Cargando...
García Ramos, Alfredo
1877 - 1934Foi un xornalista, escritor e xurista galego.
Fillo do médico Manuel García Segond e irmán do tamén deputado na Segunda República José García Ramos, Alfredo licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela en 1897. Exerceu como avogado en Arzúa e abriu bufete na Coruña en 1899. Colaborou en El Eco de Santiago, Gaceta de Galicia, El Noroeste, La Voz de Galicia, El Látigo, Luz y Sombra, Galicia en Madrid e Galicia da Habana; foi redactor de Diario de La Coruña, do que cheou a ser director. Empezou a súa carreira como fiscal de Santiago de Compostela e logo pasou a ser Xuíz municipal da Coruña en 1903. Foi Secretario da Audiencia da Coruña, Secretario de Goberno e Vicepresidente do Tribunal Supremo e primeiro director do xornal coruñés El Ideal Gallego. Alfredo García Ramos é autor de diferentes tratados xurídicos e económicos centrados principalmente en Galícia. En 1933 presentouse ás eleccións ás Cortes da República como independente por Pontevedra gañando o seu escano e integrándose na coalición Independientes de Derechas, que tiña como portavoz a Abilio Calderón. Gran amigo do xornalista e escritor Alejandro Pérez Lugín, á morte deste, García Ramos foi responsable da reorganización e finalización da novela Arminda Moscoso. Tamén foi responsable da publicación da colección de contos La corredora y la Ruia.
Galipedia
Detalles
| Lugar de nacemento | Vila de Cruces, Pontevedra - España |
| Lugar de falecemento | Caldas de Reis, Pontevedra - España |
| Actividade | Xornalismo , Literatura , Dereito , Política |
| Filiación | Real Academia Galega , España Tribunal Supremo , España Audiencia Territorial de La Coruña , España. Cortes. Congreso , El Ideal Gallego |
| Ocupación | Xornalistas , Políticos , Escritores , Avogados |
Presenza na revista
http://gnoss/BD6ED2FF-BB2B-4C4C-9A77-E00F39B9B22E