Lence-Santar Y Guitián, Eduardo

1876 - 1960

Foi un escritor e xornalista galego.
Pasou os seus primeiros anos en Portomarín e Sarria, e volveu a Mondoñedo en 1901. Arquiveiro municipal do concello de Mondoñedo, foi nomeado cronista da cidade en 1917. Foi un dos fundadores da Irmandade da Fala mindoniense en 1917 e un dos asinantes do manifesto da I Asemblea Nacionalista convocada polas Irmandades da Fala.

Dirixiu Mondoñedo e colaborou en periódicos de Galicia e da Habana e Bos Aires como La Voz de Mondoñedo, Vallibria, El Eco de Vivero, El Compostelano, El Eco de Santiago, El Ideal Gallego, El Regional e El Eco de Galicia.

Foi correspondente da Real Academia Galega e recibiu en 1949 a encomenda da Orde de Afonso X o Sabio.
Galipedia

Ver na liña do tempo
Imagen de Lence-Santar Y Guitián, Eduardo

Detalles


Lugar de nacemento Mondoñedo, Lugo - España
Lugar de falecemento Mondoñedo, Lugo - España
Actividade Literatura , Xornalismo
Filiación Mondoñedo Concello , Real Academia Galega , Irmandades da Fala
Ocupación Xornalistas , Escritores

Presenza na revista


http://gnoss/AFC7BCE6-3874-4F60-885D-EB6B73C488D2

Autor da revista Nós

Persoa relacionada

Organismo relacionado

Lence-Santar y Guitián, Eduardo

Artigos

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano XVII Número 137-138 - Maio/Xuño 1935
Páxinas históricas galegas : un interesante libro de formado da Catedral de Mondoñedo

Páxinas históricas galegas : un interesante libro de formado da Catedral de Mondoñedo

por Lence-Santar y Guitián, Eduardo

Ano XVII Número 137 (1935); p 94-100