https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/28/28cc/28cccf18-dd5a-44f2-903a-af97dd238cc3/126583210.xml
Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza
Etimoloxías populares
Boimil e Boyido son lugares da parroquia de Boimorto, concello de idem, partido xudicial de Arzúa.
O orixe de tales nomes está pra os veciños de Boimorto en que vindo certa vez por estas terras un ganadeiro con moita récua (Bot-mil) desmandóuselle unha das cabezas (Boyido) que fuxiu perseguido pol-os mozos hastra que omataran (Boi-morto).
Recollido por ARMANDO COTARELO
Esconxuro contra o can arrabeado
Detente, can doente, como Dios se tuvo en sí. Santo Outeliño bendito no medio de min e de tí. Ca gracia de Dios e da Virxen María un padrenuestro e un avemaría.
(San Martín de Liñayo, Negreira).
Recollido por ANTÓN MAGARIÑOS GRANDA
Parrafeo incompreto
Dios che dea buenos días E tamén as madrugadas Nena que andas na horta Apañando as orvalladas
Buenos días queridiño Preguntas como me vai Agora xa lle pasou O enoxo de meu pai Non se me da por teu pai Nin que llo enoxo pase Dáseme por ti meniña Porque fun contigo a Laxe Si fuches comigo a Laxe Foches pol-o teu proveito Esa razón que dixeche Pudechela ter no peito Que a puiden ter no peito Queridiña tes razón Pero agradabame moito A tua conversación Buenos días teñas neno Y muy buenas madrugadas Nena que andas na horta Apañando as marafalladas As marafalladas sí. Queridiña tes razón Porque me gustaba moito A tua conversación
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/28/28cc/28cccf18-dd5a-44f2-903a-af97dd238cc3/126583216.xml
14
LIV, 1924) Novas aportazóns en col das influenzas civilizadoras dos braquicéfalos asiáticos,
«The early colonists of the Mediterranean» por J. Rendel Harris, Manchester, 1926. Opinións por vegadas algo arriscadas en col das colonizazóns hititas, árabes i-exiucias no Mediterráneo.
Seguen os traballos esproratorios de Mister Wooley en Ur, as da Universidade de Filadelfia en Beisan (Palestina) as da Jewish Palestine Exploration Society en Jerusalen e as dos profesores Bohl, de Gróninga e Praschniker, de Praga en Sichem.
DA AMÉRICA.
«El Problema Paleolítico Americano», por Max Uhle (Boletín de la Academia Nacional de Historia de Quito, V.) Monografía da estazón paleolítica de Taltal, en Chile.
DA OCCEANÍA.
«A Contribution to the Study of Eoliths: some observations on the Natural forces at work in the production of flaked stones on the central Australian table-lands», por F. W. Jones e T. D. Campbell. Descoberta de probabels eolitos artificiaes á beira de outros moitos craramente naturaes.
F. L. C.
BIBLIOGRAFÍA NUMISMÁTICA
CATALOGUE DE MONNAIES FRANCAISES DE HUGUES CAPET A CHARLES VIII. (Première Partie), París, 1927.
Auxiliares preciosos do coleccionista son os catálogos de vendas; mais os catálogos franceses cumpren con insospeitada bondade esta laboura complementaria das grandes obras da ciencia numismática, de esta ciencia á que Francia ten dado tantos e tantos cultivadores que non se pode deixar de man a bibliografía francesa de tal especialidade: Saulcy, Cohen, Dieudonné, Heiß... resultan nomes fundamentales.
Os espertos Jules Florange e Louis Ciani non levan con estas soberbas edizóns un fin somentes especulativo. Non poden levalo quenes teñen aportado á Numismática estudos fondos algúns dos que devirá crásico.
Sorprende verdadeiramente iste novo catálogo de moedas francesas, sorprende o testo e asombran os grabados. Desprégase diante do amateur a riola de moedas medioe-
vaes francesas dende os vellóns capetianos os agnus-deis e escudos de ouro posteriores.
O estudioso conoce xa as obras básicas de Hoffmann millorada por Louis Ciani pero sabe ben que certas moedas únicas cuia historia e cuio destino é forza perseguir teñen nos catálogos un lugar preferente. Son a honra de un hótel de vendas e milleiros de ollos fitadores pousan n-ela dende todo o Mundo.
Istas moedas francesas do medioevo teñen bon comentario en Galiza por mór das pelerinaxes. Forman elas unha boa ilustrazón ó marxe do camiño francés. Non son un nin dous os hachádegos de tesouros de cuños de Lois IX e dos Carlos ó longo de ista vía. Mais isas novas gardámolas pra outra ocasión. Hoxe somentes anunzar que no mes de Santos escomenzou a venda pública que iste catálogo, fastuoso gonfaleiro, nos pregoa.
ARETHUSE.—Fascículo 16.
Trai, aparte da chronique que gorenta como de cote artigos de Mirone, Hayford Peirce et Royall Tyler e Georges Huart. Intresantes pra nós os estudos dos segundos citados co análisis de dous movementos no arte bizantino do século X que coidan percibir nos marfins ou almasis que se atopan nos museus de Europa. A nós non nos é moi posibre disociar istas pequenas obras ourentales da escultura románica e ca nosa liberdade de profanos. Algunha vegada temos pensado si non teremos nos almáns de Bizancio os torgos mais ou menos próximos do arte que estrou de gloria ó século de Xelmírez.
Ofrece «Arethuse» un grabado do puño da espada ofrecida a Albert Besnard ó seu ingreso na Academia obra maestra de Antoine Bourdelle.
F. B. B.
LIBROS
AS FLORIÑAS DE SAN FRANCISCO, por el P. Samuel Eiján O. F. M. Santiago, 1926.
Sempre que baixamos pol-as laxes da Costa Nova, ou cando chegamos ó remate da rua de San Francisco canalizada pol-as riolas d'ollos axexantes do craro S. Martiño e do Hespital, afondado en melanconías, é doce deterse no campiño homildoso dos frades Menores. Adro labrego, verde de coba gostosa, limpo granito da faciana da eirexa. É doce ler o letreiro da porta: «Colegio de Misiones para Tierra Santa y Marruecos» e
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/28/28cc/28cccf18-dd5a-44f2-903a-af97dd238cc3/126583214.xml
n-unha citania ali situada, ten emprendidas o noso fraternal amigo e catedrático pontevedrés Antón Losada Diéguez, que leva recollido xa unha xurdia coleizón de obxetos, espezalmente cerámicas riscadas i-estampadas de tipo castrexo, moi ricas en motivos decorativos.
Na primaveira de iste ano e baixo a direizon téinica de Lluis Pericot, empricipiou o ilustre galego que se chama Enrique Peinador a esprorazón da citania de Troña (Mondariz). Van descobertas algunhas casopas circulares, insculturas e testos, moitos de eles romanos (terra sigillata) e algún pintado do tipo ibérico tartesio, que ten na Galiza un inzamento serodio.
Por membros do Seminario de Estudos Galegos fíxose a escavazón de varias necrópoles dolménicas (Lobeira, Rairiz, Serra de Penas Libres, Serra da Moá e Maus de Salas); estase esprorando a citania de San Cibrán das Lás e comenzouse o estudo sistemático da Barbanza, cuias primeiras resultanzas aparecen no presente número de ista revista. Catalogáronse tamén bastantes castros, distinguindose n-ista laboura pol-o sua aitividade e intelixencia, dous rapaces, Sebastián González García-Paz e Xoaquín Lousada, que agora se inizan nos traballos prehistóricos.
DO RESTO DA HESPAÑA.
Segue a Cataluña indo á cabeza das investigazóns. Despois dos brilantes estudos de Bosch sobor dos vascos e sobor da emigrazón de tipos hispánicos no eneolítico e da espléndida monografía de Pericot en col da cultura megalítica catalana, pubricazóns das que se deu conta xa n-ista seizón, aparecen no B. de l'Associació Catalana d'Antropología (vol., IV, 1926) os artigos de Salvador Samsó e de Salvador Anguera tidoados «Memòria sobre la troballa de la gruta sepulcral del Pantá de Foix» e «La Cova del Cartanvá», con importantes descobertas de cerámicas campaniformes e argáricas, istrumentos de pederneira e restos humáns.
Na mesma revista continúa Xulio Martínez Santa Olalla, un dos prehistoriadores mozos de mais erudizón e mais talento, a pubricazón da sua «Prehistoria b. rgales.» que chega xa ó eneolítico, reproducindo e comentando o material recollido en covas de aquela provincia, moi abondoso en testos decorados con releves e incisóns, que obrigan ó autor a incruir a bisbarra obxeto da sua investigazón no sucirco Estremadura-Segovia da cultura das covas, indaque ela ofreza certos caraiteres persoais.
De Xulio Martínez Santa-Olalla é tamén o fascículo «Orígenes de Valladolid» no que resume o pouco que se sabe en col da prehistoria de ista cidade castelán.
Interesantísimo é o libro de Eduardo Hernández Pacheco «Las Pinturas Prehistóricas de las Cuevas de la Araña (Valencia) (Junta de Ampliación de Estudios, Madrí) que contén puntos de vista compretamente novos respecto á cronoloxía da arte rupestre da Península, que il coida dividida en troglodita e rupestre, estudando o seu desenvolvemento, as suas áreas xeográficas e inzamentos.
Os profesores Aranzadi i-Eguren e o eminente vascológo J. M. de Barandiarán dan conta no fascículo «Exploraciones de la caverna de Santimamiñe» (Bilbao, 1925) da descoberta de obxetos paleolíticos e de pinturas do madalenense inferior e meio, na caverna vizcaíña de aquil nome, que ven encher en parte o valdeiro que existía entre a arte das covas asturiáns e cántabras e as do sudoeste da Francia.
De intrés particular pra Galiza é parte do material asoellado pol-o P. César Morán no límite das provincias de Salamanca e Ávila (Escavaciones arqueológicas en el Cerro del Berrueco, M. n., 63 de la J. S. de Excavaciones) por sinalar o contraste entre o noso posthallstáttico e o da Castela occidental, que aparez en troques algo emparentado co dos castros trasmontanos. É de supor que aquil contraste e iste parentesco sexan confirmados cando se pubriquen os materiais que Cabré anda a recoller nas cividades de Ulaca e das Cogotas, na provincia de Ávila.
E por derradeiro, e anque se trate de disciplinas filolóxicas, menzoaremos o lumioso estudo de Gómez Moreno «Sobre los Iberos y su lengua» (Madrí, 1925) no que ca axuda do onomástico antigo de nomes propios, recostruie a etnoloxía prerromana da Península, que queda dividida en tres elementos principais: un ibérico-vasco que se localiza ó leste e ó sul e que debe considerarse como o mais vello; outro ligur que se dexerga en case que toda a meseta, en Cantabria, Ásturias e Lusitania e que coida introducido na Idade do Bronce e outro mais moderno de orixe celta, que ocupa os montes que van dende Burgos ó Moncaio, a serra Morena, a estremidade meridional da Andalucía e a Galiza. É inútil dicir que a sabenza e método científico brilan n-iste traballo como en todol-os do mestre Gómez Moreno.
No número do B. de l'A. C. d'Antropología de que xa falamos aparez un longo artigo de Xulio Cejador tidoado «Iberia 1. Alfabelos e Inscripciones Ibéricas» na que moitas das conecidas deica agora (chumbo de Alcoy, Puchol, moedas e tampas sepulcraes) descifranse pol-o vasco aitual por medio de un valor novo dado ós sinos alfabéticos.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/28/28cc/28cccf18-dd5a-44f2-903a-af97dd238cc3/126583223.xml
A hixiene nos nenos
é a garantía da sua saúde física e moral o día de mañá. No diario aseo dos nenos empregue o “Jabón Sales de la Toja”, único que ás suas altas calidades meiciñás xunta toda a finura e prefume d'un xabón de tocador. Contribuie ô perfeito desenrolo das criaturas e evita o perigo da escrófula e o raquitísmo.
O Xabón da Toxa
ademais de ser o mellor é un producto galego que nos honra no mundo enteiro
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/28/28cc/28cccf18-dd5a-44f2-903a-af97dd238cc3/126583213.xml
NÓS
cougo. Inda temos direito a peneirar realidades. R. O. P.
NOVAS DE PREHISTORIA DA GALIZA.
ENTROU o mundo na febre de esculcar nas orixens dos pobos. Escávase en Africa, en Asia i-en América; escávase con forte intensidade en toda a Europa e moi principalmente na Hespaña, e dentro de ela Galiza vai incorporándose pouco e pouco ó movimento xeneral.
En cinco ou seis anos, desabregáronse citanias, catalogáronse castros, abrironse mais de sesenta mámoas e publicáronse moitas monografías e algúns traballos de conxunto. É un bon comenzo e unha promesa gasalleira.
As esporazóns do Monte Tegra seguiron as leizóns que deu na Universidade de Santiago o ilustre profesor Obermaier, e estes dous feitos son quizais os que sinalan o comenzo da renacenza dos traballos prehistóricos na nosa terra.
Producto da xeira que por entón fixo aquil sabio mestre pol-os museus e coleizóns galegas e o artigo «Die Bronzezeitlichen Felsgravierungen von Nordwestspanien (Galicien)» Jahrbuch für praehistorische ethnographische Kunst, Berlín, 1925.
Trátase de un ensaio de ordenazón do material coñecido da nosa arte rupestre que o autor considera dividido en dúas fases, unha máis antiga, eneolítica, que comprende as estilizacións da figura humana, os animais esquematizados e os reitángulos con cruces ou enreixados incrusos; e outra máis moderna, que se desenvolve na Idade do Bronce e remata coa invasión celta, na que compre crasificar as combinacións circulares e os sinos laberínticos i-espiraliformes.
Pón tamén en comparación o profesor Obermaier, como xa o fixera Cabré e o fixo recentemente o P. Jalhay, as figuras reitangulares, con cruces ou enreixados cos ídolos-pracas propios da fase plena da cultura dolménica do centro e sul do Portugal.
As semellanzas sinaladas non deixan de ser notables, mais compre facer notar que os ídolos-pracas non se teñen atopado ó norte do Douro e que no tempo do seu máisimo inzamento, hai unha evidente interrupción dos contatos entre as civilizacións do sul e do norte de aquil río, así como tamén que as devanditas figuras reitangulares, moi abondosas no oeste da Galiza, alcóntranse mais espalladas en Tras-os-Montes e no Minho e fallan case en absoluto no resto de Portugal, por todo o coal coidamos que as analogías indicadas por Obermaier deben aporse millor a unha coincidencia na expresión de unha idea, quizais imitante, que a un verdadeiro influxo cultural.
Unha novedade ben interesante en col da nosa arte rupestre ofrécenola o P. Jalhay na sua sinxela e ben ilustrada nota «Los grabados rupestres del extremo sudoeste de Galicia», que viu a luz no B. de la C. de Monumentos de Ourense, vol., VII, n., 177, Marzo-Abril 1926, ó darnos a coñecer en compaña de insculturas cruciformes, de reitángulo e circos, algunhas representacións de carros, olladas na bisbarra de Oia, que sen ser novas na Península, non tiñan sido atopadas deica agora na Galiza.
Notabilísimo por todos conceptos o artigo do noso sabio amigo Lluis Pericot «Los vasos campaniformes de la colección de la Iglesia» (B. de la R. A. Gallega n., 192, Marzal, 1927) no que aparecen as novas formas, baixas e imitantes ás de certos exemplares bretóns das cerámicas devanditas, reconstruídas recentemente en Barcelona. Soio desexariamos ter alcontrado n-iste fermoso traballo unha ollada mais sintética que relazoara a intro luzón da cerámica campaniforme na Galiza con outros fenómenos do noso eneolítico.
No B. de la R. A. Gallega anda a publicar o ilustre arqueólogo cruñés Anxel del Castillo un traballo tidoado «Prehistoria Gallega. Hachas de bronce de talón. (Hallazgo de un depósito)». Pol-o que de il coñecemos, coidámolo como unha das cousas mais completas e documentadas que se teñen feito en col da prehistoria galega, achándonos en absoluto conformes cos puntos de vista espostos respecto ó lugar de orixe dos machados de talón de duplo anel.
O infatigabel P. Jalhay dá, no B. de la C. de Monumentos de Ourense, unha nova proba da sua actividade dando a coñecer no número 173, vol., VIII, Abril, 1927, baixo o tido «Un nuevo castro gallego. (Oya, Pontevedra)» dous machados de bronce de talón e con duplo anel atopados na bisbarra de Oia e que estaban inéditos, e asimesmo o achádego na dita bisbarra e no lugar chamado O Bosque de unha fíbula de botón co apéndice ergueito, do aro de unha febilla, de pesos de rede e de algunhas cerámicas riscadas de tipo castrexo, tendo aparecido todos estes obxectos perto do sitio onde se asoellou un dolium e se descubriron algunhas sepulturas romanas, feitas con ladrillos e tégulas e moi imitantes ás de Vilagarcía e Mourente (Pontevedra). O autor sospeita e con razón que no lugar dos achádegos debeu existir un castro.
Continúan en Domuio as escavacións, que
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/28/28cc/28cccf18-dd5a-44f2-903a-af97dd238cc3/126583211.xml
NÓS
A miña conversación
Non lle daba gusto a nai tua
Xa que Dios o quixo así
Que ti foras miña dama
Qu’o diñeiro para ela
Mandeicho eu de Castilla
Si o mandaches no mandaras
Eu non cho mandei mandar
De sete damas que tes
Dime cal has de olvidar
Eu tua dama non son
Nin tua nai miña sogra
Qu’o día que ti te cases
Ei de poñer mantilla nova
De sete damas que teño
Meniña que tes con eso
De sete damas que teño
ti es a de menos precio
Mantilla nova porás
Eso non che é maravilla
OS HOMES, OS FEITOS, AS VERBAS
O «NÓS» EN MADRÍ.
Na derradeira sesión da «Sociedad española de Antropología, Etnografía y Prehistoria», o ilustre Profesor Don Luis de Hoyos Sainz, un dos que mais teñen feito pol-o adianto dos estudos etnográficos na Hespaña, chamou a atención da Sociedade en col do noso labor, pr’o que tivo verbas de loubanza que moito agradecemos, e propuxo estabreceren o troque das pubricaciós da Sociedade co-a nosa revista. O noso compañeiro Fermín Bouza Brey, presente na xuntanza, deu as gracias no nome de NÓS, ó Sr. Hoyos, as que agora reiteramos gustosos dend'eiquí.
O Sr. Hoyos oferceu tamén a sua colaboración na nosa revista, a qual, con verdadeira satisfaición anunciamos ós nosos leutores.
EN COL DOS PRIMEIROS MOIMENTOS GALEGO-PORTUGUESES.
Primeiramente será mester decir que entre o P. Sarmiento e La Iglesia está o descubrimento dos Cancioeiros e que entre La Iglesia e nós están os traballos dos romanistas, especialmente de C. Michaélis e da sua escola.
En segundo lugar que ó galego non lle fai falta pra ser idioma que deixen de ser apócrifos o canto de Gonzalo Hermiguez, o cronicón de Don Servando, etc.
Ademais que, anque nos séculos IX, X e XI aparezan verbas e ainda frases soltas galegas nos documentos,
—a primeira cantiga galego-portuguesa, é, na mellor das hipótesis, posterior ó 1189,
—o primeiro documento portugués ten data 1193 e foi pubricado na Esquisse d'une Dialectologie Portugaise, de Leite de Vasconcellos, en 1901,
—o primeiro anaco longo de galego topado nun documento latino, foi escrito en 1227 e pubricado pol-o P. Atanasio López nos seus Estudios Histórico-Críticos de Galicia.
—e os primeiros documentos esteiros en galego datando 1253 (López Ferreiro), 1255 (Carré Aldao) e 1259 (Murguía).
Pra bó ensinio de algúns que andan a falar na nosa terra dos escomenzos do idioma galego, de costas á realidade e con moito degoro de facer descubrimentos, será bó dar hoxe catro notiñas denantes de que calquer estudante portugués de bacharelato veña correxir ós nosos conferenciantes.
Nada mais, pol-o d'agora, como non sexa advertir que a pesar de Menéndez Pelayo, non existiron nunca cantigas de ledino, mais que na imaxinación de Th. Braga, e que o «Rei vello que Deus confonda...» non
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/28/28cc/28cccf18-dd5a-44f2-903a-af97dd238cc3/12658327.xml
NÓS
etimolóxico, ô tempo das chuvias. Unha gran invernía siñifica unha tempada de chuvias con vento Sul que sopra dend'os hourizontes das serras de Silvaescura e Bande. Os peisanos chámanlle o burato ô espazo que figuran no hourizonte estas serras co coto de Novelle e das serras da Cañiza, postas propiamente ô SW. Entr'as siñás de chuvia figuran: o roncar da caldeira do tren que se percibe co aire Sul ben doadamente, e o estrondo do cachón, un regueiro que no inverno enche a quebrada entre Mugares e Alongos, na beira esquerda do Miño. Mais no inverno chove con todol-os ventos. Hai longas invernías d'aire Sul, tépedo e mol, de chuvia mansa e terca qu'amolece as terras e pón en traballo por longo tempo todo o sistema de quebradas do país. Tamén chaman dezembra unha chuvia forte e longa. Có aire do NE impera tempo frío e enxoito, de xiadas e vento que cando sopra miudiño e frío, sobretodo pol-a mañá, chaman repicón. Cóntanse o mais, catro días de neve nos invernos mais crús. Ás vegadas neva en febreiro e na primaveira. «A neve febreiriña, cómea a galiña». No xaneiro hai semanas inteiras d'aire quedo e sol forte, namentras na ribeira acugúlase a néboa do Miño e do Barbantiño por días enteiros, chegando pol-o derradeiro val hastra Listanco e invadindo a quebrada da Fareixa hastra o muiño do Ruzo, o Quintairo, e ás vegadas A Bergueira. Cando rube a néboa pol-as dez ou once da mañá, cobre por poucas horas toda a parroquia. Son raros nos chaos os días enteiros de néboa, e cando reina, é xeneralmente choviñenta.
Pol-o espallamento dos hourizontes, Trasalba disfroita d'ademirabres e variados tipos de nubens. Pol-o W galgan riba da liña dos montes (do Faro e Foxo do Cabrito) as nubens da mar. Pol-o N, a Martiñá e os releves pouco acusados vístense c'as néboas da montana. Mail-os peisanos teñenlle respeito mais qu'ás outras ás nubens do Sul. As chuvias envolven o frolecer da primaveira e son particularmente frieiros os días de febreiro e marzal. A primaveira retrásase moito con respecto á ribeira. Os peisanos pra espresaren a difrencia de clima, din quen Amoeiro (5 kils.) enfrí s'o bico. Os meses de mais calor son os de San Xohan e mais Sant'Iago, con longas semanas enxoitas que botan a perder as colleitas. Cando sopra o N ou o aire santiagués, vense pasar ô lonxe as tronadas e os de Trasalba din qu'están moi outos pra que ruban as chuvias. As tronadas (de Abril a Sant'Iago) fanse cada ano menos correntes. As mais fortes adoitan formárense pol-a parte do SL pregoadas pol-as grandes nubens, brancas e locentes, chamadas torres. Inda se garda lembranza do pedrazo que caieu o día 21 de San Xoan do 1886, tan forte que ficaron os outeirales c'as marcas das pedras por algús anos e houbo precisión de voltar a sementar o millo xa nado e medrado. As cheas de trebón teñen feito moito mal nas terras e camiños pol-o esporente do terreo. Son poucos os días abafantes do vrau. Nótanse millor nas penedías outas do Rodeiro, e nos chaos, onde secan todal-as augas e as terras de pouco fondo salfírense en pó. Os peisanos sempre agardan unha reguiña por San Benito, Santa Mariña e Sant'Iago. Os pobos pior espostos pr'o sol, son a Bergueira e sobretodo o Formigueiro, pol-o solar fondo esposto ô Norte. Monteasnal soilo disfroita ben do sol da mañá. Os outonos longos e dourados son en xeral superiores ás primaveiras pol-a seguridade do tempo bó. Entón empezan as néboas na ribeira, ás vegadas nos derradeiros días de Setembro, comenzando unha inversión da temperatura que dura moitas semanas; mais frío na ribeira neboenta que na montana soleada. En conxunto, Trasalba representa unha docificación do clima dos chaos pol-a menor outura e a veciñanza da ribeira.
A parroquia ten sona de poucas augas. En comparanza cos chaos de Cea e Vilamarín, por eix. o dito é certo. Pois alí as terras fondas, pouco esporentes, os vraus fresqueiros, gardan as augas nadas nas serras e afroran en mantaniás descoñecidos na bocarribeira. En troques, as terras areosas d'Amoeiro son enxoitas. En Trasalba precísanse dúas rexións: a dos cotos e chaos ou agros, e mail-a das encostas e fondales. A primeira oferce eixempros típicos de fonteínas de sete meses todo o mais (inverno e primaveira) propias do releve graníteco ou estratocristaino. As longas chuvias crían
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/28/28cc/28cccf18-dd5a-44f2-903a-af97dd238cc3/126583222.xml
SANATORIO QUIRURGICO
DIREITORES
Manuel Peña Rey
Ginecologia e Partos
José Mosquera Blanco
Cirugía geral
Especialista na gorxa, nariz e ouvidos
Situado frente á Alameda do Cruceiro, ten toda-las condiciós precisas. —Prauticase toda crás d'operaciós.—Dotado de todol-os adiantos que pide a autual Cirugía.—Modernas instalaciós de RAYOS X pra diagnóstico e RADIOTERAPIA superficial e fonda con voltaxe de 250.000 voltios. —Aparello de Diatermia pra tratamento de Auexites, procesos inflamatórios, reumatismo, etcétera. Lámpara de cuarzo pra sol d'altitude e ultra-violeta pra tratamento d'escrofulosis, raquitismo, alopecias, eczemas, etcétera. Admitense embarazadas, e cóntase con material esterelizado pra fora da cibdade en casos d'urxencia. —Poden colaboraren todol-os compañeiros, previo consentemento dos direitores.
BODEGAS GAL EGAS, PEARES E OURENSE
Vinos finos de mesa: Tinto TRES RIOS. Blanco BRILLANTE
LOS GALLEGOS blanco e tinto
Macia e Valeiras, Apartado 18 - Ourense
Droguería e Farmacia
LUIS FÁBREGA
Progreso, esquina a Luís Espada
OURENSE
MERQUE VOSTEDE
Plumeiros RAFIUM
De mais dura qu'os de pruma e limpan millor. Véndese en todol-os establecimentos do ramo
Andrés Perille-OURENSE
F. ROMAN E SACO
DROGUERIA
e FARMACIA
Pereira, 19.
Teléfono 28
OURENSE
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/28/28cc/28cccf18-dd5a-44f2-903a-af97dd238cc3/126583217.xml
NÓS
demorarse a caron do sepulcro de Cotolay. San Francisco chegou guiado pol-o simbólico regueiro de estrelas hastra o raiolante Santlago nos termos do Oucidente. No convento s'ergueron espranzadas as gabanzas corales do Probiño. Fai pouco, o R. P. Eijan pubricou un fermoso feixe de poemas co tidoo de Frolíñas de San Francisco. Rcmancetro Seráfico-Galicián, que ficará coma lembranza do centeario do Serafin. Os principais episodios dos Ftoretti gardan seu incomparabel prestixio, sempre novo, envoltas nos versos sinxelos, enxebres, campesios do P. Eiján. A irmanciña auga, o año, o lobo, as vocacións do rico e do sabio, a Porciúncula, o monte Alvernia, por soilo lembrar algús, corren en versos cheos d'isa ledicia que soilo ten un nome: franciscana.
O P. Provincial dos Menores é merecente —inda que pese á sua homildeza—da gabanza dos bos galegos. No trafego das mil ocupacións do cargo, e no silenzo do vivir relixioso, sempre atopa unha fenda pra ollar pra Galiza—as suas cousas, os seus problemas, suas aldeias—con devoción de fillo e sentimento d'artista.
R. O.
DISCURSO INAUGURAL de la Sección 5.ª del Congreso de Cádiz de la Asociación Española para el Progreso de las Ciencias, por Eugenio Montes.
Versa iste discurso do noso distinto colaborador en col do Conceito lóxico da Socioloxía, xa que foi pra inaugural-a seizon de Ciencias Sociás do Congreso, do que por certo foi Montes un dos orgaizadores. C'un estilo novo e breve, cheo de metáforas audaces, atal coma é raro atopar en traballos d'iste xénero, e pol-o tanto con espresión sintética, vai eisamiñando e1 poucas verbas algús dos conceitos históricos da Socioloxía—adentro da curta historia d'esta cencia, se prescindimos convil fai dos precedentes—a partir d'Augusto Conete, seguindo pol-a escola francesa de Durkheim, pol-o discurso de Tönnies no pirmeiro Congreso alemán de Socioloxía, pra vir dar en Simmel e en Max Scheler, que representan pr'o autor os dous aspeutos novos da cencia sociolóxica, embora o conceito lóxico, d'acordo co-a nova lóxica fenómeno-lóxica, é nos partilarios de Max Scheler onde s'atopa. Canto ó contido da Socioloxía, despois de desbotarmos a indetermiñazón d'ouxeto dos comezos—posto que hoxe eisíxese o cantonamento de cada cencia no seu ouxeto autónomo—ven resultar qu'iste mesmo cantonamento deixa á Socioloxía seu ouxeto propio, o qual precisamente veu enchela de contido.
O LIRISMO DE CAMÕES, conferência no Liceu de Aveiro, por Hernani Cidade (Separata de A Águia).
Há séculos que esta voz admirável encanta os ouvidos e a alma de todos nós e não cessa o sortilégio maravilhoso!» diz o autor com atinadas verbas espresivas da eternidade do génio e da eternidade da arte.
Co-a mestrança sintética qu'a cadeira académica empresta, o Dr. Cidade analisa, no Camões lírico—tan grande cecais com'o épico—o que há n'il d'home do seu tempo, d'home do Renascimento (influência do Petrarca, doutrina do amor platónico); d'home da sua raça (saudosismo, paixón amorosa); e de pessoal (reflexo da sua intimidade e da sua tumultuosa vida); e logo faz algumas considerações en col da forma.
O autor tem um conceito humanista (não no sentido d'humanidades, senão d'humanidade) do Renascimento, o qual tem pra il um sentido de libertação do espírito, que, naturalmente, não acha em Camões, quem fica n-iste respeito, longe de Montaigne, d'Erasmo e de Rabelais.
ANTONIO NOBRE, conferência de Álvaro de Lis Casas, en el Centro de Intercambio Germano-Español.
É um estudo sistemáticamente esposto tocantes ó autor de Só. Todo vem baixo rúbricas: La literatura portuguesa en el siglo XIX; Oporto, cuna del poeta; Biografía de Nobre; Mi visión del poeía; Los libros de Nobre; Comentaristas de Antonio Nobre, etcétera, que facilitan a leitura. Casas vé a Antonio Nobre com'un romântico, intimamente português, en quen encarna a tristeza nacional. O millor da conferência é sen dúvida o estudo da Arte poética del «Só», no que passa revista a moitas das extraordinárias, imagens metáforas e comparações que faz Nobre, o jeito d'incrustar um poema n-outro com sonoridades de contracanto, as influências de Heine e dos decadentes franceses do fim do século. Todo o qual ilustra com muitos eixempros, algús deixados em português, outros vertidos ó castelhano.
HACHAS DE BRONCE DE TALÓN, por Ángel del Castillo (Separata do Boletín da R. A. Gallega), Cruña, 1927.
REFÍRESE en primeiro termo ó achádego de Cumbraos onde apareceron 7 machados de duplo anel, unha que desfixeron, e 5 das vainas describindo, falando logo d'outros de-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/28/28cc/28cccf18-dd5a-44f2-903a-af97dd238cc3/12658326.xml
NOS
4
feitío, amostrando o hábito d'una concentración doorida do pensamento. Dan unha impresión de pouco humor, d'ensimismamento, e tamén d'alteirosidade, d'una alteirosidade que pon respeito, e difrente da alteirosidade sempre un pouco frívola do *high brow*. Sigue logo un narislongo, eclesiástico, d'apagador, narís caído, partido na punta, narís d'asténico e d'inteleitual. Lavater chamaba ô narís, «La retombée du cerveau». Efeitivamente: toda a contida gravedade, a austeridade, a forza mental, a mesma tristura, da figura de Saco e Arce, esprésase afeito n-iste naris que podemos chamar espiritual, e que pol-o feitio da punta indica orixinalidade de conceición.
Os ollos, un pouco metidos debaixo das sobrecellas, resultan pouco ouservábeles n-iste retrato, a mais de seren a meirande dificuldade na fisiognomonia. Así e todo, un pouco velado pol-a pálpebra superior, e c'un plegue debaixo, son indicio d'un caraute soñador e concentrado. Son os ollos d'un místeco. Son ollos qu'ollan pra dentro mais que pra fora, ollos d'introvertido.
O bico pechado, de beizos finos con pouco coor, apertados un contr'o o outro, o d'abaixo rubido, o d'arriba c'un pico no meio, indica bondade, anque certa soberbia, tristura e gravedade, concentración, dominio de si mesmo.
As orellas grandes d'asténico, aplastadas contra a testa indican intelixencia e finura d'esprito.
En conxunto, o retrato ten unha marcada espresión ascética, d'asceta moderno, com'a d'algús xesuitas, com'a do mesmo San Ignacio de Loyola. Podería pasar pol-o retrato d'un xesuíta afeito ôs exercicios espirituás. É un introvertido, un soñador, unha poderosa intelixencia, un esprito escolleito e cultivado que houbera dado de si moito mais do que deu, s'a morte nono levara tan cedo. Iste esprito ademais áchase de cote fondamente axitado. Vese qu'está en calma aparente, que se domina, mais que lle custa traballo, que se ten que faguer moita violenza, unha violenza que lle doe, que sofre dela, mais que ten exercitada a vontade n-esto, com'os místecos, e sabe loitar, mail-a loita, d'engadega ô traballo mental do estudo, vaílle apurando a vida, e consome as suas enerxías. Pouca vida é moita vitalidade; pouca resistencia orgánica e moita forza psíquica. Co-ista ten quesuprir o que lle falta d'aquela.
Lástima que n-iste retrato se non poidan aprecial-os riscos da fronte, que fan o ouxeto principal da metoposcopia, a cencia mais traballada por Cardán; n-iles píntase moi ben o esforzo do pensamento.
Se, seguindo as normas da fisiognomonia clásica, me preguntaran a que *tipo planetario* pertencia Saco e Arce, con seguranza respondería qu'era un saturniano.
VICENTE RISCO
PROBREMAS DE XEOGRAFÍA GALEGA
NOTAS EN COL DAS FORMAS DE POBOAZÓN LABREGA
(Proseguimento)
f) *Condiciós climatoléxicas*.—As augas da terra.
A parroquia de Trasalba amóstrase englobada nos dous tipos de clima, de montana e de ribeira, ôs que pertence pol-a sua posición e releve, mais con marcado domiño das primeiras, d'un tipo menos forte que nos chaos postos a mais outura (Cea, Vilamarín, o propio Amoeiro). As chuvias outonizas xúntanse c'as propiamente d'inverno xeneralmente dende Santos ou San Martiño. Xa o dí o pobo: «Por Santos e Netal, inverno caroal». Chámase inverno, gardando o senso
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/28/28cc/28cccf18-dd5a-44f2-903a-af97dd238cc3/126583219.xml
NÓS
da en Ribadeo por Carlos III, por F. Lanza. —Las pinturas murales de San Martín de Mondoñedo, por R. Salgado Toimil.— Puentedeume y su comarca, por A. Couceiro Freijomil.—Obras recibidas para la Biblioteca de la Academia.
O Sr. Cotarelo da novas d'unha folla impresa en Santiago por Gonzalo de la Passera (un dos impresores do Misal de Monterrey) contendo unha lista das reliquias da Eirexa Compostelán e das indulxencias que lle foron concedidas.
O Sr. Salgado Toimil fala das pinturas descobertas baixo do cal en S. Martiño de Mondoñedo, que son, ademais de varios motivos ornamentais e simbólicos, unha escea de pastores, outra dos desposorios de San Zacarías e Santa Isabel, un mancebo levado dos pelos por un anxo, que o autor indica do século XVII; unha Sta. Bárbara do XVI, e varias esceas ó fresco (un convite, uns xinetes, outra escea indertemiñada) qu'asegura foron atribuídas por varios profesores norteaméricans ó século XIII.
CÉLTIGA, Bós Aires, 25, 10, 1927.
Antros orixinás: Cántigas a un amor novo, de Blanco Amor.—Del amor y de la muerte, por Julio Sigüenza.—Paisaje sinoble, por Correa Calderón.—Una punta de Europa, por Vicente Risco.—A nena encantada, por Xosé M. Cabada Vázquez.—Lembranzas, por Xesús.
SEARA NOVA, 29 Setembro 1927.
Sumario: Uma copejada de atum, por M. Teixeira Gomes.—A Finança contra nación, por C. R.—A queda do M'Brige, por Augusto Casimiro.—A questão do turismo. Inconvenientes do turismo, por Emilio Costa.—A instrução do público em Goa. Ensaio de um plano de reforma, por Santana Rodrigues.—Livros, por Manuel Mendes.—Um político patriota. Páginas para serem meditadas, de Oliveira Martins. Capa de Migueis, ilustrações de Nobre.
A AGUIA, Sumario do número 59 Julho a Setembro de 1927.
Prosa—O Teatro Público em Inglaterra na Época Isabelina—Luís Cardim; O Nativismo Romano—Agostinho da Silva; A língua clássica e a língua romântica—Hernani Cidade; A «Ilha dos Amores» sua situação geográfica—Luís A. Rodrigues Lobo; Simão Vaz de Camões no Porto—Artur de Magalhães Basto; O Visco dos Druídas—José Teixeira Rego; A Batalha de Glozel—Santos Junior; Bailado—Manuel Mendes; Verso—
Caminho—Luís Guedes de Oliveira; Arte—Estudo—Joaquim Lopes.
O Sr. Teixeira Rego sostén unha teoría estrevida en col do Visco dos Druídas. Asegún il, o costume d'ofercer no sacrifizo o epiploon das vítimas viría da imitanza do epiploon co ectoplasma atal coma se manifesta nas materializações chamadas espiritistas, o que poden causar unha confusión d'entramos na mente dos primitivos, e por iso a ofrenda do epiploon serviría pra esta brecel-a comunicación co outro mundo. Do mesmo xeito, empregábase o sangue, e o visco, que com'o sangue tiña a virtude d'abrir todal-as portas, era, pol-a sua textura epiploica, un sustitutivo do sangue e do epiploon, ó qual axuda a imitanza da verba viscum (visgo) coa verba víscus, singular de víscera.
TAULA de Lletres valencianes Valencia, núms. 1 e 2, Octubre e Noviembre, 1927.
Temos recibido os dous primeiros números desta revista que se principiou a publicar en Valencia baixo a dirección do distinto literato Enric Navarro-Borrás.
Coma di no seu primeiro número, o seu intento é: «descobrir-a receita feliz que sande ou ó menos alivie, esta indiferença que plasma o "tanto me ten" típico do noso caraute e que arestora cando tod'o mundo rebule n-un desexo de superación, de reafirmanza racial e de refinamentos espirituais, é, mais que nunca, a nosa posse nefasta».
Había abondal-a intención que trai, pra que NÓS acollera esta revista cos brazos abertos; mais non é somentes a intención, senón tamén os feitos os que son merecentes do mellor acollimento. Taula amóstranos un movemento literario en lingua valenciana, cheo d'intrés e d'espranzas, que de boa gana daríamos a coñecer en xunto, e agardamos chegalo a facer logo. Damos eiqui ó sumario:
N.º 1—Salutació i convit—F. Caballero, Panorama del llibre valencià.—Eduard L. Chavarri, Impressions del camí.—M. Thous Llorens, El primer comentari al voltant de... Elena Arcediano.—Carles Salvador, Poemas—Ernest M. Ferrando, El desig de la Superiora—Joan Valero, El teatro en Valencia.—E. Navarro-Borrás, Poetas d'avantguarda, Mexico.—B. Ortiú Benedito, Octubre evocador.—Notes.
N.º 2—Agraïment.—Pasqual Asís, El centenar de Frederic Mistral.—E. Navarro Borrás, Teatre d'avantguarda, Italia.—A. Sendin Galiana, Miracle del bourimer.—F. Caballero i Muñoz, Por.—J. Verdaguer, Poemes.—F. Paula Ramírez, Mal de d'ausia.—
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/28/28cc/28cccf18-dd5a-44f2-903a-af97dd238cc3/126583220.xml
18
E. Durán Tortajada; Glossari ciutadá.—A. Martín e outros, Humorisme valenciá.—Noticiari bibliogràfic.—Notes. Iste número recolle de NOS a nota en col da festa do libro en Barcelona.
BIBLOS, Coimbra, Agosto, Sbro. e Obro. 1927.
SUMARIO: Amadeu Ferraz de Carvalho, Da actual feição da antroponimia portuguesa.—Dr. M. Gonçalves Cerejeira, A noite de 10 séculos.—Dr. J. da Providência Costa, O trocadilho em Camões e a sua interpretação por G. Storck.—Manuel Lopes de Almeida, Trabalhos de alunos.—Ernesto Donato.— «Os reservados» da Biblioteca da Universidade de Coimbra.—Varia: «Biblos» no Brasil, Visitas ilustres, Curso de Ferias.—Revista de Revistas.
O Sr. Ferraz de Carvalho propón un inquérito onomástico, e adianta curiosas considerações em col dos nomes de pessoas em Portugal. Primeiro fala da variação histórica dos nomes (xermánicos na outra Idade Meia, misturados com alguns latinos d'orixe eclesiástica; depois os de Santos). Depois dos nomes d'agora: os mais nomes de Santos, escuros na aldeia e nas classes humildes; alguns clássicos (Apolo, Aristóteles) ou de grandes homens (Marat, Franklin) na burguesia republicana; alguns arcaicos (Aires, Brites) na nobreza; nomes das advocações da Virxe (María do Carmo, María da Couceição) ou compostos (María Amelia, Maria Antonia). Logo dos apelidos passando em revista os patronímicos; um d'orixe árabe: Viegas ou Venegas (de Ben Egas); nome do pai; nomes de parentesco (Sobrinho, Neto); nomes de terras, cidades, acidentes xeográficos, de propriedade; nomes de devoção (João de Deus, Manuel dos Santos); de pro-
fesões; de qualidades ou alcumes; de feitos históricos; e os estrangeiros, os quais vão espostos pol-a ordem da sua abundância em Portugal, faguendo de caminho curiosas considerações moi aproveitáveis pra qualquer estudo d'esta cláss entre nós.
NAÇÃO PORTUGUESA
Serie IV, n.º 6.
SUMÁRIO: A Expressão literária, por Alexandre de Alburquerque.—A doutrina católica da resistência à opressão, por Marcello Caetano.—Portugal y Felipe II, por Juan Beneyto Pérez.—Da necessidade de se reformar a Gramática e dos moldes em que uma tal reforma deveria ser basada, por Rodrigo de Sá Nogueira.—Angola e a expansão portuguesa, por José Augusto Vaz Pinto.—Das ideias, das almas e dos factos.
Vese que não tarda o dia em que se chegue —em certes setores, crar'está—a glorificação de Felipe II em Portugal...!
N.º 7 da mesma Serie.
SUMÁRIO: O Brasil e o hispanismo, por Antonio Sardinha.—O municipalismo e a ditadura, por F. B.—Nacionalismo e catolicismo-Conceito da tradição, por Manuel Murias.—O estado de necessidade em direito penal-Doutrina, legislação e jurisprudência, por Marcelo Caetano.—O túmulo de uma infanta na charola da Sé, por J. Mendes da Cunha Saraiva.—Da essência e dos limites do nacionalismo português, por José Augusto Vaz Pinto.—Das Ideias, das almas e dos factos.—Na Feira das Letras.
Em qualquer lado, o medo é pecado-Mau rras...!
Imp. NÓS, Real, 36-1.º, A CRUÑA
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/28/28cc/28cccf18-dd5a-44f2-903a-af97dd238cc3/12658324.xml
ENSAIOS DE PHISIOGNOMONÍA
DON XOHAN ANTONIO SACO E ARCE
A cencia fisiognomónica — que precura determiñal-as qualidades psíquicas das persoas pol-o estudo do feitío esterior do corpo, e especialmente da testa e da face — é ben antiga. Colleu gran desenrolo dend'os estudos de Xerónimo Cardán no século XVI e de Lavater no XVIII. Dempois do éxito resoante da Frenoloxía, fundada por Gall, botada abaixo pol-a descoberta de mais atinadas localizacións cerebrás, os estudos fisiognomónicos ficaran case de todo esquecidos. Mais adiantechegou o rehabilitamento, e a fi siognomonía colleu nova vida; acometida dend’o tempo do oculismo e da metapsíquica por Andrieu e Durville, e dend’o campo estriutamente centifeco por Vaschide e mais modernamente pol-o alemán Kretschmer.
Non imos falar eiquí dos seus fundamen-
tos: «Non hai ninguén—di Deker—que non teña formulado iste xuizo»: «Ten o ollar cazurro», ou: «Iste bico non anuncia bondade», ou ainda: «Ten fisonomía d'home honrado». E istas impresións da observación vulgar, áchanse confirmadas pol-a cencia: «Aititudes, movementos espresivos, fisonomía, etcétera—di La Vaissiére — son outros tantos meios que premiten descubrir-a persoalidade mental a través da persoalidade físeca». O mesmo atestou Hartenberg, en *Physionomie et caractère* (París, 1907). O motivo é duplo: por unha beira, o caraute responde a un temperamento, e un temperamento a unha determiñada conformación corporal, ouservábele esternamente; por outra non hai dúbida qu’o psíquico axuda tamén a conformal-o físeco, e ainda a expresión das emocións mais adoitadas n-un
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/28/28cc/28cccf18-dd5a-44f2-903a-af97dd238cc3/126583221.xml
Use o novo cristal PUNTAL, fabricación de Zeis, e escrusiva da
CASA DE LOS LENTES
Plaza Mayor, 18. OURENSE.
Pida a NÓS
Real, 36-1.º A CRUÑA
Historia Sintética de Galicia por Ramón Villar Ponte 5 pesetas.
Dibuxos en Linoleum por Xaime Prada 2'50.
Estebo novela por Xosé Lesta Meis 3'50.
A Rosa de Cen Follas poesías por Cabanillas 2'50.
Margarida a da sorrisa d'aurora conto por Evaristo Correa Calderón 0'50.
A tola de Sobrán comedia n'un acto por F. Porto Rey 0'80.
AXIÑA APARECERÁN
Pelerinaxes por Ramón Otero Pedrayo.
Obras teatraes por Antón Villar Ponte, Xavier Prado (Lameiro), López Abente, Suares Picallo e outros.
A escadeira de Xacob novela por Eduardo Blanco Amor.
O Mariscal 2.ª edición, por Ramón Cabanillas e Antón Villar Ponte.
FOTOGRABADO
Si ten intrés en que os seus fotograbados sexan os mais perfeitos posibres, convénlle envialos aos
Talleres de fotograbado ESPASA-CALPE S. A.
Ríos Rosas, 24-Apartado, 547 MADRID
Este nome xa é por sí unha garantía, pois son os talleres mais modernos e organizados para realizar na sua maisima perfeición toda crás de fotograbados en cinc, cobre; tricomias, cuatromias, etc.. O seu servicio e extra-rápido. As suas obras son perfeitisimas.
Suscribase a
"A NOSA TERRA"
Idearium das Irmandades da Fala e á
NÓS
Boletin mensual da Cultura Galega
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/28/28cc/28cccf18-dd5a-44f2-903a-af97dd238cc3/126583212.xml
OS ALTARES D'ALEIXANDRE.
No vrau do ano—326, Aleixandre chegou á beira do río Hifasis asegún contan Arriano, Quinto Curcio e outros historiadores e asegún dirían os doce altares qu'alí ergueu si se gardara rastro d'iles. Pois a falanxe de ferro polido (falanxe de Filipo, lexión de Paulo Emilio, tercio de Xulián Romero, garda de xigantes de Federico, media brigada de Carnot e Bonaparte, reximento de Moltke: estrofes clásicas. Grea de celtas, neboeiro de xermanos, elenco cabaleiro dos cruzados, sotnia de cosacos, cabalgada mongola, landswhert, franco-tiradores, guerrilla, milicia irlandesa, verso ceibe, romántico, novo) non quixo adiantar mais na disforme India latexante. Foron aquiles altares un dos marcos da historia: un termo da marea viva, do Oucidente. Augas do Egeo bañando o corpo quente da Asia. Onde pór hoxe o marco da marea inversa—terrestre? O paralelo dos dous tempos sería intresante. O d'Aleixandre é suxerente non somentes pol-a creación do conqueridor-conquerido, senon moito mais pol-o que ven despoixa hastra a políteca romana, os Parthos e os Sassánidas, Aleixandría, Antioquía, Selencia, a íntema traxedia d'Israel, os gregos arcaizantes e a nacencia do Oucidente nas lamas latinas. Pois Grecia sempre s'envolveu en veos do primeiro e mais achegado Oriente. Foron dende Aleixandre hastra Atalo, Mitrídates e Cleopatra, sigros longos, espaciados, cheos de cousas colosales: plásticas, adeministraciós, esforzos eruditos, catalogaciós centífecas, grandes vidas aventureiras, síntesis disformes, paixons e catástrofes dinas d'Olimpos á posteriori. Centilean coma frías xemas estelares nomes de muller: Olimpias, Estratónices, Berenices Cleopatras. E o pranto dos Adonis medra nos outonos barrocos.
Unha precisa esposición d'aquiles sigros tan desprezados nas historias xerales, enche o volume tidoado O Imperialismo Macedónico e a helenización do Oriente na Evolution de l'humanité. Com'os mais volumes un prefacio de Mr. Henri Berr. Xa falaremos diste home que levaba barba dipromática—de pre-guerra—d'algúns persoaxes de Marcel Proust e sofre o supricio dantesco d'ir escri-
NOS
bindo metódicamente os cen prólogos a qu'está condanado.
UN DICCIONARIO DE FILOSOFÍA.
Chega á tempo. Está chamado a exercer unha pequena, calada e segura infruenza, o Vocabulaire technique et critique de la Philosophie, ordeado dilixentemente por Mr. André Lalande ca colaboración da Sociedade francesa de Filosofía. Fíxose primeiro unha edición en quadernos con grandes marxes pra apuntal-as opiniós ditas e contrastadas en cada sesión da Sociedade. Resultado: un arsenal preciso e documentado do contido ouxetivo da Metafíseca, Moral, Lóxica e Estética, cun pouco d'outras cencias (Psicoloxía, p. eix.) no que teñen de mais xeral. Un grande istrumento d'información, coordinación e lembranza, sin dogmatismo ningún, pois cada redautor faise responsabre do seu, e en cada artigo aveciñanse Platón e Aristóteles, con Scoto, Aquino, Locke, Kant, Cournot, etc. Grandes e pequenos, vellos e novos. Pr'os estudantes sería de grande alivio e consolo espirtual, unha boa escolma do Vocabulaire philosophique. Unha verba: Idea. Falan nos seus idiomas (c'as traducións competentes) Platón, Aristóteles, Kant, Sto. Tomás, Descartes, Hobbes, Locke, Hegel, Schopenhauer, Berkeley, Hamilton, Spinoza, dispostos en liñas asegún os sensos capitales. Nas notas unha discusión antre M. M. Rauh e Lachelier. Iste libro d'estudante, de leutor e d'escritor, o menos que pode fazer será precisar os elementos materiás da conversa filosófica, ben botada de perda por brétemas literarias e ensayísticas.
O XUICIO DERRADEIRO E O CEMENTO ARMADO.
Calouer pensará na chegada do Xuicio Final diant'a moitedume de libros adicados á gabanza do corpo (nú, sportivo, vixiante, durminte, beilante e imperante) coma si fora noxente disporse pr'a grande revista. Xa vai sendo perigoso andar pol-a rua os enfermos e os que sinten rebulir dentro unha sustancia da y-alma. O que non hai dereito é a que se fale de libros como un que trata moi gravemente da ética, estética e novidade (sobre todo novidade, inda que sexa agora un pouco serodia) do cemento armado. Parés qu'en tal libro afirmase que un soporte de cemento pode blandearse sen perigo d'esborrallamento. De todos xeitos, coido que será comenente fuxir cando s'advirtan ises bailados nos pilares de formigón. Istes libros (o soilo anuncio d'iles) dan tristeza e desa-
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1265832&posicion=1
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/28/28cc/28cccf18-dd5a-44f2-903a-af97dd238cc3/12658322.xml
BOLETÍN MENSUAL da CULTURA GALEGA
Direitor Literario Vicente Risco Direitor Artístico Alfonso R. Castelao
Adeministrador ANXEL CASAL
DIREICIÓN E REDAUCIÓN: ADEMINISTRACIÓN: Sto. Domingo, 47—OURENSE Real, 36 1.°—A CRUÑA
ABONAMENTO NOTA
Doce números, na Península 8'00 pesetas. Fora da Península 8'00. Númaro solto 0'70.
Este boletín non pubricará mais orixinas qu'os que foran directamente solicitados pola Direición. Tampouco se fai solidario das ideas n-eles emitidas, a non ser dos que por non iren rubrados, enténdense que son da Redaución.
Os pagos son adiantados e os gastos de xiro de conta dos suscritores
SUMARIO
Novos cantares, por ANTÓN COUCEIRO FREIXOMIL. Ensaios de Phisiognomonía, por VICENTE RISCO. Probremas de Xeografía Galega, por RAMÓN OTERO PEDRAYO. Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza. Os homes, os feitos, as verbas, POL-A REDAUCION.
Reloxería ZENITH Dicenle Risco
MÁQUINAS PARLANTES, DISCOS AGULLAS e ACCESORIOS Abogado
M. CALVIÑO - Ourense Santo Domingo, 47-2.º Ourense
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/28/28cc/28cccf18-dd5a-44f2-903a-af97dd238cc3/12658328.xml
un formiguexar d'elas no contorno do Rodeiro, nos agros e nas encostas penedosas. Algunhas están orgaizadas d'un ano prô ou ro; ô pé dos cotos ou n-un corte do manto graniteco óllase o oco por onde xurden as augas craras filtradas pol-a roca. Outras nascen entre dúas laxes ou entre as follas cristaiñas do estrato. Fontes ou millor nascentes d'ista crás atópanse na Xunqueira, no camiño de Fechos a Cimadevila, no Vedral, nas Campiñas, en Albeiros ô pé do Rodeiro. Na rexión dos agros son mais raras as fontes permañentes, mais n-algunhas direiciós hai cordas onde se pode minar con bó resultado. Por eixempro, os Agoeiros, no termo de Cimadevila. Nos propios agros hai algús terreos barrentos onde demoran as augas da chuvia formando pequenos illós pol-o inverno. Un eixempro, as Lamas, xa na cabeceira da quebrada d'igoal nome, afluente do Medelo. Mais en conxunto, os chaos son enxoitos e soilo consinten coltivos d'herdade.
Ben outras son as condiciós da zona de demarcación co val da Bergueira. Todo ô correr do camiño central da parroquia, unha liña de fontes permañentes tivo non pequena infruenza na criazón da riola dos lugares. Fontes e Carreira Coba en Cimadevila, a Fonte Vella entre Cimadevila e Outeiro, n-un cruce de camiños, a que dá nome ô pobo de Fontemaior, as do Outeiro e Albeiros. Os cotos de Portela e Faracho c'as terras de agro desenroladas entr'eles, apenas teñen mais nascentes qu'as temporarias. As encostas e as quebradas da Bergueira e Fareixa teñen auga d'abondo. Con todo, mais de puzo que de corrente. Unha zona d'augas doadas de precurar siñala a veiga d'Albeiros, cabeceira común a dúas quebradas diverxentes. Outra vai pol-o pé do Outeiro, Cimadevila, hastra xuntarse cos mantaniás das Lamas. Eiquí están bastol-os puzos de bimbastro. Nos fondales das quebradas, os regueiros (Bergueira, Rigueiriña, Formigueiro) levan augas grande parte do ano e van seguidos por terras de lameiro e nabeira. O pobo mais rico d'augas é Soutomanco, posto no ángulo das costas pizarrentas que baixan ô Miño e granítecas esporentes ô Barbantiño.
NÓS
A VEXETACIÓN
O seu estudo compretaráse ô tratar da agricultura, pois como terra de moita poboazón e labouras continuadas dende tempos recuados, o traballo do home cambeou a facies natural do tapís vexetal. De tal xeito que non se pode entender un isolado do outro.
Nas chairas contidas antr'os cotos e pouco traballadas pol-a erosión, medran os musgos e ourícelos que van criando un torrón cicais de futuras colleitas ô podreceren mainamente nas longas invernías. Son zonas de toxeiras e xestales, pouco bastos, agarrados os perfís e laxes da penedía; nos petoutos desfeitos pol-os canteiros domiña a frol decorativa e as follas tristeiras da abrula ou eslralogue. Un cinturón crecedeiro de piñeirás cingue os cotos e rube ás outuras nos da Portela. Cobriría toda a rexión de non-o impedir o dente da avenza que pasce n-aquiles montes comunás de moitos pobos.
Nos chaos e menos nos cotos, medran castiñeiros e carballos sobre o maquís de toxeiras e xesta. Iste cobre as laxas, as touticeiras e en conxunto toda a supreficie non doada prô traballo labrego. N-outro tempo os soutos de castiñeiros alternaban c'os agros de pan; hoxe quedan poucos por grupos de tres ou catro (Pereiras, Vedral, Vieiros, arredores d'Albeiros, os Campos, nos agros intermeios cos cotos da Portela e Faracho). Son arbres vellos e acaracochados. Os carballos en familias mais bastas, dan unha facies de parque a moitas larganzas dos chaos (Campinas, Agoeiros) e a certos derrames dos cotos (Albeiros, Campos). Mais as zonas de pechos arboredos son a do comenzo da encosta (o cerne vidal da parroquia) e as quebradas. Aquela aparesce percorrida por unha riola de soutos, carballeiras e piñeirás dende o lindeiro da parroquia pol-o N e veiga d'Albeiros, hastra o Outeiro e Cimadevila, sendo raros dend'iste lugar ô Albeiros. No camiño ou preto d'il, e nos campos dos pobos envellecen bós soutos (campo da Reguenga, campo da Feira, soutos da Prazado Campo, campo de Cimadevila). O castiñeiro asociado c'as carballeiras figura nas cabeceiras e ladeiras dos lameiros e nabeiras da
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/28/28cc/28cccf18-dd5a-44f2-903a-af97dd238cc3/126583224.xml
Augas bicarbonatado-sódicas de
MONDARIZ
FONTES DE GÁNDARA e TRONCOSO
Propiedade dos FILLOS de PEINADOR
MONDARIZ—BALNEARIO está situado a 35 kilómetros de Vigo e a 20 das estacións de Porriño e Salvatierra de Miño
O Hotel do Estabrecimento está aberto do 1.2 de Mayo a 81 de Outubro
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/28/28cc/28cccf18-dd5a-44f2-903a-af97dd238cc3/12658329.xml
NÓS
veiga d'Albeiros e nas terras penedosas do comenzo da encosta (Fontemaior, Outeiro, Penouzoás, Cimadevila). Algunhas grandes carballas isoladas son coñecidas e gabadas dend'antigo (carballa da Córrega, carballa do Campo da Feira). Mais a porción de móres arboredos é a das quebradas (Formigueiro, Medelo, costa dos Mortos, Fareixa e Lamas especialmente) c'a veiga d'Albeiros. Os bosques de carballos, castiñeiros (en trabes dreitas precurando o sol) medran na boa terra das encostas e regatos encadrando os lameiros. Os salgueiros, bimbierras e abedoetras seguen o correr das terras pratenses e molladas. Os piñeiros e carballizos agatuñan pol-as arestas penedosas. N-istas é frecuente a asociación pechada de carballizos enanos figurando unha sorte de maquís. Nos fondales quentes medran os sobreiros, propios da vexetación da ribeira do Miño (costa de Fechos, Medelo). Nos outeirales soleados da rexión baixa os érbedos forman xuntanzas pechas. É intresante a vexetación do rego da Bergueira na parte fonda, dend'o muiño do Ruzo, onde s'atopan algús eixemprares de teixo. N-outro tempo as oliveiras criábanse hastra a rexión da encosta. Dos froitales falaremos no capídoo da agricultura.
Das prantas herbáceas, abondan na rexión dos chaos, a senradela e o saramugo. Os lameiros compoense de trebo, grama, rabaza, xunca e outras moitas. Nas nabeiras medran os beldros. O toxo e xesta da rexión outa alternan nas quebradas, sobretodo car'o Miño, c'a carqueixa e uz. As carpazas, fentos e silvas asócianse nas terras fondas e húmidas, sempre en loita c'o esforzo do labrego.
PEISAXES XEOGRÁFICAS
Coido que pra conseguire unha impresión o mais compreta e vivente posibre d'unha terra, non hai millor sistema que escolmar unhas poucas peisaxes xeográficas carauterístecas. N-elas síntese o xogo diario dos variados fautores da terra, da atmósfera, da vida e do home que n-un estudo isolado figuran desartellados e privados da dinamicidade da sua realidade de loita e asociación.
Teimaremos fixar algunhas das mais características en cada unha das divisións que temos feito nas terras de Trasalba.
1 O Rodeiro.
Ó pé d'un coto dos mais outos, xa preto da baixada ós chaos. Arredor de nós dispóense groseiramente liñas de cotos penedosos ou de simpres outeirás. Entr'eles espállanse docemente labouradas pol-as invernías, chairas alapeadas no vrau, nas qu'afrora eiquí e alí a laxe nai ou as arestas de penedos encobertos pol-a pequena vexetación de toxeiras roídas pol-os dentes da avenza e das bestas, e mantelos de liques e ouricelos. No inverno iste torrón adequire un maino verdecer e faise mol o pisar, todo il mollado por augas mortas e pequenos regueiros calados. Síntese como o Rodeiro é un gran recolledor de augas do ceo que logo no contorno xurden nas fontes temporeiras dos chaos e millor orgaizadas nas custantes das nabeiras e na reserva que manten os puzos e as minas. Nos días d'outono, costélase o ermo de quitamerendas coma na primaveira mollada de ponmerendas, as suas irmás tamén homildosas e ledas. Os peisanos ben sinten a beleza d'istas froles. Algús bravos piñeiros agatuñan pol-os roquedos ou nascen coma candieiros nas pequenas chairas. Todo o monte podería estar coberto d'iles. Mais é o comunal de tres pobos e o gando e a xente non-os deixan inzarse. Algús cotos están cuase desfeitos pol-os canteiros e ó lonxe locen as pedras brancas, de superficies novas, apenas desfroradas pol-as augas e as vexetacións, por riba das moreas de pedregullos e forras o ollar chouta dos grandes cotos que gardan unha certa ordeación xeométrica ós comestos pol-a erosión, descompostos, esnaquizados, en figuras estranas, de vaga lembranza orgáneca ou pantásteca (testas de porcos, cunchas de sapoconcho, esgrevios perfís de pico, azas e poutas d'ave de rapiña, dólmens sinxelos ou compostos, isolados penedos ovóideos, outros cacarañados de pozarcas e buratos) sufincándose ús ós outros en xeitos
RAMÓN OTERO PEDRAYO. (Continuarase.)
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/28/28cc/28cccf18-dd5a-44f2-903a-af97dd238cc3/126583215.xml
NÓS
Non somos filólogos nin coñecemos o vasco, e así teremos que agardar a que os entendidos den o seu parecer, mais no entretanto non podemos menos de consinar a nosa estraneza ante os feitos verdadeiramente insólitos de que aquela lingua houbera permanecido inalterabel durante dous mil trescentos anos e de que en ningunha das inscripzons funerarias interpretadas e descifradas non apareza nin un soio nome propio.
NO RESTO DA EUROPA.
Novas pubricazóns de G. H. Luquet «L'Art et la Religion des Hommes fossiles» París, 1926, en que se volve á teoría da arte pol-a arte pra os comienzos da pintura nas cavernas e de H. Kunhn en tres artigos aparecidos en Mannus, XVII, en Tagungsbericht der 47 Versammlung der Deutschen Anthropologischen Gesellschaft in Halle i-en Ipek, II, 1926, con observacións ben intresantes en col da arte rupestre en xeral e do de Hespaña (Valltorta) en particular.
Arnold Van Gennep o ilustre etnógrafo pubrica nas «Actes du Congrès d'Histoire des Religions de París» baixo o título «A propos du totémisme préhistorique» un traballo encamiñado a sinalar os perigos das reconstruzóns das mentalidades prehistóricas por medio de comparanzas cos primitivos aituaes.
O paleolítico superior da Gran Bretaña é tratado de un xeito sintético e moi documentado por Miss Garrod en «The upper palaeolithic Age in Britain» (Oxford, 1926.)
Pode servir de proseguimento da obra de Miss Garrod o libro de T. D. Kendrick «The Exe Age» (Londres, 1925) en que se sistematiza de unha maneira nova todo o coñecido respecto ó eneolítico e os comienzos da Idade do Bronce na Inglaterra, concedendo a debida importancia ás aportacións da cultura francesa do silex e ós contaitos marítimos co oeste da Península Ibérica.
No Mitteilungen der Anthropologischen Gesellschaft in Wien, saíu o artigo de Hrodegh, «Studien über die Neolithkeramik des niederösterreichischen Manhartsgebiets» e tamén o de J. von Trauwitz-Hellwig «Kulturverhältnisse am Ende der Stein und Anfang der Bronzezeit in Südbayern» que conteñen moitas apreciacións notables en col do eneolítico e da Idade do Bronce da Moravia e de Baviera.
Moi útil pró coñecemento da prehistoria escocesa, que a través da Irlanda tivo relacións probabels ca galega é o «Illustrate catalogue of speciemens from prehistoric instruments found in the North-East of Scotland» publicado por R. W. Reid.
De importancia capital pra Galiza son os dous artigos de J. Loth «Relations directes entre l'Irlande et la Peninsule Iberique a L'Epoque Eneolithique» «Relations directes entre l'Irlande, l'Armorique et la Peninsule Iberique a L'Epoque Eneolithique» que viron a luz respectivamente nas Memoires de la Société d'Histoire et d'Archeologie de Bretagne, VI, 1925 e no VII, 1926 da mesma revista, nos que se trata con grande acopio de datos o problema de aquelas relacións, anque cinguindo soio a Portugal e sen menzoar a Galiza cujos inventarios parez desconecer o autor por completo.
Moi intresante tamén o traballo de Z. Le Rouzic e de M. e Mme Saint Just Pequart aparecido co título: Er-Yoh, Nouvel outillage en os et en pierre decouvert dans le Morbihan» na Revue Anthropologique, XXXV, 1925, en que se dá conta do achádego de seixos de lascado asturense n-aquela localidade armoricán, que apareceu n-un meio neolítico ou millor eneolítico, mais que a pesar de ela poden indicar unha tradición común na Armórica e na Galiza.
DA ÁFRICA.
Continúa iste continente preocupando fundamentalmente ós prehistoriadores e os etnógrafos.
Menzoaremos:
«Hadschra Maktuba. Urzeillische Felsbilder Kleinafrikas», por L. Frobenius e H. Obermaier. Estudo definitivo da arte rupestre do Sahara.
«The Recent Geology and Neolithic Industry of the Northern Fayum Desert», pol-as señoritas E. W. Gardner e G. Caton-Thompson (Journal of The Royal Antropological Institute, LVI, 1926.) Abondoso material entre o que aparecen algúns curiosos paralelos de tipos almerienses.
«Die Tumbakultur und der westafrikanische Kulturkreis», por O. Menghin. Estudo dos instrumentos de pedra do Congo medio.
«The Stone age in Rhodesia», por Neville Jones. Contribución importante pra o coñecemento do paleolítico sudafricán.
DA ÁSIA.
«Untersuchungen zur Paläoethnologie des Orients», por Viktor Christian (Mitteilungen der Anthropologischen Gesellschaft in Wien,
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/28/28cc/28cccf18-dd5a-44f2-903a-af97dd238cc3/12658323.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
Ano IX ★ Ourense 15 Nadal 1927 ★ Núm. 48
NOVOS CANTARES
por ANTONIO COUCEIRO FREIXOMIL
És un botado pra diante, pero ti a min non mas das: a xente nunca che é menos que cando coida que é mais.
Na loubanza débese ir con tino, porque non sexa a sobra de cera tanta que prenda o lume na eirexa.
O viño sempre está ben; ti damo cando quixeres; logo de comel-o caldo un gotiño non mo negues.
Cadeliño, cadeliño que hoxe me fas tanta festa: teño tallada na mau, e seica queres comela.
Por aquelo de falar berreille a un xordo o outro día: —¿A onde se vai, meu patrón? E contestou:— A oir misa.
Foise Xulián de ruada, i-ô sair dixo a muller: —Despois que un vai ben comido non ten ansia de comer.
Merquei con diñeiro alleo, e non-o volvo a faguer: mercar con diñeiro de outros n'é mercar, sinon vender.
As estreliniñas do ceo tembran na noite, e non sei si é que tembran espantadas do que no mundo elas ven.
Non poiden fuxir do pau, mais logrei que a outro lle deran; mentral-o pau vai e ven algún descanso me espera.
Home que pol-a calada nas pedras anda a apañar ou é tolo de remate ou a alguén as quer ceibar.
Xa sei que é soilo no ceu onde un pode ser feliz, i-eu seríao si topase co-ista meiga terra alí.
Moito te quixen, e ti nunca boa fala me deches; Dios che depare mais sorte da que para min trougueches
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/28/28cc/28cccf18-dd5a-44f2-903a-af97dd238cc3/126583218.xml
Borrador OCR local de apoyo. Úsalo solo como pista débil cuando la imagen sea ambigua; si contradice claramente la imagen, prioriza la imagen:
lo
pósitos e achádegos soltos en Galiza de machados d'esta clas, e onde están. Logo apoiándose en Dechelette divideas en tres tipos fundamentás, cronolóxicamente sucesivos: sen anel, de un anel e de dous, ademitindo con Siret antre estas coma mais modernas, as de seición poligonal; estuda a distribución xeográfica, e convén con Obermaier, Mendes Correa e outros en que estaba ben chamado a istes machados /¿po do Miño, e pon tamén o seu orixe na Galiza e Portugal, cousa confirmada pol-a sua abundancia eiquí, as que conservan as rebabas da fundición, o haber eiquí o metal e o achádego de moldes; anque propón se lle chame //po galaico-asturián. Quanto A cronoloxía, atense, visto que Galiza cstá dentro da gran provincia do oucidente europeu da cultura do bronce, Os períodos marcados por Dechelette, e pon a orixe dos machados de talón de duplo «nel do tipo noso, no período III, anque perdurando en Galiza en lugar do de cubo, e ponlle coma datas estremas de 1.300 a 800 a de X. C. Tocantes ás xentes que criaron o tipo, límitase a expór as opiniós de Siret (celtas), Schulten (ligures) e Bosch Gimpera (capsienses) en col da poboación do leste peninsuar nos derradeiros tempos do Bronze (anos 1.000 antes de X. C.) non atopando fortes razós pra poder resolver tan escuro probrema.
UNA ESTACIÓN DE ARTE RUPES-
TRE EN LAS MÁRGENES DE LA
RÍA DE AROUSA, por Fermín Bou-
ZA BREY TRILLO (Separata das Actas
y Memorias da S. Esp, de Antropo-
logía, Etnografía y Prehistoria,
Madrid. 1927,
Convén a descripción por miudo das insculturas rupestres da parroquia de San Xan de Camio, perto de Carril, nos lugares dos Ballotes e Meadelo, comprendendo as do pirmeiro 14 composiciós. D'elas as 1, 2, 3, 3, 7, 8 e 10 con estilizaciós de bestas; as 4, 5, 6, 7, 8, 9, 11, 12, 13 e 14, con buraquifias e circos concéntricos; e as 3 e 7 con estilizaciós humans. As do Meadelo son tres: a 1 con circos, buraquiñas, liñas ouduladas, signos pectiformes etc., destacando 3 ou 4 representaciós d'ídolos-placas, chamando a atención o autor sobre de que unha ten a testa hasciforme. o qual podía relacioado co culto do machado; a 2 ten buraquiñas e un dobre circo; e a 3 un circo e un besta estilizada. O autor clasificaas en 4 agrupamentos: a) Bestas asquematizadas con lembranZas naturalistas. b) Figuras humanas estilizadas, pouco c) Repersentaciós idoliformes. d) Combiñaciós de circos sinxelos e concéntricos con buraquiñas incrusas.
NÓS
Por fin recolle o folk-lore referente á pena dos encantos, que é a que ten as repersentaciós idoliformes, e que presenta variantes da historia en qu'a dona encantada da a escoller antr'os ouxetos que ten na tenda, e das olas de ouro e prata e de veneno. As riscadelas da pedras interprétaas a xente coma dicindo:
Ola de ouro, ola de prata, Ola de veleno que mata.
Ou coma siñás postas en tempo de guerra
pra indical-o camiño ús Ós outros.
REVISTAS A NOSA TERRA, Santos, 1927,
Suxario: Ao decorrel-os días.—Na lama dos orixes, por Ramón Otero Pedrayo.-O cañón de pau, por Avelino Rodríguez Hlías. —En Ribadeo. Unha bibrioteca circulante. —Espellos.—Mes de Santos, por Victor Casas. —Follas novas: Estebo.—Un discurso de Basilio Alvarez.— Penetrando,— Dendes d' América.
BOLETIN DE LA REAL ACADEMIA GALLEGA, Novembre, 1927.
Suxaroo: Dos interesantes hallazgos de ca-
rácler arqueológico uno y elnográfico olro, por Federico Maciñeira.--Puentedenme y su comarca, por Antonio Couceiro Ereijomil.— Prehistoria gallega: Hachas de bronce de talón, por Angel del Castillo.— Noticias: Los descubrimientos de Sta. Eulalia de Bóveda, por A. del Castillo.—Obras recibidas para la Biblioteca de la Academia. —-Col. de Documentos hist6ricos: De la Cofradía del Espíritu Santo de Muros, 1692.— Testamento del Arzobispo Andrade y Sotomayor, 1652 y 1655.
O Sr. Maciñeira da notiza do achádego d'un machado de pedra e mais d'un chiflo tamén de pedra pizarrosa, a qual parés que ainda hai pouco empregaban os rapaces en Cedeira e mais en Ortigueira, anque semella qu'istas eran de carabuñas de pexegos ou pavías.
O Sr. Castillo pubrica deseños da planta, un ladrillo e un conicelo da vella eirexa de Bóveda, e unha foto dos arranques das voutas.:
1.2 de Diciembre, 1927.
Sumario: Un incunable compostelano, por Armando Cotarelo.— El Convento de Santo Domingo en Santiago en la Guerra de la Independencia, por Fr. Aureliano Pardo. — Apuntes sobre una fábrica de lienzos funda-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/28/28cc/28cccf18-dd5a-44f2-903a-af97dd238cc3/12658325.xml
NÓS
suxeto, ha se ir pintando na parte mais espresiva do corpo, a mais mobilizada pola emoción, ou sexa no rosto.
Hai tempo que tiña eu mentes d'ensaiar a miña pouca cencia fisionómica nas faces d'algús homes ilustres da nosa Terra—especialmente poetas e literatos—xa desaparecidos, e dos que se conservan retratos auténticos. Coma é unha pequena contribución a nosa historia literaria, irei dando eiquí algús dos que vaia facendo.
Advirto dende logo que n-istes retratos fisiognómicos, haberá moito d'impresión persoal, guiada, crar'está pol-as direitrices xerás marcadas pol-os investigadores modernos (especialmente Hartemberg e Kretschmer); mais é que hoxe n-esto coma no estudo antropolóxico das razas, a tendenza é a aconsellar o aterse, mais qu'ó estudo isolado dos caracteres, a impresión global, que nin medidas nin índices poden substituir ventaxosamente.
No salón da Direición do Istituto de Segundo Enseño d'Ourense, hai un retrato en olio do que foi seu Direitor D. Xohan Antonio Saco e Arce, o qual, no meio dos qu'alí hai e que amostran o tristeiro adocenamento da arte oficial, chama dende logo a atención de calquera que olle pra il. Ise retrato foi o pirmeiro que m'incitou a emprender istes estudos.
A persoalidade de Saco e Arce, humanista, filólogo e poeta, autor da que podemos chamar pirmeira Gramática Galega, tradutor en galego do Stabat Meter e do Miserere, recoleutor d'unha enorme coleición de cántigas e de refrás, é ben merecente delo. A sua vida esterior foi tranquía: naceu en 1836 n-Alongos, no solar da sua caste fidalga e morreu en 1881 n-Ourense. Eiquí fixo a carreira eclesiástica e en Santiago a de Filosofía e Letras. Tivo a cadeira de Retórica e Poética no Istituto d'Ourense.
Retrato fisiognómico.—Unha testa á qu'alguén atopou certa semellanza co-a do Dante, cecais pola flacura. Cráneo outo, e face modelada a plans, alongada e angulosa. Unha facies céltiga. Dende logo vése qu'é do tipo cerebral, pol-o desenrolo do tramo superior: unha fronte outa, un quarto pol-o menos mais qu'o tramo medio—que tamén é longo—e unha miga deprimida nas tempas. Denuncia un home de pensamento, unha forte inteleitualidade. A fronte por arriba remata despexada, mais vése qu'a calva é a calva céltiga, que comenza pola coroa, e non por adiante; asina no outo da fronte aínda quedan pelos. Era sen dúbida unha mentalidade poderosa, un outo esprito, iste Don Xoan Antonio Saco e Arce.
O tramo medio—antr'o nasio e a espiñal—é tamén longo, cos pómulos marcados, tendendo pol-o tanto ó tipo respiratorio, dos aventureiros e homes d'aición. Mais áchase tan domiñado pol-o gran desenrolo do tramo superior, qu'a vida cerebral é a que leva todal-as enerxías; a marcadura dos pómulos non é eiquí outra cousa que siñal do tipo asténico, no que s'incruien os esquizoides de Kretschmer, revelado ademais n-iste caso por todol-os outros caracteres. A longura do tramo medio indica eiquí, coma siñalan Deker e Penschel, a terguedade, confirmada por outros signos.
O tramo inferior, moito menos desenrolado, non poriso lle falta intrés. Oferce unha queixada firme, cadrada, non moi estreita, indicando un caraute forte, e un papo cadrado, indicando vontade e á un tempo certa cobardía no trato.
O pescozo delgado, mais estreito qu'a queixada—frecuente nos galegos—co-a noz sainte, é ainda, axuntado ós outros caracteres, un sino d'astenia, e d'un caraute doorosamente sostido. Indica tamén, co demais, tendo en conta a sua longura, pouca vitalidade (Saco e Arce morreu ós 45 anos).
Entrando xa nos caracteres mais miudos, fixémonos pirmeiro nas sobrecellas baixas —ainda un signo d'inteleitualidade, asegún Deker e Durville, embora a xente dera en chamar Laughsbrow ós filisteus...—e coma s'estiveran enrugadas no comenzo do naris e nono están, senon que colleron elas xa ise