Cargando...
Viqueira, Juan Vicente
1886 - 1924Filósofo, psicólogo e pedagogo galego, conferenciante con sona de excelente orador, alumno da Institución Libre de Enseñanza, tradutor de autores europeos ao castelán, membro das Irmandades da Fala e participante nas asembleas nacionalistas. O nacionalismo galego de Viqueira era democrático, republicano, federal, socialista e laico, en contraposición co galeguismo conservador e católico de Vicente Risco. No ano 1974 dedicóuselle o Día das Letras Galegas. A maioría da produción en galego de Viqueira editárona os seus amigos no volume "Ensayos y Poesías" en 1930 (Editorial Nós), reeditado por Galaxia en 1975. Viqueira escribiu en castelán obras sobre filosofía, psicoloxía e pedagoxía e traducións de Teócrito, Inmanuel Kant ou David Hume. A obra galega de Viqueira centrouse sobre todo no sistema educativo, na súa galeguización e na súa reforma, así como na ortografía do galego que Viqueira quería que se achegase á portuguesa, o artigo publicado en A Nosa Terra en 1918 "Pol-a reforma da ortografía", considérano algúns o nacemento do reintegracionismo. Galipedia
Detalles
| Lugar de nacimiento | Madrid - España |
| Lugar de fallecimiento | Bergondo, A Coruña - España |
| Actividad | Filosofía , Psicoloxía , Pedagoxía |
| Filiación | Irmandades da Fala , Museo Pedagógico Nacional , Instituto de Segunda Enseñanza de La Coruña , Institución Libre de Enseñanza , Instituto de Segunda Enseñanaza de Santiago de Compostela |
| Ocupación | Filósofos , Poetas galegos , Políticos |
Presencia en la revista
http://gnoss/DA6C4239-4F3F-4383-8E9F-0E2865D8C22A