Pallares López, Manuel Ramiro

1911 - 1994

Biografía extraída do blog "Sarria acento galego" escrito por Xaime Félix López Arias (Arlindo):

"Naceu en 1911 na "Casa da Abelaira " de San Miguel de Paradela, no concello lugués de Paradela. Foi fillo de Anxo Pallares, que foi Alcalde de Paradela, e de María Estrela López. Fixo estudos de Maxisterio e de Dereito en Ourense e Santiago de Compostela. No tempo da II República foi simpatizante da Comunión Tradicionalista tomando parte activa nos procesos electoráis do seu concello.

Mantivo unha forte amizade co tamén paradelense Xesús López González,do que foi ocasionalmente alumno , co que, téndoo por mentor, mantivo unha forte relación epistolar ende o ano 1930 a 1939 . No tempo da súa estancia en Ourense foi alumno de Vicente Risco e baixo do seu impulso e dirección fixo o traballo de campo para a recollida do vocabulario de Paradela.

En 1935 presentóuse como aspirante ao cargo de Xuiz Municipal de Paradela. E no período bélico de 1936 a 1939, ademáis doutras funcións, e tendo en conta a súa licenciatura en Dereito, estivo ascrito como oficinista auxilar no Xulgado Militar Eventual de Lugo.

Foi declarado Fillo Predileto do Concello de Paradela. Falecéu no ano 1994.

A súa vida profesional , maiormente, desenvolveuse nas delegacións provinciáis dos sindicatos verticais en Lugo, Salamanca e Ávila".

Ver en la línea del tiempo
Imagen de Pallares López, Manuel Ramiro

Detalles


Lugar de nacimiento Paradela, Lugo - España
Actividad Dereito , Sindicalismo , Toponimia
Ocupación Sindicalistas , Avogados , Investigadores

Presencia en la revista


http://gnoss/EEC27801-1771-42FB-AB6A-61D345FFDA0E

Autor revista Nós

Persona relacionada

Organismo relacionado

Pallares López, Manuel Ramiro

Artículos

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Nós - Ano XII Num. 77 (15/05/1930)