https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/23/23c2/23c2ee89-50be-42ec-82a5-5023998c79ff/115714823.xml
NÓS
2 Redondiña como o pé do mular e pasa o río sin se mollar.
A LUA.
8 Alto pepino redondo molete que chova que neve nunca se derrete.
A LUA.
4 Todo conde, todo conde, agál-o mar que non pode.
A NEVE.
5 Altas aradas, vacas raxadas, ollo fermón e boi renegón.
(As altas aradas son as nubes; as vacas raxadas, as estrelas; o ollo fermón é o sol, e o boi renegón é o vento que zoa.)
Referentes ás bestas:
6 Non tén óso nin ostela, y-anda debaixo da terra.
A MIÑOCA.
7 Unha señora vestida de negro, tórnalle os cochos, que os cás non ten medo.
A LEZMA OU LIMACHA.
8 Unha señora deitada n-un prado, vestida de pano labrado; nin era pano, nin era seda, y-o que a vé pasmado se queda.
A COBRA.
9 Barbouzán entrou por portas con trescentas follas postas; trescentas follas e un ramo n-adiviñarás est' ano nin tampouco pro que ven agás que cho diga alguén.
O GALO.
10 Catro rolda-montes, catro deita-fontes, dous tusturustús e un dalle-dalle.
A VACA.
(Os catro rolda-montes son os pés; as catro deita-fontes, os tetos; os tusturustús, as cornas, e o dalle-dalle é o rabo.)
11 Que son esos aguzados que andan tan aparexados?
Os CORNOS.
Referentes ó ovo:
12 Cacurico non tén ollos, cú, nin bico; y-os fillos de Cacurico, téñen ollos, cú e bico.
O ovo (Os fillos son os pitos.)
13 Unha xarriña de fonforronfón sin cú nin tapón.
O ovo.
14 Entre cancela e cancela, unha xatiña amarela.
A YEMA NO OVO.
15 N-unha casiña moi encaleada, hai un probiño facendo morada.
O PITO NO OVO.
Referentes ás plantas:
16 Longa, longa com'a soga e tén dentes com'a loba.
A SILVA.
17 Cen e cen e cen fillos tén y-a todos con leite os mantén.
A FIGUEIRA.
18 D'un alto me miras, comer me querías, de ti sairá quen a min me carretará.
(O ovo na porra, falando coa cobra, pote mo prlezo d'ela ha ser corretado o miño despois de feito. O Br. Noriega añide que custra din u trigo, pro sato faría inespricodel a adeviñanza.)
19 Pucho sobre pucho, pucho colorado.
A CEREIXA.
20 Puntas pra diante, puntas pra trás.
AS TESOURAS.
21 Pucariño, manxariño, nin asado, nin cocido, nin revolto con culler; adiviñe quen quixer.
A SOZ.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/23/23c2/23c2ee89-50be-42ec-82a5-5023998c79ff/11571481.xml
NÓS.
NÚM. 1
30, Outono do 1920
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/23/23c2/23c2ee89-50be-42ec-82a5-5023998c79ff/11571486.xml
2 NOS valores galegos: dos nósos valores tradicionais, e mais dos valores novos que cada día estanse creando na nósa Terra.
Nós ha ser a representación no mundo da personalidade galega na sua ansia de s' afirmare coma valor universal, autóctono, diferenciado, dentro ou fora da Terra.
Nós ha ser a afirmación pra sempre do verdadeiro ser de Galizia, do Enxebrismo, no que ela tén, debe e quere persistire. O Enxebrismo é a nósa orixinalidade específica, a nósa capacidade de creación, o nóso autóctono dinamismo mental.
Querendo suprimir entremediarios antr' o pensamento galego e o pensamento dos pobos cultos, Nós abre as suas páxinas a prestixosas personalidades estranxeiras que contan de nos honrar co' a sua colaboración e tamén ha informar ó público galego do movemento das ideas no mundo civilizado.
Nada mais.
E, ós que s' asombren da nósa confianza, da nósa firme ledicia ó principiar un traballo rudo, hémoslle dicir que temol-a evidencia de sermol-os millores, os mais doados, os mais fortes; de que total-as forzas do espírito están conosco, de que imos trunfar por sermos nós, por sermos galegos, e por seren o Tempo e o Mundo os que o piden...
Nós conta achar 'agarimo e xenerosa axuda en todol-os que sintan d' iste xeito.
A todol-os que nos lean
SAÚDE E TERRA.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/23/23c2/23c2ee89-50be-42ec-82a5-5023998c79ff/115714812.xml
soyo pol-a mistura de sangue antr’os homes: mais ben pol-a convivencia co-a terra, cos seres dos tres reinos. A Terra é a segunda placenta ond' estamos sendo formados namentras que n-éla vivimos. O nóso corpo é un anaco d'éla, porque d' éla saca o alimento que lle dá carne e sangue: éla está en nós, nas nósas veas, nos nósos ósos, nos nósos miolos... Ela está na nósa y-alma e no nóso entendimento, que d' éla vefien que d' éla son fillos, como o corpo o é. Ela enche d’ imaxes o nóso interior, y-esí como alimenta ó corpo co-as especies físicas, tamén alimenta á y-alma co-as especies sensible. Pertenecémoslle en corpo y-alma...
de nos meter n-elas, pra tomar concencia de nós mesmos ó atopar en cada unha un valado que detén o nóso desexo, a corda tendida do poema védico... Pirmeiro a soparación, a distancía, o valado, o empedimento, o límite, o río; e consiguentementes, o esforzo pr’ á unión, pr’ ó achegamento, pr'á insoparación, pr ó venclmento, pr'á libertade, á ponte. Con concencia de nós mesmos (soparación, isolamento), nasce a Espranza da unión, da confusión coas cousas. A meta suprema da espranza, os indios chámanlle Moksha, que quere dicír a un tempo: libertade e unión coa esencia eterna de todal-as cousas; Deus.
Sagrada Terra galega, amasada co-as cinsas dos nósos abós, co suor e co sangue dos nósos irmaus, relicario das nósas lembranzas, Terra onde sementamos nosas espranzas todas, divina Nai que nos fas divinos ó estarmos feitos da sustancia tua: pra Tío nóso alento, o nóso esforzo, o nóso amore...
Aguesta terra ond tot lo que s' hi cria és sa pàtria, Senyor, i no podria esser lavada una pàtria celestial?
Sentimento da Terra: morriña e saudade... Mais a saudade é tamén a cobiza do lonxe... Entón?... Si; pro o sentimento da Terra y-a cobiza do lonxe danse na nósa y-alma tan entretecidos, tan envolveitos que non podemos soparalos. Pra por en craro iste misterio, compre qu' afondemos un poueo na orixe trascendental de saudade.
Un versículo do Paramátma Samhita do Rig-Veda, dí: «O Desexo nascen pirmeiro, e fol a pirmeira semente do Esprito. Il produela unha soparación, unha corda tendida...» Eis a idea qu' estaba xa nas nósas orixes aryas, a idea que, mais ou menos crara, está na yalma das razas loiras do Norte d' Europa, a.idea que latexa no fondo de todo Romantismo.
O home é un desexo descido no mundo da corporeldade. A nósa vida non é mals que iste desexo debaténdose pra se realizare. D'eiquí a Cenciu, con que queremos orgaizal-o mundo e facelo entrar inteiro adentro de nós pol-o cofiecemento; d'elquí a Arte coa que creamos mundos novos; d'elquí o Amore co que compretamol-a nósa faltosa Individualidade; d' eiqui a Relixión coa que intentemos chegarnos a Deus.
Mais Castelao, enterpretando craramente o que nos pasa, dí: «Os galegos non temos a luz da espranza diante de nós, témola detrás de nós, enriba do pazo ou da chouza onde nascemos...» Deus é a luz da espranza acesa detrás de nós... El non é Deus a esencia divina de todal-as cousas, non é a esencia divina da nósa Terra, do nóso Lar? Logo, non temos sempre conóseo a sua Presencia inefabel?... Somentes é a nósa soberbia a que nos leva a buscal-a no lonxe, en todol-os lonxes do tempo e do espacio, da razón e da utopia.
D' iste xeito sentimol-a presencia evidente de Deus na nósa Terra, que se nos fai celeste e sagrada com' unha eirexa, porta da eternidade, tabernáculo da Gracia de Deus feita beleza. Os celtas, nósos abós, non erguían templos de pedra como os orientnes: a Terra era o seu templo... Terra que sería ceo, se fora eterna... En sel que, coma Rosalía, se me vira no ceo, choraría de saudades pol-a miña Terra... Non poder lovar comigo aquila fonte, aquil carballo, a nogueira, a casopiña, o río, o muíño, á sombra húmeda dos amieiros... Terse que soparar de todo esto pra sempre; cecaís chegar a esquecelo... Ay,
Desexo de vivir, de chegar ás consas, de nos meter n-elas, d'atopal-a sua y-alma... Iste desexo dounos carne mortal, dounos drgaos pr'ó nóso contauto coas cousas, pr’ alcendel-a cobiza
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/23/23c2/23c2ee89-50be-42ec-82a5-5023998c79ff/115714826.xml
20
BOLETÍN DE LA COMISIÓN DE MONUMENTOS DE ORENSE
T. VI-N.º 139-Julio-Agosto 1920
Trai o seguinte sumario: Varones ilustres de Orense. Siglos XVI y XVII por M. Martínez Sueiro.—Inscripciones asturicenses en los «diarios» de Jovellanos por Marcelo Macías.—Pedro Díaz de Cadórniga evocación d' unha das curiosas figuras do nóso turbulento século XV, por Benito F. Alonso.—Documentos del Archivo Catedral de Orense por M. Castro y M. Martínez Sueiro. Dous interesantes documentos do século XV.
EL DÍA, TERRASSA
2 d' Octubre de 1920
Unha folla titulada Noucents, suplemento literario qu' acompaña ós números de El Día, vén a ser unha das máis interesantes revistas catalanas. Colaboran n-ela Tomás Garcés, Josep Carner, J. M. Junoy, J. Salvat-Papasseit, López Picó y-outros prestixios da mocedade catalana. No número derradeiramente chegado, trai dibuxos de D. Carles, Josep Aragay e E. Cristòfor Ricast, e os seguintes poemas: Enfermament del diumenge de J. López-Picó.—Epigrama de la humana vanitat de Ricard Pemanyer.—La donsella en el cap de Joan Vidal Salvó.—L'absurde de J. Salvat Papasseit.—A una noia de muntanya de Joan Draper, e Al sol traducción de Conrado Govoni por Tomás Garcés.
NÓS
A NOSA TERRA, A CRUSA
Ano IV - N.º 128 - 25 Setembro. 1920
Esta valiosa revista qn' hastra d'agora foi sola a soster valentemente a bandeira de Galizia en todolos ordes, tén cada día un meirande intrés. O número derradeiramente chegado trai o seguinte sumario: Vai sendo hora por Ramón Villar Ponte, nova iniciativa do incansabel escritor nacionalista, dina de ser acollida por todos... Cando o comenzo da loita en Cataluña, cando un patriota catalán recibía unha carta d'outro catalán escrita en casteláo, devolvíalla sen abrila: oxe xa non compre por que non se dá o caso... E nós debéramos levar a descortesía o que un galego nos fale en casteláo... —Alma por Johan Viqueira, notas do pensamento enxebre do ilustre profesor—Cartas Portuguesas, Galiza, nósa irmá, por Artur Ben-Rosh, con notas históricas da comunidade tradicional de Portugal e Galiza.—Portugal e Galiza por A. Villar Ponte, en resposta a unha dedicación do gran filósofo portugués Leonardo Coimbra.—Poemas sinzelos por Correa Calderón, interesantes notacións líricas en prosa, de xeito cheo de novidade.—A Academia Galega e os Nacionalistas en Mondariz.—A cantiga de María (poema) por Manoel Antonio.—Historia dos movementos nacionalistas. Irlanda II.—As novas correntes políticas da Galiza por Arturo Noguerol.—Outro berro por Ignacio Rodríguez.—As predicacións no deserto, colaboración catalana, do agudo e forte escritor Tomás Garcés.—¡Sursum! (poema) por Pío de Nadal.—Libros e revisións, sobre: Cabanillas na Academia galega, Un manifesto futurista catalán, Néveda, Letras galegas en Francia, Do Ermo.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/23/23c2/23c2ee89-50be-42ec-82a5-5023998c79ff/115714816.xml
12
ÓS
DOS NOSOS TEMPOS
A mais forte característica da maneira literaria que se chamou decadentismo, simbolismo, nephelibatismo, e qu'encheu co'as suas produciés os derradeiros anos do século XIX y-os primeiros do XX, foi un aleixamento despeutivo de todal-as orientacións políticas, sociais e científicas da nossa civilización ocidental. Sentiamol-os mozos qu'enton principiabamos a nos interesarmos pol-a literatura, un noxo fondo e forte por todol-os problemas que xa n-aquil tempo facían pendurar sobre do pelto as testas dos homes serios.
Pra nós, as invencións dos irmáns Wright e de Marconi, as cuestións internacionais, o socialismo y-o sindicalismo, eran cousa de xente burguesa, no sentido antiliterario que nós dabamos a esta verba, boas pra que a elas atenderan Brown, Pérez, Müller ou Dupont, quer dicir, o vulgo mais ou menos ilustrado dos inxenielros, os catedráticos y-os académicos.
E namentres que nós, entocados nas nósas torres de marfim, ben acochados no himatión dos gregos, no albornoz dos árabes, ou nas túnicas d'Oriente, víviamos pensando no que xa pasou, camiñaba á veira nósa a procesión das brusas, as chaquetas y-os uniformes, e nós deixabámola pusar, sen facer un mal guiño nin botarlle unha ollada.
Non embargante, ó chegar a segunda década do século que corre, cand'escomenzaron a zoar no aire os primeiros avións, y-a bruaren n-a terra os motores dos automóveis, cando os cinematógrafos y-as revistas deron en reproducir os raña-ceos y-en falaren da intensidade industrial dos Estados Unidos, cando se confezeron os feltos cheos d'interés romanceiro dos colonos do Texas ou dos mineiros de California, en loita cos homes e co'a natureza pol-a fortuna ou pol-o éxito, algúns de nós botamos sobre aquil país mozo, de vida forte e nova, un ollar de simpatía. Pro non pasamos d'ehí, y-a pesar de Wishman, de Verhaeren, de Marinetti, non chegamos a pousar a un lado as vestes d'Oriente pra vestirmo-la chaqueta e seguimos envoltos nas nósas soñacións, vendo sin ver coma pasaban as guerras y-as revoltas e preguntando, cando o barullo do mundo chegaba a nós mais forte que a cotío, quen era ise Jaurés, ou que quería ise Billow...
Y-esi estabamos cando estralou a guerra en 1914. Dend' os primeiros instantes, os berros d'anguria foron tan dooridos, tan bárbara a matanza, tan cheo d'horror o cadro d'unha Europa tola coa tollice do sangue e da morte, que nós, os despeltivos, os alleos á actualidade, os refuxados nos tempos pasados, tivemos que ollar orredor de nós, e vimos ós que foran nósos ídolos, os homes-cumes de Francia, da Inglaterra e da Alemaña aldraxábanse escudados n-un patriotismo de feira, vimos coma caían catedrás, pazos e castelos, e vimos coma no fondo das trincheiras ficaban atuados os soños d'internacionalismo e de paz...
E despoixas, cand' a loita somellaba acabar, aló, na lonxana Rusia, que nós ademirabamos tanto pol-a sua literatura, o seu orlentalismo y-o seu cristianismo evanxélico, xurdía c' unha ameaza, a pantasma da revolución social.
Nós, coma caxeque todo o mundo, mirabamos as ideas marxistas com' unha cousa de realización lonxana, que chegaría a ocurrir aló dempols de moitos anos, de séculos cecais, desenvolvéndose n-unha evolución calma e serena, somentes interrompida pol-as violencias das folgas, ou as resistencias das clases industriás ós avances sorbentes dos Estados. As orientacións pacíficas dos partidos obreiros da Europa Occidental e Central, a mesma intervención cada día mais autiva dos seus xefes nos gobernos dábanos direito a pensalo.
Ninguén contaba coa Rusia, nación atrasada, pouco culta, non disposta tan xiquera pra un modesto réxime democrático, e foi a Rusia a que botando por terra os tópicos evolucionistas, chouton d'un pulo, dend'o zarismo a Lenin, y-entr'o pasmo y o medo de todol-os capitalistas do mundo istaurou y-añanzon un réxime socialista.
E foi entón cando nós, como os mais, tivémole concencia d'un perigo qu'ameazaba, non somentes ás nósas ideas de liberdade pública, senon á nosa liberdade individual, pois un comunismo estatista ó xeito ruso, que bote por terra as fortes torres dos donos da industria e dos donos da terra, non é de supor que faga mucho aprecio das nósas probes torres de marfim.
E diante do espeutáculo d'unha Moscovia co traballo obrigatorio nas fábricas, coa cencia oficial levada ós últimos estremos, c'un teatro e un arte sociás, pousamol-o himatión dos gregos, o albornoz dos árabes y-as túnicas d'Oriente, e vestindo a chaqueta demos en ollar afincadamente orredor de nós, y-esi estamos, y-esi estou...
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157148&posicion=18
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/23/23c2/23c2ee89-50be-42ec-82a5-5023998c79ff/115714817.xml
A RODA DE SAN XOAN
por Castelao
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/23/23c2/23c2ee89-50be-42ec-82a5-5023998c79ff/115714814.xml
ter unha lingua de seu. Na Edade Media, os Suevos fundaron eli un reino independente, que contribuiu sen duda a preserval-o seu particularismo e preparou a nacencia d' unha literatura autónoma. Esta literatura esencialmente lírica e mol influenciada d' arte provenzal deixounos no Cancionero de Baena, curiosos testemoyos d'autoridade, e as diversas correntes que a constituen houbéranse prendido de seguro no ‘movemento das letras portuguesas veciñas, se a politeca non houbera decidido outramentes e se a Galizia non s' houbera atopado incorporada ó Estado Castelán.
Dend' o século XVI a fin do XIX, a lingua da Galizia s' atopou rebaixada ó estado de dialeuto, e somentes dende 1862 a coraxosa provincia esquecida de todos, chegou a reencontrare unha voz ben súa. Os ecos d' ista voz teñen un acento inegabelmentes lusitano, con algo de nórdico e medieval, que mistura de boa gana a sátira coa elexía, o enternecemento saudoso coa revolta ardente ou co humor.
Todo o movemento romántico de renovación, de liberación, esprésase nas blasfemias violentamentes anticlericás de Manoel Curros Henriquez, morto no desterro, nos pamiletos de Valentín Lamas Carvajal, tan ben coma nas variacións idílicas, cheas do tremer de planto dos pinos da montaña que fixeron a sona d' Eduardo Pondal e de Rosalía de Castro.
A actividade intelectual autonomista tomou dende 1900 unha amplitude particular. As Irmandades da Fala axuntaron coraxosamente as resistencias ó Castelanismo, e precuran metódicamente por lle volver á lingua da provincia o lugar que lle é debido en todol-os domínios. Elas espállanse por todo o país e a revista A Nosa Terra, onde colaboran escritores portugueses, asegura a eficacia da sua propaganda, ó tempo que a Biblioteca popular de Galizia s' esforza con publicacións baratas, en fagher entrar no pobo as obras notables dos poetas e escritores da terra. Certos espíritos outamente cultos, coma Vicente Risco, ós que anima unha fé ardente na nobreza da raza, principiaron aínda a chamar a atención do estranxeiro sobre o esforzo intelectual dos seus camaradas de letras. Antre istes, tres figuras de poetas destácanse d' un xeito orixinal, e algunhas das suas producións son merecentes de seguro de pasal-o horizonte estreito do sen curruncho desamparado.
Digamos deseguida que gracias á calidade do seu esforzo, tanto como á enerxía dos diver-
NÓS
os artesáns d' iste curioso espertar colectivo de concencia, a Galizia parécenos chamada a xogar na reconstrución política da Península un papel de primeira clás ó lado de Cataluña e é isto o que os dirixentes de Madrid s' esforzan astuciosamente de preveñir, namentras que o Portugal, por medida de prudencia ten que facer que iñora as simpatías fraternás de que é obxecto pol-o lado galego.
Esta fé ardente nos destinos da Galizia impregnou os dóces libros de Ramón Cabanillas: Vento Mareiro e Da terra asoballada. Por iso foi sobrenomado o Poeta da Raza.
Voltaivos un instante car' ó mar Atlántico.
Escoitade esta voz varonil, ás veces rouca como o bruar das olas sobr' os penedos, emocionante com' o queixume do vento nos pinos:
—«La Galice monte au Calvaire.
Aux prises avec le ciel,
elle est assise sur une pierre, au bord du chemin, couverte jusqu'aux yeux de son manteau brun. C'est le pauvre manteau
des jours d'hiver,
des jours de pluie, de vent, de neige,
de faim, d'enterrement.....
C'est le manteau des peines et du travail,
le pauvre manteau, le vieux manteau,
que l'on met pour aller voir son fils en prison
et lui donner le suprême adieu;
celui que l'on met pour payer l'impôt,
les loyers, les droits, les rentes, —le démon de l'enfer
celui que l'on met quand sortent les bateaux
qui emmènent les gallegos
au large de la mer, au large,
loin des choses familières du pays natal,
celui que l'on endosse aux jours de tourmentes.
La Galice monte au Calvaire.
Elle ne porte pas sur le dos la croix du Nazaréen,
elle porte son pauvre manteau;
elle porte son vieux manteau.....
Elle ne pleure pas: la source est tarie,
Des serpents lui sucent les seins;
Elle ne prie pas:
Le mal du désespoir est un mal d'âme.
Frappez-vous la poitrine à la place du cœur;
Mettez-vous à genoux,
et demandez, avec un saint amour de fils,
là au fond, là-bas
où résonnent, cristallines et claires,
la voix de la mer, la voix du sentiment,
la voix de notre terre.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/23/23c2/23c2ee89-50be-42ec-82a5-5023998c79ff/11571488.xml
O SENTIMENTO DA TERRA NA RAZA GALEGA
Airifios, afrífios, atres,
Afrikos da miña terra,
Alrihos, airitee, atres,
Afrifies leovime a ala.
(Cántiga popular)
Calquera que se poña a estudial-a nósa produción espirtual galega, non pode por menos de se decatare d’unha nota que, d’un xeito ou d’outro, repétese constantemente. E, mais do que un leit-motiv, o fundo mesmo de todol-os pensamentos e de todolos sentimentos da y-alma galega. E como a nota grave, sostida, monótona do ronco, sobre da que se deseñan logo os sinxelos arabescos da gaita... Y-esta nota, que é a nota tónica da afeutividade da nósa raza, a forma propia da nósa saudade, é o sentimento relixioso da Terra. Sentimento esencial do lirismo nóso; sentimento que na poesía galega, chega, volta por volta, ós acentos arroubados da mística, ós delirios da paixón erótica, ós desolamentos da mais dórida elexia...
Ouvide a Rosalía desterrada, ferida de morriña, pedir ós airifios aires que a trayan á nósa terra. Ela dí, consumida coa febre:
Sin ela vivir non poda,
Non pode vivir contenta,
Qu’adonde queira que vaya.
Crébeme unha sombra espesa
Cróbeme unha espesa nube
Tal preñada de tormentas,
Tal do soldi preñada,
Qu’a miña vida envenena.
Si non me levás, airifios.
Quisais xa non me conesas,
Qu’a febre que de min come
Vaime consumindo lenta,
E no meu corazoneiño
Tamén traidora se ceiba.
Non permitís qu’aquí morra,
Airifios da miña terra,
Qu’ainda penso que de morta
Hal de sospirar por ela.
Ouvide a Lamas Carvajal quo, cego e triste, garda na sna y-alma a lembranza da nosa Terra meiga cuyos feitizos foran outrora ledicia dos seus ollos:
Nos sei qu’eseantamento
que amor, que poesía,
ten este chau garrido,
a terra onde nacín;
mas alboradas ledas,
mas noites e n-o día,
terás sempre feitizos,
glorias e luz pra saín.
Seu nome deprendino
de neno con dilicia,
direlno mentras viva
c’o fogo da pasión;
cando a morrer sa vaya,
o nome de Galicia
direlno misturado
e’o nome do meu Dios.
Amor grande, sabrimo
qu’o corazón encerra,
tesouro d’infinitos
recordos e pracer;
encantamento doce,
o amor da nósas terra
decote con nosoutros
camiña haste morrer.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/23/23c2/23c2ee89-50be-42ec-82a5-5023998c79ff/115714827.xml
AGUAS MINERO-MEDICINALES
BICARBONATADO-SÓDICAS
MONDARIZ
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/23/23c2/23c2ee89-50be-42ec-82a5-5023998c79ff/115714820.xml
NOS
O PROBREMA DO TRABALLO
EN GALICIA
Ainda que somos muitos os que cuidamos que os labregos (deic' á pouco escravizados y-avan esquecidos) deben ser atendidos y-axudados polo Poder público mais que ningún outro gallego, e que é necessário que a nosa terra reteña nos agros a mór parte posible da sua poboanza, non por eso vamos tel-a creenza de que todos han pensar coma nós e de que o industrialismo non ha de medrar na Galicia, nin por outra se poden ver con tranquilidade as doenzas que sofren os obreiros baixo o réximen do industrialismo. Por esta causa creemos que se deben tomar con tempo as medidas precisas pr' atallar os males do proletariado.
Parécenos equivocada a opinión de certo político conservador, de quen agora m' esquezo, respecto da conveniencia de facer os poucos e paseniñamente a reforma social, pois esta conduta equivale a converter as chamadas leis sociais n'outras tantas reves feitas pra contel-o movemento d'emancipanza da clás obreira. Creemos, con toda sinceridade, que a mór parte da culpa da existencia da chamada custión social (coma si somentes os obreiros fosen o pobo, y-os patróns y-os obreiros fosen os únicos membros da sociedade) n-a Hispania tivon dita maneira de pensar.
Si os gobernos y-os partidos políticos houberan tido un ideal social, si ollaran de cara o porvir respecto do problema obreiro, si ainda que non aniñasen na sua alma sentimentos de caridade e xusticia, tiveran espírito conservador e zorrería política, en lugar de seguil-a política alemá dos tempos da represión do socialismo (1) (valéndose dos comisionistas en
(1) N-o Xaneiro de 1888, n-o Reichstag, ó discutirse a prórroga da lei antisocialista, o Singer y-o Babel probaron con deciamentos, entr'outras cousas, que o impresor do periódico Freiheit do anarquista Most, W. Buchrer, de
tranquilidá pública pra que desorlentasen os traballadores, os traicionaran y-os levaran on terreo onde os gobernos puderan facer uso das bayonetas) houbéranse adiantado ós tempos prevend' os acontecementos con reformas de carácter social y-houberan levado ás leis os principios sanos qu' andan esparexidos pol-as obras d'os escritores socialistas e non socialistas qu' estudioron o problema, non se chegaria ó estado d'impotencia e desereto en que s'alcontra o Poder público: non coñezo outro medio xeitoso pra evitar-o nacemento d'un ser que facer innecesaria a sua existencia.
Eu cuido, com' o Congreso de 1902 da Federación Nacional dos mineiros do Norte da Francia e do Paso de Calais y-o Congreso de Roubaix de 1905, qu' as custións sociais somentes se poden resolver rexonalmente. Do mesmo pensamento fíxose cargo a Asembleia nacionalista de Lugo que recramou pr'a Nación galega a facultade de lexislara sobre as cuestións sociais. Si os catalás non recramaron a mesma facultade pra Cataluña é debido a que a uniformidade das leis sociais do Estado hespañol mételles n-as maus o imperialismo industrial.
Creemos que todo ideal fundado n-a natureza do home e do medio qu'o rodea pode realizarse dentro d' un réxime que permita a penetranza n-as leis d'as novas correntes sociais e do direito real, freisibre e movedizo, segundo as condicións de lugar, tempo e persoa, que a cotío se traballa n-a "forza tenebrosa" do pobo, posto que a soberanía reside enteira n-iste coma atributo propio da sua natureza, y-a potestade do lexislador é un bafejo d' aquela soberanía.
Por outra, o espírito neosófico do nacionalismo gallego, non ten as soldaduras cerebraes operadas pol-os doutrinarismos n-o espírito dos políticos vellos: vive, e cobiza vivir, tinecamente de realidás, sean éstas racionais, irracionais ou contrarracionais; outramente nós miramos o mundo con ollos de rapaz e deducimos a verdade d' un principio da sua bondá ou utilidade suprema.
Non creo que o socialismo, nin o anarquismo.
Schaffhamen, recibía cartas do Schroeder, o cal dependía da policía do Berlin.
O inspetor do policía, A. Weggemuth de Mechlamen, n-a Alsacia, escribía ó alfayate de Basilea ó 5 d' Abril de 1889: "Schaffhamen é corrente do que pase y-axito vosté tranquilamente.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/23/23c2/23c2ee89-50be-42ec-82a5-5023998c79ff/11571485.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA, ÓRGAO DA SOCIEDADE GALEGA DE PUBRICACIÓS “NÓS,,
Ano I Ourense 30 Outono 1920 Núm. 1
PRIMEIRAS VERBAS
Pra ledicia de todos e pra enseño de moitos, sai oxe Nós.
É a ansia qu' oxe sinte Galisia de vivir de novo, de voltar ó seu ser verdadeiro e inmorrente, a evidencia lumiosa do mañán, o que nos fai sair. Temos unha fe cega, asoluta, inquebrantabel na vitalidade e no xenio da nósa Raza, e mais na eficacia do nóso esforzo pra levala ó acomprimento do seu fado gro- rioso. Oxe chegou á vida na nósa Terra, unha xeneración que se deprocatou do seu imperioso deber social de crearen pra sempre a cultura galega. Endexamais foi meirande a nósa actividade creadora. Nós ven a recoller todos ises esforzos d' integración da Patrea galega no seu xa rico polimorfismo.
Os colaboradores de Nós poden ser o que lles pete: individualistas ou socialistas, pasatistas ou futuristas, intuicionistas ou racionalistas, naturistas ou humanistas; pódense pór en calquera das posicións posibles respecto das catro antinomias da mente contemporánea; poden ser hastra clásicos, con tal de que poñan por riba de todo o sentimento da Terra e da Raza, o desexo coleitivo de superación, a orgulosa satisfacción de seren galegos.
Nos ha ser un estudio piedoso e devoto, cheo de sinceridade, de todol-os
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/23/23c2/23c2ee89-50be-42ec-82a5-5023998c79ff/115714829.xml
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/23/23c2/23c2ee89-50be-42ec-82a5-5023998c79ff/115714825.xml
NOS
COLON, ESPAÑOL
por J. RODRÍGUEZ MARTÍNEZ
O eminente médeco Rodríguez, agudo entendimento e curazón xeneroso, amante coma poucos da nósa Terra, trai a sua valiosa contribución á romántica empresa de relvindicar pra Galizia o contar antr' os seus fillos ó descubridore do Novo Mundo.
A ben coñecida persoalidade do sabio Doutor dá unha gran importancia a iste traballo, conferencia feita n-o Circo de Artesanos da Crúa por Abril d' iste ano, e que tivo, agás d' un gran ésto, a virtualidade de chamar de novo a atención das xentes car'a unha cneción estórica que iba xa ficando n-o esquecemento.
Ora, moito tememos que nin canta lóxica pecha poda empregar o nóso ilustre amigo, sexa d'abondo pra salval-a tése de «Colón galego» do pecado orixinal. Trátase n-ela, en pirmeiro lugar, de desmentir unha decraración espresa do propio Almirante, con probas hastra d'agora indicíarias somentes, e agás d' isto, o pirmeiro en propoñela, D. Celso García de la Riega, fixose pol-o menos sospeitoso de falsificación de documentos. E si non-os enmendon, inutilizounos de todas maneiras pra faguer testemoyo estórico. Se xuntamos a esto a falla de seriedade dos que, esquecendo que un problema estórico non é unha campaña política, andan faguendo da tése unha porpaganda á americana, teremos vistas as razós pol-as que a cuestión tén que ser mirada con desconfianza n-o mundo culto.
O traballo do médeco Rodríguez, pol-o demais, non deixa a cuestión n-o estado en qu' ela estaba. N-il resultan probados, dous estremos:
1.º Documental, arqueolóxica e ainda tradicionalmente, que en Pontevedra houbo Colós e Fonterosas. 2.º Indiciariamente, a posibilidade de que Colón mintira n-a istitución do Mayorazgo e de que fora xudío e nado en Pontevedra. De resultar probado que tal fixo, Colón foi galego, mais renegou da sua Patria.—V. R.
NÉVEDA
por FRANCISCO HERRERA GARRIDO
Tén chamado moito a atención esta novela, e hase manter n-a actualidade aínda moito tempo. Pol-o seu volume, pol-o estilo, pol-o len- guaxe, pol-a calma conque está feita, é d' unha outra eixemplaridade de traballo literario. É a novela mais moderna—non somentes por sela-a derradeira—que se tén escrito en galego, e está feita c'un fondo sentido do que a novela tén que ser. Non é unha novela d' hoxe, mais ben d' onte ou d' antronte, da edade clásica da novela francesa (a novela hespañola non existe). Lembra as cousas de Francis Jammes pol-a tenrura, pol-a sensibilidade esquisita con que recolle o cheiro da campa, e mais pol-a fegrura de Néveda, irmá das adorables Clara d' Ellebeuse e Mazá d' Anís. Novela sen tése de ningunha clase, tén un argumento d' unha sinxeleza encantadora, sen ideo- luxias, nin frolación de decadencia. E unha lectura sana, descansada, n-a que ademais sin- tese n-os autos, n-as verbas, n-as cerebracións dos perscaxes, o imperio do nóso chao, a y-alma da Terra galega que se mete n-eles e os fai ser coma son: sinxelos, un pouco caviladores en forza de seren sentimentás. A lectura de Néveda resulta ás veces difícil, precisamente pol-a ricura matizada d' espresión e de sonoridade qu'o galego tén el é que é un dos méritos mais notables da novela.
D'O ERMO
por A. NORIEGA VARELA
Noriega Varela é un dos nósos poetas representativos. Co Cabanillas, López Abente e outros modernos, é dos que nos dan nome alén das fronteiras. D'o Ermo é un libro inspirado pol-o amor ó chao, pol-o sentimento da Terra. En caxeque todol-os seus fermosos poemas esalta as cousas homildes: o musgo, os toxos, os penedos, os camiños da montaña, e somentes as deixa pra cantal-as cousas mais outas e grandes: Nóso Señor, a Virxe, Galizia, a Nal... Íste maridaxe do mais sublime co mais homilde, indica como o Poeta da Montaña tén a intuición, lumiosa metafisecamentes, éticamentes salvadora, do grandor do pequeno... A gloria e o altor de ser homilde:
*par' alcazar a lua nin xiquera é preciso ser xigante...*
A concencia d' esto é o pensamento grandioso qu'alumea n-a obra do Noriega, ond'o amore entenrecido do chao é o mais fondo sentimento.
Noriega fai poemíñas breves e sinxelos que parte querendo il, parte levado do xeito do seu estro, están sempre perto da musa popular. A sua poética, con sel-a poética de todos, tén un ideal propio: Noriega quixera chegar a facer cousas pequechifias, sinxelas, pol-o estilo dos haikai xaponeses, os que pol-o demais il non coñece...
NÓ DE SALOUCOS E BÁGOAS,
por N. GARCÍA PEREIRA
Poemas de mocedá, seguramentes. É o lirismo sentimental e saudoso da tradición galega. Dazanove poemas, dos que se poderían quitar algúns—non porqu' estean mal, senón pol-o manido dos asuntos, mais ben—sen qu' o libro desmerecese. Hainos ben lindos e sentidos como os titulados *Namentral-o neto durme*—da que o millor son as verbas dirixidas ó rapás—e *Non chore minha i-ama*, que son ó tempo as mais inxénuas e sinxelas. Outros feitos con arte, com' as triadas monorímicas do *Nouturndo d' a invernía* ou as estrofas de pé crebado de *Galiga*. Tocantes á grafía empregada pol-o autor, esteticamente non hai reparo que lle por. Os poemas cam- co-ela coma páxinas dos Cancioneiros. Centifícamentes, sería cousa de discutilo; práuticamentes, o Sr. García Pereira tén que ter en conta que non escribe sómentes pr' os doutos, e que o público está afeito á grafía dos escritores do século XIX.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/23/23c2/23c2ee89-50be-42ec-82a5-5023998c79ff/115714824.xml
18
NÓS
OS HOMES, OS FEITOS, AS VERBAS
TEIXEIRA DE PASCOAES E «NÓS»
NÓS quixo que o seu primeiro número fora honrado c’unha páxina inédita do grande e amado Mestre.
Temos a Teixeira de Pascoaes coma cousa nósa, e n-as nósas internas devocións témol-o moi perto da santa Rosalía e de Pondal, o verbo da lembranza.
Teixeira é o Revelador da Saudade; «ise sentimento que dou forma ó nóso lirismo, ise sentimento qu’ está n-a freba das nósas almas e dos nósos corazóns», según a expresión do Cabanillas. Sentimento do que Teixeira fai a Ética trascendente de dous pobos irmaos... Viqueira sintetizou n-esa verba a psicoloxía galega.
Antr’ os poetas da Era Neo-sebastianista, os que acenderan de novo a luz da Esparza por riba das tristuras presentes de Portugal, érguese Teixeira, o pensador iluminado, ventando a gloria futura. N-as suas verbas, cheas do sentimento relixioso da Terra e da Raza, a y-alma lírica da Lusitania virase pra Galizia buscando n-un Pasado común, a emoción da nósa solidariedade fraterna:
«....Portugal—dí en Os Poetas Lusiadas—que se revé na Galiza, encantado como n-un espelho maravilhoso que ao seu vello perfil restitulsse o frescor, a graza, a luz da infancia.»
E n-as suas cartas, cheias de lumiosos pensamentos e cordialidade enternecida, dí a un seu amigo d’ eiquí:
«....A Galiza é irmá e máo de Portugal. Portugal saíu dos seios da Galiza; depois abandonou a Máe e foi por esses mares fora; fuguiu como o fillo pródigo. Mas é chegado o tempo do seu regresso ao lar materno. Temos de voltar a viver espiritualmente em comtím. Assim o exige o destino das nóssas Pátrias que ainda não está cumprido. Esse destino é como disse muito bem a creación da Civilisagión atlántica....»
«....No Outro Mundo ha dois Espectros que se amam e vivem sempre juntos: Rosalía e Frei Agostinho... Confiemos no seu amor que nos ha de redimir e libertar do Estrangeiro....»
«....A Saudade é a Virgem tutelar das nossas Pátrias irmás. Que elas se entendam e amem e trabalhem na mesma obra civilisadora! Sim. Eu tamém espero que os dois Povos hao de crear a Civilisagión atlántica. Serenada a tempestade que agita o mundo, a Galiza e Portugal aparecerão espiritualmente casados, para afirmarem sobre a terra a sua Alma saudosa e redemptora.»
«Sim. Eu tamén creo que o nosso sentimento saudoso (galego-lusitano) inclue uma nova e original maneira de encarar a Vida e o Universo. D’ahi o seu valor para os dois Povos irmãos e para a sua futura e común civilisagión e preponderancia na Iberia. Nós, portugueses e galegos sómos a gente mais idealista da Península porque sómos a mais sentimental. Catalães são principalmente de acção, industriais e comerciantes. Eles crearão o corpo e nós crearemos a alma da futura Iberia....»
Teixeira de Pascoaes é nóso, nóso pol-o sentimento, se non-o fora coma fl dí eno sangue e na alma». E Teixeira de Pascoaes é o meirande poeta da Iberia. Ben nos podemos gabar ó proclamalo irmán galego, ó invocal-o seu nome, xa tan cheo de gloria aquén e alén das fronteiras da Lusitania, e tan cheo de sinificación pra nós pol-a calidá do seu pensamento e mais pol-a índole vaga o saudosa do seu estro sublime.
PHILEAS LEBESGUE
N-outro lugar traducimos un artigo d’ iste outro grande amigo de Galizia. Philéas Lebesgue, gran escritor francés y-eminente lusitanista que c’unha nobre e franca xenerosidade quixo sel o intérprete da y-alma galega e o revelador da nósa literatura na cultisema Francia, fixonos tamén a honra de nos envíar un belísimo poema, lembranza emocionada de Coimbra, a sabia e poética vila portuguesa, que publicaremos n-o número que vén.
NOS sinte fonda gratidá pol-o ilustre amigo ó que Galizia tanto lle debe.
LETRAS E ARTES GALEGAS
Castelao deixará logo a Terra por algún tempo. Vai pensionado a se perfeucionare n-os procedementos artísticos y-estudiará a angaforte, ó grabado, a litografía. Posibelmente percorrerá Francia, Ingraterra y-os Países Baixos. Voltará armado de novas armas pr’afirmare d’un xeito ainda mais definitivo a sua arte sempre enxebre e sempre nova. E por onde queira qu’ íl vaya amostrará a todos a pederosa vitalidade do xenio galego.
Victoriano Taibo val publicar aíxiña un volume de poesías que será unha nova afirmación dos seus talentos. Levara d’introdución un poema de Cabanillas... Os escritores galegos non deben esquecer que a fecundidade é tamén percisa pra s’impoñer n-o mundo.
Fai días que chegon de Bos Aires e mora en Ourense Farruco Lamas, un pintor mozo, nado n-esta vila. Trai unhos curvos chicos de vigor e de verdade, y-algús ollos prometedores. Vén a Europa a buscal-as eternas tradiciós artistecas y-atopa a sua Terra n-o seu renacemento. Renacemento ó que sen duda xuntará o seu esforzo.
N-a Irmandade da Fala da Coruña celebrouse unha Esposición de dibuxos d’ Álvaro Cebreiro, un rapaz de dezasete anos que fai anha arte enxebre e chea de novidade. Seica foi a revelación d’un novo e positivo valor n-o nóso espertamento artisteco.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/23/23c2/23c2ee89-50be-42ec-82a5-5023998c79ff/11571484.xml
NÓS
GRAN CAFÉ MODERNO
CON VARIETÉS
O MILLOR SITUADO E DE MAIS CONFORT
OURENSE
PROGRESO, 45
TELEFONO, 57
F. Román e Saco
DROGUERÍA
E FARMACIA
Pereira, 19
Teléfono, 28
OURENSE
Merquen: PLUMEIROS DE RAFIA “PERILLE”,
OS DE MAIS DURA, OS QUE MILLOR LIMPAM, OS MAIS ECONÓMICOS
BOAS UTILIDAS OS REVENDEDORES
FABRICANTE
ANDRÉS PERILLE
OURENSE (España)
REPRESENTANTE N-A ARXENTINA
JOSÉ MARTÍN
Calle Venezuela, 920
BUENOS AIRES
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/23/23c2/23c2ee89-50be-42ec-82a5-5023998c79ff/115714810.xml
6
camiño da volta que turra por nós c' unha forza mistereosa. E n-a volta ó lar énchense os nósos desexos. Os galegos non temos a luz de espranza diante de nós, témola dotrás de nós, enriba do pazo ou da chouza onde nascemos. As mifias raices non son filos: son chicotes que non me deixan tan xiquera sahir da terra dos meus abós.»
Mais non son só estas verbas espresas. Toda a produción literaria galega está chea d'evocacións da aldea; cada un lembra enternecido os seus eidos familiares. E costante a evocación concreta d' lses sitios nas páxinas dos escritores, e non digamos xa na poesía popular. D' eiqui a frecuencia en Rosalía, en Pondal, en tantos ontros, d' esas enumeración de nomes d' aldeas, de ríos, de montes, do leiras, que o amore fai ensartar n-un verdadeiro canto adómico...
E nos pintores, igual. Ollal n emoción relixiosa cou que están pintados ises piñeiros do Castelao, ises seus toxos frolecidos, ises seus lonxes húmedos de ria ou de val, ises seus ceos nevoentos. O mesmo amore nas casiñas aldeans e marifieiras que tenramentes pinta Calros So» brino, e nos anacos de paisaxe do impresionista Imeldo Corral. E ainda o mesmo misticismo o que pón nas esculturas d' Asorey a mais enxebre espresión de Raza, y-0 que fai que aló en Madrid, o arquiteuto Antón Palacios se lembre das nósas pedras románicas, tan cheas da y-alma da Terra,
Un sentimento que de tal xelto penetra toda a nósa produción espirtual, non podía por menos de chamar a atención dos estraños. O que en termos mala atinados falou d'él foi un gran hespañol que non é merecente do esquecemento no que o teñen: Don Emilio Castelar. Tste home d' Estado e poligrafo andaluz, apesaro de ser orador, apesare de ser hegeliano, apesare de creer na filosofía da historia, soupo comprendernos. No verboso prólego que puxo ás Follas Novas de Rosalia, hai cecais mais idefas qu’ en todol-os seus discursos xuntos. E vede o que dí n-él:
«0 certo é que esta terra falta de coor--Castelar participou com'outros tantos [beros e mediterráneos do prexuicio de qu'as terras do Norte, nas que Rubén Darío chamou terras de brítema, y-en xeneral as terras atlánticas, non teñen coor nin lumiosidade; abonda contra d' este prexuicio c'o que dixo Taine falando da pintura n-os Paises-Baixos—o certo 6 que esta terra falta de coor, ispira ós sens fillos unha paixón tan acesa que xa raya en fanatismo... Talmente as formas do paisaxe s’ [mpofien ós seus sentidos, ós seus sentimentos, á sua concencia, É toda a sua y-al-
/
NOS
ma, á todo o seu ser, que, ó arrincalo d' elf, desarráigano coma se fora un arbre... Hai razas de tal xeito xungnidas cou sua terra que ó soparalas, soparades dous termos d'unha entidade, a y-alma y-o corpo, e concluldes co-a sua esistencia.,, Esisten razas nómadas, pro hal outras ás que endexamais sopararíades do territorio onde nascen e que s'apegan a íl como a carne 6 dso. Estas son as razas que sofren do mal do pals, chamado en grego nostalgia, mal horribel que concluye case que sempre con morte... E o amore ós fogares que agarimaron os afeutos y-as palxós a cuío impelemento xuntouse o sangue y-amaAsouse a carne do corazón... Por iso os cantos galegos son com' os dos pobos obrigados pol-a sua latitude e pol-o seu clima a se pecharen en si mesmos y-a relacionaren os fenómenos do Universo cos afeutos y-as idelas da y-alma.»
Nótase ben que o pensador ibero escribiu esto non querendo que ninguén se deprocatase do asombro que tal disposición espirtual dos galegos, esa lei ó torrón, lle causara, e que ó seu pesar trasparéntase nas suas verbas, Cóstalles traballo comprendelo y-espricalo. E que oibero é alleo ó senso da Natureza e nin tan xÍíquera sabe ollara paísaxe, En toda a literatura crásica castelá, caseque non hai un elxempro de que se lle chame a un arbre pol-o sea nome. Pra eles, un arbre, de calquera clás que sexa, non é mais que un arbre. Ainda mais: os castelaos son mistecos por desapego á terra, Pódia que sexa porque 4 sua terra se lle non pode querer... Buscan as campias do ceo porque son feas as que teñen na terra. Kn troques, cecais por iso hal en Galiza tanto desereído: no-nos cómpre tanto com’ á eles buscal-o ceo tendo unha terra com'á que temos, unha terra que nos agarima e no-nos bota de sí coa sua brusquedade, como fai a terra de Castela...
Amore á terra, morriña e saudade... E onoso patriotismo vexetal, berre O que queira Peladan: Galiza non é, non pode ser nunca unha abstracción: é pra nós A Terra por antonomasia, mais é a Terra esta, muterial, que se vé, que s' óle, que s' apalpa, os eidos estes, estas herbas, istes arbres, iste ceo, iste mar... Terra espritualizada pol-o nóso amore, Terra santa e bendita de que fomos formados.
i
La terra marque d' abord sur hoveme U ascendant Mlscies.
J. Peladan Typdonta
Dende Taine, dende Ritter, dende Montesquieu, é unha verdade adimitida a influencia da
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/23/23c2/23c2ee89-50be-42ec-82a5-5023998c79ff/115714822.xml
16
NÓS
ciós ou pautos dos patrós dentro da prohibición do Real decreto do 20 de Xaneiro do ano 1884? Por outra, si ben é certo que se debe precurar que non se comentan abusos n-a celebranza y-axustanza do contrato de traballo, os traballadores non deben esquecer que non poden monopolizar o titolo de crase esprotada, pois tamen participan do despoxo do consumidor (équén pode indicar unha folga motivada por que o patrón lle subira ó cliente o produto?), que teñen deberes que cumprir e que namentras no adiquiran o esprito d' aforro, e de disciprina y-a instrución ténnica dos negocios e da fabricación, o capitalista autivo será tan necesario 6 frente do negocio com? o xeneral ó frente d'unha ceifa en campaña.
dios qu’ esten ó seu alcance a fin de facilitar ós veciños non soilo articolos baratos de primeira necesidá senon tamen traballo en que podan ocuparse, por esta razón, deben estabrecer reguladoras cand' o precio da carne ou do pan sexan mui subidos, por seren moitos os carniceiros e panadeiros y-estaren d'acordo entr” iles, e n-aquelas vilas onde a socordia dos individuos faga fracasaro a iniciativa de constituir unha sociedade pr’ á construción de casas baratas as Corporaciós municipales deben facer uso das facultades que lles concede a ley do 12 de Xulio do ano 1911 sobre casas baratas.
Un dos fis que debemos perseguir os gallegos é a nacionalización do traballo facendo que en todo estabrecemento haxa a mór purte de traballadores gallegos. Debemos d'estar xa can808 de ver como n-as casas de comercio se coloca A xente allea á nosa terra.
Ademais hai qu'evital-a emigración dos capitales pra outros países onde 4 prudencia das organización obreiras sea pr eles unha garantía.
Os Auntamentos deben utilizar todol-os me-
Axnturo NOGUEROL BUJÁN
ARCHIVO FILOLÓXICO E ETNOGRÁ-
FICO DE
GALIZIA
Nas páxinas de Nós darase tino e acollida preferente ás investigación etnográficas, tilolóxicas e folk-lóricas e a toda clás d' estadios que se propoñan o millor coñecemento do pobo galego.
XVII. Artes populares.
XVIII. Traballos e oficios.
XIX. Diseíto consuetudinario.
Cada nota que se pubrique n-esta seición levará, en númaros romanos, o do capítulo no que vai incruida, un título indicadore da clas d' asunto drento do capítulo, e máis o mimaro d' orde que lle corresponda na mesma.
N-esta soición iremos pubricando todol-os datos recollidos e cantos se podan recoller, conforme vayan chegando ús nósus mans. Na imposibilidade de faguermos dende logo unha clasificación sistemática, ises datos han ir sendo apilicados a un ou outro dos capítulos siguentes:
Os nósos lentores que posean ou podan adequirir datos sobre de calquera d' stes puntos, poden prestarnos unha valiosa axuda remetendoos á direición d' late boletín, sempre coa indicación do lugar onde fol recollido e cirenstanelas da person que 0 houbera ministrado,
1. Xeografía e Toponimia.
IT. Carauteres antropolóxicos e Astognómicos-
III. Fala.
IV. Literatura popular.
C. IV. ADEVIÑANZAS
V. Alimento, habitación e vestido,
VI. Costumes domésticos.
(RECOLLIDAS POL-O ILUSTRE POETA Anton NoRIEGA VARELA, NA PARTE DE MONDOSEDO, SUA TERRA.)
VII. Festas e divertimentos.
VIII. Devocide.
IX. Tradiciós piedosas.
X. Tradición fabulosas.
Referentes ós astros e moteoros:
1 Por detrás de aquel coto, ven un boi xoto, e n-hai home nacido nín por nacer, que 4 corte o poida traguer. O Son.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/23/23c2/23c2ee89-50be-42ec-82a5-5023998c79ff/115714819.xml
NOS
Mais, coma fai tan pouco tempo qu' eu vivo co pensamento no tempo e nos feitos d' hoxe, todo o que vos diga d' eles, ten que carecer de sabencia e de método. Viaxeiro n-un país novo, sen cícerone e sen Baedeker, as miñas impresións, fallas de gravedade e de preparación, han ter somentes a sinxeleza das impresións d'un neno.
Din os médicos qu'o bacilo da grippe non fai mal somentes de por sí, senón qu' esclta, fai medrar e dona virulencia ós outros bacilos que de cote andan conósco, á espreita d' unha ocasión pra nos botar ó camposanto.
Eu teño comparado a gran guerra co' iste bacilo da grippe, pois coma il escitou, fixo medrar e dou virulencia ás pasións ruís que dormexaban nos homes e mais nas sociedades.
Y-esí a guerra desatou o imperialismo cego qu' armou ás nacións as unhas contra das outras, espertou as cobizas dos comerciantes, as avaricias dos banqueiros, a crueldade dos acaparadores, lanzou a moitos homes á traición y- ó patíbulo.
Á sombra da guerra, os soldados primeiro, os negociantes y- os revolucionarios despois, trastornaron a economía do mundo e trouxeron a fame pr' os probes y- a riqueza pr' os logreiros. Os hábitos guerreiros tan loubados pol- as classes altas, deron violencia e forza ás organizacións obreiras y- agudizaron o perigo comunista. Gracias á bendita guerra coma lle chamaban os panxermanistas, gracias á nove guerra de que falaban os escritores patrioteiros e militarizantes, Europa está feita un lamazal de sangue e d' esterco, y- é sabido que n- istes lamazás é onde xerminan as sementes das revoluções.
E non se diga o que pra tranquilizar- a sua concencia din os ricos. Que nunca a xente tanto se divirtiu, que nunca o diñeiro correu mais d' abondo, que nunca a vida foi mais brilante y- atraitiva, porque Ístas épocas nas que o mundo treme convulsionado, foron sempre com' as mazás do Xordán, douradas por fora, e podres por dentro.
Mais brilantes qu' as nósas foron as festas de Windsor e de Versailles, e Carlos I e Lois XVI morreron no patíbulo.
E si chegaran os negros días da revolta coma xa chegaran pra Rusia, quen sostería valentemente os vellos principios y- as vellas ideas, quen saberá morrer por elas coa morte fidalga e fermosa qu' enobrece as derrotas y- empresta luz de sol, por as institucións que desaparecen pra sempre?... Ea penso que ninguén. Perecerá algún banqueiro ó pé da sua caixa, ou algún acaparador envolto nos seus sacos de fariña; pro, morrer na campa, car' ó sol, coa espada dos cabaleiros na mau, coma morreron os gentil hommes de Quiberon ou os coraceiros de Marston Moor, eu case aseguro que non morrerá ningúen...
Son outros os tempos, outros os homes e moi distintos as ideas. A mais de que, dai- a vida pol- a fe xurada a un Dios, ou defendendo a sagrada testa d' un rei absoluto, é moi diferente que caír pelexando pol- os intereses d' unha Federación ou d' un Trust, ou defendendo as persoas de Millerand ou de Lloyd George, que nada teñen de sagradas.
En creio no triunfo do socialismo, porque creio que a sociedade humana é un organismo vivo, suxeito a leis biolóxicas parecidas ás que rixen o desenvolvemento d' unha planta ou d' unha besta. Quero dicir co' esto que do mesmo xeito que cando vemos botós n- unha roseira, supomos que d' elí van saír rosas, ó ver qu' unha idea calquera vai conquerindo as concencias e facéndose un lugar nos espíritos, hai que supór que a realización d' aquela idea é cuestión de tempo nada mais. Pensar outra cousa sería pensar que a natureza fal tonterías, e pol- o d' agora, a natureza conservou sempre a sua seriedade.
E hoxe todo é socialismo. Haino nos gobernos que gravan a renta, as transmisións y- o capital; haino nos patróns que piden a intervención do Estado nos seus conflitos cos obreiros; haino nos labregos que queren vel- as suas terras liberadas de cargas pol- o mandato d' unha lei; haino ainda na testa do rentista gordo e satisfeito da sua vida e da sua renta, cando ó ler que os obreiros piden esta cousa ou a outra, dí, antre medoñento e compadecido:—«Hai que convir en que esta xente algunhas veces ten razón».
Eu creio pol- o tanto que dentro d' uns anos, a Europa enteira ha ser un campo d' esprimentación de sociedades futuras, e creio tamén que pr' ó desenvolvemento da humanidade, esta ha ser unha cousa útil e boa, do mesmo xeito que é boa que os nenos boten os dentes ou que os paxaros muden a pruma. O que non impide que n- ises intresantes periodos das suas vidas, o paxaro non cante, y- o neno berre adoecido de doores.
Por eso ten pouco d' agradable nacer n- unha d' estas épocas en que o mundo cambea de pruma ou de dentes...
Florentino L. CUEVILLAS
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/23/23c2/23c2ee89-50be-42ec-82a5-5023998c79ff/115714828.xml
NOS
ASTRERIA E CAMISERIA • José María Rodríguez
Fanse camisas e traxes elegantes, cómodos e duradeiros.
Pereira, 2 Ourense
NUEVO BAZAR • Ramón Fuga & Hnos
Muebles, Louza, Cristal, Prefameria, Mercería, Útiles de viaxe, Electricidade e pra regalos
Tendas 9 e 11 OURENSE
"GRAN HOTEL ROMA"
MONTADO CON TODO CONFORT E HIXENE MODERNOS :: COCINA VARIADA E SANA
PENSIÓN COMPRETA DE 10 A 50 PESETAS
SITUADA NO MAIS CÉNTRICO DA CAPITAL
Progreso, 71 OURENSE Teléfono, 78
AUTOMÓVILES OURENSE - VERÍN • Puga Mangana Hnos
SERVICIO DIARIO E RÁPIDO CON COCHES CÓMODOS DE MARCA ACREDITADA
Administración: Progreso, 81. OURENSE Teléfono 118
"LE NORD" • SEGUROS CONTRA INCENDIOS
Subdiretor en Ourense Salvador Caneiro CALLE DO INSTITUTO
PRA SE FACER RICO UN HOME DE NEGOCIOS
SERIA LLE TAN CONVENENTE
ANUNCIARSE N-O Boletín "NÓS"
COMA TER BOA SORTE
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/23/23c2/23c2ee89-50be-42ec-82a5-5023998c79ff/11571489.xml
NOS
E nos ademirables Queixumes de Pondal, eis como fala, lonxe da Terra, o bardo Tomil cantando «os suldosos recordos da doce Finian»:
Ós nobres fillos dos celtas
Elle doce recordar
Os eidos da doce patria
Cando en terra allea están.
Amado dos nobres celtas,
Vello pinal de Froxán;
Os teus arbres, xa encurvados,
O vento fai rebramar...
Amado dos nobres celtas,
Vello pinal de Froxán;
Os nósos antepasados
Compañeiros da tua edá,
Non lonxe de ti repousan,
Mais nunca despertarán;
E os seus sepuleros antigos,
Alumbra o branco luar.
Fala a doce Rentar, morrendo de saudade:
Ou terra de San Simón
De Nande, vizosa terra;
Morra eu primeiro sin verte
Antes que de ti me esqueza.
Y-o bardo Gundar, dirixindose ó seu val nativo:
Salvaxe val de Brantúa,
En terra de Bergantifos;
Ou val amado dos celtas
E dos fungadores pinos:
Cando Gundar prob' escuro
Sea d'este mundo ido,
No teu ano silencioso
Comédelle, val amigo,
Sepulero a modo dos celtas,
Tan só de ti conhecido.
Añon, aquil aventureiro, aquil nómada, aquil tolo romántico, mais poeta cecais na sua vida do que nos versos, cantaba tamén:
Ay! esperta, adourada Galicia,
d'ese sono en que estás debruzada;
do teu rico porvir a alborada
pol-o ceo enxergándose val.
Xa cantando os teus fillos te chaman,
e os teus brazos en cruz s'espreguizan...
Malpocados o que eles cobizan
é un bico dos labios da nai.
D'ese chan venturoso arrincado
pol-a man do meu negro destino,
hastras mesmo soñando maxino
eses campos risoños cruzar...
De ti loixo, querido curruncho,
eu morréndome estou d'amargura,
como a froita que vai xa madura
e entre silvas o vento a guindou.
¡Teño envidia da libre anduriña,
qu'ali chega por todol-os mayos!
¡Teño envidia das nubes e rayos,
qu'o Sudeste ás esas terras levou!
A ti voa entre ardentes salayos
sobre as trémulas alas do vento,
a saudade do meu pensamento
que de cote cravado está en ti.
Por diversos países que eu vaya,
ti serás miña doce memoria...
¡Mesmo entrar non quixera na gloria
aí primeiro pasar por abt!
Igual falan os modernos.
Ramón Cabanillas, o nóso meirande poeta,
canta iste amore en verbas acesas:
«Lévame, mes carro, leva,
pola melga terra nós
que a miña y-alma saudosa
lonxe d'ela non se afal.
¡Roda pol-os nósos eidos!
Anque hai lama no camiño;
é tua terra, meu carriño,
y-a terra dos meus abós...
e noutra parte:
¡Sempre Nai, sempre Señora,
con leda ou cativa sorte;
perto e lexos; onte, agora,
mañán... na vida e na morte!
A facenda, o creto, a vida,
o fogar... todo por Ela...
Noriega Varela vé na Montaña o mais puro
y-o mais enxebre da Terra, onde Galiza é mais
Galiza, e consagra a ela os seus amores:
Asaz selvosos ingares,
cautivado os meus amores!
provocado os meus cantares.
Com'a vosoutros... quezáis
lles quer' os meus anxeliños;
pero non lles quero mais!
E Castelao, o nóso gran artista, decía n-unha conferencia:
«Deciame un dibuxante andaluz de moito miolo, querendo espricar a morriña: «Os bos galegos tendes raices na terra; mais isas raices son elásticas, de tanta elasticidade que vos deixan dare mil voltas orredor do mundo, e alentando en chan alleo, estades sempre vivindo nos vósos eidos.» E ollade coma n-este dito d'un andaluz que comprende a nósa saudade, encérrase unha chea de cousas. E certo; os bós galegos botamos raices á beira do berce; mais non com' os arbres, non com'a edra que apreix'as pedras do pazo ou da chouza onde nacemos. As raices nósas son finiñas com'a flos; o vicio da raza lévanos lonxe do lar, da terra mesma que nos don' a forza, sen que en ningures atopemos acougo pr' ás nósas tristuras; e cando cansos da loita non podemos ir adiante, sempre temos o
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/23/23c2/23c2ee89-50be-42ec-82a5-5023998c79ff/115714813.xml
NÓS
non. Esquecelo non, que a lembranza é a esencia da y-alma, y-esquecer é deixar de ser; un algo que s' esquece é un pouco d' alma que morre... Esquecelo non; cecais mais ben, o ceo será o sono de vivir eiquí sempre, a eternización na lembranza eterna da Terra nósa. A mamoria é o órgao da eternidade, e non hai mais espranza que a espranza de non esquecer... Temol-a luz da espranza na lembranza mesma; xa non hai diferencia, y-a cobiza do lonxe é somentes cobiza da concencia total d' esta suprema identidade.
Eis a arela relixiosa da Raza galega. Aló, no mais fondo da y-alma, cada un de nós, na sua creencia, reza a Deus o sen rezo d' homildade. El está perto de nós, humanizado pol-o seu divino amore: os labregos contan de cando Él andaba pol-o mundo, por iste mundo que é a nósa Terra, e descobren n-ela eiquí y-eli as pasadiñas de Nóso Señor.
Anda antre nós, na piedosa lembranza, a padricar un novo Evanxelio: o Evanxello da Natureza, que cecais garda a fórmula úneca de concordia antr' a cencia y-a fé, que cecais ha sel-o principio d'un Novísimo Testamento: a Lei de Groria, o Evanxelio do Santo Esprito. Que d' estraño teria que s' escribira na Terra do Santo Graal?
Mais sen qu' entremos nas profecías neo-milenaristas, eis a sinificación evanxélica do nóso sentimento da Natureza: A reintegración do home na Terra, despoixas que os escesos deli-
rantes d'una civilización artificial—a civilización mediterránea, a civilización d' Arquímedes e de Platón—o tiveran por moito tempo arredado d'ela; o deixármonos dos sonos de grandeza que levan de cote ós homes a ergueren novas Torres de Babel: as Torres materiaes da Mecánica e mais as Torres esprituaes e soclaes da Utopía, destinadas todas, as unhas y-as outras a s'esborrallaren no chao, enterrando no seu cascote a soberbía dos que as ergueran; a volta do Fillo Pródigo; o pobo d' Israel voltando do desterro concluída a espiación...
Todal-as convulsiós étnicas e sociais, o non acougaren os espritos, os sinos todos dos nósos tempos, indicando o afundirse d' unha civilización que quixo ser de semi-deuses e ficou sendo de formigas, teñen dentro de sí a necosidade d' unha volta á Natureza que se fai sentir d' un xeito imperioso e tnendibel. É a chamada da Terra, é a Terra que chama por nós no nóso mesmo sangue.
Siga ó redor de nós, a cega soberbia dos homes a erguer Torres de Babel: Ogallá que os galegos ergamos ainda a nósa; ogallá que axudemos á que cecais van erguer os pobos atlánticos. O imperativo da Terra preservaranos da suprema impiedade, e, os que posexámol-a y-alma da Raza, endexamais tentaremos d' escalar-o ceo.
O que entenda, que entenda.
Vicente RISCO
AS LETRAS GALEGAS EN FRANCIA
POETAS DE GALIZIA
Pra A.-M. Gossez.
As tres da mañá. As luces do cabo Vilano barren a mar escura, e amostran que o barco vai en tren de dar volta a unha das estremidades continentais da Europa, ó W. Pouquif'a pouco, do lado da terra, vese branquexal-o horizonte, e logo se marcan, na poeira malva d' unha brétema imperceutibel, os deseños dos montes de Galizia, d' un fondo azul.
O nome d' ista terra fai pensar; fl imitase ó das Galias. De feito, a Galicia foi orixinalmente poboada de Celtas, e d' en non perdeu deu todo a lembranza. Ben vestixos do seu pasado antecstórico, ben nomes propios, ben tradiciós sobre das que poido enxertar en certa época o gran movimento da Taboa Redonda, ben rasgos de carácter conservados polos seus habitantes, mariñeiros on montañeses, serven pra aparentala coa nosa Bretaña armoricana e mais co País de Gales.
Aixiña, ó primeiro fogaxe do sol, desembarcaremos en Vigo, do que a ría grandiosa, capás de rivalizare coas comodidás militares do nóso porto de Brest, está gardada ó entrar por rocas xigantes, e poderemos comprobar no tarreo ben somellanzas. Mais a Galizia deixou dende fal moito tempo de falar un idioma céltico, o que a diferencia das outras terras bretonas do estremo occidente europeo, sen qu' esto ll' embargue de
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/23/23c2/23c2ee89-50be-42ec-82a5-5023998c79ff/11571482.xml
NÓS
BOLETÍN MENSUAL DA CULTURA GALEGA, ÓRGÃO
DA SOCIEDADE GALEGA DE PUBLICACIÓNS «NÓS»
DIRECTOR
Vicente Risco
SECRETARIO
Arturo Noguerol
REDATOR-XEVE
Xavier Prado (Lamela)
SECRETARIO DA REDACIÓN
Xullo Galleg
REDATORES:
Ramón Cabanillas, Alfonso R. Castelão, Antón Losada Diéguez, Ramón Otero Pedrayo, Florentino L. Cuervas
COLABORADORES:
Teixeira de Pascoaes, Johan Viqueira, Phileas Lebesgue, Leonardo Rodríguez, Antón Villar Ponte, Wenceslao Fernández Flórez, Xaime Quintanilla, Antón Noriega Varela, Gonzalo Abente, Manoel Banet Fontela, Lois Peña Novo, Eladio Rodríguez González, Ernesto Rivera, Victorino Tuibo, Xullo Prieto, Xosé Fernández Martínez, Francisco Lamas, etc., etc.
REDAUCIÓN Y-ADEMINISTRACIÓN
Padre Feixóo, 12
ABONAMENTO
Doce números, na Península 6 pts.
Fora 15
Número sólo, 60 céntimos.
Este boletín non publica mais orixinas que os que foron directamente solicitados pola Dirección. Tampouco se fai solidario das ideas nelas emitidas, non sendo dos que por non ter firmados, enténdense que son da Redacción.
SUMARIO
Primeiras verbas.
Fala do Sol, Teixeira de Pascoaes.
O sentimento da terra na poesía galega, Vicente Risco.
Poetas de Galicia, Phileas Lebesgue.
Dos nosos tempos, Florentino L. Cuervas.
O problema do traballo en Galicia, Arturo Noguerol.
Archivo filolóxico e etnográfico de Galicia.
Os homes, os fetos, as verbas:
Teixeira de Pascoaes e NÓS.
Phileas Lebesgue.
Letras e artes galegas.
Libros.
Revistas.
Fora de testo: A Boda de San Xoan, Castelão.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/23/23c2/23c2ee89-50be-42ec-82a5-5023998c79ff/115714830.xml
LEA V.
“Teoría d’o Nacionalismo Galego,”
Por VICENTE RISCO
Que lle dará luces pr’enxergal-os problemas da nosa Terra
Precio: CINCO REAS
---
“A NOSA TERRA,”
BOLETIN DECENAL
Idearium das IRMANDADES DA FALA en Galicia e nas colonias galegas d’América e Portugal.
PRECIOS DE SUSCRIPCIÓN
Na Coruña ó mes .......... 40 céntemos
Coste d’un millaro ......... 15
Fora, trimestre ............. 1’50 pesetas
América, id ................. 2’00
REDAUCIÓN Y-ADMINISTRACIÓN: PLAZA DE MARÍA PITA, 17, BAIXO – A CRUÑA
---
“D’O ERMO,”
(POESIAS)
Por ANTON NORIEGA VARELA
Coste: 10 reás
IMP. DE LA REGIÓN
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/23/23c2/23c2ee89-50be-42ec-82a5-5023998c79ff/115714815.xml
NÓS
plus forte que la prière, que la loi, que le fer: Est-ce que les temps ne sont pas arrivés?
***
Antón Noriega Varela, simple mestre d' escola, incarna a outra fase do temperamento galego; coma un dos mestres autuás da poesía portuguesa Teixeira de Pascoaes, fíxose o cantor saudoso da montaña e o seu lirismo, que distingue unha gracia idílica un pouco salvaxe, mais leda, somella beber directamente nas fontes do folk-lore. A terra de Galizia non ten mais sinxelo intérprete:
«Je n'ai que faire des roses blanches et des œillets ce sont les fleurs d'ajoncs que je vénère. [rouges; Les fleurs frêles des ajoncs
qui folâtrent avec le Soleil à travers les épines. À travers les épines que le ciel gratifie
de diamants par les nuits de rosée.
Ô le cher trésor de la solitude!
Les fleurs des ajoncs sont d'or.
Elles sont de vieil or, ma mère, les fleurs
des ajoncs sauvages, pour mes dévotions!»
O poeta das Montañesas xunta de boa gana a inxenlosidade á inxenuidade:
—«La mer est peu noble, qui se brise sur un grain de sable, et bien belle est la vallée; mais la montagne
offre le voisinage du ciel.»
Mais adiante:
—«Tu te caches si bien, Soleil,
Que je ne puis t'apercevoir qu'avec peine; Je te demande encore un rayon,
Roi de la lumière, le dernier,
Pour que les montagnes puissent sourire,
Pour que les rochers se réjouissent.»
***
López Abente, o autor punzante d' Alento da Roza canta n-un modo mais grave, pro que somella menos espontáneo. Ningún pol-o demais soupo millor traducir a vida fonda da raza nos seus xestos cotidianos e casal-as almas coa paisaxe. As suas raras calidades d' artista son das mais outas. Un anaco permitirá de xusgalo, na medida qu'un tradutore de boa vontade haxa alcanzado a non treicionar groseiramente ó poeta:
«Les pins de la montagne livrent aux vents de lentes chansons,
brodees de plaintes et de gémissements par les soirs de brume.
Dans le reseau subtil de la rosée menue un arc-en-ciel irise ses couleurs,
et, sur les rameaux dépouillés d'un chêne, un corbeau noir chante ses amours.
Les ajoncs sauvages bruissent en agitant les dards aigus
de leurs sombres frocs, et leurs plaintes dolentes s'envolent sur l'aile des échos.
Le liquide cristal émaillé de blanche écume se précipite par bonds sonores
du haut de la cime géante,
et serpente comme une couleuvre d'argent.
Par le sentier qui fait briller la blancheur des pierres un lourd chariot s'avance,
en faisant grincer ses essieux,
et voilà qui tout à coup s'embourbe dans la glaisse.
Comme une statue, le jeune charretier se tient debout devant les bœufs:
on dirait un guerrier
que les brumes enveloppent de leurs tissus;
D'un bras vigoureux et calme,
il fait jouer l'aiguillon de côté et d'autre;
à la façon d'un dieu du ciel
il parle; les bœufs tirent et le chariot s'en va.»
***
Hai ainda outros poetas de real talento; hai sabrosos contistas, críticos d' arte, filósofos, sociólogos, ainda dramaturgos; mais fállanos oxe o sitio e o tempo.
Chegaramos ben con insistir sobr'o feito de que son os escritores de Portugal e mais de Francia os que teñen o primeiro lugar nas preferencias dos renovadores da Galizia.
Teñamos consideración a isas simpatías voltas espontaneamente car'a nós e pensemos que, antros nosos amigos da Península, os fillos da Galizia céltica non son os menos antusiastas nin os menos leais. O seu esforzo é merecente da nosa atención.
PHILEAS LEBESGUE
La Neuville-Vault (Oise), San Xoan 1920.
(Publicado en Les Tablettes, boletín mensual de Saint-Raphael (Var) 25 Santiago 1920.)
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/23/23c2/23c2ee89-50be-42ec-82a5-5023998c79ff/11571483.xml
Casa dos lentes GARCIA ÓPTICO
GRADÚASE A VISTA :: GRAN SUBTIDO EN CRISTALES :: MONTURAS ELEGANTES
Teléfono, 222
OURENSE
Plaza Mayor, 18
BODEGAS GALLEGAS
PEARES-ORENSE-(ESPAÑA)
Blanco "BRILLANTE"
Tinto "TRES RIOS"
Pedro Romero y Hermanos
MEDALLAS DE ORO
Santiago 1909
Valencia 1910
Buenos Aires 1910
S. Juan de P.Rico 1911
Samaniego
Fotógrafo de Moda
Luis Espada, n° 18
OURENSE
Marina Noguerol
MODAS
SOMBREIROS PRA SEÑORA E NENAS
OURENSE
Progreso, 38, pral.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/23/23c2/23c2ee89-50be-42ec-82a5-5023998c79ff/11571487.xml
FALA DO SOL
Aos jovens poetas galegos
N-um lar azul sem fim
sou velho tronco a arder.
Ha florestas de mãos voltadas para mim,
velhinhas, a tremer...
Os cegos andrajosos
gritam por mim nas trevas. Querem luz!
Gritam por mim as árvores desfolhadas,
os róxos corpos nus,
as fontes congeladas
e os ventos invernosos...
Gritam por mim, à noite, a voz dos mundos
e os poetas moribundos...
As lágrimas da chuva,
as lágrimas do órfão e da viúva,
as lágrimas dos trágicos vencidos,
as lágrimas dos mortos esquecidos,
pelas noites de outono, errando ao luar,
vendo-me, em alvas nuvens se evaporam;
Nuvens que eu bebo, a rir, pelos que choram,
erguendo a Deus meu cálix de amargura,
meu cálix de ouro aceso, a transbordar,
cheio de toda a humana desventura...
TEIXEIRA DE PASCOAES
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/23/23c2/23c2ee89-50be-42ec-82a5-5023998c79ff/115714811.xml
NOS.
terra no home. Pro cecais ningún pobo tivo como o pobo galego a concencia, e mais ainda, o sentimento, o pathos d' esta infiuencia. Algús xa emprinciplamos a poñer iste sentimento como principio d'únha ética e mais d'unha estética.
Mais, asentado o feito en todo o que vai diante, que é o que tén a nosa Terra pra nos enmeigar d' ise xeito, que feitura espirtual é a da nosa Raza pra que sinta de tal xeito o feitizo, que elas de relación se dá antr’ ás duas, pra que done tan pelengrino resultado? Pra un miolo galego non pode haber tema mais tentadore...
Na miña Teoría do Nacionalismo galego quero eu espricare esta lei que lle temos á nosa Terra, iste noso sentimento fundamental, como a emoción do sedentarismo. Efentivamente, nós somos un pobo de labradores, un pobo que vive dos froitos do chao, que gasta a sua vida no traballo da terra, e qu' está por elo firmementes apegado a ela. Hai en nós coma unha tendencia a nos confundir com Terra. Outros pobos, aínda agrícolas coma nós, axúntanse en grandes centros de poboación; nós, ó rivés: espallámonos pol-a campía adiante en aldeíñas, en casopiñas isoladas, en logariños pequenos que s' asconden nas encafiadas, nos recantos dos vales, atrás dos arboredos, nun currancho calquera; nas vilas, as hortas e as viñas métense por antr' as casas; caseque non hai vilego que non teña aldea e que non vaya a ela... Eiquí, o home vive lonxe do home, pro sempre perto da Terra. O pobo galego é o elxempro mais vivo de sedentarización rural.
Ora, o noso sentimento relixioso da Terra pudera vir, sen mais nada, do noso ruralismo, da nosa vida agrícola; pudera non ser outra cousa que a emoción do sedentarismo. Y-ainda así, sería un sentimento relixioso. O sentimento relixioso defínese d'un xeito xeneral, como o sentimento da dependencia, y-a nosa raza sinte fondamente a sua dependencia da Terra... Relixión materialista, patriotismo menos aínda que animal, se se quere; mais nós sabemos ben com' esto se pode trasmutare nos mais outos valores ideais...
Pro, a emoción do sedentarismo non chega pr'esprical-o noso sentimento da Terra. Pirmelramentes, a Terra, na nosa convivencia a cotío co-ela, imponse a nós d' outro xeito ainda que o da dependencia material; impónsenos esteticamente, impónsenos pola sua beleza. Sentimos fundamentes os galegos a beleza da nosa Terra, y-este sentimento crea en nós o sentimento da paisaxe, o sentimento da Natureza que distingue ós nosos artistas dos artistas iberos. O sentimento da Natureza dánolo esta Terra, a nosa Terra. Si ela é pra nós a Terra por antonomasia, é pra nós tamén toda a Natureza: a Natureza que se fai superior a si mesma n-este anaco, divinizándose n-él, realizando n-él o Paraíso, ostentando eiquí mais outa que en ningures a inspiración de Deus, que foi conosco mais artista, inda que non lucise tanto outros atributos... Esí Deus revélase a nós na nosa Terra por Tiphereth.
Ainda non é isto todo. Logo, hai en todo o que levamos estudiado: no noso ruralismo, no noso sentimento de dependermos da Terra, no noso sedentarismo, no noso sentimento da Natureza, a sobrevivencia indudabel d'unha emoción ancestral. Eu penso que é a emoción sagrada dos pirmeiros abós celtas qu' eiquí chegaron, diante do encantamento da Terra meiga qu' eiquí os prendeu pra sempre... Unha emoción que fai cair de xoenllos, coma quen sinte palpabel a presenza dos deuses, coma quen antrevé o Gwynfyd cos ollos da carne... Y-esta emoción talmente se plasmou nas suas almas primitivas, qu' estas gardaron xa pra sempre aquil deslumamento y-aquil amore qu' eles nos trasmitiron no sangue coma un heredamento espiritual que vive na lembranza escura da Raza.
Nós temos ainda a y-alma pagana d' aqueles abós que coñecían y-adoraban as chtónicas potestades escultoras da y-alma dos pobos; aquelas misteriosas Matres galegas, aquela escura e subrime TELLVS, á que Caio Sulpicio Flavo, celta latinizado on romano enmeigado por ela, pol-a Terra galega, dedicou un ex-voto...
«É' un panteísmo d'absorción—escribe Unamuno—Y-os fillos d' esta terra veneran as benditas ánimas do Purgatorio, creen en pantasmas, agoiros e bruxerías, lémbranse dos seus mortos que vagan pol-os eidos e veneran os árboles. O paganismo que en ningures morreu, senón que se fixo bautizar cristianizándose mais ou menos, latexa eiquí mais vivo que n-outras rexións hespañolas, seica porque o antepasado do galego, un celta, tiña unha mitoloxía naturista que non tiña o beduíno, abó do castelao, o ibero rexo...»
Fis a orixe pagana y-ancestral do noso sentimento relixioso da Terra...
Pro ainda hai mais. Hai o presentimento panteísta, a concencia escura d' unha gran verdade: A nosa raza veu de lonxe, mais se primeiro se fixo filla da Terra por adopción, hoxe é-o por consanguinidade, é-o no sangue e na y-alma. A Raza é hoxe filla da Terra. Consérvase pola convivencia n-un tarreo; non somentes pola convivencia dos homes os ús cos outros, non
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/23/23c2/23c2ee89-50be-42ec-82a5-5023998c79ff/115714821.xml
NOS
sexan a solución do problema social. ¡Que van sel-a! Primeiramente, as teorías de Marx son en parte vellas y-aquivocadas e por esta razón n-o Congreso socialista internacional de Londres do ano 1890 a sociedade gabiana afirmou qu' era necesario adoutar unha postura crítica frente d' elas, o mesmo que fixo Marx c'o Saint-Simón y-o Robert Owen. Segundamente, o Congreso socialista de San Gal do ano 1887 decrearou: «que a teoría anarquista que procrama a autonomía absoluta do individuo, é antisocialista e non constituye mais que unha modificación dos principios do liberalismo burgués, anque crítico dend' o punto de vista socialista a sociedade actual. É ante todo inarmonizabre c'os principios socialistas da socializanza dos medios de produción e da regramentanza social d' esta última».
Non se deben facer causa propea os principios económicos socialistas, neosindicalistas, nin anarquistas. Tampouco denemos rechaçalos. Un principio soilo ten valor cando é eficaz, y-on principio somente é eficaz cando non está en contra da lóxica do sentimento do pobo, e un principio ainda que de momento non teña eficacia pode servir de Norte pra provocar os costumes do pobo.
A misión dos políticos é com'a indicada pol-o Dorado Montero pr' ós xurisconsultos: «en tanto que órganos da sociedade, poden e deben recollel-as aspiracións d' esta, secundal-as, formulal-as en afirmacións categóricas, interpretal-os deseos da mesma, instrul-a, dirixil-a, correxil-os seus erros y-estravíos, traer a reflexión ó que n-o fondo da concencia xurídica do pobo eisiste como adormilado, latente non ben defendido».
Pra autuar con eficacia n-a vida política hai que ter en conta os diversos intereses, elisxencias y-aspiracións dos diferentes setores do pobo y-escoital-a opinión d' ús e d' outros e ter moi en conta todol-os móviles d'antividade económica dend'a necesidade de vivir deica a vanidade, dend' o egoismo hastr' o amor ó próximo. Hai qu' estudial-a realidade social de todol-os xeitos.
O nacionalismo gallego soilo cobiza manterse co'a realidade social gallega e por eso a nosa política económica decote será unha política sin principios fixos, pois istes seguirán o mesmo proceso evolutivo qu'a realidade social, pois non hai qu' esquecer que como dí o Unamuno, toda teoría filosófica sirve pra espricar e xustificar unha ética.
Creo que é necesario modificar a lei y-encomendar ónha comisión técnica o fixamento da duración máisima da xornada pra cada industria ou profesión, pois por unha non é xusto que s' equipare o desgaste orgánico d'un carpinteiro y-o d' un empregado d' escritorio, e por outra, hai necesidade de defendel-os traballadores contr' o alcoholismo y-a tisis e precurar que recobren os proletarios a prudente administración da dúbida, pois como dí o Tissié, n-o seu libro sobre a fatiga, as novas xeracións perderán o espírito crítico, o sentido do posibre e do imposibre, que é com' o gardafrenos necesario contr' a arbitrariedade da vontade e das exaltações sentimentaes.
Ademais, como dí o P. Ramón Ruiz Amado J. S., Dios «condena ó home a regar-a terra c' os seus sudores, pra abarballarlle o sen pan; pro non-o condenou a consumirse n-o traballo noitébrego entr' o barullo enxordecedor d' unha fábrica, nin a pasarse a mór parte da vida enterrado n-as negras entrañas d' unha mina de carbón... Nin a ningún d' ises traballos, fillos da civilanza moderna, que desbullan ó home da sna alegría e rouba ós seus labres a cántiga». A
É necesario tamen que s' estabreza n-a Galicia o seguro contr' o paro, a doenza, a inutilidade y-a vellez, si queremos que a civilanza gallega non sexa un monstro que devore os seus fillos coma Saturno. E indispensable ademais imprantar unha tasa outa dos preços e dos xornales pra que a competencia non poda ter mais axuda que o melloramento da calidade dos produtos y-a baratura da man d' obra (que non é a do xornal) e defendel-o nóso proletariado y-a nósa industria contr' a invasión dos traballadores famentos que veñen d'algures, contr' a invasión dos produtos probes e contr' a política comercial das primas á exportación y-o dumping.
Tamen é necesario evitar a loita eixistente entr' os patróns y-os traballadores, dando impulso ás asociacións d' istes mediante o estabelecimento d' unha pena pr' ós que se neguen a recoñecer a sua personalidade, imprantando a conciliación y-o arbitraxe obrigatorios n-os conflitos do traballo, fomentar os contratos colectivos de traballo, e regramentar o contrato de traballo. Pois por unha ¿poden os industriais condenar a conduta dos obreiros, cando moitos d' illes apesar de poseer riquezas coaliganse en cartels, trust, pools, pra aumental-as deic' o infinito á costa dos consumidores, e cubrindo a sua codicia c' o velo d' un españolismo cifrado no arancel desbullador da riqueza do pobo? ¿Non están acaso comprendidas moitas asocia-
(1) Nuestra Alegría, páxina 98.