https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157124&posicion=1
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/18/1863/18633f56-9b77-4f95-a978-7e110b8bc5df/115712413.xml
NÓS
Hespaña, está resolto. Tan resolto, qu'os mesmos que tal me din, refiren casos de sefiores que lle precurou un amiguiño á sua dona pra qu'a divirta; asiña, a dona, ben satisfeita sexualmente, goza da tranquilanza e igualdá d'ánimo precisa pra qu'a vida do fogar poida correr leda e mansamente. Asegún isto, a cornucopia, qu'asegún ístes sefiores, semella ser xeral, é unha sorte de sacrifizo que se fai en honra da paz do fogar e da conservación da familia. E nen tan xiquera é un sacrifizo, por qu'estas cousas non teñen importancia, son cousa naturalisema.
Non está mal; é unha teoría coma outra calquera. O que non poden deixar de convir comigo é en qu'isto representa un relajamento de todol-os vencellos; en qu'esta xente quer ser libre pra poderen satisfacer todol-os istintos. Efeitivamente, conveñen nelo, din qu'os istintos deben gozar de compreta liberdade, qu'esta é a nova moral. Ben, digo eu; mais entón, eu tiro a secuenza seguinte: a moral nova deixa todol-os istintos en liberdade; entón, porqué impón o traballo com'un deber. ¿Porqué dí qu'o que non traballa que non coma? Pois eu digo que s'os instintos deben ter satisfacción, tamén o da vagancia é un istinto, con dereito a satisfacelo. D'aquela, tamén os vagos teñen dereito á protección legal; a lei debe abrir cauces normais á vagancia.
A min isto repéleme; eu me non podería afacer a iste mundo. E por outra banda, esta non é a Alemaña romántica dos nosos soños, aínda que na Alemaña romántica se botaran as bases d'isto.
Isto é o socialismo, a idea da igualdade.
Imos ver:
O romantismo, n-efeito, choutaba por riba de moitos valados, e n-isto do amor, puña a paixón por riba da moral tradicional e dos costumes admitidos. Mais a diferenza é ben grande. En primeiro termo, aquelo era a paixón —romantismo— e agora non é iso: agora mais ben trátase de suprimir todo estado paixonal, que se considera morboso, produto da contención sexual. Agora reina a friage; trátase do sexo escrusivamente: materialismo, ou seña marxismo. Quérese qu'o acto sexual se reduza a un acto fisioló-
gico sen importancia, com'a micción, poño por caso —é comparanza dos meus istrutores n-iste asunto. Non comprendo ben com'ístes materialistas s'estreven d'iste xeito a matar un pracer reputado com'o meirande qu'o home ten no mundo. Cecais ha ser porqu'unha das misións, coscentes ou non, —e isto heino tratar outra vez mais a modo— qu'o marxismo trouxo, é a d'entristecel-a vida.
Por outra banda, aquelo do romantismo era, ao fin e ao cabo, un privilegio do home superior—mais que fora da paixón mesma, anque se trate de que só o home superior é capás de certas paixóns. Ben istrutivas son, a iste respecto, as verbas de Tullio Hermil en L'Innocente de d'Annunzio: «essendo io diverso dagli altri ed avendo un diverso concetto della vita, posso giustamente sottrarmi ai doveri che gli altri vorrebbero impormi, posso giustamente disprezzare l'opinione altrui e vivere nella assoluta sincerità della mia natura eletta.» Mais agora se non trata xa de naturezas eleitas, senón qu'ises dereitos quérenselle dar a todos; quérese a igualdade tamén no espiritual, onde por mais voltas que lle dean, non pode haber igualdade. Enantes era outra cousa: a idea que ll'apoñen a Xulio II ou a Clemente VII, de que homes únecos na sua arte, coma Benvenuto Cellini, están por riba das leis humanas, é sen dúbida perigosa, mais é social e humanamente justa. Non hai n-ela trasgresión moral grave: o home superior ten, n-iste mundo, diante dos homes, dereito a pecar; mail-o pecado, antes e dispois, segue sendo pecado. Agora, non; agora os calqueras pretenden os mesmos dereitos qu'os grandes homes, sen ofreceren en troques unha obra digna do perdón. O grande home do pasado, podía non recoñecer aos demais homes o dereito de pedirlle conta dos seus pecados, mais sabía que lla tiña que dar a Deus. Agora, todo Ninguén que vai pra Ningures, ten dereito a todo, e, incapaz de toda idea un pouco fonda; incapaz de concebir nada difizle, descoñece o pecado e iñora a Deus. E peca friamente, sen paixón, socialdemocráticamente.
E ainda, ollando a cousa por outro lado, non verán qu'isto é unha regresión, non
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/18/1863/18633f56-9b77-4f95-a978-7e110b8bc5df/11571249.xml
NÓS
enchinche a boca de m... tapaiche cun c.....
42 Tes a nariz pequeniña e na punta arrebitada, quer decir que tes mal xenio ou amor arrebatado.
43 Teño unha albardiña feita feita de palla triga para poñer á ese burro nas amatas da barriga.
44 Teño unha albardiña feita feita de palla pallón, pra lle poñer a ese burro nas amatas do riñón.
45 Teño unha albardiña feita feita de mil perindengues, para poñerlle á ese burro que regaña moito os dentes.
46 Teño unha herba no prado rebenta por catro esquinas. tamén tí has rebentar por decir tantas mentiras.
47 Teño unha herba no prado que rebenta pol-o pé, tamén tu vas rebentar por decir o que non é.
48 Tirate d'esa ventana chocolate por lavar; tírate d'esa ventana non me veñas a tentar.
49 Vai a m.... vai a m.... vai a Lagoa que a ten o señor cura gardadiña n unha ola.
ANTÓN FRAGUAS FRAGUAS.
SONO E INDIFERENCIA DAS VILAS
Por MAGARIÑOS NEGREIRA.
Si cada paisaxe, como afirma Nóvoa Santos, ten a sua i-alma, tamena ten cada unha d-esas viliñas, que a cada instante se atopan viaxando por Galicia, lanceadas pol-as carreteras ou deitadas ó sol, á veira do mar, com-o Cambados de Cabanillas. Unha i alma complexa, parella da d eses misántropos que acougan solitarios no penedo do seu individualismo, abatida en estremecimentos e preocupacións minúsculos e atormentada pol-as miudas traxedias do seu vivir cotián. Non latexa aniñada no esprito das xentes vilegas, senón na vila mesma, considerada como entidade. É un hálito misterioso e invisibre que vai anestesiando a sensibilidade normal, e despertando outra descoñecida, que vivía aletargada alá no curruncho mais escuro do desván do noso edificio psíquico.
A i-alma vilega, é ante todo fondamente individualista. Endexamais chega á comprender os fenómenos colectivistas e socie-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/18/1863/18633f56-9b77-4f95-a978-7e110b8bc5df/115712416.xml
234
cido anque desanimado de Berlín pra os meus estudos.
Conque, aquela tarde despois de jantar, fun buscar a Sammlung, a Brüderstr. Rúa vella, tristeira e solitaria. No número 13, había unha placa qu'anunciaba o Lessing Museum. Aquil non debía ser. Rubin e perguntei: non, era o Lessing Museum, museu en honra e lembranza de Lessing, mais non era a Sammlung, nen ninguén sabía d'ela. Volvin baixar, e fun leendo e soletrando todos e cada un dos letreiros qu'había a un lado e ao outro da porta, e nada. Baixei toda a rúa, pol-a mesma acera, e fun leendo, porta por porta, todol-os letreiros. A Sammlung non estaba anunciada en ningures. Entón rubin pol-a outra acera repetindo a mesma angueira, e tampouco había siñal da Sammlung. Ainda voltei á porta do Lessing Museum e relein de novo os letreiros. Ainda preguntei en dúas tendas e n-unha sorte de portería. Ninguén sabía nada. Non collía, dúbida, o Prof. Hübner dérame o enderezo trabucado.
N-aquelo perdín a tarde, e volvin pra casa, tan desanimado que ja nen fun ver ao discípulo de Thurnwald, nen ao Prof. Solger, seguro de que m'había pasar o mesmo.
Eu tiña unha pequena guía de Berlín que me dera o Tobío; alí viñan indicados todol os Museus, mais tampouco aparecía a Sammlung Für deutsche Volkskunde... Por fin, d'ali a algús días, merquei un Pharus-Plan, e alí apareceu; non era Brüderstr, 13, senón Klosterstr, 32.
E fun alá. E o primeiro día non fixen máis que ver as coleizós. E o segundo día, perguntei pol-o Dr. Hahm... Ainda isto: o Doc-
tor Hahm enfermara e estaba en feiras fora de Berlín, e non voltaría deica o mes de Setembro... Estaba visto, non tiña sorte ningunha... Eutón o porteiro, gordo, outo, bondoso, enorme, dixome:
—Se quer falar co Asistente, o Doctor Bramm...
—Pois non hei querer!—dixen eu agarrándome a aquela espranza.
O Dr. Bramm, un rapaz moi inteligente e moi bó, de tipo expresivo e cabelo branco, serveume de moito: amostroume e expricoume o museu, puxo ao meu dispór a bibrioteca, comunicoume co Prof. Bolte e co Doctor Boehm, e por il coñecín ademais os traballos do Atlas der deutsche Volkskunde.
Logo me decatei de que n-Alemaña, Etnoloxía e Folklore non andan com'antre nós case confundidos, senón qu'están rigurosamente difrenciados en compartimentos arredados.
Ainda precurei mais: no Museum für Völkerkunde, falei con varios señores que me mandaron sucesivamente un ao outro, d'Herodes pra Pilatos, ata que fun dar c'un arqueólogo, na Seizón de Prehistoria, que por certo ostentaba no seu nome a fidalga partícula von. E coma fidalgo se portou tamén. Home expansivo e ben criado coma poucos, tivemos unha longa conversa. Confirmoume as notizas qu'eu recollera, e aconselloume que me fora pra Viena; alí si, hai enseño de folklore, que dá o Prof. Haberlandt, fillo do etnólogo do mesmo nome, e de quen me deu as señas, asegurándome qu'obtería millor resultado alí qu'eiquí e mais en Hamburgo.
Mais istes ja son asuntos técnicos.
(Continuarase).
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/18/1863/18633f56-9b77-4f95-a978-7e110b8bc5df/115712411.xml
TIERGARTEN
Un día a mañana, fun levar a miña Anmeldung á Policía, e despois de jantar, fun co Armesto precurar ao Dr. Varela Santos, e coil a un café do Tiergarten.
O Tiergarten é unha gran frolesta nórdica posta no meio do Gross Berlin. Ten o
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/18/1863/18633f56-9b77-4f95-a978-7e110b8bc5df/115712415.xml
NÓS
tá, que non teño n-Ourense, mais os catro meses de que dispoño non son tempo d'abondo pra moito lér. Qu'iba eu facer? Marchar pra Hamburgo, en precura de Krüger? Procurar o paradeiro de Fröbenius ou d'algún seu discípulo? Ir ver ao P. Schmidt á Viena?
Pra o outro día, ás dez, atopei á Dr. Sponer na porta da Universidade. E volta á correr d'eiquí pr'alá, subir e baixar escaleiras, ela dedianté e eu atrás d'ela sen alento e sen resultado. Somentes nos deron o nome d'un discípulo de Thurnwald, á quen iste deixa encargado das súas cousas. D'aquela levoume ao Romanisches Seminar, alí por fronte, no antigo pazo do Kronprinz. Andivemos moitas salas con libros e grandes mesas. Todol-os Seminarios son o mesmo. Estantes e mobles pintados de negro, e moito libro. Algunha xente traballando. Entramos n'unha sala grande. Ela entrou falar co Profesor Gamillscheg, director do Seminario. Fixose anunciar e desapareceu por unha portiña que pecharon atrás d'ela. Eu fiquei curioseando polos lombos dos libros. Fun vendo a seazón portuguesa.
Entón chamáronme. Entrei, e o Profesor Gamillscheg, home aínda novo, de tipo fino, elegante e simpático, saudoume, fixome sentar e deume un pito. Faloume n'alemán, e eu comprendino á medias. Así que me sentei e alcendín o pito, espriqueime, e o Profesor Gamillscheg, entón, falándome adispacio pra que o comprendera ben, pediume as señas da miña casa, e oferceume unha carta pra o Profesor Hübner do Germanisches Seminar, onde, se cadra, ocuparíanse das cousas que m'intresaban. Eu surtín encantado do Profesor Gamillscheg, e Margot Sponer levoume entón ao Germanisches Seminar, onde me presentou á unha señorita Assistentin, que semellaba unha española da Institución Libre d'Enseñanza, e que coma detalle curioso n'Alemaña, saudaba sen dal-a man. Quedamos en que esta señorita habíame presentar ao Profesor Solger, pra poder asistir ás unhas conversas relacionadas coa Heimat, a Pátrea, e foi a primeira vez qu'advertín o fondo sinificado patriótico que oficialmente dan ao folklore n'Alemaña. De camiño; déronme instrucións pra visitar ao Profesor Hübner.
Chegado o día, eu aínda non tiña a carta de Gamillscheg, e desanimado, xa pensaba facer outra cousa, coller outro camiño calquera, cando pra o outro día á mañá, cando m'estaba vestindo, chegou o carteiro co-a carta. Entón, vestinme un pouco millor qu'os outros días, e alá fun c'un fatelo negro e botinas de charol.
Tardei en atopar o sitio, perdido por tránsitos, escaleiras, gardarroupas, patamares, portas d'Auditorium, Lesesaale, Seminarios fatos de Conmilitonen agardando ou falando, etc. Por fin, un conmiliton á quen falei, levoume. Chamei á unha porta, surtíu unha dona e meteume por unha porta de cristais n'un sitio raro, comenzo d'un longo pasillo estraviado, ond'había unhas coma perchas e cadeas e palomillas eléctricas e o demo, e un letreiro anunciando Gefahr. Diante do despacho do Profesor Hübner, había tres individuos agardando. Longo tempo. Foron pasando. Dediante de min pasou un rapaz con paquetes e unha carta. Tocoume a vez. Me non lembro do qu'había no despacho; só sei qu'era cómodo e ben posto.
O Profesor Hübner, moi fino, non moi alto c'unha miga de calva e bigote moi rapadiño, escorreito de vestimenta, fixome sentar, colleu a carta, que por certo iba pechada, abriuna, e emprincipiamos á falar.
Chegado eiquí, debo dicir cómo recibe no seu despacho un alemán de certa categoría, á un visitante descoñecido. Erguese pra saudar, e manda sentar ao visitante. Il fica de cote sentado á mesa na sua cadeira; a cadeira do visitante está de cote achegada á un dos cabos da mesa, e dando fronte á do señor á quen un visita. A usanza non ten excepción.
O Prof. Hübner dixome que m'endereitaran mal, qu'il non traballaba mais que no idioma, que non había en Berlín quen ensinara folklore, nen había enseño regular d'elo en toda Alemaña; houbo outrora un Profesor, me non lembro do nome que me dixo, mais de qu'aquil Sr. morreu, anque pareza mintira, non quedou quen o continuara... Cecais en Hamburgo... Non embargante, eu debera ir á Sammlung Für deutsche Volkskunde, qu'está en Brüderstrasse, 13, e precurar ali ao Dr. Hahm. Surtiu moi agrade-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/18/1863/18633f56-9b77-4f95-a978-7e110b8bc5df/11571242.xml
BOLETÍN MENSUAL da CULTURA GALEGA
Direitor Literario
Vicente Risco
Direitor Artístico
Alfonso R. Castelao
Adeministrador
ANXEL CASAL
DIREICIÓN E REDAUCIÓN:
Sto. Domingo, 47—OURENSE
ADEMINISTRACIÓN:
Hortas, 20 — SANTIAGO
ABONAMENTO
Doce números, na Península 6'00 pesetas.
Fora da Península 8'00
Número solto 0'70
Os pagos son adiantados e os gastos de xiro de conta dos suscritores
NOTA
Este boletin non pubricará mais orixinas qu'os que foran directamente solicitados pol-a Direición. Tampouco se fai solidario das ideas n-eles emitidos, a non ser dos que por non iren rubrados, enténdense que son da Redaucion.
SUMARIO
SANTA CECILIA DA SOIDADE, (Poesía por R. CARBALLO CALERO).
DO FOLK-LORE DE ARMESES - LISTANCO, por Antón FRAGUAS FRAGUAS.
SONO E INDIFERENCIA DAS VILAS, por X. MAGARIÑOS NEGREIRA,
DA ALEMANA, por Vicente RISCO.
ARQUIVO FILOLÓXICO I-ETNOGRÁFICO DE GALICIA.
IMPRENTA “NÓS”
Facturas - Estados - Libros - Revistas
e toda crás de traballos tipográficos
Trasmitanos os seus encárregos
Hortas, 20 SANTIAGO
Dicente Risco
Abogado
Santo Domingo, 47.2º Ourense
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/18/1863/18633f56-9b77-4f95-a978-7e110b8bc5df/115712412.xml
sociedade alemáa, é vívese tan ben, millor que enantes. Jste novo conceito da relación dos sexos e do pudor da muller non é un sintoma de decadenza, nen moito menos, senon de qu'eiqui s'encomenza unha nova conceición do mundo.
Eu repricolle que non hai tal cousa, qu'o qu'eiqui se quer é darlle gusto ao corpiño e nada mais. Din —todos a unha— que eiquí, o problema sexual, que eisiste ainda na
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/18/1863/18633f56-9b77-4f95-a978-7e110b8bc5df/115712410.xml
NÓS
228
sensibilidade, como a i-auga do mar sobor dos penedos. As preocupacións, os folgos e o interés, están cristalizados n-o.programa cotián, i-envolveitos n-a opaca trascendencia doméstica.
Hastra o tempo parece tamén sumido n-o mesmo nirvana. As horas vilegas, son longas, mainas e monótonas. Camiñan perguiceiras pol-o seu trillado vieiro, sintindose asimesmo envenenadas do vagaroso marasmo dos homes e das cousas. De noite, o tempo faise mais denso, mais espeso. As veces, queda paralizado nas ruas silandeiras, deica que unha racha de vento noitébrego, c-o seu fincón cariñento, lle fai seguir a lenta camiñata.
As vilas son museos onde acougan mo:mificados os vellos e crásicos persoaxes de novela provinciana, en agarda perenne de quen-os queira pór en ridículo. Vidas simples e monótonas, sin complexidades psicolóxicas, nin tósigos de literatura, que vexetan no seu burato, o marxe de novelerías, fortemente saturados de espesa prosa doméstica.
Esa prosa doméstica, é a anestesia que insensibiliza a i-alma das vilas, facéndoa invulnerable ás emocións estéticas. A corda do sentimento artístico, ten escachada a clavixa. As vilas, endexamais escoitan a sinfonía do mar e do vento, que dan o seu concerto eterno no teatro da Natureza. Nin a melodía musical e misteriosa das noites estivales. Nin a poesía que recita o pino solitario, ó son do rumoroso zoar.
A rutina do seu vivir, ensarta os días en ringleiras longas e uniformes, que van esgotándose unha tras outra, e caendo silandeiramente n ese pozo sin fondo do tempo que pasa.
As vilas agonizan, no senso de Unamuno, abatindose en eternas loitas individualistas, sin causa nin bandeira, arrastradas pol-o aluvión das murmuracións, que é a única chuvia que froititica ideas e movimientos. O combate de bandos, —outro dos vellos tópicos novelísticos— é o pedestal acougador da vida ideolóxica dos pequenos núcleos.
Abesullando este triste panorama psicolóxico, sintense degaros catastróficos, e a catarata iconoclasta, arrebol-o a un, o cume d-ese solitario e desolador picacho que se chama o pesimismo.
D A L E M A Ñ A
POR VICENTE RISCO
III. BERLÍN
(Proseguimento)
A Staatsbibliothek está no Berlin imperial, qu’ encomenza na Porta de Brandeburgo; e comprende, ao lougo da Unter den Linden, a Universidade, o Altes Museum, o Lustgarten, a Catedral, a Opera e os Pazos dos Hohenzollern.
A Universidade cos seus dous jardins d’herba verde e as estátuas sedentes d’Alexandre e máis Guillerme de Humboldt; as colunatas e os escadoiros rigurosamente clásicos do Altes Museum, o grande e escuro Schloss, co moimento do embarcadeiro por frente; a Catedral co a sua imensa cúpula de bronze verde, aquil é o Berlín grandioso, d’un clasicismo grandote, impoñente de proporciós. Proporciós imperiais. O moimento ten catro enormismos leos feitos atergo pra esmagar ao contemplador co seu grandor gigante. Sen dúbida foi aquil un recurso teatral, mais apesares d’ isc serio, real e positivo; bambolla, mais non valeira, senón maciza: bambolla con corpo e con masa. Preciouse co-elo causar unha impresión de grandeza, coscente e sabiamente calculada, mais realizaron a idea a poder de toneladas de pedra e de bronze. Non somentes o moi-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/18/1863/18633f56-9b77-4f95-a978-7e110b8bc5df/11571247.xml
NÓS
7 Anda tí cara lavada, cara de corno candil, pareces o meu marráu cando foza no cubil.
8 Antonio, meu lindo Antonio, Antonio, meu lindo Antón; ese mal non ten remedio padeza o meu corazón.
9 Antonio, meu lindo Antonio Antonio meu corazón, tú te queixas, eu me queixo quen dos dous terá razón?
10 A pitiña choca, choca é por que ten que chocar; a filla do labrador tamén se quere casar.
11 As mociñas de Listanco encargaron un pandeiro, unhas á medio raal outras á raal inteiro.
12 Ás mociñas de Listanco por ser as mais verdadeiras; deixemoslle a roupa vella pra vender ás farrapeiras.
13 As mociñas do Viñau, pra que leven que contar, cinco milleiros de pulgas tén vagar de as rañar.
14 A túa aireiosa cintura fina como o meu canizo, e na cima Santo Dios, adiós montes do feitizo.
15 Cala burra, cala burra xa estou farto de te oir, cantos burros van os toxos tamén ti podías ir.
16 Cando pasei por Soutelo os meus ollos eran fontes adiós montes de Soutelo adiós Soutelo de Montes.
17 Cantiguiñas deshonestas ou as cantarei ou non, que mas dou de penitencia o cura na confesión
18 Canta moucho, canta moucho arredor dése penedo; anque rebougues os ollos eu ter non che teño medo
19 Cántigas eu sei un cento se as quixera cantar, quedoume o libro na casa e non as podo estudiar.
20 Ciudá linda de Chaves feira de vender os mollos, non hai cousa mais alegre que o brillo dos teus ollos.
Torno
Bvrro
Agvillon
Figs. 8 e 10
21 Con licencia entra o Santo o seu papo ven encher. onde hai cen galos de fame a que pitos ven encher.
22 Costureiriña bonita dame unha agulla de plata para quitar unha espiña do corazón que me mata.
23 Da banda d'alá do río do río d'aquela banda hai unha costureiriña moitos recordos me manda.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/18/1863/18633f56-9b77-4f95-a978-7e110b8bc5df/115712414.xml
232
digo já á estados humáns tidos por inferiores —a horda promíscua primitiva de certos etnólogos e sociólogos— senón á estados d'animalidade? Non ven nada.
E o mundo podrece debaixo d'unha ola de desenfeición e de prefumes. A fin non pode andar longe.
Pol-o d'agora, ainda non chegaron os berlineses á estrema perfeición freudiano-marxista; o vezo sexual ainda lles tira, e d'iste geito, moitos recantos sombrosos do Tiergarten son, na linda hora do lusco-fusco, o bosque sagrado de Paphos. As parexiñas en silencio, arreconchegadas, contendo o alento, alí fican quedas nos bancos do paseo, e o camiñante respeitoso apreta o paso, precurando que non renxa a area, e perdendo a ollada nas outas polas, namentras o ventiño da noite leva ao alén os bafos tépedos dos mudos salayos...
Poético Tiergarten! Doce e femenina paisage romántica d'augas estañadas e silenciosas ramages! Enternecedor portento d'urbanización e pericia municipall
EN PRECURA D'UN MESTRE
Eu debía, asegún os consellos recibidos, traballar na Universidade co Profesor Thurnwald. Pra elo, cumpría mirar os cursos que tiña o Profesor Thurnwald, presentarse á il, etc. Pra vel-os cursos do Profesor Thurnwald, había que consultar o Verseichnis der Vorlesungen da Universidade. O Verseichnis der Vorlesungen, ou táboa das leiciós, é o anuncio de todol-os cursos, confrencias e conversas de todal-as seizóns, e Seminarios de todal-as Faculdades, que se pubrica n-un volume pra cada semestre. Ora, o tal Verseichnis der Vorlesungen do semestre do vrau estaba esgotado. Todal-as persoas á quen preguntei, dixéronme que lle preguntara á outro.
N-isto, o Canedo tróuxome un recado de Margot Sponer. Todol os galegos coñecen já á Margot Sponer, que traballa no Romanisches Seminar, estuda o galego e colaborou en NÓS. Eu debía agardar á Margot Sponer ás sete do serán, na porta da aula núm. 100 da Universidade. Alí, Margot Sponer daba un curso de castelán. Fun. Deron as sete.
abriuse a porta, surtiron rapazas e rapaces co-as suas carteiras, e por fin surteu Margot Sponer en compaña d'un rapaz chileno,
Viña moi leda e rideira, c'un vestido azul dises de pelerina. Saudámonos, ríu, falou, perguntou por todol-os galegos coñecidos, e, volta providenza miña, sen parar de falar, arrancou n-un pulo comigo e co chileno, baixamos correndo as escaleiras, surtimos á Unter den Linden, cruzamos valerosamente a Friedrich Platz, nadando a miña vista n'aquil lago d'asfalto coallado, fugindo dos autos que viñan disparados, correndo ela máis qu'a nós, metímonos por alá atrás, fumos dar á Schloss Platz, e por fin á Breitestrasse, ond'ela vive n-un antigo edifizo imperial. Gran páteo cheo de trastos vellos, escaleiras pr'eiquí e pr'acolá, tránsitos escuros, e por fin, a sua vivenda. Unha enorme cámara chea de libros, de mobles, pois qu'andaba de mudanza. Meteuse n-un carto co-a modista, qu'a estaba agardando. Despois amostroume o seu traballo en col do galego, já posto á máquina, pr'a que mandou fazer tipos fonéticos especiás.
Despois turrou por min de novo, e fumos correndo ao Romanisches Seminar; despois ao Germanisches, logo á Segredaria, por fin á unha oficiña, todo sen coller folgo. De todos cantos preguntamos, ninguén sabía nada do Profesor Thurnwald. Por fin apareceu o Verseichnis der Vorlesungen, mais alí non anunciaba ningún curso do Profesor Thurnwald, e por suposto, non había nada que se relacioara con Volkskunde. Houbo que andar outra vez á precura de novas, e como Margot Sponer é un trono, non paramos deica non atopar un señor que nos noticiou de qu'o Profesor Thurnwald marchara pra Africa, e que non había tampouco curso ningún no qu'un poidera deprender cousa de Völkerkunde. Estábache boa a navallal E pra isto viñen eu á Berlín, precisamente n-esta oportunidade, cando Thurnwald marchou....
Margot Sponer non se deixa vencer. Ficamos apalabrados pra mañá ás dez, na porta da Universidade. Eu fun matinando pr'a casa no qu'había facer. Se non tiña un especialista que me guiara, atopábame en Berlín reducido á lér libros; libros, crar'es-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/18/1863/18633f56-9b77-4f95-a978-7e110b8bc5df/11571248.xml
226
24 Dichesme dúas navallas en señal do teu amor, metinas nunha gaveta cobrironse de balor
25 Esta noite vai chover que está o tempo nublado; andan as pitiñas chocas señal de tempo trocado.
26 En nombre de Deus comenzo Patre, Fillo e Esprito Santo, esa sea a primeira cántiga que neste auditorio canto.
27 Fun á fonte buscar auga encontreite no camiño
![Diagrama técnico]
28 Ó ouvir as tuas falas rompéuseme o cantariño.
29 Miña nai matou unha ovella nin-a tentou, nin-a deixou de tentar se nun dou unha arroba de sebo pouco lle había faltar.
30 Na cima do teu tellado naceu un pé d-alecrín; e por eso acredito que foi obra de Xaquín.
31 Namorados falar baixo que as paredes ten oídos; os amores máis secretos son eses os mais sabidos.
NÓS
31 O pandeiro está feito quen nol-o ha de tocar, a Luisiña tendeira que é a gala do lugar.
32 O piollo está doente á pulga doille a barriga e o ladrón do coscobello ten a espiñela caída.
33 O rodo da miña saia foi José quen mo queimou co marrulo do cigarro cando comigo beilou.
34 Oxe é feira en San Mateu se tu sabes mais que Dios mais que o demo seino eu
35 Pasei pol-a tua porta asenxei por un puntón; mireiche pulgas de cuarta piollos de cuarterón.
36 Se eu soubera que tí viñas alivio dos meus pesares tería a casa barrida acatifada de clavos.
37 Se querés o desafío ide xunto da Lagoa, tamén o Pilelo foi pra se afogar cunha soga.
38 Se querés o desafío pol-a punta do cesár (1) o Pilelo e a Pilela quixeronse descasar.
39 Se querés o desafío se querés desafiar, inda teño un saco cheo outro por escomenzar.
40 Se tu viras o que eu vín habías de estremecer, unha formiga sin rabo que me quería morder.
41 Subín por un adreal e baixei por un cordón
(4, A verba cesár non ten elquí outro ouxeto que buscar a rima pra o derradeiro verso.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/18/1863/18633f56-9b77-4f95-a978-7e110b8bc5df/115712420.xml
MERQUE VOSTEDE Plumeiros RAFIUM
De máis dura qu'os de pluma e limpan millor.
Véndense en todol-os establecementos do ramo.
ANDRÉS PERILLE --- OURENSE
Sanatorio Quirúrgico de San Lorenzo
SANTIAGO DE GALICIA
DE LOS PROFESORES
D. Fernando Alsina y D. Antonio M. de la Riva
CIRUJANO GINECÓLOGO
Establecimento dotado de todol-os elementos que exixen
a terapéutica e a hixiene modernas, situado nas aforas
da poboazón, moi cerca do paseo da Ferradura
Teléfono número 195
Pra detalles, calquera dos Direitores ou o Médico interno
FOTOGRABADO
Si quer qu-os seus fotograbados sexan o mais perfecto posíbeis, convénlle envialos aos
Talleres de fotograbado ESPASA-CALPE S. A.
Ríos Rosas, 24-Apartado, 547 MADRID
A sua biblioteca non será
unha biblioteca galega,
mentras non adeqüira as
obras editadas por
NÓS
PUBRICACIÓNS GALEGAS E IMPRENTA
HORTAS, 20 SANTIAGO
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/18/1863/18633f56-9b77-4f95-a978-7e110b8bc5df/115712418.xml
NÓS
236
Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza
NOVAS CÁNTIGAS E TRIADAS DA PARROQUIA DE PARADELA, NA TERRA DA ULLA (1)
Se tí me quixeras ben
da raís do corazón
viñérasme ver, viñeras,
que as noites ben grandes son.
Quedaches de vir a unha
fai duas que aquí estou,
pensas que non é pecado
enganar quen esperou.
Debaixo da oliveira
non vai frío nin orballo.
Meniña, si has de ser miña
non me deas mais traballo.
Teño muiño e moé fariña,
teño forno e coce pan,
teño unha muller bonita
xa estou feito un capitán.
Traballo é ser casada,
traballo é non-o ser,
traballo é tel-os fillos,
traballo é non-os ter.
Adiós, vista dos meus ollos,
espello do meu mirar;
pésame dos teus traballos,
non-os podo remediar.
Olvidarte a tí por outro
non o consinte meu peito,
olvidar a outros por tí
eso xa o teño feito.
María, paloma mía,
irmán do meu corazón,
serafín do meu alvidro,
morte da miña pasión.
Quérote ben, non hai duda:
enterrarémonos ambos
n-unha mesma sepultura.
Todo se me dá na mán
senón a sacha do millo
e mais a sega do pan.
Déixate andar e veremos;
o mundo da moitas voltas
nós tamén así faremos.
Séntate aquí n-esta pedra:
ou has de casar comigo
ou has de largar a terra.
Somos de los liberales,
somos unos para otros
compañeritos leales. (2)
Hoxe aquí e mañán na feira,
para mín non ha de faltar
unha vida pasaxeira.
Meu corazón, por onde andas
non hai tinta nin papel
cando me cartas non mandas.
Canta, miña prima, canta.
¡No adro de Paradela
non entra mellor gargantal!
(Recitou Xosefa Neira, de máis de sesenta anos).
Por F. Bouza-Brey.
(2) É castelán, máis adaptada como triada a música do país.
(1) Vexase o «Arquivo Filolóxico i-Etnográfico» do nú-
mero 90 de esta revista.
Imprenta NÓS. Hortas, 20. Santiago
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/18/1863/18633f56-9b77-4f95-a978-7e110b8bc5df/115712419.xml
A hixiene nos nenos
é a garantía da sua saúde física e moral o día de mañá.
No diario aseo dos nenos empregue o
“Jabón Sales de la Toja”,
único que ás suas altas calidades
meiciñás xunta toda a finura e prefume d'un xatón de tocador.
Contribuie ó perfecto des-
enrolo das criaturas e evita o perigo da escrófula e
o raquitísmo.
O Xabrón da Toxa
é o mellor.
Honra á Galicia no mundo enteiro
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/18/1863/18633f56-9b77-4f95-a978-7e110b8bc5df/115712417.xml
SANTA CECILIA DA SOIDADE
Por R. CARBALLO CALERO.
Eu te penso señora de unha terra non descuberta aínda. Terra iñorada e insospeitada do home de pranta inquisitiva. Doncela das virxes soidades, pegureira de melodías, gobernadora do silencio, raíña das touzas esquivas, fada do bosque tropical, n-un xesto ausente escoitarías cantar o coro dos paxaros sobre a túa fronte pensativa que ficaría como de unha coroa musical cinxida. Pairara un feitizo no ar da mesta selva primitiva. Arume de cousas lonxanas. Recendo de edades antigas. Preto de ti, mansos, os leóns familiarmente xuntarían a túa melena de ouro a súa melena de cinza.
As volvoretas nos teus fros charreteiras foran policromas. As túas olladas cabaleiras sobre as libélulas irían. Na hamaca do vento soán a túa voz abalaría. Desceria como un arcanxo hastra o teu colo o ave-lira. Aloumiñando o seu prumaxe a túa man esmaecería. E ó compás priguizoso e dondo da túa carexa fuxitiva, ó ser pulsada da túa man con voz de rosa cantaría. Tanxendo estormento de pruma, a verde mirada esquecida n-un fantástico arrobamento, a túa aititude lembraría, tan musical e celestial, o xesto de Santa Cecilia. Santa Cecilia da Soidade a tanxer unha lira viva.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/18/1863/18633f56-9b77-4f95-a978-7e110b8bc5df/11571245.xml
NÓS
xas, festa que preside o demo a quen elas se entregan pra ficar en posesión da sabencia.
O ROUBO DO MUIÑO
Un home precisaba fariña pra atender as angueiras da sua casa e foina roubar á un muiño deixando a seguinte lenda:
No muiño do vento entrei
a fame non ten lei,
ferrado e medio roubei,
así que lle veña o novo
xa aquí llo volverei.
O dono do muiño perdonou o roubo, pero non sabendo tal cousa foi á levalo e botouno nun fol cuia pelica era o demo. Cando chegou ó muiño e ía pousar, o demo, dixo:
Póusame a modiño
vai buscar o pelico
que quedou a porta do muiño.
A ESMOLA DO SAN BIEITO
Unha muller tiña unha espulla moi grande n-unha man e ofreceuse de dar dúas pesetas a San Bieito como iste santo sandara a sua doencia. Xa ía bo de sandar e un día levoulle as dúas pesetas como esmola que ofrecera. O santo milagreiro sandoulle a espulla sen outras meiciñas.
Un día a muller estivo falando con unha veciña e decía:
— No os santos tamén son ben intresados. Eu ofrecinlle dúas pesetas á San Bieito e deica que llas dei non me sandou a espulla.
Cando foi pra cama volvera a espulla ó mesmo sitio e debaixo da almofada atopou as dúas pesetas. Da espulla saleulle un cáncer e a muller morreu.
A ENTRADA NO CEO
Fai anos morreu un home e foi petar ás portas do outro mundo. Chegou ó inferno e non lle deron paso, chegou ó purgadoiro e tampouco lle deron entrada. Canso de camiñar foi bater ás portas de Ceo e abriron a porta. Un home de barbas mirou un grande libro.
— Pra entrar tés que vir á cabalo.
Marchou en dreitura á terra e no camiño atopou o crego da parroquia que ía pra o ceo; saudáronse e o crego preguntoulle porque tornaba á terra.
— Pois mire, vou buscar un cabalo, porque no Ceo non deixan entrar sin ir á cabalo.
— Moi ben, volvete, xa fica arranxado. Ó chegar a porta do Ceo tí poste a cabalo de min i-entramos.
Chegaron ás portas do ceo e abriron axiña. O home de barbas fitouno e dixo:
— O cabaleiro pode pasar, o cabalo que quede fora.
O HABITO DO MORTO
Unha noite ía un mozo por un camiño e atopou un pantasma diante cuberto con longo hábito que lle pregou llo rompese. Arredouse despois de algunha porfía e a noite seguinte tornou á atopalo na encrucillada, tampouco quixo racharllo e cando foi de terceira vez camiñaba con uns escapularios e unha estola que lle dera o abade. Chegou xunto do pantasma e fixo un circo meténdose no medio de xeito que non quedaba ren do seu corpo fora. O pantasma pregoulle que lle rachase o hábito por diante, pro o mozo rachoullo por detrás porque de racharllo por diante ía pra o inferno co morto.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/18/1863/18633f56-9b77-4f95-a978-7e110b8bc5df/11571246.xml
224 DOÑA MARIQUITA
Morreu unha muller, e levou consigo o segredo dos aforros d'un irmán. Os poucos días de morrer unha soma acompañaba o irmán da morta dándolle grima o mirar pra ela. Non desaparecendo a soma un tío crego, díxolle fose requerir á sua irmá que quizáis fora ela quen viña acompañalo á iste mundo.

Pol-a noite levou os brazos en crus e foi ó Campo Santo pra requerirlle. Ó pouco tempo de chegar ouviu uns pasos e viu un bando de almas que pasaban rezando. Arrimouse á unha beira e preguntou.
—E vén aí Doña Margarita?
—Non, ven máis detrás.
Tornaron á pasar outros e fíxolle a mesma pregunta, outendo somellante resposta. Despois de pasar moitos bandos chegou Doña Mariquita falándolle d'iste xeito.
—Os cartos están na trabe. Eu estou no Inferno e non podo ver a cara á Noso Señor, pero dille ó señor tío que como non deixe de marmular e non cambie de vida ten aquí unha cama agardando por él (1).
O irmán marchou e morreu ó tres meses, pero n-iste tempo ninguén ollou a soma que aparescía denantes.
TRABALÍNGOAS
Teño unha capa golrada, bolrada e repica tallada
(3) É ben coñecida en toda Galicia a cantiga que fal re rencia á somellante dito:
Marmula marmulador
marmula de min e de outro
no Inferno hai unha cama
para descansar un pouco.
NOS
quen a golrou e bolrou
e repica tallou
non-a supo golrar e bolrar
e repica tallar;
vou chamar o bolrador golrador
que ma veña golrar e bolrar
e repica tallar millor.
Teño unha ovella pelía, melía, peluda pelada e pol-o seu lombo arrepempenicada pareu os seus fillos pelíos, melíos, peludos pelados pol-o seu nombre arrepempenicados.
CANCIOEIRO
1 A auga ven de tras do monte
o sol ven de tras da serra;
todol-os males do mundo
o home os trouxo á terra.
2 Adiós sagrado cruceiro
campiño da miña terra,
anda de noite á ruada
o lado da miña prenda.
3 Anda ti cara lavada,
cara de leite mazado
levache á teu pai á forca
nunha burriña sin rabo.
4 Anda ti cara lavada,
cara de sardiña quente,
o día que tu naceches
naceo toda a mala xente
5 Anda ti cara lavada
cara de sardiña fría
o día que ti naceches
naceo toda a p.....
6 Anda ti cara lavada,
cara de tuturulú,
que mataches a teu pai
cunha dentada no cú.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/18/1863/18633f56-9b77-4f95-a978-7e110b8bc5df/11571244.xml
222
canto máis novo e aguzado fique o aguillón (Figura 10). (1)
CRENCIAS ENCOL DAS BRUXAS
Recollemos en Listanco algunhas notas curiosas sobor das bruxas. As xentes dan como segura a eisistencia das meigas e relatan os seus feitos como cousa de todos coñecida. Atravesan os camiños, e viaxan pol-o aire alomeando en tres ringleiras, percurando atopar alguén que non créndo na súa forza teña de acompañalas e facer can-
de seguir os seus mandados, e tiña dous vieiros: a terra e o aire. O home escolleu ir pol-o aire e levárono ó Miño, e alí o tiveron toda a noite no meio do rio. De mañan cedo trouxérono perto da casa deixandoó no adro de unha eirexa.
Nas perdas xúntanse as bruxas e percuran que non atopen o perdido, trangueleando ás beiras do camiño pra que teñan medo e dubiden de seguir adiante deica chegar ó lugar do achádego. Un traballador viña de terras de fora e traguia as cousas n-un saco. Cando chegou á casa atopou o saco de menos e sairon na sua percura. Ás bandas da estrada ían tocando triquiñolas e azuzando como se levaran unha besta. O traballador encargou que non tiveran medo que senón estaban perdidos pois ían as bruxas á sua beira. Chegaron á Barbantes e atoparon o saco, estoncias deixaron de ouvir as triquiñolas e o azuzamento, tornando tranquilos pra casa.
Non son somentes os camiños lugares de acougo pras meigas cando se meten con algún que non pode ceibarse da súa carga, entran na casa e alí fan arrenegar de todo deica conseguir afastalas da casa por meio de cousas benzoadas. Un home atopou as meigas no camiño e despois de moitos golpes entrou na casa. Canso e magoado botouse no leito e as meigas zoupárono no chán. Asin ficou algún tempo porfiando por acougar no leito sin conseguilo, deica que lle puxeron un resario benzoado, entón as meigas fuxiron e quedou tranquilo no leito.
En coase todal-as persoas que por eiquí falan das bruxas óllase un certo medo os feitos inquedantes da fada e do engano, pra escorrentalas lembran á San Silvestre e con iso tén a seguridade de non atopar na camiñata ninguén que poida penduralos nas ponlas dos castiñeiros e das carballas ou arrastralos 'pol-os toxoeiraes en dreitura de Sevilla.
Hai quén ten visto as bruxas pol-o día, queimando os toxos, n-un eido que hai perto das casas, e beilando ó redor do lume. Cando ían chamar pol-o dono ollaban que non ardera nin n-aquel eido, nin nos dos veciños.
Atopámonos eiquí na presencia de unha das tan caraiterísticas xuntanzas das bru-
(1) Os dibnseos que ilustran iste traballo debémolos o noso querido amigo X. Lourenzo.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/18/1863/18633f56-9b77-4f95-a978-7e110b8bc5df/11571243.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
Ourense 15 de Nadal do 1931
* Num. 96
Ano XIII Xx
DO FOLK-LORE DE ARMESES-LISTANCO
Tendo recollido unhas cantas notas de folklore na freguesia de Armeses, dámolas á publicidade coa esperanza de amprialas en novas xeiras que fagamos ás istas terras. Hoxe abranguemos somentes a parte de Listanco. (1).
O MUIÑO
Coas augas do regueiro que baixan polo outeiro do Neo, moen os muíños de Listanco, que dan fariña d'abondo. Eiquí o muíño non somentes con unha roda pol-a cativeza de augas.
Cada muiñeiro dispón do seu muíño, cobrando maquía (en corenta libras, dúas) á cantos van moer. O que precisa moer leva o gran ó muíño e vai logo buscar a fariña.
No inverno hai máis abundamento de gran, pero como teñen máis auga poden moel-as dúas rodas.
Todal-as labouras que require o muíño fican á cargo do muiñeiro, coidando de non ter que arranxar as dúas rodas ó mesmo tempo, pra asín dar afeito a cantos leven gran ó muíño, inda que os arranxos sexan de pouco tempo. Pra erguer as rodas empregan o burro (Fig. 8); por meio do cal afastan a moa do pé, podendo repicar as pedras e encaixar o segurellal (Fig. 3 e 4).
O chan do muíño fica dividido en dúas partes: unha terreira, con pedras que fan de sentadoiro e ás vegadas de pousafoles, maormentes onde non hai poios de taboas ou ucha pra gardar os sacos de grán, que agardan vez; a outra parte, chamada faruciro, adicase ás rodas, sendo a mais importante do muíño.
ten a importancia de outras partes de Galicia, porque as xentes non comen pan de broa, máis que nos comienzos da anada; a laboura da terra encamiñase á percura do viño e van debecendo os eidos de millo, quedando reducidos ás cativas leiras de lentura nos agros do Areal e outras, esparexidas antre as viñas, que zugan os mellores terróns. A xente prefire mercar o pan a cotío o coller viño d'abondo. Non embargantes, os muíños moen todo o ano, ben que no verán.
O gran bótase na moxéga (Fig. 2), graduando a caída por meio do croío e o tarabelo. Os muíños que esparexen moito a fariña precisan bombo (Fig. 3) nas beiras da moa e do pé, xuntando’asi o muido por unha canle que vai dar á caixa. Pra parar o muíño pode facerse baixando a móa por medio do aliviadoiro (Fig. 5), ou ben apretando a chave da auga, que baixa polo cubo, saindo na saleira (Fig. 9), i-enfia pra o rodicio, emprimindolle o movemento. O rodicio encaixa na móa por medio da segurella (Figura 4) e fai os movementos máis lixeiros.
(1) Foron os nosos informadores Fells Fraguas e os irmáns Luisa, Xesusa, Serxio e Xosé Fraguas.