Pena Pena, Xosé

Mestre nacional e licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi socio fundador e numerario do Seminario de Estudos Galegos, realizou o seu ingreso o 9 de febreiro de 1924 co traballo "A ponte de Vidán", que foi publicado o ano seguinte na revista Nós. Foi elixido secretario do Colexio oficial de doutores e licenciados en Ciencias e Letras do distrito universitario de Santiago de Compostela, en xaneiro de 1927. Foi profesor axudante da Universidade de Santiago de Compostela, profesor do Instituto de Ribadeo e catedrático de Xeografía e Historia do Instituto de Elxe. Coa derrota da República foi depurado, sendo suspendido de emprego e soldo por un ano, con traslado forzoso fora da provincia, prohibición de solicitar cargos vacantes durante cinco anos e inhabilitación para o exercicio de cargos directivos e de confianza en institucións culturais e de ensinanza.
Galipedia

Imagen de Pena Pena, Xosé

Detalles


Lugar de nacimiento Santiago de Compostela - España
Actividad Ensino
Filiación Seminario de Estudos Galegos
Ocupación Profesores

Presencia en la revista


http://gnoss/3FEF9E38-AC80-46A9-98BD-18BBC7C71900

Autor revista Nós

Persona relacionada

Organismo relacionado

Pena Pena, Xosé

Artículos

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano VI Número 23 - 15 novembro 1925