Cargando...
Hölderlin, Friedrich
1770 - 1843Friedrich Hölderlin, nado en Lauffen am Neckar (Baden-Württemberg) o 20 de marzo de 1770 e finado en Tubinga o 7 de xuño de 1843, foi un poeta alemán do romanticismo. Está considerado un dos máis grandes poetas líricos en alemán. As súas obras mesturan elementos do clasicismo e temas cristiáns.
A súa novela epistolar Hyperion (1797-99), escrito logo da revolta dos gregos contra os turcos otománs (1770), é a expresión lírica da súa crenza nun novo Cristo grego, símbolo espiritual da rexeneración, que supera a fraxilidade e a alienación dos homes.
Detalles
| Lugar de nacemento | Lauffen am Neckar - Alemaña |
| Lugar de falecemento | Tubinga - Alemaña |
| Actividade | Romanticismo , Poesía |
| Ocupación | Tradutores , Bibliotecarios , Poetas , Novelistas , Escritores |
Presenza na revista
http://gnoss/5B37D0C0-2983-4FC5-A4BB-858FF373ACEB
Artigos
Hölderlin
por Cunqueiro, Álvaro, Hölderlin, Friedrich, Vidarte Rivas, Bernardino
Ano XVI Num. 130 (1934); p 151-152