Ferro, Serafín

1912 - 1957

Serafín Fernández Ferro, coñecido como Serafín Ferro, nado no barrio de Monelos da Coruña probablemente en 1912 e morto en México en 1957, foi un actor galego.
Pouco se sabe da súa vida, agás por citas indirectas en obras e estudos sobre a Xeración de 1927 da literatura española. Chegou a Madrid a comezos dos anos 1930, onde coñeceu a Federico García Lorca e despois a Luis Cernuda, co que mantivo unha relación amorosa ao longo de 1931 e ata a primavera de 1932. Desta época, e dos seus vencellos co grupo da Residencia de Estudiantes, quedarán testemuños gráficos como retratos e debuxos de Moreno Villa ou Ramón Gaya. A relación con Cernuda e a separación posterior inspirará, segundo Vicente Aleixandre, o libro de poemas Donde habite el olvido, publicado en 1934. En Madrid traballou nunha imprenta e contactou co mundo teatral, ata o punto de volver á Coruña e dirixir o grupo Keltya para representar obras de Yeats e Álvaro de las Casas. Naquel tempo tamén coñeceu a Eduardo Blanco Amor.

En 1936 alistouse na Lexión Española cos nacionais, e logo desertou para unirse aos republicanos. A guerra lévao a Barcelona co grao de tenente, onde escribiu artigos en Nova Galiza, a revista dos escritores galegos do bando republicano, e en Hora de España. Despois da guerra, o seu nome aparece por erro nunha listaxe de asasinados.

En 1939 o escritor comunista francés André Malraux seleccionouno para o elenco de L'espoir, un filme político de preguerra baseado no conflito civil español. Ferro exiliouse a México, onde morreu esquecido polo mundo e na indixencia.
Galipedia

Ver na liña do tempo
Imagen de Ferro, Serafín

Detalles


Lugar de nacemento A Coruña - España
Actividade Teatro , Literatura
Ocupación Escritores , Actores

Presenza na revista


http://gnoss/7DE12610-DBB6-4DCF-A4A8-8A75CFE0C56A

Autor da revista Nós

Persoa relacionada

Organismo relacionado

Ferro, Serafín

Artigos

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano XVII Número 139-144 - Xulio/Nadal 1935