Cargando...
Rodríguez Elías, Avelino
1872 - 1958Foi un escritor e xornalista galego.
Fillo de nai galega, naceu en Portugal, pero trasladouse a Vigo, onde dirixiu La República e colaborou en Faro de Vigo e El Eco de Puente-Caldelas, foi director da revista Ecos de Vigo e de El Puerto de Vigo (1923). Foi cronista da cidade entre 1926 e 1936.
Foi autor de moitas iniciativas a prol da cidade de Vigo: promotor da creación do corpo de bombeiros, da Cruz Vermella; pediu a creación do museo de Castrelos en 1909 e, en 1926, presentou un proxecto para cumprir tal obxectivo; reivindicou o escudo da cidade e foi o primeiro que demandou a creación do estadio de Balaídos.
No verán de 1936 tivo que fuxir de Vigo, vía Portugal, rumbo ao exilio en Paraguai. Á súa chegada a Asunción comezou a escribir para o xornal El País.
Autor dunha obra numerosa entre a que destacan traballos históricos sobre Rande e a Reconquista de Vigo. Tamén cultivou o teatro en galego escribindo un feixe de once pezas teatrais de diferente composición e estruturas diversas (comedia, entremés, alegoría, monólogo).
Moitas delas foron representadas polo Real Coro Toxos e Flores, e apareceren reunidas en 1930 co título "Obras teatrales galegas".
Galipedia
Detalles
| Lugar de nacimiento | Afife - Portugal |
| Lugar de fallecimiento | Asunción - Paraguai |
| Actividad | Rande, Batalla de, 1702 , Xornalismo |
| Ocupación | Xornalistas , Escritores |
Presencia en la revista
http://gnoss/125FA46F-C428-41EF-B8FC-BFD2AC1697D8
http://gnoss/4BF88356-395A-4F05-B624-DD5680998CEF
Artículos
O termo ''Confurco'' : ¿cál é o seu orixe?
Ano XI Número 65 (1929); p 82