Cargando...
López Teijeiro, Modesto
1910 - 1937Foi un escritor e político galego.
Empregado do Banco Hispano e membro do sindicato da Banca. Membro da Irmandade da Fala de Ourense. A revista Nós publicou en 1933 Investigacións etno-morfolóxicas antre a poboación do Ribeiro de Avia, o seu traballo de ingreso no Seminario de Estudos Galegos, e en 1935 o seu artigo "A raza eurafricana". Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido, considerado o secretario de organización do PCE. Foi asasinado o 27 de setembro de 1937 con 27 anos. En 1965 a revista Vieiros publicou o seu artigo Ensaio de tipoloxía galega.
Galipedia
Detalles
| Lugar de nacemento | Ourense - España |
| Lugar de falecemento | Ourense - España |
| Filiación | Irmandades da Fala , Seminario de Estudos Galegos |
| Ocupación | Políticos , Escritores |
Presenza na revista
http://gnoss/2EA6A3CA-A0DD-4BF1-BC08-D34D864B09D3
http://gnoss/7DE12610-DBB6-4DCF-A4A8-8A75CFE0C56A
Artigos
Investigación etno-morfolóxicas antre a poboación do Ribeiro de Avia: traballo persentado ao Seminario de Estudos Galegos
Ano XV Número 113 (1933); p 91-96