Cargando...
Acuña, Manuel Luís
1899 - 1975Foi un xornalista e poeta galego.
Fillo e neto de mestres, en 1920 trasladouse a Allariz coa súa familia. Tras facer maxisterio por libre ingresou en 1928 no Corpo Nacional de Maxisterio, exercendo en Ourense, A Coruña e Madrid. Codirixiu con Xohán Luís Ramos Colemán a páxina cultural "Viernes Literarios" de La Región e foi membro do consello de redacción de "Escuela del Trabajo". Militante do Partido Galeguista trala guerra civil foi depurado e viuse obrigado a dedicarse ao ensino privado.
Integrante da Xeración do 31, é autor dun único libro, Fírgoas (1933, editorial Nós) que a comezos do século XXI sería incluído na Biblioteca Galega 120.
Galipedia
Detalles
| Lugar de nacemento | A Pobra de Trives, Ourense - España |
| Lugar de falecemento | Ourense - España |
| Actividade | Xornalismo , Ensino , Poesía |
| Filiación | Partido Galeguista (1931-1950) , La Región (Ourense) |
| Ocupación | Profesores , Xornalistas , Poetas |
Presenza na revista
http://gnoss/4821AEA5-D6CD-4D9C-9A8B-FC5FDFD8952C