González López, Emilio

1903 - 1991

Foi un historiador e político galego. Naceu no barrio mariñeiro de San Roque de Fóra, na cidade da Coruña, fillo de Antonio González Doldán, un tipógrafo ligado aos movementos obreiros. Estudou na Coruña e tivo como mestre a Xoán Vicente Viqueira e logo marchou a Madrid para estudar dereito, onde se licenciou. Conseguiu en 1931 a cátedra de dereito penal na Universidad de La Laguna, pero non chegou a exercer por mor das súas actividades políticas. En Madrid foi o fundador e primeiro secretario xeral da Federación Universitaria Española (FUE), aínda nos tempos da ditadura de Primo de Rivera e nas primeiras eleccións da Segunda República, en 1931, saíu elixido deputado pola circunscrición da Coruña pola Federación Republicana Galega, debido a que revalidou nas eleccións de 1933 (representando á ORGA) e de 1936 (nas listas de Esquerda Republicana). Durante a República foi director xeral de administración local (1932) e director xeral de Beneficencia (1933). En 1936 participou na redacción do Estatuto de Autonomía de Galicia. O estalido da Guerra Civil española coincídelle en Madrid, en zona republicana, e como representante do goberno acode a Xenebra á Liga das Nacións, onde ten o encargo de coordinar unha rede de espionaxe a favor do goberno democrático. Coa derrota bélica, exíliase aos Estados Unidos, en Nova York, onde permanecerá ata a súa morte. Nos Estados Unidos deu clases de historia na Universidade da Cidade de Nova York, onde se especializou en Historia de España e Historia de Galicia. En 1984 recibe a Medalla Castelao, na súa primeira entrega. Foi nomeado Cronista Xeral de Galicia e doutor honoris causa pola Universidade da Coruña. Tamén foi nomeado académico da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación en 1978.

Ver na liña do tempo
Imagen de González López, Emilio

Detalles


Lugar de nacemento A Coruña - España
Lugar de falecemento Nova York - Estados Unidos de América
Actividade Historia , Política
Filiación Galicia , España Cortes Constituíntes (1931-1933)
Ocupación Políticos , Historiadores , Profesores universitarios

Presenza na revista


http://gnoss/107739CD-CB95-40FE-9BA8-E63553E7359F

Autor da revista Nós

Persoa relacionada

Organismo relacionado

González López, Emilio

Artigos

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Nós - Ano XI Num. 72 (15/12/1929)