Álvarez Limeses, Gerardo

1871 - 1940

Foi un mestre e escritor galego. Fillo de Emilio Álvarez Giménez e irmán de Darío Álvarez Limeses, fixo o Bacharelato en Pontevedra. Fixo a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e a de Maxisterio en Madrid, dedicándose despois a Inspector de Ensino Primario. Foi secretario das Xuntas de Instrución Pública de Palencia e Ourense, e en 1904 comezou a traballar como inspector de Primeiro Ensino de Cádiz. Foi Profesor de Dereito e Lexislación Escolar en Lugo. Foi académico correspondente da Real Academia Galega, pertenceu á Sección de Historia do Seminario de Estudos Galegos (onde presentou un estudo sobre o pai Sarmiento) e foi cofundador e Vicedirector do Museo de Pontevedra. Tamén foi redactor das revistas "El Iris Literario" e "Extracto de Literatura", e despois fundou "Galicia Moderna". Dirixiu "El Perdigón" en Palencia e "El maestro gallego", "Galicia Ilustrada" (da que só apareceu o número 0) e "Mi Tierra" en Ourense. Colaborou co Diario de Pontevedra, Faro de Vigo e "La Correspondencia Gallega". Wikipedia casou con Dores Gallego Martínez, e foi o pai de Gerardo e Amalia Álvarez Gallego, que casou con Alexandre Bóveda. Na súa honra leva o seu nome o CEIP Álvarez Limeses de Pontevedra.3?

Ver na liña do tempo
Imagen de Álvarez Limeses, Gerardo

Detalles


Lugar de nacemento Ponteveda - España
Lugar de falecemento Pontevedra - España
Filiación Museo de Pontevedra , Seminario de Estudos Galegos , Real Academia Galega
Ocupación Escritores , Profesores

Presenza na revista


http://gnoss/45D0620F-CAAA-4C30-836B-0A71089811C8

Autor da revista Nós

Persoa relacionada

Organismo relacionado

Álvarez Limeses, Gerardo

Artigos

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Nós - Ano XIII Num. 91 (25/07/1931)