Losada Martínez, Urbano

Urbano Losada Martínez, nado na Coruña o 13 de xuño de 1902 e finado na mesma cidade o 14 de xullo de 1974, foi un médico galego, pioneiro no uso da lingua galega na ciencia.
En 1928 licenciouse en medicina pola Universidade de Santiago de Compostela. Especializouse en xinecoloxía e exerceu na súa cidade natal, colaborou coa beneficencia municipal e foi tamén inspector de sanidade. Membro numerario da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia dende 1963 o seu discurso "Divagando en torno a la Medicina: Una lectura" publicouse na revista "Galicia Clínica".

Participou nas Irmandades da Fala e no Seminario de Estudios Galegos e colaborou en A Nosa Terra, El Momento e Nós. Leu o seu discurso de ingreso na sección de bioloxía do SEG o 6 de marzo de 1926 co título "Superstición, suxestión e meiciña". Parte do discurso publicouna a revista Nós no número de maio co título "A espiritada de Moeche e o poseso Antón Ramilo".
Galipedia

Imagen de Losada Martínez, Urbano

Detalles


Lugar de nacemento A Coruña - España
Lugar de falecemento A Coruña - España
Actividade Xinecoloxía , Medicina
Filiación Irmandades da Fala , Real Academia de Medicina y Cirugía de Santiago de Compostela , Seminario de Estudos Galegos
Ocupación Médicos

Presenza na revista


http://gnoss/B938BAF7-AEA8-411A-B29B-8D587AB8186F

Autor da revista Nós

Persoa relacionada

Organismo relacionado

Losada Martínez, Urbano

Artigos

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano VIII Número 29 - 15 maio 1926
A espiritada de Moeche e o poseso Antón Ramilo : fragmento da conferencia titulada : superstición, suxestión e meiciña.

A espiritada de Moeche e o poseso Antón Ramilo : fragmento da conferencia titulada : superstición, suxestión e meiciña.

por Losada Martínez, Urbano

Ano VIII Número 29 (1926); p 5-10