Cargando...
Seoane, Luis
1910 - 1979Luís Seoane López, nado en Buenos Aires o 1 de xuño de 1910 e finado na Coruña o 5 de abril de 1979, foi un editor, escritor, xornalista, ilustrador, gravador, ceramista e pintor galego. Colaborou en Resol, Claridad e El Pueblo Gallego. Militante do Partido Galeguista durante a II República Española, na Guerra civil fuxiu a Buenos Aires. O seu estilo pictórico evolucionou cara ó debuxo esquemático sobre planos de cor. Con Isaac Díaz Pardo recuperou a antiga fábrica de Sargadelos, fundou o Laboratorio de Formas e o Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside. Durante o exilio apoiou a escritores e artistas galegos e promoveu diversas iniciativas editoriais. A Real Academia Galega dedicoulle o Día das Letras Galegas do ano 1994 e a Real Academia Galega de Belas Artes o Día das Artes Galegas do ano 2019.
Galipedia
Detalles
| Lugar de nacimiento | Bos Aires - Arxentina |
| Lugar de fallecimiento | A Coruña - España |
| Actividad | Expresionismo (Arte) , Pintura , Xornalismo , Edición , Gravado , Cerámica , Abstracción , Carteis , Pintura mural , Iustración de libros |
| Filiación | Partido Galeguista (1931-1950) , Academia Nacional de Bellas Artes (Argentina) , Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside , Resol , Ediciones Botella al Mar (Buenos Aires) , Cerámicas de Sargadelos , Laboratorio de Formas de Galicia , Editorial Citania (Bos Aires) |
| Ocupación | Pintores , Escritores , Debuxantes , Ilustradores , Editores , Gravadores , Xornalistas |
Presencia en la revista
http://gnoss/72A148C4-6A3D-401A-9AD5-272803F56082
http://gnoss/85954684-AC2F-46C4-9FDA-EF95E8CAD5ED
Artículos
Pondal / [a Redacción ; retrato de Pondal por Luis Seoane]
por Seoane, Luis
Ano XVII Número 134 (1935); p 21