal é a forma nos países novamente poboados e colonizados?
IV Relación dos tipos de poboación c'os outros feitos da Xeografía do home
1.º—Hai relación antr'os tipos de poboación i-os tipos de casa?
2.º—Hai influencia do tipo sobre da economía rural? Sobr'a forma do cultivo? Sobr'a calidade das colleitas?
3.º—Hai influencia dos tipos sobr'a orgaización social, sobr'as relacións dos homes, sobr'os costumes i-as ideas, sobr'a civilización rural?
Conclusión
Non é de desexar que se fagan no mór número posibre de terras, estudos rexionaes e locais ben feitos pra definir, clasificar i-espricar os tipos de poboación?
A ninguén se l'ocultará o intrés d'iste cuestionario, índice das preocupacións dos xeógrafos sobre do tema fundamental cicais, da sua ciencia. A resposta á conclusión é ben doada: Os estudos hanse fazer sobre rexións ben precisadas, de maneira que sexan posit-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/49/495c/495cc302-a30b-47eb-9e9d-3fd5a8199156/11571039.xml
NÓS
foron os qu'escribiron as pedras escritas, e com'as fadas, viven nos dolmens, que levan o nome de li-ar-korrígan —casa das fadas.
Non hai dúbida, pois, qu'os nosos mouros encantados son unha d'esas razas mítecas, qu'outrora levou outro nome, e que foi identificada c'unha poboazón histórica, senon da Galiza, das terras circundantes. Iste é o pensar tamén de Leite de Vasconcelos. E pol-o tanto podémolos clasificar provisoriamente cos elfos e cos korrigan.
Mais entendámonos: os elfos e os korrigan non son —ainda na vaguedade e na indistinción con qu'o pensamento popular procede nestas cousas— o que propiamente poidamos chamar xenios ou espíritos —ainda que se poidan identificar cos elementais de Teofrasto Paracelso— senon unha suposta raza d'homes pequenos, qu'a lenda presenta deformes, armados con dardos de pedra e dotados de poderes máxicos. Por varios detalles semellan por vegadas unha raza dexenerada: a sua pequena talla, a sua fealdade, o quereren levar rapaces novos pra os cruzaren cuas suas femias, ou roubaren nenos trocándoos pol-os seus fillos aparvados —cousas estas derradeiras qu'atopamos nos elfos alemás e escandinavos, nos korrigan bretós, e logo nos xans d'Asturias— co que semella quereren rexeneral-a raza.
Xa Walter Scott supuxera qu'esas razas mítecas representaban os habitantes prehistóricos do país, e dos elfos escandinavos pensouse tamén seren unha raza primitiva relacionada cos lapóns, e á qu'a lenda deu poder sobrenatural, cecais pol-as virtudes máxicas que apuñóu os lapóns.
Compre pol-o tanto desbotal-o caraute demoníaco que lles deu Murguía, cecais fundado somentes na coor escura, que xa temos dito que non é costante, namentras qu'as consideracións que levamos feito n-iste apartado nos levan a entrarnos no seguinte.
Os mouros encantados e as poboazós prehistóricas
Martins Sarmento, incansábel esprorador das antiguidades e tradiciós da parte de Guimarães, observou que moitas vegadas a xente apuña a construción dos Castros á xente de Napoleón. N-unha carta a Leite de Vasconcellos, fala das citanias e di que primeiro chamáronlle sitios de pagaos e despois da invasión árabe, de mouros e que mais tarde, e a consecuencia da invasión francesa, tamén lles chaman de franceses. O mesmo dí n-un artigo publicado no Pantheón do Porto.
Ora, o mesmo feito foi observado eiqui com'atestan Cuevillas e Bouza Brey no seu estudo en col do Neixón, Din elí: «... nós pol-a nosa parte, poidemos facel-a comprobanza do dito pol-o sabio portugués ó escoitar qu'a Rodela de Framontaos (Merca, Celanova) e as mámoas do Monte das Motas (Lobeira, Bande), foran obra de franceses e ó saber, ainda con meirande admiraçom qu'os atenos do Outeiro de Fontefría (Merca, Celanova) foran erguidos pol-os carlistas.»
E o feito non é estrano: na Alemaña acontece o mesmo; o pobo atribúe ós franceses de Napoleón construcións, ruínas, ósos, armas. É un feito que responde ó que deixamos dito en col do esquecemento dos feitos históricos. Iste esquecemento produce dúas sortes de fenómenos inversas: 1.º O envellecemento dos feitos (a arqueosía, de Benigni): en Saboya apofien os mouros a ruína d'aldeias que foron desfeitas tres ou catro séculos despois. 2.º O rexuvenecimento dos feitos: en Hesse, vilas que foron destruídas nos séculos XIV e XV, din que o foron na Guerra dos Trinta Anos; en Westfalia din qu'os suecos luteranos foron combatidos por Calromagno c'un cañón de ferro. A atribución dos nosos monumentos pre-históricos (castros, mámoas, etc.) ós mouros, ós franceses, ós carlistas, son fenómenos de progresivo rexuvenecimento.
Hai un terceiro fenómeno, que Raul Rosiéres chama ley das trasposiciós: esquecido un héroe, a sua lenda apónselle a outro héroe maissonado. Sebillot cita o caso concreto da lenda d'un rei que se perdeu indo de caza, e atopou un seu vasalo que lle deu de xantar sen o coñecer, a qual contouse na Antiguidade d'Antioco, e traguida a Occidente, atribuiuse na Inglaterra primeiro a Godofredo Plantagenet, e despois ó seu fillo Henrique II; logo pasou a Francia, e contouse de Francisco I e despois d'Enrique IV. E iste fenómeno é o que aconteceu no caso dos nosos mouros.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/49/495c/495cc302-a30b-47eb-9e9d-3fd5a8199156/11571038.xml
territorios depois de guerras porfiadas, levaban a esperança de voltar a estabelecer-se ali mais tarde, e por isso foi que deixaram parte dos seus haberes escondidos, temendo que lhes fossem saqueados pelas legiões invasoras.»
O Ciprianillo, pois amóstranos desenvolto no século XVI, o mito dos tesouros da Galiza, procedentes dos mouros, ideia que logo nos amostrará produzindo os seus efeitos o sonado processo promovido pelo Licenciado Vázquez de Orxas. O qual todo levamos a suspeitar a existência d'una tradição que vem já pelo menos desde o século XII, bem atestada. É um dos elementos somentes do mito dos mouros, mas é um dos mais importantes.
Tivo este ciclo de lendas um proto-tipo que se perdeu? Um indicio pode haver d'esto, se cadra, no Parsival de Wolfram von Eschenbach, que igual que a Crónica de Turpín, semelha ser uma das lendas que nasceram nos santuários que havia ao longo do Camiño Francés das peregrinações a Compostela, tendo sido com muita probabilidade o que lhe deu nascença o do monte Cebreiro, onde houve mosteiro e hostal de peregrinos, e onde ficou como lembrança, a história do Santo Miragre, cousas todas que estudou por miúdo Anxel del Castillo, o que nos dispensa de volver falar delas. Pois bem, no Parsival, Klingsor é um mouro que vive num castelo encantado, possuindo grandes tesouros e poderes máxicos, perto da Hispânia musulmana.
Não podemos hoje ainda adiantar mais neste caminho, o qual porém fica aberto para novos inquéritos. Mas pelo pronto temos atopado algumas coincidências dignas de nota entre os nossos mouros encantados e os mouros das lendas épicas europeias, sem que emporiso estabeleçamos uma identidade nin muito menos.
Os mouros encantados e os nossos mitos pré-cristãos
Foi Murguía quem indicou a ideia de que os nossos mouros foram em realidade seres mitológicos desfigurados: «Significando em galego mouro não somente o mouro, senón o que
NÓS
tem cor pardo escuro, confundiram-nos com outros xenios cujo caráter demoníaco é patente, mas que não diz o que houveram podido ser.» E não há dúvida que como outras vezes, Murguía deu no fito, pelo menos em parte. Os mouros encantados da nossa Terra, que pouco mais têm de mouros que o nome, viñéronse pôr no canto d'outros personagens muito mais antigos. É a única explicação doada que se lhe pode dar ao mito. Ora, os personagens a quem viñeron substituir, eram personagens míticos?
Não conhecemos dos nossos mitos pré-cristãos mais que as sobrevivências que chegaram a nós, e que comparadas com as d'outros povos em especial dos da mesma origem, pódennos dar luzes. D'estas sobrevivências há d'abondo: as donas, o trasno, o tardo, o urco, os legrumantes, os nubeiros, etc., e pra todos há paralelos. Nos mesmos sítios onde vivem os mouros, temos dito que vivem outras vezes donas, anões, gigantes, nenos com barbas, senhores. Os mouros podem pertencer a esta casta de seres.
Por outra banda, a crença n-estas povoações míticas habitadoras dos monumentos pré-históricos, dos penedos, das fontes, etc. é cousa que s'atopa em todos lados, e adoito em relação aos tesouros. Salomón Reinach ocupou-se das tradições referentes a tesouros e entidades míticas que vivem nos monumentos pré-históricos. Em Suíça, nas pedras com covinhas, andam as fadas. Leite de Vasconcellos cita entre outros um Penedo das Bruxas (Hexenstein) perto de Schalberg; um Penedo de Balder em Escandinávia, e vários El/fstenas ou Elfsquarnar, penedos ou muíños dos e/os, que vivem baixo d'iles. Efeitivamente, sempre se figurou os elfos vivendo nas covas e soterrados. Os gnomos e kobolds andam debaixo da terra, em relação co-as minas e cos tesouros. E eiquí devemos lembrar os paralelos já apontados na primeira parte deste trabalho.
Na França, os dolmens levam também nomes significativos: four des géants, maison des fées, maison du diable, com'indica Reinach.
Na Bretanha, os korrigan atópanse nas fontes, sobre tudo nas vizinhas dos dolmens, e os anões guardam tesouros nas pedras, e iles
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/49/495c/495cc302-a30b-47eb-9e9d-3fd5a8199156/115710324.xml
Augas bicarbonatado-sódicas de
MONDARIZ
FONTES DE GÁNDARA e TRONCOSO
Propiedade dos FILLOS de PEINADOR
MONDARIZ—BALNEARIO está situado a 35 quilómetros de Vigo e a 20 das estacións de Porriño e Salvatierra de Miño
O Hotel do Estabrecimento está aberto do 1.º de Mayo a 31 de Outubro
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/49/495c/495cc302-a30b-47eb-9e9d-3fd5a8199156/115710322.xml
20
deo.—Difrentes informaciós.— El día de Galicia, por Benjamin Martínez Cadillo. — Quien volverá a ver las rosas mías, por F. Herrera Garrido.—Novas, información gráfica, etc.
SEARA NOVA, Númaro 100,
Sumario: Questóes do dia.—O Jogo, por Mario de Castro.—Rail Brandáo, por Teixeira de Pascoaes.—A propósito do livio «A Inteligencia na literatura nacional», do Sr. Dr. Artur Ribeiro Lopes, por Bourbon e Meneses.—D. Sebaslido, rei de Portugal (por Antero de Figueiredo), por Vieira de Almeida.—A/onso Lopes Vieíra.—Algumas notas e reminiscencias, por Manuel Mendes.—Carta de agradecimento a D. Basilio, por Antonio Sergio.
Númaro 101.
Sumario: Reflexóes, por Rodrigues Migueis.—Votas sobre a paisagem, por Vieira de Campos.—D. Sebastiáo, rei de Portugal (por Antero de Figueiredo), por Vieira de Almeida. — Andam faunos ee bosques (por Aquilino Ribeiro), por Castelo Branco Chaves.—Notas e comentarios, por M. de C.—Questóes do dfa.—O Jogo, por Mario de Castro.
Numaro 102.
Sumario: Questóes do dfa.—O Orgamento, por A. Quintanilha.— Acusagées, por Cámara Reys.—Os batalhóes academicos de Coimbra, por Belisario Pimenta.— Teatro infantil, por Joaquim de Oliveira.—Marinha, por Manuel Rocheta.—Livros, por R. M.—Problemas da Instrucgáo secundaria, por Anatole France. — Nolas e comentarios, por David Ferreira.—Sobre a inter-cullura de Portugal e Espanha, por Antonio Sergio.
Númaro 103.
Sumario: Leis novas, direito velho, por Avelino Cunhal.—Sinfonta da alegría, por Martiño da Fonseca.—O Argos, por Sarmento Pimentel.—O futuro dos vinhos porlugueses e a orientagáo da nosa vilicnllura, por Lucio de Magalhaes.—Um nobilíssimo artista e distinto profesor, por M. de C.—Ac¢ao directa, por Ortega e Gasset.
BOLETÍN DE LA REAL ACADEMIA GALLEGA 1.2 Agosto 1927,
Sumario: Una ara pagana cristianizada,
NÓS
por Celestino García Romero, referente a unha que hai no Museo Arqueolóxico de Santiago, e cuia iscripción interpreta o autor: 7 (ovi) O (ptimo) M (aximo) Herculi Tongo S. V., que supón foi cristianizada, utilizándose un oco que ten por riba pra gardar reliquias (cecais — engademos nós, e O caso non sería novo—pra empregala coma pé d'un altar).— Prehistoria gallega. Hachas de bronce de talón (hallazgo de un depósito), por Angel del Castillo.—Puentedeume y su comarca (apuntes históricos), intresante traballo do noso colaborador Antonio Couceiro Freixomil, pubricado outrora en El Diario de Orense.—Sección oficial: El monumento a Curros Em íquez.— Documentos históricos: Ordenanzas de la ciudad de Santiago, año 1775 (conclusión).
NACAO PORTUGUESA, fascículo IV, série IV, tomo I.
Sumario: Ocidentalismo e Cristianismo (conclusáo) por Antonio Sardinha.—Scolastique et Revolution, por Gonzague Truc.— A margem do Artigo de Gonzague Truc, por Manuel Múrias.—Comentarios etimologicos (alguns casos de dissimilagáo vocálica), por Rodrigo de Sá Nogueira.— Antonio Ribeiro Saraiva na Universidade, por J. Mendes da Cunha Saraiva.—A India e o ciclo da Pimenta (IV), por J. Lúcio d'Azevedo.— Das ideas, das almas e dos factos.— Através das revistas e dos jornats,
FOTOGRABADO
Si ten intrés en que os seus fotograbados sexan os mais perfeitos posibres, convenlle envialos aos
Talleres de fotograbado ESPASA-CALPE $. A.
Este nome xa é por sí unha garantía, pois son os talleres mais modernos e orgaizados para realizar na sua maisima perfeición toda crás de fotograbados en cinc, cobre; tricomias, cuatromias, etc...
O seu servicio e extra-rápido,
As suas obras son perfeitisimas.
Ríos Rosas, 24- Apartado, 547
MADRID
Imprenta NOS. Real, 36-1,° A CRUÑA
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/49/495c/495cc302-a30b-47eb-9e9d-3fd5a8199156/115710319.xml
NÓS
León, o da Seizón Sr. Portela Pazos, o Segredario Sr. Filgueira Valverde e o socio Sr. Vázquez. No Carballiño xuntáronselle os presidentes das Seiciós de Xeografía e Arqueoloxía Sres. Otero Pedrayo e Cuevillas e o socio Sr. Ramón Fernández (Ben-Cho-Shey) que foron dende Trasalva e Ourense respeitivamente, e os Sres. Losada Diéguez (D. Antón) e Losada (D. Xaquín). O resultado foi a completa catalogazón de dez eirexas antigas e cinco castros, un d'iles o de Morgade, xa esprorado con anterioridade.
REAL ACADEMIA GALLEGA
O 30 d'agosto na Cruña celebrouse o ingreso de D. Xulio Dávila Díaz, quen sucede na Academia a D. Francisco Romero Blanco. Disertou en col da persoalidade do ilustre ortigueirán Benito Teixeiro Martínez, autor d'un plano da ría de Santa Marta e de moitos traballos xeográficos e históricos en col de Galiza, coma son: Apuntes para la historia de Ortigueira, Prehistoria Ortiguense, Los Armadas de Santa Marta, Un náufragio, Gallegos ilustres en América durante el descubrimiento y la conquista, Aurelio Aguirre y su tiempo, Fray Felipe de la Gándara y Fray Hernando de Ojea, Estter (novela romántica) e La de Zúñiga (novela d'ambente galego). O Sr. Dávila fixo un acabado estudo da persoalidade do ilustre ortigueirán.
Respondeulle o Sr. Maciñeira, o qual publicou o seu discurso, do que daremos conta no número que ven.
LIBROS
UNA PUNTA DE EUROPA, por Victoriano García Martí, Madrid, 1927.
Armou iste libro certo barullo, e ainda merecía meter mais. Coma xa anuncia o prologador, Ortega Gasset—de cuio prólogo debemos recoller a confesión paladina da persoalidade de Galiza—tivo García Martí moitos contraditores, e tíñaos que ter, xa que todol-os que en col de Galiza escriben, áchanse pol-o xeral en íntemo desacordo. E cecais tamén estea millor que sexa d'iste xeito.
De todas maneiras, iste libro indica que por fin os galegos de Madrí, moito mais aleixados da terra, anque pareza mentira, que non os d'América. comienzan a voltar os ollos á sua Pátrea e á sua renacencia. García Martí, que xa leva anos aló adicado a outras curiosidás, pódese dicir que é quen lles abre o vieiro. Atrás d'il han vir outros, mais pol-o pronto, non son moitos os que poidan vir e que trayan consigo o que pode traguer o autor de O Mundo interior e Do Vivir héroico.
O seu libro así e todo, non é ainda mais que unha iniciación, mais querer quer coller o problema no seu conxunto e dend'o alto, e en moitas cousas atina ben, e ven coincidir en moitos puntos coas doutriñas sustentadas hai anos pol-os nacionalistas galegos. O mesmo título de Unha punta de Europa responde perfeitamente á idea do europeismo galego, tantas vegadas esposta n-estas mesmas páxinas de NOS, e alén, oposta ainda por moitos ó africanismo que algús dos nosos creen descubrir nas rexións centrais e meridionais da Península. A concepción de Galiza coma terra históricamente inédita, que é das mais fecundas do libro, e relacionada co-a que tamén espón maxistralmente Martí, da esterilidade pra Galiza dos galegos ilustres —dos que se gaban eiquí, e mais na América tantos e tantos, e que o ilustre escritor portugués Julio Dantas tivo o pouco gusto d'invocar hai pouco n-un artigo que reproduciron algús xornais d'eiquí—é igualmente das que, espresada n-esta ou n-outra forma, nos teñen servido pra erguel-as nosas espranzas. E asina d'outras.
Crar'esta que García Martí, pouco amigo d'aventurar teorías cand'hai outros que tan doadamente definen, mantense n-iste libro n-unha prudencia pode que asisada de mais n-un filósofo, de maneira que s'algún defeito se lie pode pór, había ser cecais o de non ser cumprida a súa información directa, tendo bebido mais en fontes literarias que na ouservación dos feitos; anque o xeito especial do libro requira efeitivamente esta maneira de traballar.
Martí, pol-o demais, deuse perfeita conta do que val o noso movemento de renacencia galega e a obra feita deica agora, e n-esto é tamén guieiro antros d'alá, descoñecedores pol-o xeral d'esto todo.
Una punta de Europa é un documento valioso en col da Galiza, intresounos moito, e recomendámolo á atención dos nosos leitores.
NOTAS PARA UNA INTRODUCCIÓN AL ESTUDIO DE LA LENGUA Y LITERATURA PORTUGUESAS, por Álvaro María de las Casas, Madrid, 1927.
Son dúas leiciós, pirmeiras d'un curso espricado pol-o autor na Escola Superior de Polícia de Madrí. Estas leiciós conteñen, a pirmeira as nociós de Filoloxía, Lingüística e Gramática, a clasificación morfolóxica e
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/49/495c/495cc302-a30b-47eb-9e9d-3fd5a8199156/11571036.xml
4
verdadeiramente miteco. Ainda o que teñen de mouros, haino que buscar no campo da lenda.
Os mouros encantados e os mouros da épica castelán
Os mouros da épica castelán arrédanse tan pouco nos seus caracteres dos mouros históricos, qu'ainda ademitindo unha infruenza fonda d'aquela épica no noso pobo, quedaríamos igoal que no caso da tradición histórica. Espricariamol-a identificación d'ises persoaxes míticos cos mouros e o nome que levan, e se cadra, se non houbera meios moito mais doados pr'espiricalo, tamén nos apricarían as artes máxicas que se l'opoñen ós mouros encantados.
Pol-o pronto, temos qu'a épica castelán (Cantares de xesta, Romanceiro) refirese principalmente a loitas cos mouros. As leendas galegas raramente refiren loitas d'esta clás; somentes as recollidas nos nobiliarios, moitas d'elas de formanza erudita, e pertencentes craramente a outro ciclo compretamente diverso do dos mouros encantados, sen qu'esto queira dicir que non houbera certa contamiñación antr'os dous. Ainda mais: nas leendas que temos recollido do pobo, hai algunhas de loitas cos mouros, que non podemos incruir antr'as dos encantados; pois ben, n-esas leendas, vemos loitar cos mouros, non ós héroes das xestas castelás, senón ós Doce Pares de Francia (donzelas perseguidas por San Roldán e trocadas por iste en seixos brancos, en Valdeorras.
E cand'algunha relación teñen estas leendas de feitio heroico co-as dos mouros encantados, ou teñen orixe haxiográfico (Castro de San Facundo, ond'iste e San Primitivo combateron cos mouros), ou son os mouros que loitan os ís cos outros (Xuranzás, Croas de San Martiño de Mondoñedo e Montecizal, Carballoso e Castro d'Ouro, citados por Amor Meilán).
Na épica castelán, o mouro é sempre o inimigo asañado e secular. Non hai tal cousa nas leendas galegas de mouros encantados. Quitando os casos d'antropofaxia (Aquí me huele a carne de cristianillo vivo) nos demais, si ben os mouros encantados castigan sen remisión a quen lles falla á palabra ou a quen os descobre, no demais lévanse ben co-a xente, e ainda moitas vegadas fan favores e protexen ós inocentes. Mais ben son amigos que inimigos. Mais ben son seres superiores, xustizeiros e que premian os servizos ás maucheas. Cando foron asina, os mouros das xestas e do romanceiro?
Mais, en resume, qué sabemos — fora da xente erudita, e ainda n-esta, da mais moderna — da infruenza da épica castelán en Galiza? A historia da literatura galega o que nos amostra é unha grande infruenza eiquí da literatura francesa e provenzal. No século XIV, tempo das traducións, intresa en Galiza a épica francesa, os ciclos de Calromagno e d'Artus (coñecido iste principalmente en fontes francesas); consideran dinos de seren vertidos ó galego, ó Turpin, a Estoría Troyáa, a Demanda do San Graal, ó Lanca10te do Lago. En troques, do castelán traducen testos legais; ó Fuero Juzgo, as Sete Partidas; ren do Cid, nin de Fernán González, nin dos Sete Infantes de Lara, nin do rei Don Rodrigo; nin de Fernando del Carpio. O xenio da raza se non aviña co-a epopeia histórica e sinxelamente guerreira do ciclo hespañol, e íbase cos libros de xeito idealista mais ergueito e superior, por riba das simpres fazañas, nado ademais en homes do mesmo sangue e da mesma y-alma. E asina atopamos qu'ainda hoxe leen eiquí os peisanos con deleite e con fé a historia dos Doce Pares de Francia.
Igoal sorte cabeulle ó romanceiro. Fora dos romances puramente galegos, todos iles de caraute relixoso, cabaleiresco ou lexendario, hai os que se deprenden e repiten en castelán. N-istes, cando non son versións castelás d'outros galegos perdidos ou non perdidos (Xerineldo), son do mesmo xeito qu'os galegos, e dan derecho a supor que de non teren eiquí o seu prototipo feito, a materia pol-o menos d'istes romances, foi d'eiquí pr'alá, e non veu d'alá pr'eiqui.
Com'as leendas de mouros encantados qu'andan por aquelas terras, é de supor que pol-omenosd'eiquicollzron moitoselementos.
En todo caso, non hai modo de supor qu'os nosos mouros encantados sexan os mouros da épica castelán.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/49/495c/495cc302-a30b-47eb-9e9d-3fd5a8199156/115710312.xml
10
vas, compretas e severas contribucións dinas de toda confianza dos espíritos sistematizados res i-orgaizadores. E pensando n-isto, non é preciso un cuestionario metódico sobr'a maneira de levar o traballo? Sobre da técnica doada pra apurar o estudo de todol-os feitos de cada rexión ou localidade? Mais logo voltaremos encol d'isto, pois denantes compren dúas verbas sobre do cuestionario devandito. É demasiado xeral e refrexa a maneira de ver propia das terras do centro e do ponente da Europa, onde predomiñan os vastos caos agrícolas (Frandes, Francia, Alemaña, Italia continental, Ingraterra do leste) alternando con tipos menos espallados de verdadeira montana (Alpes, Walder d'Alemaña, etcétera). Ansí tiña que ser un cuestionario feito pr'o mundo inteiro. Tiñase que contentar cos términos esenciás. Logo hemos ver que pr'a nosa xeografía compre outra cousa pol-os carauteres enxebres da nosa Galiza, en conxunto e nas rexións en que naturalmente s'orgaiza.
Pol-o pronto imos tratar de darmos resposta d'una maneira xeral e sempre con referencia a Galiza, ás perguntas do cuestionario. Referirémonos ós números dos epígrafes i-apartados.
1.º—Chámase modo d'habitación rural ás diferentes formas d'agrupamento dos homes que viven predominantemente do direito traballo do chan. Unha mina, unha estación do tren, un balneario, etc. non entran de por si en tal categoría. Compréndense as industrias inmediatamente derivadas do traballo do agro (viñificación, tecido do liño, seca das castañas, augardente, frabicación de ferramentas de labranza i-outras, moitas d'elas necesario remate do propio traballo agrícola), do gando (derivadas do leite, coma queixos e manteigas, tecido da lá, conserva do porco) e da necesidade de fornecer a vida doméstica nos lugares afastados dos mercados vilegos (ou imposta tamén pol-o aproveitamento dos materiais da terra: canteiría, carpinteiría, zapateiría, etc.) Ista forma de vivir abóndase pra si mesma. A vila ten por fundamento económico o comercio ou un sistema de necesidás espirtoales (relixiosas), ou de goberno, sen aparecer inmediatamente ligada ó traballo do chan.
2.º—Chámase poboazón concentrada aquela que se dispón en pobos ou aldeias de gran número de veciños irradiando a sua actividade sobre unha grande estensión de chan labrego. As aldeias están afastadas unhas das outras. En moitos casos, n-hai aldeias verdadeiras, senón pequenas vilas cos seus carauteres específicos de tales, acarón das propiedades de forma labrega. Pódense distinguir varias formas: a) Aldeias ou pobos grandes de caseirío xunto, de feitura vilega, cinguidos pol-as terras de labor en radios diferentes, asegún as necesidás do traballo (hortas, eidos de pan, bosques, montes). b) Pobos formados por casas familiares arrodeadas cada unha pol-a sua horta, mais todas ilas formando un conxunto. c) Pobos formados por casas soilo d'habitación, tendo no campo as habitacións propiamente agrícolas. d) Pobos que xuntan a vivenda i-os edificios de esprotación no mesmo conxunto.
3.º Poboazón espallada ou dispersada é a que se dispón en pequenas aldeias próximas entr'elas. Eiqui coma no apartado derradeiro o concentramento ou dispersión hánse considerar en relación coa poboazón do país de que se trate.
A dispersión pode ser forma antiga ou nova, procedente n-iste caso d'un repartimento de terras, d'una nova rede de camiños e d'outras cousas. Unha grande vila comercial pode criar nos seus arrabaldos unha forma de dispersión labrega. O lugar (hameau, hamlet, weiler) é sempre unha forza de dispersión. Calquera dos lugares leva a dirección espiritual (lugar da eirexa) do grupo. Iste é o caso da parroquia galega, tipo de poboazón espallada. Unga grande granxa non pode ser considerada como forma d'espallamento, pois os obreiros inda que vivan en casas isoladas, dependen do traballo da granxa. Soilo moitas granxas espalladas n-un chan poden, pol-o seu número, considerarse coma poboazón dispersa.
II
1.º—a) As condicións naturás detremiñan
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/49/495c/495cc302-a30b-47eb-9e9d-3fd5a8199156/115710318.xml
élevage.—INSTRUMENTS: de culture, de capture et d’élevage.—Régime.—Significations, rites et croyances de la culture, de la capture et de l’élevage.
CHAPITRE SEPTIÉME.—COUTUMES INDUSTRIELLES
MATIÈRES utilisées: extractives; objets de fabrications.—Créations poursuivies: utilisation des matières premières minérales, végétales, animales.—Méthodes de travail: industries—Extractives, de transformation. —Instruments—RÉGIME: entre les industries, avec les producteurs, les consommateurs, les collectivités.—Significations.
CHAPITRE HUITIÉME.—COUTUMES COMMERCIALES
MATIÈRES.—OBJECTIFS: distribution dans l’espace le temps.—MÉTHODES DE TRANSPORT: pistes et routes, voies ferrées et navigables; méthodes de distribution: conservation, crédit, échange.—INSTRUMENTS de transport; outillage d’exposition, de conservation; monnaies; crédit.—SIGNIFICATIONS.
TROISIÈME SECTION.—DISTRIBUTION DES ÉLÉMENTS MATÉRIELS DANS L’ESPACE ET DANS LE TEMPS.
CHAPITRE NEUVIÈME.—DISTRIBUTION DES VILLES ET DES VILLAGES.
Distribution des ENTREPRISES: exploitations humaines, cultures; désagglomérations: villages à baulieux morcelées ou agglomérées; leur disposition générale, spéciale; quartiers; organes spéciaux; jardins.—Distribution des moyens de COMMUNICATION; routes, chemins, rues, places; canaux; fleuves et rivages.—Significations.
CHAPITRE DIXIÈME.—DISTRIBUTION DANS LE TEMPS.
Journée, groupement de jours, semaines, mois; saisons et années; cycles d’années, personnels, sociaux.
Ainda nos começos o Museo Etnográfico do Seminario de Estudos galegos se non poden tirar como fixeron tamén os vascos, fascículos con catálogos de algúns obxetos do seu museo. Pol-o de agora van pubricados os que se refiren escrusivamente aos aparatos de traballar o liño. O que se pode facer e ir pubricando monografías sobor de alguns temas como p. exp. disposición da casa en Galicia, o moíño, máquinas de tecer, o barco, etcétera.
NOS
Coidamos que o Seminario ten pensado escomenzar as pubricacións da seazón Etnográfica con algúns traballos de Xeografía Humán do Otero Pedrayo. É un xurdio comenzo e quen sabe si ten o valor de ser o inicial da nova época de estados etnográficos a que nos da dereito a laboria de acadamento levada a cabo.
RAMÓN MARTÍNEZ LÓPEZ
LUÍS AMADO CARBALLO
Bon galego, poeta escelso, amante como poucos da sua Terra e da sua Arte, Luís Amado Carballo, era unha luzada que se metía fondamente no porvir.
A morte levouno, como levou a Porteiro Garea e a Leonardo Rodríguez, cando o froito do seu talento entraba na maturidade. É un ruin sino que nos persigue.
E o pior é que as perdas da manitude da de Amado Carballo non teñen doada substitución. Que o seu limpo espírito nos alente e nos guie.
O GORSEDD
Iste ano celebrouse o Gorsedd, a Asambreia drúidica anual dos Pobos Céltigos, na que a Raza afirma a sua tradición inmorrente e a sua esgrevia vitalidade criadora, en Rienc-sur-Belon, na Bretaña francesa, asistindo as delegacións druídicas e bárdicas d’Irlanda, Gales e Escocia, espréndidamente recibidas pol-a asociación drúidica bretoa.
Tivo iste ano gran solenidade a festa consagrada ó culto da Raza. Houbo cantos e danzas populares, loitase xogos atléticos. Un dos autos mais siñificativos foi a consagración das pedras comemorativas dos cinco bardos bretós: o vizconde Hersart de la Villemarqué, recopilador do Barzas-Breiz, o caloñado por Salomon Reinach e ademirado por Murguía; Brizeux, outro dos mestres do noso Patriarca, que cita a cotío, onde canta os costumes e tradiciós da Bretaña; Gilles de Kerampail, o pirmeiro gramático bretón; e Brotel.
SEMINARIO D’ESTUDOS GALEGOS
No mes d’agosto visitou a bisbarra do Carballiño en viaxe d’estudo, a Comisión de Catalogazón iconográfica, composta pol-o Presidente do Seminario Sr. Cabeza de
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/49/495c/495cc302-a30b-47eb-9e9d-3fd5a8199156/115710314.xml
B) Son condiciós moi variabres. Na Irlanda medieval había terras d'arado traballadas pol-a comunidade nas que cada un rescibía, periódicamente, unha sorte igual. En lugar de s'agruparen, producíase a dispersión, porque o importante eran as terras de pasto nas que puñan as súas casas. As regras da esprotación trianual (un ano cereal d'inverno, o segundo ano cereal de vran, o terceiro barbeito) produciron burgos concentrados.
C) Os cereais, habitat concentrado; os pastos, os froitales i-as hortas, espallado. Na Galiza é iste un estudo delicado qu'está por iniciar.
D) Nas formas esenciás as hortas están ó pé das casas, siguen en distancia as searas e mais lonxe os bosques. Semella ser a regra xeral, e pódese observar doadamente na nosa terra. As viñas apesar do seu traballo fino, están moitas veces lonxe das casas, pola necesidade de prantar en terras encostadas ou porque n-outrora, a cepa dábase millor no monte. Mais hai casas de traballo (lagares, leñeiras pr'os mollos, bodegas) no centro do eido ou agrupadas presidindo a ribeira.
III
Os catro puntos d'iste epígrafe precisan finos estudos históricos. Que houbo tempos é evidente. En liñas xerás, a romanización precurou concentrar; as invasións xermánicas favoreceron a dispersión. En Galiza parés qu'os cambios non foron grandes e sempre domiñou o espallamento. Nos países novos provistos de camiños e comunicacións trazadas ó tempo de colonizar, predomiña un espallamento de grandes granxas.
IV
1.º—No habitat concentrado, as casas tenden a ser outas, coma no espallado quedan rente ó chan. No primeiro o pateo interior; no segundo o circundante. Hai que ter en conta as formas intermedias.
2.º—O espallamento multiplica a variedade de cultivos, favorece a perfeición caseira da conserva dos produtos, o desenrolo de variadas clases de gando i-a pequena industria rural, i-o cultivo intensivo de pequenas porcións de terra sempre a dar.
3.º—O espallamento garda as tradicións agrícolas, a lembranza do antigo sentimento relixioso, a organización patriarcal da familia, tendendo á criazón d'unidades que s'abondan a si mesmas (industrias caseiras, gandeiría a mais do traballo do agro). É unha forma conservadora-apegada ó chan. A transformación dos sistemas de comunicación, aproveita ó espallamento e faino a forma mais nobre sinxela i-armoñosada figura do habitat sobre o mapa. Unha poboación espallada endexamais perderá as súas características étnicas, e gardará pr'os días do porvir unha vitalidade poderosa. Creemos qu'adautada ás técnicas modernas, sexa o tipo mais perfeito i-esperanzado de poboación labrega.
A concrusión do cuestionario leva en si a resposta. Pois somentes cun estudo preciso do mór número, en fin de contas, de total-as rexións d'un país, pode resolver as múltipres preguntas en col do habitat labrego que levan en si a historia i-a xeografía, no que teñen de vital.
Agora, xa esposto o cuestionario, compre dicir unhas verbas denantes de seguir o noso pequeno traballo. As respostas indicadas teñen un caraute de xeneralidade qu'as fan soilo provisorias, respondendo á area de trazal-os sucos esenciás do campo que temos que labrar. Pra lles darmos unha mór perfeición cumpriría un longo estudo de toda a imensa literatura xeográfica que s'está producindo e que nos iba levar demasiado lonxe. Por outra banda, non convén esquecer qu'o noso ouxeto é o estudo da poboación labrega de Galiza, terra de particularidades tan enxebres que mais ben prexudica que favorece a comparanza con outras rexións. A comparanza ha vir cando estea firmemente feito o noso traballo, obra de moitos investigadores e de moitos anos.
É doado o cuestionario citado pra dirixir os estudos do noso Seminario? Eu, modestamente coido que non se pode acoller na sua integridade, inda qu'esteam maxistralmente indicadas as custións esenciás.
Pol-o pronto, na Galiza temos unha unidade vital antiga, xeográfica, eterna: parroquia.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/49/495c/495cc302-a30b-47eb-9e9d-3fd5a8199156/11571033.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
Ano IX ★ Ourense 15 Setembro 1927 ★ Núm. 45
T E Ñ O . . .
Esta estrela non se dont vinet quin la trae o quin la tine... (Auto de los Reyes Magos.)
Teño unha estrela noviña e campal que sabe ler, escribir e contar; limpa a miña constelazón e léixaa enxebre como o seu corazón; barre o sarego do meu luar e fica albariño como o seu ollar; beila no turreiro sen lecer e tórnao ledo como un axouxer.
Ten os ollos derramados por mollar os meus sonos verdegados.
Lávase na amañecida no rego da miña vida; peitéase na alborada na frol da miña auga crara.
Inzame o ceo interior de luz solene e mol, e cóntame historias futuras xa vellas nas miñas infindas lembranzas: por Ela sei das xornadas heroicas e duras que agardan a Xacobuslandia!
Teño de noiva unha estrela cordial. Ay!, quén como vós, luceiros, soupese ler e medir e contar!
F. BOUZA BREY.
21-V-27.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/49/495c/495cc302-a30b-47eb-9e9d-3fd5a8199156/115710321.xml
NÓS
engade veladuras ou lava e lambe, empasta e embastece as tintas coma lle convén pr'o efecto de que o leitor vexa canto il descreve. E' verdadeiramente dino de nota o análise que fai de luz das Acores, que il descompon de mil xeitos nos seus elementos coma faría un químico. Asina, coma nos Pescadores a de Portugal, eiquí atopamol-a vida toda das Acores, e toda a sua beleza.
Raúl Brandao, gran prosador, é ben dino por istes libros de figurar antr’os poetas atlánticos. As llhas Desconhecidas fíxonos lembrar mais d'unha vegada The Aran Islands, de Synge; un e outro libro conteñen dous anacos do mapa espirtual do noso Atlántico. Son novos viaxes de Descoberta.
Desvelado e ainda mais que desvelado, asesinado, o misterio de Alén-Atlántico, fica ainda o misterio d'eiqui, da nosa banda, o Atlántico vello, con tradición e con alma, Bos viaxes espirtuás dos Brandao e dos Synge vennos revelar, coa ventaxa de qu’eiquí nono pode matar o criollismo.
LA NOVELA MUNDIAL, Madrí.
Antre todal-as pubricaciós d'esta caste que s'editan en Madrí, distínguese esta pol-a escolleita das firmas dos colaboradores, que son os millores e dos mais populares novelistas hespañoles (Baroja, Valle-Inclán, Insua, López de Haro, Camba, etc.) Temos recibido as seguintes:
Se rifa un marido, por Jesús R. Coloma, novela de tipos e costumes de Madrí, de moito intrés.
La hija del Capitán, esperpento de don Ramón del Valle-Inclán, tremenda sátira, no estilo que hoxe emprega o autor, e n-unha lingoaxe chula, que non está tan lonxe do verdadeiro falar da xente do noso tempo.
Piedra rodada, por Francisco Camba, novela d'un vagamundo da aldeia, da aldeia galega, a quen lle prende no corpo o verme, e bótase a andar pol-os pobos, exercendo as variadas artes dos moinantes, sen quun amor sosegado e doce que lle precura un bó pasar, o poida redimir do nomadismo.
Mi amigo el viajero, por Rafael López de Haro, que é drama íntemo d'un señor que ten unha filla que o non coñece, e o pai morre abandoado namentral-a filla coida a outro pai qu’ela coida o seu e co que viven.
Amor de sacrificio, d'Emilio Carrere, que son novas esceas de bohemia e d'amor, que tanto ilusionan ó autor.
REVISTAS
CÉLTIGA, Día de Galicia, MCMXXVII, Buenos Aires.
Célliga millora de día en día. Endexamais se deu nos galegos d'alén mar, unha tan perfeita compenetración co-a Pátrea ausente, unha tan xusta comprensión dos seus probremas, coma se dá no agrupamento dintelixentes compatrianos que con esforzo e sacrifizo dino da meirande loubanza e d'eterna gratitude de Galiza, pubrica a revista Céltiga. Célliga é o perfeito eco do millor, do mais escolleito do labor que hoxe s'está facendo na nosa Terra.
O estraordinario do Día de Galiza é verdadeiramente xúrdio. Damos eiquí o Sumario:
El momento de Galicia.—Ora é unha abedoeíra, soneto d'Antón Noriega Varela.— Fogar e Patria, por Victoriano Taibo, —A Berenguela, por Ramón Otero Pedrayo.— Libros, sobre El Pórtico de la Gloria de la Catedral de Santiago de Manuel Vidal, por Critias.—San!'lago, poema d'Eladio Rodríguez González.—La reconquista de Santiago, por Camilo Barcia Trelles.—De «A rosa de cen follas», de R. Cabanillas. —Emigrantes, por Florentino L. Cuevillas. — Unha notiña de Roberto Blanco Torres.—Oración do emigrante, por Miguel Revestido.—Vosa Señora da Roca, por Ramón Suárez Picallo. —Dibuxo de Castelao.— En favor de la Universidad Gallega. — Manolo Quiroga.—Nenos galegos, deseño de Cebreiro.—O paspallás, por Xosé Filgueira Valverde.—O vello mariñeiro, poema de Gonzalo López Abente.—A ofrenda, por Leandro Carré.—Linoleum, de Julio Prieto.—Canto a mi ciudad, poema de Herminia Fariña. — Ausencias, poema de Salvador Cabeza de León.—0 pescador d'Estrelas, poema de Julio Sigiienza.—La alta misión de la Universidad. por Eugenio Montes.—Dibuxo de Camilo Diaz.—Postaes galegas, por J. Núñez Bua, —O Pelegrino, poema de Farruco Porto Rey.—No Dia de Galicia, por Xosé Lesta Meis.—Don Manuel Portela Valladares.— Campus-Stelle, por Germán Fernández Fraga.— Mariñeiro galego, poema de Antón Zapata García. — Galicia Deportiva. — En torno a un título, por Plácido R. Castro.— Ciudades Argentinas.—El Centro Gallego de Avellaneda.—Serán d'Outono, dibuxo de Amando Suárez Couto.— Verbas obrigadas, por Ramón Villar Ponte.—Loriga.— Noilurnio, poema de José G. de la Cueva. — A Romería, cadro de Carlos Sobrino.—Francisco Añón e José María Posada, por Uxio Carré Aldao.—Os mais cegos, poema de Benedicto Conde con deseño de Xesús Conde.—O mitin das ideas, por Magariños Negreira.—Da Renacencia galega, por Vicente Risco.— Alvaro Cebreiro, poema de Julio J. Casal, con retrato de L. Quintas.—Sani'lago e San Andrés, por Ben-Cho-Shey.—7eatros.—Las Sociedades Gallegas de Moutevi-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/49/495c/495cc302-a30b-47eb-9e9d-3fd5a8199156/115710310.xml
NÓS
No traballo dito de Cuevillas e Bouza Brey, di: «É conveniente advertir en primeiro lugar que pr'o noso pobo a mourindade non é soilo o Islam, senón todo aquelo que non é cristiandade. A un home que dend'as Filipinas brincara pr'o Xapón, ouvímoslle dicir que tiña andado por terras lonxanas de moita mourindade. Pra iste home coma pr'a mor parte dos galegos iletrados, ser mouro é sinxelamente non ser cristián, e n-iste senso, aquela verba pode desinar a calquera xente dos tempos antigos ou modernos.» Esto posto, veñen deducir os autores, pouco mais menos, o seguinte:
Os primeiros séculos do cristianismo debeuse falar moito na nosa terra dos abós pagaos ou xentís. As mámoas esquecidas na montana, os castros abandoados probabremente dend'o tempo d'Augusto, os lugares de culto, serían obras dos xentís, nome que ainda levan algúns asegún Castillo.
A oposición entre cristiãos e idólatras fixo qu'os primeiros, atendendo con preferenza á difrencia de fé foran perdendo a concencia da continuidade racial cos abós que morreran no xentilismo. D'aquela, en castros, mámoas, penedos e fontes, misturouse as sómas dos antigos deuses co-as dos guerreiros e sacerdotes antigos.
O pasar os anos de domiñanza alarbia, as algaras d'Almanzor, etc., introducidos no noso chán algúns elementos vidos do Sul, o mouro vaise pondo no canto dos antigos habitadores dos castros.
Os habitantes mitecos dos moimentos prehistóricos son, pois —asegún os dous mais afincados esculcadores do folk-lore castrexo— orixinariamente, os seus habitantes verdadeiros mitificados. A tradición popular ten unha base histórica, non nos mouros, mais nos xentís anteriores ós mouros, n-aquiles antigos galegos qu'as historias chaman celtas. E' o mesmo caso dos elfos e korrigan, e dos Tualha-De-Danand na Irlanda.
Outra confirmanza ten iste pensar: o feito de qu'a tradición popular os poña sempre como anteriores ós romanos; asina a cidade dos mouros do Outeiro de Rubiós (Cañón, Celanova) tivo guerra cos romanos, e estes botaron ós mouros do Outeiro de Vimieiros e do castro de San Facundo de Cea. De sorte qu'ainda a localización histórica dos nosos mítecos, ven descubrir a sua verdadeira persoalidade.
VICENTE RISCO
TABALLOS DO SEMINARIO D'ESTUDOS GALEGOS
Problemas de Xeografía Galega
NOTAS EN COL DAS FORMAS DE POBOAZÓN LABREGA
O Comité executivo da Unión Xeográfica internacional acordou, despois do Congreso de Xeografía celebrado no Cairo no 1925, nomear unha comisión encarregada de fazer o programa pr'o estudo das formas da poboación rural. Dito programa ou millor dito cuestionario, débese presentar ó primeiro Congreso de Xeografía que se terá en Londres no 1928. Sería de desexar qu'a Seición de Xeografía do noso Seminario fixera algún traballo pra mandar ó Congreso.
A comisión formada pol-os Sres. Biassut (Italia), Demangeon (Francia), Fleure (Ingraterra), Michette (Bélxica), fixo o seguinte cuestionario:
I Definicións
1.º—Definir que é o que se chaman modos d'habitación rural.