Mosteiro, Emilio

1907 - 1959

Foi un diplomático e poeta que Ricardo Carballo Calero encadra no grupo dos Novecentistas.
De ascendencia madrileña que viviu en Santiago de Compostela de 1924 a 1936.
En Ancla (1923-1925) (1926), escrito en castelán, hai un remate a xeito de Gharcha no poema "Morriña", que lembra o vangardismo de Manuel Antonio.
En Poemas sincopados (1926-1929), a sección "Alalás" está en galego. Son trece textos en versos octosílabos, os máis breves de tres unidades, a xeito de cantares de soidade, e os máis longos de sete versos. Todos estes poemas son dun imaxinismo hilozoísta combinando elementos amorosos e paisaxísticos, Estas breves composicións son variantes dun mesmo tema: a amada rodeada do medio galego de mar, rías e choiva. Nelas limítanse a amplifícanse as imaxes vangardistas.
Ademais neste libro válese dunha técnica e temática propias da creación musical e está significativamente dedicado ao musicólogo Xesús Bal y Gay.
Estivo casado con Emilia Gayoso Besteiro, se ben se divorciaron en 1935.
Foi agregado diplomático en Belgrado mentres o exército soviético e os partisanos de Tito entran vitoriosos na capital serbia tras liberala da Wehrmacht nazi.
Volta a España e no ano 1959 morre dun cáncer.
Galipedia

Ver en la línea del tiempo
Imagen de Mosteiro, Emilio

Detalles


Lugar de nacimiento Madrid - España
Lugar de fallecimiento Madrid - España
Actividad Poesía
Ocupación Diplomáticos , Poetas

Presencia en la revista


http://gnoss/5380136F-8F93-4DC3-869E-83C59DD0880D

Autor revista Nós

Persona relacionada

Organismo relacionado

Mosteiro, Emilio

Artículos

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano X Número 51 - 15 marzo 1928