https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/2e/2ea6/2ea6a3ca-a0dd-4bf1-bc08-d34d864b09d3/115722511.xml
NÓS pra facer estudo dos seus brasóns como merez o fermoso exemprar compririan algumas olladas nos arquivos familiares (fig. 12).
E chegamos aos escudos máis antergos de toda a vila: son os da «Casa de Mirand» (fig. 13 e 14) Brasóns coñecidos, familiares pra os heraldistas galegos, co-
(Figura 26)
Rianxo - Eirexa
(Figura 27)
Rianxo - Casal
(Figura 28)
Rianxo - Costamarilla da Eirexa
Casa de Lucas
rresponden á estirpes da máis ergueita nobreza. O león e os castelos dos Enríquez, as ondas dos Mariños, o xaquelado dos Soutomaior.... E ven á nós a tristenta so- ma de aquela filla desventurada do Mariscal Sueiro Gómez, Señor de Lantaño, de Sobrán e de Rianxo, doña María de Mendoza, morta á mans do seu home D. Enrí-
(Figura 29)
Rianxo - Acaño
Casa dos Calotes
(Figura 30)
Rianxo - Roa d'Abaixo
Casa do Pintureiro
(Figura 31)
Rianxo
Capela da Guadalupe
que Enríquez de Guzmán, fillo do Almirante de Castela e parente do Rei. Arqueolóxicamente, pertéscen os escudos ditos ó século XVI; tal vez fosen feitos en tempos de Doña María e de D. Enrique.
Os Andrades e Faxardos son liñaxes rianxeiros reconocidos no escudo da casa de Dieste, onde vive o noso amigo o escritor Rafael (fig. 15), cuyas armas se repiten na pedra da casa sita en Fincheira. (fig. 16)
Na desaparecida «Casa da Mazaroqueira», campeaba un brasón de nobreza na- da ó pé do mar da Arousa, dos Mariños ou máis concretamente unha derivanza de
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157225&posicion=1
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/2e/2ea6/2ea6a3ca-a0dd-4bf1-bc08-d34d864b09d3/11572258.xml
78 NÓS
no futuro as investigacións heráldicas e xenealóxicas e hoxe aparecen eiquí en homeaxe ao Petrucio que soerguéu os dereitos de Galiza ao longo dos camiños históricos.
N-os apuntes de Castelao aparez o mesmo esprito constructivo e creador que bule no autor dos «Cruceiros da Bretaña»; o mesmo miudo análisis do que concurre
IHS-PRLESTASCASASHIZOGONCALOFERNANDEZ DE BASTONIALDARAGOMEZABRANTEZSVMVGER 1565
(Figura 8) Rianxo - Rúa do Hospital. Casa de Aguirre
AQVIHASE D Ø BASØN VI AR COS. ZO. LA FR QV-HI-ESTACAPEL AØD YS-REY-ØCARØS Y DANE GIRONARCOB-PØDSAT AGO MVRIO A ØLMES D AØ
(Figura 9) Rianxo - Elrexa - Capela do Nazaré
co seu lápis-cumial, seu lápis-píncaro en axuda da reconstrucción da nosa Galiza, decatándose do momento de recobración porque a Patrea atravesa.
A fase centifista de Castelao deriva xa dos tempos da visita aos mosteiros bernardos de Armenteira e de Acebeiro e atravesando os motivos idealizados aínda máis do Pórtico da Gloria chégase á obra esperada de cote en col dos cruceiros galegos.
Os escudos de Rianxo son un tributo do Castelao aboiado pol-as rúas laxadas do seu pobo nadal ao ambiente emotivo da vila pescantina. Ben sei que Castelao olla en eles ás figuras da sua nenés, da sua mocedade... O barbeiro profundador, os mariñeiros tirados de un apostolado barroco, a tola do monte, a propia que levaba os recados á outra banda do mar.
Pro tamén o Castelao poeta, o Castelao pantasmal, crea somas sob de cada brasón. Xurden, pois, na soedade da praza rianxeira as figuras evocadas pol-a heráldica que iredes lendo: O poeta Paio Gomes Chariño, Señor de Rianxo, mostra no solar do Señorío os escudos que os que de él veñen puxeron (números 1, 2, e 3) cas armas dos Chariños, Aldaos ou Maldoados que así se fundiron n-unha común simboloxía de cinco lises, que eliminaron ao león dos primeiros. Os Marqueses de Almeiras e Vizcondes de Andeiros que herdaron os blasóns do Almirante, trouxeron
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/2e/2ea6/2ea6a3ca-a0dd-4bf1-bc08-d34d864b09d3/115722519.xml
NÓS
Non fai falla apelare ao canto da Maladetta na luzada, nin ao estrondoso derrubárase das avalanchas pol-as abas alpinas. Calquera paisaxe cispresase con sons mecánicos ou vidales. Os grandes istromentistas da Paisaxe son o vento e as yaugas. En segundo termo a vida. Apenas maxinamos quieta e inmóvil a fluideza do ar ou da mar. Como eles a vida pende da fadalidade da natureza mais en difrente escala. E no conxunto da Paisaxe as variadas manei do són móstranse eisaltando a dinámica mecánica e vidal do mundo.
O vento esperta romores adoitados á cada especie de resistenzas que atopa no seu camiño. Nos chaos espallados dos montes funga monótono, aviva as coores da chaira, vibra o morno locir dos illés encorados pol-a choiva ou criados pol-a neve, máis nos pincaros e penedias brua ecoando nos buracos e nas fentas que il traballou no cerne duro da roca manexando contra ela as molladas de choiva como picos e cinceles. Na larganza da serra o vento asubía ceibe, nos arboredos adóitase á maneira de cada un: romor unánime dos mestos piñeiraes que recollen, alongan, istromentan en fuga o fuxir do vento. Coro de voces individoalizadas da carballeira; vibrar das outas ponlas, resistenza dos troncos bariles cinguidos pol-o chicoteo custante, romor das follas murchas guindadas ás moreas. O vento descobre novos elementos na paisaxe, pol-a vista, ás veces, pouco apreciados. O ouvido educado precisa o pasar do vento pol-a roca, e a sua loita con algún testemuño de vida apenas en xergábele. Un cativo carballizo nado na fenta da penedía esgrevia garda no seo do inverno follateiras murchas e tercas que responden ao vento con ruxido furioso de vida que se defende. O vento dá particolar coor ás paisaxes como vibrando á lus do sol que as envolve faguéndoas máis craras, decorrentes, o vento en cada tipo de Paisaxe cisalta a lei fisiognómica esenzal e seu són é difrente rafiando a tona loira das centeeiras graves de espigas, alongando o estralar enxoito dos mestos milleiraes maduros, salferindo os bosques outonizos. Shelley no pulo ceibe do romantismo inglés cantou o vento do W. o vento atrántico. Pois cada vento ten
a sua vos particular, e os ouvidos exercitados distinguen o N. L. por eixempro, do soán, xa nos primeiros empuxes dos paquetes de ar botados adiante, e cada vento, ó choutar súpeto, ó monótono bater, ostenta seu tema que en compaña ca coor do ceo, a figura e o pasar das nubens, a reaicción da coor dos hourizontes, figura faitor esenzal na paisaxe dinámica.
Un estudo xeografico compreto non deixaría de estabrecere o tón do vento asegún as facies telúricas: na estepa, no deserto, na tundra, nas terrazas de loess, na silva amazonián, nas outas cumes, nos chaos labregos. Onde a sinxeleza da resistenza fai meirande a función do vento é na mar. Cada onda érguese, toupa, desfaise ou creba sua nota apenas iniciada, rexistrando un pasar de vento. Moito dinantes de miralo síntese a veciñanza do mar pol-o balbordo das ondas. Ten o vento voces desemellantes na ceibeza da outa mar onde as'augas déixanse xogar en poderosas proporciós, ou nas costas rexas ou moles. Corre o vento mareiro pol-os praiales, erguendo chafarís ou esparexendo veos de aréa. Loita titanecamente nas costas rexas, levando ao lonxe seu resoar nas furnas, seu sibilar nos cons dos promontoiros. O vento dibuxa e descobre a paisaxe, como en máis pequena proporción unha bomba de festa vai percorrendo e refrexando socesivamente cada feitura do val ou da badia.
Cecais en meirande proporción que o vento sempre fuxitivo, fan as yaugas servas da gravidade, a sonoridá das paisaxes. Pingas grosas, espaciadas, graves, preludiando o torbón da tronada encol das vexetaciós pechas. Longo medrar das choivas caroales hora tras hora alongando a paisaxe no tema crecedeiro, con variaciós nas penedias, na gandra, nos piñeirales, nos eidos, nos pobos. Tamen hai algo distintivo no romor da choiva asegún a terra e a vexetación. Mais custante as yaugas correntes envolven as paisaxes en longas e variadas armuñías. Culminan no inverno e na noite. Hai paisaxes cheas do cair de unha cachocira ou do longo saloucar do río. No val maduro, as terrazas estroitoraes cinguen e acompasan o longo desenrolo dos meandros folgados, e o salaio do rio na presa do muiño ou sua vos
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/2e/2ea6/2ea6a3ca-a0dd-4bf1-bc08-d34d864b09d3/115722525.xml
NOS
As cifras son as seguintes:
Tipos fortes. . . . . . . . . . . . . 35
Tipos meios. . . . . . . . . . . . . 34
Tipos flebes. . . . . . . . . . . . . 13
Total. . . . . . . . . . . . . . . . . 82
Xesto
Velaiqui un detalle que se ten deixado no máis lamentable dos abandonos e que á pesares de elo sirvenos moitas veces pra distinguir á primeira ollada, as persoas pertencentes a distintos grupos humanos.
Ninguén poderá negar a difrenza existente entre o xesto mol de un galego ou de un portugués e o xesto enérxico de un aragonés ou de un habitante do litoral do Mediterráneo.
Asimesmo existe difrenza entre a expresión, xeralmente infantil, de un nórdico e a dura de un bereber, que tan ben caracteriza a istes poboadores do Norte de África.
O natural de Galicia posúe un xesto mol e tristeiro, mistura de intelixencia e timideza que é acaso o que máis fondamente o distingue dos demais hispanholes.
¿A qué clás de infruenzas é debido iste fenómeno? Inorámolo, anque cecáis algún día intentemos analizar as súas causas posibles.
E ao espór agora o porcentaxe dos xeitos de expresión tal e como os o alcontramos, faremos notar que é o Ribeiro de Avia un dos sitios da Galiza onde observamos maior cantidade de expresións enérxicas.
As cifras son como sigue:
Xesto enérxico . . . . . . . . . . . 28
Xesto corrente . . . . . . . . . . . 19
Xesto mol . . . . . . . . . . . . . . 35
Total . . . . . . . . . . . . . . . . 82
Co esposto remata eiquí a enumeración dos datos recollidos encol das características dos habitantes da terra da Avia.
Imos ver agora as resultanzas da sua comparación cos caracteres coñecidos da restante poboación galega.
No occidente da Península ibérica, se nos atemos aos achádegos feitos deica á data presente, parece estar poboada por razas de tipo pouco evoluzoado (capsenses ou descendentes dos capsenses). Ista característica pode facerse estensible a outros varios países do estremo oeste da Europa, tales como Bretaña e Irlanda, prolongándose en todas as rexións citadas como un fondo sobor do coal actuaron os infruxos posteriores.
En Portugal, os restos dos kjokkemoedings de Mugem teñen sido calificados impropiamente de négroides por diversos antropólogos, sen considerar que moitos dos caracteres que se lle apoñen á raza negra son propios de todos-os pobos primitivos que máis adecuadamente deberían comprenderse baixo a denomiñanza de «paleantrópicos».
Os homes de Mugem pertencen ao chamado período mesolítico e o groseiro e pouco evoluzoado das suas características chamou dende logo a atención de moitos sabios investigadores.
N-iste primitivo pobo tense pretendido distinguir dous tipos, atribuíndo un de ies a contactos neanderthaloides e o outro a unha emigración mogol.
O primeiro presenta un cráneo dolicocéfalo, con fortes arcadas superciliares prognatismo acentuado e talla pequena.
O segundo, cuia difrenza co anterior foi eisaxerada por algún, asinándolle unha ascendencia mongoloide, pol-a sua maior anchura cefálica, parece coincidir, fora de iste detalle, cos demais caracteres do tipo anterior.
Non pretendemos discutir agora os orixens de ista raza estrana. Solo queremos faguer resaltar o seu retraso evolutivo con respecto a homes da mesma época e aínda ben anteriores.
Ista característica obsérvase tamén en achádegos posteriores de Portugal e é asi mesmo propia dos restos de Conguel e de Toul Bras, na Bretaña, e de un cráneo da illa de Arran, na Irlanda, cuia conformación tan ben nos descrebe Sergi na sua recente obra «La piu antica umanitá vivente», descripción arriostrada por un grabado.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/2e/2ea6/2ea6a3ca-a0dd-4bf1-bc08-d34d864b09d3/115722515.xml
NÓS frondas, na pintura francesa. Os escritores téñense achegado millor á esenza da Paisaxe noiturna. Xa non somentes os románticos, como Leopardi no canto do pastor errante da Asia, nin algunha fuxida dos crásicos, como o «splendet tremulo sub lumine pontus» do armoñoso Ovidio, romántico pol-a forza do exilio. Lembremos as noites das grandes novelas de Joseph Conrad: a mar centileante das paisaxes da Sonda, o locir das formacións madrepóricas acariñadas pol-a graza da onda, o vento galgando degraus de lonxitude á cada pulo máis carregado da soedade do Océano. Mais sin dúbida fuximos do tema de iste traballo demarcado n-unha intención xeográfica. Teimemos precisar un pouco os elementos fuxitivos, misturados, da paisaxe da noite. Poderíase pensar seren as tebras negación de todo sentimento da Paisaxe. Afeitos á lus que cria os hourizontes, coorea os arboredos, eisalta os neveiros, amostra asegún variados ángulos as formas da arquiteitura das terras, poderíase xustamente cecáis sinalar o remate da paisaxe co esmorecer das derradeiras lumes do poente. Criterio, un pouco psiquicoso. Si a Paisaxe pódese defiñire como a faciana decorrente, cispresiva, no tempo e no espazo, da natureza aparencial, isa forma mostrará nas horas da noite e ainda pra unha ouservación xeográfica algunos aspeitos, formas, enerxías, e os elementos pra sentir pol-o menos un comenzo de composición de paisaxe.
Ceo aluarado, estrelecido, neboerto: soar ou locir de yaugas, vento nas ponlas invisibres, bater de ondas, rencher de aréas baixo os pés, rexo pisar na roca, neboeira alagando as formas, cantar de paxaros, cheiro de colleitas, recender de froumas, co tema característico de cada sazón, presenza de obras dos homes, no sospeitar dos treitos, fumes de fogares, recendo de gado... tantas outras ecuacións sinxelas, istintivas ou refreisivas, poden sere principio de síntesis xeográficas de paisaxe. Dende logo ca axuda da lembranza e da espranza. Mais istes métodos de enxuizar tamén xogan sua función esenzalmente orgaizadora na visión da paisaxe a lus do día.
Primeiramente, os astros. Ben o saben pastores, labregos e mariñeiros. Son pra iles, sobretudo na vida aínda primitiva, verdadeiros elementos da sua paisaxe. Difrentes asegún a sazón, a hora, a latitude. Na noite polar e na noite dos desertos adequiren o máisimo valor na paisaxe das terras ca rotación da bóveda celeste van xurdindo os luceiros, dispóndose as constelacións á cada hora. Na noite polar son os soilos faitores familiares no vago crarexar dos lazos. Afondan o sentimento do espazo e do tempo en perspeitivas cuase metafísicas. Contan as horas locindo en mollos de lus na atmósfera trasparente dos desertos. Nas nosas latitudes ¿quén non eisprimenta a compaña dos ceos asegún a hora e a sazón? Noite do inverno, tremelocente co illado deitar de lus do fermoso Sirius, da composición simbólica de Orión. No hourizonte as constelacións zodiacales siñalan os tempos do vivir cósmico do universo tan achegados ao pequeno ciclo das colleitas e das angueiras eternas. No ceo do vran a Lyra rube ao cumio do ceo sobre os campos vibradoiros de promesas. Os ollos afeitos miran a cispresión das estrelas á cada hora da noite. O luceiro da mañán, quéimase con eisprendores máis vivos cando nin unha promesa de luzada se sospeita tras a comba escura do hourizonte. As diversas posicións de entramas Osas xirando en ciclo anual arredor da Polar son elementos das socesivas paisaxes sazonciras. E na mar medra a función do ceo estrelecido. Todol-os nautas e viaxeiros miran o se alurgar da Polar nas yaugas ao cruzar a Liña. Outras estrelas presiden outros ‘paisaxes, e a Crus do Sul impera no ceo do hemisferio que xa por unha determiñación pranetaria amostra conxuntos de paisaxes desemellantes aos do Norte. Maxinemos unha paisaxe de noite estrelecida. Cruzamos os outos chaos de unha serra da nosa Galicia. «Isa obscure charté qui tombe des étoiles» deixa mirar os espalados circos do hourizonte que abranguen serras, penichaos, vales, grandes larganzas de paisaxe. Chega a nós o salayar d unha cachoeira. Espriméntase a pureza xiada do ar do inverno. A probe terra que pisamos está dura e elástica pol-a xiada, ven das quebradas o rexo recender das carballeiras, cheiro de musgos, follas murchas, yauga encorada, propio da montana. A vasta da-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/2e/2ea6/2ea6a3ca-a0dd-4bf1-bc08-d34d864b09d3/115722524.xml
OLLOS
Un detalle importante na crasificación das razas constituico a forma do ollo.
Eisiste un ollo mongoloide, que é o que principalmente sirve pra difrenzar o tipo mogol do caucásico, e eisiste un ollo negroide, fácil de distinguir pol-a forma grande e abultada do globo e o groseiro das palpebras e das demás partes que o constituien. Pode afirmarse asimesmo a existencia d'un ollo galego típico, diferenciable pol-a desproporción entre o grandor da órbita e o pequeno tamaño e afundimento do globo. Ista forma é doada de distinguir da corrente antre a chamada na Hespaña, raza occidental, por Bosch, que non embargantes e a que semella predomiñar na comarca que nos ocupa.
Atopei eiqui 8 formas de ollo galego e 11 de ollos grandes propios das razas meridionaes. Tamén poiden observar reminiscenzas do ollo negroide en dous individuos e do mongoloide n-outros dous; istes derradeiros con evidente parentesco nórdico.
NARIS
O eisame do perfil da naris dá o resultado seguinte:
Conveiso.................. 24
Recto.................... 24
Cóncavo.................. 34
Total.................... 82
Cousa rara. Predomiña a forma cóncava que non parece ser a máis corrente en Galiza. Dende logo case que todas son leptorrinas salvo un ou dous casos de mesorrinia, aos que se non debe prestar atención.
BOCA
Chamáronnos a atención pol-a sua forma grande da boca, frecuente nos portugueses, 17 individuos, non atopando no resto diferenza visible co tipo corrente na Hespaña.
A feitura dos beizos tampouco ofrecéu intrés especial, salvo catro casos notables.
NÓS
pol-a forma grosa que presentaban, característica tamén moi propia dos lusitanos.
MENTÓN
As razas primitivas presentan unha pronunciada diminución da barbilla, indo ista aumentando o seu desenrolo conforme se ascende na escala racial e aparecendo xa notablemente desenvolto nas razas de tipo máis armónico, como é a nórdica.
Dos 82 casos atopei 1º que presentaban un forte desenrolo mentoniano e o resto un tipo corrente antre nós.
SISTEMA PILOSO
Haddon concede unha grande importancia á forma do pelo tendo creado unha crasificación do xénero humano, basada n-iste detalle, e que ao noso xuicio é unha das máis lóxicas que se teñen feito.
Con relación á feitura do cabelo, as nosas observacións fornecen as cifras seguintes:
De pelo liso................ 50
De pelo ondeado........... 32
Total...................... 82
Obsérvese a falla absoluta de cabelos ulótricos ou individuos co pelo crecho, peculiar da raza negra.
Tamén a maior ou menor abondosidade do cabelo constituie un dato interesante.
Observei en 13 casos un notable desenrolo e fortaleza do sistema piloso e un enflebecemento do mesmo n-outros 6 casos.
ASPECTO XERAL
Coñecida é a robusteza do galego e esta regra non atopa certamente a sua excepción antre os habitantes do Ribeiro de Avia, como se pode ver nas cifras que citamos á continuación.
Non negamos que unha cousa é a aparenza e outra a realidade, mais dende logo nou colle dúbida que as probabilidades de se trabucar n-iste respecto son ben escasas.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/2e/2ea6/2ea6a3ca-a0dd-4bf1-bc08-d34d864b09d3/11572252.xml
B O L E T Í N M E N S U A L
d a C U L T U R A G A L E G A
Direitor Literario
Vicente Risco
Direitor Artístico
Alfonso P. Castelao
Adeministrador
ANXEL CASAL
DIREICION E REDAUCIÓN:
Sto. Domingo, 47—OURENSE
ADEMINISTRACIÓN:
Hor as, 20 — SANTIAGO
ABONAMENTO
Doce números, na Península 600 pesetas.
Fora da Península 800
Número solto 070
Os pagos son adiantados e os gastos de xiro de conta dos suscritores
NOTA
Este boletín non publicará mais orixinais que os que foran directamente solicitados pola Dirección. Tampouco se fai solidario das ideas neles emitidas, a non ser dos que por non iren rubrados, enténdense que son da Redaucion.
SUMARIO
MANUEL MURGUÍA, 17 DE MAIO DE 1833 - 17 DE MAIO DE 1933.
* * * pol-a REDAICION.
TRADUZÓN GALEGA DAS XEÓRXICAS DE VIRXILIO, por A. GÓMEZ LEDO.
ESCUDOS DE RIANXO, por CASTELAO e BOUZA-BREY.
ENSAIOS ENCOL DO ESTILO DA PAISAXE, por R. OTERO PEDRAYO.
INVESTIGACIÓNS ETNO-MORFOLÓXICAS ENTRE A POBLACIÓN DO RIVEIRO DE AVIA, por MODESTO LÓPEZ TEJEIRO.
IMPRENTA “NÓS”
Facturas - Estados - Libros - Revistas
e toda orás de traballos tipográficos
Trasmitanos os seus encargos
Hortas, 20 SANTIAGO
Dicenle Risco
Abogado
Santo Domingo, 47.2° Ourense
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/2e/2ea6/2ea6a3ca-a0dd-4bf1-bc08-d34d864b09d3/11572255.xml
NOS 75
que gracias á il foi Murguía pra nós o que foi.
Chegon aquil intre, e Murguía decatouse de que o único que había que facer era erguer á Galiza e levala ao conquerimento cumprido do seu futuro. Isto indicaba tamén un fito políteco; máis coma os pobos somentes o son pol-a Tradición, e coma somentes na vivensa do sen pasado poden coller concencia de sí mesmos, Murguía fíxose historiador.
Foi historiador por patriotismo; pol-o tanto, historiador apaixoado. Mais enténdase ben: apaixoado, mais non infiel, mais non disimulador da verdade. Contra do qu'algús supuxeron, Murguía foi de cote un historiador honrado, perfeitamente honrado; endexamais fixo unha afirmanza gratuita, unha conxetura sen ba se, nen presentou nunca o suposto coma cousa probada e certa.
Foi historiador por patriotismo, e coma historiador o combateron, os d'afora e os d'eiqui, que por disgracia, sempre tiveron antre nós os alleos mercenarios gra* uitos, aduladores arrastrados e serviles, e desleigados sen concencia que dixeran co-iles.
E ao cabo dos anos, van saíndo as suas: a investigación actual, fornecida con armas novas, con perfeiçoados istrumentos e meios de traballo, con máis fonda coñecencia do que se fai pol-o mundo adiante, vai confirmando unha por unha as teses fundamentais de Murguía, e deixando no ridículo aos seus contraditores. Contraditores que, se os imos vendo un por un, os propios e os alleos, veremos que resultan todos antigalegos.
Coma o pasado e o presente d'un pobo non se pechan no que ordinariamente se comprende por historia, ademáis d'historiador, Murguía, empeñado n-unha reconstrución cumprida da nosa persoalidade nacional, foi tamén etnógrafo e folklorista, e crítico e historiador da arte e da literatura galegas. Foi o Precursor de todas estas cousas antre nós, e en todas elas deixou normas e téses que son pra nós guieiro e plan de traballo.
E por riba de todo, deixounos a fé inmorrente na superioridade da Raza galega e no seu íntemo afastamento de todal-as da Península. Cecdis o máis valioso do que nos deixou, seña iste convencemento de sermos outra cousa que todo o que nos arrodea.
E NOS non ten nada máis que dicir nesta ocasión solemne do Centenario do Gran Precursor. Coidamos que os nove volumes que levan saído deste boletín, e o décimo qu'anda saíndo, constitúen de por sí, coma continuación que son das suas directivas, das suas inquedanzas, das suas curiosidades, dos temas que nos deixou prantexados ou que sinalon á nosa investigación, máis que nada, da sua idea, da sua adicación escrusiva á Galiza, son xa de por sí un homaxe continuado á lembranza eterna de Murguía. E non coidamos que se poida facer nada millor na sua honra, quísto de levar adiante a sua intención, da que por termos recollido sempre os traballos que verdadeiramente continúan a obra do Mestre no verdadeiro senso qu'il lle quixo dar, sen desviamentos nen trabucamentos nen recuadas de ningunha caste nos, consideramos os máis auténticos representantes.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/2e/2ea6/2ea6a3ca-a0dd-4bf1-bc08-d34d864b09d3/115722514.xml
ENSAIOS ENCOL DO ESTILO DA PAISAXE
por R Orero Peprayo
I
OS FENÓMENOS ATMOSFÉRICOS
NUN conceito moderno da Paisaxe collen ademais da Arquitetura e forma das terras, da tona vidal, da dinámica da erosión, das obras dos homes, moitos aspeitos, entre eles os fenómenos da atmósfera. Por fuxitivos e leviáns que eles somellen non deixan de prestare a sua característica das síntesis da Paisaxe. A meteoroloxía vóltaise fisiognomia, vidalizase no amplo sentido do vivir cósmico. Nubens, choivas, neves, o orballo das mañáns, compoñen na complexidade dos horizontes. E quen esculque n-eles un estilo, unha fisiognomia, non pode esquecer o reino shakespirian de Ariel. Polo de hoxe somentes teimaremos responder a algunhas suscitacións do suxestivo tema.
II
A PAISAXE DA NOITE
¿Hai direito á falar da paisaxe astronómica ou da astronomía na paisaxe? Cecáis, ben pensado, non seja desmasiada pedanteiría. Os astros fulxindo serenamente, ordeados nas graves misteriosas das constelações, a dramaturgia dos ceos, os variados aspectos do luar, o latexante estrelecer da Galaxia, chegan á nós peneirados pola atmosfera, e pra a emoción e a posibre sistemática da Paisaxe, ficam lonxe os roteiros da ciencia moderna. Os astros e os ceos xogan na Paisaxe igual pra o contemporáneo de Heráclito, de Marco Polo, de Ibn Batuta, de Keplero ou de Einstein na composición antropocéntrica do cosmos. Falamos dos astros na familiaridade do ámbito terrestre, atmosférico. Cecáis algún astrónomo na soidade, porta de evasión cas azas do cálculo, en Lick, Mouns Wilson, Upsala, Tokio ou Melbourne, poderá sentir como paisaxe os xogos sidéreos e sinódicos de Ariel, Umbriel, Titania e Oberón no morno fogar afastado de Urano. Cecáis os canles de Marte, ou o esconsolo da cortiza luar, señan interpretados como paisaxe por algún cosmógrafo maxinativo. Podería un poeta poboar de paixón e degaro humán o mapa das rexións do hemisferio luar que os grandes telescopios achegan ao noso ollar á unha larganza de poucos quilómetros. Non chegarán á seren endexamáis escearios de Paisaxe. Fai falla a presenza da historia, da conciencia diante a natureza, un circo de horizonte galgado pol-as miradas instintivas, intelixentes, das xeneracións. Os astros collen somentes na paisaxe da noite, que ademais de ser interpretada pol-as artes, pode adquirir tamén unha certa categoría xeográfica.
Algús grandes pintores teñen acertado nas paisaxes da noite, sempre ca presenza humán manifestada nas luces das fiestras, no halo lumioso das cibdades, na fogueira dos pastores ou dos nómadas. E cuasi sempre baixo a saudade elexiaca ou eufórica do luar. Turner pintou as febras da noite petando nos vidros alomeados do quente e porhado "home" inglés, a fuxida dos largos neiraos mollados pol a brétema na que navegan os faroles, ou a fouce do firo seitura isocronamente molladas de tempo e de noite, e tremores de gaivotas acompañan o folgo dos barcos viaxeiros. Na pintura barroca son as festas as que cisaltan a noite. A noite azul de Venecia salferida pol-o levian frolecer dos fogos de artificio, o ronsel do faro da góndola no canal vibradoiro ou calado onde se afogan os ceos adriáticos. Fuxida das carreiras de buxos, maxinadas perspectivas de
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/2e/2ea6/2ea6a3ca-a0dd-4bf1-bc08-d34d864b09d3/11572259.xml
NOS 79
sangue dos Figueiroas, Andrades e Faxardos que os escudos rianxeiros representan unidos ós Soutomaores (figuras 4 e 5) gravurados n-unha almea, no Campo de Cartas.
O nome de «Casa de Martelo» con que é coñecido hoxe o solar de Chariño, venlle do derradeiro Marqués de Almeiras á quen Galiza non pode esquecer porque
(Figura 12)
Rianxo - Piacía
Casa dos de Arango
(Figura 15)
Rianxo - Rúa d'Abaixo
Casa de Dieste, antes de Seco
(Figura 16)
Rianxo - Fiancheira
(Figura 17)
Rianxo - Cabo da Vila
Casa do mazaroqueira (desaparecida)
(Figura 18)
Rianxo - Cabo da Vila
Casa do mazaroqueira (desaparecida)
(Figura 19)
Rianxo - Asados
Casa de Torrado
soupo honrar os seus linaxes cantando na língua galega. Foi D. Evaristo Martelo e Paumán do Nero un grande señor da Galiza nova. Viveu sempre ao coido dos seus pazos falando rexamente aos desleigados que esquecen que é hora de loita ruda no campamento da Terra, e fixo belidos poemas:
«As armas tendes no chán...? Ben. Beilade. Hai mans de ferro para collelas mañán!
dilles ós mozos de Bergantiños que albiscaba dende as suas torres de Vimianzo.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/2e/2ea6/2ea6a3ca-a0dd-4bf1-bc08-d34d864b09d3/115722518.xml
xetal, as variadas obras dos homes, traballo de unha cultura enteira adoitada e reitificada do chan, locen na lus do inverno de tal xeito fébles, amingoadas, probiñas, que se ten medo non poidan aturare a dureza da xiada, o embate dos ventos e da choiva, pois con isa lus a formidabre realidade xeolóxica trunfa e érguese en vibracións de serras galgando ao lonxe, en bater e fuxir de yaugas, e a terra e a roca crarexan nos cidos, miranse ao través do dibuxo das ponlas espidas, e os camiños e as casas fumegantes e total-as obras dos homes son pouca cousa acarón da formidabre enerxía planetaria do mundo. Pra xusgar e compoñer unha paisaxe haina que enxergar as diversas e sucesivas luces das sazóns pois hai que o sentir como algo decorrente, confloenza do tempo cósmico, vital e humano (histórico) nas suas interferenzas localizadas n-un horizonte ou n-unha rexión natural.
L-encol da mar a lus imponse aínda con meirande forza. Mares azúes e verdes refrexan diferentes coracións de ceos. Hai un sinxelo troque de coracións entre entramos abismos, entre as dúas sinxelezas poderosas da natureza.
Na lus pende o misterio das coores. Sin ela non poderiamos pensar sinon algunha paisaxe ideal, sin realidade nin tempo. Escolmemos un horizonte da Galiza pra enxergar os sucesivos tempos da coor ao correr sazonciro. Primadeira, dinantes de cantare o cuco. Paisaxe casta, adolescente, agarda de algo que ditosamente vai acontecere. Manda a coor das rocas e da terra. Os verdes do inverno —a pecha formación dos piñeirales, os centeos novos e sofridos, cansos de aturar xiadas, os musgos e ouricelos que disfroitan da sua mol primadeira mollada no inverno caroal— tamén agardan. Os cidos asucudos locen a terra arcosa e leviana ou escura e fonda. Os penedos e as lonxanías das serras, griseiros aquiles, istas fortemente azúes, violeta como alomeadas por un fogo interior adornan o solpor, reciben as novas ondas de lus e toda a paisaxe se dispón pra frolecere en tempos diferentes, espazados, interferentes. E ven a primadeira das flores, e conforme a vaga neboa verde que cingue os arboredos se vai adensando en
NÓS
masas de coor, a paisaxe xurde serea, a tona vexetal encobre total-as formas xeolóxicas. Gama infinda de verdes do vran, pouquiño a pouco decrebada en sienas e ocres. Primeiro nas colleitas maduras dende os centeos pol'o S. Xohán, deica os milleirales e as viñas no outono, sazón na que a lus cría coracións fuxitivas, fantásticas, sin realidade ás veces no tremor de ouro dos albres riveirans, nas encostas asoelladas de viñas. Toda a coor, agás dos fortes verdeceres de lameiros e ferrañas, vive longamente como xogo feiticeiro da lus. E cada mañán o ferir obrico do sol vai amostrando en troques do trunfo da vida, o erguemento da faciana e da enerxía dinámica das rocas e das formas arquiteiturais da paisaxe.
A lus do sol como condición é ao largo do ano como criadora de paisaxes: eis un tema que a nova Xeografía, síntese das esencias de tantas ciencias, síntese apenas deica hoxe sospeitada de tantas diferentes e armoniosas posibilidás, ten de estudar e armonizare en cada rexión do planeta.
I V
OS SONS NA PAISAXE
Pra orgaizare en temas eispresivos a Paisaxe non abonda ca visión educada na dobre función de enxergar e aduviñar, analizando e sintetizando, ca axuda do sentimento do tempo. A Paisaxe dinamicamente esprimentada, sentida ao estilo moderno —pois a paisaxe estética non ciscede un papel suxeito de fondo teatral pra acios dos homes— precisa da colaboración das nocións adeprendidas pol-o ouvido e pol-o cheiro. Na Pastoral beethoveniana o xermolar levian da Primadeira, curtada pol a xigantomaquia da tempestade, alongada na vibración unánime das colleitas e dos bosques, son outeñidas pol-o són. Paisaxe incompleto, sera aquil onde o ouvido non poida recoller ruxir de vento, de colleitas, estralar de froitos, cantar de paxaros, soar de yaugas. Como que as paisaxes dos lagos e do deserto que queren trasmitire unha impresión de morte, de algo callado, quieto, silente, esculcan os momentos de poderoso silenzo.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/2e/2ea6/2ea6a3ca-a0dd-4bf1-bc08-d34d864b09d3/115722521.xml
Investigacións etno-morfolóxicas antre a poboación do Ribeiro de Avia
Traballo presentado ao Seminario de Estudos Galegos
Por Modesto López Trevizo
I
Os caracteres físicos da xente galega son-nos coñecidos deica agora de un xeito ben incompleto, non existindo sobre do particular ningún traballo de conxunto nin estudos monográficos que permitan ver claro no dito asunto.
Hai, si, publicados datos referentes á repartición do índice cefálico, da estatura, da robusteza, e de outras moitas particularidades nas distintas provincias hispañolas e de eles poden deducirse algunhas das características dos habitantes de Galiza, anque o número de individuos observados e a maneira de agrupalos en moitas ocasións, non permitan sacar unha impresión definitiva.
Das estadísticas de Olóriz, Aranzadi, Sánchez, etc., sacamos en limpo que os habitantes das catro provincias galegas posén un índice cefálico mesocefálico ou subdolicocefálico, acadando as cifras máis altas as provincias do Norte que n-isto presenta grande semellanza coa rexión Cantábrica, que é onde se atopa un maior número de braquicéfalos. A provincia de Ourense semella, en troques, ter maior analogía coas bisbarras limítrofes de Zamora e de Traz-os-Montes que coas outras provincias galegas.
É decir, que o galego en xeral poséra a cabeza máis ancha da Península coa soia excepción da costa cántabra de Asturias e Santander que se non aventaxan igoalan, polo menos, os núcleos máis braquicéfalos de Lugo e da Coruña ocurrindo algo parecido ca estatura que forma en Galiza unha das medias mais baixas de España, imitante á que arroxan outras terras do cadrante do noroeste.
Mais non se reduce a isto solo o material recollido. Poseemos tamén datos relativos ao índice nasal, á robusteza, á pigmentación, deducindose de todo elo que o galego figura entre os máis baixos e robustos da Península, que ten un nariz dos máis estreitos ou leptorrinos e que se contan na nossa terra bastantes pigmentacións craras.
¿Qué diferenças presenta logo con relación ao conxunto dos poboadores da Península? Ningunha esencial. Resalta a sua meirande anchura e platicefalia como resalta asimesmo na rexión cantábrica, e que se traduce no aumento de dúas ou tres unidades ao mais con relación á media xeral, resalta a sua maior robusteza a sua leptorrinia e nada mais.
¿Qué valor teñen estas variacións físicas? Ningún, ou case ningún.
Agora ben; o sistema de expresar numericamente as distintas variacións humanas vai caindo en descreto, e a explicación de tal feito é ben sinxela, xa que semellante procedimento resólvenos tan solo o averiguar a relación existente entre unhas e outras dimensións en determinadas partes do individuo, principalmente no cráneo. A morfoloxía, o esencial precisamente pra proceder a unha crasificación de razas, quédanos in-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/2e/2ea6/2ea6a3ca-a0dd-4bf1-bc08-d34d864b09d3/115722517.xml
NÓS da paisaxe. Lembramos, unha rúa toledán, enchinarrada de croyos, cinguida de muros de ladrillos, ulente aos pechos xardíns dos conventos e dos pazos. Ou unha praza compostelán de granitos resoantes. Somentes apalpando as pedras esprimentaremos as variacións da laboura erosiva á que as rocas teñen estado suxeitas na natureza e despois na ordeación artística. Certamente as paisaxes naturaes figuran máis ou menos humanizadas, i-en conxunto afastados os desertos e as outas cumes —n-eles tamén fica a lembranza de un pasar humán ou de unha hipótesis ou maxinación de sabio ou de poeta— todas amostran a tónica do traballo e da concencia. Nas vilas a inspiración humán érguese á un módulo superador das condiciós xeográficas. Son máis historia que natureza, máis libertade que necesidade. Pol-o que eisceden do estilo xeográfico, abranguidas, como os xardíns, no estilo das artes.
III A LUS E AS COORES
A cada hora do día e da sazón, a lus viste con diversa fondura, intensidá e armuñía as coores das paisaxes. Mais dinantes de enxergala bañando e creando a gama das for‘mas e decoración das terras e a variada sinxeleza do mar, temos de a considerare ceibe, núas, na lumiosa fuxida cupular dos ceos. Sin ela calquera idea de paisaxe ficaría toleita. O ceo cría e ordea as paisaxes. Dende o primeiro istante da luzada trunfa do caos das t¢bras ou da elementar ordeación das noites espalladas. Ceos azues, cincentos, brancos, asegún as latitús e as outuras. No fluído imperio sin resistenza, do ar, fica a presenza descoñecida do espazo valeiro onde a lus non ten realidade, como un elemento escuro que presta na atmósfera das outas montanas a colaboración d'unha'*coor negra ao branco dos vapores da yauga, ao azul das grandes e densas capas de aire. A xeometría dos picoutos téntileantes de neveiras ou ceibes en picos € diedros de roca destacan n-ista particular cooración con violenta ou angusteosa craridade.
Ceos do vran, fondos, espallados, vibradoiros de azul no cumio das doce, máis brancos no derrame encol das liñas do hourizonte. Ceos do ihverno callados en cristaifia sereidade. Sospéitase á cada sazón, en cada hora, diversas lonxanias, asegún a curva que o sol percorre. Figuran pequeneiros e baixos os ceos do inverno, pois ao norte a grande porción lonxana do camiño do sol semella gardar un pouco de noite, e ainda espallada, e sin nubens, semella carregada de noite. Mais os istantes eispresivos onde loce o tema da sazón son a luzada e o sOlpor. Presaxian ou recollen o camiño do sol, a natureza du lus, a loita de ela ca sombra. A do vran sintetiza todal-as formas e coores da paisaxe que adequire un aspeito ordeado arredor de un eixe ascendente, subrimado na hora das doce na que a idea do cenit chega á se sentire como realidade, redocidas as sombras á pequenos espazos que sufincan a eisaltación vertical, piramidal, de todal-as formas. Paisaxe ascensional, equilibrio, pon» deración, baixo a lei do ceo lumioso. En troques a lus outoniza, inverniza, chegando oblicamente, non conquire o equilibrio nin dispon a síntesis da paisaxe tendida á fondura atraitiva e cupular do ceo. Lus de craroescuro, finxe un mundo alomeado por lus tanxencial, un mundo derrubado, deitado. D'eiquí a finura topogrática da lus. Non deixa sin esculcar socesivamente ningunha facies do releve, e as zonas alongadas compretan a visión de un mundo no que se sinte decorrer o tempo xeolóxico. No vran unha serra érguese como individoalidá poderosa, sinxela: a lus do outono e do inverno vai analizando todala-s feituras da serra: as crebadas que na aba raña a erosión dos torrentes, as difrentes masas que a integran, o dibuxo do lombo como unha soá dé grande animal deitado, o rubir da vexétación; as moreas de penedos, hastra o locir de certos seixos brilantes, de certos albres antigos. A vexetación espida de follax descobre en todal-as direiciós o chan dos eidos e dos ermos, achega logares e camiños n'outro tempo encobertos, e a paisaxe figura máis amingoada, pro tamén máis crara e perceitibre. Con tal lus hai horas na nosa Galiza nas que o ouservador esprimenta un comenzo de angustea pol-a sorte da vida. O ricaz tapid ve-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/2e/2ea6/2ea6a3ca-a0dd-4bf1-bc08-d34d864b09d3/11572253.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
Ano XV ★ Ourense 17 de Maio do 1933 ★ Núm. 113
MANUEL MURGUIA
HISTORIADOR DA NAÇÓN GALEGA
17 DE MAIO DE 1833 17 DE MAIO DE 1933
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/2e/2ea6/2ea6a3ca-a0dd-4bf1-bc08-d34d864b09d3/115722523.xml
NOS
Ben craro se advirte que predomiña o branco en grande escala, xa que o sonrosado non é máis que unha variación do anterior.
**COOR DO PELO**
Castaño craro .......... 13
Castaño escuro .......... 41
Preto .......... 22
Loiro craro .......... 2
Loiro cinzento .......... 1
Total .......... 79
En tres casos non poiden averiguar a coor primitiva do cabelo pol-o avance das canas que facian imposible o distinguilo.
Co pelo, ao contrario do que ocorre ca pel, obsérvase que predomiñan en grande escala as tonalidades escuras, como asimesmo nos ollos, asegún se comproba nas seguintes cifras.
**COOR DO IRIS**
Preto .......... 2
Castaño escuro .......... 46
Castaño craro .......... 17
Verde .......... 11
Gris .......... 1
Azul .......... 5
Total .......... 82
Advírtese á primeira vista que a coor típica da raza nórdica háchase moi feblemente representada eiquí.
**ESTATURA**
Pra conseguir algún dato acerca da estatura dos poboadores da rexión, eisaminamos as cifras relativas aos quintos do Aiuntamento de Leiro, pertescentes aos remprazos de 1930 á 1931. Suman istas medicións un total de 84 e arroxan unha meia de 1'637 metros.
Tal estatura pode considerarse baixa por non chegar á cifra considerada como meia da humanidade.
**FORMA DO CRÁNEO**
Imonos referir eiquí á nosa impresión particular, conseguida meiante un eisame á ollo dos diversos suxetos observados.
Pol-a sua forma ancha chamáronnos a atención tan soio catro cráneos. Outros 22 poden crasificarse entre os de formas meianas e o resto deben de sere incruidos decididamente antre os de tipo longo ou dolicocéfalo.
Respecto á altura, 8 cráneos parecéronnos predominantemente platicéfalos, 25 meianamente altos e o resto, ou sexan 46, hipsicéfalos ou alongados verticalmente.
Non convén dar moito tino á istas observacións pola forma en que foron feitas, mais non deixan de seren un detalle que compre non esquecer en futuros inquéritos.
**CARA**
Ao igoal que coas formas do cráneo, espomos eiquí a nosa impresión ao primeiro ollar, das diversas caras observadas.
Abondan pouco as de tipo curto ou ancho, téndose atopado soio 8 que nos chamasen a atención por tal carácter. En troques outras 48 poderianse crasificar antre as leptoprosopas ou de tipo longo e o resto, 26, antre as mesoprosopas ou sexa as de anchura meia.
**ÁNGULO FACIAL**
Parécenos que se ten concedido menos importancia da debida á iste dato, á xuzgar pol-a cativeza das referenzas que posémos en col do perfil da cara da poboación española, sendo posible que un traballo inizado n-iste senso arroxara resultados intresantes e que chegara incruso á amostrar a eisistencia de un maior número de prognatos antre galegos e portugueses que nas restantes rexións peninsuares. No Ribeiro de Avia comprobamos en dazaoito casos ista tendenza ao prognatismo, cifra bastante elocuente se se tén en conta que o número de suxetos observados non pasou de oitenta e dous.
Non é dificile que n-outras comarcas de Galiza atopárase ainda máis pronunciado tal carácter.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/2e/2ea6/2ea6a3ca-a0dd-4bf1-bc08-d34d864b09d3/115722522.xml
92
compretamente coñecida co-iste procedimento.
Imos pór un eixempro: supoñamos dous grupos braquicéfalos A e B e un mesocéfalo D. Os cráneos do grupo A, vistos verticalmente, distínguense por un abultamento da parte posterior e a sua forma esferoide contraponse aos-do grupo B abultados cara adiante e de aspecto semicradado. O grupo D, mesocéfalo, caracterizase pol-a sua forma ovoide e a anchura da sua porción posterior, semellándose pol-o tanto máis ao grupo A que ao grupo B. E apesares de elo, se seguimos únicamente o sistema das medicións, A e B figuran como mais afins antre sí, que A e D por prescindirse do dato morfolóxico que aproxima considerabelmente istes dous derradeiros grupos.
A defectuosidade de tal procedimento a base de números, advertiuno Sergi, que na sua obra «Specie e Varietá Umane» propón unha nova crasificación do cráneo human, atendendo á forma xeométrica da sua norma verticalis e sinalando as formas mais predomiñantes. En traballos posteriores compretou ista división asestando un serio golpe ao método antropométrico usado por Broca e Topinard e seguido pol-os principaes antropólogos franceses.
Sorgi distinguia de iste xeito diversas formas craneanas, tales como a ovoide, a pentagonoide, a romboide, a esfenoide, a belojde, a elipsoide e outras.
Non embargantes a inxeniosidade de iste procedimento, non foi debidamente tido en conta no Congreso de Mónaco, apesares de ser Sergi unha das suas cabezas mais visibles e os sabios ali reunidos acordaron continuar usando o vello sistema, a cuio efecto dictaron regras e normas pra o seu emprego.
Mais non paran eiqui as dificultades, pois aparte de istas discrepanzas tampouco cisiste verdadeiro acordo en canto á crasificación das razas atendendo principalmente á forma da cabeza. Desbotada a división a base de pigmentacións e non conformes ca diferen» ciación craneana, algúns recurriron á feitura do pelo (Haddon), a certas características do cráneo (Ranke) ainda ao rol histórico dos distintos grupos (Stratz, Schmitd) pra facer uuha crasificación, podendo decirse que ca-
NÓS
da vez eisiste menos acordo con respecto a iste problema, e non sendo doado o afirmar cal sexa o detalle mais seguro pra estabrecer disparidades e parentescos antre os diversos grupos de homes.
Téndese así e todo actualmente a crasificar atendendo a un conxunto de caracteristi-
cas e non a unha ouduas en particular.
Exposto xa o que coidamos indispensable a fin de xustificar o método e propósito das investigacións realizadas, ben pouco é o que compre engader denantes de rematar o párrafo.
Tivemos ocasión de cisaminar oitenta e dous individuos de ambos sexos, pertscentes aos Aluntamentos de Ribeiro da Avia, na provincia de Ourense. A maoria de iles son veciños de Leiro, unha das vilas mais importantes da rica terra ribeirán. Os resultados de tal eisame son os que se van espór, tirando despois unha conclusión do exposto.
Pra o traballo non se usou istrumental antropométrico de ningunha clás por dúas razóns: a primeira por carecer de il e a segunda por non estar quen esto escribe moi convencido da utilidade dos métodos antropométricos.
Feitas istas adevertencias necesarias pra mais de ún, que non concibe traballo de ista indole sen o adubío de fortes rengleiras de números, entraremos de cheo no asunto.
II
Os datos recollidos refirense á coor da pel, cabelo e ollos, estatura, características do cráneo, sistema piloso e diversos detalles referentes ao aspecto de conxunto que coldamos de grande intrés pol-as razóns que logo enumeraremos.
Principiaremos espóndo pol-o mesmo orde con que fumos citando. E velaiquí os resultados obtidos.
COOR DA PEL
Branca. . . . . . . . . . . 34
Sonrosada . . . . . . . . . 20
Morena . . . . . . . . . . 28
Total. . . . . . . . . . . 82
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/2e/2ea6/2ea6a3ca-a0dd-4bf1-bc08-d34d864b09d3/11572256.xml
Traduzón galega das Xeórxicas de Virxilio
Por Avelino Gómez Ledo
LIBRO PRIMEIRO.—AGRICULTURA
(Indicación da materia e invocacións)
Que cousa fai bariles anadas; baixo que estrela se han de arar as terras, Mecenas, i-entrabar nos paus as vides; que coidados aos bois lles cómpren; cales son os meios pra ter facenda, e a boa man que precisan as abellas parcas, ora a cantar comezo.-¡Ouh, vos, fulxentes fachós do mundo que guiades a nao esbarante no ceo! ¡Ouh, Baco e Ialma Ceres, se a terra pol-a vosa axuda as landras caonias en espigas estoupantes trocou, e as aquelodas augas co celme misturou das uvas! E vos, ¡ouh Faunos, númenes amigos dos labregos; e vos, nenas driadas, tecede xuntamentes cos do Fauno o voso pé, que os vosos dons eu canto! E ti, Neptuno, ti, por quen a terra, ferida co tridente forte, o potro relinchando paríu. E ti, que habitas nos soutos onde en Cea ves trescentos albos xuvencos pastizar nos prados. E ti mesmo, deixando o souto e fragas do Liceio, ti, Pan, pastor de ovellas, se che importa o teu Ménalo, me axuda; e ti, Minerva, da oliveira autora, e ti, rapaz, do combo arado mestre, e ti, Silvano, que un alciprestifio levas collido pol-a rais; e todos deuses e deusas que amparades o agro, e facedes crecer prantas valdeiras, e dende o ceo mandades chuvias largas! E ti tamen, ¡ouh César! quer que logo te alcontres antre os deuses; ou cibdades che pete protexer, ou ter coidado das terras; ou que o máisimo dos orbes te acolla cal dador das abondanzas e rei dos tronos, circundando as tuas senes co mirto maternal: ou queiras reinar sóbor dos mares pra que soilo a ti che pregue o mariñeiro, e a Tule derradeira che rinda os seus homaxes, e por xenro te merque pra si Tetis con todo o seu caudal de augas: ou nova estrela briles nos serodios meses n-aquíl punto do espazo antre a Erigone e as Quelas (onde o mesmo ardente Escorpio encolle os brazos pra deixarche sitio) Tí, sexas o que sexas (poil o Averno por rei non te verá, nin ti un degoiro tan fero abrigarás, pois mais que a Greza nas campias Eliseas ademire, e anque non faga caso a Proserpina de seguir tras da nai) faime doada a empresa e non te opoñas aos meus pulos; compadescido do labrego vente conmigo pol-os viciros que il iñora e dende eiqui premite os nosos pregos.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/2e/2ea6/2ea6a3ca-a0dd-4bf1-bc08-d34d864b09d3/115722510.xml
A chamada «Casa de Aguirre» na Rúa do Hospital é fermoso exemprar de casa de fidalguía marítima. Parece albiscarse nos escudos armas dos Moscosos, testa de lobo sanguinenta, e lises dos Fernández á que alude o epígrafe que vai na fachada do pequeno pazo (fig. 8) cuia lectura é ben doada. De ista mesma familia dos
(Figura 20)
Rianxo - Leiro - Brion
Casa dos Torrados - Capela
(Figura 21)
Rianxo - Rianxiño
Capela do Patrocinio
(Figura 22)
Rianxo - Cabo de Vila
Casa da maroma
Bastón —cuio brasón parlante parez agacharse tamén no escudo— debe ser a lauda sepulcral que o Castelao tomou da capela do Nazareno da eirexa renacentista de Rianxo (fig. 9) na que se lê:
AQUI IASE D(on)... DE BASTON VILLAR DE FRANCOS QUE HIZO ESTA CAPILLA EL AÑO DE (16)75 REINANDO D CARLOS II Y D AN(dres) GIRON ARZOBISPO DE SANTIAGO. MURIO A... DEL MES DE AGOSTO.
Parte das armas da familia Bastón reprodúceas outro escudo da Rúa de Abaixo, (fig. 10) Non se pode aventurar interpretación algunha no epígrafe que acompa-
(Figura 23)
Rianxo - Cabo da Vila
Casa da maroma
(Figura 24)
Rianxo - Rianxiño
Capela do Patrocinio
(Figura 25)
Rianxo - Eirexa
Exterior da capela do N
ña ao escudete que ostenta a cruz frordelisada franqueada por dúas cunchas xacobeas. (fig. 11) Semella ser embrema de algunha cofradia ou Hospital, con inscrición alusiva. O escudo ostentoso da «Casa dos Arango» deixa ver as armas dos Figueiroas;
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/2e/2ea6/2ea6a3ca-a0dd-4bf1-bc08-d34d864b09d3/11572257.xml
NÓS
ESCUDOS DE RIANXO
Por Castelao e Bouza-Brey
Rianxo, vila marifieira inzada de pazos, criada á soma do Señorío do grande poeta «Almirante do Mar», viu un día de diviño agoiro abrir no seu seo a fror verdegada dos ollos de Castelao. O Artista cheo de ilusión diante de todo o enigmático e xeroglífico, foi no vagar das craras seráns arousanas apañando no seu lápis, como biobardos n-un meio-
Figura 1) Rianxo - Plaza Casa de Martelo
Figura 2) Rianxo - Plaza Casa de Martelo
Figura 3) Rianxo - Calejón da ribeira Casa de Martelo
Figura 4) Rianxo - Campo de Cartas Finca de Martelo
Figura 5) Rianxo - Campo de Cartas Finca de Martelo
Figura 6) Rianxo - Rúa do Hospital Casa de Aguirre
Figura 7) Rianxo - Rúa do Hospital Casa de Aguirre
mundo, os blasóns comestos pol-o ár salgado das casas fidalgas. E gardóu na gaveta o deseño das vellas pedras, algunhas perdidas xa dende aquela. O Artista ofereceu a sua obra ó «Seminario de Estudos Galegos» pra ilustrar
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/2e/2ea6/2ea6a3ca-a0dd-4bf1-bc08-d34d864b09d3/115722528.xml
MERQUE VOSTE DE
Plumeiros RAFIUM
De máis dura qu'os de pluma e limpan millor.
Véndense en tódolos establecementos do ramo.
ANDRÉS PERILLE --- OURENSE
Sanatorio Quirúrxico de San Lorenzo
Santiago de Galicia
Dos Profesores
D. Fernando Alsina e D. Antonio M. de la Riva
CIRUXANO XINECÓLOGO
FOTOGRABADO
Si quer qu'os seus fotograbados sexan o máis perfecto posibles, convenlle envialos ás
Talleres de fotograbado ESPASA-CALPE S. A.
Rios Rosas, 24-Apartado, 547 MADRID
A sua biblioteca non será
unha biblioteca galega,
mentras non adeqüira as
obras editadas por
NÓS PUBRICACIONS GALEGAS E IMPRENTA
SANTIAGO
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/2e/2ea6/2ea6a3ca-a0dd-4bf1-bc08-d34d864b09d3/115722526.xml
Na actualidade istes caracteres arcaicos parecen traslucirse na poboación actual.
Zaborowski atribuie xa á portugueses e galegos un tipo máis pesado e basto e un carácter máis plácido que ao resto das xentes peninsuares, atopándolles semellanzas coa poboación do macizo central francés e cos bereberes mauritanos.
¿Mais eisisten difrenzas antre ós galegos e os miñotos por unha banda e o resto dos lusitanos pol-a outra?
Ao parecer, sobor do primitivo tipo étnico común aos dous grupos, actuaron infruxos distintos que determiñaron no primeiro unha maior anchura do cráneo e unha meirande abondosidade de pigmentacións craras nos ollos, na pel e no cabelo, ao mesmo tempo que os cabelos rizados tan comúns á poboación portuguesa amingoan de xeito notable.
¿A qué poden seren atribuidas semellantes difrenzas? É iste un asunto de resolución pouco doada. Pódese pensar nos celtas hestóricos, mais iste pobo tén unhas características antropolóxicas híbridas e pouco craras e moitos indicios fan supór que se trataba de xentes que non ofrecían ningunha pureza racial, circustancia que debía repetirse asimesmo nos suevos que irrumpiron en Galiza, podéndose tan soio coidar con seguridade que entre celtas e suevos viñan loiros de tipo nórdico e braquicéfalos de tipo alpino e hiperbóreo.
Non é de crér que romanos e normandos teñan deixado grandes recordos raciaes, debido ao sistema de colonización dos primeiros e ás irrupcións rápidas dos segundos, veriticadas soio cos fins do roubo e do saqueo.
Istas misturas e superposicións crearon así e todo un tipo que se dexerga nidio na Galiza e no Miño portugués; mais, ¿concordan cos caracteres xeraes de tal tipo os que nós observamos no Ribeiro de Avia?
Temus que confesar que as concordanzas non son eiscesivas, aínda tendo en conta que a provincia de Ourense, por infruxos de Zamora e de Tras-os-Montes, apártase algo do resto da Galiza.
As características máis correntes que se tiran do eisame feito por nós sobre oitenta e dous suxetos, son as seguintes:
Cráneo alongado e outo, cara longa, naris leptorrina e de perfil cóncavo, ollos correntes na chamada raza occidental, e con escasas reminiscenzas cisóticas, predomiño das bocas grandes, perfis con tendencia ao prognatismo, pel branca, cabelos castaños, escuros, de forma lisa, iris tamén escuro, sistema piloso ben desenvolto, aspecto máis ben forte e xesto mol. As cifras de estatura consultadas dan unha meia inferior á meia europea en case dous centímetros.
Vese pol-o tanto que, á pesares de algunhas analogías, acúsanse difrenzas serias que deixan postular a existencia de un islote étnico, de tipo algo distinto e predominante na rexión galega.
As pigmentacións do cabelo e do iris fan pensar na case inesistencia de loiros, e a acusada preponderanza de cráneos outos e longos unidos á caras leptoprosopas, lémbrannos involuntariamente certos individuos de raza mediterránea, dos que se separan pol-a xeral lisura dos cabelos.
O máis probable é que nos achemos en presenza de unha rama de tipo occidental, cuyos rasgos físicos son os que parecen predominar en todo o conxunto.
Imprenta NÓS, Santiago
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/2e/2ea6/2ea6a3ca-a0dd-4bf1-bc08-d34d864b09d3/115722512.xml
82
esta familia, a dos Mariños de Lobeira (fig. 17), enlazados, según la heráldica enseña, en este caso, con los señores do pazo de Martelo posto que o outro escudo (fig. 18) ostenta análoga simboloxía.
Aparecen os Mariños de Lobeira de novo na casa que na parroquia de Asados poséen os Torrados (fig. 19) e na capela da mesma familia en Leiro (fig. 20) facendo a serea simbólica da lenda da illa de Sálvora de tenante como é máis corrente que non no campo do escudo, según os escudos devanditos o facían. A serea tenante da Capela do Patrocinio, (fig. 21) sostén con exipcia frontalidade armas dos Mariños notabelmente estilizadas no primeiro coartel e tal ves Piñeiros na metade inferior. A capela está datada no ano de 1665.
A «Casa da Maroma» amostra que os Caamaños —piñeiro veireado de lanzas— se axuntaron cos Mariño, Soutomaor e Enríquez. Fai confirmación a heráldica do que a historia nos enseña, pois D. García de Camaño casou con Doña Inés de Mendo-
[Figura 32]
Rianxo
Rúa d'Abaixo
[Figura 48]
Rianxo
Capela da Guadalupe
za e Soutomaor (fig. 22) campeando só o brasón dos Camaños n-outro escudo da mesma casa (fig. 23) así como misturado cos Moscoso e Soutomaor e outras proxenies na capela do Patrocinio xa mentada (fig. 24) e na eirexa da Vila. (fig. 25) Por certo que iste derradeiro escudo presenta a cursidosa figura de un cánido encadeado á il. Como non represente as armas dos Oca, non sabemos qué siñificación teña. O mesmo animal igoalmente encadeado asoma tras' de outro escudo da mesma eirexa principal que doadamente se filia no século XVI. (fig. 26) Pol-o de pronto sábese que os Oca entran na nosa Terra con aquel curmán do Arcebispo D. Rodrigo de Luna, sobriño do Condestabre D. Alvaro, cuio curmán, chamado tamén Alvaro, emparentou cos Soutomaores porque namentras il se casaba con unha Ribadeneira, doña Xohana de Luna casaba co grande fidalgo galego Sueiro Gómez de Soutomaor, Señor de Rianxo. Os dous escudos derradeiros pertéscen tamen ao s. XVI.
Non adiviñamos qué armas se agachan no escudo que aparez no Casal (fig. 27) sin facer antes un percorrido pol-os diversos brasóns galegos e postular, visto que
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/2e/2ea6/2ea6a3ca-a0dd-4bf1-bc08-d34d864b09d3/11572254.xml
*« *
«Este nome musical e cheo de lembranzas, Manoel Murguía —dictamos en Febreiro de 1923, na data loitosa da morte do derradeiro Precursor— ten pra nós un outro simbolismo... Cando nos anos mornos, longos e tristeiros da segunda metade do século XIX, Galiza esvaíase na uniformidade artificial da vida hespañola, foi Murguía quen sostivo*a concencia eterna da Raza e da Terra. Soupo ouvir o Sapo dos piñeirais nativos, a vos calada da Tradición, abriu o peito a espranza, non se domeou diante de doentes xenreiras, Patriarca cdxeque lexendario do Pobo Galego, no camiño da sua nova Era.»
«Nunha época de difícil información, chea de dificultades pro investigadore, soupo atopar polo menos as grandes vibracións da vida primitiva de Galiza, conservadas na Tradición e na Lenda; sintiu a irmandade das Familias Célligas aninadas nas beiras do Atlántico; percorreu coma pudo os cons escondidos da nosa Terra, tendo por rara xuntanza, o talento analítico do erudito, e o sentimento sintético do escritor que vé a Paisaxe, a Raza e o devalar do Tempo.»
«...Murguía viviu na sua i-alma e nos seus escritos a Epopeia da Raza Galega, en lembranza do que foi e en prefiguración do que ha ser.» Isto, que dicíamos en 1923, cando perdemos ao Mestre, é o que Manoel Murguía ha ser de cote pra nós: o historiador e o profeta de Galiza.
Murguía, nado en 1833, un dos anos típicos do Romantismo, que foi despois de todo o movemento qu'esperton ás nacionalidades asoballadas, desfiguradas polo imperialismo clásico, fose tl de pretenso dereito diviño, fose revolucionario, foi diante de todo, un apaixonado patriota galego. O amor enrabechado, exasperado á Galiza auténtica, enxebre, galega, foi o que fixo d'il un investigador e un erudito. Erudito e investigador, coma todolos galegos, autodidacto, sen mestre, sen precedente, sen máis guieiro qu'o sen talento formidable e o sen seguro e atinado senso das cousas. Somentes o seu patriotismo invencíbel, insobornábel, coma din agora, cando tantos se deixan doadamente sobornar, pudo darlle forza pra o inxente emprendimento qu'acometeu, verdadeira obra de gran estilo, chea d'espiñentas e doo-
ras dificultades.
Teñamos en conta sempre que Manoel Murguía foi na sua mocedade un escritor romántico, un novelista, un crítico, un periodista de nome, de maior porvir aínda, sen especial adicación á Galiza, que conquireu moi novo un posto relevante no mundo literario de Madrid, espellismo que tantos inxentos nos roubou e ainda sigue roubando; que foi aló un triunfador, ganador de sona e de cartos. E que chegou un instante de crise espiritual —tendo ollado o valeiro de toda a sua vida e de toda a sua obra deica entón— en qu'o deixou todo polo servizo da sua pa-
tria única e verdadeira. Consideremos iste troque eixemprar na vida do Mestre, que a todo galego merecente de iste nome se lle presenta coma espello, e teremos
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/2e/2ea6/2ea6a3ca-a0dd-4bf1-bc08-d34d864b09d3/115722520.xml
difusa na beira traballada, entran na síntesis de todol-os aspeitos da paisaxe do val xeolóxicamente vello, refeito, folgado. A facies violenta, anárquica, da montana rachada, ficarla incompreta no seu poder eispresivo, sin o conxunto das voces dos torrentes agurgullantes, escumosos, baixando pol-as abas, debruzándose en cachoeiras no oco de sonoras crebadas. As veces un chao labrego sinte o se demudare do tempo pol-a chegada da vos de un lonxano cachón. Mais axeitadamente que o vento, as yaugas sonoras dibuxan i eisaltan a facies de unha paisaxe, dondas e moles nos vals maduros, bravas, desfeitas nos estaxes de erosión aitiva e destroitora, baixas, romorosas nas quenlles e canles que os homes guían e ordean pra o rego das terras labregas. En rexiós suxeitas ás medras violentas e perigosas dos rios og homes saben interpretare o romor das yaugas, e sinten a chegada da crescida. Unha paisaxe de oasis se non comprende xeográficamente nin n-unha impresión artística, privada da música da auga, serva, en chafaris, deitando na fonte, silandeira nas canles.
Outras voces cósmicas ten a natureza: o cair das avalanchas, crebar da branquise ou esborrallamento da masa dos iceberg. Tamén o ferver dos volcáns, esbourar dos tronos. Fenómenos de valor pasaxeiro e demarcado en certos istantes e conxuntos decorrentes da paisaxe.
Temos indicado os sons de orixen vidal. Pol-o pronto afastemos os que teñen seus orixens nos homes e nas obras dos homes aínda que moitos de eles teñan un certo valor xeográfico. Os sons producidos pola tona vidal que adaitándose ás formas da terra latexa na atmósfera inferior, demárcanse naturalmente nas dúas esferas: vexetal e animal. A vexetación silandeira, vivir calado todo ao longo das suas direccións vidais non deixa, ás veces, de sonorizare na paisaxe. A resistencia ao vento e á choiva as diferentes formacións (bosque, estepa, máquis, pradeira, etc.) dan o seu tón mecánico: o son vidal redúcese ao estralar dos froitos en certas especies, ceibando as sementes. Ousérvase nos piñeiraes, nas xesteiras alapeadas pola raxeira dos vráns, e n-outros climas e latitús adoitan meirande intensidade.
NÓS
En comparanza son infindos os sons con que as especies animais eispresan istantes ou etapas do seu vivire. Non interesa, xeográficamente, o berro illado do touro, ou o bradar do lión na brousse tropical. É preciso un son conxunto, poderoso, significativo pra figurare no complexo de unha síntese de paisaxe. Cada silva ten o coro, variado asegún as horas, das voces dos animais. A zunida das ráns en paisaxes lamigosos, a nota do sapo na noite, o ouvear dos lobos na chaira xiada do inverno montesio, poden compór en certos paisaxes da nosa terra, mais en conxunto soilo dous grandes grupos entran de cheo n-unha consideración do xénero que nos guía n istas páxinas: os insectos, e os paxaros. Enchen a sazón quente con romor adoitado á hora e o ambiente no que viven os insectos. Vibran os lameiros nocturnos co seu canto, pulsación de elitros que asociamos ca fonda vida calada das terras verdes, outras sonoridades destacan nas horas do sol trunfante, o ceo espallado, a enxoiteza das terras. Sin eles a paisaxe perdería un medio eloquente de expresión. Un muro vello, inzado de hedras, ou un caracocho de souto, envolveitos no fungar dos abellóns c-un pouco de horizonte, abonda pra compoñer un pequeno paisaxe do vran ou do primeiro outono.
Mais gabados pol-as artes ninguén descoñece o carácter sazociero de certos paxaros. As noites da primadeira nos vals e chaos da Galiza do Sul, tremorosos do canto do reiseñol, o chilar das anduriñas, a nota do cuco que figura centro é tema de un tempo musical esparexido en todal-as formas e matices de paisaxe (os novos centeos, o frolecer dos cotos adustos, a nova fondura das arboredas latexantes de vida), o traballo do peto nas trabes mortas no silenzo de sesta n-unha carballeira, un croar de corvos na mariña, o cantar das perdices na encosta asoellada poboada de maquis recendente baixo a lus do Setembro. Poderiame lembrare outras moitas sons, que en sí serán decorrentes, mais entran na paisaxe pois cada un precisa un aspeito, un instante, unha categoría da paisaxe, e hai sons animais da gandra, do piñeiral, do pomar, do monte, da ribeira.
Trasalba, Marzal, 1933.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/2e/2ea6/2ea6a3ca-a0dd-4bf1-bc08-d34d864b09d3/115722513.xml
NOS
fallan as córes, por algún de entre os que ostentan leóns e melas luas, como en Ourense os Ambía e como en Lugo os Luaces. Ten aspecto de ser obra do s. XVII pol-o menos.
Os Ribadeneiras e Soutomaores reverquen as suas armas na pedra da Costanilla da Eirexa (fig. 28) e os Moscoso, cos Pimentel —cinco vieiras— e Figueiroa —cinco follas de figueira— na da Casa dos Calotes de Araño. (fig. 29)
Tanto na Casa do Pintureiro (fig. 30), como na Capela de Guadalupe (fig. 31) relocen as mesmas armas que temos ollado na Casa de Aguirre, da familia Bastón de que deixamos falado, coñecida pol-o epígrafe xa dito. N-eles destaca un apellido moi galego, Ponte, que revive na lembranza que provoca a cabeza de lobo colocada por riba da construcción epónima. Tal apellido repítese no escudo da rúa de Abaixo (fig. 32) enlazado con outros blasóns que poideran ser representativos dos Álvarez, dos Ulloa ou mesmo dos Soutomaores imperitamente gravadas.
Finalmente os leóns asociados aos crecentes luas aparecen tamén na mesma capela de Guadalupe (fig. 33), rematándose con el a serie de escudos recollidos pol-o Artista, e a serie que na actualidade existe en Rianxo.
Outros moitos foron esnaquizados ou por incuria dos homes perdéronse pra sempre. Lembremos aqueles que formaban parte do antigo castelo de Rianxo, desaparecido ao presente, cas armas dos Soutomaores, Aldaos, Castros e Mendozas, e aqueles outros que voltados do revés enlousan as rúas da vila mariñeira.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/2e/2ea6/2ea6a3ca-a0dd-4bf1-bc08-d34d864b09d3/115722527.xml
A hixiene dos nenos
é a garantía da sua saúde física e moral o día de mañana.
No diario asco dos nenos empregue o
"Jabón Sales de la Toja",
único que ás suas altas calidades
necessárias toda a família e pre-
sente d'un salón de tocador.
Contribui o perfeito desen-
volvimento das criaturas e evi-
ta o perigo da escrófula e
o raquitismo.
JABÓN
LA TOJA
ÚNICO EN EL MUNDO
O Xabrón da Toxa
é o mellor.
Honra á Galicia no
mundo enteiro
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/2e/2ea6/2ea6a3ca-a0dd-4bf1-bc08-d34d864b09d3/115722516.xml
86
maturxia do ceo chega ao fio da medianoite: o Orión trunfa, as estrelas zodiacales ráñanse no mouro prefil do lonxano hourizonte. Sin outros motivos de información, soilo co ista presenza do chan que calcamos, do recendo da noite, do frío da xiada, do decorrer das estrelas, do cuir das yaugas, do crarexar dos illós, da esquemática forma das montanas podemos compoñer unha síntesis de paisaxe.
Co luar a noite deixa ceibes máis motivos. Da mesma maneira que hai soles topográficos, os que dibuxan, esculcan, eisaltan, armunizan, total-as formas da facies telúrica, tamén hai luas capaces de ispirar esquemas cuasi compretos. Primeiramente o luar do inverno. A lus do luar non é difusa, soilo amostra aquilo que toca; lus de pranos, sin profundidade, esperta aspeitos parciales, desleigados de un conxunto armónico, mais en troques dona de unha forza eistraordinaria pra destacure as cousas miudas, as veces, esenzales na comprensión da paisaxe. As grandes masas da vexetación, os pechos arboredos, apenas apañan fuxitivas ralolas do luar que destaca follateiras das ponlas outas, ou baixan deica ó chan criando fantásticas, fuxidas de mestos troncos ou soedades verdecentes illadas no misterio escuro do conxunto. O luar das sazóns decoradas pol-o vivir vexetal sometido ao decrebamento invernizo fracasa, e soilo dá estranas ou poéticas perspeitivas. En troques no inverno o bosque boreal, espido, amostra as arquiteituras es quemáticas con forza sinxela, que conxuntamente co poder de ltarse ó correr das yaugas, o socego morno dos illós, as pequenas facies da paisaxe (pedras orceladas, sei: xos brilantes, laxes dos camiños) orgaiza verdadeiras eispresiós de conxuntos, quietos, dotados de fonda suxestión. Mais o luar trunfa nas gandras, nas penedías, nos outeirales. N-iles a contraposición das somas e das rexiós alomeadas, sinalan a vastedade dos ermos, precisan as formas da erosión, e con vento e soar de yaugas compretan a idea do dinamismo mecánico. Un esteso hourizonte alagado no dondo locir do luar, semella aos desenvoltos baixo as orballeiras primaveiraes cas lonxanias craras ou foscas, o contraste de formas cheamente individoalizadas e outras escuras no agarimo das nubens
NÓS desfeitas en fina choiva. Pois o luar chove raiolas, non enche, arrodea, compreta, todol-os pranos, formas, estaxes e lonxanías dos hourizontes.
Quen somentes tivera a esprancia das paisaxes da noite, ainda aluarados, sentiría un mundo deixado ás forzas mecánicas, desartellado, caótico, sin entender a función da vida nin a presenza das coores infindamente matizadas. E as noites escuras co ceo coberto de nubens en bóveda pecha ou desfeitas na choiva, si apenas deixan sospeilare clementos de Paisaxe, dan a sensación de un mundo de escuras presenc Las. Se non prec isan as formas, mais o taito, o ouvido, o cheiro, recollen notas dispersas: romor de arboredas, r de pedras, recendo de colleitas, de primadeira ou de outono, por eixempro. Lembremos unha viaxata por terra pra nós descofiecida da Galiza, na noite fosca. O foxo da fonda corredoira ulía á sábrego e terra vexetal, ca man afastábamos ponlas de pequenos carballos e as silveiras ame: a nosa faciana, os cascos do faco ¢ os zocos do home que nos guiaba resoaban nas pedras pizarreñas e nas laxes sonoras deitadas, e asucadas pol-as rodeiras dos carros onde a yauga agurgullaba baixos sóns. Por riba de nós chegaba o maino ruxir de invisibres piñeirales e o scu recendo primadeiral. De súpeto n-unha volta da corredoira as tébras afondáronse n-outra escuridade de nubens e un aire salgado siñalounos a presenza da mar.
Poderianse engadir as paisaxes urbáns da noite. Coidamos non ser discutibre o aspeito xeográfivo das paisaxes urbáns. As vilas son en grande parte fenómenos xeográficos e na sua materialidade e intención responden aos temas do ambente e da paisaxe. O resoar das laxes de pizarra ou de granito das rúas, a categoiría das pedras arquiteirizadas, e das vexetaciós homildosas que as decoran, a presencia de un xardín, de unha horta, mil aspeitos vilegos eispresan elementos da paisaxe. A noite urban tivo sempre xurdios intérpretes na esfera das letras. Cada vila ilustre disfroita pol-o menos de unhas páxinas certeiras. As vilas, as máis ilustres, pol-a beleza, millor afincadas no cerne xeográfico, poden contefier en certas horas de noite ou de sol alguns esenzales motivos